tema 1 : a poesÍa nos inicios do sÉculo...

36
TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO XX : NORIEGA VARELA E RAMÓN CABANILLAS 1. A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO XX: A entrada do s. XX non supuxo un cambio no panorama literario galego. Nos primeiros anos do novo século continuaron as liñas que se iniciaran no Rexurdimento, con autores como Leiras Pulpeiro ou Lugrís Freire. Os primeiros sinais de cambio danse con dous autores que supoñen unha ponte entre a estética decimonónica e a estética das vangardas e que adoptan actitudes poéticas diferentes: 1.1 . Antonio Noriega Varela (Mondoñedo, 1869- Viveiro, 1947) Autor dunha única obra ( Montañesas, 1904; posteriormente titulada Do ermo, 1920), segue unha liña poética máis tradicional. Entre os poemas do seu libro podemos distinguir dous tipos: - Poesía costumista, que segue a liña da poesía realista do século XIX, con poemas centrados na vida campesiña. - Lirismo da natureza, con poemas nos que aparecen sós o poeta e a natureza. Nesta liña aparece a influencia dos poetas saudosistas portugueses e hai unha maior preocupación formal. 1.2 Ramón Cabanillas (Cambados, 1876-1959) Voz lírica do movemento agrario e intenso colaborador coas Irmandades da Fala e co galeguismo, representa unha actitude máis renovador: partindo da poesía galega do s. XIX, asimila rasgos da poesía mundial de inicios do XX, sen esquecer os temas relacionados coa realidade social do seu tempo. < a) Poesía lírica Nas tres primeiras obras de Cabanillas ( No desterro,1913; Vento mareiro,1915; Da terra asoballada,1917), aprécianse as distintas direccións da súa poesía lírica: - Social ou combativa: De carácter agrarista e anticaciquil, destaca a hostilidade contra os fidalgos e caciques e a exaltación da aldea e dos labregos. - Intimista: Salientamos a saudade de influencia rosaliana e os poemas amorosos. - Costumista: Poemas nos que se describen paisaxes e escenas típicas rurais e mariñeiras. Aparece a influencia Modernista A rosa de cen follas (1927) é un libro exclusivamente intimista, de temática amorosa. b) Poesía narrativa A súa obra fundamental Na noite estrelecida(1926) está dividida en 3 partes ( A espada Escalibur, O cabaleiro do Santo Grial e O soño do rei Artur) e recolle temas da Materia de Bretaña (as lendas do rei Artur e a procura do Santo Grial) mesturando mitos célticos, ideais cabaleirescos e tradición cristiá.

Upload: donhu

Post on 04-Oct-2018

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO XX : NORIEGA VARELA E RAMÓN CABANILLAS

1. A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO XX:A entrada do s. XX non supuxo un cambio no panorama literario galego. Nos primeiros anos donovo século continuaron as liñas que se iniciaran no Rexurdimento, con autores como LeirasPulpeiro ou Lugrís Freire. Os primeiros sinais de cambio danse con dous autores que supoñenunha ponte entre a estética decimonónica e a estética das vangardas e que adoptan actitudespoéticas diferentes:

1.1. Antonio Noriega Varela (Mondoñedo, 1869- Viveiro, 1947)Autor dunha única obra (Montañesas, 1904; posteriormente titulada Do ermo, 1920), segueunha liña poética máis tradicional. Entre os poemas do seu libro podemos distinguir doustipos:

- Poesía costumista, que segue a liña da poesía realista do século XIX, con poemas centradosna vida campesiña.

- Lirismo da natureza, con poemas nos que aparecen sós o poeta e a natureza. Nesta liñaaparece a influencia dos poetas saudosistas portugueses e hai unha maior preocupaciónformal.

1.2 Ramón Cabanillas (Cambados, 1876-1959)Voz lírica do movemento agrario e intenso colaborador coas Irmandades da Fala e cogaleguismo, representa unha actitude máis renovador: partindo da poesía galega do s. XIX,asimila rasgos da poesía mundial de inicios do XX, sen esquecer os temas relacionados coarealidade social do seu tempo. <

a) Poesía lírica

Nas tres primeiras obras de Cabanillas (No desterro,1913; Vento mareiro,1915; Daterra asoballada,1917), aprécianse as distintas direccións da súa poesía lírica: - Social ou combativa: De carácter agrarista e anticaciquil, destaca a hostilidade contra os fidalgos e caciques e a exaltación da aldea e dos labregos. - Intimista: Salientamos a saudade de influencia rosaliana e os poemas amorosos. - Costumista: Poemas nos que se describen paisaxes e escenas típicas rurais e mariñeiras. Aparece a influencia Modernista A rosa de cen follas (1927) é un libro exclusivamente intimista, de temática amorosa. b) Poesía narrativa

A súa obra fundamental Na noite estrelecida(1926) está dividida en 3 partes (A espadaEscalibur, O cabaleiro do Santo Grial e O soño do rei Artur) e recolle temas da Materia de Bretaña(as lendas do rei Artur e a procura do Santo Grial) mesturando mitos célticos, ideaiscabaleirescos e tradición cristiá.

Page 2: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

Cabanillas aporta novos valores que galeguizan o poema, dándolle unha proxecciónideolóxica: a conquista do ideal nacionalista, a saudade e a presencia constante de Galicia (Illade Sálvora, O Cebreiro, o Miño...) É unha obra épica máis descritiva que narrativa, na que o lirismo e a estética modernistatamén teñen cabida. Outra obra é Samos(1958), historia descritiva do mosteiro dese nome. c) Tradición e renovación na obra de Cabanillas.Desde o punto de vista literario a estética de Cabanillas constitúe unha síntese de varioselementos, que fan que o consideremos un poeta moderno e clásico á vez. Dentro dos elementos tradicionais destacamos:- a tradición clásica greco-latina , coa que entra en contacto na súa mocidade, destacando as

lecturas de Horacio e Ovidio.- a tradición folclórica galega, da que mesmo fixo unha escolma:Antífona da Cantiga (1951)- a influencia dos mestres do Rexurdimento (a inquedanza rosaliana; o celtismo pondaliano; a

ira currosiana). Dentro da renovación salientamos:- O Modernismo, nos seus aspectos estéticos: versatilidade métrica e rítmica; exotismo de

princesas, xardíns amenos; a sensualidade, musicalidade e o colorismo.- O Saudosismo portugués, caracterizado pola recuperación das raíces nacionais, que aparece

fundamentalmente en Na noite estrelecida, co interese polos temas históricos e a tendenciaao miticismo.

Todos estes elementos dan lugar a unha obra rica e plural, xa que Cabanillas incorpora aos seustextos rexistros e temáticas descoñecidos na poesía galega (temática relixiosa, o mito artúrico...)sen esquecer o profundo coñecemento da tradición decimonónica e da poesía popular.

. A princesa roiba

Nun nimbo lumioso surde o bardo adiviño, Reza un merlo no soutoenvolveito en brancuras recedentes de liño, frorido de cereixosollos gazos, profundos, longa barba frorida, relixioso ofertoriocingue a frente coas hedras da coroa druida duns místicos amores.e na man, que reloce como un lirio bendito, Pasa un vento de bicosten a fouce de ouro do litúrxico rito; que vai buscando beixosa fouce segadora da mandrágora, ó raio como enxame de abellasde feitizo e de agoiro dos luares de maio. que vai buscando flores.É Merlín o profeta, o celta armoricán, dos silfos e das lumias ollado por irmán, Fío a fío debullasabidor dos encantos e os máxicos conxuros, súa madeixa a fontedas virtudes das herbas e dos fados escuros, barbullando chorosaque nos craros dos bosques e os baixíos costeiros o verso lexendariodeprendeu o diviño lenguaxe dos luceiros; do Paxe do Casteloo bardo das edades, o da segreda ciencia aforcado na Ponteque a terra fixo súa, impóndolle obediencia e da Reina encantadaás ágoas da riada, ós rochedos do cume, no Pazo solitario.ás nubes da tromenta, á ardentía do lume. Nas follas dos salgueiros

Page 3: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso estala en gargalladas ollando, sobre o espello das augas, os despidos corpos, cristal e neve, dun fato de driadas...

(No desterro) TEMA 2 : A POESÍA GALEGA DE VANGARDA

As vangardas artísticas europeas Nas primeiras décadas do s. XX, un movemento de renovación estética revolucionou todosos aspectos da arte; é o que se denominou xenericamente vangardas. As diferentes soluciónsdas vangardas reciben o nome de ismos e teñen en común:- a reivindicación da materia artística como algo autónomo.- O espírito rebelde e provocador fronte á tradición estética e as normas.- A defensa da liberdade creadora e da orixinalidade.Os principais movementos vangardistas foron o Futurismo (Marinetti,1909), o Cubismo(Apollinaire, 1913),o Dadaísmo (Tzara,1916), o Surrealismo (Breton, 1924), o Creacionismo(V. Huidobro), o Expresionismo (Alemania,1911)...

AS VANGARDAS NA POESÍA GALEGA En Galicia temos unha nova xeración de poetas, nados arredor de 1900, coñecidos comoXeración do 25, que se van aproximar ás vangardas europeas, pero gardando certaspeculiaridades: a busca da arte pura non supón unha evasión da realidade galega nin unharenuncia ao sentimentalismo.

DIRECCIÓNS DA POESÍA

Neotrobadorismo- Xorde polo descubrimento da poesía medieval galego-portuguesa, máis en concreto pola súa

difusión a partir de 1928.- É un movemento mimético (imita a cantiga de amigo e de amor).- Caracterízase pola perfección formal, polo uso de procedementos estilísticos dos

Cancioneiros (paralelismo, refrán, ás veces leixaprén), pero cunha linguaxe poética e unhasimaxes propias do século XX.

- Destacan Fermín Bouza Brey (Nao senlleira,1933) e Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que sechama ribeira, 1933).

Hilozoísmo- Tamén chamado Imaxinismo, xorde da tradición paisaxística do século XIX, combinada con

recursos vangardistas,- Caracterízase pola personificación da natureza, a sucesión de imaxes plásticas, os elementos

visuais e auditivos, o predominio da cor viva e rechamante e a métrica sinxela.- O principal representante é Luís Amado carballo (Proel, 1927).

Page 4: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

Creacionismo- Xorde do Creacionismo de Vicente Huidobro, poeta chileno.- Supón un fito illado na nosa literatura, ademais de ser o único movemento plenamente

vangardista, orixinal e universalista.- O Creacionismo prescinde da imitación realista, pois o poeta pretende crear unha realidade

autónoma.- Caracterízase pola superposición de imaxes e a exclusión da musicalidade e rima.- Este movemento en Galicia foi exclusivo de Manuel Antonio, do que destaca unha obra cume

da poesía galega: De catro a catro (1928)

MANUEL ANTONIO (Rianxo 1900-1930)

Home de espírito rebelde e aventureiro, mostrou moi cedo o seu inconformismo coa poesíagalega anterior e coa contemporánea no seu manifesto “Máis Alá” (1922).

De catro a catro (1928)A única obra publicada en vida de Manuel Antonio é a súa obra fundamental e un dos cumes dapoesía galega de todos os tempos. Consta de 19 poemas que aparentemente reflicten o proceso dunha vizxe marítima,empezando co poema “Intencións”, principio da viaxe, seguido de 17 poemas nos que semanifesta unha vivencia intensa do mar e unha experiencia íntima co cosmos que o rodea, ermatando co poema “Adeus”, a volta a terra. O tema central da obra é a soidade do suxeito, que adopta en moitos casos un Nós, comoexpresión de universalidade. O mar, motivo central, é infinito e pechado en si mesmo; un mar no que están abolidos otempo e o espacio, no que a aventura e o movemento que suxire a estructura do poemario sonnegados unha e outra vez. O estatismo preside a navegación. Na forma, manuel Antonio acode aos recursos que lle proporcionan os ismos ( abolición dasintaxe tradicional, disposición inusual dos versos, o emprego de tecnicismos, a ausencia de rimae, especialmente, a xustaposición de imaxes). A poesía de Manuel Antonio supón unha decidida ruptura coa tradición lírica galega epresenta unha tripla orixinalidade: lingüística (tecnicismos, estranxeirismos e cultismos), temática (o mar visto desde o propio mar) e formal (tratamento rupturista).

