tema 2.- al-Ándalus e os reinos cristiáns medievais. · 3. os reinos cristiáns na idade media:...
TRANSCRIPT
Tema 2.- Al-Ándalus e os reinos cristiáns medievais.
Bloque 2.- A Idade Media: tres culturas e un mapa político en constante cambio (711-1474)
Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe
1. Al-Ándalus: conquista musulmá
da Península; evolución política de
al-Ándalus; revitalización
económica e urbana; estrutura
social; relixión, cultura e arte.
1. Explicar a evolución dos territorios musulmáns
na Península, describindo as súas etapas
políticas e os cambios económicos, sociais e
culturais que introduciron.
1.1. Explica as causas da invasión musulmá e da súa rápida
ocupación da Península.
1.2. Representa unha liña do tempo desde 711 ata 1474 e sitúa
nunha ringleira os principais acontecementos relativos a al-Ándalus
e noutra os relativos aos reinos cristiáns.
1.3. Describe a evolución política de al-Ándalus.
1.4. Resume os cambios económicos, sociais e culturais
introducidos polos musulmáns en al-Ándalus.
2. Os reinos cristiáns do século XIII
ao XV: evolución política;
nacemento das Cortes. Os reinos
cristiáns na baixa Idade Media
(séculos XIV e XV): diferente
evolución e organización política
das coroas de Castela, Aragón e
Navarra. Proceso de reconquista e
repoboación.
2. Explicar a evolución e configuración política
dos reinos cristiáns, en relación co proceso de
reconquista e o concepto patrimonial da
monarquía.
2.1. Describe as grandes etapas e as causas xerais que conducen
ao mapa político da Península Ibérica ao remate da Idade Media.
2.2. Explica a orixe das Cortes nos reinos cristiáns e as súas
principais funcións.
2.3. Compara a organización política da coroa de Castela, a de
Aragón e o reino de Navarra ao remate da Idade Media.
2.4. Comenta o ámbito territorial e as características de cada
sistema de repoboación, así como as súas causas e as súas
consecuencias.
3. Os reinos cristiáns na Idade
Media: réxime señorial e sociedade
estamental. Tensións sociais.
3. Diferenciar as tres grandes fases da evolución
económica dos reinos cristiáns durante toda a
Idade Media (estancamento, expansión e crise),
e sinalar os seus factores e as súas
características.
3.1. Describe as grandes fases da evolución económica dos
territorios cristiáns durante a Idade Media.
4. Os reinos cristiáns na Idade
Media: do estancamento á
expansión económica. Crises
agraria e demográfica.
4. Analizar a estrutura social dos reinos cristiáns
e describir o réxime señorial e as características
da sociedade estamental.
4.1. Explica a orixe e as características do réxime señorial e a
sociedade estamental no ámbito cristián.
5. O Camiño de Santiago. Unha
cultura plural: cristiáns, musulmáns
e xudeus. Manifestacións
artísticas.
5. Describir as relacións culturais de cristiáns,
musulmáns e xudeus, e especificar as súas
colaboracións e as influencias mutuas.
5.1. Describe o labor dos centros de tradución.
5.2. Procura información de interese (en libros e internet) sobre a
importancia cultural e artística do Camiño de Santiago, e elabora
unha breve exposición.
1.- Esplendor de al-Ándalus e formación dos reinos cristiáns.
A expansión do Islam
1.1.- Conquista e ocupación islámica.
1.2.- Emirato de Córdoba (756-929).
A crise do Emirato de Córdoba (finais do século IX)
1.2.- Califato de Córdoba (929-1031).
A sociedade andalusí
diversidade relixiosa Trazos básicos
Musulmáns
Árabes Minoría que dirixira a conquista. Formaban a elite do poder político e social, e acaparaban
os cargos, os privilexios e a propiedade da terra
Bérberes
Máis numerosos; chegaron á PI co exército conquistador ou emigrados desde o Norte de
África (mauri ou mouros). Moitos dedicábanse ao pastoreo e tiñan unha situación
relativamente humilde
Muladís Eran a maioría da poboación. Eran os hispano-visigodos convertidos ao Islam. Adoptaron
non só a relixión, senón tamén os costume e a lingua dos conquistadores
Eslavóns
Atigos escravos liberados e convertidos ao islam, procedentes de Europa Central.
Tiñan gran importancia no exército e na administración.
Non
musulmáns
Grupos minoritarios. Pagaban maiores impostos e sufrían certas limitacións de dereitos
Mozárabes Hispano-visigodos que continuaron sendo cristiáns. Vivían maioritariamente nas cidades.
Moitos sufriron persecucións e emigraron aos reinos cristiáns do Norte da Península
Xudeus Melloraron a súa situación cos musulmáns; dedicábanse á artesanía, ao comercio, á
medicina ou á ciencia; gozaban de autonomía xurídica
1.3.- A orixe dos reinos cristiáns.
