modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital...

24
VICERREITORÍA DE ESTUDANTES, CULTURA E FORMACIÓN CONTINUA Grao en Administración e Dirección de Empresas Contabilidade Financeira II María Milagros Vivel Búa 2 Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Upload: phamminh

Post on 02-Feb-2019

221 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos

Vicerreitoría de eStUdaNteS, cUltUra e ForMaciÓN coNtiNUa

Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade

Gra

o en

Adm

inis

trac

ión

e D

irecc

ión

de E

mpr

esas

Contabilidade Financeira II

María Milagros Vivel Búa

2

Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución

978

8498

8797

11

Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Page 2: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos
Page 3: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos

Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución

2

María Milagros Vivel Búa

Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Page 4: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos

ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial des-ta obra, en calquera forma ou por calquera medio (elec-trónico, mecánico, gravación, fotocopia ou

outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores.

Dep. Legal: C 43 - 2013 ISBN 978-84-9887-971-1

© Universidade de Santiago de Compostela, 2013

Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0.Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou

transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón:

http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/legalcode.gl

DeseñoUnidixital

Servizo de Edición Dixitalda Universidade de Santiago de Compostea

EditaVicerreitoría de Estudantes,

Cultura e Formación Continuada Universidade de Santiago de Compostela

Servizo de Publicaciónsda Universidade de Santiago de Compostela

ImprimeUnidixital

Page 5: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos

UNIDADE DIDÁCTICA II. Modificacións na cifra de capital - 3

MATERIA: Contabilidade Financeira II TITULACIÓN: Grao en Administración e Dirección de Empresas PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade I. Fundación de sociedades Unidade II. Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución

Ampliación de capital Redución de capital

Unidade III. Emisión de empréstitos Unidade IV. Disolución, liquidación e situacións concursais Unidade V. Transformación, fusión e escisión

Page 6: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos
Page 7: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos

UNIDADE DIDÁCTICA II. Modificacións na cifra de capital - 5

ÍNDICE

Presentación ....................................................................................... 7 Os obxectivos ..................................................................................... 7 Os principios metodolóxicos ............................................................ 8 Os contidos básicos .......................................................................... 9 1. Ampliación de capital ...................................................... 9 1.1. Marco xurídico xeral ....................................... 9 1.2. Tratamento contable ....................................... 10 2. Redución de capital ........................................................ 13 2.1. Marco xurídico xeral ....................................... 13 2.2. Tratamento contable ....................................... 14 Actividades propostas ....................................................................... 16 Avaliación da UD ................................................................................ 17 Anexos ................................................................................................. 18 Anexo 1 ............................................................................... 18 Anexo 2 ............................................................................... 19 Anexo 3 ............................................................................... 19 Bibliografía .......................................................................................... 20

Page 8: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos
Page 9: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos

UNIDADE DIDÁCTICA II. Modificacións na cifra de capital - 7

PRESENTACIÓN A constitución dunha empresa supón a realización de achegas, monetarias e/ou en cousa distinta a diñeiro, dos seus propietarios que adquiren a condición de socios. Estas achegas iniciais configuran a cifra de capital social que, non obstante, pode sufrir modificacións ao longo da vida da sociedade. En concreto, estes cambios poden incrementar ou reducir o capital social a través de diferentes procedementos e, ao mesmo tempo, poden ser voluntarios ou obrigatorios.

Esta unidade didáctica enmárcase na materia de Contabilidade Financeira II correspondente ao 3º curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas. Céntrase na análise da contabilidade dos procesos de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital.

Os contidos desenrolados na unidade enmárcanse no eido da contabilidade de sociedades e son complementarios dos outros temas do programa da materia. Polo tanto, con este tipo de contabilidade aplicamos as normas que regulan a contabilidade financeira ao rexistro das operacións que realizan as sociedades mercantís, como é a anónima, tendo en conta o marco legal ao que están suxeitas. A unidade está deseñada para ser desenvolvida en 8 horas distribuídas en 4 horas de sesión expositiva e 4 horas de sesión interactiva. OS OBXECTIVOS Os obxectivos xerais que a presente unidade didáctica pretende acadar son:

Coñecer o marco lexislativo ao que están suxeitas as modificacións patrimoniais nas sociedades anónimas españolas.

