tamaño 240 x 210 - diocesetuivigo.org b/baiona.pdf · unha cruz pétrea enriba do año. ......

14
Baiona 010

Upload: vunhu

Post on 09-Nov-2018

219 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tamaño 240 x 210 - diocesetuivigo.org b/baiona.pdf · unha cruz pétrea enriba do año. ... atópase esta Capela construída no ano 1595 en Mon- ... primeira pedra colocouse no ano

Baiona 010

Page 2: Tamaño 240 x 210 - diocesetuivigo.org b/baiona.pdf · unha cruz pétrea enriba do año. ... atópase esta Capela construída no ano 1595 en Mon- ... primeira pedra colocouse no ano

o Rei. (Ávila y la Cueva 494) 011

Page 3: Tamaño 240 x 210 - diocesetuivigo.org b/baiona.pdf · unha cruz pétrea enriba do año. ... atópase esta Capela construída no ano 1595 en Mon- ... primeira pedra colocouse no ano

18diocese tui-Vigo

Igrexa parroquial (ex Colexiata) (010)

Ten como patroa a Sta. María.A igrexa tal como hoxe a contemplamos é dos séculos XVII-XVIII.No ano 1482, o Bispo D. Diego de Muros deulle o carácter de Colexiata. No ano

1840 volveu ser igrexa parroquial.A primitiva igrexa foi construída na 2ª metade do s. XII e parte do XIII. Pódese

comprobar na inscrición dunha pedra reutilizada na fachada principal que recolle a data de 1278.

A fachada principal está limitada por dúas torres rectangulares, que quedaron sen rematar. Comunícanse entre elas por riba do tellado e tamén por unha pasarela interior á altura do rosetón.

A portada enmárcase con dous contrafortes. A porta (012), abucinada, é de tres arquivoltas adornadas con floróns e círculos, de directriz semicircular, apoiadas en tres pares de columnas monolíticas acodilladas nas xambas; e o tímpano, que é liso, apoiado en mochetas (013). Unha delas representa un touro e a outra está deteriora-da. Os capiteis son de dobre orde de follas e as basas de perfil ático sobre plintos.

Enriba da porta, e no eixe da fachada, presenta un rosetón (014) abucinado cara ao exterior.

Remata esta fachada occidental en capias e no piñón unha cruz pétrea enriba do año.

A planta é basilical con tres naves e rematada en tres capelas absidais de planta rectangular. A central, cunha superficie dobre das outras, ten tres tramos formados por dous arcos apuntados de sección rectangular, que descansan nas pilastras, e outro arco faixón, que o fai en ménsulas. Aínda que polo interior están tapiadas, ten tres ventás no testeiro. Enriba delas aparece o arco de outra que foi cegada co muro de peche.

As outras dúas capelas da ábsida teñen soamente unha ventá. Tamén tapiada.

012

013

Page 4: Tamaño 240 x 210 - diocesetuivigo.org b/baiona.pdf · unha cruz pétrea enriba do año. ... atópase esta Capela construída no ano 1595 en Mon- ... primeira pedra colocouse no ano

19ArciprestAdo de MiÑor

As ventás teñen arquivolta de medio punto sobre columnas monolíticas aco-dilladas, con capiteis de decoración vexetal e basas áticas. O plinto adórnase con follas de seis pétalos.

A cuberta das tres naves é de canón corrido.Na parede da ábsida maior hai a seguinte inscrición:

“Este: Tesoro: Mandofacer Rodgô d. Tebra

Corregidor con Díos aya”

As naves (041) divídense en seis tramos por medio de arcos faixóns apuntados que se apoian en piares cuadrangulares (015) con columnas entregas para apoio dos arcos formeiros. As naves laterais son máis baixas que a central, polo que as ménsu-las vanse escalonando para alcanzar a altura debida. As columnas adosadas a cada unha das caras do piar rematan en capiteis de decoración vexetal, e teñen os ábacos corridos.

