propostas expositivas do centenario de eugenio granellculturagalega.gal/imaxes/docs/dossier...

11
PROPOSTAS EXPOSITIVAS DO CENTENARIO DE EUGENIO GRANELL Dossier de prensa. Fundación Eugenio Granell.

Upload: others

Post on 26-Aug-2020

11 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROPOSTAS EXPOSITIVAS DO CENTENARIO DE EUGENIO GRANELLculturagalega.gal/imaxes/docs/Dossier Centenario Granell.pdf · invítanos de novo a somerxernos no orixinal mundo de Granell

PROPOSTAS EXPOSITIVAS DO CENTENARIO DE EUGENIO GRANELL

Dossier de prensa. Fundación Eugenio Granell.

Page 2: PROPOSTAS EXPOSITIVAS DO CENTENARIO DE EUGENIO GRANELLculturagalega.gal/imaxes/docs/Dossier Centenario Granell.pdf · invítanos de novo a somerxernos no orixinal mundo de Granell

1

INTRODUCIÓN

A Fundación Eugenio Granell celebra

este ano 2012 o centenario do

nacemento de Eugenio Fernández

Granell. O artista nunca esqueceu a

cidade de Santiago de Compostela, e,

por iso, a súa Fundación celebra este

evento mostrando a súa obra e tamén

o importante e rico legado que forma

os fondos da Fundación, en diferentes

sedes culturais da cidade; un proxecto

que conseguiu involucrar as principais

institucións culturais de Galicia e da

cidade de Santiago de Compostela.

Page 3: PROPOSTAS EXPOSITIVAS DO CENTENARIO DE EUGENIO GRANELLculturagalega.gal/imaxes/docs/Dossier Centenario Granell.pdf · invítanos de novo a somerxernos no orixinal mundo de Granell

2

FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA

O encontro na poética de

Eugenio Granell.

Comisarios: Natalia Fernández Segarra

e Eduardo López Valiña.

19 xuño – 2 decembro, 2012.

O "encontro" é o punto de partida

desta mostra multidisciplinar, na que se

inclúen óleos, debuxos, construcións ou

guaches, todos eles realizados por

Eugenio Granell. O encontro

convértese nun feito transcendente,

vinculado ao universo creativo, e

relacionado co doloroso acto de

enfrontarse á obra.

Partindo deste concepto, a exposición

formúlase como un xogo co

espectador, que, nun percorrido

pensado no exercicio da observación e

reflexión, se vai topando con diferentes

elementos que foron por un lado o

resultado dun encontro, e por outro o

detonador do acto creativo.

MUSEO DO POBO GALEGO

A colección étnica de Eugenio

Granell.

Comisaria: Natalia Fernández Segarra.

21 xuño – 2 setembro, 2012.

Esta exposición recolle as obras máis

representativas da colección étnica de

Eugenio Granell, quen, como moitos

dos seus compañeiros surrealistas,

compartía coas culturas étnicas unha

percepción similar do obxecto.

As culturas étnicas atribúen aos

obxectos un espírito propio. As

máscaras, esculturas e outros obxectos

personifican espíritos que durante os

rituais posúen unha grande

importancia, transformando o individuo

que os porta.

Para os surrealistas, a habilidade dun

obxecto de evocar imaxes mentais e, a

través delas, emocións poderosas,

dotan ao obxecto do marabilloso.

Page 4: PROPOSTAS EXPOSITIVAS DO CENTENARIO DE EUGENIO GRANELLculturagalega.gal/imaxes/docs/Dossier Centenario Granell.pdf · invítanos de novo a somerxernos no orixinal mundo de Granell

3

FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL

O surrealismo hoxe.

Comisaria: Natalia Fernández Segarra.

28 xuño – 31 outobro, 2012.

O Pazo de Bendaña, sede da

Fundación Eugenio Granell, acolle a

exposición El surrealismo hoxe que, de

xeito cronolóxico, mostra a traxectoria

artística de Eugenio Granell

centrándose na súa faceta de pintor.

Deste modo, preséntanse os fitos

fundamentais do seu desenvolvemento

artístico, como a introdución ao mundo

do surrealismo e a relación de amizade

e influencia recíproca que estableceu

cos artistas que coñeceu tanto nos

distintos países que o acolleron no seu

exilio como na súa volta a España. A

exposición reúne tamén pezas clave

da obra doutros artistas que seguen

mantendo vivo o movemento

surrealista.

AUDITORIO DE GALICIA

Eugenio Granell no paraíso

centroamericano 1940-1956.

Comisaria: Pilar Corredoira.

19 xullo – 4 novembro, 2012.

É na súa etapa centroamericana,

comprendida entre os anos 1940 e

1956, cando o Eugenio Granell se

interna con decisión nos espazos do

surrealismo e configura con

determinación a súa personalidade

creativa.

A través da súa produción artística

deste período, realizada en República

Dominicana, Guatemala e Puerto Rico,

revisitamos a esencia dun labor

influenciado pola súa fascinación polas

illas: Granell pinta con intensidade,

animado polas extraordinarias

experiencias visuais, o clima excesivo e

as culturas ancestrais do trópico. Son

momentos brillantes, fecundos e

fundamentais, que sinalarán o inicio do

seu traxecto como artista e a

conversión ao surrealismo, cambiando

radicalmente a forma de ver o mundo.

Page 5: PROPOSTAS EXPOSITIVAS DO CENTENARIO DE EUGENIO GRANELLculturagalega.gal/imaxes/docs/Dossier Centenario Granell.pdf · invítanos de novo a somerxernos no orixinal mundo de Granell

4

NOVACAIXAGALICIA

O espello do pintor. Eugenio

Granell nas coleccións

institucionais galegas.

Comisaria: Támmara Bescansa.

5 xullo– 16 setembro, 2012.

Con esta exposición, Novacaixagalicia

invítanos de novo a somerxernos no

orixinal mundo de Granell e, a través do

seu espírito transgresor, a abrir a porta a

unha mirada diferente para descubrir a

forza liberadora que representa o

surrealismo e a súa universalidade.

Para iso, a mostra recolle a produción

de Granell pertencente a distintas

coleccións institucionais galegas, como

son as de Novagalicia Banco,

Deputación Provincial da Coruña,

Museo de Pontevedra, Consorcio de

Santiago, Fundación María José Jove,

Museo Gas Natural Fenosa, Xunta de

Galicia, Museo de Belas Artes da

Coruña e a do Museo de Arte

Contemporánea Carlos Maside.

CENTRO GALEGO DE ARTE

CONTEMPORÁNEA

Eugenio Granell. Unha película

de vinte minutos.

Comisario: Eduardo López Valiña.

13 xullo– 4 novembro, 2012.

Eugenio Granell. Unha película de vinte

minutos ofrece unha visión global das

diferentes facetas dun creador e

intelectual completo. Esta mostra

presenta un artista multidisciplinar, que

ademais da súa coñecida obra

pictórica e poética, investiga e traballa

coa imaxe, tanto en cine coma en

fotografía.

A exposición presenta, ademais das seis

obras cinematográficas de Granell,

obxectos persoais, gravacións

domésticas, documentos gráficos e as

diferentes referencias bibliográficas que

dan conta do seu labor como crítico

cinematográfico.

Encontrámonos coa produción máis

descoñecida de Granell, non por iso

menos relevante, cunha gran carga de

experimentación e innovación.

Page 6: PROPOSTAS EXPOSITIVAS DO CENTENARIO DE EUGENIO GRANELLculturagalega.gal/imaxes/docs/Dossier Centenario Granell.pdf · invítanos de novo a somerxernos no orixinal mundo de Granell

5

FICHA TÉCNICA DA FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL

PADROADO

Presidentes

Eugenio Fernández Granell (1912-2001)

Ángel Currás Fernández (Alcalde Concello de Santiago de Compostela)

Elton Anglada Segarra

Vogais

Amparo Segarra Vicente (1915-2007).

Isaac Díaz Pardo (1920-2012).

Francisco Javier Noya Iglesias. Concello de Santiago de Compostela.

Mariel Padín Fernández. Diputación de A Coruña.

Daniel Alonso Fernández.

Isaac Díaz Pardo.

Lucía García de Carpi.

José Blanco Fondevila.

Francisco Constenla Acasuso.

Mercedes Rosón Ferreiro.

Mª de los Ángeles Antón Villasánchez. Consorcio da Cidade de Santiago.

Jesús Vázquez Abad. Xunta de Galicia.

Alexander Weiss.

Natalia Fernández Segarra.

DIRECTORA E SECRETARIA

Natalia Fernández Segarra.

PATROCINADORES

Concello de Santiago de Compostela.

Consorcio da Cidade de Santiago.

Diputación da Coruña.

Conselleria de Cultura e Turismo. Xunta de Galicia.

COLABORAN

AGADIC. Xunta de Galicia

Fundación Cidade da Cultura.

Page 7: PROPOSTAS EXPOSITIVAS DO CENTENARIO DE EUGENIO GRANELLculturagalega.gal/imaxes/docs/Dossier Centenario Granell.pdf · invítanos de novo a somerxernos no orixinal mundo de Granell

6

A FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL

Con sede no Pazo de Bendaña, e tras a

sinatura dun convenio entre o Concello

de Santiago e o artista Eugenio Granell,

constitúese, no ano 1995, a Fundación

Eugenio Granell, con carácter privado

e permanente, con consideración de

fundación de interese galego. Como

sinalan os seus estatutos fundacionais,

os seus fins primordiais son:

- A creación e o mantemento dun

Museo Eugenio Granell na cidade de

Santiago.

- O fomento do estudo e da difusión

do conxunto da obra de creación de

Eugenio Granell.

- O fomento da investigación, o estudo

e a difusión de todas as

manifestacións artísticas do

movemento surrealista e doutras

correntes afíns.

- O fomento, a investigación e o

estudo de manifestacións artísticas

étnicas.

- Tamén poderá promover e participar

no fomento e na difusión de calquera

outra manifestación cultural.

Dende os seus inicios, a Fundación está

a levar a cabo unha intensa actividade

que se pon de manifesto no programa

de exposicións que se ofrece ao longo

de todo o ano. Exposicións que

mostran nas nosas salas as diferentes

coleccións e, de xeito permanente, a

obra de Granell nas súas distintas

facetas, abordando aspectos

especialmente relevantes da súa

produción artística e, ademais,

exposicións temporais de coñecidos

artistas internacionais. Pasaron polas

nosas salas artistas como Man Ray, Max

Ernst, Esteban Francés, Gordon Onslow

Ford, Xesús Carballido, Paco Pestana,

etc.

A Fundación Eugenio Granell tamén se

propuxo achegarlles os fondos da

colección, o surrealismo, e o mundo da

arte en xeral, aos máis pequenos e aos

mozos. A área de didáctica do museo

organiza, con este fin, unha serie de

actividades, entre as que poden

destacarse visitas guiadas e talleres

destinados a nenos, mozos, adultos, así

como a todo tipo de institucións que o

soliciten.

Outro dos propósitos da Fundación

Eugenio Granell é o de converterse nun

centro aberto á creación cultural e á

participación cidadá, no que ten

cabida todo tipo de manifestacións

socioculturais. Con esta finalidade, a

Fundación organiza e coordina un

amplo programa de actividades, entre

as que podemos destacar: concertos,

ciclos de cinema, teatro, poesía,

maratóns de lectura, presentacións de

libros, performances, etc.

Page 8: PROPOSTAS EXPOSITIVAS DO CENTENARIO DE EUGENIO GRANELLculturagalega.gal/imaxes/docs/Dossier Centenario Granell.pdf · invítanos de novo a somerxernos no orixinal mundo de Granell

7

COLECCIÓNS E FONDOS BIBLIOGRÁFICOS DO MUSEO GRANELL

Os fondos museográficos que alberga

a Fundación Eugenio Granell están

formados por catro coleccións cun

volúmen aproximado actual de 4.000

obras (tras a última doazón en 2007

dunhas 2.348 pezas por parte da familia

Granell).

Ademais da obra de Granell, a

Fundación alberga unha amplísima

colección de creacións de

renomeados artistas surrealistas de todo

o mundo, como Bretón, Duchamp,

Man Ray, Wilfredo Lam, Cesariny ou

Creuceiro; e de artistas surrealistas

galegos como Lugrís, Mario Granell ou

Maruja Mallo.

Do mesmo modo, forman parte dos

seus fondos unha importante colección

de arte étnica, constituída por

obxectos procedentes de Europa, Asia,

África e América, que Granell foi

adquirindo ao longo de toda a súa

vida; e a colección do artista surrealista

inglés Philip West que, falecido en 1997,

lle cedeu a súa obra e a súa valiosa

biblioteca de surrealismo á Fundación.

En canto aos seus fondos bibliográficos,

a Fundación conta, por un lado, coa

Bibloteca Granell, que consta dunha

colección de máis de 15.000 volumes

que o artista recompilou ao longo da

súa vida e que levou sempre consigo

no seu periplo vital. É unha biblioteca

profesional, práctica e universalista,

espello dos intereses de Granell. Os

temas principais da biblioteca son:

Surrealismo, Guerra Civil, Artes e afíns,

Literatura, Etnografía e antropoloxía,

Psicoloxía, Socioloxía. Hai outros temas

interesantes e relevantes neste fondo,

como son historia, relixión, filosofía,

tauromaquia, alquimia e ciencias

ocultas.

Por outro lado, a Biblioteca Museo, cun

total de 5.387 volumes rexistrados, entre

os que se encontra o legado

bibliográfico de Philip West.

Page 9: PROPOSTAS EXPOSITIVAS DO CENTENARIO DE EUGENIO GRANELLculturagalega.gal/imaxes/docs/Dossier Centenario Granell.pdf · invítanos de novo a somerxernos no orixinal mundo de Granell

8

BIOGRAFÍA DE EUGENIO GRANELL

Eugenio Fernández Granell naceu na

Coruña en 1912. A súa infancia

desenvolveuse en Santiago de

Compostela, onde estudou

bacharelato e comezou os seus

estudos musicais.

En 1928, trasladouse a Madrid onde

continuou os seus estudos de violín na

Escola Superior de Música cunha bolsa

da Deputación da Coruña. Foi alumno

de Antonio Fernández Bordás e

coñeceu o compositor e director de

orquestra Enrique Casal Chapí quen,

coma el, asistía aos diferentes

faladoiros políticos e literarios en

Madrid. Nestes faladoiros, moitos deles

en La Granja El Henar, reuniuse cos

irmáns Dieste, Carlos Gúrmendez,

Santiago Arbós Ballesté e Urbano Lugrís.

Manifesta o seu interese pola política e

ingresa na Oposición de Esquerda e en

1935 no POUM (Partido Obreiro de

Unificación Marxista), liderado por

Andrés Nin e Joaquín Maurín.

Co estalido da Guerra Civil, en 1936,

incorporouse ás milicias republicanas,

dirixiu o xornal El Combatiente Rojo e

colaborou con outros xornais como La

Nueva Era, Hora de España e o diario

La Batalla.

En 1939, iniciou o seu exilio. Saíu de

España por Prats de Molló e, despois de

percorrer diversos campos de

concentración en Francia, conseguiu

escapar e chegou a París, onde se

volveu atopar con Benxamín Péret e

Wifredo Lam. De París partiu a Bordeos

e embarcou dende alí rumbo a Chile. A

negativa deste país a acoller máis

republicanos españois fai que Granell e

a súa futura esposa, Amparo, arriben á

República Dominicana, instalándose

primeiro en Dajabón e logo na súa

capital, Ciudad Trujillo. Granell entrará

a formar parte, como primeiro violín, da

Orquestra Sinfónica fundada por Casal

Chapí. Vaise integrando no ambiente

cultural dominicano e asóciase ao

grupo literario de vangarda a través de

La Poesía Sorprendida, revista que crea

xunto a Alberto Baeza Flores, na que

participan, entre outros, Juan Ramón

Jiménez, Jorge Guillén e Pedro Salinas,

así como moitos poetas dominicanos.

Page 10: PROPOSTAS EXPOSITIVAS DO CENTENARIO DE EUGENIO GRANELLculturagalega.gal/imaxes/docs/Dossier Centenario Granell.pdf · invítanos de novo a somerxernos no orixinal mundo de Granell

9

Granell iniciou a súa vida como pintor

na República Dominicana e un

acontecemento decisivo levouno a

comprometerse co surrealismo cara ao

ano 1941, cando André Breton chega

da Martinica, acompañado pola súa

esposa Jacqueline e a súa filla Aube,

Pierre Mabille, Victor Serge e o seu fillo

Vlady e a escritora Anna Seghers,

fuxindo da contenda europea. Granell

entrevistou para o xornal La Nación a

Breton, Mabille e Victor Serge. A

amizade con estas tres persoas

mantívose toda a vida.

A súa primeira exposición colectiva tivo

lugar en 1943 na Galería Nacional de

Belas Artes. A esta seguiralle unha

segunda no Ateneo Dominicano e

unha individual, na que presenta ao

redor de duascentas obras, na Galería

Nacional de Belas Artes de Santo

Domingo.

En 1946, despois de negarse a asinar

unha carta de adhesión ao réxime do

ditador Trujillo, Eugenio Granell e a súa

familia trasladáronse a Guatemala. Alí

ingresou como profesor na Escola de

Artes Plásticas e mantivo unha intensa

actividade cultural; colaborou na

Radio Nacional de Guatemala,

publicou artigos nas revistas Plástica e

Revista de Guatemala, participou na

creación da Asociación Guatemalteca

de Escritores e Artistas Revolucionarios

(AGEAR).

En 1947, coa exposición Le Surréalisme,

na galería Maeght de París, organizada

por André Breton e Marcel Duchamp,

integrouse activamente no movemento

surrealista.

Tras o estalido da revolución

guatemalteca e escapando da

persecución stalinista da que é

obxecto, Granell e a súa familia

trasladáronse a Porto Rico, onde

ocupou a cátedra de Historia da Arte

na Facultade de Humanidades, sendo

reitor Jaime Benítez. Publicou nestes

anos Illa Cofre Mítico e participou en

diferentes exposicións colectivas na

universidade portorriqueña. Xunto cun

grupo de estudantes, algúns dos cales

contribuíron á formación da arte

portorriqueña actual, creou El Mirador

Azul. Tivo ocasión de realizar diversas

viaxes. Viaxou a Nova York co pintor

Vela Zanetti, amigo ao

Page 11: PROPOSTAS EXPOSITIVAS DO CENTENARIO DE EUGENIO GRANELLculturagalega.gal/imaxes/docs/Dossier Centenario Granell.pdf · invítanos de novo a somerxernos no orixinal mundo de Granell

10

que coñeceu durante o seu exilio na

República Dominicana, e alí entrou en

contacto con Marcel Duchamp.

Viaxou tamén a París, onde expuxo na

Galería L'Etoile Scellée e colaborou co

grupo surrealista.

En 1957, a Fundación William e Norma

Copley de Nova York concedeulle o

premio de pintura, cando eran

directores da Fundación Marcel

Duchamp e Darius Milhaud e

conselleiros desta Jean Arp, Alfred Barr,

Max Ernst, Julien Levy, Roberto Matta,

Roland Penrose, Man Ray e Herbert

Read. Continúa, ademais, coa súa

actividade literaria e publica ese

mesmo ano en México La novela del

indio Tupinamba.

En 1958, trasladouse a Nova York e

ingresou máis adiante como

catedrático de Literatura Española no

Brooklyn College de Nova York. Tras

estudar Socioloxía na New School for

Social Research, publicou en 1967 a súa

tese de doutoramento Sociological

Perspectives of Guernica. A esta

seguenlle outras publicacións El Clavo,

Lo que sucedió... (premio de novela

Don Quijote en México), Federica no

era tonta y otros cuentos, La leyenda

de Lorca y otros escritos.

No ano 1962, incorporouse ao grupo

surrealista Phases de París, dirixido por

Eduard Jaguer e realizou numerosas

exposicións colectivas por todo o

mundo.

A partir de 1985, instalouse

definitivamente en España. Recibiu

numerosos premios: Artes Plásticas da

Comunidade de Madrid, Pablo Iglesias

das Artes, Medalla Unión Fenosa,

Medalla de Ouro de Belas Artes,

outorgada polo Consello de Ministros,

Gerión'99 concedido por O Punto das

Artes, Medalla de Ouro do Círculo de

Belas Artes.

En 1997, foi nomeado fillo adoptivo da

cidade de Santiago de Compostela e

concedéuselle a Medalla de Ouro ao

Mérito Cultural da devandita cidade.

Eugenio Fernández Granell faleceu en

Madrid en outubro de 2001. A Xunta de

Galicia concedeulle, no mes de xullo, a

título póstumo a Medalla de Ouro de

Galicia 2001, pola súa traxectoria no

mundo das artes.