revista búsola nº 7

68
Número 7 Ano 2014—15

Upload: suso-rubio

Post on 25-Jul-2016

252 views

Category:

Documents


10 download

DESCRIPTION

revista da cultura galega

TRANSCRIPT

Page 1: revista Búsola nº 7

Número 7Ano 2014—15

Page 2: revista Búsola nº 7
Page 3: revista Búsola nº 7

Número 7Ano 2014—15www.busola.org

Page 4: revista Búsola nº 7

B7 - Sumario

—04EditorialEscribir estas liñas supón que a consecución do obxectivo foi alcanzado: Oficiar o nacemento da nova Búsola e abrir unha segunda etapa na revista.

—06Josué Ramos

MicropremiosBuligan. RelatoJosué escribe un relato que xermina con esperanza e amor entre capas de devastación.

—10Diego Villanueva

MicropremiosBuligan. IlustraciónO sarrián, habitante do mundo steampunk ilustra soños de robot… tal vez con ovellas eléctricas.

—14Ana Teixeira

—16Yiago García

Banda DeseñadaYago interpreta con maestría e épica unha historia escrita por Kike Benlloch e centrada en Pardo de Cela.

—12Coords

Pedagoxía CreativaSeleccionamos iniciativas inseridas en coordenadas de innovación e creatividade.

Revista Búsola

www.busola.org

Consello Editorial: Suso Rubio (dirección), Saúl Rivas e Diana Mandiá

Deseño: Martiño VillaverdeLingua: Isaac FerreiraWeb: Martiño Villaverde

Deseño de Capa:Óscar Parada Quintana

Colaboración especial: Estibaliz Espinosa, Juan Torreiro e Servizo de Información Meteorolóxica da TVG

Edita: Roi Buligan

DL: LU-332-05ISSN: 1886-6131

Impresión:Tórculo Artes Gráficas S.A.

—22Obxectos Totémicos

FeticheHai obxectos que miden e axudan a definir a nosa relación co mundo.

PoesíaA miña avoa era unha contadora de historias e ao tratar de imitala fracasei, quizais por iso escribo o que tratan de ser poemas.

Page 5: revista Búsola nº 7

—32Diana Mandiá

ReportaxeA xornalista Diana Mandiá procura novas nos barrios malditos de Marsella. Esta vez son boas novas e de redención para unha xuventude que quere mirar ao futuro con esperanza.

—38 Os primeirostempos daastronomía

CienciaO astrónomo Dosi Veiga olla para o ceo e cóntanos o que viron os homes nos primeiros tempos da civilización.

—46Galicia, así nos ven desde fora

GaliciaCómo é Galicia para o viaxeiro? Cómo nos perciben e nos definen tres olladas de tres culturas distintas.

—54Os lugares da non alternativa

—24Marcelino Galán

MúsicaCunha longa traxectoria profesional, Marcelino Galán formouse musicalmente nos 90 en Barcelona e EE UU.

—24Topónimos da narrativa galega

—36O cinee o tempo

CineO clima sempre foi un estupendo actor de reparto no cinema. Agora tamén protagonista: as súas armas: doblegar ao home e ao seu mundo de forma irreversible.

18901925

1926

1930

1930

1931

1934

1920

1894

1895Maxina ou a filla espúrea(ao longo de 1880 comofolletín e completa en 1890),Marcial Valladares[A Estrada, 1821].

Santiago de Composte-la-Angrois-igrexa de Marrozos- a Gándara- Lestedo [A Estrada]- Pico Sacro- val do Ulla- Samame de Rivadulla- Socastro [Rois]- Madrid.

O castelo de Pambre(1895), de Antonio López Ferreiro [Santiago de Compostela, 1837]

Millí ou Millide [Melide]- Santa María de Libureiro- Campo Leboreiro- Mella e Sendelle- Betanzos- Noia- Serra de Corno de Boi- Ponte do Pambre- Igrexa e Mosteiro de Sobrado dos Monxes -convento de Dormeá- Fortaleza de Vilar de Mella- Ermora- Castro das Seixas- Mámoa de Losoiro- Xaxilde- igrexa de Santa María de Mezonzo [Vilasan-tar]- castelo de Losoiro- torres de Sampaio- Palas de Rei- Ponte de Albidrón- Ponte Corvo- castelo de Curbián-Castro de Ambreixo- Cuíña- Rodieiros [Boimorto]- Lalín-Goiás- Castelo de Pambre.

Arredor de si (1930), R. Otero Pedrayo [Ourense, 1888]

Ávila- Madrid [Gran Vía, calle Luna]- Toledo- París-o Rhin- Colonia- Leipzig- Berlín- Potsdam- Amberes- Gante- Bruxas- Ouessant- Ortegal-A Coruña- Ordes- Sigüeiro-San-tiago de Compostela- aldea da ribeira do Miño.

Abellas de ouro (1930), Xosé Lesta Meis [A Coruña, 1887]

Son 13 contos costu-mistas sobre mulleres ubicados integramente na aldea de Eirís, hoxe barrio de A Coruña.Eirís- A CoruñaA Regueira- Cernadas- Corredoira de Galán- Monte de Mero- Monte de San Cristobo [hoxe rúas do barrio de Eirís, na cidade de A Coruña] A Habana- Feira da Adina [Ordes].

Contiños da terra(1931), Manuel García Barros [A Estrada, 1876]

Santiago de Composte-la- Val do Ulla- Lestedo [A Estrada]- Pico Sacro- Callobre [A Estrada]- Ponteareas- Ouzande, Moreira, Berres, Aguions, Riveira, San Pedro [Parroquias de A Estrada]- Tabeirós [A Estrada]- Negreiros [Silleda]- Ferrol

San Perillán de Barullete [topónimo inventado].Néveda

(1920), Francisca Herrera [A Coruña, 1869]

A Coruña-Soñeiro [Sada?]- Anxo [Tui].

O porco de pé (1925), Vicente Risco [Ourense, 1884]

Oria, trasunto de Ourense

Ferruxe (1894), Aurelio Ribalta [Ferrol, 1864]

Fuxidos(1926),de Gonzalo López Abente [Muxía, 1878]

Muxía.

Cousas (1920), Os dous de sempre (1934), Retrincos (1934), Alfonso Daniel Rodríguez Castelao [Rianxo, 1886]Rianxo , Lourdes (París), Vigo, Pampa arxentina.

LiteraturagalegaXEOLOCALIZADA Documentación Estíbaliz EspinosaInfografía Estudio Kallakoko

LiteraturaRelación de topónimos e traxectorias dos personaxes da narrativa galega en galego entre 1890 e 1936.

FotografíaJosé Romay conecta o presente de escenas da cidade de Madrid con un denominador común pasado e violento.

Page 6: revista Búsola nº 7

Escribir estas liñas supón que a consecución do obxectivo foi alcanzado:

oficiar o nacemento da nova Búsola e abrir unha segunda etapa na publicación no que a convivencia dos formatos de papel e dixital sexan inseparábeis.

Editorial

Page 7: revista Búsola nº 7

Nesta nova andaina hai catro liñas chaves que se interseccionan no novo produto:

Novo deseño editorial tanto no soporte web como no que atinxe ao formato físico, novo modelo de publicación onde a retribución ao autor forma parte do noso ADN esencial, nova filosofía de financiamento inserindo a revista no campo do micromecenado, novos promotores e colaboradores nunha Búsola independente de entidades públicas ou privadas.

Segue viva, como no primeiro número alá polo ano 2004, a difusión e promoción de distintos axentes da cultura galega entendida nun sentido amplo, universal subliñando un espírito de vangarda e de nova creación.

En definitiva, a obriga de ser vento nas velas na navegación deste tempo de comunicación global.

Page 8: revista Búsola nº 7

8 Micropremios Búligan — Relato

Chegou o momento de facer maxia

—Xa parou de chover. Xa podes saír fóra —murmurou mamá, colocándolle a mochila de traballo sobre a gorda e vella chaqueta—. Acórdate de levar a dínamo. —Non me fai falta.—Pero o corredor é longo e está escuro. Lévaa, por se che fai falta. —Malo será, mamá—replicou o neno, desaparecendo a través da escuridade de máis alá da sala—. Coñezo o camiño de memoria. E xa non teño medo á escuridade.

Por Josué Ramos — Fotografía de Nomad Photo

A tenue luz da sala na que estaba mamá guiouno durante uns cantos pasos. Pero desapareceu por completo ó cruzar a primeira esquina do corre-

dor. Durante un segundo, envolto en total escuridade, non puido evitar frear en seco; pero non tardou en continuar, palpando as frías e metálicas paredes, até dar coa porta que buscaba. A pequena claraboia da porta de entrada ao búnker permitiulle ver o equipo que sempre o esperaba nunha es-quina: as botas, os lentes, as luvas illantes e a máscara de

gas. E xunto a eles, xa case esquecidas, as súas dúas mochi-las de supervivencia, preparadas por se algún día había que saír correndo. Mentres se preparaba poñéndose o equipo, o neno pensaba nas mochilas. Mamá parecía saber do que falaba —ela coñecía o mundo anterior ao desastre— pero el non entendía por que tiñan que estar sempre aí, cheas de comida, roupa de abrigo e ferramentas que seguramente nunca usarían.Comprobou unha última vez que non había rachóns nas lu-

Page 9: revista Búsola nº 7

Josué Ramos 9

vas e que a máscara estaba ben axustada e regulada e, cando estivo listo, abriu a porta e saíu ao exterior…Coma sempre, o aire obrigouno a respirar fondo e pararse un segundo, baixo o cálido sol, a gozar do momento. Pero mamá dicía que non era bo estar demasiado tempo exposto, así que comezou a traballar de inmediato. Antes de nada, o primei-ro era recoller a auga do depósito do precipitado. Primeiro cambiou o filtro do precipitador, no tubo que conducía a auga de chuvia até o depósito, por se o esquecía ó final. E despois sacou varias botellas de auga da mochila para, con coidado, enchelas unha a unha. Despacio, para non perder unha gota, devolveu as botellas ó interior do búnker e volveu saír para comezar a explorar.Percorreu esta vez máis dun quilómetro, cara a unha esquina na que sabía que o vento adoitaba acumular lixo e desper-dicios traídos dende moi lonxe. Cando había sorte, aquela esquina podía ser unha mina de ouro.Polo camiño non puido evitar fixarse nos carteis medio arrancados e sucios que adornaban as paredes. Sempre lle gustaron, aínda que non entendía o que querían dicir a maioría deles. Usaban palabras ou expresións que el nunca chegara a coñecer. E había de todo: carteis que invitaban á xente a ver música en directo, a ver presentacións de libros, a asistir a festas… Co paso do tempo chegara a discernir que a maioría deles estaban relacionados co que mamá chamaba «política»: a forma que había antes de organizar a poboa-ción e de gobernar a xente. Por todas partes había carteis con caras de persoas serias, enfadadas ou violentas; portan-do estandartes, insignias ou bandeiras de grupos que xa non existían; e chamando a manifestacións de movementos ou levantamentos que nunca serviron de moito. Mamá dicía que era moi difícil gobernar e que a xente non sempre esta-ba de acordo coa política. Por iso colgaban eses carteis, para que a xente ficase un anaco mirando para eles até obedecer o que dicían, xuntándose en prazas ou lugares públicos para demostrar que non estaban contentos. A idea debía de ser a de xuntar todas aquelas caras tristes ou enfadadas nun mes-mo sitio para causar maior impresión a quen as vise; algo así. O que non alcanzaba a entender é por que non falaban directamente coa xente que gobernaba para resolver as súas diferenzas.

Ó chegar ó lugar indicado, o neno botou unha ollada ao que o vento lle trouxera. A experiencia ensináralle que non todo era útil, así que non se entusiasmou demasiado pola cantida-de de desperdicios que se acumularan. Achegouse devagar e remexeu un pouco coa punta das botas. Non parecía haber gran cousa. Ademais, a chuvia mollara o papel e os cartóns, facendo máis difícil a busca e provocando pozas aquí e alá.

Encontrou unha caixa, envolta en papeis, baleira pero en bastante bo estado; e non tardou en gardala na mochila. Despois, non lonxe dela, algo de papel ilexible e bastante diñeiro. Agachouse para recollelo. Ao tacto, parecía seco, así que o gardou tamén para alimentar a caldeira.Un repentino raio de sol caído de entre as fendas das nubes provocou entón no chan un brillo estraño: unha pociña de auga case totalmente cuberta por lixo. Unha pequena bolsi-ña de papel chamou a súa atención. Puido ver algo verde ó recollela entre a auga, pequeno e delicado, pero erguido, so-bresaíndo do mesmo chan. Estaba sucio e parecía totalmen-te fóra de lugar. Apartou os desperdicios do seu redor para liberalo do lixo e limpouno cun pouco de auga. A súa cor verde creceu en intensidade. Parecía que agradecía a auga.Durante un anaco, ficou pasmado coa súa beleza, aínda sen saber de que se trataba. O que escribiran na bolsiña xa non estaba, pero confirmoulle o que pensaba. Tiña un debuxo moi parecido ao daquel brote. Sen dúbida, saíra de alí. Pero a bolsa estaba baleira, non había máis.

Ó regresar ó búnker, aproveitando que mamá estaba noutra sala, rebuscou nervioso no estante onde gardaban os libros antigos. Había de todo: novelas, libros de contos, guías, en-saios… pero o que o neno necesita agora era unha especie de bestiario que ela mesma creara e na que el miraba os debu-xos unha e outra vez cando era máis pequeno. Á fin deu con el: «Botánica», poñía na portada. Si, esa era a palabra.Abriuno nervioso, con coidado de non o romper, para ir pa-sando as páxinas manuscritas unha a unha en busca de de-buxos parecidos ao que vira. Oxalá estea aquí… oxalá fose… Unha imaxe fíxolle pararse en seco: un brote. Unha planta. Un ser vivo.

—Por que sempre me mides, mamá? —preguntou o neno, coa cabeza pegada á parede, mentres ela remataba de riscar na madeira co carbón—. Para que serve?—Sérveme para ver que tal estás crecendo. Os nenos teñen que crecer para facerse adultos. E eu teño que asegurarme de que ti tamén o estás facendo ben.—Tódolos nenos?—Si, tódolos nenos —murmurou ela, comprobando a medi-da—. Estean onde estean, todos teñen que crecer. Mira, ves? Todo o que creciches?Mentres o neno observaba o seu desenvolvemento, pensan-do, mamá alcanzou un par de latas e abriunas para colocalas na mesa.—Mesmo os animais? E… as plantas?—Si, todas as especies —repetiu rindo—. Todas as varieda-des, todas as razas, todas as persoas…. cada vez máis e máis

Page 10: revista Búsola nº 7

alto, ata facerse maiores. Cara a arriba e cara a adiante. —Mamá fíxolle cóxegas na barriga, e o neno riu tamén—. Anda, senta a comer.—Pero que tiñan as plantas para crecer? —preguntou o neno, mentres se sentaba ante a súa lata—. Non estaban sempre paradas no mesmo sitio?—Si, estaban paradas, pero se sempre estaban de pé é porque tiñan raíces que atravesaban o chan. —Mentres falaba, mamá facía xestos sobre e baixo a mesa para facelo entender—. E debaixo do chan, aínda que non se podía ver, absorbían a comida que necesitaban. Como o precipitado que temos fóra coa auga da chuvia… pero ao revés.—Como? —preguntou o neno estrañado, con fabas na boca.—O precipitador recolle a auga da chuvia, fíltraa e logo déixaa caer no depósito, non? Pois as plantas facían iso mes-mo. Tiñan tubos como ese, pero moi finos, enterrados na terra, para atraer a auga cara ó tronco.—E como nacen? Por que aparecen na terra?Mamá atrapou unha faba da lata para colocala entre os seus dedos, coma se tivese pescado un tesouro, e mostroulla ao neno.—Ves? —comezou—. Isto é o froito dunha planta. Dunha faba. Se a enterrabamos, a planta crecía e dábanos máis des-tas.—É máxica?—Todas eran máxicas —riu mamá—. Ó seu xeito, todas o eran.—E por que non a plantamos?—Porque xa non se pode. Non podemos saír fóra duran-te moito tempo, e as plantas tampouco. Non hai forma de mantelas vivas.—E se o intentamos?—Éche moito traballo e esforzo. Hai que cultivar, regar, coidar… Non paga a pena desperdicialas. É mellor gardalas. Come, anda.—Pero…—Aínda que se puidese, a humanidade xa non o merece. No futuro, cando o aire se limpe e a natureza estea lista, a Terra permitirá facelo outra vez. Entón poderás cultivar todas as que queiras. Pero non agora, aínda non. —Falaba cada vez máis despacio e máis baixiño. E a pesar de que o neno non entendía o que dicía, continuou—. Para que crear plantas ás que imos seguir matando?O neno seguiu comendo, sen dicir nada máis, pero de súpeto sobresaltouse ao ver que a mamá lle daba un novo ataque de tose. Había tempo que non lle pasaba, e mesmo parecía estar ben, pero a enfermidade volvía sempre. Mamá ergueuse da mesa e, ó ver que el a seguía, fíxolle un aceno firme para que non se achegase. Aínda tusindo, deitouse no catre en

posición fetal e botouse a durmir.

