programa de man tradiccion galego

11

Upload: jlunna

Post on 10-Apr-2016

17 views

Category:

Documents


10 download

DESCRIPTION

Programa de man do espectáculo Tradiccion Galego

TRANSCRIPT

Page 1: Programa de man Tradiccion Galego
Page 2: Programa de man Tradiccion Galego
Page 3: Programa de man Tradiccion Galego

Alalá do Cebreiro - Ei Moneixas(Tradicional/ Pedro Lamas) Muiñeira de Sofán (Tradicional/ Pedro Lamas)

Cantar dos arrieiros da Lamosa(Tradicional/Pedro Lamas)

Xota do Marreco(Tradicional/ Pedro Lamas)

Alborada(Tradicional/Jacobo de Miguel)

Cantar de Santo André de Paradela(Tradicional/Pedro Lamas)

Moliñeiras de Poso(Tradicionais/Jacobo de Miguel)

Xota de Ribeira de Piquín(Tradicional/ Pedro Lamas)

Xota de Fonmaior(Tradicional/Pedro Lamas)

Pasodobre de Carelle(Tradicional/Pedro Lamas)

Folión(Tradicional/Pedro Lamas)

Moliñeira de Bazal(Tradicional/Pedro Lamas)

PRIMEIRA PARTE SEGUNDA PARTE

Page 4: Programa de man Tradiccion Galego

Alalá do Cebreiro – Ei Moneixas

O Cebreiro, portela do camiño francés a Santiago, agocha este alalá peregrino que transita dende as terras dos Ancares até as da Ulla Alta. “Para os romeiros é unha voz nova, como nova é a paisaxe e novo é o ceo, mais nela comprenden o que Galicia lles di, o que lles conta dos seus homes e dos seus bosques e da súa historia e da súa grande fe. Porque comprenden que alí non canta un home senón unha raza.” (Xaquín Lorenzo, “Xocas”). Medio século máis tarde serán outros camiñantes, o grupo de gaiteiros Os Dezas de Moneixas (Lalín) os que amosan ao mundo un fermoso pasodobre inmortalizado como carta sonora que viaxará até a Venezuela dos anos 60.

Muiñeira de Sofán

A aparición da radio no rural dos anos 50 e a crecente propagación de formacións tradicionais que incorporan novos instrumentos (saxofóns, clarinetes ou requintos, máis propios das bandas de música da época) traen consigo a conxugación entre tradición e modernidade. Esta muiñeira forma parte do repertorio do cuarteto Os Queixas, da parroquia do mesmo nome no concello de Cerceda, aprendida por Manuel Gende aos vellos gaiteiros de Sofán cando era rapaz.

Cantar dos arrieiros da Lamosa

Amén de transportar as mercadorías coas súas bestas, o arrieiro transportou tamén no tempo este fermoso cantar procedente da parroquia da Lamosa, no concello pontevedrés de Covelo (A Paradanta). Foi recollido por Casto Sampedro y Folgar no seu Cancionero Musical de Galicia entre 1884 e 1924.

Page 5: Programa de man Tradiccion Galego

Xota do Marreco

Corresponde ao repertorio de Antonio Represas “O Marreco”, afamado gaiteiro e artesán de Xinzo (Ponteareas). O seu bo facer como artesán e clarinetista tivo pegada nesta xota que semella era interpretada cun punteiro con chaves da súa propia autoría.

Alborada

Recollida por Eduardo M. Torner e Jesús Bal y Gay no seu Cancionero Gallego, colección de máis de 700 melodías que esta parella (o experto investigador asturiano e o xoven músico lugués) tivo a fortuna de recuperar tras 5 veráns de traballo (de 1928 a 1932) formando parte da Sección de Etnografía e Folklore baixo o auspicio do Seminario de Estudos Galegos.

“(…) Es una nube pequeña y blanca que se proyecta en el horizonte, que se desarrolla progresivamente, que todo lo cubre y que luego decrece, se condensa y se condensa hasta desvanecerse en un suspiro: son dos espirales encontradas, que pugnan y pugnan desde la nota lánguida y apagada del ave perdida, hasta el precipitado y sonoro trino del ruiseñor en la floresta, entre rayos del sol y bajo nubes de color púrpura: es una culebra de escamas de oro y esmeraldas y piedras preciosas, que asoma, se extiende, se contrae, y retorciéndose siempre y siempre, impresiona el ánimo de una manera dulcísima y amante: es propiamente una sonata crepuscular: es, en fin, la vida surgiendo del cementerio.” (Benito Viceto: El Museo de las familias, 1859)

Page 6: Programa de man Tradiccion Galego

Cantar de Santo André de Paradela

Co ánimo de ensinar ás clases urbáns os froitos da arte rural, un pequeno grupo de contertulios dase cita na rebotica pontevedresa de Perfecto Feijoo e o loro Ravachol, constituíndo a agrupación Aires da Terra (1883). Esta aparición tivo o seu efecto multiplicador, propiciando a creación de novas formacións como o coro Cantigas e Aturuxos de Lugo, que recuperou este cantar na comarca de Sarria a comezos do século XX.

Moliñeiras de Poso

Manuel López, o carteiro de Poso (Cervantes), amenizou en incontables ocasións as festas de Cervantes e Navia de Suarna co único acompañamento da súa gaita e o redobrante de Alvito de Méndez, de Vilaquinte. A progresiva deshabitación destes pobos de montaña carrexou a Manuel á cidade da Coruña, onde finou nos albores deste novo século.

