evolución da situación lingüística en galicia nos...

51
A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976 Manuel González González Evolución da situación lingüística en Galicia nos últimos quince anos O artigo describe a situación do galego nos últimos 15 anos a partir dos datos achegados polo Mapa Sociolingüístico de Galicia (1992-1996), contrastados cos datos da Actualización do Mapa Sociolingüístico de Galicia de 2004, cos do Censo de poboación de 2001 e cos da Enquisa de condicións de vida do Instituto Galego de Estatística do 2003. Revísanse cuestións como a situación da lingua inicial e a evolución da lingua habitual, segundo hábitat, nivel educativo, idade, ocupación; a evolución no dominio das destrezas lingüísticas; a situación do corpus do galego e fanse algunhas reflexións arredor do chamado “galego urbano”. 1 Introdución No ano 1992 tivo lugar un acontecemento decisivo para o coñecemento da situación sociolingüística do galego en Galicia, foi a decisión de realizar un Mapa sociolingüístico de Galicia. Este proxecto foi posto en marcha polo Seminario de sociolingüística da Real Academia Galega, e financiado integramente pola Xunta de Galicia. Os traballos para o Mapa sociolingüístico de Galicia (MSG-92) comezaron xa no mesmo ano 1992, e para someter a proba o cuestionario antes de acometer a realización das enquisas en todo o territorio levouse a cabo un estudo de proba sobre a Comarca de Ferrol, que foi publicado en 1993. No 1994 apareceu xa o primeiro volume do MSG-92, que leva por título Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia; no 1995, o segundo, dedicado á análise dos Usos lingüísticos; e no 1996, o terceiro, no que se analizan as Actitudes lingüísticas en Galicia. Trátase probablemente do estudo máis completo realizado nunca sobre a situación sociolingüística dun pais, cunha mostra de 38.897 entrevistas, entre a poboación maior de 16 anos residente en Galicia. Establecéronse 36 sectores, atendendo ao

Upload: trinhtu

Post on 11-Feb-2019

214 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Manuel González González Evolución da situación lingüística en Galicia nos últimos quince anos O artigo describe a situación do galego nos últimos 15 anos a partir dos datos

achegados polo Mapa Sociolingüístico de Galicia (1992-1996), contrastados cos

datos da Actualización do Mapa Sociolingüístico de Galicia de 2004, cos do Censo de

poboación de 2001 e cos da Enquisa de condicións de vida do Instituto Galego de

Estatística do 2003. Revísanse cuestións como a situación da lingua inicial e a

evolución da lingua habitual, segundo hábitat, nivel educativo, idade, ocupación; a

evolución no dominio das destrezas lingüísticas; a situación do corpus do galego e

fanse algunhas reflexións arredor do chamado “galego urbano”.

1 Introdución

No ano 1992 tivo lugar un acontecemento decisivo para o coñecemento da

situación sociolingüística do galego en Galicia, foi a decisión de realizar un Mapa

sociolingüístico de Galicia. Este proxecto foi posto en marcha polo Seminario de

sociolingüística da Real Academia Galega, e financiado integramente pola Xunta de

Galicia. Os traballos para o Mapa sociolingüístico de Galicia (MSG-92) comezaron xa

no mesmo ano 1992, e para someter a proba o cuestionario antes de acometer a

realización das enquisas en todo o territorio levouse a cabo un estudo de proba

sobre a Comarca de Ferrol, que foi publicado en 1993. No 1994 apareceu xa o

primeiro volume do MSG-92, que leva por título Lingua inicial e competencia

lingüística en Galicia; no 1995, o segundo, dedicado á análise dos Usos lingüísticos;

e no 1996, o terceiro, no que se analizan as Actitudes lingüísticas en Galicia.

Trátase probablemente do estudo máis completo realizado nunca sobre a situación

sociolingüística dun pais, cunha mostra de 38.897 entrevistas, entre a poboación

maior de 16 anos residente en Galicia. Establecéronse 36 sectores, atendendo ao

Page 2: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

tamaño dos concellos e á porcentaxe de poboación ocupada nas distintas

actividades económicas en cada un deles. Dentro de cada sector a mostra

repartiuse de modo proporcional entre os concellos que o integran, e asignáronse

cotas por grupos de idade e sexo.

O cuestionario consta de 148 preguntas, algunha con subdivisións, co que o

número de variables obtido foi de 170, e pretende ofrecer unha fotografía na que

aparezan reflectidos os elementos mais relevantes para o coñecemento da

realidade sociolingüística do galego en Galicia:

a) Datos de identificación persoal do entrevistado: nome, lugar de nacemento e

residencia, sexo, idade, profesión, estudos etc.

b) Competencia lingüística do entrevistado e da súa familia.

c) Historia (socio)lingüística do entrevistado: lingua inicial, lingua usada no

ámbito escolar, lingua usada polos familiares máis próximos, etc.

d) Usos lingüísticos do entrevistado en distintas situacións: no medio familiar,

cos amigos, no traballo, na Administración, etc.

e) Actitudes e prexuízos lingüísticos: sobre o uso do galego en diferentes

espazos, sobre a utilidade do galego en relación co castelán, sobre o aumento

do uso do galego, sobre os falantes de galego e de castelán etc.

f) Conciencia sociolingüística do entrevistado: lingua habitual da xente nova,

futuro das linguas en Galicia, grao de uso do galego en diferentes momentos do

último medio século etc.

g) Cuestións de control (algunhas cubertas polo entrevistador).

Os datos proporcionados por esta obra serán os que se tomen como punto de

partida para examinar a evolución da situación sociolingüística ata a actualidade, e

trataremos de poñelos en contraste cos ofrecidos pola Actualización do Mapa

sociolingüístico de Galicia (MSG-04) para a que se realizaron as enquisas no ano

2004, e que está neste momento en proceso de publicación, e de maneira ocasional

2

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 3: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

tamén cos proporcionados polo Censo de poboación de 2001 e pola Enquisa de

condicións de vida do Instituto Galego de Estatística do 2003.

Dada a importancia do contraste dos datos do MSG-92 e do MSG-04, convén

sinalar algunhas diferenzas, sobre todo metodolóxicas, entre ambos os estudos,

para poder facer unha interpretación mais correcta dos datos:

A primeira diferenza importante está no tamaño da mostra: no MSG-92

realizáronse 38.897 enquisas.O erro máximo da mostraxe para os datos de toda

Galicia é de +/- 0,62%, e dun 3% para cada grupo, cun nivel de confianza do

95%). En cambio o tamaño da mostra do MSG-04 é considerablemente menor, con

9714 enquisas, cun erro máximo do 1.03% para os datos globais de Galicia, e un

nivel de confianza do 95.5%).

O universo obxecto de estudo no MSG-92 era toda a poboación maior de 16

anos; pola contra, no MSG-04 só se investiga o grupo de idade comprendido entre

os 15 e 54 anos. Pareceu aconsellable introducir esta modificación, a pesar de que

fai algo máis complexa a comparación dos datos, para centrarse nos grupos de

idade nos que existe dinamismo lingüístico e que poden actuar como factores de

cambio lingüístico.

No MSG-04 préstase unha maior atención ás áreas urbanas e semiurbanas,

onde se produce un maior dinamismo e unha maior complexidade sociolingüística, e

por seren os lugares onde presumiblemente se vai xogar o futuro da lingua galega.

No MSG-92 só se estudaba a situación da lingua galega no interior da

Comunidade Autónoma de Galicia. No MSG-04 a investigación abriuse tamén á

situación nas zonas de fala galega do occidente de Asturias, León e Zamora.

No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do que se

eliminou algunha pregunta que non ofreceu resultados interesantes no MSG-92.

Tamén se produciu un cambio importante no procedemento de realizar as

enquisas: mentres que no MSG-92 as preguntas se facían sempre en galego, co

que se podía exercer algún tipo de influencia no comportamento do informante a

favor desta lingua, no MSG-04 utilizouse a lingua de preferencia do enquisado.