Identificar e contabilizar operacións estruturais en sociedades anónimas.

Valorar a importancia e idoneidade de determinadas operacións mercantís.

En canto aos obxectivos específicos, o desenvolvemento desta unidade quere contribuír a que o alumno sexa capaz de:

Coñecer o marco lexislativo que se aplica nas modificacións da cifra de capital.

Valorar a importancia e as consecuencias da modificación da cifra de capital nunha empresa.

Identificar as causas que motivan unha modificación obrigatoria da cifra de capital.

Elaborar as anotacións contables propias de procesos de ampliación e redución de capital nunha sociedade anónima.

Page 10: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos

8 - UNIDADE DIDÁCTICA II. Modificacións na cifra de capital

OS PRINCIPIOS METODOLÓXICOS Neste unidade didáctica continúase a aplicación da metodoloxía empregada na unidade 1, que tamén se aplicará nos temas posteriores que constitúen o programa da materia. En particular, emprégase unha estratexia docente baseada en:

Clase maxistral. O docente proxectará unha presentación para a exposición dos contidos teóricos, dispoñible para os alumnos no campus virtual da USC previamente o seu emprego na aula.

Realización de actividades sobre contidos teóricos. O principal obxectivo destas actividades é que o alumnado conecte o marco teórico exposto coa realidade económica [ver anexo 1]. Deste xeito, proporase ao alumno a procura de novas nos medios de comunicación que se relacionen directamente cos contidos desenrolados. Ao mesmo tempo, proporanse actividades de ampliación de contidos empregando documentos xurídicos e contables. Finalmente, aplicarase a técnica de “papel ao minuto” (one minute paper) ao finalizar cada unha das dúas sesións expositivas previstas [ver anexo 2].

Realización de supostos prácticos. Para reforzar e aclarar dúbidas sobre a teoría exposta, realizaranse diferentes exercicios empregando varias referencias bibliográficas que estarán dispoñibles previamente no campus virtual [ver anexo 3]. Unha parte dos mesmos serán resoltos polo profesor, e outra polos alumnos individualmente e en parella. O obxectivo é que o alumno prepare o material necesario para traballar os casos na aula nas datas coñecidas de antemán. Finalmente, vaise facilitar, tamén a través do campus virtual, varias referencias bibliográficas con cuestións prácticas a resolver polo alumno individualmente como traballo persoal fóra da aula. As titorías presenciais e virtuais serán empregadas para resolver calquera dúbida ou problema.

En conxunto, esta metodoloxía permitirá traballar a discusión. Así, o profesor fomentará un debate cos alumnos sobre as fases seguidas no desenrolo das diferentes actividades propostas. Ademais, faranse diferentes preguntas aos alumnos para interpretar colectivamente os resultados e construír, de xeito crítico, unhas conclusións.

Page 11: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos

UNIDADE DIDÁCTICA II. Modificacións na cifra de capital - 9

OS CONTIDOS BÁSICOS As achegas que realizan os socios na fundación dunha sociedade mercantil configuran o capital social da mesma. Este fondo económico pode variar ao longo da vida da empresa, co obxecto de incrementarse ou reducirse aplicando diferentes estratexias. Ademais, estas modificacións poden ser voluntarias ou obrigatorias en función da lexislación mercantil vixente. 1. Ampliación de capital

1.1. Marco xurídico xeral A empresa pode incrementar o seu financiamento con recursos

propios obtidos a través dun proceso de ampliación de capital. O custo destes recursos será o dividendo que a empresa decida pagar aos propietarios das novas accións, isto é, aos novos socios. Esta operación pode realizarse incrementando o valor nominal das accións xa existentes na empresa, ou creando novas accións sobre as cales existen uns dereitos de subscrición preferente para os socios antigos (TRLSC, artigo 295). Ademais, o aumento de capital pode realizarse con novas achegas ao patrimonio social, monetarias e/ou non monetarias, ou empregando as reservas e/ou os beneficios aprobados no último balance contable. A ampliación de capital implica unha modificación dos estatutos sociais que está regulada nos artigos 295 a 316 do Capítulo II no Título VIII do TRLSC, e que debe ser aprobada pola xunta xeral da empresa. En particular, os requisitos que debe cumprir son:

- Elaboración dunha proposta e informe que xustifique a ampliación de capital por parte dos administradores ou, no seu defecto, polos accionistas que a propoñen.

