programaciÓn por orde · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas...

74

Upload: others

Post on 13-Apr-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes
Page 2: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

PROGRAMACIÓN POR ORDE ALFABÉTICA

DO 20.10 AO 27.10

NAS PÁXINAS SEGUINTES, INFORMACIÓN DETALLADA DE TODOS OS FILMES

Page 3: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

Xoves 26. 19:30. Cines Ourense PonteVella - GalicineVenres 27. 17:00. Cines Ourense PonteVella - Galicine

Sección

3

69 MINUTES OF 86 DAYS69 minutos de 86 días

Egil Håskjold Larsen | 2017 | Noruega | 70’

SINOPSE: Nunha ruta chea de chalecos salvavidas, dentro dunha multitude que foxe, aparece lentamente unha nena de tres anos coa súa pequena mochila. Entende a gravidade da súa situación e da da súa familia, pero repleta do abraio propio dos nenos continúa a súa travesía. Por cada paso que avanza emana un devecido sentimento de esperanza, xa que Lean está un paso máis preto do seu avó en Suecia.

Competición Óperas Primas

Page 4: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

4

Foco Marília Rocha

A CIDADE ONDE ENVELHEÇOA cidade onde envellezo // La ciudad donde envejezco / Where I Grow Old

Marília Rocha | 2016 | Brasil, Portugal | 99’

SINOPSE: Francisca, unha moza portuguesa que vive en Brasil, acolle na súa casa á súa vella amiga Teresa. Namentres Teresa descobre o lugar onde quere instalarse, Francisca estraña a súa vida en Lisboa. A película segue o profundo vínculo que crece entre elas, forzándoas a enfrontarse a desexos contrapostos: a vontade de irse a un país descoñecido e unha nostalxia incesante do fogar.

Sábado 21. 17:00. Cines Ourense PonteVella - Galicine*Venres 27. 22:15. Cines Ourense PonteVella - Galicine*Coa presenza de Marília Rocha (directora)

Page 5: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

5

Xoves 26. 19:30. Cineclube Padre Feijoo**Coa presenza de Marília Rocha (directora)

A FALTA QUE ME FAZA falla que me fai // La falta que me hace / Like Water Through Stone

Marília Rocha | 2009 | Brasil | 85’

SINOPSE: Durante un inverno, rodeadas pola Serra do Espinhaço, un grupo de rapazas vive o fin da mocidade. Un romanticismo imposible deixa marcas nos seus corpos e na paisaxe ao seu redor. En medio de conversas, obrigas e praceres cotiáns, cada unha delas atopa un xeito particular de rodear a soidade e enfron-tarse ás incertezas dun futuro próximo.

Foco Marília Rocha

Page 6: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

Cinema Galego

6

Cinema Galego

A HISTORIA DUN SATÉLITELa historia de un satélite / The Story of a Satellite

Miriam e Sonia Albert-Sobrino (Also Sisters) | 2017 | España | 75’

SINOPSE: Case vinte anos despois de perder ao seu pai esmagado por un satéli-te, Rafael, un enterrador, dáse conta de que toda a súa vida orbitou na dirección equivocada. Coa axuda do seu “escudeiro” Melito, Rafael comezará unha viaxe que xamais tería anticipado.

Luns 23. 22:15. Cines Ourense PonteVella - Galicine**Coa presenza de Alfonso Míguez (protagonista e produtor)

Síntomas

Page 7: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

7

Mércores 25. 19:30. Cines Ourense PonteVella - Galicine**Coa presenza de Marília Rocha (directora)

ABOIOGandeiros // Ganaderos / Cattle Callers

Marília Rocha | 2005 | Brasil | 73’

SINOPSE: No interior de Brasil, penetrando nas extensións semi-áridas da caa-tinga, hai homes que aínda hoxe conservan hábitos antigos, coma o costume de afalar o gando cun canto. As súas voces levan o eco de lamentos improvisados e sen palabras, que se prolongan polos campos do sertão.

Foco Marília Rocha

Page 8: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

8

Luns 23. 19:30. Cines Ourense PonteVella - GalicineMartes 24. 17:00. Cines Ourense PonteVella - Galicine

ABSCHIED VON DEN ELTERNAdeus aos pais // Adiós a los padres / Farewell To The Parents

Astrid Johanna Ofner | 2017 | Austria | 80’

SINOPSE: Abschied Von Den Eltern baséase na historia homónima de de Peter Weiss de 1960. Seguindo o relato autobiográfico de Weiss sobre a súa infancia e adolescencia e a odisea da súa familia medio xudía por Europa nas décadas de 1930 e 1940, a película explora cinematograficamente a loita dun mozo pola súa independencia persoal e por converterse en pintor e escritor.

Competición Óperas Primas

Page 9: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

9

Luns 23. 17:00. Cineclube Padre Feijoo**Coa presenza de Marília Rocha (directora)

ACÁCIO

Marília Rocha | 2008 | Brasil | 88’

SINOPSE: Logo de 30 anos en Angola, o etnólogo portugués Acácio Videira e a súa esposa María da Conceição múdanse ao Brasil, levando como bagaxe un extenso rexistro da vida dos pobos angolanos e os colonos portugueses. Entre-lazando lembranzas, imaxes e relatos persoais, o filme emprende unha viaxe afectiva ao pasado da parella e reconstrúe os lazos históricos e políticos dos tres países nos que viviron.

Foco Marília Rocha

Page 10: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

10

Domingo 22. 22:15. Cineclube Padre Feijoo

AGARRANDO PUEBLOOs vampiros da miseria / The Vampires of Poverty

Carlos Mayolo, Luis Ospina | 1977 | Colombia | 28’

SINOPSE: Mesturando posta en escena e realidade, Agarrando pueblo segue un grupo de rodaxe alemán que persegue horrores sociais arquetípicos na Co-lombia de 1977. Luis Ospina e Carlos Mayolo realizan unha película contrainfor-mativa que denuncia o que chamaron “pornomiseria”: a explotación documen-tal das penurias terceiromundistas para os públicos occidentais.

Manifestos

Page 11: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

11

Mércores 25. 19:30. Teatro Principal*Xoves 26. 22:15. Cines Ourense PonteVella - Galicine**Coa presenza de Jorge Cramez (director) e Jaime Freitas (protagonista)

AMOR, AMOR

Jorge Cramez | 2017 | Portugal | 107’

SINOPSE: Amor, amor conta a historia dun grupo de amigos que pasa o aninovo en Lisboa vivindo os zigzags do amor. Hai quen van descubrirse a eles mesmos, quen van descubrir o amor e quen van descubrir os límites da súa liberdade. En aninovo todo pode cambiar, pero non exactamente como un agarda.

Competición Iberoamericana

Page 12: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

12

Luns 23. 22:15. Teatro PrincipalMércores 25. 22:15. Cineclube Padre Feijoo

ARÁBIAArabia / Araby

Affonso Uchoa, João Dumans | 2017 | Brasil | 96’

SINOPSE: André é un neno que vive nun barrio industrial de Ouro Preto (Brasil), preto dunha antiga fábrica de aluminio. Un día atopa o caderno dun dos traba-lladores da fábrica.

