san paio no faro de vigo

1
FARO DE VIGO XOVES, 6 DE NOVEMBRO DE 2014 Mantén o seu nobre porte, aínda que cambiou a súa función defensiva e residencial por un uso cul- tural. A vella torre de Xiá,en San Paio de Narla, no concello lucense de Friol, converteuse nun di- námico centro que acolle a sección etnográfica do Museo Provincial de Lugo. A que é unha das máis fer- mosas e mellor conserva- das fortalezas do país mos- tra no seu interior o tempo detido da que foi Galicia campesiña e solarega. O museo é un centro vivo que transporta ao público a outros momentos e vi- vencias. Nesta fortaleza con al- ma son habituais as repre- sentacións de época. E al- gunhas das actividades es- tán relacionadas coas len- das da torre, que as ten, co- mo todo castelo que se prece. No patio de San Paio de Narla dispóñense diferentes coleccións vin- culadas con oficios tradi- cionais como os cesteiros ou os zoqueiros, algunhas instaladas en pequenas re- creacións do seu medio. A mostra que pode verse na edificación repártese en- tre a planta baixa e o ter- ceiro piso. As pezas van ambientando as estanzas e así os obxectos de equi- tación –entre os que se en- contra unha liteira do sé- culo XIX– exhíbense nas cortes, mentres que na adega se mostran os arti- gos propios desta depen- dencia como pelellos, prensadores de uvas ou medidas de viño. Á primeira planta accé- dese a través dunhas esca- leiras de granito que de- sembocan na cociña, na que se encontran elemen- tos da construción primiti- va como a lareira e o for- no, ademais de mobiliario típico da cociña tradicio- nal galega, dende ferros de pasar a cuncas, o escano ou a artesa. Este piso acol- le tamén un salón que re- trotrae a escenas de sécu- los pasados, coa súa che- minea renacentista e os parladoiros baixo as ven- tás. Ademais encóntrase neste planta a sala do tear, un escritorio e un dormito- rio coas pezas propias pa- ra o acto de durmir, como camisolas de liño ou quentadores de cama, en- tre outras curiosidades. A torre do que foi caste- lo destruído durante a Re- volución Irmandiña de fi- nais do século XV sorpren- de con moitas outras co- leccións, como a de armas brancas e de fogo na que hai dagas, machetes, espa- das, revólveres de percu- sión, de tambor ou de chis- pa, fusís, canóns e mesmo unha armadura de gue- rreiro samurai e outra de placas. Ao longo da súa histo- ria a fortaleza pertenceu a varias familias (Ulloa, Seixas, Ordóñez...) das que os seus brasóns dan fe no escudo da portada. Foi Vasco de Seixas quen re- construíu a atalaia no sé- culo XVI e quen ordenou facer a cheminea renacen- tista de orixinal decora- ción que foi trasladada ao terceiro piso da torre, on- de hoxe se mantén. É no oco da terceira planta on- de se abre unha porta que permite acceder ás ameas, dende onde se contempla unha magnífi- ca paisaxe. A visita complétase coa capela do século XVIII, de planta cuadrangular e tei- tume a catro augas. Nela pódese observar un reta- blo do XIX con esculturas populares, ademais doutros obxectos li- túrxicos. Relacio- nadas coa torre hai nu- merosas len- das tráxicas e de amor, vinculadas tamén á Serra dá Cova da Serpe. Como non hai fortaleza sen fan- tasma nin castelo sen a súa fábula, un dos lugares da Galicia mítica está di- rectamente entroncado coa fortaleza de Xiá. O edi- ficio e as súas lendas resal- tan e engaden valor aos bens que conserva. Unha fermosa moza chamada Berta quedou prendada dun bo mozo do lugar. Xur- diu o amor entre ambos os dous pero a relación non podía ir adiante polas súas distintas orixes, ela nobre, él vasalo. Berta contradixo o seu pai don Lopo e fuxiu co rapaz para esconderse na Cova da Serpe. O ofidio saíu entón do seu acocho e o mozo loitou a morte co seu puñal, perecendo na lide tan- to o mozo coma o rép- til. Deste conto fan- tástico, un dos máis coñecidos de Xiá, queda a cova en Friol, escenario habitual de re- presentacións do museo, e o lugar que leva por nome Bertamil. Ten longa historia o concello friolense, como o testemuñan os vestixios megalíticos e castrexos – aproximadamente unha vintena deles– que aínda se en- contran no termo muni- cipal. A esta primitiva ocupación sumouse a presenza romana e máis tarde a visigoda. No Medievo nu- merosos señores exerceron o po- der na localidade e da época que- dan xoias patrimoniais como a propia fortaleza de San Paio de Narla ou a torre de Miraz. Da ar- quitectura fidalga hai exemplos como o pazo de Remesil ou o de Trasmonte e entre a arte relixiosa destacan as igrexas románicas de Anafreita e a de Anxeriz. Sobresae tamén o templo de Guimarei,unha edificación de na- ve única que,ademais dos seus valiosos elementos arquitectóni- cos exteriores,alberga unha ima- xe da patroa da parroquia, Santa María, un retablo do século XVIII e unha pintura dos tempos da edi- ficación primitiva, do século XV. Trátase dunha obra destacable como mostra singular do gótico fi- nal, pola escaseza de igrexas ru- rais neste estilo. A fachada princi- pal ten arco de medio punto so- bre a que se abre un airoso rose- tón calado e espadana de dobre van. Unha inscrición e lá- pida funeraria alude a Andrés Berbetoros,señor de Portomarín e a súa es- posa, con data de 1689. No arredor encóntrase, ademais, unha fermosa carballeira, no anti- go campo da feira, con interesan- tes elementos da arquitectura tra- dicional. Arte rural A torre con historia Museo Etnográfico de San Paio de Narla TERE GRADÍN MUSEOS VIII A fortaleza de Friol suma ao seu pasado unha colección única Planta baixa, con cadeiras de man e arreos de montar a cabalo. // REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL LUGO/S.PAIO NARLA Primeira planta, coa lareira orixinal e outras pezas. // REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL LUGO/S.PAIO NARLA

Upload: rmplugo

Post on 14-Jul-2015

107 views

Category:

Art & Photos


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: San Paio no Faro de Vigo

FARO DE VIGO XOVES, 6 DE NOVEMBRO DE 2014

Mantén o seu nobre porte, aínda que cambiou a súa función defensiva e residencial por un uso cul-tural. A vella torre de Xiá,en San Paio de Narla, no concello lucense de Friol, converteuse nun di-námico centro que acolle a sección etnográfica do Museo Provincial de Lugo. A que é unha das máis fer-mosas e mellor conserva-das fortalezas do país mos-tra no seu interior o tempo detido da que foi Galicia campesiña e solarega. O museo é un centro vivo que transporta ao público a outros momentos e vi-vencias.

Nesta fortaleza con al-ma son habituais as repre-sentacións de época. E al-gunhas das actividades es-tán relacionadas coas len-das da torre, que as ten, co-mo todo castelo que se prece. No patio de San Paio de Narla dispóñense diferentes coleccións vin-culadas con oficios tradi-cionais como os cesteiros ou os zoqueiros, algunhas instaladas en pequenas re-creacións do seu medio. A mostra que pode verse na edificación repártese en-tre a planta baixa e o ter-ceiro piso. As pezas van ambientando as estanzas e así os obxectos de equi-tación –entre os que se en-contra unha liteira do sé-culo XIX– exhíbense nas cortes, mentres que na adega se mostran os arti-gos propios desta depen-dencia como pelellos, prensadores de uvas ou medidas de viño.

Á primeira planta accé-dese a través dunhas esca-leiras de granito que de-sembocan na cociña, na que se encontran elemen-tos da construción primiti-va como a lareira e o for-no, ademais de mobiliario típico da cociña tradicio-nal galega, dende ferros de pasar a cuncas, o escano ou a artesa. Este piso acol-le tamén un salón que re-trotrae a escenas de sécu-los pasados, coa súa che-minea renacentista e os parladoiros baixo as ven-tás. Ademais encóntrase neste planta a sala do tear, un escritorio e un dormito-rio coas pezas propias pa-ra o acto de durmir, como camisolas de liño ou quentadores de cama, en-tre outras curiosidades.

A torre do que foi caste-lo destruído durante a Re-volución Irmandiña de fi-nais do século XV sorpren-de con moitas outras co-leccións, como a de armas brancas e de fogo na que hai dagas, machetes, espa-das, revólveres de percu-sión, de tambor ou de chis-

pa, fusís, canóns e mesmo unha armadura de gue-rreiro samurai e outra de placas.

Ao longo da súa histo-ria a fortaleza pertenceu a varias familias (Ulloa, Seixas, Ordóñez...) das que os seus brasóns dan fe no escudo da portada. Foi Vasco de Seixas quen re-construíu a atalaia no sé-culo XVI e quen ordenou

facer a cheminea renacen-tista de orixinal decora-ción que foi trasladada ao terceiro piso da torre, on-de hoxe se mantén. É no oco da terceira planta on-de se abre unha porta que permite acceder ás ameas, dende onde se contempla unha magnífi-ca paisaxe.

A visita complétase coa capela do século XVIII, de planta cuadrangular e tei-tume a catro augas. Nela pódese observar un reta-blo do XIX con esculturas populares, a d e m a i s d o u t r o s obxectos li-túrxicos.

Relacio -nadas coa torre hai nu-merosas len-das tráxicas e de amor, vinculadas tamén á Serra dá Cova da Serpe. Como non hai fortaleza sen fan-tasma nin castelo sen a súa fábula, un dos lugares da Galicia mítica está di-

rectamente entroncado coa fortaleza de Xiá. O edi-ficio e as súas lendas resal-tan e engaden valor aos bens que conserva. Unha fermosa moza chamada Berta quedou prendada dun bo mozo do lugar. Xur-diu o amor entre ambos os dous pero a relación non podía ir adiante polas súas distintas orixes, ela nobre, él vasalo. Berta contradixo o seu pai don Lopo e fuxiu co rapaz para esconderse na Cova da Serpe. O ofidio saíu entón do seu acocho

e o mozo loitou a morte co seu puñal, perecendo na lide tan-to o mozo coma o rép-til. Deste conto fan-tástico, un

dos máis coñecidos de Xiá, queda a cova en Friol, escenario habitual de re-presentacións do museo, e o lugar que leva por nome Bertamil.

Ten longa historia o concello friolense, como o testemuñan os vestixios megalíticos e castrexos –aproximadamente unha vintena deles– que aínda se en-contran no termo muni-cipal. A esta primitiva ocupación sumouse a presenza romana e máis tarde a visigoda. No Medievo nu-merosos señores exerceron o po-der na localidade e da época que-dan xoias patrimoniais como a propia fortaleza de San Paio de

Narla ou a torre de Miraz. Da ar-quitectura fidalga hai exemplos como o pazo de Remesil ou o de Trasmonte e entre a arte relixiosa

destacan as igrexas románicas de Anafreita e a de Anxeriz.

Sobresae tamén o templo de Guimarei, unha edificación de na-ve única que,ademais dos seus

valiosos elementos arquitectóni-cos exteriores,alberga unha ima-xe da patroa da parroquia, Santa María, un retablo do século XVIII

e unha pintura dos tempos da edi-ficación primitiva, do século XV. Trátase dunha obra destacable como mostra singular do gótico fi-nal, pola escaseza de igrexas ru-

rais neste estilo. A fachada princi-pal ten arco de medio punto so-bre a que se abre un airoso rose-tón calado e espadana de dobre

van. Unha inscrición e lá-pida funeraria alude a Andrés Berbetoros, señor de Portomarín e a súa es-posa, con data de 1689.

No arredor encóntrase, ademais, unha fermosa carballeira, no anti-go campo da feira, con interesan-tes elementos da arquitectura tra-dicional.

Arte rural

A torre con historia

Museo Etnográfico de San Paio de Narla TERE GRADÍN

MUSEOSVIII

A fortaleza de Friol

suma ao seu

pasado unha

colección única

Planta baixa, con cadeiras de man e

arreos de montar a cabalo. // REDE MUSEÍSTICA

PROVINCIAL LUGO/S.PAIO NARLA

Primeira planta, coa lareira orixinal e outras pezas. // REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL LUGO/S.PAIO NARLA