Ó día seguinte a aquela conversa, o neno colocou xunto á planta un medidor de altura de cartón que el mesmo debu-xara. Xa alcanzaba os trinta centímetros e parecía estar sa. «Debe de ter moitas raíces», pensou.Entón sentouse xunto a ela e, sacando un caderno da mochi-la, comezou a debuxala co carbón. Custáballe facer os trazos coas luvas postas pero logrou un resultado máis ou menos parecido.Ó rematar, quitou unha das luvas, despacio, e atreveuse a achegarse a ela. Era fresca e suave ao tacto. Sorriu.Xa no búnker, comparou o debuxo que acababa de facer cos do libro. Cría que mamá estaba durmida, deitada no seu ca-tre, pero sobresaltouse ó oíla falar:—De onde sacaches ese debuxo?—Copieino… —murmurou el nervioso— un día… —continuou entrecortado— Copieino do libro, pero non recordo en que…Mentres falaba, mamá tomou o debuxo entre as súas mans. O seu tacto era frío e o seu rostro estaba cada día máis branco. Con cariño, foi pasando despacio as follas, coma se soubese o que debía buscar, e non tardou en parar nun debuxo similar.—Unha maceira. Para as mazás. —E despois amosoulle o debuxo dunha mazá—. Estaban moi, moi ricas. Teríanche gustado.O neno sorriu, sen dicir nada. E mamá foise deitar de novo, tusindo outra vez e tapando a boca cun pano.O neno volveu mirar a mazá, recordando tela visto antes noutro libro. Dirixiuse a un vello e sucio libro infantil que había moitos anos que non volvera tocar. Sabía que na súa última páxina había un.Ao atopalo, puido ver que o libro non explicaba gran cousa. De feito, apenas tiña texto. Só dicía que a árbore daba froito ós nenos que foran bos, e non falaba nada de cultivar ou de traballar para conseguilo. Era unha árbore grande, con froi-tos redondos e brillantes, como as mazás, de todas as cores, colgando das súas pólas. E estaba coroada por unha estrela amarela. Os nenos non fixeran nada pola árbore pero esta daba todo tipo de regalos. O froito aparecía ante eles da noite á mañá, como por arte de maxia e envolto en papel de cores. Sentábanse ó seu arredor, e a árbore prosperaba soa.Xirouse para mirar a mamá. Parecía durmida, así que deci-diu non espertala coas súas dúbidas.—Quizais por isto o seu mundo fracasou —murmurou para si—. Non souberon respectalas.

—Mamá, axúdoche? —preguntou preocupado mentres ela o medía.—Non, non —murmurou ela, case sen forzas na voz—. Déixa-

10 Micropremios Búligan — Relato

Page 11: revista Búsola nº 7

teme de contos. Non quero que fagas trampas.Despois de marcalo, ámbolos dous ficaron mirando o moito que crecera en tan pouco tempo. Era moito maior que nun-ca. Mamá sorriu, xa sen forzas, e foise deitar de novo sen dicir nada.—Vou saír agora. Logo veño a ver que tal estás, vale? —mur-murou el, arroupándoa cun vello farrapo—. Descansa, mamá.

Xa fronte á árbore, o rapaciño comprobou unha vez máis, co seu libro, que se trataba dunha maceira, unha maceira con froitos xa maduros; e crecera tanto coma el. Quitou a luva, como fixera xa tantas veces, e achegouno para conseguir unha mazá. Mirouna á luz do sol, tan redonda, tan perfecta.E, tras uns segundos, sen pensalo máis, quitou a máscara. Durante un segundo, cos ollos e a boca pechados, aguantou a respiración. Pero, á fin… respirou fondo. Aire puro. Aire lim-po. O aire que a súa árbore lle permitía respirar. Rindo feliz, levou a mazá á boca. E no seu interior, no mesmo corazón, atopou gardadas as sementes que debía cultivar. Preguntou-

se se sería así como a árbore do conto infantil daba regalos.Nervioso, recolleunas na man e regresou correndo, xa sen máscara nin luvas, ó interior do búnker. Quería berrar, que-ría cantar, quería dicirlle a mamá que xa podía saír, que xa podía respirar aire limpo e curarse, e que a Terra xa lles per-mitía cultivar outra vez.Só tivo tempo para mostrarlle as sementes.—Fabas! —exclamou entusiasmado.Ela sorriu sen necesidade de oír unha palabra, compren-dendo. Nos seus ollos adiviñábase que a súa inevitable conta atrás chegaba hoxe á súa fin. Sorriu e, feliz, marchou.

Sempre pensou que, unha vez morrese mamá, quedaría só. Pero hoxe entendeu que non era así. E coas sementes na pal-ma da man aberta, regando coas súas bágoas a terra arredor da primeira árbore, pronunciou as súas primeiras palabras ó aire libre:—Chegou a hora de facer maxia.

Josué Ramos 11

Escribo dende que tiña 16 años, cando comecei a facer relatos e gañei un concurso de relato histórico xuvenil. Daquela, a ciencia ficción clásica foi a que me animou a escribir a miña primeira novela, que rematei ós 19 anos e decidín publicar en 2012: La última conspiración. No entanto, fun publicando relatos en varias páxinas, revistas especializadas e antoloxías.As cousas cambiaron en 2009, cando coñecín o Steampunk e comecei a escribilo e promovelo activamente asesorando a organizadores de convencións e organizando eventos relacionados. É un xénero no que me sinto especialmente cómodo e no que xa teño dúas novelas, Ecos de voces lejanas e Lendaria, publicadas en 2012 e 2013, respectivamente. Ademais, en Steampunk a editora Tyrannosaurus Books encargoume ser o coordinador da súa serie de antoloxías «Ácronos», reunindo en relato ós mellores autores Steampunk nacionais. O primeiro volume foi publicado en 2013, o segundo en 2014, e esperamos un terceiro para 2015.En 2012, ademais, boteime a escribir ficción en galego. En decembro dese ano gañei o I Concurso de relatos curtos Redes de Letras e en 2013 entrei no número 6 de Contos Estraños, da Editora Contos Estraños.

Josué RamosFerrol, 1987

Page 12: revista Búsola nº 7

12 Micropremios Búligan — Ilustración

Diego Villanueva

Son natural de Sarria, onde, os meus vintecatro anos, aínda sigo residindo. Estudei topografía na USC e posteriormente realización audiovisual na Escola de Imaxe e Son de Lugo. Son fanático da ciencia-ficción e da animación desde a miña máis tenra xuventude. «Adventure Time» é a miña serie fetiche e aborrezo o final de «Lost».

Page 13: revista Búsola nº 7

Diego Villanueva 13

Page 14: revista Búsola nº 7

14 Pedagoxía Creativa

MAOs naceu como a reacción de tres colegas (Ma-ría, Xiana e Óscar) á falta de expectativas laborais dignas: non queriamos emigrar nin sacrificar ou

traizoar as nosas inquietudes persoais e ideolóxicas. Que-riamos facer proxectos ou propor iniciativas relacionadas basicamente con tres eixos: patrimonio, sociedade e cultura.

As tres entendemos o patrimonio como elemento vivo e parte do ben común, non musealizábel, que acolle desde a sabedoría tradicional ás novas sabedorías (incluíndo, por exemplo, o manexo das novas tecnoloxías). O patrimonio é unha construción colectiva e constante, un ben comunita-rio, sustentábel e adaptábel ás novas problemáticas de cada época (dos labores comunitarios no agro ao software de código aberto). Gustaríanos fomentar a transmisión deses coñecementos máis adaptados ao noso medio, e, por tanto, máis respectuosos coa sociedade e coa creación de cultura. Pensamos neste patrimonio como a adaptación respectuosa do ser humano ao seu medio, en contraposición ao fomento da individualidade insolidaria ou dun sistema baseado na competencia e a desigualdade.

Levamos pouco tempo e aínda non temos moitas iniciati-vas: coordinamos o proxecto RuralActivo (www.ruralactivo.com) en colaboración con outra cooperativa, Feitoría Verde, participamos activamente na recollida de material n'A Me-moria das Mulleres do Concello de Pontevedra (facebook.com/pages/A-memoria-das-mulleres/455827637871829),

ideamos e lanzamos a asociación Granxa de Servizos (www.granxadeservizos.com) que aínda está nos seus primeiros pasos, traducimos 'The Business Model Canvas' e fixemos un mapa de mercados ecolóxicos (http://maos.gl/recur-sos/), e estamos a comezar a negociación da posta en marcha doutros proxectos (como crear mercados de proximidade naquelas cidades que non os teñan, tentar avanzar na pro-posta dunha web de crowdfunding galego-portuguesa para iniciativas sociais e culturais, etc)…

MaumarelaMAUmarela é unha Sociedade Cooperativa con base en Ri-badeo. Componse dunha Academia de apoio ao estudo, un Centro Psicopedagóxico e unha área de Xestión cultural. A idea de MAUmarela naceu en 2012 como un «espazo de aprendizaxe e creatividade pedagóxica» no cal se pretendía ir un pouco máis alá do concepto tradicional de «centro de estudos». O noso obxectivo inicial era crear un lugar onde se fomentase a creatividade e o pensamento diverxente, así como atender a todo tipo de problemas de aprendizaxe e/ou motivación, tanto en nen@s como en adult@s.

Os seus promotores son Carolina García Chico, pedagoga especialista en intervención familiar, Guillermo Hernández, licenciado en Filosofía, con experiencia como xornalista, era tamén profesor substituto de Secundaria e Bacharelato en IES da Comunidade Galega. Celtia Traviesas, xornalista e enxeñeira técnica.

Localizamos coordenadas en Galicia onde a educación, cultura, sociedade… son un capital emerxente.

COORDS

Page 15: revista Búsola nº 7

Coords 15

A innovación é un dos trazos característicos de Maumarela achegando programas pedagoxicamente novos que están a demostrar o seu éxito noutras zonas. Algúns exemplos son o Taller de xornalismo e creacións de blogues (impartido por xornalistas), Taller de Arquitectura para pícar@s (impartido por arquitect@s), Taller de Filoso-fía para Nen@s (impartido por lic. en Filosofía) etc.

Universidade Rural de BarreirosÁs veces as grandes ideas veñen suxeridas por problemas ou necesidades detectadas. Tamara Rubiños referíame como un veciño tiña un problema por falta de información ou coñe-cementos. Un veciño que ben podería ser unha comunidade.Ela imaxinou unha solución social, dinamizadora e de retri-bución ao pobo.Tamara tiña no voluntarismo e talento do Colectivo Ollomao que preside, unha estrutura perfecta para desenvolver a idea e ila convertendo no que deron en chamar Universidade Ru-ral de Barreiros.O espírito desta Universidade Rural pode ter anteriores re-ferentes na vella filantropía do século XIX e primeiros anos do século XX, cando emigrantes prósperos se convertían en mecenas que asumían proxectos de instrución, fomento e saúde nos seus lugares de orixe para que así os conveciños que ficaban en ultramar, mellorasen as súas condicións de vida.Ollomao actualizou e redeseñou a idea e aproveitou o patri-monio educativo e inmaterial dos mozos e mozas de Barrei-ros para canalizar distintos saberes que poderían enriquecer o día a día dos veciños que non tiveron a oportunidade dun-ha educación superior.Un dos alumnos, Álvaro Vizoso, comentaba o marabilloso deste proxecto, como uns rapaces poñen a disposición dos alumnos tempo e traballo para resolver dúbidas e proporcio-nar coñecementos aos seus maiores. Falaba desta experien-cia educativa, flexible, circular, case tertulias por momen-tos, nun intercambio de ideas e propostas que enriquece ao alumnado e a docentes.A universidade Rural articúlase en sementes que son como ramas ou graos neste proxecto universitario: Ciencias So-ciais, Xurídicas e Económicas, Enxeñaría do Medio Rural, Ciencias da Saúde, Comunicación e Opinión Pública, e Pro-dución Artística e Publicidade.Como contidos transversais, lingua, igualdade de xénero e drogadiccións insírense nun completo e integral programa piloto que os seus fundadores esperan sexa exportable a ou-tros concellos galegos.

Biosbardia é un proceso de revista dixital que levaba eu matinando varios meses até que en outubro comecei

a facer as primeiras probas e en febreiro do 2014 tivo o seu lanzamento en serio. Para fortalecer a pluralidade da revista petei na porta de Manuel Veiga, Xan Carballa, Xesús González Gómez e Xosé Henrique Acuña para que me botasen unha man. Hai outras persoas ás que molestei e espero que cando o tempo llelo permita se incorporen.

O punto que queremos cultivar é o rigor, a profundidade e a axenda propia. Non nos escraviza a actualidade. As redes sociais permiten aliviar moito contido conxuntural e así po-demos centrar o espazo web naqueles xéneros que mellor axuden a dar a coñecer o estado da nosa literatura.

Dámoslles prevalencia aos xéneros xornalísticos: a entrevis-ta, a reportaxe e a crítica. Tamén a análise. Outro punto forte é a experiencia dos que formamos o proxecto. Eu traballei doce anos como xornalista cultural. Os colaboradores de Biosbardia, moito máis, o que menos, 28 anos.

A resposta até agora foi mellor do esperado. Non é un proxecto para gañar diñeiro así que o número de visitas énos secundario. Pero o outro día linlle unha entrevista a unha emprendedora web, que creou unha páxina como medio de vida, investindo os seus aforros, que dicía toda orgullosa que no seu primeiro mes de existencia recibira 2.000 visitas. Nós levamos 25.000 en cinco meses de traballo real. Non me pa-rece gran cousa pero contabamos con moito menos.

O principal é que estamos creando debate sobre moitos te-mas relativos á nosa situación cultural, especialmente edito-rial: o mercado do libro galego, a busca do lector, o nivel da nosa escrita… Todo ou case todo o que publicamos encontra do outro lado un lector que reflexiona e entra no debate co-mún.

Finalmente, o panorama das revistas dixitais en galego aínda ten poucos abrochos. No campo noso, hai experiencias moi potentes, coma o Magazine de Montse Dopico ou Ferven-zas Literarias. Noutras áreas hai fantásticos medios, caso de GCiencia pero coido que hai moito campo por explorar. O problema é que a leira da internet é de man común pero ninguén che paga por traballala. As revistas facémolas xor-nalistas profesionais que pasamos a ser afeccionados no momento que o facemos só por compromiso ou porque nos apetece, como é o meu caso, non como vía de gañar a vida. Esa é a desgraza. Por fortuna, como o custo é só do propio «corpo», na rede aínda pode ir saíndo algo porque en papel a vía está atrancada, seguramente por moito tempo. As su-perviventes merecen un monumento.

Page 16: revista Búsola nº 7

Nacín na incerteza, ela, catalizadora do medo, señor feudal dos sentimentos que ninguén quere.

Trala perda da virxindade do saber(escaso pero nítido)

resolvín ser doncela por sempre, a cortesá dos segredos, a que xamais afirma ou nega.

Puta por pracer e santa por devoción, túa pero sempre de ninguén.

Espello que dá unha imaxe distinta de cada vez, nel reflectidas as amarguras das que fuxín pero que unha e outra vez me alcanzan.

Pois eu non son ninguén senón recordo, nin sequera ti existirías se non fose polo pasado.

O futuro está por chegar, cada vez máis preto e ti cada vez máis lonxe,

non o sabes pero cada día poño un centímetro máis entre nós.Ti que me afogas e xamais me atas.

16 Poesía

Ana Teixeira

Chámome Ana Teixeira, nacín no Carballiño en 1984 e son Licenciada en Filoloxía Galega. A miña avoa era unha contadora de historias e ao tratar de imitala fracasei, quizais por iso escribo o que tratan de ser poemas, para dar saída aos milleiros de palabras pechadas na miña cabeza, empeñadas en mesturarse con medos e desexos.

Page 17: revista Búsola nº 7

Ti operas en min como a acción dun fabriqueiro nunha igrexa.Os teus bicos son como incesantes chamadas purpúreas ao meu desexo.

Húmida, vulva da túa propiedade.Es o cóengo da miña igrexa, ela, instalada sempre entre as miñas pernas.

As antípodas do teu falo son o meu afán de ir á procura da aventura de cabalgarte coma unha tola.Santiguareime na quente oración das túas arremetidas, confesareime no teu perdón de sátiro.

Murmurei o teu nome en soños, levitei cos orgasmos que me regalaches, perdín a vergoña e deixei de buscar o pudor.Nunca sufro na túa cama.

Cun espectrograma da súa doranalizou os formantes da vogal átona do futuro que lle espera.

A frecuencia dos ciclos da lúa minguanteconverteuse nunha onda complexa sen harmónicos de esperanza.

Non atopou os seus resoadores,perdéranse nun sonograma anterior.Os pregues deixaron de emitir voz,

dixeron que a vibración lles provocaba cancro.Nun rexistro de banda estreita

os pensamentos saen como oclusivas, antes: un espazo en branco.30 Hertzs de paranoia.

O ruído das sibilantes da túa voz de agulla.Un préstamo: a nada.

NEVER MOREParéntese

Insufríbel espera morta, quenda de bicos por compromiso; amor social, máscara de traballo, compra e intimidade pactada

(dous cada sete).

Medievalizante discurso sobre o desamor.

Interese fuxitivo nas túas palabras baleiras. Só ouvir, o escoitar quedou xogando coa túa sinceridade.

Ritmo cambiante, para non perder o fío indutor da vergoña.

Soporífera clase maxistral de como perder o tempo do fracaso. Xénero neutro (quizais debería agradecerte a descuberta asexual).

Biblioteca sen libros, amor sen ti (Proximamente).

Cantiga de amigo vomitiva (Never more).

Ana Teixeira 17

Page 18: revista Búsola nº 7

18 Banda Deseñada

Yago García

Levo traballando como ilustrador freelance dende vai 8 anos para o mer-cado internacional. Os meus traballos foron principalmente de cartelería, colorista de cómic, ilustrador para libros infantís e xuvenís. Actualmente levo un proxecto persoal con outros compañeiros de profesión, o fanzine «Compota de Manatí»

Page 19: revista Búsola nº 7

Yago García 19

Pardo de CelaDebuxos Yago García. Guión Kike Benlloch

Page 20: revista Búsola nº 7

20 Banda Deseñada

Page 21: revista Búsola nº 7

Yago García 21

Page 22: revista Búsola nº 7

22 Banda Deseñada

Page 23: revista Búsola nº 7

Yago García 23

Page 24: revista Búsola nº 7

24 Fetiche

Obxectos Totémicos

David Lombao _ xornalistaA radio do meu avó Merixo lembra de onde vimos e tamén que a inmediatez na información e o xornalismo xa estaban inventados moito antes de internet.

Roi Casal _ músicoLevo navegado nel moitas millas e descuberto recunchos que son auténticos paraísos eiquí mesmo, nas Rías Baixas. En cada singradura consigo evadirme e renovar a miña mente para afrontar con frescura cada reto que me propoño. O meu barquiño!

Page 25: revista Búsola nº 7

Obxectos Totémicos 25

Iria Veiga _ psiquiatraO tempo e as máquinas para medilo son o mellor exemplo do que significa ser humano: cuantificar, relacionar e buscar patróns. Achar xeitos comunicables de expresar os aspectos máis esquivos da realidade. Este reloxo é sen dúbida o meu fetiche. Axúdame a pensar, a estruturar as ideas. O espazo-tempo, o paradoxo dos xémeos, o coello de Alicia, a máquina do tempo.

Santi Jaureguízar _ xornalista e escritorBill Evans foi o pianista máis sensible e poroso de todos os tempos do jazz. Sometido pola heroína, nas derradeiras semanas da súa vida, alimentouse unicamente de caramelos. Eu, cando era novo, escribía tomando tantos litros de café coma na corte de Pedro I de Rusia, cando o tsar houbo que prohibilo porque a nobreza toleaba de cafeína. Para manter a tensión, daquela escoitaba os Clash e a AC/DC. Agora, retirado do café pola crueldade do meu doutor e como nunca tiven a virtude estética de fumar, escribo chuchando en caramelos Ricola de herbas suízas e concéntrome con discos de Bill Evans, coma Coffee and cigaretes

Kike Díaz _ debuxanteRecoñezo un certo impulso ilóxico polos afialapis. O malo é que ao seren concibidos para sibaritas, non é raro toparse con prezos desorbitados; e é paradoxal, porque, aínda que agora a súa función é totalmente prescindible, foi ideado precisamente en tempos de escaseza para aproveitar o lapis ao máximo.

Page 26: revista Búsola nº 7

26 Topónimos da Narrativa Galega

18901925

1926

1930

1930

1931

1934

1920

1894

1895Maxina ou a filla espúrea(ao longo de 1880 comofolletín e completa en 1890),Marcial Valladares[A Estrada, 1821].

Santiago de Composte-la-Angrois-igrexa de Marrozos- a Gándara- Lestedo [A Estrada]- Pico Sacro- val do Ulla- Samame de Rivadulla- Socastro [Rois]- Madrid.

O castelo de Pambre(1895), de Antonio López Ferreiro [Santiago de Compostela, 1837]

Millí ou Millide [Melide]- Santa María de Libureiro- Campo Leboreiro- Mella e Sendelle- Betanzos- Noia- Serra de Corno de Boi- Ponte do Pambre- Igrexa e Mosteiro de Sobrado dos Monxes -convento de Dormeá- Fortaleza de Vilar de Mella- Ermora- Castro das Seixas- Mámoa de Losoiro- Xaxilde- igrexa de Santa María de Mezonzo [Vilasan-tar]- castelo de Losoiro- torres de Sampaio- Palas de Rei- Ponte de Albidrón- Ponte Corvo- castelo de Curbián-Castro de Ambreixo- Cuíña- Rodieiros [Boimorto]- Lalín-Goiás- Castelo de Pambre.

Arredor de si (1930), R. Otero Pedrayo [Ourense, 1888]

Ávila- Madrid [Gran Vía, calle Luna]- Toledo- París-o Rhin- Colonia- Leipzig- Berlín- Potsdam- Amberes- Gante- Bruxas- Ouessant- Ortegal-A Coruña- Ordes- Sigüeiro-San-tiago de Compostela- aldea da ribeira do Miño.

Abellas de ouro (1930), Xosé Lesta Meis [A Coruña, 1887]

Son 13 contos costu-mistas sobre mulleres ubicados integramente na aldea de Eirís, hoxe barrio de A Coruña.Eirís- A CoruñaA Regueira- Cernadas- Corredoira de Galán- Monte de Mero- Monte de San Cristobo [hoxe rúas do barrio de Eirís, na cidade de A Coruña] A Habana- Feira da Adina [Ordes].

Contiños da terra(1931), Manuel García Barros [A Estrada, 1876]

Santiago de Composte-la- Val do Ulla- Lestedo [A Estrada]- Pico Sacro- Callobre [A Estrada]- Ponteareas- Ouzande, Moreira, Berres, Aguions, Riveira, San Pedro [Parroquias de A Estrada]- Tabeirós [A Estrada]- Negreiros [Silleda]- Ferrol

San Perillán de Barullete [topónimo inventado].Néveda

(1920), Francisca Herrera [A Coruña, 1869]

A Coruña-Soñeiro [Sada?]- Anxo [Tui].

O porco de pé (1925), Vicente Risco [Ourense, 1884]

Oria, trasunto de Ourense

Ferruxe (1894), Aurelio Ribalta [Ferrol, 1864]

Fuxidos(1926),de Gonzalo López Abente [Muxía, 1878]

Muxía.

Cousas (1920), Os dous de sempre (1934), Retrincos (1934), Alfonso Daniel Rodríguez Castelao [Rianxo, 1886]Rianxo , Lourdes (París), Vigo, Pampa arxentina.

LiteraturagalegaXEOLOCALIZADA Documentación Estíbaliz EspinosaInfografía Estudio Kallakoko

Page 27: revista Búsola nº 7

Literatura 27

18901925

1926

1930

1930

1931

1934

1920

1894

1895Maxina ou a filla espúrea(ao longo de 1880 comofolletín e completa en 1890),Marcial Valladares[A Estrada, 1821].

Santiago de Composte-la-Angrois-igrexa de Marrozos- a Gándara- Lestedo [A Estrada]- Pico Sacro- val do Ulla- Samame de Rivadulla- Socastro [Rois]- Madrid.

O castelo de Pambre(1895), de Antonio López Ferreiro [Santiago de Compostela, 1837]

Millí ou Millide [Melide]- Santa María de Libureiro- Campo Leboreiro- Mella e Sendelle- Betanzos- Noia- Serra de Corno de Boi- Ponte do Pambre- Igrexa e Mosteiro de Sobrado dos Monxes -convento de Dormeá- Fortaleza de Vilar de Mella- Ermora- Castro das Seixas- Mámoa de Losoiro- Xaxilde- igrexa de Santa María de Mezonzo [Vilasan-tar]- castelo de Losoiro- torres de Sampaio- Palas de Rei- Ponte de Albidrón- Ponte Corvo- castelo de Curbián-Castro de Ambreixo- Cuíña- Rodieiros [Boimorto]- Lalín-Goiás- Castelo de Pambre.

Arredor de si (1930), R. Otero Pedrayo [Ourense, 1888]

Ávila- Madrid [Gran Vía, calle Luna]- Toledo- París-o Rhin- Colonia- Leipzig- Berlín- Potsdam- Amberes- Gante- Bruxas- Ouessant- Ortegal-A Coruña- Ordes- Sigüeiro-San-tiago de Compostela- aldea da ribeira do Miño.

Abellas de ouro (1930), Xosé Lesta Meis [A Coruña, 1887]

Son 13 contos costu-mistas sobre mulleres ubicados integramente na aldea de Eirís, hoxe barrio de A Coruña.Eirís- A CoruñaA Regueira- Cernadas- Corredoira de Galán- Monte de Mero- Monte de San Cristobo [hoxe rúas do barrio de Eirís, na cidade de A Coruña] A Habana- Feira da Adina [Ordes].

Contiños da terra(1931), Manuel García Barros [A Estrada, 1876]

Santiago de Composte-la- Val do Ulla- Lestedo [A Estrada]- Pico Sacro- Callobre [A Estrada]- Ponteareas- Ouzande, Moreira, Berres, Aguions, Riveira, San Pedro [Parroquias de A Estrada]- Tabeirós [A Estrada]- Negreiros [Silleda]- Ferrol

San Perillán de Barullete [topónimo inventado].Néveda

(1920), Francisca Herrera [A Coruña, 1869]

A Coruña-Soñeiro [Sada?]- Anxo [Tui].

O porco de pé (1925), Vicente Risco [Ourense, 1884]

Oria, trasunto de Ourense

Ferruxe (1894), Aurelio Ribalta [Ferrol, 1864]

Fuxidos(1926),de Gonzalo López Abente [Muxía, 1878]

Muxía.

Cousas (1920), Os dous de sempre (1934), Retrincos (1934), Alfonso Daniel Rodríguez Castelao [Rianxo, 1886]Rianxo , Lourdes (París), Vigo, Pampa arxentina.

LiteraturagalegaXEOLOCALIZADA Documentación Estíbaliz EspinosaInfografía Estudio Kallakoko

Page 28: revista Búsola nº 7

28 Música

Page 29: revista Búsola nº 7

Marcelino Galán 29

Marcelino Galán:“O jazz galego ten

identidade”

O guitarrista e compositor Marcelino Galán (A Coruña, 1972) é unha peza fundamental para in-tentar compor o mapa jazzístico galego. Cunha longa traxectoria profesional, Marcelino Galán formouse musicalmente nos 90 en Barcelona e EE UU. Na actualidade combina a súa faceta de intérprete e compositor coa docencia, ocupando a praza de profesor de guitarra na área de jazz do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Suma catro discos como líder e unha multitude de colaboracións noutros proxectos, circunstancia que «para un músico de jazz é fundamental tocar con outros músicos e compartir experiencias, é moi enriquecedor», confesa. Escoitar tocar a Mar-celino Galán é fácil. Evita en todo momento complicarse en fraseos estériles ou ocos e céntrase na esencia, cun tratamento da linguaxe contemporánea, á parte de aroma tradicional no seu son; é un músico do seu tempo, respectuoso, sincero e moi colaborador; nunca senta cátedra.«The Gift» (Free Code, 2013) é a súa última proposta liderando un sexteto de luxo, xunto a Ray-nald Colom, trompeta; Pablo Castaño, saxo alto; Iago Vázquez, piano; Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo, e Marc Ayza, batería. Presenta un puñado de temas moi coidados, equilibrados no seu conxunto, con delicados arranxos nos que destaca o bo gusto e o tratamento elegante dos cortes. «The Gift» é o punto de partida da charla con Marcelino Galán, pero aos poucos o jazz galego centrará a nosa «improvisación»…

Por Juan Torreiro- Fotografías de Juan Luis Rúa

Page 30: revista Búsola nº 7

30 Música

Recentemente acabas de realizar unha extensa, e imaxino que intensa, xira por algúns países de América Central co argumento de «The Gif», o teu último rexistro en sexteto. ¿Como xurdiu esta oportunidade de presentar a túa música alén do charco? En principio dicir que é moi difícil chegar a tocar nestes países. A nós chegounos a oportunidade grazas á colaboración da Axencia Española (AECID) e as Embaixadas de España en países como Guatemala, México, Costa Rica, Honduras, Nicaragua e O Salvador. A oportunidade xurdiu cando as embaixadas destes países nos elixiron entre os artistas que figuran nun catálogo que ofrece a embaixada española para fomentar a nosa música no resto do mundo.

¿Que tal resultou a experiencia?¡Fantástica! Foi un mes duro, pero moi gratificante. A axenda era moi apertada; viaxamos todos os días, cun concerto diario e unha máster class.

¿Como se afronta unha xira deste tipo, por tantos países, con tantos concertos?O caso deste proxecto é moi especial, e non porque se tratase dunha xira fóra de España. Hai que ter en conta que sincronizar a axenda de seis músicos profesionais salpicados por diferentes cidades e diferentes países durante un mes é bastante complicado, sobre todo se non se trata dunha formación estable. Puiden contar con case todos os membros da banda que gravaron o proxecto, dous deles están en Barcelona (Raynald Colom, trompeta, e Marc Ayza, batería); o pianista galego Iago Vázquez, en Nova York, e o resto, en Galicia. O único cambio na formación con respecto ao disco estivo na incorporación do contrabaixista Tom Warbuton en lugar de Xacobe Martínez Antelo, que finalmente non puido unirse á xira.

¿Como foi a convivencia entre vós?Foi moi ben (responde sen pensalo). Todos estabamos a tope. Ademais, teño a sorte tamén de contar con músicos como Raynald e Marc, que son amigos de toda a vida, estudamos xuntos e tanto uns como outros colaboramos nos nosos respectivos proxectos anteriores.

