promociÓn de estilos de vida saudables · 2020-05-28 · 1. introducciÓn 1.1. promociÓn de...

26
PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES 1º E 2º E.S.O. CURSO 18/19 CPI XOSÉ ALCALDE PICHEL

Upload: others

Post on 10-Jul-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA

SAUDABLES

1º E 2º E.S.O.

CURSO 18/19 CPI XOSÉ ALCALDE PICHEL

Page 2: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

INDICE

1. Introdución e contextualización.

1.1. Promoción de estilos de vida saludable: 1º ESO.

1.2. Promoción de estilos de vida saludable: 2º ESO.

2. Contribución ó desenvolvemento das competencias clave. Concreción que recolla a relación dos estándares

de aprendizaxe avaliables da materia que forman parte dos perfís competenciais.

3. Obxectivos xerais do curso.

4. Concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable de:

1º.Temporalización

2º. Grao mínimo de consecución

3º. Procedementos e instrumentos da avaliación

4.1. CURSO 1º ESO.

4.2. CURSO 2º ESO.

5. Concrecións metodolóxicas que require a materia

6. Criterios de avaliación por curso.

6.1. CURSO 1º ESO

6.2. CURSO 2º ESO.

7. Materiais curriculares e recursos didácticos.

8. Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado.

9. Indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente.

10. Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes.

11. Deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se poidan adoptar como

consecuencia dos seus resultados.

12.Medidas de atención á diversidade

13.Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso.

14. Actividades complementarias e extraescolares programadas.

15. Mecanismos de revisión, avaliación e modificación das programacións didácticas en relación cos

resultados académicos e procesos de mellora.

Page 3: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

1. INTRODUCCIÓN

1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO

O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación de materias de libre configuración autonómica propostas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e elixibles polos centros docentes dentro do horario de libre configuración, tanto en educación secundaria obrigatoria como en bacharelato. Na etapa de educación secundaria obrigatoria, unha das materias de libre configuración autonómica e “ Promoción de Estilos de Vida Saudables”. Elixiuse esta materia debido a dispoñibilidade de recursos e horario do profesorado de educación Física. Tamén se tiveron en conta outros factores como as características do grupos de primeiro de ESO, e a necesidade de favorecer o desenvolvemento psicomotor dos alumnos,a súa autonomía persoal, así como fomentar as práctica deportiva nun entorno onde non todos teñen facilidade para desprazarse a adestrar e poder formar parte dun equipo ou club. Isto favorece a aparición de estilos de vida sedentarios e onde o do tempo de lecer está asociado aos cos videoxogos, ver a televisión ou internet. Por outra banda a maioría das rapazas a esta idade, non fan ningún tipo de actividade física o ben crece a tendencia a abandonalo. Na sociedade actual , a inactividade física é un problema importante de saúde pública. A visión dunha mocidade sedentaria, observadora deportiva e afastada da práctica motora, con índices crecentes de obesidade e problemas de saúde realmente alarmantes establece como prioridade social a educación para a prevención de comportamentos de risco e a promoción da actividade física como base de cultivo de hábitos saudables.Coa adolescencia prodúcense cambios físicos e psicolóxicos no individuo, entra en moitos casos en contacto con determinados hábitos tóxicos ( consumo de bebidas alcohólicas, tabaco...) que cunha formación adecuada poderían reducirse. Esta materia é ten como finalidade abordar a prevención dos efectos negativos da inactividade física e da dieta desequilibrada, tratando de proporcionarlle ao alumnado unha serie de competencias que lle permitan, desde a práctica, adquirir e instaurar un estilo de vida saudable e que este se manteña no tempo. O currículo divídese en dous bloques de contidos: "Actividade física e saúde" e "Alimentación para a saúde". O bloque de contidos "Actividade física e saúde" está centrado no coñecemento dos efectos positivos sobre a saúde de levar unha vida activa. Débelle permitir ao alumnado avaliar de forma básica o seu nivel de actividade física aplicando métodos sinxelos e as novas tecnoloxías, á vez que deseña e pon en práctica un plan de intervención e promoción dun estilo de vida activo, tanto para el mesmo, como para as persoas do seu contorno, con especial atención á familia. Ademais, aborda de maneira sinxela o traballo no ámbito socioemocional de estratexias que lle permitan evitar os hábitos tóxicos relacionados coa actividade física (sedentarismo, lecer excesivo a través de pantallas, etc O bloque de "Alimentación para a saúde" busca que o alumnado adquira as competencias necesarias para instaurar uns hábitos de alimentación e hidratación saudables que lle permitan o cumprimento das recomendacións científicas para a súa idade, o seu sexo e a súa actividade física diaria. A través do coñecemento dos alimentos e das bebidas, así como das súas proporcións máis adecuadas ás súas propias características e demandas enerxéticas, o alumnado debe aprender a avaliar de forma sinxela a súa inxestión e a instaurar un estilo de vida saudable a través da elaboración e a posta en marcha de dietas equilibradas, partindo de patróns alimentarios saudables, como as dietas atlántica e mediterránea. Procúrase tamén o desenvolvemento da capacidade crítica na compra de alimentos e bebidas, dotando de ferramentas que permitan facer unha análise crítica das etiquetas nutricionais. No ámbito socioemocional, trátase de dotar o alumnado das ferramentas básicas para se enfrontar con éxito ao perigo de adquirir hábitos tóxicos para a súa saúde (alcohol, tabaco, drogas, etc.).

Page 4: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

1.2. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 2º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación de materias de libre configuración autonómica propostas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e elixibles polos centros docentes dentro do horario de libre configuración, tanto en educación secundaria obrigatoria como en bacharelato. Na etapa de educación secundaria obrigatoria, unha das materias de libre configuración autonómica e “ Promoción de Estilos de Vida Saudables”. Elixiuse esta materia debido as características do grupos de 2º ESO, e a necesidade de favorecer o desenvolvemento psicomotor dos alumnos,a súa autonomía persoal, así como fomentar as práctica deportiva nun entorno onde non todos teñen facilidade para desprazarse a adestrar e poder formar parte dun equipo ou club. Isto favorece a aparición de estilos de vida sedentarios e onde o do tempo de lecer está asociado aos cos videoxogos, ver a televisión ou internet. Por outra banda a maioría das rapazas a esta idade, non fan ningún tipo de actividade física o ben crece a tendencia a abandonalo. Na sociedade actual , a inactividade física é un problema importante de saúde pública. A visión dunha mocidade sedentaria, observadora deportiva e afastada da práctica motora, con índices crecentes de obesidade e problemas de saúde realmente alarmantes establece como prioridade social a educación para a prevención de comportamentos de risco e a promoción da actividade física como base de cultivo de hábitos saudables. Coa adolescencia prodúcense cambios físicos e psicolóxicos no individuo, entra en moitos casos en contacto con determinados hábitos tóxicos (consumo de bebidas alcohólicas, tabaco...) que cunha formación adecuada poderían reducirse. Esta materia é ten como finalidade abordar a prevención dos efectos negativos da inactividade física, tratando de concienciar sobre a importancia que ten camiñar ou usar a bicicleta como forma de incrementar a actividade física diaria , adquirir e instaurar un estilo de vida saudable e que este se manteña no tempo. Tamén se tratará o tema da prevención de lesións e actuación ante elas, contido de gran importancia que non ten a dedicación suficiente na materia de Educación Física. Por estes motivos, nos parece importante insistir un ano máis nesta materia, para ampliar e reforzar os contidos que resulta imposible abarcar só con unha hora a semana durante o curso de 1º ESO. Durante este curso facemos unha proposta para a materia de Promoción de estilos de vida saudables II, ampliando os bloques traballados en 1º da ESO e abordando outros novos bloques: “Coidado do corpo e da mente”, “Desprazamento saudable e seguro (peonil e ciclista)”e “ Prevención e estratexias de actuación ante lesiones y accidentes. Condutas en caso de emerxencia“. O bloque: “Coidado do corpo e da mente” aborda, por unha banda a promoción de hábitos de saúde acorde ás recomendacións sobre actividade física da OMS, e por outra a autoestima, imaxe corporal el os estereotipos relacionados con esta. Preténdese dar ferramentas para abordar os sentimentos e actitudes que temos respectos o noso corpo, realizando accións que xeren pensamentos positivos. O bloque: “Desprazamento saudable e seguro (peonil e ciclista)”, aborda, por unha banda, a temática das normas e os valores éticos como peón e ciclista así como os pasos que cómpre seguir en caso de accidente. Ten como obxectivo que o alumnado considere a importancia de recoñecer o valor da percepción do risco, dos valores cívicos no uso compartido dos espazos públicos, e da necesidade de cumprir as normas para garantir os dereitos de uso de todas as persoas nos seus desprazamentos. No bloque “ Prevención e estratexias de actuación ante lesiones y accidentes. Condutas en caso de emerxencia “ se abordarán por un lado o xeito de previr lesións, tanto na práctica deportiva como na vida diaria, hixiene postural, así como os protocolos a seguir en caso de emerxencia, xa que as actuacións e coidados do accidentado ata a chegada dos servizos de emerxencia son clave para minimizar as consecuencias.

Finalmente, debemos indicar que se trata dunha proposta curricular baseada na práctica. Por iso propondranse actividades que inclúan saídas escolares que reforcen o aprendido en colaboración con outras materias, por exemplo Educación Física, así como Bioloxía e Tecnoloxía.

Page 5: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

CONTEXTUALIZACIÓN

O CPI Alcalde Xosé Pichel é un centro público da vila de Coristanco situado a 35 km de A

Coruña. É un concello da bisbarra de Bergantiños. A poboación vive moi dispersa en pequenos

núcleos. A maioría dos nenos utilizan o transporte escolar para vir ao centro. O alumnado, sen entrar

en grandes estudios, é bastante homoxéneo en características sociais e económicas. Hai unha

porcentaxe moi pequena de inmigración no centro. A maioría dos nenos son galegos, de procedencia

rural, e o galego é tamén a súa lingua materna. A ocupación laboral dos pais enmárcase no sector

primario e secundario, principalmente.

En relación coa materia de Promoción de estilos de vida saudable , salientar que ten un pabillón

polideportivo que pertence ao Concello que nos permite actividades físicas incluso en condicións

climatolóxicas adversas, se ven as veces podemos coincidir ao mesmo tempo grupos de primaria con

secundaria ou ben, dous de secundaria.

Tamén contamos con unha sala de usos múltiples realizar charlas, conferencias, ver vídeos ou

incluso realizar sesións de expresión corporal , etc

Temos unha pista cuberta por porterías de fútbol,, un patio exterior para a práctica de actividades

deportivas diversas. No entorno temos sendeiros, piñeirais e carreteiras con pouco tráfico que nos

permiten facer actividades no medio natural sen necesidade de desprazamentos en autocar.

Contamos con dous grupos de primeiro de ESO de 18 alumnos cada un. Este ano concretamente

xúntanse un grupo elevado de alumnos con problemas serios de aprendizaxe,( moitos deles repetiron

en primaria, precisan apoio educativo en diversas materias ou teñen ACI). A isto hai que sumarlle a

falta de interese polos estudos de un grupo que aínda que non é moi numeroso, pode facer que

aparezan condutas disruptivas na aula.

Por este motivo, haberá que realizar as medidas de atención a diversidade que sexan necesarias en

función das necesidades xurdidas.

Page 6: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

2.-CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLMENTO DAS COMPETENCIAS

CLAVE: Concreción que recolla a relación dos estándares de aprendizaxe avaliables

da materia que forman parte dos perfís competenciais.

As competencias clave do currículo serán as seguintes:

1. Comunicación lingüística (CCL).

2. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT).

3. Competencia dixital (CD).

4. Aprender a aprender (CAA).

5. Competencias sociais e cívicas (CSC).

6. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).

7. Conciencia e expresións culturais (CCEC).

A materia de Promoción de Estilos de Vida Saudables contribúe de xeito directo e claro

á consecución destas competencias . É fundamental na consecución das competencias sociais

e cívicas de aprender a aprender, de sentido de iniciativa e espírito emprendedor, de

conciencia e expresións culturais, da competencia matemática e as competencias básicas en

ciencia e tecnoloxía e, en menor medida, da de comunicación lingüística e da competencia

dixital.

A práctica deportiva, os xogos e a realización de traballos en grupo contribúen de xeito

moi claro a consecución da competencia social e cívica , xa que se encontran en situacións de

cooperación e de oposición, preservando e fomentando os valores deportivos máis esenciais,

que comportan a posta en práctica dun proxecto en común e a aceptación de regras e normas

establecidas polo grupos, así como o respecto aos materiais, ao contorno e ás persoas

participantes. Por outra banda esixe a aceptación das diferenzas e limitacións das persoas

participantes e a asunción por parte de cada integrante das súas propias responsabilidades.