Outros autores e movementos

Álvaro Cunqueiro dá entrada ao surrealismo nas nosas letras con Poemas do si e do non(1933), aínda que dun xeito inxenuo e sentimentL.

Manuel Luís Acuña, na súa obra Fírgoas (1933) presenta algúns dos poemas máis singularesdesta época, apoiándose na economía verbal e a eliminación do elemento narrativo.

Luís Pimentel, do que destaca a súa obra póstuma Sombra do aire na herba( 1959),móstranos un universo poético constituído por seres e obxectos que convidan á intimidade e aorecollemento ( nenos, hospitais, prazas baleiras, xardíns ). A súa poesía está chea de musicalidade,pero tendendo ás veces ao surrealismo e expresionismo.

Page 5: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

TEMA 3: A LITERATURA NA ÉPOCA NÓS

O Grupo Nós supón para as letras galegas un pulo definitivo, ao acadar a cultura galega unhaaltura intelectual que nunca tivera antes. Integrado principalmente por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino LópezCuevillas, é o encargado da modernización da prosa galega nos seus diferentes rexistros:narrativa curta, novela e ensaio.

Caracterización do Grupo Nós

1- Procedencia social acomodada (fidalguía ou pequena burguesía)2- Rigorosa formación intelectual e literaria (estudios universitarios, influencia das correntes

estéticas finiseculares).3- Desconectados inicialmente do galeguismo, nestes autores prodúcese un cambio radical:

despois dunha viaxe pola cultura europea do seu tempo á busca de espacios exóticos,descobren que Galicia e a súa xente constitúen a máis apaixonante aventura intelectual. Estecambio explícanolo con claridade Otero pedrayo na súa novela Arredor de si.

4- Este descubrimento lévaos a conectar Galicia con Europa, nun afán de modernización e desuperación do illamento rual da cultura galega, conxugando enxebrismo con europeización através dun atlantismo de signo celtista.

5- Axeitaron o idioma para a expresión científica e promoveron o estudio de diversas facetas dacultura galega (arqueoloxía, historia, xeografía, etnografía...)

6- Unha vez integrados no nacionalismo desenvolven un intenso labor pedagóxico deconcienciación social.

A Revista Nós (1920-1936)

Dá nome ao Grupo e ten como labor fundamental modernizar e europeizar a cultura galegapartindo dunha idea básica: combinar tradición e renovación. Tivo unha dobre dimensión, científica e literaria ( estudios sobre os castros, traducións defilósofos alemáns, atención á literatura bretona e irlandesa...)

VICENTE RISCO ( Ourense 1884-1963)

Page 6: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

Foi o principal teórico do Grupo Nós. En xeral, Risco procura fuxir da alienación cultural pormedio da exaltación do medievo e do natural, fronte ao histórico e urbano. Ideas básicas do seu pensamento son: o individualismo, o elitismo, a fascinación polosmitos e o esoterismo, a crítica da ciencia e o sentimento da terra (Saudade). Obra ensaística

Ten 3 obras fundamentais, que se corresponden con tres etapas distintas:- Etapa pre-galeguista: Nós, os inadaptados(1933), é un estudio da evolución ideolóxica do

grupo Nós.- Etapa nacionalista: Teoría do nacionalismo galego(1920). Supón unha exaltación de Galicia a

través da lingua, da terra e da raza.- Etapa pos-nacionalista: Mitteleuropa (1934), onde mostra o seu desencanto co galeguismo.

Obra narrativa

De marcado carácter intelectual e de acordo co seu pensamento filosófico. Da súa etapa pre-galeguista é Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919), que secaracteriza polo exotismo, esoterismo e a falta de elementos galegos. Logo escribiu unha seriede relatos que teñen en comun a vinculación á cultura tradicional e un cometido didáctico-ideolóxico: A velliña vella(1924), O lobo da xente(1925), A trabe de ouro e a trabe de alquitrán(1925) e A Coutada(1926). As últimas novelas caracterízanse pola sátira e polo escepticismo: Os europeos enAbrantes(1927), e a súa obra cume, O porco de pé(1928), centrada na sátira a un personaxe,Don Celidonio, onde fai unha parodia da ideoloxía e os usos sociais do mundo urbano galego dosanos 20 e 30. Nesta novela destaca o prodixioso exercicio de linguaxe e a novidade narrativa.

RAMÓN OTERO PEDRAYO (Ourense 1888-Trasalba 1976)

É unha figura clave nos diferentes fitos da nosa recuperación cultural e da articulación donacionalismo no século XX: como membro do Grupo Nós, como político nacionalista, comopresidente da Ed. Galaxia, e como o escritor máis prolífico e plural da nosa literatura.

Obra narrativa

1- Narracións histórico-realistas:Forman un núcleo homoxéneo: teñen como marco a Galicia rural da 2ª metade do s. XIXe interpretan o proceso de decadencia da fidalguía e os cambios que se están a producirnas estructuras da sociedade tradicional galega. Nesta liña están Pantelas, home libre(1925), Os camiños da vida (1926), que é o cume da súa narrativa, Contos do camiño eda rúa(1932) e O señorito da Reboraina (1960)

2- Narracións histórico-culturalistas.

O historicismo e a evocación cultural importan máis que a acción novelesca: A romaríade Xelmírez (1934) e Fra Vernero (1934).

Page 7: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

3- Narrativa psicolóxica, introspectiva.A trama xira arredor do conflicto interior dos protagonistas. Son moi frecuentes asreferencias culturais: Escrito na néboa(1927) Arredor de si (1930), a outra novela clavede Otero, e Devalar (1935).

Temas recorrentes da súa narrativa

- A tradición, vista como conformación da cultura espiritual do pobo- A fidalguía, que simboliza a vida tradicional e sosegada da aldea, é atacada pola súa

deserción e o éxodo cara á cidade.- A paisaxe: motivo fundamental na súa narrativa, aparece dotada de vida, como un personaxe

máis.

O ensaio

O ensaio máis importante é Ensaio histórico sobre a cultura galega (1933), que é unhasíntese do desenrolo cultural e histórico de Galicia, desde a prehistoria ata comezos do séculoXX. Ten tamén ensaios de xeografía, de viaxes (Pelerinaxes; Polos vieiros da saudade) esemblanzas biográficas. 4

TEMA 3: A LITERATURA NA ÉPOCA NÓS (II)

ALFONSO RODRÍGUEZ CASTELAO ( Rianxo 1886- Buenos Aires 1950) Castelao acadou unha consideración case mítica na historia da cultura galega. Dotadodunha sensibilidade singular, extraordinario debuxante e literato orixinal, foi un profundocoñecedor da psicoloxía do pobo galego, feito reflectido na súa obra enchida de comprensión ehumanidade. Nado nunha familia mariñeira e coñecedor da vivencia da emigración, participou nasIrmandades da Fala, colaborou activamente co Grupo Nós e tivo un destacadísimo papel na vidapolítica galega, mesmo nos anos do exilio.

Obra Aínda que coetáneo do Grupo Nós e estreitamente vencellado a eles, Castelao presentacaracterísticas singulares que o afastan do grupo: procedencia social máis popular, literaturamáis próxima ao pobo galego (lonxe do culturalismo) e actividade política fiel ao compromiso copobo. Ademais da obra propiamente literaria, Castelao destaca pola súa obra pictórica (Cousasda vida; Cincuenta homes por dez reás, Debuxos de negros...) e polos numerosos artigos escritose conferencias dictadas.Narrativa Un ollo de vidro (1922). Subtitulada “Memorias dun esquelete”, son secuencias narrativascun narrador común, un esqueleto que refire sucesos da súa vida e da vida no cemiterio. Atemática de ultratumba, o humor negro e a crítica ao caciquismo son fundamentais nesta obra. Cousas(1926). Conxunto de prosas con ilustracións que constitúen a fórmula literaria máisorixinal e característica de Castelao. Cada cousa desenvolve asuntos de temática variada, de

Page 8: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

ambiente mariñeiro e labrego ás veces, de personaxes populares case sempre. Moitas teñen uncarácter máis lírico que narrativo. Destaca normalmente o final moi traballado. Retrincos (1934) Son 5 contos de carácter autobigráfico. “O segredo” e “O inglés” estánambientados na Pampa arxentina; “Peito de lobo” relata unha anécdota da súa época deestudiante; “O retrato” trata un caso de cando deixara de exercer a Medicina; “Sabela é da súaépoca de deputado. Os dous de sempre (1934). É a súa única novela. Consiste na sucesión de relatos quegardan unidade entre si pola referencia a dous protagonistas: Pedriño e Rañolas. Ten aestructura dunha novela picaresca, cun narrador omnisciente que nos conta en 44 capítulosilustrados a biografía paralela dos personaxes, amigos desde a infancia, que seguen camiñosdiverxentes.

Características da súa prosa a) Temática: - soe reflectir a vida do pobo: pesares, ledicias e actitudes dos labregos e mariñeiros. - nova visión do paisano galego, que aparece dignificado. - temas recorrentes, como a morte, a emigración e a cultura popular.

b) Técnicas: - usa rasgos esenciais que denotan o fundamental da historia e o resto queda suxerido ( como nos debuxos). - utiliza recursos realistas (papeis atopados, relato autobiográfico...) - o desenlace remata a miúdo cun epifonema (exclamación ou meditación profundas). Outras características da súa obra son a riqueza léxica, o humorismo e o lirismo.

O ensaio Sempre en Galiza (1944), que consta dun prólogo, titulado Adro ( onde Castelao comparaa realidade cotiá extremeña coa realidade galega) e 4 libros que tratan sobre a causa galeguistae a defensa de Galicia contra o modelo centralista de Estado que a República herdara daMonarquía.

RAFAEL DIESTE ( Rianxo 1899-1981)

Destacado xornalista, na súa obra narrativa en galego destaca Dos arquivos do trasno(1926), conxunto de 20 relatos que xiran arredor de dous eixos temáticos: a) A psicoloxía:

Dieste retrata en historias diferentes a psicoloxía do galego, por medio dosseus comportamentos e reaccións: o carácter inxel, o espírito emprendedore nostálxico, o orgullo e o amor propio...O ambiente mariñeiro e a rexa dignidade dos personaxes, xunto co ritmo(obsesión-suspense-remate sintético) conforman a unidade estética destescontos.

b) As experiencias extraordinarias:

Noutros contos aparece un verniz máxico e misterioso, pero manténdosedentro da percepción racionalista do mundo. Estes relatos teñen un finalaberto e sorprendente.

Page 9: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

Nota para os temas 2 e 3

Da obra teatral de Risco (O bufón de El-Rei, 1928), Otero Pedrayo (A lagarada,1929), Castelao(os vellos non deben de namorarse,1941) e Dieste (A fiestra baldeira, l927) falaremos no tema11.

6

TEMA 4: A LITERATURA GALEGA NO EXILIO

A represión iniciada na Guerra Civil, obrigou a boa parte dos intelectuais galegos ao exilio.O centro da actividade literaria galega trasladouse a México e, sobre todo, a Bos Aires, onde osescritores exiliados entraron en contacto cos que emigraran anteriormente e impulsaron aproducción editorial e a continuidade do discurso literario en lingua galega

A POESÍA

É o xénero máis cultivado, sendo a vertente social e política a dirección máis frecuente:

Page 10: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

Emilio Pita (1909-1981). É autor de Jacobusland (1942) obra na que pon de relevo atraxedia da Guerra Civil en Galicia, pero onde tamén ten cabida o lirismo esteticista. Lorenzo Varela.(1917-1978). Autor de Catro poemas para catro gravados(1944),obra na que exalta figuras míticas da historia galega (María Pita, Roi Xordo...) e Lonxe (1954),que contén poemas centrados nas consecuencias da guerra civil e poemas tinguidos polasaudade. Luís Seoane (1910-1979). A súa obra poética iníciase con Fardel do eisiliado(1952), libro de corte socialrealista, no que desde un punto de vista moi persoal canta a epopeaanónima da emigración galega. Posteriormente publica Na brétema, Sant-Iago (1956) e Ascicatrices (1959).

