inglÉs como segunda lingua estranxeira€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá...

22
GUÍA DO ALUMNADO INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA Primeiro curso BACHARELATO A DISTANCIA Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Instituto de Ensino Secundario (IES) San Clemente Rúa San Clemente S/N 15705 Santiago de Compostela Teléfonos: 981 580496; 981 580366 Fax: 981 572190 Correo Electrónico: [email protected] Páxina web: www.iessanclemente.net Departamento de Inglés: 981 555911

Upload: others

Post on 13-Aug-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

GUÍA DO ALUMNADO

INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA

Primeiro curso

BACHARELATO A DISTANCIA

Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Instituto de Ensino Secundario (IES) San Clemente

Rúa San Clemente S/N 15705 Santiago de Compostela

Teléfonos: 981 580496; 981 580366 Fax: 981 572190

Correo Electrónico: [email protected] Páxina web: www.iessanclemente.net

Departamento de Inglés: 981 555911

Page 2: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

2

ÍNDICE

1. PRESENTACIÓN 3

2. OBXECTIVOS XERAIS 4

3. CONTIDOS XERAIS 6 3.1. HABILIDADES COMUNICATIVAS 6 3.2. REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA. 7

4. LEXISLACIÓN 9

5. PRESENTACIÓN DO CURSO 9

5.1. MATERIAIS 10 5.2.OUTROS MATERIAIS 11 5.3. PREPARACIÓN PARA O ESTUDO 12 5.4. CONTIDOS MÍNIMOS 14

6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 16

6.1. CRITERIOS XERAIS 16 6.2. CRITERIOS ESPECÍFICOS 17

6.2.1 AVALIACIÓN TRIMESTRAL 17 6.2.2 AVALIACIÓN FINAL 17

7. OUTRO MATERIAL RECOMENDABLE 19

8. PROTOTIPO DE EXAME 20

9. BIBLIOGRAFÍA 22

Page 3: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

3

1. INTRODUCIÓN

O aumento das relacións internacionais por motivos educativos, laborais, profesionais,

culturais, turísticos ou de acceso a medios de comunicación, entre outros, fai que o

coñecemento de linguas estranxeiras sexa unha necesidade crecente na sociedade actual.

Ademais, o desenvolvemento de novas tecnoloxías converten as linguas estranxeiras nun

instrumento indispensable para a inserción no mundo do emprego.

A integración na Unión Europea de países con falantes de linguas diversas fai necesario

o coñecemento de linguas estranxeiras para facilitar a comunicación entre os membros desa

Comunidade. Neste contexto, recoñécese o papel das linguas estranxeiras como elemento

fundamental na construción da identidade europea: unha identidade plurilingüe e multicultural,

ao mesmo tempo que é un dos factores que favorece a libre circulación de persoas e facilita a

cooperación cultural, económica, técnica e científica entre os países.

O Consello de Europa establece un marco de referencia común europeo para a

aprendizaxe de linguas estranxeiras e insiste na necesidade de que as persoas desenvolvan

competencias suficientes para relacionarse con outros membros dos países europeos. En

consecuencia, estima que se debe dar un novo impulso á ensinanza de idiomas que axude a

desenvolver a idea de cidadanía europea e recomenda a adquisición dun certo nivel de

competencia comunicativa en máis dunha lingua estranxeira.

O currículo de Bacharelato contempla que os alumnos, por unha parte, continúen

desenvolvendo a súa competencia comunicativa na lingua estranxeira na que se iniciaron ao

longo das etapas de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria e, por outra

parte, que adquiran un nivel axeitado de competencia comunicativa nunha segunda lingua

estranxeira que se puido iniciar xa na etapa anterior. Para o alumnado que curse outras

modalidades de Bacharelato, as Administracións Educativas poderán ofertar unha segunda

lingua estranxeira como materia optativa dentro do seu currículo.

