tema 6 - wordpress.com · 6.1 as exposicións orais planificadas as intervencións orais que os...

22
TEMA 6 TEXTOS ARGUMENTATIVOS

Upload: others

Post on 18-Jul-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

TEMA 6

TEXTOS

ARGUMENTATIVOS

Page 2: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

2

6.1 As exposicións orais planificadas

As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns

conferenciantes nunhas xornadas sobre un determinado tema, unha profesora nunha

aula, etc., son todas exposicións orais planificadas, é dicir, están preparadas de

antemán para que a súa eficacia comunicativa sexa a mellor posíbel. Ademais, débese

procurar que os temas dos que se fale nelas estean suficientemente contrastados para

suscitar unha valoración persoal positiva e a confianza do auditorio que as escoita.

Os pasos que debemos seguir se queremos desenvolver unha exposición oral

planificada desas características poden variar segundo o tema ao que nos

enfrontemos pero, polo xeral, son os seguintes:

Tema: cando saibamos o tema sobre o que temos que falar na exposicinó

debemos procurar informarnos o máis posíbel sobre el, comprender as cuestións que

abrangue e delimita, que subtemas entran nel e cales non.

Procura de fontes fiables: para lograrmos a información necesaria, debemos

seleccionar as fontes (xornais, libros, revistas, vídeos...) máis fiables e rexeitar aquelas

que non o son: É obxectiva a información? É deficiente? Non se corresponde coa

realidade dos feitos? É fiable o medio de información no que aparece? É neutral ese

medio de información?.

Análise e resumo da información: nesas fontes fiables de información que

temos debemos facer o seguinte: volver a ler esa información detidamente, marcar

palabras ou conceptos que non entendamos e, por último, resumila. As palabras ou os

conceptos que non entendamos debemos buscalos nun dicionario, nunha

enciclopedia... e anotalos, por orde alfabética, debaixo do resumo que fixemos de

cada unha das informacións.

Comparar as informacións: agora debe comparar as informacións que

ofrecen esas fontes fiables sobre o tema da exposición e decidir que cuestións nos

interesen ou nos parezan salientables de cada unha delas, e que outros aspectos

debemos desbotar. Para isto pode ser moi útil utilizar o subliñado: subliñe nas

informacións só as ideas coas que vai quedar.

Extraer conclusións: neste paso debe extraer conclusións de toda a

información relevante que ten diante; é dicir, debe elaborar un texto onde exprese

Page 3: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

3

unha opinión sobre o tema en cuestión. Poña atención na redacción do texto. Esta

redacción vai ser o contido da súa exposición oral.

Guión: como viu en unidades anteriores, nunha adecuada comunicación oral

non debemos estar mirando continuamente para os papeis que temos diante ou ler o

que estamos a expresar coa voz, senón que debemos ser capaces de expor un tema

dirixíndonos cara ao noso auditorio ou público e centrar a súa atención. Xa que logo,

debemos ter interiorizados e memorizados os aspectos fundamentais da nosa

exposición oral. Isto non quere dicir que non poidamos ter unha especie de guión

escrito onde estean formuladas as ideas centrais sobre as que xira a nosa

intervención; todo o contrario, é útil que o teñamos.

Nese guión, que como maximo debe ocupar unha cara dun folio, debe pór por

escrito, segundo a orde no que vaia falar delas, as principais ideas (sen desenvolver)

que vai exponer. Isto serviralle de axuda e guía na exposición e evitará que mesture

temas ou fale deles antes de tempo.

A exposición. Non debe ser moi longa nin ter un excesivo contido de datos

técnicos. Se a fai moi longa, a xente perderá interese e deixará de prestarlle atención.

Lembre tamén que a linguaxe oral é inmediata e non perdura no tempo coma a escrita,

polo que o auditorio debe ir procesando o que vaia dicindo. Xa que logo, non pode

sobrecargalos de información ou non a darán decodificado.

Utilice, se é posible, vídeos ou material multimedia para reforzar

e facer máis amena a exposición. O auditorio agradecerallo.

6.2 Textos argumentativos

Argumentar consiste en achegar razóns para defender unha opinión. A

argumentación empregase para desenvolver temas que se prestan a controversia e,

ao mesmo tempo que intentan dar unha información o máis completa posible sobre

eles, pretenden persuadir o lector mediante un razoamento. A argumentación

apoiarase en ideas loxicamente aceptables.

Cando queremos manifestar, defender ou contradicir opinións, empregamos

diversos argumentos. A solidez das nosas opinións vén dada por eses argumentos e a

forma de expolos, que ten que ser clara, ordenada, coherente e xerarquizada, como

veremos máis adiante.

Page 4: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

4

Elementos da argumentacion

� Tese: é a idea fundamental que se defende. Constitúe o núcleo da

argumentación, onde se expón o tema do que vai tratar o texto. Ten que presentarse

de xeito claro, obxectivo e conciso.

� Corpo da argumentación: logo de exposta a tese, ofrécense os argumentos

para confirmala ou rexeitala (contraargumentos).

� Conclusión: que reafirma ou reitera a tese, a partir dos elementos do

apartado anterior.