A NARRATIVA

Ramón Valenzuela (1912-1980). Publica Non agardei por ninguén (1957), novelaambientada nos anos da Guerra Civil. O protagonista é un fidalgo galeguista republicano. Silvio Santiago (1903-1974). Escribe no exilio caraqueño Vilardevós (196l), novelade intención realista e crítica, escrita con sinxeleza técnica. Posterioremente publicou O silencioredimido (1976), novela de corte autobiográfico.

O TEATRO

Destaca o labor de Daniel Varela Buxán, quen creou en 1938 a Compañía de teatro“Maruxa Villanueva” (nome da destacada actriz coa que casaría despois), coa que estreou obraspropias (Pola nosa culpa; Taberna sen dono) . Lugar especial ocupa a primeira representación de Os vellos non deben de namorarse , deCastelao, levada a cabo pola devandita Compañía, en 1941 en Bos Aires. Segundo Castelao, éunha obra imaxinada por un pintor e non por un literato, na que desempeñan un papelfundamental os artificios escenográficos, a iluminación, a cor , o vestiario e as máscaras. Nesta obra, inzada de elementos simétricos, e en clave de farsa, repítese en cada un dostres lances, o motivo do vello namorado dunha moza. Tamén aparece un mozo rival do vello, amorte que advirte dos riscos de namorarse de vello e outros personaxes que teñen unha funciónsemellante á do coro da traxedia clásica. A obra remata cun epìlogo no que os tres vellos seencontran no cemiterio despois de mortos láiandose do seu imprudente namoramento.

TEMA 5 : A POESÍA GALEGA DE POSGUERRA : Grupos de poetas

O silencio que seguiu á sublevación do 36 reompeuno en Galicia Aquilino Iglesia Alvariño,coa publicación de Cómaros verdes (1947). A partir de aquí, a literatura galega experimentará unlento rexurdir.

Page 11: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

A censura trouxo como consecuencia que 3 xeracións de poetas se dean a coñecer nomesmo período, posto que os máis vellos deben gardar silencio ou escribir en castelán.

A XERACIÓN DO 36

Nesta primeira xeración de posguerra atopamos unha serie de poetas caracterizados por:- Nados entre 1910 e 1920 e marcados pola Guerra Civil, a maioría proveñen da pequena

burguesía e moitos non publican ata os anos 50 e 60.- Inicialmente seguen á Xeración Nós e á do 25, pero pronto se distancian dos seus mestres.

As direccións poéticas que seguen son moi diversas: Neotrobadorismo, movemento anterior á guerra, que continúa a súa tradición conÁlvaro Cunqueiro (Dona de corpo delgado, 1950) e Álvarez Blázquez. Paisaxismo, no que se fan evocacións da Galicia campesiña, coa paisaxe comoprotagonista. Destaca Aquilino Iglesia con Cómaros verdes (1947), onde a súa terra natal (Abadín) eArousa son descritas cun vocabulario rico e preciso, salientando a dureza dos traballos doslabradores e a soidade humana. En Xosé Mª Díaz Castro (Nimbos, 1961), a paisaxe aparece humanizada e tinguida derelixiosidade. Socialrealismo, inicio da poesía social en Galicia, ten o seu principalrepresentante en Celso Emilio Ferreiro. En O soño sulagado(1954) predomina o ton intimista econfesional, pero xa aparecen os primeiros poemas de crítica social. Con Longa noite de pedra(1962) Celso Emilio Ferreiro acadou o cume da poesía social ao mostrarse solidario cosoprimidos de calquera latitude (universalismo) e denunciar o fascismo, a emigración, a inxustizaou a guerra. Outras obras son Viaxe ao país dos ananos (1968), no que critica duramente aosemigrantes explotadores, e Onde o mundo se chama Celanova (1975), de corte intimista eamoroso. Intimismo, continuador da tradición do século XIX, ten en María Mariño e as súasobras Palabra no tempo (1963) e Verba que comeza (1990, póstuma) a expresión máis radical eanguriada.

Ademais outros poetas e mesmo algúns dos citados seguen a tradición hilozoísta ouinauguran a liña clasicista dentro da poesía galega.

A PROMOCIÓN DE ENLACE

A segunda xeración de posguerra caracterízase por: - Poetas nados entre 1920 e 1930, que tamén comezan a publicar nos anos 50, - Comezan escribindo en castelán, coa influencia do 27 español. - O ton intimista é unha característica común, aínda que con mundos persoais diferentes Os autores principais son: Antón Tovar, Manuel Cuña Novás (Fabulario Novo, 1952) eespecialmente, Luz Pozo Garza (O paxaro na boca,1952), poeta que chega á súa madurezapoética con obras posteriores, sobresaíndo Códice Calixtino (1986).

Page 12: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

A XERACIÓN DOS 50 ( ou das Festas Minervais)

A terceira xeración da poesía galega de posguerra ten en común:- Son autores nados entre 1930 e 1940, que se educan na época máis dura da dictadura

franquista e cursan estudios universitarios.- Coinciden en Santiago arredor de tertulias, publicacións (La Noche), certames literarios e

actos culturais e políticos.- Seguen o existencialismo da esquerda francesa e a tradición republicana, laica e nacionalista

galega. Dentro desta Xeración salientamos a formación do grupo “Brais Pinto”, constituído enMadrid en 1958 por universitarios que pretenden poñer ao día a cultura galega.

Autores e liñas poéticas

Escola da Tebra, que ten como antecedente a Cuña Novás e supón unhaadaptación do surrealismo ao espacio cultural galego, cunha forte carga de acedume e anguria:Manuel María (Muiñeiro de brétemas,1950), Méndez Ferrín (Voce na néboa, 1957).

Socialrealismo, presente xa en Documentos persoais (1958), de Manuel María,está influído pola obra de C.E.Ferreiro e representado por Méndez Ferrín (Antoloxíapopular,1972) e por poemas de Xohana Torres e Uxío Novoneyra. Os temas máis recorrentes sona emigración, a vindicación patriótica e o antiimperialismo.

Paisaxismo, liña tratada de xeito moi orixinal, aínda que con estilos diferenciados Uxío Novoneyra destaca con Os eidos (1955), obra na que a paisaxe está contempladadesde unha perspectiva case mística, de fusión coa natureza. A expresión condensada e abrevidade procuran reflectir a natureza espida do Courel. Uxío emprega recursos lingüísticossimbólicos (o fonosimbolismo) que entroncan coa tradición popular galega. Manuel María segue a liña paisaxística en Terra Chá (1954), no que canta á súa terra natal,mentres que Bernardino Graña recrea o mundo do mar desde unha actitude vitalista en Profecíado mar (1966).

Destacar por último a Xohana Torres (Do sulco, l954; Estacións ao mar,1980), SalvadorGarcía Bodaño.(Tempo de Compostela,1978) e Antón Avilés de Taramancos (Poemas daausencia,1963; Cantos caucanos,1985; Última fuxida a Harar, 1992), poeta a quen se lle adicouo día das Letras Galegas 2003.

Page 13: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

TEMA 6: A NARRATIVA GALEGA DE POSGUERRA

A Guerra Civil, que puxo fin a unha etapa cultural brillante na nosa literatura, tamén afectou á narrativa, quenon reaparece ata a publicación de A Xente da Barreira ( 1951), novela de Carballo Calero centrada no tema dafidalguía. En 1950 créase a Editorial Galaxia. Os verdadeiros impulsores do proxecto, Ramón Piñeiro, Fernández delRiego e García Sabell van orientar o seu labor nas seguintes direccións:- Recuperar a ligazón coa tradición cultural de preguerra (Otero, Cabanillas).- Reintegrar á cultura galega autores que optaran polo silencio (Fole, Cunqueiro)- Reivindicar a validez do galego como vehículo de alta cultura.- Incorporar as novas xeracións ao labor galeguista (Xohana Torres, M.Ferrín)

AUTORES FUNDAMENTAIS. PRINCIPAIS LIÑAS TEMÁTICAS

O realismo popular

Caracterizado pola ambientación rural, o marcado dialectalismo lingüístico, a sinxelezaargumental e o humorismo, ten como iniciador nos anos 50 a Ánxel Fole. Fole publica en 1953 Á lus do candil, conxunto de 14 relatos narrados en 1ª persoa,seguindo as técnicas do contacontos. Fole recorre ao amplo repertorio da mitoloxía popular parareelaborar lendas de lobos, aparecidos, meigallos... Outras obras de Fole son Terra brava(1955) e Contos da néboa(1975).

O realismo máxico

Asociado a Álvaro Cunqueiro, no conxunto da súa obra hai unha serie de trazos comúnsque o converten no escritor galego dotado dun mundo literario máis persoal:

- Disgregación da novela, construída a base de relatos que se acumulan. .- Predominancia da oralidade no estilo. O modelo estilístico é o conto de tradición folclórica,

reforzado pola lingua chea de arcaísmos e dialectalismos.- Entrecruzamento do extraordinario co cotián. A mestura de realidade e fantasía, de

personaxes populares e personaxes míticos é frecuente. A 1ª obra de Cunqueiro é Merlín e familia (1955), onde retoma personaxes de lendasmedievais bretonas, pero instalados en Galicia, na terra de Miranda. Outras novelas son Ascrónicas do Sochantre (1956) e Se o vello Sinbad volvese ás illas (1961). Escola de menciñeiros (1960), Xente de aquí e de acolá (1971) e Os outros feirantes(1979) son pequenos relatos, semblanzas de personaxes galegos, reais ou imaxinarios, cheos defantasía e de humor, nos que as técnicas de oralidade son frecuentes.

O realismo social

Ten a Eduardo Blanco Amor como máximo expoñente, quen alcanzou os máis altoscumes da literatura galega con 3 obras ambientadas no seu Ourense natal: A esmorga (1959), obra emblemática da literatura galega, iníciase cunha “Documentación”onde un narrador primeiro explica cómo chegou a obter información do que se relata a seguir: ossucesos ocorridos durante un día de esmorga ao Castizo, ao Bocas e ao Milhomes e o seu tráxico

Page 14: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

desenlace. Novela de múltiples lecturas e interpretacións, destaca pola continuada crítica social,pola novidade temática (ambientación urbana e marxinal), polas novidades técnicas ( o fíotelefónico), pola innovación lingüística e polos elementos simbólicos (a chuvia). Os biosbardos (1962) son 7 relatos breves que presentan como trazos comúns: a narraciónen 1ª persoa, a protagonización adolescente, a ambientación urbana e a localización temporal(principios do s. XX). Xente ao lonxe (1972) é unha novela de acción complexa, que trata da evolución dosocialismo en Ourense e provincia a comezos do s. XX, pero tamén é a crónica da familia Vilar,desde o nacemento do derradeiro dos fillos ata a inminente morte do pai. Nesta novela conflúenvarias voces narradoras, que proporcionan enfoques diferentes da realidade, e multitude depersonaxes.

O socio-costumismo

Representado por Xosé Neira Vilas quen, desde o realismo crítico, reflicte os temas davida do neno rural e da emigración. Memorias dun neno labrego (1961) é unha novela de estructura moi sinxela que afonda nosubdesenvolvemento dun grupo de xentes aldeás. Cartas a Lelo(1971) e Aqueles anos doMoncho (1977) comparten coa anterior o protagonismo infantil. En Xente no rodicio (1965) o protagonismo adulto aparece nunha sociedade campesiñacondenada á emigración e á autodestrucción. Tanto pola temática como polas técnicasnarrativas, esta obra insírese dentro da Nova Narrativa. Camiño bretemoso (1967) e Historias de emigrantes (1968) céntranse na visión dosproblemas xerados pola emigración forzosa.