A posibilidade de estudar unha segunda lingua estranxeira xa contemplada na Lei

Orgánica 1/1990 (LOXE) de 3 de outubro, (BOE do 4 de outubro) aparece recollida na Orde

de 2 de maio de 1996 (DOG nº 106), onde na introdución ao currículo se di que o estudo

Page 4: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

4

dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais

coma ás relacións entre diferentes culturas en ámbitos académicos, científicos, humanísticos e

da vida cotiá”. Ademais ou artigo 8.3 da Orde do 18 de maio de 2000 (DOG nº 106) establece

que a segunda lingua estranxeira “deberá ser de oferta obrigada en todas as modalidades” de

Bacharelatos. Se ben é certo que o marco legal establece as bases para facilitarlles aos

cidadáns a aprendizaxe de linguas estranxeiras, non podemos esquecer que o proceso de

unidade europea, xunto coa globalización a que vai estar sometido o globo terráqueo, demanda

o dominio de polo menos tres linguas, que no caso da nosa comunidade converteríanse en

catro dada a nosa condición de bilingües.

O alumnado utilizará estratexias de comunicación de forma natural e sistemática co fin

de facer eficaces os actos de comunicación. As destrezas que se desenvolverán serán

produtivas (expresión oral e escrita), receptivas (comprensión oral, escrita e interpretación de

códigos non verbais) e baseadas na interacción ou na mediación.

Recorda que o aprender o inglés non só serve para poder expresarse e comunicarse

noutro idioma, senón que tamén contribúe á túa formación intelectual xeral, reforzando as túas

capacidades cognitivas, desenvolvendo a túa propia autonomía, así como ampliando os teus

horizontes e coñecementos sobre outras culturas, o que che permitirá unha mellor

comprensión e valoración crítica do mundo que che toca vivir

Po suposto que non se che vai esixir neste primeiro curso, un nivel equivalente ao da

primeira lingua; pero si o suficiente para que, no segundo curso, poidas alcanzar unhas

competencias lingüísticas axeitadas.

Por outra banda, o feito de ter xa estudado outro idioma, vaiche reportar vantaxes a

hora de aprender a nova lingua con maior facilidade e, polo tanto, de adquirir un nivel moi

aceptable en pouco tempo.

2. OBXECTIVOS XERAIS

• Comprender e interpretar criticamente os textos orais, escritos e visuais emitidos en

situacións de comunicación habitual e polos medios de comunicación.

Page 5: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

5

• Utilizar a lingua estranxeira de forma oral e escrita, co fin de comunicarse con fluidez e

corrección, mediante o uso de estratexias adecuadas.

• Ler de maneira autónoma sen axuda do dicionario textos de temática xeral ou

adecuados aos intereses dos alumnos, comprender os elementos esenciais e captar a súa

función e a organización discursiva.

• Utilizar estratexias de comprensión que permitan inferir significados descoñecidos de

léxico a través do contexto, o seu propio coñecemento do mundo e aspectos

lingüísticos tales como a formación das palabras, prefixos e sufixos, sinónimos e

antónimos, etc.

• Reflexionar sobre o funcionamento da lingua estranxeira na comunicación, co fin de

mellorar as producións propias e comprender as alleas, en situacións cada vez máis

variadas e imprevistas.

• Reflexionar sobre os propios procesos de aprendizaxe, empregando recursos

autónomos, baseados na observación, corrección e avaliación, co fin de coñecer en

todo momento o estado da aprendizaxe e de continuar no futuro co estudo da lingua

estranxeira.

• Coñecer os aspectos fundamentais do medio sociocultural da lingua estranxeira, co fin

de acadar unha mellor comunicación e unha mellor interpretación das diferentes

culturas, na procura dun mellor entendemento internacional.

• Apreciar o valor da lingua estranxeira como medio para acceder a outros coñecementos

e a outras culturas, facilitando deste xeito a comprensión da lingua e da cultura propias.

• Valorar criticamente outros modos de organizar a experiencia e estruturar as relacións

persoais comprendendo o valor relativo das convencións e normas culturais.

• Reflexionar sobre o funcionamento das linguas, establecendo paralelismos e contrastes

entre as linguas coñecidas e a lingua estranxeira.

Page 6: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

6

• Reflexionar sobre os parecidos e as diferenzas entre as diversas culturas e desenvolver

respecto por elas, na procura dunha maior tolerancia entre os pobos.

• Desenvolver a imaxinación, a sensibilidade e a creatividade no uso e aprendizaxe da

lingua estranxeira.