As catro pilastras do cruceiro teñen capiteis historiados con variada ornamen-tación: axadrezados, dentes de serra, bolas e billetes, palmas, sesifolias, unha aguia a peteirar nun animal.

014 015 016

017

018

Page 5: Tamaño 240 x 210 - diocesetuivigo.org b/baiona.pdf · unha cruz pétrea enriba do año. ... atópase esta Capela construída no ano 1595 en Mon- ... primeira pedra colocouse no ano

20diocese tui-Vigo

As doelas dos arcos interiores da igrexa decóranse coas marcas de gremios e ofi-cios que participaron dalgún modo nas obras, ben co patrocinio ou na súa execución (016-017).

Polo lado norte hai unha ventá en cada un dos tramos da nave, sinalados polos contrafortes. No lado sur só se aprecian dúas delas, xa que as outras foron tapadas polas dúas capelas que lle adosaron.

A cuberta das naves é de estrutura de madeira.A bóveda do coro é plana de pedra.No lado norte conserva aínda unha serie de canzorros románicos, xunto con

algúns de épocas posteriores.Neste mesmo lado norte engadíuselle unha torre con ameado voado (018), dan-

do un aspecto de fortaleza xunto coas dúas torres inacabadas da fachada principal.No ano 1659 faise a sancristía engadíndoa polo exterior á absidiola norte. Se-

gundo consta no arquivo histórico do Concello, esta obra foi sufragada polo correxe-dor da Vila, Francisco de Cabral.

En 1695 construíronse as capelas laterais. A máis interesante é a do lado sur, a Capela do Rosario, polo seu estilo renacen-

tista. Presenta no seu exterior contrafortes de ángulo, levantados por tres ribancos. A cornixa conformáse de gola e listel prolongados na parte superior dos contrafortes. No seu interior está cuberta de bóveda nervada, con nove claves de remate dos ner-vos cruceiros.

Adosada ó muro norte tamén está a Capela de Nosa Señora de Guadalupe (019), doada por Josefa Omaña no ano 1796. Así consta na lenda que ten nun cos-tado exterior:

“Trastulit huc Dives Ditatamque indica PuppisJosefæ Civinomen erat cognomine Omaña.

Sumptibus erectum Sacelum Compice Lector.Año de 1796.”

No ano 1901 mentres se facían distintas obras de ornamentación, levouse a cabo a retirada da cuberta que tiña a porta principal.

As últimas obras salientables na súa restauración corresponden ó ano 1975.

019

020

Page 6: Tamaño 240 x 210 - diocesetuivigo.org b/baiona.pdf · unha cruz pétrea enriba do año. ... atópase esta Capela construída no ano 1595 en Mon- ... primeira pedra colocouse no ano

21ArciprestAdo de MiÑor

Hai que ter en conta o púlpito gótico (que é semellante ao existente na igrexa de Santo Domingo en Tui).

O retablo da Capela maior (020) é barroco. Foi construído no ano 1726 por Antonio del Villar, cun custo de 8.000 reais.

Ten un banco no que apoia o corpo principal de tres rúas separadas por estípites, duplicados no centro, e remátase cun ático.

Nas rúas laterais dúas fornelas, que rematan en cuartos de esfera, acollen a S. Xoán Bautista (021) e a S. Xoán Evanxelista (023).

A rúa central adiántase, sobresaíndo das outras dúas, para presentar o seu per-corrido iconográfico: na parte alta, Deus Pai na súa gloria. Logo, a Anunciación (011). E, mesmo enriba do Sagrario e baixo o dosel do expositor, a Virxe da Expec-tación (022).

021 023022

Page 7: Tamaño 240 x 210 - diocesetuivigo.org b/baiona.pdf · unha cruz pétrea enriba do año. ... atópase esta Capela construída no ano 1595 en Mon- ... primeira pedra colocouse no ano

22diocese tui-Vigo

A casa reitoral foi doada polos irmáns sacerdotes Francisco Antonio e Xosé Fernando González y Salgueiro, naturais de Camos, segundo o certificado notarial de data 15 de setembro do 1876.