As habilidades asociadas á interacción con outras compañeiras e compañeiros, u permiten

establecer relacións construtivas e facilitan a integración do alumnado na sociedade e/ou no

grupo.

Por outra banda, a través da actividade física e da da alimentación , se analizará con espírito

crítico e valores e actitudes que xiran arredor do deporte, da publicidade, da prensa, das

Page 7: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

estratexias de cadeas de comida rápida, das “dietas milagrosas” seleccionando a información

recibida e procesándoa, obtendo conclusións a partir da mesma.

O ensino das diferentes propostas motoras, dos xogos, busca de información para a

realización de traballos, oriéntanse cara á formación dun ser autónomo capaz de anticipar,

percibir, decidir, relacionar, executar e reflexionar sobre as súas actuacións e de transferir o

traballo na aula a outros espazos persoais de recreación e tempo libre. Estas propostas, que

fomentan a iniciativa e espírito emprendedor.

As metodoloxías seleccionadas condicionan o nivel de autonomía do alumnado.A

metodoloxía debe ser utilizada en función da actividade e das características das persoas

destinatarias. Con todo as propostas máis creativas, máis autónomas, máis individualizadas,

máis exploratorias, promoven unha formación máis individualizada e desenvolven unha

maior capacidade de iniciativa persoal.

Coñecer as actividades físicas da contorna, os xogos tradicionais, actividades expresivas e

distintas dietas saudables (mediterránea, atlántica)contribúe ao seu enriquecemento cultural e

a valoralo como parte do seu patrimonio que é necesario preservar..

A promoción de estilos de vida saudables, prepara ao alumno a resolver problemas

motores de forma autónoma, aplicar os coñecementos á resolución de novas situación,

contribúe ao desenvolvemento da competencia . Tamén a través planificación de

determinadas actividades física, o deseño de dietas equilibradas e a organización do seu

tempo libre afastado de hábitos prexudiciais.

A adquisición da competencia en comunicación lingüística prodúcese ofrecendo unha

variedade de intercambios comunicativos e enriquecendo a capacidade comunicativa a través

das expresións e o vocabulario específico relacionado coa actividade física e coa

alimentación.

A adquisición da competencia matemática prodúcese a través do desenvolvemento de

diversos contidos específicos : Cálculo de índice de masa corporal, proporción dos

compoñentes alimentarios, toma da pulsacións, etc

.

Page 8: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

3. OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA

1. Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no

respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade

entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos e

a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns

dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

2. Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en

equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da

aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

3. Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades

entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera

outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que

supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de

violencia contra a muller.

4. Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e

nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de

calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos.

5. Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir

novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no

campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.

6. Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en

materias, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas en

diversos campos do coñecemento e da experiencia.

7. Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o

sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar,

tomar decisións e asumir responsabilidades.

Page 9: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

8. Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e

na lingua castelá, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na

lectura e no estudo da literatura.

9. Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada.

10. Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e

das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e

homes que realizaran achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a outras

culturas do mundo.

11. Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o das outras persoas, respectar

as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais, e incorporar a

educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e

social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa

diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o

consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa

conservación e á súa mellora.

12. Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións artísticas,

utilizando diversos medios de expresión e representación.

13. Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e

artístico de Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a

diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas,

desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.

14. Coñecer e valorar a importancia do uso da lingua galega como elemento fundamental

para o mantemento da identidade de Galicia, e como medio de relación interpersoal e

expresión de riqueza cultural nun contexto plurilingüe, que permite a comunicación

con outras linguas, en especial coas pertencentes á comunidade lusófona.

Page 10: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

4. Concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable de: Temporalización, grao mínimo de consecución,

procedementos e instrumentos de avaliación

4.1. CURSO 1º ESO Estándares de aprendizaxe Competencias

clave Grado mínimo de consecución Proced e instrumentos de

avaliación

Temporalización

1.1.1.Coñece os beneficios para a saúde da práctica regular de actividade física, así como os efectos adversos da inactividade.

CMCCT -Coñecer os beneficios da actividade física - Coñecer os efectos negativos da vida sedentaria sobre a saúde

Test Preguntas na clase

1º avaliación

1.1.2. Identifica os principais parámetros de saúde axeitados para

a súa idade, e relaciona a actividade física idónea para a súa

mellora.

CMCCT -Identificar as actividades físicas que axudan a mellorar a súa saúde

1.2.1. Coñece e avalía a súa postura, a composición corporal (talla, peso, IMC, etc.), a actividade e inactividade física diaria, a tensión arterial, etc., aplicando sistemas sinxelos e as novas tecnoloxías.

CMCCT

CAA

-Coñece o significado de IMC y su cálculo. composición corporal e influencia da actividade física na mesma -Identificar e corrixir hábitos posturales prexudiciais. -práctica de ex. De conciencia corporal. -a columna vertebral e as súas partes. Debuxo, traballlo individual.entrega do mesmo.

Busca e cálculo do IMC utilizando

algún dos programas da Web. Proba teórica hábitos posturais. Debuxo da columna vertebral e as

súas partes.

1.2.2. Elabora, analiza e avalía un diario da súa actividade física

desenvolvida durante un período de tempo acordado. CMCCT -Elaborar dun diario de actividade física dunha semana.

-Analizar os puntos débiles dos datos recollidos plan de mellora.e recomendacións para melloralos

Entrega del diario semanal

1.3.1. Elabora un plan para o incremento da súa actividade física diaria, reducindo os tempos de inactividade (televisión, teléfono móbil, etc.) e os desprazamentos con motor, e comprométese a pólo en práctica durante un período de tempo acordado de xeito individual ou en grupo.

CMCCT

CAA

CSC

Ficha onde identificarán os hábitos

posturales prexudiciais Diario e plan de mellora: entrega

obrigatoria

1.3.2. Localiza e utiliza os recursos dispoñibles no seu contorno

para a realización de actividade física saudable. CMCCT

CD

CAA

Elaborar unha guía onde aparezan a lo menos 5 actividades físicas ofertadas no propio concello ou noutro próximo así como clubs, asociacións veciñais, o outro tipos de organizacións

Traballo por parellas. 1ª, xunto con ed.

Física.

1.3.3. Adquire e utiliza estratexias socioemocionais para evitar os

hábitos tóxicos relacionados coa actividade física (sedentarismo,

vigorexia, dopaxe, etc.).

CSC Posúe argumentos para rexeitar o consumo de substancias tóxicas: tabaco, alcohol, anabolizantes, doping

Exame verdadeiro/falso 2º

1.4.1. Deseña, utiliza e difunde un plan de mobilidade peonil e/ou en bicicleta no seu contorno e/ou a súa localidade

CD

CAA

Sinala nun mapa da contorna 3 lugares axeitados para realizar rutas de sendeirismo ou en bicicleta

Traballo por parellas 2º

1.4.2. Deseña, utiliza e difunde unha guía para o incremento da actividade física na vida cotiá.

CD

CAA

Sinalar o lo menos 4 consellos para incrementar a actividade física na vida cotiá.

Pregunta exame 1º

Page 11: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

1.4.3. Organiza, nun medio tanto natural como urbano, actividades para a difusión, o fomento e a práctica de actividade física saudable en grupo (familia, grupo clase, centro, amizades, etc.).

CMCCT

CAA

CSC

CSIEE

Elaborar 2 propostas para fomentar a práctica deportiva no centro durante os recreos ou ben polas tardes.

Traballo en grupos de 4 2º

Bloque: Alimentación para a saúde

2.1.1.Coñece as recomendacións dietéticas e de hidratación, a importancia para a saúde dunha alimentación sa e equilibrada (variada, suficiente, etc.), e os riscos para a saúde da inxestión desmesurada de produtos azucrados, salgados, etc.

CMCCT Coñecer os diferentes grupos alimentarios Coñecer a importancia da dieta equilibrada: e recomendacions no almorzo, comida e cena. Identifica ao menos un efecto negativos que ten sobre a saúde o consumo excesivo de graxas, sal e azucre

Elaboración traballo en grupo, máis exposición do mesmo según directrices.

2.1.2. Identifica os alimentos e as recomendacións que propoñen os modelos de dieta atlántica e mediterránea, e os seus beneficios.

CMCCT

CAA

Coñecer a dieta mediterránea, a atlántica e os seus beneficios

2.2.1.Rexistra, analiza e avalía a súa propia inxestión durante un período de tempo acordado, tendo en conta as recomendacións para a súa idade, o seu sexo e a súa actividade física diaria

CMCCT

CAA

Realizar un diario sobre o consumo alimenticio durante unha semana. Analizar e facer correccións aos elementos da dieta que se poden mellorar:Deberan controlar o consumo de graxas, sal e azucre, e incluír froita e verdura. Coñecer o consumo diario de auga recomendado. Concienciarse da necesidade do aumento do consumo de froitas e verduras. Descripción de froitas e verduras novas na súa alimentación.

Elaboración dun diario persoal con suxestións de mellora. Plan Unha froita ou verdura nova, unha semana.

2.2.2.Coñece as recomendacións de inxestión alimentaria e hidratación adecuadas á súa idade, ao seu sexo e ao seu nivel de actividade física diaria.

CMCCT

2.2.3.Adquire e utiliza estratexias socioemocionais para evitar hábitos tóxicos relacionados coa alimentación (anorexia, drogas, alcohol, tabaco, etc.).

CSC Posúe argumentos para rexeitar o consumo de substancias tóxicas: tabaco, alcohol, anabolizantes, doping

Representación por grupos dunha situación onde alguén te anima a probar unha substancia tóxica, e cómo resolvela

2.3.1.Deseña, utiliza e difunde unha guía para aplicar as recomendacións dietéticas e de hidratación adaptadas á idade, ao sexo e á actividade física diaria, e comprométese a aplicala durante un período de tempo acordado

CMCCT

CD

CAA

Por grupos facer unha presentación en power point dun menú para unha semana que reúna as características saudables, así como actividade física e expoñela ante os ante os compañeiros. Debera indicar os ingredientes.

Exposición por parellas que se avaliará mediante unha planilla de control: información axeitada, dominio do tema, tratar todos os puntos

2.4.1.Deseña e elabora unha proposta de almorzos e merendas saudables, respectando as recomendacións dietéticas para a súa idade, o seu sexo e o seu nivel de actividade física, e comprométese a desenvolvela durante un período de tempo acordado.

CMCCT

CAA

CSIEE

2.5.1.Elabora unha lista da compra semanal, respectando as recomendacións dietéticas segundo a idade, o sexo e a actividade física diaria

CMCCT

CAA

2.5.2. Interpreta correctamente e de xeito básico a etiquetaxe nutricional dos produtos alimenticios, identificando os valores recomendados para a súa saúde.

CMCCT

CAA

Facer como mínimo unha valoración obxectiva da etiquetaxe nutricional dunha caixa de galletas, un iogur natural e un paquete de cereais, bolsas de patacas fritas, zumes de tetrabrick.

Traballo individual, grupo e grupo

grande.Exposición oral ante os

compañeiros con planilla de

control.gravación do proceso..

Page 12: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

4.2. CURSO 2º ESO.

Estándares de aprendizaxe Competencias

clave Grado mínimo de consecución Proced e instrumentos de avaliación Temporaliza

ción

B.1.1. Actuación (obrigatoria) en caso de accidente na estrada. A conduta PAS (protexer, avisar e socorrer). Cadea de supervivencia.

CSC CSIEE

- Coñecer normas básicas no protocolo de actuación ante un accidente.

- Realiza simulacros - Valora a importancia de atender a tempo e ben en caso de accidente

B.1.2.. Principios fundamentais que deben seguir os peóns. Seguridade dos peóns. Principio da integridade física. Desenvolvemento de actitudes, valores e competencias como peón. Dereitos e deberes no tránsito.

CAA CSC

-Saber cuestións básicas de tránsito seguro para os peóns, os seus deberes e dereitos e poñer en práctica condutas seguras nos desprazamentos escolares.

-Analiza os riscos de tránsito no propio centro e

nos accesos inmediatos. - Realiza un percorrido seguro desde o centro

educativo ate a casa da cultura

B.1.3. Vantaxes de ir camiñando á escola e a lugares accesibles. Relación entre esta práctica e a saúde.

CAA CSC

- Identificar os modos sustentables dos

desprazamentos, entre eles camiñar e

asocialos coa calidade de vida e a saúde.

- Relaciona hábitos saudables como camiñar coa calidade de vida.

- Relaciona hábitos non saudables como o

sedentarismo e o consumo de tabaco e de bebidas

alcohólicas cos problemas de mobilidade.

B.1.4. Principios fundamentais que deben seguir os ciclistas. Normativa para ciclistas: dereitos e deberes. Seguridade dos ciclistas: o casco. Elementos de seguridade na bicicleta. Desenvolvemento de actitudes, valores e competencias como ciclista.

CAA CSC

-Coñecer normas básicas para o uso seguro da bicicleta no espazo público.

- Coñece os dereitos que ten cando se move en

bicicleta e as condutas e hábitos recomendables. 3ª

- Realiza simulacións para exemplificar as

manobras que se deben utilizar nos

desprazamentos en bicicleta.

- Deseña e difunde unha guía sobre a normativa

de tráfico que afecta ao ciclista. 3ª

B.1.5. Vantaxes de ir en bicicleta á escola e a outros lugares accesibles, para a saúde e para o ambiente.

CAA CSC

- Saber as vantaxes que nos ofrece o uso da bicicleta, a nivel de saúde persoal e ambiental.

- Valora os beneficios de usar a bicicleta como

medio de desprazamento. 3ª

B.1.6.Organización e promoción da práctica de actividade física diaria

CD CAA

-Deseñar, organizar e difundir actividades para

fomentar o incremento de actividade física

diaria

-Deseña, utiliza e difunde un plan de mobilidade

peonil e/ou en bicicleta no seu contorno e /ou a

súa localidade

- Deseña e difunde unha guía para o incremento

da actividade física na vida cotiá. 1ª

Page 13: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

B.2.1. Avaliación e análise da postura, da composición corporal e da actividade física saudable realizada.

CMCCT

CAA

- Avaliar a postura, a composición corporal, a actividade física desenvolvida e a inactividade, aplicando sistemas sinxelos e as novas tecnoloxías

- Coñece e avalía a súa postura, a composición

corporal (talla, peso, IMC, etc.), a actividade e

inactividade física diaria, a tensión arterial, etc.,

aplicando sistemas sinxelos e as novas

tecnoloxías.

B.2.2.Prevención de lesións nas actividades físico-deportivas e outras actividades da vida cotiá baseada na análise previa das características destas.

CSIEE

CSC

- Controlar os riscos durante a súa participación en actividades físicos e actividades físicas que forman parte da vida cotiá. - Analizar as características das actividades físicas. - Adoptar medidas preventivas e de seguridade no desenvolvemento da actividade física

- Identifica as características das actividades

físico-deportivas e outras da vida cotiá que poidan

supor un elemento de risco para si mesmo/a ou

para as demais persoas.

- Adopta as medidas preventivas e de seguridade

propias das actividade, tendo especial coidado con

aquelas que se realizan nun contorno non estable.

B.2.3.Estratexias de actuación ante lesións e accidentes: Primeiros auxilios. Condutas en caso de emerxencia

CAA CSC

Aplicar as técnicas básicas de primeiros auxilios que se requiran nunha situación determinada, mediante a resolución de casos prácticos que faciliten establecer prioridades na orden de actuacións a realizar

- Deseña estratexias para a prevención e

tratamento de lesións 2ª

- Realizar simulacros onde teña que aplicar os

coñecementos en primeros auxilios en aquellas

situaciones en que resulten necesarias

B.3.11. Técnicas básicas de respiración e relaxación CAA Aplicar as técnicas básicas de respiración

e relaxación e observar os seu efectos na

saúde.

- Realizar prácticas de respiración e

relaxación

Page 14: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

5- CONCRECCIÓNS METODOLÓXICAS QUE REQUIRE A MATERIA

Nesta materia partiremos dunha concepción constructivista e significativa da ensinanza e da aprendizaxe,

onde o mestre sexa un mediador para facilita-la construción de aprendizaxes significativas. O profesor

facilitará e guiará a busca de información, para que eles mesmos constrúan os seu propio material.

.En canto ó estilo de ensinanza; en función do comportamento da clase será máis ou menos directivo.

Tratarase de establecer unha ensinanza baseada na resolución de problemas. Tamén empregaremos a

asignación de tarefas ben de maneira individual, por parellas ou grupal

Utilizaremos como canais de comunicación; o verbal; mediante a aplicación de feed-backs, descricións,

explicacións e o visual; con demostracións e medios auxiliares como vídeos, encerado dixital, computador ...

A organización da sesión será realizando tarefas do máis fácil ó máis difícil, rematando con tarefas

xogadas na que os alumnos integren os coñecementos adquiridos, Utilizaremos o traballo en grupo,

preferentemente por parellas ou tríos.

Principios metodolóxicos:

• O alumno é protagonista activo do seu propio aprendizaxe.

• A progresión en función do nivel inicial do alumno e a complexidade das tarefas.

• O aprendizaxe será a base para outros aprendizaxes posteriores.

• O alumno ha de ser quen de captar a utilidade e globalidade dos aprendizaxes.

6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN POR CURSO.

6.1. CURSO 1º ESO.

Bloque 1. Actividade física e saúde

B1.1. Coñecer a relación entre a práctica regular de actividade física e a saúde.

B1.2. Avaliar a postura, a composición corporal, a actividade física desenvolvida e a inactividade, aplicando

sistemas sinxelos e as novas tecnoloxías

B1.3. Aplicar un plan para o incremento da actividade física saudable ao longo do día, utilizando os recursos

dispoñibles no contorno

B1.4. Deseñar, organizar e difundir actividades para fomentar o incremento da práctica de actividade física

diaria.

Page 15: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

Bloque 2. Alimentación para a saúde

B2.1. Valorar a alimentación como un hábito de vida saudable e as recomendacións dietéticas e de

hidratación adaptadas á idade, o sexo e a actividade física diaria.

B2.2. Analizar e avaliar de xeito sinxelo a inxestión habitual e a hidratación, e coñecer as recomendacións de

inxestión máis adecuadas á súa idade, ao seu sexo e á súa actividade física diaria

B2.3. Deseñar, utilizar e difundir estratexias para a adquisición de hábitos de alimentación e hidratación

saudables

B2.4. Deseñar dietas sinxelas, aplicando as recomendacións segundo idade, sexo e actividade física diaria

durante un período de tempo acordado

B2.5. Facer unha escolla axeitada de alimentos e de bebidas á súa idade, ao seu sexo e á súa actividade física

diaria, valorando criticamente as indicacións da etiquetaxe dos produtos.

6.2. CURSO 2º ESO.

Bloque I: “Coidado do corpo e da mente”

B.3.11. Técnicas básicas de respiración e relaxación.

Bloque II: “Desprazamento saudable e seguro (peonil e ciclista)”

B.1.1. Actuación (obrigatoria) en caso de accidente na estrada. A conduta PAS (protexer, avisar e socorrer). Cadea de supervivencia.

B.1.2.. Principios fundamentais que deben seguir os peóns. Seguridade dos peóns. Principio da integridade física. Desenvolvemento de actitudes, valores e competencias como peón. Dereitos e deberes no tránsito.

B.1.3. Vantaxes de ir camiñando á escola e a lugares accesibles. Relación entre esta práctica e a saúde.

B.1.4. Principios fundamentais que deben seguir os ciclistas. Normativa para ciclistas: dereitos e deberes. Seguridade dos ciclistas: o casco. Elementos de seguridade na bicicleta. Desenvolvemento de actitudes, valores e competencias como ciclista.

B.1.5. Vantaxes de ir en bicicleta á escola e a outros lugares accesibles, para a saúde e para o ambiente.

B.1.6.Organización e promoción da práctica de actividade física diaria.

Bloque III: “ Prevención e estratexias de actuación ante lesiones y accidentes. Condutas en caso de

emerxencia“.

B.2.1. Avaliación e análise da postura, da composición corporal e da actividade física saudable realizada. B.2.2.Prevención de lesións nas actividades físico-deportivas e outras actividades da vida cotiá baseada na análise previa das características destas.

B.2.3.Estratexias de actuación ante lesións e accidentes: Primeiros auxilios. Condutas en caso de emerxencia

Page 16: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

7. MATERIAIS CURRICULARES E RECURSOS DIDÁCTICOS.

No que se refire ao bloque de actividade física e saúde, utilizaranse materiais propios de educación física

que máis axeitados para impartir as sesións: Pista polideportiva, campo de fútbol, balóns, espaldeiras, bancos

suecos, colchonetas, cordas, ...

En outras ocasións, e tamén para tratar o bloque de alimentación, botaremos man de recursos como poden

ser:

1. Explicacións do profesor.

2. Apuntes da materia confeccionados polo profesor.

3. Libros de bioloxía

4. Artigos de periódico e de revistas.

5. Reportaxes gravadas da televisión sobre temas interesantes que complementen o traballo

de clase.

6. Fragmentos de películas sobre temas interesantes que complementen o traballo de clase.

7. Canón de vídeo

8. Computador.

9. Material elaborado polos propios alumnos.

10. Productos do mercado

11. Reproductor de audio.

Page 17: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

8. CRITERIOS SOBRE A AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PR OMOCIÓN DO ALUMNADO.

A avaliación será tratada como un medio para medir o grado de cumprimento do proceso de ensinanza-

aprendizaxe. Ten por tanto unha finalidade orientadora e informativa dos logros acadados. . Comprenderá os

seguintes aspectos:

Por unha banda haberá unha panilla de control diario sobre o grado de participación diario nas actividades propostas. Este será un criterio subxectivo do profesor. Esta panilla de control incluirá unha escala de valoración, así como rexistro anecdótico As ausencias inxustificadas, a falta de puntualidade ou a faltas ou ofensas contra os compañeiros ou profesor, reverterán negativamente na puntuación Esta parte suporá o 50% da nota. Cada día marcado cun negativo suporá a perda de 0,5 puntos a descontar do 50% do apartado e Participación e Actitude. Os traballos realizados de maneira individual ou colectiva suporán un 40% da nota. Non entregalos será motivo para non superar a avaliación. No que se refire a avaliación de conceptos, suporá un 10% da nota e poderá ser a través de tests sinxelos de verdadeiro ou falso,completar frases ou aparear palabras, así como preguntas na aula.

A cualificación en cada avaliación virá dada pola suma dos porcentaxes correspondentes a cada apartado,

unha vez realizadas tódalas probas do trimestre.

-Participación na clase 50%. Será necesario a unha nota mínima de 4 sobre 10 neste apartado para facer a

media.

- Traballos individuais ou grupais 40% da nota, sendo obrigatorio entregalos.

- Nota conceptos teóricos 10%, sendo necesario unha nota mínima de 4 sobre dez neste apartado.

A nota final do curso, a nota virá dada pola nota media das tres avaliacións. Aqueles alumnos que teñan una

nota media por encima de + 0,50 sobre o número enteiro, subirán ó número enteiro superior, se teñen + 0,49

baixaran ó número enteiro inferior.

Despois de cada trimestre haberá recuperación .Se en xuño, a nota media das tres avaliacións fora menor de

5, o alumno tería dereito a recuperar a parte ou partes suspensas. Se a situación continúa igual, terían que ir á

proba extraordinaria de setembro.

Na proba extraordinaria de setembro terán que presentar un traballo sobre os temas non superados,

así como un exame teórico sobre cuestións básicas de todo o curso.

Os criterios de promoción do alumnado son os recollidos no PE.

Page 18: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

9. INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DO E NSINO E A PRÁCTICA DOCENTE.

De forma subxectiva o profesor recollerá nun diario persoal os contidos traballados diariamente en cada grupo, así como dificultades xurdidas

Coa información obtida neste proceso de avaliación será rexistrada e analizada co fin de emitir xuízos e reflexionar sobre os seguintes puntos:

1. Planificación

2. Motivación do alumnado

3. Desenvolvemento do ensino

4. Proceso de ensino e a práctica docente

1.-Planificación INDICADORES SI NON OBSERVACIÓNS

Programa a materia tendo en conta os estándares de aprendizaxe previstos nas leis educativas.

Programa a materia tendo en conta o tempo dispoñible para o seu desenrolo.

Selecciona e secuencia de forma progresiva os contidos da programación de aula tendo en conta as particularidades de cada un dos grupos de estudantes.

Programa actividades e estratexias en función dos estándares de aprendizaxe.

Planifica as clases de modo flexible, preparando actividades e recursos axustados á programación de aula e as necesidades e ós intereses do alumnado.

Establece os criterios, procedementos e os instrumentos de avaliación e autoavaliación que permiten facer o seguimento do progreso de aprendizaxe dos seus alumnos e alumnas.

Coordínase co profesorado doutros departamentos que poidan ter contidos afíns a súa materia (Bioloxía)

Page 19: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

2.-Motivación do alumnado.

INDICADORES SI NON 1. Proporciona un plan de traballo ó principio de cada

unidade.

2. Expón situacións que introduzan a unidade (lecturas, debates, diálogos).

3. Relaciona os aprendizaxes con aplicacións reais ou coa súa funcionalidade.

4. Informa sobre os progresos conseguidos e as dificultades atopadas.

5. Relaciona os contidos e as actividades cos intereses do alumnado.

6. Estimula a participación activa dos estudantes na clase.

7. Promove a reflexión dos temas tratados.

3.-Desenvolvemento do ensino INDICADORES SI NON OBSERVACIÓNS

1. Cando introduce conceptos novos, relaciónaos, se é posible, cos xa coñecidos; intercala preguntas aclaratorias; pon exemplos...

2. Ten predisposición para aclarar dúbidas e ofrecer asesorías dentro e fora das clases.

3. Optimiza o tempo dispoñible para o desenvolvemento de cada unidade didáctica.

4. Utiliza axuda audiovisual ou de outro tipo para apoiar os contidos na aula.

5. Promove o traballo cooperativo e mantén unha comunicación fluída cos estudantes.

Page 20: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

6. Desenrola os contidos dunha forma ordenada e comprensible para os alumnos e as alumnas.

7. Plantexa actividades que permitan a adquisición dos estándares de aprendizaxe e as destrezas propias da etapa educativa.

8. Plantexa actividades grupais e individuais.

4.-Proceso de ensino e a práctica docente.

INDICADORES SI NON OBSERVACIÓNS

1. Realiza a avaliación inicial ó principio de curso para axusta la programación ó nivel dos estudantes.

2. Detecta os coñecementos previos de cada unidade didáctica.

3. Revisa, con frecuencia, os traballos propostos na aula e fora dela.

4. Proporciona a información necesaria sobre a resolución das tarefas e cómo pode melloralas.

5. Corrixe e explica de forma habitual os traballos e as actividades dos alumnos e as alumnas,e da pautas para a mellora dos seus aprendizaxes.

6. Utiliza suficientes criterios de avaliación que atendan de maneira equilibrada a avaliación dos diferentes contidos.

7. Favorece os procesos de autoavaliación e coavaliación.

8. Propón novas actividades que faciliten a adquisición de obxectivos cando estes no son alcanzados suficientemente.

9. Propón novas actividades de maior nivel cando os obxectivos foron alcanzados con suficiencia.

Page 21: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

10. Utiliza diferentes técnicas de avaliación en función dos contidos, o nivel dos estudantes, etc.

11. Emprega diferentes medios para informar dos resultados ós estudantes e ós pais.

Page 22: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

10.ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, RECU PERACIÓN E AVALIACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES . O primeiro ano resultou unha materia sen pendentes e no segundo curso de ESO é o primeiro ano no que se

realiza.

Non hai alumnado pendente.

11.DESEÑO DA AVALIACIÓN INICIAL E MEDIDAS INDIVIDUA IS OU COLECTIVAS QUE SE POIDAN ADOPTAR COMO CONSECUENCIA DOS SEUS RESULTADOS.

A avaliación inicial ou diagnóstica permite adecuar a aprendizaxe as posibilidades do alumnado, mediante a observación e interpretación de coñecementos, actitudes e capacidades. Ten o seu momento idóneo ao comezo dunha unidade didáctica, dun período educativo ou dun proceso formativo

Esta avaliación realizarase a través da observación , de preguntas directas ao alumnado do contidos básicos da materia, choiva de ideas...

As medidas individuais farense a través dos datos obtidos polos procedementos indicados anteriormente e a través do coñecemento do pasado académico a través dos informes de titores e orientadores.

12.MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Ao comezo de cada curso e coa finalidade de adecuar as ensinanzas de cada materia ao alumnado e facilitar a progresión satisfactoria do seu proceso de aprendizaxe, o profesorado que imparta docencia no grupo realizará unha avaliación inicial, incidindo na obtención de información sobre os coñecementos previos do alumnado en cada unha das materias e o grao de desenvolvemento das competencias básicas. A avaliación incluirá a análise dos informes persoais da etapa ou curso anterior e completarase coa información obtida a través da persoa titora.

A avaliación inicial será o punto de referencia para a toma de decisións relativas ao desenvolvemento do currículo, así como para adoptar aquelas medidas de apoio, reforzo e recuperación que se consideren oportunas para cada alumna ou alumno. Será de grande importancia a coordinación de todo o profesorado que imparta docencia en cada grupo co fin de tomar medidas conxuntas que faciliten o progreso do alumnado.”

O departamento de orientación colabora co profesorado na atención á diversidade, elaborando propostas de mellora para facilitar os procesos de ensino-aprendizaxe.

Unha vez determinadas as necesidades establécense as medidas de apoio oportunas (actividades de reforzo educativo, apoios -dentro ou fóra da aula-), flexibilizacións do período de escolarización, adaptacións curriculares...

A atención á diversidade nesta materia será a través dun tratamento dos contidos no que se fomenta a valoración individual do alumnado, xa que se lles solicita que cada un traballe sempre en función das súas posibilidades e limitacións.

Ao alumnado con mais capacidade daráselle a oportunidade, de forma voluntaria, de realizar actividades máis complexas ou que realicen actividades de colaboración co profesor para atender aos alumnos con máis dificultades. Este último aspecto será fundamental na realización de tarefas co computador onde o nivel de dominio pode ser enorme.

Page 23: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

Dunha maneira máis concreta especificamos os mínimos esixibles para aquel alumnado que necesite reforzo educativo ou medidas de atención á diversidade por diferentes causas:

• Dificultades de aprendizaxe:

- De tipo motor ou procedimental; o mínimo esixible será unha actitude participativa na clase que mostre afán de superación a pesar dos múltiples problemas (motores, sensoriais ou psicolóxicos) que supón a tarefa. A non consecución das tarefas ou actividades non conlevará unha avaliación negativa si a actitude é a adecuada.

- Dificultades conceptuais; neste caso o grao de esixencia diminúe centrándose naqueles aspectos básicos e elementais que son necesarios na nosa materia con respecto a cada nivel.

- Dificultades actitudinais; o mínimo esixible será o respecto das persoas, materiais e instalacións.

No bloque relacionado coa actividade física, o alumnado que teña algunha lesión, terá modifica a súas actividades (redución do grado de dificultade, outra actividade física alternativa ou repouso) en función da prescrición médica correspondente:realizarían a parte teórica e actividades de axuda e colaboración en clase; colocar material, anotacións, etc. Nestes casos terase en conta a súa participación noutros aspectos da clase e os coñecementos teóricos.

• Persoas desmotivadas e de baixo interese pola materia:

Exporanse posibles actividades alternativas que permitan a consecución dos obxectivos tanto na práctica coma na teoría. Preténdese encontrar puntos intermedios entre o que se considera necesario aprender e os intereses e motivacións do alumnado. Baséase en que o alumnado propón unha serie de actividades que poidan substituír ás que se ofertan na clase. De entre elas o profesor selecciona algunhas para que elixan aquelas polas que o alumnado pode mostrar maior interese ou motivación. Actividades que sen estar recollidas na programación poden ser adaptadas para que cumpran parte dos obxectivos expostos.

13.CONCRECIÓN DOS ELEMENTOS TRANSVERSAIS QUE SE TRABALLARÁN NO CURSO.

O Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da ESO e do Bacharelato sinala:

Artigo 4. Elementos transversais

1. A comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e da comunicación, o emprendemento, e a educación cívica e constitucional traballaranse en todas as materias, sen prexuízo do seu tratamento específico nalgunhas das materias de cada etapa.

A parte diso, dende a materia de Promoción de estilos de vida saudables trataranse os seguintes contidos transversais:

EDUCACIÓN PARA A PAZ

Tratarase a través da aceptación e o respecto da propia realidade (corporal y funcional), das diferenzas cos demais (de capacidade, de eficiencia motriz e morfoloxía) e das normas (regras) e resultados (na competición).

Todos estes contidos aparecen no traballo da condición física, nos xogos e deportes (tamén para discapacitados) e na expresión corporal

EDUCACIÓN PARA O CONSUMIDOR

É un contido que desde a nosa área abrangue o relacionado cos aspectos sociais e económicos que rodean a actividade física e a alimentación e creando un espírito crítico cara á publicidade

EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

Page 24: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

Tratarémolo relacionándoo coa condición física, e tratando aspectos como a alimentación, a hixiene, e o consumo de sustancias prexudiciais para a saúde.

EDUCACIÓN PARA A CONSERVACIÓN DO MEDIO AMBIENTE

Por un lado tratarase este tema cando se desenvolvan actividades no medio natural e pro outro lado relacionándoo coa alimentación, a compra de produtos frescos envasados, e os residuos innecesarios que se xeran.

EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE AMBOS SEXOS

Intentaremos que os estereotipos sexistas presentes na sociedade e con elo, na educación, non sexan reforzados nesta materia. Para elo, non buscamos unha situación de igualdade de comportamentos entre ambos sexos, senón valorar as características de cadanseu na súa xusta medida. Isto supón un intento de integración dos valores masculinos e femininos, no cal ambos sexos deben compartir as actividades propias de cada un deles, posibilitando así que poidan destacar todos e todas.

14. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

PROGRAMADAS .

Levaranse a cabo actividades en colaboración co departamento de Educación Física, Ciencias Naturais e

Lingua Galega como a ruta polas Fragas do Eume ( 2ª avaliación)

Por outra banda e co motivo da semana cultural, propoñeranse en colaboración co departamento de Ciencias

Naturais actividades relacionadas coa a alimentación nas que participen activamente os alumnos tales como

almorzo saudable, facer batidos de froitas, ...

Deixase aberta a posibilidade de tomar parte en exposicións, conferencias, mostras etc, que poidan xurdir e

que poidan axudar a tratar os contidos da materia.

Page 25: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

15. MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN E MODIFICACI ÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS EN

RELACIÓN COS RESULTADOS ACADÉMICOS E PROCESOS DE MELLORA.

Esta programación está suxeita a cambios, en función do nivel do alumnado.. Por este motivo estará continuamente adaptándose ao ritmo do alumnado.

En reunións de carácter mensual realizarase un seguimento da programación didáctica por parte de todos os membros do departamento, ademais da posta en

común que se fará entre profesores que impartan clase dunha mesma materia e curso .

Ó finalizar o curso, nunha reunión do departamento, farase unha análise dos resultados e discutiremos os posibles cambios na programación cara o curso seguinte despois dunha posta en común das reflexións de cada membro segundo os puntos do cadro seguinte: Indicadores para avaliar a programación INDICADORES SI NON OBSERVACIÓNS 1. A programación recolle os criterios de avaliación de forma

clara e sinxela.

2. Os alumnos teñen acceso aos criterios de

avaliación/cualificación.

3. As familias, teñen acceso aos criterios de

avaliación/cualificación.

5. Vai dirixida aos diferentes tipos de contidos 6. Valóranse os contidos actitudinais e procedimentais 7. Avalíanse as competencias 8. Valórase o traballo que desenvolve na casa 9. Valórase o traballo que desenvolve o alumno na aula 10. Avalíase o proceso de aprendizaxe de maneira directa e a

través dos cadernos (materiais) de traballo do alumnado.

11. As probas contemplan diferentes niveis de dificultade 12. Analízanse os resultados do grupo de alumnos. 13. Establécense os procedementos de recuperación por

avaliación.

14. As sesións de avaliación son suficientes e eficaces. 15. Avalíase periodicamente a programación. 16. Avalíase a propia práctica docente. 17. A avaliación é continua. 18. Os resultados das avaliacións utilízanse para adecuar a

programación.

Page 26: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES · 2020-05-28 · 1. INTRODUCCIÓN 1.1. PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SALUDABLES : 1º ESO O decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece a relación

20. A programación contempla mecanismos propios de

avaliación interna

21. A temporalización das unidades didácticas foi axeitada 22. Os obxectivos e contidos estaba adaptados ao nivel dos

alumnos

23. Os recursos son suficientes 24. Valórase a posibilidade de suprimir, ampliar, reducir

contidos ou unidades didácticas

Asinado: Elena Alcoba García e Susana Penas Martínez