Síntomas

Page 13: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

13

Domingo 22. 19:30. Teatro PrincipalLuns 23. 17:00. Cines Ourense PonteVella - Galicine

ATRÁS HAY RELÁMPAGOSAtrás hai lóstregos / Lightning Falls Behind

Julio Hernández Cordón | 2017 | Costa Rica, México | 88’

SINOPSE: Sole e Ana andan nas súas bicis pola cidade. Elas investigan uns co-ches vellos abandonados, que son unha herdanza da avoa de Sole, coa intención de montar unha compañía de taxis. Pero a súa amizade verase en perigo cando atopan unha sorpresa nun dos maleteiros.

Competición Iberoamericana

Page 14: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

14

Sábado 21. 19:30. Cineclube Padre Feijoo**Coa presenza de Mariano Llinás

BALNEARIOSBath Resorts

Mariano Llinás | 2002 | Arxentina | 81’

SINOPSE: Unha extravagante e risoña enciclopedia de costumes e historias dos balnearios de Arxentina. A idea de cidades dedicadas unicamente ao ocio, á auga e ao descanso, deshabitadas en inverno e ateigadas en verán, e cheas de orna-mentos e nomes mariños, resulta, en certa medida, fascinante. É a devandita fascinación a que rexe este filme.

Foco Mariano Llinás

Page 15: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

15

Mércores 25. 22:15. Cines Ourense PonteVella - Galicine*Xoves 26. 17:00. Cines Ourense PonteVella - Galicine*Coa presenza de Juliana Antunes (directora)

BARONESA

Juliana Antunes | 2017 | Brasil | 70’

SINOPSE: Andreia quere mudarse. Leid está a esperar ao seu marido, que está no cárcere. Son veciñas dunha favela de Belo Horizonte que tentan escapar dos perigos cotiáns da guerra contra o narcotráfico que ten lugar aí fóra e evitar a traxedia que vén coa choiva.

Competición Óperas Primas

Page 16: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

16

Venres 27. 19:30. Cines Ourense PonteVella - Galicine

COCOTE

Nelson Carlo de los Santos Arias | 2017 | Arxentina, Alemaña, República Dominicana | 72’

SINOPSE: Alberto, un xardineiro evanxélico, regresa á súa cidade natal para asistir ao funeral do seu pai, asasinado por un home influente. Para chorar ao falecido, vese obrigado a participar en celebracións relixiosas que son contrarias á súa vontade e ás súas crenzas.

Iberoamericana. Fóra de Competición

Page 17: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

17

Sábado 21. 17:00. Auditorio Municipal de Ourense*Venres 27. 22:15. Cines Ourense PonteVella - Galicine*Coa presenza de Andrés Goteira (director), Melania Cruz, Antonio Durán “Morris”, Carlos Blanco, Iván Marcos, Xosé López, Enrique Lojo e María Costas (reparto)

DHOGS

Andrés Goteira | 2017 | España | 85’

SINOPSE: Mentres un estraño personaxe cruza as rúas da cidade ao volante dun taxi, no bar dun luxoso hotel está Alex, unha muller que goza dunha última copa, inconsciente dos sucesos que a sobrepasarán nas próximas horas. Unha fugaz aventura cun executivo levaráa a unha espiral de violencia sen sentido apa-rente, obrigándoa a percorrer unha senda de sufrimento fóra do seu control.

Síntomas

Cinema Galego

Page 18: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

18

Mércores 25. 17:00. Cineclube Padre Feijoo**Coa presenza de Meghan Monsour (directora de programación de Ambulante)

EL OMBLIGO DEL COCOSHLEO embigo do cocoshle / Retracing Steps

David Antonio Martínez Pinacho | 2017 | México | 41’

SINOPSE: No ocaso da súa vida, María decide emprender unha viaxe ao lugar onde naceu, onde deixou o seu embigo e do cal foi exiliada 50 anos atrás debido a conflitos sociais. María inicia a súa travesía co propósito de recoller os seus pasos e de recoñecerse na súa terra, sendo a súa condición física e de saúde obstáculos que terá que sortear e que porán de manifesto a súa fe e fortaleza espiritual.

Extramuros

Page 19: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

19

Martes 24. 22:15. Cines Ourense PonteVella - Galicine*Mércores 25. 17:00. Cines Ourense PonteVella - Galicine**Coa presenza de Jeffrey Dunn Rovinelli (director)

EMPATHYEmpatía

Jeffrey Dunn Rovinelli | 2016 | USA | 83’

SINOPSE: Unha traballadora sexual queer móvese entre cidades e estados mentais mentres tenta deixar a súa adicción á heroína. As liñas entre obser-vación e actuación e entre documental e ficción van volvéndose cada vez máis borrosas.

Competición Óperas Primas

Page 20: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

20

Martes 24. 19:30. Cines Ourense PonteVella - Galicine*Mércores 25. 20:30. Novo Cine Leiro*Coa presenza de Manuel Lógar (director)

ENTRE LA OLA Y LA ROCAEntre a onda e a rocha / Between the Rock and the Wave

Manuel Lógar | 2017 | España | 89’

SINOPSE: En Muxía, na Costa da Morte, os percebeiros xogan a vida día a día en cantís e illotes, buscando o prezado marisco co que sobrevivir. No Nadal con-seguen a metade dos seus ingresos anuais, enfrontándose a un mar tremenda-mente perigoso. Trece anos despois da traxedia do Prestige, o filme retrata o traballo de persoas que viven ao límite, tanto económico como vital.

Síntomas

Cinema Galego

Page 21: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

21

Domingo 22. 19:30. Cineclube Padre Feijoo* Luns 23. 22:15. Cineclube Padre Feijoo* *Coa presenza de Jeannette Muñoz (directora)

ENVÍOS

Jeannette Muñoz | 2005 - | Alemaña, Suiza, Chile, Francia, Bélxica | de varios segundos a varios minutos

Envíos é unha serie aínda inconclusa, da que se proxectarán as seguintes pezas:Envío 1 (2005) para Ute Aurand , Envío 3 (2005) para Manfred Werder, Envío 5 (2006) para Cristobalina Huaiquián, Envío 6 (2007) para Sofia Werder, Envío 8 (2009) para Helga Fanderl, Envío 12 (2009) para Cristobalina Huaiquián, Envío 13 (2009) para Claudia Muñoz, Envío 15 (2009) para Varinia Canto Vila, Envío 21 (2009) para Bárbara Figueroa, Envío 22 (2010) para Annette Carle, Envío 23 (2010) para Robert Beavers, Envío 24 (2010) para Helga Fanderl, Envío 25 (2011) para Varinia Canto Vila, Envío 26 (2013) para Fernando O. e Reinhardt S., Envío 27 (2013) para Claudia Muñoz Candia, Envío 29 (2013) para Claudino Muñoz P., Envío 32 (2017) para Fernando Orrego, Envío 33 (2017) para Chicoco e Envío 34 (2017) para Tania Masanti.

