proxecto plambe a 2015-16

1

Upload: ninivarela

Post on 13-Dec-2015

24 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

biblioteca escolar boletin

TRANSCRIPT

Page 1: Proxecto Plambe a 2015-16

0

Page 2: Proxecto Plambe a 2015-16

1,2,3,…PROBANDO

1

LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN NA BE PARA O CURSO 2015-16

O noso eixo integrador para o curso 2015-16 centrarase en proxectos experimentais baseados na

estimulación da curiosidade, da experimentación e da produción e creación doutros novos.Así, será un

proceso máis relacionado coa metodoloxía e co desenvolvemento do pensamento crítico e creativo para unha

mellor comprensión da realidade, onde o papel da BE como fornecedor de recursos e de propostas

metodolóxicas será fundamental.

Pretendemos, deste xeito, cubrir unha parte do noso proceso educativo que consideramos con importantes

eivas, buscando ir a orixe mesmo do espertar científico: a curiosidade ( por que?), a experimentación (

como? a finalidade (para que?), tendo como produto final a presentación dese proceso e a creación doutros

novos.

Dito isto, as propostas de motivación e a metodoloxía de traballo centrarán unha parte importante do

proxecto, atendendo ás RUTINAS DE PENSAMENTO (ver, pensar, preguntar), a CLASIFICACIÓN DE

PREGUNTAS ( curiosidade, aclaración, afondamento), formas de facer o PENSAMENTO VISIBLE (

gráficas, símbolos visuais,), a DOCUMENTACIÓN; traballaremos sobre HABILIDADES DO

PENSAMENTO (analizar, comparar, contrastar) dando especial importancia ao PENSAMENTO CRÍTICO

E CREATIVO ( deducir, razoar, xeneralizar, crear).

O noso proxecto consta de dúas grandes vertentes: por un lado, o seu carácter experimental baseado na

observación e experimentación, non só no que se refire aos currículos de ciencias naturais senón tamén ,coa

mesma intensidade, na área de matemáticas ou de ciencias sociais. En segundo lugar, o obradoiro de escrita,

coordinados en varios cursos, onde os xogos coa linguaxe e a produción de textos (sexan informativos,

expositivos, argumentativos ou de ficción) vertebren o currículo lingüístico.

Para unha mellor organización, , axustaremos o proxecto en tres grandes bloques arredor do proceso da

construción do pensamento pero que non necesariamente implicarán unha secuencia no tempo na súa

totalidade: 1. A CAUSA DAS COUSAS: estimulación da curiosidade. 2.A EXPERIMENTACIÓN. 3.A

PRODUCIÓN: a PRESENTACIÓN E A CREACIÓN.

Como en anos anteriores a biblioteca será a encargada de proporcionar os medios e os recursos para a boa

práctica deste proxecto. A tal fin, levará a cabo diferentes accións:

A. Coordinar as diferentes opcións relacionadas co proxecto.

B. Dotar de recursos documentais as diferentes mochilas de aula, como apoio aos diferentes proxectos.

C. Continuar coa metodoloxía de traballo cooperativo.

D. Seguir afianzando a integración do proxecto documental na meirande parte dos aspectos curriculares.

E. Establecer pautas para coordinar entre o profesorado os criterios básicos respecto á ALFIN.

1. EN RELACIÓN COA ORGANIZACIÓN E XESTIÓN.

Creación do deseño dun novo blogue da biblioteca seguindo o modelo DRUPAL.

Mellorar considerablemente diferentes aspectos tecnolóxicos, incorporando unha maior innovación nos

recursos e nas presentación dos mesmos.

Actualización dos fondos e reforma do espazo destinado ao ciclo de E. Infantil. Selección e adquisición

de recursos relacionados co proxecto de centro. Incremento dos recursos de non ficción.

Confección física da mascota da Caracola Tola, como recurso motivador en E. Infantil e primeiros

cursos de primaria. Elaboración de nova cartelería relacionada coa formación de usuarios na biblioteca.

Selección dos empréstitos para as aulas relacionados co proxecto e os da biblioteca de aula.Adquisición

de mochilas para tal efecto. Organización das mochilas viaxeiras e boletíns de recomendacións lectoras.

Coordinación de horarios da biblioteca. Desenvolvemento das actividades relacionadas co incremento

do coñecemento da biblioteca e dos seus recursos por parte do profesorado, propoñendo reunións

periódicas informativas.( Plan:Aprendemos xuntos). Diversificación das actividades voluntarias dos

RECREOS DA BIBLIO ( concertos, contos,..).

