sesión orientación sobre acceso á universidade 2016

34
2º BACHARELATO Marzo 2016 Mónica Diz Besada (Orientadora IES A Sardiñeira)

Upload: monica-diz-besada

Post on 20-Feb-2017

7.496 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

2º BACHARELATOMarzo 2016

Mónica Diz Besada

(Orientadora IES A Sardiñeira)

Sistema Universitario de Galicia

3 universidades

7 campus

Ferrol

Coruña

Lugo

Santiago

Pontevedra

Ourense

Vigo

European Credit Transfer and Acumulation System(Sistema Europeo de Transferencia e Acumulación de

Créditos).

Unidade de medida do haber académico, baseada na carga de traballo que o estudante debe realizar para superar as materias

establecidas no plan de estudos.

Integra tanto as ensinanzas teóricas como prácticas, así como as horas de traballo persoal: clases, titorías, prácticas, visitas

externas, traballo individual e en grupo, preparación de exames, o exame, … .

Un curso son 60 ECTS.

Un ECTS son 25 horas de traballo.

Son comparables entre os distintos países, polo que o ECTS facilita a mobilidade.

1º ciclo

Título de Grao correspondente

240 créditos ECTS (60 créditos por curso)

Traballo ou proxecto de grao

Formación de carácter xeral e de Capacitación para

o exercicio profesional

Ensinanzas

de

Posgrao 2º ciclo

Título de Máster

Entre 60-120 créditos ECTS

Traballo ou proxecto de máster.

Formación avanzada, Especialización académica ou

profesional ou inicio en tarefas investigadoras

3º ciclo

Título de Doutor

Cursos, seminarios ou outras actividades dirixidas

á formación investigadora + Tese de Doutoramento.

Formación avanzada en técnicas de investigación

Ensinanzas de

Grao

Estrutura dos estudos superiores baseada noEspazo Europeo de Educación Superior (EEES)

1. Artes e humanidades

2. Ciencias Sociais e xurídicas

3. Enxeñaría e arquitectura

4. Ciencias

5. Ciencias da saúde

As materias de bacharelato (de

modalidade)

Os Ciclos de grao Superior

Os graos Universitarios

PARA OS TITULADOS DE BACHARELATO:

Superar as PAU (a fase xeral), alomenos con un 4.

A nota de acceso será a nota media ponderadaentre as PAU (40%) e a media de bacharelato(60%), acadando en total alomenos un 5.

PARA OS TITULADOS EN FP

SUPERIOR: Teñen acceso directo.

Non se reserva un nº de prazas para estes titulados, senón que entran sócoa nota media do expediente en igualdade cos titulados de bacharelato.

• NMA (Nota Media de Acceso): Suma das

cualificacións numéricas dos módulos,

cualificados de 1 a 10, sen decimais, e

dividindo o resultado obtido polo número

total dos módulos.

• Non serán computados os módulos de FCT

nin os que fosen obxeto de validación.

Só se terá en conta que o CS esteaadscrito á rama de coñecemento da titulación en caso de EMPATE.

1º Presentándome á fase específica e

voluntaria.

2º Elixindo materias vinculadas á rama de

coñecemento da titulación elixida, e dentro destas, as

consideradas como prioritarias para esa

titulación.

Fase específica(voluntaria). Permite

mellorar a cualificación da fase xeral ou a nota media do CS. Ten unhavalidez de dous anos.

Fase xeral (obrigatoriapara os de bacharelato). De validez indefinida.

5 Exercicios con dúas opcións diferentes.

Con 1h. e ½ de tempo de duración.

Pódense realizar en castelá ou galego excepto LC, LG e L. Estranxeira

1º LinguaCastelá e

Literatura2º LinguaGalega e

Literatura

3º Historia

de España

ouHistoria

da Filosofía

4º LinguaEstranx.

alemán, francés, inglés,

italiano e portugués

5º Materia de

modalidadede 2º curso de Bach.