3

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 4: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Outro cambio significativo é que no MSG-04 non se investigan só competencias

e comportamentos referidos ao galego, senón tamén referidos ao castelán e a

outras linguas estranxeiras.

2 Lingua inicial

2.1 Importancia do estudo da lingua inicial

Tense dito ás veces que os datos referidos á lingua inicial non son demasiado

importantes de cara á comprensión da situación social dunha lingua nin para

examinar a súa fortaleza nin para deseñar a súa posible planificación. Din os que

defenden esta visión que o que realmente ten transcendencia é o coñecemento

lingüístico, e que o estudo da lingua inicial unicamente ten interese en canto é un

factor que favorece un mellor coñecemento desa lingua, pero máis nada. Esta non

deixa de ser unha visión simplista e miope: é verdade que xeralmente a lingua da

que se ten un mellor coñecemento é a que se aprende na familia, isto é evidente.

Pero a lingua inicial é tamén un factor determinante en alto grao do

comportamento lingüístico, e neste feito radica tamén a importancia do seu estudo.

Os que aprenderon unha lingua no seo familiar tenden a utilizala no futuro na maior

parte das situacións comunicativas. Isto vese con toda a claridade nos datos do

MSG-92, que mostran como o 81% dos que adquiriron o galego na familia son

galegofalantes habituais (e a porcentaxe sobe ata o 94,8% dos que o adquiriron

como primeira lingua). En cambio, só usa o galego habitualmente o 26% dos que o

adquiriron cos amigos, e o 7,9% dos que o aprenderon na escola. Velaquí, a

importancia da adquisición familiar dunha lingua.

4

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 5: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

2.2 Os datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia (RAG) e da actualización

do 2004

No ano 1992, segundo os datos do MSG, un 62,4% dos habitantes de Galicia

maiores de 16 anos era galegofalante inicial, e só un de cada catro tivera como

primeira lingua o castelán. A porcentaxe dos que aprendían simultaneamente as

dúas linguas era aínda relativamente baixa (só un 11 por cento).

Lingua inicial no MSG-92

A situación mudou considerablemente desde aquela, e no ano 2004

atopámonos cuns datos considerablemente distintos. Dentro da poboación de 16 a

54 anos, só un 20,6% ten exclusivamente o galego como lingua inicial; e pola

contra, aumenta substancialmente, ata un 36.2 % , o número dos que teñen

exclusivamente o castelán como primeira lingua. É verdade que crece dunha

maneira extraordinaria o número dos que manifestan ter o galego e o castelán

como linguas iniciais (o 25,9% con predominio do castelán, e o 15,1% con

predominio do galego).

5

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 6: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Distribución da lingua inicial en Galicia no MSG-04 (tramo 16-54 anos)

Cómpre ter en conta que os resultados das dúas gráficas anteriores non son

estritamente comparables, aínda que si indicativos, xa que se trata de datos

referidos a franxas de idade non coincidentes: os de 1992 están referidos ao

conxunto da poboación maior de 16 anos1, e os de 2004 unicamente ao sector

comprendido entre 16 e 54 anos.

Pero podemos ver unha evolución da situación moi ilustrativa, e case

totalmente fiable, se examinamos exclusivamente o sector de idade comprendido

entre 16 e 54 anos nos dous estudos. Se nos restrinximos a esta franxa de idade o

resultado é o seguinte: neste período de tempo diminuíu do 51,2% ao 20,6% a

porcentaxe da poboación que ten o galego como lingua inicial; e, pola contra,

incrementouse do 13,6% ao 36,2% a dos que teñen exclusivamente o castelán

1 É evidente que o non presentar límite superior de idade leva consigo uns valores moito máis altos

para o galego, porque na poboación de maior idade a única lingua que se lle transmitiu no seo da

familia foi na maioría dos casos o galego.

6

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 7: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

como lingua inicial. Tamén aumentou considerablemente o número dos que

consideran que teñen como iniciais ambas as linguas (do 34,4% ao 41%).

Comparación da lingua inicial no tramo 16-54 anos no MSG-92 e no MSG-04

2.3 Correlación entre lingua inicial e outras variables no MSG-04

As variables coas que presenta unha maior correlación o ter como lingua

inicial o galego son, por orde de importancia, a lingua da nai, a lingua do pai, o

hábitat de nacemento, o nivel educativo, a idade e a ocupación.

Non nos pararemos a analizar a correlación, por outro lado esperable, entre a

lingua inicial e a lingua dos pais: parece natural que a primeira lingua que adquire

unha persoa, a non ser que viva unhas circunstancias moi especiais, tenda a

coincidir coa lingua que utilizan a nai e o pai.

2.3.1 A lingua inicial nas cidades galegas

Máis interese ofrece a relación co hábitat de nacemento, e en xeral, podemos

dicir que aínda hoxe o nacer nun medio rural é máis favorable a ter o galego como

lingua inicial que o nacer nun medio urbano. Pero a situación tampouco é igual nas

sete cidades galegas:

7

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 8: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Lingua inicial nas sete cidades galegas (MSG-04)

O primeiro que se observa ao examinar a gráfica anterior é un claro

predominio do castelán nas sete grandes cidades de Galicia, pero sobre todo en

Ferrol e Vigo. Ferrol resulta a cidade máis castelanizada neste aspecto, pois preto

do 70% da poboación con idades comprendidas entre os 15 e os 54 anos aprendeu

a falar só en castelán. Sumando as opcións ‘só castelán’ e ‘máis castelán’ a

proporción de persoas que adquiriron de maneira única ou preferente o castelán

ascende ao 84,5%. Séguenlle no predominio do castelán como lingua inicial Vigo (o

54% de ‘só castelán’ e o 26,9% de ‘máis castelán’) co 80,9%, A Coruña (o 41% de

‘só castelán’ e o 36,4% de ‘máis castelán’) co 77,4%, e Pontevedra (o 45,4% de ‘só

castelán’ e o 27,8% de ‘máis castelán’) co 73,2%.

Pola contra, as maiores proporcións de galegofalantes iniciais, sumando as

opcións ‘só galego’ e ‘máis galego’, preséntanas: Lugo co 40% (o 23,1% de ‘só

galego’ e o 16,9% de ‘máis galego’), Santiago co 35,1% (o 19,2% de ‘só galego’ e

15,9% de ‘máis galego’), e Ourense co 31% (o 13,9% de ‘só galego’ e o 17,1% de

‘máis galego’).

8

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 9: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

2.3.2 A lingua inicial segundo o nivel educativo

Se collemos os datos das enquisas do MSG-04 en canto á lingua inicial e os

cruzamos na súa totalidade co nivel educativo, os resultados globais son os que se

ofrecen na seguinte gráfica:

Lingua inicial segundo o nivel educativo no MSG-04

Aínda que estes resultados mostran perfectamente a tendencia xeral, non se

poden valorar estritamente, xa que son o produto dunha mostra desequilibrada, xa

que está feita sobre o conxunto da poboación entre 15 e 54 anos, e os de 15 anos

aínda non tiveron posibilidade de realizar os niveis máis altos de estudo. Se

consideramos que unha persoa normal debe ter finalizados os estudos

universitarios aproximadamente aos 25 anos, podemos reducir a mostra ao sector

de poboación con capacidade para adquirir calquera nivel de estudos, e analizar a

situación no sector de poboación comprendido entre 26 e 54 anos. A comparación

das dúas seguintes gráficas mostra perfectamente a evolución da situación entre os

anos 92 e 2004.

