que é a estrofa?...unha estrofa, entón, será un grupo de versos que posúen unha certa medida ou...

4
Que é a poesía? Composición literaria que se concibe como expresión artística da beleza por medio da palabra. Tamén é un xénero literario constituído por esas composicións. Que son os poemas? Os poemas son obras escritas en verso, que buscan expresar as emocións ou impresións do mundo para o autor, onde é común o uso da rima e outras ferramentas da linguaxe. O primeiro que debemos lembrar é que os poemas están escritos en verso, e estes, á súa vez, están agrupados en estrofas. Que é a estrofa? Unha estrofa, entón, será un grupo de versos que posúen unha certa medida ou que teñen unha rima común. As estrofas clásicas máis comúns, son: Dous Versos (pareado) Tres versos (terceto) Catro versos (cuarteto, cuarteta, redondilla, serventesio e copla) Cinco versos (quinteto) Oito versos (oitava) Catorce versos (soneto) ... Que é o verso? O verso é a menor división que atopamos no poema. O verso está constituído por oracións ou frases curtas, que se escriben unha en cada liña. Cando a obra literaria está escrita en verso, chamámola poema. En cambio, cando está escrita en prosa, chamámola prosa poética. http://elblogdelprofeoscar.blogspot.com

Upload: others

Post on 05-Feb-2021

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • Que é a poesía?

    Composición literaria que se

    concibe como expresión

    artística da beleza por medio da

    palabra. Tamén é un xénero

    literario constituído por esas

    composicións.

    Que son os poemas?

    Os poemas son obras escritas en verso, que buscan expresar as emocións ou impresións do mundo para o autor, onde é común o uso da rima e outras ferramentas da linguaxe.

    O primeiro que debemos lembrar é que os poemas están escritos en verso, e estes, á súa vez, están agrupados en estrofas.

    Que é a estrofa?

    Unha estrofa, entón, será un grupo de versos que posúen unha certa medida ou que teñen unha rima común.

    As estrofas clásicas máis comúns, son: Dous Versos (pareado) Tres versos (terceto) Catro versos (cuarteto, cuarteta,

    redondilla, serventesio e copla) Cinco versos (quinteto) Oito versos (oitava) Catorce versos (soneto) ...

    Que é o verso?

    O verso é a menor división que atopamos no poema. O verso está constituído por oracións ou frases curtas, que se escriben unha en cada liña.

    Cando a obra literaria está escrita en verso, chamámola poema. En cambio, cando está escrita en prosa, chamámola prosa poética.

    hhttttpp::////eellbbllooggddeellpprrooffeeoossccaarr..bbllooggssppoott..ccoomm

  • Clases de versos.

    Segundo o número de sílabas, os versos poden ser:

    □ de arte menor: son os que teñen oito sílabas ou menos.

    □ de arte maior: son os que teñen nove sílabas ou máis.

    Que é a rima?

    Rima é a igualdade ou semellanza de sons finais dos versos entre si. Existen dous tipos:

    Tipos de estrofas:

    RIMA CONSONANTE

    A rima consonante é aquela que se establece entre os versos cuxos finais, a partir da vogal tónica da última palabra, son iguais, incluíndo vogais e consoantes.

    Exemplo: Bota

    Pelota

    RIMA ASONANTE

    A rima asonante é aquela que se establece só nas vogais dos versos a partir da última vogal tónica.

    Exemplo:

    Martes

    Sable

    dous versos que

    riman entre sí

    aa

    tres versos de

    arte maior que

    riman en

    consoante

    ABA

    catro versos de

    arte menor que

    riman en

    consoante

    abba

    catro versos de

    arte maior que

    riman en

    consoante

    ABBA

    catro versos de

    arte menor que

    riman en

    consoante

    abab

    catro versos de

    arte maior que

    riman en

    consoante

    ABAB

    catro versos de

    arte menor que

    riman en

    consoante

    -a-a

    dous cuartetos e

    dous tercetos de

    arte maior

    ABBA ABBA ABA ABA

    hhttttpp::////eellbbllooggddeellpprrooffeeoossccaarr..bbllooggssppoott..ccoomm

  • A medida.

    Refírese á cantidade de sílabas que compón cada verso e ó esquema das estrofas. Para

    iso mídense os versos e asígnaselles unha letra aos que riman entre si; esa letra

    represéntase con minúscula se os versos son de arte menor e con maiúscula se son de arte

    maior. Aos versos que non riman (versos soltos) asígnaselles unha raia ou guión (-).

    Existe un xeito especial de contar as sílabas dun poema. Para facelo, debemos considerar

    os seguintes aspectos:

    Lei do acento final.

    Esta lei sinala que, segundo a

    acentuación da última palabra do

    verso, o número de sílabas

    modifícase, da seguinte maneira:

    - aguda, súmase unha sílaba ao

    verso. (+1)

    - grave, o verso non se modifica.

    - esdrúxula, réstase unha sílaba

    ao verso. (-1)

    Sinalefa.

    É un procedemento que indica que, cando

    no interior dun verso a última sílaba dunha

    palabra remata en vogal e a primeira sílaba

    da palabra seguinte comeza tamén en vogal,

    estas sílabas cóntanse como unha soa.

    Cando a palabra comeza coa letra "h",

    considérase coma se fose vocal, xa que

    sempre despois do h vén unha vocal.

    Dialefa.

    É a ruptura dunha sinalefa para conseguir

    unha sílaba máis.

    Diérese.

    Consiste en desfacer un diptongo

    para obter dous sílabas.

    Sinéresis.

    Consiste en converter un hiato en

    diptongo para conseguir unha soa

    sílaba.

    hhttttpp::////eellbbllooggddeellpprrooffeeoossccaarr..bbllooggssppoott..ccoomm