SINOPSE: Envíos é un cinema que deixa de ser cinema para converterse nun espa-zo que nos amosa o que foi, o que é e o que podería ser. Son secuencias, eventos, ocorrencias, fragmentos, momentos, segundos. Envíos non posúe obxecto ou suxei-to, os seus compoñentes son heteroxéneos. Envíos habita simultaneamente o íntimo e o público. Foi realizado con e/ou para unha persoa e será presentado en público.

Foco Jeannette Muñoz

Page 22: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

22

ERA UMA VEZ BRASÍLIAHabía unha vez en Brasília // Érase una vez en Brasília / Once there was Brasília

Adirley Queirós | 2017 | Brasil, Portugal | 98’

SINOPSE: En 1959, o axente intergaláctico WA4 é arrestado por facer unha asig-nación ilegal e é lanzado ao espazo. Recibe unha misión: vir á Terra e matar o presidente, Juscelino Kubitschek, no día da inauguración de Brasília. A súa nave pérdese no tempo e aterra en 2016 en Ceilândia. Só Andreia, unha raíña da pos-guerra, pode axudar ao exército a matar os monstros que habitan o Congreso Nacional hoxe.

Martes 24. 22:30. Teatro PrincipalMércores 25. 17:00. Teatro Principal

Competición Iberoamericana

Page 23: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

23

Luns 23. 22:15. Cines Ourense PonteVella - GalicineMartes 24. 17:00. Cines Ourense PonteVella - GalicineXoves 26. 22:00. Auditorio Municipal do Carballiño

ESA ERA DANIAThat Was Dania

Dariela Ludlow Deloya | 2016 | México | 72’

SINOPSE: Esa era Dania retrata a crúa realidade á que se enfronta unha nai adolescente sen rumbo e na procura da súa identidade. É a historia dunha moza que se enfronta ao desafío que implica criar unha rapaza soa, mentres busca reinventarse cada día, nun medio social que se amosa implacable ante calquera erro que se cometa.

Competición Iberoamericana

Page 24: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

24

Luns 23. 22:15. Cines Ourense PonteVella - Galicine**Coa presenza de Sara Casasnovas (directora e protagonista) e Iván Marcos (prota-gonista)

ESCARABANA

Sara Casasnovas | 2017 | España | 10’

SINOPSE: A fame, a bruma, a fuxida. Unha parella atrapada na eternidade. Unha viaxe sen fin cara a propia natureza, conducindo Cadillacs e escapando do sol.

Síntomas

Cinema Galego

Page 25: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

25

Xoves 26. 22:15. Cines Ourense PonteVella - Galicine

EUROPA

Hugo Amoedo | 2017 | España, Bélxica | 28’

SINOPSE: Lembro que Europa e eu non estabamos pasando polo mellor momento.

Síntomas

Cinema Galego

Page 26: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

26

Martes 24. 22:15. Cines Ourense PonteVella - Galicine

FARPÕES BALDIOSForcas, páramos // Horcas, páramos / Barbs, Wastelands

Marta Mateus | 2017 | Portugal | 25’

SINOPSE: Tras xeracións de miseria e fame negra, a Revolución dos Caraveis sementou a promesa dunha reforma agraria para os labregos portugueses. Prin-cipalmente na rexión do Alentexo, os agricultores ocuparon as enormes leiras onde estiveran sometidos ao poder dos seus propietarios. En Farpões, Baldios, algúns participantes daquela loita por unhas mellores condicións laborais contan a súa historia aos mozos de hoxe.

Síntomas

Page 27: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

27

Sábado 21. 22:15. Cines Ourense PonteVella - GalicineDomingo 22. 17:00. Cines Ourense PonteVella - Galicine

GARMONIAHarmonía // Armonía / Harmony

Lidia Sheinin | 2017 | Rusia | 62’

SINOPSE: Ao precisar un coidador, unha anciá illada vese obrigada a compartir o seu apartamento coa súa neta e os seus catro bisnetos. Podería ser a ocasión de infundir nova vida nunha existencia chea de recordos calcificados do pasado, pero o seu piano de cola interponse para iso.

Competición Óperas Primas

Page 28: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

28

Martes 24. 17:00. Cineclube Padre Feijoo**Coa presenza de Mariano Llinás (director)

HISTORIAS EXTRAORDINARIASExtraordinary Stories

Mariano Llinás | 2008 | Arxentina | 245’

SINOPSE: Como se se tratase dunha enciclopedia sobre as ficcións clásicas de aventuras, este filme toma como principio tres puntos de partida clásicos que constitúen unha trama complexa e surrealista. Explosións que ocorren para nin-guén en medio do campo, leóns abandonados, afastados relatos da Segunda Guerra Mundial… centos de historias que acaban por conformar unha sorte de ensaio sobre a ficción.

Foco Mariano Llinás

Page 29: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

29

Sábado 21. 17:00. Cines Ourense PonteVella - GalicineXoves 26. 19:30. Cines Ourense PonteVella - Galicine

JUAN MOREIRA

Leonardo Favio | 1973 | Arxentina | 105’

SINOPSE: A finais do século XIX, o gaucho Juan Moreira é encarcerado por rebelarse contra os abusos dos poderosos. Enfróntase á policía e a súa historia é difundida entre paisanos e traballadores, obtendo o respecto e admiración do pobo. Porén, o seu prestixio fai que se convirta nun comodín de guerra para os bandos dos xenerais Mitre e Alsina na chamada Revolución de 1874.

Manifestos

Plan Recuperar

Page 30: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

30

Sábado 21. 19:30. Cines Ourense PonteVella - GalicineDomingo 22. 22:15. Cines Ourense PonteVella - Galicine

KISS AND CRYBicar e chorar / Besar y llorar

Chloé Mahieu & Lila Pinell | 2017 | Francia | 80’

SINOPSE: Con 15 anos, Sarah retoma a patinaxe artística no club de Colmar sen saber se o está a facer por si mesma ou pola súa nai. Enfróntase á violencia da competición de alto nivel, á rivalidade entre as rapazas e ás duras palabras do adestrador. Mentres que o seu corpo é posto a punto polo xeo, os seus desexos adolescentes fanlle desviar a súa atención das súas ambicións deportivas.

Competición Óperas Primas

Page 31: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

31

Xoves 26. 22:15. Cines Ourense PonteVella - Galicine

L’IMMAGINE RITROVATA | W.I.P.

José Manuel Mouriño | 2018 | España, Italia | Duración

SINOPSE: Este proxecto trata sobre a esencial fraxilidade das imaxes, así como do empeño de quen tenta demorar o maior tempo posible a súa inevitable desa-parición final. Para iso, adóptase como exemplo o traballo de restauración e con-servación de materiais cinematográficos levado a cabo en L’immagine ritrovata (Cineteca de Boloña), un dos máis importantes laboratorios neste eido.