9

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 10: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Lingua inicial segundo o nivel educativo no MSG-92 (26-54 anos)

Lingua inicial segundo o nivel educativo no MSG-04 (26-54 anos)

Os dous feitos máis rechamantes desta comparación son: o forte incremento

dos que adquiriron as dúas linguas desde o momento inicial, e o notable descenso

dos que adquiriron unicamente o galego. Este descenso, en relación cos que

adquiriron unicamente o castelán, vese perfectamente na seguinte gráfica

elaborada cunha escala de 1 a 4, onde o valor 1 se identifica co monolingüísmo en

castelán e o valor 4 co monolingüísmo en galego.

10

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 11: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Lingua inicial segundo o nivel educativo (26-54 anos). Valores medios

O retroceso na transmisión primaria do galego é perceptible en todos os

niveis educativos, pero preséntase especialmente marcado no grupo dos que

cursaron estudos de bacharelato.

2.3.3 Evolución da lingua inicial, segundo a idade, entre 1992

e 2004

11

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 12: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Vénse repetindo, e con razón, que un dos principais problemas da lingua

galega é o da ruptura da transmisión familiar, e este feito percíbese perfectamente

na gráfica elaborada con valores de 1 a 4. Ata agora, historicamente, a transmisión

familiar do galego veu diminuíndo sempre a medida que descendemos na escala de

idade, por iso non é sorprendente que as porcentaxes máis elevadas de

galegofalantes iniciais corresponden nos dous momentos sondados ao grupo de 45

a 54 anos (é dicir, ao grupo de maior idade comparado). Desta mesma tendencia é

reflexo tamén o descenso dos valores do galego desde o 1992 ata 2004. Mesmo na

xeración de maior idade, de 45 a 54 anos, pasouse dunha media de 2,56 no MSG-

92, próxima xa que logo ao valor ‘galego’, a outra de 1,99 no MSG-04, situada no

punto central, é dicir, no valor ‘as dúas’.

Pero, nesta gráfica observamos tamén un feito moi importante: por primeira

vez na historia recente, nos datos do MSG-04, detectamos unha ruptura da

tendencia descendente no tramo de 15 a 24 anos, é dicir, no sector máis novo da

poboación estudado. Este é un feito moi importante, e temos que estar atentos á

súa evolución futura porque, de confirmarse, significaría o inicio da recuperación da

transmisión familiar do galego.

2.3.4. Lingua inicial segundo a ocupación

12

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 13: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Segundo se pode observar na gráfica, a maior porcentaxe de galegofalantes

iniciais, tanto se se considera a opción monolingüe (58,3%) como a suma desta coa

de maioría galego (73,6%), atópase entre os ‘traballadores agrícolas e non

cualificados non agrícolas’, dos que preto do 60% aprendeu a falar ‘só galego’ . Por

outro lado, este é o único grupo profesional onde a maioría aprendeu a falar ‘só

galego’ ou ‘máis galego’, pois no resto a suma destas dúas opcións non acada en

ningún caso o 50%. Só os agrupados nas etiquetas ‘encargados’ (capataces e

persoal encargado en actividades de servizos persoais) cun 46,6%, ‘t.

cualific./semicualific.’ (traballadores cualificados e semicualificados) cun 44,8%, e

‘xerentes’ (propietarios e xerentes da hostalería, comercio e agricultura) cun 43,7%

se aproximan a esa proporción.

A porcentaxe máis baixa de galegofalantes iniciais atopámola entre os

‘administrativos’ (persoal administrativo e similar) cun 28,3%.

A maior porcentaxe de transmisión do galego como lingua inicial aparece asociada

aos grupos profesionais de menor dinamismo, o que fai desconfiar do seu futuro.

2.4 Algunhas conclusións da análise da lingua inicial

Á vista dos datos analizados, podemos salientar, como conclusións máis

relevantes da evolución da lingua inicial nos últimos tempos:

a) Un forte retroceso da transmisión primaria da lingua galega entre 1992 e

2004.

b) Un avance do monolingüismo inicial en castelán e do bilingüismo inicial: o

grupo máis numeroso é o de bilingües iniciais (41%).

c) Na actualidade, a adquisición inicial única ou preferente da lingua galega só é

maioritaria entre os nados en localidades con menos de 10.000 habitantes e

entre os residentes en localidades con menos de 5.000. Isto é preocupante

tendo en conta a perda de peso da poboación rural, e deixa un panorama

sombrío sobre o porvir do galego.

13

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 14: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

d) Existe un dato esperanzador, que indica unha certa recuperación de falantes

iniciais de galego no grupo de menor idade. Cumpriría seguir a súa evolución

no futuro para confirmar se constitúe un principio de recuperación da

transmisión familiar do galego.

e) Aínda que é un feito que non nos paramos a analizar, cómpre salientar

tamén o incremento de falantes iniciais doutras linguas, fenómeno que hai

que explicar pola crecente presenza da inmigración e polo regreso de

emigrantes galegos e dos seus descendentes.

f) Tendo en conta a importancia da lingua inicial no futuro comportamento

lingüístico dos falantes, revélase como absolutamente necesaria a

potenciación de medidas de apoio á transmisión familiar da lingua galega.

3 Coñecemento lingüístico

O coñecemento lingüístico é un parámetro que está estreitamente relacionado

coa lingua inicial, aínda que non plenamente coincidente con esta, xa que o

coñecemento dunha lingua pode adquirirse por moitos medios (a través da escola,

grupo de amigos, autoaprendizaxe…). Pódese ter un bo coñecemento dunha lingua,

sen que esta sexa a lingua inicial, pero é ben certo que adoita ser a lingua inicial

aquela da que se ten mellor dominio.

3.1 O coñecemento do galego no MSG-92

O que caracteriza a situación no ano 1992 é, por un lado, o alto nivel de

capacidade para entender o galego e para falalo, e o baixo índice de capacidade

para lelo e, sobre todo, escribilo, tal como se pode ver na seguinte gráfica:

14

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 15: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

97,186,4

45,9

27,1

0

20

40

60

80

100

120

entenderfalarlerescribir

3.2 Evolución do coñecemento do galego nos últimos anos

Non merece comentario especial o índice da capacidade para entender o

galego, que se aproxima á totalidade da poboación: máis dun 97% dos galegos son

capaces de entender a lingua galega, tanto agora como hai quince anos.

86,4

45,9

27,1

89,39 85,79

53,24

0

50

100

Falar Ler Escribir

MSG-92IGE-2003

Onde si que se produciron movementos é na capacidade de falar o galego e,

sobre todo, na capacidade de lelo e escribilo.

15

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 16: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

En canto á capacidade para falar galego, se comparamos os datos do MSG-

92 cos do Instituto Galego de Estatística do ano 2003, vemos que esta se

incrementou lixeiramente, e pasou dun 86,4% no ano 1992 a un 89,39% no ano

2003. Pero a evolución foi espectacular na capacidade de ler, onde se pasou dun

45,9% a un 85,79%, e na capacidade de escribir, onde practicamente se duplicou

a porcentaxe da poboación que sabe escribir en galego (pasouse dun lamentable

27,1% a un aínda pobre 53,24%).

Cómpre ter en conta que, aínda que estas cifras nos orientan sobre a

evolución da situación, os datos non son estritamente comparables, xa que mentres

que os do MSG-92 están realizados sobre unha mostra da poboación maior de 16

anos, os do IGE-2003 están referidos a un universo moito maior: o conxunto da

poboación de 5 ou máis anos (é dicir, inclúen unha franxa de idade entre 5 e 15

anos, que non aparece nos datos do MSG-92).

Por iso, para examinar dunha maneira máis fiable a evolución, imos comparar

unicamente o sector de poboación comprendido entre 16 e 54 anos, e ver cómo

evolucionou entre o ano 1992 en que se realizou o MSG e o 2004 en que se

realizaron as enquisas para a actualización deste Mapa sociolingüístico.

Comparación das competencias lingüísticas en galego entre o MSG-92 e MSG-04

no tramo de 16-54 anos

16

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 17: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Na gráfica anterior obsérvase perfectamente unha mellora na percepción da

competencia en todas as destrezas, e de maneira moi especial nas lectoescritoras.