A NOVA NARRATIVA GALEGA

Incluímos dentro da Nova Narrativa Galega un conxunto de autores novos, de formaciónuniversitaria que, entre 1954 e 1970, levan a cabo un tipo de narración renovadora e mesmoexperimental, incorporando ás nosas letras modelos e procedementos técnicos da literaturauniversal, como a influencia de Joyce, Kafka, Faulkner ou Camus.Característicasa) Na temática:- Tratamento de aspectos políticos e sociais en clave simbólica: a emigración ou o

despoboamento rural son tratados de forma subxectiva.- Os personaxes son seres sen biografía, sen nome (as veces sinalados por unha inicial),

alienados e violentos.- Creación de mundos absurdos e angustiosos (soños e pesadelos, loucura)- Os temas edípicos, o regreso á infancia e a morte como “leimotiv”. b) Nas técnicas:- O monólogo interior (discurso non pronunciado que discorre no pensamento do personaxe de

forma caótica)- Reixetamento da cronoloxía lineal (analepses, prolepses, contrapuntos...)- No punto de vista, rexeitamento da omnisciencia e preferencia do eu protagonista, do eu

testemuña ou dos modos dramático e cinematográfico.- Técnica do ollo cinematográfico ( o narrador é como o obxectivo dunha cámara de cinema).Autores e obras

Page 15: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

Aínda que con estéticas moi diferentes, podemos encadrar as seguintes obras dentro daNova Narrativa: Gonzalo R. Mourullo: Nasce un árbore(1954) e Memorias de Tains(1956), obra clavedeste movemento, onde baixo a forma de cartas amosásenos un mundo arrepiante, cunspersonaxes movidos por un destino tráxico pechados nun clima de anguria. X.L.Méndez Ferrín: Percival e outras historias(1958), O crepúsculo e as formigas (1961)e Arrabaldo do norte (1964). (vid. Libro, páx 279). Carlos Casares: Vento ferido (1967) e Cambio en tres(1969). (vid. Libro, páx. 282) M.Xosé Queizán: A orella no buraco (1965). Camilo Gonsar: Lonxe de nós e dentro (1961). Xohán Casal: O camiño de abaixo (l970, póstuma). Xohana Torres: Adiós, María (1970).

TEMA 7: O TEATRO GALEGO DO SÉCULO XX.

O inicio da historia contemporánea do teatro galego sitúase na estrea do drama A fonte do xuramento(1882), de Francisco María de la Iglesia. As obras inmediatamente posteriores (Pedro Madruga, de X. Cuveiro Piñolou A ponte(1903), de Lugrís Freire, primeira obra dramática do s.XX ) non aportan avances.

O TEATRO NO TEMPO DAS IRMANDADES

A partir de 1916, gracias ao labor das Irmandades da Fala, o teatro galego experimenta unsalto cualitativo e cuantitativo importante, xa que para as Irmandades era considerado como aarma de maior eficacia para a propaganda lingüística e para a educación das masas. En 1919 fundan O Conservatorio Nacional de Arte Dramática, que entre 1923 e 1926 sedenominou Escola Dramática Galega e tivo unha intensa actividade. No teatro desta época podemos sinalar dúas tendencias: - unha actitude conservadora en termos estéticos, baseada no costumismo humorístico,

con autores como Xavier Prado “Lameiro”, e Euxenio Charlón.

- unha actitude renovadora, que intenta crear un teatro culto e moderno, superador docostumismo e do ruralismo, na que destacan:

Cotarelo Valledor: Trebón(1922), de temática labrega; Hostia (1926), detemática histórica, e Beiramar (1931), de temática mariñeira eRamón Cabanillas, quen publicou A man de Santiña (1921), que foi aprimeira obra posta en escena polo Conservatorio en 1919. Ademais écoautor, xunto con Villar Ponte, da obra O Mariscal (1926), dramaromántico en verso sobre a figura de Pardo de Cela.

Dentro desta época salientamos o labor dos membros do Grupo Nós:

Vicente Risco: O bufón de El-Rei (1928), drama que se desenvolve na épocamedieval, e na que fai unha reflexión sobre a relación entre a deformidade física e a deformaciónmoral. Otero Pedrayo: A lagarada (1929), traxedia que supuxo un paso de xigante nadramaturxia galega ao introducir digresións líricas e elementos fantásticos. Na posguerra volve ádramaturxia con O desengano do prioiro (1952), Rosalía (1959) e Teatro de máscara (1971.)

Page 16: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

Por último sinalar a figura de Rafael Dieste, autor de A fiestra baldeira (1927), obra deambientación mariñeira en clave simbólica.

A POSGUERRA

Nos 30 primeiros anos da dictadura a penas houbo teatro galego; o que se escribiu naposguerra xeralmente non chegou ás táboas ou se reduciu ao teatro de cámara, e non por faltade textos interesantes. Destacamos: Álvaro Cunqueiro: O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1958), querecrea a historia de Hamlet; A noite vai coma un río (1960); Función de Romeo e Xulieta... X. L. Franco Grande: Vieiro choído (1957). Xohana Torres: A outra banda do Iberr (1965), Un hotel de primeira sobre o río(1966).

OS ANOS 70 ( o teatro independente) As circunstancias socioeconómicas dos anos 60 propiciaron o rexurdimento das actividadesdramáticas. Nesta literatura dramática impera o compromiso político e social coa realidade dopaís. En 1965 nace o primeiro grupo de Teatro Independente, “Teatro Circo”, fundado e dirixidopor Manuel Lourenzo, coa intención de rescatar o teatro das salas convencionais e achegalo aopobo. En 1973, a Agrupación Cultural Abrente, de Ribadavia, convoca a I Mostra de TeatroGalego, que se transformou en punto de encontro e da que saen autores destacados: Manuel Lourenzo, que recrea mitos da traxedia grega en Traxicomedia do vento deTebas namorado dunha forca (1978) ou Electra (1994). Nas súas últimas obras destaca Veladasindecentes (1996). Euloxio Ruibal, que conxuga as tendencias das vangardas europeas coa tradicióngalega, en Zardigot (1973) e O cabodano (1975). Roberto Vidal Bolaño, dedicado en exclusividade ao teatro, autor de Laudamuco,señor de ningures (1976); Bailadela da morte ditosa(1980) ou Saxo tenor (1991).

Á marxe destes autores, nos anos 70 temos a producción dramática de: Carballo Calero: Catro pezas (1971). E. Blanco Amor quen, nas súas obras Farsas para títeres (1973) e Teatro para axente (1974), mostra un pulo renovador, un tanto afastado do teatro galego tradicional e máis enconsonancia coa producción dramática de Valle Inclán ou Lorca.

Page 17: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

TEMA 8: OS MODELOS NARRATIVOS DE FINAIS DO S. XX A partir dos 70 ábrese un novo período na narrativa, caracterizado polo abandono progresivo doexperimentalismo da NNG, que necesitaba unha grande complicidade por parte do lector. A aparición de diferentes e importantes premios de narrativa (o “Pedrón de Ouro” en 1976, o Blanco Amor en1981, o Xerais en 1984...) propicia a aparición de novos valores e a diversificación de estilos e xéneros: realismo,novela urbana, de aventuras, fantástica, negra, terror, erótica...) Podemos diferenciar, sen un criterio claro nin unitario, distintos grupos que en moitos casos coinciden notempo de produción.1) Narradores que comezaron nos 60 coa NNG e continúan o seu laboractualmente.

- Xosé Luís MÉNDEZ FERRÍN:Autor dunha narrativa de fonda dimensión estética e conceptual, os eixos do seu mundo narrativoson o misterio e a violencia, o simbolismo, o lirismo e a nostalxia. Estes elementos literaturizadosmediante unha sintaxe fortemente expresiva e unha creación lingüística moi persoal, xeran unhaobra de recoñecida singularidade nas nosas letras. Podemos constatar, polo menos, tres etapas:a) De 1958 a 1964. Coincidiría coas obras incluídas na Nova Narrativa Galega, influenciadas

pola literatura europea e americana: Percival e outras historias(1958); O crepúsculo e asformigas(1961) e Arrabaldo do norte (1964)

b) De 1971 a 1980, a súa narrativa caracterízase por unha maior riqueza temática, a influenciade Borges e Cortázar e a omnipresencia da preocupación política: Retorno a Tagen Ata(1971); Elipsis e outras sombras(1974), Antón e os inocentes(1976), Crónica de Nós(1980)

c) De 1982 a 1987, céntrase na fantasía e nas recreacións míticas, coa influencia de Tolkien,Ende e Cunqueiro: Amor de Artur(1982) Arnoia, Arnoia (1985),Bretaña, Esmeraldina (1987)

As súas últimas novelas son Arraianos(1991) e No ventre do silencio (1999).

Page 18: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

- Carlos CASARES:A narrativa de Casares revela unha considerable capacidade inventiva, asentada sempre ensupostos realistas. Cidades e vilas galegas forman o marco referencial das súas obras e a logradacaracterización de personaxes e ambientes proporciona unha gran verosimilitude As primeiras obras , máis vangardistas e innovadoras están centradas na recreación dasúa infancia e mocidade, marcadas polo universo espiritual e físico da posguerra: Vento ferido(1967); Cambio en tres(1969) incluídas na NNG ambas as dúas, e Xoguetes para un tempoprohibido(1975) Posteriormente hai un distanciamento biográfico para centrarse en épocas e figurasconcretas: Os escuros soños de Clío(1979); Ilustrísima (1980); Os mortos daquel verán(1987); Osol do verán(2002)

- María X. QUEIZÁNAutora dunha narrativa que aborda problemáticas sociais diversas desde unha perspectivaprogresista e feminista: Amantia(1984), que proxecta a ideoloxía feminista na Galicia dos s. IV eV.A semellanza (1988), que trata os temas da homosexualidade e da transexualidade; Amor detango(1992); Ten o seu punto a fresca rosa(2000) ambientadas en Vigo e con protagonismofeminino e ¡Sentinela, alerta!(2002), relatos centrados nos temas da tortura e malos tratos.

2) Escritores que inician o seu traballo nos anos 70 Seguen diversas tendencias e estilos: narrativa histórica, realismo sociolóxico, narrativa dexénero, narrativa experimental. Destacamos: Paco Martín: Muxicas no espello; Dende a muralla. Xavier Alcalá: A nosa cinza; Fábula Víctor F. Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia; O enxoval da noiva. X. Fdez Ferreiro: A saga dun afiador; A ceo aberto; Agosto do 36; Millo verde Martínez Oca: A fuxida; Beiramar

TEMA 9 : TENDENCIAS ACTUAIS DA LÍRICA, DA NARRATIVA, DA DRAMÁTICA EDA ENSAÍSTICA

A LÍRICA Na primeira metade dos 70 temos os chamados “Novísimos da poesía galega”, herdeirosda tradición socialrealista, que escriben unha poesía fortemente ideoloxizada, con presencia detemas como a lingua, a opresión nacional, as liberdades... e que non aportan nada novo desde opunto de vista formal, aínda que algúns seguen publicando posteriormente: Darío Xohán Cabana,Margarita Ledo, Fiz Vergara.,Segunda metade dos 70

Dáse a gran renovación da poesía galega, co abandono dos modelos socialrealistas.Destacan nestes anos:- A publicación de Con pólvora e magnolias (1976), de Méndez Ferrín, conxunto de poemas

nos que se alía a poesía revolucionaria (a pólvora) co lirismo persoal e o luxo estético (asmagnolias). Son frecuentes as referencias culturais: o celtismo, a poesía medieval, omovemento beat... e as innovacións lingüísticas.

- O Grupo poético Cravo Fondo, enmarcado nunha liña intimista e lírica, que derivará nunhatendencia ao cultismo e ao clasicismo (Ramiro Fonte, Xulio Valcárcel, Xavier R.Barrio).

Page 19: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

- O Grupo poético Alén, caracterizado pola renovación estética e lingüística (Miguel Mato,Francisco Salinas, X. R. Pena).

- O Grupo poético Rompente, que reacciona bruscamente ante toda a poesía anterior, cunhatemática na que se inclúe o medio urbano galego e a asimilación das vangardas: AntónReixa, Avendaño e Alfonso Pexegueiro, autor de Seraogna (1976), obra rupturista de grandeimportancia.