3. CONTIDOS XERAIS

3.1. HABILIDADES COMUNICATIVAS

• Obtención de información global e específica de textos orais e escritos, identificando as

ideas principais contidas nos mesmos

• Predición e dedución de informacións en diferentes tipos de textos e comprobación

posterior das ideas ou suposicións anticipadas por medio dunha audición ou lectura

posterior.

• Identificación de palabras de enlace e elementos de referencia en textos para interpretar

a cohesión e coherencia dos mesmos.

• Lectura autónoma de textos escritos referidos á actualidade, á vida cultural ou

relacionados cos intereses profesionais, presentes ou futuros, dos alumnos.

• Comparación e contraste entre informacións sobre un mesmo tema publicados ou

emitidos en diferentes medios de comunicación.

• Participación activa en discusións ou debates sobre diversos temas, usando

argumentación e contra-argumentación, tanto oralmente como por escrito co fin de

resolver problemas de forma cooperativa ou tomar decisións en grupo sobre un tema

específico.

• Narracións e descricións orais e escritas de acontecementos ou experiencias persoais e

redacción de distintos tipos de textos atendendo ás características que os definen.

• Uso das novas tecnoloxías no proceso de aprendizaxe da lingua estranxeira.

• construción de textos coherentes atendendo aos seguintes aspectos: corrección no uso

de elementos lingüísticos, estruturación de frases e parágrafos e relevancia das ideas

expostas en relación con un tema determinado.

• Planificación das mensaxes que se desexan transmitir tendo en conta aos

interlocutores, a atención comunicativa e os esquemas textuais axeitados.

Page 7: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

7

• Participación na elaboración de proxectos, tales como a elaboración dun periódico, un

folleto, unha enquisa, unha sondaxe, etc., integrando as destrezas de forma apropiada.

• Audición de mensaxes emitidos por falantes con distintos acentos co fin de

familiarizarse con eles a hora de realizar as tarefas requiridas

3.2. REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA.

A) Funcións da linguaxe e gramática

1. Describir detalladamente a aparencia física, estado de saúde, carácter, gustos e intereses

dunha persoa real ou imaxinaria; describir e comparar obxectos e lugares.

• Presente Simple/ Presente Continuo

• Like/ enjoy/ love/dislike/ hate/ prefer… + xerundio ou to + infinitivo.

• Verbos non utilizados na súa forma continua: believe/ know/ seem, etc.

• Adxectivos. Comparativos e superlativos

• Phrasal verbs para expresar trazos físicos.

• Oracións de relativo especificativas e explicativas.

2. Expresar sentimentos e falar de relacións persoais.

• Be + adxectivos

• Comparacións: as if, as... as; as though.

• Verbos pronominais seguidos de adxectivos: look angry / smell good, etc.

• Phrasal verbs para falar do desenrolo das relacións persoais.

• Prefixos e sufixos para formar adxectivos.

3. Dar e pedir opinións e consellos. Persuadir e advertir. Expresar obrigación e ausencia da

mesma, capacidade e necesidade.

• Must/ mustn’t

• Should/ ought to

• Need/ needn’t

• Have to/ don’t have to

• Can/ be able to/ could

• Can / could / may

4. Formular hipóteses e especular. Establecer condicións e falar de verdades xerais. Expresar

queixas, desexos e sentimentos de pesar e arrepentimento.

Page 8: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

8

• Oracións condicionais tipo I, II e III.

• Uso de Unless/ as long as/ provided that, etc.

• Uso de wish.

5. Narrar biografías, películas e demais acontecementos respectando as técnicas de expresión.

• Pasado simple e continuo

• Pretérito perfecto

• Could

• Expresións temporais: Ago/ since/ for/later/when/after/before/then, etc.

• Marcadores do discurso: conectores e outros recursos de cohesión.

6. Mostrar acordo e desacordo e dar explicacións

• So auxiliar + suxeito/ neither/nor auxiliar +suxeito . Too.

7. Analizar cambios en diferentes lugares, nas cousas e na sociedade. Facer suposicións ou

referencias a accións pasadas

• Pasado Simple/ Pasado Continuo

• Pretérito Perfecto + just/ yet/ already

• Pretérito Pluscuamperfecto

• Voz pasiva

• Usos de xerundio despois de preposicións e como suxeito.