Nunha escala de 1 a 4, a capacidade de entender incrementouse nese tramo de

idade nun 0,22 , a de falar nun 0,18, a de ler nun 0,69, e a de escribir nun 0,88.

3.3 O coñecemento do galego e do castelán (MSG-04)

Na seguinte gráfica vemos, sobre unha escala de 1 a 4, unha autovaloración

do coñecemento do galego e do castelán no MSG-04:

O coñecemento do galego e do castelán (MSG-04)

Cómpre salientar, en primeiro lugar, a diferenza considerablemente maior

entre as capacidades para entender e escribir no galego ca no castelán. Mentres

que no castelán a diferenza no grao de competencia respecto ás catro destrezas é

escasa, no galego a distancia entre a capacidade de entender e a de escribir é

aínda de 0,54 puntos, nesta escala de 1 a 4.

En todos os casos os valores das medias son superiores no castelán, pero a

reducida distancia dos valores entre as dúas linguas, agás na escrita, indica a

autopercepción dun elevado nivel de dominio bilingüe nas catro destrezas. De feito,

todas superan amplamente o punto central da escala, oscilando entre o 3,14 da

17

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 18: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

menos estendida, a escritura en galego, e o 3,89 da máis xeneralizada, a

comprensión do castelán.

A diferenza máis notable entre as dúas linguas atopámola na expresión

escrita, onde se rexistra unha distancia de 0,65 puntos en favor do castelán,

mentres que o maior equilibrio atopámolo na comprensión oral que, cunha distancia

de 0,21 puntos, evidencia a práctica simetría da comprensión nas dúas linguas.

O MSG-92 mostraba unha distancia de 69,4 puntos porcentuais entre a

comprensión oral e a capacidade para escribir en galego. Os novos resultados

indican unha considerable redución das diferenzas existentes entre ambas as

dimensións da competencia (18,6 puntos porcentuais).

3.4 Dominio de destrezas lingüísticas e variables sociolóxicas e

sociolingüísticas

3.4.1 Dominio de destrezas lingüísticas e idade

Deixando á parte o nivel de comprensión do galego, que é moi alto en todas

as idades, no resto das competencias lingüísticas obsérvase nos datos do ano 1992

unha forte correlación coa idade: a maior idade maior capacidade para falar o

galego, pero menor capacidade para lelo e, sobre todo, para escribilo. É o que se

reflicte con toda claridade na seguinte gráfica: a capacidade de entender é

independente da idade, a de falar descende nos máis novos, e a de ler e escribir

aumenta nos máis novos.

18

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 19: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Dominio de destrezas lingüísticas e idade (MSG-92)

Pero nos datos da actualización do MSG do ano 2004 desaparece o sentido

invertido da liña de capacidade para falar (con maior valor a maior idade) en

relación ás das capacidades de ler e escribir.(con menor valor a maior idade). Agora

a correlación coñecemento de galego-idade segue sempre un mesmo sentido: a

menor idade, maior capacidade para entender, maior capacidade para falar, maior

capacidade para ler e maior capacidade para escribir. Nunha escala de 1 a catro,

estes serían os datos:

19

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 20: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Cales son os principais cambios no 2004 con respecto á situación do ano

1992?

a) No 2004 os que máis saben falar o galego non son xa os de maior

idade, senón os de menor idade: as xeracións, canto máis novas, maior

capacidade teñen para falar galego.

b) Se comparamos os datos da xeración máis vella do MSG-04 (é dicir, a

de 45-54 anos) cos da de idade semellante no MSG-92, salta á vista un

avance importantísimo nas capacidades lectoescritoras en galego. No

ano 1992 de cada 2,6 persoas que sabían falar galego, só unha era

capaz de lelo; e só unha de cada 6 persoas que sabían falar galego, era

capaz de escribilo. Esa enorme distancia entre a capacidade para falar o

galego e para lelo e escribilo, reduciuse drasticamente nos datos do ano

2004. Isto máis que ao propio proceso de contacto co galego no ámbito

escolar, hai que atribuílo a un contacto co galego escrito en todos os

ámbitos: nos medios de comunicación, na administración, na empresa

etc.

c) Na xeración máis nova no ano 2004 as distancias entre as capacidades

de falar, ler e escribir son practicamente insignificantes. E nas dúas

20

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 21: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

xeracións máis novas estudadas, por primeira vez é maior o número dos

que saben ler en galego que o dos que saben falar.

3.4.2 Dominio de destrezas lingüísticas e clase social

Cómpre comezar por advertir lixeiras diferenzas metodolóxicas neste aspecto

entre o MSG-92 e o MSG-04. No MSG-92 para a clasificación dos entrevistados en

clases sociais o principal factor que se tivo en conta foi o da situación económica

(aínda que non só), e en todo caso os datos referidos á clase social non diferían

substancialmente dos referidos á situación económica. No MSG-04 non se

considerou o parámetro clase social, e traballouse directamente coa variable ‘nivel

de ingresos”

No MSG-92 viuse que a capacidade de entender o galego era independente

da clase social á que pertencese o individuo, pero, en cambio, a capacidade de falar

galego diminuía a medida que se subía na clase social, e a capacidade de ler e

escribir aumentaba segundo se subía na clase social. Estes feitos plásmanse

nidiamente na gráfica seguinte:

21

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 22: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Dominio de destrezas lingüísticas e clase social (MSG-92)

O mesmo que ocorría coa análise da correlación entre capacidade lingüística

en galego e idade, tamén na correlación coa clase social ou o nivel de ingresos se

produciron cambios substanciais entre o ano 1992 e o 2004.

En canto á capacidade de entender oralmente o galego, segue sen haber

diferenzas notables segundo o nivel de ingresos, aínda que a medida que aumenta

o nivel de ingresos tamén se incrementa lixeiramente a comprensión do galego.

No referente á capacidade de falar o galego, desapareceu a tendencia

existente no ano 1992, segundo a que a maior status social menor capacidade para

falar o galego. No ano 2004, a menor capacidade para falar o galego só se percibe

22

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 23: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

claramente nos que posuían nese momento ingresos mensuais superiores aos 3000

euros.

Na capacidade para ler e escribir en galego, segue persistindo a correlación a

maior nivel de ingresos maior capacidade para ler e escribir en galego, pero

moitísimo máis atenuada ca no ano 1992. Mentres que na clase baixa, no 1992, só

unha de cada tres persoas que sabía falar en galego era capaz de ler nesta lingua,

e nin sequera un de cada 5 dos que falaban galego era capaz de escribilo, no ano

2004, entre as persoas de nivel económico máis baixo, unha parte moi importante

das que saben falar galego, pode tamén lelo e mesmo escribilo.

Dominio de destrezas lingüísticas e nivel de ingresos (MSG-04)

3.4.3 Capacidade para falar o galego segundo a lingua das

clases en primaria e secundaria

As persoas que cursaron a maioría ou practicamente todas as materias en

galego declaran ter maior capacidade para expresarse oralmente neste idioma,

como se reflicte na seguinte gráfica:

23

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 24: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

3,143,43 3,53 3,66 3,773,02 3,633,39 3,5 3,67

1

1,5

2

2,5

3

3,5

4

todo en castelán practicamentetodo en castelán

máis en castelán máis en galego practicamentetodo en galego

primaria secundaria media falar 3,37

Capacidade para falar o galego segundo a lingua das clases en primaria e secundaria

Isto que parece obvio, e esperable, demostra a importancia que ten a

utilización do galego como lingua vehicular, non só para facilitar o uso desta lingua,

senón tamén para facilitar o seu coñecemento.

3.4.4 Dominio da capacidade para falar o galego en función

de adquirilo na familia no MSG-04

Se examinamos os datos da seguinte gráfica observamos unha diferenza de

0,69 puntos nesta destreza entre quen o adquiriu na familia (= 3,52) e aqueles que

non o fixeron (= 2,83).