Extramuros

Cinema Galego

Page 32: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

32

Xoves 26. 22:15. Cines Ourense PonteVella - Galicine

LA CASA DEL ÁRBOLA casa da árbore / The Treehouse

Juan Sebastián Quebrada | 2017 | Colombia | 16’

SINOPSE: Hoxe, Verónica e Mateo empezan a vivir xuntos. Será este o comezo ou a fin?

Síntomas

Page 33: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

33

Domingo 22. 17:00. Cines Ourense PonteVella - Galicine*Venres 27. 19:30. Teatro Principal*Coa presenza de Mariano Llinás (director)

LA FLOR (PARTE I)A flor (parte I) / The Flower (Part I)

Mariano Llinás | 2009-2016 | Arxentina | 220’

SINOPSE: La Flor é unha complexa narrativa integrada por seis relatos indepen-dentes interpretados polas mesmas actrices. O obxectivo é dobre: por un lado, converter as actrices en máquinas de narrar; depositar no seu corpo a respon-sabilidade de dar conta das devanditas ficcións. Polo outro, que o salto dunha ficción a outra nos revele, a longo prazo, as verdadeiras facianas desas mulleres.

Foco Mariano Llinás

Page 34: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

34

Venres 27. 22:00. Auditorio Municipal de Ourense

LA LEY DE LA FRONTERAA lei da fronteira / The Law of the Frontier

Adolfo Aristarain | 1995 | Arxentina, España | 117’

SINOPSE: É o ano 1900, e en ambos lados da fronteira galego-portuguesa na-cen dous nenos: João é portugués e está destinado a vestir hábitos; Xan é galego e o que lle espera é traballar duro como seu pai. Vinte e tantos anos despois os dous foxen dos seus respectivos destinos e as súas vidas reencóntranse na raia, na que se cruzarán cunha bela xornalista americana e un lendario bandido.

Clausura

Plan Recuperar

Page 35: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

35

Martes 24. 19:30. Cines Ourense PonteVella - Galicine*Mércores 25. 17:00. Cines Ourense PonteVella - Galicine**Coa presenza de Florencia Romano (directora)

LA NOCHE POLARA noite polar / Polar Night

Florencia Romano | 2016 | Arxentina | 61’

SINOPSE: Julián obsesiónase cunha estraña eclipse solar que está afectando ao planeta. Aínda que se estima que o sol volverá saír en 15 días, el está convencido de que a noite se estenderá para sempre.

Competición Iberoamericana

Page 36: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

36

LA VENDEDORA DE FÓSFOROSA vendedora de mistos / The little match girl

Alejo Moguillansky | 2017 | Arxentina | 69’

SINOPSE: A vendedora de fósforos de Andersen. O burro de Au hasard Bal-thazar de Bresson. O desamor e a reconciliación imposible entre un guerrilleiro alemán e unha delicada pianista arxentina. O modernista Helmut Lachenmann, tratando de montar unha ópera demencial coa orquestra en folga en medio dun paro de transportes en Bos Aires. Marie e Walter, tentando subsistir xunto á súa pequena filla, completan o friso de figuras marxinais a quen está dedicada esta oda ao limen e á resistencia.

Competición Iberoamericana

Luns 23. 19:30. Teatro Principal*Martes 24. 17:00. Teatro Principal**Coa presenza de Alejo Moguillansky (director)

Page 37: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

37

LAS CINÉPHILASAs cinéphilas / The cinéphiles

María Álvarez | 2017 | Arxentina | 74’

SINOPSE: As cinéfilas do título son mulleres xubiladas de Arxentina, España e Uruguai, que van ao cine todas as tardes. Como unha goteira, a ficción vai en-trando nas súas vidas e deixa pegadas na memoria.

Competición Iberoamericana

Xoves 26. 19:30. Teatro Principal*Venres 27. 17:00. Cines Ourense PonteVella - Galicine*Coa presenza de María Álvarez (directora), Tirso Díaz-Jares Rueda (produtor) e Paloma Díez-Picasso (protagonista)

Page 38: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

38

Xoves 26. 22:15. Cineclube Padre Feijoo**Coa presenza de Héctor Fáver (director)

LESA HUMANITATLesa humanidade // Lesa humanidad / Crimes Against Humanity

Héctor Fáver | 2017 | España | 109’

SINOPSE: Lesa Humanitat é unha reflexión sobre a necesidade urxente dunha actuación sobre a Xurisdición Universal que permita actuar onde outras iniciati-vas fallan. O filme procura dar voz ás esquecidas vítimas da España franquista e ser catalizador para difundir diferentes feitos hoxe en día descoñecidos por gran parte da sociedade que, no mellor dos casos, coñeceron unha versión manipula-da dos feitos.

Extramuros

Page 39: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

39

Mércores 25. 19:30. Cines Ourense PonteVella - GalicineXoves 26. 17:00. Cines Ourense PonteVella - Galicine

LOS GLOBOSOs globos / Balloons

Mariano González | 2016 | Arxentina | 65’

SINOPSE: Logo de dous anos en rehabilitación, César traballa nunha fábrica de globos nos suburbios. O seu ex sogro fórzao a facerse cargo do seu fillo Alfonso, cuxa nai morreu nun accidente. Porén, César ten plans para dar a Alfonso en adopción.

Competición Iberoamericana

Page 40: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

40

Xoves 26. 22:15. Teatro Principal**Coa presenza de Ana Patricia Sousa (Xenon Films)

LOS OCHOSEISOs 86 / The 86

Javier Mujica | 2017 | Venezuela | 96’

SINOPSE: Na Caracas de mediados dos anos 80 nace a banda criminal Los Ochoseis como resultado da descomposición social que logo se fixo evidente neste país suramericano. Os malfeitos destes bandidos foron evidenciados pola prensa do momento converténdoos nunha das bandas criminais máis coñecidas daquela.

Síntomas

Page 41: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

41

Xoves 26. 22:15. Cines Ourense PonteVella - Galicine**Coa presenza de Ángel Santos (director) e Manuel Moldes (protagonista)

M. (MANUEL MOLDES PONTEVEDRA SUITE, 1983-1987)

Ángel Santos | 2017 | España | 14’

SINOPSE: Retrato do pintor pontevedrés Manuel Moldes e os traballos que rea-liza na preparación dunha retrospectiva sobre a súa obra.

Manifestos

Cinema Galego

Page 42: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

42

Mércores 25. 17:00. Cineclube Padre Feijoo**Coa presenza de Meghan Monsour (directora de programación de Ambulante)

MAGDA O EL PUEBLO DE LOS PESCADOSMagda ou a vila do peixe / Magda or the Fishing Town

Dahlia Sosa Hernández, Xareni Zafra Gatica | 2016 | México | 30’

SINOPSE: Magda, unha aprendiz de comadroa de 23 anos, recibe en soños a misión de axudar a combater a violencia que rodea as mulleres da súa vila, San Mateo del Mar (Oaxaca), unha comunidade de pescadores.