Elaboración dun texto argumentativo

Técnicas para expoñer as nosas razóns de maneira convincente:

� Presentar con sinxeleza e claridade o que queiramos expor. É conveniente

expor a nosa opinión cunha frase breve e simple, sen palabras inútiles. Exemplos: eu

penso que, quero expresar o meu desacordo, sobre ese asunto eu quero manifestar,

vou dar a mina opinión sobre...

� Definir previamente o significado das principais palabras coas que

expresamos a nosa opinión. Para que exista comunicación, emisor e receptor deben

manexar o mesmo código. Se o noso interlocutor non sabe do que lle están a falar ou

as palabras teñen un sentido diferente para el, dificilmente lograremos persuadilo.

Cando poida haber dificultade para que o auditorio ou o lector entendan do que imos

falar, é preciso aclarar cal é para nós o significado daqueles termos que poidan

malinterpretarse.

� Ter en conta cal é o público ao que nos diriximos (adecuación). Isto obriga a

cambiar a linguaxe e a forma de exposición dos nosos argumentos. Non é o mesmo

unha argumentación dirixida a un público experto ou coñecedor da materia que

tratamos, que a un que non sabe nada do asunto, se é un auditorio infantil ou adulto,

formado ou non, etc.

� Empregar argumentos válidos para xustificar a nosa opinión: aqueles que

sexan máis eficaces para o público ao que nos diriximos (adecuación). Non podemos

empregar os mesmos argumentos con nenos que cos adultos, cun auditorio culto que

con xente iletrada,etc. Os argumentos adaptanse ao auditorio e é suficiente empregar

aqueles que fagan efecto.

Page 5: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

5

Tipos de argumentos para defender a nosa opinión

� Experiencia persoal. Hai xente que basea a súa argumentación apelando á

súa experiencia: vino eu mesmo, pasoulle a un amigo, segundo a miña experiencia...

Son argumentos moi pouco consistentes, porque a visión e a experiencia de cada un

pode ser moi limitada e a súa opinión, parcial. Non pode ser un argumento único.

� Argumento de autoridade. Moitas veces para dar forza á nosa opinión

apelamos a outras persoas máis sabias que opinan igual. Cítanse así frases expostas

por esas persoas en libros, revistas, radio, televisión... Exemplos: Estudos realizados

en Gran Bretana demostran isto; Herve Bourges sinala que a radio seguirá a ser

indispensable para cubrir a actualidade de cada rexión do mundo e cada país, en

tempo real; Spinoza tiña razón cando escribía: No que menos pensa o home sabio é

na morte, pois toda sabedoría é unha sabedoría da vida e non unha sabedoría da

morte.

Tamén podemos recorrer a refráns e proverbios, cuxas ideas sexan

comunmente aceptadas por unha gran maioría de persoas.

� Argumento de universalidade. Consiste en defender algo que é aceptado

pola opinión xeral. Isto supón que todo o mundo está de acordo. É un argumento moi

utilizado na publicidade: Todo o mundo o usa, Todos o toman... Pero é un razoamento

pouco consistente e non pode ser o único. Exemplos: A xente xa non lle produce

estrañeza ver estas cousas; A maioría dos países europeos hai tempo que recoñecen

eses dereitos.

� Argumento de singularidade. É o contrario ao anterior. Pode resultar

convincente pertencer a unha minoría intelixente, que se distingue dos demais nas

súas opinións. É un argumento tamén moi utilizado na publicidade: Poucos o fan así,

Pase a formar parte dunha minoría selecta, Sexa único... Tampouco este é un

argumento consistente se é o único. Exemplos: Unha minoría distínguese pola súa

elegancia; Só uns poucos son capaces de se entregar así.

� Argumento de semellanza. Ás veces argumentamos expondo un caso de

similares características. Así, para defender un argumento falamos dunha situación

semellante (analoxía) ou exemplo onde se cumpre o que nós sostemos. Exemplo:

Como unha noite dos cristais rotos en Alemaña, así viviron os cidadáns vascos a

xornada de onte.

Page 6: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

6

� Argumentos baseados nas consecuencias dun feito (argumento causa-

efecto): deféndese un feito polas boas consecuencias que pode producir ou, pola

contra, xúlgase un feito como malo cando as repercusións son perniciosas. Exemplos:

É tanto o inmenso dano que causan as drogas que todo é pouco para evitalas; Se

todos fixésemos as cousas así, o noso país sería un caos.

� Argumento por xeneralización. Tómase un acto individual e illado como

representativo dunha situación xeral. Non é licito nin xusto utilizar este razoamento nas

argumentacións. Exemplo: Habería que deportar todos eses ilegais que están

roubando os nosos postos de traballo.

� Argumento baseado na persoa en vez das súas razóns. Consiste en valorar

o que di a persoa polo seu aspecto ou pola estima que se lle ten. Este argumento

tampouco é licito nin xusto empregalo. Exemplo: Só un fachendoso aparvado coma el

podería dicir iso.

6.3 A escrita de textos planificados

Como vai poder ler a continuación, para a escrita de textos planificados

debemos seguir unha serie de pasos que nalgúns casos, coinciden cos que se deben

dar nas exposicións orais planificadas (texto 2.5).