24

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 25: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

2,83

3,52

1

1,5

2

2,5

3

3,5

4

si non

media falar 3,37

É claramente constatable que a adquisición do galego na familia contribúe a

falar a lingua con maior facilidade, pero tamén a falar a lingua con maior

seguridade.

3.4.5 Determinantes sociolingüísticos, sociolóxicos e

educativos da capacidade para ler o galego

Aplicando a proba Anova Oneway / T de Student, as variables que revelan

unha maior influencia na distribución da capacidade para ler en galego son,

seguindo a orde de importancia de maior a menor, as seguintes:

- A lingua habitual [F=196,827 (p<0,001)],

- A lingua inicial [F=132,169 (p<0,001)],

- A idade” [F=119,107 (p<0,001)],

- A lingua das clases en secundaria [F=89,699 (p<0,001)],

- A lingua das clases en primaria [F=70,515 (p<0,001)],

- Os estudos realizados [F=42,084 (p<0,001)],

25

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 26: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

- Hábitat de residencia [F= 26,396 (p<0,001)],

- Se aprendeu galego na familia [T=-21,046 (p<0,001)],

- Se aprendeu galego na escola [T=15,073 (p<0,001)],

- Hábitat de nacemento [F= 9,523 (p<0,001)], e

- Os ingresos [F=5,165 (p<0,001)].

Despois da lingua habitual e da lingua inicial as variables coas que máis

correlaciona a capacidade para ler o galego son a idade e a lingua das clases en

secundaria e primaria. Por iso nos imos deter un pouco na súa análise

3.4.6 Dominio da capacidade para ler o galego segundo a

idade no MSG-04

A media da destreza na lectura aumenta a medida que se descende na escala

de idade, como pode verse na seguinte gráfica:

3,58 3,483,26

3,11

1

1,5

2

2,5

3

3,5

4

de 15 a 24 de 25 a 34 de 35 a 44 de 45 a 54

idade media ler 3,37

Os individuos con idades comprendidas entre os 15 e os 34 anos, que na

maior parte dos casos recibiron docencia de lingua galega, ou mesmo a cursaron

26

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 27: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

desde primaria ou EXB, conforman o grupo de idade coas puntuacións máis altas

nesta destreza.

No grupo de maior idade (‘de 45 a 54’) os valores das medias decaen

progresivamente ata 3,11: 0,47 puntos por debaixo da do grupo máis novo.

Estes datos demostran de maneira palpable que se produciu unha mellora das

competencias lectoras en galego na poboación escolarizada a partir da implantación

do galego no ensino.

3.4.7 Dominio da capacidade para ler o galego en función da

lingua das clases en primaria e secundaria no MSG-04

3,083,14 3,42 3,57 3,63

3,1 3,13,44 3,58 3,7

1

1,5

2

2,5

3

3,5

4

outras todas en castelán practicamente encastelán

máis castelán máis galego

primaria secundaria media ler 3,37

A docencia maioritaria en galego favorece que esta capacidade mellore e que

se acaden valores próximos ao 4, o máis alto, como era de esperar dunha función

instrumental que se adoita adquirir na escola.

Aínda naqueles casos nos que se recibiron todas as clases en castelán (ou ben

noutras linguas) a competencia percibida nesta destreza non descende do valor 3

da escala.

27

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 28: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

3.4.8 Influencia das variables sociolingüísticas, sociolóxicas e

educativas na distribución da capacidade para escribir o

galego

No tocante á capacidade para escribir en galego, as variables que

presentaron unha maior relación nos cruzamentos foron, por esta orde:

- A lingua habitual [F=-212,975 (p<0,001)],

- A idade [F=199,051 (p<0,001)],

- A lingua inicial [F=170,223 (p<0,001)],

- A lingua das clases en secundaria [F=64,528 (p<0,001)],

- A lingua das clases en primaria [F=60,063 (p<0,001)],

- Os estudos” [F=36,701 (p<0,001)],

- O hábitat de residencia [F=28,073 (p<0,001)],

- Se aprendeu galego na familia [T=-21,837 (p<0,001)],

- Se aprendeu galego na escola [T=-18,66 (p<0,001)],

- O hábitat nacemento [F=7,04 (p<0,001)]

- O nivel de ingresos [F=3,328 (p<0,001)]

28

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 29: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

3.4.9 Dominio da capacidade para escribir o galego segundo

a lingua inicial e habitual no MSG-04

2,823,32

3,43 3,32

2,673,23

3,43,7

0

0,5

1

1,5

2

2,5

3

3,5

4

só castelán máis castelán máis galego só galego

lingua inicial lingua habitual media escribir 3,14

Na gráfica anterior vese que existe unha asociación entre a maior presenza

do galego -como lingua inicial e habitual- e un maior dominio da escrita nesta

lingua.

De novo, as diferenzas na capacidade para escribir en galego entre

monolingües en castelán e en galego son ben perceptibles, tanto por lingua inicial

coma habitual.

29

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 30: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

3.4.10 Capacidade para escribir o galego segundo a súa

aprendizaxe na familia e/ou na escola

3,27 3,45 3,36 3,28 3,45

2,72

3,32,96

3,45

2,17

1

1,5

2

2,5

3

3,5

4

aprendeu nafamilia

familia máisimportante

aprendeu naescola

escola máisimportante

aprendeu nafamilia e na

escola

si non media escribir 3,14

Capacidade para escribir o galego segundo a aprendizaxe na familia e na escola

Resulta salientable o elevado valor que alcanza a media desta destreza en

quen ‘aprendeu a falar en galego preferentemente na familia’ (= 3,45) ou ben

simultaneamente na ‘familia e na escola’ (= 3,45).

Pola contra, aprender o galego por vías diferentes á familia e á escola implica

un considerable descenso da capacidade para escribir en galego: o valor da media

descende de 3,45 a 2,17, segundo a percepción dos suxeitos enquisados.

30

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 31: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

3.4.11 Dominio da capacidade para escribir o galego segundo a

idade

3,45 3,33

2,78

1

1,5

2

2,5

3

3,5

4

de 15 a 24 de 25 a 34 de 35 a 44 de 45 a 54

idade media escribir 3,14

Dominio da capacidade para escribir o galego segundo a idade no MSG-04

Na capacidade para escribir acentúase a importancia da idade .Os individuos

con idades comprendidas entre os 15 e os 34 anos, que xa cursaron polo menos a

materia de lingua galega desde a primaria/EXB, superan claramente a media xeral

nesta destreza. As xeracións máis vellas (‘de 45 a 54 anos’), que tiveron unha

escasa ou ningunha escolarización en galego, amosan unha media inferior:

rexístrase unha diferenza entre o grupo dos máis vellos e o dos máis novos de 0,67

puntos

31

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 32: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

3.4.12 Dominio da capacidade para escribir o galego en

función da lingua das clases en primaria e secundaria

1,62

2,28

2,94

3,06 3,18 3,35

2,042,25

2,89

2,913,18 3,23

1

1,5

2

2,5

3

3,5

4

outras todas encastelán

practicamenteen castelán

máis castelán máis galego practicamenteen galego

primaria secundaria media escribir 3,14

Capacidade para escribir o galego segundo a lingua das clases en primaria e secundaria no MSG-04

O alumnado que recibiu as clases unicamente en castelán obtén as

puntuacións máis baixas nesta destreza, inferiores ao valor medio da escala

As puntuacións obtidas por este grupo son inferiores ao valor medio da escala, o

que indica unha competencia deficitaria nesta destreza

32

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 33: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

3.4.13 O dominio das catro destrezas nas cidades.

O dominio das catro destrezas nas cidades no MSG-04

Na gráfica anterior compáranse os valores das medias nas catro destrezas no

ámbito urbano. Destaca, por unha banda, a cidade de Ferrol polas medias

significativamente máis baixas, inferiores en máis de medio punto en relación á

media máis elevada nas capacidades para entender, ler e escribir. Esta diferenza

chega a ser aínda máis avultada na capacidade para falar (0,75 puntos).