Principios dos 80

A renovación poética consolídase coa irrupción de novas voces caracterizadas polo afánculturalista, o esteticismo, o experimentalismo formal e a preferencia polos espacios urbanos. Algúns críticos distribúen os poetas destes anos en dous grupos, os poetas de Vigo (VíctorVaqueiro, Xavier R. Baixeras, X.M Álvarez Cáccamo) e os poetas do grupo coruñés (Xavier Seoane,Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Lois Pereiro, Fernán Vello, Lino Braxe ), aínda que pertencen axeracións diferentes e teñen comportamentos poéticos desiguais.

Década dos 90

Seguen publicando os poetas anteriores e aparecen outros escritores novos que, senformaren escola, amosan unha actitude dinamizadora, tratando temas eternos (amor, vida,morte) de forma anovadora, cun uso esmerado da linguaxe (menos barroca, pero nondescoidada) á procura dun lector apaixonado e sensible. Abordan temas sociais desdesensibilidades alternativas (antimilitarismo, feminismo, ecoloxismo...). Autores destacados destes últimos anos son Fran Alonso, Miro Villar, Rafa Villar, aínda queo máis destacado atopámolo na irrupción dun importante grupo de mulleres que, seguindocamiños diferentes, fan unha poesía singular: Chus Pato, Ana Romaní, Marta Dacosta, Olga Novoe Yolanda Castaño.

A NARRATIVA

A partir de 1985 entramos nunha etapa de maior diversificación temática e de crecementodo número de obras publicadas. No impulso da producción narrativa xoga un papel determinantea introducción do galego no ensino e a creación de novas editoriais (Sotelo Blanco, Positivas, IrIndo, Cumio...) ao lado das xa existentes (Galaxia, Do Castro, Xerais). Tamén hai un importanteaumento dos premios literarios.

Tendencias xerais da narrativa actual

- A narrativa de súbxenero : Aborda temas e estilos que non formaban parte da nosa tradición literaria: a novelanegra (Carlos Reigosa: Crime en Compostela; Aníbal Malvar: Un home que xaceu aquí), aciencia-ficción (Ramón Caride: Soños eléctricos), a novela erótica (Bieito Iglesias: Aventuraen Nassau), a novela de aventuras (Xosé Miranda: Morning Star), a novela sentimental(Suárez Abel: Sabor a ti).

Page 20: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

- A narrativa urbana: Dada a transformación da sociedade galega, os narradores senten a necesidade delevar á novela o mundo das cidades e os costumes da sociedade de consumo, empregando unhalinguaxe coloquial e un realismo case fotográfico ( Cid Cabido: Días contados; Xelís de Toro: Nonhai misericordia; Fran Alonso: Cemiterio de elefantes...)

- A narrativa histórica: Intenta recuperar aspectos esquecidos da historia de Galicia, mesturando o real coficticio. Un dos núcleos temáticos é o que xira en torno á Guerra Civil e á posguerra (ManuelRivas:O lapis do carpinteiro; Anxo Angueira: Pensa nao; Fernández Ferreiro: Agosto do 36...). Enocasións esta narrativa presenta un transfondo ideolóxico recreando a vida de personaxes queactúan como símbolos de Galicia (Darío X. Cabana: Galván en Saor ; Marica Campo: Confusión emorte de María Balteira; Manuel Rivas: En salvaxe compaña...)

Autores máis destacados dos últimos anos

- Suso de Toro, quen creou escola co emprego de linguaxe e escenarios marxinais.Nalgunhas obras están presentes o experimentalismo técnico, o humor, a parodia (Caixóndesastre; Polaroid; Tic-Tac; Círculo). Noutras segue un argumento máis convencional: Land Rover;Calzados Lola; Non volvas; Trece badaladas, pero mantendo sempre un estilo persoal. - Manuel Rivas, escritor que destaca pola sabia combinación de humor e lirismo na súanarrativa breve: Un millón de vacas; ¿Que me queres, amor?; As chamadas perdidas. Na súaprimeira novela, Os comedores de patacas, destaca a concepción de Galicia como unha sínteseentre o rural e o urbano. - Xosé Carlos Caneiro, probablemente o proxecto narrativo máis coherente e singular dos90, ten sido acollido con gran fervor crítico, pero con frialdade polos lectores, debido á súacomplexidade: O infortunio da soidade; Talvez melancolía; Ébora.

A DRAMÁTICA No ano 1984 créase o Centro Dramático Galego (CDG), que permite a recuperación de pezasclásicas de autores como Castelao, Dieste ou Pedrayo e o achegamento ao teatro universal, coaadaptación e traducción de autores estranxeiros. Ao mesmo tempo aparecen novas tendencias. Ao cambiar a situación política , o teatro nonvai ter o carácter belixerante da etapa anterior, senón que virará cara a novas tendencias como oculturalismo, o neorruralismo, o teatro histórico, o humor... Salientamos a Xeús Pisón(O pauto; Venenos) Raúl Dans (Matalobos, Lugar), Gustavo Pernas,Lino Braxe...

A ENSAÍSTICA.

Nos anos 70 dáse un auxe relativo do ensaio como medio de redefinición da realidade galega. Nadécada dos 80, conxúganse diferentes factores para explicar unha eclosión anteriormentedescoñecida do xénero: .- A aparición de diversas revistas de pensamento, cunha óptica moderna e regaleguizadora:Encrucilladas, revista de pensamento cristián; Festa da palabra silenciada, de orientaciónfeminista; Luzes de Galiza, ou A trabe de Ouro. .- A creación de coleccións específicas para o ensaio.

Page 21: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

.- A galeguización de certas esferas universitarias, que permitiu a formación de investigadores e odesenvolvemento de liñas de investigación en galego e sobre Galiza.

Orientacións do ensaio galego nas últimas décadas:

- O ensaio político e económico. Nesta tendencia hai que incluír a Paz Andrade, con obrascomo a completa biografía Castelao na luz e na sombra (1982); a Xosé Manuel BeirasTorrado, con obras como O atraso económico de Galicia (1972), que marca un fito paraentendermos a evolución do ensaio económico no noso país; a Ramón López Suevos e aCarlos Mella Villar con obras como A Galiza posible .

- O ensaio sociolingüístico. A figura de Ricardo Carballo Calero deixounos obras como Dafala e da escrita, Letras Galegas ou Do galego e da Galiza. Xesús Alonso Montero tamén tenvarios estudos sobre a lingua, entre os que podemos sinalar o Informe dramático sobre la lenguagallega, onde defende a tese da morte do idioma. Francisco Rodríguez Sánchez combate asideoloxías lesivas para o idioma no seu libro Conflicto lingüístico e ideoloxía. Esa mesma liña écontinuada por María Pilar García Negro, con libros como Sempre en galego. Nos últimos anosdestaca Manuel Portas, Lingua e sociedade na Galiza e Henrique Monteagudo, Historia social dalingua galega.

- O ensaio teolóxico e filosófico. Dentro deste movemento atopamos un grupo de ensaístaspreocupados pola pervivencia da inxustiza e convencido da necesidade dunha maioridentificación da Igrexa con Galiza. Impulsores dese cristianismo galeguista son Miguel AnxoAraúxo Iglesias, bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol entre 1970-85, Xosé Chao Rego eAndrés Torres Queiruga, autor de numerosos libros de Teoloxía e Filosofía da Relixión. Menosfortuna acadou nas nosas letras o ensaio filosófico, onde merece especial relevo a aportaciónde Antón Baamonde, que verque ao galego preocupacións sobre a crise do marxismo, as clavesda cultura posindustrial, etc.

- O ensaio antropolóxico. Neste ámbito destaca Marcial Gondar, que realizou variasaportacións sobre a rica realidade antropolóxica e etnográfica de Galiza, con libros comoRomeiros do Alén, Mulleres de mortos, Crítica da razón galega.

- O ensaio feminista. A análise da realidade galega a través da óptica feminista ten comoprecursora a Mª Xosé Queizán. Considerada figura destacada do movemento feminista galego,salienta o seu labor como coordenadora da revista “Festa da palabra silenciada”, é autora delibros como A muller en Galicia, Recuperemos as mans, Evidencias.

Xa en aspectos máis concretos como o papel das mulleres na economía galega, destaca Mª.Carme García Negro, e sobre a presenza das mulleres na literatura son básicos os traballos deCarmen Blanco, Literatura galega da muller ou Aurora Marco.

TEMA 1: O CONFLITO LINGÜÍSTICO

Page 22: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

A existencia de máis dunha comunidade idiomática no seo dos Estados a miúdo presenta unhassituacións de desequilibrio e desigualdade que poden ser:

-numérica: minoría / maioría -xurídica: prohibición,represión,eliminación/promoción, protección,defensa -de estatus: lingua particular /lingua oficial -de emprego: vida privada / vida pública . Esta desigualdade, causada por unhas relacións asimétricas no político, cultural eeconómico, cristaliza nun conflito lingüístico; o uso do idioma propio ou do idioma oficialconstitúe por si mesmo un signo de estratificación social, pois vai unido a cotas de renda, accesoá cultura ou manexo de poder diferentes en cada caso.

As porcentaxes que caracterizan cuantitativamente o conflicto varían dun lugar a outro,sendo o exemplo extremo o proporcionado por certos países africanos au asiáticos onde, sobre amultiplicidade de linguas e falas autóctonas, se coloca unha lingua dominante, forastera, á quesó teñen acceso as elites gobernantes, as minorías alfabetas, os profesionais urbanos... Outro tipo de conflicto é o que mantiñan ata hai pouco o inglés e o francés por acaparar afunción de lingua internacional. Tamén supón un conflicto lingüístico a tensión que manteñen ocastelán co catalán, éuscaro e galego nas funcións locais e institucionais.

A tensión lingüística é, por natureza, un proceso dinámico no que se producen constantesdeslocamentos e transicións. O devalar sociolingüístico en Galiza constitúe un exemploinmellorable das mudanzas funcionais e valorativas ás que se ven sometidas as linguas.

O conflicto lingüístico no que unha lingua ocupa a esfera de poder e a outra se converte nalingua dos subordinados a ese poder, trae como consecuencia necesariamente unha situación dediglosia, coa que se inicia un lento proceso de substitución lingüística: a lingua do poder,convertida en lingua dominante, comeza a invadir paulatinamente os ámbitos da linguaautóctona, que vai pasando a lingua dominada (minorizada)

Ante o conflicto lingüístico só hai dous posibles posicionamentos:- o uniformismo lingüístico, é dicir, o emprego dun único idioma para todo o territorio,

estado ou nación.- o ecoloxismo lingüístico, que consiste en que cada comunidade debe manter, conservar e

promocionar a súa propia lingua, establecendo unha segunda lingua exclusivamente para asrelacións internacionais.

O equilibrio lingüístico

O ideal de equilibrio lingüístico, defendido polos posicionamentos ecoloxistas, consiste enconseguir que todas e cada unha das linguas do mundo desempeñen no seu terrritorio atotalidade das funcións posibles que pode exercer un idioma. Para cumprir este obxectivo éimprescindible que os individuos falantes orixinarios se cultiven nesa lingua e os non falantesorixinarios se nativicen.

Page 23: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

TEMA 2 : LINGUA MINORITARIA E LINGUA MINORIZADA

As fronteiras lingüísticas rara vez coinciden coas fronteiras políticas. No mundo hai unhastres ou catro mil linguas e o número de Estados non chega aos douscentos. Isto quere dicir que agrande maioría dos estados debe enfrontar, no seu territorio unha realidade multilingüe. Existen poucos Estados lingüisticamente homoxéneos (Islandia, Litchenstein, San Marino...),o habitual é que os Estados sexan multilingües (España, Francia, Italia...). O plurilingüismo é onormal, o monolingüismo é o anormal. En certo modo imos cara a unha uniformización lingüística. Por exemplo, o inglés, oficial en44 Estados, idioma da diplomacia, da ciencia e da técnica, da comunicación... vai camiño deconverterse nunha especie de lingua franca internacional. Fronte a esta situación está a revitalización dos movementos nacionalistas que foxen dahomoxeneización cultural mundial, e buscan unha reafirmación da súa propia identidadelingüística.

