memoria do plambe 2009-2010

30
IES AFOSO X O SABIO (CAMBRE) MEMORIA BIBLIOTECA 2009/2010 PLAMBE

Upload: antonio-martinez

Post on 08-Mar-2016

237 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Memoria do traballo da Biblioteca

TRANSCRIPT

Page 1: Memoria do PLAMBE 2009-2010

IES AFO�SO X O SABIO (CAMBRE)

MEMORIA BIBLIOTECA

2009/2010

PLAMBE

Page 2: Memoria do PLAMBE 2009-2010

1.- GRAO DE CUMPRIME�TO DOS OBXECTIVOS PREVISTOS.- 1.1.- En relación á organización e xestión. O previsto era: “Propoñémonos como obxectivos os seguintes: -Explicar ao Claustro o traballo que se desenvolve na Biblioteca así como solicitar a integración de novos socentes no Equipo a da Biblioteca. -Completar a implantación do Meiga a todos os seus ámbitos posibles. -Continuar coa depuración da base de datos de rexistros. -Adquirir as propostas de novos fondos documentais e de ficción por propostas dos departamentos e do alumnado. -Creación de grupos de traballo informais ou internos para programar ou realizar actividades de dinamización concretas. -Estudar a posibilidade de solicitar ao CEFORE da Coruña a constitución dun Grupo de Traballo sobre aspectos da Biblioteca Escolar.” Valoración: Acadamos todos os obxectivos agás a constitución do Grupo de Traballo. Como datos podemos afirmar que foron rexistrados máis de 400 documentos e o préstamo aumentou significativamente, superándose os mil documentos emprestados (1.007 a 25 de maio) aos que habería que engadir os incluidos nas Mochilas Viaxeiras. 1.2.- En relación á dinamización e promoción dos recursos de biblioteca, á súa integración no tratamento do currículo e á súa contribución ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado. Os obxectivos propostos eran: “-En canto á dinamización: aumentar a colaboración coas Bibliotecas Municipais e as outras Biblioteca Escolares do municipio, especialmente co IES David Buján, desenvolvendo as canles de relación e informándoas das nosas actividades. -Aumentar as relacións cos departamentos didácticos ofrecendo os nosos servizos para desenvolver actividades de promoción lectora e de busca documental. -Adquisición de bibliografía para o profesorado sobre competencias básicas.” Traballouse en todos os obxectivos sinalados cuns resultados aceptables. 1.3.- En relación á formación de usuarios e educación para o acceso á información (educación documental ou alfabetización informacional) Os obxectivos propostos eran: “-Aumentar e consolidar as actividades de Formación de Usuarios e Usuarias, introducindo o manexo do OPAC. -Desenvolvemento de máis actividades sobre Educación Documental. -Colaboración ou impartición de docencia na materia de 1º da ESO Proxecto Interdisciplinar. -Elaboración de máis actividades de reforzo de Formación de Usuarios e Usuarias e de Educación Documental (ALFIN) -Elaboración de exposicións e guías de lectura do fondo documental e de creación.

Page 3: Memoria do PLAMBE 2009-2010

-Estudos e posta en práctica, se procede, da colaboración do alumnado nos tempos de lecer para a realización do préstamo ou de outras colaboracións na biblioteca.” A Formación de Usuarios e Usuarias foi resalizada para o alumnado de 1º da ESO. Non se desenvolveron máis actividades de Educación Documental dirixidas desde a Biblioteca. A pesar de ser solicitada non foi impartida a materia de Proxecto Interdisciplinar desde a Biblioteca. Colaborouse cos docente que solicitaron orientacións. Realizáronse, como se verá no apartado corresponde, actividades, exposicións e guías de lectura e se puso en marcha a colaboración do alumnado nos seus tempos de lecer (préstamo e colocación de fondos) 1.4.- En relación ao fomento da lectura e ao desenvolvemento do proxecto lector de centro. Os obxectivos propostos eran: “-Desenvolver máis actividades de fomento da lectura: continuar coa elaboración de guías de lectura, tanto temáticas como periódicas, como por exemplo sobre poesia, sobre GLTB, novidades didácticas para o profesorado, sagas de éxito, recomendacións para o nadal e as vacacións do verán, para o alumnado adulto... Continuar coas recomendacións dos fondos existentes, desenvolver e coordinar as posibles campañas da Xunta, tomar a iniciativa ou participar nas iniciativas que se tomen sobre campañas temporais de lectura (abril, Letras Galegas…), colaborar na celebración do Día do Libro, realizar lecturas en voz alta así como dramatizacións, estudar a continuidade dos clubs de lectura existentes; elaboración de cartéis para difundir poemas e pequenos textos. -Estudo do grao de cumprimento do Proxecto Lector do Centro. Estudo de posibles modificacións. -Elaboración do Plan Anual de Lectura do Centro. -Avaliación do Plan Anual de Lectura do Centro. Estudar posibles modificacións. -Realización dunha proposta para un tempo semanal de lectura nas aulas. -Coordinación das Actividades anuais de lectura de cada departamento e o seu seguimento. -Potenciamento do blog da biblioteca (http://biblioafonso.blogspot.com/) como medio de expresión das opinións, valoración e gustos do alumnado sobre as actividades realizadas na Biblioteca e as súas lectura. -Creación do twitter de Biblioafonso”. Realizáronse os obxectivos previstos pero debo facer algúns apuntamentos sobre o Plan Anual de Lectura e o seu seguimento. Só 11 (de 17) departamentos didácticos entregaron as actividades previstas a desenvolver aínda que moi poucos o fixeron no tempo indicado. Desta situación deuse conta á Xefaura de Estudos e na Comisión de Coordinación Pedagóxica.