Ourense presenta as medias máis altas na capacidade para entender, falar e

escribir, neste caso compartida con Santiago.

Santiago é a que obtén as mellores medias nas destrezas que requiren unha

formación máis académica, é dicir, as lectoescritoras. As restantes cidades

presentan puntuacións medias máis homoxéneas en todas as destrezas, con leves

diferenzas entre elas.

33

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 34: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Estes resultados van claramente asociados aos obtidos pola distribución da

lingua inicial nas diferentes cidades. A menos galeguizada en canto á lingua inicial,

Ferrol, rexistra tamén os peores valores na competencia en galego.

4 Lingua habitual

4.1 Distribución da lingua habitual en Galicia (MSG-04) e a súa evolución

desde o ano 1992

Distribución da lingua habitual en Galicia (MSG-04)

Os datos do ano 2004 mostran que o castelán acada os valores máis altos de

uso. O 61,1% exprésase habitualmente en castelán: o 25,5% de maneira

exclusiva, e o 35,3% de xeito maioritario).

Pola contra, só o 38,4% se expresa só ou maioritariamente en galego (o

15,8% de maneira exclusiva, e o 22,6, de maneira preferente). O uso doutras

linguas é anecdótico, ao redor do 0,5%.

34

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 35: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Estes datos supoñen un cambio copernicano con respecto ao ano 1992. A

situación no ano 1992 era case inversa á actual: o 68.6 % manifestaba que nas

súas interaccións usaba só ou predominantemente o galego, e só o 31.4% dicía

usar só ou maioritariamente o castelán.

No 1992 unha porcentaxe relativamente alta da poboación, un 38.7% ,

declarábase monolingüe en galego, e só un 10.6% monolingüe en castelán.

Como xa advertimos anteriormente ao referírmonos á lingua inicial e ao

coñecemento lingüístico, os datos globais do MSG-92 e do MSG-04 non son

estritamente comparables, porque a poboación sobre a que está feita a mostra é

distinta, pero non hai dúbida de que son indicativos da tendencia existente neste

período. O que si son totalmente comparables son os referidos ao tramo de idade

comprendido entre os 16 e 54 anos, que é o que se reflicte na seguinte gráfica:

Evolución da lingua habitual na poboación de 16 a 54 anos desde 1992 ata 2004

Na análise desta gráfica obsérvase con toda claridade que na poboación entre

16 e 54 anos se produciron certos cambios realmente importantes como:

35

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 36: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Un forte retroceso do monolingüísmo en galego: nada menos que 14,5 puntos, que

son os existentes entre o 30,5% do ano 1992 e o 16% do ano 2004.

Complementariamente, produciuse un amplo avance do monolingüísmo en

castelán, cun incremento de 12.1 puntos.

Parece que o bilingüismo se mantén, pero tamén cunha suba de “máis

castelán” de 9,3 puntos, e unha baixa de “máis galego” de 7.6 puntos-

4.2 Variables sociolingüísticas e sociolóxicas con influencia na lingua

habitual

As variables que presentan unha maior correlación coa lingua habitual son, de

maior a menor, as seguintes: lingua inicial, capacidade para falar galego, hábitat de

nacemento, hábitat de residencia, capacidade para falar castelán, conciencia

nacional, nivel de estudos, lingua das clases en primaria, lingua das clases en

secundaria, a idade, a definición da Comunidade Autónoma, a ocupación, a

autopercepción “ser galego”, a orientación política e o xénero. Examinemos

algunhas das máis importantes:

36

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 37: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

4.2.1 A lingua habitual segundo a lingua inicial

55,5

15,43,4 2,5

10

33,6

63,5

11,3 7,6

17,9

8,418,7

73,5

30,9

24,4

2,3 211,6

58,8 34,8

12,90,20,20,40,2

0%

20%

40%

60%

80%

100%

só galego máis galego máis castelán só castelán outras

Lingua inicial

Ling

ua h

abitu

só galego máis galego máis castelán só castelán Outras

A maior fidelidade lingüística dáse nos bilingües iniciais (especialmente nos

que adquiriron máis castelán –73,5%-, contra o 63,5% dos que teñen como lingua

inicial “máis galego”).

Nos monolingües iniciais o mantemento é algo menor na opción de galego

(55,5%) ca na de castelán (58,8%).

O maior cambio de lingua prodúcese nos que adquiriron outras linguas (non

galego nin castelán). Isto é totalmente natural, porque nunha sociedade que se

expresa habitualmente en galego ou en castelán, os que falan unha lingua distinta

destas dúas terán que adoptar necesariamente unha delas para poderse comunicar.

Se un falante tivo como lingua inicial unha lingua A e se expresa

habitualmente nunha lingua B quere dicir que se produciu nalgún momento da súa

vida un cambio lingüístico. E resulta importantísimo observar cales son as

tendencias e orientacións que seguen estes cambios.

37

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 38: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

O cambio de lingua oriéntase maioritariamente cara ao bilingüismo, excepto

nos que teñen como lingua inicial unha lingua distinta do galego e do castelán.

Neste caso o cambio prodúcese case sempre directamente cara ao castelán.

Obsérvase que o bilingüismo inicial favorece máis o castelán ca o galego. Isto

percíbese en dous feitos: a) dentro dos bilingües iniciais, mantense en maior

medida a opción bilingüe con predominio do castelán; b) o paso dunha opción

bilingüe a outra é máis frecuente nos que adquiriron máis galego ca nos que

adquiriron máis castelán (18,7% / 11,3%).

A tendencia a abandonar o monolingüísmo é algo superior nos monolingües

iniciais en galego ca nos monolingües iniciais en castelán.

É importante salientar tamén que o cambio dos que adquiriron outras linguas

ao castelán indica que o contorno social favorece máis a adquisición do castelán.

Tamén é fundamental preguntarse por que se produce o cambio, cales son as

súas principais motivacións. Podemos sinalar, entre as principais motivacións que

inducen a que unha persoa nun determinado momento da súa vida tome a decisión

de cambiar de lingua habitual, as seguintes:

1) O contacto co galego durante a etapa escolar —non tanto coa materia

‘Galego’ coma cos compañeiros que o usan habitualmente— repercute

nun aumento sostido do seu uso.

2) Tamén teñen moito peso as razóns ideolóxicas: hai castelanfalantes

habituais que toman conciencia de que a lingua deste país é o galego e

deciden adoptala como a súa nova lingua de instalación, En moitos casos

decídense a dar este paso pola necesidade de lle dar visibilidade aos

trazos máis característicos da súa identidade, entre os que a lingua ocupa

sen dúbida o primeiro lugar. Hai outros que deciden dar este paso pola

necesidade de preservar o futuro do galego, lingua que consideran

ameazada e que é necesario revitalizar mediante o seu uso habitual.

3) Outro factor de moita importancia no cambio de lingua, ben sexa a favor

do galego ou a favor do castelán, é o cambio na composición da rede

38

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 39: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

social. Estes cambios na composición da rede social poden producirse por

moitos motivos, pero quizais os momentos máis importantes sexan:

o O inicio dos estudos no nivel de Secundaria e na entrada na

Universidade, cando como consecuencia do cambio de centro, e ás

veces mesmo de cidade, se entra en contacto con novas persoas

coas que se mantén un contacto diario.

o A incorporación ao mundo laboral, momento en que con frecuencia

as esixencias do traballo ou o ámbito no que se desempeña impulsa

á utilización do galego en moitas persoas que antes eran falantes

habituais de castelán. Tampouco faltan exemplos nos que o

momento de incorporación ao mundo laboral induce a un abandono

do galego ou polo menos a unha diminución do uso do galego, en

caso de empresas que teñen como norma explícita ou implícita que

a lingua de traballo é o castelán, e miran cando menos con

prevención os traballadores que utilizan a lingua galega.

