programacion proxecto didÁctico departamento … · 2015-11-27 · que estimemos convenientes para...

87
IES “ESPIÑEIRA”, BOIRO CURSO 2015-2016 PROFESORES: VICTOR MANUEL FERNANDEZ ALBOR CARLOS CHOUZA BLANCO JOSE MANUEL PEREZ MORALES PROGRAMACION PROXECTO DIDÁCTICO DEPARTAMENTO TECNOLOXÍA

Upload: dangdang

Post on 25-Jan-2019

213 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

IES “ESPIÑEIRA”, BOIRO

CURSO 2015-2016

PROFESORES: VICTOR MANUEL FERNANDEZ ALBOR CARLOS CHOUZA BLANCO JOSE MANUEL PEREZ MORALES

PROGRAMACION

PROXECTO DIDÁCTICO

DEPARTAMENTO TECNOLOXÍA

Departamento de:

TECNOLOXIA

PROGRAMACIÓN: 2015-16

ENSINANZA CICLO CURSO Asignaturas PROFESOR

Secundaria Primeiro 2º TECNOLOXIA Morales

Secundaria Segundo 3º TECNOLOXIA/S Morales

Secundaria Segundo 4º TECNOLOXIAS

INFORMATICA e

INICIATIVAS

EMPRENDEDORAS

Morales

Carlos

Bachiller Bachiller 1º TICS Victor

Bachiller Bachiller 2º TECNOLOXIA Morales

IES “ESPIÑEIRA”, BOIRO

CURSO 2015-2016

PROFESORES: VICTOR MANUEL FERNANDEZ ALBOR CARLOS CHOUZA BLANCO JOSE MANUEL PEREZ MORALES

INDICE. Programación Tecnoloxías 2º ESO.

Programación Tecnoloxías 3º ESO.

Programación Tecnoloxía 4º PDC.

Programación TIC 1º Bacharelato.

Programación Tecnoloxia 2º Bacharelato

PROXECTO DIDÁCTICO DA ÁREA TECNOLÓXICO-PRÁCTICA

TECNOLOXÍAS

2º CURSO DE ESO

PROGRAMACIÓN

IES “ESPIÑEIRA”, BOIRO

CURSO 2015-2016

ÍNDICE.

ÍNDICE. PROXECTO DIDÁCTICO. Introdución e Contextualización. Selección de contidos. Metodoloxía. Avaliación. Criterios de Cualificación.

UNIDADE 1: ESTRUTURAS E MATERIAIS. Enlace co DCB. Obxectivos didácticos. Contidos. Metodoloxía e recursos.

UNIDADE 2: PROXECTOS (I). Enlace co DCB. Obxectivos didácticos. Contidos. Metodoloxía e recursos.

UNIDADE 3: TECNOLOXÍAS DA INFOR. E INTERNET (I). Enlace co DCB. Obxectivos didácticos. Contidos. Metodoloxía e recursos.

IMPLANTACIÓN DO PLAN LECTOR.

INCORPORACIÓN DAS TIC.

CONTIDOS MÍNIMOS.

SECUENCIACIÓN DAS U.D. ao LONGO DO CURSO.

CONTRIBUCIÓN DA MATERIA Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS.

MEDIDAS PARA A SUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN.

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS.

PROXECTO DIDÁCTICO.

INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN:

A educación tecnolóxica contribúe á formación integral do alumnado. A actividade tecnolóxica

require a conxugación de elementos que proveñen do coñecemento científico e da súa aplicación

técnica, pero tamén doutros de carácter económico e estético. Todo isto, de maneira integrada e cun

referente disciplinar propio, baseado nun modo ordenado e metódico de intervir no contorno. É evidente,

polo tanto, que unha das características esenciais da Tecnoloxía é o seu carácter integrador de

diferentes disciplinas, que é a definición da Transversalidade.

Os contidos da materia vertébranse en torno ao proceso de resolución de problemas

tecnolóxicos. Trátase do desenvolvemento de habilidades e da aplicación de métodos que permitan

avanzar desde a identificación e formulación dun problema técnico ata a súa solución construtiva, e todo

isto, a través dun proceso planificado que busque a optimización dos recursos e das solucións. A posta

en práctica deste proceso tecnolóxico esixe, pola súa banda, un compoñente científico e técnico.

Por último, outro punto a destacar da materia de Tecnoloxía é que o proceso tecnolóxico implica

unha metodoloxía de traballo en grupo no estudo inicial do problema, deseño de estratexias, toma de

decisións, posta en práctica e comprobación e avaliación dos resultados.

Indícanse a continuación, os bloques temáticos dos que se compón:

Bloque temático 1: Técnicas de expresión e comunicación gráfica.

Bloque temático 2: Materiais de uso técnico.

Bloque temático 3: Estruturas e mecanismos.

Bloque temático 4: Tecnoloxías da información e comunicación.

Bloque temático 5: Internet e comunidades virtuais.

Bloque temático 6: Tecnoloxía e sociedade.

Bloque temático 7: Actitudes, valores e normas.

SELECCIÓN DE CONTIDOS:

Atendendo ao proposto nas respectivas unidades didácticas, definiremos aquelas actividades

que estimemos convenientes para a consecución dos obxectivos nelas propostas. Así pois, eliximos as

seguintes unidades para desenrolar durante o curso:

• UD 1: ESTRUTURAS E MATERIAIS.

• UD 2: PROXECTOS (I).

• UD 3: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E INTERNET (I).

METODOLOXÍA:

Dividiremos o traballo na aula-taller en 4 tipos de actividades:

a. Introdutorias. A súa finalidade é acadar unha motivación inicial, para isto poden usarse

artigos de prensa, vídeos, recursos informáticos ou visitas que relacionen o tema co seu

entorno.

b. Expositivas. Son as explicacións teóricas e exercicios propostos de cara a acadar os

coñecementos básicos da materia.

c. Indagativas. Engloba tanto o traballo en taller como de busca de información que permita

aos alumnos ampliar por si mesmos os coñecementos relativos á disciplina.

d. Avaliativas. Contempla a coavaliación e a autoavaliación. AVALIACIÓN:

Ten por obxecto permitir a corrección das deficiencias que se van producindo no proceso

ensino/aprendizaxe empregando para isto a coavaliación e a autoavaliación.

A avaliación continua comprenderá tres fases:

1. Inicial: Proporcionará datos sobre os coñecementos iniciais dos alumnos.

2. Formativa: Permitirá corrixir os erros dos alumnos ao longo do proceso de

aprendizaxe (é fundamental indicar os acertos que se van producindo no traballo

diario).

3. Final: Permitirá a cualificación.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:

Os criterios de cualificación serán explicados aos alumnos durante as primeiras sesións de cada

avaliación e dependerán da unidade didáctica desenrolada.

1ª Avaliación:

Un 20% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a

súa integridade, sin caderno non se avalian os exames escritos nin orales.

Un 50% da nota obterase dos controis e exames teóricos.

Un 20% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo (exames orais e

avaliación dos exercicios do tema).

Un 10 % corresponderá á avaliación do correcto comportamento e responsabilidade tanto na

aula como no Taller.

2ª Avaliación:

Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a

súa integridade, sin caderno nos e avalian os exames.

Un 60% da nota obterase dos Proxectos realizados no Taller, avaliándose a correcta realización

do proxecto, o uso adecuado das ferramentas e a da memoria técnica.

Un 20% da nota obterase dos controis e exames teóricos.

Un 10 % corresponderá á avaliación do correcto comportamento e responsabilidade tanto na

aula como no Taller.

3ª Avaliación:

Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a

súa integridade, sin caderno no se avalian os exames.

Un 60% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos realizados cos miniportátiles da

aula abalar sobre os contidos de procesado de texto e imaxe.

Un 20% da nota obterase dos controis e exames teóricos.

Un 10 % corresponderá á avaliación do correcto comportamento e responsabilidade na aula

abalar.

UNIDADE 1: ESTRUTURAS E MATERIAIS.

Os contidos desta unidade céntranse na descrición das estruturas e dos diversos materiais que

podemos atopar na vida diaria e no traballo na aula-taller, facendo fincapé no concepto das 3 R´s.

Ademais abarcaremos os conceptos de debuxo referidos á interpretación de debuxos lineais; e

comezaremos o proceso de selección e posta en marcha dos proxectos e de preparación das memorias

de proxectos correspondentes. Tamén farase a presentación das ferramentas dispoñibles na aula-taller

que se usarán durante este curso (fundamentalmente as relacionadas co traballo coa madeira).

ENLACE CO DCB:

Bloque 1: Técnicas de expresión e comunicación gráfica.

- Bosquexos e esbozos no debuxo lineal.

Bloque 2: Materiais de uso técnico.

- Estruturas. Tipos de esforzos.

- Madeira: tipos, transformación industrial, formas comerciais.

- Plásticos: tipos, tratamento e fabricación.

- Coñecemento, uso seguro e localización de ferramentas na aula-taller.

Bloque 3: Estruturas e mecanismos.

- Estruturas. Tipos de esforzos.

Bloque 6: Tecnoloxía e sociedade.

- Introdución á Tecnoloxía.

- Proceso inventivo e de deseño: identificación do problema ou da necesidade,

exploración e investigación do contorno, busca de información, resolución de

problemas, planificación e organización de tarefas, xestión e valoración de traballos.

- O concepto das 3 R´s.

Bloque 7: Actitudes, valores e normas.

- Aceptación das directrices de uso seguro e de conservación de ferramentas, así como

de consumo racional de materiais na aula-taller de tecnoloxía.

- Asimilación dos conceptos de reutilización, reciclaxe e redución no tratamento dos

residuos sólidos urbanos.

- Curiosidade por coñecer os diferentes tipos de materiais, as súas técnicas de

fabricación e as súas características principais.

- Interese pola correcta presentación dos debuxos presentados.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

Durante este curso os alumnos deben adquirir unha ampla visión das estruturas, dos diferentes

tipos de materiais e das súas características principais, así como dos conceptos de reutilización,

reciclaxe e redución. Ademais, deben adquirir a habilidade necesaria para a correcta expresión e

interpretación gráfica asociada aos proxectos técnicos e deben comezar a coñecer as ferramentas das

que dispoñen na aula-taller.

- Coñecemento de estruturas e materiais e das súas características.

- Asimilación do concepto das 3 R´s.

- Buscar, organizar e presentar adecuadamente información para a realización de proxectos

que se fabricarán na aula-taller.

- Usar un vocabulario técnico axeitado.

- Realizar debuxos técnicos sinxelos.

- Coñecemento, uso seguro e localización das ferramentas dispoñibles na aula-taller. CONTIDOS:

Conceptuais:

- Estruturas: tipos de esforzos.

- Madeira: tipos, transformación industrial, formas comerciais.

- Plásticos: tipos, tratamento e fabricación.

- Coñecemento, uso seguro e localización de ferramentas na aula-taller.

- As 3 R´s.

Procedimentais:

- Realización de debuxo técnico sinxelo.

- Proceso inventivo e de deseño: identificación do problema ou necesidade,

exploración e investigación do contorno, busca de información, resolución de

problemas, planificación e organización de tarefas, xestión e valoración de traballos.

Actitudinais:

- Aceptación das directrices de uso seguro e de conservación de ferramentas, así como

de consumo de materiais na aula-taller de tecnoloxía.

- Asimilación dos conceptos de reutilización, reciclaxe e redución no uso dos materiais.

- Curiosidade por coñecer os diferentes tipos de materiais, técnicas de fabricación e as

súas características principais.

- Respecto polas instrucións para a correcta utilización de máquinas e instrumentos na

aula-taller de tecnoloxía.

- Caderno de clase convenientemente clasificado e ordenado.

- Mostrar actitude de respecto cara a si mesmo e os compañeiros.

- Busca da información necesaria.

- Interese pola correcta presentación dos debuxos presentados. METODOLOXÍA E RECURSOS:

Comezarase cun conxunto de actividades expositivas acerca da materia, as estruturas, os

materias e as 3 R´s, completadas con actividades indagativas; e alternaranse con actividades

expositivas e avaliativas relativas aos contidos de representación e comunicación gráfica e de

ferramentas.

As principais actividades expositivas desta primeira avaliación refírense aos contidos de

estruturas e materiais que dan nome á unidade didáctica e serán un primeiro paso para a aplicación

práctica do método de proxectos durante a 2ª avaliación.

Avaliaranse os resultados dos exercicios propostos para casa, caderno de clase e os exames e

controis teóricos.

Os recursos que utilizaremos serán a información accesible na biblioteca do Instituto e en

internet, materiais de debuxo, material da aula taller de tecnoloxía, material multimedia accesible por

internet, EDI e miniportátiles da aula abalar.

UNIDADE 2: PROXECTOS (I).

O obxectivo desta unidade é, por unha banda, aplicar os coñecementos adquiridos durante a 1ª

avaliación e, por outra, acadar as habilidades de deseño de proxectos e manipulación de materiais que

conforman un dos piares fundamentais da materia. Para isto, ademais de continuar cos contidos de

debuxo (que durante esta avaliación se estenderán aos conceptos de escala, e metroloxía), de materiais

(metais) e de ferramentas iniciados na unidade anterior, continuaremos coa posta en práctica da

planificación das memorias dos proxectos comezadas na 1ª avaliación.

ENLACE CO DCB:

Bloque 1: Técnicas de expresión e comunicación gráfica.

- Acoutación.

- Escalas.

- Metroloxía: uso do calibre.

Bloque 2: Materiais de uso técnico.

- Técnicas básicas e industriais para o traballo con madeira. Manexo de ferramentas e

uso seguro das mesmas.

- Coñecemento e localización das ferramentas na aula-taller.

- Utilización do calibre na realización dos proxectos técnicos.

- Materiais férricos. O ferro: extracción, fundición e obtención do aceiro. Propiedades

características: mecánicas, eléctricas e térmicas. Aplicacións.

- Metais non férricos: cobre e aluminio. Obtención e propiedades mecánicas, eléctricas e

térmicas. Aplicacións.

Bloque 3: Estruturas e mecanismos.

- Realización de estruturas nos proxectos tecnolóxicos.

Bloque 7: Actitudes, valores e normas.

- Interese pola axeitada realización de tarefas e a correcta presentación dos traballos

técnicos desenvolvidos.

- Interese na adquisición de destrezas de representación gráfica, e polo uso das escalas,

para a descrición técnica de obxectos.

- Aceptación das directrices de uso seguro e de conservación de ferramentas, así como

de consumo de materiais (as 3 R´s) na aula-taller de tecnoloxía.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

Durante esta segunda unidade os alumnos deben aplicar os coñecementos adquiridos durante a

1ª avaliación no referido aos materiais, así como aos conceptos de reutilización, reciclaxe e redución.

Ademais, ampliarán os seus coñecementos de deseño gráfico cos conceptos de escalas e metroloxía,

que deberán por en práctica durante a realización dos proxectos técnicos. Tamén continuarán ampliando

os seus coñecementos de materiais cos metais férricos e non férricos. Por último, completarán o seu

coñecemento das ferramentas das que dispoñen na aula-taller.

- Uso correcto do calibre.

- Coñecemento, uso seguro e localización das ferramentas dispoñibles na aula-taller

(continuación).

- Presentar axeitadamente a información utilizada na realización dos proxectos técnicos.

- Seguir as fases do proceso tecnolóxico á hora de desenrolar un proxecto na aula-taller.

- Elaboración de proxectos, traballando en grupo, e seguindo as fases do proceso

tecnolóxico.

- Usar un vocabulario técnico axeitado.

- Saber acoutar adecuadamente un debuxo técnico e interpretar a súa escala. CONTIDOS:

Conceptuais:

- Técnicas básicas de mecanización da madeira.

- Coñecemento, uso seguro e localización das ferramentas da aula-taller.

- Metroloxía: uso do calibre.

- Acoutación e Escalas.

- Materiais férricos. O ferro: extracción, fundición e obtención do aceiro. Propiedades

características: mecánicas, eléctricas e térmicas. Aplicacións.

- Metais non férricos: cobre e aluminio. Obtención e propiedades mecánicas, eléctricas e

térmicas. Aplicacións.

Procedimentais:

- Metroloxía: Uso correcto do calibre.

- Manexo de ferramentas e uso seguro das mesmas.

- Mecanizado correcto da madeira.

- Acoutado correcto dos debuxos técnicos e aplicación do concepto de escala.

Actitudinais:

• Interese pola axeitada realización de tarefas e a correcta presentación dos traballos

técnicos desenvolvidos.

• Interese polas técnicas de reutilización, reciclaxe e redución no uso de materiais como un

método de aforro enerxético e de defensa do medio ambiente.

• Interese na precisa descrición técnica dos proxectos realizados, utilizando correctamente

a metroloxía e os sistemas de representación gráfica.