Page 4: Memoria do PLAMBE 2009-2010

1.5.- Outras actuacións. O previsto era: “-Analizar o equipamento existente e estudar posibles melloras. -Potenciar a renovación dos fondos, especialmente do documental. -Potenciar o uso da documentación electrónica. -Converter á Biblioteca nun centro de actividade cultural, mantendo, entre outras actividades, os concertos.” Cremos que podemos estar satisfeitos do traballo realizado nestes eidos. 1.6.- Criterios e procedementos de avaliación. Os obxectivos marcados eran: “-Elaboración de enquisas dirixidas a todos os sectores da comunidade educativa sobre o grao de satisfacción, eficacia, participación, sobre a biblioteca e as súas actividades. -Xuntanzas periódicas de planificación e de avaliación do traballo a realizar e do traballo realizado, analizando, a partir dos obxectivos propostos, as actividades realizadas, o seu desenvolvemento e os resultados acadados.” Non acadamos o primeiro obxectivo pero si o segundo. Non obstante a finais de maio estamo elaborando unha enquisa para o alumnado de 1º de ESO. Serviranos para analizar o funcionamento da mesma e logo facela em todos os curso. 2.- HORARIO REAL ASIG�ADO Á PERSOA RESPO�SABLE E AO EQUIPO DA DA BIBLIOTECA LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES 8.30- 9.20 Profesorado

de Garda

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

9.20-10.10 Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

RECREO Amelia Velasco

François Davo

Amelia Velasco

Blanca Sebastián

Antonio Martínez

10.30-11.20 Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Antonio Martínez

Antonio Martínez

Profesorado de Garda

11.20-12.10 Antonio Martínez

Antonio Martínez

Francisca Filgueira

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

RECREO Antonio Martínez

François Davo

Mercedes López

Blanca Sebastián

Mercedes Lópes

12.30-13.20 Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

13.20-14.14 Profesorado Profesorado Profesorado Profesorado Profesorado

Page 5: Memoria do PLAMBE 2009-2010

de Garda

de Garda

de Garda

de Garda

de Garda

16.30-17.20 Profesorado

de Garda

17.20-18.10 Profesorado de Garda

A persoa responsable da Biblioteca (Antonio Martínez) tivo catro períodos lectivos e Francisca Filgueira un, para traballar na Biblioteca. Ademais outros membros do Equipo da Biblioteca atenderon os tempos de lecer do alumnado da ESO. Polo tanto neste curso dedicáronse cinco horas a facer o traballo de biblioteca cando no pasado foran nove e no anterior vinte xa que durante os recreos pouco se pode facer máis que atender ao alumnado. 3.- ACTIVIDADES DESE�VOLVIDAS En Novembro de 2009 recolleuse o diploma acreditativo do 3º Premio Nacional de Buenas Prácticas en Bibliotecas Escolares 2008 en Madrid. Dun xeito sintético as actividades foron as seguintes: 3.1.- Guías de Lectura: Guía GLTB (Gais, Lesbinas, Transexuais e Bisexuais) Novidades para docentes Guía do Nadal Obras de Fernando Lalana Libros sobre a Lectura Cine e Literatura Guía para o verán 3.2.- Poesía: Carteis Deseño dunha actividade de fomento da poesía: selección de poemas, deseño de carteis, impresión e colocación no centro, creando unha “Fraga da poesía”. Foron un total de vinte carteis aos que habería que engadir os elaborados en relación co Dia Das Letras Galegas.

Page 6: Memoria do PLAMBE 2009-2010

3.3.- Mochilas viaxeiras Posta en marcha das Mochilas Viaxeiras para 1º da ESO en novembro. O contido de cada mochila era o seguinte: un libro de ficción para o alumnado, un libro de ensaio para as familias, un cómic, dúas revistas, unha película e un cedé de música. A valoración feita polas familias, escrita no folleto explicativo que ía dentro de cada mochila, é moi positiva, valorando moito os esforzos realizados para a promoción da lectura. 3.4.- Renovación das cortizas do exterior da Biblioteca e comentarios do alumnado. Posta en marcha da cortiza “O que estou lendo paréceme…” onde o alumnado pode expresar as súas opinións sobre as súas lecturas. Para a decoración das cortizas contouse coa colaboración do departamento de Plástica. Eses comentarios súbense ao blog. 3.5.- Exposición de fondos na Biblioteca.

“Desmontando armarios” “Novidades para docentes” “Obras de Fernando Lalana” “Cine e literatura” “Libros sobre a Lectura” “Uxío Novoneyra”

3.6 Encontros con autores. En Febreiro estivo no centro Fernando Lalana. O alumnado lera previamente a súa obra “La tuneladora”. A Biblioteca preparou unha exposición coas súas obras e unha guía de lectura coas mesmas. Foi unha experiencia moi positiva para o alumnado. 3.7.- Concertos na Biblioteca. En colaboración co departamento de Músca fixéronse os seguintes concertos dentro da biblioteca:

-Decembro de 2009: alumnos e alumnas interpretaron música actual. -Xaneiro de 2010: docentes fixeron un concerto para conmemorar o Día Internacional da Paz.

3.7.- Reparto de carnets da Biblioteca e préstamo informatizado. Por fin puxemos en marcha o préstamo informatizado. Para iso foi previo a elaboración e reparto dos carnets da biblioteca a todos os usuarios e usarias.

Page 7: Memoria do PLAMBE 2009-2010

3.8.- Celebración do Día do Libro. -Exposición “Para que les?” -Exposicións co tema “Literatura e cine”. -Guía de “Cine e Literaura”. -Concurso de microrrelatos en castelá “Sea breve, por favor”. 3.9 Celebración do Día das Letras Galegas -Exposición dos fondos de e sobre Uxío Novoneyra. -Folleto con biografía e fondos sobre Uxío Novoneyra. -Elaboración dunha webquest en colaboración con O Segrel do Penedo do IES de Fene. -Elaboración dunha exposición con carteis (poemas e fotos) de Uxío Novoneyra. 3.10.- Lecturas na Biblioteca: “Anacos e flechazos” -Lecturas de pequenos textos realizadas por todos os sectores da Comunidade Educativa: alumnado, profesorado, persoal non docente, pais e nais… Tratábase de recuperar a lectura en público e en voz alta de pequenos anacos de textos (teatro, narrativa, cancións, poemas…) Foi unha experiacia moi positiva e que teremos que repetir dun xeito periódico. 3.11.- Colaboración do alumnado. -Traballo na biblioteca nos receros: matemento da orde, préstamo, colocación e ordenación dos fondos. -Comentarios de libros e películas, tanto nas cortizas do corredor da biblioteca como no blog Bibliafonso. 3.12 Programa ARCE. Tamén queremos salientar a participación no Programa ARCE cos IES Vallecas magerit (Madrid) e o IES Siglo XXI (Sevilla) co título “La Biblioteca escolar como recurso documental y punto de encuentro” que se organiza desde a Biblioteca. As actividades realizadas foron: 3.12.1.- Xuntanza en Cambre. Os días 25 e 26 de novembro 4 docentes dos IES Valleca-Magerit de Madrid e Siglo XXI de Sevilla estiveron en Cambre para concretar o desenvolvemento do Proxecto. 3.12.2.- Actividades. Elaboración de microrrelatos pola paz. Exposición de Textos pola paz dos centros IES

Page 8: Memoria do PLAMBE 2009-2010

Valleca-Magerit e IES Siglo XXI de Sevilla así como os microrrelatos do alumnado do IES Afonso X. Celebración do Día de Andalucía. Concurso e exposición de anagramas de ARCE entre os centros participantes (por certo gañado por un alumno do noso IES). Celebración do Día da Comunidade de Madrid. Chat con alumnado de Madrid e Sevilla sobre Miguel Hernández e a súa poesía atraves da rede ning creada. Selección de Poemas Galegos: caderno e presentación en Powerpoint. Realización dun documento sobre O Día das Letras Galegas e Uxío Novoneyra para os centros de Madrid e Sevilla co obxectivo da celebración deste día nesas comunidades.