Afortunadamente cada día son menos numerosos os casos deste

tipo.

4) Tamén teñen importancia no cambio de lingua a favor do galego motivos

de carácter conxuntural, derivados do proceso de institucionalización do

galego e da súa implantación na vida pública.

39

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 40: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

4.2.2 A lingua habitual segundo o hábitat de residencia

MSG-92 MSG-04

Na comparación destas dúas gráficas obsérvanse como principais tendencias

as seguintes:

A estabilidade do uso monolingüe en galego no urbano e a forte caída no

rural.

O importante avance do monolingüísmo castelán na cidade, aínda que tamén no

rural.

A notoria perda de “máis galego” nos hábitat intermedios e a considerable

suba de “máis castelán”.

Dentro da relación da lingua habitual co hábitat merece un tratamento

especial a análise da situación da lingua habitual nas cidades

40

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 41: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

En todas as cidades predomina claramente o uso do castelán como lingua

habitual. Especialmente grave para o galego é a situación de Ferrol cun 57,5 % de

monolingües habituais en castelán ao que hai sumar outro 27,5% de falantes que

usan maioritariamente esta lingua. Tamén é moi grave a situación en Vigo, na

Coruña e mesmo en Pontevedra. O número de persoas que están

predominantemente instaladas no castelán é moi parecido en Vigo e na Coruña, e

algo menor en Ferrol. Pero existe unha diferenza non desprezable entre Vigo e A

Coruña: en Vigo existe unha porcentaxe de monolingües en castelán moito maior

ca na Coruña, onde predominan máis os comportamentos bilingües con predominio

do castelán.

As cidades que presentan unha situación máis favorable para o galego nos

usos lingüísticos son Santiago e Lugo, seguidas de Ourense a unha distancia xa

considerable.

41

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 42: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

4.2.3 Distribución da lingua habitual por idade

Na gráfica anterior obsérvase un forte retroceso do uso do galego conforme

descende a idade: sumando só galego e máis galego, a perda é de 23,8 puntos.

Este descenso é máis acusado na opción monolingüe, que pasa do 23,4% no grupo

máis vello ao 12,4% no máis novo.

É claramente perceptible tamén o acusado aumento dos usos do castelán ao

baixar a idade:

O bilingüismo con predominio do castelán medra 14,4 puntos, do 26,3% ao

40,7%;

O monolingüísmo en castelán aumenta case 10 puntos, do 19,8% ao 29,6%.

Detéctanse dous cambios de tendencia no grupo de idade máis novo:

42

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 43: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

A estabilización da perda de galegofalantes: do grupo 25-34 anos ao 15-24 a

perda é de 1,6 puntos fronte á de 10,4 puntos entre o grupo de 35-44 anos e o de

25-34 anos.

Un lixeiro incremento nas dúas modalidades do monolingüismo (a do

castelán 1,2 puntos, e a do galego 0,6).

Se comparamos a evolución da lingua habitual segundo a idade no MSG-92 e

no MSG-04, no tramo comprendido entre os 16 e os 54 anos, o primeiro que se

constata é un uso significativamente menor no uso do galego no ano 2004 en todos

os tramos de idade (véx. Gráfica)

Evolución da lingua habitual segundo a idade (tramo de idade 16 a 54 anos)

Outra diferenza moi importante é a que se observa na evolución no tramo de

menor idade: mentres que no MSG-92 no paso do grupo de idade de 25-34 anos ao

de 16-24 se producía un descenso moi forte no uso habitual do galego, no MSG-04

43

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 44: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

mantense practicamente o mesmo nivel de uso habitual desta lingua entre estes

dous grupos de idade.

4.2.4 Lingua habitual segundo a idade nas sete grandes

cidades

Lingua habitual por idade nas cidades galegas (MSG-04)

Na gráfica anterior percíbese un dato relativamente positivo para a lingua

galega que cómpre salientar: o ritmo de diminución do uso do galego freouse de

maneira moi importante na xeración máis nova estudada. Mentres que nas

xeracións de maior idade o ritmo de perda de galegofalantes era unha verdadeira

sangría, no paso do grupo de idade de 25-34 anos ao de 15-24, esta sangría

44

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 45: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

descendeu moito, e nalgunha cidade, como Santiago ou Ourense, mesmo

conseguiu deterse. As dúas cidades que maior porcentaxe de galegofalantes

perderon no grupo máis novo de idade son Lugo e Ferrol.

Se temos en conta a evolución nas cidades nos últimos 40 anos, vemos que

todas perderon unha porcentaxe moi importante de falantes neste período. En

termos porcentuais foi Ourense a que máis galegofalantes habituais perdeu,

seguida de Pontevedra, Ferrol, Vigo, Lugo, A Coruña e Santiago. Pero, atención!,

isto non quere dicir que Ourense sexa a cidade na que menos porcentaxe da

poboación fale galego, senón na que máis diminuíu nos últimos corenta anos; e, a

pesar diso, é das que manteñen actualmente aínda unha maior porcentaxe de

galegofalantes habituais.

Mirando cara ao futuro é interesante ver cal é a porcentaxe de galegofalantes

habituais no sector máis novo da poboación estudado (o tramo de 15-24 anos) nas

sete cidades galegas, segundo o MSG-04. A cidade que presenta unha porcentaxe

maior de galegofalantes neste sector de idade é, con moita diferenza, Santiago de

Compostela, seguida a bastante distancia de Lugo, Ourense, A Coruña, Vigo,

Pontevedra e Ferrol. Santiago é, pois, a cidade na que, sen ningunha dúbida, o

galego presenta neste momento unha situación máis sólida.

5 A saúde do corpus

Á hora de analizar a situación dunha lingua hai que atender aos aspectos

relacionados coa normalización do se status (nivel de coñecemento, uso, actitudes

etc.), pero tamén é moi importante ver cal é a saúde do seu corpus.

5.1 A situación do corpus

O galego nunca gozou dun corpus tan elaborado e tan codificado coma na

actualidade: está dotado de Normas ortográficas e morfolóxicas cun nivel de

aceptación polo conxunto da sociedade cada vez maior, conta con Gramáticas

45

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 46: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

descritivas dun nivel moi digno, dispón de vocabularios ortográficos, dicionarios

monolingües e bilingües e un número crecente de vocabularios terminolóxicos que

o capacitan para poder ser utilizado sen grandes atrancos na maioría das situacións

comunicativas, mesmo naquelas de alto nivel de especialización. Pero, a pesar de

contar con todas estas ferramentas que, en teoría, facilitarían a utilización desta

lingua dunha maneira correcta, o galego nunca se utilizou cun nivel de calidade tan

baixo nin cun nivel de contaminación tan alto.

E este feito supón un perigo real para o futuro da lingua. Ninguén discute que

cómpre normalizar o status do galego e estender o seu uso, iso é incuestionable.

Pero tamén é necesario velar pola calidade da lingua, porque as linguas morren

porque as deixan de falar os seus potenciais usuarios, pero tamén desaparecen por

desfiguración do seu corpo, a través dun proceso de “patoisización”. Este perigo

convértese en moito maior nas situacións de contacto de dúas linguas cun status

desigual que están moi próximas estruturalmente, como é o caso do galego e do

castelán, ambas as dúas linguas da mesma familia románica, e continuadoras do

latín hispánico. É dicir, linguas pouco distanciadas.