- Convocatoria da xunta xeral na que explicitamente recoñécese o dereito dos accionistas a examinar a proposta e informe anteriores.

- Aprobación na xunta xeral do proceso de ampliación de capital, cumprindo o establecido nos artigos 194 a 201 do TRLSC en relación co quórum e maiorías necesarios. Así mesmo, cando a ampliación se realice a través do incremento do valor nominal das accións xa existentes, deberá ser aprobada por todos os accionistas salvo que se realice con cargo a beneficios ou reservas (TRLSC, artigo 296).

- O acordo debe constar en escritura pública, estar inscrito no Rexistro Mercantil e debe publicarse no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORM).

En calquera caso, e ao igual que o TRLSC establece para os procesos de constitución dunha sociedade anónima, as accións correspondentes á ampliación deben estar totalmente subscritas. No caso contrario, a empresa pode aprobar unha ampliación só pola parte que se subscribiu, se esta circunstancia se previra nas condicións de ampliación de capital aprobadas

Page 12: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos

10 - UNIDADE DIDÁCTICA II. Modificacións na cifra de capital

previamente na xunta xeral (TRLSC, artigo 311). Respecto ao desembolso, este alcanzará, como mínimo, o 25% do valor nominal de cada acción nunha sociedade anónima, e o 100% se a ampliación se realiza nunha sociedade de responsabilidade limitada (TRLSC, artigo 296). Ademais, se existe, desembolsarase o 100% da prima de emisión.

1.2. Tratamento contable

O tratamento contable dunha ampliación de capital varía en función da modalidade aprobada na empresa para a súa realización. En concreto, o TRLSC recoñece varias modalidades de ampliación de capital que son:

- Achegas monetarias (TRLSC, artigo 299): esixe o desembolso total das accións xa emitidas ou, no caso contrario, que a parte pendente de desembolso non exceda o 3% do capital social. As anotacións contables no libro diario correspondentes a este tipo de ampliación son:

Emisión das accións: Debe Haber (190) Accións emitidas a (194) Capital emitido

pendente de inscrición Capital social subscrito (valor nominal) pendente de

desembolso: Debe Haber (1034) Socios por desembolsos non esixidos, capital pendente de inscrición

a (190) Accións emitidas

Desembolso do capital social subscrito (valor nominal máis, se

existe, prima de emisión): Debe Haber (57) Tesouraría a (190) Accións emitidas

Inscrición non Rexistro Mercantil do capital social subscrito:

Debe Haber (194) Capital emitido pendente de inscrición

a (100) Capital social (110) Prima de emisión

Inscrición non Rexistro Mercantil do capital social subscrito

(valor nominal) pendente desembolso: Debe Haber (1030) Socios por desembolsos non esixidos, capital social

a (1034) Socios por desembolsos non esixidos, capital pendente de inscrición

Page 13: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos

UNIDADE DIDÁCTICA II. Modificacións na cifra de capital - 11

Esixencia do dividendo pasivo: Debe Haber (5580) Socios por desembolsos esixidos sobre accións ordinarias

a (1030) Socios por desembolsos non esixidos, capital social

Desembolso do dividendo pasivo esixido:

Debe Haber (57) Tesouraría a (5580) Socios por

desembolsos esixidos sobre accións ordinarias

- Achegas non monetarias (TRLSC, artigo 300): non esixe un desembolso total das accións xa emitidas, pero si un informe dos administradores no cal se describen con detalle as achegas non monetarias que están previstas. As anotacións contables no libro diario correspondentes a este tipo de ampliación son:

Emisión de capital social pendente de subscrición e inscrición no Rexistro Mercantil:

Debe Haber (190) Accións emitidas a (194) Capital emitido pendente de

inscrición

Capital social subscrito pendente de desembolso con achegas en cousa distinta a diñeiro:

Debe Haber (1044) Socios por achegas en cousa distinta a diñeiro pendentes, capital pendente de inscrición

a (190) Accións emitidas

Inscrición non Rexistro Mercantil do capital social subscrito:

Debe Haber (194) Capital emitido pendente de inscrición

a (100) Capital social (110) Prima de emisión

Inscrición non Rexistro Mercantil do capital social subscrito

pendente de desembolso con achegas en cousa distinta a diñeiro:

Debe Haber (1040) Socios por achegas en cousa distinta a diñeiro, capital social

a (1044) Socios por achegas en cousa distinta a diñeiro pendentes, capital pendente de inscrición

Page 14: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos

12 - UNIDADE DIDÁCTICA II. Modificacións na cifra de capital

Desembolso da achega en cousa distinta a diñeiro: Debe Haber (grupos 2, 3, 4 e 5) Ben non monetario achegado

a (1040) Socios por achegas en cousa distinta a diñeiro, capital social

- Compensación de créditos contra a sociedade (TRLSC, artigo 301): implica a conversión dun pasivo en fondos propios e, polo tanto, non leva consigo o incremento do activo da sociedade que acontecía nas modalidades de ampliación anteriores (achegas monetarias e/ou non monetarias). O TRLSC establece unhas condicións para que este tipo de ampliación poida realizarse:

Como mínimo, o 25% dos créditos a compensar deben ser líquidos, vencidos e esixidos. Ademais, o vencemento dos outros créditos non debe superar os cinco anos.

Debe poñerse a disposición dos socios un informe de auditoría, o cal acreditará que os datos sobre os créditos ofrecidos polos administradores son certos. Este informe non é obrigatorio nas sociedades de responsabilidade limitada.

As anotacións contables no libro diario correspondentes a este tipo de ampliación son:

Emisión de capital social pendente de subscrición e inscrición no Rexistro Mercantil:

Debe Haber (190) Accións emitidas a (194) Capital emitido pendente de

inscrición

Subscrición e desembolso do capital social: Debe Haber (-) Débedas xerais (190) Accións emitidas (521) Débedas a curto prazo (171) Débedas a longo prazo

Inscrición non Rexistro Mercantil do capital social subscrito: Debe Haber (194) Capital emitido pendente de inscrición

a (100) Capital social (110) Prima de emisión

- Conversión de obrigas en accións (TRLSC, artigos 302): non se pode realizar se o valor nominal das obrigas é inferior, en cómputo global, ao das accións. No tema 3 da materia estudarase este tipo de ampliación que, en calquera caso, non é válido para sociedades de responsabilidade limitada porque non poden emitir estes títulos de renda fixa. - Conversión de reservas ou beneficios en accións (TRLSC, artigo 303): só poden empregarse as reservas dispoñibles, a reserva por prima de emisión,

Page 15: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos

UNIDADE DIDÁCTICA II. Modificacións na cifra de capital - 13

e a reserva legal pola parte que exceda do 10% do capital social xa aumentado nunha sociedade anónima ou o 100% nunha sociedade de responsabilidade limitada. A base desta operación será o balance contable aprobado e verificado polo auditor nos seis meses anteriores ao acordo de ampliación de capital. As anotacións no libro diario para este tipo de ampliación son:

Emisión de capital social pendente de subscrición e inscrición no Rexistro Mercantil:

Debe Haber (190) Accións emitidas a (194) Capital emitido pendente de

inscrición

Subscrición e desembolso do capital social: Debe Haber (113) Reservas voluntarias (190) Accións emitidas (110) Prima de emisión (112) Reserva legal

Inscrición no Rexistro Mercantil do capital social subscrito: Debe Haber (194) Capital emitido pendente de inscrición

a (100) Capital social (110) Prima de emisión

- Absorción doutra empresa: refírese aos procesos de combinación de negocios. A referencia legal básica é a Lei 3/2009, do 3 de abril, sobre modificacións estruturais das sociedades mercantís (LME). No tema 5 da materia estudarase este tipo de ampliación. 2. Redución de capital

2.1. Marco xurídico xeral A empresa pode reducir o seu capital social de forma voluntaria ou

obrigatoria por disposición legal. Deste xeito, a redución pode estar motivada por unha mala previsión inicial da cifra de capital necesaria para o desenvolvemento da actividade (redución voluntaria), ou ben porque acumulou perdas en diferentes exercicios contables que minguou o seu patrimonio neto por debaixo dos límites legais (redución obrigatoria). Ao igual que a ampliación, a redución de capital tamén leva consigo unha modificación dos estatutos sociais que debe aprobarse en xunta xeral e que, polo tanto, debe cumprir os mesmos requisitos que aquela. Non obstante, esta operación está regulada nos artigos 317 a 342 do Capítulo III no Título VIII do TRLSC. A maiores, sinálase que o acordo de redución debe expresar, como mínimo, a seguinte información (TRLSC, artigo 318):