Capela de Sta. LiberataAs obras foron costeadas por subscrición popular en toda a diocese, e a imaxe

pétrea da Santa pagouna o Concello de Baiona.Despois que o Bispo de Tui, Frei Anselmo Gómez de La Torre, concedera os

permisos pertinentes para á súa edificación o 20 de agosto de 1694, debido aos pro-blemas que xurdiron referentes á súa ubicación, as obras non comezan ata o ano 1695.

Dirixen a construción Xosé Domínguez Bugarín e Marcial González, pola can-tidade de 7.500 reais.

A fachada principal (024) ven flanqueada por dúas torres de base cuadrangular, con ocos en cada cara de arcos de medio punto, e balaústre pétreo. Rematan con pináculos nas esquinas e cúpula de media laranxa.

No frontispicio, sobre o lintel da porta, presenta a seguinte inscrición:“D. O. M.

B.LIBERATAE.GEMELIS.QVE.SVIS.BAIONENSIBVS.NOSTRIS.AC.SILAE.FIAE.NUTRICI.ANNO. DOMINI. MDCCI.”(A Deus Óptimo Máximo

A Liberata e ás súas irmáns xemelgas, as nosas baionesas, e a Sila, piadosa nodriza.Ano do Señor 1701)

Sobre este lintel ten unha fornela, enmarcada por pilastras, que acolle a imaxe pétrea da Santa. A ámbolos lados ten dous escudos: o real de Castela-León, coa cus-todia no centro, e o de Baiona. O escultor que realizou a obra foi Xacinto Fernández, que cobrou por ela o día 30 de Outubro de 1701 a cantidade de 270 reais.

No ano 1736 as torres (025) ameazaban ruína e tiveron que adosarlle catro es-tribos de contención, e no ano 1760 tiveron que arranxar á bóveda. Esta obras non remataron ata 1799.

024

025

Page 8: Tamaño 240 x 210 - diocesetuivigo.org b/baiona.pdf · unha cruz pétrea enriba do año. ... atópase esta Capela construída no ano 1595 en Mon- ... primeira pedra colocouse no ano

23ArciprestAdo de MiÑor

O retablo (026), ao igual que o da Colexiata, foi realizado por Antonio del Villar con deseño do Maxistral do Cabido tudense, D. Xoán Hermida e Puga. Rematouse ao comezo do ano 1739 e custou 12.000 reais.

Das tres rúas que presenta, o ter a necesidade de representar no centro a Santa Liberata coas súas oito irmáns (027), fai que o espaczo da central sexa moi grande. Resólvese o problema con un forte adiantamento da rúa central e no banco busca a solución en biselado, para reducir ao máximo as laterais que resultan moi estreitas.

Aprovéitase o bisel para por nel releves (028/029) similares aos dos estremos do banco que representan momentos da vida da Santa.

As rúas laterais teñen fornelas planas e acollen as imaxes por medio de peañas. No primeiro corpo remátanse con cartos de esfera, non así no segundo corpo, que non están cubertas. A imaxinería destas rúas laterais son San Pedro e San Paulo no primeiro corpo, e no segundo Santa Bárbara e Santa Apolonia.

026 027 028

029

Page 9: Tamaño 240 x 210 - diocesetuivigo.org b/baiona.pdf · unha cruz pétrea enriba do año. ... atópase esta Capela construída no ano 1595 en Mon- ... primeira pedra colocouse no ano

24diocese tui-Vigo

A rúa central presenta o sagrario no centro dun gran arcosolio. No corpo central representa o martirio de Santa Liberata e as súas irmás e a nodriza Sila. Céntrase por medio de dous pares de columnas, unhas salomónicas e outras estípites.

No ático hai unha gran figura de Santiago. Na clave do arco, o escudo da Vila.Tres anos despois de rematado, en 1742, faise o encargo de pintalo a Estevo da

Silva e Alexandro Domínguez pola suma de 9.000 reais.Como altares laterais ten dous cadros de boa factura: S. Francisco Xavier (030)

e a Virxe do Carme (031).