Ao longo da historia, sempre houbo algúns préstamos dunhas linguas a

outras, e algunhas interferencias lingüísticas, pero habitualmente tratábase de

préstamos necesarios para cubrir algunha lagoa da que carecía a lingua receptora,

e que viñan enriquecer esta última. Estas interferencias lingüísticas habitualmente

non desfiguraban significativamente a personalidade da lingua interferida. Cando o

número de préstamos innecesarios se fixo maior que a capacidade de dixerir da

lingua receptora e cando as interferencias se multiplicaron sen control, o resultado

foi a perda da personalidade da lingua que os sufriu, e a súa progresiva conversión

nun “dialecto” ou nun “patois” da lingua forte que lle servía de teito. Este é un

perigo real que corre o galego con respecto ao castelán, se non lle poñemos couto á

avalancha de interferencias do castelán que penetran no seu esqueleto en todos os

niveis: no fonético-fonolóxico, no morfosintáctico e no léxico.

46

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 47: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

5.2 O perigo do chamado “galego urbano”

O galego urbano é unha variedade de galego que é a vía de expresión dun

número crecente de falantes, maioritariamente urbanos, que teñen na súa maioría

o castelán como lingua materna. A existencia dunha variante deste tipo non debería

ter connotacións negativas, pero tenas e con razón, xa que se trata dunha variante

fortemente deturpada, caracterizada por unha perigosa castelanización da

fonoloxía, da sintaxe e da fraseoloxía, pero tamén dunha maneira moi notable da

morfoloxía e do léxico.

Cales son as características lingüísticas máis definidoras deste novo galego

urbano? Vexamos algunhas das máis importantes:

a) No plano fonético:

- A indistinción do timbre das vogais galegas de abertura media.

- A non pronunciación do n velar.

- A realización como i da conxunción e.

- A despalatalización do “x”.

- Apego á grafía e á segmentación do castelán no caso de

contraccións e amálgamas: ao, para o, de unha, en outro...

- A entoación sobre todo na modalidade interrogativa con tonemas

finais ascendentes.

b) Na morfosintaxe:

- O uso incorrecto do xénero: *a sangue, *a leite, *o cor, *o fraude,

*o sida... O problema convértese case en cómico, cando aparecen

solucións do tipo de: o alma, o área, o aula...

- A formación incorrecta dos plurais:finales, papeles , israelíes,

baladíes...

- O uso dos tempos compostos: xa o había feito.

- Eliminación de alternancias vocálicas nos verbos: subo, subes ;

sigo, sigues...

47

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 48: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

- Formas verbais tomadas do castelán do tipo creen, lees… no canto

das galegas cren, les.

- Ausencia de infinitivo conxugado.

- Perífrase ir + a + infinitivo.

- Complemento directo introducido por “a”...

- Construcións pronominais cortarse o pelo, lavarse as mans.

- Colocación incorrecta das formas átonas do pronome persoal.

Este novo galego urbano é un modelo de galego cada vez máis instalado en

grupos sociais de prestixio: antes o poder convidaba á sociedade a incorporarse ao

castelán, agora o poder ofrécelle á sociedade un modelo lingüístico que lle vende

como galego, pero que en realidade ten un efecto nefasto:

a) Está deturpando o propio galego, atacando elementos fundamentais do

seu sistema lingüístico e achegándoo perigosamente ao castelán.

b) Está xerando un complexo de minusvaloración da variedade auténtica

propia de moitos galegofalantes, que ven como a súa variante lingüística

segue sen ter valor social, porque non é a propia dos que están instalados no

poder.

Converteuse nun modelo de aceptación social e asociado ao progreso, que foi

adoptado por unha parte importante dos que posúen o poder real ou simbólico no

noso país. E aínda resulta máis grave que se estea estendendo tamén a falantes

que teñen o galego como lingua materna, e que consideran que esta variedade lles

dá un maior prestixio social. Están aparecendo xa as primeiras xeracións que teñen

esta variedade de novo galego urbano como lingua materna.

Resulta perigoso tamén porque é un fenómeno tipicamente urbano ou

periurbano. Aínda que se poida atopar algún caso illado no medio rural

(normalmente en persoas que ocupan algún posto de relevancia social, como o

mestre ou o médico, onde ten unha especial vitalidade é nas cidades, e non

48

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 49: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

debemos perder de vista que é no medio urbano, nas cidades, onde se está

xogando o futuro da lingua galega.

Moitos son os responsables da extensión desta modalidade desvirtualizada do

galego. Habería que sinalar, entre outros:

a) Unha parte importante da nosa clase política: falan con descaro nos

medios de comunicación nunha variedade que nalgúns casos mesmo non se

sabe a que lingua pertence.

b) Os medios de comunicación social, sobre todo as radios e as televisións.

Non hai moito tempo un comentarista dun medio público comentaba, verbo

dun futbolista, que este acabara no fútbol inglés, grazas á intervención dun

“follador” daquel país que lle fixera un seguimento desde moi novo. Este

“follador” non é senón o castelán “ojeador” (derivado de “ojear”, formado a

partir de “ojo”), que nada ten que ver co cast. hojear (formado sobre “hoja”),

a partir do que o noso comentarista formou este pseudogaleguismo *follador.

c) Unha relaxación na vixilancia da calidade lingüística en lugares simbólicos.

Non é admisible que na actualidade sigan aparecendo, por exemplo, anuncios

nos medios de comunicación con incorreccións que fan saltar as alarmas.

Mesmo unha publicación como o Diario de sesións do Parlamento de Galicia,

que debería ser modélica polo valor simbólico que ten, está inzada de frases

como: En todo caso, lles quero recordar e lles volverei... ; Me houbera

gustado que estivera presente o señor conselleiro, etc. etc.

d) Estou convencido de que un sector tan importante como é o do

profesorado, que dunha maneira consciente ou inconsciente está actuando

como modelo de prestixio dos nosos rapaces durante moitos anos, ten tamén

unha responsabilidade non pouco importante na socialización desta variante

deturpada do galego.

49

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 50: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

6 Algunhas conclusións

Non hai ningunha dúbida de que nos últimos quince anos se produciron avances

importantes no status do galego: o galego ten maior presenza na administración,

na política, no sistema escolar, na sanidade pública etc. A lingua galega tamén

perdeu en boa parte o estigma de lingua subordinada, de lingua propia da clase

baixa, de xente inculta, de lingua unicamente válida para a comunicación informal

pero non para os ámbitos formais. O galego hoxe é lingua que se estuda e é lingua

estudada, que conta con gramáticas, dicionarios, cun corpus desenvolvido que

permite a súa utilización practicamente en calquera situación comunicativa.

Pero o galego tamén presenta no día de hoxe puntos débiles moi preocupantes,

como a perda de transmisión na familia, que é o principal responsable da perda de

monolingües iniciais galegos, a diminución fortísima da porcentaxe de falantes

habituais, ou a perigosa falta de calidade lingüística dun sector dos falantes moi

importante (novo galego urbano) por ser probablemente o sector máis dinámico e

máis innovador da sociedade, e o que en boa medida marca as pautas e os

modelos sociais . Hai, con todo, unha luz para a esperanza manifestada sobre todo

en feitos como: o freo da diminución da transmisión familiar da lingua galega na

xeración máis nova, o freo da diminución da porcentaxe de falantes desta lingua

nos tramos de idade máis baixos, e o aumento realmente moi importante da

capacidade para falala, lela e escribila.

Seguimos nesa situación de encrucillada, na que son necesarias políticas activas

de normalización do status, que leven progresivamente á recuperación para o

galego de espazos sociais que nunca debeu abandonar como lingua propia de

Galicia, que nos define como pobo e que é vehículo de expresión dunha cultura

milenaria. Pero tamén é necesario un esforzo de mellora da calidade lingüística dun

sector importante da nosa sociedade, mellora á que deben contribuír decisivamente

a escola, os medios de comunicación, pero tamén as persoas e institucións que

actúan como modelos sociais, e que polo tanto exercen unha función mimética

nunha parte importante da sociedade.

50

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Page 51: Evolución da situación lingüística en Galicia nos ...coordinadoraendl.org/aletramiuda/artigos/art4_n1.pdf · No MSG-04 levouse a cabo unha lixeira redución do cuestionario, do

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Manuel González González

Universidade de Santiago e RAG

51

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976