• Adverbios de modo e intensidade.

8. Expresar causa, consecuencia e finalidade.

• Oracións subordinadas

• • Conectores

9. Relatar o que outra persoa dixo, preguntou, ordenou ou suxeriu. Preguntas indirectas.

• Estilo indirecto. Statements, questions, orders, suggestions (say/tell/ask/ suggest, etc.)

• Expresións temporais e de lugar: then, the day before, etc.

B) Léxico-semántico.

• Relacionado cos temas tratados: experiencias, traballo, estudos, novas tecnoloxías,

medio ambiente, relacións persoais, noticias, ocio, intereses, lugares, etc.

• Fórmulas e expresións.

Page 9: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

9

C) Fonética

• Pronunciación de fonemas vocálicos, consonánticos, ditongos e tritongos de especial

dificultade: fonemas mudos, semivogais, semiconsoantes, etc..

• Pronunciación de formas débiles: have/has/was/were, etc..

• Pronunciación de formas contractas.

• Acentuación de palabras e frases.

• Entoación de frases.

• Ritmo

4. LEXISLACIÓN

• Real Decreto 831/2003, do 27 de xuño, polo que se establecen as ensinanzas comúns

da educación secundaria obrigatoria.

• Real Decreto 832/2003, do 27 de xuño, polo que se establece a ordenación xeral e as

ensinanzas comúns do bacharelato.

5. PRESENTACIÓN DO CURSO

Tendo en conta a realidade na que se atopa o alumnado que ven ao noso Centro e

coñecedores da crise existente no ensino-aprendizaxe da Lingua Inglesa no noso pais,

decidimos escoller o libro de texto que máis abaixo detallamos coa esperanza de que o remate

dos dous cursos o alumnado que teña escollido esta materia sexa capaz de manexar os

CONTIDOS MÍNIMOS que máis adiante se especifican.

As primeiras cinco unidades (files) do Pack que propoñemos estudaranse en primeiro

curso e as cinco restantes constituirán a materia de segundo curso.

Este curso ofréceche:

• orientación paso a paso.

• obxectivos claros de aprendizaxe e unha auténtica sensación de progreso.

• exercicios e contidos gramaticais fáciles de utilizar e entender.

• presentación do vocabulario organizada e estruturada.

• actividades de comunicación en situacións cotiáns dende o primeiro momento.

• consellos para quitar máis proveito do estudo.

Page 10: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

10

• práctica constante e avaliación.

Nivel 1

O final do Nivel 1 terás aprendido a expresarte de forma sinxela pero con corrección

no presente, o pasado e o futuro. Coñecerás 1.200 palabras e frases frecuentes, e serás capaz

de “defenderte” en diversas situacións prácticas.

English File 1 Self-study Edition correspóndese coas etapas A1 (Breakthrough) e A2

(Waystage) do Marco de Referencia Común do Consello de Europa (Common European

Framework).

Etapa A1

• Entende frases e expresións de uso frecuente e frases destinadas a satisfacer

necesidades concretas.

• Pódese presentar ao coñecer a xente nova e sabe presentar a outros.

• É capaz de preguntar e responder sobre detalles persoais como onde vive, a xente que

coñece e as súas pertenzas.

• Pode dialogar de forma sinxela, sempre e cando o interlocutor fale devagar e claro e

estea disposto a axudaralle.

Etapa A2

• Entende frases e expresións de uso frecuente relativas a temas de relevancia inmediata:

información persoal e familiar básica, compras, xeografía local, emprego, etc..

• É capaz de se comunicar en situacións sinxelas e habituais que requiran un troco

simple e directo de información sobre temas coñecidos e cotiáns.

• Pode describir, en termos xerais, temas da súa orixe, experiencia e entorno habitual, e

expresar as súas necesidades máis inmediatas.

5.1 MATERIAIS

Libro de Texto: English File 1. Self-study Edition Pack I. Editorial: Oxford University

Press, cos compoñentes que se detallan máis abaixo. As cinco primeiras files (unidades).

Page 11: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

11

• Manual do alumno

• Transcricións e Solucionario

• CD audio (3)

• Gramática e Práctica

5.2 OUTROS MATERIAIS

• Guía para o estudo

• CD audio Listen and speak (1)

• Vídeo

• Guía do vídeo CD ROM

Manual do alumno

Presentación e práctica da linguaxe básica, con introdución, explicacións e instrucións

en castelán. Inclúe seccións especiais de vocabulario, un dicionario ilustrado e tests de

autoavaliación.

Transcricións e solucionario

Contén a transcrición das gravacións incluídas nos CD audio e as respostas a todos os

exercicios.

CD audio

Material completo de comprensión oral para o curso.

Gramática e práctica

Resumos de gramática en castelán e exercicios de gramática (con solucións) para cada

file.

Guía do alumno/a para a utilización do material de soporte do curso

Expón en detalle como utilizar os demais compoñentes e aborda os puntos gramaticais

con maior profundidade. Recoméndase usar esta guía ao comezar o curso e sempre que se

Page 12: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

12

necesite unha explicación mais detallada das actividades, da gramática ou do uso do

vocabulario.

CD audio Listen and speak

Exercicios de práctica para escoitar e repetir no coche ou no equipo de música persoal.

Vídeo

Unha serie de historias independentes, entretidas e cheas de humor. Cada historia

céntrase nunha estrutura lingüística básica e está adaptada para un nivel principiante.

Guía do vídeo

A Guía do vídeo explica como utilizar os episodios con eficacia dentro do programa de

auto-estudo. Inclúe a transcrición do vídeo.

CD ROM

Contén exercicios de práctica interactivos que reforzan o aprendido en English File 1.

Inclúe a táboa de sons ingleses, unha lista do vocabulario activo e actividades para desenvolver

o vocabulario contido no Word bank.

5.3. PREPARACIÓN PARA O ESTUDO

• Antes de iniciar o curso, debes familiarizarte cos compoñentes que o integran. O teu

material básico de estudo constituirano o Manual do alumno e os tres CD audio. É

conveniente que teñas o caderniño de Transcricións e Solucionario sempre a man, como

referencia. Recomendámosche que uses un caderno para tornar apuntes mentres

realizas o curso. O caderniño de Gramática e práctica ofréceche un resumo dos principais

contidos gramaticais. Se necesitas mais explicacións, consultar a Guía do alumno ou

poste en contacto co titor por teléfono, na Aula virtual, no Foro, nos Chats, por correo

electrónico, por correo normal ou ben atendendo ás titorías presenciais.

• Familiarízate coa estrutura do Manual do alumno. O Manual do alumno está estruturado en

files e leccións. Cada lección conta cunha páxina de exercicios de práctica. Despois de

cada file, atoparás material de repaso e, ao final do libro, tes material de consulta e de

referencia.

• CD audio Listen and speak, o Vídeo, e o CD ROM constitúen unha parte importante

do programa de inglés. Proporcionan variedade e axúdanche a reforzar e practicar o

Page 13: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

13

inglés de forma amena. Utilízaos despois de cada lección e cando acabes cada file. Se

non dispós de tempo suficiente, non é imprescindible que os utilices; non obstante,

recomendamos que os inclúas todo o que poidas no teu programa de estudo para obter

a máxima exposición á lingua inglesa e quitar o máximo partido do curso.

• Realiza o curso en orde cronolóxica. Non pases ao file seguinte ata que teñas o

convencemento de que entendes o anterior. As páxinas de práctica e os tests teñen a

finalidade de axudarte; tenta utilizalos con regularidade para reforzar os coñecementos

que vas adquirindo.

• Traballa ao teu propio ritmo. Podes decidir se prefires estudar durante períodos curtos

ou longos. Recomendámosche que estudes pouco tempo, pero con frecuencia.

• Cando se está a estudar sen profesor, é importante pórse metas que se poidan cumprir.

Márcate obxectivos realistas, segundo o tempo do que dispoñas, e tenta mantelos ; por

exemplo, cinco palabras novas ao día, unha lección á semana, un file ao mes, etcétera.

Dicionario ilustrado

Para o repaso final da lección, ou antes de comezar a seguinte, utiliza o Word bank

para revisar o vocabulario de leccións anteriores.

Páxinas de Práctica lingüística

Despois de cada lección, busca a páxina de Práctica lingüística correspondente, ao final

do file, e realiza os exercicios. Comproba as túas respostas no caderniño Transcricións e

Solucionario. Despois, aprende as palabras que aparecen no recadro Vocabulario.

