proyecto adecuaciÓn area plaza gabino garcÍa manzaneda

3

Click here to load reader

Upload: alejandro-girola

Post on 27-Mar-2016

223 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

PROYECTO ADECUACIÓN AREA PLAZA GABINO GARCÍA

TRANSCRIPT

Page 1: PROYECTO ADECUACIÓN AREA PLAZA GABINO GARCÍA MANZANEDA

 

RESUMO DAS IDEAS DO PROXECTO “ADECUACIÓN DA PRAZA GABINO GARCÍA DE MANZANEDA: ÁREA DA LENDA”

ESTADO ACTUAL 

 

PROXECTO DA “ADECUACIÓN DA PRAZA GABINO GARCÍA DE MANZANEDA: ÁREA DA LENDA”

Page 2: PROYECTO ADECUACIÓN AREA PLAZA GABINO GARCÍA MANZANEDA

“ Proxecto de Adecuación do Área da Praza Gabino García de Manzaneda: Área da Lenda”

I. RESUMO DAS IDEAS DO PROXECTO “ÁREA DA LENDA”

Co proxecto de “Adecuación do Área da Praza Gabino García de Manzaneda: Área da

Lenda” preténdese:

• Adecuar neste espazo urbano degradado dentro dun núcleo rural, seguindo criterios de

desenvolvemento urbano sustentable.

• Por outra banda, preténdense dotar a esta área dunha mellora en canto a circulación de

vehículos e seguridade vial de peóns

• Como última finalidade preténdese acondicionar e remodelar esta área, no que

denominaremos como “Área da Lenda”: espazo de convivencia e xuntanza dos máis

maiores cos máis novos en prol de que os cativos coñezan tradicións, xogos e cultura

tradicional:

Atopámonos entón, cun proxecto integrador de preservación da entidade etnográfica, natural e

tradicional de Manzaneda, adecuando unha área de praza e dotándoa de infraestrutura e

equipamentos sociais que favorecen o desenvolvemento sustentable local. Asomade a

actuación urbana a desenvolver serve tamén de portal de entrada dos visitantes que se

mergullan dentro da Comarca de Trives ou se dirixan a zona de Valdeorras e o Bierzo.

En canto a medidas específicas de dinamización vinculadas as actuacións da “Adecuación do Área da Praza Gabino García” podemos resumilas en dotar o concello de

infraestruturas e equipamentos sociais para acondicionar este espazo urbano degradado. Así

como acondicionar e remodelar esta área, para conseguir aunála cun espazo de convivencia e

xuntanza dos máis maiores cos máis novos, en prol de que os cativos coñezan tradicións,

xogos e cultura tradicionais. Asomade a actuación urbana a desenvolver, serve tamén de

portal de entrada dos visitantes que se mergullan dentro da Comarca de Trives ou se dirixan a

zona de Valdeorras e Bierzo.

As actuacións proxectadas na área da praza, inclúen o crear o que denominamos “Area da Lenda”: un pequeno espazo público urbano dotando dunha pequena senda pavimentada,

mesa conta-contos e pequenos paneis temáticos e xogos tradicionais, co gallo de que os

maiores transvasen ós pequenos a historia, cultura, tradicións e xogos característicos da zona.

Preténdese crear un convenio entre o colexio infantil de Manzaneda e a residencia da terceira

idade, para que no bo tempo, se dedique unhas horas semanais na que maiores voluntarios da residencia, relaten no espazo “Área da Lenda“ vivencias e valores do pasado.

Page 3: PROYECTO ADECUACIÓN AREA PLAZA GABINO GARCÍA MANZANEDA