receita porco guisado

1
Costela de porco guisada Ingredientes (5 persoas): 2 quilos de costela de porco 2 allo porros 3 cebolas tenras Uns dentes de allo 4 cenorias 400 gr de champiñóns portobello Unha cunca de salsa de tomate caseira Unha xerra de viño branco Caldo de ósos de xamón Patacas fritidas de bolsa Aceite, pementa e sal Pasos: Salpementar e dourar os anacos de costela de porco nunha tarteira cun pouco aceite. Así que vaia collendo cor, engadirlle o allo porro, as cebolas tenras, os allos e as cenorias; todo cortado miúdo. Logo de dez minutos, incorporar unhas culleradas de salsa de tomate caseira, un pouco viño branco e uns bos culleróns de caldo feito con ósos de xamón. Deixar que se cociñe todo a lume maino, para que a carne quede tenra e se despegue con facilidade do óso e a salsa reduza ata quedar espesiña. Cortar os champiñóns en cuartos e saltealos para botalos na tarteira no último momento. Presentar a costela guisada xunto coas patacas fritidas de bolsa... e todos á mesa!

Upload: anars

Post on 15-Sep-2015

32 views

Category:

Documents


9 download

DESCRIPTION

Larpeiros

TRANSCRIPT

Costela de porco guisadaIngredientes(5 persoas): 2 quilos de costela de porco 2 allo porros 3 cebolas tenras Uns dentes de allo 4 cenorias 400 gr de champins portobello Unha cunca de salsa de tomate caseira Unha xerra de vio branco Caldo de sos de xamn Patacas fritidas de bolsa Aceite, pementa e salPasos: Salpementar e dourar os anacos de costela de porco nunha tarteira cun pouco aceite. As que vaia collendo cor, engadirlle o allo porro, as cebolas tenras, os allos e as cenorias; todo cortado mido. Logo de dez minutos, incorporar unhas culleradas de salsa de tomate caseira, un pouco vio branco e uns bos cullerns de caldo feito con sos de xamn. Deixar que se cocie todo a lume maino, para que a carne quede tenra e se despegue con facilidade do so e a salsa reduza ata quedar espesia. Cortar os champins en cuartos e saltealos para botalos na tarteira no ltimo momento. Presentar a costela guisada xunto coas patacas fritidas de bolsa... e todos mesa!