A cifra de redución de capital. A finalidade da redución de capital. Neste sentido, o artigo

317 do TRLSC sinala que a redución pode ter un dos seguintes obxectivos: a devolución de achegas aos socios, a

Page 16: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos

14 - UNIDADE DIDÁCTICA II. Modificacións na cifra de capital

condonación de dividendos pasivos, a constitución e/ou incremento da reserva legal ou as reservas voluntarias, e o restablecemento do equilibrio entre o capital e o patrimonio neto diminuído polas perdas acumuladas en exercicios contables previos.

O procedemento que, como sinala o artigo 317 do TRLSC, pode consistir en: a redución do valor nominal das accións existentes, a amortización de accións, ou a agrupación de accións xa existentes para cambialas por outras.

O prazo de execución. No seu caso, as achegas que se devolverán aos socios. Se

esta devolución non afecta por igual a todas as accións, será preciso o acordo da maioría dos accionistas interesados para aprobar a ampliación.

O acordo de redución de capital debe ser publicado no BORM e en dous xornais de grande circulación na provincia en que a empresa teña o seu domicilio social. Finalmente, dado que a redución de capital supón unha diminución da garantía da empresa fronte aos seus acredores, o TRLSC recoñece determinados supostos nos que estes prestamistas poden opoñerse a súa aprobación. En concreto, o artigo 334 do TRLSC sinala que os acredores da sociedade anónima terán dereito de oposición á redución, se teñen créditos con orixe anterior á data do anuncio da redución, que aínda non venceran e ata que se lles garantan. Non obstante, o artigo 335 do TRLSC sinala que este dereito non existe se a redución de capital:

- Prodúcese para compensar perdas de exercicios contables anteriores.

- Ten como obxectivo constituír ou incrementar a reserva legal. - Realízase con cargo a beneficios ou a reservas libres, ou

mediante a amortización de accións adquiridas pola empresa a título gratuíto. Neste suposto, o valor nominal das accións amortizadas ou a diminución do seu valor nominal, destínase á denominada reserva por capital amortizado.

2.2. Tratamento contable

Como aconteceu coa ampliación, o tratamento contable dunha redución de capital varía en función da modalidade aprobada na empresa para a súa realización. A continuación, descríbese o rexistro contable no libro diario correspondente a cada tipo de redución que se estuda nesta unidade. - Redución por devolución de achegas aos socios (TRLSC, 329-330): existe dereito de oposición dos acredores salvo que esta redución se realice con cargo a reservas libres e, polo tanto, se constitúa a reserva por capital amortizado polo valor nominal de capital social que se reduce.

Redución de capital: Debe Haber (100) Capital social a (572) Bancos

Page 17: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos

UNIDADE DIDÁCTICA II. Modificacións na cifra de capital - 15

Creación da reserva por capital amortizado: Debe Haber (113) Reservas voluntarias a (1142) Reserva por capital

amortizado - Redución de capital por condonación de dividendos pasivos (TRLSC, artigo 317): existe dereito de oposición dos acredores salvo que a redución se realice nos termos descritos para a modalidade anterior.

Redución de capital: Debe Haber (100) Capital social a (103) Socios por desembolsos

non esixidos

Creación da reserva por capital amortizado: Debe Haber (113) Reservas voluntarias a (1142) Reserva por capital

amortizado - Redución de capital por constitución ou incremento da reserva legal ou das reservas voluntarias (TRLSC, artigo 328). A redución de capital ligada á reserva legal anula o dereito de oposición dos acredores (TRLSC, artigo 335), mentres que para as reservas voluntarias mantense. Ademais, a repartición de dividendos aos socios, unha vez feito este tipo de redución, só poderá realizarse se a reserva legal ten un importe equivalente ao 10% da nova cifra de capital social.