Continuación coa coordinación entre departamentos, procurando rendabilizar o proxecto ao máximo

tanto nos recursos coma na planificación. Incorporar, na medida do posible, unha representante de E.

Infantil.

Incorporación de familias voluntarias para algunhas actividades organizadas pola biblioteca.

Continuar co rexistro e difusión das producións propias da biblioteca e do centro.

Page 3: Proxecto Plambe a 2015-16

1,2,3,…PROBANDO

2

2. EN RELACIÓN COA DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DE RECURSOS DA BIBLIOTECA, A

SÚA INTEGRACIÓN NO TRATAMENTO DO CURRÍCULO E A SÚA CONTRIBUCIÓN Á

ALFABETIZACIÓN MÚLTIPLE E AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS

BASICAS DO ALUMNADO.

I. 1º TRIMESTRE: A CAUSA DOS COUSAS

LINGUAS: Obradoiro escrita:A descrición dun invento persoal. A narración dunha descuberta persoal.

A tráxica vida dun lapis, dunha mochila, dun libro de texto. O diario dun/dunha naturalista: un caderno

de campo persoal ( a observación coma fonte de escritura). O abecedario das descubertas persoais. O

listado de fracasos. Dez regras transgresoras. Textos descritivos e expositivos dun experimento caseiro.

LINGUA INGLESA: Tolos pola ciencia. Investigo os meus sentimentos. O interrogativo. Dúbidas

razoables. Ensaio. Descubro adiviñas. Leo. Penso en monstros. Feitos. Uso a lupa. Máquinas.

Personaxes. Espías. Receitas.

E. PLÁSTICA: A imitación da natureza: Gaudí. Pintado de memoria despois dun exercicio de

observación. Fotos de diferentes ángulos. Mol, duro, rugoso? Que ten que ver o brócoli con Fibonacci?

O caderno d@ investigador/ora da cor. Pero de qué está feito isto? Pos de cores- pigmentos?

CIENCIAS NATURAIS: 1. Os seres vivos. As células: experimentación de diferentes clasificacións.

Cambio nos criterios de clasificación. Clasificación de persoas atendendo diversos parámetros. 10

preguntas sobre as células. 2. Instrumentos ópticos. 3. A función de relación: os sentidos: combinación

de cousas diferentes. Establecemento de vínculos entre cousas que aparentemente non o teñen. Elección

de dúas imaxes e busca de aspectos comúns. 4. A saúde.O coidado dos órganos: a casca de ovo e a

caries.

CIENCIAS SOCIAIS: 1. O universo e o sistema solar. Representación do mesmo. Maquetas de

plastilina. Experimentación coas fases da lúa. 2.A representación da terra. Experimento sobre a

formación das montañas.localízate, localicémonos.

MATEMÁTICAS: 1. Suxestión de preguntas. 2. Busca de datos que faltan. 3. As preguntas enxeñosas e

o razoamento lóxico matemático. 4. Manipulación, experimentación e coñecemento das medidas e dos

materiais dos experimentos.

MÚSICA:1. Exploración das posibilidades sonoras da voz, do corpo e dos obxectos do noso

entorno.2. Diferenciación de son, ruído e silencio.3.As calidades do son: altura, duración, timbre e

intensidade.

BIBLIOTECA: Elaboración e busca de recursos.Axuste do proxecto nas programacións. Día das

bibliotecas: a biblioteca coma laboratorio de experiencias. Propostas para o 25 de novembro:

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA: Día da Ciencia en Galego. 1.Samaín e magosto: investigación

sobre a orixe destas festas. 2.Radio Beretiño: apartado de curiosidades. 3.No recuncho literario, lectura

de textos relacionados co proxecto . 4. Concurso troleir@s.

II. 2º TRIMESTRE: A EXPERIMENTACIÓN

LINGUAS: As ideas principais e secundarias nun experimento.Resumos, esquemas, mapas conceptuais

sobre unha idea. Biografías de precursor@s/ innovador@s, [email protected] escrita:. Creación de

poemas a partir de textos científicos. Publicitamos o noso experimento. Diferentes olladas arredor dunha

imaxe. Formas diferentes de dicir as cousas: grazas, un alimento.

LINGUA INGLESA: Son científic@. Descubro os meus sentimentos. O negativo. Resolvo dúbidas.

Erro. Resolvo adiviñas. Disecciono. Falo de monstros. Realidades. Sigo as pegadas. Evolucións.

Lugares. Códigos secretos. Tempos libres. Beberaxes.