Aquí informámonos da xira a través das redes sociais, e a impresión era que estabades a vivir toda unha aventura, sobre todo nos traslados e nalgún dos vosos momentos libres, ¿foi así?Si que o foi, pero moi contentos… Cando chegas alí dáste conta de que non vas gozar de moitos medios. No noso caso, foi a nosa mánager Inés a que tratou de atar e fiar todo antes de irnos, pero a pesar de facelo moi ben, á

hora da verdade sempre falla algo, _unha batería distinta á solicitada, un baixo eléctrico en lugar dun contrabaixo, pequenos inconvenientes, que tamén te podes atopar por aquí de xira, pero nada que non se puidese solucionar. A verdade é que Inés fixo un traballo estupendo. Eu creo que sería incapaz que deseñar unha xira como esa tal e como o fixo ela.

Supoño que despois dun mes de concertos o grupo estaría absolutamente engraxado…Imaxínao. Despois dun mes tocando coa mesma banda, case o mesmo repertorio, os temas saían practicamente sós.

Sabemos pouco da afección ao jazz en países como México, Honduras , Nicaragua… ¿Que tipo de público vos atopastes nos concertos?(Ilumínanselle os ollos antes de contestar) A reacción do público foi incrible, como eu non vira en moito tempo. Moi entregado. Recordoume moito á actitude da xente nos concertos de rock ou de pop. Enchemos teatros, auditorios e participamos no Eurojazz de México, onde logramos reunir unhas 10.000 persoas. Tratábase dun concerto único, só tocamos nós. En fin, gozámolo moito.

¿Nestes países existe o que aquí coñecemos como unha cultura jazzística?Alí o público ten moita curiosidade e non ten problema en preguntar pola túa música, a túa carreira, a discografía… Teñen cultura musical, sen complexos; se lles gusta o que soa non dubidan en bailar. É fantástico, sobre todo pola diversidade de público, non hai, ou polo menos eu non o vin, un perfil estándar de público de jazz.

Nesta época que estamos a vivir na que parece que nada é o mesmo, parece que o jazz non é jazz. ¿Que é para ti o jazz?É posible que os que crean ou denuncien que o que escoitamos como jazz non sexa tal…, non vou entrar nestas polémicas. Considérome un gran afeccionado a esta música e creo que o que fago é jazz, aínda que tampouco faría unha bandeira desta expresión. Xa digo, entendo que os músicos, sobre todo os americanos, reivindiquen o jazz como un fenómeno cultural cunha tradición moi específica; pero a estas alturas poderiamos falar do jazz como unha forma de expresión, unha linguaxe universal froito da evolución e fusión con outras músicas. Estamos no século XXI e non se pode pretender pór límites a calquera xénero musical. En Galicia, cunha magnífica xeración de músicos moi formados e ilustrados, ¿podemos falar dun jazz galego?Creo que existe o jazz galego e con identidade, ou o

Page 31: revista Búsola nº 7

Marcelino Galán 31

jazz catalán…, a condición de que haxa músicos de jazz dunha determinada nacionalidade, porque cada un lle vai imprimir a súa personalidade. Ese é o obxectivo en todo isto, ter a túa propia voz dentro deste contexto musical. Poñámonos en situación; eu son un músico galego formado en Barcelona, ¿toquei jazz galego en Barcelona? Pois, por que non. Eu nunca deixei de ser galego e sempre foi un trazo significativo en toda a miña carreira e seguirao sendo.

A formación jazzística tamén foi outro aspecto que mellorou estes últimos anos en Galicia, de feito ti es profesor no Conservatorio Superior de Música da Coruña, na especialidade de jazz. ¿Cres que un músico novo que queira iniciarse no jazz pode facelo con garantías en Galicia agora mesmo?A principios dos 90, cando iniciei os estudos, en Galicia non había posibilidade de formarte como músico de jazz. Eu tiven que saír e formarme en Barcelona e en Estados Unidos. Afortunadamente, agora isto cambiou. Pouco despois de irme comezou a Escola Estudo de Santiago, logo o Seminario Permanente de Pontevedra (SPJ), impulsado por Abe Rábade e Paco Charlín, cos que manteño un estreito contacto participando en máster class, ademais de pórme ao corrente da cantidade de bos músicos que poboan o sur de Galicia. No norte por suposto que tamén hai boas opcións de formación, como a especialidade de jazz no Conservatorio Superior da Coruña, que de momento somos un departamento pequeno, con poucos recursos, pero iremos crecendo. Mágoa que todos estes centros non estean máis recoñecidos, porque é un labor diario e creo que os resultados, aínda que lentos, están a empezar a notarse.

O problema que se propón agora é que hai moitos músicos e poucos sitios onde tocar…Si, certo. Isto pasou tamén en Barcelona e seguramente a xente terá que saír de Galicia para desenvolver a súa carreira porque non hai onde tocar nin forma de gañarse a vida profesionalmente.

Que tal ambiente existe entre os músicos galegos de jazz. ¿Hai algo de certo nesa suposta división norte-sur, con Santiago como punto de encontro, ou forma parte da lenda urbana…?Non, sinceramente creo que non hai divisións. É certo que talvez exista máis movemento musical no sur de

Galicia, con moitas propostas e tamén está a conexión co Porto, cidade con moita tradición jazzística, que abre máis oportunidades de intercambio aos músicos. Pero no norte tamén hai escena todo o ano, con programación estable en locais como o Filloa na Coruña ou o Clavicémbalo en Lugo, por exemplo. Non quero pecar de exceso de optimismo, pero creo que, en xeral, os músicos de jazz en Galicia nos levamos ben.

A pesar da túa traxectoria, só tes catro discos asinados como líder, pero por outra banda destacan as túas múltiples colaboracións noutros proxectos. Dá a impresión de que non che obsesiona a túa faceta de líder.Gústame a miña faceta de compositor e de pór proxectos persoais en marcha, pero tamén me gusta moito que me chamen para colaborar noutros proxectos. Para un músico

de jazz é fundamental tocar con outros músicos e compartir experiencias, sobre todo cando che piden colaborar en proxectos de todo tipo e permítenche encaixar a túa voz. É moi enriquecedor para o músico.

E na túa faceta de compositor,¿adoitas levar todo atado cando presentas un proxecto aos teus músicos ou dás vía libre?Hai sempre unha idea primixenia, pero cando lle pido a un músico colaborar no meu proxecto é porque penso que a súa achega vai enriquecer a miña visión.

Está claro que, se vexo que algo non funciona, trato de corrixilo, pero sempre intentando buscar solucións cos músicos.

¿Esbozas os sós dos demais?Non. Nunca compoño un tema pensando nos sós dos demais. Aí é onde quero que sorprendan e achegar a súa personalidade; e a idea, a esencia do tema vai estar aí tamén, nos seus sós.

O teu último disco ata o momento é «The Gift», un álbum en sexteto no que, ademais da base rítmica, engades ventos. Que tal resultou a experiencia de traballar cos arranxos para este tipo de formación, na que inclúes partes moi atadas.Hai aspectos, como a exposición dos temas sobre todo, que están máis traballados que para outro tipo de formación, pero o desenvolvemento e os sós invito aos meus compañeiros a que saquen as súas propias achegas.

Page 32: revista Búsola nº 7

32 Música

Na túa traxectoria utilizaches o cuarteto, o quinteto, agora o sexteto… ¿Buscas unha formación tipo para os teus proxectos ou é ao revés, son os teus proxectos os que te levan a configurar unha determinada formación?Non teño unha formación tipo para as miñas composicións. O meu próximo disco pode ser a dúo, en trío… non sei, todo depende do proxecto. Cando comecei a compor para «The Gift» non tiña nin idea de que ía necesitar un sexteto. Só cando os temas comezaron a tomar forma comprendín que o que estaba a facer me pedía outras voces e así fun configurando o proxecto. En fin, que nunca sei onde me pode levar a propia composición.

¿Tes algún proxecto novo roldando ou en proceso? ¿Como está a túa axenda a medio prazo?Si, por unha banda estamos en Monkillos preparando novo proxecto, que por certo é un traballo duro porque poida parecer algo livián polo desenfado, pero arranxa os temas de Monk para que parezan sinxelos, dentro do respecto a estas pezas, e cambiarlles a rítmica, non sei, gústame moito este proxecto que comparto con Xacobe Martínez Antelo e Miguel Cabana. Persoalmente, tamén estou a traballar nun novo proxecto persoal, e, ademais, estou pendente dalgunhas colaboracións con Raynald Colom e Marc. Aquí en Galicia, teño colaboracións con Pablo Castaño e con Paco Charlín, pero lamentablemente hai moi poucos bolos nestes momentos.

¿Pódese vivir do jazz en Galicia?Facendo moitas cousas. Non basta ter o teu grupo e intentar movelo. Hai que tocar, non só nunha, senón en varias formacións, dar clases, colaborar con outros

músicos, participar noutros proxectos… En fin, sempre foi así. Salvo que sexas un superclase necesitas estar a mil cousas para poder vivir do jazz, pero non só en Galicia, senón tamén en cidades como Madrid ou Barcelona, cunha escena moito máis ampla.

Falando de escena, por fin Galicia ten os seus Premios da Música, unha iniciativa da asociación Músicos ao vivo, que na súa segunda edición parece que chamou a atención da Xunta. ¿Era necesario este recoñecemento no sector para intentar facer industria?Por suposto que era necesario e é moi positivo para o sector. É un escaparate e un altofalante para os moitos proxectos que se rexistran en Galicia, non só en jazz, senón en todos os xéneros. A pesar da indiferenza xeral das administracións, creo que hai que destacar o esforzo de Músicos ao vivo por facer desta iniciativa algo real. Os músicos temos que facer piña e fomentar un bo ambiente entre nós para lograr obxectivos conxuntos. A música galega está viva, esta podería ser a mensaxe.

A principios dos 90, cando iniciei os estudos, en Galicia non había posibilidade de formarte como músico de jazz. Eu tiven que saír e formarme en Barcelona e en Estados Unidos. Afortunadamente, agora isto cambiou.

Marcelino Galán formouse musicalmente nos 90 en Barcelona e EE UU. Na actualidade combina a súa faceta de intérprete e compositor coa docencia, ocupando a praza de profesor de guitarra na área de jazz do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Page 33: revista Búsola nº 7

Marcelino Galán 33

Page 34: revista Búsola nº 7

34 Reportaxe

Aquí só escoitamos falar de axustes de contas e de violencia. Hai xente que compara as cités de Marsella coas favelas!, sorpréndese Samir, 26 anos, comoriano, alla traballador dos ferrocarrís franceses.A ver, pois os das favelas pensarán o mesmo, non? Ao mellor nós tamén temos unha imaxe falsa delas. Eu sempre digo que vivo no campo. Ás veces vense coellos e xabarís soltos, responde burlón Alain, un francés do Caribe, da illa de Gua-dalupe.É case imposible ir aos quartiers Nord de Marsella sen fa-lar dos quartiers Nord. Ás barriadas de vivenda social le-vantadas hai 40 anos para acoller a obreiros primeiro e a inmigrantes despois, tamén lles gusta analizarse como na consulta dun psicólogo. Como por riba Samir e Alain prac-tican o costume local do hip hop, a cousa complícase. Hai un rapeiro en cada edificio de Marsella, di ás veces Julien

Vainet, autor de M.A.R.S. Histoires et légendes du hip-hop marseillais, un percorrido pola historia desta expresión popular e intimista do descontento que ten lugar santo na segunda cidade francesa.A frase é exacta nas cités de Plan d’Aou e Borrely no dis-trito 15. Aquí medraron Samir e Alain escoitando e facendo hip hop dende que teñen memoria. Hoxe nutren o equipo amador de Envoyé Radio, unha emisión dedicada á cultura urbana en Radio Comores Marseille. «Hai xente que atopou moitos atrancos para comezar e nós non queremos que os nosos irmáns pequenos pasen polo mesmo», conta Samir. «Empezamos por iso pero tamén nos dimos conta de que satisfacemos unha necesidade dos barrios. Permitimos dar outra imaxe da cidade. Hai axustes de contas, drogas, pero hai máis ca iso».Nos edificios dalgúns dos barrios máis pobres de Francia —o

A redencióndo hip hop

A radio é quen de converter a un obreiro dos ferrocarrís franceses na voz que acompaña as novas promesas do rap.

Impartial Industrie, unha asociación de mozos das barriadas populares de Marsella, conduce dende hai tres anos Envoyé

Radio, un programa amador que pon os os seus micros a disposición dos rapaces sen contactos que querer dar a

coñecer os seus primeiros traballos

Por Diana Mandiá

Page 35: revista Búsola nº 7

Diana Mandiá 35

paro converteuse nun mal endémico que supera nalgunhas cités do norte de Marsella o 50%— naceron grupos de hip hop que lle falan de ti a non poucos mozos da cidade. O des-emprego, a violencia, a parella ou a opresión do cemento en barriadas nas que apenas hai ningunha opción cultural que non esixa atravesar a cidade, pero tamén a reivindicación da dignidade inmigrante e a denuncia do inxusto constrúen os retrousos. O relato do cotiá é amargo: «Algúns rapeiros falan de gueto (pfff ) /non é máis que aparencia/ eu vexo a miseria dende a miña fiestra», rapea o grupo Guirri Mafia, nado na cité de Félix Pyat, no 3º distrito de Marsella. A referencia á pobreza é neste caso irreprochable: os mozos de Félix Pyat ocuparon hai uns meses as obras dun centro comercial ve-ciño —un de tantos en execución na cidade— para protestar contra a empresa construtora, que non lles fixo caso aos seus currículos e no canto trouxo man de obra barata e necesita-

da de Portugal. Era a primeira vez en moitos anos que estes veciños dun barrio desindustrializado —o que acollía a fábri-ca de tabaco da Belle de Mai— vían o emprego tan de preto. Si, literalmente dende a fiestra. A radio foi unha casualidade, unha descuberta que lles axu-dou a pensarse a eles mesmos doutro xeito. Non coñecían o medio, nin moito menos a súa técnica, pero hoxe considéra-nse case «produtores de radio» e soñan coa independencia da estrutura de Radio Comores Marseille, a emisora dos quartiers Nord que os acolle. A idea foi engordando co tem-po e agora Envoyé Radio ocupa unha franxa horaria entre as seis da tarde e as once da noite do domingo, entre entrevis-tas, faladoiros e sesión dj centradas no hip hop e na cultura urbana, de xeito amador. «Primeiro nacemos como asocia-ción en 2006. A idea era axudar aos artistas mozos de me-dios desfavorecidos a que gravasen o seu primeiro videoclip

Page 36: revista Búsola nº 7

36 Reportaxe

e se atrevesen a inténtalo», conta Samir, que coma os seus compañeiros viste a camisola negra co nome en laranxa do colectivo co que botou a andar a aventura, Impartial Indus-trie. Acostuman reunirse no centro social Saint Joseph de Fontainieu, no norte de Marsella, onde seguen organizando todo tipo de actividades relacionadas coa «cultura urbana», máis alá do programa de Envoyé Radio, que tamén se pode escoitar na web. Gravacións de maquetas, attrezzo para pro-mocións e até castings. O seu máis grande orgullo é descubrir un novo artista, al-guén que dende Marsella faga carreira logo en París, onde o mercado é máis aberto e cara a onde hai que encamiñarse, di a sabedoría popular da segunda cidade de Francia, se se quere triunfar. Do primeiro porto francés do Mediterráneo

veñen Révolution Urbaine, El Matador ou Psy 4 de la Rime. Todos estes rapeiros locais pasaron diante dos micros de Envoyé Radio e dinse, dende a impostura, embaixadores dunha cidade que fixo da violencia —localizada a que abre xornais cando un narcotraficante con máis ou menos ambi-ción morre a tiros, máis xeralizada a que provoca o desem-prego e a certeza de saberse marxinado— a desigualdade e certo desdén cara á cultura oficial case un sinal de identi-dade. Shurik’n, un dos membros de IAM —o grupo de hip hop emblemático de Marsella, nado nos anos 80 no baixo dunha cité dos quartiers nord— foi entrevistado hai uns meses para os oíntes de Envoyé Radio. «Nós tamén somos seguidores deles e é moi interesante que os rapaces que comezan neste