Os pasos que debemos seguir se queremos lograr redactar un bo texto escrito

poden variar segundo o tema ao que nos enfrontemos pero, polo xeral, son os

seguintes (os catro pasos marcados cun fondo gris só se deben seguir cando

producimos un texto de opinión, argumentativo ou narrativo baseado en feitos reais ou

sobre temas de actualidade):

� Tema: cando sabemos o tema sobre o que imos escribir debemos procurar

informarnos o máis posible sobre el, comprender as cuestións que abrangue e

delimita, que subtemas entran dentro dese tema e cales non.

� Busca de fontes fiables: de toda a información que investiguemos para

informarnos sobre o tema, debemos seleccionar as fontes máis fiables (xornais, libros,

revistas, vídeos...) e rexeitar aquelas que non o son: É obxectiva a informacioón? É

deficiente? Non se corresponde coa realidade dos feitos? É fiable o medio de

información no que aparece? É neutral ese medio de información?

Page 7: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

7

� Análise e resumo da información: con esas fontes fiables de información que

temos debemos facer o seguinte: volver a lelas detidamente, marcar palabras ou

conceptos que non entendamos e por último, resumilas. As palabras e os conceptos

que non entendamos debemos buscalos nun dicionario, nunha enciclopedia... e

anotalos, por orde alfabética, debaixo do resumo que fixemos de cada unha das

informacións.

� Comparación das informacións: agora debemos comparar as informacións

que se nos ofrecen nas fontes fiables que temos sobre o tema da nosa exposición e

decidir que cuestións nos interesan ou nos parecen salientables de cada unha delas, e

que outros aspectos debemos desbotar. Para isto pode ser moi útil utilizar o subliñado:

subliñe nas informacións só as ideas coas que se vai quedar.

� Extracción de conclusións: neste paso debe extraer as conclusións de toda a

información salientable que teña diante, é dicir, debe elaborar un texto onde exprese a

opinión sobre o tema. Pona atencion na redacción do texto e procure extraer

conclusións diferentes as das informacións que leu. Esta redacción vai ser o contido

do seu texto escrito planificado.

� Correccion da primeira redacción: cando acabe de escribir a primeira

redacción debe corrixir nela os posibles erros que haxa de ortografia, puntuación,

concordancia, etc.

� Segunda redacción: cando remate de revisar a primeira redacción, redacte

novamente o texto coas correccións oportunas que fixera. Vólvao revisar outra vez

para ver se deixou algún erro polo camiño.

� Redacción final: agora xa pode proceder a redactar a versión final do texto.

Esta versión final pode escribila a man ou mediante un procesador de textos. Se a fai

a man, lembre que a presentacion debe ser o máis coidada posible, polo que debe

respectar as marxes adecuadas e evitar garabatos no documento. No caso de facela

mediante un procesador de textos, lembre pasar o corrector ortográfico ao rematar e,

posteriormente, revisalo manualmente. Finalmente imprima o texto.

Se o tema escollido son as nosas vivencias persoais ou un tema inventado por

nós, podemos obviar os catro pasos marcados con fondo gris, xa que a información

sobre a que escribimos é algo que nós vivimos ou que procede da nosa imaxinación.

Mais tamén debemos ter en conta que se o que facemos é mesturar ficción con

realidade pode darse o caso de que si sexa necesario informarnos adecuadamente

desas partes reais das que falamos no noso texto e, daquela, seguir algún dos catro

Page 8: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

8

pasos. Por exemplo: escribimos un texto baseado nun tema ficticio: A viaxe polo país

dos soños e decidimos que esa viaxe a facemos nun globo aerostático. Neste caso, se

non sabemos como funciona un globo aerostático, teremos que procurar información

ao respecto para entendermos o seu funcionamento.

6.4 Normas ortográficas II

Este apartado complementa as Normas ortográficas I.

Lembre que a ortografía é a parte da gramática que se ocupa da escritura

correcta das palabras e do uso dos outros signos gráficos da lingua. Neste caso

ímonos centrar nas regras de acentuación.

O acento das palabras. A sílaba tónica

Acento é a maior intensidade coa que se pronuncia unha sílaba dentro de cada

palabra. A esa sílaba que se pronuncia con máis intensidade chámaselle sílaba tónica,

e as demais sílabas átonas. Vexamos as clases de palabras segundo a posición da

sílaba tónica (regras xerais):

� Agudas ou oxítonas: cando a sílaba tónica é a última. Levan acento gráfico

cando son polisílabas (máis dunha sílaba) e rematan en vogal + n, en vogal + s ou en

vogal + ns. Exemplos: motor, papá, cartón, alguén, irmáns...

Non levan acento gráfico cando son monosílabas: xa, la, fe, di, si, cu, Xan, len,

etc.; nin cando acaban en ditongo decrecente (seguido ou non de n ou s): amei, amou,

seguiu, colleu, ademais, capitais, papeis, españois, etc., ou noutra consoante que non

sexa .n ou .s: capital, papel, cantar, nariz, arroz, etc.