E. PLÁSTICA: Tuneando a xenialidade: a transformación de grandes obras en propias. Colocación de

imaxes en sitios insólitos. O surrealismo: Duchamp, Dalí. A banda deseñada. Po caramelo. Formas e

cores.

CIENCIAS NATURAIS: 1. As plantas. Os mofos. Fieitos. Nutrición.Experimentación na horta 2. Os

ecosistemas. Redes alimentarias. As pegadas dos animais.

CIENCIAS SOCIAIS: 1. O clima e a vexetación. A descuberta do efecto invernadoiro. Experiencia

sobre o desprazamento dos ciclóns. Xogamos cos axentes atmosféricos.evolución dunha paisaxe ao

Page 4: Proxecto Plambe a 2015-16

1,2,3,…PROBANDO

3

longo da historia. 2.A prehistoria: construción de fósiles. Os fósiles: os libros da antigüidade.

Experiencias sobre a fosilización.

MATEMÁTICAS:1. A aproximación. 2. Busca de patróns e propiedades. 3.Utilización de gráficas. 4.

Trucos matemáticos. A maxia das matemáticas. 5. A papiroflexia. 6. O laboratorio de matemáticas:

construción de figuras xeométricas. Dominós. Estimación de medidas. Tangram.

MÚSICA: 1. Comunicación oral, corporal e plástica dos sentimentos que nos causa unha música

escoitada.2. Utilización de percusión corporal, de obxectos e de instrumentos de pequena percusión

como recursos para acompañar diferentes textos e cancións. 3.Improvisación de movementos en

resposta a diferentes estímulos sonoros. 4.Improvisación de esquemas rítmicos e melódicos sobre

bases musicais dadas 5.Sonorización de distintas imaxes. 6.Instrumentos: clasificación técnica

segundo a produción do son. 7.Recoñecemento e identificación das partes dunha peza musical:

formas musicais binarias, ternarias e rondó

BIBLIOTECA: Día da Poesía:A poesía científica.A poesía da natureza. Día de Rosalía: experimentos

poéticos arredor de Rosalía. 8 de marzo: Experimentos e avances pola igualdade.

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA: 1.Entroido: investigación, recollida de información, e creación de

traballos sobre unha figura típica do Entroido galego. 2. Encomendas do Beretiño relacionadas co

proxecto.

III. 3º TRIMESTRE. A PRODUCIÓN E A CREACIÓN.

LINGUAS:A expresión oral: convencer aos demais. Obradoiro escrita: textos argumentativos para

realizar demostracións. Banda deseñada sobre experimentos. Diferentes tipos de textos descontinuos. O

oxímoro. Multiadiviñanzas (unha proposta, diferentes solucións). Feitos insólitos: rifarlle a un ordenador,

a unha almofada. A escritura automática. E se…

LINGUA INGLESA: Experimento coas palabras. Expreso os meus sentimentos. O afirmativo.

Obxectivo superado. Corrixo. Elaboro adiviñas. Recompoño. Creo monstros. Ficcións. Descubro os

feitos. Eu, robot. Problemas e solucións. Gadgets. Diario dun ocupad@. As miñas apócemas.

E. PLÁSTICA: A bisociación: Chema Madoz e Magritte. O debuxo automático. Un pouco de lume e a

cousa cambia. E se subimos a temperatura. Natureza secuestrada.

CIENCIAS NATURAIS: 1. A materia e a enerxía. Experimentación coas propiedades da materia. A

presión do aire. Construción dun foguete. O aire coma fonte de enerxía. O globo de propulsión.

Funcionamento da lanterna, da lámpada ou da pila. 2. A densidade. A flotabilidade. O hidrodeslizador: o

desprazamento na auga. 3. As máquinas. Construíndo aparellos. 4 . Estruturas. Construción dunha ponte.

5. Forzas e movemento. Comprobación dunha hipótese.

CIENCIAS SOCIAIS: 1. A Idade Media: obradoiros medievais. 2 A Idade Moderna: A descuberta de

América e o incremento nos avances científicos e técnicos: transporte, ciencia, novos mercados, novos

produtos. 3. A evolución das cidades nunha liña do tempo.

MATEMÁTICAS:1. Estimación do resultado dun problema. 2. Distintos razoamentos, resultados

semellantes.3. Detección e corrección de erros.