3.12.3.- Mobilidades. Viaxe con alumnos e alumnas a Madrid do 27 ao 30 de abril de 2010. Viaxe de dous docentes a Sevilla do 26 ao 28 de maio de 2010 3.13.- Presenza na Internet. A Biblioteca está presente na páxina web do IES. Biblioafonso (http://biblioafonso.blogspot.com/), o blog da biblioteca medrou considerablemente ao aumentar a número de entradas (case setenta entradas desde xaneiro a maio, é decir, tres por semana) destacando a colaboración do alumnado ao preparar textos sobre os libros lidos ou películas vistas. Tamén foi modificado o seu panel lateral para ofrecer máis información (busca de información, outros blogs…) aos nosos usuarios e usuarias. Outras novidades salientables foron -a creación do noso Twitter (http://twitter.com/Biblioafonso), -a nosa canle en Youtube (http://www.youtube.com/user/Biblioafonso?feature=mhw5) e -o noso perfil no Facebook (http://es-la.facebook.com/people/Biblioafonso-O-Bosque-Animado/100001048908200). 3.14.- Publicacións. Neste curso a Biblioteca “O Bosque Animado” continuo aumentando o número de textos escritos para diversas publicacións. Se xa con anterioridade se fixeran eco do noso traballo revistas como Mi Biblioteca (nº 12) e Ensaio do CFR da Coruña no presente curso foi publicado: “IES Afonso X O Sabio” En Bibliotecas Escolares. Premios 2008. Madrid, Ministerio de Educación, 2009,

Page 9: Memoria do PLAMBE 2009-2010

páx. 189-197. Tamén foi entregado un orixinal para a revista Educación y Biblioteca relativo ao uso de Twitter na biblioteca escolar. 3.15 Colaboración co Equipo de Dinamización e �ormalización Lingüística. Realizáronse varias actividades cos EDNL como foron a presenza de Celso Sanmartín ou na organización e difusión do XVII Certame Literario de Cambre. 3.16 O Club de Lectura “O Bosque Animado” O noso Club de Lectura, "O Bosque Animado", no presente curso 2009-10, contou e conta aínda coas colaboración de seis docentes de diferentes departamentos (Relixión Católica, Francés, Inglés, Castelán, Filosofía) que traballaron con setenta e seis lectores de 1º, 2º e 4º da ESO, e de 1º e 2º de bacharelato. Foron e son vistos dez libros de literatura, dous contos, un cómic e unha película en DVD. Unha das profesoras (Relixión Católica) ten prevista unha saída fóra do IES coa intención de facer unha lectura colectiva nos arredores de Cambre, saída aínda pendente de aprobación polo Consello Escolar. As profesoras do Departamento de Inglés, pola súa parte, e o de Filosofía, por outra, abriron en total tres blogs enlazados co blog Biblioafonso, da nosa biblioteca: - http://scotlandcuartoeso.blogspot.com/ - http://vidadeestechicobiblioafonso.blogspot.com/ - http://viejaescuelabiblioafonso.blogspot.com/ - http://clelbosqueanimado.blogspot.com/ Todos os grupos fixeron ata agora varias reunións para ler ou comentar as lecturas, e aínda terán máis a maioría deles. 4.- GRAO DE IMPLICACIÓ� DO CE�TRO E DA COMU�IDADE EDUCATIVA Dentro da vida interna do IES podemos salientar as seguintes actuacións: 4.1.- �o Claustro A inicios do presente curso reitérase a invitación a participar no Equipo da Biblioteca a todos os docentes. Insístetese na características de que é un grupo aberto e en permanente formación.

4.2.- �a Comisión de Coordinación Pedagóxica. -Informes periódicos das actividades previstas e desenvoltas na CCP: -Outubro: resume da actividades que

Page 10: Memoria do PLAMBE 2009-2010

desenvolve a Biblioteca. Debate sobre a conveniencia de facer ou non concertos na biblioteca. Insistencia en que os departamentos entreguen as súas actividades para incluilas no Plan Anual de Lectura. -Novembro: inclusión no grupo para estudar propostas de novo repartos de fondos para os departamentos.

4.3.- Proposta de modificación do Regulamento de Réxime Interior.

Foron aceptadas todas as propostas da Biblioteca para o novo RRI e que basicamente recollen as “orientacións” incluídas nas convocatorias do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares de Galicia.

4.4.- Proposta de modificación do reparto dos fondos económicos dos

departamentos didácticos para aumentar a partida correspondente á Biblioteca. Tras telo solicitado hai un ano, o claustro aprobou o incremento do 100% no orzamento ordinario da Biblioteca. Chégase aos 635 euros.

4.5.- Relación coa AMPA: colaboración económica para o mantemento da colección de publicacións periódicas e fixeron unha achega extraordinaria para o mantemento da colección da Biblioteca.

4.6.- Equipo da Biblioteca.

Realizáronse xuntanzas periódicas das que se levantou a acta correspondente. O Equipo quedou composto por dez persoas. Debo salientar que só unha parte do Equipo tiña dedicación horaria á Biblioteca (tempos de mecer do alumnado da ESO) mais, e a pesar diso, o traballo e as actividades da Biblioteca non foron a menos posto que todos traballaron fóra do seu horario lectivo e dun xeito voluntario, pudéndose cumplir case todos os obxectivos previstos. Débese salientar a presenza na Biblioteca dunha coidadora asignada a un alumnos con síndrome de Down. Os seus tempos sen adicación a este alumno pasounos na Biblioteca desenvolvendo un importante traballo.