� Graves ou paroxítonas: cando a sílaba tónica é a penúltima. Levan acento

gráfico cando rematan en consoante distinta de .n ou .s e en grupos consonánticos

distintos de .ns. Exemplos: dúctil, lapis, paxaro, fácil... Tamén se acentúan as palabras

graves con ditongo decrecente na última sílaba: amábeis.

En consecuencia, non se acentúan gráficamente as palabras graves rematadas

en vogal (canta, cantara), vogal + n (cantan, cantaran), vogal + s (cantas, cantaras,

lapis) ou vogal + ns (canons, colons, dolmens).

Page 9: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

9

� Esdrúxulas ou proparoxítonas: cando a sílaba tónica e a antepenúltima.

Levan sempre acento gráfico. Exemplos: cárcere, árbore, médico...

� Sobreesdrúxulas: se a sílaba tónica vai antes da antepenúltima. Levan

sempre acento gráfico. Exemplos: Mandámosvolo, díxonolo...

Acentuación de i, u en hiato

Con independencia do dito anteriormente, as vogais i, u tónicas levan acento

gráfico cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona, para indicar

que ambas as vogais pertencen a sílabas distintas e que, polo tanto, non forman

ditongo. Exemplos: acentúo, aínda, baúl, caída, egoísmo, etc. Para indicar que non

forman ditongo coa anterior, as vogais i, u tónicas non se acentúan gráficamente

cando entre estas e a átona aparece o grafema

h: prohibo.

Acentuación dos estranxeirismos

As palabras estranxeiras de uso máis común, aínda que non estean

plenamente adaptadas ao galego, seguen as regras de acentuación enunciadas

anteriormente. Exemplos: agudas: iglú, popurrí, icebérg, reláx, etc.; graves: béisbol,

ídem, karaoke, médium, etc.; esdrúxulas: bádminton, déficit, hándicap, etc.

Neste tipo de palabras pódese prescindir do acento gráfico correspondente e

manter integramente a grafía propia da lingua de que proceden cando exista

conciencia clara de que son estranxeirismos.

Casos especiais de acentuación: o acento diacrítico

Utilízase o acento gráfico con función diacrítica para distinguir dúas palabras

que teñen a mesma forma na escrita, pero que se diferencian porque a vogal tónica

ten distinto timbre (nunha palabra a vogal tónica pronúnciase como aberta e na outra

palabra como pechada): póla/pola; ou porque unha palabra é tónica e a outra átona:

dá/da. Non sempre é necesario facer diferenzas gráficas, porque o significado das

palabras escritas resulta claro ao apareceren en contextos diferentes: el colle (o

Page 10: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

10

aberto), colle ti (o pechado), etc. Outras veces pode haber confusións e por iso cómpre

porlle acento a unha das dúas formas homografas (que teñen a mesma forma gráfica);

neste caso pónselle sempre acento gráfico á palabra que ten vogal aberta ou a que e

tónica.

Algunhas destas palabras son:

á (a + a artigo; substantivo) a (artigo; pronome; preposición)

bóla (esfera) bola (peza de pan)

cá (ca + a) ca (conxuncion)

cás (ca + as) cas (preposición)

chá (plana) cha (che + a)

có (ca + o) co (con + o)

cós (ca + os; substantivo) cos (con + os)

cómpre (é mester) compre (merque)

dá (presente e imperfecto do verbo dar) da (de + a)

dás (presente do verbo dar) das (de + as)

dó (compaixón) do (de + o)

é (presente do verbo ser) e (conxuncion)

O verbo con pronome enclítico e cos alomorfos do artigo -lo (s), -la (s)

Cando os verbos levan pronomes enclíticos, no tocante á acentuación gráfica

compórtanse como se fosen unha soa palabra. De aí que teñamos: cantáraa/cantaraa,

méteseche; meteuse; tómao...

E igual sucede coa combinacion verbo + variantes alomórficas do artigo -lo (s),

-la (s): cóme-lo caldo/come-lo caldo, bebéra-la auga/bebera-la auga...

As formas verbais que levan acento diacrítico mantéñeno cando van seguidas

dunha forma átona do pronome: é/éche/ea; dáo/dáme/dálle...

Page 11: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

11

Os adverbios rematados en .mente. Palabras compostas

� Os adverbios rematados en .mente non levan acento gráfico en galego:

dificilmente, habilmente, utilmente...

� Tampouco levan acento gráfico o primeiro termo das palabras compostas

soldadas: Riotorto, vichelocrego...

Outros casos

� Non se acentúan as formas do demostrativo para distinguir cando é

determinante ou pronome: esta casa, este sitio, gústame esta, colle aquel...

� Non se acentúan as interrogativas e exclamativas directas: Cantos anos tes?

Como te chamas? Que é iso?, Que desgraza!, Canto tempo sen verte!...

� Tampouco se acentúan as interrogativas e exclamativas indirectas:

pregúntalle cando volve, pregúntalle como se chama... Agás cando for preciso para

evitar anfiboloxías: dille qué queres/dille que queres, xa sabes cánto lle gustou/xa

sabes canto lle gustou...