• Aceptación das directrices de uso seguro e de conservación de ferramentas e consumo

de materiais na aula-taller.

• Interese pola correcta presentación dos debuxos realizados.

• Caderno de clase convenientemente clasificado e ordenado.

• Mostrar actitude de respecto cara a si mesmo e aos seus compañeiros.

METODOLOXÍA E RECURSOS:

Aproveitaremos os coñecementos adquiridos durante a 1ª avaliación referidos á madeira e as 3

R´s, para que os alumnos poidan realizar correctamente os seus proxectos. Ademais de continuar coas

actividades expositivas e avaliativas para o coñecemento dos metais e das ferramentas que usaremos

na aula-taller, a realización de debuxos con escuadro e cartabón, a aplicación do concepto de escalas e

o uso correcto do calibre.

Avaliaranse os resultados dos exercicios propostos para casa, caderno de clase e os proxectos

realizados. Permitindo nesta fase a autoavaliación e coavaliación (titoriadas polo profesor), cotexando os

resultados obtidos coas avaliacións realizadas polo profesor.

Os recursos que utilizaremos serán a información accesible na biblioteca do Instituto e Internet,

materiais de debuxo, material multimedia, uso da EDI, miniportátiles dos alumnos e o material e

ferramentas dispoñibles na aula taller de Tecnoloxía.

UNIDADE 3: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E INTERNET (I).

Como indica o título desta unidade, comezamos cos contidos teóricos e prácticos para acadar

un coñecemento, a nivel de usuario, dos sistemas de información e internet.

Co obxectivo de acadar maiores destrezas dos sistemas de información, nesta unidade se

presentarán o ordenador e os seus compoñentes fundamentais, e se traballarán os contidos relativos ao

procesado de textos combinado coa creación e modificación de imaxes, aplicando estes coñecementos

á creación das memorias dos proxectos tecnolóxicos en formato dixital.

Ademais, continuaranse traballando as técnicas de expresión gráfica pero agora en formato

dixital, o coñecemento das ferramentas da aula-taller e calquera contido teórico que non se puidera

impartir completamente nas anteriores avaliacións.

Enlace co DCB:

Bloque 1: Técnicas de expresión e comunicación gráfica.

- Utilización de programas de debuxo por ordenador.

- Acoutación e Escalas.

Bloque 2: Materiais de uso técnico.

- Coñecemento e localización das ferramentas na aula-taller.

Bloque 4: Tecnoloxías da información e comunicación.

- Os sistemas de información e os seus elementos.

- Características e funcionalidades dos procesadores de texto.

- Tratamento da imaxe dixital.

Bloque 5: Internet e comunidades virtuais.

- Uso dun sistema de rede social educativa: aula virtual.

- Uso do correo electrónico.

- Busca de información a través da rede internet.

Bloque 7: Actitudes, valores e normas.

- Colaboración cos compañeiros e uso axeitado do material informático.

- Demostración das destrezas adquiridas na representación gráfica así como valoración

da pulcritude nos debuxos presentados.

- Interese por coñecer as posibilidades dos sistemas de información e da internet como

importantes ferramentas da Tecnoloxía.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

• Coñecer as características e funcionalidade dos diversos compoñentes dos sistemas

de información.

• Uso de aplicacións de procesado de texto e debuxo.

• Busca de información en internet e presentación de memorias co procesador de texto

que xunten texto con imaxes creadas por eles ou obtidas de internet e modificadas.

• Demostrar suficiente competencia nos coñecementos adquiridos de expresión e

comunicación gráfica.

• Usar un vocabulario técnico axeitado.

CONTIDOS:

Conceptuais:

- Características dos diversos compoñentes dos sistemas de información.

- Procesadores de texto.

- Creación e modificación de imaxes dixitais.

- Busca de información en internet.

- Uso dunha rede social educativa e dunha aula virtual.

- Uso do correo electrónico.

Procedimentais:

• Conexión axeitada á redes sociais educativas e aula virtual.

• Aplicacións prácticas con procesadores de texto.

• Creación e modificación de imaxes dixitais.

• Emprego práctico das ferramentas relacionadas coa rede Internet.

Actitudinais:

- Colaboración cos compañeiros e uso axeitado dos diversos materiais da aula

informática.

- Demostración das destrezas adquiridas na representación gráfica así como valoración

da pulcritude nos debuxos presentados.

- Interese por coñecer as posibilidades dos sistemas de información e da internet como

importantes ferramentas da tecnoloxía.

METODOLOXÍA E RECURSOS:

Nesta unidade, tras un breve uso das actividades de tipo expositivo, aproveitarase o

equipamento da aula abalar para desenrolar actividades de tipo indagativo referidas ás tecnoloxías da

información e Internet, e para os contidos de tecnoloxías da información e comunicación.

Ademais, continuaremos coas actividades de debuxo iniciadas en anteriores unidades

didácticas.

Avaliaranse os caderno de clase, os exercicios prácticos propostos referidos ás tecnoloxías da

información e comunicación e os exames e controis teóricos.

Os recursos que utilizaremos serán a información accesible na biblioteca do Instituto e Internet,

materiais de debuxo, material multimedia e uso do equipamento da aula abalar (EDI e miniportátiles do

alumno).

IMPLANTACIÓN DO PLAN LECTOR.

Aplicarase o Plan Lector de modo coordinado cos demais departamentos do Centro de acordo

coas directrices marcadas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica.

INCORPORACIÓN DAS TIC.

No apartado de Metodoloxía e Recursos correspondente a cada unidade didáctica xa se fixo

referencia á incorporación das TIC, pero dun modo máis detallado poden indicarse os seguintes

recursos:

Vídeos obtidos en Internet (You Tube):

Construción dun Edificio.

Caída da Ponte de Tacoma.

Despece da madeira.

Elaboración de taboleiros de aglomerado e DM.

Obtención do Aceiro.

Extracción e tratamento do Cobre.

Aliaxes de Cobre con outros metais.

Evolución dos computadores.

Funcionamento dun lector de CD/DVD.

Recursos sobre a materia almacenados no espazo Abalar.

• Seguridade e hixiene no uso das TIC.

• A auga, aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial.

Acceso en liña a páxinas web cos contidos relativos á materia (Estruturas, Madeira, Metais).

Uso de enciclopedias en liña: Wikipedia.

Xestión do Blogue de aula. Uso da aula virtual.

Uso do equipamento da aula abalar.

CONTIDOS MÍNIMOS.

Os contidos mínimos esixibles para a superación da materia son:

Conceptuais:

• Madeira: tipos, formas comerciais.

• Plásticos: tipos.

• Materiais férricos. Aplicacións.

• Metais non férricos. Aplicacións.

• Estruturas.

• Coñecemento, uso seguro e localización de ferramentas na aula-taller.

• As 3 R´s: reutilización, reciclaxe e redución.

• Escalas. Normas de acoutación.

• Características dos diversos compoñentes dos sistemas de información.

• Procesadores de texto.

• Busca de información en internet.

• Os sistemas de correo electrónico.

Procedimentais:

• Realización de debuxos lineais sinxelos.

• Proceso inventivo e de deseño: identificación do problema ou da necesidade, exploración e

investigación do contorno, busca de información, resolución de problemas, planificación e

organización de tarefas, xestión e valoración de traballos.

• Metroloxía: Uso correcto do calibre.

• Manexo de ferramentas e uso seguro das mesmas.

• Aplicacións prácticas con procesadores de texto.

• Emprego práctico das ferramentas relacionadas coa rede Internet, redes sociais educativas,

aula virtual e correo electrónico.

Actitudinais:

• Aceptación das directrices de uso seguro e de conservación de ferramentas, así como de

consumo de materiais na aula-taller de tecnoloxía.

• Curiosidade por coñecer os diferentes tipos de materiais, as súas técnicas de fabricación e as

súas características principais.

• Caderno de clase convenientemente clasificado e ordenado.

• Mostrar actitude de respecto cara a si mesmo, a materia e aos seus compañeiros.

• Colaboración cos compañeiros e uso axeitado dos diversos materiais da aula abalar.

• Demostración das destrezas adquiridas na representación e interpretación gráfica.

• Interese por coñecer as posibilidades dos sistemas de información e da internet como

importantes ferramentas da tecnoloxía.

SECUENCIACIÓN DAS UNIDADES DIDÁCTICAS AO LONGO DO CURSO.

Propóñense tres unidades didácticas a desenvolver durante o curso, a súa temporalización

corresponderase coa de 1 unidade didáctica por avaliación.

Na 1ª avaliación priman os contidos teóricos sobre Estruturas e Materiais e a súa reciclaxe, que

serán necesarios no traballo de Taller da 2ª avaliación e que se completan cos contidos de debuxo e

ferramentas.

Na 2ª avaliación prevalece o traballo práctico na aula-taller na que se poñen en práctica os

coñecementos teóricos antes citados. Tamén é importante a realización da memoria do proxecto

elaborado durante a avaliación, completándose cos contidos de debuxo, metroloxía, metais e

ferramentas.

Durante a 3ª avaliación priman os contidos teóricos e prácticos sobre sistemas de información e

internet, que se impartirán na aula abalar. Os contidos se completarán con debuxo e ferramentas.

A temporalización queda como segue:

1ª Avaliación:

Unidade didáctica 1: Estruturas e Materiais.

2ª Avaliación:

Unidade didáctica 2: Proxectos (I).

3ª Avaliación:

Unidade didáctica 3: Tecnoloxías da información e internet (I).

CONTRIBUCIÓN DA MATERIA Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS.

Tendo en conta as seguintes competencias básicas :

1. Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico.

2. Tratamento da información e competencia dixital.

3. Competencia matemática.

4. Competencia cultural e artística.

5. Competencia de autonomía e iniciativa persoal.

6. Competencia social e cidadá.

7. Competencia en comunicación lingüística.

8. Competencia para aprender a aprender. A tecnoloxía desenrolará ditas competencias segundo o exposto a continuación:

• Integra os coñecementos teóricos e prácticos na aplicación do método de proxectos.

• Mediante un proceso analítico favorece a capacidade de razoamento lóxico, distinguindo as

diversas fases de que se compón un proceso creativo (posta en práctica do proxecto e

realización da memoria correspondente).

• Potencia a creatividade e a análise crítica ao ter que solucionar os problemas prácticos que se

presentan na realización do método de proxectos.

• Favorece a capacidade de expresión, utilizando vocabulario propio da Tecnoloxía e utilizando o

debuxo técnico como medio específico de expresión gráfica e a memoria final do proxecto como

un medio de expresar os resultados acadados.

• Permite a interdisciplinariedade, aplicando diversos coñecementos teóricos e prácticos na

resolución de problemas tecnolóxicos.

• Favorece a capacidade operativa e de destreza manual, ao manexar máquinas e ferramentas,

incluíndo nesta aprendizaxe a adquisición de hábitos de seguridade e hixiene no traballo.

• Favorece a autoestima ao percibir o alumno como positiva a obtención dun resultado tanxible: o

proxecto técnico rematado e funcional.

• Favorece o espírito crítico, ao formar parte do proceso tecnolóxico a busca de solucións aos

problemas que aparecen durante a construción e requirir unha avaliación final e explicación dos

resultados obtidos nunha memoria final do proxecto.

• Contribúe á capacidade de inserción na vida activa e favorece o tránsito á vida laboral, dotando

aos alumnos/as duns recursos intelectuais e manuais, así como dunha serie de actitudes e

valores que os capacitan como persoas e como cidadáns.

MEDIDAS PARA A SUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES.

PROGRAMA DE REFORZO:

As actuacións que se levarán a cabo para aqueles alumnos que non superaron a materia en

cursos anteriores serán as seguintes:

• Durante a 1ª e 2ª avaliacións faranse entrega de boletíns de actividades que inclúen os contidos

mínimos conceptuais (teóricos) aos que se fai referencia no apartado Contidos Mínimos da

programación, que o alumno deberá resolver e entregar nos prazos acordados co profesor.

• O exame de pendentes do mes de maio, versará sobre os contidos mínimos conceptuais antes

citados.

CONTIDOS ESIXIBLES:

Os contidos esixibles para a recuperación da materia pendente tanto na convocatoria de maio

como na de setembro, son os recollidos nesta programación no apartado de contidos mínimos, no

subapartado de contidos conceptuais (teóricos).

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:

Os alumnos teñen que presentar a l ibreta de clase completa e f i rmada por o

mestre, sendo os criterios de cualificación de pendentes para a convocatoria de maio, serán

explicados aos alumnos ao comezo do curso, e son os seguintes:

• Un 30% da nota corresponderá á resolución das actividades do boletín de exercicios.

• Un 70% da nota corresponderá ao exame extraordinario de maio.

Os criterios de cualificación de pendentes na convocatoria de setembro, ademáis da libreta como en Maio, son os seguintes:

• Un 100% da nota corresponderá ao exame extraordinario de setembro.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

Non están previstas inicialmente ningún tipo de actividade complementaria ou extraescolar, de

realizarse durante o curso algún tipo de actividade, esta aparecería recollida na memoria final do curso.

Os criterios para a realización de actividades serán os de dar prioridade ás que se realicen no

entorno do Centro, tamén aquelas actividades que se poidan coordinar con outros departamentos e que

teñan unha relación directa co currículo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN.

O proceso de avaliación desta programación consistirá en:

• Revisión do cumprimento dos contidos da programación ao remate de cada avaliación.

• Inclusión na memoria final, das variacións producidas durante o curso, avaliación do grao de

execución da programación e propostas de modificación da programación en vindeiros cursos.

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

En todos os grupos de alumnos preséntanse inquietudes e necesidades educativas moi diversas,

circunstancia que esixe unha resposta axeitada non só para o grupo, senón tamén para cada individuo

concreto.

As medidas de atención á diversidade, en función das características propias do alumnado,

poderán ser adoptadas aos seguintes niveis de actuación:

• Na metodoloxía: adaptando ou mudando o método que sexa máis eficaz para cada alumno/a.

• No ritmo: algúns alumnos irán máis rápido ca outros. Para iso adaptaremos, na medida do

posible, o ritmo para cada alumno seleccionando as actividades.

• Nas actividades: asignaremos a cada alumno diferentes actividades buscando o equilibrio entre

os obxectivos educativos e o propio alumno.

• Na colaboración: O método de proxectos se basea no traballo cooperativo.

• Adaptacións non significativas: estas adaptacións conlevan modificacións na metodoloxía,

actividades, procedementos e instrumentos de avaliación, podendo incluír a priorización duns

contidos e obxectivos determinados.

• Adaptacións significativas: estas adaptacións conlevan un cambio moi notorio nos obxectivos,

contidos e criterios de avaliación. En calquera caso estas adaptacións decidiranse de común

acordo co Departamento de Orientación e o titor do alumno.

PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS.

A educación ten que asegurar, por un lado, o desenvolvemento integral do alumno e, por outro,

responder ás expectativas e demandas da sociedade. De aí xorde a necesidade de integrar no currículo

os temas transversais. Non se tratan como áreas diferenciadas, senón que están presentes en todas as

áreas, en maior ou menor medida.

Na área Tecnolóxica sinalamos:

• Con respecto á educación para a igualdade de oportunidades de ámbolos dous sexos, a

materia está formulada de forma que as responsabilidades e os traballos sexan efectuados

igualmente por ambos sexos, tanto na aula como no taller de tecnoloxía, de forma que fomente

o interese de ámbolos dous cara a Tecnoloxía e aumente a confianza nas súas propias

posibilidades con independencia deste factor.

• A educación para a saúde atópase reflectido nos temas de atención e respecto ás normas e

seguridade coas ferramentas da aula-taller.

• A educación para o consumidor está incluída na análise sociolóxica e na avaliación da

influencia da Tecnoloxía na sociedade, mediante a identificación das mensaxes publicitarias, o

estudo da oferta e da demanda e as consecuencias dos avances tecnolóxicos.

• A educación ambiental ten importancia na Tecnoloxía ao analizar e valorar criticamente o

impacto medioambiental da Tecnoloxía e o uso das denominadas “tecnoloxías limpas”.

Boiro 17 de setembro de 2015

PROGRAMACIÓN

PROXECTO DIDÁCTICO DA ÁREA TECNOLÓXICO-PRÁCTICA

TECNOLOXÍAS

3º ESO

IES “ESPIÑEIRA”, BOIRO

CURSO 2015-2016

ÍNDICE.

PROXECTO DIDÁCTICO. Introdución e contextualización. Selección de Contidos. Metodoloxía. Avaliación. Criterios de Cualificación.

UNIDADE 1: MECANISMOS E ENERXÍA ELÉCTRICA. Enlace co DCB. Obxectivos didácticos. Contidos. Metodoloxía e recursos.