Page 11: Memoria do PLAMBE 2009-2010

5.- GRAO DE I�TEGRACIÓ� DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA �OS PROCESOS DE E�SI�A�ZA E APRE�DIZAXE DAS DIVERSAS ÁREAS DO CURRICULUM A intregración dos recursos documentais e de ficción na práctica cotiá da vida pedagóxica do centro e no tratamento dos contidos curriculares vai medrando paseniñamente. Aínda son relativamente poucos os docentes que empregan a Biblioteca como un recurso documental para o desenvolvemento dos contidos curriculares das súas materias. Igualmente tampouco o alumnado precisa dos recursos documentáis ofertados na Biblioteca para a súa práctica académica cotiá, a pesar de que imos notando un sensible aumento. Sen embargo, constatamos un maior aproveitamento dos recursos da Biblioteca na educación para o acceso á información. Polo tanto, a Biblioteca conta con posibilidades de mellorar no eido da procura da adquisición das competencias básica do alumnado. Plan Anual de Lectura Debemos indicar que tan só oito departamentos didácticos entregaron a principios e de curso as súas actividades para desenvolver o Proxecto Lector. Debemos mellorar esta situación. Ao remate do presente curso lembrarase aos Xefes de Departamento a necesidade de elaborar unha memoria sobre o desenvolvemento das actividades relativas ao Plan Anual de Lectura. En conxunto, sendo este o obxectivo prioritario dunha Biblioteca escolar, debemos manifestar que aínda non temos un funcionamento aceptable.

Page 12: Memoria do PLAMBE 2009-2010

6.- ACTIVIDADES DE FORMACIÓ� DO ÁMBITO DA BIBLIOTECA ESCOLAR �AS QUE SE PARTICIPOU Asistencia ás seguintes actividades: -Encontros dos centros de PLAMBE, José Antonio Martínez García -Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, José Luis Úbeda González. -Xornada de Clubs de Lectura en xuño prevista a asistencia de José Luis Úbeda González. -Curso “Investigación documental na biblioteca escolar, a través das TIC (Educación Documental II)” realizado por Amelia Velasco Pazos e Francisca Filgueira Ameneiros. Impartíuse docencia relacionada coas Bibliotecas Escolares en: -En Inforensino, Lugo, sobre as experiencias do blog Biblioafonso. -No CFR da A Coruña sobre o elaboración e uso dos blog na Biblioteca Escolar. -Nun Grupo de Traballo do IES de Ponteceso sobre o elaboración e uso dos blog na Biblioteca Escolar. -No CFR de Lugo sobre as experiencias do blog Biblioafonso. 7.- PRODUCIÓ� DE MATERIAIS 7.1 Guías de Lectura:

-Guía GLTB “Desmontando armarios” (Gais, Lesbinas, Transexuais e Bisexuais) -Fernando Lalana -Guía para o Nadal -Novidades para docentes -Libros sobre a Lectura -Literatura e cine -Guía para o verán (xa está feita a selección pero aínda non chegou da imprenta) 7.2 Folletos: -“Selección de Poemas da literatura galega” para o Programa ARCE -“Uxío Novoneyra” 7.3 Poesías: -Elaboráronse 20 carteis en tamaño A3 a cor cunha selección de poemas e fotografías realizada por docentes.

Page 13: Memoria do PLAMBE 2009-2010

8.- AVALIACIÓ� REALIZADA A pesares da diminución de horas de atención á biblioteca por parte do Equipo (Curso 07-08: 20 horas; Curso 08-09: 9 horas; Curso 09-10 5 horas) desexo manifestar que o elevado grado de compromiso co traballo a desenvolver posto que, traballando fóra do seu horario, o número de actividades incrementouse con respecto ao ano anterior. De todos os xeitos é unha situación que se debe modificar para a súa mellora. Debemos mellorar no proceso de implicación do profesorado coa Biblioteca para que esta sexa realmente un centro destinado á aprendizaxe. Tamén deberemos mellorar a situación do Proxecto Lector e o Plan Anual de Lectura. A situación das gardas na biblioteca é manifestamente mellorable xa que cando falta algún docente o alumnado, acompañado polo profesorado de garda, pode estar na Biblioteca. Mais o seu comportamento non é o axeitado. O alumnado de bacharelato nos seus tempos de lecer non está ben atendido xa que, por unha banda, non hai ningún membro do equipo da Biblioteca presente e, por outra, poden compartir o espazo con alumnado da ESO que están na Biblioteca co profesorado de garda. En canto á avaliación cualitativa e cuantitativa do uso da Biblioteca pola Comunidade Educativa prácticamente non fixemos ningún estudo. Debemos mellorar esta situación. 9.- PREVISIÓ�S DE FUTURO. 9.1.- En relación á organización e xestión. Propoñémonos como obxectivos os seguintes: -Realización dunha xuntanza semanal en horario lectivo do centro pero fóra do horario dos docentes. - Mellorar a coordinación entre os membros do Equipo. -Proporlle á Inspección e á Dirección a posibilidade de que a persoa responsable da Biblioteca teña unha dedicación horaria suficiente para desenvolver o maior traballo posible neste servizo. -Proporlle á Dirección a posibilidade de que os docentes membros do Equipo da Biblioteca teña unha dedicación horaria suficiente para desenvolver o maior traballo posible neste servizo. -Explicar ao Claustro o traballo que se desenvolve na Biblioteca así como solicitar a integración de novos docentes no Equipo a da Biblioteca. -Completar a implantación do Meiga a todos os seus ámbitos posibles. -Continuar coa depuración da base de datos de rexistros. -Adquirir as propostas de novos fondos documentais e de ficción por propostas dos departamentos e do alumnado. -Creación de grupos de traballo informais ou internos para programar ou realizar actividades de dinamización concretas.

Page 14: Memoria do PLAMBE 2009-2010

-Solicitar ao CEFORE da Coruña a constitución dun Grupo de Traballo sobre aspectos da Biblioteca Escolar. 9.2.- En relación á dinamización e promoción dos recursos de biblioteca, á súa integración no tratamento do currículo e á súa contribución ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado. Os obxectivos propostos son: -En canto á dinamización: aumentar a colaboración coas Bibliotecas Municipais e as outras Biblioteca Escolares do municipio, especialmente co IES David Buján, desenvolvendo as canles de relación e informándoas das nosas actividades. -Aumentar as relacións cos departamentos didácticos ofrecendo os nosos servizos para desenvolver actividades de promoción lectora e de busca documental. -Adquisición de bibliografía para o profesorado sobre competencias básicas. 9.3.- En relación á formación de usuarios e educación para o acceso á información (educación documental ou alfabetización informacional) Os obxectivos propostos son: -Aumentar e consolidar as actividades de Formación de Usuarios e Usuarias, introducindo o manexo do OPAC. -Desenvolvemento de máis actividades sobre Educación Documental. -Colaboración ou impartición de docencia na materia de 1º da ESO Proxecto Interdisciplinar. -Elaboración de máis actividades de reforzo de Formación de Usuarios e Usuarias e de Educación Documental (ALFIN) -Elaboración de exposicións e guías de lectura do fondo documental e de creación. -Estudos e posta en práctica, se procede, da colaboración do alumnado nos tempos de lecer para a realización do préstamo ou de outras colaboracións na biblioteca. 9.4.- En relación ao fomento da lectura e ao desenvolvemento do proxecto lector de centro. Propoñemos como obxectivos: -Desenvolver máis actividades de fomento da lectura: continuar coa elaboración de guías de lectura, tanto temáticas como periódicas, continuar coas recomendacións dos fondos existentes, desenvolver e coordinar as posibles campañas da Xunta, tomar a iniciativa ou participar nas iniciativas que se tomen sobre campañas temporais de lectura (abril, Letras Galegas…), colaborar na celebración do Día do Libro, realizar lecturas en voz alta así como dramatizacións, estudar a continuidade dos clubs de lectura existentes. -Estudo do grao de cumprimento do Proxecto Lector do Centro. Estudo de posibles modificacións. Cómpre mellorar o grao de implicación da comunidade docente no desenvolvemento do Plan Anual de Lector e do Proxecto Lector. -Elaboración do Plan Anual de Lectura do Centro. -Avaliación do Plan Anual de Lectura do Centro. Estudar posibles modificacións. -Estudo da imprantación dun tempo para a lectura en 1º da ESO. -Coordinación das Actividades anuais de lectura de cada departamento e o seu seguimento. -Potenciamento da presenza da Biblioteca na internet.

Page 15: Memoria do PLAMBE 2009-2010

9.5.- Outras actuacións. -Analizar o equipamento existente e estudar posibles melloras. -Potenciar a renovación dos fondos, especialmente do documental. -Potenciar o uso da documentación electrónica. -Converte á Biblioteca nun centro de actividade cultural, mantendo, entre outras actividades, os concertos. 9.6.- Criterios e procedementos de avaliación. -Elaboración de enquisas dirixidas a todos os sectores da comunidade educativa sobre o grao de satisfacción, eficacia, participación, sobre a biblioteca e as súas actividades. -Xuntanzas periódicas de planificación e de avaliación do traballo a realizar e do traballo realizado, analizando, a partir dos obxectivos propostos, as actividades realizadas, o seu desenvolvemento e os resultados acadados. En Cambre, de xuño de 2010 O Responsable do PLAMBE e Vº e prace Dinamizador da Biblioteca O Director Asdo.- J. Antonio Martínez García Alfredo Pena García ANEXO: No cd que acompaña esta Memoria van as seguintes carpetas: -Memoria. -Fotos dalgunhas das actividades desenvolvidas. -Guías de recomendacións de lecturas elaboradas. -Carteis elaborados.

Page 16: Memoria do PLAMBE 2009-2010

PROXECTO LECTOR

IES AFO�SO X O SABIO (Cambre)

Page 17: Memoria do PLAMBE 2009-2010

El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho

Miguel de Cervantes Saavedra

Proxecto lector

I�TRODUCCIÓ�

“As habilidades lectoras teñen unha influencia decisiva sobre o proceso de aprendizaxe

e a necesidade de creación dun hábito no manexo da información polos cidadáns, como

ferramenta imprescindible para a súa inserción nas sociedades desenvoltas. A escola,

xunto co contorno familiar, é o lugar onde se deben adquirir e consolidar os hábitos

lectores e onde se deben desenvolver as estratexias de acceso e uso da información

como instrumento de aprendizaxe continuado.

Durante o período de escolarazación obrigatoria, o individuo adquire as pautas de

persanalidade e hábitos de comportamento que o definirán durante o resto da súa vida.

É, polo tanto, nesta etapa cando se deben poñer os medios para inclucar uns principios

que fagan do neno un futuro cidadán capaz de seleccionar a información que día a día

lle chega e de exercer unha valoración crítica desta información.”1

Como se afirma no Plan de Lectura y de Bibliotecas Escolares en losc entros

educativos públicos de Andalucia “Os centros educativos xogan un papel esencial no

fomento de actitudes positivas en torno ao libro e á lectura, sendo institucións claves

que poden vertebrar proxectos globais de lectura a medio e longo prazo, a través da

elaboración dun plan adaptado e sistemático de actuacións. Asemesmo, dispoñen de

recuros como as bibliotecas escolares que garanten a existencia de fondos en soportes

1 Leer nos diferencia. Plan de fomento de la lectura de la Comunidad de Madrid. (2006) Madrid, Comunidad de Madrid, páx. 26

Page 18: Memoria do PLAMBE 2009-2010

variados para o achegamento do alumnado tanto aos textos da literatura clásica e

contemporánea, como a outros tipos de texctos de carácter informativo e documental.”2

A competencia lectora inclúe unha ampla gama de coñecementos e destrezas, poñendo

en acción múltiples procesos entre os que interveñen a capacidade de rezoamento, a

memoria e os coñecementos provios do lector ou da lectora. Aínda que a aprendizaxe do

código faise axiña, cómpre, posteriormente, un proceso asociativo lento que que require

unha práctica intencionada e sistemática.

O Proxecto Lector é un documento que debe ser operativo, flexible, realista, abarcable,

progresivo. O Proxecto Lector ten entre outras as seguinte funcións:

• Ser un instrumento de planificación que parte da análise de necesidades.

• Favorece a integración curricular da competencia lecto-escritora.

• Ser un referente didáctico que orienta na elaboración, desenvolvemento e

avaliación das programacións didácticas.

• Estimular o emprego de metodoloxías máis activas e aprendizaxes máis

significativas.

• Estimular o traballo cooperativo dos docentes.

• Dinamizar a lectura no centro e no contorno.

• Coordinar o uso de recursos e a busca de apoio. (PASCUAL, 4)

Un Proxecto Lector debe partir do convencimento de que a calquera idade pode xurdir o

desexo de ler e, polo tanto, o feito de poder desenvolver o hábito lector.

Un Proxecto Lector non pode ser a suma interminable de lecturas recomendadas polos

Departamentos didácticos.

Un Proxector Lector non debe ter por consecuencia a obrigación para o alumnado de ler

moitoas libros senón o de facilitarlles o acceso á lectura.

2 http://www.juntadeandalucia.es/educacion/portal/com/bin/planlyb/contenidos/PLAN_LyB/documento_planLyB/1170763477017_plan_lectura_y_biblioteca_23-01-2006.pdf, páx. 4

Page 19: Memoria do PLAMBE 2009-2010

1.- Análise do contexto en materia de lectura: Contexto ou situación de partida:

Analizar cada sector: alumnado, familias, profesorado e recursos

1.1 Alumnado

A análise da relación do alumnado coa lectura e a escritura forma parte do eido

científico da socioloxía. O profesorado temos o convencimento de que o noso alumnado

le moi pouco por pracer e case nada en galego. Non obstante, e sen pretender sermos

exahustivos, débese dicir que segundo o Informe do Centro de Investigación e

Documentación Educativa de 2007 o grupo de idade comprendido entre os 14 e o 24

anos é o máis lector (entre un 72 e un 75% nos últimos tres anos é considerado lector

habitual posto que dedica algún tempo á lectura todas as semana, esta porcentaxe vai

diminuindo ata o 31 % do grupo de idade que supera os 65 anos) A un 45% de mozos e

mozas de 15 e 16 anos lles gusta ler moito e mesmo a unha gran parte gustaríalles ler

máis. O principal motivo que lles leva á lectura é o pracer (53%). Sen embargo netre as

dez activadades en que poden pasar o tempo de lecer, a lectura ocupas o noveno posto

entre as súas preferencias. Cando máis len é nas vacacións e durante as fins de semana.

En canto ás súas preferencias destaca o terroo (50%), seguido das aventuras,

misterio/espionaxe e o humor.

Entre os 15 e os 16 anos contan cunha biblioteca mínimamente dotada, xa que só o 25%

ten máis de 50 libros, cousa que non é de estrañar porto que no 56% dos fogares dos

adolescentes hai menos de 100 libros. As súas lectura proveñen maioritariamente da súa

biblioteca familiar posto que só o 24% utiliza o empréstito das bibliotecas.

Pódese suliñar que o nivel de estudos dos pais inflúe de maneira decisiva nos hábitos

lectores dos mozos e das mozas. Os fillos e fillas de pais con estudos universitarios

teñen máis probabilidades de ser lectores frecuentes.

Finalmente hai que destacar que o rendemento académico e os hábitos lectores están

fortemente asociados. O alumnado que mellores cualificacións obtén é tamén o que

máis le.

Débese engadir que gran parte da actividade académica está a empregar como recuros

maioritario a lectura e a escritura, polo que son a ferramentas habitual do noso

alumnado.

Page 20: Memoria do PLAMBE 2009-2010

Fronte a esta situación de lectura voluntaria polo alumnado hai que engadir unha serie

de consideracións:

-Lese máis nas cidades.

-Lese máis canto máis elevada é a posición socio-económica da familia.

-Lese máis en castelán que en galego.

1.2 As Familias

Na socioloxía da lectura está moi consolidada a consideración de que uns pais lectores

fan fillos e fillas que consideren a lectura como algo positivo, cando non necesario para

o seu crecemento persoal. O Proxecto Lector do Centro debe artellar iniciativas que

fomenten a lectura e a súa consideración no ámbito familiar.

1.3 O Profesorado

Aínda que perdeu importancia como referente educativo e culural, o seu posicionamento

sobre a lectura e a escritura considerase un elemento moi importante. A súa actitude

sobre o libro, a escritura e os seus comentarios sobre todo o que rodea a este eido

cultural (bibliotecas, programas televisivos de lectura, novidades editorais, etc) deben

ser considerados como necesarios.

O Profesorado non pode sentir o Plan Lector como unha necesidade imposta, como un

documento burocrático máis, como un producto pechado e rematado, como unha

complicación máis para o seu traballo.

Obxectivos do Plan Lector

Ler e escribir son accións que supoñen e reforzan as habilidades que permiten buscar,

recompilar e procesar información, e ser competente á hora de comprender, compoñer

e utilizar distintos tipos de textos con intencións comunicativas ou creativas diversas. A

lectura facilita a interpretación e comprensión do código que permite facer uso da

lingua escrita e é, ademais, fonte de pracer, de descubrimento doutros contornos,

idiomas e culturas, de fantasía e de saber, todo o cal contribúe pola súa vez a

conservar e mellorar a competencia comunicativa.

Page 21: Memoria do PLAMBE 2009-2010

Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación

secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

A responsabilidade de formar lectores e lectora non é excluiva da escola. Tamén a

familia, outras institucións como as bibliotecas ou os medios de comunicación tamén

teñen parte de responsabilidade. Non obstante, os centros educativos deben garantir a

competencia lectora do alumnado e propiciar as condicións para que poida cultivarse o

hábito lector.

O Plan Lector supón, ou ha de supor, un esforzo de sistematización e coordinación da

ensinanza da lectura. A súa finalidade deberá ser que o alumnado sexa lector

competente, é dicir, que sexa quen de ler con precisión e rapidez, que desenvolva a

habilidade para comprender, reflexionar e interaccionar cos textos que se atope

motivado cara á lectura por pracer ou porque a recoñece como un medio insustituible

para a prendizaxe (IZA, 2006, 26)

1.- Acadar as compentencias básicas en lectura e escritura nas dúas linguas oficiais:o

desenvolvemento sistemático da competencia lecto-escritora.

2.- Converter a lectura nunha estratexia metodolóxica para a mellora da aprendizaxe

3.- Fomentar e aumentar o interese pola lectura, incorporándoa no currículo a través de

intervencións sistematizadas na aula e na biblioteca escolar coa fin de formar lectores

competentes.

4.- Entender a Promoción da Lectura como unha actividade académica, e polo tanto con

formulacións didácticas, pero tamén lúdica

5.- Traballar (ler e escribir) con todo tipo de textos: literarios, expositivos, xornalísticos,

publicitarios, gráficos; en soporte impreso ou electrónico.

6.- Ensinar estratexias de comprensión lectora levando a cabo ao longo de todo o curso

intervencións de comprensión lectora e desenvolvemento do hábito lector, evitando

actividades illadas, non enmarcadas nun plan de intervención con continuidade e

coherencia.

Page 22: Memoria do PLAMBE 2009-2010

7.- Enterder a lectura como unha ferramenta para aprender, coñecer, informarse,

comprender, distraerse, gozar.

8.- Aumentar o uso da biblioteca escolar e das bibliotecas municipais.

9.- Implicar ás familias no plan lector.

Compromisos do Claustro

-O equipo directivo sensibiliza, innova, impulsa e sostén a filosofía do proxecto.

-Todo o profesorado do centro promove a lectura nunha liña consensuada e de

referencia común de actuación.

-Introdúcense como puntos da orde do día das xuntanzas de departamentos aspectos

relacionados co Proxecto Lector.

-Inclúesen nas nas programacións docentes a lectura como elemento transversal clave

para o desenvolvemento de todas as materias e planifícase o uso dos recursos

bibliotecarios.

-Artellaranse protocolos de coordinación entre os centros de primaria e secundaria en

canto a obxectivos e principios esenciais dos proxectos lectores e uso da biblioteca.”3

2.- Incluir todas as intervencións en relación coa lectura, a escritura e as

habilidades informativas de todas e cada unha das materias.

2.1 Desenvolvemento sistemático da competencia lecto-escritora:

2.1.1 Nas lingua escolares:

2.1.2 Nas outras materias:

2.1.3 Apoio ao alumnado con baixo rendimento:

2.2 Impulso da hábito lector:

Para que o alumnado poda facer uso de todas as posibilidades que oferta a lectura no seu

desenvolvemento persoal, cómpre ter un ambiente estimulante. Por iso, a promoción

lectora “non pode consistir exclusivamente nunha serie de actividades puntuais e

chamativas, senón en accións incardinadas na dinámica escolar e levadas acabo con

regularidade” (IZA, 2006, 35) Semella imprecindible que para acadar o hábito lector

3 Íbidem.

Page 23: Memoria do PLAMBE 2009-2010

débase ter unha boa competencia lecto-escritora, xa que un dos motivos do escaso

hábtio lector son as dificultades de comprensión do que se le.

A promoción da lectura pódese desenvolver na aula, no centro e fóra deste. Actuando

sobre estes tres aapratados poderase crear un auténtico clima lector.

2.2.1 Na aula: Clima lector, biblioteca de aula.

A aula debe ser onde se desenvolvan as principais actividades do Proxecto Lector

(lectura comprensiva diaria, contacto con textos diversos, debates sobre textos, etc)

Ditas actividades debe estar graduadas nas súas dificultades e secuenciadas por cursos.

2.2.2 No centro: Clima lector, biblioteca de centro.

Pódense contemplar, entre outras, as seguintes actividades4:

*De producción: talleres creativos, elaboración de xornais, de traballo documental,

creacicón de clubs de lectura, desenvolvemento do blog...

*Que potencien a utilización dos recursos dispoñibles no centro, nas bibliotecas

públicas(formación de usuarios e usuarias, intervencións para o desenvolvemento de

habilidades de información e investiagción...

*De recepción de aopios externos: visita dun autor/a, ilustradores/as, investigadores/as,

editores/as, xornalistas...

*De complemento e enriquecimento das experiencias dos participantes no Plan Lector a

través de saídas: visitas a xornais, librerías, bibliotecas, centros de documetnación,

teatros, exposicións...

*Relacionadas con celebracións e efemérides: día do libro, da biblioteca, homenaxe a

obras, persoaxes...

*De proxección social e de peche para culminar os proxectos lectores: exposicións,

xoernadas, presentación de experiencias...

2.2.3 Fóra do centro: implicación das familias, colaboración coas bibliotecas municipais

e outras institucións.

4 Cfr Plan de Lectura y de Bibliotecas Escolares en losc entros educativos públicos de Andalucia (2006, 12)

Page 24: Memoria do PLAMBE 2009-2010

Todos os departamentos didácticos e todas e cada unha das súas materias, en

cumprimento da normativa en vigor, incluirán as medidas adoptadas para desenvolver

esta competencia básica e determinarán como e cando lle adicarán o tempo á lectura.

A Biblioteca

Continuará facendo exposicións temáticas coa súa correspondente guía de lectura en

colaboración cos departamentos; recomendará libros cada mes nas súas cortizas; fará

unha guía de lectura por trimestre; potenciará o seu blog como ferramenta de

participación da comunidade educativa; traballará a formación de usuarios e usuarias

para acadar a súa autonomía na biblioteca; ofertará, de novo, un club de lectura tanto

para o alumnado como para as familas con actividades presenciais e/ou atrvés do blog..

Medidas concretas propostas:

¿Como ler en todas as materias?

Deixar en tempo unha vez á semana en cada materia? ¿Que se lería?:

Recursos do Plan Lector.

Os recurosos económicos serán os de cada Departamento didáctico así como os da

Biblioteca.

Os recurosos documentais serán os existentes en cada departamento didáctico e na

Biblioteca. Ademais pódese contar cos recursos doutros centros educativos e das

bibliotecas públicas.

Poderanse habilitar Bibliotecas de aula ben con fondos prestados desde a Biblioteca,

ben con fondos aportados polo alumnado

Equipar cada aula con estanterías para a biblioteca de aula.

Criterios e procedementos de Avaliación do Plan Lector.

Non se poden esperar resultados espectaculares a curto prazo sobre os obxectivos

propostos.

Page 25: Memoria do PLAMBE 2009-2010

Realizarase unha avaliación continuada dos avances ou dificultades da posta en marcha

do proxecto e das súas concrecións nos plans anuais de lectura. A avaliación será anual.

A persoa encargada da elaboración do Proxecto Lector elaborará unha Memoria Anual.

Para a avaliación de aspectos relacionados co hábito lector teranse en conta, non só os

índices de lectura, senón tamén a capacidade do alumnado para avanzar na súa

competencia literaria e ser quen de enfrontarse a textos cada vez máis complexos, así

como a súa actitude diante da lectura como medio para a aprendizaxe, fonte de pracer e

recurso para o desenvolvemento persoal.

Ver: http://www.ince.mec.es/pub/pubintn.htm Exemplos de avaliacións internacionais

de comprensión letora

Plan Anual

Todas e cada unha das medidas elaborados por cada Departamento

A avaliación será anual. A persoa encargada da elaboración do Proxecto Lector

elaborará unha Memoria Anual.

Page 26: Memoria do PLAMBE 2009-2010

Anexo lexislativo

-Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (Boletín Oficial del Estado, 4-V-

2006) art. 26.2 (“...A fin de promover el hábito de la lectura¸ se dedicará un tiempo a

la misma en la práctica docente de todas las materias) e 113.3.

-Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación

secundaria obrigatoria na Comunidade Autónma de Galicia (Diario Oficial de Galicia,

13-VII-2007) Art. 5.5. “A lectura constitúe un factor primordial para o

desenvolvemento das competencias básicas. Os centros docentes garantirán na práctica

docente de todas as materias un tempo dedicado á lectura en todos os cursos da etapa,

de acordo co proxecto lector do centro, ao constituír a lectura un factor esencial para o

desenvolvemento das competencias básicas”.

