proba de acceso Á universidade - pau · para poder acceder á universidade a nota media ser, como...

2
Oficina de Información Universitaria – OiU Teléfonos: 881 81 20 00 – 881 81 10 00 www.usc.gal/oiu - [email protected] PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE - PAU o ESTRUTURA DA PROBA: A proba consta de dúas fases: Xeral e Específica. Fase Xeral: De carácter obrigatorio, ten validez indefinida. Esta fase consta de 5 exercicios: O primeiro exercicio consiste no comentario dun texto relacionado coa materia de Lingua e Literatura Castelá. O segundo exercicio consiste no comentario, dun texto relacionado coa materia de Lingua e Literatura Galega. Nota: o alumnado que estea exento de Lingua e Literatura Galega nalgún dos dous cursos de bacharelato ou non cursase en Galicia algún dos devanditos cursos non terá que facer este exercicio . O terceiro exercicio versa sobre unha das seguintes materias elixida polo alumno: Historia da Filosofía ou Historia de España. O cuarto exercicio de lingua estranxeira, a elixir polo alumno entre: alemán, francés, inglés, italiano ou portugués. O quinto exercicio corresponde a unha materia de modalidade de segundo de bacharelato elixida libremente polo alumno. Fase Específica: De carácter voluntario, ten validez durante dous cursos académicos. Nesta fase, o alumno pode examinarse dun máximo de catro materias de modalidade de segundo de bacharelato, elixidas libremente, distintas da realizada no quinto exercicio da fase xeral, salvo cando o alumno se examina das dúas fases en diferente convocatoria. É aconsellable ter en conta as materias que teñen un maior coeficiente de ponderación para a nota de acceso aos estudos que se desexen realizar. o NOTA DE ADMISIÓN: Para poder acceder á Universidade a nota media de acceso debe ser, como mínimo, de 5 puntos. Para calcular dita nota media hai que multiplicar a nota do expediente de Bacharelato por 0,60 e sumala á cualificación da Fase Xeral das PAU multiplicada por 0,40. É necesario que a nota da Fase Xeral das PAU sexa, como mínimo, de 4 puntos. Nota de acceso = 0,6*NMB + 0,4*CFG o NMB = Nota media do Bacharelato o CFG = Cualificación da fase xeral CFG ≥ 4

Upload: others

Post on 21-Jan-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE - PAU · Para poder acceder á Universidade a nota media ser, como mínimo, de 5de acceso debe puntos. Para calcular dita nota media hai que multiplicar

Oficina de Información Universitaria – OiU Teléfonos: 881 81 20 00 – 881 81 10 00

www.usc.gal/oiu - [email protected]

PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE - PAU

o ESTRUTURA DA PROBA:

A proba consta de dúas fases: Xeral e Específica.

Fase Xeral: De carácter obrigatorio, ten validez indefinida.

Esta fase consta de 5 exercicios:

• O primeiro exercicio consiste no comentario dun texto relacionado coa materia deLingua e Literatura Castelá.

• O segundo exercicio consiste no comentario, dun texto relacionado coa materia deLingua e Literatura Galega. Nota: o alumnado que estea exento de Lingua e LiteraturaGalega nalgún dos dous cursos de bacharelato ou non cursase en Galicia algún dosdevanditos cursos non terá que facer este exercicio .

• O terceiro exercicio versa sobre unha das seguintes materias elixida polo alumno:Historia da Filosofía ou Historia de España.

• O cuarto exercicio de lingua estranxeira, a elixir polo alumno entre: alemán, francés,inglés, italiano ou portugués.

• O quinto exercicio corresponde a unha materia de modalidade de segundo debacharelato elixida libremente polo alumno.

Fase Específica: De carácter voluntario, ten validez durante dous cursos académicos.

Nesta fase, o alumno pode examinarse dun máximo de catro materias de modalidade de segundo de bacharelato, elixidas libremente, distintas da realizada no quinto exercicio da fase xeral, salvo cando o alumno se examina das dúas fases en diferente convocatoria.

É aconsellable ter en conta as materias que teñen un maior coeficiente de ponderación para a nota de acceso aos estudos que se desexen realizar.

o NOTA DE ADMISIÓN:

Para poder acceder á Universidade a nota media de acceso debe ser, como mínimo, de 5 puntos.

Para calcular dita nota media hai que multiplicar a nota do expediente de Bacharelato por 0,60 e sumala á cualificación da Fase Xeral das PAU multiplicada por 0,40. É necesario que a nota da Fase Xeral das PAU sexa, como mínimo, de 4 puntos.

Nota de acceso = 0,6*NMB + 0,4*CFG

o NMB = Nota media do Bacharelato

o CFG = Cualificación da fase xeral

• CFG ≥ 4

Page 2: PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE - PAU · Para poder acceder á Universidade a nota media ser, como mínimo, de 5de acceso debe puntos. Para calcular dita nota media hai que multiplicar

Non obstante esta nota de acceso pode ser mellorada coas cualificacións das materias examinadas na Fase Específica con cualificación superior a 5, mediante a seguinte fórmula:

Nota de admisión = 0,6*NMB + 0,4*CFG + a*M1 + b*M2

o NMB = Nota media do Bacharelato

o CFG = Cualificación da fase xeral

o M1, M2 = As cualificacións dun máximo de dúas materias superadas da fase

específica que proporcionen mellor nota de admisión

o a, b = Parámetros de ponderación das materias da fase específica

o REPETICIÓN DA PROBA E VALIDEZ DA MESMA:

É importante que os estudantes coñezan que:

• Poderán presentarse cantas veces o desexen para superar a cualificación da fase xeral e/ou da fase específica.

• A superación da fase xeral outorga acceso á universidade de maneira indefinida. • As materias superadas na fase específica teñen validez no curso que se superan e no

seguinte (poderanse usar nos procesos de admisión de dous cursos). Transcorridos eses dous cursos caducan as cualificacións da fase específica.