Las reglas de acentuación en castellano

Las reglas generales de acentuación son básicamente las mismas que en

gallego

� Agudas o oxítonas: portavoz, maldad, camión, corazón, también, jamás...

� Graves o paroxítonas: medios, llana, revela, diíicil, cárcel, automóvil...

� Esdrújulas o proparoxítonas: áspera, esdrújula, propósito...

� Sobreesdrújulas: cómetelo, tráemela...

La acentuación gráfica de diptongos:

La acentuación de los diptongos sigue las reglas generales. Por lo tanto, si el

acento de la palabra recae sobre una sílaba con diptongo, y a ésta le corresponde una

tilde según las reglas generales, esta tilde se coloca sobre la vocal fuerte (a, e u o).

Ejemplos: co-rreis, hues-ped...

Page 12: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

12

� Cuando son dos vocales débiles las que están en contacto (ui o iu), a efectos

de acentuación, se considera que se trata de un diptongo. Del mismo modo que para

el resto de los diptongos, si a dicho diptongo le corresponde una tilde, ésta se coloca

en el segundo elemento: ben-juí, cuí-da-te, je-suí-ti-co, des-truí, pero jesui- ta, des-

truir...

Existen excepciónes a esta última regla. Las formas verbales

huí, huís, huía, huían y huías (y sus equivalentes del verbo fluir) se acentúan

gráficamente.

Los onomásticos y patronímicos de origen catalán terminados en -iu o -ius, con

acento prosódico en la i se escriben sin tilde: Montoliu...

� Se escriben también sin tilde los vocablos agudos terminados en au, eu y ou.

Se trata por lo general de patronímicos de origen catalán: Aribau, Salou, Bernabeu...

� La y precedida de vocal al final de una palabra se considera como una

consonante a efectos de acentuación, por lo que todas las palabras agudas

terminadas en los diptongos ay, ey y oy se escriben sin tilde (guirigay, virrey...). No así

sus plurales que constituyen palabras agudas terminadas en s. Los agudos terminados

en uy (generalmente topónimos como Bernuy) siguen la misma norma y no se

acentúan (si lo hace benjuí).

La acentuación de extranjerismos sigue los mismos procedimientos que en

gallego . Por lo tanto, sólo se acentuarán cuando su uso sea común en español y

estén adaptados a la pronunciación y estructura de la lengua. De no ser así, no

llevarán acento. Ejemplos: bebé, buró, marketing, bungalow...

El acento diacrítico funciona de una forma muy similar al gallego

mas (adverbio de cantidad) mas (conj. adversativa, equivale a •pero)

tú (pronombre personal) tu (determinante posesivo)

él (pronombre personal) el (articulo)

dé (del verbo dar) de (preposición)

sé (de los verbos ser o saber) se (pronombre personal y reflexivo)

Page 13: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

13

té (infusion) te (pronombre personal)

aún (adv. temporal o modal,todavía) aun (resto de casos)

sólo (adverbio, equivale a solamente) solo (adjetivo, equivale a sin compañía)

Cuando un verbo monosilábico lleva tilde diacrítica y se une con un pronombre

átono, el verbo sigue conservando el acento. De ahí que: dé/déme/déle...

Otros casos:

� Los adverbios que terminan en .mente llevan acento gráfico si la palabra

original ya lo tenía: difícilmente, rápidamente...

� Palabras compuestas:

. Si la palabra compuesta procede de la unión de dos palabras simples, sólo

lleva tilde el último componente, si a la palabra compuesta le corresponde llevarla:

contrapié, decimoséptimo, cortafríos, radiocomunicación...

(pierde su tilde siempre el primer componente de la misma aunque la llevara

cuando era simple: asimismo, decimoseptimo, tiovivo...).

. Si las palabras se unen mediante guión (conservando la primera invariante la

terminacion masculina singular), cada vocablo conserva su tilde si ya la tenía

previamente: físico-químico, anglo-soviético...

� Se acentúan las formas del demostrativo para distinguir cuando es

determinante o pronombre: esta casa, este sitio, me gusta ésta, coge aquél...

� Se acentúan las interrogativas y exclamativas directas: ¿Cuántos años

tienes? .¿Cómo te llamas?, !Qué desgracia!...

� También se acentúan las interrogativas y exclamativas indirectas: pregúntale

qué quiere, ya sabes cuánto gasto...

ILG & RAG, Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, ILG e RAG,

Vigo, 2003

Reglas de acentuación del español:

[http://www.dat.etsit.upm.es/~mmonjas/acentos.html#compuestas]

Page 14: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

14

6.5 Elementos morfolóxicos básicos

Neste apartado teórico imos ver cales son os elementos morfolóxicos básicos

do substantivo, o adxectivo, o adverbio e a preposición.

O substantivo

É unha clase de palabras que serve para designar persoas, obxectos, seres,

sentimentos...

Os elementos morfolóxicos básicos dos substantivos marcan o xénero e

número ao que pertencen.

� Xénero: o xénero dos substantivos pode ser masculino e/ou feminino.

Os substantivos masculinos non levan ningún morfema adicional nin necesitan

modificar a súa forma orixinal para formar ou indicarnos que pertencen a tal xénero.