Extramuros

Page 43: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

43

Mércores 25. 22:15. Teatro PrincipalXoves 26. 17:00. Teatro Principal

MARIANA

Chris Gude | 2017 | Colombia | 64’

SINOPSE: La Guajira é unha península fronteiriza entre Colombia e Venezuela de nativos resoltos e tamén de aventureiros desherdados. Algúns alí aproveitan o territorio periférico para contrabandear por portos illados e sobre deserto es-cabroso. Eles escriben a súa proclama rebelde nas areas de entrecruzadas rutas e os seus motores avariados acompañan as súas voces solitarias cunha música heterodoxa, animando a súa indisciplina e adhesión ao puro movemento.

Competición Iberoamericana

Page 44: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

44

Domingo 22. 22:15. Cineclube Padre Feijoo

MEMORIAS DEL SUBDESARROLLOMemorias do subdesenvolvemento / Memories of Underdevelopment

Tomás Gutiérrez Alea | 1968 | Cuba | 108’

SINOPSE: Este filme narra a vida de Sergio, un burgués que decide quedar en Cuba mentres toda a súa familia abandona o país logo do triunfo da Revolución. Sergio buscará un sentido á súa vida escribindo as súas memorias, e a Revolu-ción convértese nun reto: tentará comprendela e atopar unha coherencia dentro do seu sistema de valores.

Manifestos

Page 45: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

45

Domingo 22. 22:15. Teatro PrincipalLuns 23. 17:00. Teatro PrincipalMartes 24. 20:00. Auditorio do Carballiño.

MI ÚLTIMO FRACASOO meu último fracaso / My Last Failure

Cecilia Kang | 2016 | Arxentina | 63’

SINOPSE: Nun país á vez estranxeiro e propio, o percorrido a través das rela-cións sentimentais de tres mulleres da colectividade coreana en Arxentina lé-vanos a comprender as diferentes maneiras nas que a nosa identidade cultural afecta as nosas decisións máis íntimas.

Competición Óperas Primas

Page 46: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

46

Domingo 22. 17:00. Cineclube Padre Feijoo

NORMÁLNÍ AUTISTICKÝ FILMNormal Autistic Film

Miroslav Janek | 2016 | República Checa | 88’

SINOPSE: Miroslav Janek segue a cinco nenos notables que a sociedade cata-logou de forma consistente e pouco favorecedora como “autistas”. Desafíanos a deixar de percibir o autismo coma un diagnóstico médico dunha vez por todas e a tratar de entendelo como unha forma de pensar fascinante que a miúdo é tremendamente difícil de descifrar.

Extramuros

Page 47: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

47

Martes 24. 22:15. Cines Ourense PonteVella - Galicine**Coa presenza de Iván Nespereira (director)

NUEVA GALICIA

Iván Nespereira | 2017 | España | 27’

SINOPSE: O océano Atlántico, o río Amazonas, o río Ucayali, o río Abujao. Un barco de contedores, unha barcaza, unha canoa. Unha viaxe buscando os rastros de dous movementos: o da árbore do caucho levada da Amazonía a Europa por un explorador británico en 1876 e o dun grupo de galegos que emigran ao Ama-zonas peruano atraídos polo auxe económico que xerou a extracción do caucho.

Extramuros

Cinema Galego

Page 48: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

48

Martes 24. 19:30. Teatro Principal*Venres 27. 19:30. Cines Ourense PonteVella - Galicine*Coa presenza de Takehiro Ito (director)

OUT THEREAí fóra / Ahí fuera

Takehiro Ito | 2016 | Xapón, Taiwán | 142’

SINOPSE: A película trata dunha parella local que dedide emigrar aos Estados Unidos desde Taiwán nos anos 70. Durante unha audición, Haruo coñece a Ma, un taiwanés que patina polas rúas de Tokio. Haruo recoñece nel a mesma identi-dade e alienación xeográfica que sempre lle afectou. Golpeado pola desorienta-ción existencial de Ma, decide transformar o seu sentimento no tema central da película.

Competición Óperas Primas

Page 49: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

49

Luns 23. 19:30. Cineclube Padre Feijoo**Coa presenza de José Manuel Mouriño (director)

Sección

Cinema Galego

Extramuros

PESSOA/LISBOA

Alberto Ruiz de Samaniego, José Manuel Mouriño | 2016 | España | 90’

SINOPSE: Este documental explora os principais lugares de Fernando Pessoa na cidade de Lisboa. A deriva confronta distintas citas extraídas da súa obra con 22 emprazamentos da capital portuguesa. Ademais deste diálogo entre espazos e fragmentos dos seus textos, o proxecto sérvese dun amplo fondo de imaxes de arquivo do poeta e da cidade nos anos nos que viviu aló.

Cinema Galego

Page 50: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

50

Mércores 25. 19:30. Cines Ourense PonteVella - Galicine**Coa presenza de Héctor Carré (director), María Cedrón (xornalista)

POST TRUTH TIMES. WE THE MEDIA

Héctor Carré | 2017 | España | 100’

SINOPSE: Post Truth Times segue a diferentes xornalistas mentres fan o seu traballo (incluíndo a Gay Talese, Amy Goodman, Aron Pilhofer, Noam Chomsky, Iñaki Gabilondo ou María Cedrón) coa intención de descubrir se o previsible fin da prensa impresa podería significar un perigo para o xornalismo independente de verificación e, polo tanto, para a propia democracia.

Manifestos

Cinema Galego

Page 51: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

51

Luns 23. 22:15. Cineclube Padre Feijoo**Coa presenza de Jeannette Muñoz (directora)

PUCHUNCAVÍ (FRAGMENTOS 1-13)Puchuncaví (Fragments 1-13)

Jeannette Muñoz | 2014 - 2017 | Chile | 25’

SINOPSE: Puchuncaví era un enclave de aborixes chilenos, e as complicadas estruturas do que chamamos un “emprazamento” sempre o perseguiron. O seu nome deriva de Mapudungún e significa “onde abundan as festas”, referíndose á tradición das festas autóctonas. Isto contrasta co desenvolvemento industrial recente da zona que inclúe un porto de embarque que podería considerarse como a intersección do enclave.

Foco Jeannette Muñoz

Page 52: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

52

Martes 24. 22:15. Cines Ourense PonteVella - Galicine**Coa presenza de Jaione Camborda Coll (directora)

RAPA DAS BESTAS

Jaione Camborda Coll | 2017 | España | 10’

SINOPSE: A tradición e o espectáculo lévannos a ser testemuñas da relación corpo a corpo do home e o animal nun contexto de loita.

Síntomas

Cinema Galego

Page 53: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

53

Sábado 21. 22:15. Cines Ourense PonteVella - Galicine*Domingo 22. 17:00. Teatro Principal*Coa presenza de Rubén Mendoza (director)

SEÑORITA MARÍA, LA FALDA DE LA MONTAÑASeñorita María, a faldra da montaña / Miss María, Skirting the Mountain

Rubén Mendoza | 2017 | Colombia | 90’

SINOPSE: Boavita é unha aldea labrega, conservadora e católica, incrustada nos Andes, detida no tempo. Nas faldras das súas montañas vive a Señorita María. Ten 45 anos e naceu sendo neno. O que parecía ser outra vida máis sumida nos conflitos de xénero agocha unha inimaxinable historia familiar, adubada con odio desde as súas máis profundas raíces, e cuxo cabuxo expiatorio é a Señorita. Pero o seu poder aliméntase desas mesmas forzas, a dos animais e a montaña. Non houbo escuridade que fose quen de derrubala ou eclipsala.

Competición Iberoamericana

Page 54: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

54

Mércores 25. 22:15. Cines Ourense PonteVella - Galicine**Coa presenza de Aser Álvarez (director)

SÍSIFO CONFUSO. TRABALLOS E DÍAS DE FRANCISCO LEIROSísifo confuso. Trabajos y días de Francisco Leiro Sisyphus Confused. Works and Days of Francisco Leiro

Aser Álvarez | 2016 | España, Portugal, USA | 62’

SINOPSE: Este documental sobre os traballos e os días de Francisco Leiro non pretende ser unha biografía nin tampouco unha presentación da súa obra, se-nón simplemente amosar cales son as condicións físicas e mentais do proceso de creación deste escultor na actualidade. É a primeira vez que un equipo de rodaxe entra nos seus lugares de traballo e realiza un seguimento do seu proce-so creativo.

Manifestos

Cinema Galego

Page 55: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

55

Luns 23. 17:00. Cines Ourense PonteVella - Galicine

SPELL REEL

Filipa César | 2017 | Alemania, Portugal, Francia | 96’

SINOPSE: En 2011, un material audiovisual rexurdiu en Bissau. Filipa César imaxina unha viaxe onde a fráxil materia do pasado funciona como un prisma visionario de metralla a través da que mirar. Dixitalizado en Berlín, proxectado e comentado en directo, o arquivo convoca debates, narracións e prognósticos. Desde as aldeas illadas de Guinea-Bissau ata as capitais europeas, as bobinas silenciosas son agora o lugar desde onde a xente procura antídotos para un mun-do en crise.

Iberoamericana. Fóra de Competición

Page 56: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

56

Luns 23. 19:30. Cines Ourense PonteVella - Galicine

Sección

Cinema Galego

Manifestos

THE NEVERENDING WALL

Silvia Carpizo | 2017 | España, Alemaña | 12’

SINOPSE: Unha alegación contra a construción de muros que dividen e coartan liberdades a través da animación de 102 graffitis de artistas de todo o mundo pintados sobre o maior tramo do antigo Muro de Berlín, a East Side Gallery.

Page 57: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

57

Venres 20. 22:00. Auditorio Municipal de Ourense*Sábado 21. 22:15. Cineclube Padre Feijoo**Coa presenza de Diana Toucedo (directora) e Alba Ares (protagonista)

TRINTA LUMES | W.I.P.Treinta luces / Thirty Lights

Diana Toucedo | 2017 - 2018 | España | 83’

SINOPSE: Trinta lumes é unha viaxe a un mundo que pouco a pouco desaparece visto desde a perspectiva de tres rapazas que o habitan.

Inauguración

Cinema Galego

Page 58: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

58

Luns 23. 19:30. Cines Ourense PonteVella - Galicine

UNA MUJER FANTÁSTICAUnha muller fantástica / A Fantastic Woman

Sebastián Lelio | 2017 | Chile, USA, Alemaña, España | 104’

SINOPSE: Marina é unha moza camareira e aspirante a cantante. Orlando, vinte anos maior ca ela, é dono dunha imprenta. Marina e Orlando están namorados e planean un futuro xuntos. Cando Orlando morre repentinamente, Marina vese obrigada a enfrontarse á súa familia e á sociedade para demostrar o que ela é: complexa, forte, honesta, fantástica.

Manifestos

Page 59: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

59

Domingo 22. 19:30. Cines Ourense PonteVella - Galicine**Coa presenza de Carmen Bellas (directora)

UNA VEZ FUIMOS SALVAJESUnha vez fomos salvaxes / When We Were Wild

Carmen Bellas | 2016 | España | 61’

SINOPSE: Una vez fuimos salvajes é unha conversa imaxinada entre a autora e o barrio de San Cristóbal, situado na periferia de Madrid. É un xogo constante entre formas e fondo, que enfronta os prexuízos da narradora coas emocións do espectador que a acompaña; un percorrido libre e suxestivo que abandona de maneira progresiva o documental clásico e se transforma nun ensaio en primeira persoa.

Síntomas

Cinema Galego

Page 60: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

60

Sábado 21. 19:30. Cines Ourense PonteVella - Galicine*Domingo 22. 22:15. Cines Ourense PonteVella - Galicine**Coa presenza de Charly Braun (director)

VERMELHO RUSSOVermello ruso // Rojo ruso / Russian Red

Charly Braun | 2016 | Brasil, Rusia | 90’

SINOPSE: Marta e Manu son dúas actrices brasileiras que deciden mudarse a Moscú para estudar o método Stanislavski. Alí vense envoltas nun complexo triángulo amoroso e teñen que vencer as súas diferenzas para sobrevivir nun país diferente.

Competición Iberoamericana

Page 61: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

61

Domingo 22. 19:30. Cineclube Padre Feijoo**Coa presenza de Jeannette Muñoz (directora)

VILLATALLA

Jeannette Muñoz | 2011 | Chile, Italia | 20’

SINOPSE: Películas e gravacións de audio durante un mes nunha remota aldea de montaña de Liguria. Jeannette Muñoz traballa coa idea de que as dimensións da imaxe e do son existen como realidades independentes entre si, e como tales emerxen realmente na nosa conciencia. O mundo en Villatalla non é exhibido senón simplemente vivido. A vida social ten lugar na fermosa lentitude do pre-sente.

Foco Jeannette Muñoz

Page 62: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

62

TESOROS

María Novaro | 2017 | México | 96’

SINOPSE: Jacinta (6 anos) cóntanos unha historia que comeza cando “os güe-ros” (Dylan de 6 anos, Andrea de 11, e Lucas de 2 e medio) chegan a Barra de Potosí, unha comunidade de pescadores. Cos nenos locais arman unha banda convencidos de que xuntos, armados cunha tablet, algunhas pistas e o mapa axeitado, poden atopar un tesouro que escondeu na rexión o pirata Francis Drake séculos atrás.

OUFF Escola

Xoves 26. 11:00. Auditorio Municipal de Ourense*As proxeccións e a gala de OUFF Escola son actividades destinadas a alumnado de centros educativos previamente inscritos no certame

Page 63: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

63

TOUT EN HAUT DU MONDEO teito do mundo // El techo del mundo / Long Way North

Rémi Chayé | 2015 | Francia | 81’

SINOPSE: 1882. San Petersburgo. Sasha é unha moza aristócrata rusa que sem-pre estivo fascinada pola aventureira vida do seu avó, Olukin, un explorador fa-moso que non regresou da súa última expedición á conquista do Polo Norte. En troques de satisfacer aos seus pais, que concertaron a súa voda, Sasha rebélase contra o seu destino e decide saír cara ao Gran Norte seguindo a pista do seu avó.

OUFF Escola

Mércores 25. 11:00. Auditorio Municipal de Ourense*As proxeccións e a gala de OUFF Escola son actividades destinadas a alumnado de centros educativos previamente inscritos no certame

Page 64: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

Sección

64

Galas

GALA DE INAUGURACIÓN

Venres 20 de outubro. 20:00 (Apertura de portas).Auditorio Municipal de OurenseCoa proxección de Trinta lumes (WIP) e a actuación de Soledad Vélez.

GALA OUFF ESCOLA

Martes 24 de outubro. 11:00.Auditorio Municipal de Ourense

GALA CLAUSURA

Venres 27 de outubro. 20:00 (Apertura de portas).Auditorio Municipal de OurenseCoa proxección de La ley de la frontera e entrega de premios.

Page 65: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

65

Actividades

Todas as actividades do 22º OUFF serán gratuítas. Indícase en cada caso cales son as actividades que requiren inscrición previa.

PERFORMANCES

‘PROCESO HACIA UNA PELÍCULA’, POR JEANNETTE MUÑOZMércores 25 de outubro. 21:00. Café & Pop TorgalA cineasta chilena fará “unha improvisación en 16 milímetros”, na que experi-mentará coa súa metraxe montándoa en directo, amosando ao público o seu proceso de traballo.

CONCERTOS

PLAYBACK MARACAS Xoves 19 de outubro. 22:00. El Pueblo Café Cultural

SOLEDAD VÉLEZVenres 20 de outubro. 21:00. Gala de inauguración. Auditorio

PUMA PUMKUSábado 21 de outubro. 22:00. El Pueblo Café Cultural

SURMAXoves 26 de outubro. 21:00. Liceo de Ourense

Page 66: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

Sección

66

EXPOSICIÓNS

‘PLATEA. OS FOTÓGRAFOS MIRAN AO CINE ’, DE ACCIÓN CULTURAL ESPAÑOLA (AC/E)Do 4 ao 29 de outubro. Praza do Bispo CesáreoObras de preto de corenta artistas de orixe española que se aproximan ao cinema dende a fotografía, abordando a atracción da imaxe en movemento pola imaxe fixa.

“XOGUETES DE CINE”, DE FEDERICO RANSENBERGDo 19 ao 27 de outubro. Museo MunicipalReelaboracións de obxectos baseados en antigos xoguetes cinematográficos do século XIX, reformulados con tecnoloxía actual polo experto en efectos especiais arxentino.

ENCONTROS

ÁNCORA, I FORO DE POSPRODUCIÓN PARA LONGAMETRAXES GALEGO-POR-TUGUESAS EN PROCESO AVANZADOSábado 21 e domingo 22 de outubro. 10:00. Auditorio Municipal de Ourense**Previa inscriciónO comité de expertos e expertas de ÁNCORA ofrece asesoramento e premios a proxectos cinematográficos próximos á súa finalización, axudando a que se completen nas mellores condicións posibles.

III ENCONTRO PROFESIONAL DE COPRODUCIÓN AUDIOVISUAL PORTU-GAL-GALICIASábado 21 de outubro. 09:30. Liceo de Ourense**Previa inscriciónEste foro ofrece a opción de presentar as súas ideas e coñecerse a empresas galegas e portuguesas con interese en establecer contacto con posibles socios estratéxicos na coprodución de proxectos audiovisuais.

Actividades

Page 67: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

Sección

67

OUTRA VEZ A VOLTAS CO FINANCIAMENTO DO CINE INDEPENDENTE: O NON-MODELO ARXENTINODomingo 22 de outubro. 12:00. Café & Pop TorgalOs cineastas arxentinos Alejo Moguillansky, Mariano Llinás e Florencia Romano compartirán as súas experiencias á hora de financiar os seus filmes neste debate moderado por membros de CREA, a Asociación de Directores e Realiza-dores de Galicia.

OS FESTIVAIS DE CINE E O ECLIPSE DE ANTONIONI: CARA UN CAMBIO DE PARADIGMA OU CARA O NAUFRAXIOMércores 25 de outubro. 12:00. Café & Pop TorgalO director do OUFF Fran Gayo moderará un debate sobre o papel dos festivais de cine na actualidade no que intervirán Meghan Monsour (directora de pro-gramación de Ambulante Gira de Documentales), Xosé Ramón Rivas (progra-mador de documental do Edinburgh International Film Festival), Ángel Rueda (co-director do S8 Mostra de Cinema Periférico), Mariano Llinás (cineasta) e Andrea Franco (programadora do OUFF).

PRESENTACIÓNS

PRESENTACIÓN DO DVD ‘HISTORIAS EXTRAORDINARIAS’Venres 20 de outubro. 13:00. Café & Pop TorgalCoa presenza de Mariano Llinás (director do filme), Pedro Medina (director xeral de Caimán Cuadernos de Cine) e Fran Gayo (director do OUFF).Caimán CDC e Intermedio presentan a edición en DVD do aclamado filme de Mariano Llinás. Editado por Manuel Asín, inclúe textos de Miguel Marías e Pablo García Ganga e documentos de traballo da rodaxe.

PRESENTACIÓN DO FILME ‘DHOGS’Sábado 21 de outubro. 13:00. Centro Comercial PonteVellaCoa presenza de Andrés Goteira (director), Suso López (produtor), Melania Cruz, Antonio Durán “Morris”, Carlos Blanco, Iván Marcos, Xosé López, Enrique Lojo e María Costas (reparto).

Actividades

Page 68: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

68

Actividades

CONVERSA ARREDOR DE FERNANDO PESSOALuns 23 de outubro. 17:30. Café & Pop TorgalCoa presenza de Miguel Barrero e José Manuel MouriñoMiguel Barrero presenta o seu libro El rinoceronte y el poeta (onde aborda o enigma da identidade de Fernando Pessoa) conversando con José Manuel Mou-riño, outro experto no escritor que proxecta no OUFF o filme Pessoa / Lisboa.

PRESENTACIÓN DO LIBRO ‘NUEVA GALICIA’Martes 24 de outubro. 18:00. Liceo de OurenseCoa presenza de Iván Nespereira (autor)Ademais da curtametraxe co mesmo título (que se proxectará no OUFF), Iván Nespereira realizou na mesma investigación esta publicación con fotogra-fías, mapas, apuntes xeográficos, manuais técnicos, herbarios ou arquivos familiares recollidos na súa investigación sobre a implantación do caucho no Amazonas e a posterior emigración europea alí.

PRESENTACIÓN DO LIBRO ‘JEANNETTE MUÑOZ. EL PAISAJE COMO UN MAR’Mércores 25 de outubro. 20:00. Café & Pop TorgalCoa presenza de Paco Algarín (editor do libro) e Jeannette MuñozA revista Lumière publica El paisaje como un mar, un volume sobre a cineasta chilena que inclúe materiais do seu proceso de traballo, unha entrevista en profundidade, obras dedicadas a Jeannette por outros e outras artistas e artigos sobre ela. Antes da súa performance Proceso hacia una película presentarase o libro.

PRESENTACIÓN DAS PRIMEIRAS IMAXES DE ‘AQUILO QUE ARDE’Xoves 26 de outubro. 12:00. Liceo de Ourense (Salón Noble)Coa presenza de Oliver Laxe (director)O anterior galardoado co Premio Cidade de Ourense trae en primicia ao OUFF as primeiras imaxes de Aquilo que arde, novo filme que narra a historia dun piróma-no que vive nos Ancares. Laxe acompañou o verán pasado a brigadas de extinción de incendios durante o seu traballo para gravar metraxe que aquí presenta.

Page 69: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

69

Actividades

OBRADOIROS

MASTERCLASS DE EFECTOS ESPECIAIS FÍSICOSImpartida por Federico RansenbergSábado 21 de outubro. 10:30. Centro de Innovación Social Digital La Molinera**Previa inscriciónFederico Ransenberg repasará os distintos tipos de efectos especiais físicos, ofre-cendo ás persoas que asistan ferramentas para avaliar os efectos, tanto dende o punto de vista técnico como no relativo a dirección, produción ou iluminación.

MASTERCLASS DE EFECTOS ESPECIAIS PARA NENOSImpartida por Federico RansenbergVenres 27 de outubro. 11:00. Museo Municipal**Previa inscriciónOs máis pequenos poderán achegarse tamén ao mundo das trucaxes e efectos cinematográficos da man do experto arxentino responsable de Relatos salvajes ou El perfume.

OBRADOIRO DE VÍDEO PARTICIPATIVOProxección das pezas resultantes o venres 27 de outubro. 17:00. Teatro Principal. Os especialistas en comunicación e educación Gingko desenvolveron durante os meses de setembro e outubro un obradoiro de realización de filmes con smar-tphones para os rapaces e rapazas do Centro A Carballeira, guiando un proceso social cos obxectivos de construír novas ligazóns entre as persoas do grupo, reforzar a autoestima e poñer en valor a diversidade sociocultural da cidade.

PREMIO CIDADE DE OURENSE: CINEMA EN CURSO

Gala de entrega o Xoves 26 de outubro. 13:00.Coa presenza de Núria Aidelman e Laia Colell (fundadoras do proxecto) e Móni-ca García (coordinadora en Galicia a través do CGAI e o Plan Proxecta).O OUFF homenaxea este ano co Premio Cidade en Ourense ao proxecto formativo Cinema en curso en recoñecemento á súa labor de formación de público sensible e desenvolvemento de métodos educativos a través do cine.

Page 70: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

70

Información Útil

SEDES DO 22º OUFF

PROXECCIÓNSAuditorio Municipal de Ourense. Rúa da Canle, 2Teatro Principal. Rúa da Paz, 9Cineclube Padre Feijoo. Biblioteca Pública de Ourense. Rúa Concello, 11Cines Ourense PonteVella - Galicine. Centro Comerical PonteVella. Rúa Ribeira SacraAuditorio Municipal do Carballiño. Praza Maior, 1. O Carballiño (Ourense)Novo Cine Leiro. Estrada Lebosende, 13. Leiro (Ourense)

OUTRAS ACTIVIDADESCentro de Innovación Social Digital La Molinera. Rúa do Abrevadeiro 1Liceo de Ourense. Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5Café & Pop Torgal. Rúa Celso Emilio Ferreiro, 20El Pueblo Café Cultural. Rúa Hernán Cortés, 26Museo Municipal. Rúa Lepanto, 8

PREZOS

Entrada para unha sesión: 3€Entrada con carné universitario da Uvigo: 2€ Bono 5 sesións: 12€ (10€ para clientes de Abanca)Bono 10 sesións: 22€ (20€ para clientes de Abanca)

Os bonos ofrecen dereito a desconto en 5 ou 10 sesións programadas no marco do OUFF, coa excepción das galas de inauguración e clausura. Os bonos poderán imprimirse na casa ou retirarse no despacho de billetes do Auditorio ou en cal-quera sucursal de Abanca. Deberán canxearse en cada espazo de proxección pola entrada correspondente.

Page 71: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

71

Información Útil

SESIÓNS GRATUÍTAS

Galas de inauguración e clausura: previa retirada de convite na Oficina do Festival de Cine en horario de oficina.Todas as proxeccións no Cineclube Padre Feijoo: ata completar aforo.Presentación das pezas realizadas no Obradoiro de Vídeo Participativo: ata com-pletar aforo.

VENDA

BONOSOs bonos poderanse adquirir en http://entradas.abanca.com ou en calquera su-cursal de Abanca.

ENTRADAS SOLTAS:SESIÓNS NO TEATRO PRINCIPAL ONLINE: entradas.ataquilla.com ou www.ouff.org VENDA FÍSICA: no despacho de billetes do Teatro Principal dende unha hora antes da primeira sesión de cada día.

SESIÓNS NOS CINES PONTEVELLA GALICINE ONLINE: www.galicine.com ou www.ouff.org VENDA FÍSICA: no despacho de billetes dos cines dende media hora antes do inicio da primeira sesión de cada día.

SESIÓNS NO AUDITORIO MUNICIPALONLINE: entradas.abanca.com ou www.ouff.org VENDA FÍSICA: no despacho de billetes do Auditorio Municipal dende dúas horas antes do inicio da sesión.

As entradas son numeradas para as sesións programadas no Auditorio Municipal e nas dúas salas dos Cines PonteVella. Nos casos do Teatro Principal e o Cineclube Padre Feijoo as entradas serán sen numerar.

Page 72: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

72

Información Útil

NORMAS E RECOMENDACIÓNS

Dende o momento en que se inicia unha proxección, os espazos non despa-charán entradas para a mesma.Recomendamos que o público retire a súa entrada coa maior antelación po-sible, para evitar colas nos espazos de proxección.Por respecto ao resto de espectadores e espectadoras, prégase chegar ás salas con tempo suficiente para acomodarse antes do inicio da sesión.Non se admiten devolucións.

1.2.

3.

4.

Os horarios das sesións poderán variar por causas alleas á organización. Para unha información actualizada ou ampliada consulta a web (www.ouff. org) e/ou as redes sociais do OUFF.

Page 73: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

Co apoio de:

Organiza:

Patrocinadores principais:

Patrocinadores:

Colaboradores:

Medios colaboradores:

SecciónPatrocinadores

Page 74: PROGRAMACIÓN POR ORDE · programaciÓn por orde alfabÉtica do 20.10 ao 27.10 nas pÁxinas seguintes, informaciÓn detallada de todos os filmes

Festival de Cine Internacional de OurenseRúa da Canle nº 4 – 32004, Ourense, España

Apartado 664 – 32080, Ourense, España(+34) 988 686 915

[email protected] / www.ouff.org