memoria curso 2016-2017 - edu.xunta.gal informe do claustro e do consello escolar referido Á...

187
MEMORIA CURSO 2016-2017 CEIP de VIÑAGRANDE - DEIRO CURSO 2016 - 2017

Upload: lytu

Post on 03-Nov-2018

220 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

1

MEMORIA

CURSO 2016-2017

CEIP de VIÑAGRANDE - DEIRO

CURSO 2016 - 2017

Page 2: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

2

ÍNDICE

1. INTRODUCIÓN _________________________________________________________ 3

2. CADRO DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA ___________________________________ 4

3. PLAN DE ACTUACIÓN DOS ÓRG. COLEXIADOS E DO EQ. DIRECTIVO _______________ 6

4. XESTIÓNS ADMINISTRATIVAS E DE DIRECCIÓN. ______________________________ 9

5. AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINO E PROPOSTAS PARA O FUTURO ___________ 15

6. MEMORIAS. __________________________________________________________ 18

6.1.- MEMORIA DE EDUCACIÓN INFANTIL. ____________________________________ 19

6.2.- MEMORIA DO 1º E 2º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA ____________________ 29

6.3.- MEMORIA DOS CONTEXTOS DE APRENDIZAXE ____________________________ 39

6.4.- MEMORIA DO PROXECTO SAMSUNG SMART SCHOOL ______________________ 68

6.5.- MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. _________ 71

6.6.- MEMORIA DO PLAMBE _______________________________________________ 77

6.7.- MEMORIA DO PROXECTO DE USO E FOMENTO DO GALEGO. ________________ 104

6.8.- MEMORIA DE LINGUA ESTRANXEIRA: INGLÉS.____________________________ 119

6.9- MEMORIA DAS AULAS DE PT E AL ______________________________________ 124

6.10.- MEMORIA DA SECCIÓN BILINGÜE _____________________________________ 131

6.11.- MEMORIA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN __________________________ 135

6.12.- MEMORIA DO EQUIPO DE MATERIAL DIDÁCTICO E ESTÉTICA . _____________ 142

6.13.- MEMORIA DO EQUIPO DE ECOLOXÍA __________________________________ 144

6.14.- MEMORIA DE EDUCACIÓN MUSICAL __________________________________ 149

6.15.- MEMORIA DE EDUCACIÓN FÍSICA E PSICOMOTRICIDADE. _________________ 153

6.16.- MEMORIA “CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES” __________________________ 157

6.17.- MEMORIA “VOZ NATURA” E “RECÍCLATE CON SOGAMA” __________________ 162

6.18.- MEMORIA DO CONTRATO-PROGRAMA (MODALIDADE PROA) _____________ 167

6.19.- MEMORIA DE RELIXIÓN _____________________________________________ 172

6.19.- MEMORIA DO PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA: INFORMA.GAL _________________________________________________________ 177

7.- INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186

Page 3: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

3

1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 16 profesores

distribuídos do seguinte xeito:

3 en Educación Infantil.

5 en Educación Primaria

1 Especialista de Pedagoxía Terapéutica.

1 Especialista en Educación Musical.

1 Especialista en Audición e Linguaxe (compartida co CEIP San Roque)

1 Especialista en Lingua Francesa

1 Especialista en Educación Física.

1 Especialista en Lingua Inglesa

1 Orientadora (compartida co CEIP San Roque de Corón).

1 mestra de Relixión Católica (compartida co CEIP Sestelo Baión).

As aulas en funcionamento foron:

3 aulas de Educación Infantil

6 aulas de Primaria

1 aula de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe (D.O)

1 aula de Educación Musical

1 aula de Inglés.

1 aula - ximnasio para Educación Física

O total de alumnos neste curso (a día de hoxe) é de 125 distribuídos en:

38 en Educación Infantil

87 en Educación Primaria

Page 4: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

4

2. CADRO DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA

2.1. ÓRGANOS DE GOBERNO: UNIPERSOAIS E COLEXIADOS

2.1.1. Órganos unipersoais

DIRECTOR................................. JAVIER GARCIA GARCIA

XEFA DE ESTUDOS.................. MARÍA CASTRO NINE

SECRETARIA............................. ROCÍO BERNÁRDEZ CIBEIRA

HORARIO DE ADICACIÓN AO CARGO:

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES TOTAIS

DIRECCIÓN 2h15´ 1h30´ 1h30´ 1h30´ 1h30´ 8h15´

XEFATURA 1h 1h30´ 0 30´ 1h30´ 4h30´

SECRETARÍA 45´ 0 45´ 1h30´ 1h30´ 4h30´

2.1.2. Órganos colexiados:

Neste curso, e motivado pola renovación de membros do anterior Consello

Escolar, tiveron que modificarse os integrantes de dito órgano quedando

constituido este do seguinte xeito:

CONSELLO ESCOLAR

Equipo directivo:

JAVIER GARCÍA GARCÍA, como Presidente.

MARÍA CASTRO NINE, como Xefa de Estudos.

ROCÍO BERNÁRDEZ CIBEIRA, como Secretaria (con voz pero sen voto).

Representantes dos profesores:

Page 5: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

5

MARÍA LUÍSA BARREIRO PÉREZ

JOSEFA CASTRO CASTRO

CRISTINA LOUZAO GARCÍA

MANUEL PIÑEIRO SÁNCHEZ

SERGIO ROSALES LÓPEZ

Representantes dos pais:

SUSANA VARELA SANTOS, representante da ANPA.

SILVIA GONÇALVES SANTÓRUM

JOSE MANUEL OTERO VIDAL

YÉSSICA BÉLVIS REVERÓN

LUCÍA REY VILA

Representante do Concello:

MANUEL SINEIRO CORES

Representantes PAS:

BENITO VIÑAS MORGADE

CLAUSTRO DE PROFESORES:

Estivo constituído este curso por 15 profesores:

Educación Infantil 3

Pedagoxía Terapéutica 1

Educación Física 1

Educación Musical 1

Filoloxía Inglesa 1

Filoloxía Francesa 1

Educación Primaria 5

Orientación 1 (itinerante)

Relixión Católica 1 (itinerante)

Page 6: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

6

2.2. COMISIÓN ECONÓMICA

Os representantes do Consello Escolar que forman parte da Comisión

Económica son os seguintes:

Javier García García, como director.

Yessica Belvis Reverón, como nai.

Cristina Louzao García, como mestre.

Rocío Bernárdez Cibeira, como secretaria.

3. PLAN DE ACTUACIÓN DOS ÓRG. COLEXIADOS E DO EQ. DIRECTIVO

O Claustro de profesores mantivo ao longo do curso 7 reunións nas

que se trataron, entre outros, os seguintes temas:

2 de setembro de 2016:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior

2.- Adscrición do profesorado (titorías)

3.- Proxecto documental integrado, equipos docentes e elección de

coordinadores

4.- Continuación das seccións bilingües

5.- Organización do horario non lectivo

6.- Solicitude de días non lectivos

7.- Rolda de intervencións

7 de setembro de 2016:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior

2.- Entrega de horarios e quendas (criterios formación subgrupos)

3.- Organización dos apoios

4.- Organización do primeiro día de clase

5.- Rolda de intervencións

Page 7: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

7

25 de outubro de 2016

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior

2.- Presentación e aprobación da Programación Xeral Anual

3.- Rolda de Intervencións

29 de novembro de 2016 – Carácter Extraordinario:

1.- Elección dos representantes do profesorado no Consello Escolar

12 de decembro de 2016 – Carácter Extraordinario:

1.- Solicitude de participación nos Contratos- Programa

31 de xaneiro de 2017

1.- Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores

2.- Información sobre a conta de xestión do orzamento do centro

3.- Proposta de orzamento para o ano 2017

4.- Elaboración da concreción curricular do centro

5.- Rolda de intervencións

6 de febreiro de 2017 – Carácter Extraordinario:

1.- Aprobación da participación no proxecto de innovación en

dinamización lingüística "Informa.Gal"

29 de xuño de 2017:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior

2.- Lectura e aprobación da memoria do curso 2016 - 2017.

3.- Aprobación da continuidade no PLAMBE.

4.- Concreción Curricular

5.- Solicitude de participación no proxecto de incorporación da Robótica.

6.- Rolda de Intervencións

Page 8: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

8

O Consello Escolar mantivo ao longo do curso 5 reunións nas que se

trataron, entre outros, os seguintes temas:

25 de outuro de 2016:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior

2.- Presentación e aprobación da Programación Xeral Anual

3.- Información días non lectivos

4.- Rolda de Intervencións

13 de decembro de 2016 – Carácter extraordinario:

1.- Constitución do novo Consello Escolar

2.- Elección e nomeamento dos novos membros das distintas comisións

31 de xaneiro de 2017:

1.- Lectura e aprobación das actas anteriores, se procede.

2.- Información sobre a conta de xestión do orzamento do centro.

3.- Proposta de orzamentos para o ano 2017.

4.- Rolda de intervencións

8 de febreiro de 2017:

1.- Aprobación da solicitude de participación no proxecto de innovación

en dinamización lingüística "Informa.Gal"

29 de xuño de 2017:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior

2.- Lectura e aprobación da memoria do curso 2016 - 2017.

3.- Aprobación da continuidade no PLAMBE.

4.- Concreción Curricular

5.- Solicitude de participación no proxecto de incorporación da Robótica.

6.- Rolda de Intervencións

Page 9: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

9

4. XESTIÓNS ADMINISTRATIVAS E DE DIRECCIÓN. * Reorganización dos espazos do centro e mellora da estética interior.

Este foi sen dúbida o ano no que tivemos a oportunidade de reorganizar os

espazos do centro e mellorar a estética interior a través das seguintes actuacións

que, a día de hoxe, son unha realidade:

- Creación dunha macroaula de Educación Infantil na que o alumnado

puidera desenvolver proxectos a través dun traballo cooperativo e no que o

alumnado estivera mesturado en idades.

- Amplicación da aula de música coa creación dun novo espazo para o

traballo instumental co alumando de 3º, 4º, 5º e 6º.

- Embelecemento da planta baixa coa incorporación de novos elementos de

albañilería (escaiola e pintura), carpintería (novas portas de madeira para

as aulas e de aluminio para as entradas e saídas do centro e rodapiés de

madeira)e decoración (taquillas para o alumnado de Educación Infantil,

bancos e mesa para o hall de entrada…).

- Ampliación da biblioteca escolar coa creación de novos espazos educativos

para a expresión plástica e para a lectura relaxada.

- Adapación das aulas de 3º, 4º, 5º e 6º como de contextos de aprendizaxe:

humanístico, lingüístico – literario, matemático e científico.

- Creación (no mes de decembro) dun novo contexto de aprendizaxe para a

lingua estranxeira onde se ubicaron espazos dedicados ao listening,

speaking, reading, writing e arts and crafts.

- Creación (no mes de maio) dun novo contexto de aprendizaxe para o

traballo cos medios de comunicación (O Informadeiro) co dobre obxectivo

de darlle saída aos traballos do alumando e gozar mentres se mellora a

competencia lingüística. Creáronse catro espazos ben definidos: un plató

de televisión, un estudo de radio, unha redación dun xornal escolar e un

espazo para o traballo coas redes sociais do centro.

Page 10: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

10

Estamos á espera de que a Xefatura Territorial de Educación continúe financiando

a mellora de espazos e elementos estruturais do centro como son os baños do

profesorado e do alumnado e a carpintería exterior

Para o vindeiro curso desexamos continuar coa mellora estética da planta superior

cun importante traballo de retirada de baldosas, escaiola, nova pintura e

renovación da carpintería interior das aulas e corredores (portas e rodapié). Nas

paredes incorporariamos mesas abatibles para que o alumnado poida sair da aula

e realizar actividades nos corredores tamén.

* Dinamizar o centro.

Outra das necesidades que estamos cubrindo con moi bos resulatados é a

participación do claustro en dinámicas de traballo e proxectos que promovan

melloras nos procesos de ensino e aprendizaxe e introduzan novas realidades

para o centro así como financiación para novos retos. Así, este ano (co traballo do

profesorado) conseguimos que o centro participara en proxectos como:.

- Proxecto Documental Integrado coa temática de ARTE E NATUREZA. Inda

que está pendente introducir melloras para o vindeiro curso, cremos que este

ano supuxo unha iniciación ao establecemento sistemático deste tipo de

proxectos no Proxecto Educativo do centro.

- Contrato-Programa: modalidade Reforzo, Orientación e Apoio e Mellora das

Competencias Clave (a través do proxecto de Contextos de Aprendizaxe que

se desenvolve no centro diariamente co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º).

- Aprobación do PLAMBE. Un novo proxecto que se presentou e se conseguíu

a aprobación este ano e que configurou unha das realidades a partir da cal

desenvolver novas formas de organización espacial no noso centro que

permitirán traballos de diversa índole: os medios de comunicación, actividades

artísticas, capacitación informacional, formación de usuarios, espazos para a

lectura, procesos de traballo en equipos…

- Participación no proxecto de innovación en dinamización lingüística

"Informa.Gal". Resultamos gañadores. https://oinformadeiro.wordpress.com/

Page 11: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

11

- Participación do IV Concurso Proyecta Innovación co proxecto CRE.AP.CIÓN

4.O. Resultando gañadores.http://www.plataformaproyecta.org/es/concurso/iv-

concurso-proyecta-innovacion

- Participación en proxectos que buscan o obxectivo de conformar a identidade

ecolóxica e deportiva do noso centro e terán continuidade sistemática en

vindeiros cursos: Xogade, Voz Natura e Recíclate con Sogama. Neste último

ademáis resultamos gañadores cun proxecto denominado “PLANETA DEIRO”.

http://vinhagrandes.wixsite.com/voznatura

- Proxecto de uso e fomento do galego. Inda que este proxecto se ven

presentado dende fai xa moitos anos, consideramos de gran importancia a

continuidade deste tipo de proxectos que favorecen o dinamismo do noso

centro.

- Samsung Smart School. Proxecto destinado a valorar como a incorporación

dos dispositivos móbiles na aula pode mellorar, cunha determinada

metodoloxía, a aprendizaxe do alumnado. Este ano consistíu na elaboración, a

través a plataforma Etwinning, dunha revista dixital interactiva cun centro da

CCAA de Murcia. https://esparradeiro.atavist.com/revista-esparradeiro

* Dotación de recursos

Este curso recibimos un material por parte da Consellería que

consideramos insuficiente xa que únicamente se antendeu a solicitude de material

para os novos espazos que se crearon: biblioteca, informadeiro e aula de inglés.

Dada a alta matrícula que teremos para o vindeiro curso, vai ser necesario

que a Consellería non envíe novo material para as aulas xa que, por primeira vez

nas últimas dúas décadas, existirán no noso centro aulas con máis de 20

alumnos.

A día de hoxe non contamos con mesas e sillas suficientes para atender a

todo o alumnado que se incorporará novo para o vindeiro curso. De seguro será

necesario establecer un rápido contacto coa inspección educativa para que, antes

do 11 de setembro, sexa remitido ao noso centro novo mobilitario para o

alumando e o profesorado.

Page 12: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

12

Con respecto ao material tecnolóxico, este ano grazas á participación no

proxecto Samsung Smart School contamos con 6 novos dispositivos móbiles, un

televisor e unha impresora láser.

Con fondos do propio centro puidemos conseguir o material necesario para

crear unha emisora de radio (micrófonos, ordenador, mesa de mezclas,

emisora…), un plató de TV, unha zona para a redación dun xornal escolar (3

ordenadores conectados en rede) e renovar algúns equipos informáticos xa

obsoletos. Continuaremos esta labor para o vindeiro curso.

Ao resultar gañadores en numerosas convocatorias e concursos, para o

vindeiro curso integraremos no centro novidades no referido ao material

tecnolóxico como: robots, impresora 3D, novos dispositivos móbiles, un potente

ordenador para a edición de imaxes, audios e vídeos, unha videocámara…

Outra das melloras acadadas no referido aos recursos é o novo cableado

do centro. Este curso conseguimos que os novos espazos fosen cabledados para

o acceso a internet por cable: a radio, o plató de televisión, a zona do xornal

escolar, a aula de música e o departamento de orientación.

En canto ao material didáctico, este foi un ano atípico xa que tivemos un

condicionante adverso que cremos supón unha discriminación hacia o noso

centro. Ao non traballar con libros de texto, as familias do noso centro non poden

dispoñer das cuantías económicas coas que poden contar outras familias para

mercar o material escolar. Inda así, tivemos a oportunidade de traballar cos

materiais que o profesorado solicitaba ao contar con partidas específicas para

mercar material didáctico que proviñan do Contrato Programa asinado coa

Consellería de Educación para a mellora das competencias en comunicación

lingüística, matemática e científica tecnolóxica.

Este vai ser, sen dúbida, unha das actuacións máis importantes para os

vindeiros cursos. Temos a necesaidade de dotar os contextos de aprendizaxe, os

recantos das aulas de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria co

mellor material didáctico posible coa finalidade de mellorar os procesos de ensino

(para o profesorado) e aprendizaxe (para o alumnado).

Page 13: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

13

* Melloras no exterior do centro

Coa inestimable axuda da ANPA, seguimos en contacto coas

administracións locais, provinciais e autonómicas para acadar melloras

importantes no exterior do noso centro e no propio edificio. A través de

numerosos escritos, solicitouse dende a dirección do centro a urxencia para

acometer melloras na:

- Carpintería exterior (fiestras e portas).

- Mellora nas aceras exteriores do noso patio.

- Iniciar (por fases) a mellora do cerrado exterior do recinto escolar.

Este curso acometéronse algunhas melloras neste eido coa axuda do

Concello de Vilanova de Arousa e da Xefatura Territorial de Educación:

- Mellora e reforzo nos dinteis das ventanas.

- Melloras na fachada do ximnasio.

Estamos á espera de que exista un acordo entre ámbalas dúas institucións

para continuar mellorando estas deficiencias.

* Elaboración das sinais de identidade do noso centro:

Consideramos este curso como o inicio dunha nova etapa para o noso

centro. A posta en marcha do proxecto de dirección presentado a finais do pasado

curso constituiu unha verdadeira revolución ordenada e ben estruturada para o

noso centro.

Evidentemente son moitas as melloras que se irán sucendendo nos

vindeiros cursos pero, por fin, o noso centro posúe unhas sinais de identidade que

serán de obrigado cumprimento para todo aquel que traballe ou matricule aquí aos

seus fillos/as.

É para nós unha gran satifacción que se considere o CEIP de Viñagrande

Deiro como un do centro innovador e cunha proposta concreta para toda a

comunidade educativa que será avaliada progresivamente ano a ano co obxectivo

Page 14: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

14

de introducir melloras que permitan a vertebración dun centro educativo actual,

actualizado e transformador.

Propostas de mellora para as tarefas administrativas e de dirección.

Continuar coa elaboración da documentación oficial do centro na que quede

constancia das sinais de identidade que acordamos para o noso centro.

Este ano conseguimos definir a Concreción Curricular do centro e comezar

a elaborar o regulamento que fixe as normas de organización e

funcionamenteo.

Para o vindeiro curso continuaremos coa renovación do Proxecto Lector, do

Plan de Convivencia, do Proxecto TIC e do Plan Lingüístico.

Continuar coa mellora na organización espacial e temporal no referido á

atención educativa ao alumnado.

Continuar coa dotación de novo mobiliario, de nova tecnoloxía e de novos

materiais didácticos.

Mellorar a formación do profesorado en todo o referido á metodoloxía de

traballo que desenvolvemos no centro.

Abrir o centro ás familias e darlle voz ao alumnado para que ámbolos dous

participen máis da xestión e funcionamento do centro. As relacións coa

ANPA e familias, este ano o clima xeral foi positivo. Houbo posibilidade de

facer un traballo conxunto coa ANPA para solicitar melloras para o noso

centro e para colaborar na organización de conmemoracións interesantes.

Seguiremos traballando neste senso e intentaremos aumentar esta relación

de axuda mutua. Coas familias tamén tivemos boa relación e, inda que

chegaron propostas de mellora para o vindeiro curso e queixas lícitas,

consideramos que este ano abriuse un novo camiño para facer xuntos.

Cremos que debemos sistematizar determinadas propostas e estratexias

para lograr este fin: escola de pais, comisións de mellora entre o alumnado,

tertulias literarias, científicas e matemáticas, sesións de grupos interactivos,

fomento das visitas de familias ao centro para que vexan “in situ” o

desenvolvemento do proxecto educativo.

Page 15: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

15

Continuar coa posibilidade de extender a nosa proposta metodolóxica con

outros centros de cara a tecer unha rede de colexios “por unha nova escola”

compartindo todos aqueles elementos que nos enriquezan a todos.

5. AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINO E PROPOSTAS PARA O FUTURO Os recursos dos que dispón o centro foron en xeral, e unha vez máis, ben

aproveitados e a nova organización das aulas e dos tempos manifestouse como

axeitada ás necesidades do centro e dos alumnos. A maior necesidade neste eido

está relacionado con “vestir” mellor os contextos de aprendizaxe e as aulas de

infantil, especialidades e 1º e 2º de Educación Primaria mercando material

didáctico de alto potencial educativo e creativo.

Rematamos o curso solicitándolle ao profesorado uns listados de materiais

para mercar ao longo do verán e así chegar ao mes de setembro e iniciar o curso

cun bo material didáctico en todas as aulas do centro.

Sabemos que o máis complexo vai ser conseguir financiación pero estamos

valorando a posibilidade de iniciar un novo procedemento para a mellora dos

recursos económicos que o centro posúe para esta tipoloxía de material. Consiste

en facer partícipe ás familias de determinados custos que o noso Proxecto

Educativo require: gastos por fotocopias, tóners, cartuchos de tinta e dalgúns

materiais necesarios para a realización de determinadas actividades (saídas,

experiencias científicas, obras literarias, materiais matemáticos manipulativos,

material necesario para a creación de obras artísticas, material necesario para a

realización de actividade psicomotora diaria ou da expresión artístia).

A coordinación entre os distintos órganos do centro levouse a cabo nun

sempre clima mellorable de cordialidade, respeto e cooperación entre os distintos

equipos, comisións e órganos existentes no noso centro.

Será necesario modificar algo a periodicidade de determinadas reunións

dos equipos e introducir algunhas sesións formativas entre os integrantes do

propio claustro.

Page 16: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

16

Destacar aquí que o traballo dos distintos equipos de profesores

posibilitou, na súa gran maioría, que o alumnado tivese a oportunidade de

profundizar nas aprendizaxes relativas ao coidado do noso entorno e de vivir con

ilusión, motivación e gañas os festivais e conmemoracións que celebramos no

noso centro.

En canto aos procesos de ensino e aprendizaxe, podemos afirmar que a

atención educativa ao alumnado con necesidades puido abordarse con totais

garantías de éxito como consecuencia da introducion de novas estratexias

pedagóxicas e didácticas que posibilitaron a este alumnado continuar co ritmo

normal da distintas clases.

Propostas de mellora para os procesos de ensino.

O Proxecto Documental Integrado:

Sería conveniente organizar doutro xeito o PDI que se desenvolve no centro

e que obriga á coordinación do distintos equipos cos titores dos grupos de

alumnos:

- En Educación Infantil abordarase o PDI como proxectos didácticos

integrais.

- En Educación Primaria tamén se constata a conveniencia de establecer un

cadro de organización ben estruturado e esplicitado onde estean presentes

as activiades a desenvolver, as datas, os responsables e a finalidade

“física” (produto final) do PDI.

Determinar responsables do Informadeiro

Cremos que dende a Xefatura de Estudos se debera plantexar unha

proposta de organización para que o profesorado de garda tivera que

responsabilizarse do funcionamento do INFORMADEIRO establecendo un

calendario de funcionamento dese espazo co profesorado responsable.

Para conseguilo, será necesario formarnos todos no coñecemento do que

alí se vai facer diaria ou semanalmente: redes sociais, informativos, escaleta

radiofónica e o xornal escolar.

Page 17: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

17

Iniciar unha cooperación familia-escola no interior das aulas.

Para o vindeiro curso, iniciaremos dúas propostas novas para o noso centro

e que se están demostrando, noutros centros, moi eficaz para a mellora dos

resultados académicos do alumnado: Os grupos interactivos e as tertulias

literarias, científicas, matemáticas e tecnolóxicas.

Cooperación docente.

Como xa sinalamos anteriormente, todo cambio educativo esixe unha

modificación das estructuras dos coñecementos previos dos profesionais. Este

cambio debe partir da necesidade dunha cooperación na que participe

activamente todo o profesorado.

Cremos necesario establecer dentro do horario non lectivo do profesorado

un calendario de traballo en equipo (unha sesión mensual por exemplo) na que

poidamos, entre todos, axudarnos a ofrecer melloras para a nosa labor e para o

noso alumnado. Esa sesión mensual podería ubicarse no que ao longo deste ano

foron sesións de coordinación dos equipos docentes.

Existen verdadeiros especialistas no noso centro en multitude de aspectos:

manualidades, tecnoloxía, traballo cooperativo, atención aos alumnos con

necesidades, técnicas de estudo para o alumnado, metodoloxía… O centro debe

aproveitar ese potencial interno e ser capaz de que esa variedade de experiencias

e coñecementos se poña ao alcance dos demais e así aprender xuntos.

Mellorar o uso que dende as titorías se fai da biblioteca escolar como

medio para acadar un maior hábito de ler entre o alumando.

Este ano o desenvolvemento do PLAMBE estivo moi condicionado polo

inicio de moitas obras e melloras nos espazos dos novos espazos en donde se

ubica a biblioteca no centro.

Cremos que para o vindeiro curso debemos sistematizar determinados

procesos a prol dun mellor e maior uso dos recursos bibliográficos de que dispón a

biblioteca escolar. Algo de formación por parte do equipo de biblioteca non estaría

de máis.

Page 18: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

18

6. MEMORIAS.

Page 19: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

19

6.1.- MEMORIA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

DESCRICIÓN E OBSERVACIÓNS SOBRE OS PROXECTOS DESENVOLVIDOS

AO LONGO DO CURSO.

En canto organización, os proxectos se desenvolven en actividades de gran

grupo (asamblea ou faladoiros), pequenos grupos (recantos) ou individuais.

1º TRIMESTRE: “AS TORRES DA CONTORNA”.

Achegámonos á arquitectura a través do traballo desenvolvido con

algunhas das torres máis visitadas do mundo, para achegarnos ás da nosa

contorna.

Observacións: pretendiamos traballar a arquitectura mediante diferentes

monumentos, pero debido ao interés que mostraron os nen@s polas torres,

decidimos poñernos a investigar e xurdíu este proxecto.

Durante o proxecto planificamos unha visita para coñecer as torres da contorna:

Cálago, San Sadurniño e Torres de Oeste.

2º TRIMESTRE: “FRIDA KAHLO”.

Logo de traballar a arquitectura no 1º trimestre decidimos traballar o mundo

da arte a través da pintura. Presentamos varias propostas e os intereses dos

nen@s levarónnos a investigar sobre a pintora mexicana Frida Kahlo.

Observacións: neste proxecto valoramos moi positivamente a resposta tanto do

alumnado como das familias.

Para este proxecto visitamos o Museo de Pontevedra.

3º TRIMESTRE: “AS NOSAS MASCOTAS”.

Como este trimestre era demasiado curto, decidimos aproveitar o autor

deste ano das Letras Galegas, Carlos Casares, que inclúe en moitos dos seus

libros animais, para traballar as mascotas dos nen@s. Pedimos fotos deles coas

súas mascotas e cos animais que tiñan organizamos grupos de traballo. Estes

Page 20: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

20

grupos foron as aulas de 3º, 4º, 5º e 6º para solicitar información sobre a mascota

que lles tocou.

Observacións: os grupos de traballo organizados non obtiveron os resultados

esperados. Sen embargo, valoramos moi positivamente a resposta dos nen@s

coa visita dun veterinario que lles explicou como coidar mellor as súas mascotas.

MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO

Recursos humanos:

Contamos cos apoios dos titores de 5º e 6º unha sesión semanal cada un.

Ademais valoramos moi positivamente o traballo da coidadora cando participa con

nós nas actividades.

Recursos materiais:

Contamos cunha macroaula de Infantil para 4 e 5 anos que se pode dividir con

portas corredeiras cando se considera necesario, como pode ser no Momento

Vivencial (especialidades). Esta aula está organizada en diferentes espazos ou

recantos que contan cos seguintes materiais:

- Recanto do sabio: regretas, xogos de mesa sinxelos (parchís, oca, cartas,

tres en raia, bingo, dominós), tangram, xogos de psicomotricidade fina

(pinchos, colares, xogos de coser), bloques lóxicos, ábacos, pesas, formas

xeométricas, xogos de pesos e medidas.

- Recanto dos puzzles: diferentes puzzles de madeira con diferentes niveis

de dificultade e temáticas variadas.

- Recanto do xogo simbólico: cociña, supermercado con alimentos, caixa

rexistradora, maletíns de médico e perruquería, mesas de comedor e tallos,

bonecos, armario con roupas, trona e tocador.

- Recanto de plástica: rotuladores, ceras, lápices de cores, papeis diversos,

plastilina, témperas, pinceis, pegamentos, tesoiras, alfombriñas, punzóns e

materiais que se van necesitando para os diferentes traballos.

- Recanto das construccións: mesa de bricolaxe, pezas de construcción,

Page 21: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

21

animais diversos, pistas de construcción, diferentes medios de transporte e

sinais de circulación.

- Recanto das letras: pizarras, letras magnéticas, letras móbiles, xogos de

palabras.

- Recanto das TIC´s: contamos con 2 ordenadores portátiles, 2 de

sobremensa, 4 tabletas, 2 proxectores e unha impresora multifunción.

Ademais hai una aula de 3 anos que se habilita con diferentes

talleres/obradoiros (de arte, de Entroido, de teatro, de cociña,...) en función do

proxecto que se estea a traballar.

METODOLOXÍA EMPREGADA

O CEIP de Viñagrande Deiro caracterízase por un sistema de traballo específico

que determina a maneira na que, dende o centro, desenvolvemos o currículo

oficial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Atendendo a unha serie de estratexias organizativas (dende o punto de

vista temporal e espacial), o desenvolvemento das competencias clave facilítase

atendendo á seguinte estrucuración temporal:

ORGANIZACIÓN

TEMPORAL

EDUCACIÓN

INFANTIL

1º e 2º NIVEL DE

EDUC. PRIMARIA

3º, 4º, 5º e 6º

DE EDUC.

PRIMARIA

MOMENTO

COLECTIVO

(1h 30 min)

Programa de

Estimulación Temperá.

Programa de

Estimulación Temperá.

Programa

Curricular

Específico Programa de

Aprendizaxe

Lúdico

Programa Curricular

Específico

Page 22: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

22

MOMENTO

VIVENCIAL

(1h 30 min)

Constitúe un tempo de aprendizaxe sentido, vivido e estimulante: a aprendizaxe

da música, da arte, da lingua estranxeira, dos valores sociais e cívicos, … debe

realizarse dende unha perspectiva moito máis práctica (con obradoiros, tarefas,

experiencias). Para iso, o profesorado titor e especialista organizará sesións

didácticas nas que o alumnado teña a oportunidade de sentir, vivir e emocionarse

con estas aprendizaxes.

MOMENTO

DE LECER

(30 min)

É o momento que goza todos o alumnado do centro e que consideramos de vital

importancia xa que é onde teñen a oportunidade de xogar dun xeito moito máis

espontáneo e libre. Pensamos que é un momento educativo máis dentro do

horario lectivo e como tal debemos incorporar todo tipo de elementos que axuden

ao alumnado a desenvolver esa necesidade de xogo libre e espontáneo tanto a

nivel de dotación de recursos materiais como de dotación de recursos

psicolóxicos, sociais e persoais.

É un momento no que o alumnado debe aprender a xestionar o seu tempo libre. MOMENTO

COMPARTIDO

(1h 30 min)

Aprendizaxe

Baseado en

Proxectos

Aprendizaxe

Baseado en

Proxectos

Apr. Baseado en

Contextos de

Aprendizaxe

PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ

Dende o curso 2015-2016 estase a por en marcha este proxecto de estimulación

temperá con sesións de psicomotricidade diarias de 45 minutos nos tres niveis de

Educación Infantil. O profesorado implicado inclúe ás titoras de Infantil, a mestra

especialista de Educación Musical e a mestra especialista de Educación Física,

que é a coordinadora.

Xustificación: O termo psicomotricidade fai referencia a dous tipos de estruturas

que definen o ser humano, as estruturas motrices e as estruturas psíquicas,

principais compoñentes do desenvolvemento humano e da formación da súa

personalidade. Na idade infantil o desenvolvemento psicomotor abarcao todo, é

dicir, o neno/a ten unha forma de aprender, de actuar, onde o motriz, o emocional

e o cognitivo van totalmente unidos, sendo o xogo a actividade principal a través

Page 23: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

23

da cal se realizan os aprendizaxes básicos: “Toda aprendizaxe parte dun

movemento” (Glen Doman).

Para iso, os educadores, deben propoñer experiencias motrices axeitadas ás súas

posibilidades, que faciliten o desenvolvemento neurolóxico.

PROGRAMA DE APRENDIZAXE LÚDICO e FALADOIROS

Este programa consiste na organización dun amplo espazo do centro (unión

de tres aulas) no que se ubiquen distintos recantos de traballo para adquirir

determinados contidos. Este programa só se desenvolve en Educación Infantil.

Neste espazo o alumnado, mesturado en idades diferentes, semella estar

xogando dun xeito libre e lúdico, mentres que o profesorado é o artífice da

integración nel de determinadas actividades sistematizadas que buscan o

desenvolvemento integral do alumnado e a aprendizaxe de conceptos básicos

establecidos nas programacións.

Os espazos que poden organizarse nesta macroaula están determinados

polos tipos de contidos que neles se traballan: xogo simbólico (representacións),

recanto artístico (traballos plásticos), construcións (conceptos básicos), modelado

(grafomotriciade), biblioteca (pracer pola lectura e escritura), música (audicións

sonoras, bailes, ritmos…), ecolóxico (responsabilidades coa natureza), tertulia

(comunicación oral e interacción espontánea), etc.

O programa de aprendizaxe lúdico pode darse en diferentes momentos do

día:

- Despois dos faladoiros e asambleas.

- Ao remate das sesións de psicomotricidade.

- Durante o traballo de Aprendizaxe Baseado en Proxectos.

Dependendo da ratio que vaia configurando o centro nos vindeiros cursos,

poderase determinar outro tipo de organización co obxectivo de garantir unha

mellor atención educativa para o alumnado.

Así, poderanse determinar que a mestura de idades se configure en tres

espazos diferentes e, en cada un deles se establezan ambientes de aprendizaxe

Page 24: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

24

que aseguren ao alumnado un desenvovemento global e permitan seguir o

currículo da etapa. Serán ambientes referidos aos diferentes ámbitos de

expresión, ao coñecemento de si mesmos e á necesaria interacció co mundo que

lles rodea.

O Programa de Aprendizaxe Lúdico compleméntase con sesións de

FALADOIROS onde o alumnado participa activamente de conversas espontáneas

ou dirixidas polo profesorado.

Constitúen un momento extraordinario para que o alumando poida trasladar

as súas vivencias, experiencias, preocupacións, intereses... dende unha

perspectiva o máis normalizadora posible. Os faladoiros buscan axilizar a

expresión oral do alumnado e que, dende ben pequenos sexan capaces de

comunicar como se sinten, cales son os seus gustos, pequenos conflictos...

Dende este curso 2016 - 2017 todo o claustro acordou que os mércores e

durante 45 minutos o alumnado de Educación Infantil tería un faladoiro para

traballar aspectos relacionados co desenvolvemento emocional, afectivo e

sentimental. Un traballo que se traslada tamén a etapa de Educación Primaria

cunha maior duración. Cremos que si dende idades temperás comezamos a

traballar o coñecemento mutuo da parte máis íntima do alumnado, teremos a

oportunidade de coñecernos mellor e así posiblitar unha mellor adecuación dos

procesos de ensino e aprendizaxe e mellorar a convivencia no noso centro.

Nos faladoiros interveñen tamén determinadas rutinas (pasar lista, o tempo,

o encargado do día...) que aseguran ao alumnado unha serie de procedementos

sistemáticos que lle ofrecen seguridade e, ademais, supoñen unha carga

motivacional extra xa que son eles mesmos os que teñen que asumir

determinadas responsabilidades.

APRENDIZAXE BASEADA EN PROXECTOS

O alumnado de Educación Infantil, mesturados en idades distintas, desenvolven a

súa aprendizaxe atendendo á seguinte estratexia pedagóxica, organizativa e

didáctica:

Page 25: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

25

A aprendizaxe baseada en proxectos (ABP): A ABP facilita enormemente a

consecución dos obxectivos que nos marcamos co noso alumnado: son

motivadores, integradores, axudan a socializar, son significativos, parten das

intereses do alumnado e posibilitan un ensino globalizado dos contidos escolares

e unha aprendizaxe integral (non dividida por disciplinas).

No interior das aulas existirán espazos (aos que chamamos minicontextos de

aprendizaxe ou no futuro os ambientes de aprendizaxe) nos que se traballa

principalmente unha materia que, unido a outros temas diversos e aos demáis

minicontextos, interrelacionan as áreas, complementan o currículo e desenvolven

un proxecto didáctico.

Así, nas aulas de Educación Infantil establécense distintos minicontextos de

aprendizaxe: das tecnoloxías, das artes, dos números e das palabras, etc. En

cada un traballan diariamente un equipo de tres ou catro alumnos/as que, dun

xeito cooperativo e colaborativo, van desenvolvendo as competencias básicas a

través do estudo dun determinado proxecto didáctico.

Todo o alumnado se sitúa diariamente nos distintos minicontextos completando a

formación multidisciplinar ao longo de toda a semana. Ademáis, en determinados

momentos, o alumnado conta co apoio doutros mestres dentro da aula e deciden,

en moitas ocasións, aproveitar outros espazos que existen no centro para poder

elaborar os seus traballos con maior concentración e autonomía (biblioteca, patio,

informadeiro, aulas vacías, os corredores, …). Neste tipo de organización os

minicontextos soen ser estables ao longo de todo o ano. Esto quere decir que o

alumnado pasa, periódica e sistemáticamente, por todas as zonas para traballar

nun proxecto determinado dun xeito multidisciplinar desenvolvendo as

competencias clave. Esta estabilidade ofrécelle ao alumnado a posibilidade de

profundar no coñecemento e desenvolver as súas capacidades.

Os minicontextos son complementarios. En todos eles, á parte da aprendizaxe de

conceptos e procedementos tamén axudan a ir desenvolvendo a personalidade e

as relacións sociais. A organización social destes minicontextos posibilita a

expresión de emocións e a interacción. Por medio desta interacción os esquemas

Page 26: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

26

conceptuais e actitudinais van evolucionando, e ao mesmo tempo vaise

desenvolvendo a identidade de cada persoa e a do grupo.

AVALIACIÓN

RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS:

Valoramos positivamente a mestura de idades, tendo en conta que os neno@s

de 4º de Infantil foron incluídos de forma progresivamente ao longo do curso.

CASOS PARTICULARES A SINALAR:

Despois de valorar o denvolvemento psicomotor, foron derivados ao UDIAF 1

nena de 4º, 2 nenos de 5º e 2 nenos de 6º de Infantil.

Ademais reciben de forma individidual 1 sesión de estimulación da linguaxe

oral 1 neno de 5º e 1 nena e 3 nenos de 6º de E.I., por dificultades na linguaxe.

Para todos estes casos solicitouse por escrito a valoración do Departamento de

Orientación. A nosa valoración destas actuacións é favorable respecto a dous

nenos, de 6º e de 5º de E.I. que foron derivados ao UDIAF, e un neno de 6º que

asiste á ula de A.L.

Nos demais casos ou non se obtiveron os resultados esperados ou

continuaremos a traballar para ver en que aspectos podemos mellorar ou facilitar o

seu desenvolvemento.

DOS RESULTADOS DO ALUMNADO :

A maioría dos alumn@s acadan os obxectivos, excepto algúns dos casos citados

no punto anterior, e outro neno de 5º de E.I.Os alumn@s de 6º de E.I.

promocionan todos, sen embargo, un neno non acada os obxectivos da etapa.

DA COORDINACIÓN DOCENTE:

As titoras consideramos que se deben incluír no horario máis horas para poder

programar actividades conxuntas. Moitos martes usamos a hora de coordinación

Page 27: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

27

de equipos para o ciclo, excepto a titora de 5º de E.I. que tiña que estar no Equipo

de Biblioteca.

DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:

Sempre que as titoras observamos algunha dificultade, derivamos ao nen@ por

escrito ao Departamento de Orientación, para tomar as medidas que se

consideran necesarias.

DA METODOLOXÍA EMPREGADA:

Cremos que debemos seguir traballando de forma globalizada, respectando o

ritmo e os intereses dos nen@s. Valoramos positivamente a resposta dos nen@s

cando se traballan os proxectos con propostas nos diferentes recantos.

AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO:

Pensamos que o XADE non se axusta ao que queremos avaliar. Cremos convinte

que o informe, que se envía aos nenos e nenas de 6º de Infantil, tamén se envíe

aos de 4º e 5º de E.I.

AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE:

No 1º trimestre tivemos algunha dificultade para adaptarnos aos cambios co grupo

de 5ºe 6º de Infantil na macroaula, sobre todo porque non contabamos coas

taquillas para os nen@s. Ademais tivemos que axustar o horario e facer algunha

variación para adaptar os tempo ao ritmo dos nenos/as.

AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO:

Estamos dacordo e valoramos positivamente o proxecto que se está a levar a

cabo.

QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?

- Como xa mencionamos nun apartado anterior, botamos en falta ter máis

Page 28: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

28

tempo para programar actividades de forma conxunta.

- Por outra parte, cremos que o mobiliario das aulas debe adaptarse mellor

ás características dos nen@s, de forma que favoreza a súa autonomía e

resulte máis motivador.

PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO

- Cambiar as sesións de lingua estranxeira (inglés) e as especialidades en

xeral, de forma que permitan un maior aproveitamento por parte do

alumnado.

- Adaptar o horario as necesidades detectadas neste curso.

- Renovar o mobiliario e o material nas aulas.

NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS

- Neurociencia e desenvolmento psicomotor dos nen@s.

- Inglés.

- Problemas de conducta e tratamento das emocións.

- Novas tecnoloxías e prácticas aplicadas á educación.

En San Miguel de Deiro a 26 de xuño de 2017

As titoras do equipo de Educación Infantil

Isabel Blanco Silva

Josefa Castro Castro

Cristina Louzao García

Page 29: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

29

6.2.- MEMORIA DO 1º E 2º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

DESCRICIÓN E OBSERVACIÓN DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO

LONGO DO CURSO.

1º Proxecto: “OS ALIMENTOS”

Este primeiro proxecto tivo unha duración de 4 semanas, os seus contidos

e temporalización expoñense a continuación:

1ª semana: ”Diferentes tipos de alimentos”

2ª semana: ”Pirámide alimenticia”

3ª semana: “Dieta saudable”

4ª semana: ”Froitos de outono”

Á hora de avaliar este proxecto, hai que ter en conta que foi o primeiro, que

estábamos coñecendo ao alumnado, deste xeito as actividades non se acabaron

de axeitar aos grupos. Polo tanto a valoración resultante é negativa.

2º Proxecto: “OS ANIMAIS”

Este segundo proxecto tivo unha duración de 4 semanas, os seus contidos

e temporalización expoñense a continuación:

1ª semana: “Animais ovíparos e viviparos”

2ª semana: “Os animais mamíferos”

3ª semana: “Animais vertebrados e invertebrados”

4ª semana: “Clasificación de animais”

A valoración deste proxecto poderíamos calificala cun regular, aínda que as

actividades e recantos estiveron moito máis adaptadas aos nenos, seguíu

Page 30: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

30

existindo un desaxuste entre a planificación de actividades e as posibilidades do

alumnado.

3º Proxecto: “O CORPO HUMANO”

Este terceiro proxecto tivo unha duración de 5 semanas, os seus contidos e

temporalización expoñense a continuación:

1ª semana: “O aparello locomotor”

2ª semana: ”O aparello dixestivo”

3ª semana: “O aparello respiratorio”

4ª semana: ”O aparello circulatorio”

5ª semana: ”Que aprendemos”

A valoración é moi positiva, xa que neste proxecto as actividades e recantos

estiveron ben adaptados as posibilidades de traballo do grupo. Tamén as

actividades obedeceron máis a propia natureza dos recantos. Con isto observouse

que os alumnos e alumnas obtiveron uns coñecementos máis amplos e unhas

experiencias moito máis enriquecedoras que nos anteriores proxectos

4º Proxecto: “O NOSO MUNDO”

Neste derradeiro proxecto traballaronse aspectos relacionados coa paisaxe,

centrándonos no relevo costeiro e no relevo de interior. Tamén se traballaron os

elementos máis relevantes do mundo físico, tales como a auga e o aire. Na

derradeira semana do proxecto traballamos a localidade.

Tivo unha duración de 6 semanas, os seus contidos e temporalización

expoñense a continuación:

Page 31: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

31

1ª semana: “O aire”

2ª semana: “O ciclo da auga”

3ª semana: “A auga”

4ª semana: ”A paisaxe de costa”

5ª semana: “A paisaxe de interior”

6ª semana: “A localidade”

A avaliación deste proxecto é moi positiva, tanto pola súa boa estructura e

organización, como polos froitos acadados polo alumnado.

MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO

No que respecta aos medios, materiais e recursos, utilizados este curso no

primeiro ciclo de primaria dividirémolos en catro apartados(humanos, materiais

tecnolóxicos e naturais) e repartirémolos polos recantos cos que se traballou.

Así no recanto das artes foron necesarios recursos humanos (profesores

dos cursos e persoal de apoio) así como recursos materiais (cartolinas, plastilina,

diversos tipos de pinturas, barro, materiais funxibles diversos, materiais de

reciclaxe). Recursos tecnolóxicos se usaron Internet, as tablets e diversos

programas e apps, como por exemplo para facer un cómic. Como recursos

naturais destacar o entorno mais próximo, pois se fixeron varias saídas a praia

para facer maquetas da paisaxe.

No recanto das palabras foi imprescindible o uso de papel, lapis, goma,

rotuladores, fotocopias, e dicir, material funxible sobre todo pero tamén foi

imprescindible a axuda dos profesores antes citados, das saídas (ver en situ

vocabulario que logo tiveron que utilizar nos traballos), utilización das tecnoloxías

(vídeos sobre temas que tratamos, procura de información e outras tarefas que

necesitaron dos medios tecnolóxicos dispoñibles).

No recanto das tecnoloxías utilizáronse os ordenadores e as tablets coas

diferentes aplicacións que foron necesarias segundo os traballos que se foron

realizando así como a produción de vídeos moitos dos cales foron subidos despois

Page 32: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

32

a Internet. Este traballo non seria posible sen a axuda do profesorado, tanto titores

como persoal de apoio, que asesorou aos nenos/as nestas tarefas. Incluír tamén

os recursos naturais que foron empregados sobre todo na elaboración dos vídeos.

No recanto dos números utilizáronse sobre todo fotocopias, material

funxible (lapis, goma, cores…) así como materiais de medidas (metros, pesas,

diferentes medidas de capacidade como botellas, medidores de cociña e

diferentes envases. Do mesmo xeito que nos outros recantos a labor de asesoría

dos profesores (titores, apoio), foi moi importante e tamén foi moi importante a

contorna mais inmediata como no caso de explicar as medidas.

METODOLOXÍA EMPREGADA

O CEIP de Viñagrande Deiro caracterízase por un sistema de traballo específico

que determina a maneira na que, dende o centro, desenvolvemos o currículo

oficial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Atendendo a unha serie de estratexias organizativas (dende o punto de

vista temporal e espacial), o desenvolvemento das competencias clave facilítase

atendendo á seguinte estrucuración temporal:

ORGANIZACIÓN

TEMPORAL

EDUCACIÓN

INFANTIL

1º e 2º NIVEL DE

EDUC. PRIMARIA

3º, 4º, 5º e 6º

DE EDUC.

PRIMARIA

MOMENTO

COLECTIVO

(1h 30 min)

Programa de

Estimulación Temperá.

Programa de

Estimulación Temperá.

Programa

Curricular

Específico Programa de

Aprendizaxe

Lúdico

Programa Curricular

Específico

Page 33: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

33

MOMENTO

VIVENCIAL

(1h 30 min)

Constitúe un tempo de aprendizaxe sentido, vivido e estimulante: a aprendizaxe

da música, da arte, da lingua estranxeira, dos valores sociais e cívicos, … debe

realizarse dende unha perspectiva moito máis práctica (con obradoiros, tarefas,

experiencias). Para iso, o profesorado titor e especialista organizará sesións

didácticas nas que o alumnado teña a oportunidade de sentir, vivir e emocionarse

con estas aprendizaxes.

MOMENTO

DE LECER

(30 min)

É o momento que goza todos o alumnado do centro e que consideramos de vital

importancia xa que é onde teñen a oportunidade de xogar dun xeito moito máis

espontáneo e libre. Pensamos que é un momento educativo máis dentro do

horario lectivo e como tal debemos incorporar todo tipo de elementos que axuden

ao alumnado a desenvolver esa necesidade de xogo libre e espontáneo tanto a

nivel de dotación de recursos materiais como de dotación de recursos

psicolóxicos, sociais e persoais.

É un momento no que o alumnado debe aprender a xestionar o seu tempo libre. MOMENTO

COMPARTIDO

(1h 30 min)

Aprendizaxe

Baseado en

Proxectos

Aprendizaxe

Baseado en

Proxectos

Apr. Baseado en

Contextos de

Aprendizaxe

PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ

Dende o curso 2015-2016 estase a por en marcha este proxecto de estimulación

temperá con sesións de psicomotricidade diarias de 30 minutos nos dous niveis de

Educación Primaria. O profesorado implicado inclúe aos titores de 1º e 2º de

Educación Primaria, a mestra especialista de Educación Musical e a mestra

especialista de Educación Física, que é a coordinadora.

Xustificación: O termo psicomotricidade fai referencia a dous tipos de estruturas

que definen o ser humano, as estruturas motrices e as estruturas psíquicas,

principais compoñentes do desenvolvemento humano e da formación da súa

personalidade. Na idade infantil o desenvolvemento psicomotor abarcao todo, é

dicir, o neno/a ten unha forma de aprender, de actuar, onde o motriz, o emocional

e o cognitivo van totalmente unidos, sendo o xogo a actividade principal a través

da cal se realizan os aprendizaxes básicos: “Toda aprendizaxe parte dun

movemento” (Glen Doman).

Page 34: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

34

Para iso, os educadores, deben propoñer experiencias motrices axeitadas ás súas

posibilidades, que faciliten o desenvolvemento neurolóxico.

APRENDIZAXE BASEADA EN PROXECTOS

O alumnado do primeiro ciclo, mesturados en idades distintas, desenvolven a súa

aprendizaxe atendendo á seguinte estratexia pedagóxica, organizativa e

didáctica:

A aprendizaxe baseada en proxectos (ABP): A ABP facilita enormemente a

consecución dos obxectivos que nos marcamos co noso alumnado: son

motivadores, integradores, axudan a socializar, son significativos, parten das

intereses do alumnado e posibilitan un ensino globalizado dos contidos escolares

e unha aprendizaxe integral (non dividida por disciplinas).

No interior das aulas existirán espazos (aos que chamamos minicontextos de

aprendizaxe ou no futuro os ambientes de aprendizaxe) nos que se traballa

principalmente unha materia que, unido a outros temas diversos e aos demáis

minicontextos, interrelacionan as áreas, complementan o currículo e desenvolven

un proxecto didáctico.

Nas aulas dos primeiros niveis de Educación Primaria (1º e 2º) existen, como

mínimo, cinco minicontextos de aprendizaxe que non teñen porque ser fixos ao

longo do curso:

- As palabras

- Os números

- A tecnoloxía

- A arte

Todo o alumnado se sitúa diariamente nos distintos minicontextos completando a

formación multidisciplinar ao longo de toda a semana. Ademáis, en determinados

momentos, o alumnado conta co apoio doutros mestres dentro da aula e deciden,

en moitas ocasións, aproveitar outros espazos que existen no centro para poder

Page 35: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

35

elaborar os seus traballos con maior concentración e autonomía (biblioteca, patio,

informadeiro, aulas vacías, os corredores, …). Neste tipo de organización os

minicontextos soen ser estables ao longo de todo o ano. Esto quere decir que o

alumnado pasa, periódica e sistemáticamente, por todas as zonas para traballar

nun proxecto determinado dun xeito multidisciplinar desenvolvendo as

competencias clave. Esta estabilidade ofrécelle ao alumnado a posibilidade de

profundar no coñecemento e desenvolver as súas capacidades.

Os minicontextos son complementarios. En todos eles, á parte da aprendizaxe de

conceptos e procedementos tamén axudan a ir desenvolvendo a personalidade e

as relacións sociais. A organización social destes minicontextos posibilita a

expresión de emocións e a interacción. Por medio desta interacción os esquemas

conceptuais e actitudinais van evolucionando, e ao mesmo tempo vaise

desenvolvendo a identidade de cada persoa e a do grupo.

PROGRAMA CURRICULAR ESPECÍFICO

En Educación Primaria, cada grupo de alumnos/as, do mesmo nivel, sitúase na

aula co seu titor/a para desenvolver tarefas centradas en determinados contidos

establecidos no currículo para estes niveis da Educación Primaria e que están

previamente determinados nas programacións didácticas: principalmente contidos

referidos á competencia en comunicación lingüística e matemática que son

propios de cada nivel: ortografía, vocabulario e gramática das linguas, cálculo,

xeometría e algúns contidos máis que é necesario traballar dun xeito máis

específico co grupo de igual idade.

Dende este curso 2016 - 2017 todo o claustro acordou que os mércores e durante

60 minutos o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tivo un faladoiro para

traballar aspectos relacionados co desenvolvemento emocional, afectivo e

sentimental. Un traballo que se traslada tamén a etapa de Educación Primaria

cunha maior duración. Cremos que si dende idades temperás comezamos a

traballar o coñecemento mutuo da parte máis íntima do alumnado, teremos a

Page 36: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

36

oportunidade de coñecernos mellor e así posiblitar unha mellor adecuación dos

procesos de ensino e aprendizaxe e mellorar a convivencia no noso centro.

Nos faladoiros interveñen tamén determinadas rutinas (pasar lista, o tempo,

o encargado do día...) que aseguran ao alumnado unha serie de procedementos

sistemáticos que lle ofrecen seguridade e, ademais, supoñen unha carga

motivacional extra xa que son eles mesmos os que teñen que asumir

determinadas responsabilidades.

AVALIACIÓN

RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS

Respecto a avaliación dos grupos, sinalar que estes tiveron unha importante

progresión ao longo do curso, respecto ao seu rendemento e implicación nas

distintas tarefas, actividades e experiencias levadas a cabo. Esta progresión veu

marcada pola adaptación tanto dos nenos e nenas como dos mestres implicados,

ao novo sistema ou método educativo.

DOS RESULTADOS DO ALUMNADO

A nivel xeral os resultados acadados foron bos, aínda que algúns nenos

participaron máis que outros nos grupos de traballo. Os resultados finais foron

satisfactorios.

DA COORDINACIÓN DOCENTE

A coordinación entre os mestres do ciclo, por diversos motivos, atravesou por

distintos altibaixos, e non foi todo o boa e frutífera que debera ser ao longo do

curso.

DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Esta fíxose sobre todo dende o traballo en grupo, onde uns alumnos axudaban

aos outros, xunto coas axudas dos titores e persoal de apoio. Tamén hai que ter

en conta que o proxecto educativo do centro pódese considerar a ferramenta

idónea para traballar en base á diversidade.

Page 37: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

37

Volvendo ao persoal de apoio, este foi imprescindible para poder afrontar as

necesidades educativas do alumnado do 1º ciclo.

DA METODOLOXÍA EMPREGADA

É un bo sistema metodolóxico que obriga ao traballo en común e a que os

nenos/as de diferentes idades se axuden aprendendo uns dos outros sen a

intervención directa do profesorado.

AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO

Este foi baseado nos traballos que se foron facendo nos diferentes recantos e

nas actitudes que os nenos/as tiveron cara ás diferentes actividades que se foron

desenvolvendo ao longo do curso.

AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE.

Sendo este ano un ano novedoso, no que a sistema de traballo se refire, foi un

pouco difícil en principio adaptarse a traballar con diferentes idades no mesmo

grupo pero ao final foi facéndose normal e frutífero.

AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO.

Nesta primeira toma de contacto co Proxecto Educativo, as valoracións son

moi positivas. Foi difícil adaptarse ao mesmo, polo que no vindeiro curso, xa

coñecedores das súas particularidades e metodoloxía empregada no mesmo,

seremos máis aptos para axudar ao seu desenvolvemento.

QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?

En xeral o proceso funcionou ben inda que sempre hai posibilidades de

facer melloras. Moitas das que se poderían facer xa están en curso, tales como os

diferentes modos de mass-media (radio escolar, televisión escolar …) que

posiblemente entren a funcionar o curso vindeiro.

Como erros cometidos sinalar aqueles derivados do descoñecemento no

xeito de traballar con este sistema pero que pouco a pouco fóronse solventando.

Page 38: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

38

PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO

En canto ao horario de apoios, matizalo coidadosamente para axeitalo o

máximo posible ás múltiples necesidades que hai no 1º ciclo, e que precisan dese

apoio.

NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS

Á atención á diversidade: Cremos necesario coñecer mellor os casos dos

nenos e nenas con necesidades educativas especiais, así como a información e

coñecementos que rodeen eses casos, pois hai veces que un pon toda a súa boa

intención pero non ten nin os medios nin os coñecementos necesarios para levar a

cabo un traballo que require coñecementos moi concretos e imprescindibles.

.

Viñagrande a 26 de xuño de 2017

Os titores do 1º ciclo

Page 39: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

39

6.3.- MEMORIA DOS CONTEXTOS DE APRENDIZAXE

DESCRICIÓN E OBSERVACIÓNS DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO

LONGO DO CURSO.

CONTEXTO LINGÜÍSTICO – LITERARIO

Ao longo deste curso 2016 – 2017 no Contexto Lingüístico Literario

(Verbadeiro) desenvolvéronse un total de 8 proxectos que describimos

brevemente a continuación:

- A alimentación: Este primeiro proxecto consistiu en traballar a produción de

diferentes tipos de textos relacionados coa alimentación (receita, lista da compra,

glosario, sopas de letras, crucigramas, menú diario e semanal, adiviñas...) coa

finalidade de acercar ao alumnado a unha alimentación saudable.

- O Xornal Escolar: O segundo proxecto deste curso trataba de conseguir a

elaboración dun xornal escolar cada semana. Para facelo o alumnado traballou

contidos relacionados cos seguintes tipos de textos en diferentes formatos

(escrito, audio, video...): a noticia, elaboración de pasatempos, a entrevista e o

cómic.

- A Literatura Universal: Un inicial achegamento ás grandes obras da

literartura universal foi o obxectivo prioritario deste proxecto no que o alumnado

tivo a oportunidade de traballar: a biografía de grandes autores da literatura

universal, as normas ortográficas e gramaticais básicas para a escrita, a produción

de relatos con inicios famosos e a elaboración de videocontos.

- A Literatura Galega da man de Carlos Casares: A obra infantil do gran autor

Carlos Casares foi obxecto do noso estudo nun proxecto no que o alumnado tivo

que traballar dende distintas perspectivas expresivas: dramatización con teatro de

monicreques da obra “O can Rin e o lobo Crispín”, a elaboración de historias

(verdadeiras ou inventadas) e lendas sobre San Miguel de Deiro (como Carlos

Casares facía en A galiña azul), audiolibros de Carlos Casares para persoas sen

Page 40: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

40

visión e a ilustración como outra forma de escritura a través da actividade de

ilustrar as páxinas do conto “Lolo anda en bicicleta”.

- A Xanela de Viñagrande Interactiva: O obxectivo deste proxecto foi acercar

ao alumndo á actualidade. Moitas noticias que suceden no día a día foron

traballadas na aula para crear unha revista interactiva grazas ao traballo dos

seguintes contidos curriculares: o resumo das noticias, o anuncio publicitario (en

tres formatos: cartel, audio e vídeo), os debates sobre temas de actualidade, as

normas ortográficas e gramaticais básicas para a produción de textos escritos.

- Formación para o uso da biblioteca escolar: Este foi, sen dúbida, un dos

proxectos máis formadores para o alumnado de 3º a 6º. O obxectivo foi promover

o uso da biblioteca escolar a través dunhas actividades que pretendían que

souberan buscar libros na biblioteca, coñecer as regras da CDU, utilizar o software

de xestión da biblioteca, elaborar carteis coas normas da biblioteca, facer dobraxe

de breves videos de películas e debuxos animados e a creación de contos a

partires de portadas en branco e negro para lerlle aos máis pequenos do cole.

- O Informadeiro: O último do proxectos desenvolvidos no Contexto

Lingüístico Literario buscaba o obxectivo de iniciar ao alumnado a utilizar un novo

contexto de aprendizaxe creado a finais de curso (O INFORMADEIRO) no que

contamos con catro espazos ben definidos: un plató de televisión, un estudo de

radio, unha zona para a produción do xornal escolar e tres tablets para publicar o

que sucede no colexio a través das Redes Sociais.

Neste novo espazo o alumnado tivo que preparar en unha semana un programa

de radio con contidos variados, un informativo con conexións en directo, publicar

en Facebook, Instagram e Twitter o que acontecía no colexio e lembrar, a través

de noticias, o que máis lles gustou deste curso.

O funcionamento do Contexto Lingüístico foi valorado como positivo polo propio

alumnado na enquisa que cubriron a finais de curso. Da necesidade de coñecer a

súa opinión sobre o funcionamento, organización, programación e avaliación deste

contexto, sacamos as seguintes conclusións:

Page 41: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

41

- Ao alumnado gustoulle moito traballar nestes proxectos e sinalan que as

actividades deseñadas non foron moi difíciles.

- Os plans de traballo estiveron redactados con bastante claridade.

- As rúbricas de avaliación deben ser coñecidas polo alumnado ao inicio

do proxecto a desenvolver.

- Tamén solicitan coñecer a cualificación obtida en cada proxecto ou

actividade.

- Valoran moi positivamente o tipo de traballo que se desenvolve neste

contexto e suxiren a creación dun novo recanto na aula para traballar

realidade Virtual, xogos lingüísticos...

- Traballar en TeleViñagrande, en RadioDeiro, o teatro de monicreques e

o proxecto de grandes obras da literatura universal foron as actividades

que máis lles gustaron.

- As actividades que menos lles gustaron están relacionadas coa

elaboración das noticias para o xornal escolar. En xeral as actividades

de expresión escrita non lles gustaron moito inda que din que son

necesarias.

Dende o punto de vista docente hai que sinalar que a tipoloxía de traballo

desenvolvida ao longo do curso, a planificación, a coordinación entre o

profesorado e a posta en práctica na aula destas propostas supuxo para nós un

verdadeiro impacto. Resaltamos a responsabilidade, o compañeirismo, a

produción oral e escrita do alumando, a mellora na competencia lingüística (tanto

oral como escrita), o uso e integración real e efectiva das TIC neste contexto e a

alta esixencia que lle estamos pedindo ao alumnado.

CONTEXTO HUMANÍSTICO

Ao longo deste curso 2016 – 2017 no Contexto Humanístico

desenvolvéronse un total de 8 proxectos que describimos brevemente a

continuación:

Page 42: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

42

1- O SECTOR DO MEXILLÓN:

Este proxecto desenvolveuse durante dúas semanas e traballáronse os

seguintes aspectos: o cultivo do mexillón, países produtores de mexillón, anuncios

para promocionar o mexillón de Galicia, construción dunha batea, as rías

galegas...

Foi un proxecto moi próximo ao alumnado e ao seu entorno, polo que lles

resultou doado traballalo e asimilalo.

2- OS SEGREDOS QUE AGOCHA A TERRA

Neste proxecto traballáronse diferentes aspectos sobre xeoloxía: como as capas

da Terra, o relevo, as rochas e minerais e os volcáns.

O recanto experimental, no que tiveron que facer un experimento simulando un

“Volcán en erupción”, resultoulles moi interesante e chamoulles moito a atención.

3- A IDADE ANTIGA

Este proxecto só o traballaron os grupos de 3º e 4º (Viñamedios). Nel viron os

diferentes pobos que chegaron á Península durante esta época e os restos

arqueolóxicos que nos deixaron.

A nivel de contidos, vocabulario e comprensión de conceptos, resultoulles más

complexo.

4- A IDADE CONTEMPORÁNEA

Este proxecto só o traballaron os grupos de 5º e 6º (Viñagrandes). Nel abordaron

os principais feitos que tiveron lugar en España durante período da historia en

España.

A nivel de contidos, vocabulario e comprensión de conceptos, resultoulles más

complexo.

5- O TEMPO E O CLIMA

Page 43: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

43

Neste proxecto traballaron aspectos como, a diferenza entre o tempo e o clima,

aparellos meteorolóxicos, factores que inflúen no clima, as zonas climáticas e os

climas da Península, a interpretación de mapas meteorolóxicos...

Os recantos que máis lle interesaron foron o audiovisual, onde tiñan que facer o

papel de homes e mulleres do tempo explicando a predición do tempo para ese

día. Tamén, lles chamou a atención o recanto experimental, onde tiveron que

construír un termómetro ambiental.

6- UNHA VIAXE ESPACIAL

Neste proxecto traballaron diferentes aspectos do Universo e o Sistema solar:

como os planetas, as galaxias, constelacións, os movementos da Terra...

O recanto que máis lles gustou foi o artístico, onde tiveron que realizar unha

maqueta do sistema solar. En xeral, é un tema que lles esperta gran curiosidade.

7- CANTOS SOMOS?

Neste proxecto traballaron diferentes aspectos sobre a poboación como: a

densidade de poboación, a natalidade, mortalidade, a emigración e inmigración,

elaboración e interpretación de diferentes gráficos de poboación.

Unha actividade que lles interesou foi a de realizar unha entrevista a un familiar

emigrante ou inmigrante. Tamén, mostraron interese por descubrir datos sobre os

países de onde veñen ou a onde van os inmigrantes e emigrantes,

respectivamente.

8- A AUGA

Neste proxecto traballáronse aspectos como: lugares onde podemos atopar

auga, o ciclo da auga, os ríos da Península, elaboración dun vídeo con consellos

para aforrar auga e experimentos con auga.

Esta última actividade foi a que máis lle interesou.

O funcionamento do Contexto Humanístico foi valorado como positivo polo propio

alumnado na enquisa que cubriron a finais de curso. Da necesidade de coñecer a

Page 44: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

44

súa opinión sobre o funcionamento, organización, programación e avaliación deste

contexto, sacamos as seguintes conclusións:

- En xeral, ao alumnado gustoulle moito traballar nestes proxectos e

sinalan que as actividades deseñadas non foron moi difíciles.

- Os plans de traballo estiveron redactados con bastante claridade.

- As rúbricas de avaliación deben ser coñecidas polo alumnado ao inicio

do proxecto a desenvolver.

- Suxiren que haxa un recanto de xogos didácticos, crear programas de

televisión e radio e usar o encerado dixital.

- As actividades que máis lles gustaron foron as do recanto artístico (a

maqueta dos planetas, o mosaico romano...) e as do recanto

experimental (o volcán, experimentos con auga...).

- As actividades que menos lles gustaron foron as do recanto documental

(as de buscar e escribir información sobre os temas tratados) e do

recanto xeográfico (as de buscar e situar no mapa diferentes

elementos).

CONTEXTO MATEMÁTICO

Ao longo deste curso 16-17 no Contexto Matemático desenvolvéronse un total de

8 proxectos tanto nos cursos de terceiro e cuarto como nos de quinto e sexto, os

cales paso a describir brevemente a continuación:

- Empanada 1: Este primeiro proxecto tivo relación cos ingredientes dunha

empanada e coas partes da mesma, polo cal, o alumnado traballou conceptos

relacionados co prezo, peso, capacidade,... pero tamén fraccións e figuras

xeométricas planas coma o triángulo e as diferentes clasificacións dos mesmos.

- Empanada 2: Completamos o traballo iniciado anteriormente con este novo

proxecto que ven sendo unha continuación do mesmo. O alumnado tivo que

realizar etiquetas nas cales aparecía o prezo, desconto,... pero tamén o peso do

produto ou a súa capacidade. Continuouse coa suma, resta de fraccións e a

Page 45: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

45

relación destas cos números decimais e no que fai referencia ás figuras

xeométricas comezamos a traballar outras: cadrado, rectángulo, pentágono,...

- Arquitectura e natureza: A alumnado achegouse neste proxecto aos mapas

e planos. Localizamos lugares de interese na nosa contorna nun mapa e

datámolos utilizando a numeración romana pero tamén realizamos planos a escala

de edificacións famosas. Estas actividades completámolas cos contidos

relacionados coa área e perímetro, xa que estes aspectos están presentes nos

mapas e planos que estivemos traballando.

- Recibos: Os tíckets e as facturas que temos no noso fogar axudáronnos a

traballar moitos contidos presentes no currículo: tanto por cento, regra de tres, as

táboas ou gráficos, operacións,... O alumnado puido achegarse á información que

contén un tícket ou unha factura de teléfono, auga, luz,... e así coñecer e

interpretar os diferentes datos que nela aparecen.

- Medimos: Neste proxecto as pesas, as probetas e as cintas métricas

ocuparon o espazo da nosa aula. Nun primeiro momento estimamos para a

continuación comprobar con estes aparellos si as nosas estimas foron acertadas.

Completamos este proxecto coa realización dun climograma e comezamos a

debuxar polígonos utilizando as regras e o compás.

- Rumbo: Para poder navegar pola nosa ría tivemos que traballar o plano

cartesiano, os ángulos e a suma e a resta dos mesmos. Unha vez que estes

contidos foron traballados nos diferentes recantos, cunha carta náutica da nosa ría

e engadindo os conceptos de nudo e milla fomos quen de navegar pola carta

calculando diferentes rumbos.

- Debuxamos: O debuxo parécemos un contido moi importante deste

contexto polo que aparte de traballalo ao longo do curso nun recanto específico,

decidimos dedicarlle un proxecto ao mesmo. Ao longo deste proxecto o alumnado

tivo a oportunidade de realizar un plano dunha localización do seu pobo, de

debuxar diferentes envases do noso supermercado que gardan relación con

Page 46: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

46

corpos xeométricos,de traballar o paralelismo, simetría, perpendicularidade,... ou

de poder utilizar o compás coa circunferencia e o círculo.

- Qué aprendemos?:Para finalizar os diferentes proxectos desenvoltos ao

longo do curso quixemos dedicar este último a facer un resumo de todo o

traballado. Nos diferentes recantos do contexto o alumnado traballou: plano

cartesiano, escala, ángulos, triángulos, medidas, corpos xeométricos, superficie,

área, volume, capacidade, gráficas,...

O funcionamento do Contexto Matemático foi valorado como positivo polo propio

alumnado na enquisa que cubriron a finais de curso. Da necesidade de coñecer a

súa opinión sobre o funcionamento, organización, programación e avaliación deste

contexto, sacamos as seguintes conclusións:

- Ao alumnado gustoulle moito traballar nestes proxectos e nos diferentes

recantos que compoñen o contexto.

- Os plans de traballo nalgúns casos precisan estar redactados con maior

claridade.

- As rúbricas de avaliación non son coñecidas polo alumnado. Unha vez

rubricados os plans de traballo, estes deberían amosarse ao alumnado.

- Creación dun novo recanto co Robobo.

- As actividades que máis gustaron foron as do recanto de xeometría,

actividades todas elas relacionadas co debuxo.

- As actividades que menos gustaron foron aquelas nas que o alumnado

buscaba información e esta tiña que ser redactada.

Dende o punto de vista docente, destaco a cantidade de contidos propostos nos

diferentes plans de traballo e a oportunidade que ten o alumnado de compartir

estas experiencias de aprendizaxe con diferentes compañeiros do seu curso e do

curso que os acompaña. Tamén quero destacar, a oportunidade que se lle

Page 47: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

47

presenta ao alumnado de realizar produtos finais, estes son unha parte moi

importante do proceso de aprendizaxe xa que a realización de audios, vídeos,

infografías,... complementa o realizado nos diferentes espazos de traballo.

Quero finalizar mencionando aos compañeiros dos diferentes contextos pola

importancia que teñen no éxito deste contexto, a axuda amosada ao longo deste

ano é o que fai que este contexto siga mellorando día a día.

CONTEXTO CIENTÍFICO

Ao longo deste curso 2016-2017 no Contexto Científico desenvolvéronse un total

de 7 proxectos que describimos a continuación:

- OS ALIMENTOS:Tratáronse os contidos referidos aos hábitos saudables, a

función de nutrición, as dietas equilibradas...Recolleu tamén á toma de

iniciativas para desenvolver e fortalecer comportamentos e estilos de vida

saludables.

- ÁS ÁRBORES: Traballouse todo o relacionado coa clasificación dos seres

vivos, as características e compoñentes dos diferentes ecosistemas, a

estrutura e fisioloxía das plantas, a importancia da fotosíntese para a vida

na Terra

- A TODA MÁQUINA: Desenvolvéronse contidos relacionados coa

construción de estruturas sinxelas, circuítos eléctricos e as enerxías

renovables e non renovables. En xeral, máquinas e aparellos relacionados

coa vida cotiá.

- MATERIAIS E MATERIA: Propiedades da materia, reaccións químicas,

cambios de estado foron algúns dos contidos traballados neste contexto,

así como a capacidade das persoas para actuar sobre os materiais.

- PROXECTO: RECÍCLATE: Tratáronse contidos relacionados coa

conciencia ecolóxica: desenvolvemento sostible, diferentes formas de

reciclar materiais. Actitudes que debemos manter para o coidado do noso

planeta.

Page 48: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

48

- UN MUNDO ANIMAL: Orientouse basicamente ao coñecemento de todo o

relacionado coa clasificación e características dos animais vertebrados e

invertebrados, xunto a aspectos relativos aos coidados que precisan.

- O REINO DOS FUNGOS. Todo o relacionado co coñecemento, coa

clasificación e características dos fungos, bacterias e protistas, así como ao

interese por conservar a biodiversidade da Terra.

Traballáronse nun 95% os contidos estipulados no currículo oficial. Unicamente

quedaron sin tratar a un nivel de maior profundidade os seguintes contidos:

Coñecemento de actuacións básicas de primeiros auxilios.

A ciencia: presente e futuro da sociedade. Avances da ciencia.

Descubrimentos e inventos.

Os motivos polos cales non se chegou a traballar o cen por cen do temario débese

a que é un currículo moi amplo e a disposición horaria é limitada.

O alumnos e alumnas mostraron satisfacción en xeral por todos os proxectos

desenvolvidos.

Por outra banda dentro dos proxectos, dun xeito moi maioritario os alumnos e

alumnas apostan polo recanto dos inventos. O recanto menos aceptado é o da

biblioteca. Todo o que estaba relacionado coa escrita non lle gustaba.

MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO

Ao longo deste curso no Contexto Lingüístico empregamos os

seguintes recursos:

a) Humanos: Contamos co apoio do mestre de PT e cada martes co apoio do

titor de 1º que se achegaba a axudar en determinadas actividades que se

desenvolven no contexto.

b) Tecnolóxicos: O uso da tecnoloxía estivo presente en todos os proxectos

desenvolvidos. Ferrramentas tecnolóxicas como: tabletas, ordenadores,

portátiles, variadas apps e software informáticos para a edición de textos,

audios, imaxes e vídeos, cámaras de fotos e vídeo, a radio escolar...

c) Funxibles: A integración das TIC estivo aparelladas ao uso de recursos

Page 49: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

49

funxibles básicos e usados en toda esccola: cadernos, folios, lápices de

cores, bolígrafos, goma, pegamento, tesoiras...etc.

d) Bibliográficos: Ao ser un contexto no que a literatura e a palabra escrita está

tan presente, tivemos que botar man de numerosos recursos bibliográficos

de diferentes tipos:

- Adaptacións de obras da literatura universal

- Obras de Carlos Casares.

- Libros temáticos sober a alimentación

- Xornais

- Revistas de pasatempos lingüísticos.

- Páxinas web para o acceso e tratamento da infomación.

Ao longo deste curso no Contexto Humanístico empregamos os

seguintes recursos:

a) Humanos: Contamos co apoio do mestre de PT durante algunhas sesións.

b) Tecnolóxicos: O uso da tecnoloxía estivo presente en todos os proxectos

desenvolvidos. Ferramentas tecnolóxicas como: tabletas, dous

ordenadores, diferentes aplicacións e programas informáticos para a

edición de textos, audio, imaxes e vídeos, cámaras de fotos e vídeo...

c) Funxibles: cadernos, folios, lapis de cores, bolígrafos, goma, pegamento,

tesoiras, cartolinas, plastilina e outros materiais de uso cotiá empregados

nos experimentos como auga, bicarbonato, aceite, vinagre, colorante

alimenticio...

d) Bibliográficos: libros temáticos relacionados cos proxectos traballados,

libros de texto empregados como ferramenta de consulta, atlas, mapas,

fichas e plans de traballo...

As características do contexto matemático fai que sexa necesario

contar con diverso material que foi empregado nos diferentes

recantos.

Page 50: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

50

No momento de programar os diferentes plans de traballo tivemos en conta o

material que dispoñemos no centro para garantir un desenvolvemento correcto

dos diferentes plans, outro material tivo que ser comprado pola ausencia do

mesmo.

Neste sentido unha posible clasificación sería:

- Material de debuxo: regras, escuadras, cartabóns, compases,

tansportadores, escalímetros,...

- Material manipulable: pesas, metros, figuras xeométricas, corpos

xeométricos, fraccións, reloxos, termómetros, calculadoras, reloxo, diñeiro,

regretas, material de base 10, probetas,...

- Material de creación: cartolinas, xeoplanos, bloques lóxicos, policubos,

bloques xeométricos, robot,...

- Material informático: O uso da tecnoloxía estivo presente en todos os

proxectos desenvolvidos. Ferramentas tecnolóxicas como: tabletas,

ordenadores, portátiles, variadas apps e software informáticos para a

edición de textos, audios, imaxes e vídeos, cámaras de fotos e vídeo, a

radio escolar...

- Materiais ou recursos que ofrece o medio escolar e a contorna socio-natural

na que vive o alumnado.

Este material axudou a desenvolver os diferentes recantos do contexto

matemático:

- Recanto Xeometría

No recanto de xeometría quixemos que o alumnado se achegue a determinados

contidos matemático que fan referencia a figuras e corpos xeométricas, planos,

perpendicularidade, circunferencia,.... para iso precisamos regras, escuadras,

cartabóns, transportadores, escalímetros...

- Recanto Vida Cotiá

Page 51: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

51

No recanto da Vida Cotiá pretendemos “tocar” as matemáticas, medindo, pesando,

tocando,... para poder levar a cabo isto precisamos pesas, metros, figuras

xeométricas, corpos xeométricos, reloxos, termómetros, fraccións, regretas,...

- Recanto Tratamento da Información

As facturas, recibos, tíckets,... serviron para achegarse o alumnado a unha

interpretación da realidade presente nas súas vidas. Poder interpretar esta

información axudará a entender conceptos presentes nos contidos matemáticos

coma as táboas, porcentaxe, tanto por cento, fracción,... así coma moitos outros.

Axudámonos neste recanto das tabletas e ordenadores.

- Recanto do Supermercado

O supermercado que temos na aula permítenos unha diversidade de actividades,

dende prezos, capacidade, volume, peso,... polo que o alumnado utilizou este

recanto para a adquisición de diferentes contidos presentes no currículo. Os

envases tamén nos serviron para traballar os corpos xeométricos e debuxalos.

- Recanto Creación

A posibilidade que ten o alumnado de crear a súa propia aprendizaxe estivo

presente neste recanto que creamos no último trimestre coa presencia do Robobo.

O robobo e a linguaxe de programación permitiunos traballar distancias,

velocidades, ángulos, figuras xeométricas,... Ademais contamos con xeoplanos,

policubos, bloques xeométricos,... que nos axudaron á aprendizaxe de diferentes

contidos.

Ao longo deste curso no Contexto Científico empregamos os

seguintes recursos que se encontran nos diferentes recantos nos cal

a aula está estructurada:

a) Humanos: Contamos co apoio do mestre de PT durante algunhas

sesións.

Page 52: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

52

b) Tecnolóxicos: O uso da tecnoloxía estivo presente en todos os

proxectos desenvolvidos. Ferramentas tecnolóxicas como: tabletas,

dous ordenadores, diferentes aplicacións e programas informáticos para

a edición de textos, audio, imaxes e vídeos, cámaras de fotos e vídeo...

c) Funxibles: cadernos, folios, lapis de cores, bolígrafos, goma,

pegamento, tesoiras, cartolinas, plastilina e outros materiais de uso cotiá

empregados nos experimentos como auga, bicarbonato, aceite, vinagre,

colorante alimenticio...

d) Bibliográficos: libros temáticos relacionados cos proxectos traballados,

libros de texto empregados como ferramenta de consulta, atlas, mapas,

fichas e plans de traballo...

- BIBLIOTECA: Guías de ciencias,libros de diferentes editoriais sobre os

distintos proxectos.

- LABORATORIO: material funxible do tipo: lupa, pilas, imán, cable de cobre,

papel de lixa, cinta illante, compás, pistola de silicona, pinzas, arame, aceite

de oliva, auga destilada, bicarbonato de sodio, vinagre, vasos, culleres,

cartolinas, plastilina, tesoiras, bandexas, papel, cartón...

A isto debemos sumar o material tecnolóxico: tabletas, ordenadores, videos.

METODOLOXÍA EMPREGADA

O CEIP de Viñagrande Deiro caracterízase por un sistema de traballo específico

que determina a maneira na que, dende o centro, desenvolvemos o currículo

oficial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Atendendo a unha serie de estratexias organizativas (dende o punto de

vista temporal e espacial), o desenvolvemento das competencias clave facilítase

atendendo á seguinte estrucuración temporal:

ORGANIZACIÓN

TEMPORAL

EDUCACIÓN

INFANTIL

1º e 2º NIVEL DE

EDUC. PRIMARIA

3º, 4º, 5º e 6º

DE EDUC.

PRIMARIA

Page 53: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

53

MOMENTO

COLECTIVO

(1h 30 min)

Programa de

Estimulación Temperá.

Programa de

Estimulación Temperá.

Programa

Curricular

Específico Programa de

Aprendizaxe

Lúdico

Programa Curricular

Específico

MOMENTO

VIVENCIAL

(1h 30 min)

Constitúe un tempo de aprendizaxe sentido, vivido e estimulante: a aprendizaxe

da música, da arte, da lingua estranxeira, dos valores sociais e cívicos, … debe

realizarse dende unha perspectiva moito máis práctica (con obradoiros, tarefas,

experiencias). Para iso, o profesorado titor e especialista organizará sesións

didácticas nas que o alumnado teña a oportunidade de sentir, vivir e emocionarse

con estas aprendizaxes.

MOMENTO

DE LECER

(30 min)

É o momento que goza todos o alumnado do centro e que consideramos de vital importancia xa que é onde teñen a oportunidade de xogar dun xeito moito máis espontáneo e libre. Pensamos que é un momento educativo máis dentro do horario lectivo e como tal debemos incorporar todo tipo de elementos que axuden ao alumnado a desenvolver esa necesidade de xogo libre e espontáneo tanto a nivel de dotación de recursos materiais como de dotación de recursos psicolóxicos, sociais e persoais. É un momento no que o alumnado debe aprender a xestionar o seu tempo libre.

MOMENTO

COMPARTIDO

(1h 30 min)

Aprendizaxe

Baseado en

Proxectos

Aprendizaxe

Baseado en

Proxectos

Apr. Baseado en

Contextos de

Aprendizaxe

Nos distintos momentos nos que se divide o horario lectivo diario suceden

distintas propostas didácticas que determinan o desenvolvemento das

competencias clave no alumnado.

Co obxectivo de explicitar mellor o funcionamento destas propostas, a

continuación se definen e determina o modo de traballar nelas:

APRENDIZAXE BASEADA EN CONTEXTOS DE APRENDIZAXE

O alumnado de 3º e 4º, mesturados, e de 5º e 6º (tamén mesturados)

desenvolven a súa aprendizaxe atendendo á seguinte actuación pedagóxica,

organizativa e didáctica:

Page 54: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

54

Contextos de Aprendizaxe: En cada contexto trabállanse proxectos dunha área

que, unido a outros temas diversos, interrelaciona coas distintas áreas de

coñecemento e complementan o currículo dun xeito multidisciplinar. En cada

contexto traballa un docente como mínimo. As aulas de 3º, 4º, 5º e 6º

convertéranse nos seguintes contextos de aprendizaxe e neles traballarase

atendendo ás seguintes dinámicas:

LABORATORIO: Proxectos Científicos nos que se desenvolven todas as

competencias clave dun xeito integral e con naturalidade, e nos que se

traballan establecendo relacións entre os contidos da competencia científica e

os de outras competencias (lingüística, tecnolóxica, lóxica e matemática,

social…etc.).

O contexto científico está dividido en catro minicontextos nos que se traballan

devanditos proxectos dende unha perspectiva ampla de desenvolvemento

competencial. Os diferentes recantos presentes nesa aula determinan a

tipoloxía de actividades a desenvolver.

- O museo: Pensado para a creación de elementos (xogos, maquetas,

murais, monográficos...) nos que demostrar os coñecementos adquiridos ou

contidos traballdos.

- O laboratorio: A experimentación é o fin deste recanto. Recanto moi

práctico que buscaba aproximar a ciencia ás mans do alumnado.

- A biblioteca: A búsqueda, selección, análise da información necesaria para

a elaboración de monográficos e outros traballos.

- Espazo TIC: Espazo dedicado á creación de contido propio por parte do

alumnado con contidos referidos ás ciencias naturais.

A CALCULADEIRA: Proxectos Matemáticos nos que é moi importante

acercar os conceptos matemáticos á vida e á posibilidade de vivencialos dun

xeito práctico e manipulativo. Neste contexto haberá distintos espazos

(recantos) que, dun xeito global, nos permitirán comprender a utilidade das

matemáticas na vida real:

- O supermercado: Para o cálculo e o traballo de capacidades, volumes,

Page 55: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

55

tamaños.

- A vida cotiá: Pensado para traballar aspectos matemáticos da vida real:

recibos, facturas, compras, cartas mariñas...

- A xeometría: Recanto no que o debuxo lineal ten unha importancia vital.

- O tratamento da información: É o recanto máis teórico onde o alumnado ten

que buscar e analizar a información topada para coñecer a base teórica das

matemáticas.

A VERBADEIRA: Proxectos Literarios ou Lingüísticos nos que se

desenvolverán dun xeito multidisciplinar e transversal contidos variados e de

distintas disciplinas: ciencias, valores, linguas, conmemoracións especiais, os

temas transversais…etc. Neste contexto terán especial tratamento a linguaxe

oral e a linguaxe escrita a través do establecemento de recantos que

permitirán traballar con diferentes tipoloxías de textos e programar distintas

actividades:

- Literatura Creativa: Espazo adicado á creación de textos de variada

tipoloxía dende unha perspectiva máis libre dando saída á imaxinación e

orixinalidade infantil: contos, relatos, cómics, adiviñas, deficións, anuncios...

- Conferencias: Recanto pensado para a expresión oral: radio, debates,

exposicións, videocontos, audiolibros...

- Pasatempos: É o minicontexto ideado para o traballo no coñecemento e

práctica das normas ortográficas e gramaticáis básicas a través da

elaboración, creación e solución a pasatempos lingüísticos.

- Procesando Textos: Recanto adicado ao traballo de textos escritos

variados: resumos, mapas mentáis, noticias, receita, cartas, monográficos...

HUMANIDADEIRO: Dende unha perspectiva actual e atendendo sempre a

realidade social e cultural onde vive e se desenvolve o alumnado, este

contexto vai ser vital para comprender o que nos rodea. Serán proxectos nos

que tamén van intervir varias disciplinas e onde se tratarán fundamentalmente

temas relacionados coas as ciencias sociais dende unha perspectiva

Page 56: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

56

determinada: entendendo o que sucede ou sucedeu ao noso redor,

poderemos entender o que sucede ou sucedeu en contextos máis amplos e

descoñecidos.

No contexto humanístico existen catro ou cinto espazos ben diferenciados que

permiten o desenvovemento competencial do alumnado;

- Xeografíco: Pensado para un traballo centrado no estudo da parte

xeográfica dos lugares onde vivimos.

- Audiovisual: Espazo adicado á creación de contido propio por parte do

alumnado con contidos referidos ás ciencias sociais.

- Artístico: A modo de atelier, este espazo conecta a expresión plástica cos

proxectos e contidos que se traballan no contexto humanístico.

- Documental: A búsqueda, selección, análise da información necesaria para

a elaboración de monográficos e outros traballos.

INFORMADEIRO: Todas as actividades teñen un paraqué en sí mesmas,

unhas veces é gozar ao realizalas, e outras veces na saída que teñen cara ao

exterior a través dos medios de comunicación: radio, prensa, televisión,

internet, exposicións, presentacións, representacións, debates, etc. Á vez que

lle dan sentido e funcionalidade ás actividades, os medios de comunicación

fan que medre o interese e a motivación. O tipo de saída que teñan as

actividades determinará a planificación, a responsabilidade do alumnado e o

uso de recursos. Contamos cun espazo no centro no que colocamos os

recursos necesarios para desenvolver nel programas de radio, televisión,

elaboración da prensa escrita e confección e edición dun caderno de bitácora

online. Este espazo ten un grupo asignado cada dous días e conta cuns

mestres que diariamente pasa a xornada lectiva nese espazo.

Neste tipo de organización, os contextos de aprendizaxe soen ser estables ao

longo de todo o ano. Esto quere decir que o alumnado pasa, periódica e

sistemáticamente por todas as zonas para traballar nun proxecto determinado dun

Page 57: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

57

xeito multidisciplinar desenvolvendo así todas e cada unha das competencias

clave. Esta estabilidade ofrécelle ao alumnado a posibilidade de profundar no

coñecemento e desenvolver as súas capacidades.

Os contextos de aprendizaxe son complementarios. En todos eles, á parte da

aprendizaxe de conceptos e procedementos tamén axudan a ir desenvolvendo a

personalidade e as relacións sociais.

A organización social destes espazos posibilita a expresión de emocións e a

interacción. Por medio desta interacción os esquemas conceptuais e actitudinais

van evolucionando, e ao mesmo tempo vaise desenvolvendo a identidade de cada

persoa e a do grupo. Para logralo, fomentamos o traballo en grupo, xa que a

interación mutua serve para enriquecer o proceso de aprendizaxe de cada

individuo.

PROGRAMA CURRICULAR ESPECÍFICO

A maiores do traballo que se desenvolve nos contextos de aprendizaxe, en 3º, 4º,

5º e 6º de Educación Primaria, cada grupo de alumnos/as, do mesmo nivel,

sitúase na aula co seu titor/a para desenvolver tarefas centradas en determinados

contidos establecidos no currículo para estes niveis da Educación Primaria e que

están previamente determinados nas programacións didácticas: principalmente

contidos referidos á competencia en comunicación lingüística e matemática.

Concretamente estamos falando que o bloque 2 de contidos da área de

matemáticas e o bloque 4 das áreas de lingua galega e lingua castelá son

desenvolvidos dun xeito máis específico fóra dos contextos en catro sesións

semanáis de unha hora e media con cada un dos titores.

OUTRAS CARACTERÍSTICAS METODOLOXÍCAS QUE NOS DEFINEN:

o A mestura de idades é un elemento máis que amplía tanto o marco da

diversidade como o da interación social. Nos grupos contextos de aprendizaxe

de Primaria (3º con 4º e 5º con 6º) xúntase o alumnado dos dous niveis

diferentes dos xa desaparecidos ciclos. Deste xeito, posibilitamos a interación e

ofrecemos a posibilidade de desempeñar roles diferentes.

Page 58: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

58

o Aprendizaxe cooperativa e disposición do alumnado en grupos/equipos.

Nos contextos de aprendizaxe o alumnado traballará atendendo ás normas

xerais de aprendizaxe cooperativo e colaborativo. Para iso é fundamental a

disposición das mesas e sillas. En todos nos contextos as mesas e sillas están

colocadas en grupos (mínimo de 3 e máximo de 5).

o Programas de ciclo. Pensamos que a mellor maneira de organizar a

planificación didáctica no relativo ao currículo é deseñando programas

curriculares por ciclos de dous anos. Este feito ofrece a posibilidade a cada

individuo de desenvolver o seu propio potencial e avanzar segundo o seu ritmo

e nivel. Ao longo deste curso nos catro contextos, puidemos desenvolver máis

dun 80% do currículo das áreas das linguas, matemáticas, ciencias sociais e

ciencias naturais.

o A integración real e efectiva das TACs. A nosa aposta pola integración e o

uso das tecnoloxías nas nosas aulas é a de utilizalas para que o alumnado

poida crear contido propio por si mesmo.

Utilizamos a tecnoloxía con sentido común (e en igualdade de condicións que o

resto de materiais didácticos). Ao igual que co aprendizaxe de calqueira tipo de

contido dunha determinada área, a entrada de información que se lle ofrece ao

alumno debe ser de calidade e a saida que o alumno lle da a esa información a

través dun produto final debe ser tamén de calidade. Para facelo así xoga unha

importancia vital o uso das TAC dende unha perspectiva creadora e creativa.

Por outro lado o uso das TIC no noso centro ten unha doble finalidade: gozar do

seu uso e darlle saída ao exterior aos traballos que elabora o alumnado a través

dos medios de comunicación que traballamos na escola.

o A Mediateca e a Biblioteca son os lugares de recursos, son as fontes básicas

de información para realizar as actividades dos contextos de aprendizaxe. O

libro de texto non é un recurso básico. Existen moitos materiais e compártense.

A mediateca é o lugar onde se gardan os distintos materiais didácticos que son

necesarios para traballar nos contextos e minicontextos de aprendizaxe.

A biblioteca é o eixo central do acceso á infomación para traballar as distintas

propostas didácticas e proxectos.

Page 59: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

59

o Utilizamos plans de traballo: son listados de procedementos ordenados e

sistemáticos para realizar as actividades presentes nos recantos dos distintos

contextos de aprendizaxe, que axudan ao alumno a planificar o traballo, a

centrarse na actividade, a situarse no proceso de aprendizaxe e a desenvolver

a súa autonomía.

o O traballo en equipo do profesorado é imprescindible para deseñar e

xestionar os programas e proxectos didácticos, avaliar o proceso de

aprendizaxe, cumplir co traballo diario e levar a cabo os proxectos do centro.

O profesorado ten a obriga de traballar en equipo cos demais mestres que

conforman o claustro. Esta coordinación dase con maior cercanía entre os

mestres da etapa de Educación Infantil, 1º ciclo e entre os responsables dos

contextos de aprendizaxe.

De todas maneiras, o profesorado especialista preocupouse moito por coñecer

os proxectos que están desenvolvendo nas diferentes aulas para que as

propostas didácticas das especialidades poidan relacionarse cos proxectos

didácticos das titorías. E viceversa tamén.

AVALIACIÓN

Neste apartado queremos deixar constacia na memoria dunha breves referencias

sobre a avaliación nestes eidos:

RESPECTO DOS GRUPOS

En xeral os catro grupos de alumnos que asistiron aos Contextos de Aprendizaxe

mostraron un rendemento académico positivo. Únicamente salientar o grupo de 6º

de Educación Primaria que ao non estar acostumado a este tipo de traballo,

cremos que o seu nivel de esixencia foi máis baixo do esperado.

Tamén é de xustiza sinalar que só un alumno repite curso e un total de 6 alumnos

suspende algunha das áreas de lingua galega e castelán.

En xeral, o alumnado que acude ao Contexto Matemático mostra un rendemento

académico positivo pero tamén é certo que a composición dos grupos inflúe moito

neste rendemento. En ocasións poño en dúbidas si a elección do grupo debería

seguir sendo libre ou un pouco dirixida. Constátase que certo alumnado deixase

Page 60: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

60

levar dentro do grupo e as súas achegas son moi escasas polo que temos que

mellorar este aspecto.

En xeral, o grupo respectou as normas de convivencia do centro. Desde o punto

de vista do rendemento académico os grupos fixeron un esforzo satisfactorio e

mesmo destacable nalgúns proxectos. A nivel xeral os resultados do alumnado

foron adecuados.

Nos niveis de 3º e 4º presentaban como é natural máis dificultades á hora de

enfrontarse ás tarefas (para calcular o tempo que lles ía levar, falta de revisión das

actividades…) o que producía un grao de participación máis diversa: uns

mostraban unha maior iniciativa mentres que outros eran máis pasivos e estaban

máis desvinculados do traballo.

CASOS PARTICULARES A SINALAR

Cómpre sinalar que hai alumnos que no traballo en grupo teñen que aportar e

implicarse moito máis. No traballo grupal ás veces era complicado que cada

alumno ou alumna fora responsable da parte equitativa, da carga de traballo que

lle correspondía. Ese tipo de alumno/a mostrábase máis observador que

participante no traballo.

Continuando co mencionado no apartado anterior, destacar a falta de esixencia e

compromiso dalgúns alumnos/as amosando unha pobreza nos seus traballos.

DA COORDINACIÓN DOCENTE

A coordinación docente foi moi enriquecedora e estivo ben planificada e

executada. Todos os martes (de 4 a 5) o profesorado responsable dos contextos

se reunía para distintas finalidades (planificación, avaliación, información,

organización...da actuación educativa no contextos de aprendizaxe). O

profesorado especialista acudía a estas xuntanzas unha vez cada tres semanas.

DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Sen dúbida a metodoloxía coa que traballamos facilitou enormemente a atención á

diversidade do alumnado. Ao longo do curso nos contextos de aprendizaxe non

tivemos a necesidade de adaptar os plans de traballo a ningún alumno pero o que

si constatamos e que este alumnado ten que aportar algo máis e os compañeiros

de grupo esixirlle que o faga.

Page 61: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

61

DA METODOLOXÍA EMPREGADA

A metodoloxía no contextos de aprendizaxe foi positiva. Máis adiante coméntanse

algunhas propostas de mellora neste eido pero a grandes rasgos a metodoloxía

permitiu un traballo serio, esixente e coherente co desenvolvemento curricular

actual.

AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO

Debemos mellorar a elaboración das rúbricas para o alumnado de 3º e 5º e

informar máis e mellor sobre os modos e os contidos das rúbricas de avaliación.

Ademais será necesario comezar a traballar cunha aplicación que nos facilite a

cuantificación das rúbricas dos contextos de aprendizaxe.

AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE.

1.- Como responsable do contexto lingüístico e co obxectivo de ofrecer unha

avaliación do máis obxectiva, intentarei facer unhas observacións ao respecto:

- O 100% do alumnado valora a miña actuación neste contexto como positiva

ou moi positiva. Ningún alumno destaca a miña actuación como regular ou

negativa.

- A carga emocional de inicios de curso (ao ser director tamén) puido

aféctame negativamente (e por extensión tamén ao alumnado). Pronto me

din conta e puiden volver a mostrar a miña profesionalidade dun xeito máis

tranquilo e seguro.

- Os proxectos deseñados e as actividades planificadas foron valoradas

positivamente.

2.- Con relación a miña avaliación, como responsable do Contexto Científico,

cheguei no terceiro trimestre e diante da sempre costosa adaptación a un novo

centro e a novos alumnos, no meu caso engadiuse esta vez unha metodoloxía coa

que eu non estaba afeita a traballar, de aí as miñas dificultades para dar todo de

min.

Page 62: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

62

3.- Como responsable do contexto humanístico e co obxectivo de ofrecer unha

avaliación do máis obxectiva, intentarei facer unhas observacións ao respecto:

- Practicamente a totalidade do alumando, valora a miña actuación neste

contexto como positiva ou moi positiva.

- Tendo en conta que foi o primeiro curso que traballo empregando esta

metodoloxía, a valoración é moi positiva. Aínda así, terei que seguir

formándome no que se refire ao aprendizaxe baseado en proxectos, na

traballo cooperativo, nas TICs ... , coa intención de seguir aprendendo e

mellorando a miña labor como docente.

4.- Como responsable do Contexto Matemático e co obxectivo de ofrecer unha

avaliación do máis obxectiva, intentarei facer unhas observacións ao respecto:

- O alumnado valora a miña actuación neste contexto de xeito diferente,

constato que aquel alumnado que se lle esixiu compromiso destaca a miña

actuación coma regular, pola contra, o alumnado que tiña xa establecido

unha dinámica de traballo moi similar a actual destaca a miña actuación

coma boa ou moi boa.

- Son consciente de que a nivel persoal este non foi un bo ano, polo que en

algúns momentos puido afectar ao alumnado e en determinados ocasións

non fun quen de diferenciar o persoal do profesional.

- Os proxectos deseñados e as actividades planificadas foron valoradas

coma positivas.

AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO.

Este primeiro ano avaliamos o proxecto educativo desenvolvido como moi positivo.

Existen melloras a implementar en vindeiros anos e, de seguro, que esta

avaliación irá medrando. O PE constitúe un auténtico valor de futuro para nós.

Existen moitas dúbidas entre a comunidade educativa sobre a adaptación do noso

alumnado á ESO. A día de hoxe non podemo avaliar esta adaptación xa que non

Page 63: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

63

contamos coa experiencia previa necesaria. Será necesario esperar un par de

anos máis para avalíar esa adaptación á ESO.

QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?

De seguro que este ano cometemos erros e agora, unha vez rematado o curso,

notamos que nos faltou algo que permitira ao alumnado aprende máis e mellor, ao

profesorado traballar máis e mellor e ás famlias ou ao centro mellorar nos seus

eidos de actuación.

Deixamos constancia neste apartado eses elementos que tal vez nos faltaron ou

puideron facerse de mellor maneira:

a) Implicar ao alumnado na avaliación.

O alumnado, a través de rúbricas, debe coñecer de antemán o plantexamento das

actividades, exercicios e tarefas a desenvolver e as competencias e

coñecementos que se van avaliar. Isto axudará ao alumnado a tomar conciencia

da súa propia evolución nos procesos de aprendizaxe que se desenvolvan.

Cada proxecto debera iniciarse dándolle a coñecer ao alumnado a rúbrica que

determinará a avaliación. Esa rúbrica integrará elementos propios de cada

proxecto e items xerais que serán utilizados en todos os proxectos.

Ao finalizar tamén sería aconsellable que o alumnado se autoavaliase e desta

maneira sería consciente do seu progreso na adquisición de novos contidos.

As rúbricas serán remitidas (ao inicio do proxecto) á dirección do centro coa

finalidade de facerse cun banco de recursos que determinará a avaliación do

alumnado.

Ademais das rúbricas que deben de coñecer de antemán, aos alumnos tamén lle

debemos explicar o que queremos que aprendan co proxecto. P. Ex: Este

proxecto sírvenos para coñecer o mundo dos animais vertebrados , ao finalizar

ides ser capaces de distinguir os seus grupos , os coidados que necesitan e os

beneficios que nos dan. Estes obxectivos debían ser o primeiro que os rapaces

escribiran no caderno.

Sería positivo mandarlle unha carta/correo informando ás familias dos proxectos

Page 64: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

64

que imos traballar cada trimestre.

Trimestralmente o profesorado lle pide ao alumnado unha avaliación do proceso

educativo seguido nos diferentes contextos de aprendizaxe.

b) Modificación das explicacións dos plans de traballo.

Algúns plan de traballo deberían ser máis completos nas súas explicacións pero

corremos o risco de guiar en exceso a aprendizaxe do alumnado, e desta maneira,

non convertelos en verdadeiros protagonistas das súas aprendizaxes.

A explicación das actividades que se desenvolve o luns no contexto lingüístico é

necesario prescindir dela e adicar ese tempo a outros menesteres: tertulias

literarias, rematar traballos, incorporar un novo recanto na aula...

c) Ter máis coidado coa avaliación nos cursos impares (3º e 5º)

Ao estar mesturados en idades e segundo puidemos comprobar este curso,

cremos que debemos introducir melloras nas rúbricas para os cursos impares nos

que o alumnado é o de menor idade. Tendemos a avaliar ao alumnado destes

cursos en función dos traballos e rúbricas elaboradas para os cursos do alumnado

de 4º e 6º sen ter en consideración que teñen un ano menos que os seus

compañeiros.

d) Realizar un maior e mellor seguimento do traballo en grupo.

Ao deseñar actividades en pequenos grupos, temos que intentar asegurar que non

existan alumnos que non aporten ao grupo. Un porcentaxe bastante alto de

alumnado manifesta que algunhas ou bastantes veces se atopou con

compañeiros/as que non aportaron nada ou moi pouco nos grupos de traballo. O

alumnado debe ser consciente da necesidade das súas aportacións e o outro

alumnado de conducir adecuadamente ao grupo para que todos se vexan

importantes á hora de facer aportacións.

PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO

Page 65: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

65

a) Maior información e formación ás familias do que se está

traballando nos contextos.

É necesario que trimestralmente o alumnado leve os traballos elaborados nos

contextos para a casa. Desta maneira as familias terán maior información sobre os

proxectos desenvolvidos ao longo do curso en cada contexto de aprendizaxe.

Por outra banda, tamén cremos necesario formar ás familias no funcionamento

dos contextos. Para facelo, suxírese comezar o vindeiro curso con sesións de

Grupos Interactivos (onde estean presentes as familias) nos distintos contextos e

organizar visitas para que as familias poidan ver como traballamos na aula.

Crear espazos físicos onde se poidan expoñer os traballos realizados polo

alumando e, incluso, que o alumando llos poida presentar as familias, a modo de

museo ou exposición guiada.

Dar a coñecer e difundir os traballos colgados na web do colexio ou ben os

emitidos a través dos medios de comunicación do centro.

b) Introducir un Proxecto Documental Integrado ben estruturado que

una o traballo en todas as etapas e niveis do noso centro.

Propoñemos o deseño e desenvolvemento para o vindeiro curso dun PDI cunha

estrutura ben definida que axude a establecer lazos entre todos os niveis que

existen no centro (dende Infantil ata 6º de Educación Primaria).

c) Os responsables dos contextos de aprendizaxe poderiamos

organizar tertulias matemáticas, literarias e científicas coas familias para

achegar os contidos da ciencia, da literatura e das matemáticas a todos os fogares

de San Miguel de Deiro.

A través da lectura de determinadas obras, escritos, ensaios, artigos periodísticos

poderiamos crear unha verdadeira escola de pais. Sería necesario determinar

unha organización que permitira que o día de garda de biblioteca puideramos

desenvolver este tipo de actividades.

d) O traballo no INFORMADEIRO

Dende os contextos de aprendizaxe propoñemos a seguinte organización para o

funcionamento do INFORMADEIRO:

Page 66: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

66

Dous alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º desenvolverán cada dous días o traballo dos

medios de comunicación. O traballo consiste:

- Na elaboración dunha escaleta radiofónica para emitir en directo a partires

das 13:00 horas.

- Gravación e emisión (en streaming) de variadas tipoloxías de programas de

televisión (informativos, debates, entrevistas...),

- Redación de noticias e impresión diaria do xornal escolar A XANELA DE

VIÑAGRANDE utilizando como base unha plantilla determinada (canva,

.doc...)

- E a publicación das novidades nas redes sociais do centro e no blog do

Informadeiro.

Ao longo deses dous días os oito alumnos pasarán no INFORMADEIRO 9 horas

(1 hora de recreo) nas que terán que elaborar o traballo deseñado. Contarán coa

axuda dun mestre que, diariamente, se ubicará neste espazo cando teña unha

garda e non teña que cubrir substitucións. É necesario que todo o profesorado

coñeza o funcionamento do traballo que se vai desenvolver neste contexto. Para

iso serán necesarias sesións de formación a inicios de curso para todo o

profesorado.

Tamén sería necesario contar cun cadro de organización semanal deste espazo

para coñecer o profesorado responsable e os 8 alumnos que irán cada dous días.

Proponse que a primeira publicación de cada MMCC sexa realizada un martes

pola tarde por todo o profesorado do centro. Desta maneira estaremos

autoformándonos.

e) Asignar responsabilidades ou roles no traballo cooperativo.

Co obxectivo de asegurar que non existan alumnos que non aporten ao grupo,

podería ser interesante determinar uns roles específicos para o alumnado que

teña que desenvolver un traballo grupal. Unha posibilidade podería ser esta:

Page 67: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

67

f) En 3º e 4º talvez sexa necesario nalgúns proxectos desmenuzar máis

os contidos porque a súa autonomía é menor e necesitan máis axuda.

g) Os rapaces cometen moitas faltas de ortografía talvez sexa necesario

establecer un plan ortográfico.

NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS

Detectamos as seguintes necesidades formativas:

- Atención á diversidade en casos de especial tratamento educativo.

- Formación en neuroaprendizaxe, robótica e impresión 3D.

- O desenvolvemento emocional do alumnado. Como os profes podemos

axudar?

- Uso e xestión da biblioteca escolar.

- Programas e plans europeos e internacionais onde poder seguir mellorando

a nosa escola e a nosa práctica docente.

Viñagrande a 26 de xuño de 2017

Os responsable dos Contextos de Aprendizaxe

Page 68: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

68

6.4.- MEMORIA DO PROXECTO SAMSUNG SMART SCHOOL Nesta memoria queremos recoller brevemente dous aspectos do proxecto deste

ano, por unha parte a formación recibida polo profesorado participante, e por

outra, o traballo colaborativo do alumnado cun colexio murciano.

A proposta de formación deseñada para o curso 2016-17 no marco do proxecto

Samsung Smart Schools avogou por un tipo de formación adaptada aos tempos

en que vivimos, dando un papel importante á tecnoloxía como facilitadora de

intercambio e colaboración e apostando por uns contidos altamente actualizados.

Tratouse dunha formación enfocada á aprendizaxe autónoma e conectada entre

iguais que fomenta a creación de comunidades de profesionais que interaccionan,

comparten e aprenden xuntos.

Os obxectivos deste curso foron os seguintes:

Utilizar estratexias metodolóxicas para o deseño, implementación e

avaliación do mLearning e o traballo con tablets na aula do século XXI.

Deseñar e implementar proxectos que fomenten as competencias

lingüística, dixital e aprender a aprender.

Formar parte activa dunha rede de profesionais que participan en proxectos

conxuntos de colaboración escolar, dentro da acción eTwinning.

No que fai referencia aos contidos do curso, estes estruturáronse en varios

bloques:

Bloque 1. A Escola Global. Oportunidades e desafíos da era dixital.

Bloque 2. Novas formas de comunicar nunha sociedade líquida. Xestión e

organización da aprendizaxe no século XXI.

Bloque 3. Mapping: Ver e aprender. Visualización e Proxección do

coñecemento.

Bloque 4. A colaboración escolar eTwinning.

Bloque 5. Final.

No que fai referencia ao traballo colaborativo do alumnado cun colexio murciano,

este consistiu na elaboración dunha revista interactiva.

https://esparradeiro.atavist.com/revista-esparradeiro

Page 69: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

69

O traballo do alumnado tivo unha duración de tres meses, neste tempo, o

alumnado elaborou os contidos que aparecen na revista, e estes foron creados

xunto co alumnado de Esparragal (Murcia).

A experiencia de crear xunto a outro alumnado que non está no noso colexio un

produto final foi moi positiva, así como os diferentes temas que aparecen na

revista, a cultura de ambas localidades está moi presente.

Trípticos, revistas, vídeo, fotografía, infografías, geolocalizaciones, realidade

virtual,... axudáronnos a confeccionar a Revista ESPARRADEIRO cuxo resultado

é unha revista moi vistosa, cunha estética actual e con moito contido para poder

ver.

Page 70: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

70

Page 71: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

71

6.5.- MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. No presente curso académico no C.E.I.P. DE VIÑAGRANDE-DEIRO leváronse a

cabo as seguintes actividades complementarias e extraescolares:

SAMAÍN

A celebración do Samaín tivo lugar o 28 de outubro e, coma en anos anteriores,

realizouse unha exposición de cabazas feitas polo alumnado coa colaboración das

familias.

Tamén se elaboraron receitas monstruosas en grupos de diferentes idades e

coa axuda dun mestre/a. Logo, tivo lugar a degustación.

Por último, houbo unha sesión de cine de terror coa proxección de diferentes

películas.

MAGOSTO

Con motivo da celebración do Magosto, pedíronse a un particular, 50 xogos

tradicionais.

A celebración do Magosto tivo lugar o día 11 de novembro coas seguintes

actividades:

1º- Merenda de castañas asadas.

2º- Xogos tradicionais para infantil e primaria.

NADAL

O Martes 20 de decembro, recibimos a visita do Pandigueiro (organizada pola

ANPA).

O mércores 21 de decembro, Papá Noel, coa colaboración do ANPA, visitou as

aulas do colexio saudando e dando un pequeno agasallo os/as alumnos/as.

Ás 11: 00 h deste mesmo día celebramos o Festival de Nadal coas actuacións de

todos os nenos e nenas do colexio.

Page 72: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

72

Unha vez rematado o festival, o ANPA ofreceu unha merenda para todos/as de

chocolate con churros.

DÍA DA PAZ

Celebrouse o luns 30 de xaneiro, no Pavillón Multiusos de Vilanova, xunto con 4

colexios de Vilanova (CEIP Xulio Camba, CEIP San Roque de Corón, CEIP San

Bartolomeu de Tremoedo e CEIP Sestelo-Baión). Debido á previsión de chuvia

para ese día, non se puideron realizar as actividades ao aire libre e, polo tanto,

non se puido realizar a solta de pombas e globos nin a carreira popular.

Así pois, as actividades que se realizaron foron:

1. Lectura dun manifesto pola Paz (Sestelo Baión).

2. Quebracabezas: cada aula coloreou unha peza de tamaño A3 (enviadas

polo colexio San Roque de Corón ao centro).

3. Coreografía “Quérote máis” en idioma de signos (CEIP Viñagrande).

4. Merenda (organizada polo colexio Xulio Camba de Vilanova).

ENTROIDO

- Mandas do Momo

Durante a semana do luns 20 ata o venres día 24 de febreiro, celebramos a festa

do entroido. Cada día os nenos e nenas preparáronse para participar e gozar do

que o Momo ordenou. Os alumnos e alumnas remataron totalmente disfrazados o

xoves 23. Ademais, este día tivo lugar a “Batalla da fariña”.

- Festival

Page 73: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

73

O venres 24 de febreiro celebrouse o entroido:

1º- Unha sesión de fotos por curso.

2º- Desfile de disfraces facendo un percorrido pola zona e despois no patio. Logo,

cada grupo cantou unha copla adaptando a letra á ocasión.

3º- Merenda (colaboración das familias e da ANPA ) e tempo de lecer.

OS MAIOS

Entre todos os nenos e nenas do colexio elaboraron un maio e o alumnado cantou

ao redor do maio coplas compostas para a ocasión.

LETRAS GALEGAS

Celebramos as Letras Galegas coas seguintes actividades:

1. Visita do Músico, cantor e contador de historias “O bardo Abelardo”.

2. Actuación de Xoán Curiel, presentando a súa novela-disco “Estamos no

verán”.

3. Charla de Javier Olleros e Avelina.

4. Actuación dos músicos e cantores Juan Silva e Blas.

FIN DE CURSO

A celebración do fin de curso tivo lugar o venres 23 de xuño. Comezou cun

Festival onde actuou todo o alumnado con coreografías e cancións. Así mesmo,

tamén tiveron lugar as graduacións do alumnado de 6º de Infantil e Primaria.

Despois tiveron unha merendola, coa colaboración da ANPA do colexio.

A continuación, os alumnos e alumnas puideron participar nunha “Batalla da auga”

e e de talleres de maquillaxe, chapas e karaoke.

Page 74: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

74

OUTRAS ACTIVIDADES

Obradoiro “O Sabor da Aventura está no mar”

Contacontos Anxo Moure

Talleres “Recíclate con Sogama”

Actividades da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía

Obradoiro de Abraham Carreiro

SAIDAS DO ALUMNADO

Temp.

Curso Saída

3º, 4º, 5º e 6º de primaria

Educación Vial en colaboración do concello e a DXT.

Educación Infantil

Visita ás torres de O Salnés

3º, 4º, 5º e 6º de

primaria

Saída a Sogama, Voz de Galicia e Domus.

Educación Infantil

Saída ao Museo de Pontevedra

3º,4º,5º,6º Primaria

Saída a Meteogalicia, Planetario e MUNCYT

Ed. Infantil e 1º E.P.

Saída ao Salón do Libro

Toda Primaria e Ed. Infantil

Teatro Caracol “Os invasores”

Page 75: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

75

6º Primaria

Visita ao I.E.S. “ A Basella”

Infantil

Saída á Exposición de Tonucci

Infantil

Obra de Teatro “Gatuxo” en Pontevedra.

Toda Primaria

Saída a Pontevedra. Actividades e Exposición sobre Toncucci.

3º, 4º, 5º, 6º de

Primaria

Homenaxe a Lita Cabellut

Toda a Primaria e

Infantil.

Saída de Fina de Curso ao Parque Natural de Carreirón.

DEPORTE ESCOLAR

Campo a través: a Azucareira, Portas (1/12/16). Participaron 2º, 3º , 4º, 5º, e

6º de Primaria.

1ª xornada deportiva: CEIP de Viñagrande – Deiro – CEIP Enrique Barreiro

(San Miguel 25/01/17). Participou 5º e 6º de Educación Primaria.

2ª xornada deportiva: CEIP Telleiro-Noalla – CEIP de Viñagrande – Deiro

(Noalla 29/03/17). Participou 5º e 6º de Educación Primaria.

3ª xornada deportiva: CEIP de Viñagrande – Deiro – CEIP Julia Becerra

(San Miguel 25/04/17). Participou 5º e 6º de Educación Primaria.

Carreira Escolar do Salnés (Portonovo 19/05/17). Participou 1º e 2º de

Educación Primaria.

Page 76: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

76

VALORACIÓN E PROPOSTAS DE MELLORA

A valoración é positiva aínda que sempre é posible mellorar determinados

aspectos.

Cabe destacar o éxito das actividades organizadas para o fin de curso, sobre

todo o taller de maquillaxe e a “Batalla da auga”.

Polo demais, sempre sería aconsellable preparar as actividades con maior

antelación, aínda que ás veces o calendario e a falta de tempo condiciona a

programación das mesmas.

San Miguel de Deiro, 26 de xuño de 2016

A coordinadora,

Asdo.: Mª Luisa Barreiro Pérez

Page 77: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

77

6.6.- MEMORIA DO PLAMBE 1. INTRODUCCIÓN O CEIP Viñagrande- Deiro incorporouse ao Plan de Melloras de Bibliotecas

Escolares este curso 2016-2017, o que nos permitiu comezar a materializar o ideal

de biblioteca que compartimos no centro, unha biblioteca con multitude de

posibilidades, que garanta a realización de moi diversas actividades: lectura en

diferentes soportes e formatos, acceso á información, expresión artística, uso dos

medios de comunicación, creación e publicación de contidos…, E tamén unha

biblioteca na que se reflicten os principios metodolóxicos do noso centro: traballo

por proxectos realizados de forma colaborativa, integración das novas tecnoloxías

como ferramentas de uso cotiá que posibilitan a creación de contidos propios do

alumando, a compensación de desigualdades sociais, a colaboración coas familias

e outros axentes da comunidade educativa, a apertura ao exterior da actividade do

centro…

Ao longo desta memoria recollemos o traballo realizado durante este curso:

consecución de obxectivos, actividades, avaliación, xestión e organización e

outros aspectos relativos á Biblioteca do centro. Engadimos, ademais, unha

memoria gráfica (carpeta ZIP con fotos na plataforma online) e enlaces á nosa

páxina web para exemplificar algunhas das accións que se mencionan.

2- GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS NO

PROXECTO INICIAL

Este primeiro ano de participación no PLAMBE constituíu o inicio da posta

en marcha dun novo modelo de biblioteca escolar no noso centro, tal e como se

Page 78: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

78

recollía nos obxectivos propostos no proxecto presentado, polo que podemos dicir

que tales obxectivos foron acadados en gran medida. Analizamos a continuación

cada un deles:

Transformar a biblioteca escolar nun centro de recursos integrado

plenamente nas prácticas educativas de aula e do centro.

Grazas á incorporación no PLAMBE iniciamos a verdadeira transformación

da biblioteca, mudando totalmente o espazo e incorporando máis e máis variados

recursos, dende fondos bibliográficos a recursos tecnolóxicos e aumentando

considerablemente as posibilidades dos espazos. Todo isto favoreceu a

integración plena da biblioteca nas prácticas educativas que se desenvolven no

centro. Deste xeito, a biblioteca é xa un eixo fundamental arredor do que xiran

moitos dos procesos que teñen lugar no día a día nos distintos niveis.

Mellorar e renovar o mobiliario, de xeito que se adecúe mellor ao

requirimentos dos distintos espazos.

Tal e como pode apreciarse nas fotos que se xuntan a esta memoria na

plataforma web, queda plausible a transformación da biblioteca. Foron moitos os

esforzos de todos para conseguir, coa axuda do orzamento do PLAMBE, un

espazo apropiado para levar a cabo todas as actividades nas que consideramos

que a biblioteca debe contribuír ao seu desenvolvemento. Así pois, o mobiliario

cambiouse case na súa totalidade, incorporando mobles que permiten novos usos

da biblioteca, como a expresión artística ou o “Informadeiro”. Con todo, quedan

pendentes de crear algún espazos que estaban propostos no proxecto (quiosco,

Page 79: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

79

zonas de música e de xogos). Ademais, tamén precisamos incorporar algún

expositor que facilite a localización das novas adquisicións, especialmente para os

máis pequenos e completar as zonas de lectura relaxada.

Continuar coa informatización dos fondos e co servizo de préstamo co

Programa Meiga.

Rexistramos todos os fondos da biblioteca no MEIGA, onde tamén damos

de baixa os que son expurgados. É certo que inda que non está rematada a

modificación da catalogación de fondos que xa estaban rexistrados no programa

(despois de varios anos nos que se catalogaban fondos seguindo criterios moi

dispares, nos últimos cursos unificamos eses criterios e tratamos de que todos os

fondos estean catalogados atendendo aos mesmos. Son criterios claros, concisos

e útiles para que o alumnado poida localizar todos os recursos que precisa).

Todo o centro emprega este programa para o rexistro de préstamos e

devolucións, sendo, en moitos casos, os propios alumnos os que fan este rexistro.

Ademais, tamén iniciamos a formación do alumnado para a busca de fondos a

través de OPAC MEIGA.

Integrar as tecnoloxías da comunicación e da información que promovan

dun xeito sinxelo a creación de contidos por parte do alumnado.

Consideramos que este obxectivo está totalmente cumprido, xa que a

incorporación das tecnoloxías da comunicación e da información é realmente

efectiva na actividade diaria do centro en todos os niveis, se ben o seu uso varía

en función da idade do alumnado. Nas actividades recollidas na memoria así como

Page 80: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

80

nos enlaces que se inclúen ou nas fotos que se xuntan pode comprobarse como

empregamos de xeito habitual e normalizado as tecnoloxías, sendo o alumnado

creador de contidos propios co seu uso.

Agora ben, sendo este un ámbito en constante e rápido avance,

entendemos que é preciso seguir incorporando á actividade do centro aquelas

tecnoloxías que van aparecendo na sociedade. Así pois, de cara ao vindeiro curso

pretendemos introducir algunhas das últimas novidades, como son a robótica, a

realidade virtual, a realidade aumentada e a impresión en 3D.

Conseguir unha biblioteca compensadora de desigualdades.

O modelo de biblioteca que propoñemos, que permite e fomenta

agrupamentos flexibles, así como a metodoloxía que poñemos en práctica na que

o alumando traballa en grupos cooperativos, sendo parte activa da súa

aprendizaxe e creadores de contidos, garante a compensación de desigualdades,

ao posibilitar a axuda entre iguais e a colaboración mutua, destacando as

potencialidades de cada neno.

Cambiar a práctica educativa facilitando a introdución da innovación e a

aprendizaxe compartida entre iguais, tanto adultos como alumnado.

Tal e como se recolle nesta memoria (páx. 16), este curso iniciamos no

centro un verdadeiro cambio nas dinámicas de traballo, modificando

substancialmente a organización espacial e temporal co fin de introducir novas

prácticas educativas que melloren a aprendizaxe do alumnado, facéndoa máis útil

e significativa. Neste senso, a biblioteca é un piar básico nesta proposta, como

Page 81: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

81

centro de recursos e espazo versátil e multifuncional que permite o

desenvolvemento de proxectos que implican novos roles tanto paro o alumnado

como para o profesorado. Ademais, o traballo cooperativo, que é unha das liñas

de identidade do noso centro, permite a aprendizaxe compartida entre iguais.

Promover o uso e o achegamento de toda a comunidade educativa á

biblioteca.

A biblioteca permanece aberta ao longo de todo o horario lectivo e tamén

polas tardes, co fin de promover un maior uso por parte de toda a comunidade

educativa, se ben é certo que a afluencia de persoas polas tardes é moi escasa,

sendo este un aspecto que é preciso atender e mellorar o próximo curso.

Por outra banda, se ben a colaboración coas familias é habitual na dinámica

do centro, consideramos que é necesario propoñer máis canles para a

participación das familias. Este será unha das nosas prioridades de cara ao

vindeiro curso.

Apoiar a consecución dos obxectivos do PE, do proxecto lector e do PAL.

A biblioteca contribúe enormemente á consecución dos obxectivos do PE,

proxecto lector e PAL, xa que é un eixo fundamental arredor do que se

desenvolven a gran maioría dos procesos de ensino- aprendizaxe que se levan a

cabo no centro.

Cabe dicir que este ano non nos foi posible abordar a modificación do

proxecto lector do centro, tal e como se recollía no proxecto presentado.

Page 82: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

82

Inculcar e fomentar nos nenos o hábito e o pracer da lectura, a aprendizaxe e

a utilización das bibliotecas ao longo de toda a súa vida.

O fomento da lectura é un dos primeiros fins da biblioteca, de tal xeito que

ao longo do curso organizamos e levamos a cabo múltiples actividades

encamiñadas a este fin, tal e como se recolle nesta memoria: proxectos

específicos en relación ao traballo literario, lecturas en diferentes soportes e

formatos, visita de contacontos ou realización dos mesmos por parte do alumnado

ou profesorado, recomendacións lectoras, presentación de novidades, etc.

Ademais, grazas ao orzamento do PLAMBE puidemos adquirir máis fondos

para a biblioteca e máis variados, facilitando así o achegamento aos intereses e

preferencias de cada un dos alumnos do centro.

Posibilitar o traballo por proxectos achegando os recursos necesarios.

A aprendizaxe baseada en proxectos é un eixo fundamental da proposta

metodolóxica do noso centro, de tal xeito que a meirande parte das aprendizaxes

se realizan arredor deles. Sen dúbida, a nova biblioteca favorece a realización

destes proxectos xa que atendemos a todas as demandas, no que a recursos se

refire, para apoiar o seu desenvolvemento e favorecer así a competencia

informacional e mediática.

Contribuír ao desenvolvemento da competencia lingüística tanto oral como

escrita.

Un gran número das actividades da biblioteca teñen en común o

desenvolvemento da competencia lingüística, oral e escrita: as actividades de

Page 83: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

83

fomento da lectura e os proxectos de aprendizaxe favorecen a consolidación de

lectores eficaces e críticos, favorecendo o hábito lector nos seus variados usos:

lectura por pracer, lectura como fonte de información, como busca de datos…

Pero de forma parella, atendemos á expresión escrita e oral do alumnado, polo

que moitas das actividades propostas e o traballo de ABP requiren da produción

de textos por parte deles e da súa exposición e presentación oral, en moitos casos

a través de programas de radio, televisión ou artigos periodísticos. Así pois, o

“Informadeiro” convértese nunha parte fundamental da nosa biblioteca.

Converter a biblioteca nun lugar de lectura, información e aprendizaxe, onde

formar usuarios competentes da información.

De novo, o traballo de ABP pon de manifesto a importancia da biblioteca

como lugar no que se conxugan os procesos de lectura, busca de información,

selección, utilización e comunicación da mesma, axudando a formar alumnos

competentes da información e os medios de comunicación xogan un papel

fundamental á hora de exportar ao exterior os traballos realizados polo alumnado.

3- DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS Ao longo do curso desenvolvemos as actividades recollidas no proxecto

presentado para o PLAMBE. Este primeiro ano dentro do PLAMBE foi un ano de

moitos cambios e dunha verdadeira transformación da biblioteca, modificando

totalmente o espazo, o equipamento, o mobiliario, os recursos… tal e como estaba

previsto. Isto propiciou que non fora posible realizar todas as actividades que

estaban planificadas, se ben tamén é certo que levamos a cabo algunhas que non

o estaban inicialmente e noutras introducíronse certas modificacións.

Page 84: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

84

As actividades levadas a cabo dende a biblioteca refírense tanto á xestión

técnica e organización da mesma como á proposta de actividades para realizar a

nivel de centro, nas distintas aulas ou xunto coas familias. Moitas das actividades

programadas foron organizadas e realizadas en colaboración cos demais equipos

do centro (Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Equipo de Actividades

Complementarias e Extraescolares e Equipo de Medioambiente) e en relación a

outros programas ou proxectos que se desenvolveron (Proxecto de Dinamización

da Lingua Galega, Recíclate con Sogama, Samgung Smart School)

3.1- EN RELACIÓN Á XESTIÓN TÉCNICA

- Reorganización do espazo. Como mencionamos anteriormente, durante este

curso levouse a cabo a modificación do espazo da biblioteca, coa unificación de

tres espazos distintos: a biblioteca anterior, unha aula das mesmas dimensións e

un almacén situado entre estes dous espazos. Ademais, tamén habilitamos outro

pequeno almacén que estaba en desuso así como un despacho anexo á biblioteca

que convertemos en estudio de radio. Foi preciso unir espazos e acondicionalos,

colocamos pladur nas paredes e pintamos, colocamos tarima no chan e un cristal

como separación do corredor que permite unha maior continuidade do espazo e

da máis claridade e apertura á biblioteca.

Ademais de modificar o espazo físico tamén mudamos practicamente todo

o mobiliario, incorporando librarías novas acordes ao deseño da nova biblioteca,

creamos dúas zonas de lectura relaxada con sofás e televisión nunha delas, unha

zona de expresión artística con mobiliario axeitado (con fregadeiro e espazo para

Page 85: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

85

gardar os útiles necesarios) e o “Informadeiro”, con zona de prensa escrita,

estudio de televisión e estudio de radio con todo o equipo preciso para emitir en

directo e online.

O equipamento da biblioteca tamén mellorou notablemente este curso, xa

que dispoñemos de máis ordenadores e tablets, outra impresora, un ipad,

televisión e o equipo de radio. Ademais, están pendentes de chegar dous novos

equipos informáticos.

- Organización inicial. Inicio do préstamo, horario de biblioteca (que foi

reestruturado no 2º trimestre debido á modificación do espazo, o que implicou

unha maior diversidade das actividades realizadas), criterios para a adquisición de

novos fondos e recollida de demandas do profesorado, propostas de proxectos,

preparación das mochilas viaxeiras, subscrición ao xornal O Papagaio …

- Exposición de fondos e presentacións periódicas de novidades, fisicamente

(na biblioteca e noutros espazos como a entrada do centro, corredores, aulas...) e

a través da páxina web. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/741,

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/713

- Boletín de recomendacións lectoras enviado ás familias en Nadal.

- Catalogación MEIGA e expurgo. Todos os fondos adquiridos son catalogados

no MEIGA, ao mesmo tempo que continuamos modificando a catalogación

dalgúns fondos que non seguían os criterios que establecemos. En canto ao

expurgo, demos de baixa fondos que estaban deteriorados ou aqueles que

consideramos desfasados ou non axeitados para o noso alumnado.

Page 86: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

86

- Creación da comisión de biblioteca no seo do Consello Escolar (en sesión

de Consello Escolar celebrada o 13 de decembro de 2016)

- Revisión, actualización e deseño de carteis e indicativos para sinalizar

andeis, librarías...

3.2- EN RELACIÓN Á FORMACIÓN DE USUARIOS

- Xuntanzas formativas e informativas para o profesorado. Na primeira

xuntanza, ao inicio do curso, recordamos a organización da biblioteca e

entregamos un boletín coa información máis salientable. En posteriores xuntanzas

informamos dos cambios que fomos realizando, das actividades propostas,

recollemos suxestións en relación á modificación do espazo e das necesidades

prioritarias, á adquisición de novos fondos…

- Divulgación de boletíns para as aulas, recordando a información máis

relevante sobre o uso da biblioteca nos distintos momentos, os membros do

equipo, informando sobre as actividades…

- Móvete pola biblioteca. Nestas sesións cada grupo de alumnos xunto co seu

titor realizou actividades na biblioteca para coñecer o espazo, a localización e

colocación dos distintos fondos, o uso do MEIGA para o préstamo e devolución, o

uso dos marcadores… Estas actividades foron apoiadas por guías de uso da

biblioteca elaboradas dende o equipo.

- Proxecto sobre o uso da biblioteca no Contexto Literario. Neste contexto,

todos os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º desenvolveron un proxecto máis específico e

exhaustivo sobre o uso da biblioteca. Traballaron sobre a CDU, a lectura das

Page 87: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

87

etiquetas, a colocación dos libros nos andeis, a busca de fondos a través de

OPAC MEIGA, as normas de uso da biblioteca e a animación á lectura.

3.3- EN RELACIÓN AO FOMENTO DA LECTURA

Ademais de actividades habituais que xa vimos realizando nos pasados

cursos (mochilas viaxeiras, hora de ler, apadriñamentos lectores…) leváronse a

cabo outras máis específicas que recollemos a continuación:

- Entrevistamos. O alumnado realizou diferentes entrevistas dentro e fóra do

centro a mestres, familias ou outras persoas en relación aos proxectos de traballo

que se desenvolveron nas aulas.

- O club da retranca galega. Gravamos ao alumnado no estudio de

Televiñagrande contando chistes en Lingua Galega.

- Semana do teatro. Cada curso preparou unha obra de teatro que foi

representada para toda a comunidade educativa na casa da cultura de San Miguel

de Deiro durante os días 5, 6 e 7 de abril. Previamente, elaboráronse carteis para

anunciar as obras de teatro que expuxemos na entrada do centro os días

anteriores e spots publicitarios que tamén reproducimos ás entradas e saídas co

fin de que as familias puideran ter un adianto de todas as obras que ían ser

representadas.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/736

- O Informadeiro é o espazo dos medios de comunicación, configurado por unha

zona de prensa escrita, un estudio de radio, “Radiodeiroonline” e

“Televiñagrande”, o noso estudio de televisión. O traballo no Informadeiro permite

Page 88: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

88

ao alumando coñecer as características principais destes medios e o tipo de textos

e formatos que empregan, ademais de permitir que o alumnado poida darlle saída

a todo o traballo que realiza. https://oinformadeiro.wordpress.com/

Radiodeiroonline e Televiñagrande. A través das canles de radio e

televisión o alumnado planificou, realizou, gravou e emitiu diferentes programas

nos que recolleron entrevistas, contos, historias ou relatos, programas divulgativos

de diferentes temáticas, partes meteorolóxicos, novas de interese, cuñas

publicitarios, etc.

A xanela de Viñagrande é o xornal do noso centro. Este curso publicamos

cinco edicións (as dúas últimas foron versións interactiva), cunha selecta recollida

de noticias relevantes na vida do centro, actividades ou acontecementos que

tiveron lugar dentro e fóra do colexio, celebracións, traballos do alumnado, análise

de novas de actualidade… Ademais, tamén publicamos un número especial, unha

revista interactiva integramente dedicada a Carlos Casares. A elaboración do

xornal permite que o alumnado coñeza as características dos artigos periodísticos

e que lea e escriba diferentes tipoloxías de textos, de información, de opinión ou

mixtos.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/709,

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/708

- Crucicontos. Ao longo do curso fixemos lecturas cruzadas entre o alumnado en

diferentes momentos. Nos días previos á celebración das Letras Galegas algúns

nenos acudiron ás aulas de Educación Infantil e 1º ciclo para ler aos seus

compañeiros algunha das obras de Carlos Casares. Ademais, algúns grupos de

Page 89: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

89

alumnos fixeron representacións con marionetas para os máis pequenos de “O

can Rin e o lobo Crispín”. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/746

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/748

- Cantando contos. Fixemos versións musicais de contos gravadas polo

alumnado e sonorizacións de diferentes contos realizadas e gravadas por eles.

- Conta un conto animado. Realizamos unha película de animación a partires do

conto de Elmer con figuras de plastilina que creou o alumnado e coa gravación

das súas voces. Empregando aplicacións para a gravación e edición fixemos

videocontos a partires da lectura de Clásicos da Literatura Universal e audiolibros

a partires das obras de Carlos Casares. Noutras ocasións foron as propias

historias dos nenos as que serviron de base para os videocontos

- Eu recomendo… O alumnado e profesorado realizou recomendacións de

lecturas ou dos seus contos preferidos e fixo suxestións á biblioteca para mercar

novos fondos. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/705,

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/733

- Tertulias literarias. No Contexto Lingüístico realizamos tertulias arredor da obra

“La lección de August”. Nelas, os nenos falaron e compartiron reflexións,

sensacións e opinións acerca daqueles fragmentos que eran do seu interese ou

nos que se vían reflectidos por experiencias ou vivencias persoais.

Ao longo do curso tivemos a visita ao centro de diferentes persoas:

- Anxo Moure, con quen abrimos a biblioteca a comezos de curso. Subido no seu

“nubinete” levounos de viaxe a través dunha morea de historias sobre a natureza e

o coidado das árbores. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/633

Page 90: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

90

- O Bardo Abelardo, espectáculo presentado por Servando Barreiro e que xiraba

en torno á obra de Carlos Casares, polo que contou e cantou varias obras do

autor. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/743

- Abraham Carreiro. O ilustrador fixo un obradoiro de debuxo no que nos dou

algún consello para debuxar e para encher de vida os nosos personaxes,

dándolles máis movemento e acentuando os trazos e as expresións da cara.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/737

- Xoán Curiel. O 18 de maio asistimos ao concerto deste músico, que interpretou

algunha das cancións do seu libro- disco “Estamos no verán”.

- Javier Olleros (cociñeiro profesional) e Adelina Padín (agricultora ecolóxica)

faláronnos sobre a riqueza dos produtos da nosa terra e a necesidade de

incorporalos na nosa alimentación para unha dieta saudable, así como a

necesidade de producilos de xeito respectuoso co medioambiente.

3.4- EN RELACIÓN Á EDUCACIÓN PARA A COMPETENCIA EN

INFORMACIÓN

A finais do curso pasado abordamos a elaboración dun novo Proxecto

Educativo no que propuxemos unha importante modificación metodolóxica,

acompañada dunha nova organización espazo- temporal que se implantou este

curso. Deste xeito, todo o alumnado do centro tivo un tempo diario de unha hora e

media que estivo dedicado á Aprendizaxe Baseada en Proxectos (non

empregamos ningún libro de texto en todo o centro). Ademais, a partires de 3º de

Educación Primaria o alumnado traballou en contextos de aprendizaxe durante

Page 91: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

91

este momento (Laboratorio, Calculadeiro, Verbadeiro, Humanidade e

Informadeiro). Isto dou lugar ao desenvolvemento de diferentes proxectos ao

longo do curso nos que o alumnado, traballando en grupos cooperativos de idades

mesturadas, realizou actividades de investigación documental e de creación

(literaria, artística, audiovisual…), tratando sempre de propoñer a elaboración dun

produto final de interese para o alumnado e con repercusión no seu entorno.

Neste senso, cómpre dicir que as novas tecnoloxías xogan un papel

fundamental no traballo diario do alumando, facendo unha incorporación efectiva

das mesmas nos distintos espazos do centro. Agora ben, no enfoque que lle

dámos á tecnoloxía, o alumnado convértese no protagonista, sendo creadores de

contidos propios a través de diferentes “apps”, contidos que logo se exportan ao

exterior por medio da páxina web do centro e redes sociais. Por este motivo

creamos o espazo do “Informadeiro” dentro da biblioteca, un lugar esencial no

traballo diario do alumnado, a onde acoden para darlle saída ás súas producións

en diferentes formatos: radio, televisión, xornal, publicacións online… Deste xeito

tamén tratamos de conxugar o uso dos recursos impresos e dixitais, sendo ambos

igual de necesarios para a realización das diferentes tarefas.

Recollemos a continuación algúns dos proxectos que se levaron a cabo:

- Arte e natureza. Este proxecto de centro serviu, ao longo do curso, de fío

condutor de diferentes momentos e festividades como o Entroido ou a semana do

teatro.

No Entroido os nenos de Educación Infantil disfrazáronse de Frida Kahlo

(que tamén foi o personaxe do noso meco) e Diego de Rivera, no 1º ciclo

Page 92: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

92

disfrazáronse de pintores con motivos de cadros de Miró, no 2º ciclo de Cervantes

e no 3º ciclo pintaron en lenzos de cartón imitacións de cadros famosos.

Na II Semana do Teatro as obras representadas foron as seguintes: “A

cebra Camila” (adaptación do conto), “Ratiños en apuros”, “Cóidallo, cóidao… de ti

depende” sobre a importancia de falar a nosa lingua e o coidado do

medioambiente, “Deixádeme escoitar o parte”, “Todo é un conto”, obra na que se

mesturaron os personaxes de diversos contos infantís e “A pintora Frida Kahlo”,

unha representación biográfica.

Ademais, en relación a este proxecto participamos na VI Semana Mundial

da Educación Artística, colaborando na homenaxe que se fixo na comarca á artista

Lita Cabellut e realizamos un obradoiro de debuxo con Abraham Carreiro como

punto de partida para o traballo sobre a banda deseñada. En Educación Infantil

traballamos as torres como exemplo de arquitectura e a pintura a través de Frida

Kahlo e nas seccións bilingües traballamos o bodegón e o puntillismo.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/706

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/639

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/671

Tamén fixemos actividades en relación á reciclaxe para tratar de

concienciar da importancia da regra das 3 R e da necesidade de ser responsables

cos residuos que producimos, tivemos un obradoiro para aprender a separar ben

os residuos nos diferentes colectores e visitamos a planta de Sogama en A

Coruña, fixemos papel reciclado e reutilizamos materiais para decorar macetas.

Page 93: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

93

Ademais, iniciamos un horto escolar, fixemos un estudo sobre as árbores

do noso patio, incluíndo información sobre elas en carteis con códigos QR e

recreamos o ecosistema da praia de As Patiñas, moi próxima ao colexio.

Outros proxectos desenvolvidos nos contextos de aprendizaxe:

- Literatura Universal. Arredor da lectura de adaptacións das grandes obras da

literatura universal o alumnado buscou información sobre a biografía dos autores e

elaborou mapas mentais coa información seleccionada, escribiu microrrelatos

comezando coa primeira frase dalgunha das obras lidas e gravou videocontos.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/687,

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/680

- Literatura Galega. Este proxecto estivo centrado na obra de Carlos Casares. O

alumnado fixo a adaptación para teatro de marionetas de “O can Rin e o lobo

Crispín” (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/701), ilustrou “Lolo

anda en bicicleta”, escribiu lendas, historias ou curiosidades relacionadas coa

parroquia de San Miguel de Deiro, da mesma maneira que o autor contaba en “A

galiña azul” acontecementos que sucederan na vila na que vivira cando era

pequeno e gravaron audiolibros a partires destas ou outras obras de Carlos

Casares.

- A alimentación.

No contexto humanístico o alumnado fixo un estudo do cultivo do mexillón

na batea, situou xeograficamente as rías galegas nas que se realiza este cultivo,

ademais de coñecer outros lugares do mundo nos que tamén se cultiva o mexillón,

construíu unha batea, reflexionou sobre o cambio climático e a súa influencia no

Page 94: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

94

aumento das mareas vermellas que danan o mexillón e elaborou logotipos, carteis

e anuncios publicitarios para alentar ao consumo deste produto.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/657

No contexto científico elaboraron o seu propio almorzo equilibrado na aula,

reflexionando sobre a importancia do mesmo e analizando os nutrientes que o

almorzo incluía, crearon unha roda alimentaria, un trivial e un xogo da oca

relacionados co tema dos alimentos, elaboraron unha pirámide alimentaria en 3D,

reflexionaron sobre a alimentación saudable, fixeron miniquest, crearon un

receitario de receitas saudables e decálogos de hábitos saudables e estudaron os

distintos aparellos do corpo humano facendo murais e vídeos explicativos do seu

funcionamento.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/650

No contexto matemático buscaron os ingredientes dunha empanada de

mexillón, o seu prezo, a cantidade que sería necesaria de cada un deles,

calcularon despois o prezo total da empanada ou o prezo de porcións, fixeron

actividades con fraccións partindo do estudo da división en porcións da empanada

e actividades sobre xeometría estudando a forma da empanada ou das porcións.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/674

No contexto lingüístico crearon un glosario de palabras relacionadas coa

alimentación equilibrada, elaboraron menús e listas da compra, leron contos sobre

alimentación elaborando con eles o programa de radio “Contando contos e

alimentando bos consellos”, gravaron vídeos explicando a elaboración das as súas

comidas favoritas e fixeron un receitario con elas e crearon diferentes pasatempos

en relación ao tema da alimentación (encrucillados, adiviñas, sopas de letras)

Page 95: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

95

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/614

- A nosa historia. O alumnado de 5º e 6º estudou sobre as Idades Antiga e

Contemporánea, traballando sobre a liña do tempo e realizando láminas con

imaxe e texto que serviron de base para a gravación de vídeos explicativos sobre

estas épocas da historia. Ademais, en relación á Idade Antiga, o alumnado

coñeceu diferentes mostras do legado romano tanto en Galicia coma noutros

lugares de España, así como a importancia dos mosaicos como elemento

decorativo, elaborando o seu propio mosaico con legumes a modo de teselas. En

relación á Idade Contemporánea, o alumnado realizou un estudo sobre a Unión

Europea e tamén sobre o cubismo e un dos seus máximos representantes,

Picasso, realizando autorretratos cubistas seguindo o seu estilo.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/704

- Os segredos que agocha a Terra. Neste proxecto o alumnado estudou as

capas da Terra e da atmosfera, representándoas graficamente, estudou o relevo,

as rochas e os minerais, identificando o nome e as características daqueles que

tiñan na colección da aula. Ademais, experimentaron a erupción dun volcán, para

o que construíron unha maqueta dun volcán e simularon a súa erupción con auga,

xabón, bicarbonato sódico e vinagre, gravando todo o proceso e realizando un

vídeo explicativo do experimento.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/669

- O tempo e o clima. Estudaron a diferenza entre o tempo atmosférico e o clima,

así como aspectos relativos á temperatura, presión atmosférica, precipitacións,

etc., estudaron e situaron diferentes climas e zonas climáticas, construíron un

termómetro e gravaron nun vídeo explicando o proceso de construción e os

Page 96: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

96

cambios que observaron nel e consultaron a información meteorolóxica en

páxinas de internet, analizando os mapas meteorolóxicos e os símbolos que

empregan, para despois ser quen de gravar eles mesmos as predicións

meteorolóxicas para os seguintes días cun mapa proxectado de fondo.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/717

- Cantos somos? Este proxecto centrouse no estudo sobre a poboación e

diferentes aspectos que se relacionan con ela: Padrón, censo, crecemento da

poboación positivo ou negativo, factores que o provocan, emigración e

inmigración, poboación activa e inactiva, etc. Para interiorizar estes conceptos o

alumnado tivo que realizar diferentes actividades como a consulta dos datos do

Padrón municipal (para elaborar unha pirámide de poboación con Excel,

interpretando o significado da mesma), o estudo demográfico do alumando do

centro, a análise do censo de España (realizando diferentes tipos de gráficos que

recollían datos sobre os habitantes de cada comunidade, a poboación estranxeira

en España ou os españois residentes no estranxeiro), o estudo sobre a densidade

de poboación nas distintas provincias españolas ou a análise do fenómeno

migratoria en Galicia (realizando entrevistas a galegos que se viran na necesidade

de emigrar ou a persoas vidas doutros países e residentes na contorna do

alumnado). http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/745

- A auga. Arredor deste elemento tan importante nas nosas vidas o alumnado

escribiu consellos para aforrar auga e, partindo deles, elaborou un vídeo co fin de

concienciar á xente da necesidade de non malgastar este ben tan escaso. Fixeron

un estudo sobre a hidrosfera, os lugares na Terra nos que podemos atopar auga e

Page 97: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

97

un estudo xeográfico dos ríos de España. Ademais, tamén traballaron sobre os

estados e o ciclo da auga, facendo diversos experimentos con auga que logo foron

recollidos en vídeos explicativos do proceso e do fenómeno que se pode observar

neles.

4- AVALIACIÓN DAS ACTIVIDADES E DO FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA A avaliación do funcionamento da biblioteca e do desenvolvemento do

proxecto presentado foi realizada partindo da valoración da situación inicial da

mesma, coa que nos atopamos a comezos de curso e tendo en conta os datos

recollidos en enquisas que pasamos a finais de curso a alumnado, profesorado e

familias, ademais de listados e estatísticas obtidos do MEIGA.

Tamén recollemos as valoracións do profesorado despois da realización de

diferentes actividades ao longo do curso. Por outro lado, nas sesións de traballo

do equipo de biblioteca (xuntanzas semanais todos os martes pola tarde)

comentamos e valoramos a organización e desenvolvemento das diferentes

actividades e as necesidades que fomos observando.

Estas son as conclusión que obtivemos:

Organización espazo- temporal

Despois da modificación que fixemos este curso, a disposición actual da

biblioteca é valorada moi positivamente, considerando que o espazo actual é

axeitado e permite usos moi diversos, ademais de favorecer a integración das

tecnoloxías da información e dos documentos impresos.

Page 98: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

98

Faise unha valoración positiva do horario, se ben se detecta a necesidade

de ofrecer propostas variadas polas tardes para atraer a máis persoas á biblioteca.

Os recursos bibliográficos dos que dispoñemos considéranse adecuados,

pero segue a notarse a necesidade de ampliar o fondo documental, especialmente

de consulta, para poder apoiar todos os proxectos que se leven a cabo. Tamén se

botan en falta máis materiais en inglés así como unha maior visualización das

novidades.

Con respecto ao alumnado

A avaliación que se fai das actividades de fomento da lectura é, en xeral,

moi positiva, xa que se considera que favorecen o hábito lector . Os contacontos,

apadriñamentos lectores, versións de contos ou lecturas cruzadas manteñen vivo

o interese dos nenos cara aos contos e, xunto coas presentación de novidades e

as exposicións temáticas, axudan a que o alumando coñeza os fondos da

biblioteca.

O traballo por proxectos favorece o hábito de consulta, inda que se

considera que é necesario incidir máis na consulta de fondos bibliográficos.

Ademais, esta forma de traballar axuda a desenvolver as competencias do

alumnado, xa que non son meros receptores de contidos, senón que se converten

en artífices da súa aprendizaxe. A comunicación dos contidos creados mellora a

escritura e a oralidade. Dado que a biblioteca favorece o traballo por proxectos,

podemos dicir que axuda a avanzar no proceso de ensino aprendizaxe.

Nas enquisas pasadas ao alumnado, unha alta porcentaxe coñece que tipo

de recursos pode atopar na biblioteca e onde atopalos. Están, en xeral, moi

Page 99: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

99

contentos cos cambios realizados na biblioteca e propoñen a creación de zonas

de música e de xogos de mesa, así como sesións de cine e a adquisición de máis

películas. Si puidemos observar que non coñecen moito o xornal “O Papagaio” ao

que nos subscribimos este curso, polo que tentaremos dalo a coñecer máis o

vindeiro curso.

Con respecto ao profesorado e familias

A implicación das familias nas actividades propostas é boa, pero

consideramos que é preciso propiciar moito máis a súa participación nas

actividades da biblioteca e, de feito, tamén as familias o solicitan nas enquisas.

As mochilas viaxeiras cumpren o obxectivo fundamental de compartir

lecturas en familia e implicalas no fomento do hábito lector dos seus fillos. Así o

entenden tamén as familias, sendo moi boa a aceptación desta actividade. En

xeral están contentas con levalas para a casa e propoñen seguilas mantendo. Si

fan propostas en canto ao contido das mesmas que trataremos de atender o

vindeiro curso.

Unha porcentaxe alta de familias tamén considera útiles os boletíns de

recomendacións, entendendo que facilitan a busca de lecturas de calidade en

diferentes formatos.

Na información recollida nas enquisas das familias podemos observar que

hai certo descoñecemento do horario e dos recursos da biblioteca. Por este

motivo, e sendo ademais este un ano de moitos cambios, propuxemos facer unha

xornada de portas abertas para que as familias poidan coñecer “in situ” o novo

Page 100: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

100

espazo e os recursos que alí poden atopar. Ademais, consideramos prioritario

mellorar a colaboración entre familias e biblioteca.

A implicación do profesorado nas actividades tamén foi positiva e a súa

valoración, tanto das propostas realizadas como do espazo creado e dos recursos

foi, en xeral, boa. Un número importante de profeses consideran necesario

continuar coa formación de usuarios de biblioteca, tanto no que se refire ao propio

profesorado como ao alumnado.

O traballo dos distintos equipos docentes realizouse de xeito coordinado,

elaborando a comezos de curso un calendario de actividades para tratar de que

estiveran relacionadas, entre elas e cos proxectos de traballo que se desenvolvían

nas aulas e para tratar de que non se solaparan unhas con outras. Ademais, na

organización das actividades colaboraron os distintos equipos de mestres.

Con respecto ás actividades

Tanto alumnado, como profesorado e familias valoran positivamente as

actividades levadas a cabo, as accións da biblioteca en canto ao fomento do

hábito lector e o apoio a proxectos. Sinálanse algunhas recomendacións ou

demandas que trataremos de atender o vindeiro curso.

Algunhas actividades como a Semana do teatro ou os contacontos e visitas

de autores son valoradas especialmente.

É necesario mellorar o desenvolvemento do PDI, xa que este ano o

proxecto “Arte e natureza” non foi tratado coa mesma profundidade en todas as

aulas, quedando nalgúns casos o seu desenvolvemento un pouco escaso.

5- PREVISIÓNS DE FUTURO

Page 101: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

101

Este foi un curso de inflexión no noso centro en xeral e no funcionamento

da biblioteca en particular. Despois dunha gran modificación do espazo e dos

recursos da biblioteca é o momento de asentar o papel da biblioteca como eixo de

todos os procesos de ensino- aprendizaxe que se desenvolven no centro e de

mellorar aqueles aspectos que non están especialmente asentados. Así pois,

recollemos neste apartado as propostas de mellora para o vindeiro curso.

En relación ao espazo e aos recursos.

Continuaremos configurando aqueles espazos que non nos foi posible

rematar este curso, en concreto o quiosco e as zonas de música e de xogos.

Tamén son necesarios expositores que permitan visualizar facilmente os fondos,

algún sofá máis para completar as zonas de lectura relaxada e máis librarías para

poder organizar e dispoñer adecuadamente todos os recursos da biblioteca.

En canto a recursos é necesario seguir actualizando os fondos

bibliográficos, co fin de adquirir fondos cada vez máis diversos e que atendan os

gustos, necesidades e intereses de todo o alumnado do centro e co fin de cubrir

todas as demandas das aulas referidas a proxectos de traballo que se vaian

desenvolver en cada unha delas. Continuaremos tamén ampliando a colección de

libros de consulta, sobre temas educativos e pedagóxicos, para adultos.

Con respecto aos recursos tecnolóxicos consideramos necesario seguir

investindo para manter e mellorar os que xa temos e incorporar outros novos

como libros electrónicos, robots, realidade virtual e aumentada e impresoras 3D.

En relación ás actividades

Page 102: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

102

Trataremos de mellorar a formación de usuarios da biblioteca con

actividades específicas, sistematizadas e ben secuenciadas en cada un dos

cursos, apoiándoas en guías de uso e boletíns informativos elaborados polo

equipo de biblioteca.

Tamén será preciso unha mellor organización do horario de actividades

dentro da biblioteca, co fin de que se poidan realizar varias de forma simultánea

con grupos diferentes de alumnos sen que unhas entorpezan as outras e sacando

o máximo proveito dos distintos espazos.

Neste senso e en relación ao “Informadeiro”, pretendemos que en cada un

dos espazos (prensa, radio e televisión) haxa dous alumnos (de 3º a 6º)

responsables das gravacións e edicións, que irán cambiando de forma rotatoria.

Desenvolvemento do PDI

O vindeiro curso propoñemos continuar co desenvolvemento dun proxecto

documental integrado en todo o centro, que favoreza a coordinación vertical entre

todos os niveis. Para o bo desenvolvemento deste proxecto, dende a biblioteca

farase unha estruturación ben organizada de todas as actividades a realizar ao

longo do curso, de tal xeito que se facilite a realización das mesmas nas aulas.

Fomento do hábito lector

Dada a importancia de fomentar o hábito lector, pensamos que é necesario

seguir facendo esforzos neste ámbito. Por iso, ademais de continuar con

actividades encamiñadas a este fin que xa se veñen facendo nos cursos pasados,

tentaremos prestar especial atención ao hábito de préstamos periódicos de fondos

Page 103: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

103

para levar para a casa, ademais de poñer en marcha outras iniciativas como clubs

de lectura ou rutas literarias.

Por outra banda, tamén queremos facer fincapé nas bibliotecas de aula,

configurándoas cunha importante colección de fondos, tanto de literatura como de

consulta e destacando, deste xeito, o papel que ocupan nas actividades diarias de

cada aula e no desenvolvemento dos proxectos. Queremos que sexan dinámicas

e atractivas, como complemento necesario da biblioteca central.

Colaboración coas familias

Este será unha das prioridades de cara ao vindeiro curso. Esperamos abrir

máis canles de participación para as familias, que teñan un maior e mellor

coñecemento dos recursos da biblioteca e que sexan máis partícipes das

actividades que se realicen. En moitas ocasións, as familias xa colaboran

achegando información ou materiais que axudan no desenvolvemento dos

proxectos, pero tamén queremos que participen en contacontos, en obradoiros, en

visitas de autores… Ademais, trataremos de levar a cabo algunhas actividades

polas tardes, como clubs de lectura ou encontros con autores, co fin de dinamizar

a biblioteca fóra do horario lectivo.

Tamén queremos que a Comisión de Biblioteca constituída este curso no

Consello Escolar se converta nun equipo de apoio e de colaboración coa

biblioteca, detectando necesidades, valorando as accións que se leven a cabo e

propoñendo novas iniciativas.

Page 104: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

104

6.7.- MEMORIA DO PROXECTO DE USO E FOMENTO DO GALEGO.

Introducción

Recollemos nesta memoria do Proxecto de fomento e uso do Galego do CEIP

de Viñagrande Deiro, as diferentes actividades levadas a cabo dende o ENDL e

coa colaboración do equipo de Actividades Extraescolares e Biblioteca, para

acadar os obxectivos que nos propuxemos no proxecto.

Continuamos neste curso o traballo iniciado en anos anteriores polo ENDL,

dándolle un enfoque similar a algunhas das actividades propostas e a outras non,

e pretendendo ser máis ambiciosos na nosa loita diaria pola difusión,

conservación, protección,... da nosa lingua que é o galego. Este ano tivo como

eixo central a difusión do galego nos medios de comunicación e así garantir co

alumnado se exprese tanto oralmente coma na escrita no noso idioma. Estes

medios de comunicación que nos axudarán a exportar tódalas actividades que se

realizan no centro en galego serán a radio, a televisión, a prensa e as diferentes

redes sociais.

Deste xeito damos a coñecer a funcionalidade e significatividade da nosa lingua

como medio de comunicación e expresión dende distintas perspectivas e como

recoñecemento da lingua galega como eixo fundamental da nosa identidade

(conxuntamente coas nosas paisaxes, tradicións, festexos...).

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística actual constituído para o

curso 2016/2017 estivo formado polos seguintes membros:

Profesorado:

Isabel Blanco Silva: representante de educación infantil.

Manuel Piñeiro Sánchez: representante do primeiro ciclo.

Jacobo Aragunde Soutullo: representante das especialidades.

Sergio Rosales López: Coordinador e representante dos contextos.

Obxectivos

A realidade do centro como aparece no proxecto sitúase nun contorno castelán

falante, coa conseguinte necesidade de iniciar procesos, actividades e dinámicas

Page 105: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

105

que favorezan unha modificación desta situación. O estudo sociolingüístico

demostrounos que a maioría do alumnado é castelán falante e as familias (que

son maioritariamente galego falantes) soen dirixirse aos máis cativos en lingua

castelá.

Sendo conscientes que a lingua galega no noso centro e na contorna máis

próxima está vivindo unha situación de retroceso, co perigo que iso vai ter para a

vida da nosa lingua, as actividades programadas tiveron como grandes

finalidades:

Lograr a competencia e o uso do galego como primeira lingua.

Consolidar a competencia do castelán sen que o fomento do galego

implique un retroceso nas competencias lingüísticas en castelán.

Poñer en valor a lingua galega implicando a todos os axentes escolares

neste proceso.

Dar a coñecer a toda a comunidade educativa aspectos culturais do entorno

e de Galicia vinculados ao emprego do galego.

Darlle ó noso alumnado a posibilidade de percibir as innumerables

utilidades que ten o noso idioma.

Mellorar a valoración da nosa lingua.

Así, a partires destas finalidades establecemos os seguintes obxectivos:

A longo prazo

Lograr a plena normalización do noso idioma na vida diaria do centro

por parte de toda a comunidade educativa, tanto nas aulas como fóra

delas.

Iniciar un camiño de cooperación e participación do profesorado e

familias ante un proxecto común referido á nosa lingua.

A medio prazo

Lograr unha actitude positiva da comunidade educativa en favor da

normalización.

Dispoñer de material didáctico e multimedia en galego para todas as

áreas.

Page 106: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

106

Aumentar progresivamente os espazos e tempos nos que se

desenvolve o alumnado en lingua galega.

A curto prazo

Comprometer na tarefa normalizadora o maior número posíbel de

membros da comunidade educativa.

Concienciar os sectores máis próximos ou afíns á nosa realidade

para lograr un cambio progresivo da súa actitude lingüística.

Manter en galego toda a documentación administrativa e de xestión

do centro.

Promover o uso do noso idioma en carteis, murais, festivais e todo

tipo de actividades que se realicen dende o centro.

Adquirir por parte do centro material en galego.

Dar os pasos necesarios para a definición da liña lingüística do

centro, planificando o emprego do galego como lingua vehicular do

ensino, partindo do coñecemento detallado e realista da situación.

Deseñar e coordinar un proxecto de sensibilización e actividades a

prol da normalización lingüística dirixidas á comunidade educativa no

seu conxunto.

Concienciar á comunidade educativa de que o galego é unha lingua

que pode servir perfectamente para desenvolverse en todos os

campos (artísticos) e realidades (médico, casa, colexio, con

amizades...).

Amosar ante o alumnado que a aprendizaxe e utilización da nosa

lingua ten interese e utilidade social.

Acadar que o alumnado tome conciencia de que o futuro da lingua

non vai ser indiferente á nosa actuación social concreta e de que a

nosa participación e uso individual van ser elementos positivos na

recuperación de usos.

Potenciar en toda a comunidade educativa as actitudes positivas

cara ao noso idioma.

Page 107: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

107

Para a consecución destes obxectivos marcados fíxose necesario contar coa

axuda, compromiso e participación de toda a comunidade educativa: alumnado,

profesorado, familias e institucións da contorna máis próxima.

Os obxectivos marcados a curto prazo, continuando co xa traballado o ano pasado

foron acadados nunha porcentaxe bastante alta. Agora falta un traballo se cadra

máis duro, ser quen de continuar acadando os obxectivos que nos marcabamos a

medio e longo prazo.

Actividades realizadas

Neste apartado aparecen todas as actividades que se levaron a cabo ao longo

este ano, tanto polo ENDL como polos equipos de extraescolares e biblioteca, xa

que unha parte moi importante das actividades programadas por estes equipos

tiñan coma finalidade o fomento do uso do galego.

Samaín

Esta celebración serviu para dar a coñecer a través de diferentes

actividades,... e coa recollida de cabazas unha tradición e costume moi

arraigada nesta zona e no colexio.

A participación das familias nesta actividade é maioritaria e as cabazas que

presentan para ser expostas no colexio destacan pola súa orixinalidade.

Esta actividade conta cunha gran participación do alumnado e familias e é

visitada por un gran número delas.

Como novidade este ano, elaboramos nas aulas as larpeiradas do Samaín.

Nas diferentes aulas o alumnado tivo que crear un prato monstruoso que

posteriormente foi exposto para ser degustado.

http://chisquinha.blogspot.com.es/2016/10/samain-16.html

Page 108: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

108

http://chisquinha.blogspot.com.es/2016/10/larpeiradas-do-samain-

2016.html?view=snapshot

Magosto-Xogos tradicionais

Este ano a realización do magosto e o tradicional asado de castañas contou

novamente cunha colección de xogos tradicionais que axudaron a vivir esta

data propia da cultura galega.

Estes xogos tiveron moi boa aceptación e neles participaron a totalidade do

alumnado do centro, estes xogos estiveron distribuídos por diferentes

espazos e o alumnado foi pasando polos diferentes espazos habilitados.

As familias asistiron a dita celebración e a incorporación dos xogos axudou

a enriquecer a actividade na que as familias participaban activamente.

http://chisquinha.blogspot.com.es/2016/11/magosto.html?view=snapshot

Page 109: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

109

Eu recomendo

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras dos pequenos do cole. Nos

seguintes vídeos poderedes descubrir cales son os seus contos favoritos e

o que máis lles gusta de cada un deles.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/733

Pandigueiro

Un ano máis o Pandigueiro achegouse ao noso cole para goce do

alumnado e deixarnos un agasallo. Estamos moi contentos da presenza do

noso amigo o Pandigueiro que percorre as diferentes aulas contando

diferentes contos das montañas onde vive.

http://chisquinha.blogspot.com.es/2017/01/pandigueiro.html?view=snapshot

Page 110: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

110

Entroido-Fareleiro

Celebramos o Entroido como parte da cultura tan arraigada a Galicia onde o

alumnado goza ano tras ano desta celebración. Este ano a temática foi a

“Arte” e os distintos ciclos escolleron o seu disfrace.

Continuamos a realizar o Entroido Fareleiro, no cal o alumnado recreou

unha batalla de fariña como se fai en Entroidos da zona de Ourense. Desta

maneira inténtase achegar ao colexio outras maneiras de gozar desta festa

e como novidade invitamos as familias a participar.

http://chisquinha.blogspot.com.es/2017/03/vinagrande-fareleiro.html

http://chisquinha.blogspot.com.es/2017/03/entroido-17.html

Page 111: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

111

Visita ao Salón do Libro

Acudimos ao Salón do Libro de Pontevedra no que o alumnado gozou da

visita polas diferentes salas nos que os animais eran os protagonistas dos

libros, libros moitos deles escritos na nosa lingua. Nesta actividade

participou o alumnado de infantil e dos primeiros ciclos de primaria.

O clube da retranca

Page 112: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

112

O alumnado realizou nunha actividade que consistía en expresarse con

humor na nosa lingua. Os diferentes chistes foron de temáticas moi

diversas e participou alumnado tanto de Ed. Infantil coma de Ed. Primaria.

https://youtu.be/_sECQSDiUAY

Teatro Caracol

A obra de teatro da compañía Caracol este ano levou por título “Invasores”,

polo xeral gustou bastante ao alumnado e ao profesorado.

Parécenos importante co alumnado teña a posibilidade de acudir a un teatro

e que este sexa en galego.

O maio

Este ano ao igual que o ano pasado o maio acompañouse de cantigas que

as familias puideron escoitar. O alumnado foi elaborando o maio en dous

días e cada ciclo dedicouse a unha tarefa concreta. Dende as casas

colabórase moito xa que traen dende pampullos, cartuchos, laranxas,

ovos,... en cantidade suficiente para a súa realización.

Page 113: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

113

http://chisquinha.blogspot.com.es/2017/05/maio-17.html

Spot Publicitario

Antes de dar comezo á semana das Letras Galegas publicitamos a nosa

lingua coa realización de spots publicitarios na que o alumnado realiza o

texto, a gravación, a edición,...

https://youtu.be/7xhgem2Y0uU

Abraham Carreiro

Recibimos a visita de Abraham Carreiro, debuxante, ilustrador e deseñador

gráfico e tamén director do xornal O Papagaio. Abraham ensinounos algúns

trucos para debuxar animais, acentuar a expresividade das caras e darlle

máis vida e movemento aos debuxos. Foi unha velada xenial!

Page 114: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

114

Marionetas

Durante a semana das Letras Galegas dous grupos de nenos

representaron no teatro de marionetas a historia de "O can Rin e o lobo

Crsipín" de Carlos Casares, que prepararan no contexto lingüístico, aos

máis pequenos. Foron unhas sesións moi divertidas. Moitas grazas a todos

os participantes!

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/748

Lemos a Carlos Casares

Este ano as Letras Galegas estiveron adicadas a Carlos Casares e para

coñecer algunhas das súas obras, que mellor que nolas veñan contar á

clase. Isto foi o que sucedeu durante esta semana nas aulas de Educación

Infantil, 1º e 2º. Como os nenos maiores xa coñecían moitos dos libros de

Carlos Casares, posto que desenvolveron un proxecto sobre o autor no

contexto lingüístico, foron xunto aos máis cativos a ler os contos de A

Galiña azul e As historias de Toribio.

Page 115: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

115

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/746

Letras Galegas

Esta é a gran semana de celebración das nosas letras no colexio e este

ano tivemos un gran cartel. Todas as actividades realizadas tiveron unha

gran acollida por parte do alumnado e dos mestres e mestras. Queremos

que estas actividades poidan ser abertas e nelas que participe toda a

comunidade educativa.

As actividades que realizamos foron as seguintes:

Xoán Curiel. Música Infantil

Javier Olleros e Adelina (Restaurante Culler de Pau). Charla

Xoán Silva e Blas. Música Tradicional

Page 116: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

116

O Bardo Abelardo

Na semana das Letras Galegas tivemos no cole a Servando Barreiro

presentándonos o espectáculo O Bardo Abelardo. Acompañado co seu

acordeón fixemos unha pequena viaxe pola obra de Carlos Casares: demos

un paseo en bicicleta con Lolo, plantamos árbores, coñecemos algunhas

historias da Galiña Azul... Unha magnífica maneira de achegarnos ao

homenaxeado deste ano!

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/743

Semana do teatro

Volvese a realizar a semana do teatro xunto co equipo de biblioteca e

resulta todo un acerto, pola participación do alumnado e a asistencia das

familias ás diferentes obras. O alumnado utilizou o galego para expresarse

na realización das diferentes obras.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/736

Blog do ENDL http://chisquinha.blogspot.com.es/

Page 117: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

117

Web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/

GUIMENTO E AVALIACIÓN

Seguimento e avaliación

Mediante as reunións dos membros do ENDL realízase unha avaliación conxunta

das actividades levadas a cabo e das opinións do profesorado do centro implicado

na realización destas actividades. Dita avaliación serviu para valorar o traballo que

se está a facer e para introducir os cambios precisos que nos levan cara unha

correcta actuación.

A partir da recollida destas valoracións, lévase a cabo unha toma de decisións

sobre a conveniencia de seguir con algunha actividade, as posibilidades de

mellora, a opción de eliminar aquelas que non deron o resultado esperado, etc.

Todo isto queda reflectido na presente memoria final, a cal servirá para a

elaboración do proxecto do ano académico 2017/18.

Entre os aspectos avaliados nomeamos os seguintes:

- Unha parte dos obxectivos son acadados segundo o previsto. Pola contra, a

realización e temporalización dalgunha actividade tivo que ser modificada ou

cancelada por varios motivos:

Na organización e temporalización das diferentes actividades faltou

previsión e algunhas actividades non se chegaron a realizar.

Escasa colaboración e interese dalgún profesorado na realización dalgunha

actividade.

- Da valoración do profesorado podemos extraer as seguintes conclusións:

Aquelas actividades que gozan dun respaldo maioritario volveranse a

realizar ou propoñer para o vindeiro curso: Teatro, Contacontos, Música,

Entroido-Fariñento, Magosto-Xogos,...

Algunhas das visitas que recibimos deberíanse traballar na aula e en

reunións do profesorado para poder aproveitar moito mellor ditas visitas.

- A avaliación do proxecto dende o ENDL é necesaria e importante e cremos

necesario establecer unha maior coordinación cos outros equipos. O obxectivo

para o vindeiro ano será que os distintos equipos presentes no centro con

Page 118: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

118

competencias para a programación de actividades busquen a maneira de levar a

cabo un proxecto común entre todos, cunha temporalización ben establecida

dende o inicio e co establecemento dos responsables en por en marcha as

actividades planificadas, tanto as que o alumnado desenvolva na aula co seu titor,

as que se realicen dende o centro como aquelas a realizar coa familia. Deste xeito

creemos que se establecerá unha maior implicación coa finalidade de garantir o

éxito na realización das diferentes actividades.

- Como propostas de mellora, dende o ENDL facemos as seguintes:

Garantir que as actividades que se leven a cabo provoquen consecuencias

positivas no uso do galego na comunidade educativa.

Organizar as diferentes actividades en relación aos contidos que se estean

traballando nas aulas na medida do posible.

Establecer canles de comunicación coas familias a través da rede onde se

comenten as actividades desenvolvidas, se fagan propostas,...etc.

Programar actividades encamiñadas ao fomento da lingua oral en galego.

Propoñemos que o vindeiro ano se traballe o teatro, videoconferencias,

creación dunha radio escolar,... actividades que potencien o uso da

linguaxe oral en galego.

Necesidade de dispor dun tempo no que desenvolver as xuntanzas que

requiran do traballo conxunto non só do equipo de normalización, senón

cos demais equipos co fin de realizar un traballo conxunto.

O director O coordinador

Javier García García Sergio Rosales López

Asdo.: Asdo.:

En San Miguel de Deiro, 26 de xuño de 2017.

Page 119: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

119

6.8.- MEMORIA DE LINGUA ESTRANXEIRA: INGLÉS.

DESCRICIÓN E OBSERVACIÓNS DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO

LONGO DO CURSO.

En primeiro lugar, comentar que na presente memoria se sinalan os proxectos

realizados a partir do 2º trimestre, que é cando me incorporo a este centro.

Na etapa de Infantil estes foron os proxectos que se levaron a cabo por

trimestre:

2º Trimestre: Frida Kahlo. Partindo do proxecto que levaron a cabo as titoras de

infantil, na área de inglés traballáronse temas relacionados co dito proxecto. Isto

é, as cores, os números, partes do corpo, a casa e as partes da casa.

3º Trimestre: As mascotas. Traballouse cos distintos tipos de mascotas, a súa

descrición e as súas principais características, valorando a importancia de ser

responsable á hora de coidar dun animal así como da natureza que nos rodea.

Na etapa de Primaria, estes foron os proxectos levados a cabo nos cursos

1º e 2º:

2º Trimestre: O corpo humano. Os alumnos traballaron co vocabulario relacionado

coas partes do corpo, e traballouse a diversidade e a importancia do respecto cara

aos demais independentemente, do seu aspecto físico.

3º Trimestre: A paisaxe. Tratáronse os distintos tipos da paisaxe, isto é, a paisaxe

de costa, do interior, e o vocabulario relacionado cos mesmos.

Os proxectos levados a cabo nos cursos 3º, 4º, 5º e 6º foron os seguintes:

2º Trimestre: Tempo metereolóxico, no que os alumnos aprenderon no só o

vocabulario relacionado co proxecto, senón tamén como utilizar este vocabulario

para facer a predición do tempo, coñecer e diferenciar os climas tanto de Galicia e

de España en xeral, cos de Inglaterra e Estados Unidos, coas súas propias

características.

2º Trimestre: O Espazo. Neste proxecto traballouse o vocabulario correspondente,

e tamén a Galaxia, o Sistema Solar e os planetas. Buscando a información máis

reseñable de todos eles. Ao final fíxose un último traballo consistente nun mural

no que se mostra o sistema solar, e mediante Códigos QR se recolle a principal

información dos diferentes planetas.

Page 120: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

120

3º Trimestre: A cidade. Proxecto no que se traballaron as distintas estruturas e

vocabulario para poder moverse por unha cidade, pedindo información de cómo ir

a algún sitio en concreto o explicando onde estaba algún edificio determinado.

Para levar este proxecto adiante, os alumnos realizaron unha pequena cidade en

miniatura pola que eles mesmos se movían. Gustaríame sinalar que este traballo

ao final tamén resultou válido para que outros titores puideran utilizalo para os

seus propios proxectos.

3º Trimestre: O verán. Onde se traballaron aspectos como temas relacionados

coa época estival e plans de vacacións coas diferentes actividades que se poden

realizar nesta época.

MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO

Material tecnolóxico:

Tablets, ordenadores, cañóns, impresora.

Material funxible:

Fotocopias, revistas, témperas, folios, cartulinas, etc…

Material de reciclaxe:

Caixas de cartóns

Material didáctico:

Elaborado pola mestra de Inglés e polos propios alumnos, vídeos musicais,

películas en inglés, etc…

METODOLOXÍA EMPREGADA

PROGRAMA DE APRENDIZAXE VIVENCIAL

Constitúe un tempo de aprendizaxe vivido: a música, a arte, a segunda lingua

estranxeira, os valores sociais e cívicos, o teatro… deben ser aprendidos dende

unha perspectiva moito máis práctica. Para iso, o profesorado especialista

organizará sesións didácticas nas que o alumnado teña a oportunidade de sentir,

vivir e emocionarse coas aprendizaxes.

Impartirase en espazos determinados e específicos que posibilitarán un traballo

Page 121: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

121

manipulativo, directo, eminentemente práctico e moi conectado coas vivencias do

propio alumnado. Así, os contidos curriculares referidos á música, ó inglés, aos

valores sociais e cívicos, aos obradoiros científicos, matemáticos, lingüísticos

e artísticos serán tratados dende unha vertente moito máis real e significativa:

bailes, cancións, ritmos e melodías, dramatizacións, obradoiros en inglés,

proxectos didácticos coordinados entre o profesorado… son exemplos nos que

desenvolvemos determinados contidos destes niveis e das áreas de

coñecemento.

En Educación Primaria a tipoloxía de actividades son xa máis específicas e cun

maior grado de dificultade e estarán centradas en retos e plans de traballo ou

proxectos nos que se desenvolva o currículo das especialidades de: Música, EF,

Inglés e outros contidos que poden ser ensinados e aprendidos en proxectos ou

obradoiros: marquetería, traballo con barro, sesións de ganmificación,

aprendizaxes vivenciais en situacións reais ou simuladas (supermercado, rueiros,

mapas)…etc

AVALIACIÓN

RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS

A sinalar a boa integración dos alumnos e a súa participación no

desenvolvemento dos proxectos

CASOS PARTICULARES A SINALAR

Na etapa de infantil suliñar o caso de catro alumnos que por distintos

motivos mostraron algún tipo de dificultade, sexa para centrar a súa

atención ou distintos ritmos de aprendizaxe.

Na etapa de primaria, mencionar algúns casos con dificultades no seu ritmo

de aprendizaxe.

DOS RESULTADOS DO ALUMNADO

Nesta área de Inglés, o currículo foi desenvolvido na súa práctica

totalidade. Os alumnos, en líneas xerais e en maior ou menor grado,

conseguiron alcanzar os obxectivos marcados.

Page 122: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

122

DA COORDINACIÓN DOCENTE

Celebráronse reunións de ciclo de forma mensual o que facilitou en gran

medida o seguimento do alumnado e a maneira de enfocar o

desenvolvemento dos proxectos a levar a cabo en cada momento.

DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Na etapa de primaria houbo un alumno con necesidades de apoio e

medidas de atención a diversidade.

DA METODOLOXÍA EMPREGADA

Metodoloxía innovadora e moi positiva no só cara ao alumnado, senón

tamén cara ao profesorado.

AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO

Levouse a cabo mediante un seguimento continuo de todo o proceso de

aprendizaxe dos alumnos. É de recoñecer que debido ao novo sistema

educativo establecido, ás veces resultou un pouco complicado, pero máis

real que con outras metodoloxías.

AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE.

Hai que ter en conta que é o primeiro ano no que se establece este

sistema, e a mestura do alumnado por idades, polo que sempre haberá

cousas por mellorar cara ó vindeiro curso.

AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO.

Dende o punto de vista da área de Inglés, este novo sistema resulta máis

eficaz á hora de ensinar o idioma, e para os alumnos é máis doado xa que

estudan de forma máis conectada coa realidade que lles rodea. O traballo

por proxectos motiva moito máis ós alumnos, así como a mestura de

idades. É un sistema onde os alumnos comproban que o que aprenden ten

unha conexión máis forte co mundo real. Vólvense máis autónomos e

responsables á hora de traballar. A nivel do docente implica un cambio de

rol, que aínda que máis complicado, tamén é máis gratificante á hora de

traballar.

QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?

Faltou máis comunicación entre titores e mestra de inglés á hora de enfocar

Page 123: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

123

os proxectos. Debería facerse un esforzo por coordinar e colaborar máis.

PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO

- Facerlles chegar aos alumnos, a mensaxe de que para conseguir uns

obxectivos hai que esforzarse e facerse responsable do seu propio

traballo. Non confundir o non ter exames co que non hai que traballar.

- Unha maior colaboración entre titores e mestre/a de inglés.

- Ao afianzar estes dous puntos, se solventarían moitas das outras

deficiencias.

NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS

- Unha maior formación en novas tecnoloxías, no só a parte do

profesorado, senón a todo docente que traballe no centro e dentro

deste novo sistema.

- Máis formación cara á diversidade do alumnado.

Viñagrande a 26 de xuño de 2017

A especialista de Inglés

Asdo:

Page 124: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

124

6.9- MEMORIA DAS AULAS DE PT E AL

MEMORIA DO MESTRE ESPECIALISTA EN PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Na etapa de educación infantil e primaria no curso 2016/17 atendéronse un total

de 12 alumnos distribuídos da seguinte maneira:

• 1º de Primaria__________ 4 alumnos.

• 2º de Primaria__________ 4 alumnos.

• 3º de Primaria__________ 3 alumnos..

• 5º de Primaria__________ 1 alumno.

No primeiro curso de educación primaria tivemos 4 alumno:

• 1 alumno con microdeleción en 2q23.1. que recibiu apoio 5 sesións

semanais.

• 1 alumno con TEA que recibiu apoio 5 sesións semanais.

• 1 alumno con TDAH que recibiu apoio 5 sesións semanais.

• 1 alumno con altas capacidades intelectuais que recibiu apoio 5 sesións

semanais.

Reforzo de aspectos como a compresión lectora e razoamento lóxico matemático

en todo o grupo clase.

No segundo curso de educación primaria tivemos un total de 4 nenos:

• 2 alumnos con dificultades de aprendizaxe que recibiron apoio 5 sesións

semanais.

• 1 alumno posible TDAH que recibiu apoio 5 sesións semanais.

• 1 alumno diagnosticado de dislexia que recibirá apoio 5 sesións semanais.

Reforzo de aspectos como a compresión lectora e razoamento lóxico matemático

en todo o grupo clase.

Non promocionan 2 dos 4 nenos atendidos por non acadar os obxectivos.

No terceiro curso de educación primaria tivemos un total de 3 nenos:

• 1 alumna con retraso global do desenrolo que recibiu apoio 4 sesións

semanais.

• 2 alumnos con dificultades de aprendizaxe que recibiron apoio 4 sesións

semanais.

Page 125: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

125

Reforzo de aspectos como a compresión lectora e razoamento lóxico matemático

en todo o grupo clase.

No quinto curso de educación primaria, tivemos 1 alumno:

• 1 alumno con dificultades de aprendizaxe e ACS que recibiu apoio 2

sesións semanais.

Reforzo de aspectos como a compresión lectora e razoamento lóxico matemático

en todo o grupo clase.

OBXECTIVOS

Desde a concepción da pedagoxía-terapéutica, como o conxunto de recursos

persoais e materiais postos a disposición do centro educativo para poder dar unha

resposta axeitada as necesidades que, de forma permanente ou transitoria,

presenta o alumnado e defendendo unha posición cara a atención a diversidade

desde a perspectiva da inclusión; acadamos os seguintes obxectivos.

Obxectivos a nivel centro:

Colaboramos na toma de decisións respecto a metodoloxía, organización,

criterios de avaliación que favorezan a inclusión de alumnos con

necesidades educativas e se reflicten nos documentos oficiais do centro.

Colaboramos na elaboración dos criterios de atención a diversidade

recollidos nos diferentes documentos do centro.

Obxectivos a nivel de Equipo Educativo.

Colaboramos e asesoramos sobre adaptacións metodolóxicas.

Colaboramos e asesoramos sobre adaptacións curriculares.

Mantivemos reunións periódicas de coordinación cos titores e outros

profesionais que atenden a alumnos con necesidades educativas.

Colaboramos na elaboración e adaptación de materiais didácticos.

Orientamos sobre a avaliación e promoción de alumnos con necesidades

educativas específicas.

Obxectivos a nivel aula.

Colaboramos na planificación e desenvolvemento dos procesos de ensino-

aprendizaxe das aulas.

Page 126: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

126

Colaboramos en medidas de flexibilización, organización, metodoloxía,

criterios de avaliación e promoción.

Colaboramos nos axustes curriculares dos alumnos con necesidades

educativas específicas.

Obxectivos de atención directa con alumnos.

Atendéronse aos nenos/as no ambiente máis normalizado e inclusivo

posible.

Desenvolvéronse obxectivos o máis funcionais posible.

Identidade e autonomía.

desenvolvemento sociopersoal.

comunicación oral (comprensión, expresión, memoria verbal).

comunicación escrita (mecánica lectora, comprensión, mecánica escritora,

comprensión escrita).

Comprensión de conceptos matemáticos.

Desenvolvéronse técnicas de traballo adecuadas.

Obxectivos con pais/nais.

Acadouse, soamente nalgúns casos, a participación dos pais/nais no

proceso de ensino-aprendizaxe.

Informouse da problemática dos seus fillos e das medidas que se adoptaron

ao respecto.

CONTIDOS.

Foron contextualizados en función das características e necesidades concretas do

alumnado. Tiveron como marco de referencia básico a función social que ten a

ensinanza e a relación co contexto particular.

Os criterios de selección e priorización dos contidos en relación coa diversidade

baseáronse na: significatividade, transferencia, representación cultural, a

eliminación ou compensación do etnocentrismo, sexismo, racismo,… a

funcionalidade e o equilibrio entre contidos cognitivos, procedimentais e

actitudinais.

METODOLOXÍA.

Page 127: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

127

Empregouse unha ampla variedade de actividades e experiencias educativas. A

intervención procurou desenvolver as destrezas, habilidades cognitivas e

metacognitivas tales como: aprenderlles a preguntar, aprenderlles a pensar,

aprenderlles a discutir, aprenderlles a resolver problemas e a buscar as respostas

por eles mesmos.

A metodoloxía foi levada a cabo en coordinación cos profesores titores de

cada alumno.

AVALIACIÓN.

Colaboramos na avaliación dos alumnos aportando instrumentos e recursos

variados en coherencia cos obxectivos fixados. Os instrumentos foron

preferentemente cualitativos utilizando os cuantitativos como unha axuda para

precisar aqueles.

ORGANIZACIÓN DAS AULAS DE APOIO.

A aula de pedagoxía terapéutica organizouse atendendo a cubrir minimamente as

necesidades do centro. O mestre prestou atención a alumnos de educación

primaria.

Priorizouse a atención nos primeiros niveles de primaria.

Realizáronse reunións periódicas cos titores co fin de traballar de forma

colaborativa de cara a establecer unha relación de axuda mutua co fin de dar

resposta a diversidade dos alumnos.

En San Miguel de deiro, a 26 de Xuño de 2017

O especialista en Pedagoxía Terapéutica

Jacobo Aragunde Soutullo

Page 128: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

128

MEMORIA MESTRA ESPECIALISTA EN AUDICIÓN E LINGUAXE

Ó longo deste curso levouse a cabo unha atención ó alumnado que

presentou diversas dificultades na área da comunicación e da linguaxe.

Este curso académico, como especialista en Audición e Linguaxe, ocupei

unha praza itinerante compartida co C.E.I.P. San Roque, ambos no concello de

Vilanova de Arousa, funcionando 3 días no centro base: luns, martes e xoves de

9:35 a 14:35 horas e dous no C.E.I.P. de Viñagrande: mércores e venres 9.00 a

14.00 horas.

O alumnado tivo unha atención individualizada e ou grupal, en sesións de

30 a 50 minutos.

Así mesmo levouse a cabo programas de estimulación da linguaxe cos

grupos de nenos/as de 3 anos (con 12 nenos/as), 4 anos e 5 anos (en dous

grupos: Viñananos A e B con 13 nenos/as cada un) en sesións de 50‟ nas aulas

de Educación Infantil.

Sempre que se puido, as intervencións foron dentro da aula ordinaria xunto

cos seus compañeiros e titor/a (especialmente para xeneralizar o aprendido).

As intervencións específicas que levei a cabo como Mestra de Audición e

Linguaxe foron propostas e deseñadas polo Departamento de Orientación. A miña

labor neste centro desenvolveuse de forma coordinada cos/as titores/as dos

alumnos/as, co profesor de Pedagoxía Terapéutica e Orientadora do centro.

Alumnado atendido de audición e linguaxe

EDUCACIÓN INFANTIL

4 anos A (5º) 1 alumno

5 anos A (6º) 3 alumnos/a

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º A 3 alumnos/as

2º A 6 alumnos/as

3º A 1 alumno

Page 129: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

129

A casuística atendida foi diversa: síndrome xenético, dislalias funcionais,

retrasos xeneralizados do desenvolvemento, trastornos específicos da linguaxe,

alteracións na lecto- escritura.

A acción educativa tivo sempre presente os principios de normalización e

inclusión educativa. A programación contemplou tanto as necesidades educativas

xa identificadas como as novas.

Recursos

Recursos persoais: O traballo en equipo foi imprescindible para o logro dos

obxectivos propostos. Traballarase conxuntamente con todo o profesorado do

centro, persoal Directivo, especialista de Pedagoxía Terapéutica (PT) e

Orientadora do Centro; familias e os propios alumnos.

Recursos Espaciais:

Un aula de Audición e Linguaxe compartida con P.T.e Xefa de departamento

de orientación e tamén contamos co resto das instalacións do Centro.

Recursos materiais:

Todos aqueles dispoñibles na aula de A.L:, Departamento de Orientación e

do Centro en xeral, como por exemplo: ordenador con Internet, monicreques,

espello de parede, material de sopro, láminas, pictogramas, etc. Ademais de

materiais de elaboración propia.

Coordinación, reunións e actividades dende o Departamento de Orientación

Ao longo do curso, estableceuse unha liña de coordinación cos titores para

intercambiar información en relación ao desenvolvemento dos alumnos.

Cos pais, conversouse a través de reunións en presenza do titor/a co fin de

orientalos e intercambiar información acerca do funcionamento dos alumnos no

contorno escolar e familiar.

Avaliacións e informes finais

Realizouse informes trimestrais e un informe final para os pais de cada

alumno, titor/a e Departamento de Orientación, no que figura a valoración da

Page 130: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

130

comunicación e da linguaxe, a evolución durante o curso, a súa actitude, os datos

familiares relevantes, si é o caso, e a conveniencia ou non de seguir coa

intervención da mestra/e de AL no próximo curso.

Entregouse ao Departamento de Orientación unha lista dos alumnos que

deberán seguir concorrendo o curso que vén e os posibles novos casos para

valorar.

Propostas de mellora para o próximo curso

Suxiro continuar coas sesións de apoios dados durante este curso.

Sería conveniente, dentro do posible, realizar máis reunións de

coordinación cos titores e cos membros do Departamento de Orientación para

xuntar criterios de actuacións e materiais.

É necesario contar con mais material acorde ás necesidades dos alumnos.

Silvia Alba González Hermida

Audición e Linguaxe

Page 131: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

131

6.10.- MEMORIA DA SECCIÓN BILINGÜE DESCRICIÓN E OBSERVACIÓNS DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO

LONGO DO CURSO.

Os proxectos desenvolvidos ao longo do curso foron os seguintes:

- Still life. En relación ao proxecto dos alimentos que se estaba a desenvolver

nos contextos de aprendizaxe cada alumno pintou a seu bodegón, a

partires do que traballamos aspectos como a perspectiva ou luces e

sombras e investigamos para coñecer os bodegóns máis famosos.

- Monster hands. Con motivo da celebración do Samaín fixemos unha

recreación de mans terroríficas empregando papel e cola.

- Puntillismo. Coñecemos en que consistía esta técnica artística e fixemos

dúas creacións diferentes: un conto ilustrado breve no que cada alumno

elaborou unha das viñetas empregando esta técnica e unha creación grupal

de gran tamaño na que representamos diferentes árbores do patio,

relacionándoo co traballo sobre as árbores que se estaba levando a cabo

no contexto científico.

- Elmer. Empregando plastilina, o alumnado modelou os diferentes

personaxes deste conto, co fin de realizar posteriormente unha curta de

animación utilizando a técnica do Stop Motion. Finalmente, esta curta non

foi posible finalizala por falta de tempo.

- Lita Cabellut. Participamos na VI Semana Mundial da Educación Artística e

na homenaxe que se lle fixo a Lita Cabellut en Vilanova de Arousa. Para

isto, o traballo realizado nas aulas polo alumnado consistiu na elaboración

de flores de papel, ás que logo lles puxemos os talos e pintamos con cola

branca. Estas flores serviron para a instalación que se colocou diante do

concello de Vilanova e que os nenos pintaron con pistolas de auga o día da

visita de Lita Cabelut.

- Creación dun cómic. Inicialmente, o alumnado (en parellas) elaborou o

guión da historia e o bocexo das viñetas: Logo debuxou e pintou cada unha

Page 132: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

132

delas e, finalmente, fixeron un vídeo coas imaxes das viñetas e a gravación

das voces.

- Ademais, realizamos outras actividades máis puntuais como a elaboración

de elementos decorativos en Nadal, colaboración na elaboración dos

disfraces de Entroido de Viñagrandes, creación do Meco,murais colectivos

no día da Paz…

MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO

No desenvolvemento das sesións empregamos material diverso habitual

para as creacións artísticas:

- Útiles de escritura e debuxo: lapis de cores, ceras, rotuladores, pinceis,

témperas, regras…

- Materiais funxibles: folios, cartolinas, papel continuo, celofán, cartón, cola…

Como recursos tecnolóxicos empregamos o ordenador e proxector, cámara

de fotos e de vídeo e tablets.

METODOLOXÍA EMPREGADA

Os proxectos que se propuxeron trataron de conxugar a creación artística,

tanto debuxo e pintura como creacións manuais, coa produción audiovisual.

Tivo gran relevancia o traballo colaborativo, sendo moitas das actividades

realizadas creacións feitas en grupo.

AVALIACIÓN

RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS

Todos os grupos traballaron de forma positiva, participando activamente

nas actividades propostas e amosando unha boa colaboración nas realizacións de

grupo.

Page 133: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

133

DOS RESULTADOS DO ALUMNADO

Todo o alumnado conseguiu os obxectivos propostos en maior ou menor

medida. Si é certo que hai algúns alumnos que non acadaron unha notable

evolución no seu debuxo ou nas creacións de carácter máis manual, facéndose

notable en moitos casos, a necesidade de potenciar este tipo de actividades.

DA COORDINACIÓN DOCENTE

As sesións de coordinación entre as dúas mestras responsables das

seccións bilingües resultou moi positiva, permitindo unha estreita colaboración na

planificación das sesións, na preparación dos materiais necesarios, na valoración

do desenvolvemento dos proxectos…

AVALIAR O FUNCIONAMENTO DAS SECCIÓNS BILINGÜES

Atopáronse moitas dificultades no que ao uso da lingua inglesa se refire,

resultando bastante complexo que o alumnado seguira as explicacións das

actividades cando estas se facían en inglés e sendo necesaria a aclaración na

nosa lingua. Tratouse de que o alumnado fora incorporando palabras ao seu

vocabulario referidas a materiais ou accións habituais no traballo artístico, así

como expresións que se empregan habitualmente nas aulas. Neste senso si

podemos facer unha valoración positiva do funcionamento das seccións bilingües.

QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?

Dadas as características das actividades artísticas, faise necesario contar

cunha zona axeitada para a súa realización, onde haxa espazo suficiente e onde

poder dispor dos útiles e materiais necesarios. Neste senso, botamos en falta este

espazo, pero grazas á creación dunha zona de expresión artística na biblioteca

que practicamente xa está rematada, esperamos que isto xa estea solucionado o

vindeiro curso.

PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO

Page 134: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

134

- Organizar proxectos de traballo de menor duración no tempo. Ao ter unha

sesión semanal, houbo algúns proxectos que se estenderon demasiado no

tempo, o que non favoreceu o seu desenvolvemento e incluso, non foi

posible rematar totalmente algún deles.

- Incluír obradoiros de construción ou creación manual (marquetería, barro,

pintura sobre cristal, sobre tea…)

Viñagrande a 26 de xuño de 2017

A mestras responsables das seccións bilingües

Page 135: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

135

6.11.- MEMORIA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

1. INTRODUCCIÓN

A Orde do 24 de xullo de 1998, da Consellería de Educación e Ordenación

Universitaria, pola que se establece a organización e funcionamento da

orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG

31/07/98), refírese no artigo 15º.2 á memoria do Departamento de Orientación

como un documento que deberá redactar o orientador e determina que deberá

recoller polo menos:

- As modificacións introducidas no proceso de desenvolvemento do plan,

programa ou programas.

- Os cambios na realidade educativa.

- O grao de consecución dos obxectivos establecidos no plan.

- A implicación e participación dos diferentes profesionais que colaboren nel.

- As conclusións e propostas concretas de mellora.

Así, dando cumprimento ao prescrito, este Departamento presenta a

avaliación-memoria do presente curso, que foi elaborada a partir do establecido no

Plan de Orientación, en cada un dos seus subprogramas e no PAADO,

empregando os procedementos e instrumentos previamente determinados e

recollendo as valoracións dos membros da comunidade educativa implicados, co

obxecto de constatar a idoneidade e adecuación das actuacións desenvolvidas e

os aspectos sobre os que será necesario incidir no curso próximo.

2. MEMORIA-AVALIACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN

Todos os obxectivos xerais recollidos no Plan de Orientación deste centro,

así como as actuacións previstas, foron levados a cabo satisfactoriamente; se ben

é certo que debemos considerar moitos destes obxectivos “en proceso” xa que

serán unha labor continua ao longo de varios cursos.

Page 136: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

136

Deste xeito, en relación ao establecido no P.O. destacamos unha serie de

actuacións levadas a cabo:

a) En relación ao centro:

- Realización de diversos documentos: informes de derivación a servizos

médicos, modelos de compromisos familiares de entrega de documentos e

colaboración no apoio, contratos de conduta, horarios de apoios, etc.

- Participouse na realización e seguimento de diferentes documentos e

proxectos do centro.

- Informouse das novidades lexislativas relativas ao currículo, ANEAE, etc.

- Coordinámonos cos IES A Basella, aos que estamos adscritos por Lei,

sempre que se nos convocou e segundo as necesidades aparecidas.

- Coordinación do Contrato-Programa.

- Participicación na elaboración do Nivel de Concreción Curricular no

apartado referente a Atención a Diversidade.

b) En relación ao alumnado:

- Atención ao ANEAE:

. Leváronse a cabo a totalidade de avaliacións psicopedagóxicas en

función das demandas recibidas, así como a redacción dos

correspondentes informes.

. Confeccionouse o horario de atención ao ANEAE tendo en conta as

prioridades establecidas no PXAD.

. Elaborouse un cadro coa previsión do ANEAE para o próximo curso, de

cara a facilitar o traballo á orientadora que se incorpore, xa que o centro

non conta con orientador definitivo.

. A mestra AL levou a cabo un Programa de Estimulación da Linguaxe Oral

en Educación Infantil, e realizou varios informes que recollen as

dificultades existentes na linguaxe de diversos alumnos. En ocasións,

realizáronse reunións xunto cos titores coas familias dos nenos e nenas

para darlle unhas pautas/recomendacións para traballar as dificultades da

linguaxe e da comunicación detectadas nos nenos ou nenas.

Page 137: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

137

. Realizáronse observacións sistemáticas a aqueles alumnos que, nun

primeiro momento, presentaban dificultades na aprendizaxe co fin de

axustar a resposta educativa.

. Atendéronse todas as demandas informais feitas polos titores ou familias,

facilitando as orientacións oportunas.

. Colaborouse na avaliación de varios nenos.

c) En relación ao profesorado:

- Asesorouse, colaborouse e ofrecéronselle recursos dende o Departamento

aos mestres-titores, mestres especialistas e equipo directivo en todo aquilo

que precisaron ao longo do curso.

- Informouse das modificacións lexislativas existentes.

- Asistimos (apoio e asesoramento) a diversas reunións que varios titores

mantiveron con pais, nais, servizos externos…

d) En relación ás familias:

- Informamos puntualmente aos pais/nais de todas as medidas adoptadas co

ANEAE para atender ás súas dificultades.

- Asesoramos ás familias no tocante a facilitarlles os contactos de axentes

externos para atender as necesidades dos seus fillos.

e) En relación aos servizos externos e a outras institucións:

- Establecéronse contactos cos distintos profesionais externos ao Centro que

inciden na atención aos ANEAE; contactos telefónicos, entrevistas,

intercambio de información e informes (incluíndo visitas ao Centro nalgún

caso)…

- Colaborouse cos Servizos Sociais do Concello de Vilanova (Educadora

Familiar), Gabinetes Privados, Equipo de Orientación Específico de

Pontevedra, Asociación XUNTOS, Servizo de Asesoramento de

Orientación da Xunta de Galicia e outros Orientadores de centros

próximos.

Page 138: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

138

Asemade, recollemos a continuación varios aspectos que consideramos

necesario ter en conta:

Accións previstas e non realizadas:

- Colaborar na revisión e actualización do Plan de Convivencia.

- Colaborar na elaboración do NOF.

Reunións celebradas: Foron realizadas todas as reunión semanais

previstas, así como as reunións mensuais con todos os membros do D.O.

Participación nas reunións do Departamento: a participación nas reunións

foi sempre do 100%

Número de demandas recibidas: 10

Número de demandas atendidas: 10

Instrumentos e/ou documentos elaborados:

- PAADO.

- Informes de derivación a pediatría.

- Actas de reunión do D.O.

- Modelo de entrevista inicial ás familias.

- Informe individualizado final de etapa de EI.

- Informes para a USMI-X Pontevedra.

- Informes psicopedagóxicos.

- Carta informativa do servicio de atención temperá: UDIAF

3. MEMORIA-AVALIACIÓN DO PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

A avaliación do PXAD realizouse empregando o cuestionario incluído no

propio plan. A continuación recóllense os aspectos máis significativos desta

valoración:

Page 139: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

139

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: ANEAE

Nº de alumnos con RE do propio titor 29

Nº de alumnos con RE doutro profesor con horario dispoñible 20

Nº de alumnos con apoio do mestre PT 12

Nº de alumnos con apoio do mestre AL 14

Nº de alumnos atendidos por problemas de conduta (aula de

Convivencia)

---

Nº de alumnos obxecto de avaliación psicopedagóxica 7

Nº de alumnos obxecto de AC 2

Nº de alumnos que non promocionaron ao curso seguinte 3

Nº de alumnos que foron derivados a servizos externos (EOEs,

pediatría, USMI-X, servizos sociais, etc.)

8

Outras medidas desenvoltas __

Do mesmo xeito, cabe destacar que se seguiron todos os protocolos

establecidos no PXAD para atender ao ANEAE. Mantendo así mesmo a pauta de

priorizar sempre as necesidades existentes nos cursos inferiores.

4. MEMORIA-AVALIACIÓN DO PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES DO D.O.

Con respecto ao PAADO, destacar que algunhas das actuacións previstas

non foron levadas a cabo, así como outras non previstas si que foron postas en

práctica:

ACTUACIÓNS NON REALIZADAS:

- Establecer as directrices do Plan de Convivencia para o noso centro.

- Revisar o Plan de acollida.

- Propoñer cursos de formación aos titores en función das súas

necesidades.

- Formular propostas para o desenvolvemento das habilidades sociais e a

prevención de problemas de convivencia.

Page 140: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

140

ACTUACIÓNS NON PREVISTAS E LEVADAS A CABO:

- Cumprimentar a documentación relativa á petición de BECAS NEAE.

- Diferentes visitas a gabinetes externos, colaboracións con especialistas

e asistencia a cursos fóra do horario lectivo para completar a formación

e así mellorar a atención ao alumnado ANEAE con trastornos

específicos de aprendizaxe.

5. PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO.

Sabemos que a avaliación constitúe un elemento imprescindible para a

mellora do proceso educativo e os seus elementos. So dende unha reflexión

crítica compartida polos integrantes da comunidade educativa acerca do

desenvolvemento das actuacións levadas a cabo poden poñerse en marcha

procesos de mellora fundamentados e enriquecedores.

En consecuencia, de cara a planificación do traballo do vindeiro curso,

deberemos ter en conta que:

O desenvolvemento xeral e posta en marcha do PO, do PXAD e do PAADO

foron satisfactorios.

Os seguintes aspectos serán susceptibles de mellora:

- Revisión e actualización do Plan de Acción Titorial.

- Revisión e actualización do Plan de Convivencia.

- Para poder atender axeitadamente todo o alumnado que presenta

dificultades AL, sería necesario contar cuns recursos persoais mínimos.

Isto é, un Mestres especialista en AL exclusivo para o centro.

- Instaurar a realización dos seguintes talleres:

. Habilidades sociais.

. Técnicas de estudo.

- Colaborar na avaliación inicial do alumnado que comeza a etapa de EP

de maneira máis estreita, elaborando informes individualizados de cada

alumno.

Page 141: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

141

- Colaborar na avaliación final do alumnado de 6º de EP para coñecer as

necesidades que presentan os nenos e nenas que mudan de etapa

educativa e así, poder informar a orientadora do Instituto

correspondente.

6. CONSIDERACIÓNS FINAIS.

Esta memoria, logo da súa posta en común, foi aprobada por tódolos

membros do Departamento de Orientación con data 26 de xuño de 2017.

Vilanova de Arousa, 26 de xuño de 2017

A xefa do Departamento de Orientación

Mª del Carmen Mouriño Mouriño

Page 142: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

142

6.12.- MEMORIA DO EQUIPO DE MATERIAL DIDÁCTICO E ESTÉTICA .

Tendo en conta as propostas que se incluíron na programación leváronse a cabo

as seguintes actuacións:

- No interior (planta baixa): colocouse unha mesa feita con palets e se

rehabilitaron os dous bancos na entrada ou recibidor do colexio. Emprégase

como un espazo o que os nen@s acoden a facer diversos traballos ou no

que as familias esperan, en caso de ser necesario, a ser atendidos para

entrevistas co profesorado.

- Ademais na porta de saída ao patio leváronse a cabo as actucións

previstas. A un lado, colocamos un moble con estantes onde estuveron

colocados diversos libros relacionados coa arte e na actualidade están

colocadas unhas macetas con plantas diferentes decoradas polo alumnado.

Á dereita habilitóuse un espazo para plantas naturais.

- Tamén se colocaron alfombras e obxectos decorativos acordes coa estética

do centro.

No exterior:

- É neste espazo onde non se actuou todo o que era necesario. Os nen@s

colaboraron facendo unha casiña para o patio e aumentouse a zona

destinada ao patio de Infantil.

- O director falou con diferentes organismos públicos para solicitar a

posibilidade de retirar o asfalto do patio, pero non obtivo unha resposta

positiva.

Planta superior:

- Creouse un almacén de material didáctico ordeado por materias e retirouse

moito material vello ou deteriorado. Ademais se colocaron carteis para

identificar o alí se pode atopar.

- Cremos que é responsabilidade dos titores de Primaria e especialistas a

organización do material didáctico no almacén da planta superior.

Page 143: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

143

Conclusións:

- Quizais na zona do patio infantil é onde non se levaron todas actuacións

que serían necesarias, moitas veces por falta de tempo e outras por non

contar coa colaboración necesaria por parte das entidades públicas.

Propostas de mellora:

- Non se percibe necesaria a presenza deste equipo para o vindeiro curso.

Cremos que as nosas funcións están determinadas por terceiras persoas:

ciclos, concello, persoal de obras e limpeza…

- Continuar coa esixencia da mellora no patio para Infantil suprimindo a pista

grande.

- Organizar mellor o material funxible en Conserxería. No primeiro trimestre

do vindeiro curso este equipo se compromete a organizar mellor este

espazo.

- Modificar a periodicidade das xuntanzas de equipos (excepto o equipo de

Biblioteca que polo PLAMBE necesitará reunirse semanalmente).

- Cremos que puidera ser necesario crear unha rama dentro do equipo del

biblioteca para levar a cabo un PDI ben definido e estruturado:

responsables, tempos, coas actividades deseñadas no mes de setembro

Asdo. A coordinadora do equipo

Cristina Louzao García

Page 144: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

144

6.13.- MEMORIA DO EQUIPO DE ECOLOXÍA

Introducción

Recollemos nesta memoria do equipo de Ecoloxía do CEIP de Viñagrande

Deiro,as diferentes actividades levadas a cabo dende dito equipo coa colaboración

de todo o profesorado do centro.

Comezamos neste curso con este novo equipo, conscientes da importancia dunha

conciencia ecolóxica no alumnado. Arrancamos con forza levando a cabo o

proxecto “Planeta Deiro” coa cal nos presentamos a dous concursos, “Voz Natura”

e o Plan Proxecta “Recíclate con Sogama”, conseguindo finalmente o primeiro

premio no segundo deles.

Como dixemos este ano o eixo central do equipo foi o proxecto “Planeta Deiro”

que se explicará mais tarde.

O Equipo de Ecoloxía constituído para o curso 2016/2017 estivo formado polos

seguintes membros:

Profesorado:

Jacobo Aragunde Soutullo: Coordinador. Mestre de Pedagoxía Terapéutica.

Manuel Piñeiro Sánchez : Titor 1º Educación Primaría.

Isabel Blanco Silva: Titora de 4º de Educación Infantil.

Amalia María Estévez Reino: Titora 6º Educación Primaria

Mercedes Ares Vieito : . Titora en substitución 6º Educación Primaria

Obxectivos

O obxectivo principal de este equipo é que o alumnado sexa o protagonista do

cambio nos comportamentos en relación coa natureza nos ambientes nos que vive

(colexio, casa, parroquia, concello e outros lugares). Dende o noso punto de vista

con este traballo póñense en valor modelos pedagóxicos e propostas didácticas

nas nosas aulas e no noso centro que ofrezan a posibilidade real de mellorar os

procesos de ensino e aprendizaxe.

Outros obxectivos específicos foron:

- Concienciar de forma lúdica e educativa sobre a importancia da reciclaxe.

Page 145: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

145

- Incentivar a erradicación de diferentes axentes contaminantes e concienciarnos

dos seus perigos.

- Contribuír a reducir a proliferación de focos contaminantes incontrolados na

contorna do colexio..

- Concienciar sobre a importancia da educación ambiental e a súas

consecuencias.

O grao de consecución dos obxectivos previstos para este programa podemos

consideralo moi elevado, pois co comezo da campaña conseguimos un cambio

nos hábitos de reciclaxe das nenas e nenos, así como a consecución dun

compromiso por parte das familias para implicarse neste proceso.

Para a consecución destes obxectivos marcados fíxose necesario contar coa

axuda, compromiso e participación de toda a comunidade educativa: alumnado,

profesorado, familias e institucións da contorna máis próxima.

Os obxectivos marcados foron acadados nunha porcentaxe bastante alta. Agora

falta un traballo se cadra máis duro, ser quen de continuar acadando os

obxectivos que nos marcabamos a medio e longo prazo.

Actividades realizadas

Neste apartado aparecen todas as actividades que se levaron a cabo ao longo

deste ano:

PLAN PROXECTA RECICLATE CON SOGAMA E VOZ NATURA.

Coa finalidade de amosar ás novas xeracións os perigos do comportamento do ser

humano sobre o noso planeta naceu o proxecto “Planeta Deiro”. Tendo en conta a

velocidade coa que estamos desfacendo o noso planeta, é necesario máis que

nunca que o alumnado coñeza e sexa capaz de desenvolver un conxunto de

medidas en favor do medio ambiente no planeta terra e no noso “Planeta Deiro”

que representa a contorna onde vive e se relaciona socialmente o alumnado do

centro. A necesidade dun ensino significativo lévanos a centrar este proxecto na

contorna.

Page 146: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

146

Este foi un proxecto dirixido a todo o alumnado do CEIP de Viñagrande - Deiro,

abarcando as etapas de educación Infantil e Primaria. Fomentamos durante todo o

curso escolar medidas en favor da conservación do medio ambiente.

CONCURSO MELLOREMOS O NOSO COLE

Dende o equipo de medio ambiente do CEIP Viñagrande –Deiro, quixemos

recuperar para uso e goce de toda a comunidade educativa o pequeno xardín que

se atopa ao carón das escaleiras que dan aceso ao patio. Para iso, pretendemos

que cada aula presentase un pequeno proxecto para entre todas e todos decidir

que é o que imos a facer.

Dicir que a gañadora foi a clase de sexto e que o próximo ano intentarase levar a

bo porto a remodelación de ese xardín.

HORTO ESCOLARE

Coa axuda do programa voz Natura este ano construímos un horto escolar.

Debido a falla de tempo e prazos alleos ao centro ao final soamente se puideron

plantar unhas poucas leitugas que o alumnado levou para os seus fogares. Para o

ano e con maior planificación, este horto estará en funcionamento durante todo o

curso.

DOTACIÓN DE ILLAS DE RECICLAXE NAS AULAS.

Coas axuda do Plan Proxecta “Recíclate con Sogama” e cos cartos de “Voz

Natura”, este ano colocáronse illas de reciclaxe en tódalas aulas.

COLOCACIÓN DA TIRA GRÁFICA DE LUÍS DAVILA.

Luís Davila cedeunos unha tira gráfica para concienciar as rapazas e rapaces do

noso cole sobre o tema da reciclaxe. Grazas a este apoio visual, as nenas e nenos

do centro xa non terán dúbidas de onde botar o lixo que producimos.

VISITA DE JAVIER OLLEROS E ADELINA.

Page 147: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

147

O cociñeiro Javier Olleros e a produtora ecolóxica Adelina, viñeron a darnos unha

charla sobre a importancia dos produtos ecolóxicos na cociña.

Seguimento e avaliación

Mediante as reunións dos membros do equipo realízase unha avaliación conxunta

das actividades levadas a cabo e das opinións do profesorado do centro implicado

na realización destas actividades. Dita avaliación serviu para valorar o traballo que

se está a facer e para introducir os cambios precisos que nos levan cara unha

correcta actuación.

A partir da recollida destas valoracións, lévase a cabo unha toma de decisións

sobre a conveniencia de seguir con algunha actividade, as posibilidades de

mellora, a opción de eliminar aquelas que non deron o resultado esperado, etc.

Salientar que unha parte dos obxectivos son acadados segundo o previsto pero a

realización e temporalización dalgunha actividade tivo que ser modificada ou

cancelada por varios motivos como a falla de previsión

A avaliación do proxecto dende o equipo é necesaria e importante e cremos

necesario establecer unha maior coordinación cos outros equipos. O obxectivo

para o vindeiro ano será que os distintos equipos presentes no centro con

competencias para a programación de actividades busquen a maneira de levar a

cabo un proxecto común entre todos, cunha temporalización ben establecida

dende o inicio e co establecemento dos responsables en por en marcha as

actividades planificadas, tanto as que o alumnado desenvolva na aula co seu titor,

as que se realicen dende o centro como aquelas a realizar coa familia. Deste xeito

creemos que se establecerá unha maior implicación coa finalidade de garantir o

éxito na realización das diferentes actividades.

- Como propostas de mellora, dende o Equipo de Ecoloxía facemos as seguintes:

Garantir que as actividades que se leven a cabo provoquen consecuencias

positivas no alumnado.

Organizar as diferentes actividades en relación aos contidos que se estean

traballando nas aulas na medida do posible.

Page 148: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

148

Establecer canles de comunicación coas familias a través da rede onde se

comenten as actividades desenvolvidas, se fagan propostas,...etc.

Programar actividades encamiñadas ao fomento da conciencia ecolóxica.

Facer un calendario anual de plantación.

Establecer sesións semanais por aula para o traballo no horto escolar.

Equipamento adecuado de traballo na escola para o horto escolar.(botas,

guantes, …)

Baleirado por parte do alumnado das illas de reciclaxe de aula.

En San Miguel de Deiro, 26 de xuño de 2017.

Asdo. O Coordinador do Equipo de Ecoloxía

Jacobo Aragunde Soutullo

Page 149: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

149

6.14.- MEMORIA DE EDUCACIÓN MUSICAL

DESCRICIÓN E OBSERVACIÓNS DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO

LONGO DO CURSO.

Ao longo do curso desenvolvéronse os seguintes proxectos:

- Proxecto de estimulación temperá. Neste proxecto, desenvolvido en

Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria, realizouse un traballo conxunto cos

titores destes cursos e a mestra de Educación Física. Dende música colaborouse

na programación das sesións de psicomotricidade e no desenvolvemento das

mesmas, no que se refire ao traballo do ritmo. As actividades propostas

centráronse na percusión corporal, no movemento rítmico e no ritmo da linguaxe.

- Música tradicional. Ao longo do curso traballáronse diversas cantigas

tradicionais en todos os niveis co fin de propiciar o coñecemento do patrimonio

musical galego.

- Sonorización de contos. Neste proxecto, desenvolvido no 3º ciclo de

Educación Primaria, o alumnado centrouse na exploración sonora, empregando

todos os recursos ao seu alcance (voces, instrumentos, obxectos, internet…) para

ambientar o entorno sonoro de diferentes contos infantís.

- Medioambiente e reciclaxe. En relación ao proxecto “Recíclate con

Sogama”, desenvolvido no centro, traballamos diferentes cancións e versións de

contos sobre temáticas referidas ao coidado do medioambiente.

Ademais, desenvolvéronse outras actividades dos distintos ámbitos da

Expresión Musical ao longo do curso relacionadas con outros proxectos que se

estaban a desenvolver no centro ou con determinados momentos do ano, como o

Samaín, o día da Paz ou o Nadal.

MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO

No desenvolvemento das sesións empregamos discografía e bibliografía

diversa, os distintos instrumentos que temos na aula (instrumentos de pequena

percusión, de placas e teclado), ademais de diferentes obxectos sonoros. O

alumnado de Viñagrandes tamén empregou a súa propia frauta.

Page 150: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

150

Como recursos tecnolóxicos empregamos o equipo de música, ordenador e

proxector, cámara de fotos e de vídeo e tablets.

METODOLOXÍA EMPREGADA

Nas contexto musical tratouse de desenvolver todos os contidos a partires

da práctica, primando a vivencia e a experimentación dos mesmos e incorporando

a linguaxe musical progresivamente, de xeito máis relevante a partires do 2º ciclo

de Educación Primaria.

A maioría das actividades desenvolvéronse en gran grupo, onde se fai

relevante a achega de cada alumno para acadar un resultado global. Pero tamén

se realizaron traballos individuais e en grupos pequenos. Nestes últimos, nos

cursos de Viñamedios e Viñagrandes propuxéronse plans de traballo para o seu

desenvolvemento.

AVALIACIÓN

RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS

Todos os grupos traballaron de forma positiva, acadando os obxectivos

establecidos e consolidándose as relacións interpersoais a medida que foi

avanzando o curso. Por este motivo, valoro moi positivamente o traballo en grupo

e a mestura de idades, xa que propiciou que os nenos se coñeceran mellor e se

axudaran mutuamente, de xeito que se favoreceron as relacións sociais e a

atención ao alumnado con máis dificultades. Unicamente sinalar as dificultades

atopadas nalgunhas ocasións cos grupos de Viñapeques, aos que resultou máis

difícil motivar e conseguir manter a súa atención ou o silencio necesario para a

realización de actividades de escoita ou audición.

CASOS PARTICULARES A SINALAR

En Educación Infantil cabe sinalar a situación de dous nenos que

amosaron importantes dificultades na realización das actividades musicais,

especialmente rítmicas e de expresión vocal.

Page 151: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

151

No 1º ciclo de Educación Primaria houbo varios nenos que amosaron

dificultades, non acadando os obxectivos un deles. O próximo curso valorarase a

posibilidade facer unha adaptación curricular.

No 2º ciclo non se atoparon dificultades especialmente relevantes, pero si

considero importante prestar especial atención á evolución dun alumno que

parece amosar cada vez máis dificultades.

No 3º ciclo sinalar a un alumno que amosa importantes dificultades rítmicas

e de expresión vocal, ao que se suma en moitas ocasións un nivel moi baixo de

atención. Ademais, resaltar dous nenos que seguen tendo dificultades para

integrarse efectivamente no grupo e colaborar no desenvolvemento das

actividades de forma positiva.

DA COORDINACIÓN DOCENTE

As sesións de coordinación de ciclos semanais, ás que fomos asistindo os

especialistas de forma rotatoria, propiciaron unha mellor coordinación entre os

distintos mestres, facilitando o intercambio de opinións sobre o progreso dos

grupos e as dificultades que se foron atopando con algúns nenos en particular.

DA METODOLOXÍA EMPREGADA

En canto á metodoloxía empregada creo que é preciso mellorar a

organización das sesións, propiciando unha realización máis autónoma das

actividades por parte do alumando e dando maior cabida a actividades de creación

propia en pequeno e gran grupo.

AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO

Os criterios de cualificación establecidos na programación e tidos en conta

na avaliación foron explicados ao alumnado ao comezo de curso. Ademais, ao

longo do meso tamén se informou dos aspectos que se ían avaliar a través de

rúbricas nas diferentes actividades ou proxectos.

QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?

Debido á organización temporal do centro este curso, foi necesaria a

modificación da organización das sesións de Educación Musical. Considero que é

Page 152: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

152

preciso unha maior variación das actividades desenvolvidas, especialmente no 1º

ciclo, onde non sempre se conseguiu manter a atención e motivación do

alumnado, polo que será preciso unha maior diversificación das actividades

desenvolvidas ao longo das sesións.

En canto á organización do espazo é preciso definir mellor algúns recantos

e crear unha zona de asemblea ou posta en común.

PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO

- Organizar pequenos recantos dentro da aula co fin de establecer

momentos de traballo en pequenos grupos durante as sesións.

- Colocar un espello nunha das paredes da aula para permitir que o

alumnado se vise nas actividades de movemento e expresión corporal, co fin de

potenciar a conciencia corporal.

- Mudar as cadeiras de pala por outro tipo de mobiliario para crear unha

zona de asemblea máis acolledora que facilite as postas en común, as

explicacións previas a unha actividade ou o intercambio de opinións entre o

alumnado.

NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS

As necesidades de formación que considero máis relevantes refírense a:

- educación e xestión emocional.

- neurociencia

- detención de posibles dificultades significativas no alumnado e atención

das mesmas.

Viñagrande a 26 de xuño de 2017

A especialista de Educación Musical

Page 153: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

153

6.15.- MEMORIA DE EDUCACIÓN FÍSICA E PSICOMOTRICIDADE. DESCRICIÓN E OBSERVACIÓNS DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO

LONGO DO CURSO.

PROXECTO DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ: “ESTIMULA O TEU CORPO,

ACTIVA O TEU CEREBRO”

No curso que remata continuamos o proxecto de atención temperá “Estimula o teu

corpo, activa o teu cerebro” (en diante PET). O obxectivo fundamental foi traballar

e afianzar habilidades perceptivas a través do movemento co fin de favorecer un

desenvolvemento neurolóxico adecuado no alumnado da etapa de infantil, como

prevención de futuros trastornos de atención e aprendizaxe.

O alumnado entre os 3 e os 7 anos realizou unha sesión diaria de

psicomotricidade, impartidas polas mestras titoras, a mestra especialista en Ed.

Física e a mestra especialista e Ed. Musical.

Unha vez rematado o curso, somos máis conscientes da importancia de este tipo

de traballo xa que nos axudou a situarnos máis claramente en que momento

evolutivo se atopa o alumnado e a tomar as decisións necesarias en caso de

alumnos que precisen algún tipo de reforzo neste eido.

PDC (PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO) – CENTROS ACTIVOS E

SAUDABLES: “MÓVETE MÁIS EN VIÑAGRANDE”

Debido ao aumento das chamadas “enfermedades hipocinéticas” e dos trastornos

de atención e aprendizaxe por un mal afianzamento das habilidades

psicomotrices, consideramos que a práctica de actividade física en idade escolar

debe aumentar buscando unha infancia máis saudable. Con este obxectivo como

eixe fundamental o CEIP Viñagrande – Deiro participou no presente curso 2016-

2017 no programa Xogade para fomentar entre os máis novos o gusto pola

práctica físico-deportiva e ensalzando valores de esforzo, superación persoal e a

toma de consciencia de que cada un ten a súa saúde nas súas propias mans.

Considerando, ademáis, que na meirande parte dos casos, representa o primeiro

Page 154: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

154

contacto dos nenos coa práctica deportiva, podendo deste xeito trasladala ao seu

tempo de lecer.

UNIDADES DIDÁCTICAS TRABALLADAS AO LONDO DO CURSO:

Habilidades motrices básicas

As habilidades nos xogos colectivos

Deporte de adversario-implemento: bádminton

Coordinación e equilibrio

Xogos predeportivos

Floorball

Relaxación e control postural a través do ioga

Acrosport

NOTA: das unidades programadas traballáronse todas excepto “Xogos e rutas no medio natural” por falta de tempo.

MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO

No ximnasio utilizamos, ao longo deste curso, tanto pequeno material como

pelotas, ata gran material como pode ser a escaleira de braquiación.

En canto aos recursos humanos, as sesións de EF de 3º a 6º foron impartidas pola

mestra especialista mentres as clases de psicomotricidade foron impartidas pola

especialista e os tirores.

METODOLOXÍA EMPREGADA

PET (PROXECTO DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ):

Utilizouse unha metodoloxía activa e sistemática por descubrimento, onde

se plantexaban as diferentes tarefas deixando ao alumnado que atopase

unha execución motora adecuada buscando sempre unha maior eficacia

motriz. Cando isto non se conseguía sí se lle daban consignas para

logralo.

A organización podía ser en gran grupo, grupos reducidos, parellas ou

Page 155: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

155

individuais.

EF (EDUCACIÓN FÍSICA):

En 3º, 4º, 5º e 6º de EP traballouse por circuitos aspectos relativos a

habilidades motrices simples. E a través de xogos e deportes (de

adversario e de equipo) a aplicación ás situacións complexas das

habilidades antes citadas.

AVALIACIÓN

Deixar constacia na memoria dunha breves referencias sobre a avaliación nestes

eidos:

Nos niveis onde se traballa o PET, a avaliación consiste nunha batería de

exercicios motrices, de ritmo e de comprobación de integración de reflexos

primitivos. Unha vez aplicada esta batería a tódolos nenos de infantil e 1º e 2º de

EP, obsérvase que a evolución motriz é significativa e positiva, exceptuando tres

casos en infantil e outros tres en 1º, que pese á súa mellora, esta non é a

correspondente coa súa idade cronolóxica. Salientar un neno en 1º que está moi

por debaixo do desenvolvemento psicomotor correspondente á súa idade

cronolóxica e para o curso que ven valorarase a realización dunha adaptación

curricular. Coa aplicación de esta batería púidose observar que o reflexo espinal

galant aínda está moi activo en líneas xerais polo que para o curso que ven será

necesario incidir nel.

Nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º as avaliacións das diferentes unidades didácticas

traballadas ao longo do curso, foron mediante rúbricas que se colgaban no

ximnasio para que o alumnado con anterioridade fora consciente de que aspectos

se ían ter en conta para obter unha nota final. A forma de avaliar foi continua, e

consistiu en probas específicas para comprobar o grao de afianzamento das

diferentes habilidades que se consideraban fundamentais para un adecuado

desenvolvemento psicomotriz e ademais empregouse fundamentalmente a

observación directa nas diferentes sesións.

QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?

O que nos falta e máis formación. O traballo diario é suficiente e o material que

Page 156: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

156

imos necesitando vaise comprando.

PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO

As propostas de mellora para o curso 2017-2018 son:

Traballo na área:

o programar as actividades en función das carencias observadas

na avaliación

o facer dous grupos para o traballo da psicomotricidade en Ed.

Infantil, por limitacións de espacio.

o valorar a posibilidade de realizar algunha sesión no pavillón.

Instalacións e material.

o Pintar as paredes do ximnasio.

o Seguir invertindo en material para crear un almancén básico para

o traballo motriz.

NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS

Educación emocional.

Neurociencia.

Viñagrande a 26 de xuño de 2017

A especialista en Educación Física

María Castro Nine

Page 157: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

157

6.16.- MEMORIA “CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES”

Título do proxecto:

MÓVETE MÁIS EN VIÑAGRANDE

Introdución (sinopse do proxecto):

Como cada ano dende o CEIP Viñagrande-Deiro quixemos fomentar a práctica de

actividade física en idade escolar co fin de asentar as bases para unha infancia

máis saudable e menos sedentaria, favorecendo a través do movemento un

adecuado desenvolvemento neuromotriz e participar de este xeito na educación

integral do alumnado. Con este obxectivo, sumamos ó traballo que realizamos no

noso centro, a participación durante o curso 2016-2017 no programa XOGADE.

Debido ao aumento das chamadas “enfermedades hipocinéticas” e dos trastornos

de atención e aprendizaxe por un mal afianzamento das habilidades

psicomotrices, consideramos que a práctica de actividade física en idade escolar

debe aumentar buscando unha infancia máis saudable. Con este obxectivo como

eixe fundamental o CEIP Viñagrande – Deiro participou no presente curso 2016-

2017 no programa Xogade para fomentar entre os máis novos o gusto pola

práctica físico-deportiva e ensalzando valores de esforzo, superación persoal e a

toma de consciencia de que cada un ten a súa saúde nas súas propias mans.

Considerando, ademáis, que nameirande parte dos casos, representa o primeiro

contacto dos nenos coa práctica deportiva, podendo deste xeito trasladala ao seu

tempo de lecer.

Para todo isto, o CEIP Viñagrande-Deiro solicitou a participación nas actividades

físicas e deportivas organizadas dentro de XOGADE.

A continuación móstrase o enlace á páxina web do centro onde se ían colgando

imaxes e videos das diferentes actividades deportivas. Premer no apartado de

Educación Física: www.edu.xunta.es/centros/ceipdevinhagrande/

Page 158: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

158

Grao de consecución dos obxectivos:

Os obxectivos plantexados foron os seguintes:

- Favorecer o desenvolvemento integral dos nenos e nenas a través do

movemento.

- Desenvolver e afianzar as habilidades motrices básicas a través da práctica

deportiva.

- Fomentar o traballo cooperativo dentro do equipo deportivo.

- Incentivar a práctica, dende un punto de vista educativo e saudable, de

actividades físicas por parte do alumnado.

- Eliminar a presenza de hábitos sedentarios na vida dos escolares.

- Fomentar as relacións sociais entre os nenos e nenas de diversos colexios.

- Practicar diferentes deportes dun xeito lúdico e recreativo.

- Favorecer a inclusión na práctica deportiva escolar.

Neste curso decir que a consecución dos obxectivos foi moi positiva xa que os

alumnos do colexio practicaron varios deportes na área de Educación Física

evitando deste xeito o sedentarismo, e buscando sempre o traballo das

competencias básicas tendo como eixe fundamental de traballo o mantemento da

saúde e o afianzamento de habilidades motrices perceptivas e básicas como

prevención de trastornos de atención e aprendizaxe. Todo este traballo súmase ao

realizado no centro a través do Programa de atención temperá “Estimula o teu

corpo, activa a teu cerebro”.

Os alumnos tiveron a oportunidade de practicar e vivenciar diferentes deportes

de xeito lúdico compartindo xornadas deportivas có alumnado doutros colexios o

que axudou a fomentar as relacións sociais entre eles.

En tódalas xornadas deportivas todo o alumnado participou

independentemente das súas cualidades físico-deportivas, feito imprescindible si

dende os centros educativos pretendemos favorecer a inclusión.

Page 159: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

159

Organización, desenvolvemento e metodoloxía:

Actividade deportiva-competitiva.

En estas actividades organízanse sesión multideporte nun centro educativo,

ademáis de carreiras de campo a través. O CeipViñagrande- Deiro participou nas

seguintes actividades:

A. Campo a través: carreira de campo a través celebrada na Azucareira o xoves 1

de decembro de 2016 (Portas). Prticiparon os nenos e nenas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º

de Ed. Primaria.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=taxonomy/term/85

B. 1ª Xornada de Deporte Escolar: en xaneiro de 2017 recibimos no noso colexio

ao alumnado do CEIP Enrique Barreiro de Vilariño (Cambados) para vivenciar

xuntos unha mañá deportiva practicando fútbol, baloncesto, balonmán, bádminton,

xadrez e brilé.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=taxonomy/term/85

C. 2º Xornada de Deporte Escolar: non participamos porque o número de centros

na zona do Salnés é impar, polo que en cada xornada deportiva debe descansar

un centro.

D. 3º Xornada de Deporte Escolar: nesta ocasión o mércores 29 de marzo, o

alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria desplazouse ata Noalla para compartir

unha mañá de deporte co alumnado do CEIP Telleiro.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=taxonomy/term/85

Avaliación (instrumentos utilizados e resultados obtidos):

Levouse a cabo unha avaliación continua, global e integradora, tendo en conta o

progreso e a consecución dos obxectivos plantexados.

Page 160: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

160

Unha vez rematada a participación en Xogade a valoración é positiva pois

alcanzáronse tódolos obxectivos previstos.

Logo de cinco cursos consecutivos participando no Programa Xogade o

profesorado e o alumnado do centro móstranse satisfeitos e con ganas de seguir o

próximo curso.

Listaxe de profesorado participante e tarefas realizadas:

María Castro Nine

Encargada de coordinar a participación do CEIP Viñagrande- Deiro en Xogade

(Plan proxecta). Organización das xornadas celebradas na "casa" e das saídas

tanto para participar en carreiras como para acudir a outros colexios.

Como mestra de Educación Física traballou os distintos deportes na súa área,

preparando previamente ao alumnado para a súa participación en Xogade.

Para a organización das xornadas multideporte e a arbitraxe dos diferentes

partidos das xornadas organizadas na casa, tamén colaboraron os seguintes

mestres:

- Jacobo Aragunde Soutullo

- José María Martínez Armas.

Bibliografía:

- Glen Doman, Douglas Doman e Bruce Hagy: Bebé en forma, bebé

inteligente. Desde el nacimiento a los seis años. La revolución pacífica.

EDAF, 2012.

- Jorge Ferré Viciana e María del Mar Ferré Rodríguez: Neuro-psico-

pedagogía infantil. Bases neurofuncionales del aprendizaje cognitivo y

emocional. Editorial Lebón, Barcelona, 2013.

- Jorge Ferré, Jorge Catalán, Víctor Casaprima e José V. Mombiela: Técnicas

de tratamiento de los trastornos de la lateralidad. Editorial Lebón, Barcelona

2006.

Page 161: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

161

- Jorge Ferré, Jorge Catalán, Víctor Casaprima e José V. Mombiela: El

desarrollo de la lateralidad infantil. Niño diestro – Niño zurdo. Editorial

Lebón, Barcelona 2014.

- Jorge Ferré Viciana e María del Mar Ferré Rodríguez: Lateralidad infantil.

100 preguntas – 100 respuestas. Editorial Lebón, Barcelona 2015.

- www.disanedu.com

- www.vozymovimiento.com

- Estimulaciónydesarrollo.blogspot.com

- https://escuelaconcerebro.wordpress.com

- Guía Así, así?: web da Consellería de política social.

Viñagrande a 26 de xuño de 2017

A coordinadora

Asdo: María Castro Nine

Page 162: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

162

6.17.- MEMORIA “VOZ NATURA” E “RECÍCLATE CON SOGAMA”

TITULO DO PROXECTO

“PLANETA DEIRO”

Constituiu un mesmo proxecto para duas convocatorias diferentes.

INTRODUCCIÓN

Dende o curso 2014-2015 o CEIP Viñagrande-Deiro iniciou un proceso de

transformación na busca dun modelo de centro educativo, que sexa quen de dar

resposta ás actuais demandas da sociedade e ás características das xeracións

máis novas.

As sociedades evolucionan rapidamente mentres que os centros educativos

amósanse moi remisos a acompañar de preto esta transformación. Semellan estar

ancorados no século XX no referido ás súas estruturas organizativas, didácticas e

metodolóxicas sen atender a moitos factores que interveñen directamente nos

procesos de ensino e aprendizaxe do alumnado.

Consideramos prioritario poñer en funcionamento novas estruturas organizativas,

modelos pedagóxicos e propostas didácticas nas nosas aulas e no noso centro

que ofrezan a posibilidade de mellorar os procesos de ensino e aprendizaxe.

Partindo desta premisa, de novos modelos pedagóxicos e propostas didácticas,

naceu este proxecto “Planeta Deiro”, coa finalidade de amosar ás novas xeracións

os perigos do comportamento do ser humano sobre o noso planeta. Tendo en

conta a velocidade coa que estamos desfacendo o noso planeta, é necesario máis

que nunca que o alumnado coñeza e sexa capaz de desenvolver un conxunto de

medidas en favor do medio ambiente no planeta terra e no noso “Planeta Deiro”

que representa a contorna onde vive e se relaciona socialmente o alumnado do

centro. A necesidade dun ensino significativo lévanos a centrar este proxecto

nesta contorna (parroquia, concello, colexio e nos fogares do noso alumnado).

Que podemos facer?

Antes da elaboración dun produto final pasamos por diferentes contidos

relacionados coa educación medio ambiental e que tratamos nas nosas aulas.

Todas as actividades que se propuxeron neste proxecto teñen un para que en si

mesmas, unhas veces é gozar ao realizalas e outras veces e a saída que teñen

Page 163: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

163

ata o exterior a través dos medios de comunicación: radio, prensa, televisión,

internet, redes sociais,... etc.

Á vez que lle dan sentido e funcionalidade ás actividades, fan que medre o

interese e a motivación. O tipo de saída que teñan as actividades determinará a

planificación, a responsabilidade do alumnado e a utilización dos recursos.

OBXECTIVOS

O obxectivo principal de este proxecto e que o alumnado sexa o protagonista do

cambio nos comportamentos en relación coa natureza nos ambientes nos que vive

(colexio, casa, parroquia, concello e outros lugares). Dende o noso punto de vista

con este traballo póñense en valor modelos pedagóxicos e propostas didácticas

nas nosas aulas e no noso centro que ofrezan a posibilidade real de mellorar os

procesos de ensino e aprendizaxe.

Outros obxectivos específicos foron:

- Concienciar de forma lúdica e educativa o sobre a importancia da reciclaxe.

- Coñecer as distintas fontes de enerxía e valorar as suas procedencias e os

seus usos.

- Incentivar a erradicación de diferentes axentes contaminantes e

concienciarnos dos seus perigos.

- Contribuír a reducir a proliferación de focos contaminantes incontrolados na

contorna do colexio..

- Concienciar sobre a importancia da educación ambiental e a súas

consecuencias.

O grao de consecución dos obxectivos previstos para este programa podemos

consideralo moi elevado, pois co comezo da campaña conseguimos un cambio

nos hábitos de reciclaxe das nenas e nenos, así como a consecución dun

compromiso por parte das familias para implicarse neste proceso para construír un

“PLANETA DEIRO” mellor.

Esa melloría e constatable por medio das enquisas que elaborou o alumnado e

que tiveron unha incidencia moi positiva. Como poderedes ver nos seguintes

enlaces:

- http://vinhagrandes.wixsite.com/voznatura/single-post/2016/10/21/ENQUISA

Page 164: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

164

- http://vinhagrandes.wixsite.com/voznatura/single-

post/2017/05/22/INCIDENCIA-DO-PROXECTO-NOS-FOGARES

ORGANIZACIÓN

Este foi un proxecto dirixido a todo o alumnado do CEIP de Viñagrande - Deiro

(Vilanova de Arousa), abarcando as etapas de educación Infantil e Primaria.

Fomentamos durante todo o curso escolar medidas en favor da conservación do

medio ambiente.

Pretendemos levar a cabo este proxecto dunha forma lúdica e motivadora para

que o alumnado mostrase o maior interese e participación posible.

A primeira parada fixo referencia ao coñecemento das fontes de enerxía que

existen (renovables e non renovables,) para que o alumnado fora coñecedor do

excesivo consumo enerxético que temos os seres humanos. Cales son as fontes

de enerxía que consumimos?, Como son?, De onde saen?, Que provoca na

natureza o seu consumo?... son preguntas ás que temos que darlle resposta para

continuar no estudo e coñecemento doutras fontes de enerxía máis limpas (as

renovables).

A partires deste coñecemento, o alumnado elaborou un documento gráfico (texto,

imaxe e son) no que describe cales son estas fontes de enerxía e como estas

fontes de enerxía prexudican ou benefician o coidado do medio ambiente.

Pero non debemos quedarnos unicamente nas fontes de enerxía, tamén

centrarnos nas empresas e maquinaria que usamos a diario e que produce

contaminación. Na nosa contorna poderemos atoparnos con moitas realidades das

que aprendemos e ser conscientes que outros modelos enerxéticos son

necesarios.

Para iso, realizamos distintas actividades (escritos ao concello, ás familias, á

dirección do centro e a empresas da contorna, decálogos,...) nas que sexamos

quen de mostrar e solicitar melloras no uso e consumo enerxético en lugares moi

cercanos ao alumnado mediante carteis, códigos qr, cartas,...

Logo do traballo centrado nas fontes de enerxía centrámonos nos axentes

contaminantes. Cales son?, Que provocan na natureza?, Como poderiamos previr

Page 165: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

165

estas consecuencias?, E o seu uso?,... estas preguntas axudarannos a

concienciarnos dos perigos que estes axentes teñen no medio ambiente.

Para o traballo cos axentes contaminantes elaboramos infografías onde aparezan

os diferentes axentes e ao igual que fixemos coas fontes de enerxía elaboramos

documentais gráficos (texto, imaxe e son) de diferentes decálogos para o colexio e

as casas do alumnado cos diferentes axentes contaminantes.

E cales son as consecuencias dos comportamentos do ser humano en relación co

medio ambiente? Debemos estudalas, mostralas aos demais e aportar solucións.

O produto final a esta pregunta terá dous camiños que percorrerá o alumnado.

O alumnado centrouse na reciclaxe para a elaboración do produto final e nos

diferentes puntos onde se localizan focos de contaminación incontrolados na

contorna do colexio.

No produto final da reciclaxe o alumnado mediante xeolocalización sitúa tódolos

colectores que hai na nosa contorna, nestes colectores ponse unha pegatina na

que mediante dúas apps Layar e QR Droid a xente pode acceder a unha chea de

información (localización de colectores, vídeos, imaxes, podcast explicativos do

que botar en cada colector,...). Este mapa virtual está acompañado dun mapa

físico no colexio e no que tamén se sitúan os diferentes colectores.

O alumnado localiza os diferentes lugares onde se produce algún tipo de

contaminación na contorna do colexio. Estes lugares están sinalizados nun mapa

virtual mediante xeolocalizadores acompañados de fotos, vídeos,... onde o

alumnado denuncia estes feitos. O traballo complétase coa realización de podcast

denunciando estes feitos e cartas denuncias ao Concello de Vilanova de Arousa e

a Policía Local informando do acontecido.

Utilizamos o traballo colaborativo e a cooperación para que o alumnado sexa

protagonista da súa aprendizaxe e que esta estea chea de significatividade e sexa

motivadora. O alumnado terá que ser creativo, crítico, autónomo,... no proceso de

construción dos seus aprendizaxes.

Destacar a gran variedade de actividades que se fixeron durante este curso, coa

implicación de tódolos mestres implicados neste proxecto.

Page 166: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

166

AVALIACIÓN

Ao comezo do proxecto avaliaranse os coñecementos previos do alumnado e o

grao de motivación existente. Ao finalizar o programa realizarase unha avaliación

final en base ao cumprimento dos seguintes puntos.

- Asimila conceptos relacionados cos temas tratados.

- Participa activamente na procura de información e colaboración co resto do

grupo.

- Contamos cos medios necesarios para levar a cabo este programa.

- As actividades teñen un proceso continuado e coherente.

A planificación estivo totalmente aberta a suxestións do grupo (nenos/as e

mestres/as).

O plan someteuse a un proceso continuo de avaliación formativa. As actividades

de avaliación foron encamiñadas a valorar en que medida iamos logrando os

obxectivos propostos e corrixir e mellorar as nosas actuacións cara unha maior

eficacia.

Partimos dunha avaliación inicial que determinou en parte as necesidades

existentes, recadamos información durante o proceso para producir as melloras e

desenvolvemos unha avaliación do plan para comprobar o grao de cumprimento

dos obxectivos e que nos serve para establecer as propostas de mellora.

Dicir que se lles pasou aos mestres unha táboa para que cubriran, con uns

criterios de avaliación e o grao de cumprimento.

En San Miguel de Deiro, 26 de xuño de 2017

Asdo. Jacobo Aragunde Soutullo

Coordinador dos proxectos de Voz Natura e Recíclate con Sogama

Page 167: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

167

6.18.- MEMORIA DO CONTRATO-PROGRAMA (MODALIDADE PROA)

1. Grao de consecución dos logros que se perseguen e indicadores que

foron acordados no contrato-programa, así como o valor acadado.

a) Os propios indicadores previstos no programa.

- A profesora acompañante traballou en cada sesión as habilidades

instrumentais básicas: comprensión e expresión oral e escrita, cálculo e

razonamento lóxico-matemático. A continuación correxiu os traballos feitos

polos alumnos e reflectiu nas fichas de seguemento individuais e grupais se

os obxectivos propostos foron alcanzados.

- Adicou un tempo ao reforzo de técnicas de estudo básicas como o

subliñado, resumo, realización de esquemas, etc. Aspectos que os alumnos

tiñan moi pouco traballados. Logo, sempre se correxiron os traballos

realizados.

- A mestra responsables do PROA analizou semanalmente o grao e calidade

das relacións que se deron entre o alumnado. Ademais proporcionoulle aos

titores (a través da coordinadora) información sobre a evolución das

condutas dos alumnos. Trimestralmente (nas sesión de avaliación) púxose

en común co resto de mestres que imparte docencia neses grupos a

evolución que están tendo os nenos nas sesións PROA, preguntouse aos

titores se están observando mellorías e cales foron.

- En cada sesión, a mestra acompañante reflectiu no documentos de „Plan de

cada Sesión‟ as actividades realizadas que incidiron sempre nunha

metodoloxía activa, que relacione os contidos escolares coa vida cotiá. Así

mesmo, reflectiu as actividades rematadas e as que quedaron pendentes

por falta de tempo.

- Traballouse con lecturas, cálculo mental, cálculo, en tódalas sesións,

comprobándose o grado de melloría na velocidade e comprensión lectora

en cada neno.

Page 168: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

168

- Traballouse cunha metodoloxía baseada no traballo cooperativo, a titoría

entre iguais, a corrección de traballos por parellas, etc. Sempre de cara a

mellorar as habilidades sociais dos alumnos así como as relacións e de

cara á prevención de de conflictos e a súa resolución de maneira pacífica.

Os titores comprobaron a evolución dos seus alumnos neste senso.

- Levouse a cabo un proxecto adicado aos experimentos para traballar

contidos curriculares.

b) Grao de cumprimento dos obxectivos previstos na programación anual do

centro: Acadamos os obxectivos previstos a nivel grupal.

c) Melloras acreditadas no rendemento escolar do alumnado,

Respecto ao alumnado con NEAE que participou no programa, a mellora foi

relativa, pois en moitos dos casos a situación familiar desfavorecida ou a propia

situación emocional e madurativa do neno non posibilitaron que acadase mellores

resultados.

Do mesmo xeito, debemos ter en conta que este curso o PROA comezou

en febreiro, o que consideramos escaso para acadar uns obxectivos razoables.

Nos indicadores específicos sinalados no Contrato Programa

acordamos: “ Asistencia continuada do 80 %”, os datos de asistencia poden

situarse entre o 80 e 90% durante o tempo que durou o programa; “ Aproban

todo en xuño, o 40%”, en canto aos alumnos asistentes ao programa o resultado

foi do 54% os que acadaron superar todas as materias en xuño superando así, o

esperado; “Mellorar nun 50% os resultados académicos respecto da 1ª

avaliación do alumnado implicado na actuación”,a mellora dos alumnos e

alumnas foi dun 55% respecto dos datos acadados entre a 1º avaliación e a 3º

avaliación; e “ Reducción de repetidores do 50%”, de todos os alumnos e

alumnas que asisten ao programa, non repite curso ningún deles.

Page 169: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

169

2. Descrición das medidas concretas levadas a cabo para o

desenvolvemento de cada unha das actuacións.

1. Realizouse a selección do alumnado a proposta dos titores de 3º, 4º, 5º e 6º

curso de Primaria en coordinación co Departamento de Orientación.

2. Solicitamos e recollemos a autorización asinada por cada unha das familias

de alumnos/as que asistiron ao PROA.

3. Establecéronse, en colaboración cos titores, os aspectos susceptibles de

mellora para cada un dos alumnos/as.

4. Púxose en marcha o grupo de PROA con alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º EP

(13 alumnos/as que permaneceron ata o final). O grupo asisitiu ao centro os

luns e mércores de 16 a 18 h.

5. A totalidade de alumnado desplazouse ao centro contando con servizo de

autobús.

6. Realizáronse as sesións de coordinación semanalmente a través do e-mail

ou do teléfono. As coordinacións presenciais foron unha vez cada tres

semanas os luns de 11:00 a 14:00 h.

7. Fíxose o seguimento do alumnado de forma minuciosa tal e como se recolle

nas plantillas de rexistro.

8. Utilizáronse diversidade de recursos materiais e didácticos: TICs, Biblioteca

do centro para diversas consultas e traballos do alumnado, etc.

9. Utilizáronse diversas estratexias organizativas, dende o traballo individual,

ao traballo en parellas ou pequenos grupos ou o traballo en gran grupo nas

exposicións xerais relacionadas coas técnicas de estudio, na posta en

común e valoración do traballo realizado na sesión.

10. Realizáronse entrevistas puntuais con varias das familias do alumnado para

comunicar a evolución do neno así como diversas incidencias.

11. Realizáronse as observacións sistemáticas relacionadas con aspectos de

relación e integración do alumnado que asiste ao PROA.

Page 170: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

170

3. Grao de satisfacción co desenvolvemento e resultados de cada unha das

actuacións.

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10

Grao de participación das familias x

Grao de mellora da calidade educativa x

Grao de mellora da convivencia no centro x

Grao de satisfacción coa organización interna do

programa

x

4. Modificacións introducidas respecto ao proxecto inicial:

a) Cambios na metodoloxía didáctica: Non se aprecian cambios significativos

neste eido.

b) Cambios no número de grupos ou de alumnos participantes: Houbo unha

alta e unha baixa.

c) Modificacións no horario: Non se fixeron modificacións neste senso.

d) Modificacións en canto ao persoal docente: Non houbo modificacións.

e) Outras: -----------------

5. Dificultades atopadas:

a) Con relación ao alumnado (asistencia ás clases, motivación, diversidade…):

Dificultade de compaxinar actividades para alumnado de catro niveis

distintos. Ademáis das faltas de asistencia.

b) Con relación ao centro e ao profesorado (coordinación entre os

participantes do programa, horarios…): A mestra acompañante solicita un

maior grao de implicación por parte dos titores do alumnado, así como unha

maior coordinación para mellorar aspectos como: comunicar de maneira

máis específica os contidos que se están traballando na aula e as

necesidades de reforzo en cada neno.

Page 171: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

171

c) Con relación ás familias (implicación, participación…): Cremos que as faltas

de asistencia ou puntualidade se deben á falta de implicación por parte

dalgunhas das familias do alumnado participante.

6. Propostas de mellora:

- Iniciar o programa en outubro.

- Solicitar unha maior responsabilidade ás familias con respecto ao

seguimento dos seus fillos e fillas neste programa.

- Aumentar a coordinación entre os titores e os mestres acompañantes.

- Imposibilidade de coordinación co responsable de impartir o PROA en tres

centros educativos distintos dificultando enormemente o horario para levar a

cabo as coordinacións tan precisas para sacar adiante ao alumnado

beneficiario deste programa.

Viñagrande a 27 de xuño de 2017

A coordinadora do Contrato - Programa

Asdo: María del Carmen Mouriño Mouriño

Page 172: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

172

6.19.- MEMORIA DE RELIXIÓN DESCRICIÓN E OBSERVACIÓNS DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO

LONGO DO CURSO.

Na etapa de infantíl, estes foron os proxectos por trimestre:

1º - TRIMESTRE

- Proxecto da amizade. Partindo da importancia de ter amigos, quíxose

chegar a coñecer a un novo amigo chamado Xesús e a súa importancia no

Nadal. Ademáis, aproveitando que as titoras de infantíl estaban co proxecto

das torres, en relixión traballáronse os campanarios dos templos cristiás.

2º - TRIMESTRE

- Proxecto da paz. Coñeceron que hai paises (Siria) en guerra e a

destrucción que causa. Coñeceron a obra do artista sirio Tammam Azzam e

interrelacionouse co proxecto das titoras de infantíl sobre Frida Kahlo.

- Proxecto da Semana Santa. Descubriron algunha parábola de Xesús e

algún símbolo da semana santa.

3º - TRIMESTRE

- Proxecto da familia e da natureza. Valoraron a importancia de ter unha

familia igual que o noso amigo Xesús (coñeron a María, a súa nai). Por

último,aprender a respectar a natureza como obra da creación de Deus.

Na etapa de PRIMARIA, estes foron os proxectos por trimestre:

1º- TRIMESTRE

- Proxecto sobre a creación de Deus. Coñeceron os elementos da creación, o

seu coidado e a relación do ser humano con Deus.

Page 173: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

173

- Proxecto os patriarcas ( Abrahám, Moisés,...) e recordar o que celebramos

no Nadal.

2º - TRIMESTRE

- Proxecto da paz. Fixeron unha reflexión sobre o libro ¨Soy un punto¨.

Despois, traballaron a guerra en Siria e o arte. Coñeron a obra do artista

sirio Tammam Azzam.

- Proxecto Xesús e os séus amigos. Coñeceron algunha parábola de Xesús,

ós evanxelistas e os seus símbolos no arte. Recordaron o que celebramos

na semana santa.

3º - TRIMESTRE

- Proxecto a igrexa. Coñeceron e distinguiron os diferentes templos cristiáns.

Diferenciaron as palabras igrexa e Igrexa.

- Proxecto a Biblia. Descubriron cal é a estructura e composición da Biblia.

Traballar por proxectos, sin utilizar libros de texto, obriga a levar as sesións máis

planificadas. O aprendizaxe grupal axuda a que o ritmo da clase sexa un poco

máis homoxéneo á hora de traballar e rematar as tarefas.

Todos os alumnos de primaria desenvolveron un traballo adaptado para a súa

idade segundo os obxectivos que se querían conquerir.

MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO

Material humano:

Na clase de 5º e 6º de infantíl, a área de relixión estivo apoiada pola proferora

Josefa Castro.

Material tecnolóxico:

Tabletas, ordenadores, cañóns, impresora…

Material funxible:

Fotocopias, xornais, etc.

Material de reciclaxe:

Page 174: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

174

Unhas caixas de zapatos.

Material didáctico:

Elaborado pola mestra de relixión e polos alumnos, pellículas (Moisés,...), videos

musicais (parábolas,...), cancións (panxoliñas), libros da biblioteca do centro.

Recursos:

Espazos web online

METODOLOXÍA EMPREGADA

Constitúe un tempo de aprendizaxe vivido: a música, a arte, a segunda lingua

estranxeira, os valores sociais e cívicos, a relixión católica, o teatro… deben ser

aprendidos dende unha perspectiva moito máis práctica. Para iso, o profesorado

especialista organizará sesións didácticas nas que o alumnado teña a

oportunidade de sentir, vivir e emocionarse coas aprendizaxes.

Impartirase en espazos determinados e específicos que posibilitarán un traballo

manipulativo, directo, eminentemente práctico e moi conectado coas vivencias do

propio alumnado. Así, os contidos curriculares referidos á música, ó inglés, aos

valores sociais e cívicos, á relixión, aos obradoiros científicos, matemáticos,

lingüísticos e artísticos serán tratados dende unha vertente moito máis real e

significativa: bailes, cancións, ritmos e melodías, dramatizacións, obradoiros en

inglés, proxectos didácticos coordinados entre o profesorado… son exemplos

nos que desenvolvemos determinados contidos destes niveis e das áreas de

coñecemento.

En Educación Primaria a tipoloxía de actividades son xa máis específicas e cun

maior grado de dificultade e estarán centradas en retos e plans de traballo ou

proxectos nos que se desenvolva o currículo das especialidades de: música, EF,

inglés, relixión e outros contidos que poden ser ensinados e aprendidos en

obradoiros: cine, reciclaxe, origami, arte e arquitectura aprendizaxes vivenciais en

situacións reais ou simuladas (supermercado, rueiros, mapas)…etc

AVALIACIÓN

Page 175: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

175

RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS

Os alumnos realizaron tarefas moi motivadoras e con isto logrouse o

desenvolvemento das mesmas.

Con algún grupo, o seguimento e ritmo da clase non foi como con outros debido

a motivos actitudinais.

CASOS PARTICULARES A SINALAR

- En infantíl, había catro alumnos ós que lles costaba centrar a atención.

- En primaria, había alumnos a os que lles costaba seguir o ritmo da clase.

Tamén houbo que resolver algúns conflictos actitudinais entre alumnos.

DOS RESULTADOS DO ALUMNADO

Na área de Relixión Católica, o currículo, foi desenvolvido na sua totalidade e

todos os alumnos/as lograron a consecución dos obxectivos en maior ou menor

medida.

DA COORDINACIÓN DOCENTE

Realizouse unha coordinación mensual para cada ciclo, sendo moi positiva para

o mellor desenvolvemento das clases e o seguimento do alumnado.

DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Nesta área, non houbo ningún alumno/a coa necesidade de establecer medidas

de atención á diversidade.

DA METODOLOXÍA EMPREGADA

Resultou moi positiva de cara á relación social e a cooperación no aprendizaxe

dos alumnos.

AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO

Fíxose un seguimento continuo en cada sesión recollendo datos do alumnado

pero, ás veces, resultaba difícil.

AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE.

Sendo a primeira vez que, a mestra traballa por proxectos e co alumnado

mesturado por idades, procurarase mellorar e correxir algúns aspectos de cara

ao vindeiro curso.

AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO.

Page 176: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

176

Dende a área de Relixión, o novo proxecto educativo, demostrou que o

alumnado tivo a oportunidade de mellorar e espertar nunha serie de

“sentimentos” coa aprendizaxe.

QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?

Facer un esforzo por coordinar as saídas e, ter presente a competencia relixiosa

xa que é doado de integrar coas demáis competencias. Temos un entorno

enriquecedor para que o alumnado coñeza, indistintamente da súa crenza ou non,

reforzando así o valor da tolerancia, o respecto aos demáis, o artístico e o

relixioso,...

PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO

- Procurar unha maior motivacion dalguns alumnos e seguir

concienciándoos na importancia do esforzo para a consecucion de

obxectivos.

- Respectar as sesións dos alumnos sin interrupcións que perxudiquen a

motivación e o desenvolvemento da clase.

- Visión e presenza das actividades da área de Relixión Católica.

NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS

Necesidade de formacion no centro sobre o acoso escolar ou a resolución de

conflictos, temas fundamentais para unha boa convivencia no ámbito escolar e

social.

Viñagrande a 26 de xuño de 2017

A especialista de Relixión Católica

Page 177: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

177

6.20.- MEMORIA DO PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA: INFORMA.GAL Descrición do proxecto

Consideramos prioritario poñer en funcionamento novas estruturas organizativas,

modelos pedagóxicos e propostas didácticas nas nosas aulas e no noso centro

que ofrezan a posibilidade de mellorar os procesos de ensino e aprendizaxe.

Partindo desta premisa, de novos modelos pedagóxicos e propostas didácticas,

naceu entre outros este proxecto, “Informa.Gal”, coa finalidade de amosar o

galego as xeracións máis novas e a importancia da súa conservación, facendo

que o galego se converta no idioma vehicular dentro da escola e tamén fóra da

escola, onde se amplíe o seu uso habitual en situacións de interacción dominadas

na actualidade polo castelán.

Ao longo deste curso 2016-17, convertemos ao alumnado en xornalistas e fixemos

que a información que se transmita ao exterior sexa en galego, deste xeito

garantimos co alumnado se exprese tanto oralmente coma na escrita no noso

idioma.

Estes medios de comunicación que nos axudaron a exportar tódalas actividades

que se realizan no centro foron: a radio, a televisión, a prensa e as diferentes

redes sociais. Estes medios están situados nunha nova zona do colexio que

antigamente era un vello almacén e que actualmente se acondicionou entre outras

para esta finalidade. Pero tamén os dispositivos móbiles nos axudaron a facer

radio, televisión, prensa e uso das redes sociais en calquera espazo do noso

centro.

Page 178: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

178

Todas as actividades que se propoñen neste proxecto teñen un para que en si

mesmas, unhas veces é gozar ao realizalas e outras veces é a saída que teñen ao

exterior a través dos medios de comunicación: radio, prensa, televisión, redes

sociais,... etc. Á vez que lle dan sentido e funcionalidade ás actividades, fan que

medre o interese e a motivación e todo isto no noso idioma, finalidade deste

proxecto, facer que o galego se converta na lingua vehicular do alumnado do

noso centro.

Estamos asegurando unha plena inmersión en galego coa realización de

actividades, na planificación, elaboración e realización de produtos para darlle

saída e na mesma saída coa utilización dos medios e tamén cos dispositivos

móbiles. A utilización dos dispositivos móbiles permitiunos utilizar diferentes apps

relacionadas coa televisión, a radio, o xornal e por suposto as redes sociais. Deste

xeito tamén estamos garantindo unha educación dixital non soamente ao

alumnado senón tamén a comunidade educativa que participou neste proxecto.

Obxectivos

Os obxectivos iniciais do proxecto eran os seguintes:

- Fomentar o uso da lingua galega como lingua oficial do centro tanto oral

como escrita, na realización das tarefas e na saída destas ao exterior nos

diferentes medios de comunicación.

- Garantir a presenza do galego coas novas tecnoloxías.

- Propiciar a aprendizaxe e goce coa realización de actividades nos medios

de comunicación empregando como lingua vehicular o idioma galego.

Unha vez rematado o proxecto podemos afirmar que o grao de consecución dos

mesmos é moi satisfactorio. Unha porcentaxe altísima do alumnado do centro,

realizou tarefas nas que precisou o galego tanto para realizalas como para darlle

saída as mesmas, nas que se traballou a oralidade e a escrita ao mesmo tempo.

Na planificación, realización e na produción a utilización das novas tecnoloxías

está presente dende o inicio ata o final, co que se garantiu a presenza absoluta do

galego nas novas tecnoloxías.

Page 179: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

179

O último obxectivo que mencionamos de inicio, era o que falaba dunha

aprendizaxe e goce coa realización de actividades, creo que é un obxectivo

fundamental para a aprendizaxe que se fomenta no noso colexio. Ademais,

sumámoslle o galego como lingua vehicular e o alumnado puido comprobar como

o noso idioma serve para ambas cousas, aprender e gozar.

Non podemos estar máis satisfeitos de poder afirmar como estes obxectivos que

nos propuxemos de inicio están logrados, sigamos pois neste camiño para garantir

un futuro mellor a nosa lingua.

Actividades desenvolvidas

Todas as actividades desenvolvidas neste proxecto pódense ver no blog de “O

Informadeiro” cuxo enlace engado a continuación.

https://oinformadeiro.wordpress.com/

Page 180: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

180

Reflectimos a continuación as actividades realizadas cos enlaces ás mesmas.

- RadioDeirOnline

https://oinformadeiro.wordpress.com/radio/

- Xornal Escolar: A Xanela de Viñagrande

https://oinformadeiro.wordpress.com/xornal-escolar/

Page 181: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

181

TeleViñagrande

https://oinformadeiro.wordpress.com/televinagrande/

Page 182: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

182

- Redes Sociais: Facebook, Twitter e Instagram

https://www.facebook.com/profile.php?id=100011916888250

https://twitter.com/VinagrandeCeip

Page 183: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

183

https://www.instagram.com/ceipdeiro/

Implicación do centro e a comunidade educativa

O centro aportou o investimento necesario para a creación destes novos espazos:

radio, televisión, prensa e redes sociais. Investimento que axudou a poder levar a

cabo este proxecto.

A totalidade do profesorado do centro participou neste proxecto, profesorado de

educación infantil, primaria e especialistas.

O profesorado implicouse no espazo dos medios atendendo ao alumnado que

acudiu a este espazo a difundir os seus traballos ou aqueles traballos que se

desenvolven neste mesmo espazo. Profesorado que se formou na utilización de

dispositivos móbiles, de apps, programas de maquetación, montaxe,... Unha

formación que nos fai mellorar no noso traballo diario e que vamos transmitindo ao

noso alumnado xa que pretendemos que na medida do posible este sexa

autónomo.

Avaliación

Page 184: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

184

Utilizamos rúbricas para algúns aspectos e rexistros para outros. Reflicten o

aumento na utilización do galego no alumnado, nas familias e na comunidade

educativa. Así como a valoración que se ten do galego.

Esta información que recollemos vainos servir para mellorar a actividade e garantir

o éxito da mesma. Este éxito vai parello a unha valoración máis positiva do galego

e un incremento no seu uso, que estamos convencidos que se vai producir pola

execución deste proxecto.

Todos os indicadores que a continuación se mencionan melloraron.

- Cambio no uso da lingua habitual en favor do galego

- Aumenta a utilización do galego en intercambios comunicativos

- Valoración positiva do galego

- Mellora de actitudes no uso do galego

- Integración do galego na comunidade educativa

- Inclusión do galego nas actividades realizadas pola comunidade educativa

- Cambio na percepción que se ten do galego

- Maior número de opinións a favor do galego

O alumnado e a comunidade educativa van mellorar a súa competencia lingüística

en galego polo que dende o colexio con “Informa.Gal” vaise prestar un servizo a

comunidade de potenciación do uso do galego.

Conclusión

A oportunidade de desenvolver proxectos como “Informa.Gal”, permite compartir

experiencias con toda a comunidade educativa. Estas experiencias son

enriquecedoras e moi produtivas, xerando beneficios que repercuten no proceso

de aprendizaxe do alumnado.

Este proxecto axudou, por unha parte, a potenciar unha metodoloxía no noso

centro, os medios de comunicación como espazo no que se llan saída aos

produtos que elabora o alumnado, deste xeito, a expresión oral, escrita,... estanse

traballando e potenciando.

Por outra parte, este proxecto axudou a poñer en valor a nosa lingua, o seu uso e

tela en consideración son aspectos que temos a obriga de defender.

Page 185: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

185

Queremos amosar ás novas xeracións o noso idioma e a importancia da súa

conservación a partir dos medios de comunicación, e todo isto, gozando ao

mesmo tempo que aprendendo... e iso foi o que fixemos!!!

En San Miguel de Deiro a 27 de xuño de 2017

Asdo. O Coordinador do proxecto

Sergio Rosales López

Page 186: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

186

7.- INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á

MEMORIA.

O Consello Escolar foi informado a Memoria do curso escolar 2016 - 2017 o

xoves día 29 de xuño de 2017.

O Claustro aprobou o contido da Memoria do curso escolar 2016-2017 o

xoves día 29 de xuño de 2017

En San Miguel de Deiro a 29 de xuño de 2017

Asdo. A xefa de Estudos Vº e prace. O director

María Castro Nine Javier García García

Page 187: MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186. MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1