programa xornadas contra a represión sindical

2
Teléfono/fax: +34 986.392.003 Móbil: +34 630.684.141 Correo: [email protected] Www.cutgalicia.org Secretaría de Relacións Internacionais 16:00 .– Debate sobre a conxun- tura represiva en Portugal e o Es- tado español. CGTP, FSOC, CSI, Intersindical canaria e LAB 17:30 .– Mesa Redonda: A inde- fensión diante do sistema. Gustavo García Fernández (Galiza) José Luis Raizabal (Euskal Herria) Simón Concepción (Canarias) 19:00 .– Presentación do libro “Loita de clases e a represión franquista no mar (1864—1939)” a cargo do autor Dionisio Pereira. CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES/AS Vigo, 24 de Xuño TARDE:

Upload: cutcompostela-cut

Post on 11-Mar-2016

226 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

O vindeiro venres 24 de xuño desenvolveremos no local comarcal de Vigo unhas xornadas nas que tentaremos de analizar a situación represiva que estamos a sufrir os sindicatos no estado e en Portugal.

TRANSCRIPT

Teléfono/fax: +34 986.392.003 Móbil: +34 630.684.141 Correo: [email protected] Www.cutgalicia.org

Secretaría de Relacións Internacionais

16:00 .– Debate sobre a conxun-tura represiva en Portugal e o Es-tado español.

CGTP, FSOC, CSI, Intersindical canaria e LAB

17:30 .– Mesa Redonda: A inde-fensión diante do sistema.

Gustavo García Fernández (Galiza)

José Luis Raizabal (Euskal Herria)

Simón Concepción (Canarias)

19:00 .– Presentación do libro “Loita de clases e a represión franquista no mar (1864—1939)” a cargo do autor Dionisio Pereira.

CENTRAL UNITARIA DE

TRABALLADORES/AS

Vigo, 24 de Xuño

TARDE:

Na presente fase capitalista neoliberal, o inimigo está a fornecer os distintos meca-nismos represivos contra a clase obreira e os sectores populares. Este fenómeno non é novo. De xeito gradual, e paralela á promulgación das novas leis contra a clase traballadora, a burguesía en pre-vención de que se articulen respostas

tamén perfeccionan os distintos instru-mentos ao seu ser-vizo: o incremento e optimización dos corpos policiais e de vixianza, a re-gresión salvaxe nos estamentos do cha-mado poder xudi-

cial, perfeccionamento e agresividade da prensa do sistema.

Isto é así para o conxunto dos sectores populares, pero de maneira especial para aquelas expresións de sindicalismo de clase e combativo. O inimigo é sabedor que ten que neutralizar á clase obreira que é quen máis capacidade tería de enfrontar e subverter o modelo capitalis-ta.

Nos últimos anos temos visto como o poder ten ensaiado distintas campañas represivas contra o sindicalismo de clase, os casos máis salientables serían o enca-deamento de Cándido e Morala da CSI de Asturias, o ensañamento cos compa-ñeiros do SAT de Andalucía ou o intento de criminalización do sindicalismo socio-

político levado a cabo por LAB. Pero estes foron ou son só os casos máis senlleiros, por-que a casuística cóntase a milleiros e hoxe é unha constante. O sistema persigue a crimina-lización do sindicalismo e a campaña mediáti-ca nese sentido é furibunda.

Aínda con distinta intensidade ou métodos esta situación é común á totalidade das na-cións aquí representadas. O internacionalis-mo, tanto na súa vertente solidaria como de aglutinamento de forzas é unha ferramenta que as organizacións sindicais temos que em-pregar dun xeito decidido.

Por este motivo dende a Central Unitaria de Traballadores/as pensamos que sería preciso coordinar un espazo de encontro no que poña-mos en común os xeitos cos que podemos combater a represión ademais de servirnos de autofalante dos ataques que cada Central e a clase traballadora en xeral estamos a sufrir.

Este espazo é continuación do camiño que comezaron outras organizacións irmás e non debe ser este o fin, se non o afortalamento dos lazos que nos unen como Centrais Sindi-cais de Clase e combativas.

10:00.- Recepción de participan-tes

10:15.– Inauguración.

10:30.– Proxección do video resu-mo das accións contra a criminali-zación da CUT nos últimos meses.

10:45.– A Operación Codeso: co-mo silenciar o Sindicalismo de cla-se.

11:30.– Rolda de Prensa - Café

12:15.– Mesa Redonda: A crimina-lización do Sindicalismo de Clase.

Amaia Almirall, LAB

Cándido González, CSI

14:00 .– Xantar.

MAÑÁ: XUNTANZA DE TRABALLO