Page 37: revista Búsola nº 7

Diana Mandiá 37

mundo os coñezan. Son xente accesible e nós aproveitamos a súa presenza para organizar comidas e eventos nos que compartir experiencias», explica Alain. Samir vai máis aló e insiste no poder socializador das ondas. «Descubrimos que a radio pode satisfacer moitas necesidades á vez. A nós, por exemplo, descubriunos que no mundo do rap non existe só o «traballo» de rapeiro. É o máis evidente, pero non o único. Están os produtores de radio coma nós, están os managers, os djs, os compositores». Algún dos mozos da asociación co-meza a dar os seus primeiros pasos nesta actividade, como Marcos Robalo, que se chegou a Envoyé Radio e se ofreceu a levar a comunicación do colectivo para estar máis en con-tacto cos artistas cos que acostuma traballar. A moitos des-tes «xornalistas musicais» de primeira hora serviulles para descubrir a súa vocación. «Se soubésemos antes que a radio nos gustaba tanto moitos seguramente estudariamos outra cousa», aventura Samir.«O rap é un dos estilos musicais máis accesibles para todo o mundo. E ademais é unha maneira intimista de contar os teus problemas. Por iso non é só unha música que se escoite nos barrios, hai moitísimos rapaces de clase alta aos que lles gusta o rap!», continúa. O hip hop marsellés fachendea de ser máis apegado á terra e de deixar de lado os excesos e a pose do que se fai en París, pero malia a fama e a longa nómina de grupos saídos da segunda cidade de Francia, ser profesional é unha meta coa que poucos se atreven a soñar e non hai tantos soportes de promoción coma na capital. Mes-mo a celebración da Capital Europea da Cultura en Marsella o ano pasado deixou de lado, salvo eventos contados, esta expresión popular. «Nós coñecémonos no instituto e somos afeccionados dende cativos. Intentamos ser imparciais nas nosas seleccións e axudarlle aos rapaces a ter o seu primeiro contacto co mundo profesional para que despois lles sexa máis fácil seguir. Démonos de conta que para dar a coñecer

a alguén que está comezando é mellor xuntalo na emisión con outro máis famoso xa, así que nunca metemos a xente nova xunta no mesmo programa», explica Samir. «Primeiro usábamos os nosos contactos, pero agora son os managers dos propios artistas os que acoden a nós para facerse pro-moción», conta o seu colega Alain. Enumeran orgullosos algunas das súas vitorias, como a de entrevistar a Sultán [rapeiro de orixe comoriano criado en Hauts-de-Sein] cando era aínda unha promesa, ou a Sopra-no, que nun dos seus temas lamenta que moitos vexan o mundo «co ollo de cristal de Jean-Marie» [Le Pen, fundador da Fronte Nacional], as propostas políticas de «bigote hit-leriano» ou as «armas do Leste nas mochilas dalgúns estu-dantes. Tamén pasaron a súas entrevistas Soprano e Alonzo, antigos membros de Psy4 de la Rime, un grupo nado na cité Plan d’Aou, a mesma na que medraron algúns membros do equipo de Envoyé Radio. Nestes tres anos de vida estes mo-zos, —que coñecen ben o Celta e o Deportivo porque pen-san nas cidades «en termos de fútbol»— conseguiron traer a máis dunha centena de artistas, a maioría de Marsella ou de arredores, pero tamén algún de fóra, que dan voz e fan visibles a creatividade, as angustias e o cotián da periferia.

Os colegas queren saír, pero eu teño que traballarA miña moza quere que a escoite,pero eu aínda nin esperteiOs polis detéñenme, eu non fixen nadaO meu fillo quere atención, pero eu estou de xiraA miña profe quería boas notas, rapear sobre boas notasMeu primo no país natal soña con Francia,pensa que teño un iateO barrio quere evadirse, pero as portas están pechadas[Alonzo]

Diana traballou na delegación de El País en Santiago de Compostela. Deixou a cidade no outono de 2013 cunha bolsa de prácticas nunha asociación de xornalistas de Marsella. Alí quedou uns meses máis para coñecer a primavera no Mediterráneo

e sobre todo para intentar sobrevivir. Dende Francia publicou en medios coma Periodismo Humano, Luzes, eldiario.es ou tintaLibre.

Diana MandiáO Valadouro (1988). Xornalista

Page 38: revista Búsola nº 7

38 Cine

O CINEE O TEMPO

de Groenlandia fúndese moi rapidamente pero na Antártida Oriental faise cada vez máis groso polo que sería moi difícil un escenario con todo o xeo planetario fusionado. Ademais o cambio climático sería (é) gradual, non repentino.E que pasaría co Hemisferio Sur? Non é moi probable que permanecera á marxe da catástrofe tal e como indica O día despois de mañáEn todo caso, cada ano vemos fenómenos extremos: secas prolongadas, chuvias torrenciais ou episodios bruscos de tormentas de neve e xeo… lembremos o inverno terrible de moitos graos baixo cero que padeceron Canadá ou boa par-te dos estados dos EUA, mesmo a Florida… daquela, o cine esaxera ou realmente camiñamos cara a unha nova Idade do Xeo?

Key Largo. John Houston, 1948

O tempo é un excelente secundario nas películas de cine ne-gro. 'Key Largo' (segundo o título orixinal en inglés) é un bo exemplo. Un ex combatente, unha viúva, un hotel dos ‘cayos’ en tempada baixa e unha banda de gángsteres.Canda a presenza dos inconmensurables Bogart e Bacall, o clima dos ‘cayos’ da Florida caracterizado pola calor e pola humidade dos pantanos, faise un protagonista máis da pe-lícula. Axuda a crear unha atmosfera opresiva, asfixiante e claustrofóbica… un ambiente en que se sobrepón a tensión causada polos mafiosos e a inminente chegada dun furacán. Mentres ves a película case comezas a suar polo calmuzo que desprende, cos personaxes coas camisas molladas todo o tempo, mesmo malia a acción dos ventiladores que dan

Por a equipa do Tempo da TVG; Ana Celia Vázquez, Diego Viaño, Noelia Rodríguez e Mabel Montes.

É o excelente secundario nas películas de cine negro, personaxe malo entre os meandros do Mississippí e protagonista absoluto da colisión que en outubro de 1991 se produciu ao confluír no noroeste dos EUA unha borrasca extratr opical cun ciclón tropical, desgracia climatolóxica que pariu “La tormenta perfecta”. Os meteorólogos da TVG describen o nordés, o mar bravo e os desastres naturais dende a butaca.

O día despois de mañá — The day after tomorrowRoland Emmerich, 2004

Que pasaría se cambiase radical e subitamente o clima do planeta? Pois seguramente que estariamos ante un cataclis-mo mundial. Con esta premisa apocalíptica arrinca unha das películas que expuxeron de xeito cru e descarnado o cambio climático. O hemisferio norte conxelado, Os Ánxeles desolado polos remuíños, Tokyo estragado por sarabiadas xigantescas, Manhattan debaixo das augas oceánicas e ironi-camente os cidadáns dos países ricos do norte pedindo asilo político nos países pobres do sur pero máis cálidos… Hai consenso sobre que o clima está mudando e que a ac-ción directa da especie humana non é indiferente pero, a diferenza do cine, non hai «modelos» de previsión que nos indiquen como vai suceder, nin cando. Iso é parte da gran discusión científica. Simplificando, a película di que a fusión dos polos elevaría o nivel do mar e que iso alteraría as correntes do Golfo que amornan os climas do Hemisferio Norte. Podería pasar? É unha teoría, pero o caso é que os científicos constatan que a temperatura tende a aumentar en todo o planeta, tamén nas latitudes medias. A tendencia é máis cara ao quentamento que cara a un arrefriamento global. Ademais o cambio climá-tico sería gradual, non repentino. O xeo do planeta derrétese si, pero en distinta medida: por exemplo, o manto branco

Page 39: revista Búsola nº 7

Equipa do Tempo da TVG 39

voltas indolentes sen conseguir aliviar as altas temperatu-ras. E esaxerando, mesmo poderiamos dicir que somos quen de notar as picadas dos mosquitos. O desenlace da historia vén canda os efectos desa treboada tropical tan violenta e destrutiva, todo un furacán, como os habituais do Golfo de México.

Bestas do sur salvaxe — Beasts of the sowthern wildBenh Zeitlin, 2012

Volvemos ao Golfo de México. É a historia contada desde o punto de vista dunha nena de seis anos, da sobrevivencia dunha comunidade dos meandros do Mississippí, en Loui-siana, asediada polas inundacións e coa ameaza constante dun furacán que altere os seus modos de vida. Malia as du-ras condicións, as xentes de «a bañeira» (así lle chaman á súa aldea) néganse a seren evacuados polo Goberno cara ás terras secas, das que viven illadas por un dique. É imposible non acordármonos de Nova Orleáns, arrasada polo Katrina en 2005. O furacán fixo desaparecer parte da cidade e non houbo dique que puidese frear as enchentes que a mergu-llaron nun 80%. Unha película moi lírica co pano de fondo das terribles consecuencias dun fenómeno meteorolóxico extremo, unha gran tormenta. Fermosa!

Tormenta perfecta — The perfect stormWolfgang Petersen, ano 2000

Baseada nunha historia real narra a travesía duns mariñei-ros de Massachussetts, en Norteamérica, que a bordo do 'Andrea Gail' intérnanse no Atlántico na busca de capturas. Reflicte as vicisitudes das xentes do mar, nesa loita desigual coa natureza desatada, odiseas que aquí en Galicia coñece-mos tan ben. Neste caso, os mariñeiros atópanse de fociños coa peor cara do mar. Sen instrumentos de navegación ade-cuados métense nunha tormenta terrorífica que fai do seu barco de pesca un xoguete no medio do océano. Definiuse como 'tormenta perfecta' a colisión que en outubro de 1991 se produciu ao confluír no Atlántico, ao noroeste dos EUA, unha borrasca extratropical cun ciclón tropical que chegou á categoría de furacán (o GRACE). A borrasca, moi profunda, retroalimentouse cos restos do ciclón e deu lugar a un novo furacán, con ventos sostidos de máis de 120 km/h. Unha combinación desapiadada que ergueu enormes muros de auga que enguliron o 'Andrea Gail'.

Íntimo e persoal — Up close and personalJohn Avnet, 1996

Nesta película, Michelle Pfeiffer, encarna a Tally Atwater, unha xornalista debutante que comeza a traballar na tele-

visión, sen ningunha experiencia previa e polo chanzo máis baixo… como «rapaza do tempo». O seu tesón, a súa ambi-ción e a súa relación amorosa co xefe (Robert Redford), ca-tapúltana ata presentar o informativo de máxima audiencia da canle. O argumento non ten que ver exactamente coa meteoroloxía e tampouco é a película que máis nos gusta pero queremos falar dela para desmontar tópicos e para reivindicar o papel dos comunicadores e comunicadoras meteorolóxicos. No mundo real, informar da meteoroloxía é unha forma máis de especialización xornalística (como o xornalismo económico, político ou de sociedade) que require non só destrezas diante da cámara, senón que, como en calquera profesión, tamén certo grao de coñecementos específicos que implican prepararse a fondo. Non é desde logo un asun-to menor, nin unha frivolidade e si que leva consigo moita responsabilidade: se falamos de repercusión (a nivel de au-diencias por exemplo) 'o tempo' adoita ser dos espazos máis vistos da grella de programación dunha canle, e en maior medida se falamos de Galicia, a quen de aquí non lle interesa a previsión meteorolóxica?Ademais a información 'do tempo' forma parte da vocación de servizo público que debería ter todo medio de comuni-cación. Por outra banda, tamén é criticable que o argumento da pe-lícula insista nese estereotipo machista de muller que sobe na escada laboral pola protección masculina (que preguiza volver con iso)…En fin, que o que nos reconcilia con esta historia de ficción xornalística é poder ver a dous grandes xuntos como a Pfei-ffer e Redford!

Costa da morteLois Patiño, 2013

Non podía faltar nesta listaxe unha película galega! Que é Galicia máis ca paisaxe e clima? Pois neste documental de Lois Patiño condénsase todo iso na narración sobre a vida nunha das zonas máis extremas e enigmáticas de Galicia, a Costa da Morte. A aridez do clima marcado polos temporais, as néboas, o nordés, os penedos afiados das ribeiras, a bra-vura do mar… e os seus habitantes que teñen que adaptarse e convivir con esa natureza indómita. A película de Patiño lémbranos, desde a distancia, aquel documental de 1935 de Robert Flaherty, O home de Arán. Por máis que falemos dela, por máis que leamos sobre ela ou por máis que a visitemos, a Costa da Morte non pode renunciar ao halo de misterio e de maxia que a envolve desde que os romanos situaron alí o Finisterrae.

Page 40: revista Búsola nº 7

40 Ciencia

Os primeirostempos da astronomía.

Ollando o ceo

A froita aparecía en certa época do ano. Algunhas árbores perdían a folla, que volvía

aparecer co tempo. As plantas que nacían e de vez en cando murchaban. Certos animais só se podían cazar ás veces porque había momentos

nos que se ausentaban. E, alí onde hai unha regularidade, unha repetición, nace a ciencia.

Por Dositeo Veiga

Page 41: revista Búsola nº 7

Dositeo Veiga 41

As primeiras necesidadesNos primeiros tempos da civilización, a relación do home coa natureza era de mera servidume. Sen forza para enfrontarse a ela ou sen coñece-mento para predicir os seus movementos, os primeiros homes tiraban o proveito que podían: recolección de froita e plantas comestibles, caza de animais, etc. Unha poboación nómada movíase alí onde, de cada vez, había máis recursos. Co tempo, empezaron a percibir certa regularidade: a froita aparecía en certa época do ano, algunhas árbores perdían a folla e volvía a aparecerlle, plantas que nacían e murchaban de vez en cando, animais que só se podían cazar ás veces, desaparecendo o resto do ano. E, alí onde hai unha regularidade, unha repetición, aparece a ciencia. Ou mellor dito, onde hai alguén que é consciente desa regularidade, axiña pode empezar a deducir as primeiras leis científicas.De xeito case natural, no período do Neolítico e cos primeiros asentamen-tos humanos, a aparición da agricultura e da gandería, as necesidades de empezar a comprender ou cando menos medir os cambios debidos ao paso do tempo empezaron a ser fundamentais.