MÚSICA: 1. Creación, interpretación e gravación de sonorizacións para contos. 2. Creación de

pezas musicais breves a partir de elementos dados. 3. Invención e construción dun instrumento

musical con obxectos cotiáns 4. Creación de pequenas coreografías para obras musicais breves e

sinxelas

BIBLIOTECA: Prensa: As noticias insólitas e científicas nos xornais. Experimentos cun xornal. Día do

Libro: diferentes maneiras de observar un libro. A descrición dun libro dun xeito científico (

Cortázar). Distintos usos dun libro. Libros científicos: ler e experimentar.

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA: 1. Revista Folerpas: a revista científica e dos experimentos. 2.

Letras Galegas: creación de slogans que promovan a ciencia en galego.

3. EN RELACIÓN COA FORMACIÓN DE USUARIOS E A ADQUISICIÓN DA COMPETENCIA

INFORMACIONAL (COMPETENCIA PARA O TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E

COMPETENCIA DIXITAL).

A. FORMACIÓN DE USUARIOS

Normas da biblioteca.Revisión. Elaboración entre o alumnado de guías do usuario.

Page 5: Proxecto Plambe a 2015-16

1,2,3,…PROBANDO

4

Clasificamos libros: a CDU. Que outras clasificacións podemos facer cos libros?: tamaño,

editorial, colección. Como atopar un libro na biblioteca? Un autor? A materia?. Mapas, gráficos

e símbolos visuais para a sinalización da biblioteca.

Como saber se un libro nos interesa: índices, contraportadas.Tipos de libros: clasificación.

Analoxías e diferenzas.

B. COMPETENCIA INFORMACIONAL

Guías para realizar os traballos documentais. Guías para buscar información na rede.

Aula virtual: información, experimentación, exposición. Busca de información. Elaborar

symbaloo (enlaces).

Planificación a longo prazo: elaborar axenda. Planificar proxectos investigación para os tres

trimestres. Caderno de campo dixital (powerpoint). Remuiño de ideas (padlet).

Elaboración de mapas conceptuais (mind 42 ou similar). Taboa de rexistro de observación e

fórmulas de cálculo. (excell). Actividades lim sobre ciencias.

Explicar experimento e deseño de actividades (libros lim). Desenvolvemento dun experimento

paso a paso: prezi ou similar. Montaxe experimento con imaxes. elaborar video. movie maker ou

similar. Proxecto de montaxe dixital: stop motion.

4. EN RELACIÓN CO FOMENTO DA LECTURA E CO DESENVOLVEMENTO DO

PROXECTO LECTOR DO CENTRO.

Marcar os itinerarios lectores relacionándoos cos bloques temáticos do proxecto e deseño de

actividades sobre os mesmos.Pescudas sobre innovador@s e precurso@s. Continuación e ampliación

dos contacontos do alumnado de 6º a outros ámbitos de actuación. Uso de estratexias e habilidades

para todo tipo de lecturas. Incremento das actividades de expresión. “LER CIENCIA” na hora de ler.

Implementar as pescudas sobre diferentes aspectos relacionados co proxecto. Exposición temáticas.

Encontros con autores. A transmisión oral da información: o final do traballo na aprendizaxe.

Programación de actividades sobre os itinerarios lectores. Actividades de presentación de libros

(temática de interese) e de novidades.

5. OUTRAS ACTUACIÓNS

Continuar e ampliar o grado de colaboración coas bibliotecas públicas e escolares de Chapela.

Continuar cos empréstitos interbibliotecarios sobre determinados centros de interese. Incrementar

unha maior implicación das familias no labor da biblioteca. Incrementar actuacións relacionadas coa

atención á diversidade e as dificultades de aprendizaxe, en estreita colaboración co departamento de

Orientación.

6. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

CRITERIOS

o Grao de implicación do profesorado e do alumnado no proxecto da biblioteca. Grao de incremento

do nivel lector no alumnado. Cuantificación dos empréstitos colectivos e individuais. Grao de

importancia dos empréstitos específicos. Grao de efectividade dos materiais aportados pola

biblioteca. Grao de participación nas actividades programadas. Grao de competencia nos traballos

realizados e na transmisión da información.

PROCEDEMENTOS

o Probas periódicas de comprensión lectora realizadas polo departamento de Orientación do centro.

Cuestionario de autoavaliación sobre o funcionamento da biblioteca baseado no elaborado pola

Fundación GSR. Documentos finais de traballos elaborados polo alumnado. Documentos finais

elaborados polo equipo de biblioteca.

7. PERSOA DESIGNADA COMO RESPONSABLE/ DINAMIZADORA DA BE. EQUIPO DE

APOIO. HORARIO PREVISTO.

Persoa responsable: Laura Goldar Villar.

Tempo previsto: 4 horas semanais.