En vez diso, moitas veces levan un artigo que os precede e que nos indica a que

xénero pertencen. Exemplos: o lapis, o piñeiro, o río, o sol, profesor, mestre... De aí

que a este xénero se coñeza como o xénero non marcado.

Os substantivos femininos adoitan levar un morfema que indica que pertencen

a ese determinado xénero. Temos varios casos:

. De substitución ou adición do morfema -a: É o caso máis común. Exemplos:

mestra (substitúese unha parte da forma orixinal: mestre), profesora (engádese un

morfema .á forma orixinal: profesor)...

. Substantivos rematados en .n.

. Os substantivos rematados en .án poden formar o feminino en .á ou -ana.

Exemplos: ancián/anciá; irmán/irmá; capitan/capitá; gardián/gardiana...

. Os substantivos rematados en .ón forman o feminino rematado en .oa e .ona.

Exemplos: león/leoa ou leona; patrón/patroa ou patrona...

. Os substantivos rematados en .ín forman o feminino en .ina. Exemplos:

bailarín/ bailarina; danzarín/danzarina...

. Os rematados en .ún difiren no seu comportamento: os adxectivos cabrún,

cervún, vacún forman o feminino deste xeito: cabrúa, cervúa, vacúa; común e

invariable; euscaldún engade .a: euscalduna.

Page 15: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

15

. O substantivo refén é invariable: un refén ferido/unha refén ferida.

. Substantivos rematados en .és. . Os xentilicios que acaban en .es presentan

un feminino en .esa: cambadés/cambadesa, burgués/burguesa...

. Formacións especiais.

. Terminacións especiais para formar o feminino: heroe/heroína;

principe/princesa; profeta/profetisa, emperador/emperatriz, barón/baronesa...

� Número: o número dos substantivos pode ser singular e plural (as regras

que veñen a continuación son válidas tamén para os adxectivos).

As formas en singular nomean a unha soa persoa, animal ou cousa e non levan

modificado ou engadido ningún morfema para indicar que van en singular. Exemplos:

neno, rapaza, home, persoa...

As formas en plural nomean a máis dunha persoa, animal ou cousa. A

formación de plural de substantivo require a adición dunha serie de morfemas,

segundo os casos:

. Palabras rematadas en vogal ou en ditongo

. As palabras rematadas en vogal, tónica ou átona, ou en ditongo forman o

plural engadindo .s: mesa/ mesas, irmá/irmás, lei/leis...

. Os estranxeirismos acabados en vogal forman o plural engadindo .s ou ben

respectando a forma de plural da lingua de orixe: spray/sprays, hippy/hippys ou

hippies...

. Palabras rematadas en -r ou -z

. As palabras rematadas en .r e .z engaden o morfema .es sobre o singular:

mar/mares, luz/luces...

. Os estranxeirismos adecúanse a esta regra, a non ser algunhas excepcións:

gángster/gángsteres/gangsters, póster/pósteres ou posters...

. Palabras rematadas en .s e -x

. As palabras agudas rematadas en .s forman o plural engadindo .es:

deus/deuses, compás/compases, excepción feita das que rematan en grupo

consonántico (incluídas as rematas en .x) que permanecen invariables: luns, unisex...

Page 16: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

16

. As graves e esdrúxulas acabadas en .s ou .x son invariables e presentan, xa

que logo, a mesma forma no singular e no plural: choromicas, lapis, martes, climax...

. As palabras rematadas en .n engaden .s: can/cans, lambón/lambóns...

.

Palabras rematadas en .l

. Os monosílabos rematados en .l engaden o morfema .es: cal/cales/gol/goles...

. Nas palabras agudas de máis dunha sílaba, o l do singular substitúese polo

morfema .is: animal/animais, civil/civís/cadril/cadrís...

. As palabras compostas en que o segundo elemento e algún dos monosílabos

que rematan en .l, o plural faise engadindo .les:

ollomol/ollomoles/chuchamel/chuchameles...

. As palabras graves rematadas en .l forman o plural engadindo o morfema .es:

áxil/áxiles, difícil/difíciles...

O adxectivo

O adxectivo é unha clase de palabra variable que expresa propiedades ou

características dos substantivos. Os adxectivos concordan en xénero e número cos

substantivos aos que acompañan. Exemplos: A nena loura; O rapaz alto...

Hai algúns adxectivos que non varian de xénero. Exemplos: A casa grande/O

cuarto grande; A pera doce/O figo doce...

O adverbio

Os adverbios son palabras invariables, isto quere dicir que non teñen xénero,

número nin persoa. Serven para modificar un verbo, un adxectivo ou outro adverbio.

Exemplos: Verémonos mañá, Pilar conduce moi ben...

Existe unha forma moi recorrente na lingua de formar adverbios que é

mediante a adición do sufixo -mente aos adxectivos na súa forma feminina. Fíxese que

estes adverbios son palabras graves rematadas en vogal e polo tanto non levan til (tal

e como vimos nesta mesma unidade). Exemplos: facilmente, dificilmente, soamente...