Redución de capital con cargo á reserva legal: Debe Haber (100) Capital social a (112) Reserva legal - Redución de capital para eliminar perdas (TRLSC, artigos 320-327). O artigo 274 do TRLSC establece que as perdas obtidas en exercicios contables anteriores pódense compensar con beneficios de exercicios posteriores, reservas dispoñibles e a reserva legal. Non obstante, estes recursos poden non ser suficientes para eliminar as perdas e, en consecuencia, a empresa necesitará reducir a súa cifra de capital social. De feito, esta redución é obrigatoria se as perdas diminuíron o patrimonio neto por debaixo das dúas terceiras partes da cifra de capital, e transcorreu un exercicio sen recuperarse o patrimonio neto. Agora ben, esta redución non poderá realizarse mentres a empresa dispoña doutras reservas voluntarias ou cando a reserva legal, unha vez feita a redución, exceda do 10% do capital social (TRLSC, artigo 322). Esta modalidade de redución non pode supoñer reembolsos aos socios nin condonacións de dividendos pasivos. Tampouco pode provocar unha minoración do capital por debaixo do mínimo legal (60,000 euros para unha sociedade anónima), dado que iso suporía a disolución da sociedade ou a súa transformación noutra forma xurídica. Así mesmo, o artigo 100 do TRLSC sinala que as accións sen dereito de voto non quedarán afectadas por esta operación. Agora ben, se como consecuencia da redución, o valor

Page 18: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos

16 - UNIDADE DIDÁCTICA II. Modificacións na cifra de capital

nominal das accións sen voto excede o 50% do capital social desembolsado, deberá restablecerse este equilibro nun prazo máximo de dous anos ou, no caso contrario, disolver a sociedade. Finalmente, e ao igual que na redución con cargo a reservas, a repartición de dividendos aos socios só poderá realizarse se a reserva legal ten un importe equivalente ao 10% da nova cifra de capital social unha vez feita a redución.

Redución de capital para eliminar perdas: Debe Haber (112) Reserva legal (113) Reservas voluntarias (100) Capital social

a (121) Resultados negativos de exercicios anteriores (129) Resultado do exercicio

- Redución por amortización de accións propias (TRLSC, artigos 338-342): as accións propias non son un activo financeiro para a sociedade que as posúe, senón que aparecen contabilizadas no patrimonio neto minorando o importe dos fondos propios. A redución de capital empregando as accións propias pode ser voluntaria, por exemplo, para reducir un exceso de recursos propios, ou obrigatoria, porque a empresa incumpre os requisitos para manter unha carteira de accións propias (TRLSC, artigos 139, 146 e 147).

Compra das accións propias: Debe Haber (109) Accións propias para redución de capital

a (572) Bancos

Redución de capital:

Debe Haber (100) Capital social (113) Reservas voluntarias

a (109) Accións propias para redución de capital

ACTIVIDADES PROPOSTAS

Ao longo desta unidade vanse realizar diferentes que, nunha fase inicial, procuran espertar o interese sobre os contidos propios da unidade a través da súa conexión coa realidade empresarial. Neste senso, comentaranse diversas novas recollidas por distintos medios de comunicación relativas aos acordos empresariais sobre modificacións do capital social (perfil da sociedade, volume, procedementos, etcétera). Esta actividade será proposta aos alumnos, se ben o profesor tamén elaborará información para poñer en común na aula favorecendo así un debate. Posteriormente, realizaranse actividades que pretenden desenvolver os contidos tanto teóricos como prácticos. Así, a nivel teórico, proponse unha actividade para que o alumno identifique e sintetice determinados aspectos xurídicos sobre as modificacións na cifra de capital [ver anexo 1]. En concreto, son cuestións que non se desenvolven amplamente na sesión