UNIDADE 2: PROXECTOS (II). Enlace co DCB. Obxectivos didácticos. Contidos. Metodoloxía e recursos.

UNIDADE 3: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E INTERNET (II). Enlace co DCB. Obxectivos didácticos. Contidos. Metodoloxía e recursos.

IMPLANTACIÓN DO PLAN LECTOR.

INCORPORACIÓN DAS TIC.

CONTIDOS MÍNIMOS.

SECUENCIACIÓN DAS UNIDADES DIDÁCTICAS AO LONGO DO CURSO.

CONTRIBUCIÓN DA MATERIA Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS CLAVE.

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

MEDIDAS PARA A SUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN.

PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS.

PROXECTO DIDÁCTICO.

INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN:

A materia de Tecnoloxía, trata de fomentar as aprendizaxes e desenvolver as capacidades que

permitan a comprensión dos obxectos técnicos, a súa utilización e manipulación, así como o dominio

dos procesos tecnolóxicos mediante os que tales obxectos se deseñan e constrúen empregando as

tecnoloxías da información e da comunicación e os coñecementos propios das diversas ciencias (física,

química, matemáticas, debuxo, etc).

A educación tecnolóxica contribúe á formación integral do alumnado. A actividade tecnolóxica

require a conxugación de elementos que proveñen do coñecemento científico e da súa aplicación

técnica, pero tamén doutros de carácter económico e estético. Todo isto, de maneira integrada e cun

referente disciplinar propio, baseado nun modo ordenado e metódico de intervir no contorno. É evidente,

polo tanto, que unha das características esenciais da Tecnoloxía é o seu carácter integrador de

diferentes disciplinas, que é a definición da Transversalidade.

Os contidos da materia vertébranse en torno ao proceso de resolución de problemas

tecnolóxicos. Trátase do desenvolvemento de habilidades e da aplicación de métodos que permitan

avanzar desde a identificación e formulación dun problema técnico ata a súa solución construtiva, e todo

isto, a través dun proceso planificado que busque a optimización dos recursos e das solucións. A posta

en práctica deste proceso tecnolóxico esixe, pola súa banda, un compoñente científico e técnico.

Tanto para coñecer e utilizar mellor os obxectos tecnolóxicos, como para intervir neles é

necesario poñer en xogo un conxunto de coñecementos sobre os fenómenos nos que se basean as

máquinas e os elementos que as constitúen, e tamén sobre os procesos de análise, deseño,

manipulación e construción de obxectos técnicos, que contribúen á adquisición de novos coñecementos

e á consolidación doutros.

Por último, outro punto a destacar da materia de Tecnoloxías é que o proceso tecnolóxico

implica unha metodoloxía de traballo en grupo no estudo inicial do problema, deseño de estratexias,

toma de decisións, posta en práctica e comprobación e avaliación dos resultados.

Indícanse a continuación, os bloques temáticos dos que se compón a materia:

Bloque temático 1: Instalacións técnicas.

Bloque temático 2: Técnicas de expresión e comunicación gráfica.

Bloque temático 3: Materiais de uso técnico.

Bloque temático 4: Enerxía e a súa transformación.

Bloque temático 5: Estruturas e mecanismos.

Bloque temático 6: Electricidade e electrónica.

Bloque temático 7: Tecnoloxías da información e comunicación.

Bloque temático 8: Internet e comunidades virtuais.

Bloque temático 9: Tecnoloxía e sociedade.

Bloque temático 10: Actitudes, valores e normas.

Á hora de elixir os contidos para o 3° de ESO, se segue o criterio de introdución progresiva de

conceptos da materia de Tecnoloxías. Así para este curso traballaranse os contidos de informática (uso

das follas de cálculo) e os contidos de mecanismos, electricidade e electrónica.

Estes contidos completarán aos tratados durante o anterior curso (2º de ESO), para que o

alumnado durante a 2ª avaliación os poida aplicar na realización dos proxectos tecnolóxicos na aula-

taller, na que ademais de con madeira, traballaran con metal (roscado, cortado e soldadura).

SELECCIÓN DE CONTIDOS:

Atendendo ao proposto nas respectivas unidades didácticas, definiremos aquelas actividades

que estimemos convenientes para a consecución dos obxectivos nelas propostos. Así pois, as unidades

a desenrolar durante o curso serán as seguintes:

• U.D. 1: MECANISMOS E ENERXÍA ELÉCTRICA.

• U.D. 2: PROXECTOS (II).

• U.D. 3: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E INTERNET (II).

METODOLOXÍA:

Dividiremos o traballo na aula-taller en 4 tipos de actividades:

• Introdutorias. A súa finalidade é acadar unha motivación inicial, para isto usaranse artigos de

prensa, vídeos e recursos informáticos, ademais de visitas que relacionen o tema co seu

entorno.

• Expositivas. Son as explicacións teóricas e exercicios propostos de cara a acadar os

coñecementos básicos da materia.

• Indagativas. Engloba tanto o traballo en taller como de busca de información que permita aos

alumnos ampliar por si mesmos os coñecementos relativos á disciplina.

• Avaliativas. Contempla a coavaliación e a autoavaliación.

AVALIACIÓN:

Teñen por obxecto permitir a corrección das deficiencias que se van producindo no proceso

ensinanza/aprendizaxe empregando para isto a coavaliación e a autoavaliación.

A avaliación continua da materia comprenderá tres fases:

• Inicial: Proporcionará datos sobre os coñecementos iniciais dos alumnos.

• Formativa: Permitirá corrixir os erros e carencias dos alumnos ó longo do proceso de

aprendizaxe, así como coñecer os avances e acertos que se van producindo nel.

• Final: Permitirá a cualificación final de todo o proceso de ensinanza/aprendizaxe.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:

Os criterios de cualificación serán explicados aos alumnos durante as primeiras sesións de cada

avaliación e dependerán da unidade didáctica desenrolada, para evaluar os alumnos estes teñen que

presentar antes a Libreta de clases ben e o día, que será o 50% da nota, o outro 50% repoartese como

segue.

1ª Avaliación:

Un 20% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a

súa integridade.

Un 50% da nota obterase dos controis e exames teóricos.

Un 20% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo (exames orais e

avaliación dos exercicios do tema).

Un 10 % corresponderá á avaliación do correcto comportamento e responsabilidade tanto na

aula como no Taller.

2ª Avaliación:

Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a

súa integridade.

Un 60% da nota obterase dos Proxectos realizados no Taller, avaliándose a correcta realización

do proxecto, o uso adecuado das ferramentas e a da memoria técnica.

Un 20% da nota obterase dos controis e exames teóricos.

Un 10 % corresponderá á avaliación do correcto comportamento e responsabilidade tanto na

aula como no Taller.

3ª Avaliación:

Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a

súa integridade.

Un 60% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos realizados cos ordenadores da

aula de informática sobre os contidos de follas de cálculo.

Un 20% da nota obterase dos controis e exames teóricos.

Un 10 % corresponderá á avaliación do correcto comportamento e responsabilidade na aula

abalar.

UNIDADE 1: MECANISMOS E ENERXÍA ELÉCTRICA.

Os contidos desta unidade son unha continuación dos acadados durante o curso pasado

(estruturas, materiais, etc). Así, abordarase a análise dos mecanismos, a electricidade e electrónica.

Tamén de xeito similar ao curso anterior, comezaremos o proceso de selección e posta en

marcha dos proxectos tecnolóxicos e de preparación das memorias correspondentes. Ademais, farase a

presentación das ferramentas dispoñibles na aula-taller que os alumnos aínda non coñecen

(ferramentas de mecanizado de metais).

ENLACE CO DCB:

Bloque 1: Instalacións técnicas.

- Circuítos eléctricos sinxelos.

Bloque 4: Enerxía e a súa transformación.

- Enerxía eléctrica xeración, transporte, distribución e consumo.

Bloque 5: Estruturas e mecanismos.

- Descrición e funcionamento de mecanismos de transmisión e transformación de

movemento: panca, polea, engrenaxe, parafuso sen fin, piñón e cremalleira, leva, roda

excéntrica, biela e manivela.

- Relación de transmisión. Aplicacións.

Bloque 6: Electricidade e electrónica.

- Introdución á electricidade. Lei de Ohm. Cálculo e medición de R, V e I en circuítos

eléctricos básicos.

- Introdución á electrónica.

Bloque temático 9: Tecnoloxía e sociedade.

- Aforro enerxético.

- Descrición do funcionamento de máquinas simples e identificación das mesmas en

dispositivos de uso habitual.

Bloque 10: Actitudes, valores e normas.

- Aceptación das directrices de uso seguro e de conservación de ferramentas, así como

de consumo de materiais na aula-taller de tecnoloxía.

- Asimilación dos conceptos de reutilización, reciclaxe e redución.

- Curiosidade por coñecer os diferentes tipos de materiais, as súas técnicas de

fabricación e as súas características principais.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

Durante este curso o alumnado se aproximará aos mecanismos, a electricidade e a electrónica;

co obxectivo de que poidan aplicar estes novos conceptos na realización dos seus proxectos

tecnolóxicos durante a 2ª avaliación.

- Identificar e comprender o funcionamento dos diversos mecanismos.

- Coñecer as diversas fontes de enerxía e as centrais de obtención de enerxía eléctrica.

- Coñecer os principios básicos da electricidade e circuítos eléctricos sinxelos.

- Coñecer os principios básicos da electrónica.

- Buscar, organizar e presentar adecuadamente información para a realización de proxectos

que se fabricarán na aula-taller.

- Descrición e funcionamento de mecanismos de transmisión e transformación do

movemento. Relación de transmisión.

- Usar un vocabulario técnico axeitado.

- Incorporar á nosa vida o uso de tecnoloxías limpas que permitan paliar os efectos negativos

da actividade humana.

CONTIDOS:

Conceptuais:

- Enerxía eléctrica xeración, transporte, distribución e consumo. Aforro enerxético.

- Descrición e funcionamento de mecanismos de transmisión e transformación do

movemento. Relación de transmisión.

- Electricidade. Circuítos eléctricos.

- Electrónica. Conceptos básicos.

Procedimentais:

- Identificación dos diversos tipos de centrais eléctricas e dos seus compoñentes.

- Descrición do funcionamento de máquinas simples e identificación das mesmas en

dispositivos de uso habitual.

- Análise e medición de circuítos eléctricos.

- Relación de transmisión. Aplicacións.

Actitudinais:

- Aceptación das directrices de uso seguro e de conservación de ferramentas, así como

de consumo de materiais na aula-taller de tecnoloxía.

- Curiosidade por coñecer os diferentes tipos de mecanismos.

- Sensibilidade diante do impacto ambiental do desenvolvemento tecnolóxico,

especialmente en Galicia.

- Caderno de clase convenientemente clasificado e ordenado.

- Mostrar actitude de respecto cara a si mesmo e os compañeiros.

- Interese pola correcta presentación dos traballos presentados. METODOLOXÍA E RECURSOS:

Comezarase cun conxunto de actividades expositivas, completadas con actividades indagativas

referidas aos mecanismos, electricidade e electrónica; e alternaranse con actividades expositivas e

avaliativas relativas a ferramentas.

Avaliaranse os resultados dos exercicios propostos para casa, caderno de clase e os exames e

controis teóricos.

Os recursos que utilizaremos serán a información accesible na biblioteca do Instituto, material e

ferramentas da aula-taller, material multimedia accesible por internet, videoproxector e portátil da aula-

taller de tecnoloxías, o blogue de aula

UNIDADE 2: PROXECTOS (II).

O obxectivo desta unidade é, por unha banda, aplicar os coñecementos adquiridos durante a 1ª

avaliación (mecanismos, electricidade e electrónica) e, por outra, acadar as habilidades de deseño de

proxectos e manipulación de materiais que conforman un dos piares fundamentais da materia. Para isto,

continuaremos coa posta en práctica da planificación das memorias dos proxectos comezadas na 1ª

avaliación.

ENLACE CO DCB:

Bloque 1: Instalacións técnicas.

- Construción de proxectos tecnolóxicos que conteñan circuítos eléctricos e electrónicos

sinxelos.

- Proxectos que requiran o uso de mecanismos para a transformación do movemento ou

para o troco da relación de transmisión entre a entrada e a saída.

- Proxectos que se basean nun modelo de obtención de enerxía, primando os de

obtención de enerxías alternativas.

Bloque 2: Técnicas de expresión e comunicación gráfica.

- Deseño e ilustración do proxecto técnico.

Bloque 3: Materiais de uso técnico.

- Técnicas de construción de mecanismos.

- Mecanizado de metais.

Bloque 4: Enerxía e a súa transformación.

- Elaboración de modelos de obtención de enerxías renovables.

Bloque 6: Electricidade e electrónica.

- Aplicación práctica dos conceptos de electricidade e electrónica adquiridos á

elaboración de circuítos sinxelos para os proxectos.

- Manexo do polímetro: Realización de medidas.

Bloque 10: Actitudes, valores e normas.

- Interese pola axeitada realización de tarefas e a correcta presentación dos traballos

técnicos desenvolvidos.

- Curiosidade por coñecer os principios básicos da electricidade e electrónica.

- Valoración das normas de seguridade e hixiene na aula-taller e consideración dos

perigos que comporta o uso dos seus equipos e instalacións.

- Sensibilidade diante do impacto ambiental do desenvolvemento tecnolóxico,

especialmente en Galicia.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

- Deseñar, construír e avaliar os proxectos segundo as fases do proceso tecnolóxico.

- Aplicar os coñecementos adquiridos sobre mecanismos, electricidade e electrónica ao

correcto deseño e construción dos proxectos tecnolóxicos.

- Potenciar o traballo en grupo e a responsabilidade dentro do mesmo.

- Comprender os principios da electricidade e electrónica.

- Valorar a importancia das tecnoloxías convencionais de produción de enerxía, así como das

alternativas.

- Valorar a incorporación á nosa vida do uso de tecnoloxías limpas que permitan paliar os

efectos negativos da actividade humana.

CONTIDOS:

Conceptuais:

- Principios básicos da electricidade. Máquinas eléctricas básicas.

- Principios básicos de electrónica.

- Elaboración axeitada da memoria do proxecto tecnolóxico.

Procedimentais:

- Aplicación de elementos eléctricos e electrónicos nos proxectos técnicos realizados.

- Manexo do polímetro. Realización de medidas sinxelas.

- Posta en práctica dun xeito correcto da memoria do proxecto técnico.

- Manexo de ferramentas e uso seguro das mesmas.

- Realización práctica dos mecanismos incorporados aos proxectos e cálculo das relacións

de transmisión cando proceda.

- Mecanizado correcto de metais.

Actitudinais:

- Curiosidade por coñecer os principios básicos da electricidade e electrónica.

- Interese pola axeitada realización de tarefas e a correcta presentación dos traballos

técnicos desenvolvidos.

- Aceptación das directrices de uso seguro e conservación de ferramentas e consumo de

materiais na aula-taller.

- Correcta utilización de máquinas e instrumentos na aula-taller de tecnoloxía.

- Sensibilidade diante do impacto ambiental do desenvolvemento tecnolóxico,

especialmente en Galicia.

- Mostrar actitude de respecto cara a si mesmo e aos seus compañeiros.

METODOLOXÍA E RECURSOS:

Aproveitaremos os coñecementos adquiridos durante a 1ª avaliación (sobre mecanismos,

electricidade e electrónica) para a realización do proxecto tecnolóxico.

Avaliaranse os resultados dos exercicios propostos para casa, caderno de clase, proxectos

realizados, memoria dos proxectos, traballos indagativos e exames teóricos. Permitindo nesta fase a

autoavaliación e coavaliación, cotexando os resultados obtidos coas avaliacións realizadas polo

profesor.

Os recursos que utilizaremos serán a información accesible na biblioteca do Instituto e Internet,

material e ferramentas da aula-taller, material multimedia accesible por internet, videoproxector e portátil

das aulas-taller de tecnoloxías.

UNIDADE 3: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E INTERNET (II).

Esta unidade é unha continuación natural da unidade homónima exposta no curso anterior e

que completará unha visión introdutoria global das tecnoloxías da información e internet, pretendendo

como obxectivo principal dar un coñecemento e habilidades básicos para un usuario destas tecnoloxías.

Ademais de profundar no coñecemento das TIC, tentaremos acadar destrezas nos sistemas de

folla de cálculo (basearemos o noso traballo na aplicación Calc de Libre Office, aplicando estes

coñecementos e os do curso anterior á creación das memorias dos proxectos en formato dixital.

Enlace co DCB:

Bloque 2: Técnicas de expresión e comunicación gráfica.

- Realización de gráficas coa folla de cálculo.

Bloque 7: Tecnoloxías da información e comunicación.

- Redes de ordenadores.