Lingua minoritaria e lingua maioritaria

As etiquetas minoritaria e maioritaria só son aplicables en termos numéricos a unha linguasempre que se compare con outra nun territorio administrativo dado: - o español é minoritario en Europa, en EE UU ou en Galicia, pero maioritario en España. - o alemán é maioritario en Alemaña, pero minoritario en Bélxica, Francia ou Polonia. -o ruso é a lingua maioritaria de Europa, pero é minoritaria en Lituania ou Ucraína.

Unha lingua autóctona é minoritaria no seu territorio cando a porcentaxe de poboación quea usa é baixa, ben pola chegada de poboación foránea, ben por abandono do idioma por parte dogrupo que historicamente a empregou. Unha lingua é maioritaria cando a porcentaxe de poboación que a usa nun territorio é amáis elevada.

Lingua minorizada e lingua maiorizada

Unha lingua é minorizada cando, sendo maioritaria ou minoritaria no seu territoriohistórico, os seus usos sociais están supeditados aos usos sociais doutra lingua, normalmenteforánea. As lingua minorizadas non teñen recoñecemento oficial ou teñen a súa sobrevivenciaameazada pola competencia que sobre elas exercen esas linguas foráneas. A situación das linguas minorizadas non é homoxénea, dado que os factores que adeterminan non foron os mesmos en todos os casos:

- A particular historia do territorio onde se fala esa lingua- A política lingüística seguida polo Estado no que se atopa.- O carácter oral ou escrito desa lingua.- O grao de competencia lingüística e de reivindicación.

Unha lingua é maiorizada ou hexemónica cando, sendo maioritaria ou minoritaria no seuterritorio, ten uns usos plenos e as súas funcións sociais están garantidas (ensino, medios decomunicación, administración, xustiza, cultura...)

Page 24: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

Polo tanto danse catro tipos distintos: - linguas maioritarias maiorizadas: francés en Francia, grego en Grecia. - linguas maioritarias minorizadas: galego en Galicia, sardo en Sardeña. - linguas minoritarias maiorizadas: francés en Suíza, sueco en Finlandia. - linguas minoritarias minorizadas: albanés en Italia; grego en Albania.

Centrándonos no noso caso particular, o galego sería unha lingua maioritaria minorizada enGalicia; minoritaria minorizada en Asturias, e minoritaria no conxunto do Estado español. TEMA 3 : BILINGÜISMO E DIGLOSIA

Cando nunha comunidade conviven dúas lingua estamos ante o fenómeno de linguas encontacto, dentro do cal existen dúas posibilidades: bilingüismo e diglosia.

BILINGÜISMO

Entendemos por bilingüismo, a presencia de dous ou máis sistemas lingüísticos norepertorio dunha comunidade (bilingüismo social) ou ben a competencia de uso que unhaserie de falantes ten en dous ou máis sistemas lingüísticos (bilingüismo individual). O bilingüismo individual é, entón, a capacidade da persoa para comunicarse con facilidadesemellante en dúas ou máis linguas. En Galicia, onde existen dúas linguas (galego e castelán),poucos son capaces de comunicarse nas dúas con igual destreza, o que unido á valoración queos integrantes da comunidade das ás linguas, produce un desequilibrio que nos leva dunbilingüismo individual a un bilingüismo social. Este bilingüismo non é harmónico, polo tanto seríamáis axeitado falar de bilingüismo diglósico.

A DIGLOSIA

É a coexistencia conflictiva de dúas linguas nunha comunidade. Non se fundamenta nadiferencia lingüística, senón na diferencia de funcións. É dicir, unha das linguas goza de estimasocial e serve para todas as comunicacións posibles; a outra queda pechada no eido familiar eprecisa da primeira para as comunicacións socialmente máis valoradas.

En Galicia a diglosia vén condicionada por factores históricos que se remontan a finais daIdade Media coa chegada dunha clase dirixente foránea (nobreza castelá), portadora dun idiomaalleo ao conxunto da poboación galega, que se instala definitivamente no reinado dos ReisCatólicos. Aínda que ata o s. XIX o castelán só era empregado por unha porcentaxe moi reducidada poboación (clases máis altas), era a única lingua oficial a todos os efectos, ademais de ser alingua da escola, da igrexa e dos medios de comunicación. Esta situación perviviu durante boaparte do século XX e aínda actualmente se nota a súa pegada.

Os feitos anteriores fixeron que se asociase o castelán coa lingua da cidade, da cultura, dariqueza e do progreso. O galego asociouse negativamente como lingua de aldea, incultura epobreza, o que pode chegar a provocar o autoodio, sentimento que teñen aquelas persoas quese avergonzan da colectividade á que pertencen. Ademais, ao non gozar dos privilexios do castelán, o galego dialectalizouse, vulgarizouse e,sobre todo, castelanizouse durante cinco longos séculos.

En Galicia a diglosia está caracterizada polo emprego de códigos diferentes segundo:

Page 25: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

- Os ámbitos sociais de uso: o galego para os usos informais e o castelán para os usosformais e informais.

- Os contextos ou as situacións: en xeral, o galego no rural e o castelán no urbano.- Os interlocutores: emprego dunha ou outra lingua dependendo das relacións entre os

interlocutores (confianza, status social, sexo, idade...)

Aínda que nos últimos anos houbo unha revalorización teórica do galego, na práctica aíndaestá peor xa que se aprecia un decrecemento do seu uso nas xeracións máis novas que,curiosamente, son as que hoxe en día teñen un maior dominio do sistema por estar dentro dosplanos de estudio.

Como en toda situación de diglosia, en Galicia danse tres grupos lingüísticos posibles:

- Bilingües diglósicos: un amplo grupo que utiliza o galego normalmente, pero vai empregaro castelán nas relacións sociais máis elevadas.

- Monolingües en castelán: grupo minoritario que crece día a día, integrado por falantes daszonas urbanas e fillos de familias das zonas rurais.

- Monolingües en galego: composto por dous subgrupos :

- persoas de vellas xeracións e do mundo rural, que en moitos casos pasanao primeiro grupo debido ao proceso de urbanización e industrialización de Galicia,á alfabetización exclusiva en castelán e á introducción dos medios de comunicaciónno rural. - reducido grupo de diversos niveis socioculturais e zonas xeográficas, queadoptan o galego como primeira lingua ma busca da propia identidade e de acordocon conviccións galeguistas.

Page 26: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

TEMA 4: A DIVERSIDADE PLURILINGÜE DE ESPAÑA

A Constitución española establece que o castelán é a lingua oficial do estado, e que todos osespañois teñen o deber de coñecela e o dereito de usala. Os respectivos Estatutos de Autonomía establecen a oficialidade do catalán, do éuscaro e dogalego nos seus territorios. Porén, os cidadáns destas comunidades non teñen o deber de coñecer estaslinguas, só o dereito de coñecelas e usalas, o que establece un principio de desigualdade entre ocastelán e as outras linguas citadas. AS LINGUAS DO ESTADO ESPAÑOL - O ARAGONÉS: só é falado na metade norte da provincia de Huesca por unhas15.000 persoas, fundamentalmente nos vales pirenaicos. A súa sobrevivencia estágravisimamente ameazada ao non contar con protección nin recoñecemento oficial práctico.

- O ASTURIANO: esténdese pola Asturias central e occidental, o occidente de Cantabria, onorte de León e unha pequena zona de Zamora. Estase elaborando unha lingua estándar coasturiano central como base para os 360.000 falantes. O Estatuto de Autonomía declara a súaprotección e promoción, pero o seu uso é diglósico.

- O CASTELÁN: é a única lingua oficial de todo o Estado español. As cifras de falantes sonmoi conflitivas, xa que hai 8 millóns de cidadáns do Estado español que falan habitualmenteoutras linguas, polo que a cifra real andaría polos 32 millóns. Tamén é a lingua oficial dunha boa parte dos estados americanos, pero en absoluto élingua única de todos eles, xa que moitos destes cidadáns empregan linguas amerindias(quechua, nahuatl, maia, guaraní...)

- O CATALÁN: a comunidade lingüística catalá repártese en catro Estados: Francia (norte deCataluña), Italia (Alguer, en Sardeña), Andorra (onde é lingua oficial), e España (Cataluña, PaísValenciano, Baleares e parte de Aragón) e ten 7.000.000 de falantes.

Page 27: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

Ten unha tradición literaria de gran calidade, interrompida por un período de 3 séculos. En1977 recuperou o seu estatus de lingua oficial (cooficial co castelán) e iniciou o seu proceso denormalización. Actualmente goza de gran prestixio social e cultural, xa que é respaldada porsectores dun gran potencial económico. A súa minorización dáse en territorio francés e italiano.

- O ÉUSCARO: falado en Viscaia, Guipùzcoa, norte de Álava, norte de Navarra e parte do paìsvasco francés por 600.000 persoas, é cooficial na Comunidade Autónoma Vasca, en Navarra conlimitacións e non oficial na zona francesa. Na actualidade estase recuperando entre a xente nova gracias á política lingüística dogoberno autónomo.

- O GALEGO: Falado en Galicia, no occidente de Asturias (entre os ríos Eo e Navia), nooccidente do Bierzo leonés e en zonas limítrofes da provincia de Zamora por máis de 2.000.000de persoas(case 3 millóns se incluímos os emigrantes) . É lingua cooficial co castelán. (vid. Tema 7)

O catalán, o éuscaro e o galego, a pesar do recoñecemento legal e da súa presencia na vidapolítica, cultural e social das súas comunidades, seguen estando en desigualdade co castelán, e necesitanampliar a súa presenza e os eu prestixio na sociedade para corrixir o seu estado de minorización easegurar o seu futuro.

TEMA 5: O GALEGO ENTRE 1900 E 1936

No primeiro terzo do século XX dáse unha aceleración dos procesos sociolingüísticos, que xacomezaran no século anterior: medra a conciencia idiomática pero segue a castelanización da sociedade(clases medias e proletariado urbano) A sociedade galega no 1º terzo do século XX (vid. Libro, páx 56)

Situación lingüïstica e cultural

Destacamos o labor das Irmandades da Fala. A primeira Irmandade, impulsada porVillar Ponte foi fundada en A Coruña (1916). O obxectivo fundamental desta asociación era aexaltación e fomento da práctica social do idioma. En 1918, na Asamblea Nazonalista de Lugoaparece por primeira vez o termo nacionalista. En estreita relación está o xornal A Nosa Terra(1916-1936), que axuda a espallar as ideas nacionalistas. Grande importancia cultural ten o Grupo Nós, protagonistas da universalización eeuropeización da cultura galega e, por tanto, da súa lingua. A Revista Nós, fundada en 1920,axuda á difusión da cultura da época. O Seminario de Estudos Galegos creado en 1923 por un grupo de mozosuniversitarios, ten como obxectivo o estudio de todas as manifestacións da cultura galega. O Partido Galeguista é a primeira forza decididamente nacionalista na que se agrupanos colectivos galeguistas que non tiñan cohesión no país. O P.G. considera a lingua como un dostrazos individualizadores máis importantes de Galiza e expresa a súa intención de defendela econtribuír á súa expansión e dignificación social, que culminará coa inserción no Estatuto de

Page 28: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

Autonomía dun artigo no que se recoñecía a cooficialidade do galego e castelán naAdministración e se admitía un ensino bilingüe nas escolas primarias.

Por outra banda, a toma de contacto co galego medieval, pola publicación das cantigas eoutros documentos, provocou unha grande conmoción no galego literario, que vai recuperarmoito léxico. Tamén vai aparecer unha liña de achegamento ao portugués para restaurar formas que afala popular perdera pola presión do castelán. Non obstante o afán de purificación da lingua levou á inclusión na literatura de numerososarcaísmos, hipergaleguismos e invencións.

A lingua na sociedade do momento

Resulta evidente a recuperación do galego nesta fase do século. A lingua avanza nos usosculturais (literarios e científicos), mais a situación da lingua no conxunto da sociedade segue aestar moi lonxe do ideal abrigado polo galeguismo. As publicacións seguen sendo maioritariamente en español, xa que a maior parte dapoboación é analfabeta ou está alfabetizada neste idioma. Non se produce a galeguización doensino. Os partidos políticos non empregan o galego decote (agás o P.G.) e nos medios decomunicación 0o uso do galego non pasaba de anecdótico en comparación co español. En resume, o galeguismo comeza a emerxer, elevando o uso do galego a todos os ámbitos,mais sen conseguir calar fundo nunha comunidade que se castelaniza a un ritmo maior que odo século anterior.

TEMA 6: O GALEGO ENTRE 1936 E 1975 Tras a paréntese da Guerra Civil, sobrevén un longo silencio que se quebrará moi lentamente. A Guerra Civil foi acompañada dunha cruenta represión, que erradicou todo o que tivese que ver coaesquerda ou co galeguismo. Esta situación mantense ata 1975, aínda que houbo unha certa resistenciapolítica e cultural. A sociedade galega no 2º terzo do século XX (vid. Libro, páxs 57-58)

Situación lingüística e cultural A represión cultural foi enorme: o esforzo dun século enteiro doi destruído: editoriais,revistas, institucións... todo o que fora creando as bases da recuperación cultural de Galiza. A política lingüística foi represiva, tanto no ensino como na Administración e nos medios decomunicación. Isto provocou unha brusca mudanza de hábitos lingüísticos nas capas máis novasda sociedade. O novo poder político consagra o ideal de uniformización lingüística e cultural de España.Para o franquismo, o único pobo (o español) precisa dun único idioma (español). As lingua noncastelás son rebaixadas (errónea e intencionadamente) á categoría de dialectos.

Page 29: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

A lingua cultural galega mantense en América, nos centros galegos de Cuba, Venezuela,México ou Arxentina, onde viviron escritores como Castelao, Dieste, Blanco Amor ou Luís Seoane. Na Galiza recupérase lentamente o ritmo de publicacións en galego. Os primeiros libros sonde finais dos anos 40, coa colección de poesía ‘Benito Soto’, ao tempo que o xornal santiagués‘La Noche’ inicia a publicación dun suplemento cultural con textos en galego. En 1950 aparece a Editorial Galaxia, fundada por galeguistas da liña culturalista, que crea acolección ‘Illa Nova’, difunde as obras de chamada ‘Nova Narrativa Galega’ e promovepublicacións periódicas como Grial. Nos anos 60, coincidindo cun certo aperturismo do réxime, xorden asociacións culturais (OGalo, O Facho...) e partidos galeguistas clandestinos ( U.P.G. , P.S.G ), que reivindican o dereito áautodeterminación. En 1963 permíteselle a RAG celebrar o centenario da publicación deCantares Gallegos, co que se instaurou a celebración do ‘Día das letras Galegas’. En 1965 créasea Cátedra de Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Compostela e tres anos despois, ocentro investigador do Instituto da Lingua Galega. Nos anos 70, ao labor de Galaxia, únense outras editoriais como Xerais e Stelo Blanco eprodúcese unha leve recuperación lingüística.

A lingua na sociedade do momento A castelanización da sociedade aumenta debido a factores como:- un importante número de galegos tivo que emigrar cara a América e alí adaptáronse á nova

lingua e mesmo fixeron diso un sinal de progreso social.- A partir dos anos 60 hai un novo auxe industrial nas cidades, que fixo aumentar a súa

poboación e, polo tanto, a castelanización, porque é nas cidades onde máis tiña avanzado ocastelán.

- No ensino, o español foi a lingua empregada exclusivamente, aínda que nos derradeiros anosda Dictadura se ergueron voces de protesta e apareceron profesionais que impartían as súasclases en galego.

Estes factores e outros (Igrexa, medios de comunicación...) fixeron que moitos cidadánsadaptasen o esquema diglósico castelán-galego, co emprego da lingua oficial para as funciónselevadas ou para falar cos descoñecidos, e do galego para os usos familiares ou coloquiais entreamigos ou entre iguais. Moitos educaron aos fillos en castelán rompendo a transmisión da linguaás novas xeracións.

TEMA 7 : O GALEGO DE 1975 Á ACTUALIDADEIntroducción Á morte de Franco produciuse unha reforma do sistema político e España pasou a ser unhamonarquía parlamentaria. Redactouse unha nova Constitución en 1978, na que se prevía unhadescentralización política e administrativa. Galicia, como comunidade histórica, aprobou o Estatutode Autonomía en 1981. O MARCO LEGAL A pesar da secular imposición do castelán, que o relegou a un segundo plano, o galegosegue a ser a lingua maioritaria de Galiza e goza de recoñecemento oficial:

Page 30: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

A Constitución Española de 1978, no artigo 3, establece que o castelán é a linguaoficial do Estado, e engade que as restantes linguas serán tamén oficiais nas respectivasComunidades Autónomas, segundo os seus Estatutos. O Estatuto de Autonomía (1980), no seu artigo 5º di que “a lingua propia de Galicia é ogalego”, que “os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de oscoñecer e de os usar”, que “os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dosdous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural einflormativa...” e que “ninguén poderá ser discriminado por causa de lingua” A Lei de Normalización Lingüística (1983) na versión aprobada inicialmente dicía que “o galego é a lingua propia de Galicia” e que “todos os galegos teñen o deber de coñecelo e odereito de usalo. En l986 unha nova redacción fai só alusión aos dereitos: “todos os galegosteñen o dereito de coñecelo e usalo”. Consagrouse así a cooficialidade asimétrica, dado que ocastelán si é obrigado coñecelo. Esta lei garante o dereito dos cidadáns a empregar calquera das dúas linguas nas súasrelacións coa Administración local e promulga o carácter bilingüe das institucións autonómicas.

A SITUACIÓN LINGÜÍSTICA ACTUAL

A situación actual da Galiza preséntase como un fenómeno complexo no que interveñenmúltiples e variados factores. Así nos encontramos con indicadores sociolingüísticos negativos econ outros claramente positivos para a lingua do país: Indicadores negativos son: a continuación do proceso da perda de falantes de linguainicial galega ( castelanización individual), a timidez con que avanza o proceso de normalizaciónlingüística e a escasa penetración do galego nos usos desenvolvidos por axentes de titularidadeprivada. Indicadores positivos son: o incremento da presenza do galego na vida pública, aoficialización da lingua, que supuxo a entrada do galego no mundo da educación e nos mediosde comunicación e a proliferación de colectivos que defenden a normalización.

A distribución do galego A distribución do galego e o castelán non é homoxénea, non existen zonas plenamentegalego-falantes nin zonas totalmente castelán-falantes. Sen embargo, de forma xeral podemosfacer a seguinte distribución:

- segundo o hábitat, o galego continúa a ser a lingua do mundo rurale da maioría da poboación das vilas, e o castelán ten maior presenzanas cidades.

- Segundo a idade, o galego é maioritario nos falantes máis vellos(maiores de 65 anos), mentres que o castelán supera ao galego nosfalantes máis novos (menores de 30-35 anos), o que indicaclaramente un proceso de substitución lingüística.

- Segundo a clase social, o galego é predominante mas clasesmedias e baixas e diminúe nas máis elevadas, onde é maioritario.

Tema 7 - 1

Niveis de coñecemento e uso Segundo os datos máis completos e recentes, os do Mapa Sociolingüístico de Galicia(1992) o nivel de coñecemento sería: entende o galego (99%) sábeo falar (86%) sábeo ler (45%) sabe escribilo (27%)

Page 31: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

Os que saben ler e escribir en galego son sobre todo as persoas máis novas e das clasesmedia e media-alta, que son precisamente os grupos en que menos galego se fala. Istoenténdese se pensamos que non existiu escolarización en galego ata final da década dos 70.

Polo que atingue ás porcentaxes de uso, segundo o MSG, emprega de maneirapreferente ou exclusiva o galego o 68% da poboación, fronte ao 31% que falan máis castelán ousempre castelán. Entre os que din empregar soamente unha das duas linguas tamén son maioríaos galegofalantes (39%) fronte aos castelanfalantes (10%) O uso do galego é maioritario en todas as clases sociais , agás na media alta e predominaclaramente nos falantes máis vellos.

O GALEGO NA ADMINISTRACIÓN

A Lei de Normalización Lingüística establece o deber das Institucións Públicas de Galicia depromocionaren o idioma galego, pero o cumprimento é moi desigual.

Nos Concellos: cada vez é maior o número de concellos que constitúen o seu Servicio deNormalización Lingüística, co labor de redactar en galego ou traducir e corrixir adocumentación municipal, elaborar traballos sociolingüísticos e ofrecer asesoramentoterminolóxico. Non temos datos sobre o uso oral nos concellos; no referente á documentación, aínda en1997, o 30% dos concellos usaban exclusivamente o castelán e paradoxicamente é moitas vecesnos concellos máis pequenos onde se dá un grao de castelanización maior.

Na Xunta e Parlamento Galego, o proceso de introducción do galego non é uniforme, a pesar daimportancia que teñen estas institucións para elevar o idioma a esferas nas que antes eraignorado. A práctica oral restrínxese en moitos casos aos contextos máis formalizados(intervencións no Parlamento, roldas de prensa, TV...). Nos usos escritos, a maior parte daspublicacións oficiais saídas das Consellerías están redactadas en galego (DOGA, Diario deSesións, Boletín Oficial). A Dirección Xeral de Política Lingüística, dependente da Consellería de Educación eOrdenación Universitaria é a encargada de dinamizar o uso do galego a nivel institucional, aíndaque a súa dedicación practicamente se limita á área educativa e os resultados acadados sonpobres.Na Xustiza o castelán é o idioma predominate. Nos usos informais dos procesos , o galego tencerta presencia, pero nos actos formais e escritos (sentencias e edictos), o uso do castelán émaioritario. O Código Civil non foi traducido ata 1989.

O GALEGO NO ENSINO A partir de 1975 permitiuse o ensino voluntario da lingua galega e nalgúns centros deensino ofrecéronse clases de galego fóra do horario escolar. A partir de 1978 aparecen colectivos en defensa do ensino en galego ( Asociación socio-pedagóxica, Nova escola galega...). En 1979 introdúcese o estudio obrigatorio da lingua e da literatura galegas no ensinobásico e medio en Galicia. Esta medida fixo que a competencia lingüística para ler e escribir engalego sexa hoxe alta entre as xeracións novas, que tiveron lingua galega no ensino, fronte ásxeracións anteriores, que carecían desas competencias ou que as tiveron que adquirir de formaautodidacta.

Page 32: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

Tema 7 -2

A Lei de Normalización Lingüística de 1983, no seu Título III di que o galego é, xunto cocastelán, a lingua oficial do ensino e materia obrigatoria en todos os niveis non universitarios. Garante ademais que os nenos recibirán o primeiro ensino na súa lingua materna. Sen embargo os avances son escasos. Existe a obriga de que un número de materias, tantono ensino básico como no medio, se dea en lingua galega. Estas obrigas tardaron en cumprirseen moitos centros e o ensino en galego depende basicamente da disposición e da vontade doprofesorado. A consecuencia é que a maior parte dos nenos galegos seguen a ser alfabetizadosen castelán e reciben a maior parte das materias en lingua castelá. Polo tanto, o ensino segue aser en Galiza un medio de desgaleguización. Na Universidade a presencia da lingua galega é importante, aínda que desigual. As tresuniversidades declaran nos seus estatutos o galego como lingua propia; úsana de maneira caseexclusiva como lingua escrita, como lingua oral nos órganos do goberno e como lingua pública. Adocencia en lingua galega é maioritaria nalgunhas facultades, mentres que noutras tenpresencia escasa.