Page 19: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos

UNIDADE DIDÁCTICA II. Modificacións na cifra de capital - 17

expositiva, para optimizar o tempo dispoñible, pero que cómpre que o alumno coñeza. Os materiais básicos necesarios serán o TRLSC e o PXC que estarán dispoñibles no campus virtual da USC. Cómpre tamén situar nesta fase de desenvolvemento teórico da unidade, a realización dos cuestionarios de “papel ao minuto” deseñados para estes contidos e que foron sinalados no apartado de metodoloxía [ver anexo 2]. A nivel práctico, vanse resolver nas sesións interactivas distintos exercicios especificamente referidos á ampliación e á redución de capital social nunha sociedade anónima. As fontes bibliográficas dos mesmos estarán dispoñibles previamente no campus virtual da materia [ver anexo 3]. A súa resolución será individual e colectiva, motivando ao alumno á explicación da súa resolución ao resto de compañeiros, e fomentando unha crítica dos resultados obtidos. A maiores, vaise facilitar ao alumno unha listaxe de exercicios que debe resolver individualmente fóra da aula [ver anexo 3]. Calquera dúbida ou comentario sobre os mesmos serán resoltos nas sesións de titorías. AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA

A avaliación desta unidade didáctica será realizada entre tres fases: Avaliación inicial: o profesor avaliará os coñecementos previos dos

alumnos en materia contable a través da realización dun debate na aula o primeiro día de clase.

Avaliación procesual: avaliarase a participación do alumno e as actividades resoltas durante o desenvolvemento das sesións expositivas e interactivas. En particular, o profesor levará un rexistro da participación de cada alumno na aula, e tamén supervisará as diferentes actividades que faga, individual e/ou colectivamente, na aula e como traballo persoal fóra dela. Calquera dúbida ou problema serán resoltos nas sesións de titorías. Estes dous ítems supoñen un 30% da nota final (15% para a participación en clase e 15% para a realización de actividades prácticas).

Avaliación final: consistirá na realización dunha proba escrita composta dunha parte teórica e outra práctica. O alumno deberá obter unha puntuación mínima en cada parte para superar o exame, o cal supón un 70% da nota final.

Page 20: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos

18 - UNIDADE DIDÁCTICA II. Modificacións na cifra de capital

ANEXOS Anexo 1 ACTIVIDADE 1: procurar na prensa escrita un anuncio dun acordo de

ampliación de capital e outro de redución. Nota: só son válidos os anuncios publicados en prensa escrita como, por exemplo, os xornais. Neste senso, case todos os días tedes a vosa disposición e de balde diferentes xornais na Facultade, que serían unha fonte de información útil e válida para a realización desta tarefa. Ademais, o centro dispón dunha hemeroteca para poder consultar e fotocopiar diferentes publicacións, tanto xenéricas como especializadas en temas económicos e financeiros. Condicións: é unha tarefa individual. Debe entregarse un documento coas fotocopias dos anuncios indicados na sesión interactiva [poñer data]. Nesta copias debe estar subliñado o lugar onde aparece a referencia expresa ao acordo, o nome da empresa e a data de aprobación.

ACTIVIDADE 2: identificar, en termos xerais, as principais diferenzas

que existen na normativa mercantil entre unha sociedade anónima e unha limitada relativas ás modificacións na cifra de capital social. Condicións: é unha tarefa en parella. Entregar un documento escrito coa resolución e comentala na sesión interactiva [poñer data].

ACTIVIDADE 3: a partir do cadro de contas do PXC, identificar as

contas que se empregan no desenvolvemento desta unidade e agrupalas acorde ao grupo contable ao cal pertencen. Condicións: é unha tarefa individual. Debe entregarse un documento escrito coa resolución na sesión interactiva [poñer data].

ACTIVIDADE 4: elaborar unha listaxe de preguntas e as súas

respostas correspondentes sobre os contidos da unidade. En concreto, deben deseñarse 5 cuestións tipo test de verdadeiro/falso e, posteriormente, explicar a solución correcta. Nota: non poden ser cuestións literalmente copiadas das diapositivas empregadas na exposición da unidade. Tampouco poden ser de resposta evidente, isto é, deben ter certo grao de elaboración/reflexión (factor que inflúe notablemente na súa valoración). Condicións: é unha tarefa individual. Debe entregarse un documento escrito coa resolución na sesión interactiva [poñer data].

Page 21: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos

UNIDADE DIDÁCTICA II. Modificacións na cifra de capital - 19

Anexo 2 PAPEL AO MINUTO Nº 1

1. Expón unha idea que consideres relevante sobre a ampliación de capital [máximo dúas liñas].

2. A reserva por capital amortizado é unha reserva de libre disposición. ¿Verdadeiro ou falso?

3. Se a empresa adquire as súas propias accións, estas non se poden rexistrar como activos financeiros. ¿Verdadeiro ou falso? Xustifica a túa resposta nun máximo de dúas liñas.