- Formatos e tipos de arquivos.

- Follas de cálculo: Calc de LibreOffice.

Bloque 8: Internet e comunidades virtuais.

- O ordenador como ferramenta de comunicación: redes sociais educativas e aulas

virtuais. Blogues.

- Configuración dun sistema en rede.

- Busca de información a través da rede internet.

Bloque 10: Actitudes, valores e normas.

- Colaboración cos compañeiros e uso axeitado dos diversos materiais informáticos.

- Demostración das destrezas adquiridas na obtención de gráficas de datos coa folla de

cálculo, así como valoración da pulcritude nos traballos presentados.

- Interese por coñecer as posibilidades dos sistemas de información e da internet como

importantes ferramentas da Tecnoloxía.

- Corresponsabilidade na elaboración e na difusión de informacións vía internet e

respecto polas persoas e as súas opinións.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

- Coñecer os diversos formatos e tipos de arquivos.

- Coñecer a configuración dun sistema en rede.

- Manexar axeitadamente os recursos proporcionados pola folla de cálculo: Calc de

LibreOffice.

- Busca axeitada de información en internet.

- Uso apropiado de redes sociais educativas e de aulas virtuais.

- Usar un vocabulario técnico axeitado. CONTIDOS:

Conceptuais:

- Follas de cálculo: Calc de LibreOffice.

- O ordenador como ferramenta de comunicación: redes sociais educativas e aulas

virtuais. Blogues.

- Formatos e tipos de arquivos.

- Descrición dun sistema en rede.

Procedimentais:

- Follas de cálculo: Calc de LibreOffice.

- Obtención de gráficas coa folla de cálculo.

- Manexo dun sistema de mensaxería instantánea e dun aula virtual.

- Busca de información en internet.

- Configuración dunha rede de ordenadores.

Actitudinais:

- Colaboración cos compañeiros e uso axeitado dos diversos materiais da aula

informática.

- Interese pola correcta presentación dos traballos realizados.

- Interese por coñecer as posibilidades dos sistemas de información e da internet como

importantes ferramentas da tecnoloxía.

- Corresponsabilidade na elaboración e na difusión de informacións vía internet e

respecto polas persoas e as súas opinións.

METODOLOXÍA E RECURSOS:

Combinarase o método expositivo co indagativo na aula de informática para acadar unha visión

o máis completa posible das redes de ordenador e os formatos e tipos de arquivos, así como do uso de

follas de cálculo e da Internet como unha ferramenta de axuda e comunicación.

Avaliaranse o caderno de clase, os exercicios prácticos propostos referidos ás tecnoloxías da

información e comunicación e os exames e controis teóricos.

Os recursos que utilizaremos serán: os ordenadores da aula de informática, información

accesible na biblioteca do instituto e en internet, o conxunto ordenador portátil e videoproxector, o

blogue de aula.

IMPLANTACIÓN DO PLAN LECTOR.

Aplicarase o Plan Lector de modo coordinado cos demais departamentos do Centro de acordo

coas directrices marcadas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica.

INCORPORACIÓN DAS TIC.

No apartado de Metodoloxía e Recursos correspondente a cada unidade didáctica xa se fixo

referencia á incorporación das TIC, pero dun modo máis detallado se destacan os seguintes recursos:

- Uso do blogue de aula, no cal se porán a disposición dos alumnos: os contidos teóricos

da materia, os exercicios a realizar, os traballos realizados polos alumnos e material

multimedia complementario (Vídeos obtidos en internet, etc) .

- Recursos sobre a materia almacenados no espazo Abalar.

- Acceso en liña a páxinas web cos contidos relativos á materia.

- Uso de enciclopedias en liña: Wikipedia, etc.

- Uso da aula virtual do IES.

- Uso da aula de informática.

- Uso do ordenador portátil e videoproxector da aula-taller de tecnoloxía.

CONTIDOS MÍNIMOS.

Os contidos mínimos esixibles para a superación da materia son:

Conceptuais:

• Enerxía eléctrica xeración, transporte, distribución e consumo.

• Descrición e funcionamento de mecanismos de transmisión e transformación de movementos.

• Introdución á electricidade.

• Introdución á electrónica.

• Formatos e tipos de arquivos.

• Descrición dun sistema en rede.

Procedimentais:

• Proceso inventivo e de deseño: identificación do problema ou da necesidade, exploración e

investigación do contorno, busca de información, resolución de problemas, planificación e

organización de tarefas, xestión e valoración de traballos.

• Descrición do funcionamento de máquinas simples e identificación das mesmas en dispositivos

de uso habitual.

• Manexo de ferramentas e uso seguro das mesmas.

• Análise e medición de circuítos eléctricos.

• Relación de transmisión. Aplicacións.

• Emprego práctico das ferramentas relacionadas coa rede Internet.

• Follas de cálculo: Calc de LibreOffice.

Actitudinais:

• Aceptación das directrices de uso seguro e de conservación de ferramentas, así como de

consumo de materiais na aula-taller de tecnoloxía.

• Curiosidade por coñecer os diferentes tipos de mecanismos, e os conceptos básicos de

electricidade e electrónica.

• Caderno de clase convenientemente clasificado e ordenado.

• Mostrar actitude de respecto cara a si mesmo e ós seus compañeiros.

• Interese na colaboración cos compañeiros no traballo en grupo.

• Colaboración cos compañeiros e uso axeitado dos diversos materiais da aula informática.

• Interese por coñecer as posibilidades dos sistemas de información e da internet como

importantes ferramentas da tecnoloxía.

SECUENCIACIÓN DAS UNIDADES DIDÁCTICAS AO LONGO DO CURSO.

Propóñense tres unidades didácticas a desenvolver durante o curso, a súa temporalización

corresponderase coa de 1 unidade didáctica por avaliación.

Na 1ª avaliación priman os contidos teóricos sobre mecanismos, electricidade e electrónica, que

serán necesarios no traballo de Taller da 2ª avaliación e que se completan cos contidos de debuxo e

ferramentas.

Na 2ª avaliación prevalece o traballo práctico na aula-taller na que se poñen en práctica os

coñecementos teóricos antes citados, ademais da introdución ao mecanizado de metais. Tamén é

importante a realización da memoria do proxecto elaborado durante a avaliación.

Durante a 3ª avaliación priman os contidos teóricos e prácticos sobre sistemas de información e

internet.

A temporalización queda como segue:

1ª Avaliación:

Unidade didáctica 1: Mecanismos e enerxía eléctrica.

2ª Avaliación:

Unidade didáctica 2: Proxectos (II).

3ª Avaliación:

Unidade didáctica 3: Tecnoloxías da información e internet (II).

CONTRIBUCIÓN DA MATERIA Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS CLAVE.

Segundo o artigo 3 da LOMCE, as competencias clave son:

1. Comunicación lingüística (CCL).

2. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT).

3. Competencia dixital (CD).

4. Aprender a aprender (CAA).

5. Competencias sociais e cívicas (CSC).

6. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).

7. Conciencia e expresións culturais (CCEC). A tecnoloxía desenrolará ditas competencias segundo o exposto a continuación:

• CMCCT, CAA, CSC, CSIEE E CCEC, na aplicación do método de proxectos.

• CCL, CMCCT, CD, CSC, CSIEE e CCEC, durante a realización da memoria final do proxecto e

da súa versión dixital.

• CCL, CMCCT, CAA e CCEC, na resolución de problemas tecnolóxicos.

• CMCCT, CAA e CSC, ao manexar máquinas e ferramentas, incluíndo nesta aprendizaxe a

adquisición de hábitos de seguridade e hixiene no traballo.

• CCL, CMCCT, CD, CAA e CCEC durante o proceso de adquisición de coñecementos teóricos

propios da materia.

• CCL, CMCCT, CD, CAA e CCEC durante o desenrolo dos contidos prácticos relacionados coas

TIC.

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

En todos os grupos de alumnos preséntanse inquietudes e necesidades educativas moi

diversas, circunstancia que esixe unha resposta axeitada non só para o grupo, senón tamén para cada

individuo concreto.

As medidas de atención á diversidade, en función das características propias do alumnado,

poderán ser adoptadas aos seguintes niveis de actuación:

• Na metodoloxía: adaptando ou mudando o método que sexa máis eficaz para cada alumno/a.

• No ritmo: algúns alumnos irán máis rápido ca outros. Para iso adaptaremos, na medida do

posible, o ritmo para cada alumno seleccionando as actividades.

• Nas actividades: asignaremos a cada alumno diferentes actividades buscando o equilibrio entre

os obxectivos educativos e o propio alumno.

• Na colaboración: O método de proxectos se basea no traballo cooperativo.

• Adaptacións non significativas: estas adaptacións conlevan modificacións na metodoloxía,

actividades, procedementos e instrumentos de avaliación, podendo incluír a priorización duns

contidos e obxectivos determinados.

• Adaptacións significativas: estas adaptacións conlevan un cambio moi notorio nos obxectivos,

contidos e criterios de avaliación. En calquera caso estas adaptacións decidiranse de común

acordo co Departamento de Orientación e o titor do alumno.

MEDIDAS PARA A SUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES.

PROGRAMA DE REFORZO:

As actuacións que se levarán a cabo para aqueles alumnos que non superaron a materia en

cursos anteriores serán as seguintes:

• Durante a 1ª e 2ª avaliacións faranse entrega de boletíns de actividades que inclúen os contidos

mínimos conceptuais (teóricos) aos que se fai referencia no apartado Contidos Mínimos desta

programación, que o alumno deberá resolver e entregar nos prazos acordados co profesor.

• O exame de pendentes do mes de maio, versará sobre os contidos mínimos conceptuais antes

citados.

CONTIDOS ESIXIBLES:

Os contidos esixibles para a recuperación da materia pendente tanto na convocatoria de maio

como na de setembro, son os recollidos nesta programación no apartado de contidos mínimos, no

subapartado de contidos conceptuais (teóricos).

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:

Os criterios de cualificación de pendentes para a convocatoria de maio, serán explicados aos

alumnos ao comezo do curso, para acadalos o alumno ten que presentar a libreta do curso completa e o

día e firmada por o mestre, ademáis os criterios son os seguintes:

• Un 30% da nota corresponderá á resolución das actividades do boletín de exercicios.

• Un 70% da nota corresponderá ao exame extraordinario de maio.

Os criterios de cualificación de pendentes na convocatoria de setembro, son os seguintes:

• Un 100% da nota corresponderá ao exame extraordinario de setembro.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

Non están previstas inicialmente ningún tipo de actividade complementaria ou extraescolar. De

realizarse durante o curso algún tipo de actividade, aparecería recollida na memoria final de curso.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN.

O proceso de avaliación desta programación consistirá en:

• Revisión do cumprimento dos contidos da avaliación nas diversas reunións de departamento.

• Inclusión na memoria final, das conclusións obtidas durante o curso nas reunións de

departamento, avaliación do grao de execución da programación e propostas de modificación

da programación en vindeiros cursos.

PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS.

A educación ten que asegurar, por un lado, o desenvolvemento integral do alumno e, por outro,

responder ás expectativas e demandas da sociedade. De aí xorde a necesidade de integrar no currículo

os temas transversais. Non se tratan como áreas diferenciadas, senón que están presentes en todas as

áreas, en maior ou menor medida.

Na área Tecnolóxica sinalamos:

• Con respecto á educación para a igualdade de oportunidades de ámbolos dous sexos, a

materia está formulada de forma que as responsabilidades e os traballos sexan efectuados

igualmente por ambos sexos, tanto na aula como no taller de tecnoloxía, de forma que fomente

o interese de ámbolos dous cara a Tecnoloxía e aumente a confianza nas súas propias

posibilidades con independencia deste factor.

• A educación para a saúde atópase reflectido nos temas de atención e respecto ás normas e

seguridade coas ferramentas da aula-taller.

• A educación para o consumidor está incluída na análise sociolóxica e na avaliación da

influencia da Tecnoloxía na sociedade, mediante a identificación das mensaxes publicitarias, o

estudo da oferta e da demanda e as consecuencias dos avances tecnolóxicos.

• A educación ambiental ten importancia na Tecnoloxía ao analizar e valorar criticamente o

impacto medioambiental da Tecnoloxía e o uso das denominadas “tecnoloxías limpas”.

Boiro, 17 de setembro de 2015.

PROGRAMACIÓN

PROXECTO DIDÁCTICO DA ÁREA TECNOLÓXICO-PRÁCTICA

TECNOLOXÍAS

4º ESO PDC

IES “ESPIÑEIRA”, BOIRO

CURSO 2015-2016

ÍNDICE.

PROXECTO DIDÁCTICO.

Introdución e contextualización.

Selección de Contidos.

Metodoloxía.

Avaliación.

Criterios de Cualificación.

UNIDADE 1: SISTEMAS DE COMUNICACIÓN E ROBÓTICA.

Enlace co DCB.

Obxectivos didácticos.

Contidos.

Metodoloxía e recursos.

UNIDADE 2: PROXECTOS (III).

Enlace co DCB.

Obxectivos didácticos.

Contidos.

Metodoloxía e recursos.

UNIDADE 3: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E INTERNET (III).

Enlace co DCB.

Obxectivos didácticos.

Contidos.

Metodoloxía e recursos.

IMPLANTACIÓN DO PLAN LECTOR.

INCORPORACIÓN DAS TIC.

CONTIDOS MÍNIMOS.

SECUENCIACIÓN DAS UNIDADES AO LONGO DO CURSO.

CONTRIBUCIÓN da MATERIA ao logro das COMPETENCIAS BÁSICAS.

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

MEDIDAS PARA A SUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN.

PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS.

PROXECTO DIDÁCTICO. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN:

A materia de Tecnoloxía, trata de fomentar as aprendizaxes e desenvolver as capacidades que

permitan a comprensión dos obxectos técnicos, a súa utilización e manipulación, así como o dominio

dos procesos tecnolóxicos mediante os que tales obxectos se deseñan e constrúen empregando as

tecnoloxías da información e da comunicación e os coñecementos propios das diversas ciencias (física,

química, matemáticas, debuxo, etc).

A educación tecnolóxica contribúe á formación integral do alumnado. A actividade tecnolóxica

require a conxugación de elementos que proveñen do coñecemento científico e da súa aplicación

técnica, pero tamén doutros de carácter económico e estético. Todo isto, de maneira integrada e cun

referente disciplinar propio baseado nun modo ordenado e metódico de intervir no contorno. É evidente,

polo tanto, que unha das características esenciais da Tecnoloxía é o seu carácter integrador de

diferentes disciplinas, que é a definición da Transversalidade.

Os contidos da materia vertébranse en torno ao proceso de resolución de problemas

tecnolóxicos. Trátase do desenvolvemento de habilidades e da aplicación de métodos que permitan

avanzar desde a identificación e formulación dun problema técnico ata a súa solución construtiva, e todo

isto, a través dun proceso planificado que busque a optimización dos recursos e das solucións. A posta

en práctica deste proceso tecnolóxico esixe, pola súa banda, un compoñente científico e técnico.

Tanto para coñecer e utilizar mellor os obxectos tecnolóxicos, como para intervir neles é

necesario poñer en xogo un conxunto de coñecementos sobre os fenómenos nos que se basean as

máquinas e os elementos que as constitúen, e tamén sobre os procesos de análise, deseño,

manipulación e construción de obxectos técnicos, que contribúen á adquisición de novos coñecementos

e á consolidación doutros.

Por último, outro punto a destacar da materia de Tecnoloxía é que o proceso tecnolóxico implica

unha metodoloxía de traballo en grupo no estudo inicial do problema, deseño de estratexias, toma de

decisións, posta en práctica e comprobación e avaliación dos resultados.

Indícanse a continuación, os bloques temáticos dos que se compón a materia:

Bloque temático 1: Instalacións técnicas.

Bloque temático 2: Técnicas de expresión e comunicación gráfica.

Bloque temático 3: Materiais de uso técnico.

Bloque temático 4: Enerxía e a súa transformación.

Bloque temático 5: Estruturas e mecanismos.

Bloque temático 6: Electricidade e electrónica.

Bloque temático 7: Tecnoloxías da información e comunicación.

Bloque temático 8: Internet e comunidades virtuais.

Bloque temático 9: Tecnoloxía e sociedade.

Bloque temático 10: Actitudes, valores e normas.

Á hora de elixir os contidos para 4° de ESO, se segue o criterio de introdución progresiva de

conceptos da materia de Tecnoloxía. Así para este curso traballaranse os contidos de electrónica, de

informática (debuxo CAD e programación), de sistemas de control e robótica e sistemas TIC.

Estes contidos completarán aos tratados durante os cursos anteriores, para que o alumnado

durante a 2ª avaliación os poida aplicar na realización dos proxectos tecnolóxicos na aula-taller.