Leccións Travel with English

As leccións Travel with English céntranse na linguaxe de situacións prácticas. Cada file

inclúe unha lección Travel with English. De igual modo que nas leccións principais, realiza todas

as actividades e fai uso do CD audio sempre que se indique.

Libro de Gramática e Práctica

Page 14: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

14

Este libro contén un resumo gramatical en cada unidade e, á carón del, unha

variedade de exercicios para a práctica gramatical. As solucións atoparalas ao remate

deste libro.

Actividades

Como xa sabes, a educación a distancia baséase na realización de actividades, unhas de

autoavaliación, que podes corrixir ti mesmo, e outras de heteroavaliación, que serán as que che

poida indicar o titor ao longo do curso..

Recorda que só debes enviar ou entregar ao titor as actividades que este che

propoña e aquelas que non entendas ben ou que che parezan difíciles.

5.4 CONTIDOS MÍNIMOS

Primeira avaliación

Unidade 1 Gramática

• I’m / Are you….? • My/ your • He’s/ she’s; his/ her • We’re/ you’re / they’re • Yes, please. / No, thanks

Vocabulario

• Números 1-10 • O alfabeto, a ortografía • Países, nacionalidades • Números de teléfono • Números 11-29, os días • Pedir unha bebida

Unidade 2 Gramática

• At/ an; This/ these + un nome • The, that / those

Page 15: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

15

• O presente simple. I/ you / we / they • An/ an + unha profesión • How much....?; Can I have...?

Vocabulario

• Números 30-199, How many ...? • in / on / next to / under • Verbos: like / play, etc., and / but/ or • Profesións, números ordinais 1st-10th • Mercar comida, cambiar diñeiro

Segunda avaliación Unidade 3 Gramática

• Presente simple: he/ she / it • Do/ does ...? ; What...? / Where...? • Can/ can’t • It’s + unha expresión de tempo • Would you like...?

Vocabulario

• Verbos: watch / listen to, etc. • Verbos: drivel / ride, etc. • Verbos: sing / dance, etc. • A hora, second / minute, etc. • Rexistrarse nun hotel

Unidade 4 Gramática

• (not) very / quite + un adxectivo • El posesivo con ‘s ; its / our/ their • Have you got...? ; some/ any • Like/ love/ hate +( verbo acabado en)-ing • Could I have...?

Vocabulario

• Adxectivos: old / blue, etc. • A familia: sister / father, etc., os plurais irregulares. • Pertenzas: TV / bike, etc. • Actividades: cooking / shopping, etc.

Page 16: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

16

• Ir de compras

Terceira avaliación

Unidade 5 Gramática

• As estruturas sen artigo; After that/ then • Always/ usually, etc. • Once/ twice/ every, in/ on/ at + unha expresión de tempo • I’d like...

Vocabulario

• Verbos: get up / have breakfast, etc. • A saúde: alimentación / exercicio, etc. • Verbos: go out/ away, etc., How often ...? • Pedir unha comida

6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

6.1. CRITERIOS XERAIS

Para que te fagas unha idea do que debes estudar, e do modo en que debes orientar a

túa aprendizaxe, expoñémosche uns criterios de avaliación xerais que che poden servir de

orientación para seguir estudando inglés, unha vez que teñas aprobado o bacharelato.

Deberás ser capaz de extraer a información global dunha mensaxe oral, de temas que

che sexan familiares e cos que teñas traballado nas titorías. Estas mensaxes orais serán emitidos

por un interlocutor, á velocidade normal.

Tamén deberás ser capaz de extraer esta información global de documentos orais

breves con apoio audiovisual. Trátase de que sexas capaz de comprender textos gravados, ben

sexa en casetes ou en cintas de vídeo. Para levar isto a bo termo explicarémosche primeiro que

información debes extraer do que oias.

Page 17: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

17

Participar en conversacións sinxelas, utilizando as expresións máis comúns na relación

social. Os temas abordados nestas conversacións estarán relacionados co tratado nas titorías e

coa túa experiencia persoal. Por exemplo, na titoría deberás saudar, pedir permiso, despedirte,

solicitar aclaracións, etc., no novo idioma que estás estudando.

Deberás extraer a información global e específica de textos escritos auténticos,

sinxelos, e de extensión limitada, como pode ser unha carta, anuncios publicitarios, letras de

cancións, folletos turísticos, etc.

Tamén terás que ser capaz de ler textos máis amplos coa axuda do dicionario. Por

exemplo, un conto ou unha novela curta, e extraer a idea principal ou argumento

Redactar textos sinxelos e habituais na comunicación escrita, e coa suficiente

corrección para que poidan ser comprendidos. Non importa que teñas algunhas incorreccións

morfosintácticas; o fundamental é que a túa mensaxe se poida entender, o que quere dicir que

fuches capaz de comunicarte.

Empregar os coñecementos que teñas adquirido sobre o código lingüístico do novo

idioma, tanto para comprender as correccións feitas polo titor como para auto-corrixirte.

Esfórzate e arríscate en empregar a lingua que esteas estudando para facerte entender,

botando man de todas as estratexias que xa tes aprendido no estudo da primeira lingua. Trátase

de que perdas o medo á hora de utilizar a nova lingua ou, se o prefires, o medo a cometer erros

e a facer o “ridículo”.

Identificar os elementos socioculturais dos textos cos que traballes, e utilizalos para

comprender mellor estes textos. Por exemplo, saber distinguir se o texto, no caso de ser un

diálogo, supón a utilización dun rexistro culto ou popular; se existen diversas persoas,

identificar polo modo de falar se son xoves, adultas, ou unha mestura de ambas as dúas, etc.

6.2. CRITERIOS ESPECÍFICOS

A aprendizaxe dunha lingua estranxeira moderna a distancia presenta grandes

dificultades, circunstancia que se ve agravada no caso da lingua inglesa, debido sobre todo ás

Page 18: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

18

diferenzas que existen entre a lingua falada e a lingua escrita. Se ademais temos en conta a

problemática que se orixinaría no caso de facer exames de comprensión e expresión oral no

tempo que os calendarios nos dan para as probas trimestrais, parece aconsellable limitar os

exames só a probas escritas.

En consecuencia, os exames serán única e exclusivamente escritos e consistirán

en resolver exercicios iguales ou parecidos aos que aparecen no “Caderno de

Actividades” e nas “Unidades do libro de texto”.

É conveniente que realices todas as actividades de autoavaliación deste caderno

ademais das do libro de texto

Para unha orientación máis completa incluímos, máis adiante, modelos de exame que

che poden servir de guía práctica cando prepares a materia.

6.2.1 AVALIACIÓN TRIMESTRAL

Para aprobar cada unha das probas trimestrais o alumno/a deberá obter 5 puntos en

cada unha delas.

6.2.2 AVALIACIÓN FINAL

Para aprobar a materia o alumno deberá:

• Obter polo menos 14 puntos (sumando as notas das 3 avaliacións) sempre e cando

aprobase a 3ª avaliación.

• Ter dúas avaliacións aprobadas (unha delas ten que ser a 3ª) e obter un mínimo de 13

puntos.

Só haberá recuperación da 3ª avaliación para aqueles alumnos que aprobasen as dúas

anteriores.

O alumno que non se atope en ningún destes casos terá que presentarse ao exame final

de xuño.

Page 19: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

19

7. OUTRO MATERIAL RECOMENDABLE

Aínda que o material que se propón é autosuficiente, é dicir, que nel tes toda a

información necesaria para levar a bo termo estes estudos, convén que saibas da existencia no

mercado dunha gran variedade de libros de lectura graduados a diferentes niveis, que che

axudarán a entreterte ao tempo que mellorar o teu nivel de inglés. A gran maioría das editoriais

inglesas dedicadas á educación teñen series de "readers" ou libros graduados de lectura.

Polo que aos libros de consulta se refire, en especial dicionarios e gramáticas, cómpre

que teñas en conta que tamén existe unha oferta moi variada. En xeral, case que todos eles

están clasificados por niveis (básico, intermedio, avanzado). Mérquelo que merques, pide

sempre a última edición.

En dicionarios dispós de edicións bilingües (español-inglés, inglés-español) e

monolingües. Aínda que a utilización de dicionarios monolingües é moi aconsellable, debes

saber que esixe un bo nivel de inglés.

En canto ás gramáticas, as edicións monolingües son moi numerosas, aínda que tamén

podes encontrar edicións ou versións españolas nalgunhas editoriais ( Cambridge, Oxford,

Alhambra Longman, etc.).

Non obstante, as gramáticas que máis che poden interesar son as que permiten o

estudo autónomo, aquelas que dispoñen dunha parte práctica, de exercicios coa súa

correspondente clave de respostas. Infórmate ben, xa que moitas veces podes encontrar a

mesma gramática en edicións diferentes, con ou sen respostas, ou que estas estean editadas

nun volume separado. En calquera caso sempre podes consultar o teu titor.

Page 20: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

20

8. PROTOTIPO DE EXAME

Seminario de Inglés 2ª Lingua. Curso 1º.

Apelidos _______________________________________Nome___________________

A.- Complete with a, an or the

1) Can I have a piece of paper, please?

2) Please, look at______ board.

3) They speak ________ little Japanese.

4) What does he do? He's ______ actor.

5) Have ________ nice day!

6) “A” is ______ first letter of ___ English alphabet.

B.- Nouns. Write the plural.

Singular Plural Singular Plural

1) a bus buses 6) life 2) a language 7) a computer

3) city 8) a horse

4) sandwich 9) a tree

5) a monkey 10) a fax

C.- Possessive. Complete.

1) She lives with her brother and sister.

2) house (his friend) It's his friend's house.

3) We live with __________ children.

4) girlfriend (my brother). She's _______________________________

5) Do you live with __________ family?

6) cats (your aunt)? Are they ______________________________?

7) Do they live with _________ parents?

Page 21: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

21

8) France is famous for _________ cheese.

D.- Prepositions of time. Write in, on, at, or nothing (-). 1) in the morning 7) ________ the weekend 2) _______ Tuesday 8)_________Tuesday night 3)______ 6.30 9)________ dinner-time 4) _______ March 10) ________ midnight 5) ________tonight 11) ________ this evening 6) _______ next lesson 12) __________tomorrow night

E.- Questions/Short answers. Complete with do / don't; does /doesn’t or verb be.

1) Do you study French? No, I don't. 2) Are you married? No, we aren't. 3) _______ they work here? Yes, they __________

4) _______your friends like Chinese food? No, they _______

5) ______she South American? No, she _________

6) _______he happy? Yes, he ________

7) ______that your bag? No, it ________

8) ______ you want to learn English? Yes, I ____

9) ________ he work? No, _______

F.- Expressions of frequency. Write sentences. 1)I often I forget names

I often forget names. 2) come to doesn't class he usually _____________________________________ 3) Sergei exercise any never does _____________________________________ 4) work day every does Tessa ? _____________________________________ 5) once we play week golf a ______________________________________ 6) birthdays always do you remember? _______________________________________

Page 22: INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA€¦ · 4 dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais coma ás relacións entre diferentes

22

9. BIBLIOGRAFÍA

GRAMÁTICAS:

1)English Grammar for ESO (Con Cd ROM) Edición Español. Lance Kinnick. Burlington

Books

2)Essential Grammar in Use (Nueva Edición) con solucionario en instrucións en español.

Raymond Murphy. Cambridge University Press

3)Elementary English Grammar (New Edition). Dave Wills. Coollins Cobuild

4)English Grammar with exercises for Bachillerato. Rodrigo Fernández Carmona

Pearson Longmans

5)Elementary Language Practice for Spanish Students. Michael Vince (Con solucionario).

MACMILLLAN HEINEMANN

6) Grammar in Steps, Practice Book. David Bolton. Richmond Publishing.

DICIONARIOS:

1)Longman Pocket Plus

Diccionario Bilingüe. Español- Inglés; Inglés-Español

2)Cambridge Learners Dictionary (monolingüe). Cambridge University Press.

3)Larousse. Gran Diccionario. Español-Inglés; Inglés-Español. Laroussse Bordas.

4)Oxford Advanzado (Español-Inglés; Inglés –Español)

5)Oxford Pocket para estudantes de inglés. Español-inglés; Inglés-Español

6)Macmillan Diccionario Pocket.

Santiago de Compostela, xuño 2006.