PAPEL AO MINUTO Nº 2

1. Das modalidades de redución de capital analizadas na clase, ¿cal che consideras máis complexa ou difícil e por qué? [máximo dúas liñas]

2. Non existe dereito de oposición dos acredores se a redución de capital ten como obxectivo constituír ou incrementar a reserva legal. ¿Verdadeiro ou falso?

3. A letra de cambio representa unha achega en cousa distinta a diñeiro que non se pode empregar nunha ampliación de capital para compensar as débedas nela representadas. ¿Verdadeiro ou falso? Xustifica a túa resposta nun máximo de dúas liñas.

Anexo 3

LISTAXE DE EXERCICIOS QUE SERÁN RESOLTOS NA AULA

o Ampliación de capital: Exemplos 1 e 2 do capítulo 10 do manual de

Torvisco e Olías (2010). Exemplos do 1 ao 10 do capítulo 4 do manual de

Fernández e Álvarez (2010). o Redución de capital:

Exemplos do 13 ao 23 (excluíndo o 22) do capítulo 4 do manual de Fernández e Álvarez (2010).

Exemplos do 12 ao 14 do capítulo 5 do manual de Fernández e Álvarez (2010).

LISTAXE DE EXERCICIOS QUE SERÁN PROPOSTOS COMO

TRABALLO PERSOAL FÓRA DA AULA o Ampliación de capital:

Exercicios do 1 ao 5 do capítulo 10 do manual de Torvisco e Olías (2010).

Exercicios do 26 ao 33 do manual de Romano e Cea (2010).

Cuestionario de avaliación do capítulo 10 do manual de Torvisco e Olías (2010).

Page 22: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos

20 - UNIDADE DIDÁCTICA II. Modificacións na cifra de capital

o Redución de capital: Exercicios do 1 ao 5 do capítulo 11 do manual de

Torvisco e Olías (2010). Exercicios do 40 ao 48 (excluíndo o 47) e exercicio

60 do manual de Romano e Cea (2010). Cuestionario de avaliación do capítulo 11 do

manual de Torvisco e Olías (2010). BIBLIOGRAFÍA FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, Fernando javier E ÁLVAREZ CARRIAZO, José

Luis (2010): Contabilidad de Sociedades (adaptada al nuevo PGC) (3ª edición), Ed. Cef, Madrid.

LEI 3/2009 do 3 de abril sobre modificacións estruturais das sociedades mercantís. Dispoñible no Boletín Oficial do Estado (www.boe.es).

REAL DECRETO 1514/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan Xeral de Contabilidade. Dispoñible no Boletín Oficial do Estado publicado o 20 de novembro de 2007 (www.boe.es)

REAL DECRETO 1515/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan Xeral de Contabilidade de Pequenas e Medianas Empresas e os criterios contables específicos para Microempresas. Dispoñible no Boletín Oficial do Estado publicado o 21 de novembro de 2007 (www.boe.es).

ROMANO APARICIO, Javier E CEA GARCÍA, José Luis (2010): Contabilidad de Sociedades (casos prácticos) (6ª edición), Ed. Cef, Madrid.

TEXTO REFUNDIDO DA LEI DE SOCIEDADES DE CAPITAL (TRLSC) aprobado polo Real Decreto 1/2010. Dispoñible no Boletín Oficial do Estado publicado o 3 de xullo de 2010 (www.boe.es).

TORVISCO MANCHÓN, Beatriz E OLÍAS DE LIMA Y HERAS, Rosa (2010): Fundamentos de contabilidad de sociedades, Ed. Pirámide, Madrid.

Page 23: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos
Page 24: Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución... de modificación da cifra de capital social, isto é, dos acordos de ampliación e redución de capital. Os contidos

Vicerreitoría de eStUdaNteS, cUltUra e ForMaciÓN coNtiNUa

Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade

Gra

o en

Adm

inis

trac

ión

e D

irecc

ión

de E

mpr

esas

Contabilidade Financeira II

María Milagros Vivel Búa

2

Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución

978

8498

8797

11Departamento de Economía Financeira e Contabilidade

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais