programacion educaciÓn infantil curso 2019-20 cpi. o … · 2021. 1. 8. · programacion...

33
1 PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA TITORAS: 4: MARIA NOELIA PALLLAS CALVIÑO 5º A: BEATRIZ VICTORIA ESTÉVEZ GRELA 5º B: SILVIA IGLESIAS NOYA 6º: MARÍA EUGENIA FERREIRO VILAR APOIO ALBA SAMPEDRO LÓPEZ

Upload: others

Post on 21-Jan-2021

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

1

PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO 2019-20

CPI. O CRUCE – CERCEDA

TITORAS:

4: MARIA NOELIA PALLLAS CALVIÑO

5º A: BEATRIZ VICTORIA ESTÉVEZ GRELA

5º B: SILVIA IGLESIAS NOYA

6º: MARÍA EUGENIA FERREIRO VILAR

APOIO

ALBA SAMPEDRO LÓPEZ

Page 2: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

2

ÍNDICE

1. INTRODUCCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN

2. OBXECTIVOS.

3. COMPETENCIAS BÁSICAS

4. CONTIDOS.

5. EDUCACIÓN EN VALORES

6. TEMPORALIZACIÓN

7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

8. METODOLOXÍA

8.1 PRINCIPIOS METODOLÓXICOS

8.2 ESPAZOS.

8.3TEMPOS

9. MATERIAIS E RECURSOS.

10. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

11. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN.

12. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

13. CONCRECIÓN DO PLAN DE CONVIVENCIA.

14. CONCRECIÓN DO PLAN DE NOVAS TECNOLOXÍAS.

15. PLAN LECTOR

Page 3: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

3

1. INTRODUCCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN

Esta programación vaise levar a cabo no C.P.I. “O Cruce”, de Cerceda, durante o curso

2019-2020, o cal conta con 20 unidades , das que 4 delas son de Educación Infantil. A aula de

3 anos conta con 26 nenos/as; as de 4 anos, contan con 29 nenos/as, 5ºA con 15 alumnos/as

e 5ºB con 14 alumnos/as; e a de 6 anos con 16 alumnos/as.

A finalidade da Educación Infantil é a de contribuír ó desenvolvemento físico, afectivo,

social e intelectual das nenas e dos nenos.

A Educación infantil contribuirá a desenvolver nos nenos/as unha serie de capacidades

que lles permitan:

Coñece-lo seu propio corpo e o de outras persoas, posibilidades de acción e aprender a

respecta-las diferenzas.

Observar e explora-lo seu contorno familiar, natural e social.

Adquirir autonomía nas actividades habituais.

Relacionarse cos demais adquirindo pautas elementais de convivencia e relación social

e a exercitarse na resolución de conflictos.

Desenvolve-las súas habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de

expresión.

Iniciarse nas actividades lóxico-matemáticas e achegarse á lectura e escritura como

medio de comunicación, información e gozo.

Senti-lo xesto, o movemento e o ritmo como recursos para a expresión e a

comunicación.

Achegarse, na medida das súas posibilidades, ó uso das tecnoloxías da información e

da comunicación.

Page 4: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

4

2. OBXECTIVOS.

Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.

- Formar unha imaxe axustada e positiva de si mesmo mediante a interacción cos

outros e do recoñecemento das propias características.

- Adquirir maior autonomía persoal camiñando cara unha autoestima positiva.

- Identificar gradualmente as partes do corpo e as súas funcións, recoñecendo as súas

posibilidades e limitacións.

- Representa-lo propio corpo.

- Desenvolver un control e coordinación progresivo do propio corpo, axeitando os seus

xestos e movementos ás diversas situacións da vida cotiá.

- Denominar e identifica-los propios sentimentos, emocións, necesidades e gustos,

sendo quen de expresalos ós outros. Respectar os dos demais.

- Fomenta-la capacidade de iniciativa para resolver distintos problemas da vida cotiá

desenvolvendo estratexias que permitan ser máis autónomo, supera-las frustracións

e sendo quen de pedir axuda de ser necesario.

- Desenvolver hábitos de axuda, colaboración e respecto.

- Avanzar na adquisición de hábitos de saúde, hixiene e coidado corporal.

- Amosar interese por satisface-las súas necesidades básicas.

- Afianzar hábitos de orde, traballo e constancia nas tarefas habituais.

- Identificar e acepta-las diferenzas individuais.

- Participar nos xogos de maneira activa, adaptándose ás normas e descubrindo os

beneficios dos mesmos.

Coñecemento do contorno

- Interese polo contorno, observándoo e explorándoo de maneira activa e

interpretando o observado.

- Observa-los elementos básicos do medio natural e identificar algunhas das súas

relacións, cambios e transformacións.

- Desenvolver actitudes de respecto, coidado e responsabilidade cara os elementos do

medio natural.

- Interiorizar progresivamente as normas básicas de convivencia para poder

relacionarse axeitadamente cos outros.

- Identificar distintos grupos sociais próximos así como as características que os

identifican.

Page 5: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

5

- Amosar actitudes de afecto, respecto e confianza cara as formas de vida dos

distintos grupos sociais.

- Participar activamente en festas de tradición cultural, identificando as súas

características e valorándoas como parte da cultura popular.

- Iniciarse progresivamente nas habilidades matemáticas mediante a manipulación de

obxectos e identificando atributos e calidades.

- Establecer relacións de agrupamento, clasificación, orde e cuantificación entre

elementos e coleccións.

- Amosar interese polo coñecemento matemático como medio para comprende-la

realidade.

Linguaxes: Comunicación e representación.

- Emprega-las distintas linguaxes como medio de comunicación, expresión e

representación de ideas, sentimentos e vivencias, elixindo a que mellor se axuste á

intención comunicativa.

- Valora-la lingua como un medio de relación cos outros e de regulación da

convivencia tendendo á comunicación nas dúas linguas oficiais.

- Iniciarse no uso oral doutra lingua estranxeira amosando interese pola mesma.

- Interpreta-las mensaxes dos outros respectándoas e participando activamente en

situacións de comunicación oral.

- Reproducir, interpretar e recrear textos de tradición cultural.

- Amosar actitudes de valoración, goce e interese cara os textos literarios.

- Iniciarse na interpretación da lingua escrita.

- Emprega-las distintas linguaxes artísticas para expresa-la súa creatividade,

imaxinación...

- Amosar interese polas obras artísticas expresadas en distintas linguaxes.

- Realizar actividades de representación e expresión artística mediante o uso de

distintas técnicas.

- Amosar respecto polas elaboracións dos outros.

Page 6: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

6

3.CONTRIBUCIÓN ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS

A educación integral da infancia (das diversas facetas da personalidade) derivou ao longo do

tempo en distintas propostas que tratan de afondar no seu desenvolvemento multidimensional.

Unha delas, que nos consideramos fundamental, é a Teoría Das Intelixencias Múltiples de

Howard Gardner. O traballo baseado nas intelixencias múltiples axuda de forma significativa a

ser máis competente. Ofrece ao alumnado a oportunidade de experimentar en campos

relacionados con cada intelixencia, abórdanse teorías de diversa dificultade na intelixencia que

aborda cada un, acrecéntanse as que non se teñen desenvoltas e propóñense experiencias de

aprendizaxe baseadas en problemas da vida real: así poténcianse as súas posibilidades para

“saber facer”.

Para nós, a competencia é a capacidade de responder a demandas complexas e levar a cabo

tarefas diversas de forma axeitada. Supón unha combinación de habilidades prácticas,

coñecementos, motivacións, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais

e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz. Todo isto

resúmese na seguinte cita de Carlos Gallego: “El mundo de la vida en el aula debe estar

orientada al entendimiento, a un proceso de construír conocimiento”.

Competencia Para Aprender A Aprender

Dende unha perspectiva constructivista e dentro dunha dinámica de proxectos, a competencia

de aprender a aprender é fundamental, onde a asamblea engloba todo o proceso: ideas

previas, investigacións, o que aprendemos, avaliación…

Nesta competencia, a educación emocional é básica, xa que como nos sentimos, predisponnos

positivamente para aprender. Neste sentido entendemos por aprender a aprender a

competencia vinculada á aprendizaxe, a capacidade de emprender e organizar unha

aprendizaxe individual ou en grupos, segundo as necesidades propias do individuo, así coma a

ser conscientes dos métodos e as oportunidades dispoñibles.

Poremos en xogo materiais para a indagación e planificación de procesos susceptibles de ser

utilizados en diferentes aprendizaxes. A combinación destes elementos permitirá sentar os

cimentos do pensamento lóxico e utilizalo para resolver problemas sinxelos que na aula

preséntanse de forma guiada, e no entorno familiar e social aparecen de xeito natural.

Trataremos de estimular actuacións como o uso dos prismáticos, cámaras fotográficas,

materiais da contorna... para ensinar e sistematizar informacións cuxas conclusións deberán

ser cuidadosamente anotadas. Nesta liña situamos tamén os talleres de experimentación,

reflexión e comunicación.

Page 7: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

7

Contribuirase á mellora desta competencia deseñando unha práctica educativa que incida na

potenciación da comprensión e da expresión lingüística, da memoria, da motivación, da

observación, dos rexistros das aprendizaxes, do traballo cooperativo e por proxectos, da

resolución de problemas, posibilitando por parte dos nenos e nenas a planificación e

organización da tarefa que se vaia realizar, a selección e o tratamento da información a través

dos diferentes recursos tecnolóxicos.

Autonomía e Iniciativa Persoal

A educación emocional podería resumirse nos seguintes termos:

- Adquirir un mellor coñecemento das propias emocións.

- Identificar as emocións dos demais.

- Desenvolver a habilidade para regular as propias emocións.

- Previr os efectos das emocións negativas.

- Desenvolver a habilidade para xerar emocións positivas.

- Desenvolver a habilidade de automotivarse.

- Adoptar unha actitude positiva ante a vida.

Traballaremos con intensidade materiais que nos axuden á identificación das emocións, as

diversas formas de expresalas, así como tamén o mundo sensorial e de creatividade.

Poderase contribuír á mellora desta competencia cando se permita imaxinar, emprender

accións, desenvolver proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza e

responsabilidade.

Competencia Social E Cidadá

Os nenos e nenas deberían ter a posibilidade de desenvolver relacións sociais. Enfrontarse

coas súas propias emocións axudaralles a ser máis competentes nas súas interaccións sociais.

Esta competencia permite vivir en sociedade, comprender a realidade social do mundo no que

se vive e exercer a cidadanía democrática. Incorpora xeitos de comportamentos individual que

capacitan ás persoas para convivir nunha sociedade cada vez máis plural, relacionarse cos

demais, cooperar, comprometerse e enfrontar os conflitos. Adquirir esta competencia supón ser

quen de poñerse no lugar do outro, aceptar as diferenzas, ser tolerante e respectar os valores,

as crenzas, as culturas e a historia persoal e colectiva dos outros.

O noso proxecto terá en conta as relacións próximas: a familia, os amigos, os compañeiros, o

coñecemento das emocións e os sentimentos en relación cos demais, as actitudes de diálogo,

de resolución de conflictos dun xeito pacífico, e a reflexión sobre os mesmos. O traballo

Page 8: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

8

desplegado en habilidades e destrezas nesta competencia permitirá ao alumnado relacionarse

cos demais de forma cada vez máis equilibrado e satisfatoria, interiorizando progresivamente

as pautas de comportamento social e axustando a súa conduta a elas.

Así, dende a Educación Infantil contribuirase ao desenvolvemento desta competencia

traballando as habilidades sociais que permiten mediar nos conflitos de convivencia, axudan a

resolvelos con actitude constructiva e a tomar decisións con autonomía.

Competencia Cultural E Artística

Entendemos que a competencia cultural e artística supón comprender e valorar criticamente

diferentes manifestacións culturais e artísticas, empregalas como fonte de desfrute e

enriquecemento persoal e consideralas como parte do patrimonio cultural dos pobos.

Tal e como dicía Loris Malaguzzi, “El niño está hecho de cien; el niño tiene cien lenguajes…

cien mundos por descubrir, cien mundos por inventar”.

Na Educación Infantil contribuirase ao desenvolvemento desta competencia cando o centro

estea aberto ás diferentes manifestacións culturais e artísticas, converténdose nun espazo no

que se aprecie e goce coa arte e coas manifestacións culturais onde se potencie o emprego

dalgúns recursos da expresión artística para realizar creacións propias; onde se manteña unha

actitude aberta, respetuosa e crítica cara á diversidade artística e cultural e onde se impulse

cultivar a capacidade estética e creadora de cada criatura e o interese por participar na vida

cultural e contribuír á conservación do patrimonio.

Competencia Lingüística

A competencia lingüística debe de levar a nenos e nenas á práctica de múltiples linguaxes

como canles de comunicación: oralidade, debates, creacións, exposicións…

A denominación e a descrición de obxectos, elementos da natureza, de enclaves e situacións,

de referentes artísticos e culturais; a narración de vivencias personais, familiares e sociais; a

expresión verbal, plástica, musical e corporal destos coñecementos e os sentimentos que

desplegan resultan vitais para cooperar na potenciación da linguaxe.

Farémolo a través de múltiples e variados materiais e recursos lingüísticos: poemas, pareados,

contos clásicos e de autoría, iconos, retaílas e xogos. E a través de diferentes vías: oral,

escrita...

Page 9: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

9

Contribuirase á mellora da competencia lingüística dende a Educación Infantil fomentando a

participación, respetando a diversidade de respostas e ofrecendo un clima no que se anime a

ler, escribir e conversar.

Unha parte moi importante desta competencia é levar a cabo o desenvolvemento do Plano

Lector,que debe estar incluído nas rutinas diarias e organízase en función dun centro de

interés.

Competencia Matemática

Segundo Dolores Feixas, “Las matemáticas deben plantearse para trabajar problemas reales”.

As capacidades necesarias no ámbito das matemáticas inclúen:

- un bo coñecemento dos números, medidas e estruturas.

- operacións básicas.

- representacións matemáticas básicas.

- comprensión dos termos e conceptos matemáticos.

- coñecemento das preguntas as que as matemáticas poden dar resposta.

Entendemos esta competencia como a capacidade para enfrontarse con éxito ás situacións nas

que interveñen os números e as súas relacións, permitindo obter información efectiva

directamente ou a través da comparación, a estimación, e o cálculo mental ou escrito.

Pretendemos que as nenas e nenos actúen con confianza ante os números e as cantidades

para usalos sempre que sexa pertinente e necesario, e identificar as relacións que se dan entre

eles.

Abordaremos esta competencia a través do traballo constructivo empregando como medio

materiais do contorno, regletas, bloque lóxico, figuras de volume, texturas e formas... materiais

muy sensoriais.

Contribuirase á mellora da competencia matemática na Educación Infantil na medidad en que

os elementos e razoamentos matemáticos sexan empregados para enfrontarse ás situacións

cotiás e reais que o precisen.

Faremos unha introducción ao método ABN para a aprendizaxe das matemáticas.

Competencia No Coñecemento E A Interacción Co Mundo Físico

Esta competencia relaciónase co que Gardner chama intelixencia naturalista, e que define

como a capacidade de observar, investigar, realizar unha busca e formular hipóteses.

Page 10: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

10

Estas habilidades tenden ao achegamento ao que é real e tanxible, e non á abstracción. Tenta

desenvolver a habilidade para interactuar co mundo físico, tanto nos seus aspectos naturais,

coma nos xerados pola acción humana, de xeito que facilite a comprensión de sucesos, a

predición de consecuencias, e as actividades dirixidas á mellora e preservación das condicións

de vida propia, dos demais e do resto dos seres vivos.

Utilizaremos bits relacionados coa contorna, fichas de experimentación e talleres de crear e

xogar e sobre todo de vivenciar situacións reais da vida cotiá. As saídas complementarias e as

excursións temáticas contextualizan, ademais, a información vinculada a algunhas datas,

personalidades...

Contribuirase á adquisición desta competencia dende a Educación Infantil, iniciando ao

alumnado no pensamento científico, potenciando habilidades de investigación: formular

hipóteses, recoñecer evidencias, observar, formular interrogantes, descubrir alternativas,

verificar, predicir, xerar novas ideas e solucións...

Tratamento Da Información E Competencia Dixital

A competencia dixital conleva un uso seguro e crítico das tecnoloxías da sociedade da

información, e por tanto, o dominio das tecnoloxías da información e da comunicación.

Segundo o Dr. Pere Marqués “con independencia de los planteamientos psicopedagógicos de

cada docente, un buen uso didáctico de las TIC siempre enriquece los procesos de enseñanza-

aprendizaje”, como fonte de información, canle de comunicación e avaliación e autoavaliación.

Páxinas web específicas, blogs, portais educativos, programas como Clic, Ardora, Hot

potatoes, construirán fórmulas extraordinarias para axudar ao noso alumnado a construir esa

competencia.

Se dende a Educación Infantil queremos contribuir a mellorar esta competencia, é preciso que

se propoñan situacións nas cales sexa necesario resolver problemas reais, para o cal

recurrirase ao tratamento da información e ao uso dos recursos tecnolóxicos dispoñibles.

Page 11: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

11

4. CONTIDOS.

Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal

o Exploración do propio corpo identificando as súas características globais e

segmentarias.

o Identificación e aceptación progresiva das posibilidades e limitacións.

o Identificación das necesidades básicas do propio corpo para manifestalas e

controlalas axeitadamente.

o Regulación progresiva dos propios sentimentos e emocións. Gusto por

expresalos.

o Construción do propio esquema corporal a partir da interacción cos outros.

o Utilización dos sentidos para descubri-lo mundo que nos rodea.

o Valoración positiva da propia imaxe corporal e axeitamento dos movementos ás

actividades habituais.

o Observación directa dos cambios físicos propios e nos demais co paso do tempo.

o Respecto polas diferenzas e aceptación das características dos demais.

o Iniciación ás vivencias espacio-temporais respecto do propio Corpo.

o Identificación da identidade sexual.

o Mantenemento dunha actitude crítica respecto dos estereotipos.

o Participación activa en diferentes xgos propostos, axeitando a súa actividade ás

normas e controlando os seus movementos.

o Control progresivo do ton, do equilibrio e da respiración.

o Coordinación e control progresivo do propio corpo, dende a motricidade grosa á

fina.

o Gusto por participar nos xogos e divertirse con eles.

o Valoración dos xogos como medio para interactuar cos outros establecendo

vínculos con eles.

o Adquisición de nocións básicas de orientación e coordinación de movementos.

o Planificación da propia acción para a realización de distinas actividades da vida

cotiá.

o Establecemento de relacións de afecto cos adultos e cos iguais, desenvolvendo

habilidades sociais.

o Colaboración cos outros para levar adiante distintas actividades.

Page 12: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

12

o Desenvolvemento de hábitos de traballo, esforzo, organización, iniciativa e

atención.

o Gusto polo traballo ben feito.

o Interiorización de normas básicas de convivencia.

o Identificación das necesidades básicas do propio corpo desenvolvendo hábitos

saudables.

o Gusto por manterse ben alimentado e aseado.

o Iniciativa para descubrir e evitar situacións de perigo.

o Desenvolvemento de hábitos que permitan mante-los espazos en boas

condicións.

o Actitude crítica cara o consumo.

o Valoración da axuda dos outros.

Coñecemento do contorno.

o Exploración e manipulación de distintos obxectos do contorno descubrindo as

súas calidades e establecendo relacións entre eles.

o Observación de obxectos e materiais próximos e identificación dos seus usos e

funcións.

o Clasificación de obxectos aproximándose á cuantificación.

o Identificación de formas planas e tridimensionais e búsqueda das mesmas nos

elementos do contorno.

o Utilización dos números para identificar, contar, clasificar…

o Representación gráfica dos cardinais.

o Clasificación de obxectos segundo as súas características, usos e funcións.

o Realización de experimentos para descubri-lo comportamento de distintos

obxectos.

o Comparación, pesado, observación… e obxectos achegándose a distintas

magnitudes físicas.

o Descubrimento da medida.

o Orientación temporal mediante as actividades cotiás.

o Realización de series.

o Situación e localización de si mesmo e dos obxectos no espazo.

o Valoración do coñecemento matemático para comprende-la realidade.

o Observación directa dos elementos do contorno natural.

Page 13: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

13

o Observación e identificación das características dalgúns animais e plantas.

o Observación directa do ciclo vital dalgunhas plantas e animais.

o Distinción entre animais domésticos e salvaxes.

o Curiosidade, respecto e coidado dos elementos do medio natural.

o Participación activa no coidado do medio natural.

o Valoración positiva dos elementos do medio natural para a vida do home.

o Formulación de conxeturas sobre as causas e consecuencias dalgúns fenómenos

atmosféricos.

o Observación das modificacións ás que están sometidos os elementos do contorno

co paso do tempo.

o Identificación de obxectos, espazos e funcións relacionados coa casa e a escola.

o Identificación da familia e a escola como primeiros grupos sociais.

o Valoración positiva como membro dunha familia.

o Identificación e respecto polos distintos tipos de familias.

o Interese por participar na vida familiar e escolar.

o Interiorización e respecto polas normas elementais de convivencia.

o Observación do contorno natural e urbano: elementos, funcións e utilidade.

o Identificación e valoración de distintas profesións e a súa relación cos servizos

públicos.

o Clasificación de distintos tipos de transporte e identificación das súas

características.

o Interiorización e respecto polas normas de educación vial.

o Visión crítica das mensaxes dos medios de comunicación.

o Recoñecemento dalgúns sinais de identidade cultural do contorno.

Linguaxes: comunicación e representación

o Utilización das distintas linguaxes para manifestar ideas, sentimentos e emocións.

o Valoración da lingua oral para contar feitos, expresar ideas e sentimentos e para

interactuar cos outros.

o Enriquecemento do léxico con palabras novas relacionadas cos centros de

interese.

o Participación activa en situacións orais de comunicación coa precisión axeitada

respectando as normas que rixen os intercambios lingüísticos.

Page 14: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

14

o Utilización axeitada de formas socialmente establecidas para relacionarse cos

outros (saúdos, despedidas…)

o Iniciación en interaccións orais en lingua estranxeira.

o Lectura de imaxes.

o Descubrimento da linguaxe escrita como medio de comunicación, información e

disfrute.

o Diferenciación entre formas escritas e outras formas de expresión gráfica.

Identificación de palabras significativas.

o Percepción de diferenzas e semellanzas entre palabras.

o Iniciación no uso da lingua escrita.

o Interese por producir mensaxes con trazos cada vez máis precisos.

o Interpretación e reprodución de textos de tradición cultural: contos, poesías,

cancións...

o Interese e atención cara os textos de tradición cultural.

o Participación activa en xogos lingüísticos.

o Descubrimento e utilización da biblioteca con respecto e coidado, valorándoa

como recurso informativo, de entretenemento e disfrute.

o Utilización de distintas técnicas de expresión plástica para manifestar ideas,

sentimentos e emocións.

o Identificación das cores primarias e secundarias.

o Gozo cas obras artísticas.

o Exploración dos materiais, útiles e soportes da linguaxe plástica.

o Interpretación de distintos tipos de obras plásticas amosando interese polas

mesmas.

o Identificación e diferenciación entre ruído, son e silencio.

o Exploración das posibilidades sonoras da voz, do propio corpo, de elementos do

contorno e de instrumentos musicais.

o Discriminación de contrastes básicos: forte/frouxo, longo/curto, agudo/grave...

o Interpretación e expresión de vivencias musicais.

o Gusto polas audicións e actitude relaxada ante elas.

o Experimentación das posibilidades expresivas do propio corpo mediante xestos e

movementos.

o Interpretación das mensaxes transmitidas polos outros mediante o corpo;

expresión das propias.

Page 15: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

15

o Participación activa en actividades de dramatización, danzas, xogo simbólico e

outros xogos de expresión corporal.

o Identificación do uso de diferentes instrumentos e tecnoloxías como fontes de

información, expresión, aprendizaxe e comunicación.

o Achegamento a diferentes producións audiovisuais: películas, debuxos,

videoxogos...

o Valoración crítica do contido das producións audiovisuais.

o Uso moderado dos medios audiovisuais e das tecnoloxías da información e a

comunicación.

o Iniciación ó uso do ordenador, cámara fotográfica... en procesos creativos.

5. TEMPORALIZACIÓN

A metodoloxía empregada, baseada no traballo por proxectos, no que a motivación do

alumnado e as súas intereses serán as que marquen o ritmo e a duración das diferentes

temáticas a traballar dificultan poder establecer unha temporalización pechada. Cada

temática se traballará durante o tempo que se vaia considerando útil e motivador para o

alumnado, xa que estas temáticas serán unha ferramenta para acadar os contidos pero non

unha fin en si mesmas.

6. EDUCACIÓN EN VALORES

As razóns que xustifican a necesidade de tratar en profundidade a educación en valores, son

fundamentalmente pedagóxicas, sociais e legais. Pedagóxicas porque non existe outro xeito

de lograr a formación integral da persoa. Sociais porque nos últimos anos estanse a dar

unha serie de cambios moi significativos na vida das persoas e que preocupan ao conxunto

da sociedade e a escola é un contexto privilexiado en continuo contacto cos nenos e nenas

para fomentar certos valores, xa que é na infancia onde se van modelando as conductas e

tamén a idade na que se deben potenciar hábitos que favorezan un estilo de vida saudable.

Legais, xa que a LOE no seu Título Preliminar onde se establecen os principios e fins da

mesma, así como o D 330/2009 de 4 de xuño no seu artigo 3.3 faise claras referencias á

Educación en Valores.

Para que os nosos alumnos/as os interioricen e sexan capaces de facelos operativos,

desenvolvemos unha serie de estratexias tendo moi presentem que se aprenden sobre todo,

por imitación dos adultos. A educación en valores irá encamiñada a traballar temáticas

relativas a:

Page 16: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

16

EDUCACIÓN MORAL E CÍVICA: Traballaremos as normas de convivencia, axuda e

cooperación, que serán aplicadas, sonsolidadas e elexidas por todos os nenos/as e

colocaránse nun lugar visible da aula.

EDUCACIÓN PARA O CONSUMIDOR: Responsabilizando aos alumnos/as do cuidado do

material da clase e do centro.

EDUCACIÓN VIARIA: Dado que o obxectivo fundamental da educación viaria é a prevención

de accidentes, é necesario, inicialos no coñecemento dunhas normas establecidas,

necesarias para súa participación no ambiente urbano tanto coma peón, viaxeiro ou usuario

de vehículos.

EDUCACIÓN PARA A SAÚDE: Pretende fomentar nos nenos/as a adquisición de hábitos de

saúde. Foméntase o consumo de aliemntos sáns, así como tamén se traballa a temática

relativa á prevención de accidentes e identificación de situacións de perigo.

EDUCACIÓN PARA IGUALDADE ENTRE AMBOS SEXOS:A sociedade na que vivimos

asigna desde pequenos os nenos/as roles en función do sexo. Polo tanto no trabllo de aula

as responsabilidades serán asumidas indistintamente polos nenos/as evitando en todo

momento discriminación algunha por razón de sexo.

EDUCACIÓN AMBIENTAL: Aproximaremos os nosos alumnos/as ó medio natural,

realizando saídas ao contorno máis próximo sempre que sexa posible.Fomentaremos

actitudes de respeto e dialogaremos sobre as normas de comportamento cos seres que nos

rodean.

7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

Identificar o seu corpo e os elementos que o conforman.

Representar corpo.

Formarse unha imaxe positiva de si mesmo.

Controlar progresivamente o ton, a postura, o equilibrio, a respiración e a coordinación

motriz.

Identificar as súas capacidades e acepta-las limitacións propias.

Recoñecer os sentidos e identificar percepcións e sensacións.

Respectar as características diferenciais dos demais.

Participar en diferentes tipos de xogos e divertirse con eles.

Page 17: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

17

Realizar distintos desprazamentos.

Adquirir hábitos básicos de saúde, hixiene e coidado corporal.

Adquirir autonomía nas actividades habituais da vida cotiá.

Aceptar pequenas frustracións.

Solicitar axuda sempre que sexa preciso.

Aceptar e respecta-las opinións dos outros.

Desenvolver actitudes de axuda e colaboración.

Manipular obxectos para recoñece-las súas características principais.

Identificar algunhas propiedades e calidades dos obxectos.

Adquirir habilidades lóxico-matemáticas

Establecer relacións cuantitativas e cualitativas entre elementos e coleccións.

Identifica-las cores primarias e secundarias.

Empregar a serie numérica de maneira axeitada.

Asociar grafía e cantidade.

Adquirir nocións espaciais e temporais básicas.

Identificar formas planas e tridimensionais.

Identificar os criterios que segue unha serie.

Interiorizar e respectar as normas básicas dos grupos sociais dos que forma parte.

Percibir as formas sociais do tempo.

Ser autónomo nos espazos habituais.

Identificar as formas habituais de organización da vida humana.

Participar activamente nas actividades propostas na escola e no contorno.

Valorar a importancia do medio natural.

Page 18: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

18

Desenvolver actitudes e respecto e coidado cara o medio natural.

Identificar as características dalgúns seres vivos.

Valorar e identifica-las relacións entre animais e plantas e os beneficios que aportan ó

home.

Apreciar os cambios que se producen no contorno nas diferentes estacións do ano.

Interiorizaras normas básicas de educación vial.

Participar activamente e valora-las festas tradicioinais.

Axeitar a linguaxe oral ás diferentes situacións comunicativas.

Respectar as normas básicas dos intercambios lingüísticas.

Expresar desexos, sentimentos, emocións e vivencias mediante distintos medios de

comunicación e expresión.

Interpretar e reproducir textos de tradición cultural: contos, poesías, cancións, retahílas.

Amosar interese por textos escritos.

Ler, interpretar e reproducir imaxes.

Comprende-la idea dos textos lidos, contados e cantados na aula e das mensaxes dos

outros.

Empregar axeitadamente o vocabulario.

Relatar feitos, contos e vivencias ordenados axeitadamente.

Interesarse pola linguaxe escrita.

Iniciarse no mundo da lectura e da escritura.

Experimentar e empregar distintas técnicas e materiais de expresión plástica.

Valorar e respecta-las producións plásticas dos outros.

Controla-lo trazo.

Participar activamente en bailes, dramatizacións...

Page 19: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

19

Emprega-las posibilidades expresivas do corpo.

Manter o equilibrio do propio corpo.

Desprazarse polo espazo de diferentes formas.

Discriminar os contrastes básicos do son.

Relaxarse coas audicións.

Identificar algúns instrumentos musicais.

Iniciarse no uso das distintas tecnoloxías da comunicación.

Manter unha actitude crítica cara as mensaxes emitidas polos medios de comunicación.

8. METODOLOXÍA

8.1 PRINCIPIOS METODOLÓXICOS

A organización do proceso de ensinanza-aprendizaxe farase tendo en conta dous

principios:

o aprendizaxe significativa

o enfoque globalizado

o traballo por proxectos

A aprendizaxe significativa farase tendo en conta:

1. Pártese do nivel de desenvolvemento do alumno-a e razoamento (posibilidades de

aprendizaxe) á hora de planifica-las actividades de ensinanza.

2. Necesidade de asegura-la construción de aprendizaxes significativas. As aprendizaxes

que se presentan como novas estarán significativamente relacionadas co que os

alumnos xa saben, de tal maneira que os novos contidos poidan ser asimilados e

integrados na súa estrutura cognitiva e que estas aprendizaxes poidan ser utilizadas en

circunstancias da súa vida normal.

3. Necesidade de que os alumnos-as realicen aprendizaxes significativas por si solos de

forma individual, que se supón unha memorización comprensiva de tal maneira que a

Page 20: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

20

memoria non é recordo do aprendido, senón punto de partida para realizar novas

aprendizaxes: os alumnos aprenden a aprender.

Utilizaremos todo tipo de estratexias variadas para facilita-lo seu desenvolvemento

autónomo e a adquisición de procedementos e actitudes básicos que favorezan dita

autonomía na aprendizaxe.

4. Necesidade de actividade por parte do alumno-a como base tanto para a construción do

coñecemento como para o seu desenvolvemento afectivo e psicomotor. Distinguiremos

dous tipos de actividades: o que o alumno é capaz de facer e aprender con axuda dos

demais ( mestra-nenos ) e o que é capaz de facer el só. Posteriormente poderá facelo e

aprendelo só.

Enfoque globalizador

Aplicarase un enfoque globalizador dado que este parece o máis indicado para que os

alumnos-as realicen aprendizaxes significativas. Xa que os nenos aprenden polas relacións

múltiples entre o que xa saben os nenos e o que se pretende que aprendan.

Os contidos estarán agrupados en centros de interese como conxunto de nocións,

actividade e exercicios que deben aprender e realizados en torno a un tema significativo e

interesante para o neno/a tratando de busca-las condutas que máis interesen ó neno-a no

nivel concreto no que se atopa para encauza-la súa actividade.

Traballo por proxectos

Dende unha perspectiva construtiva e considerando a formación integral como un obxectivo

primordial na educación infantil, traballamos seguindo a metodoloxía de proxectos.

Un proxecto é a investigación dun tema que atrae o interese do colectivo da asemblea, de feito

baséase nas ideas que xorden da asemblea de nenos e nenas. Eles e elas elixen o tema e son

tamén os máis implicados na busca da información: son os protagonistas do seu propio

traballo.

Na asemblea os nenos e nenas expresan os seus intereses, curiosidades e inquedanzas;

formulan preguntas, respóndenas; buscan entre todos a solución lóxica aos problemas. É un

medio para que nós, as mestras, comprendamos un pouco máis o mundo do neno, e nela

poñémonos á escoita para saber realmente que é o que o neno sabe, o que quere aprender e o

que aprende.

Page 21: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

21

O proxecto implica a toda a comunidade educativa: aos nenos e nenas, aos mestres e mestras,

e ás familias, pois todos axudan a aportar información e datos para a investigación. Tanto o

mestre ou mestra como a familia son recursos indispensables no desenvolvemento dos

proxectos.

Esta metodoloxía implica tódalas areas de expresión, e polo tanto globalizadora. Cos proxectos

os nenos e nenas aprenden a aprender de todo e de todos, dos acertos e dos erros… E así

deixándoos falar é como seleccionamos os temas que imos estudar nas nosas aulas.

Un proxecto remata cando remata a motivación.

A primeira fase do proxecto é pois o establecemento na asemblea do tema a estudar e a

formulación daqueles aspectos concretos que máis nos interesan; a través de preguntas e

intercambio de ideas espontáneas. Aquí xorde a motivación como motor do proceso de

aprendizaxe.

Nesta fase apréndese a:

A falar sen medo, a facer o ridículo, a expresarnos nas distintas áreas.

A escoitar e atender aos demais cando falan e se expresan, como a nós nos gustaría

que nos escoitaran e atenderan.

A dinámica dunha asemblea: falar por turno, pedir a palabra, gardar e manterse nunha

postura axeitada e gardar silencio cando corresponda.

A respectar as ideas dos demais, aínda que sexan diferentes ás nosas.

A centrarse no tema da asemblea, non falar de calquera cousa.

Ensinar, mostrar... distintos materiais, libros, contos… que aportamos nas investigacións

e a razoar porque está relacionado co noso proxecto e porque me gustou traelo…

Ser capaces de sintetizar ao remate da asemblea as ideas principais do que falamos.

Levar unha asemblea, facer de moderador, dar a palabra… normalmente cada día

tócalle a un alumno ou alumna da clase, que é o protagonista do día.

A segunda fase consiste na investigación directa, a través de observacións, exploracións,

recopilacións, discusións… A clase énchese de obxectos singulares, fotografías, películas,

recortes de revistas, libros, debuxos, construcións, modelados… É nesta fase onde as familias

Page 22: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

22

entran no proceso, axudando aos seus fillos e fillas investigar, a debuxar, a escribir, a

escoitar… mentres os seus coñecementos afondan e medran.

Nesta fase apréndese a:

A buscar información encol do proceso que estamos a desenvolver en libros, revistas,

contos, recortes, xoguetes, murais, cancións, xogos…

A expoñer esa información aos demais membros da nosa aula, incluso da comunidade

educativa.

A realizar distintos tipos de actividades: recortar, picar, pintar, pegar, escribir, ler…

A dar importancia á escritura e á lectura.

A pedir a axuda doutras persoas nas busca de información.

A colaborar cos demais e traballar en equipo.

A respectar as exposicións que poida haber na aula e colaborar na súa preparación…

A terceira fase á a posta en común de todo o traballado, exposicións de traballo, murais,

poemas, contos, libriños… para extraer conclusións e sintetizar e reelaborar a información.

Avalíase o aprendido e compárase co que sabíamos sobre o tema ao comezar o proxecto.

Pensamos se foron respondidos todos los interrogantes formulados. Se así foi e o interese dos

nenos e nenas comeza a dispersarse cara a outros temas damos por rematado o proxecto.

Nesta fase aprendese a:

A observar ao noso arredor e seleccionar os aspectos relacionados co noso proxectos.

A aprender de todo e de todos, aspecto moi importante nas distintas técnicas de estudo.

A motivarnos nas distintas áreas de expresión e coa axuda dos distintos materiais que

imos aportando.

A respectar e respectarnos, tanto a nós mesmos como aos demais, aos materiais…

A manter a atención, porque tratamos aspectos que nos interesan e que nós mesmos

imos investigando.

Page 23: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

23

A concentrarnos nas distintas actividades porque son lúdicas e todos participamos e

logo expoñemos.

A ser creativos, porque non hai un resultado final imposto.

A participar no noso propio ensino.

A ter unha disciplina de método (un xeito de actuar) que logo seremos capaces de

extrapolar fóra da escola.

En resumo: a ser democráticos porque os proxectos xorden por maioría.

O valor da asemblea é tal, que sen ela non existiría a metodoloxía por proxectos. É onde

participamos, expoñemos as ideas, e aprendemos. Ten a características de enriquecer ou

empobrecer un tema. É máis importante que os materiais. Se a asemblea non funciona o

proxecto fracasa.

8.2. ESPAZOS.

Os espazos das aulas de Educación Infantil organizaranse tendo en conta as

características dos nenos e nenas; así os espazos estarán dispostos:

- ao servizo dos intereses e necesidades do grupo ou do neno-a.

- ao servizo da diversidade infantil.

- claramente delimitados de maneira natural e sen artificios.

- en lugares apropiados.

- serán amplos se é posible, motivadores, dinámicos e funcionais.

- favorecedores de xogo individual ou en grupo.

Non podemos esquecer que o ambiente será sempre de afecto e confianza de maneira

que os nenos e nenas se sintan cómodos, seguros e acollidos.

A organización das aulas será por recantos o que vai favorece-la interacción dos

nenos/as entre si de modo que podemos ter:

RECANTO DOS CONTOS (Biblioteca de aula )

RECANTO DO XOGO SIMBÓLICO.

Page 24: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

24

RECANTO DA LÓXICA-MATEMÁTICA

RECANTO DAS CONSTRUCIÓNS.

Así como diferentes recantos que se poidan crear en función das distintas situacións diarias

que se presenten.

8.3. TEMPOS

Estableceranse unhas rutinas estables ó longo da xornada escolar para que os nenos/as

se poidan sentir seguros e queridos. Haberá tempo de rutinas, tempo de actividades

específicas, tempo de xogos...

O tempo estará organizado tendo en conta:

a idade dos nenos-as.

o respecto polo seu desenvolvemento psico-evolutivo.

a atención das necesidades, intereses e motivacións do neno/a

os ritmos individuais.

á distribución espacial.

a organización xeral do centro.

os ritmos, frecuencias e rutinas de forma equilibrada.

a adaptación e a flexibilidade.

as entrada e saídas dos profesores de inglés, relixión, apoio e psicomotricidade.

9. MATERIAIS E RECURSOS.

Os materiais cumprirán os requisitos de :

- seguridade

- solidez.

- axeitados ó seu nivel de desenvolvemento real.

- atractivos e interesantes..

- suxestivos que inciten e potencien a actividade infantil.

Page 25: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

25

- variados, suficientes en número e con posibilidade de usos múltiples, xogos e

experiencias.

Os materiais curriculares están seleccionados en función dos contidos e das

características e necesidades do noso contexto educativo.

10. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

Existen toda unha gama de diferenzas individuais, por iso a individualización na

ensinanza debe constituír unha das principias metas de educación. Adaptarase a práctica

educativa ós nenos e nenas destas idades, tendo en conta as necesidades persoais, os

intereses, o estilo cognitivo, o ritmo, proceso de maduración...

Se houbera algún problema contamos co asesoramento do Departamento de Orientación,

co que se tomarían as medidas necesarias axeitadas a cada caso.

O centro conta cun protocolo de adaptación ao medio escolar para o alumnado que se

incorpora por primeira vez ao mesmo, co obxectivo de favorecer a integración no grupo e

diminuír a ansiedade que se produce deixar o entorno familiar e entrar na escola. Afecta

fundamentalmente aos nenos e nenas de 4º de E.I.

A concepción da escola como grupo humano implica a aceptación da diversidade do alumnado

que enriquece o labor educativo. Esta aceptación supón por parte dos educadores e

educadoras, unha análise e reflexión sobre o seu grupo de alumnos e alumnas e así como

aceptar que cada un deles ten os seus propios intereses, as súas capacidades, necesidades,

motivacións e estilos de aperendizaxe.

Co fin de garantir a equidade a nova Lei de educación aborda os grupos de alumnos e alumnas

que requiren unha atención educativa diferente á ordinaria por presentar alguna necesidade

específica de apoio educativo e, así mesmo, establece os recursos precisos para acometer

esta tarefa co obxectivo de lograr a súa plena inclusión e integración.

A etapa de Educación Infantil ten un marcado carácter preventivo e compensador. Dada a

grande importancia da atención temperá é preciso unha máxima atención e unha actuación

coordinada, especialmente en relación aos nenos e nenas con necesidades educativas

especiais.

A resposta á diversidade dos nenos /as incluirá as axudas paedagóxicas que poidan precisar

ao longo desta etapa e, sempre que sexa posible dentro do marco escolar ordinario.

Page 26: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

26

11. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN.

De acordo coa lexislación vixente, orde do 25 de xuño de 2009 ( D.O.G. 10-07-09 ) pola

que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo da

educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, a avaliación está concibida como un

instrumento regulador, orientador e autocorrector do proceso educativo.

A avaliación será unha práctica habitual e permanente, formará parte do proceso

educativo e será global, continua e formativa.

A finalidade da avaliación non é a selección dos alumnos senón a verificación

permanente dos procesos educativos coa intención de melloralos, por iso farase unha

observación directa e sistemática como técnica principal da avaliación, a cal se expresará

sempre en termos cualitativos.

A información ás familias da evolución do neno/a farase en entrevista cando así o

soliciten e por escrito coa entrega ó final de cada trimestre dun boletín informativo que recolle

as capacidades de aprendizaxe e o seu progreso na adquisición ou perfeccionamento das

mesmas.

Os modelos e informes de avaliación axustaranse ó indicado na orde xa mencionada.

Procedementos para avaliar a propia programación:

Establécense unhas táboas de dobre entrada elaboradas a partir dos criterios de avaliación que

teñen como referente os aspectos que establece o artigo 20.6 da Orde de 25 de xuño de 2009:

-Existe coherencia entre a realidade, os obxectivos xerais, actividades e metodoloxía?

-Responden os obxectivos ás necesidades e intereses dos nennos e os contidos seleccionados

son axeitados?.

-Executáronse as actividades como se pretendía e os nenos disfrutaron con elas?

-A participación e colaboración coa familia é a esperada?

-As relaións mestre-alumno e familias, son de calidade?

-As relacións entre os mestres do mesmo ciclo, son de calidade e prodúcense con

regularidade?. Existe coordinación entre ciclos?

Page 27: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

27

-Utilizáronse os materiais e recursos axeitados? Foron motivadores, suficientes e seguros?

12. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias, terá entre outros estes

obxectivos.

- Fomenta-la participación do profesorado en actividades que complementen o currículo.

- Planificar, cos profesores de cada equipo, as actividades propostas no Plan de Centro.

- Axudar ao alumnado a adquirir unha diversidade de experiencias e unha comprensión

fundamental do medio natural social e cultural

- Potenciar unha relación positiva e armónica dos alumnos co seu medio

- Favorecer actitudes de comprensión, respeto, tolerancia e convivencia.

- Desenvolver aspectos non contemplados no currículo e que propicien o desenvolvemento

integral do alumnado.

- Servir de nexo de unión entre o centro e o mundo exterior, acercando ao alumno ao seu

entorno e estimulando o seu interés polo coñecemento e a cultura.

Ademais de participar nas actividades propostas polo equipo, realizadas a nivel centro, desde o

equipo de ciclo propoñeremos outras como a celebración da vendimia, e diferentes saídas

como unha visita ao planetario e á casa das ciencias.

13. CONCRECIÓN DO PLAN DE CONVIVENCIA.

A súa concreción está condicionada polos obxectivos elixidos neste centro. Este plan permite

facer consciente ao alumnado da importancia de respetar as normas e regular a súa conducta

posto que unha convivencia positiva incide directamenta na mellora das relacións persoais de

todo o centro.

Moitos dos aspectos a desenvolver no Plan de Convivencia para Educación Infantil trataranse

mediante actividades lúdicas,de prevención e de aproximación á lectoescritura xa que a

linguaxe nos axuda a regular as conductas.

Algúns dos obxectivos son:

-Desenvolver habilidades de resolución de conflictos.

-Mellorar a relación das familias co centro.

Page 28: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

28

-Fomentar a educación para a igualdade.

-Traballar a tolerancia e a frustración.

-Fomentar a responsabilidade.

-Respetar a diversidade evitando calquer discriminación.

-Crear un ambiente óptimo de convivencia entre o alumnado, pais e mestres.

Os contidos e actividades no noso ciclo serán as normas, rutinas, orden, habilidades sociais,

tarefas e responsabilidades, uso do material, causas e consecuencias dos nosos actos…,

sendo fundamental o traballo cooperativo e fomentando a aprendizaxe significativa na que o

neno/a será o verdadeiro protagonista.

14. CONCRECIÓN DO PLAN DE NOVAS TECNOLOXÍAS.

Intentaremos introducir gradualmente as novas tecnoloxías como recursos usuais da aula.

OBXECTIVOS:

- Utilizar o ordenador e a PDI como reforzo do desenvolvemento de habilidades

visomotoras, óculo-manuais, actividades discriminatorias e iniciación ao trazo da grafía.

- Potenciar a atención, concentración, orientación espacial e temporal, e a memoria

visual.

- Manexar programas adecuados: en local e na rede.

- Utilizar as TICS como un recurso educativo máis, integrándoas na aula, para mellorar o

proceso de ensinanza-aprendizaxe en todas as áreas.

- Empregar a PDI como recurso curricular.

- Aprender a programar un pequeno robot -tBee bo.,secuenciando correctamente,

mediante comandos( avanzar, retroceder, xirar..) as instruccions que debe seguir o robot

para chegar a un destino

Page 29: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

29

- Fomentar a utilización do ordenador como un recurso que favoreza a adquisición de

coñecementos, destrezas e habilidades.

- Potenciar a integración do alumnado con NEAE.

- Favorecer o enfoque cooperativo.

- Ampliar e reforzar aprendizaxes realizados na aula.

CONTIDOS:

- Partes do equipo: pantalla, rato, altofalantes, CD, escáner, impresora...

- Funcionamento, normas, manexo: encendido, apagado, movementos do rato...

- Linguaxe iconográfico-visual: iconos de acceso a programas.

- Uso da PDI: funcionamento, programas...

- Manexo básico de programas: Word (escribir palabras, números, cambios de cor...),

paint...

- Utilización dun navegador e dun buscador (usar as ferramentas do mesmo: google

maps, google view....)

- O robot e os seus comandos e alfombra de cuadrícula.

METODOLOXÍA:

- Levaremos a cabo unha forma de traballo activa, onde o alumnado se sinta protagonista

da súa propia experiencia de aprendizaxe.

- Pretenderemos que o uso dos ordenadores e da PDI se xeneralice no noso quefacer

diario, que os nenos os usen coa mesma facilidade que calqueira outro recurso da aula,

de unha forma progresiva, aumentando continuamente o coñecemento das posibilidades

que estes recursos ofrecen.

- Intentaremos que se faga un uso significativo deste recurso, que os nenos sintan que

lles é útil para aprender.

- Traballaremos dunha forma lúdica para despertar así o seu interese.

Page 30: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

30

- As actividades comezarán cun nivel de iniciación, para recordar os coñecementos e

para aquéles que non dispoñan de este material na casa, seguindo cun nivel de

desenvolvemento que permitan o coñecemento e manexo dos diferentes programas

educativos selecionados para eles, así como o uso dos elememtos periféricos que

proporcionarán a aprendizaxe de novas técnicas para podela utilizar nas nosas

actividades cotiás, enriquecendo o noso traballo da aula. Deste xeito, e ao longo da súa

vida escolar no centro, irán traballando nun nivel de perfecionamento para un maior

enriquecemento no uso destes medios.

- Realizaremos diferentes tipos de agrupamentos dependendo das necesidades propias e

das actividades selecionadas, integrando a súa utilización coma un recurso máis da

aula: gran grupo para actividades de motivación, síntese, búsquedas na PDI...;

pequenos grupos ou individuais en talleres para o desenvolvemento de capacidades

creativas e nalgunhas actividades coa pantalla dixital a nivel reforzo ou ampliación; co

grupo clase de xeito individualizado e persoal...

ACTIVIDADES:

- Relacionadas coa unidade didáctica que se traballa

- Relacionadas coa metodoloxía dos rechunchos

- Relacionadas cos talleres

AVALIACIÓN:

- Avaliación inicial, para saber o nivel de coñecementos e utilización do ordenador por

parte do alumnado e profesorado

- Avaliación continua, para revisar a adecuación dos programas aplicados aos nenos e

aos obxectivos e contidos propostos

- Avaliación final, na que o profesorado intercambiará a información máis significativa

para valorar a idoneidade da metodoloxía o tempo ...

15. PLAN LECTOR

Centrarémonos no desenvolvemento técnico das capacidades lectoras e na motivación.A

motivación é fundamental, por iso buscaremos lecturas lúdicas, creativas e motivadoras. Non é

Page 31: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

31

ler por ler, se non un entrenamento intencional de todas as habilidades necesarias para o acto

lector.

Destacaremos en Educación Infantil a lectura de contos, que son unha das ferramentas máis

importantes que temos. Será un elemento motivador que axudará a recrear a linguaxe. Servirá

tamén para motivar a súa necesidade de dialogar cos outros e adquirir vocabulario.

Presentaremos o maior número de contos, que axuden aos nenos a favorecer a súa

imaxinación e fantasía, a súa memoria, concentración e participación.

Estimularemos así non só a capacidade de dialogar senón tamén a de escoitar. Tamén

axudarán a educar socialmente ao neno, ao mesmo tempo que se forman coma individuos

satisfactoriamente en cnto as súas necesidades cognitivo-afectivas.

OBXECTIVOS:

- Ampliar a comprensión lectora, non só na área lingüística, senón en todas as áreas.

- Propiciar que o alumnado pase de ser lector pasivo a activo.

- Potenciar o uso da Biblioteca da Aula e do Centro.

- Desenvolver a memoria.

- Ir ampliando progresivamente o vocabulario.

- Apreciar o valor dos textos e utilizar a lectura como fonte de disfrute e información, á

vez que de enriquecemento persoal.

- Comprender distintos tipos de textos adaptados á súa idade.

- Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de

expresión.

- Iniciarse na lectoescritura como medio de comunicación, información e goce.

- Acercarse na medida das posibilidades ao uso das tecnoloxias de información e da

comunicación.

METODOLOXÍA:

Page 32: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

32

Durante este tempo de lectura, que é o tempo para ler por o pracer de ler, os nenos poderán

escoller libremente o libro da súa preferencia.

Ler textos entretidos e interesantes que non necesariamente terminen nunha actividade de

reforzo, axuda moito a involucrar aos nenos na actividade lectora.

O xogo será un elemento motivador. Xogos variados, individuais e colectivos, con metodoloxía

concreta e cun tempo adecuado, tendo sempre en conta os obxectivos que queremos

conseguir: velocidade, memoria, comprensión...

As TICS serán a través do ordenador e da PDI un material idóneo en canto a motivación e

creatividade: presentando, elaborando, colgando producións tanto doutros como as nosas

propias...

Así, os nenos poderán expresar as súas impresións a través de diferentes actividades lúdicas,

como cando invitamos ás familias á aula, para que compartan actividades de lectura cos seus

fillos, co que creamos así un clima de seguridade e confianza ademais de axudar a fomentar a

socialización.

Fomentaremos tamén a responsabilidade e a autonomía cando promovemos o préstamo de

libros a domicilio cada semana.

ACTIVIDADES:

- Lectura de imaxes (nombrar a imaxe, sons vocálicos, sons fonéticos consonánticos...)

- Exercicios de recordo

- Contacontos

- Explicación dos contos

- Iniciación á lectura de contos

- Actividades lectoras relacionadas con momentos significativos (Día do Libro,

aniversarios, Constitución, datas significativas para o centro...)

- Visita a algunha Biblioteca e coñecer o seu funcionamento

- Invitar a algún autor dos libros leídos

Page 33: PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O … · 2021. 1. 8. · PROGRAMACION EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-20 CPI. O CRUCE – CERCEDA ... resúmese na seguinte cita

33

- Implementar a biblioteca da aula: campaña de recoleción de libros, elaborar libros

propios, ...

- Uso da biblioteca do centro e de aula.

- Libros para a casa. Da seleccion de libros da biblioteca que se teñen como prestamo de

aula, os nenos poderan levar un libro a casa para ler en familia.

AVALIACIÓN:

Irá enfocada a detectar as disfuncións que se produzan na súa aplicaciòn para reformulalo en

caso necesario. A súa utilidade radicará na consecución dos obxectivos establecidos.

Como instrumentos de avaliación teremos:

- Observación directa

- Probas de avaliación de habilidade e competencia lectora do alumnado.tod