Igrexa da MisericordiaNa rúa Lorenzo Carrera, atópase esta Capela construída no ano 1595 en Mon-

terreal por orde de Felipe II.Trasladouse a este novo emprazamento no século XVIII, na mesma data no

que se fixo o seu retablo maior, de estilo barroco e moi influenciado por Antonio del Villar.

A súa planta é rectangular e arquitectonicamente moi sinxela.É propiedade da Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia, que é a Co-

fradía máis antiga de Galicia, pois constituíuse no ano 1574.Amais de cumprir os fins para os que foi fundada (as obras de misericordia),

organiza as celebracións relixiosas da Semana Santa.

Capela de S. XoánNo barrio do mesmo nome.É de comezos do século XX. Ten unha nave, con piso de cemento e bóveda de madeira.Unha pequena espadana como remate.O retablo que ten levouse da Igrexa parroquial.

030

031

Page 10: Tamaño 240 x 210 - diocesetuivigo.org b/baiona.pdf · unha cruz pétrea enriba do año. ... atópase esta Capela construída no ano 1595 en Mon- ... primeira pedra colocouse no ano

25ArciprestAdo de MiÑor

Virxe da Rocha (032)

Situada no monte de S. Roque.Unha idea do inxenieiro Laureano Salgado levada a cabo polo arquitecto An-

tonio Palacios.A idea da construción naceu en 1908 e financiouse por subscrición popular. A

primeira pedra colocouse no ano 1910 e remataron as obras, coa solemne inaugura-ción, o 14 de setembro de 1930.

É unha escultura de 15 m. de altura dende a súa base. Tallada en pedra granítica, a excepción da cara (033) e as mans que son de mármore de Carrara.

Polo seu interior, unha escaleira de caracol ascende ata a man dereita da Virxe, na que repousa unha barca, que serve de miradoiro cara á baía de Baiona.

A outra man fai un xesto de protección e proximidade para os homes que faenan no mar.

Enriba da coroa da Virxe incorpora un nimbo crucífero executado con mosaicos para engadirlle policromía.

Convento da Anunciada (MM. Dominicas)No ano 1547, o abade de Baiona, Sebastián Varela fundou o mosteiro baixo a

Regra de S. Agostiño e as Constitucións de Sto. Domingo, cunhas mulleres que vi-vían neste cenobio adicadas á oración.

A primeira abadesa foi dona Elena de Cea.Na fachada principal ten tres escudos nobiliarios que acreditan o padroado da

fundación.O Convento das MM Dominicas da Anunciación responde á tipoloxía da época

dun templo con dous claustros ó redor dos que se desenvolven os distintos elementos edificatorios dependendo das necesidades e que forman un conxunto de construcións que se foron realizando ao longo de cinco séculos.

A portada da igrexa resólvese cunha porta alintelada e enmarcada por unha composición festonada. Enriba dela unha fornela coa imaxe de Sto. Domingo de Guzmán.

032

033

Page 11: Tamaño 240 x 210 - diocesetuivigo.org b/baiona.pdf · unha cruz pétrea enriba do año. ... atópase esta Capela construída no ano 1595 en Mon- ... primeira pedra colocouse no ano

26diocese tui-Vigo

A igrexa dunha soa nave. Foi reedificada total-mente no século XVIII.

Unhas pilastras de estilo clasicista sosteñen os arcos formeiros.

A nave esta dividida en dous, unha para o pobo e outra, separada por rexería, para a clausura.

A bóveda do presbiterio (034) ten un artesoa-do de madeira encasetada con pinturas, realizado en 1865.

O retablo maior (035) é obra de Antonio del Villar do ano 1745 e ten gran calidade pola súa ela-boración ornamental.

A súa planta é cóncava e apoia nun sotobanco con talla vexetal e serafíns laterais, que con moita probabilidade foi aproveitado doutro retablo cando

se fixeron as reformas na capela.Na rúa central presenta o sagrario rematado no expositor. Este serve de base da

gran fornela central do primeiro corpo, con cúpula gaionada apoiada en estípites, que acolle o grupo da Anunciación (036).