Xota de Ribeira de Piquín

Ribeira de Piquín, na comarca de Meira, amamantou a grandes fillos da tradición popular como Xosé Seivane (patriarca desta saga de grandes artesáns) e Darío Díaz, formando parte do cuarteto Os Airiños da Ribeira (2 gaitas, clarinete e batería) durante dous decenios. Esta xota foi aprendida a Darío na súa casa de Paíme.

Page 7: Programa de man Tradiccion Galego
Page 8: Programa de man Tradiccion Galego

Xota de Fonmaior

O vento da montaña de Lugo aniñou na Fonsagrada, dando folgos a unha caste de gaiteiros altivos, orgullo do noso instrumento. O alento que da vida a este murmurio segue a latexar entre os dedos destes grandes mestres.

Pasodoble de Carelle

No corazón do noso país, a carón das correntes do Tambre, emerxe a figura do gaiteiro solista: Manuel Lago, da Casa Nova de San Lourenzo de Carelle (Sobrado dos Monxes). A voz da súa gaita é quen de suxerir unha textura propia de conxuntos instrumentais, lembrando as murgas e charangas de baile das festas dun tempo aínda non lonxano.

Folión

O entroido en Vilariño de Conso, na comarca ourensá de Viana, continúa a ser testemuña de atávicas tradicións como o desfile de folións procedentes das diversas parroquias do municipio. Cada folión está composto por diversos bombos e azadas dos que se valen para tanxer un ritmo que os identifica e diferencia do resto.

Page 9: Programa de man Tradiccion Galego

Moliñeira de Bazal

Melodía recollida por Xabier Díaz no lugar de Bazal, na Braña (Cervantes)."Ya en el pueblo, requiero a un mozancón fornido para que me repita el canto (…). -“Élle un alalá. Aínda lle sei outros.” Y canta otros muchos alalás, de melodía lenta, tranquila, severa, como de canto llano. Del corro de curiosos que nos han ido cercando se destaca un hombre viejo. Viene hacia mí y, sin más, se echa a cantar. Su voz es débil pero segura:

-“Este é o alalá mais vello de Muxía. Xa non o recorda ninguén”, me dice.Y en la barbilla de aquel viejo temblaba una íntima emoción. Había salvado del olvido eterno uno de los más antiguos cantos de su raza." (Eduardo M. Torner: Temas Folklóricos. Música y Poesía, 1935)

O noso agradecemento a Miguel Castro, Francisco Feijoo “Chisco”, Guadi Galego, Serxio Cobos, Alberto Costas, Xesús Vaamonde, María Silvar, Obradoiro Seivane, Iván Costa, José Luis Calle, Museo do Pobo Galego, Xosé Lois, Armando Martél... Especialmente a Manuel Gende (Cuarteto Queixas), Darío Díaz, Manuel Lago, Manuel López "Poso", Antonio Represas "O Marreco"... e tantas e tantos outros que dan sustento a esta nosa adicción. Para todos eles o noso recoñecemento.

Nosa Señora da Barcavelaí vai pola ribeira,collendo conchiñas d'ouro,meténdoas na faltriqueira.

Nosa Señora da Barcaeu ben a vin embarcar,con pandeiro e máis ferriñas,todo na beira do mar.

Page 10: Programa de man Tradiccion Galego

Vestiario : Stefanie PasterkampDeseño Iluminación : Antón CabadoDeseño Maquillaxe : Lilianne FríasFotografía : Javier Paz / MutadorDeseño Gráfico : MutadorImaxes: Ton und bild / Stefanie Pasterkamp Director Técnico : Juan VázquezTécnico de Luces : Antón CabadoTécnico de Son : Pachi Baldomir

Título : TRADICCIÓNCoprodución : Nova Galega de Danza e AGADIC, a través do CCGProdución Executiva : Trintaetrés, S.C.Dirección de Produción : Juan VázquezComunicación : Astresenpunto

FICHA ARTÍSTICA

Dirección Artística : Jaime Pablo Díaz / Vicente ColomerDirección Musical : Pedro LamasCoreografía : Jaime Pablo Díaz / Vicente ColomerMúsicas : Tradicionais / Pedro Lamas e Jacobo de MiguelArranxos : Pedro Lamas e Jacobo de Miguel / Músicos da Nova Galega de DanzaLetras : Tradicionais / Xabier DíazAsesoramento do Baile Tradicional : Xabier Díaz

Corpo de Baile Alba VázquezEmma CabañasLaura García-VeraLorena BallesterosIván VillarJaime Pablo Díaz Vicente Colomer

Músicos Juan Collazo (Vibráfono e percusión tradicional)Miguel Queixas (Batería e percusións)Ricardo Rozas (Guitarra)Suso Iglesias (Acordeón)Xabier Díaz/Toño Domínguez (Voz, gaita e percusión tradicional)Pedro Lamas (Saxo soprano, gaita e percusión tradicional)

Page 11: Programa de man Tradiccion Galego

El presente espectáculo está coproducido por la compañía Nova Galega de Danza y por la AGADIC, a través del Centro Coreográfico Gallego

Colaboran:

Espectáculo subvencionado por: