proposta de actividades - edu.xunta.gal · poñemos música relaxante, que nos guste e nos permita...

11
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected] PROPOSTA DE ACTIVIDADES TALLER LÓXICO-MATEMÁTICA “NESTAS ÁRBORES COMEZAN A MEDRAR FROITOS... ADIVIÑA CANTOS!” MATERIAIS: o Tapóns o Cartóns o Rotulador o Tesoiras PROCEDEMENTO: Imos asociar número e cantidade, para iso terán que identificar a grafía e contar e colocar tantos froitos como indica o número. Despois faremos ao revés, imos facilitarlle as árbores con froitos e eles e elas terán que contar e colocar o número correspondente. TALLER

Upload: others

Post on 14-Aug-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROPOSTA DE ACTIVIDADES - edu.xunta.gal · Poñemos música relaxante, que nos guste e nos permita concentrarnos. 4. Podemos prender algunha candea aromática ou incenso, pero sempre

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

TALLER LÓXICO-MATEMÁTICA

“NESTAS ÁRBORES COMEZAN A MEDRAR FROITOS... ADIVIÑA CANTOS!”

MATERIAIS:

o Tapóns

o Cartóns

o Rotulador

o Tesoiras

PROCEDEMENTO:

▪ Imos asociar número e cantidade, para iso terán que identificar a grafía e contar e

colocar tantos froitos como indica o número.

▪ Despois faremos ao revés, imos facilitarlle as árbores con froitos e eles e elas terán que

contar e colocar o número correspondente.

TALLER

Page 2: PROPOSTA DE ACTIVIDADES - edu.xunta.gal · Poñemos música relaxante, que nos guste e nos permita concentrarnos. 4. Podemos prender algunha candea aromática ou incenso, pero sempre

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

▪ Se facemos as grafías un pouco grandes tamén poden repasar co dedo cada número

para ir quedándose co trazo.

▪ E se despois os animamos a trazar co dedo as grafías dos números nunha caixa con

area ou sal gorda?

▪ Por último, poden crear as grafías dos números con tapóns.

*Recordade adaptarvos ao ritmo de cada neno/a poñendo números ata onde son

capaces de asociar grafía e cantidade.

*Tamén lles podemos axudar a contar para que pouco a pouco se vaian quedando coa

serie numérica.

*Se son máis maiores podemos “complicalo” un pouco máis e que teñan que engadir

ou quitar tapóns para chegar ao número correspondente.

Page 3: PROPOSTA DE ACTIVIDADES - edu.xunta.gal · Poñemos música relaxante, que nos guste e nos permita concentrarnos. 4. Podemos prender algunha candea aromática ou incenso, pero sempre

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

“AS POTIÑAS”

INGREDIENTES:

- TOMATES REDONDIÑOS.

- PEMENTOS: VERDE, AMARELO OU

VERMELLO.

- ENSALADA DE ARROZ: ARROZ

COCIDO, CHÍCHAROS, MILLO E ATÚN.

ELABORACIÓN:

1. DARLLE A VOLTA AO TOMATE, CORTAR UNHA TAPA

E VACIALO.

2. ENCHER O TOMATE COA ENSALADA DE ARROZ.

3. FACER UNS CORTES NOS LADOS E NAS TAPAS.

4. CORTAR TIRAS DE PEMENTO E INTRODUCILAS NOS

CORTES DO TOMATE PARA FORMAR AS ASAS DA TAPA E DA POTA.

5. QUE RICAS ESTAS POTAS!

COCIÑA

Page 4: PROPOSTA DE ACTIVIDADES - edu.xunta.gal · Poñemos música relaxante, que nos guste e nos permita concentrarnos. 4. Podemos prender algunha candea aromática ou incenso, pero sempre

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

EXPERIMENTO: “Cores Comunicantes”

CIENCIA

Page 5: PROPOSTA DE ACTIVIDADES - edu.xunta.gal · Poñemos música relaxante, que nos guste e nos permita concentrarnos. 4. Podemos prender algunha candea aromática ou incenso, pero sempre

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

MATERIAIS

• 3botes de cristal transparente

• Pintura para auga, pode ser acuarela, témpera ou calquera outro tipo de cor que se poida

diluir.

• Servilletas de papel.

• Auga

INSTRUCIÓNS

• Enche cada bote pola metade de auga.

• Disolve un pouco de pintura de diferentes cores en cada bote de auga.

• Enrolla unha servilleta, como se foras facer un tubo e coloca cada extremo dentro dos

botes. Asegúrate de que as puntas da servilletas toquen o fondo do bote, ou polo menos

cheguen á metade da auga coloreada.

• Repite o procedemento con outra servilleta. Coloca un dos extremos nun dos botes que

xa utilizastes e o outro extremo no bote que queda libre.

• Espera algún minutos para que vexas como as servilletas van adquirindo a cor da auga.

Explicación

• É un experimento químico típico sobre a acción capilar dos líquidos, unha propiedade que

depende da tensión superficial e da forza intermolecular do líquido e que lle dá a

capacidade de baixar ou subir un tubo capilar. Neste caso, a forza intermolecular entre as

moléculas da auga coloreada é menor que a adhesión do líquido co material do tubo, o que

fai que suba a servilleta ata que atope o líquido da outra botella.

Page 6: PROPOSTA DE ACTIVIDADES - edu.xunta.gal · Poñemos música relaxante, que nos guste e nos permita concentrarnos. 4. Podemos prender algunha candea aromática ou incenso, pero sempre

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

COMO ESTA SEMANA HAI UN DÍA ADICADO A ÁFRICA, IMOS FACER “ARTE AFRICANO”. UN DOS OBXECTOS CARACTERÍSTICOS DESTE TIPO DE ARTE SON AS “MÁSCARAS”. UTILÍZANSE NAS CEREMONIAS TRADICIONAIS E NAS DANZAS DE TEATRO. OS MATERIAIS MAIS USADOS NESTE ESTILO DE ARTE ERAN SOBRE TODO, A MADEIRA, O FERRO E O BRONCE. TAMÉN ERA UTILIZADO O OURO PARA CREAR XOIAS OU MÁSCARAS. NÓS IMOS CREAR AS NOSAS COS NOSOS PROPIOS MATERIAIS. AQUÍ VOS DEIXO DÚAS PROPOSTAS DIFERENTES. ESCOLLEDE A QUE MAIS VOS GUSTE!!!

PROPOSTA 1 MATERIAIS:

• GARRAFAS OU BOTELLAS (MELLOR CON ASA) • PINTURAS ACRÍLICAS OU TÉMPERAS • PINCEIS • TAPÓNS RECICLADOS • RECORTES DE CARTULINA E ABALORIOS VARIOS PARA DECORAR • COLA BLANCA • PAPEL DE XORNAL OU DE COCIÑA • CÚTTER OU TESOIRAS (PARA CORTAR A GARRAFA. MELLOR QUE O FAGA UN ADULTO) • PEGAMENTO (PARA PEGAR OS DETALLES DA MÁSCARA) • ALKYL OU VERNIZ (OPCIONAL)

ELABORACIÓN:

1. UNHA VEZ TEÑAMOS TODOS OS MATERIAIS PREPARADOS, O PRIMEIRO QUE TEMOS QUE FACER É RECORTAR AS BOTELLAS POLA MITADE, CON COIDADO DE NON MANCARNOS. (ESTA PARTE É MELLOR QUE A FAGA UN ADULTO)

2. A CONTINUACIÓN PROCEDEREMOS A FORRAR TODA A BOTELLA CON PAPEL DE XORNAL OU DE COCIÑA UTILIZANDO COLA BLANCA. SE VEDES QUE ESTÁ MOI ESPESA, PÓDESE REBAIXAR CON AUGA.

ARTE

Page 7: PROPOSTA DE ACTIVIDADES - edu.xunta.gal · Poñemos música relaxante, que nos guste e nos permita concentrarnos. 4. Podemos prender algunha candea aromática ou incenso, pero sempre

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

3. DEIXAMOS SECAR. 4. UNHA VEZ SECA A CAPA DE PAPEL PROCEDEREMOS A PINTAR AS MÁSCARAS E

DEIXAMOS SECAR A PINTURA. 5. DESPÓIS SÓLO NOS QUEDARÁ DECORALA COAS TAPAS E TAPÓNS RECICLADOS, OS

RECORTES DE CARTULINA, ETC. 6. SE QUEREMOS ENGADIRLLE ALGO DE BRILLO ÁS NOSAS MÁSCARAS AFRICANAS,

PODEMOS VERNIZALAS.

PROPOSTA 2

MATERIAIS:

• CARTÓN

• CORDAS

• PINTURAS: CERAS, ROTULADORES, TÉMPERAS…

• XESO

• LÁ

• PAPEIS DE CORES

• ALGODÓN…

ELABORACIÓN:

1. A BASE DAS MÁSCARAS AFRICANAS É PARTINDO DUNHA FORMA MAIS OU MENOS TRIANGULAR.

2. PÓDESE FACER CON CARTÓN RECICLADO. 3. PÓDESE RECUBRIR CON XESO SI SE LLE QUERE DAR MAIS CONSISTENCIA. 4. DESPÓIS DECÓRASE CON CERAS, ROTULADORES, TROZOS DE LÁ, PAPEIS, FOLLAS

SECAS OU ELEMENTOS DA NATUREZA. AQUÍ XOGA A IMAXINACIÓN DE CADA UN PARA CREAR A SÚA MÁSCARA.

Page 8: PROPOSTA DE ACTIVIDADES - edu.xunta.gal · Poñemos música relaxante, que nos guste e nos permita concentrarnos. 4. Podemos prender algunha candea aromática ou incenso, pero sempre

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

COMO PREPARARNOS ANTES DE CADA SESIÓN

1. Necesitamos roupa cómoda que nos permita movernos correctamente (chándal, mallas,

pantalón curto, camiseta, …).

2. Buscamos na casa un lugar axeitado para realizar os distintos exercicios, lembra que ten

que ser cómodo e espazoso.

3. Poñemos música relaxante, que nos guste e nos permita concentrarnos.

4. Podemos prender algunha candea aromática ou incenso, pero sempre coa supervisión dun

adulto.

5. Colocamos unha esterilla ou alfombra, senón temos non pasa nada, facémolo sen ela.

6. Temos que utilizar calcetíns ou calzado que eviten escorregar no chan.

7. Antes de comezar o exercicio, temos que quentar as articulacións para non lesionarnos,

polo que movemos lentamente e de forma circular os nocellos, xeonllos, cóbados, bonecas,

brazos, cadeira e pescozo durante uns minutos.

O EXERCICIO DA SEMANA

8. Antes de realizar o exercicio, hai que adiviñalo: “A tartaruga”.

Son moi lenta

e gústame nadar.

Sempre levo comigo

o meu fogar.

Quen son?.

9. Podemos ver como se fai neste vídeo tan ilustrativo (ata o minuto 1:30, os seguintes

exercicios verémolos nas vindeiras semanas):

https://www.youtube.com/watch?v=LOYxOzMUgAY&list=PLBal9AttAE0trW71zxDCcoo4mA0Si5B_n&index=8

10. Este exercicio é moi bo para as costas, pois axuda a corrixir as malas posturas ademais de

relaxar a tensión do pescozo. Para facelo temos que sentarnos no chan coas costas rectas,

logo dobramos os xeonllos e xuntamos as plantas dos pés. Collemos aire, soltámolo e

metemos cada brazo por debaixo de cada xeonllo, xuntamos as mans cos pés e inclinamos

a cabeza cara adiante, curvando as costas coma no debuxo.

11. Lembramos comezar cada sesión facendo “O saúdo ao sol”, para logo realizar “A

tartaruga”. Repetirémola cantas veces queiramos, pero sempre descansando en intervalos

de 30 segundos mentres escoitamos a música relaxante. Podemos meter outras posturas

que xa coñecemos (“O can”, “O gato”, “A montaña” e “A cobra”). Despediremos a sesión

pechándoa co “Saúdo ao sol”.

IOGA

Page 9: PROPOSTA DE ACTIVIDADES - edu.xunta.gal · Poñemos música relaxante, que nos guste e nos permita concentrarnos. 4. Podemos prender algunha candea aromática ou incenso, pero sempre

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

O día 25 de maio celébrase a nivel mundial o “Día de África”; con motivo diso, convidámosvos a coñecer este

fermoso continente a través de material audiovisual. Só tedes que facer clic enriba de cada imaxe, e veredes

vídeos, viaxaredes a través de Google Earth, escoitaredes cancións e danzas, recrearedes África a través de

contos, descubriredes algunha receita e mesmo podedes descargar aplicacións que conteñen crebacabezas,

xogos, etc. Un, dous, tres... comeza a aventura!

CONMEMORACIÓN

DÍA DE ÁFRICA CEIP Plurilingüe San Vicenzo – 25 de maio do 2020

Danza Buñuelos Africanos

Conto “La pequeña

caperucita africana”

Arte Africano

O Gran Safari A sabana

Deserto do Sáhara

Río Nilo

Aplicación África Xogos

para Nenos

Aplicación Animais de

África

Exipto

Canción “En mi tribu” Conto “Viaje a África” Canción “Shay Shay”

Page 10: PROPOSTA DE ACTIVIDADES - edu.xunta.gal · Poñemos música relaxante, que nos guste e nos permita concentrarnos. 4. Podemos prender algunha candea aromática ou incenso, pero sempre

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

ACTIVIDADE 1. Confecciona un mural onde reflexes todo o aprendido sobre África. A continuación tedes

varios exemplos.

ACTIVIDADE 2. Imos poñer a proba a nosa memoria. Para iso, recorta as tarxetas e colócaas boca abaixo

descolocadas. A continuación vaille dando a volta unha a unha ata que consigas formar parellas de imaxes

iguais. O procedemento é o seguinte: levantas unha tarxeta e observas a imaxe deixando a tarxeta boca arriba.

Levantas outra tarxeta, e se a imaxe coincide coa que tiñas levantada, as tarxetas son para ti. Se pola contra, a

segunda tarxeta que levantas non ten a mesma imaxe que a primeira que levantaches, debes poñer as dúas

boca abaixo outra vez, e volver comezar. O xogo remata cando tes todas as parellas formadas.

Page 11: PROPOSTA DE ACTIVIDADES - edu.xunta.gal · Poñemos música relaxante, que nos guste e nos permita concentrarnos. 4. Podemos prender algunha candea aromática ou incenso, pero sempre

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

ACTIVIDADE 3. Demostra todo o que aprendiches sobre África, participando nos xogos e actividades

que se atopan agochados detrás desta imaxe. Só tedes que facer clic enriba dela, e a desfrutar en familia!