Page 17: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

17

A preposición

As preposicións son un grupo de palabras invariables que teñen como función

servir de enlace. Son preposicións: a, agás, ante, após, ata, até, baixo, cabo, canda,

cas, con, conforme, consonte, contra, de, deica, dende, des, desde, durante, en, entre,

excepto, fóra, malia, mediante, menos, onda, para, perante, por, quitando, sacado,

sacando, salvante, salvo, segundo, sen, senón, so, sobre, tras e xunta.

Los elementos morfologicos basicos en castellano I

�El substantivo, adjetivo, adverbio y preposición se definen exactamente igual

que en gallego; por lo tanto, realizan las mismas funciones.

Consecuentemente, en castellano, al igual que en gallego, el sustantivo es una

palabra variable en género y número; el adjetivo es una palabra variable que siempre

concuerda en género y número con el sustantivo al que acompaña; el adverbio y la

preposición son clases de palabras invariables en género y número.

Además de estas características en común entre las dos lenguas del ámbito,

hay otras cuestiones relacionadas con estas clases de palabras que vamos a ver

pormenorizadamente para el caso que nos ocupa, la lengua castellana. Estas son:

El género en los sustantivos

� Masculino. Al igual que en gallego es el género no marcado; por lo tanto, la

ausencia en un substantivo de la marca •femenino• es suficiente para indicar que

ese sustantivo es de género masculino.

� Femenino. Se usan los morfemas a, -esa, -isa, ina, -iz para el femenino:

leona, abadesa, poetisa, gallina...

Formación del plural en los sustantivos (estas reglas también son válidas para

los adjetivos)

� Añadiendo .es. En este grupo se incluirían todas las palabras acabadas en

consonante, salvo las que acaben en s o x y no tengan la última sílaba acentuada:

tótem/totemes, verdad/verdades...

También un gran número de palabras terminadas en las vocales tónicas u o i y

a veces a, para casi todas ellas se admite un doble plural, en es o s:

Page 18: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

18

tabú/tabúes/tabús, baladí/baladíes... Además para algunas también aparece un plural

en -ses: maní/manís/maníes/manises.

Y, en general, todos los plurales de monosílabos salvo los acabados en e: aes,

yoes, noes...

� Anadiendo .s. Todos los sustantivos y adjetivos terminados en vocal no

tónica y e , a u o tónicas: casa/casas, fe/fes, papá/papás...

Las que terminan en u o i. En cuanto al uso, sería lo que más se extiende

actualmente, en principio, estas palabras no deberían construir el plural así, pero poco

a poco la RAE las va incorporando, aunque sigue recomendando la norma de

anadirles -es.

� No añadiendo nada. Adjetivos y sustantivos terminados en s o x no

acabados en sílaba tónica: tórax, lunes, tesis, martes, viernes, etc. El artículo es la

unica forma de distinguirlos: el lunes, los lunes. Excepciones: el parchís/los parchís.

� Palabras que terminan en .y. Estas palabras tienen su plural en es:

buey>bueyes, los extranjerismos más modernos en s: samuray/samurais. Observe el

cambio de y por i.

� Palabras de origen extranjero. O siguen las normas de su idioma de origen o

del castellano: club/clubs/ clubes; canelón/caneloni/canelones; currículum/currícula...

Los adverbios

Recuerde que en castellano los adverbios que se forman con el sufijo .mente

llevan acento si en su forma original también lo llevaban: difícil/difícilmente...

Las preposiciones

Son preposiciones: a, ante, bajo, cabe, con, contra, de, desde, en, entre, hacia,

hasta, para, por, según, sin, so, sobre, tras.

Page 19: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

19

6.6 O xornalismo (aspectos teóricos)

Tanto dentro das TIC como en soporte impreso, o xornalismo, nas súas

variantes de información e análise crítica da actualidade, e a literatura ao servizo da

prensa, e ten un gran valor social, xa que contribúe a crear un estado de opinión entre

a poboación.

O xornalismo tamén se da nos medios audiovisuais, tales como a televisión ou

a radio.

Neste caso adquire moita importancia a linguaxe verbal, a non verbal e os

elementos paraverbais (comunicación oral).

Xéneros xornalísticos

Algúns dos xéneros xornalísticos máis importantes, tanto na prensa escrita e

dixital, na television e na radio son:

� Noticia: relato ou redacción que fai referencia a un suceso de actualidade ou

atípico, ocorrido dentro dunha comunidade ou en determinado ámbito, e que merece a

súa divulgación debido á súa relevancia. Exemplo: Os EEUU retiran as tropas do Iraq.

� Reportaxe: relato xornalístico de historias vividas por persoas as que se

relaciona co seu contexto. Baséase nun testemuño, o máis directo posible que explica

con palabras, imaxes e/ou sons, desde unha perspectiva actual, sucesos de interese

público. Exemplo: un reporteiro da TVG achégase a unha brigada forestal para

observar como fan o seu traballo un determinado día no que a súa actuación sexa

necesaria.

� Crónica: nárranse acontecementos pola súa orde cronolóxica, a través de

testemuñas presenciais ou contemporáneas, sexa en primeira ou terceira persoa. Na

crónica utilízase unha linguaxe directa, sinxela e moi persoal, e admite o uso de

linguaxe literaria cun frecuente uso de adxectivos. Exemplo: unha testemuna (o

capitán do buque) relata cronolóxicamente os sucesos que deron pé ao afundimento

do Prestige.