A Península Ibérica nos séculos XI e XII
Etapas básicas do proceso de reconquista
Cronoloxía Área Feitos básicos
séculos
VIII-X
Norte da PI: a Cordilleira Cantábrica e os Pireneos
O reino de Asturias e León ocupa a zona entre a Cordilleira
Cantábrica e o Douro + o alto val do río Ebro
Os núcleos pirenaicos ocupan a vertente sur dos Pireneos
primeira
metade s. XI
Fortalecemento da liña de fronteira: seguía o curso do
Douro, o alto val do Ebro, a Ribeira navarra e a
vertente S dos Pireneos.
Disgregación de al-Ándalus en reinos de Taifas ⟹ debilidade
militar
Pago de parias aos reinos cristiáns
mediados
s. XI
a
mediados
s. XII
Conquista e ocupación dos vales dos ríos Texo e
Ebro:
avances cristiáns
reacción dos almorábides
dominio definitivo destes vales
Afonso VI de Castela conquista Toledo (1085)
Afonso I de Aragón conquista Zaragoza (1118)
Afonso I de Portugal conquista Lisboa (1147)
Ramón Berenguer IV de Aragón conquista Tortosa (1148) e
Lleida (1149)
mediados
s XII
ata 1212
Conquista dos cursos altos dos ríos Guadiana, Turia e
Xúcar:
avances cristiáns en medio de grandes rivalidades
contraofensiva dos almohades
recuperación cristiá: as Navas de Tolosa (1212)
Tratados de reparto de al-Ándalus entre Castela e Aragón
O reino de Portugal conquista Évora (1166)
O reino de León ocupa Cáceres (1169)
O reino de Castela ocupa Cuenca (1177)
A Coroa de Aragón conquista Teruel (1171)
desde 1220
ata 1266
Dominio do val do Guadalquivir, Levante e as
Baleares
avances fulgurantes dos reinos cristiáns
afundimento de al-Ándalus, que queda reducido a
unha franxa no sur: o reino nazarí de Granada
O reino de Portugal ocupa o val inferior do Guadiana e o Algarve
O reino de León remata a conquista de Estremadura en 1228
A Coroa de Castela ocupa o val do Guadalquivir e Murcia:
✓ Fernando III o Santo: Córdoba (1236), Xaén (1246), Sevilla
(1248)
✓ Afonso X o Sabio: Murcia (1243-1266), Cádiz (1265)
A Coroa de Aragón conquista Levante e Baleares:
✓ Xaime I o Conquistador: Mallorca (1229) e Valencia (1238)
Cronoloxía Área Modalidades de repoboación
séculos
IX-X
N do val do
Douro
N de Cataluña
Presura
Aprisio
A monarquía concede a propiedade das terras ermas aos nobres, mosteiros ou
campesiños coa condición de que as cultiven e defendan.
séculos
XI - XII
área Douro-
Texo
val do río Texo
concellos
División do territorio en concellos (núcleo amurallado + entorno rural = alfoz), aos que
a monarquía concede privilexios xurídicos e exencións fiscais (recollidos nos foros e
cartas de poboamento) para atraer repoboadores
val do río Ebro
repartimentos
concellos
Nos grandes núcleos urbanos (Zaragoza, Tudela): reparto das propiedades
abandonadas polos musulmáns
Na Estremadura aragonesa (poboacións do S do Ebro situadas na fronteira). Cartas
forais similares ás casteláns
séculos
XII - XIII
A Mancha
S do Sistema
Ibérico
Ordes
Militares
A monarquía concede amplos territorios (maestrazgos ou encomendas) ás Ordes
Militares para que os defendan e se encarguen de atraer poboación ⟹ repoboación
lenta e moi débil, latifundios, carácter pastoril
século
XIII
Estremadura
Levante
Baleares
Andalucía
Murcia
Ordes
Militares
repartimentos
Estremadura: entrega de grandes lotes de terra ás Ordes Militares. Idem anterior
Levante: repartimento en pequenos lotes, agás área de Castellón: latifundios á nobreza
e ás Ordes Militares
Baleares: expulsión ou escravización da poboación musulmá. Reparto en grandes lotes
entre rei e magnates
Andalucía e Murcia: creación de concellos reais + repartos de terras entre os
participantes na reconquista segundo a súa categoría social:
grandes extensións (herdamentos e donadíos) aos membros da alta nobreza laica e
eclesiástica (Igrexa, Ordes Militares)
concesións territoriais de menor entidade para a nobreza de segunda fila (baixa
nobreza)
lotes de pequeno tamaño (heredamentos) para os cabaleiros e as familias
campesiñas.
3.- Sociedade e monarquía feudal.
3.1.- A sociedade estamental.
3.2.- A monarquía feudal.
O funcionamento das Cortes medievais
A organización do poder na Coroa de Aragón
3.3.- As actividades económicas.
A Mesta na Coroa de Castela
4.- A crise dos séculos XIV-XV.
Os conflitos sociais e políticos en Cataluña (a guerra civil).
5.- A Galicia medieval.
al-Ándalus
A nobreza en Galicia no século XII
O desenvolvemento urbano de Galicia
A revolta dos irmandiños
A reacción nobiliaria