Ollando o ceoA escuridade da noite na antigüidade, pola completa ausencia de alumeado artificial e a contaminación lumínica, unido ao feito de pasar a maior parte do tempo na natureza, fóra de vivendas e cidades, permitía ser plenamente conscientes dos cambios no ceo. Tratar de relacionar estes cos cambios da natureza, de xeito acertado ou non, era o seguinte paso. Pero, que cambios no ceo son máis evidentes? Que conceptos astronómicos actuais foron se-

guramente os primeiros en seren observados? Que se pode apren-der ollando a ceo sen ningún trebello?Deixamos de lado o paso da noite e o día ou, o que é equivalente, a saída e posta diaria do Sol. Entre as observacións regulares máis evidentes do ceo, pola rapidez coa que pasaban, están os cambios nas fases lunares. Cada día a Lúa era algo máis grande ou máis pe-quena. Incluso, certos momentos do ano, se non había nubes, podía cazarse pola noite porque a luz da lúa chea (e dos días inmediatos anteriores e posteriores) abondaba. Unha vez observada esta re-gularidade cada pobo tería o problema de proceder ao seu rexistro e, dese xeito, tirar o coñecemento necesario para poder predicir a ulterior evolución da Lúa. A importancia do cambio nas fases da

Lúa é tal que os primeiros calendarios estaban baseados neste movemento. Os meses contábanse entre Lúas cheas (ou novas), coas dificultades intrínsecas que iso supón. Na actualidade, o calendario islámico segue a ser lunar, así como o calendario eclesiástico, entre outros. Podemos comprender facilmente por que a astronomía árabe tivo un enorme pulo ao longo da Idade Media e por que, o propio Vaticano, contaba cun observatorio astronómico na cidade de Roma (hoxe trasladado a un lugar moito máis escuro). Entre outros motivos, para poder medir coa maior das precisións o momento exacto da Lúa chea, ese momento no que a faciana da Lúa está exactamente aliñada coa Te-rra e o Sol, pero en plano diferente (senón teríamos unha

1 e 2

Page 42: revista Búsola nº 7

42 Ciencia

eclipse). Un coñecemento fundamental para comenzar a contar o ano musulmán ou o domingo de Pascua, respectivamente.Outra observación evidente que se podía facer a diario é o movemen-to do ceo estrelecido. Toda a bóveda celeste parece moverse en sentido circular, como se xirase ao redor dun punto que máis adiante demos en chamar polo norte celeste. Convén indicar aquí que o ceo dos nosos an-tergos non era o mesmo que na actualidade. Ou, mellor dito, o ceo era o mesmo pero podían verse cousas distintas. Debido ao movemento que ten o eixo ao redor do cal parece rotar a Terra, chamado movemento de precesión, a posición relativa das constelacións na actualidade é diferen-te. Por exemplo, a estrela Polaris que actualmente parece indicar o polo norte daquela non estaba nesa posición singular.

O paso das estaciónsNon tan evidente pero quizais máis importante era medir o paso das es-tacións. A chegada da primavera implicaba poder comezar a sementar e plantar os alimentos. A chegada do outono o período da recolección de moitas especies, para pasar ao inverno coas suministracións suficientes para toda a comunidade. Pero a comprensión deste paso regular das esta-cións implicaba poder rexistrar os movementos do Sol ao longo dun ano. Eran dúas as formas de rexistro que posuían os pobos da antigüidade. Por unha banda, ollar os puntos de saída e posta do Sol no horizonte. Ano a ano podía descubrirse que desde o noso actual 21 (ou 20, pois varía unhas horas ano tras ano) de decembro ou solsticio de inverno e o equivalente

ao solsticio de verán (20 ou 21 de xuño) o Sol ía saíndo de cada vez por un punto situado un pouco máis ao norte, ha-bendo cada vez máis horas de Sol cada día. E á inversa ao pasar do solsticio de verán e dirixirse o Sol ao solsticio de inverno. É tal a importancia de coñecer estes dous puntos e poder así establecer un rudimentario calendario solar que a maioría dos monumentos arqueolóxicos que coñecemos conteñen aliñamentos aos solsticios.

Outro xeito de recoñecer o movemento do Sol pode obterse co que quizais sexa o instrumento de observación científica máis antigo que coñecemos: un pau chantado no chan. Ao longo do día, a sombra do pau vai diminuíndo ata chegar

ao tamaño máis curto, no mediodía solar. Despois volvía a aumentar ata o solpor. Día a día o tamaño da sombra no mediodía faise máis grande según nos achegamos ao inverno e faise máis pequena según nos achega-mos ao verán. No primeiro caso, o Sol está máis baixo no horizonte (sae por un punto máis ao sur). No segundo, o Sol está máis alto no ceo e o mencer ten lugar por un punto máis ao norte. Cando nos fartemos de que o noso pau chantado caia, ou os nenos da aldea xoguen con el, podemos pedir á comunidade que nos poña un poste de madeira máis grande. Ou, mellor aínda, unha pedra con punta de grandes dimensións. Unha pedra fita ou menhir. É de supoñer que así fixeran os habitantes da cultura me-galítica en Galicia e posteriormente os castrexos, como se pensa que se facía noutras zonas europeas.

3 e 4

Page 43: revista Búsola nº 7

Dositeo Veiga 43

Os exipcios, centos de anos despois, empregaban os obeliscos para o mes-mo fin. Unha vez que estaba clara a súa función científica, constituían un lugar excelente nos seus laterais para representar escenas, batallas,

homenaxes e todo aquilo que contribuíse a aumentar o respecto dos cidadáns polo esforzo que supuña erguer esas pedras tan singulares. Os propios sacerdotes exipcios procederon co tempo a aproveitar os tellados de certos edificios para situar nas súas cúspides pequenas pedras puntiagudas ou con forma de bóla para seren usadas cos mes-mos propósitos.

Os primeiros rexistrosO primeiro coñecemento científico tiña que afrontar tamén o proble-ma do rexistro, como anotar os cambios que se ollaban no ceo de xeito que se puidesen predicir e tirarlle proveito. Falamos dunha época, no Neolítico, onde aínda non se coñecía a escritura. Non podemos máis que especular sobre como se podían facer estes primeiros rexistros. Aí a nosa primeira ciencia da astronomía compite coa aparición da metroloxía, a ciencia da medida.

O problema era, unha vez detectadas estas primeiras regularidades no ceo, proceder ao seu rexistro e á súa observación. Medir os cambios nas fases lunares podía resolverse de xeito sinxelo; ben marcando nunha tá-boa, nunha parede ou cun xogo de 29 croios cambialos de recipiente para saber o número de días que podían faltar para a lúa chea ou nova. Pode-mos lembrar aquí que palabras como mes, month (en inglés)… parecen provir do grego «mon» que é a denominación da Lúa.Como medir o movemento do Sol durante o día era máis complicado. Os cambios no tamaño da sombra dun pau ao mediodía non son moi grandes dun día para outro e só se fan perceptibles semana a semana. Quizais debuxando na propia terra, ou nunha pedra tumbada na base do noso menhir, podían rexistrarse estes cambios.Os solsticios de verán e inverno, os momentos realmente importantes para o noso calendario solar e para controlar o paso das estacións, eran máis fáciles de rexistrar. Só había que colocar dúas enormes pedras ali-ñadas co punto do horizonte polo que saía ou se puña o Sol. Ou construír algún tipo de templo cun eixe apuntando a ese lugar. Ou algún recinto no que un lugar de privilexio recibise a luz do Sol só no momento dos solsticios. A pouco que teñamos viaxado seguro que visitamos algún mo-numento que conte con este tipo de aliñamentos.

Os primeiros «científicos»O termo de científico seguro que lles vén moi grande. Sería máis apropia-do o de paracientíficos ou, como se indican noutras áreas do coñecemen-to, sacerdotes ou xamáns. Quen era senón o encargado de indicarlle ao xefe da comunidade o mellor momento para realizar a sementeira? Ou o responsable de avisar de que ía chegar o mal tempo para preparar a tribo fronte ao inverno? Ou quen, co seu poder, era quen de deter o Sol no seu camiñar no mencer cara ao norte e facer que a partir dese momento o Sol empezase a saír cada vez un pouco máis ao sur? Ou, aínda máis relevan-te, coa forza suficiente para obrigar ao Sol a que día a día houbese máis

5

Page 44: revista Búsola nº 7

44 Ciencia

horas de luz unha vez superado o solsticio de inverno? Resulta sinxelo pensar que en moitos pobos as persoas que foron as pri-meiras en decatarse destes movementos regulares do ceo empezarían a ter unha gran consideración. Con seguridade comezaron a ter algún dos primeiros oficios especializados, coma calquera outro oficio da tri-bo. Persoas que polo seu coñecemento e experiencia podían facer que a comunidade aproveitase moito mellor os momentos do ano nos que sementar, nos que cazar os animais migratorios, nos que ir a lugares es-peciais para colleitar froitos ou plantas de tempada. Ao non comprender as razóns físicas desas regularidades que se observaban no ceo, é sinxelo pensar que estas se atribuísen á existencia de poderosos seres externos que regulaban o movemento do Sol, a Lúa e as estrelas. Entón, os homes que eran quen de comprendelos convertíanse directamente en intérpre-tes dos desexos dos deuses, nos seus representantes, nos sacerdotes ou xamáns da comunidade.A estes coñecementos astronómicos, infalibles pola propia natureza do movemento dos astros (agás cando aparecesen as eclipses de Lúa e de Sol que sen dúbida provocaron máis dun sacrificio sacerdotal), co tempo fóronlle engadindo coñecementos de plantas medicinais, enfermidades e aqueles que a observación e a experiencia lles ían comunicando.Ao longo da vida do xamán, pode dotarse de alumnos que aprendan as súas ensinanzas e que se convirtan nos seus sucesores. O xeito de trans-mitir estes coñecementos adquiridos será o que determine se nos mo-vemos no ámbito da maxia (crer que realmente se ten ese poder para provocar os cambios nos astros) ou da ciencia (transmitir que só facemos un rexistro de cambios sobre os que non temos ningún poder).

Restos galegosPor desgraza, do posible uso astronómico de elementos como as pedras fitas non nos queda ningún tipo de rexistro escrito por parte dos pobos da idade de bronce ou do ferro de Galicia. A escritura xurdiu máis tarde e noutro lugar da Terra, alá en Mesopotamia, entre sumerios e caldeos que, curiosamente, tamén foron os «inventores» das primeiras constelacións. Ou cando menos, das máis vellas que chegaron a nós. Pero tampouco temos constancia fidedigna do uso astronómico de construcións máis complexas que as pedras fitas como tampouco a temos do máis famoso dos cromlech, Stonehenge. Neste caso, máis alá da falta de rexistros que dean fe do seu uso, falta outro feito arqueolóxico relevante, que se trata dunha construción única que non se repite en ningún outro lugar. Esta última característica non se dá no caso das pedras fitas. Abundan por todo o noso país e noutras moitas culturas da época.Na cultura castrexa (e nas inmediatamentes anteriores), ademais do po-sible emprego das pedras fitas como elementos de medición astronómica (entre outros usos, claro está), atopamos moitos outros elementos ar-queolóxicos que ben poden ter un uso astronómico ou unha aplicación do coñecemento adquirido a partir da astronomía. Nas últimas décadas mul-tiplícanse os descubrimentos e a re-lectura de petróglifos desde o punto de vista da arqueo-astronomía. Con espirais, cazoletas, rochas labradas que ben parecen contar con aliñacións solsticiais, equinocciais ou moitas outras. Aquí atopámonos de novo coa falta de documentos escritos que

Page 45: revista Búsola nº 7

Dositeo Veiga 45

permitan documentar ou verificar estes usos. Si contamos coa repetición dalgúns elementos, o que facilita a súa in-terpretación astronómica a xeito de posible coñecemento transmitido ou compartido con tribos veciñas. Por exem-plo, é o caso de posibles calendarios luni-solares, ou de aliñamentos que marcan os puntos de posta ou saída solar en equinoccios e solsticios. Incluso algúns que ben poden ser os puntos nos que ao longo do ano a Lúa chega máis ao

norte e ao sur nas súas saídas e postas, de xeito equivalente ao Sol. Buscar o aliñamento a puntos de ocultación de estrelas ou outro tipo de astros, xa entramos de cheo da especulación máis absoluta e nun posible intento de forzar unha interpretación da que non temos ningún outro indicio. Nin sequera ten por que ser evidente que o coñecemento astronómico da época chegase máis alá. Mencionaremos de seguido algúns dos elementos da cultura castrexa que parecen ter un significado, único ou complemen-tario a usos rituais, astronómico, según diversos autores.�  cervo de Campolameiro: petróglifo en que as marcas nas súas enormes cornas parecen ser un calendario luni-solar. Conta con 28 marcas princi-pais (mes lunar) e 3 marcas secundarias que poderían indicar tres ciclos de anos lunares, Ademais, as cornas oriéntanse a elementos xeográficos do horizonte singulares.�  chan da ferradura en Amoeiro: unha laxe con diversos podomorfos e cazoletas, fendida de través, coincidindo co lugar por onde se pon o Sol no solsticio de inverno. Na mesma zona, outros gravados en pedra que son alumeados na época do mesmo solsticio.�  petróglifos de Mogor: espirais e cazoletas (motivo que se repite nou-tros moitos lugares), que poden dar lugar a aliñacións solsticiais ou equinocciais. Evidéncianse poñendo paus nestes lugares nos momentos axeitados e comprobando como se dan estas aliñacións.

Noutras culturasNeste século XXI, e nas últimas décadas do século XX, houbo unha au-téntica revolución no emprego da astronomía no campo da arqueoloxía. Por todo o mundo descubríronse templos, monumentos e rexistros que indican que os coñecementos astronómicos que describimos foron com-

6

7

Page 46: revista Búsola nº 7

46 Ciencia

partidos por moitas civilizacións. Destacamos aquí só algunhas relevan-tes por coñecidas, por singulares ou por antigüidade:�  Templos de Ggantija  (Malta),  3.600-3.200 A. C.  (Neolítico), os máis antigos coñecidos polo momento con significado astronómico. Parecen estar orientados á saída da constelación da Cruz do Sur que, daquela, po-día ollarse desde a latitude de Malta. Os dous templos teñen unha orien-tación lixeiramente diferente xa que, ao ser feitos en épocas diferentes (cunha diferenza duns centos de anos), a constelación á que parecen estar orientados xa variara o seu lugar de saída. Ademais, dentro deles atopouse a denominada pedra de Tal-Qadi que ten gravadas estrelas e unha Lúa en cuarto crecente. Déronselle posibles interpretacións como calendario astronómico, mapa celeste ou similar.

�  Templos  de  Mnajdra  (Malta),  (3150-2500  A.  C.). Nos equinoccios os raios do Sol entran pola porta principal do templo e alumean o eixe principal. Dado que os equinoccios non son unha referencia moi pre-cisa nin evidente, discútese se a orientación que amo-saban era a da saída das Pléiades, un cúmulo aberto de estrelas moi visible e destacado no ceo. Daquela saían xusto polo leste. Nos solsticios, o Sol alumea sendos megálitos ubicados a ámbolos dous lados da porta.�  Stonehenge (século XX a. C.), Inglaterra. Probable-mente fose un observatorio astronómico con usos re-lixiosos. Polo menos, parece que os seus eixes princi-

pais apuntan á saída e á posta do Sol no solsticio de verán. Outros autores chegan a afirmar que incluso permitiría predicir eclipses lunares e outra moita información astronómica.�  Disco  celeste  de  Nebra  (1.600  a.C),  Alemaña:  placa  de bronce achada na Alemaña. Todo apunta a que recolle a posición das pléiades e arcos que abarcan os puntos de saída do Sol ao longo do ano.

ConclusiónVaia por diante que non defendemos que todos os petróglifos e os monumentos megalíticos do noso país teñan unha interpretación astronómica. Máis ben que, a ollos do coñecemento das últimas décadas e, sobre todo, com-parando co contido astronómico de restos arqueolóxicos doutras partes do mundo, resulta evidente que os coñecementos astronómicos básicos que relatamos terían algún tipo de rexistro. Ou sexa, que o máis probable é que por todo o país abunden elementos castrexos que permitisen o seu uso como calendario, ademais doutros posibles usos rituais, relixiosos, conmemorativos, etc. Tampouco estamos a dicir que da coincidencia no tempo de restos arqueolóxicos castrexos con outros pobos supoña unha correlación, nin moitísimo menos. Simplemente, falamos duns coñece-mentos astronómicos tan básicos, evidentes e importantes que resulta natural pensar que xurdiron en diferentes comunidades sen que tivese que haber unha transmisión do coñecemento entre elas.

9

8

Page 47: revista Búsola nº 7

Dositeo Veiga 47

Dositeo Veiga

Licenciado en Física Fundamental pola Universidade de Santiago de Compostela. Redactor da revista AstronomíA Magazine. Astrónomo afeccionado. Tradutor ao castelán e ao galego da web da NASA Astrono-mical Picture Of the Day (apod.nasa.gob). Responsable de proxectos de divulgación científica en Altega S. L.