O GALEGO NOUTROS ÁMBITOS DA SOCIEDADE

No mundo editorial son 4 as empresas que concentran o maior volume de obras publicadas(Xerais, Galaxia, Ed. do Castro e Sotelo Blanco). A existencia dun mercado reducido dentro do país, así como a falta dunha política depromoción trae consigo que as tiraxes das edicións sexan baixas e os prezos, polo tanto, máiselevados. Na música que fan os cantantes e grupos de Galicia, a lingua empregada varía; o galego,ata hai pouco lingua exclusiva da chamada canción protesta e da música folk, penetra noutrosámbitos de expresión musical (Rock Bravú). Desaparecida Edigal, as empresas discográficasgalegas son Sons Galiza ( Lugo) e Runa Récords ( A Coruña). O teatro é unha das parcelas culturais nas que máis se ten avanzado; O Centro Dramáticogalego, dependente da Xunta, representa as súas montaxes en galego desde 1986. A isto haique sumar moitos grupos teatrais afeccionados e profesionais que representan as súas obras engalego, e o labor dalgúns Concellos. O cinema, pola contra, tivo un avance case nulo. A exhibición de filmes en galego redúceseá proxección dalgunhas curtametraxes e uns poucos filmes de longa duración subvencionadospola Xunta (Sempre Xonxa, 1990; Continental, 1989; Fisterra, .1999; Arde Amor, 2000; ou amáis recente, O bosque animado). No sector empresarial nos últimos tempos apareceron iniciativas que demostran aposibilidade dun mundo empresarial galeguizado: empresas de hostelería e pequenos comerciosque fan a súa publicidade e carteis en galego; bancos con impresos bilingües... A Igrexa mantivo en xeral unha actitude bastante negativa cara á lingua galega, xa queadoptou o castelán para os seus oficios sen ter en conta á maioría de fregueses galego falntes.Só podemos destacar feitos moi concretos: a publicación da revista de pensamento cristiánEncrucillada (1977), a Asociación de Crentes Galegos Irimia (1979), a primeira versiónautorizada da Biblia en galego (1989) ou o labor de Torres Queiruga e Xosé Chao Rego.

Page 33: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

Tema 7- 3 TEMA 8 : A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO GALEGO

Existe aínda o conflito lingüístico, pero o galego aspira a ser un instrumento útil e eficazpara a sociedade do futuro, e núcleo aglutinador de toda a comunidade galega O proceso de recuperación do galego ten dúas facetas moi relacionadas: a planificación decorpus ou normativización e a planificación de estatus ou normalización. A normalización consiste na dignificación cultural e recuperación social do idioma, que ogalego adquira uns ámbitos de uso que lle foron negados ( administración de Xustiza, deEducación, medios de comunicación, institucións culturais, institucións políticas, ciencia...) Hai 3 factores indispensables no proceso de normalización lingüística: a) Acción institucional do poder político Levada a cabo polas Administracións públicas de Galicia (Xunta, Concellos e Deputacións),son elementos indispensables no proceso de normalización, por coherencia e por imperativolegal.

b) Acción colectiva non institucional. Exercida por asociacións e colectivos (Nova Escola galega, Asociación de funcionarios daAdministración pública, Mesa pola normalización lingüística...) xoga un papel importante narecuperación lingüística fronte ás eivas e esquecementos dos integrantes do grupo anterior.

c) Acción individual Supón un esforzo persoal e consciente para romper hábitos e condutas de desleixamentocara á situación social do idioma. Esta acción resulta claramente insuficiente sen o apoio dosgrupos anteriores.

Para conseguir o éxito destas accións, é necesario un proceso de dinamización co obxectode favorecer comportamentos positivos cara ao idioma, implicando activamente a colectivos eindividuos a través de medidas que promovan o uso da lingua e conciencien e sensibilicen osaxentes sociais, producindo un cambio de actitude na sociedade.

ESTADO ACTUAL DA LINGUA GALEGA En Galicia continúa o proceso de substitución do galego polo castelán, pero a lingua galegasegue recuperando espazos sociais que lle confiren prestixio. Prodúcese en parte a ruptura dadiglosia que caracterizou a situación lingüística durante os últimos séculos: a lingua galega deixade estar restrinxida ás clases baixas e á comunicación oral no ámbito familiar e compite cocastelán na comunicación culta. Hoxe a sociedade galega podería expresarse só en galego noseu funcionamento normal sen que se percibisen lagoas lingüísticas. Aínda que segue habendo prexuízos contra a lingua galega, estes prexuízos deberían sersuperados, xa que o galego segue sendo maioritario en Galicia e ocupa ámbitos cultos deimportancia e de prestixio social. Daquela, a sociedade galega ten que decidir se quere manter epotenciar a súa lingua propia ou se quere prescindir dela e substituíla polo castelán

O PORVIR DA LINGUA GALEGA Pertencer a un pobo ou a unha comunidade diferenciada non implica ser superiores nininferioriores aos demais pobos, senón ser posuidores de algo diferente, orixinal e exclusivo. Isto

Page 34: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

non representa unha ameaza nin un desexo de excluír aos que teñen culturas e linguasdiferentes.O futuro de Europa é irremediablemente multilingüe e multicultural. A cultura e a lingua galegasson a contribución do pobo galego na construción dun mundo máis rico, máis diverso e maísafastado do perigo de uniformización cultural. É a nosa maneira de contribuír a un mundo máislibre. O futuro constrúese desde o presente, polo que a sociedade galega debe tomar unhadecisión. A pesar das limitacións impostas polas pegadas dunha historia de opresión, polo marcopolítico en que se encontra Galicia e polas correntes culturais dominantes, a normalizacióncultural e lingüística galega é posible. O futuro da lingua depende de que cada un de nós, como cidadán, a empregue e atransmita. É a nosa responsabilidade e o noso privilexio.

TEMA 9: O GALEGO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Os medios de comunicación social ou de masas (prensa, radio, televisión...) difunden acontecementos, feitose opinións. Hoxe é posible coñecer de maneira inmediata sucesos producidos en calquera parte do mundo. Pero apresenza da lingua galega nestes medios foi marxinal durante moito tempo e aínda hoxe en día é minoritaria conrespecto ao castelán.

Século XIX A presenza do galego na prensa non se produciu ata o s. XIX. O 1º semanario en lingua galega é “O TíoMarcos da Portela” (1876-88), ao que lle seguen publicacións como “O Galiciano” (1884-86) ou”A Monteira” (1889)Etapa de pre-guerra O uso do galego, agás as publicacións galeguistas(A Nosa Terra,1916-36;Revista Nós,1920-36), restrinxíase a artigos de opinión, ensaios literarios, poesías e algún comentario humorístico, nunca se daba naredacción de noticias. A radio, que se asenta como medio de comunicación na Galiza entre os anos 1932 e 35,esquecerá na súas emisións a lingua maioritaria da poboación.A posguerra A pesar de que maioritariamente se realizarán en castelán, comezan a aparecer publicacións engalego, como o suplemento cultural do xornal “La Noche” (mediados dos 40) e xa nos anos 60 e 70 publicacións dospartidos nacionalistas e de asociacións culturais, revistas literarias (Nordés) e infantís (Vagalume). Nestes anos a radio vaise erixir no medio de comunicación con maior incidencia no conxunto da poboación.Isto permitirá que o español acceda a ámbitos xeográficos e a contextos nos que antes non o facía.Nun principionestas emisións o galego só aparecerá en usos humorísticos. Sen embargo no exilio nos anos 50 levaranse a caboiniciativas radiofónicas en galego, financiadas polos colectivos de emigrantes (Sempre en Galiza; Galicia emigrante).A finais dos 60 as asociacións culturais rompen cos usos diglósicos na radio feita en Galicia, con programas de OFacho, a través de RNE en A Coruña ou da Asociación Cultural de Vigo, en Radio Popular. Se a radio trouxo unha importante transformación, a chegada da televisión vai supoñer unha auténticarevolución comunicativa, na que o castelán terá unha gran fonte de expansión: en setembro de 1961 verase por 1ªvez a televisión en Galicia, pero só a partir de 1974, TVE comezará a empregar o galego nalgún dos seus programas.

OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN NA ACTUALIDADE Os medios de comunicación, coa excepción dos medios públicos e algunhas publicaciónsprivadas, fan un emprego minoritario da lingua galega, relegada aos espazos culturais e de opinión, coque non contribúen á consolidación da lingua galega.

Na prensa só contamos cun diario que se expresa integramente en galego, Galicia Hoxe, desde1994. Nos outros xornais editados en Galicia emprégase o galego nunha porcentaxe mínima ecase sempre circunscrito a determinados campos (cultura, humor, programación...). O únicosemanario de información xeral, A Nosa Terra, escríbese integramente ne galego. Noutros ámbitos temos revistas mensuais (Tempos Novos), musicias (Na gaits), culturais(Luzes de Galicia, A Trabe de Ouro), relixiosas (Encrucillada), de investigación (Revista Galega doEnsino), de ecoloxía (Cerne) e outras como O Agro, Os consumidores ou a revista RTVG. Sen

Page 35: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

embargo son publicacións minoritarias e ocupan un espazo escaso dentro dunha ofertamaioritariamente abafadora en español.

Na radio contamos cunha emisora que emite integramente en galego (Radio Galega),dependente do goberno autonómico. No resto das emisoras, tanto públicas (RNE) coma privadas,a presenza do galego é mínima. As emisoras municipais, de ámbito máis restrinxido, presentan unha utilización do galegomoito maior; Radio Fene(1984) foi o primeiro medio municipal que emitiu a súa programaciónen galego. Logo sumáronse Oleiros, As Pontes, Allariz...

Na televisión, de 1974 a 1985, o galego só era empregado no programa territorial de TVE,Panorama de Galicia. Neste último ano (1985) créase a TVG, que se expresa integramente (oucase) en lingua galega e que ten uns índices de aceptación moi altos. O resto das cadeasempregan o galego só en pequenas desconexións. Nos últimos anos destaca a proliferación de cadeas locais, nas que o uso do galego ébastante desigual.

En Internet é seguramente onde a presenza do galego é máis deficitaria porque asnovas tecnoloxías están pouco espalladas, de feito 7 de cada 10 galegos confesan nonnavegar nunca por internet, e unha parte importante dos usuarios galegos non adoitanutilizar o galego.

A respecto da presenza do galego en internet cabe dicir que foi a partir de 1996cando se produciu un avance na implantación de internet e no emprego do galego naRede. Aparecen as primeiras páxinas web en galego, nace Vieiros (portal galego eninternet), xorde a edición en liña dalgúns medios de comunicación galegos, etc.Actualmente podemos atopar na Rede en galego información sobre os máis diversosaspectos da realidade galega: lingua, cultura, arte, historia, ciencia e tecnoloxía,empresas, etc. e tamén sobre calquera tema de carácter universal. Contamos convarios portais e buscadores como Galiciacity, Xanela, Vieiros e U-lo, que conteñena súa información completamente en galego e permiten o acceso a milleiros de páxinasweb galegas. Atópanse xornais en formato dixital (A Nosa Terra); revistas (ECO,Revista Omnibus, 4gatos...), proxectos de normalización lingüística (Ciberlingua),biblioteca e videoteca virtual ( Biblioteca Virtual Galega da Universidade da Coruña),institucións (consellerías, concellos...),etc.. Porén, estamos moi lonxe da idealexpansión pola rede.

As perspectivas de futuro do galego nos medios de comunicación de masas sonproblemáticas: no que se refire á televisión, porque as canles privadas de difusiónestatal ignoran o galego na súa programación; na prensa escrita, os xornais que usanbastante o galego nas súas páxinas son a excepción, pero aínda que cun interrogante,cabería pensar nun aumento da presenza do galego nos xornais editados en Galiciaconforme as novas xeracións alfabetizadas en galego se fagan consumidoras da prensaTamén cabe esperar un aumento, seguramente lento, de producións cinematográficasen galego. Pero o problema do futuro pode vir por outra vía: estamos mergullados nunenorme cambio de fondas repercusións que afecta a todo o mundo, o tránsito dunhasociedade industrial cara á sociedade da información, e se a extensión da prensa, daradio e da televisión provocou efectos negativos no mantemento da nosa cultura e da

Page 36: TEMA 1 : A POESÍA NOS INICIOS DO SÉCULO …centros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/lingal/cont/2...(fragmento de Na noite estrelecida) pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso

nosa lingua, tales efectos poden multiplicarse coa implantación e extensión das novastecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Xa non abonda con que o galegose manteña nos usos tradicionais, debe incorporarse ás novas tecnoloxías, e nestesentido pese aos esforzos xa mencionados dos últimos anos, os avances son moicativos: a realización e as versións en galego de filmes ou doutros produtos audiovisuaisson aínda escasas e a presenza do galego en programas informáticos e en Internet éreducida.