sociedade anónima de xestión do plan xacobeo contra da redución do 5%

2
Miguel Ferro Caaveiro, 12-3ª; 15707 Santiago – Tel.: +34981577171 – Fax: +34981599438 – www.ugtgalicia.org Os servizos xurídicos de UGT levaron este caso ante a Xustiza A Xustiza impide á Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo o desconto salarial do 5 por cento que estaba aplicando aos seus traballadores O Xulgado do social número 2 de Santiago considera que para levar a cabo calquera tipo de modificación salarial nesta Sociedade, que cualifica como mercantil, hai que acudir á negociación colectiva Santiago, 10 de febreiro de 2011.- O Xulgado do Social número 2 de Santiago ven de emitir unha sentenza na que “se declara o dereito dos traballadores da Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo a ser repostos nas condicións salariais anteriores á redución operada”. Hai que lembrar que esta Sociedade decidiu, do mesmo xeito que se fixo cos empregados públicos, aplicar unha redución dun 5 por cento na masa salarial, segundo apuntaban dende a dirección, “de acordo coa disposición adicional sexta da Lei pola que se modifica a Lei 9/2009, do 23 de decembro, e orzamentos xerais da Comunidade autónoma de Galicia para o ano 2010”. Este anuncio se lle fixo aos representantes dos traballadores o pasado 23 de xullo. Dende a Federación galega de Servizos Públicos (FSP-UGT) manifestouse que non se estaba de acordo con tal medida e que o Sindicato se reservaba os dereitos legais oportunos de recorrer esta baixada. Como así fixeron os servizos xurídicos de UGT alegando en todo momento que a redución salarial pretendida non é de aplicación ás sociedades mercantís do sector público, salvo que a través dun proceso de negociación colectiva as partes así o decidan, debido a que as relacións laborais nesta empresa réxense por un convenio colectivo propio con vixencia ata o 31 de decembro de 2010. Dende FSP-UGT aclaran que a dicción literal da norma que orixia os devanditos descontos salariais na función pública é “o disposto na Lei 26/2009, de 23 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para 2010, na redacción dada polo presente Real Decreto-Ley no relativo á redución salarial, non será de aplicación ao persoal laboral non directivo das sociedades mercantís ás que se refire o apartado 1.g) do arti. 22 da devandita Lei nin ao persoal laboral non directivo das entidades públicas empresariais Renfe, Adif e Aena, salvo que por negociación colectiva as partes decidan a súa aplicación”. Polo tanto, a partir dela poden deducirse dúas regras, en primeiro lugar, unha regra xeral consistente na non aplicación da redución salarial prevista na Lei 26/2009 ao

Upload: gardapeiraos-maximus

Post on 25-Jul-2015

251 views

Category:

Travel


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo contra da redución do 5%

• Miguel Ferro Caaveiro, 12-3ª; 15707 Santiago – Tel.: +34981577171 – Fax: +34981599438 – www.ugtgalicia.org

Os servizos xurídicos de UGT levaron este caso ante a Xustiza

A Xustiza impide á Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo o desconto

salarial do 5 por cento que estaba aplicando aos seus traballadores

O Xulgado do social número 2 de Santiago considera que para levar a cabo calquera tipo de modificación salarial nesta

Sociedade, que cualifica como mercantil, hai que acudir á negociación colectiva

Santiago, 10 de febreiro de 2011.- O Xulgado do Social número 2 de Santiago ven de emitir unha sentenza na que “se declara o dereito dos traballadores da Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo a ser repostos nas condicións salariais anteriores á redución operada”. Hai que lembrar que esta Sociedade decidiu, do mesmo xeito que se fixo cos empregados públicos, aplicar unha redución dun 5 por cento na masa salarial, segundo apuntaban dende a dirección, “de acordo coa disposición adicional sexta da Lei pola que se modifica a Lei 9/2009, do 23 de decembro, e orzamentos xerais da Comunidade autónoma de Galicia para o ano 2010”. Este anuncio se lle fixo aos representantes dos traballadores o pasado 23 de xullo. Dende a Federación galega de Servizos Públicos (FSP-UGT) manifestouse que non se estaba de acordo con tal medida e que o Sindicato se reservaba os dereitos legais oportunos de recorrer esta baixada.

Como así fixeron os servizos xurídicos de UGT alegando en todo momento que a redución salarial pretendida non é de aplicación ás sociedades mercantís do sector público, salvo que a través dun proceso de negociación colectiva as partes así o decidan, debido a que as relacións laborais nesta empresa réxense por un convenio colectivo propio con vixencia ata o 31 de decembro de 2010.

Dende FSP-UGT aclaran que a dicción literal da norma que orixia os devanditos descontos salariais na función pública é “o disposto na Lei 26/2009, de 23 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para 2010, na redacción dada polo presente Real Decreto-Ley no relativo á redución salarial, non será de aplicación ao persoal laboral non directivo das sociedades mercantís ás que se refire o apartado 1.g) do arti. 22 da devandita Lei nin ao persoal laboral non directivo das entidades públicas empresariais Renfe, Adif e Aena, salvo que por negociación colectiva as partes decidan a súa aplicación”.

Polo tanto, a partir dela poden deducirse dúas regras, en primeiro lugar, unha regra xeral consistente na non aplicación da redución salarial prevista na Lei 26/2009 ao

Page 2: Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo contra da redución do 5%

• Miguel Ferro Caaveiro, 12-3ª; 15707 Santiago – Tel.: +34981577171 – Fax: +34981599438 – www.ugtgalicia.org

persoal laboral non directivo das sociedades mercantís públicas, así como, tampouco a determinadas entidades públicas empresariais que no precepto se mencionan. Só habería unha excepción, que as partes, empresarios e representantes dos traballadores, chegasen a un acordo a través da negociación colectiva, e este non foi o caso.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O RESPONSABLE DE SERVIZOS XURÍDICOS DE UGT-GALICIA, PEDRO BLANCO. TELÉFONO: 655969248.