1 e 2 · Ceo nocturno dun 18 de outubro de hai 5.000 anos en comparación cun 18 de outubro deste século. Debúxanse as constelacións e os meridianos celestes, para unha mellor referencia da distinta posición das constelacións. (Stellarium. Licenza: GNU General Public License)

3 e 4 · Á esquerda, momento da saída do Sol polo horizonte na latitude galega, un lugar ao norte do punto cardinal leste na data do 21 de xuño ou solsticio de verán. Á dereita, o mesmo para o 21 de decembro ou solsticio de inverno, onde o Sol sae máis ao sur do leste. (Stellarium. Licenza: GNU General Public License)

5 · Pedra Alta da Limia, trasladada de lugar e de usos varias veces ao longo da súa existencia. Na súa orixinaria configuración como menhir, probablemente tivese entre outros un uso astronómico. (X. Dosi Veiga. Licenza: Creative Commons Atribución-Compartir igual)

6 · Un dos varios cervos con cornas desproporcionadas que se atopan en Campolameiro (Pontevedra), un probable calendario lunar.(Lameiro. Licenza: Licenza: Creative Commons Atribución-Compartir igual).

7 · Paseo da Ferradura (Amoeiro-Ourense). Gran pedra chea de petróglifos podomorfos. A fenda central está orientada ao solpor do solsticio de inverno, como se olla nesta fotografía do 21 de decembro de 2001. (Copyright Rosa Veiga).

8 · Ruínas dun dos Templos de Ggantija (Illa Gozo, Malta). Cada un dos templos está orientado á saída da constelación da Cruz do Sur, cunha diferenza de varios centos de anos de construción e, por tanto, de diferentes puntos de saída desta constelación.(Hamelin de Guettelet. Licenza: Creative Commons Atribución-Compartir igual).

9 · Disco celeste de Nebra, descuberto na década pasada. Entre outra información astronómica, aliñando o disco con dúas montañas do lugar onde se atopou, as dúas láminas laterais marcan os lugares polos que sae o Sol entre os solsticios ao longo de todo o ano. (Rainer Zenz. Licenza: Creative Commons Atribución-Compartir igual)

Page 48: revista Búsola nº 7

48 Así nos ven desde fóra

Escribo estas verbas ao final dun camiño.

Camiños hai moitos, tantos como un queira coller. Vivo en Santiago de Compostela desde finais do século pasado; des-de novembro do 98, para ser máis preciso. Circunstancias bonitas da vida propiciaron que me instalase nesta fermosa cidade, capital desta non menos preciosa terra.Hoxe, se tivese que definir Galicia en cinco palabras diría: “xente e lugares por destacar”; vou precisar isto a continua-ción.

Así, de lugares hai que destacar, de norte, a sur a Praia das Catedrais e o monte Tegra; de oeste a leste, o Faro de Fiste-rra e Folgoso do Courel.

Á praia das Catedrais é necesario ir en dous momentos ben diferentes do día, e/ou da noite. Estes momentos dependen da lúa (que cando está vermella aínda é máis fermosa): hai que ir en marea baixa e en marea chea. En marea baixa, para apreciar a beleza dos cantís labrados polo vento e polo mar; convén pasear pola area gozando do espectáculo das gretas e os foxos. En marea chea habería que se achegar a un mi-radoiro e observar… observar as magníficas vistas que nos ofrece o mar, sen ter medo de mollarse. O mar pega moi for-te, segundo as mareas, e salpica; mais esta auga fría e iodada non pode ser mala...

Agora, se puidésemos voar coma un pato (si, un pato; tóme-se como unha alusión á Praia de Patos en Nigrán!), habería que descender até o punto meridional que mencionei antes: imos ao Tegra. Aquí, poderemos facer un pouco de historia, cousa que a min me entusiasma (por algo estudei historia e arqueoloxía medieval)… este monte ofrécenos petróglifos elaborados hai uns dous mil anos antes de Cristo, así como un poboado castrexo-romano ocupado entre o século I a. C. e o século I d. C. Documentándose un pouco antes da visita, un poderá ter unha idea da forma de vida que tiñan os seres humanos asentados aí. Tamén poderemos aproveitar para botarlle unha ollada aos lugares fantásticos que nos ofrece a vista alén Miño, lugares que hai uns poucos séculos confor-maban o sur do Antigo Reino de Galicia.

E xa que o parrulo non se cansa de voar, despois de termos papado na Guarda unha lamprea, pescada por medio da arte ancestral dos voitiróns, desprazarémonos até Fisterra onde poderemos quedar a durmir no Faro. A historia do Camiño (este con maiúscula, xa que así o refire a Axencia Europea de Cultura) leva o peregrino até Fisterra para despoxarse do que levaba posto no seu particular camiño e queimalo todo alí, fronte ao mar. Neste punto mariñeiro habería que aproveitar para tomar un baño rápido na praia do Rostro e despois tombarse nas dunas suaves e agradábeis, botar unha sesta ao son do asubío das gaivotas e das píldoras, antes de

Galicia.Así nos ven desde fóra

Galicia no país das marabillasPor André Julien

Page 49: revista Búsola nº 7

André Julien 49

metérmonos terra dentro para observar a flora (cardos, xun-cos, espadanas). Despois, achegarémonos a unha taberna do porto de Fisterra para cear luras pequenas e/ou percebes, segundo o que dea de si a carteira, bebendo viño branco de barril por unha cunca.

O cuarto punto cardinal de referencia está no interior, ire-mos a Folgoso do Courel para comer o que máis me gusta da gastronomía galega: quero falar (e comer!!!) do cocido galego. Só pensar en garavanzos, repolo, lingua, orella, rabo, cacheira, chourizos, lacón (todo de porco, claro!!!), un pouco de xarrete de becerro (do país) con algo de unto, lévame de-reitiño á casa de Xulia, a persoa que mellor prepara o cocido desta terra.Probade un bo cocido galego e despois falamos…

Despois de xantar, e para facermos a dixestión, un paseo pola Devesa da Rogueira é o máis propio: os castiñeiros, aci-vros, faias, teixos, carballos, bidueiros e sobreiras poñen o ser humano no seu sitio. As súas raíces falan, as súas pólas bailan, as súas follas cantan, e todas nos lembran que elas estaban antes ca nós, que a man do mesmísimo home non pode nin debe seguir facéndolles tanto mal, tanto dano.

Pois xa voamos de norte a sur, de oeste a leste, para irmos marcando un territorio moi extenso. Agora gustaríame en-trar en pormenores, mais procurarei non estenderme para que a Búsola non perda o norte. A unha revista non se lle pode aplicar un formato que implique varios tomos… porque se me poño, escribo, escribo, escribo…

Serei un pouco razoábel e levareite de visita a algunhas cida-des, permitíndoche a licenza de parar en tantas vilas como queiras visitar. Comezarei por Ourense, onde te convido a pasar a tarde nas termas de Outariz ou da Chavasqueira; a sensación das augas quentes é algo indescritíbel, produce unha relaxación digna das mellores técnicas. Para min, o asunto consiste en estomballarse na auga e ler até que caia a noite. Será daquela o momento de achegarse á zona vella cun fato de amigos e tomar os chopos de licor-café que che apetezan; sen te esqueceres de repoñer sólido, probar as em-panadas (de bonito, xoubas, zamburiñas, zorza,… por citar algunhas), mormente elaboradas cunha masa de fariña de trigo. Convén probar tamén a empanada con masa de millo, máis típica de Redondela, onde habería que parar de camiño para Vigo; sen esquecer unhas ostras en Arcade.

(Última hora. A fin de semana pasada fomos tomar as augas a Ribadavia e teño que recoñecer publicamente que son, hoxe por hoxe, as que máis me gustaron. O contorno natural das termas é espectacular; así, sen máis: espectacular!).

Pois imos a Vigo. Gústame moito o ambiente de Vigo, cida-de industrial por definición; a Xente que a habita é, na súa maioría, obreira, e as conversas que un poida ter case sem-pre van parar, por sorte, en temas políticos comprometidos e argumentados. A cidade de Vigo en si non é moi bonita, aínda que as reformas realizadas ultimamente na súa zona vella lle dan unha vida da que non gozaba antes. No casco vello, dúas horiñas no Museo das Illas Atlánticas son de aconsellar; moi didáctico, este museo prepara a túa seguinte escapada: as Illas Cíes. Podes chegar ás Cíes desde o em-barcadoiro do Berbés, ao que chegaremos non sen antes ter pensado nas razóns que induciron ao pobo vigués a erixir, en 2005, unha estatua que honra a Xulio Verne (cen anos despois da morte do escritor). Mesmo aconsellaría pasar unha noite no cámping das Illas para poder dar os paseos co-rrespondentes e subir até o faro de Monte Faro. As vistas, os cantís, as aves, compensarán o esforzo realizado. Pola mañá, ao acordar, baixarmos a unha das praias (a de Rodas desig-nouna o xornal inglés The Guardian en 2007 a Mellor Praia do Mundo), espirse, correr cara á beiramar e… non pensar…; é moi importante NON PENSAR!!!, seguir correndo, meterse na auga e tirarse de cabeza… sen pensalo dúas veces…, e que?

Que é o que pasa?

Que está fría?

Non, fría non está..., está xeada; si, si, xe-a-da!!! Pero éche o que hai, fillo; benvido a Cíes. Métete na auga, mergúllate, abre os ollos e alucinas co fermoso que é!!!

Seguindo o noso percorrido por algunhas das cidades gale-gas é de rigor facer unha pausa en Pontevedra. Paga a pena perderse polas canellas da Zona Vella, entrar na Basílica de Santa María a Maior e no Museo Provincial onde as súas coleccións nos levarán desde a prehistoria até o século XX (este é, ao meu parecer, o museo máis completo e rico de Galicia).

De novo á beira do mar, o parrulo levaranos dunha tirada á Coruña e deixaranos arriba, na parte máis alta da Torre de Hércules; desde alí, se observamos o mosaico que decora o chan aos seus pés, interesarémonos pola orixe da lenda de Breogán. A estatua de Breogán flanquea os arredores da torre e preside o parque dos Menhires. A lenda irlandesa fai de Breogán un rei celta que tería fundado Brigantia, a actual Coruña, e daría orixe á historia celta de Galicia. Despois po-deremos dar un paseo no tranvía para lembrar o fermoso que era este medio de transporte, en certo desuso hoxe en día. Baixarémonos perto da Praza de María Pita para gozar da beleza modernista da Casa do Concello e (por que non?)

Page 50: revista Búsola nº 7

50 Así nos ven desde fóra

facer un pouco de historia lembrando a fazaña de María Pita fronte ás tropas inglesas, dirixidas din que por Francis Drake no asalto á cidade en 1589, asalto frustrado que acabou coa retirada das tropas inglesas. Antes de continuar o noso pa-seo, é de aconsellar unha visita ao Museo das Ciencias.

Despois, en voo cara a Lugo, teremos que deternos, o mesmo que fará o parrulo, nas Fragas do Eume (arriba de Pontedeu-me) para escoitar, ver, sentir, ulir a natureza no seu estado máis puro, antes de achegármonos a Lucus Augusti. Alí con-templaremos a Muralla, forte, sólida, que nos lembra que an-tano as tropas romanas descansaban neste lugar. Foi despois cando o Rei Afonso X o Sabio decidiu reforzar a muralla, cuxo perímetro está hoxe integramente conservado. Afonso X é o autor das Cantigas de Santa María, un conxunto de máis de catrocentas composicións escritas en galego no sé-culo XIII. Historia tamén ten o idioma dos galegos: o galego.

En fin, para cerrar o noso percorrido por algunhas das ci-dades galegas quero ir e ficar en Santiago de Compostela, non por ser a capital… senón porque eu moro alí!!! Santiago é unha cidade fantástica; unha cidade, ao meu parecer, de tamaño humano. Explícome: non somos nin cen mil habi-tantes, aquí vou a pé onde queira, paso pola praza de abas-tos case a diario. Levo para comer produto fresco cultivado, criado ou pescado por aquí. Sei (ou talvez polo menos creo saber) en que faldriqueira van os cartos que alí deixo. A min o supermercado non me gusta, non me resulta agradábel; con el non falo nin de fútbol nin de política nin do tempo que vai facer mañá, non fago chistes…; na praza, si.

En Santiago como, en Santiago bebo, en Santiago durmo, en Santiago está boa parte do meu traballo… en Santiago vivo. En Santiago estou ben. Mais cando eu me refiro a Santiago, falo da Zona Vella, polo ensanche case nin me meto; esas rúas paralelas e perpendiculares non van comigo, pérdome e nin sei moi ben como se chaman as rúas. Podería contar un pormenor, un recordo da miña vida en cada recuncho, en cada rúa, en cada praza da Zona Vella. Como todas as lembranzas, como todos os souvenirs, hainos bos e hainos malos, mais ganan por goleada os bos.

Aquí acaso debo de abrir unha paréntese, aquí comeza a cara B.

Hai cousas en Galicia que non entendo; así, sen máis: non as entendo, cóllaas por onde as colla. Por citar algunhas, co-mezarei polo atentado arquitectónico más grave que sufriu Galicia até o día de hoxe : falo do inmoble insufríbel que fixeron na Illa de Toralla (Vigo). Mais por que non fixeron calar ao autor do proxecto (é unha metáfora!), ao autor do

edificio horríbel que desafía todo entendemento humano??? Por que lle deixaron edificar unha torre tan alta e tan fea??? E por riba, por que e con que dereito privatizaron esta illa??? Por que, para acceder, teño que pasar un valado metálico??? Pero que fixeron do concepto de dominio público???

Continuando coas barbaridades arquitectónicas podería fa-lar de moitas, moitas casas de formigón e papel maché pin-tadas con cores que atentan á vista de calquera ser humano sensato, mais non quero malgastar tinta niso. A vista xa está bastante maltratada polo número de eólicas que agromaron sen sentido por todo o corpo de Galicia, bela (dormente) adormecida por grupos económicos cuxos donos e donas non saben nin o que é un pemento de Herbón. Certo que as eólicas son unha fonte de abastecemento enerxético saudá-bel e proveitoso, mais implantalas implica, creo eu, facelo con sentidiño, non cun talón a agardar dividendos que nin sequera se reinvestirán en Galicia.Agora ímonos ás Pontes de García Rodríguez para ver outra obra pantagruélica que non merecía Galicia. Outra vez,… claro que hai que producir enerxía, claro que o ser humano a necesita e a malgasta; pero facía realmente falta tal central térmica??? Era necesario elevar unha cheminea de formi-gón máis alta que a Tour Eiffel neste contorno natural tan fermoso???

Todas estas preguntas lévanme a falar do pobo galego, da xente que vive aquí. Non pretenderei xamais criticar gratui-tamente a ninguén en particular, mais sei que ás veces o ser humano ten que aprender e saber dicir NON!!! NON, até aquí chegamos!!! Mais polo xeral vexo unha falta de compromiso, un certo pasotismo cidadán, aquí moita xente agacha a cabeza pen-sando “malo será” e segue tirando millas sen facer nada para que as cousas cambien, (r)evolucionen.

E deixarei de lado a cara B, que para iso está, para ser cons-ciente de que existe, pero que nunca cubrirá os decibelios da cara A.

Daquela podería falar da miña xente, da xente que me ro-dea, dos meus amigos; mais non quero nomear a ninguén por respecto ao que esquecería nomear e iso non é un cam-pionato. En amizade non hai medalla de ouro, hai amigos e máis nada.

O Galegos, a primeira vista parecéronme algo cerrados, algo toxos. Non son tan latinos coma un podería pensar, dadas as latitudes nas que nos encontramos. O galego ten algo de bivalvo, de mexillón, abrilo é algo que require certa maña; mais, mi madriña, cando se abre é unha persoa franca e de

Page 51: revista Búsola nº 7

André Julien 51

fiar, a amizade que propicia no ten prezo, é duradeira; o ga-lego soe responder cando, onde e para o que faga falta. E esta forma que ten de non responder a unha pregunta máis que por medio doutra pregunta a min non me resultou sorpren-dente; lembra que eu son Normando “p'têt ben qu'oui, p'têt ben qu'non!”, ou sexa “pode que si, pode que non!”. Indeci-sos, evasivos, chamádeo como queirades, é unha forma de ser; son Normando e non me custou nada, absolutamente nada, integrarme neste país, en Galicia.

Falei dalgunhas cidades, mais quero concluír referíndome a dúas aldeas; coñecer Galicia, coñecer a súa xente implica ir polas aldeas e comunicarse para falar do que sexa, nas aldeas falan de todo... ou non falan!

Por tanto, para ir concluíndo, voaremos a Hío, concello de Cangas, para ver o cruceiro; é un dos máis relevantes de todos os cruceiros que poida haber en Galicia; e habelos, hainos! E por fin rematarei na Costa da Morte para admi-rar outra construción típica deste país: o hórreo de Lira, é impresionante!!!

E a nota final será para a música. Estes galegos sonche uns melómanos asombrosos. Aquí existe unha morea de grupos de todos os paus; no verán hai festivais por todas as partes, non paran de tocar, hai moitos concertos polos bares locais, e bailan –ao son dunha pelota de ping-pong, segundo unha amiga miña- e bailan até o amañecer.

Que me decida por un grupo?Pois claro: do A ao Z pasando polo V, son acordeón, violín e zanfona, chámanse Mala Herba e para escoitalos en Santia-go hai que ir tomarlle unha, polo menos, a un bar emblemá-tico da cidade, o Malas Pécoras.

Ven a Galicia, coñece Galicia, visita Galicia, fala coa súa xen-te e, se tes sentidiño,… ficarás aquí!!! Galicia é un país de marabillas...

Tradución: Isaac Ferreira, 04.08.2014

André Julien

Nacín en Normandía fai xusto corenta anos, estudei historia e arqueoloxía na Universidade de Caen, no 1997 déronme unhas bolsas erasmus para Salamanca e en 1998 instaleime en Santiago de Compostela, aquí sigo vivindo, son autónomo (profesor de francés e tradutor/interprete).

Page 52: revista Búsola nº 7

52 Así nos ven desde fóra

Foi a primeira vez que visitei Galicia en verán de 2005 para estudar de alumno de intercambio na Facultade de Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela. A pe-sar de que eu estudaba castelán dúas ou tres horas á semana no Xapón, non tiña suficiente nivel de castelán entón. Mais, eu pensaba que podería vivir en Galicia sen dificultade, porque intentaba falar inglés en caso de que non entendín castelán. Agora decátome de que eu era demasiado optimista e intrépido. Non obstante, decateime de que as miñas ideas foran un erro cando cheguei a Santiago. Non puiden comunicar con ninguén polo idioma. A xente de Galicia faloume a min en castelán, mais non o comprendín nada, porque aparte do meu baixo nivel de castelán, fálabase castelán cun acento galego, que foi difícil para un xaponés que escoidaba só castelán "estándar" no disco compacto adxunto ao libro de texto que se vende no Xapón. Sentinme frustrado e pensei que non podería sobrevivir un ano.Ademáis, aínda que sabía que se fala galego en Galicia antes de vir, non pensaba que se usara tanto. Os avisos na universi-dade e na residencia estaban en galego (ás veces en bilingüe) e non entendín nada. Costoume moito lelos usando o dicio-nario galego-castelán, e logo, castelán-xaponés. A pesar de esa dificultade, eu era demasiado temerario por completo, e

matriculeime á asignatura Política Contemporánea de Es-paña, a cal se fala galego en clase. Agora decátome de que éste foi un momento crucial para cambiar a miña visión. Os meus amigos galegos ensinaronme a súa propia lingua e a súa historia.Conforme estudaba a historia de Galicia, comezaba a com-prender a razón de que se fala galego, e empecei a observar Galicia cunha visión cambiada. Decateime de que existen varias culturas tradicionais protexidas por moito tempo, ademáis da súa propia lingua. Andaba con dificultade no camiño empedrado na zona vella ao principio, mais come-cei a sentir a longa historia da cidade dende entón. No meu país ningunha cidade puido protexer edificios ou camiños tradicionais nunha zona tan grande. Deume envexa a Ga-licia onde aínda existen moitos edificios tradicionais, men-tras Xapón perdeunas polos moitas causas como terremotos, guerras, cambio de ideas á modernización e etc. Polo tanto, é unha envexa que os galegos aínda teñen tantos patrimonios culturais. O que me sorprendeume é que dentro dun edifi-cio antigo, hai oficina moi modernizada, é dicir, quero dicir que a tradición e a modernidade coexisten con bo equilibrio nunha cidade.Iso fíxome pensar a importancia de protexer a cultura e púxenme a querer informala aos xaponeses, e ao mesmo

Galicia, a terra con riquezaPor Masashi Oki

Page 53: revista Búsola nº 7

Masashi Oki 53

tempo, púxenme a querer coñecer a miña cultura. A miña visión cambiada por Galicia resultó as miñas actividades como "Imos a Galicia!/Imos a Xapón! (o meu blogue bilin-güe)", "Galicia+Xapón (o grupo de intercambio cultural en Santiago)", "Os 50 capítulos para coñecer Galicia (o libro so-bre Galicia publicado en 2011 en Xapón)", "Curso de galegos para xaponeses (un proxecto de Xaponismo)" e etc. A miña experiencia en Galicia cambiou bastante a miña forma de pensar. Merece admiración de que os galegos aman y respe-tan a súa cultura.

Outra experiencia que me gostou en Galicia é as caracterís-ticas serias que teñen os galegos. Antes de vir a Galicia, tiña un prexuízo de que a maioría dos españois son apasionados, optimistas, abertos e decididos. Non obstante, a maioría dos amigos que coñecín en Galicia non eran "os españois" que eu imaxinaba. Eu penso que os galegos son moi serios e traba-lladores, aínda que non pode xeralizar as características dos galegos nin quero dicir que os españois fóra de Galicia non son serios. Sentíame moi ben e simpatizaba cando conversei cos galegos. Xeralmente, son amables e axudaronme moito cando estiven en Galicia, e aínda eu agradézolles sincera-mente. E, a ambigüedade dos galegos como "máis ou menos", "daquela maneira" e "depende..." gostoume. Eu son xaponés indeciso, así que o ambiente que me permite seguir sendo

Masashi Oki

Masashi Oki é licenciado en Ciencia Política pola Chuo University (Xapón) e Máster en Xestión da Cooperación Internacional e das ONG's pola USC. É coautor do libro "os 50 capítulos para coñecer Galicia" publicado en xaponés en 2011.

ambiguo sentíame moi cómodo. É certo que hai moitas cou-sas no mundo que non se pode determinar "si" ou "non". Coi-do que esta actitude ambigua enriqueza as ideas máis que pensar en binarismo.E, a choiva tamén é unha das cousas que me gostou. Hai xente que di que non lle gosta a choiva, mais a min gósta-me moito, porque a choiva produce a riqueza tanto natural como mental. Galicia abunda en naturaleza pola choiva. E, a choiva provoca a xente o sentimento complexo como a tris-teza, a pobreza, a ironía, e tamén, a pureza. Cando estiven en Galicia, sempre me tranquilizaba pola choiva. Imaxino que a choiva produciu a riqueza cultural de Galicia.Para min Galicia era unha terra con moitas sorpresas ao principio, máis tras llevar uns meses, sentinme moi cómo-do, e finalmente, regresei novamente en 2007 para cursar un máster. En 2013 tamén tiven oportunidade de visitar unhas cidades en Galicia. Aínda que actualmente estou moi lonxe de Galicia, estou seguro de volver á "nosa terra" algún día para sentir a riqueza natural e cultural.

Masashi Oki, 6 de abril de 2014.

Page 54: revista Búsola nº 7

54 Así nos ven desde fóra

Non vivín nunca en Galiza, mais Galiza acompañou sempre a miña vida. A historia comezou hai moitos anos.

Ía Xulia Cortés nunha pequena embarcación cruzando o río Miño, cando o vento e a corrente lle deron un susto maior que o dos labores de parto. Ese 9 de febreiro do 45 quedou marcado no calendario, pois requiriuse audacia para evitar que quen sen saber flotar se fose para a agua. Pasado o reto, o dez de febreiro naceu meu pai. Si, son filla dese, daquela, novo galego, que 36 anos despois encontraría en Mozambi-que a valente mexicana que se uniría á misión de ser miña nai, e son tamén mexicana.

Ao ser México excolonia, a España témola moi presente. Na historia, a arquitectura, libros e museos. A mestura de cul-turas no día a día. Mírase a España con curiosidade, dor his-tórica e admiración. Na casa, temos en meu pai unha xanela aberta a España, moi diferente á dos libros, e esa xanela mira ao seu recuncho, Galiza, a terra das lembranzas: a luz lene, as bodegas frías de vino, as paredes de pedra. Ulido a madei-ra, uva, terra. Montes verdes, ríos, cabalos, mulas, viñedos, tomates, pementos. Pontes, camiños de pedra, valados de pedra, casas de pedra, celeiros, hórreos, pedra e pedra.

Mesas con polbo, grelos, verzas, pementos, patacas, caldos consistentes, chourizos de cebola e viño. Licores de froitas e de especias. Xente sorrinte, aberta e cariñosa, que abraza, moita xente maior, mandís e flores. Verde, moito verde, nos campos, cultivos e montes, nas beiras do río. Esa é a Galiza

O vello mundo, GalizaPor Maya Moure

Page 55: revista Búsola nº 7

Maya Moure 55

Maya Moure

Maya naceu en Tabasco, ao sur de México, onde tamén nacerían Mar e Sol, as súas irmás xemelgas, tres anos despois, de nai mexicana e pai galego. Entre húmidas selvas, montañas e proxectos de desenvolvemento rural, transcorreron, na serra tabasqueña, os seus primeiros anos. Os 8 cumpriunos vivindo nunha casa rodante en Estados Unidos, os 9 e 10 en Brasil. De volta en México, viviu nunha comunidade maya de Quintana Roo, onde aprendeu da cultura e idioma ao que o seu nome fai honra. Estudou a carreira de relacións internacionais e a mestría en desenvolvemento e medio ambiente. Agora traballa en desenvolvemento rural, medio ambiente, cambio climático e bosques, desde varias trincheiras. Pintada con algúns coloridos viaxes cada etapa da historia.

das miñas paisaxes mentais. Esa Galiza recreada e contada baixo as sombras do mango, na serra de Tabasco ou desde unha hamaca na zona maia mexicana.

O cadro foise completando coas viaxes a Santiago, Ourense, A Coruña, xa de grande. Entran agora tamén cidades, fontes, portos, praias cristalinas, cafés, bares, trens e barcos. A mo-cidade e as universidades. Loitas, protestas, anhelos, crítica social.

O vello mundo das aulas de historia, a Galiza labrega de meu pai e as viaxes crearon unha paisaxe, verde, misteriosa e an-tiga, chuviosa e soleada, con praias ¡frías! como soñadas e de saborosa comida. Cheo de xente espontánea e auténtica, falangueira. Vellos escenarios para novos tempos, onde a particularidade cultural se mestura co mundo globalizado.

Tradución: Isaac Ferreira

Page 56: revista Búsola nº 7

56 Fotografía

OS LUGARESDA NON ALTERNATIVA

Por José Romay, 2013

Este exercicio de fotografía de rúa percorre a maior parte de lugares onde a banda terrorista ETA atentou na cidade de Madrid. As imaxes tomadas con luz cálida e baixa acentúan o contraste entre a beleza do cotián e a dureza da violencia que rompe esta beleza do acontecer diario por medio dos textos que explican o sucedido no lugar.Así mesmo tamén mostran a individualidade profunda en que están somerxidos os habitantes dun-ha grande cidade como Madrid.Ningún dominical español estivo interesado en publicalas nin tampouco a axencia CONTACTO de Madrid en distribuílas por mor do tema que tratan. Búsola será a primeira publicación en facelo.

39 Lugares onde atentou ETA en Madrid(Traballo en curso. Pendente de fotografar:

País Vasco, Cataluña e Zaragoza)

Page 57: revista Búsola nº 7

José Romay 57

José RomayPontevedra 1978

Estudei Fotografía e Belas Artes.Traballei con / para La Voz de Galicia, Diario de Arousa, Diario de Pontevedra e publiquei os meus traballos documentais en diversas revistas nacionais e internacionais. Expuxen en numerosasmostras individuais e colectivas.En 2009 publiquei o libro NO GRANDE AZUL, documental sobre a vida e o traballo da xente do mar.En 2015 publiquei o libro RURURBANIA SALNÉS, documental sobre a insá relación entre natureza e ser humano no Val do Salnés.Na actualidade dedícome á realización de proxectos de longa duración, imparto obradoiros fotográficos e recibo determinados encargos comerciais.Recibín a bolsa fotográfica O Mar. Fun finalista en dúas ocasións do certame Novos Valores. Fun finalista do certame A imaxe de Galiza. Fun finalista do certame Revela,Premio internacional de fotografía aos titulares dos dereitos sociais. Fun finalista nunha ocasión e gañador noutra do Premio Galicia de fotografía contemporánea. Gañei o premio Imaxes con fondo e recibín a Axuda para a creación visual da VEGAP.A mi obra encóntrase nos fondos do Museo do mar de Galicia, nos fondos do festival Outono Fotográfico e nalgunha colección particular.

Imaxe: José Luiz Oubiña

Page 58: revista Búsola nº 7

58 Fotografía

18/03/1980 ETA atenta contra o xeneral Fernando Esquivias cunha bomba (a nota reivindicativa do atentado acusa ao xeneral, de ter sido axudante de campo de Franco). Esquivias resultou ileso pero morreu o soldado escolta da policía militar José Luis Ramírez Villar na rúa de Ayala.

Page 59: revista Búsola nº 7

José Romay 59

29/07/1979 Morre na estación de Atocha a cidadá Guadalupe Redondo Villar como consecuencia da explosión dunha bomba.

Page 60: revista Búsola nº 7

60 Fotografía

Unha vez abandonado o coche e alertada a policía, estalou a carga explosiva oculta no vehículo e un axente resultou morto.

Page 61: revista Búsola nº 7

José Romay 61

19/06/1995 Morre o axente da Policía Municipal Jesús Rebollo García tras ser alcanzado por metralla proveniente da explosión dun coche bomba situado na rúa do Carmen.

Page 62: revista Búsola nº 7

62 Fotografía

17/05/1987 Estala un coche bomba no Paseo do Prado, ao lado do Cuartel Xeral da Armada ferindo a un infante que custodiaba a entrada.

Page 63: revista Búsola nº 7

José Romay 63

25/04/1986 A explosión dun coche bomba ao paso dun Land Rover da Garda Civil na intersección da rúa Juan Bravo con Príncipe de Vergara mata a cinco axentes do corpo e deixa a outros catro feridos de gravidade. Os axentes retornaban de relevarse en varias embaixadas. A explosión tamén alcanzou a catro persoas civís, que resultaron con feridas leves, e produciu estragos na fachada e mais no interior da clínica de Nuestra Señora del Rosario.

Page 64: revista Búsola nº 7

64 Fotografía

04/11/1982 É asasinado o Xeneral de División Víctor Lago Román. Dous mozos que ían nunha motocicleta metrallárono perto do Arco del Triunfo.

Page 65: revista Búsola nº 7

José Romay 65

28/06/2001 Un artefacto explosivo colocado nunha bicicleta estala ao paso do xeneral do Exército Justo Oreja Pedraza na rúa Lopez de Hoyos cando saía do portal da súa vivenda no nº. 134. Dezasete persoas resultaron feridas. Un mes despois morrería o xeneral como consecuencia das feridas do atentado.

Page 66: revista Búsola nº 7

66 Fotografía

16/11/1978 É asasinado o maxistrado da Audiencia Provincial de Madrid, José Francisco Mateu Cánovas, á saída do seu domicilio; o atentado tivo lugar no nº 130 da rúa Claudio Coello.

Page 67: revista Búsola nº 7

José Romay 67

10/07/2001 O axente da policía nacional Luis Ortiz de la Rosa morre ao estoupar o coche que estaba a inspeccionar no barrio de Aluche, na rúa Ocaña.

Page 68: revista Búsola nº 7