sintaxe básica 1º eso

5

Click here to load reader

Upload: iesvilalonga

Post on 02-Aug-2015

67 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Sintaxe básica 1º eso

Conceptos Básicos de Sintaxe

Hai dúas unidades sintácticas básicas:

FRASE e ORACIÓN

Page 2: Sintaxe básica 1º eso

Conceptos Básicos de Sintaxe

FRASE: grupo de palabras que non teñen verbo

unha casa

un rapaz moreno unha casa con ventás verdes porta de madeira,para a miña madriña pola mañá.

Page 3: Sintaxe básica 1º eso

Conceptos Básicos de Sintaxe

ORACIÓN: grupo de palabras con significado que contén un verbo.

o rapaz moreno comeu o pan

o home vive nunha casa con ventás verdes

comprei un libro para a miña madriña.

Page 4: Sintaxe básica 1º eso

Conceptos Básicos de Sintaxe

FUNCIÓNS SINTÁCTICAS PRINCIPAIS

PREDICADO (PDO.)

É o elemento fundamental dunha oración

A función de Predicado exércea un verbo en forma conxugada ou unha perífrase verbal

o rapaz moreno comeu o pan

o home vive nunha casa con ventás verdes.

Page 5: Sintaxe básica 1º eso

Conceptos Básicos de Sintaxe

FUNCIÓNS SINTÁCTICAS PRINCIPAIS

SUXEITO (SUX.) É o que realiza a acción do verbo. A función de Suxeito exércea un pronome persoal tónico, unha frase nominal ou unha frase substantiva. Pode non aparecer de forma explícita na oración.

o rapaz moreno comeu o pan