� Editorial: texto non firmado que explica, valora e xulga un feito de especial

importancia. Trátase dunha opinión colectiva, dun xuízo institucional formulado en

concordancia coa liña ideolóxica do medio. Exemplo: o xornal El País publica un

Page 20: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

20

editorial sobre a crise económica e as causas que nos levaron a ela (esta opinión é

colectiva, representa todo o xornal, non só unha persoa).

� O artigo: texto que presenta a postura persoal dun xornalista fronte a un

acontecemento ou un problema actual ou de interese xeral. Mediante el preténdese,

xeralmente, influír na opinión que os lectores poden ter sobre un determinado feito.

Para o lograr, o escritor emprega argumentos ou razóns que convenzan o lector para

que modifique o seu parecer sobre ese tema, aproximándoo á súa postura. Exemplo:

Fernando Onega escribe un artigo en La Voz de Galicia onde expón unha serie de

argumentos e razóns polas cales

non está de acordo coa política económica do Goberno actual.

� A entrevista: diálogo entre dúas ou máis persoas: o entrevistador ou

entrevistadores, que interrogan, e as persoas que contestan. Trátase dunha técnica ou

instrumento empregado en diversas actividades profesionais (por exemplo en

investigación, medicina, selección de persoal, etc.). Unha entrevista non é casual,

senón que é un diálogo interesado, cun acordo previo e uns intereses e unhas

expectativas por ambas as partes. Exemplo: un xornalista da TVG entrevista o actual

Conselleiro de Pesca.

6.7 Principais subxéneros literarios

Subxéneros narrativos

Conto: narración dunha acción irreal, de carácter sinxelo e breve extensión, de

moi variadas tendencias a través dunha rica tradición literaria e popular. Polo xeral, o

desenvolvemento narrativo do conto é rectilíneo, presenta poucos personaxes e o

proceso do relato concédelle moita importancia ao desenlace.

Novela: obra na que se narra unha acción irreal ou semi-irreal, e cuxo fin é

producir pracer estético aos lectores por medio da descrición de sucesos interesante,

de personaxes, de paixóns e de costumes. Salvo excepcións, a novela utiliza a prosa,

e en contra do conto, nunca é moi breve. A acción é necesaria nesta obra, pero o

fundamental son os personaxes e o mundo irreal que os rodea.

Novela curta: é a representación dun acontecemento, mais non ten a

amplitude da novela normal no tratamento dos personaxes e da trama. A acción, o

Page 21: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

21

tempo e o espazo aparecen dunha forma condensada, e presenta un ritmo acelerado

no desenvolvemento da trama. As longas digresións e descricións propias da novela

desaparecen na novela curta, así coma as exhaustivas análises psicolóxicas dos

personaxes.

Subxéneros dramáticos ou teatrais

Traxedia: é a imitación dunha acción elevada e completa, de certa

magnitude, nunha linguaxe matizada en función das súas partes, efectuada polos

personaxes en acción e non por medio dun relato, e que suscitando compaixón e

temor leva a cabo a purgación de tales emocións. A historia tráxica imita accións

humanas en torno ao sufrimento dos personaxes e á piedade, ata o momento de

recoñecemento dos personaxes entre si ou da toma de conciencia da orixe do mal.

Comedia: é a imitación das persoas máis vulgares; pero non vulgares de

calquera clase e fealdade física ou moral, senón daquela única especie que supón o

ridículo. Describe, intelectualmente deformados, os aspectos concretos e risibles da

vida cotiá. Os personaxes son de condición inferior, o desenlace é feliz e optimista, e a

súa finalidade é provocar o riso do espectador.

Farsa: obra teatral cómica que se escribe e se representa co único fin de

facer rir ao público, mediante a posta en escena de situacións e personaxes ridículos.

É un tipo de obras nas que se deforma a realidade estilizándoa, facéndoa grotesca ou

dándolle un aire de Entroido.

Subxéneros líricos

Oda e himno: a oda relaciónase cos sentimentos de admiración e

entusiasmo. Ten carácter solemne e linguaxe de gran admiración. A etiqueta himno

aplícase en cantos litúrxicos da igrexa e cancións con música cun sentido nacional,

político ou ideolóxico.

Poesía bucólica: é un canto á paz e á beleza do campo, á vida de pastores,

nun ton idealista.

Elexía: é unha composición que denota lamentación por diversas causas.

Hainas amorosas, relixiosas, patrióticas e, sobre todo, funerarias.

Sátira: ridiculiza vicios ou defectos alleos. Adoita ser de ton lixeiro e carácter

burlesco; outras veces adquire un sentido máis grave e educador.

Page 22: TEMA 6 - WordPress.com · 6.1 As exposicións orais planificadas As intervencións orais que os politicos fan no parlamento, as que fan uns conferenciantes nunhas xornadas sobre un

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

22

Copla: é calquera composición poética breve que, illada ou en serie, serve de

letra nunha canción popular.