Art.7.6. Sen prexuízo do tratamento específico nalgunhas das materias deste curso, a

comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da

información e a comunicación, e a educación en valores traballaranse en todas elas.

-Orde do 17 de xullo de 2007 pola que se regula a percepción da compoñente singular

do complemento específico por “función titorial e outras funcións docentes” (Diario

Oficial de Galicia, 24-VII-2007)

Page 27: Memoria do PLAMBE 2009-2010

Bibliografía Animar a escribir para animar a leer, (1999), Salamanca, Fundación Germán Sánchez

Ruipérez.

CASSANY, D. (2006): Tras las líneas. Sobre la lectura contemporánea, Barcelona,

Anagrama.

CASTÁN, Guillermo (2002): Las bibliotecas escolares, soñar, pensar, hacer, Sevilla:

Díada.

Cómo elaborar el plan de lectura comprensiva en un instituto de secundaria. Dos

ejemplos prácticos. (2006), Navarra: Gobierno de Navarra, Departamento de Educación

y Cultura.

Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación

secundaria obrigatoria na Comunidade Autónma de Galicia (Diario Oficial de Galicia,

13-VII-2007)

EQUIPO PEONZA (2001) : El rumor de la lectura, Salamanca, Anaya.

GARCÍA GUERRERO, J. (1999): La biblioteca escolar, un recurso imprescindible.

Propuestas y materiales para la creación de ambientes lectores en los centros

educativos, Sevilla: Consejería de Educación y Ciencia.

IZA DORRONSORO, L. (2006): El plan de lectura en los centros de Educación

Infantil y Primaria, Navarra: Gobierno de Navarra, Departamento de Educación y

Cultura.

Lei 17/2006, do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia (Diario Oficial de

Galicia, 10-I-2007)

Leer nos diferencia. Plan de fomento de la lectura de la Comunidad de Madrid. (2006)

Madrid, Comunidad de Madrid.

Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (Boletín Oficial del Estado, 4-V-

MACHADO, A.M. (2002): Lectura, escuela y creación literaria, Salamanca, Anaya.

MORENO, V. (2003): Leer para comprender, Navarra: Gobierno de Navarra,

Departamento de Educación y Cultura.

MORENO, V. (2004): Lectores competentes, Madrid: Anaya.

MORENO, V. (2003): Leer para comprender, Gobierno de Navarra, Departamento de

Educación y Cultura.

NOVOA FERNÁNDEZ, C. “Educación, lectura e compromiso. Biblioteca escolar,

espazo para a utopía”, Grial. Revista Galega de Cultura, XLV, num. 173, pp.54-67.

Page 28: Memoria do PLAMBE 2009-2010

¿=uevas lecturas? ¿=uevas formas de leer? Lectura y escritura multimedia en las

bibliotecas públicas y escolares (XIII Jornadas de Bibliotecas Infantiles, Juveniles y

Escolares) (2005), Salamanca: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Orde do 17 de xullo de 2007 pola que se regula a percepción da compoñente singular

do complemento específico por “función titorial e outras funcións docentes” (Diario

Oficial de Galicia, 24-VII-2007)

PASCUAL DIEZ, J. Los planes lectores de centro: entre la moda y la oportunidad para

la innovación de la educación lectora.

Plan de Lectura y de Bibliotecas Escolares en los centros educativos públicos de

Andalucia (2006)

SOLÉ, I. (1992): Estrategias de lectura, Barcelona: Graó.

VALVERDE, P., CARRASCO, E., MUÑOZ, J.M. (1997): La biblioteca, un centro-

clave de documentación escolar. Organización, dinamización y recursos en Secundaria,

Madrid: Narcea.

YÁGUEZ, E. e ZAMORA, M.J. (2006): Guía práctica para el desarrollo y

dinamización de la Biblioteca escolar en Secundaria, Madrid, MEC-CIDE.

Recursos electrónicos

http://www.ifla.org/VII/s11/pubs/mani-s.htm

Manifiesto de la Biblioteca Escolar. U=ESCO/IFLA.

http://www.ifla.org/VII/s11/pubs/sguide02-s.pdf

Directrices de la IFLA/U=ESCO para la biblioteca escolar (2002).

http://www.sai.com.ar/bibliotecologia/boletin/imagenes/bie027_normas_escolares.pdf

Sistema Nacional de Bibliotecas (2005) . =ormas para bibliotecas escolares. Perú.

http://w3.cnice.mec.es/recursos2/bibliotecas/html/encuen/03conclu.htm

Conclusións do Primer encuentro nacional de Bibliotecas Escolares. Madrid, 13, 14 e

15 de marzo de 1997.

http://www.fundaciongsr.org/documentos/7667.pdf

Page 29: Memoria do PLAMBE 2009-2010

Resumen y conclusiones del Primer Congreso nacional de bibliotecas escolares.

Salamanca, 18, 19 e 20 de outubro de 2006.

www.edu.xunta.es/portal

Sección de bibliotecas escolares no portal educativo da Xunta de Galicia.

http://www.rbe.min-edu.pt/index.htm

Sitio web da Rede de Bibiotecas Escolares de Portugal. Abundante, completa, selecta e

precisa información sobre bibliotecas escolares, desde a formación teórica ata o custe

aproximado do mobiliario necesario. Modelo a seguir.

http://w3.cnice.mec.es/recursos2/bibliotecas/

Sitio web do Ministerio de Educación que aporta a documentación imprescindible para

o coñecemento das bibliotecas escolares. Ademais ofrece ligazóns con moitas

bibliotecas de centros educativos.

http://www.pnte.cfnavarra.es/profesorado/recursos/biblioteca/

Sección sobre bibliotecas escolares do goberno de Navarra. Sen dúbida a sección máis

interesante é a de publicacións posto que permite acceder e descargar as mesmas en

formato pdf.

http://bidoc.ub.es/pub/bescolar

Páxina dedicada ao mundo da biblioteca escolar, sendo moi útil para a iniciación. Conta

con recursos, documentación, actividades, ligazóns de interese, etcétera.

http://www.plec.es/

Bibliotecas escolares, proxecto de lectura, bibliografía básica para as bibliotecas dos

centros educativos e moito máis.

http://www.ince.mec.es/pub/pubintn.htm

Exemplos de avaliacións internacionais de comprensión letora PIRLS, PISA

http://cepaxarquia.org/proyectos_lyb/orientaciones_para_elaborar_proyectos_lectores.p

df

Parte do traballo sobre Bibliotecas Escolares e a Lectura da Delegación Provincial de

Málaga.

Page 30: Memoria do PLAMBE 2009-2010