programaciÓn didÁctica da materia de francÉs de 1º … filepresentaciÓn do proxecto as...

40
1 PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA DE FRANCÉS DE 1º BACHARELATO IES Rosais 2 Programación 1ºBACH 2017-2018 Página 1

Upload: phamdat

Post on 25-Sep-2018

225 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

1

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA

DE FRANCÉS

DE 1º BACHARELATO

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 1

CURSO 2017/ 2018

ÍNDICE

Presentación do proxecto......................................................páx. 4

a) Introdución e contextualización........................................páx. 4

b) Contribución ao desenvolvemento das competencias clave. Concreción que recolla a relación dos estándares de aprendizaxe avaliables da materia que forman parte dos perfís competenciais................................páx. 4

c) Concreción dos obxectivos para o curso...........................páx. 8

d) Concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable de temporalización, grao mínimo de consecución para superar a materia e procedementos e instrumentos de avaliación..................................................páx. 10

e) Concrecións metodolóxicas que require a materia..........páx. 31

f) Materiais e recursos didácticos que se vaian a utilizar......páx.31

g) Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado p.32

h) Indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente...páx. 36

i) Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes..........................................................................páx. 42

j) Organización dos procedementos que lle permitan ao alumnado acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias, no caso do bacharelato páx.42

k) Deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se poidan adoptar como consecuencia dos seus resultados....................páx. 42

l) Medidas de atención a diversidade...................................................páx.42

m) Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso que corresponda.........................................................................................páx. 43

n) Actividades complementarias e extraescolares programadas por cada departamento didáctico......................................................................páx. 43

ñ) Mecanismos de revisión, avaliación e modificación das programacións didácticas en relación cos resultados académicos e procesos de mellora..........................páx.43

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 2

PRESENTACIÓN DO PROXECTO

As programacións didácticas de francés segunda lingua estranxeira do curso 2017- 2018 contemplan xa a implantación da Lomce en todos os cursos de ESO e en 1º e 2º de Bacharelato.

A) INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DA PROGRAMACIÓN.

1.-Alumnado de francés no IES Rosais 2

A programación do curso 2017-2018 vai dirixida ao alumnado da ESO e ao alumnado de1º e 2ºde Bacharelato. Os alumnos e as alumnas, agás os de 1º de ESO e 1º de Bacharelato proceden , na meirande parte, do mesmo centro (Rosais2). Promocionaron a materia a gran maioría, temos un alumno pendente de 1º ESO e outro de 3º de ESO.

O francés impartese como segunda lingua estranxeira en 1º (3 grupos), 2º (3 grupos), 3º (2 grupos) e 4º de ESO (2 grupos) , 1º de Bacharelato (2 grupos) e ungrupo de 2º de Bacharelato como segunda lingua. En 1º , 3º de ESO e 1º de bacharelato, o alumnado pode optar a facer alemán en vez de francés, pero aíndaasí, hai dúas clases moi numerosas, (algunhas de 28 alumnos). Hai algúns exentos en 1º e 3º de ESO

As clases de francés son impartidas por Ana Mª de Jesús Labrador Castro, e Mª Teresa Bouzón Gómez, xefa de seminario, as dúas profesoras con destino definitivo no centro. Non hai desdobres nas clases numerosas, en 1º e 2º de ESO . Temos varios alumnos de nacionalidades diferentes . En 1º curso de ESO hai varios alumnos que teñen dificultades de comprensión, por eso estase analizando a súa situación para que asistan a reforzo doutras materias e declaralos exentos da segunda lingua estranxeira.

Tocante aos alumnos de Bacharelato, os de 1º proceden de diferentes colexios concertados desta cidade, e pola proba inicial pódese deducir, como media, que teñen un nivel de francés oral e escrito bastante bo.

O libro de texto que utilizamos nos cursos da ESO é o método da editorial Santillana “PARACHUTE 1, 2, 3 e 4”

En 1º de Bacharelato (so temos francés 2ª lingua), traballamos co libro de texto“C´EST À DIRE”(A2) (ed. Santillana) .

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 3

B) CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE. CONCRECIÓN QUE RECOLLA A RELACIÓN DOS ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVAILABLES DAMATERIA QUE FORMAN PARTE DOS PERFIS COMPETENCIAIS.

Segundo a recomendación do Parlamento Europeo e do Consello do 18 de decembro de 2006 sobre as competencias clave para a aprendizaxe permanente, identificaronse as seguintes competencias:

Comunicación lingüística

A competencia en comunicación lingüística é o resultado da acción comunicativa dentro de prácticas sociais determinadas, nas que o individuo actúa con outros interlocutores e a través de textos en diversas modalidades, soportes e formatos.

Esta competencia significa poder comunicarse nunha lingua estranxeira e así enriquecer as relación sociais e desenvolverse en contextos distintos ao propio.

Tamén se favorece o acceso a diversas fontes de información, comunicación e aprendizaxe.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

A competencia matemática e as competencias básicas en ciencia e tecnoloxía inducen e fortalecen algún aspectos esenciais da formación das persoas. A competencia matemática implica a capacidade de aplicar o razonamento matemático e as súas ferramentas para describir, interpretar e predicir distintos fenómenos no seu contexto.

Esto require coñecementos sobre os números, medidas e estruturas, así como dasoperación e as representacións matemáticas, e a comprensión dos termos e conceptos matemáticos.

As competencias básicas en ciencia e tecnoloxía proporcionan un acercamento ao mundo físico e a interacción responsable con el desde accións orientadas á conservación e mellora do medio natural , decisivas para a protección e mantemento da calidade de vida e o progreso dos pobos. Estas competencias contribúen ao desenrolo do pensamento científico.

Estas competencias capacitarán ao alumnado para identificar, plantear e resolversituacións da vida cotiá, persoal e social.

Competencia dixital

A competencia dixital implica o uso creativo, crítico e seguro das tecnoloxías da información e a comunicación para alcanzar os obxectivos relacionados co traballo, a empleabilidade, a aprendizaxe, a utilización do tempo de lecer , a inclusión e a participación na sociedade. Esta competencia supón:

-un conxunto novo de coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para ser competente nun entorno dixital.

-require de coñecementos relacionados coa linguaxe específica básica: textual, numérica, icónica, visual, gráfica e sonora , así como as súas pautas de decodificación e transferencia.

-supón o acceso ás fontes e o procesamento da información e o coñecemento dosdereitos e as liberdades que asisten ás persoan no eido dixital.

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 4

d) Aprender a aprender

A competencia de aprender a aprender é fundamental para a aprendizaxe permanente que se produce ao longo da vida e que ten lugar en distintos contextos formais, non formais e informais . Esta competencia se caracteriza pora habilidade para iniciar, organizar e persistir na aprendizaxe. Esto esixe a capacidade para motivarse por aprender. Esta motivación depende de que se xenere a curiosidade e a necesidade de aprender, de que o estudante se sinta protagonista do proceso e do resultado da súa aprendizaxe e finalmente de que chegue a alcanzar as metas de aprendizaxe propostas e que se produza nel una percepción de auto-eficacia.

En canto á organización e xestión da aprendizaxe, a competencia de aprender a aprender require coñecer e controlar os propios procesos de aprendizaxe para axustalos aos tempos e as demandas das tarefas e actividades que conducen á aprendizaxe. A competencia de aprender a aprender leva a una aprendizaxe cadavez máis eficaz e autónomo.

e) Competencias sociais e cívicas

As competencias sociais e cívicas implican a habilidade e capacidade para utilizar os coñecementos e actitudes sobre a sociedade na súa concepción dinámica, cambiante e complexa para interpretar fenómenos e problemas sociais, para elaborar respostas, tomar decisións e resolver conflictos, interactuar con outras persoas e grupos conforme a normas basadas no respecto mutuo e convicións democráticas.

Trátase de aunar o interés por por afondar e garantir a participación no funcionamento democrático da sociedade e preparar ás persoas para exercer a cidadanía democrática e participar plenamente na vida cívica e social.

f) Sentido de iniciativa e espíritu emprendedor

Esta competencia implica a capacidade de transformar as ideas en actos. Esto significa adquirir conciencia da situación a intervir ou resolver e saber elexir, planificar e xestionar os coñecementos, destrezas ou habilidades e actitudes necesarios con criterio propio para alcanzar o obxectivo previsto.

Esta competencia está presente nos ámbitos persoal, social, escolar e laboral nos que se desenvolven as persoas , permitindo o desenvolvemento das súas actividades e o aproveitamento de novas oportunidades. Constitúe a base de outras capacidades e coñecementos máis específicos e inclúe a conciencia dos valores éticos relacionados.

A formación dos estudantes debe incluír coñecementos e destrezas relacionados coas oportunidades de carreira e o mundo do traballo, a educación económica e financeira e o coñecemento da organización e os procesos empresariais, así como o desenvolvemento de actitudes que favoreza a iniciativa emprendedora, a capacidade de pensar de form creativa, de xestionar o risco e de manexar a incerteza.

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 5

g) Sensibilidade e expresións culturais

Esta competencia implica coñecer, comprender, apreciar e valorar con espíritu crítico, actitude aberta e respectuosa, as diferentes manifestacións culturais e artísticas, utilizalas como fonte de enriquecemento e disfrute persoal e consideralas como parte da riqueza e patrimonio dos pobos. Esta competencia incorpora un compoñente expresivo referido á propia capacidade estética e creadora e ao dominio daquelas capacidades relacionadas cos diferentes códigos artísticos e culturais , para podelas utilizar como medio de comunicación e expresión persoal.

Implica tamén manifestar interés pola participación na vida cultural e por contribuír á conservación do patrimonio cultural e artístico, tanto da propia comunidade como de outras comunidades.

Relación dos estándares de aprendizaxe:

Comprensión de textos orais

Nas actividades da aula, persevera no seu proceso de comprensión, axustándoos ás necesidades da tarefa e mellorándoo e inferindo o que non se comprende mediante os propios coñecementos e as experiencias doutras linguas.

Capta os puntos principais e os detalles salientables de mensaxes gravadas ou deviva voz, que conteñan instruccións, indicacións ou outra información estruturada, sempre que poida volver a escoitar o dito ou pedir confirmación

Comprende nunha conversa formal ou entrevista na que participa, información relevante de carácter habitual e predecible sobre asuntos prácticos no ámbito educativo sempre que poida pedir que se lle repita ou que se reformule, aclare ouelabore algo do que se lle dixo.

Entende o que se lle di en transaccións e xestións cotiás e estruturadas, e os puntos principais e as informacións relevantes cando se lle fala directamente en situacións menos habituais pero predecibles , sempre que poida volver a escoitaro dito.

Comprende nunha conversa informal na que participa, opinións xustificadas e articuladas a unha velocidade lenta ou media , sobre asuntos cotiás ou de interese persoal, así como a expresión de sentimentos sobre aspectos concretos de temas habituais ou de actualidade e se a persoa interlocutora está disposta a repetir ou reformular o dito.

Identifica os aspectos máis importantes en presentacións sobre temas coñecidos ou do seu interese nos ámbitos persoal e educativo . E de programas informativos, documentais... cando o discurso está ben estruturado e articulado con claridade nunha variedade estándar da lingua , e con apoio de imaxe.

Produción de textos orais

Fai presentacións ensaiadas previamente , breves e con apoio visual, sobre aspectos concretos de temas educativos sinxelos do seu interese , organizando a información básica nun esquema coherente e ampliándoa con algúns exemplos, e respondendo a preguntas sinxelas de oíntes sobre o tema tratado..

Toma parte en conversas formais ou entrevistas de carácter educativo ou ocupacional sobre temas moi habituais, intercambiando información relevante sobre feitos concretoso, pedindo instrucións ou solucións a problemas prácticos,

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 6

expresando os seus puntos de vista e xustificando as súas accións, opinións e plans.

Desenvólveses coa sufiiente eficacia en situacións cotiás e menos habituais pero

predicibles que poden xurdir durante unha viaxe ou estadía noutros países por motivos persoais ou educativos, e utiliza estratexias de comunicación lingüísticas e xestos apropiados.

Participa en conversa informais sobre asuntos cotiás, nas que intercambia información e se expresan e xustifican opinións brevemente ; narra e describe feitos sinxelos ocorridos no pasado ou expresa plans de futuro; fai suxestións; pide e dá indicacións e instrucións; expresa e xustifica sentimentos de xeito sinxelo; describe con certo detalle aspectos concretos de temas de actualidade moi coñecidos ou de interese persoal ou educativo.

Comprensión de textos escritos

Identifica a información máis importante en textos xornalísticos do xénero informativo, en calquera soporte, breves e ben estruturados e que traten temas xerais e coñecidos ou traballados previamente , e capta as ideas principais de artigos divulgativos sinxelos, cunha linguaxe moi clara e un uso moi limitado detecnicismos, sobre temas do seu interese.

Entende o sentido xeral e os puntos principais de anuncios e comunicacións sinxelos de carácter público, institucional ou corporativo, que conteñan instrucións e indicacións de carácter previsible, claramente estruturados , relacionados con asuntos do seu interese persoal ou educativo.

Identifica a información máis importante en instrucións sobre o uso de aparellos ou ou de programas informáticos de uso habitual, o sobre a realización de actividades e normas de seguridade ou de convivencia no ámbito público e educativo.

Identifica en lecturas adaptadas as liñas xerais do argumento, o carácter dos personaxes e as características do lugar e o tempo en que se desnvolven.

Comprende correspondencia persoal breve e sinxela na que se describen e narranfeitos e experiencias, impresións e sentimentos, e se intercambian información e opinións sobre aspectos concretos de temas xerais, coñecidos o do seu interese.

Entende o esencial de correspondencia formal institucional ou comercial sobre asuntos que poden xurdir mentres organiza ou realiza unah viaxe ao estranxeiro.

Entende información específica relevante en páxinas web e outros materiais de referencia ou consulta claramente estruturados, que conteñan mapas, fotografías,imaxes, videos ou animacións que axuden á comprensión sobre temas relativos amateria s educativas ou asuntos relacionados cos seus intereses.

Produción de textos escritos

Escribe correspondencia persoal na que describe experiencias e sentimentos; narra de forma lineal, actividades e experiencias presentes e pasadas; intercambia informacións e opinións sobre temas concretos nas súas áreas de interese persoal ou educativo.

Completa un cuestionario con información persoal, educativa ou ocupacional cunha finalidade específica.

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 7

Escribe notas, anuncios, mensaxes e comentarios breves, nos que solicita e transmite información e opinións sinxelas, respectando as convencións e as normas de cortesía.

Escribe correspondencia formal básica e breve , dirixida á institucións públicas ou privadas ou entidades comerciais , na que pide ou dá información, ou solicita un servizo, respectando as convencións formais e normas de cortesía máis comúns neste tipo de textos cunha presentación limpa e ordenada.

Escribe, nun formato convencional, informes expositivos moi breves e sinxelos nos que dáinformación esencial sobre un tema educativo, facendo breves descricións e narrando acontecementos seguindo un esquema sinxelo.

Coñecementos da lingua, e consciencia intercultural e plurilingüe

Produce léxico e estruturas básicas intelixibles no oral e na escrita, e trazos fonéticos qe distinguen fonemas e utiliza con eficacia comunicativa patróns básicos de ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases.

Utiliza adecuadamente as convencións orais e escritas e amosa respecto e interese polas diferenzas culturais que poidan existir.

Nas actividades de aula, pode explicar o proceso de produción de textos e de hipóteses de de significados grazas ao coñecemento doutras linguas.

Participa en proxectos relacionados cos temas transversais, evita estereotipos culturais e lingüísticos.

Comprende e comunica o propósito solicitado na tarefa ou ligado a situacións de

necesidade da aula, utilizando as estruturas sintáctico-discursivas e o léxico do seu nivel escolar.

CONCRECIÓN DOS OBXECTIVOS PARA O CURSO

OBXECTIVOS XERAIS PARA 1º BACHARELATO

1) O Bacharelato ten como finalidade proporcionarle ao alumnado formación, madurez intelectual e humana , coñecementos e habilidades que lles permitan desenvolver función sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia. Capacitará ao alumnado para acceder á educación superior.

2) O Bacharelato contribuirá a desenvolver nos alumnos as capacidades que lles permitan:

a) Exercer a cidadanía democrática, desde una perspectiva global, e adquirir una conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española así como plos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construcción dunha sociedade xusta e equitativa.

b) Consolidar unha madurez persoal e social que lles permita actuar de forma responsable e autónoma e desenvolver o seu espíritu crítico. Prever e resolver pacificamente os conflitos persoais , familiares e sociais.

c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres , analizar e valorar criticamente as desigualdades existentes e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas con discapacidade.

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 8

d) Afianzar os hábitos de lectura , estudo e disciplina, como condicións necesarias para o eficaz aproveitamento da aprendizaxe , e como medio de desnvolvemento persoal.

e) Dominar, tanto na súa expresión oral como escrita, a lingua castelá e no seu caso, a lingua cooficial da súa comunidade autónoma.

f) Expresarse con fluidez e corrección nunha o máis linguas estranxeiras.

g) Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías de información e comunicación.

h) Coñecer e valorar críticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora da súa contorna social.

i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e dominar as habilidades básicas propias da modalidade elixida.

j) Comprender os elementos e procedementos fundamentais da investigación e dos métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e a tecnoloxía no cambio das condicións de vida , así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao medio ambiente.

k) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade,

iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico.

l) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural.

m) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social.

n) Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria.

O obxectivo para o curso de 1º de Bacharelato é adquirir o nivel A2 dentro do Marco Europeo común de referencia para as linguas.

O obxectivo é desenvolver nos estudantes as competencias comunicativas , a capacidade de interpretar e e expresar conceptos, sentimentos, feitos e opinións oralmente e por escrito, de interactuar de maneira apropiada nun ambiente francófono, en situacións da vida social e cultural, da educación e formación e do lecer .

CONCRECIÓN PARA CADA ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE AVALIABLES

Temporalización1º de Bacharelato ( 2 horas semanais) repaso do estudiado o ano pasado, (0, 1) unidades no primeiro trimestre, ( 2,3) unidades no segundo trimestre e (4,5) unidades no terceiro trimestre do libro “C´est- à-dire” (A2 ).

Estándares de aprendizaxe de 1º de Bacharelato

Comprensión de textos orais

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 9

Nas actividades de aula, persevera no seu proceso de comprensión , facendo anticipacións do que segue e inferindo o que non se comprende e o que non se coñece mediante os propios coñecementos e as experiencias doutras linguas.

Capta os puntos principais e os detalles salientables de mensaxes que conteñan instrucións, indicacións ou outra información claramente estruturada, sempre que poida volver escoitar o dito ou pedir confirmación.

Comprende, nunha conversa formal ou entrevista na que participa, información relevante de carácter habitual e predecible sobre asuntos prácticos no ámbito educativo, sempre que poida pedir que se lle repita ou que se reformule, aclare ou elabore algo do que se lle dixo.

Entende o que se di en transaccións e xestións cotiás e estruturadas, e os puntos principais e a información relevante cando se lle fala directamente en situacións menos habituais, pero predicibles, sempre que poida volver a escoitar o dito.

Comprende nunha conversa informal opinións xustificadas e claramente articuladas a unha velocidade lenta ou mediai, sobre asuntos cotiás ou de interese persoal, así como a expresión de sentimentos sobre asectos concretos detemas habituais ou de actualidade, e se a persoa interlocutora está disposta a repetir o dito.

Identifica os aspectos mási importantes en presentacións sobre temas coñecidos ou do seu interese nos ámbitos persoal e educativo; e de programas informativos, documentais, entrevistas, anuncios publicitarios e programas de entretemento, cando o discurso está ben estruturado e articulado con claridade nunha variedade estándar da lingua, e con apoio da imaxe.

Produción de textos orais

Fai presentacións ensaiadas previamente , breves e con apoio visual, sobre aspectos concretos de temas educativos sinxelos do seu interese , organizando a información básica nun esquema coherente e ampliándoa con algúns exemplos, e respondendo a preguntas sinxelas de oíntes sobre o tema tratado..

Toma parte en conversas formais ou entrevistas de carácter educativo ou ocupacional sobre temas moi habituais, intercambiando información relevante sobre feitos concretoso, pedindo instrucións ou solucións a problemas prácticos, expresando os seus puntos de vista e xustificando as súas accións, opinións e plans.

Desenvólveses coa suficiente eficacia en situacións cotiás e menos habituais pero predicibles que poden xurdir durante unha viaxe ou estadía noutros países por motivos persoais ou educativos, e utiliza estratexias de comunicación lingüísticas e xestos apropiados.

Participa en conversa informais sobre asuntos cotiás, nas que intercambia información e se expresan e xustifican opinións brevemente ; narra e describe feitos sinxelos ocorridos no pasado ou expresa plans de futuro; fai suxestións; pide e dá indicacións e instrucións; expresa e xustifica sentimentos de xeito sinxelo; describe con certo detalle aspectos concretos de temas de actualidade moi coñecidos ou de interese persoal ou educativo.

Comprensión de textos escritos

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 10

Identifica a información máis importante en textos xornalísticos do xénero informativo, en calquera soporte, breves e ben estruturados e que traten temas xerais e coñecidos ou traballados previamente , e capta as ideas principais de artigos divulgativos sinxelos, cunha linguaxe moi clara e un uso moi limitado detecnicismos, sobre temas do seu interese.

Entende o sentido xeral e os puntos principais de anuncios e comunicacións sinxelos de carácter público, institucional ou corporativo, que conteñan instrucións e indicacións de carácter previsible, claramente estruturados , relacionados con asuntos do seu interese persoal ou educativo.

Identifica a información máis importante en instrucións sobre o uso de aparellos ou ou de programas informáticos de uso habitual, o sobre a realización de actividades e normas de seguridade ou de convivencia no ámbito público e educativo.

Identifica en lecturas adaptadas as liñas xerais do argumento, o carácter dos personaxes e as características do lugar e o tempo en que se desnvolven.

Comprende correspondencia persoal breve e sinxela na que se describen e narranfeitos e experiencias, impresións e sentimentos, e se intercambian información e opinións sobre aspectos concretos de temas xerais, coñecidos o do seu interese.

Entende o esencial de correspondencia formal institucional ou comercial sobre asuntos que poden xurdir mentres organiza ou realiza unah viaxe ao estranxeiro.

Entende información específica relevante en páxinas web e outros materiais de referencia ou consulta claramente estruturados, que conteñan mapas, fotografías,imaxes, videos ou animacións que axuden á comprensión sobre temas relativos amateria s educativas ou asuntos relacionados cos seus intereses.

Produción de textos escritos

Escribe correspondencia persoal na que describe experiencias e sentimentos; narra de forma lineal, actividades e experiencias presentes e pasadas; intercambia informacións e opinións sobre temas concretos nas súas áreas de interese persoal ou educativo.

Completa un cuestionario con información persoal, educativa ou ocupacional cunha finalidade específica.

Escribe notas, anuncios, mensaxes e comentarios breves, nos que solicita e transmite información e opinións sinxelas, respectando as convencións e as normas de cortesía.

Escribe correspondencia formal básica e breve , dirixida á institucións públicas ou privadas ou entidades comerciais , na que pide ou dá información, ou solicita un servizo, respectando as convencións formais e normas de cortesía máis comúns neste tipo de textos cunha presentación limpa e ordenada.

Escribe, nun formato convencional, informes expositivos moi breves e sinxelos nos que dáinformación esencial sobre un tema educativo, facendo breves descricións e narrando acontecementos seguindo un esquema sinxelo.

Coñecementos da lingua, e consciencia intercultural e plurilingüe

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 11

Produce léxico e estruturas básicas intelixibles no oral e na escrita, e trazos fonéticos qe distinguen fonemas e utiliza con eficacia comunicativa patróns básicos de ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases.

Utiliza adecuadamente as convencións orais e escritas e amosa respecto e interese polas diferenzas culturais que poidan existir.

Nas actividades de aula, pode explicar o proceso de produción de textos e de hipóteses de de significados grazas ao coñecemento doutras linguas.

Participa en proxectos relacionados cos temas transversais, evita estereotipos culturais e lingüísticos.

Comprende e comunica o propósito solicitado na tarefa ou ligado a situacións de

necesidade da aula, utilizando as estruturas sintáctico-discursivas e o léxico do seu nivel escolar.

CONTIDOS

Unidade 0: RetrouvaillesCoñecementos

Funcións comunicativas

-Reutilización de contidos presentados en C’EST À DIRE ! A1, en particular:

Comunicar en francés na aula.

Facer preguntas.

Presentarse.

Presentar a alguén.

Estruturas sintácticas

Reutilización de contidos presentados en C’EST À DIRE ! A1.

Léxico

Reutilización de contidos presentados en C’EST À DIRE ! A1.

Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación - Relación

son/grafía

Reutilización de contidos presentados en C’EST À DIRE ! A1.

Estratexias de aprendizaxe (comprensión)

Relacionar o francés e a lingua propia.

Retomar a conciencia da distancia que existe en francés entre oral e escrito.

Valorar esta primeira unidade atípica como medio de autoavaliación, coavaliación e avaliación inicial.

Aspectos culturais e sociolingüísticos

Saúdos e fórmulas de cortesía.

Personaxes franceses coñecidos (espectáculo).

Aptitudes e destrezas comunicativas

Comprensión de textos orais

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 12

Comprender globalmente unha conversación telefónica (dúas amigas pregúntanse polas súas vacacións).

Comprender mensaxes gravadas nun contestador telefónico: diferenciar a súa natureza (profesional ou non, pregravado ou deixado por un particular nunha ocasión singular).

Produción de textos orais: expresión e interacción

Expresión

Facer o seu autorretrato en tres frases.

Interacción

Facerlles preguntas aos interesados e detectar inexactitudes.

Presentarse e preguntarlles aos compañeiros da clase por aspectos da súa personalidade, para detectar afinidades.

Interactuar para resolver un enigma.

Comprensión de textos escritos

Comprender correos electrónicos para poder asociar unha mensaxe inicial e a resposta correspondente.

Comprender retratos de persoas coñecidas redactados en forma de adiviña e poder identificar a foto do personaxe descrito.

Produción de textos escritos

Escribir un autorretrato-adiviña sobre os modelos anteriores.

Actitudes

Demostrar unha actitude positiva cara á aprendizaxe do francés e á comunicación en xeral.

Entender a necesidade de comprender e de utilizar a lingua dunha maneira positiva e socialmente responsable.

Competencias claves

Competencia lingüística

Comprobar que a aprendizaxe será útil para facer cousas: relacionarse na aula e fóra, ler mensaxes para informarse ou para comunicarse.

Comprobar que non se poden facer cousas, comunicar sen adquirir coñecementos nin pararse en aspectos formais.

Competencias sociais e cívicas

Afianzar a confianza nun mesmo: aceptar o proceso de aprendizaxe, considerar a clase como un lugar en que un pode achegar tanto como recibir e,por tanto, ver reforzada o autoestima.

Participar e compartir a experiencia colectiva da aprendizaxe: aceptar obxectivos comúns, traballar en parella ou nun grupo pequeno, respectar as opinións (motivacións para estudar francés).

Respectar as normas da clase e fomentar a sociabilidade dentro da aula: saúdos, fórmulas de cortesía (entre alumnos, co profesor).

Aceptar a diversidade cultural: comprender outros códigos sociais (saúdos e rexistros).

Aprender a aprender

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 13

Sacar proveito dunha (co)avaliación inicial.

Véxase punto 5: estratexias.

Sentido da iniciativa e espírito emprendedor

Reflexionar sobre varias razóns para estudar francés ligadas á mellora da situación profesional: aumentar as posibilidades de atopar un emprego, obter un posto no estranxeiro, estudar nun país francófono, integrar un sector internacional.

Unidade 1: PortraitsCoñecementos

Funcións comunicativas

Describir unha persoa.

Formular definicións.

Chamar a atención de alguén.

Expresar a ignorancia ou a certeza.

Felicitar, consolar, animar a alguén.

Estruturas sintácticas

Presente de indicativo (repaso).

Futuro simple (repaso).

Imperativo (repaso).

Colocación dos adverbios.

Léxico

Aparencia física.

Roupa.

Carácter.

Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación - Relación

son/grafía

Patróns sonoros

Entoacións e acento de insistencia.

Son/grafía

Acento fonético/acento tónico.

Estratexias de aprendizaxe (comprensión e produción)

Comprensión

Comprender de maneira global un documento relativamente extenso.

Identificar nun texto as estruturas e formulacións que serven para determinados actos de fala.

Produción

Aprender a autoavaliarse (avaliación inicial).

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 14

Aspectos culturais e sociolingüísticos

Saúdos en diferentes países francófonos.

Historia de apelidos franceses, normativa.

Aptitudes e destrezas comunicativas

Comprensión de textos orais

Comprender globalmente un programa radiofónico: tipoloxía, obxectivo, contido xeral.

Afinar a comprensión para poder comentar a personalidade das persoas descritas no programa.

Produción de textos orais: expresión e interacción

Expresión

Describir (físico e personalidade) a unha persoa da contorna familiar.

Interacción

Describir a persoas sen dicir a súa identidade/resolver as adiviñas.

Describir problemas interpersoais e pedir/dar consellos.

Tarefa final: descubrir a personalidade dos demais a través de xogos.

Comprensión de textos escritos

Identificar a natureza de varios testemuños persoais publicados en Internet e extraer as informacións principais.

Produción de textos escritos

Redactar e ilustrar unha ficha descritiva dun personaxe famoso.

Actitudes

Valorar a importancia da atención e concentración na escoita de documentos orais.

Desenvolver actitude positiva ante o traballo colaborativo (tarefa final).

Competencias clave

Competencia lingüística

Comprobar que a aprendizaxe serve para desenvolver habilidades sociais: establecer relación con persoas, preguntar por unha persoa, darse a coñecer…

Comprobar que non se poden facer cousas, comunicar sen adquirir coñecementos nin pararse en aspectos formais.

Véxase máis arriba a descrición dos obxectivos desta unidade 1:

- Coñecementos.

- Competencias comunicativas, destrezas.

Actitude (reforzo da actitude positiva, aberta e responsable cara ao papel das palabras e da comunicación).

Competencias sociais e cívicas

Afianzar a confianza nun mesmo: considerar a clase como un lugar en que un pode achegar tanto como recibir e, por tanto, ver reforzada o autoestima.

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 15

Participar e compartir a experiencia colectiva da aprendizaxe: aceptar obxectivos comúns, traballar en parella ou nun grupo pequeno, respectar as opinións. Participar de maneira positiva en xogos e tarefas colaborativas.

Respectar as normas da clase e fomentar a sociabilidade dentro da aula: saúdos, fórmulas de cortesía (entre alumnos, co profesor).

Aceptar a diversidade cultural: comprender outros códigos sociais (saúdos e rexistros).

Aprender a aprender

Véxase punto 5: estratexias.

Sentido da iniciativa e espírito emprendedor

Exercer o sentido da organización, dentro do grupo e para un mesmo, nunha tarefa colaborativa final.

Competencia dixital

Dentro da aprendizaxe, tanto nas actividades de recepción como para as de produción,apreciar e respectar as características dos textos e mensaxes, segundo a canle e formato.

Para realizar as actividades de produción, sistematizar a procura de información e documentación en Internet: diferenciar con criterio sitios persoais de opinión (blogs, por exemplo) e sitios oficiais.

Uninidade 2: PéripétiesCoñecementos

Funcións comunicativas

Pedirlle a alguén que conte algo.

Contar algo.

Pedir e dar precisións.

Manifestar a súa preocupación.

Propor e prestar axuda.

Estruturas sintácticas

Pasado composto.

Pronomes relativos: qui, que, où (repaso); dont.

Léxico

Actividades cotiás.

Incidentes.

Resolución de problemas.

Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación - Relación

son/grafía

Patróns sonoros

As vogais (repaso).

Estratexias de aprendizaxe (comprensión e/ou produción)

Comprensión

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 16

Identificar nun texto as estruturas e formulacións que serven para determinados actos de fala.

Produción

Compensar a falta de vocabulario.

Coavaliar as producións de grupo.

Aspectos culturais e sociolingüísticos

A afección dos franceses pola bricolaxe.

Aptitudes e destrezas comunicativas

Comprensión de textos orais

Comprender unha anécdota, o sentido literal e a comicidade da situación.

Produción de textos orais: expresión e interacción

Expresión

Contar unha anécdota de vacacións a un veciño.

Interacción

Xogo de rol:

Por teléfono, pedir explicacións/explicar un atraso, pedir/ofrecer axuda.

- Por teléfono, pedir explicacións /explicar un atraso, pedir desculpas.

- Pedir cita nun taller de coches.

Tarefa final: interactuar para organizar a tarefa, presentar os traballos de maneira colectiva, avaliar conxuntamente.

Comprensión de textos escritos

Comprender un artigo de prensa dixital sobre a repartición das tarefas do fogar, a partir dun testemuño.

Comprender o testemuño de dúas persoas nun correo de lectores.

Produción de textos escritos

Contestar a correos de dúas persoas nunha revista.

Tarefa final: crear un folleto, con informacións prácticas sobre a súa cidade.

Actitudes

Manifestar espírito crítico ante os estereotipos.

Competencias clave

Competencia lingüística

Comprobar que a aprendizaxe serve para desenvolver as habilidades sociais máis variadas: resolver problemas, informar…

Comprobar que non se poden facer cousas, comunicar sen adquirir coñecementos nin pararse en aspectos formais.

Véxase máis arriba a descrición dos obxectivos desta unidade 2:

Coñecementos.

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 17

Competencias comunicativas, destrezas.

Actitude (reforzo da actitude positiva, aberta e responsable cara ao papel das palabras e da comunicación).

Competencias sociais e cívicas

Repartir as tarefas e obrigacións no fogar.

Participar e compartir a experiencia colectiva da aprendizaxe: aceptar obxectivos comúns, traballar en parella ou nun grupo pequeno.

Participar de maneira positiva nunha tarefa final colaborativa.

Aprender a aprender

Véxase punto 5: estratexias.

Sentido da iniciativa e espírito emprendedor

Desenvolver actitudes positivas ante situacións adversas, resolver problemas.

Exercer o sentido da organización, dentro do grupo e para un mesmo, nunha tarefa colaborativa final.

Competencia dixital

Dentro da aprendizaxe, tanto nas actividades de recepción como para as de produción,apreciar e respectar as características dos textos e mensaxes, segundo a canle e formato.

Para realizar as actividades de produción, sistematizar a procura de información e documentación en Internet: diferenciar con criterio sitios persoais de opinión (blogs, por exemplo) e sitios oficiais.

Unidade 3: Souvenirs

Coñecementos

Funcións comunicativas

Facer descricións, situar feitos no pasado.

Contar feitos pasados, facer un relato.

Dar a súa opinión.

Facer unha apreciación.

Felicitar a alguén.

Estruturas sintácticas

O imperfecto.

A oposición imperfecto/pasado composto.

O pluscuamperfecto.

Léxico

As idades da vida.

Parentescos.

Lecer.

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 18

Vida escolar.

Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación - Relación

son/grafía

Patróns sonoros

Os sons [b], [d], e [g].

Son/grafía

As grafías correspondentes.

Estratexias de aprendizaxe (comprensión e/ou produción)

Comprensión

Identificar nun texto as estruturas e formulacións que serven para determinados actos de fala.

Produción

Mellorar a produción escrita.

Coavaliar as producións dos compañeiros, con criterios claros.

Aspectos culturais e sociolingüísticos

Os ritmos escolares en Francia.

O baccalauréat.

Aptitudes e destrezas comunicativas

Comprensión de textos orais

Comprender unha conversación: as informacións principais e algúns detalles.

Produción de textos orais: expresión e interacción

Expresión

Evocar a súa infancia, contar como era un.

A partir dunha foto de viaxe, lembrar a situación e os acontecementos.

Contar a historia persoal dun reencontro.

Interacción

Felicitar a alguén por teléfono.

Comparar cun compañeiro a formación académica recibida, comentar.

Tarefa final: a partir dunha foto de viaxe, lembrar a situación e os acontecementos e contestar a preguntas.

Comprensión de textos escritos

Comprender a entrevista dunha actriz publicada nunha revista: información principal edetalles.

Produción de textos escritos

Facer unha entrevista a unha persoa real ou ficticia, redactando preguntas e respostas

Actitudes

Adoptar actitude xenerosa ante as producións dos compañeiros.

Competencias clave

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 19

Competencia lingüística

Comprobar que a aprendizaxe serve para aprender a desenvolver competencias sociaisen diversos soportes, oralmente ou por escrito, de maneira informal ou a través da literatura, para darse a coñecer, coñecer mellor a alguén…

Comprobar que non se poden facer cousas, comunicar sen adquirir coñecementos nin pararse en aspectos formais.

Véxase máis arriba a descrición dos obxectivos desta unidade 3:

- Coñecementos.

Competencias comunicativas, destrezas.

Actitude (reforzo da actitude positiva, aberta e responsable cara ao papel das palabras e da comunicación).

Competencias sociais e cívicas

Participar e compartir a experiencia colectiva da aprendizaxe: aceptar obxectivos comúns, traballar en parella ou nun grupo pequeno.

Participar de maneira positiva nunha tarefa final colaborativa.

Adoptar actitude xenerosa ante as producións dos compañeiros, pero seguindo criterios: por exemplo, no momento de coavaliar unha tarefa final.

Conciencia e expresión artísticas

Valorar a calidade dun texto literario.

Aprender a aprender

Véxase punto 5: estratexias.

Sentido da iniciativa e espírito emprendedor

Exercer o sentido da organización, dentro do grupo e para un mesmo, nunha tarefa colaborativa final.

Competencia dixital

Dentro da aprendizaxe, tanto nas actividades de recepción como para as de produción,apreciar e respectar as características dos textos e mensaxes, segundo a canle e formato.

Para realizar as actividades de produción, sistematizar a procura de información e documentación en Internet: diferenciar con criterio sitios persoais de opinión (blogs, por exemplo) e sitios oficiais.

Unidade 4: Transformations Coñecementos

Funcións comunicativas

Interromper a alguén.

Pedir consellos.

Facer recomendacións.

Pedir e dar precisións.

Expresar emocións e sentimentos.

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 20

Estruturas sintácticas

A expresión do lugar.

O futuro anterior.

A negación.

A restrición.

Léxico

Ordenación urbana.

Cambios persoais.

Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación – Relación son/grafía

Patróns sonoros

Consoantes en posición final.

Son/grafía

Fundamental diferenza entre oral/escrito, francés/castelán, por exemplo:

consoantes finais escritas que poden soar ou non; vogais finais escritas que poden soarou non.

Estratexias de aprendizaxe (comprensión e/ou produción)

Comprensión

Identificar nun texto as estruturas e formulacións que serven para determinados actos de fala.

Como sacar o significado de palabras novas.

Produción

Como coavaliar as producións de grupo.

Aspectos culturais e sociolingüísticos

A cidade belga de Liège.

A evolución do papel dos pais.

A evolución dos medios de comunicación (teléfono, redes sociais…)

Aptitudes e destrezas comunicativas

1) Comprensión de textos orais

Identificar diferentes tipos de documentos. Comprendelos globalmente e avaliar o estado de ánimo dos locutores.

2) Produción de textos orais: expresión e interacción

Expresión

Tarefa final: presentar unha proposta na asemblea dunha ONG dedicada a pensar o mañá.

Interacción

Xogos de rol:

- Nunha visita guiada da escola, do barrio… desempeñar o papel de guía ou de turista.

- Preguntar por teléfono a un amigo polo seu lugar de residencia e as características domesmo antes de mudarse. Pedir e dar consellos.

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 21

Consultar a un especialista sobre un cambio de imaxe persoal.

Contar unha experiencia de cambio de vida radical, persoal ou dun coñecido.

Tarefa final: reflexionar e debater sobre o futuro, facer propostas para sometelas a unha asociación non gobernamental.

3) Comprensión de textos escritos

Comprender un extracto literario: comprender as informacións principais e interpretar os sentimentos da narradora.

4) Produción de textos escritos

Escribir un texto persoal, en que se presenta un lugar ligado á infancia e se analizan os sentimentos pasados e actuais ligados ao mesmo.

Actitudes

Adoptar criterios obxectivos para avaliar as producións dos compañeiros.

Competencias clave

Competencia lingüística

Comprobar que a aprendizaxe serve para aprender a desenvolver competencias lingüísticas en diversos soportes e diversas situacións: cara a cara/teléfono, televisión, foros virtuais…

Comprobar que non se poden facer cousas, comunicar sen adquirir coñecementos nin pararse en aspectos formais.

Véxase máis arriba a descrición dos obxectivos desta unidade 4:

- Coñecementos.

- Competencias comunicativas, destrezas.

- Actitude (reforzo da actitude positiva, aberta e responsable cara ao papel das palabras e da comunicación).

Competencias sociais e cívicas

Desenvolver compromiso con ONG ou outros foros de reflexión sobre o futuro, ou das cidades en particular.

Participar e compartir a experiencia colectiva da aprendizaxe: aceptar obxectivos comúns, traballar en parella ou nun grupo pequeno.

Participar de maneira positiva nunha tarefa final colaborativa.

Adoptar actitude xenerosa, pero tamén obxectivamente racional ante as producións dos compañeiros, pero seguindo criterios: por exemplo, no momento de coavaliar unha tarefa final.

Aprender a aprender

Véxase punto 5: estratexias.

Sentido da iniciativa e espírito emprendedor

Exercer o sentido da organización, dentro do grupo e para un mesmo, nunha tarefa colaborativa final.

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 22

Competencia dixital

Dentro da aprendizaxe, tanto nas actividades de recepción como para as de produción,apreciar e respectar as características dos textos e mensaxes, segundo a canle e formato.

Para realizar as actividades de produción, sistematizar a procura de información e documentación en Internet: diferenciar con criterio sitios persoais de opinión (blogs, por exemplo) e sitios oficiais.

Unidade 5: Que d’émotions ! Coñecementos

Funcións comunicativas

Expresar emocións e sentimentos.

Compadecerse de alguén, consolalo e animalo.

Estruturas sintácticas

Subxuntivo presente.

A comparación (repaso).

Léxico

Emocións.

Defectos e virtudes.

O amor.

Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación - Relación

son/grafía

Patróns sonoros

As vogais nasais.

Son/grafía

Transcrición dos sons en que se centra a unidade.

Estratexias de aprendizaxe (comprensión e/ou produción)

Comprensión

Identificar nun texto as estruturas e formulacións que serven para determinados actos de fala.

Produción

Como expresar sentimentos.

Como coavaliar as producións de grupo.

Aspectos culturais e sociolingüísticos

Representantes da canción francesa, de hoxe e de onte.

Aptitudes e destrezas comunicativas

Comprensión de textos orais

Comprender as respostas de 3 persoas entrevistadas sobre calidades e defectos da xente: comprensión global e fina.

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 23

Comprender globalmente a letra de cancións, apreciar as correspondencias letra/música/ritmo…

Produción de textos orais: expresión e interacción

Expresión

Expresar a súa propia opinión sobre calidades e defectos da xente.

Contar unha experiencia persoal de alegría ou felicidade.

Tarefa final: redactar unha mensaxe de petición de axuda ante un problema persoal.

Interacción

Xogos de rol:

Animar a un amigo que está deprimido.

Telefonar a un amigo para pedirlle perdón por un momento de intransixencia.

Contar a un compañeiro unha experiencia persoal de medo, comentar.

Falar da súa familia e comparar cos compañeiros.

Entrevistar os compañeiros/contestar a preguntas sobre a arte de gozar da vida.

Comprensión de textos escritos

Comprender un extracto literario: información principal e detalles.

Comprender letras de cancións, apreciando as características do estilo.

Tarefa final: comprender mensaxes nun blog de axuda psicolóxica.

Produción de textos escritos

Relatar unha experiencia persoal de malentendido causado por diferenzas culturais.

Actitudes

Adoptar criterios obxectivos para avaliar as producións dos compañeiros.

Competencias clave

Competencia lingüística

Comprobar que a aprendizaxe serve para aprender a desenvolver competencias lingüísticas en diversos soportes e diversas situacións: cara a cara/teléfono, radio; e por escrito, para buscar información (guías turísticas, Internet…) ou comunicar (blogs, postais, SMS…).

Comprobar que non se poden facer cousas, comunicar sen adquirir coñecementos nin pararse en aspectos formais.

Véxase máis arriba a descrición dos obxectivos desta unidade 5:

Coñecementos.

Competencias comunicativas, destrezas.

- Actitude (reforzo da actitude positiva, aberta e responsable cara ao papel das palabras e da comunicación).

Competencias sociais e cívicas

Descubrir diferenzas de comportamento (lingüístico, entre outros) entre diferentes países e sociedades. Respectalas e valorar a importancia de coñecelas para unha boa interpretación do discurso e asegurar unha correcta comunicación.

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 24

Valorar as iniciativas de calquera grupo ou rede que se implique na axuda aos demais.

Participar e compartir a experiencia colectiva da aprendizaxe: aceptar obxectivos comúns, traballar en parella ou nun grupo pequeno.

Participar de maneira positiva nunha tarefa final colaborativa.

Adoptar actitude empática, á vez que rigorosa, ante as producións dos compañeiros, compartindo todos os mesmos criterios: por exemplo, no momento de coavaliar unha tarefa final.

Conciencia e expresión artísticas

Valorar as producións dalgúns representantes da canción francesa.

Aprender a aprender

Véxase punto 5: estratexias.

Sentido da iniciativa e espírito emprendedor

Exercer o sentido da organización, dentro do grupo e para un mesmo, nunha tarefa colaborativa final: na tarefa desta unidade, con maior motivo, pois trátase de facer varias propostas de viaxes moi diferentes; e de defender a súa para que a viaxe se chegue a realizar.

Competencia dixital

Apreciar a utilidade de blogs e demais sitios de intercambio para desenvolver servizos de axuda persoal e/ou social.

Dentro da aprendizaxe, tanto nas actividades de recepción como para as de produción,apreciar e respectar as características dos textos e mensaxes, segundo a canle e formato.

Para realizar as actividades de produción, sistematizar a procura de información e documentación en Internet: diferenciar con criterio sitios persoais de opinión (blogs, por exemplo) e sitios oficiais.

GRAO MÍNIMO DE CONSECUCIÓN PARA SUPERAR A MATERIA

Comprensión de textos orais:

Identificar o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais e os detalles mais relevantes en textos orais breves ou de lonxitude media, que traten dos temas correspondentes ás unidades 0 ( presentacións) 1 ( retratos), 2 (incidentes e anécdotas ), 3 ( lembranzas), 4 ( a formación e a carreira profesional) 5 ( expresar emocións) coñecendo e aplicando as estratexias adecuadas para a comprensión do sentido xeral, coñecendo e utilizando os aspectos socioculturais e sociolingüísticos relativos a vida cotiá, condicións de vida, relacións interpersoais ,comportamento e convencións sociais.

Recoñecer e aplicar á comprensión do texto, os coñecementos sobre os constituíntes e a organización de patróns sintácticos e discursivos de uso frecuente na comunicación oral.

Recoñecer léxico oral de uso común e relacionado cos temas tratados durante o curso.

Aptitudes e destrezas comunicativas:

Comprender globalmente un programa radiofónico.

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 25

Comprender a información máis relevante dunha anécdota.

Comprender o retrato dunha persoa coñecida.

Comprender a información principal dunha entrevista.

Comprender globalmente un texto expositivo.

Comprender unha conversación entre amigos e unha anécdota.

Comprender a idea principal dunhas entrevistas .

Comprender unha visita guiada.

Produción de textos orais:

Producir textos breves tanto en conversación cara a cara como por teléfono nun rexistro neutro, en que se intercambian informacións, ideas e opinións, se formulan hipóteses, aínda que haxa vacilacións.

Coñecer e saber aplicar as estratexias mais adecuadas para producir textos orais en forma de monólogo ou diálogo breves.

Incorporar á produción de texto oral os coñecementos socioculturais e sociolingüísticos adquiridos.

Mostrar un mínimo control sobre un repertorio de estruturas sintácticas comúns .

Coñecer e utilizar léxico oral de uso común.

Manter o ritmo do discurso coa fluidez suficiente para facer comprensible a mensaxe.

Aptitudes e destrezas comunicativas:

Expresión: facer unha descrición oral ( físico e carácter) dun amigo/a, falar das tarefas domésticas, contar unha anécdota ou un incidente, contar lembranzas, describir unha foto,falar da súa profesión ou os estudos que está cursando.

Interacción: intercambiar opinións e consellos cun/ cunha compañeiro/a para resolver un problema de relación cun compañeiro/a, felicitar a alguén, concertar unha cita por teléfono, facer de guía da cidade cun grupo de turistas, consolar a alguén que atravesa unha mal momento.

Comprensión de textos escritos

Identificar a información esencial, os puntos mais relevantes e detalles importantes en textos, coñecendo e sabendo aplicar as estratexias máis adecuadas para a comprensión do sentido xeral.

Coñecer e saber aplicar para a comprensión do texto, os aspectos sociolingüísticos relativos á vida cotiá, condicións de vida e contorna socioeconómica, relacións interpersoais e convencións sociais.

Aplicar á comprensión do texto, a organización de estruturas sintácticas de uso frecuente na comunicación escrita .

Recoñecer léxico escrito de uso común relativo a asuntos cotiás e a temas xerais.

Aptitudes e destrezas.

Comprender testimonios nunha revista.

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 26

Comprender as ideas principais dun artigo periodístico ( revista) .

Comprender un texto literario e testimonios nun blog.

Comprender as informacións principais dun artigo de divulagación

Produción de textos escritos

Escribir, en papel ou en soporte electrónico, textos breves coherentes e de estrutura clara , sobre temas de interese persoal ou asuntos cotiás .

Coñecer , seleccionar e aplicar as estratexias máis adecuadas para elaborar textosescritos breves.

Incorporar á produción do texto escrito, os coñecementos socioculturais e sociolingüísticos adquiridos relativos a relacións interpersoais e convencións sociais.

Mostrar un mínimo control sobre un repertorio de estruturas sintácticas de uso frecuente na expresión escrita .

Coñecer e utilizar léxico escrito de uso común relativo a asuntos cotiás e a temasxerais.

Utilizar as convencións ortográficas , de puntuación e de formato máis frecuentes con razoable corrección de modo que se comprenda a mensaxe .

Aptitudes e destrezas

Facer o retrato dunha persoa coñecida .

Contar incidentes e anécdotas.

Contar lembranzas..

Escribir un texto literario.

Actitudes

Respectar e escoitar ao profesor, participar activamente nas actividades.

Desenvolver actitude positiva ante o traballo individual e colaborativo, manifestar espíritu crítico ante os estereotipos, adoptar actitude xenerosa ante as producións dos compañeiros, adoptar criterios obxectivos para avaliar as producións dos compañeiros, e participar en actividades de simulación .

Competencias clave : competencia lingüística ( xa mencionada antes); competencias sociais e cívicas ( afianzar a confianza nun mesmo e na capacidade de aprendizaxe , traballar en parella ou en un grupo pequeno, adoptaractitude empática ante as producións dos compañeiros) ;aprender a aprender ( relacionar o francés e a lingua propia, retomar a conciencia de a distancia que existe en francés entre o oral e o escrito) ; sentido da iniciativa e espíritu emprendedor ( exercer o sentido da organización, dentro do grupo e para un mesmo, nunha tarefa colaborativa final, potenciar distintas facetas da personalidade, ter confianza nos recursos persoais competencia dixital ( apreciar e respectar as características dos textos e mensaxes, segundo a canle e formato. Para realizar as actividades de produción, sistematizar a procura de información e documentación en Internet : diferenciar con criterio sitios persoais de opinión esitios oficiais.

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 27

A avaliación será continua . Haberá un examen cada trimestre que avaliará a expresión e a comprensión orais e escritas. A participación, o interese pola materia e a curiosidade mostrados durante a clase serán moi importantes á hora de avaliar e para eso será importante a observación pola parte do profesorado durante as clases.

O alumno tamén analizará tanto os seus progresos como a súa forma de alcanzalos: trátase de tomar conciencia dos logros para automotivarse.

A autoavaliación e a coavaliación tamén xogarán un papel importante: a coavaliación foméntase nas tarefas finais que aparecen no libro de texto.

A avaliación tamén será formativa: “ os biláns” permitirán controlar que os coñecementos de gramática, vocabulario e fonética están asimilados.

As avaliacións por competencias situadas ao final do libro do alumno teñen un formato similar ás probas do DELF, estas poden ser consideradas como avaliacións sumativas ao final do trimestre por exemplo.

E) CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS QUE REQUIRE A MATERIA.

O currículo básico proposto pola LOMCE, está orientado á acción, é dicir, a desenvolver no alumnado a capacidade de integrar e poñer en xogo as actitudes, os coñecementos e as destrezas que lles permita comunicarse en situacións no mundo real. Esta capacidade supón:

Considerar a lingua como algo que se fai e que se aprende a facer

Abordar a aprendizaxe, a ensinanza e a avaliación a partires do texto como unha unidade, na que se materializan todos os aspectos.

Son as actividades de comprensión e produción dos textos o que constitúe a ación comunicativa lingúística real.

Convén que tanto a análise e a reflexión sobre a lingua como o seu estudio e a súa práctica se deriven do que o texto oral ou escrito demande en cada caso e que tanto o traballo realizado na aula como a aprendizaxe autónoma, teñan comoreferencia os textos, que os alumnos serán quen de comprender e de producir de xeito que as acións pedagóxicas e as tarefas de aprendizaxe teñan sempre como característica común a contribución á consecución dos obxectivos específicos que establecen os estándares de aprendizaxe avaliables para cada conxunto de actividades lingüísticas na etapa respectiva.

F) MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS QUE SE VAIAN A UTILIZAR

Recursos espaciais disponibles no centro

O centro IES “Rosais 2” é un instituto periférico de Vigo con alumnado de nivel socio-económico medio cunha minoría de medio alto e unha minoría de medio baixo. Os espazos dos que dispón son:

Aula de Idiomas

Aula con ordenadores

Aula específica para francés con un cañón e un ordenador

Patio

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 28

Ximnasio

Biblioteca

-Recursos materiais disponibles

Encerado interactivo

Video/DVD

Radiocassette

Cañón

Ordenadores

Diccionarios, libros, revistas

Características en canto a aprendizaxe

Gústalles aprender mentras xogan ou realizan actividades.

É difícil espertar a súa imaxinación.

Gústalles expresar o que senten.

Costalles organizar e analizar a súa propia aprendizaxe.

Son conscientes das ventaxas de traballar de forma cooperativa na clase.

Exprésanse de forma bastante correcta na súa lingua.

Necesitan entender todas as palabras dun texto para comprendelo.

Desgústalles ler na casa.

Gústalles o manexo do ordenador.

G) CRITERIOS SOBRE A AVALIACIÓN , CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN DO ALUMNADO

Os contidos previstos concrétanse en criterios de avaliación, que son referentes específicos para avaliar a aprendizaxe do alumnado. Describen aquilo que se quere valorar e que os alumnos deben lograr, tanto en coñecementos como en competencias; responden ao que se quere conseguir en cada materia.

No relativo á competencia comunicativa, que constitúe o corazón da materia segunda lingua estranxeira, os criterios de avaliación para 2º de Bacharelato (BOE do 3 de xaneiro de 2015) son os seguintes.

Bloque 1. Comprensión de textos orais

Identificar o sentido xeral, os puntos principais e a información máis importante en textos orais de lonxitud media e ben estruturados, transmitidos de viva voz oupor medios técnicos e articulados a velocidade lenta, nun rexistro formal, informal ou neutro, e que versen sobre asuntos habituais en situacións cotiás ou sobre aspectos concretos de temas xerais ou do propio campo de interese nos ámbitos persoal, público, e educativo, sempre que as condicións acústicas non distorsionen a mensaxe e se poida volver escoitar o devandito.

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 29

Coñecer e saber aplicar as estratexias máis adecuadas para a comprensión do sentido xeral, os puntos principais ou a información máis importante do texto.

Coñecer e utilizar para a comprensión do texto os aspectos socioculturais e sociolingüísticos relativos á vida cotiá (hábitos de estudo e de traballo, actividades de lecer), condicións de vida e contorna, relacións interpersoais (entre homes e mulleres, no centro educativo, no ámbito público), comportamento (xestos, expresións faciais, uso da voz, contacto visual), e convencións sociais (costumes, tradicións).

Distinguir a función ou funcións comunicativas máis relevantes do texto (p. ex. unha petición de información, un aviso ou unha suxestión) e un repertorio dos seus expoñentes máis frecuentes, así como patróns discursivos de uso común relativos á organización textual (introdución do tema, cambio temático e peche textual).

Aplicar á comprensión do texto os coñecementos sobre os constituíntes e a organización de patróns sintácticos e discursivos de uso frecuente na comunicación oral, así como os seus significados xerais asociados (p. ex. estrutura interrogativa para facer unha suxestión).

Recoñecer léxico oral de uso frecuente relativo a asuntos cotiáns e a aspectos concretos de temas xerais ou relacionados cos propios intereses ou estudos, e inferir do contexto, con apoio visual, os significados de palabras e expresións que se descoñecen.

Discriminar patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación de uso frecuente,e recoñecer os significados e intencións comunicativas xerais relacionados cos mesmos.

Bloque 2. Produción de textos orais: expresión e interacción

Producir textos de lonxitude media e suficientemente comprensibles, tanto en conversacións cara a cara como por teléfono ou outros medios técnicos, nun rexistro neutro ou informal, cunha linguaxe moi sinxela, en que se dá, solicita e intercambia información sobre temas cotiáns e asuntos coñecidos ou de interese persoal e educativo, aínda que se produzan interrupcións ou vacilacións, se fagan necesarias as pausas e a reformulación para organizar o discurso e seleccionar expresións, e o interlocutor teña que solicitar que se lle repita ou reformule o devandito.

Coñecer e saber aplicar as estratexias máis adecuadas para producir textos orais breves en forma de monólogo ou de diálogo e de estrutura moi simple e clara, utilizando, entre outros, procedementos como a adaptación da mensaxe aos recursos de que se dispón, ou a reformulación ou explicación de elementos.

Incorporar á produción do texto oral en forma de monólogo ou de diálogo os coñecementos socioculturais e sociolingüísticos adquiridos relativos a relacións interpersoais, comportamento e convencións sociais, actuando coa suficiente propiedade e respectando as normas de cortesía máis importantes nos contextos respectivos.

Levar a cabo as funcións principais demandadas polo propósito comunicativo, utilizando os expoñentes máis frecuentes das devanditas funcións e os patróns discursivos sinxelos de uso máis común para organizar o texto.

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 30

Mostrar control sobre un repertorio limitado de estruturas sintácticas de uso frecuente e de mecanismos sinxelos de cohesión e coherencia (repetición léxica, elipses, deíxe persoal, espacial e temporal, xustaposición, e conectores e marcadores conversacionais de uso moi frecuente).

Coñecer e utilizar un repertorio léxico oral suficiente para comunicar información e opinións breves, sinxelas e concretas, en situacións habituais e cotiás. Pronunciar e entoar de maneira suficientemente comprensible, aínda que resulte evidente o acento estranxeiro, se cometan erros de pronuncia esporádicos, e os interlocutores teñan que solicitar repeticións ou aclaracións. Manexar frases curtas e fórmulas para desenvolverse de maneira suficiente en breves intercambios en situacións habituais e cotiás, aínda que haxa que interromper o discurso para buscar palabras ou articular expresións e para reparar a comunicación. Interactuar de maneira simple en intercambios claramente estruturados, utilizando fórmulas ou xestos simples para tomar ou manter a quenda de palabra, aínda que poidan darse desaxustes na adaptación ao interlocutor.

Bloque 3: Comprensión de textos escritos

Identificar a idea xeral, os puntos máis relevantes e información importante en textos, tanto en formato impreso como en soporte dixital, breves e ben estruturados escritos nun rexistro neutro ou informal, que traten de asuntos habituais en situacións cotiás, de aspectos concretos de temas de interese persoalou educativo, e que conteñan estruturas sinxelas e un léxico de uso frecuente.

Coñecer e saber aplicar as estratexias máis adecuadas para a comprensión da idea xeral, os puntos máis relevantes e información importante do texto. Coñecer, e utilizar para a comprensión do texto, os aspectos socioculturais e sociolingüísticos relativos á vida cotiá (hábitos de estudo e de traballo, actividades de lecer, condicións de vida e contorna, relacións interpersoais (entrehomes e mulleres, no centro educativo, no ámbito público), e convencións sociais (costumes, tradicións).

Distinguir a función ou funcións comunicativas máis importantes do texto e un repertorio dos seus expoñentes máis frecuentes, así como patróns discursivos sinxelos de uso común relativos á organización textual (introdución do tema, cambio temático e peche textual).

Aplicar á comprensión do texto os constituíntes e a organización de estruturas sintácticas de uso frecuente na comunicación escrita, así como os seus significados xerais asociados (p. ex. estrutura interrogativa para facer unha suxestión).

Recoñecer léxico escrito de uso frecuente relativo a asuntos cotiáns e a aspectos concretos de temas xerais ou relacionados cos propios intereses ou estudos, e inferir do contexto, con apoio visual, os significados de palabras e expresións que se descoñecen.

Recoñecer as principais convencións ortográficas, tipográficas e de puntuación, así como abreviaturas e símbolos de uso común (p. ex. , %, ), e os seus significados asociados.

Bloque 4: Produción de textos escritos: expresión e interacción

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 31

Escribir, en papel ou en soporte dixital, textos breves e de lonxitude media, sinxelos e de estrutura clara sobre temas habituais en situacións cotiás ou do propio interese, nun rexistro neutro ou informal, utilizando recursos básicos de cohesión, as convencións ortográficas básicas e os signos de puntuación máis frecuentes.

Coñecer e aplicar estratexias adecuadas para elaborar textos escritos breves e de estrutura simple, p. ex. copiando formatos, fórmulas e modelos convencionais propios de cada tipo de texto.

Incorporar á produción do texto escrito os coñecementos socioculturais e sociolingüísticos adquiridos relativos a relacións interpersoais, comportamento econvencións sociais, respectando as normas de cortesía e de etiqueta máis importantes nos contextos respectivos.

Levar a cabo as funcións demandadas polo propósito comunicativo, utilizando os expoñentes máis frecuentes das devanditas funcións e os patróns discursivos de uso máis habitual para organizar o texto escrito de maneira sinxela.

Mostrar control sobre un repertorio limitado de estruturas sintácticas de uso frecuente, e empregar para comunicarse mecanismos sinxelos ou bastante axustados ao contexto e á intención comunicativa (repetición léxica, elipses, deíxe persoal, espacial e temporal, xustaposición, e conectores e marcadores discursivos moi frecuentes).

Coñecer e utilizar un repertorio léxico escrito suficiente para comunicar informacións breves, simples e directas en situacións habituais e cotiás. Coñecer e aplicar, de maneira suficiente, para que a mensaxe principal quede clara, os signos de puntuación elementais (p. ex. punto, coma) e as regras ortográficas básicas (p. ex. uso de maiúsculas e minúsculas), así como as convencións ortográficas frecuentes na redacción de textos moi breves en soporte dixital.

Bloque 5 Coñecemento da lingua, e consciencia intercultural e plurilingue

Discriminar patróns sonoros , acentuais, rítmicos e de entoación de uso mási básico e pronunciar e entoar con razoable comprensibilidade.

Recoñecer e utilizar as convencións ortográficas e de puntuación con corrección suficiente para o seu nivel escolar.

Utilizar para a comprensión e produción de textos orais e escritos os coñecementos socioculturais e sociolingüísticos adquiridos.

Producir textos e inferir o significado probable de palabras ou frases que descoñece a partir das experiencias e os coñecementos transferidos desde as linguas que coñece.

Utilizar os patróns básicos máis habituais e un repertorio léxico suficiente para comunicar no seu nivel escolar.

Participar en proxectos nos que se utilicen varias linguas, relacionados cos elementos transversais.

CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN DO ALUMNADO

Haberá un control escrito ( mínimo un) cada avaliación e un examen escrito de avaliación que englobará toda a materia do trimestre ( tres avaliacións) , tamén

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 32

haberá controis de comprensión oral, de cando en vez, para adquirir práctica. O examen de avaliación terá máis peso na nota que os controis. Tamén se fará un examen de expresión e comprensión oral. A media da expresión e a comprensión oral será o 45% da nota e a media da comprensión escrita e a expresión escrita será o outro 45%. Para avaliar a expresión oral faranse exames orais, que constarán de preguntas sobre os temas estudados en cada unidade, de monólogos ou diálogos sobre temas xa traballados. O alumnado terá a posibilidade de repetilo si non acada os mínimos establecidos. Tamén se puntuarán as exposicións orais. A cualificación das competencias clave, o traballo e a participación na clase, o respecto polo profesor, polos compañeiros ecompañeiras e pola materia, así coma o interese mostrado por esta , e a perseverancia na aprendizaxe corresponderá ao restante 10% . A entrega sen retrasos, de proxectos ou traballos e tarefas serán tamén puntuados positivamente . A lectura dun libro tamén contará positivamente,

As notas das catro destrezas pódense compensar unhas con outras, sempre que a nota en cada destreza acade a puntuación de 3 sobre 10. A nota final será a media das tres avaliacións.

Promoción do alumnado: No caso de que un alumno ou unha alumna teña só suspensa a materia de francés, poderá promocionar sempre que teña unha media dun tres. No caso de que a Xunta de Avaliación considere que é máis positivo para o alumnado promocionar, aínda que teña a materia suspensa, as profesoras de francés acatarán a decisión tomada pola dita Xunta.

H) INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DO ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE

INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR 1º DE BACHARELATO

Comprensión de textos orais:

EXCELENTE: Coñece e sabe aplicar as estratexias máis adecuadas para a comprensión do sentido xeral, a información esencial, os puntos e as ideas principais ou os detalles relevantes do texto sen dificultade e sen necesidade de repetición.

Identifica o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais e os detalles mais relevantes en textos orais de lonxitude media,a unha velocidade media,nun rexistro formal, informal ou neutro, e que traten de aspectos concretos de temas xerais, coñecendo e aplicando as estratexias adecuadas para a comprensión do sentidoxeral, coñecendo e utilizando os aspectos socioculturais e sociolingüísticos relativos a vida cotiá, condicións de vida, relacións interpersoais ,comportamento e convencións sociais sen dificultade.

Comprende o esencial e a información relevante en situacións que impliquen a solicitude de información xeral sen repeticións e sen dificultade.

Comprende o xeral en conversacións sinxelas, básicas e breves sobre argumentaciónsbásicas, puntos de vista e opinións relativos a temas frecuentes claramente estruturados e a unha velocidade media sen dificultade.

Comprende o sentido xeral e a información moi relevante e sinxela de presentacións ben estruturadas sobre temas familiares e predecibles e de programas de televisión como informativos sen axuda das imaxes .

AVANZADO:

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 33

Coñece e sabe aplicar as estratexias máis adecuadas para a comprensión do sentido xeral, a información esencial, os puntos e as ideas principais ou os detalles relevantes do texto con necesidade de repetición.

Identifica o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais e os detalles mais relevantes en textos orais de lonxitude media,a unha velocidade media,nun rexistro formal, informal ou neutro, e que traten de aspectos concretos de temas xerais, coñecendo e aplicando as estratexias adecuadas para a comprensión do sentidoxeral, coñecendo e utilizando os aspectos socioculturais e sociolingüísticos relativos a vida cotiá, condicións de vida, relacións interpersoais ,comportamento e convencións sociais con necesidade de repetición.

Comprende o esencial e a información relevante en situacións que impliquen a solicitude de información xeral con repeticións.

Comprende o xeral en conversacións sinxelas, básicas e breves sobre argumentaciónsbásicas, puntos de vista e opinións relativos a temas frecuentes claramente estruturados e a unha velocidade media ou lenta con algunha repetición.

Comprende o sentido xeral e a información moi relevante e sinxela de presentacións ben estruturadas sobre temas familiares e predecibles e de programas de televisión como informativos con axuda das imaxes .

ADQUIRIDO:Coñece e sabe aplicar as estratexias máis adecuadas para a comprensióndo sentido xeral, a información esencial, os puntos e as ideas principais ou os detalles relevantes do texto con necesidade de repetición e con algunha dificultade.

Identifica o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais e os detalles mais relevantes en textos orais de lonxitude media,a unha velocidade media,nun rexistro formal, informal ou neutro, e que traten de aspectos concretos de temas xerais, coñecendo e aplicando as estratexias adecuadas para a comprensión do sentidoxeral, coñecendo e utilizando os aspectos socioculturais e sociolingüísticos relativos a vida cotiá, condicións de vida, relacións interpersoais ,comportamento e convencións sociais con necesidade de repetición e algunha dificultade.

Comprende o esencial e a información relevante en situacións que impliquen a solicitude de información xeral con repeticións e con algunha dificultade.

Comprende o xeral en conversacións sinxelas, básicas e breves sobre argumentaciónsbásicas, puntos de vista e opinións relativos a temas frecuentes claramente estruturados e a unha velocidade media ou lenta con algunha repetición e con algunhadificultade.

Comprende o sentido xeral e a información moi relevante e sinxela de presentacións ben estruturadas sobre temas familiares e predecibles e de programas de televisión coa axuda de imaxes e con algunha dificultade.

EN VÍAS DE ADQUISICIÓN:Coñece e sabe aplicar as estratexias máis adecuadas para acomprensión do sentido xeral, a información esencial, os puntos e as ideas principais ou os detalles relevantes do texto con necesidade de repeticións e con dificultades.

Identifica o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais e os detalles mais relevantes en textos orais breves,a unha velocidade lenta,nun rexistro formal, informal ou neutro, e que traten de aspectos concretos de temas xerais, coñecendo e aplicando as estratexias adecuadas para a comprensión do sentido xeral, coñecendo e utilizando os aspectos socioculturais e sociolingüísticos relativos a vida cotiá, condicións de vida, relacións interpersoais ,comportamento e convencións sociais con necesidade de repetición e dificultades.

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 34

Comprende o esencial e a información relevante en situacións que impliquen a solicitude de información xeral con repeticións e con dificultades.

Comprende o xeral en conversacións sinxelas, básicas e breves sobre argumentaciónsbásicas, puntos de vista e opinións relativos a temas frecuentes claramente estruturados e a unha velocidade lenta con repeticións e con dificultades.

Comprende o sentido xeral e a información moi relevante e sinxela de presentacións ben estruturadas sobre temas familiares e predecibles e de programas de televisión coa axuda de imaxes e con dificultades.

Produción de textos orais:

EXCELENTE : Pronuncia de xeito intelixible.

Coñece e sabe aplicar as estratexias mais adecuadas para producir textos orais en forma de monólogo ou diálogo de lonxitude media, simples sen recorrer á reformulación do que se quere expresar.

Intercambia con pronuncia clara e intelixible información en situacións de comunicación predicibles nos que teña que expresar o acordo, o desacordo, o interese, usando un repertorio de expresións frecuentes e exprese sentimentos tales como satisfacción, desgusto, admiración e sorpresa con fluidez.

Produce textos de extensión media nun rexistro formal, neutro ou informal cun discurso comprensible con fluidez.

Intercambia información e opinións , da instruccións, describe e narra acontecementos sinxelos, formula hipóteses, fai suxestións e argumenta de xeito sinxelo sen dificultades.

AVANZADO: Pronuncia de xeito intelixible.

Coñece e sabe aplicar as estratexias mais adecuadas para producir textos orais en forma de monólogo ou diálogo de lonxitude media, simples recorrendo algunha vez á reformulación do que se quere expresar.

Intercambia con pronuncia clara e intelixible información en situacións de comunicación predicibles nos que teña que expresar o acordo, o desacordo, o interese, usando un repertorio de expresións frecuentes e exprese sentimentos tales como satisfacción, desgusto, admiración e sorpresa con bastante fluidez.

Produce textos de extensión media nun rexistro formal, neutro ou informal cun discurso comprensible con bastante fluidez.

Intercambia información e opinións , da instruccións, describe e narra acontecementos sinxelos, formula hipóteses, fai suxestións e argumenta de xeito sinxelo con poucas dificultades.

ADQUIRIDO: Pronuncia de xeito intelixible, pero necesita repetir algunha vez.

Coñece e sabe aplicar as estratexias mais adecuadas para producir textos orais en forma de monólogo ou diálogo de lonxitude media, simples recorrendo á reformulación do que se quere expresar.

Intercambia con pronuncia clara e intelixible información en situacións de comunicación predicibles nos que teña que expresar o acordo, o desacordo, o interese, usando un repertorio de expresións frecuentes e exprese sentimentos tales como satisfacción, desgusto, admiración e sorpresa con bastante fluidez pero con necesidade de repeticións.

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 35

Produce textos de extensión media nun rexistro formal, neutro ou informal cun discurso comprensible con bastante fluidez pero con necesidade de repeticións.

Intercambia información e opinións , da instruccións, describe e narra acontecementos sinxelos, formula hipóteses, fai suxestións e argumenta de xeito sinxelo con algunha dificultade.

EN VÍAS DE ADQUISICIÓN: Pronuncia de xeito case inintelixible.

Coñece e sabe aplicar con dificultad as estratexias mais adecuadas para producir textos orais en forma de monólogo ou diálogo breves, simples recorrendo á reformulación do que se quere expresar.

Intercambia con pronuncia pouco clara información en situacións de comunicación predicibles nos que teña que expresar o acordo, o desacordo, o interese, usando un repertorio de expresións frecuentes e exprese sentimentos tales como satisfacción, desgusto, admiración e sorpresa con pouca fluidez e con necesidade de repeticións.

Produce textos de extensión breve nun rexistro formal, neutro ou informal cun discurso pouco comprensible con pouca fluidez econ necesidade de repeticións.

Intercambia información e opinións , da instruccións, describe e narra acontecementos sinxelos, formula hipóteses, fai suxestións e argumenta de xeito sinxelo con dificultade.

Comprensión de textos escritos

EXCELENTE: Utiliza estratexias de lectura, identificando a información máis importante e deducindo o significado de palabras e expresións non coñecidas sen apoio de imaxes.

Segue instruccións e consignas básicas e sinxelas de carácter público, institucional ou corporativo.

Comprende información relevante e previsible sen ningunha dificultade en textos descriptivos ou narrativos breves e ben estruturados nos que se informa de acontecementos, se describen accións, persoas, obxectos e lugares e se manifestan opinións con expresións sinxelas relativos ao seu nivel escolar.

Recoñece sen ningunha dificultade a estrutura das cartas formais sen dificultade.

Identifica ningunha dificultade a información esencial en textos ben estruturados e de media extensión.

AVANZADO: Utiliza estratexias de lectura, identificando a información máis importante e deducindo o significado de palabras e expresións non coñecidas con apoio de imaxes.

Segue instruccións e consignas básicas e sinxelas de carácter público, institucional ou corporativo.

Comprende con pouca dificultade información relevante e previsible en textos descriptivos ou narrativos breves e ben estruturados nos que se informa de acontecementos, se describen accións, persoas, obxectos e lugares e se manifestan opinións con expresións sinxelas relativos ao seu nivel escolar.

Recoñece con algunha dificultade a estrutura das cartas formais .

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 36

Identifica con algunha dificultade a información esencial en textos ben estruturados e de media extensión.

ADQUIRIDO: utiliza estratexias de lectura, identificando a información máis importante e deducindo o significado de palabras e expresións non coñecidas con apoio de imaxes.

Segue instruccións e consignas básicas e sinxelas de carácter público, institucional ou corporativo.

Comprende con algunha dificultade información relevante e previsible en textos descriptivos ou narrativos breves e ben estruturados nos que se informa de acontecementos, se describen accións, persoas, obxectos e lugares e se manifestan opinións con expresións sinxelas relativos ao seu nivel escolar.

Recoñece con dificultade a estrutura das cartas formais .

Identifica con pouca dificultade a información esencial en textos ben estruturados e de media extensión.

EN VÍAS DE ADQUISICIÓN: utiliza estratexias de lectura con dificultade, identificando a información máis importante e deducindo o significado de palabras e expresións noncoñecidas con apoio de imaxes.

Segue con dificultade instruccións e consignas básicas e sinxelas de carácter público, institucional ou corporativo.

Comprende con dificultade información relevante e previsible en textos descriptivos ou narrativos breves e ben estruturados nos que se informa de acontecementos, se describen accións, persoas, obxectos e lugares e se manifestan opinións con expresións sinxelas relativos ao seu nivel escolar.

Recoñece con dificultade a estrutura das cartas formais .

Identifica con dificultade a información esencial en textos ben estruturados e de media extensión.

Produción de textos escritos

EXCELENTE: Coñece , selecciona e aplica as estratexias máis adecuadas para elaborar textos escritos sinxelos de lonxitude media incorporando esquemas e expresións de textos modelo.

Completa sen dificultade documentos básicos nos que se solicite información persoal.

Escribe mensaxes sen dificultades sinxelas e breves con información básica e opinións sinxelas.

Produce sen dificultades correspondencia formal para solicitar ou dar información relativa a bens e servizos, a partir de modelos sinxelos, cunha presentación do texto limpa e ordenada.

Escribe sen dificultade , en papel textos de estrutura clara, de extensión media sobre asuntos cotiás, utilizando os recursos de cohesión, as convencións ortográficas e os signos de puntuación máis comúns e amosando un excelente control de estruturas e un léxico de uso frecuente, cunha presentación do texto limpa e ordenada.

AVANZADO:Coñece , selecciona e aplica as estratexias máis adecuadas para elaborar textos escritos sinxelos de lonxitude media incorporando esquemas e expresións de textos modelo.

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 37

Completa sen dificultade documentos básicos nos que se solicite información persoal.

Escribe mensaxes sen dificultades sinxelas e breves con información básica e opinións sinxelas.

Produce correspondencia formal para solicitar ou dar información relativa a bens e servizos, a partir de modelos sinxelos, cunha presentación do texto limpa e ordenada.

Escribe en papel textos de estrutura clara, de extensión media sobre asuntos cotiás, utilizando os recursos de cohesión, as convencións ortográficas e os signos de puntuación máis comúns e amosando un excelente control de estruturas e un léxico de uso frecuente, cunha presentación do texto limpa e ordenada.

ADQUIRIDO: Coñece , selecciona e aplica con algunha dificultade, as estratexias máis adecuadas para elaborar textos escritos sinxelos de lonxitude media incorporando esquemas e expresións de textos modelo.

Completa con algunha dificultade documentos básicos nos que se solicite información persoal.

Escribe mensaxes con algunha dificultade sinxelas e breves con información básica e opinións sinxelas.

Produce con algunha dificultade correspondencia formal para solicitar ou dar información relativa a bens e servizos, a partir de modelos sinxelos, cunha presentación do texto limpa e ordenada.

Escribe en papel textos de estrutura clara, de extensión corta sobre asuntos cotiás, utilizando con algunha dificultade os recursos de cohesión, as convencións ortográficase os signos de puntuación máis comúns e amosando un axustado control de estruturase léxico de uso frecuente cunha presentación limpa e ordenada.

EN VÍAS DE ADQUISICIÓN:Coñece , selecciona e aplica con dificultade, as estratexias máis adecuadas para elaborar textos escritos sinxelos de lonxitude media incorporando esquemas e expresións de textos modelo.

Completa con dificultade documentos básicos nos que se solicite información persoal.

Escribe mensaxes con moita dificultade sinxelas e breves con información básica e opinións sinxelas.

Produce con moita dificultade correspondencia formal para solicitar ou dar información relativa a bens e servizos, a partir de modelos sinxelos, cunha presentación do texto limpa e ordenada.

Escribe en papel textos de estrutura clara, de extensión corta sobre asuntos cotiás, utilizando con moita dificultade os recursos de cohesión, as convencións ortográficas eos signos de puntuación máis comúns e amosando un escaso control de estruturas e léxico de uso frecuente .

I) ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES

Aínda que non hai alumnado con francés ( segunda lingua) pendente, para avaliar a materia pendente, estableceránse tres datas de exames, a última en casode que non se superen as anteriores probas, unha en novembro, outra en abril e unha proba final en maio.

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 38

O seguimento farase a través de traballos e exercicios que deberán presentar osalumnos periódicamente. Entre eles haberá un exercicio de redacción cuxo tema será a de escribir sobre si mesmo e a de un amigo ou amiga . A materia dividirase para que lles sexa mais doado recuperala.

J ) ORGANIZACIÓN DOS PROCEDEMENTOS QUE LLE PERMITAN AO ALUMNADO ACREDITAR OS COÑECEMENTOS NECESARIOS EN DETERMINADAS MATERIAS, NO CASO DO BACHARELATO.

No caso do bacharelato, ademais dos controis e exames en cada trimestre, a observación pola parte do profesor na clase será moi importante . Terase moi en conta o traballo da clase, a participación, o respecto polo turno de palabra dos compañeiros e das compañeiras, a atención prestada ao profesor, o feito de que falen e se comuniquen en francés, o traballo individual e colectivo, así como a presentación oral dos traballos en grupo. Tamén xogarán un papel relevante as competencias clave . En canto aos exames orais, poderán repetilos as veces que o necesiten ata acadar os mínimos esixidos en cada curso.

K) DESEÑO DA AVALIACIÓN INICIAL E MEDIDAS INDIVIDUAIS OU COLECTIVAS QUE SE POIDAN ADOPTAR COMO CONSECUENCIA DOS SEUS RESULTADOS.

Independentemente dos resultados do examen inicial, o profesorado de francés adica os primeiros quince ou vinte días do curso ao repaso dos contidos mínimosdo curso anterior en todas as clases.

En 1º de bacharelato, faise un examen inicial cos contidos máis importantes dos anos anteriores e así poder adaptarse ao nivel de cada grupo. De todolos xeitos, o libro de texto escollido contempla a posibilidade de que teñamos clases heteroxéneas. Si a clase é numerosa, aconsellamos aos de pouco nivel unhas páxinas web de idiomas para que practiquen na casa os contidos básicos e a pronuncia, xa que é imposible poder atender a todo o alumnado nas escasas dúashoras que temos de Segunda Lingua Estranxeira. Aconsellamos tamén os cadernos de exercizos dos anos anteriores, aínda que cada vez que o libro de texto fai referencia a un contido do ano anterior, aproveitamos para volver a explicalo e así facilitar a tarefa da persoa que intenta acadar o nivel mínimo. Tamén distribuímos exercizos de reforzo que non son obrigatorios para os que consideramos que non o necesitan.

L) MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE

Aos que teñen un bo nivel, recomendamos libros de lectura, aos que teñen un nivel máis baixo, exercizos de reforzo ou caderniños complementarios. Tamén lles recomendamos páxinas web para que practiquen na casa, xa que temos moi poucas horas de clase e é conveniente aproveitar o tempo para poder impartir un mínimo de contidos programados.

M) CONCRECIÓN DOS ELEMENTOS TRANSVERSAIS QUE SE TRABALLARÁN NO CURSO QUE CORRESPONDA

2º de Bacharelato:

Respecto polos sentimentos e emocións propios e alleos

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 39

Educación para a saúde por medio dun correcta alimentación e o exercicio dalgún deporte.

Respecto e tolerancia cara ás opinións e ectitudes alleas.

Respecto pola diversidade de sexo, nacionalidade, raza, orientación relixiosa ou sexual.

N) ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PROGRAMADAS

Escasas debido á carga lectiva que leva consigo este curso.

Ñ) MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN E MODIFICACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS EN RELACIÓN COS RESULTADOS ACADÉMICOS E PROCESOS DE MELLORA

Despois de cada avaliación, os membros do departamento de francés se reunirán para falar sobre os obxectivos acadados e as dificultades que presenta cada grupo e tratar de dar unha solución aos problemas que xurdan.

Segundo os niveis de cada clase, poderemos, se o creemos conveniente, eliminar, pola súa dificultade, ou ampliar os contidos de cada avaliación, introducir novas actividades ou cambiar de método se o que puxemos en práctica, non da os resultados esperados. A nosa intención é mostrarnos flexiblesá hora de introducir cambios na programación, eso quedará reflectido na memoria do curso .

Programación realizada pola Xefa do departamento de francés

Mª Teresa Bouzón Gómez

Instituto Rosais 2

Vigo

IES Rosais 2Programación 1ºBACH2017-2018 Página 40