2º CURSO DE BACHARELATO

HUMANIDADES E

CIENCIAS SOCIAIS

CIENCIAS E

TECNOLOXÍA

MATERIAS

COMÚNS

Lingua Castelá e Literatura Historia de España

Lingua Galega e Literatura Historia da Filosofía

Lingua Estranxeira

MATERIAS

PROPIAS DE

MODALIDADE

Mat. Aplicadas ás CCSS

Economía da Empresa

Literatura Universal

Historia da Arte

Latín II

Grego II

Xeografía

Bioloxia

Ciencias da Terra e do M.

Debuxo Técnico II

Electrotecnia

Física

Química

Tecnoloxía Industrial II

Matemáticas II

MATERIAS OPTATIVAS Ética e Fª do Dereito Xª e Hª de Galicia

Fª da Ciencia e Tecn. 2ª L. Estranxeira

Mét. Estatísticos e Numéricos Lit. Galega do S. XX

Cada exame puntúase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais.

A nota desta fase será a Media Aritmética das cualificacións de todos os exercicios, de 0 a 10, con 3 cifras decimais, arrondando á milésima máis próxima.

Exemplo:

7´30 + 4´20 + 5´90 + 6´10 + 7´80 = 31´30/5 = 6´260

Cando se obteñaunha nota igual ou maior a 5 puntos, depoisde facer a media entre o bacharelato(60%) e a fase xeral (40%), expresada con dous decimais.

É necesario acadaralomenos un 4 na fase xeral.

Exemplo:

•Nota de Bacharelato: 7´80

•Nota da fase xeral: 7´200

•Nota de acceso: (0´60*7´80) + (0´40*7´200) = 7´560

Non computa a materia de Relixión, namedia de Bacharelato.

Exame dun máximo de 4 materias de modalidade de

2º curso, de calqueramodalidade de bacharelato, diferentes da escollida na

fase xeral.

En cada exerciciopreséntase dúas opciónsdiferentes, e poderánfacerse en castelá ou

galego.

As materias escollidas deben pertencer á rama de

coñecemento da titulación elixida.

No caso de presentarse a máis de dúas materias e aprobar, só se terán en conta as dúas mellores

notas, despois de aplicar os parámetros de ponderación.

PSICOLOXÍA

Rama de coñecemento: CIENCIAS DA SAÚDE

Materias de bacharelato adscritas a C. Saúde:

- Anatomía aplicada (materia vinculada = 0.1)

- Bioloxía (materia preferente = 0.2)

- Ciencias da terra e medioambientais (materia vinculada = 0.1)

- Física (materia vinculada = 0.1)

- Matemáticas II (materia preferente = 0.2)

- Química (materia vinculada = 0.1)

* No ano 2016 Matemáticas II

ponderará 0’1 para Psicoloxía

* No ano 2016 Matemáticas II

ponderará 0’1 para Psicoloxía

Cada unha das materias cualifícase de 0 a 10 con dúas cifras decimais. Hai que acadar alomenos un 5 para superar o exame.

A nota acadada multiplícasepor:

0’1 (se pertenece á rama de coñecemento)

0’2 (se ademais se considera materia prioritaria)

O valor resultante súmase á nota de acceso á universidade obtida na fase anterior (nota media entre a fase xeral e o Bacharelato)

- Nota de Bacharelato: 7´80

- Nota da fase xeral: 7´200

- Nota de acceso: (0´60*7´80) + (0´40*7´200) = 7´560

- Nota da Materia 1 (prioritaria): 6´5

- Nota da Materia 2 (prioritaria): 6´5

- Puntos adicionais: (6´50*0´2) + (6´50*0´2) = 2´60

- Nota de admisión: 7´560 + 2´60 = 10´160

Por exemplo:

Nota media de bacharelato: 9´00

Nota da fase xeral: 8´00

Nota de admisión antes de realizar a fase específica: (0´60*9´00) + (0´40*8´00) = 8´600

Fase específica:

Materia 1: Química 8´50

Materia 2: Bioloxía 8´20

Na universidade onde quere estudiar Medicina, tanto Química como Bioloxía considéranse materias prioritarias e, polo tanto, teñen multiplicador de 0´2.

No caso deste estudante, a súa nota de admisión para Medicina sería: (0´60*9´00) + (0´40*8´00) + (0´2*8´50) + (0´2*8´20) = 11´940

Se ademais decide solicitar praza noutra titulación da mesma rama de coñecemento (Nutrición Humana e Dietética de Ciencias da Saúde), pero onde Química non se considera asignatura prioritaria, o multiplicador para esta materia sería 0´1. Entón, a súa nota de admisión sería: (0´60*9´00) + (0´40*8´00) + (0´2*8´50) + (0´1*8´20) = 11´120

Cando hai máis solicitudes que prazas, as universidades públicas empregan a nota de admisión para ordenar as solicitudes de maiornota ata a menor.

• O último estudante que consigue entrar marca a nota de corte, que sirve de referencia para o seguinte curso.

En caso de empate:

• Se procede de bacharelato, terá preferencia o estudante que na fase xeral fixera o exame dunha materia vinculada á rama de coñecementoda titulación á que se opta.

• Se procede de FP, terá preferencia o estudante cuxo título esteaadscrito á rama de coñecemento na que se atope o grao que queiracursar.

Para os que proceden de

bacharelato tan só

precisan superar as PAU (a

fase xeral) e acadar unha

media ponderada de

alomenos un 5.

Os que proceden dun Ciclo

de FP superior teñen

acceso directo.

Actualmente en Galicia todas

as titulacións teñen límite de

prazas.

Hai dúas convocatorias anuais:

- Ordinaria (xuño)

- Extraordinaria (setembro)

É posible presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar nota. Considerarase sempre a cualificación superior entre as obtidas. Pero neste curso 2015/2016 celebrarase a última PAU, polo que é probable que só se dispoña da convocatoria de setembro de 2016 para subir nota.

Para o acceso á universidade, en xuño teñenprioridade os que aprobaron ese ano en xuño, e os de anos anteriores.

Reclamación: o exame non

volve a corrixirse, tan só os

exercicios sobre os que se

presenta a reclamación serán

revisados por outro corrector.

A cualificación obtida será a

que resulte desta revisión

sempre que sexa superior,

agás os erros de suma.

Segunda corrección: o exame

corríxese de novo por un

corrector diferente. Coas dúas

cualificacións faise a media e

o resultado será a nota final,

que pode ser igual, inferior ou

superior. Se hai unha

diferencia de + de 2 ptos.

Haberá unha 3ª corrección. A

cualificación será a media das

3 notas.

Depois da 2ª corrección poderase

presentar unha reclamación. A

cualificación definitiva será a que

resulte desta revisión, sempre que

sexa superior.

PRAZO: 3 días hábilesdende a publicación dasnotas.

Dereito a ver o examecorrixido unha vez finalizadoo prazo de reclamación, noprazo de 10 días.

24 – 25 de maio: Reclamacións ás cualificacións de bacharelato.

24 – 27 de maio: Prematrícula PAU nos centros (resgardo de matrícula, código NERTA, e instrucións).

27 de maio – 31 de maio: Matrícula ordinaria PAU

30 de maio: Reclamacións Bacharelato ante a Comisión de supervisión da Consellería.

6 de xuño: Matrícula extraordinaria PAU.

8, 9 e 10 de xuño: Celebración da PAU.

Aportar a documentación: DNI, certificación académica (provisional para os titulados de FP, ata superar a FCT)

Impreso de matrícula, onde se debe elixir:

- Lingua estranxeira (fase xeral)

- Hª de España ou Hª da Filosofía (fase xeral).

- Materia de modalidade (fase xeral)

- 1, 2, 3 ou 4 materias de modalidade da fase específica.

Aboar unhas TAXAS.

Todo o proceso de inscrición nas PAU e nauniversidade pódese facer a través da aplicación telemática Nerta.

Hai que darse de alta aportando datos personais.

Posteriormente recíbese unha clave para poder entrar na aplicación.

WEBS

http:/ciug.cesga.esNotas de corte.

Ponderacións das materias da fase específica.Explicación das PAU (datas, horario, …).Titulacións con e sen límite de prazas.

Enlace coas web de tódalas universidades de España.Acceso a NERTA.

www.udc.eswww.usc.es

www.uvigo.es

Busca a categoría “Orientación académica e profesional”

O BLOG DE ORIENTACIÓN:

monicadizorienta.blogspot.com

Desplega todas as etiquetas e abre a que che interese

Para máis información acude ao

Departamento de Orientación