tema 2 o clima

23
TEMA 2 O CLIMA

Upload: pablo-quintas-barros

Post on 09-Jul-2015

84 views

Category:

Education


6 download

DESCRIPTION

Tema 2 o clima

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 2 o clima

TEMA 2O CLIMA

Page 2: Tema 2 o clima

QUE É O TEMPO ATMOSFÉRICO?

• Os meteorólogos son as persoas que explican o tempo

que vai ir nos próximos días. Os elementos que describen

refírense ao tempo atmosférico.

• O tempo atmosférico é o estado da troposfera nun lugar

en un momento determinado.

• O tempo atmosférico é moi variable.

Page 3: Tema 2 o clima

ELEMENTOS DO TEMPO

ATMOSFÉRICO

1. Vento: o aire quente pesa menos ca o frío, e ascende.

Estes movementos do aire provocan o vento.

2. Presión atmosférica: é o peso do aire sobre a terra.

Cando a presión atmosférica baixa, son mais probables

as nubes e as precipitacións.

3. Temperatura: mide a calor ou o frío do aire. Cando vai

calor, a temperatura é alta. Cando vai frío, é baixa.

4. Precipitacións: é a auga que cae da atmosfera sobre

un lugar da superficie terrestre grazas ao ciclo da

auga.

Page 4: Tema 2 o clima

INTRUMENTOS PARA MEDIR OS

ELEMENTOS DO TEMPO

ATMOSFÉRICO1. Catavento: mostra a dirección do vento

2. Anemómetro: mide a velocidade do vento en km/h

3. Barómetro: mide a presión atmosférica en milibares.

4. Termómetro: mide a temperatura en graos.

5. Pluviómetro: mide a cantidade de auga que cae en

mililitros.

Page 5: Tema 2 o clima

QUE É O CLIMA?

• É o conxunto de características meteorolóxicas dunha

zona durante un longo período de tempo.

• Para estudalo mídense os elementos do tempo

atmosférico durante trinta anos ou máis.

Page 6: Tema 2 o clima

DE QUE DEPENDE O CLIMA?

1. A latitude. Cerca do ecuador os raios solares

concéntranse e dan máis calor. Ao afastarse vai máis

frío, ata chegar ao extremo dos polos.

2. A altitude. Canto máis elevado está un lugar respecto

ao nivel do mar, máis baixa é a súa temperatura. A

temperatura baixa ata 6 graos por quilómetro.

3. A proximidade do mar. O mar absorbe a calor do sol e

pérdea lentamente. Por iso na costa as temperaturas

son máis suaves e estables.

Page 7: Tema 2 o clima
Page 8: Tema 2 o clima

QUE É UNHA ZONA CLIMÁTICA?

• As zonas climáticas da Terra son aqueles territorios que teñenun clima parecido, con temperaturas e precipitacións similarescada ano.

• Hai 3 zonas:

1. As zonas frías están próximas aos polos ou nas altas montañas.As temperaturas son moi baixas todo o ano e as precipitacións sonescasas e en forma de neve.

2. As zonas temperadas son dúas, e sitúanse entre os polos e azona cálida do planeta. As súas temperaturas varían entre 0 e 20ºC, con grandes diferenzas entre o verán e o inverno.

3. As zonas cálidas están cerca do ecuador e teñen temperaturaselevadas. Non obstante, hai grandes variacións nas precipitacións:alí atópanse xunglas húmidas, sabanas con épocas moi secas eoutras moi chuviosas, e desertos sen apenas chuvias

Page 9: Tema 2 o clima

ZONAS CLIMÁTICAS

Page 10: Tema 2 o clima

AS PLANTAS ADÁPTANSE!

• As altas montañas e os polos teñen climas fríos.

Page 11: Tema 2 o clima

AS PLANTAS ADÁPTANSE!

• En Europa predominan os climas temperados.

Page 12: Tema 2 o clima

AS PLANTAS ADÁPTANSE!

• Nas zonas cálidas hai desertos, xunglas e sabanas.

Page 13: Tema 2 o clima

• Nos bosques fríos os abetos crecen xuntos para

protexerse do vento. As súas follas de agulla e a forma de

cono evitan que a neve se acumule nas ramas. As raíces

son superficiais.

• As oliveiras mediterráneas protéxense da seca grazas

á súa casca grosa e á capa protectora das súas follas,

que almacenan a humidade.

• Os cactos do deserto teñen raíces longas para buscar

auga no solo e crecen separados para non competir por

ela. Aguantan ata cinco anos sen chuvia!

Page 14: Tema 2 o clima

OS CLIMAS DE ESPAÑA

• A Península Ibérica sitúase na zona temperada da Terra

pero acolle variedades do clima temperado, como o

clima oceánico, o mediterráneo interior e o mediterráneo

litoral.

• As Canarias están próximas á zona cálida do planeta e

teñen un clima subtropical, e as áreas de alta montaña,

por encima dos 1.200 m de altitude, teñen un clima frío

Page 15: Tema 2 o clima
Page 16: Tema 2 o clima
Page 17: Tema 2 o clima
Page 18: Tema 2 o clima

O QUECEMENTO GLOBAL

• O noso planeta experimentou importantes cambios

climáticos, como asglaciacións, debidos a causas

naturais.

• Porén, hoxe en día témese que, ademais destes cambios

naturais, algunhas actividades humanas poidan acelerar

un quecemento global da Terra

Page 19: Tema 2 o clima

QUE É O EFECTO INVERNADOIRO?

• A atmosfera, a hidrosfera e a xeosfera absorben

a enerxía do Sol. Parte desa enerxía é devolta ao

espazo, pero outra queda retida na atmosfera grazas ao

vapor de auga, o dióxido de carbono e o metano.

• Este fenómeno natural, coñecido como efecto

invernadoiro, acumula calor na Terra

Page 20: Tema 2 o clima

QUE É O QUECEMENTO GLOBAL?

• O exceso de gases provoca que a atmosfera reteña

demasiada calor e as temperaturas suban.

• Este ascenso de temperaturas, máis coñecido

como quecemento global, pode provocar un cambio

climático con graves efectos para os seres vivos que

habitan a Terra.

Page 21: Tema 2 o clima

CONSECUENCIAS DO QUECEMENTO

GLOBAL

1. O quecemento dos polos funde os xeos e provoca o

aumento do nivel do mar. Este feito pode inundar as

zonas costeiras do planeta.

2. O quecemento provoca secas, adesertización de

rexións e o cambio nos ecosistemas. Algúns animais

poden extinguirse ao non poder adaptarse

Page 22: Tema 2 o clima

QUE PROVOCA O CAMBIO

CLIMÁTICO?

Page 23: Tema 2 o clima

QUE PROVOCA O CAMBIO

CLIMÁTICO?

1. O uso de combustibles fósiles nas fábricas e nos

vehículos aumenta o dióxido de carbono.

2. A agricultura e a gandaría xeran gases polo uso de

fertilizantes e a dixestión dos animais.

3. Os residuos e refugallos dos vertedoiros producen unha

enorme cantidade de metano.

4. A deforestación contribúe ao aumento do dióxido de

carbono.