En canto aos contidos para o grupo de 4º ESO PDC, os cambios introducidos pola implantación

da LOE desde o curso 2007-2008, inciden na necesidade de impartir a materia de Tecnoloxía para o

grupo de diversificación por separado do seu grupo de referencia, reducindo a carga teórica para

adaptarse ás necesidades educativas do grupo de diversificación curricular. Isto incide sobre a

programación da materia de Tecnoloxía, reducindo os contidos puramente teóricos aos contidos

mínimos da materia e ampliando a carga horaria dos contidos teórico-prácticos máis doados para os

estudantes de PDC.

SELECCIÓN DE CONTIDOS:

Atendendo ao proposto nas respectivas unidades didácticas, definiremos aquelas actividades

que estimemos convenientes para a consecución dos obxectivos nelas propostos. Así pois, as unidades

a desenrolar durante o curso serán as seguintes:

• U.D. 1: SISTEMAS DE COMUNICACIÓN E ROBÓTICA.

• U.D. 2: PROXECTOS (III).

• U.D. 3: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E INTERNET (III).

METODOLOXÍA:

Dividiremos o traballo na aula-taller en 4 tipos de actividades:

• Introdutorias. A súa finalidade é acadar unha motivación inicial, para isto usaranse artigos de

prensa, vídeos e recursos informáticos, ademais de visitas que relacionen o tema co seu

entorno.

• Expositivas. Son as explicacións teóricas e exercicios propostos de cara a acadar os

coñecementos básicos da materia.

• Indagativas. Engloba tanto o traballo en taller como de busca de información que permita aos

alumnos ampliar por si mesmos os coñecementos relativos á disciplina.

• Avaliativas. Contempla a coavaliación e a autoavaliación.

AVALIACIÓN:

Teñen por obxecto permitir a corrección das deficiencias que se van producindo no proceso

ensinanza/aprendizaxe empregando para isto a coavaliación e a autoavaliación.

A avaliación continua da materia comprenderá tres fases:

• Inicial: Proporcionará datos sobre os coñecementos iniciais dos alumnos.

• Formativa: Permitirá corrixir os erros e carencias dos alumnos ao longo do proceso de

aprendizaxe, así como coñecer os avances e acertos que se van producindo nel.

• Final: Permitirá a cualificación final de todo o proceso de ensinanza/aprendizaxe.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:

Os criterios de cualificación serán explicados aos alumnos durante as primeiras sesións de cada

avaliación e dependerán da unidade didáctica desenrolada, para evaluar os alumnos estes teñen que

presentar antes a Libreta de clases ben e o día, que será o 50% da nota, o outro 50% repartese como

segue:

1ª Avaliación:

Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a

súa integridade.

Un 50% da nota obterase dos exercicios e controis teóricos.

Un 30% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo.

Un 10% corresponderá á avaliación do correcto comportamento e responsabilidade tanto na

aula como no Taller.

2ª Avaliación:

Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a

súa integridade.

Un 60% da nota obterase dos Proxectos realizados no Taller, avaliándose a correcta realización

do proxecto, o uso adecuado das ferramentas e a da memoria técnica.

Un 20% da nota obterase dos controis e exames teóricos.

Un 10% corresponderá á avaliación do correcto comportamento e responsabilidade tanto na

aula como no Taller.

3ª Avaliación:

Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a

súa integridade.

Un 60% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos realizados na aula de

informática.

Un 20% obterase dos controis e exames teóricos.

Un 10% corresponderá á avaliación do correcto comportamento e responsabilidade na aula de

informática.

UNIDADE 1: SISTEMAS DE COMUNICACIÓN E ROBÓTICA.

Nesta unidade trataremos os conceptos de electrónica, achegándonos tamén ao control

automático (robótica) con sistemas abertos (Arduino) e privativos (Lego Ev3).

Tamén de xeito similar aos cursos anteriores, comezaremos o proceso de selección e

preparación dos proxectos tecnolóxicos e das memorias correspondentes.

ENLACE CO DCB:

Bloque 1: Instalacións técnicas.

- Uso de dispositivos semicondutores e de circuítos electrónicos de control.

- Control por ordenador e microprocesador.

Bloque 6: Electricidade e electrónica.

- Introdución á electrónica analóxica.

- Introdución á electrónica dixital.

- Descrición e análise de circuítos electrónicos dixitais.

Bloque 7: Control e robótica.

- Máquinas automáticas e robots: automatismos.

- Control automático: Programación.

- Control baseado en Arduino.

- Sistema Lego EV3.

Bloque 7: Tecnoloxías da información e comunicación.

- Sistemas TIC.

Bloque 10: Actitudes, valores e normas.

- Aceptación das directrices de uso seguro e de conservación de ferramentas, así como

de consumo de materiais na aula-taller de tecnoloxía.

- Curiosidade por coñecer os fundamentos e aplicacións do diferentes sistemas de

comunicación e da robótica.

- Mostrar actitude de respecto cara a si mesmo e aos compañeiros.

- Corresponsabilidade na elaboración e na difusión de informacións vía internet e

respecto polas persoas e as súas opinións.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

- Efectuar análise de circuítos electrónicos, así como de elementos do seu entorno que os

incorporen.

- Introdución aos sistemas TIC actuais.

- Observar e comprender o funcionamento dos sistemas automáticos e dos seus elementos

constituíntes.

- Comprender a composición, o funcionamento e uso da placa microcontroladora Arduino.

- Coñecer e utilizar os diversos sensores e actuadores compatibles con Arduino.

- Buscar, organizar e presentar adecuadamente información para a realización de proxectos

que se fabricarán na aula-taller.

- Comprender o funcionamento do sistema Lego EV3.

- Usar un vocabulario técnico axeitado. CONTIDOS:

Conceptuais:

- Dispositivos e circuítos electrónicos dixitais.

- Robótica e control automático: programación.

- Programación das plataformas Arduino (IDE Arduino, Bitbloq) e Lego EV3.

- Sistemas TIC.

Procedimentais:

- Montaxe e medida de circuítos electrónicos básicos.

- Uso da tarxeta microcontroladora Arduino.

- Uso de sensores e actuadores compatibles con Arduino.

- Realización de montaxes con Lego EV3.

Actitudinais:

- Aceptación das directrices de uso seguro e de conservación de ferramentas, así como

de consumo de materiais na aula-taller de tecnoloxía.

- Curiosidade por coñecer os fundamentos e aplicacións dos diferentes sistemas de

comunicación e da robótica.

- Respecto polas instrucións para a correcta utilización de máquinas e instrumentos na

aula-taller de tecnoloxía.

- Caderno de clase convenientemente clasificado e ordenado.

- Mostrar actitude de respecto cara a si mesmo e os compañeiros.

METODOLOXÍA E RECURSOS:

Farase uso de actividades de tipo expositivo, indagativo e avaliativo tanto nos contidos de

electrónica como de robótica e sistemas TIC.

As principais actividades expositivas desta primeira avaliación refírense aos contidos de

electrónica, de robótica e de sistemas TIC.

Avaliaranse os resultados dos exercicios propostos para casa, caderno de clase, traballos

indagativos e os exames e controis teóricos.

Os recursos que utilizaremos serán a información accesible na biblioteca do Instituto, material e

ferramentas da aula-taller, material multimedia accesible por internet, videoproxector e portátil da aula-

taller de tecnoloxías, as placas microcontroladoras Arduino, os sensores e actuadores compatibles con

Arduino, os ordenadores da aula-taller, os pack de Lego EV3.

UNIDADE 2: PROXECTOS (III).

O obxectivo desta unidade é, por unha banda, aplicar os coñecementos adquiridos durante a 1ª

avaliación (electrónica e robótica) e, por outra, acadar as habilidades de deseño de proxectos e

manipulación de materiais que conforman un dos piares fundamentais da materia. Ademais,

continuaremos coa posta en práctica da planificación das memorias dos proxectos comezadas na 1ª

avaliación.

ENLACE CO DCB:

Bloque 1: Instalacións técnicas.

- Control automático dos proxectos realizados.

- Uso de dispositivos electrónicos dixitais e circuítos de control (Arduino e Lego EV3).

Bloque 3: Materiais de uso técnico.

- Materiais e ferramentas para a elaboración de circuítos electrónicos de control.

Bloque 6: Electricidade e electrónica.

- Procesos de construción de circuítos electrónicos.

- Tarxeta microcontroladora Arduino.

- Sistema Lego EV3.

Bloque 7: Tecnoloxías da información e comunicación.

- O ordenador como dispositivo de control.

- Adquisición de datos, programas de control.

- Comunicación inalámbrica (Wifi e Bluetooth).

Bloque 12: Actitudes, valores e normas.

- Interese pola axeitada realización de tarefas e a correcta presentación dos traballos

técnicos desenvolvidos.

- Valoración das aplicacións de control e robótica na sociedade actual e das súas

repercusións na dispoñibilidade de produtos e servizos.

- Valoración das normas de seguridade e hixiene na aula-taller de consideración dos

perigos que comporta o uso dos seus equipos e instalacións.

- Corresponsabilidade na elaboración e na difusión de informacións vía internet e

respecto polas persoas e as súas opinións.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

- Identificar e coñecer o funcionamento das máquinas automáticas.

- Aplicar os coñecementos adquiridos sobre control automático no correcto deseño e

construción do proxecto técnico.

- Deseñar, construír e avaliar os proxectos técnicos utilizando de xeito correcto as fases do

proceso tecnolóxico.

- Potenciar o traballo en grupo e a responsabilidade dentro do mesmo. CONTIDOS:

Conceptuais:

- Control automático: programación (Arduino e Lego EV3).

- O ordenador como dispositivo de control.

- Comunicación inalámbrica (Wifi e Bluetooth).

Procedimentais:

- Control automático: circuítos electrónicos.

- Control automático: Tarxeta microcontroladora Arduino.

- Control automático: Lego EV3.

- Elaboración axeitada dunha memoria de proxecto técnico.

- Posta en práctica dun xeito correcto da memoria do proxecto técnico.

- Manexo de ferramentas e uso seguro das mesmas.

Actitudinais:

- Actitude de cooperación responsable nas tarefas de equipo para o deseño, a realización e

a avaliación dun proxecto técnico.

- Valoración das aplicacións de control e da robótica na sociedade actual e das súas

repercusións na dispoñibilidade de produtos e servizos.

- Valoración das normas de seguridade e hixiene na aula-taller e consideración dos perigos

que comporta o uso dos seus equipos e instalacións.

- Interese pola axeitada realización de tarefas e a correcta presentación dos traballos

técnicos desenvolvidos.

- Aceptación das directrices de uso seguro e de conservación de ferramentas e consumo

de materiais na aula-taller.

- Mostrar actitude de respecto cara a si mesmo e aos seus compañeiros.

METODOLOXÍA E RECURSOS:

Aproveitaremos os coñecementos adquiridos durante a 1ª avaliación (electrónica e robótica)

para a realización do proxecto tecnolóxico.

Avaliaranse os resultados dos exercicios propostos para casa, caderno de clase, proxectos

realizados, memoria dos proxectos, traballos indagativos e exames teóricos. Permitindo nesta fase a

autoavaliación e coavaliación, cotexando os resultados obtidos coas avaliacións realizadas polo

profesor.

Os recursos que utilizaremos serán a información accesible na biblioteca do Instituto e Internet,

material e ferramentas da aula-taller, material multimedia accesible por internet, videoproxector e portátil

da aula-taller de tecnoloxías, os ordenadores da aula-taller e a aula virtual do IES.

UNIDADE 3: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E INTERNET (III).

Esta unidade é unha continuación natural das unidades homónimas expostas nos cursos

anteriores e que completará unha visión introdutoria global das tecnoloxías da información e internet,

pretendendo como obxectivo principal dar un coñecemento e habilidades básicos para un usuario

destas tecnoloxías.

Ademais de profundar no coñecemento das TIC, tentaremos acadar destrezas nos contidos de

programación.

Enlace co DCB:

Bloque 2: Técnicas de expresión e comunicación gráfica.

- Introdución ao debuxo asistido por ordenador: CAD 2D e

3D con LibreCad.

Bloque 7: Tecnoloxías da información e comunicación.

- Introdución á Programación de dispositivos Android: AppInventor2.

- Uso de LibreCAD.

Bloque 10: Actitudes, valores e normas.

- Colaboración cos compañeiros e uso axeitado dos diversos materiais informáticos.

- Demostración das destrezas adquiridas na programación e no deseño CAD.

- Interese por coñecer as posibilidades dos sistemas de información e da internet como

importantes ferramentas da Tecnoloxía.

- Corresponsabilidade na elaboración e na difusión de informacións vía internet e

respecto polas persoas e as súas opinións.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

- Realización de aplicativos para dispositivos Android con AppInventor2.

- Realizar debuxos técnicos mediante o uso de programas CAD en 2D e 3D.

- Busca axeitada de información en internet.

- Uso apropiado de internet e da aula virtual.

- Usar un vocabulario técnico axeitado. CONTIDOS:

Conceptuais:

- Introdución á programación de dispositivos Android: AppInventor2.

- Deseño CAD 2D e 3D.

Procedimentais:

- Manexo do aplicativo de CAD 2D e 3D: LibreCad.

- Programación de dispositivos Android con AppInventor2.

Actitudinais:

- Colaboración cos compañeiros e uso axeitado dos diversos materiais da aula

informática.

- Interese pola correcta presentación dos traballos realizados.

- Interese por coñecer as posibilidades dos sistemas de información e da internet como

importantes ferramentas da tecnoloxía.

- Corresponsabilidade na elaboración e na difusión de informacións vía internet e

respecto polas persoas e as súas opinións.

METODOLOXÍA E RECURSOS:

Combinarase o método expositivo co indagativo na aula de informática para acadar unha visión

o máis completa posible do uso de ferramentas de CAD 2D e 3D e da linguaxe de programación de

dispositivos Android AppInventor2.

Avaliaranse o caderno de clase, os exercicios prácticos propostos e os exames e controis

teóricos.

Os recursos que utilizaremos serán: os ordenadores da aula de informática, información

accesible na biblioteca do instituto e en internet, o conxunto ordenador portátil e videoproxector, o,

os ordenadores da aula-taller e a aula virtual do IES.

Para impartir os contidos de programación de sistemas Android con AppInventor2, se utilizarán

as tablets e teléfonos intelixentes do profesor e dos alumnos no horario escolar cun obxectivo educativo.

IMPLANTACIÓN DO PLAN LECTOR.

Aplicarase o Plan Lector de modo coordinado cos demais departamentos do Centro de acordo

coas directrices marcadas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica.

INCORPORACIÓN DAS TIC.

No apartado de Metodoloxía e Recursos correspondente a cada unidade didáctica xa se fixo

referencia á incorporación das TIC, pero dun modo máis detallado se destacan os seguintes recursos:

- Uso do blogue no cal se porán a disposición dos alumnos: os contidos teóricos da

materia, os exercicios a realizar, os traballos realizados polos alumnos e material

multimedia complementario (Vídeos obtidos en internet, etc).

- Recursos sobre a materia almacenados no espazo Abalar.

- Acceso en liña a páxinas web cos contidos relativos á materia.

- Uso de enciclopedias en liña: Wikipedia, etc.

- Uso da aula virtual do IES.

- Uso da aula de informática.

- Uso de ordenadores portátiles, router Wifi e videoproxector da aula-taller de tecnoloxía.

CONTIDOS MÍNIMOS.

Os contidos mínimos esixibles para a superación da materia son:

Conceptuais:

• Introdución aos dispositivos e circuítos electrónicos dixitais.

• Robótica e control automático: programación.

• Programación das plataformas Arduino (IDE Arduino, Bitbloq) e Lego EV3.

• Programación de dispositivos Android con AppInventor2.

Procedimentais:

• Uso da placa microcontroladora Arduino.

• Uso do sistema Lego EV3.

• Realización de montaxes sinxelos con circuítos electrónicos.

• Programación de dispositivos Android con AppInventor2.

Actitudinais:

• Aceptación das directrices de uso seguro e de conservación de ferramentas, así como de

consumo de materiais na aula-taller de tecnoloxía.

• Curiosidade por coñecer os fundamentos e aplicacións dos diferentes sistemas de

comunicación e robótica.

• Caderno de clase convenientemente clasificado e ordenado.

• Mostrar actitude de respecto cara a si mesmo e aos seus compañeiros.

• Interese na colaboración cos compañeiros no traballo en grupo.

• Colaboración cos compañeiros e uso axeitado dos diversos materiais TIC.

• Interese por coñecer as posibilidades dos sistemas de información e da internet como

importantes ferramentas da tecnoloxía.

SECUENCIACIÓN DAS UNIDADES DIDÁCTICAS AO LONGO DO CURSO.

Propóñense tres unidades didácticas a desenvolver durante o curso, a súa temporalización

corresponderase coa de 1 unidade didáctica por avaliación.

Na 1ª avaliación introdúcense os contidos teóricos sobre electrónica analóxica e dixital e

sistemas de comunicación e robótica.

Na 2ª continúase a introdución progresiva dos contidos teóricos antes expostos ademais dos de

introdución á robótica, primando a posta en práctica dos conceptos adquiridos mediante a realización na

aula taller do proxecto técnico.

Durante a 3ª avaliación prima o traballo sobre TIC, coa realización de debuxo 2D e 3D mediante

ferramentas CAD e a introdución á programación de dispositivos Android con AppInventor2.

A temporalización queda como segue:

1ª Avaliación:

Unidade didáctica 1: Sistemas de comunicación e robótica.

2ª Avaliación:

Unidade didáctica 2: Proxectos (III).

3ª Avaliación:

Unidade didáctica 3: Tecnoloxías da información e internet (III).

CONTRIBUCIÓN DA MATERIA Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS.

Tendo en conta as seguintes competencias básicas:

9. Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico.

10. Tratamento da información e competencia dixital.

11. Competencia matemática.

12. Competencia cultural e artística.

13. Competencia de autonomía e iniciativa persoal.

14. Competencia social e cidadá.

15. Competencia en comunicación lingüística.

16. Competencia para aprender a aprender.

A tecnoloxía desenrolará ditas competencias segundo o exposto a continuación:

• Integra os coñecementos teóricos e prácticos na aplicación do método de proxectos.

• Mediante un proceso analítico favorece a capacidade de razoamento lóxico, distinguindo as

diversas fases de que se compón un proceso creativo (posta en práctica do proxecto e

realización da memoria correspondente).

• Potencia a creatividade e a análise crítica ao ter que solucionar os problemas prácticos que se

presentan na realización do método de proxectos.

• Favorece a capacidade de expresión, utilizando vocabulario propio da Tecnoloxía e utilizando o

debuxo técnico como medio específico de expresión gráfica e a memoria final do proxecto como

un medio de expresar os resultados acadados.

• Permite a interdisciplinariedade, aplicando diversos coñecementos teóricos e prácticos na

resolución de problemas tecnolóxicos.

• Favorece a capacidade operativa e de destreza manual, ao manexar máquinas e ferramentas,

incluíndo nesta aprendizaxe a adquisición de hábitos de seguridade e hixiene no traballo.

• Favorece a autoestima ao percibir o alumno como positiva a obtención dun resultado tanxible: o

proxecto técnico rematado e funcional.

• Favorece o espírito crítico, ao formar parte do proceso tecnolóxico a busca de solucións aos

problemas que aparecen durante a construción e requirir unha avaliación final e explicación dos

resultados obtidos nunha memoria final do proxecto.

• Contribúe á capacidade de inserción na vida activa e favorece o tránsito á vida laboral, dotando

aos alumnos/as duns recursos intelectuais e manuais, así como dunha serie de actitudes e

valores que os capacitan como persoas e como cidadáns.

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

En todos os grupos de alumnos preséntanse inquietudes e necesidades educativas moi

diversas, circunstancia que esixe unha resposta axeitada non só para o grupo, senón tamén para cada

individuo concreto.

As medidas de atención á diversidade, en función das características propias do alumnado,

poderán ser adoptadas aos seguintes niveis de actuación:

• Na metodoloxía: adaptando ou mudando o método que sexa máis eficaz para cada alumno/a.

• No ritmo: algúns alumnos irán máis rápido ca outros. Para iso adaptaremos, na medida do

posible, o ritmo para cada alumno seleccionando as actividades.

• Nas actividades: asignaremos a cada alumno diferentes actividades buscando o equilibrio entre

os obxectivos educativos e o propio alumno.

• Na colaboración: O método de proxectos se basea no traballo cooperativo.

• Adaptacións non significativas: estas adaptacións conlevan modificacións na metodoloxía,

actividades, procedementos e instrumentos de avaliación, podendo incluír a priorización duns

contidos e obxectivos determinados.

• Adaptacións significativas: estas adaptacións conlevan un cambio moi notorio nos obxectivos,

contidos e criterios de avaliación. En calquera caso estas adaptacións decidiranse de común

acordo co Departamento de Orientación e o titor do alumno.

MEDIDAS PARA A SUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES.

PROGRAMA DE REFORZO:

As actuacións que se levarán a cabo para aqueles alumnos que non superaron a materia en

cursos anteriores serán as seguintes:

• Durante a 1ª e 2ª avaliacións faranse entrega de boletíns de actividades que inclúen os contidos

mínimos conceptuais (teóricos) aos que se fai referencia no apartado Contidos Mínimos desta

programación, que o alumno deberá resolver e entregar nos prazos acordados co profesor.

• O exame de pendentes do mes de maio, versará sobre os contidos mínimos conceptuais antes

citados.

CONTIDOS ESIXIBLES:

Os contidos esixibles para a recuperación da materia pendente tanto na convocatoria de maio

como na de setembro, son os recollidos nesta programación no apartado de contidos mínimos, no

subapartado de contidos conceptuais (teóricos).

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:

Os alumnos teñen que presentar a libreta do curso anterior o día, completa e fiormada por o

mestre, sendo os criterios de cualificación de pendentes para a convocatoria de maio, os seguintes:

• Un 30% da nota corresponderá á resolución das actividades do boletín de exercicios.

• Un 70% da nota corresponderá ao exame extraordinario de maio.

Os criterios de cualificación de pendentes na convocatoria de setembro, son os seguintes:

• Un 100% da nota corresponderá ao exame extraordinario de setembro.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

Non están previstas inicialmente ningún tipo de actividade complementaria ou extraescolar. De

realizarse durante o curso algún tipo de actividade, aparecería recollida na memoria final de curso.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN.

O proceso de avaliación desta programación consistirá en:

• Revisión do cumprimento dos contidos da avaliación nas diversas reunións de departamento.

• Inclusión na memoria final, das conclusións obtidas durante o curso nas reunións de

departamento, avaliación do grao de execución da programación e propostas de modificación

da programación en vindeiros cursos.

PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS.

A educación ten que asegurar, por un lado, o desenvolvemento integral do alumno e, por outro,

responder ás expectativas e demandas da sociedade. De aí xorde a necesidade de integrar no currículo

os temas transversais. Non se tratan como áreas diferenciadas, senón que están presentes en todas as

áreas, en maior ou menor medida.

Na área Tecnolóxica sinalamos:

• Con respecto á educación para a igualdade de oportunidades de ámbolos dous sexos, a

materia está formulada de forma que as responsabilidades e os traballos sexan efectuados

igualmente por ambos sexos, tanto na aula como no taller de tecnoloxía, de forma que fomente

o interese de ámbolos dous cara a Tecnoloxía e aumente a confianza nas súas propias

posibilidades con independencia deste factor.

• A educación para a saúde atópase reflectido nos temas de atención e respecto ás normas e

seguridade coas ferramentas da aula-taller.

• A educación para o consumidor está incluída na análise sociolóxica e na avaliación da

influencia da Tecnoloxía na sociedade, mediante a identificación das mensaxes publicitarias, o

estudo da oferta e da demanda e as consecuencias dos avances tecnolóxicos.

• A educación ambiental ten importancia na Tecnoloxía ao analizar e valorar criticamente o

impacto medioambiental da Tecnoloxía e o uso das denominadas “tecnoloxías limpas”.

Boiro, 17 de setembro de 2015

TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E

DA COMUNICACIÓN

1º BACHARELATO

IES Espiñeira, Boiro

CURSO 2015­2016

Índice

1. Introducción e contextualización

2. Elementos prescriptivos do currículo

2.1 (1º BAC.) Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)

2.1.1 Obxectivos

2.1.2. Competencias clave, obxectivos, contidos e estándares de aprendizaxe

avaliables.

2.1.3 Temporarización

2.1.4 Contidos mínimos

2.1.5 Contribución da materia á adquicisión das competencias clave.

3. Metodoloxía

4. Materiais e recursos didácticos

5. Avaliación

5.1 Criterios de avaliación

5.3 Criterios de cualificación

5.4 Atención ao alumno pendente

6. Actividades de recuperación e reforzo

7. Medidas de atención á diversidade

8. Temas transversais, fomento da lectura e uso das TIC

9. Actividades complementarias e extraescolares

1. Introducción e contextualización

Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) é unha materia optativa que se estuda

en primeiro de Bacharelato. Na Orde do 25 de xuño de 2008 pola que se establece a relación

de materias optativas do bacharelato, establécese o seu currículo e regulase a súa oferta.

Un dos obxectivos xerais do bacharelato pretende que se utilice con solvencia e

responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación. A competencia dixital,

desenvolvida nas etapas anteriores do ensino básico, deberá complementarse e actualizarse no

bacharelato para axudar a acadar unha competencia que lIe permita ao alumnado posuír a

habilidade para empregar a tecnoloxía, as ferramentas de comunicación e/ou redes para

acceder, xestionar, integrar, avaliar, crear e comunicar, ética e legalmente, a fin de poder

participar activamente na sociedade do coñecemento.

Non debemos esquecer que a nosa actividade e a do alumnado se desenvolven nunha

sociedade e globalizada, na sociedade da información, e polo tanto as tecnoloxías da

información e da comunicación (TIC) deben ser ferramentas imprescindibles para acadar

unha participación activa coas cales debemos traballar en todas as áreas, tanto do currículo

coma da vida, sen restrinxir o seu uso a esta materia.

As novas tecnoloxías dixitais deben axudar a crear novos ámbitos de aprendizaxe nos cales as

alumnas e os alumnos se sintan máis motivados e comprometidos, asuman maiores

responsabilidades sobre a súa propia aprendizaxe e poidan construír con maior independencia

os seus propios coñecementos.

Deberán moverse nun ámbito rico en información, ser capaces de analizar e tomar decisión s,

e dominar novos ámbitos do coñecemento nunha sociedade cada vez máis tecnolóxica.

Deberán converterse en estudantes de por vida, colaborando con outras persoas para realizar

tarefas complexas e utilizando de modo efectivo os diferentes sistemas de representación e

comunicación de coñecemento.

As TIC constitúen unha ferramenta decisiva para axudar o alumnado a acceder a vastos

recursos de coñecemento, a colaborar con outras compañeiras e compañeiros, consultar a

persoas expertas, compartir coñecemento e resolver problemas complexos, representar e

expresar as súas ideas e as súas inquedanzas en diferentes formatos (textual, sonoro, icónico e

Audiovisual) e a través de diferentes dispositivos.

2. Elementos prescriptivos do currículo

2.1 (1º BAC.) Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)

2.1.1 Obxectivos

O ensino de tecnoloxías da información e da comunicación terá como obxectivos o

desenvolvemento das seguintes capacidades:

1 . Coñecer e empregar os recursos e posibilidades que as TIC poden ofrecer para unha

aprendizaxe ao longo da vida.

2. Ser quen de demostrar un pensamento creativo, construíndo coñecemento e desenvolvendo

produtos innovadores, empregando as TIC.

3. Empregar medios e ámbitos dixitais para comunicarse e traballar en rede, para obter,

avaliar e usar información, e para apoiar a aprendizaxe individual e contribuír á aprendizaxe

doutros.

4. Desenvolver e usar habilidades de pensamento crítico para planificar e conducir unha

investigación, administrar proxectos, resolver problemas e tomar decisións informadas

usando ferramentas e recursos dixitais apropiados.

5. Poñer en práctica condutas éticas e legais e entender os asuntos humanos, culturais e

sociais relacionados coa tecnoloxía.

6. Acadar un entendemento axeitado dos conceptos, sistemas e funcionamento da tecnoloxía;

adquirindo unha formación ética, mediante un exercicio constante de reflexión e práctica

democrática ante o uso das TIC.

7. Adquirir un coñecemento global e contextualizado, integrando as aprendizaxes,

relacionándoas cos contidos curriculares das diversas áreas e materias, asumíndoas de

maneira que sexan transferibles e aplicables en diversas situacións e contextos de

ensino­aprendizaxe a través das TIC.

8. Aprender a convivir, participando activamente nun mundo globalizado, interrelacionado e

cambiante.

2.1.2. Competencias clave, obxectivos, contidos e estándares de aprendizaxe avaliables.

2.1.3 Temporarización

1a Avaliación:

T.1. As Tecnoloxías da Información e da Comunicación:

15 de setembro ­ 1 de outubro

T.2. A cidadanía dixital:

5 ­ 14 de outubro

T.3. A información:

15 ­ 27 outubro

T.4. A transmisión da información e o proceso de comunicación: a comunicación:

28 outubro ­ 11 novembro

T.5. Os subsistemas dun computador:

12 ­ 25 novembro

T.6. Sistema operativos, estructura e funcionamento:

26 novembro ­ 9 decembro

2a Avaliación:

T.7. Deseño e funcionamento de bases de datos simples:

7 ­ 18 xaneiro

T.8. Paquete ofimático para presentacións, follas de cálculo e documentos:

19 xaneiro ­ 24 febreiro

T.9. Ferramentas de código aberto para edición de fotos e videos:

25 febreiro ­ 9 marzo

3a Avaliación:

T.10. Principios na estructura, deseño e implementación nas redes de computadores:

10 marzo ­ 3 maio

T.11. Principios básicos de aritmética aplicada a linguaxes de programación:

4 maio ­ 16 xuño

2.1.4 Contidos mínimos

T.1. As Tecnoloxías da Información e da Comunicación

- Describir as diferenzas entre o que se considera sociedade da información e sociedade

do coñecemento.

T.2. A cidadanía dixital e T.3. A información

- Explicar cales son os novos sectores económicos que apareceron como consecuencia

da xeneralización das tecnoloxías da información e da comunicación.

T.4. A transmisión da información e o proceso de comunicación: a comunicación

- Explicar as características dos subsistemas que compoñen un computador,

identificando os seus principais parámetros de funcionamento.

T.5. Os subsistemas dun computador

- Elaborar esquemas de interconexión dos bloques funcionais dun computador e

describe a contribución de cada un ao funcionamento integral do sistema

- Explicar os tipos de memoria utilizados en computadores, analizando os parámetros

que as definen e a súa achega ao rendemento do conxunto.

T.6. Sistema operativos, estructura e funcionamento

- Comprobar que se instalan sistemas operativos e programas de aplicación para a

resolución de problemas en computadores persoais, seguindo instrucións de fábrica.

T.7. Deseño e funcionamento de bases de datos simples

- Elaborar bases de datos sinxelas e/ou extrae información, realizando consultas,

formularios e informes.

T.8. Paquete ofimático para presentacións, follas de cálculo e documentos

- Elaborar informes de texto que integren texto e imaxes, aplicando as posibilidades das

aplicacións e tendo en conta o destinatario.

- Elaborar presentacións que integren texto, imaxes e elementos multimedia, adecuando

a mensaxe ao público obxectivo ao que se destina.

- Analizar problemas que requiran a utilización de follas de cálculo, xerando resultados

textuais, numéricos e gráficos.

T.9. Ferramentas de código aberto para edición de fotos e videos

- Elaborar elementos gráficos en 2D e 3D para comunicar ideas.

- Realizar pequenas películas integrando son, vídeo e imaxes, utilizando programas de

edición de ficheiros multimedia.

T.10. Principios na estructura, deseño e implementación nas redes de computadores

- Esquematizar a configuración de pequenas redes locais, seleccionando as tecnoloxías

en función do espazo físico dispoñible.

- Analizar e comparar entre os tipos de cables utilizados en redes de datos.

- Analizar e comparar unha análise comparativa entre tecnoloxía con fíos e sen eles, e

indica posibles vantaxes e inconvenientes.

T.11. Principios básicos de aritmética aplicada a linguaxes de programación

- Elaborar e desenvolver algoritmos que permitan resolver problemas aritméticos

sinxelos, elaborando os correspondentes diagramas de fluxo.

- Elaborar programas que inclúan bucles de programación para solucionar problemas

que impliquen a división dun conxunto en partes máis pequenas.

- Analizar e seguir un pequeno programa escrito nun código determinado, partindo de

determinadas condicións.

- Elaborar programas de aplicación sinxelos nunha linguaxe determinada que

solucionen problemas da vida real.

2.1.5 Contribución da materia á adquicisión das competencias clave.

O xeito en que se obtén cada unha das competencias básicas no ámbito desta materia é a

seguinte:

• Competencia en comunicación lingüística: Realizase a través da adquisición de

vocabulario específico nos procesos de procura, análise, selección, resume e comunicación de

información, e en todas as actividades cuxa finalidade é a publicación e difusión de contidos.

• Competencia matemática e as competencias básicas en ciencia e tecnoloxía: Poden

acadarse configurando e administrando máquinas e sistemas operativos, aplicando técnicas de

tratamento e almacenamento de datos e asumindo hábitos seguros no contexto das redes de

comunicación. Tamén se favorecen analizando o funcionamento de programas, aplicacións e

sistemas operativos e mediante a análise e a valoración das repercusións dos hábitos sociais

en internet.

• Competencia dixital: A competencia dixital, que é a específica desta materia,

desenvolverase co emprego constante das TIC para procurar e almacenar información, para

obter e presentar datos e para simular sistemas, ou para elaborar programas ou utilidades

informáticas que sirvan para resolver problemas.

• Competencia para aprender a aprender: Materialízase empregando estratexias de

resolución de problemas onde, tras adquirir os necesarios coñecementos, é imprescindible

que o alumnado tome decisións cun certo grao de autonomía, que organice o proceso da

propia aprendizaxe e que aplique o aprendido a situacións cotiás das que poida avaliar os

resultados.

• Competencias social e cívicas: Alcanzaranse procurando que o alumnado traballe en

equipo, interactúe con outras persoas e con grupos de forma democrática, e respecte a

diversidade e as normas, e tamén mediante a análise da interacción entre o desenvolvemento

das TIC e os cambios socioeconómicos e culturais que produce.

• Sentido de iniciativa e espírito emprendedor: Conséguese nesta materia a través do

deseño, da planificación e da xestión de proxectos informáticos sinxelos, ao transformar as

ideas propias en programas ou en documentos.

• Conciencia e expresións culturais: Reflíctense na análise da influencia dos fitos técnicos

das TIC en distintas culturas e no seu desenvolvemento e progreso.

3. Metodoloxía

Trataremos que o ensino desta optativa sexa activo e práctico, empregando os recursos

dispoñibles para motivar aos alumnos.

As TIC é unha materia bastante práctica, pero a aplicación debe plasmarse na redacción duns

informes, así como na preparación previa dunha documentación e dos aparatos necesarios.

Como recursos utilizaremos os que posúe o Centro.

A metodoloxía que se suxire vese condicionada pola peculiaridade da materia. O manexo

instrumental das ferramentas TIC habituais en cada momento é necesario, pero é tamén

importante afondar nos procesos inherentes a estas, dada a rapidez con que quedan obsoletas.

Ademais, non se trata só de que os alumnos adquiran destrezas técnicas, senón que é

importante que acaden unha completa alfabetización dixital.

O aprendizaxe debe basearse no saber facer. As unidades de traballo desta materia

formúlanse cun enfoque interdisciplinar. O proceso de aprendizaxe programouse, baseándose

na realización dunha serie de actividades de forma individual ou en grupo que pretende

iniciar ó alumnado no proceso de autoaprendizaxe desenvolvendo capacidades de

compresión e análise, de relación e manexo de información. Estas actividades

complementaranse con explicación s da profesora, con exposición s, supostos de simulación e

debates do alumnado.

O ensino das novas tecnoloxías require unha metodoloxía dinámica que favoreza o

desenvolvemento de capacidades, a adquisición de coñecementos e a acumulación de

experiencias no alumnado que permitan a realización de proxectos.

A metodoloxía a seguir para acadar aprendizaxes significativos debe ter en conta que:

• As aprendizaxes deben ser útiles para a formación posterior e para a vida persoa.

• E necesario relacionar os contidos da mesma materia ecos contidos doutras materias.

• Débese gardar un equilibrio entre as cuestións teóricas e os aspectos prácticos.

• Hai que adaptarse ás necesidades dos alumnos, debendo partir dos coñecementos previos

que teñen os alumnos sobre os temas a tratar.

• Hai que potencia­lo traballo en grupo e un ha actitude de cooperación.

• Utilizar adecuados recursos didácticos: material bibliográfico, medios audiovisuais, ...

• Para que a aprendizaxe sexa significativa ten que ser o alumno quen, en último termo,

modifique e reelabore os seus esquemas de coñecemento, construíndo a súa propia

aprendizaxe e permitindo establecer relacións entre os coñecementos e experiencias previas

ós novos contidos. O profesor actúa como gula e mediador para facilita­la construción de

aprendizaxes significativas, proporcionando oportunidades para poñer en práctica os novos

coñecementos e capacidades de xeito que o alumno poida comproba­la utilidade do aprendido

e así consolidalo.

En consecuencia, a metodoloxía seguirá as seguintes pautas:

• Partir dos coñecementos previos, o que permite actuar sobre a diversidade tratando de xeito

diferente os que se atopan en situación diferente

• Interesar ó alumno polo obxecto de estudio. Trátase de desenvolver no alumno unha

actitude positiva ante a realidade económica, que lIe faga cuestionarse os problemas reais e a

maneira de solucionalos.

• Facer que o alumno tome conciencia das súas propias ideas. O proceso de aprendizaxe debe

ser resultado de acadar nova información pero partindo dos coñecementos previos do alumno.

• Poñer en cuestión as ideas previas, por exemplo confrontando ideas cos compañeiros en

debates.

• Introducir novos conceptos e procedementos. Farase mediante actividades de distinto tipo:

información oral, escrita, audiovisual, ... E importante que o alumno sexa capaz de buscar e

manexar por si mesmo a información que precisa.

• Fomentar a lectura de artigos técnicos na prensa (tradicional e dixital) especializada para

comentar e poñer en común. Trátase da única maneira de permanecer actualizado nunha

materia tan cambiante.

• Recompilar e reflexionar sobre as novas ideas adquiridas, esforzándose por elaborar e

comunica­las conclusións obtidas.

• Favorecer o aprendizaxe por descubrimento. Preténdese que o alumno descubra por si

mesmo conceptos, técnicas e comportamentos relacionados coa actividade emprendedora.

• Propiciarase o carácter interdisciplinar desta materia.

• Empregar simulacións e xogos para fomentar o autoaprendizaxe.

• Fomentar o traballo en equipo, o que serve para:

- Promovendo a solidariedade, o espírito de equipo, o respecto e a tolerancia.

- Posibilitando as relación s entre os alumnos.

­Incrementando a súa valoración persoal, o rendemento e a motivación .

- Desenvolvendo o sentido de la responsabilidade.

- Posibilitando a colaboración entre compañeiros.

- Favorecendo a integración do alumno no grupo.

Todas estas pautas teñen como finalidade que os alumnos sexan, gradualmente, capaces de

aprender de forma autónoma, o que é esencial nunha materia que evoluciona de xeito tan

rápido. O papel do profesor é o de un "director de investigación", debe deseñar e propor as

actividades con que axudar aos estudantes a superar os obstáculos que se lIes presentan na

construción de coñecementos.

4. Materiais e recursos didácticos

Os recursos didácticos e materiais cos que se desenvolverán as sesións son:

1 . Explicacións do profesor.

2. Materiais elaborados polo profesor e subministrados aos alumnos en forma de fotocopias.

3. Internet é un recurso básico, para obter información e para participar nos concursos que

aparezan como, www.saludactiva.com (Educación para a saúde).

4. Utilización das aulas de informática e doutros equipos audiovisuais do centro educativo. A

aula Informática 1 ten instalado nos equipos Linux e o Open Office e a Aula Informática 2

ten instalado Windows e Microsoft Office.

5. Debates e discusións.

6. Técnicas de dinámica de grupos.

7. Bibliografía especifica e selección de lecturas:

• Utilización de libros de texto.

• Utilización de artigos e gráficos de prensa e revistas especializadas.

• Utilización doutros libros de texto de informática.

• Utilización de bibliografía técnica da biblioteca do centro.

8. Materiais didácticos do programa Audiovisual nas Aulas, proxecto da Secretaria Xeral de

Comunicación e do Consorcio Audiovisual de Galicia.

9. Utilización de materiais audiovisuais como vídeos e presentacións de PowerPoint.

10. Realización de actividades como participación en concursos, charlas ou actividades de

investigación sobre recursos informativos en Internet e seminarios ou obradoiros da Escola

Galega de Consumo.

Non hai libro de texto establecido para os alumnos. Ao estar as TIC en continua evolución, os

libros de texto so en quedar desfasados e máis tendo en conta a obrigatoriedade dos catro

anos que deben permanecer sen modificar.

Podemos facer unha selección das seguintes páxinas web:

Recursos do CNICE: http://observatorio.cnice .mec.es/

Linux­España: http://www.linux­es.org

Páxina oficial de OpenOffice: http://es.openoffice.org/

Páxina oficial de Microsoft Office: http://office.microsoft.com/es­es/default.aspx

Gimp: htttp://www.gimp.org/ (en español: http://www.gimp.org.esl)

Inkscape: http://www.inkscape.org/(enespañol:http://inkscape.esl)

Microsoft Movie Maker:

http://www.microsoft.com/spain/windowsxp/using/moviemaker/default.mspx

Recursos de SM: http://www.ti.profes.nefl

VideoSpin: http://www.videosplh.com/sp/

Kdenlive: http://www.kdenllve.org/

Kino: http://www.kinodll.org/

Avidemux: http://fixounet.free.fr/avidemuxl

Audacity: http://audacity.sourceforge.nefl

PowerBullet http://powerbulletcom/

Rede IRIS: http://www.rediris.es

• Propiciarase o carácter interdisciplinar desta materia.

• Empregar simulacións e xogos para fomentar o autoaprendizaxe.

• Fomentar o traballo en equipo, o que serve para:

- Promovendo a solidariedade, o espírito de equipo, o respecto e a tolerancia.

- Posibilitando as relacións entre os alumnos.

­Incrementando a súa valoración persoal, o rendemento e a motivación.

- Desenvolvendo o sentido de la responsabilidade.

- Posibilitando a colaboración entre compañeiros.

- Favorecendo a integración do alumno no grupo.

Todos estas pautas teñen como finalidade que os alumnos sexan, gradualmente, capaces de

aprender de forma autónoma, o que é esencial nunha materia que evoluciona de xeito tan

rápido. O papel do profesor é o de un "director de investigación", debe deseñar e propor as

actividades con que axudar aos estudantes a superar os obstáculos que se lIes presentan na

construción de coñecementos.

5. Avaliación

5.1 Criterios de avaliación

1. Identificar e seleccionar información para construír e crear o seu propio coñecemento cos

medios axeitados. Preténdese identificar e avaliar se o alumnado é capaz de buscar e

analizar información para acadar un nivel de coñecemento superior. Valorarase así mesmo a

capacidade de coñecer como se produce a procura de información , os métodos de

investigación, o emprego de recursos para chegar a crear coñecemento.

2. Empregar as tecnoloxías da información para crear coñecemento a partir de compartir e

comunicar as súas ideas en grupo. Este criterio pretende avaliar o coñecemento e o emprego

das redes de comunicación á hora de expoñer e traballar con outros, ser capaz de compartir,

chegar a conclusións.

3. Analizar a influencia dos medios no desenvolvemento da sociedade da información e na

vida cotiá. Este criterio pretende avaliar a visión crítica que ten o alumnado á hora de∙

analizar, avaliar e valorar a importancia dos medios tecnolóxicos no desenvolvementÓ da

sociedade en xeral e da influencia que ten na súa vida cotiá.

4. Identificar as responsabilidades no emprego da información e das tecnoloxías. Este criterio

pretende avaliar o sentido ético á hora de crear e difundir información a través de diferentes

medios e producida con diferentes ferramentas.

5. Analizar as diferentes mensaxes que recibimos a través de diferentes medios e formatos,

identificando a súa intencionalidade e usabilidade de cara a ter unha opinión obxectiva do

mundo que nos rodea. Mediante este criterio preténdese comprobar que o alumnado é quen

de ser critico á hora de identificar e analizar as diferentes mensaxes que nos chegan a través

do mundo audiovisual.

6. Seleccionar de xeito eficaz e eficiente as ferramentas que se empregarán no

desenvolvemento das tarefas. Con este criterio preténdese comprobar a idoneidade no

emprego das diferentes ferramentas que teñen ao seu alcance á hora de buscar, filtrar,

analizar e almacenar información, e á hora de producir e crear as súas propias mensaxes .

7. Crear e elaborar produtos orixinais empregando as TIC. Preténdese avaliar a

capacidade de elaboración de materiais propios por parte do alumnado, tendo en conta

aspectos éticos, legais e accesibles como base á hora de crear e compartir coñecemento.

5.2 Instrumentos de avaliación

OS instrumentos de avaliación a utilizar co fin de coñecer o grado de comprensión dos

conceptos, procesos e actitudes, son:

Observación directa.

Serve para informar sobre:

• A correcta utilización das TIC.

• O interese pola correcta utilización dos equipos informáticos e das distintas

aplicacións nel instaladas.

• O interese polo traballo.

• O debido uso e ordenado arquivo de todo o material entregado (fotocopias, apuntes,

documentos, arquivos, etc).

• A participación activa na clase, nas actividades a desenvolver ao longo do curso e

nos debates, traballos e simulacións.

• O interese por a utilización das fontes de información dispoñibles.

• A relación cos compañeiros.

• A actitude de respecto e tolerancia cos seus compañeiros.

• A achega de noticias e comentarios que estean relacionados coa materia.

• A creatividade e a expresión das propias ideas.

• A capacidade de busca de solucións a problemas.

• A coordinación e comunicación nos grupos de traballo.

• A asistencia e puntualidade.

• A apreciación do traballo dos demais.

Traballos individuais e en grupos É importante realizar ó remate de cada unidade de

traballo algún repaso de actividades representativas que nos informen do grao de

comprensión da unidade e da adquisición dos contidos procedementais.

Serve para informar sobre:

• Nos traballos avaliarase a calidade, a exposición, a coordinación, o interese, a

capacidade critica e participación en debates e a iniciativa para realizar indagacións.

• Ademais da aplicación dos coñecementos adquiridos.

Probas orais e escritas Serven para que o alumno se dea conta dos seus avances e

dificultades.

Serve para informar sobre:

• Permiten detectar que conceptos, procedementos ou actitudes deben ser reforzados.

• A organización do propio proceso de ensinanza aprendizaxe.

Simulacións Consiste en deseñar e levar á práctica unha situación na que algúns alumnos

deben situarse na perspectiva doutras persoas, "representar" o seu papel.

Serve para informar sobre:

• Serve para desenvolve­Ia capacidade para flexibilizar os puntos de vista , para

adaptarse a situacións novas, para comprende­las actitudes e formulacións dos

demais, etc.

5.3 Criterios de cualificación

Para avaliar a materia de Tecnoloxías da Información e Comunicación de primeiro de

Bacharelato terase en conta ademais dos criterios xerais da programación os seguintes

específicos:

1. En cada avaliación faranse probas prácticas específicas para comprobar o dominio dos

contidos e a capacidade para aplicar estos contidos. Serán probas de caracter práctico. O

profesor pode considerar que a se a parte práctica non queda avaliada coas actividades

desenvolvidas na aula, de non ser estas suficientes, poderá optar a realización dun examen de

caracter teórico sobre as mesmas. Non se poderá compensar ningunha nota inferior a 3,5 para

superar a avaliación . No caso de realizar exame teórico, as cuestións teóricas serán

fundamentalmente preguntas curtas ou tipo test. As probas prácticas serán similares ás

actividades desenvolvidas na aula.

2. Farase a media entre as notas das probas, que terán a mesma ponderación sempre que

sexan superior a 5, salvo que por calquera motivo non sexa axeitado este criterio. De ser así,

informárase previamente ao alumnado.

3. A ponderación dos traballos de clase na nota de avaliación será dun mínimo do 65%. A

ponderación das actividades, debates, cuestións e tests que se realicen ao final de cada

unidade e a participación con diversas noticias e a expresión oral na clase será dun máximo

do 20%

Observación directa na aula (A) De 0 a 15 puntos A

Traballos feitos na casa (B) De 0 a 20 puntos B

Traballos feitos na aula INFORMATICA (C) De 0 a 65 puntos C

Nota: Para a valoración dos traballos escritos a puntuación dividirase en 4 partes, a correcta

exposición oral do traballo, a concretitude a hora de contestar as preguntas ou problemas, o

correcto formateo e presentación do traballo e no caso de ser un grupo a porcentaxe de

traballo realizado por cada un dos membros.

4. A actitude valorarase cun 10%. En principio supón se unha actitude positiva e detraeríase

cun negativo de 0,1 puntos ata acabar coa valoración da actitude polos seguintes motivos:

• Cada falta sen xustificar.

• Actuación incorrecta contra as normas de utilización das aulas de informática.

• Actitude pasiva ou ausente na clase.

• Charlar, interromper ou calquera actuación contraria ao normal desenvolvemento da

clase.

5. Nos casos de non alcanzar a nota de 5 na avaliación, o alumno deberá facer un exame de

recuperación ó remata­la avaliación, os contidos serán tódolos impartidos en dita avaliación .

6. No caso de que o alumno non supere a cualificación de 5 nunha proba, só realizará a

recuperación de dita parte, conservándose a nota dos outros exames e dos traballos e

participación e da actitude.

5.4 Atención ao alumno pendente

O alumnado de segundo de bacharelato coa materia de Tecnoloxías da Información e

Comunicación pendente do curso anterior, a poderán recuperar, ademais de presentarse si

queren as probas normales do curso co resto dos compañeiros, con dúas probas, dividíndose a

materia en dúas. De ser necesario, haberá ainda unha proba final en Mayo e outra en

Septembro.

Tamén se farán traballos. O profesor pode considerar que a parte práctica quede avaliada con

estes traballos, e si o alumno non fixera nin entregara os traballos, a nota máxima teórica será

de un catro..

Os contidos serán os contidos mínimos establecidos para a materia.

O calendario de actividades e exames entregaranse ao alumnado correspondente ao principio

de curso, en principio os exames de probas normales son os do curso, e das extraordinarias en

Mayo e Septembro.

6. Actividades de recuperación e reforzo

Para aqueles alumnos que durante o curso non superen as distintas avaliacións ou requiran

algún reforzo, por observarse algún problema no aprendizaxe, se lles facilitarán actividades

de recuperación e reforzo que poderán consistir en:

- Repaso de conceptos mal entendidos, mal explicados ou mal desenvolvidos

mediante os procedementos oportunos.

- Realización de traballos, resolución de cuestionarios, exercicios prácticos,

exposicións, informes, ... sobre aqueles aspectos nos que se detectaran maiores

deficiencias.

- Repetición de determinadas actividades, cando se observase que na súa realización o

alumno non dedicou o suficiente tempo ou esforzo.

- Cambios nas probas de avaliación , propoñendo probas distintas e fomentando

exames orais.

- Clases especiais de reforzo para corrixir hábitos de estudio pouco eficaces, falta de

motivación cara ó estudio ou capacidades mal adquiridas.

- Realización dunha proba específica de dominio sobre os contidos da unidade ou

unidades non superadas.

Aqueles alumnos que non superen a materia na convocatoria de Xuño realizarán unha proba

única extraordinaria de recuperación no mes de Setembro que versará sobre os contidos

expostos nesta programación e incluirá algunha cuestión de tipo teórico relacionada co

programa e varios exercicios prácticos sobre os contidos procedementais que se traballaron

na aula ao longo do curso. A proba cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter unha

cualificación mínima de 5 puntos para superala.

Así mesmo, o día de celebración da proba extraordinaria de Setembro esixirase como

requisito imprescindible para presentarse a dita proba, a presentación dos traballos que se

asignen a cada alumno suspenso no mes de Xuño co obxectivo de desenvolver algúns dos

procedementos que quedaron pendentes ao longo do curso, sin o cal a nota máxima do exame

será de catro.

7. Medidas de atención á diversidade

As ensinanzas del Bacharelato permítelles os alumnos que cursen estudos de acordo coas

súas preferencias, o que recoñece a existencia de diferenzas persoais en capacidades

especificas, en motivación e intereses. Teranse en conta as seguintes medidas de atención á

diversidade:

Con relación aos contidos:

O currículo é aberto, e como tal permite responder á diversidade.

Identificáronse os obxectivos e os contidos básicos, diferenciándoos de outros de carácter

complementario. Os contidos que podan presentar dificultades ó alumnado, compleméntanse

con datos aclaratorios, ilustracións, esquemas, gráficos, etc. Ademais, eses contidos

preséntanse de forma variada e interrelacionados para facilita­la súa xeneralización e

aplicación a novas situacións.

Con relación aos aspectos metodolóxicos:

As actividades de aprendizaxe son variadas, que permitan distintas modalidades ou vías de

acceso ós contidos e que presenten distintos graos de dificulta de. Para elo as actividades

desenvolveranse en catro niveis: de consolidación , de reforzo, de ampliación e de repaso. As

actividades de consolidación pretenden que o alumnado asimile os conceptos básicos. As de

reforzo están indicadas para os alumnos que non puideron asimilar estes contidos mínimos.

As actividades de ampliación serven para que o alumnado afonde algún contido en especial e

as de repaso serven para relacionar contidos novos cos xa adquiridos e ter un ha visión global

da materia. Ademais, utilizaranse estratexias de ensinanzas diversas, tanto estratexias de

exposición como estratexias de indagación, potenciaranse actividades que estimulen mellor a

aceptación e integración, facilitarase a comprensión mediante a utilización de materiais e

recursos didácticos como vídeos, encerado, transparencias ou páxinas web, adaptándose ás

características psicolóxicas e sensoriais do alumnado.

Con relación aos recursos e materiais:

Dentro dos materiais e dos recursos dispoñibles, seleccionaranse os máis axeitados segundo

,o alumno e a materia. Proporáselles ós alumnos que aporten á clase recortes de prensa ou

revistas ou que comenten noticias que lles preocupan a cada un deles, para motivalos e

acerca­la materia a súa vida cotiá.

Con relación aos proceso de avaliación:

A avaliación é sumativa, coa que se pretende saber se se alcanzaron os obxectivos propostos.

Para determinalo: avaliaranse os contidos conceptuais, procedementais e actitudinais e

valoraranse estes contidos segundo os instrumentos e os criterios de avaliación descritos

anteriormente.

8. Temas transversais, fomento da lectura e uso das TIC

O carácter integral do currículo implica que se deben incorporar nas diferentes materias

elementos educativos básicos contidos nas ensinanzas transversais. Os obxectivos de etapa do

Bacharelato reflicten a preocupación polo tratamento das ensinanzas transversais.

Apreciase a relación coa educación en valores, á dicir, coa educación moral, cívica e para a

paz, a educación para a saúde, a educación para a igualdade entre persoas de distinto sexo, a

educación ambiental, a educación sexual, a introdución de las tecnoloxías de la información e

comunicación , a educación do consumidor, etc. Estes obxectivos implican a rodalas

materias.

En Tecnoloxías da Información e Comunicación, a responsabilidade e ática no uso das TIC

constitúe o núcleo central dos temas transversais xa que introduce un bo número de cuestións.

Estas ensinanzas transversais incorporáronse na materia de TIC do seguinte xeito:

•Educación do consumidor:

- Respecto ás normas legais. Concienciación sobre a necesidade de ter condutas éticas

sobre o respecto aos dereitos de autor e a propiedade industrial.

- Toma de conciencia sobre as posibilidades do software libre.

- Análise dos hábitos de consumo da poboación xuvenil.

- O consumo de bens tecnolóxicos e a obsolescencia tecnolóxica.

- Responsabilidade civil e incluso penal polos danos producidos.

- Análise critica das campañas e estratexias de comunicación das empresas, en

particular das campañas publicitarias e promocionais das novas TIC.

- Destacar a importancia da tecnoloxía para mellorar o nivel de vida.

- Concienciación sobre a fenda tecnolóxica como factor de desigualdade.

•Educación ambiental:

- Preocupación polo medio ambiente.

- Valorar a importancia da necesidade de control e protección do medio ambiente.

- Valorar el impacto das TIC e a globalización sobre o medio ambiente.

•Educación para a saúde:

- Recoñecer os riscos das TIC para a saúde.

•Educación moral e cívica:

- Utilizar los coñecementos adquiridos para adoptar unha postura critica e flexible

ante os grandes problemas que ofrecen as TIC.

- Recoñecer a importancia da formación persoal para o desenvolvemento da

sociedade.

- Recoñecer a importancia do uso moral e eticamente correcto das TIC.

•Educación para a igualdade de oportunidades entre ambos sexos:

- Analizar a evolución das desigualdades laborais entre home e muller.

•Educación para a paz.

•Educación multicultural.

• Educación para a convivencia. Debido á profusión ó longo do curso de valores ligados ó

diálogo e o consenso para soluciona­los problemas nacionais e internacionais, promoven do

actitudes pacificas, pódese dicir que se proporciona unha Educación para a Paz e a

Convivencia.

En canto ao fomento da lectura e a integración das TIC, xa se recollen referencias como

obxectivos, procedementos e actitudes nesta programación .

É un obxectivo fundamental da materia acostumar aos alumnos a ler artigos de prensa,

comentarios e libros con contidos técnicos. Por este motivo recóllense ao longo da

programación varias cuestións ao respecto.

É evidente que as novas tecnoloxías da Información e Comunicación son ferramentas

imprescindibles nesta materia. Para a impartición desta materia temos a aula de

tecnoloxia­informática.

Trátase de que os alumnos non só saiban como empregar as novas tecnoloxías e internet, se

non que saiban cando empregalas e desenvolvan unha actitude critica respecto a elas.

9. Actividades complementarias e extraescolares

Como actividades complementarias da materia están previstas as seguintes, aínda que non

supón que se realicen obrigatoriamente:

• Participación en obradoiros da Escola Galega de Consumo.

• Lectura de libros especializados, en función das adquisicións que se aproben para á

biblioteca do centro.

• Estarase atento á programación das exposicións e actividades culturais que realice a

Xunta, o Concello de Boiro ou outros concellos próximos.

12. OBXECTIVOS, CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E MÍNIMOS ESIXIBLES PARA O 2º CURSO de BACHILLER

TECNOLOXIA INDUSTRIAL II

Contidos de Tecnoloxía Industrial II

Materiais

• Estructura interna e cristalina e propiedades dos materiais. Técnicas de modificación das propiedades. Deformacions elásticas e plásticas, e tensions máximas e de traballo. Oxidación e corrosión. Técnicas de protección. Tratamentos superficiais. Realización de ensaios simples e medidas sinxelas dalgunhas propiedades elementais de materiais.

• Aleacions, solucions, diagramas de equilibrio, analisis diagramas. Aceiros, fundicions, polimeros, RSU e RTP instalacions tipo, tramitacions procedementos e autorizacions. Procedementos de reutilización e de reciclaxe de materiais. Importancia social e económica do aforro de materiais.

• Normas de precaución e de seguridade no manexo de materiais e máquinas. Exemplificación da aplicación e da elección de materiais, ferramentas e máquinas para proxectos tipo: instalacions, naves, vivendas, vehículos, etc.

Principios de máquinas: mecánicos, eléctricos y termodinamicos

• Transformaciones termodinámicas. Motores térmicos principios e o seu funcionamento: motores altemativos Diesel e Otto (2T e 4T) e rotativos(2T). Descripción cualitativa de partes compoñentes e circuitos. Identificación dalgunhas aplicacións habituais. VFU e CARD.

• Motores, xeradores e transformadores eléctricos, Tipos: CC, CA, etc. Descripción cualitativa e principios xerais de funcionamento. Magnetismo e electromagnetismo. Identificación dalgunhas aplicacións habituais.

• Circuito frigorífico e bomba de calor. Elementos: condensadores, evaporadores, compresores, valvuleria. Principios de funcionamento.

Aplicacións.

• Enerxia. Calor. Traballo. Potencia. Par motor. Perdas de enerxia nas máquinas. Rendemento.

Circuitos pneumáticos e oleohidráulicos

• Propiedades dos fluidos, unidades, principios físicos. Técnicas de producción, distribución, conducción e depuración de fluidos. Caudal. Perda de carga.

• Elementos de accionamento, regulación e control. Simboloxia neumática e hidraulica.

• Circuitos característicos de aplicación. Interpretación de esquemas elementais. Deseño de instalacions, simulacions en programas de ordenador.

Automatización primaria de circuitos. Montaxe e instalación de circuitos sinxelos: compresor, depósitos, valvulas, cilindros, fins de carreira, extranguladores, mandos, retornos, etc.

Control e programación de sistemas automáticos

• Elementos que compoñen un sistema de control: transductores, captadores e actuadores.

• Estructura dun sistema automático: entrada, proceso, saida. Sistemas de lazo aberto.

• Sistemas realimentados de control. Comparadores.

• Montaxe e experimentación de circuitos de control sinxelos.

• Control lóxico de sistemas. Circuitos dixitais. Álxebra de Boole. Portas lóxicas. Procedementos de simplificación de circuitos lóxicos. Aplicación ó control do funcionamento dun dispositivo.

• Circuitos secuenciais. Elementos. Diagrama de fases. Aplicación ó control dun dispositivo de secuencia fixa.

• Control programado, Programación ríxida e flexible. O microprocesador. O microcontrolador.

• Realización experimental dalgúns exemplos sinxelos de simulación por ordenador e con autómata programable.

Criterios de avaliación

Criterios de avaliación de Tecnoloxia Industrial II

1. Avaliar as repercusións que sobre a calidade de vida ten a produción e utilización dun produto ou servizo técnico cotián e suxerir posibles alternativas de mellora, tanto técnicas coma doutra orde.

Con este criterio avaliarase a capacidade de distinguir entre as vantaxes e inconvenientes da actividade técnica, de concibir outras solucións, non estritamente técnicas, usando materiais, principios de funcionamento e medios de produción alternativos ou modificando o modo de uso, a localización ou os hábitos de consumo.

2. Describir os materiais máis habituais no seu uso técnico, identificar as súas propiedades e aplicacións máis características e analizar a súa adecuación a un fin concreto.

Preténdese comprobar a capacidade para a aplicación dos conceptos relativos ás propiedades dos materiais co fin de seleccionar o idóneo para unha aplicación real. Igualmente, se se valoran as distintas propiedades e outros aspectos económicos, ambientais e estratéxicos que condicionan unha elección adecuada para un determinado uso técnico.

3. Identificar os elementos funcionais, estruturas, mecanismos e circuitos que compoñen un produto técnico de uso común.

A través deste criterio avalíase a habilidade para utilizar as ideas sobre a estrutura e a función dos diferentes elementos que constitúen un obxecto técnico para analizar as relacións entre eles e o papel que desempeña cada un no funcionamento do conxunto.

4. Describir os útiles e técnicas empregadas nun proceso de produción utilizando un vocabulario adecuado.

Este criterio avalía o grao de asimilación e incorporación ao vocabulario de termos específicos, tecnicamente apropiados, para diferenciar correctamente os procesos industriais e para describir de forma adecuada os elementos de máquinas e o papel que desempeña cada un de eles.

5. Describir o probable proceso de fabricación dun produto e valorar as razóns económicas e as repercusións ambientais da súa produción, uso e refugo.

Preténdese comprobar a capacidade de deducir e argumentar o proceso técnico coa análise de produtos e sistemas tecnolóxicos, os factores non estritamente técnicos da súa produción, uso e posibles destinos despois da súa vida útil.

6. Calcular, a partir de información adecuada, o custo enerxético do funcionamento ordinario dun local ou dunha vivenda e suxerir posibles alternativas de aforro.

Con este criterio avaIíase a capacidade de estimar o custo económico que supón o consumo cotián de enerxía, utilizando facturas de servizos enerxéticos, cálculos efectuados sobre as características técnicas das diferentes instalacións e información comercial.

Esta capacidade ten que levar a buscar posibles vías de redución de custos e aforro enerxético.

7. Achegar e argumentar ideas e opinións propias sobre os obxectos técnicos e a súa fabricación, valorando e adoptando, de ser o caso, ideas aIleas.

Trátase de valorar a capacidade de contribuír con razoamentos propios á solución dun problema técnico, tomar a iniciativa para expor e defender as propias ideas e asumir con tolerancia as críticas vertidas sobre o devandito punto de vista.

Criterios de avaliación de Tecno\oxía Industrial II

1. Describi-Ia relación entre propiedades e estructura interna dos materiais técnicos de uso habittial.

2. Seleccionar materiais para unha aplicación práctica determinada considerando, xunto ás súas propiedades intrínsecas, factores técnicos, económicos e medioambientais.

3. Deseñar un procedemento de proba e medida das características dunha máquina ou instalación, en condicións vituais e de uso normal.

4. Identifica-las partes dun motor térmico e describi-Io seu principio de funcionamento.

5. Analiza-la composición dunha máquina ou sistema automático de uso común e identifica-los elementos de mando e control e potencia.

6. Identifica-los elementos que constitúen un sistema automático e explica-la función que corresponde a cada un deles.

7. Aplica-los recursos gráficos e verbais axeitados á descrición da composición e funcionamento dunha máquina, circuito ou sistema tecnolóxico concreto.

8. Montar e comprobar un circuíto de control dun sistema automático a partir do plano ou esquema dunha aplicación característica.

En Espiñeira, a 17 de Septembro de 2015.

Fdo. José Manuel Pérez Morales Fdo: D. Carlos Chouza Blanco

Xefe do Departamento Profesor do Departamento

Profesor do Departamento: D. Victor Manuel Alñbor