Nas rúas laterais deste primeiro corpo, centradas por columnas salomónicas moi ornamentadas, hai fornelas máis pequenas con arco de medio punto, coas imaxes de Santo Domingo e San Francisco.

No ático resalta a rúa central polos estípites sobre apoios destacados para acoller unha cornixa voada. Na fornela está San Telmo. Nas laterais, Santo Tomás e Santa Catarina de Siena.

Remátase co escudo da orde de Sto. Domingo.Antonio del Villar cobrou por esta obra 10.000 reais. O douralo e pintalo foi

obra de Xoán del Rial, veciño de Priegue, que o fixo por 8.000 reais segundo contrato formalizado o 17 de abril de 1748.

O retablo do Rosario (037), adosado ao muro dereito, ten banco situado mesmo enriba da mesa do altar e un corpo dividido en tres rúas. As laterais están adornadas

034

035

Page 12: Tamaño 240 x 210 - diocesetuivigo.org b/baiona.pdf · unha cruz pétrea enriba do año. ... atópase esta Capela construída no ano 1595 en Mon- ... primeira pedra colocouse no ano

27ArciprestAdo de MiÑor

con pequenas pilastras decoradas, e as súas caixas son planas, en arco e rematadas en cartelas. Nelas están S. Xosé e S. Vicente Ferrer.

A rúa central, tamén plana, cérrase en semicírculo. Acolle a Virxe do Rosario.É unha obra tardía tamén de Antonio del Villar e dourado por Xoán del Rial.Polos documentos consultados tense noticia da existencia doutro retablo, pero

na actualidade non hai constancia del.

Cruceiro da Santísima Trindade:A súa antigüidade remóntase o século XV. Ten características moi claras de es-

tilo gótico (039/040).Atópase cuberto por un baldaquino renacentista (038) que o fai único nesta

zona. A súa cuberta é piramidal e apoia en catro columnas de base cadrada, que se adornan cuns pináculos cilíndricos e un remate cónico.

É considerado como unha das interesantes obras do noso arte galego, como afir-ma Castelao na súa obra: “As Cruces de Pedra na Galicia” (Bos Aires, 1949)

FestAs e roMAxes de BAionA

Semana Santa: Igual que en todas as parroquias do contorno, pero aquí teñen procesións con

diversos pasos. Organízanse dende a parroquia e a Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia.

Virxe do Carme: 16 de Xullo. Con procesión marítima coa imaxe da Virxe pola ría e ofrenda floral polos ho-

mes do mar.

Santa Liberata: 20 de Xullo.Na honra desta Mártir do século II.

Virxe da Anunciación: Primeiro domingo de Agosto.É a Patroa de Baiona. Na procesión ten lugar a “Danza das espadas” que data

do século XV.

036

037

Page 13: Tamaño 240 x 210 - diocesetuivigo.org b/baiona.pdf · unha cruz pétrea enriba do año. ... atópase esta Capela construída no ano 1595 en Mon- ... primeira pedra colocouse no ano

28diocese tui-Vigo

Virxe da Rocha: último domingo de Agosto.Cunha gran romaría campestre.

San Cosme e San Damián: 27 de setembro.Faise tamén un mercado no que se venden noces e mel, con

outros produtos agrícolas.Dende 1974, declararon o primeiro de marzo como fes-

ta local. Na actualidade celébrase o seguinte fin de semana a ese día a Festa da Arribada, para conmemorar a chegada da Pinta a Baiona no ano 1493 coa noticia do descubrimento do Novo Mundo. Entre outros acontecementos, faise un mercado medieval e represéntase o relato feito polos descubridores ao Correxidor de Baiona sobre o descubrimento.

038

039

Page 14: Tamaño 240 x 210 - diocesetuivigo.org b/baiona.pdf · unha cruz pétrea enriba do año. ... atópase esta Capela construída no ano 1595 en Mon- ... primeira pedra colocouse no ano

29ArciprestAdo de MiÑor

041

040