programa de man dixital ousc gala lírica 2017 · gregori nedobora interpretou o concerto do...

13
Programa de man dixital Gala Lírica VICERREITORÍA DE ESTUDANTES, CULTURA E RESPONSABILIDADE SOCIAL Domingo 23 de abril de 2017. 19:30h Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela Programa de man dixital: HOMENAXE AO TENOR RICARDO JIMÉNEZ 100º ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE XOSÉ CASTRO (CHANÉ) Teresa Novoa, soprano Susana de Lorenzo, soprano Eliza Anna Kisielińska, soprano Javier Alonso Keke-Resalt, tenor Manuel Pedreira, tenor Director: Mario Diz ORQUESTRA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Vira o mobil a horizontal Índice Presentación O Proxecto Os Homenaxeados Programa do Concerto A Orquestra Os Profesores Os Solistas

Upload: others

Post on 14-May-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Programa de Man dixital OUSC Gala Lírica 2017 · Gregori Nedobora interpretou o concerto do violinista galego Manuel Quiroga. Na tempada 2014-15 interpretou xunto ao coro Vigués

Programa de m

an dixital

GalaLírica

VICERREITORÍA DE ESTUDANTES,CULTURA E RESPONSABILIDADE SOCIAL

Domingo 23 de abril de 2017. 19:30hIgrexa da Universidade de Santiago de Compostela

Programa de man dixital:

HOMENAXE AO TENOR RICARDO JIMÉNEZ

100º ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE

XOSÉ CASTRO (CHANÉ)

Teresa Novoa, sopranoSusana de Lorenzo, sopranoEliza Anna Kisielińska, sopranoJavier Alonso Keke-Resalt, tenorManuel Pedreira, tenor

Director: Mario Diz

ORQUESTRA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Vira o mobil a horizontal

Índice

PresentaciónO ProxectoOs HomenaxeadosPrograma do ConcertoA Orquestra

Os ProfesoresOs Solistas

Page 2: Programa de Man dixital OUSC Gala Lírica 2017 · Gregori Nedobora interpretou o concerto do violinista galego Manuel Quiroga. Na tempada 2014-15 interpretou xunto ao coro Vigués

Domingo 23 de Abril de 2017 ás 19:30h Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela

O tempo é o que fai que as veces se esquezan aquelas persoas que no seu momento estaban en primeira

liña, dando e facendo da historia un lugar de aprendizaxe para as seguintes xeracións, pero o tempo tamen

debe ser quen as recupere para facer xustiza delas e non perder o fío do pasado para telo sempre en conta

no presente.

Ricardo Jiménez é un exemplo desta mesma premisa. Tenor galego de recoñecida traxectoria pasa nestes

momentos da súa avanzada vida o peso de tan intensa adicación musical, e en concreto, da lírica, da ópera e

da zarzuela.

A Orquestra da Universidade de Santiago, na súa labor sempre dirixida a potenciar o recoñecemento músical

na sociedade, de achegar á musica as mozas e mozos que esta a conforman, así como ao publico en xeral

que sempre tan numerosamente se achega ás súas funcións, realiza esta Gala Lírica co apoio incondicional

de grandes figuras actuais da lírica, galegos e galegas ou proximos ao proxecto que serán os encargados de

poñer novamente a Ricardo Jiménez entre os nosos pensamentos homenaxeando asi mesmo ao mestre Xosé

Castro (Chané) no seu 100º aniversario do seu pasamento que cumpre este 2017.

Programa de m

an dixitalG

ala

Líric

a O

rq

uestr

a d

a U

niv

er

sid

ad

e d

e S

an

tia

go

de C

om

po

stela

Page 3: Programa de Man dixital OUSC Gala Lírica 2017 · Gregori Nedobora interpretou o concerto do violinista galego Manuel Quiroga. Na tempada 2014-15 interpretou xunto ao coro Vigués

O proxecto da Universidade de Santiago de Compostela

A Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela, no seus inicios Orquestra do Espazo de Cámara nace co obxectivo de impulsar nos xóvenes universitarios e, por extensión na cidadanía de Compostela, un proxecto educativo e cultural onde o eixo fundamental é a música.

Co patrocinio da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, o grupo que conforma a Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por Mario Diz, procura de maneira prioritaria aformación musical dos seus membros que, semana tras semana, adquiren un maior compromiso co estudo e a difusión dos valores da música. Para este fin, conta e agradece todo tipo de colaboracións, que se van plasmando de xeito diverso en cada proxecto.

Dende o 2010 a Orquestra da Universidade afondou en proxectos tan ilusionantes como o aniversario de Debussy co concerto de Arpa e Orquestra do mesmo autor, interpretado pola solista Reyes Gómez especialmente convidada para este evento, o Concerto de Violonchelo de Haydn en Re maior, interpretado por Carlos G. Amigo, monográfico sobre Astor Piazzolla, monográfico sobre a música galega onde o solista Gregori Nedobora interpretou o concerto do violinista galego Manuel Quiroga.

Na tempada 2014-15 interpretou xunto ao coro Vigués Gli Apassionati o Magnificat de J.S. Bach e o Gloria de Vivaldi.

En colaboración coa Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela realizan unha versión do musical Sweeney Todd de Stephen Sondheim. Participa tamén nas Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela dende o seu inicio xunto a Sinfónica de Galicia, e a Real Filharmonía de Galicia como unha das tres orquestras convidadas.

Saliéntase como celebración do V aniversario desta agrupación o concerto celebrado en abril de 2016 na Catedral de Santiago de Compostela cunha interpretación do concerto Groso para catro solístas de Buono Chiodi, mestre de capela desta mesma Catedral no século XVIII, onde ademáis interpretarónse distintas obras máis como o doble concerto de J. S. Bach para dous violíns participando James Dalhgren e Gregory Nedobora, Concertino e principal de segundos violíns da RFG.

Asemade públicase un Cd dobre en conmemoración a este V aniversario que baixo o título de Un Lustro de Historia reúnense grabacións de directos recopiladas dende os inicios da posta en marcha deste proxecto.

Incorporándose ao proxecto diversos profesores da Orquestra da Cidade, Real Filharmonía de Galicia, asi como profesores relevantes do ámbito musical galego a Orquestra da USC recentemente foi incluída na rede de Orquestras Universitarias Europeas, ENUO, onde participan orquestras de máis de 28 nacionalidades de toda Europa.

Visita a nosa páxina Web

Gal

a Lí

rica

Or

qu

estr

a d

a U

niv

er

sid

ad

e d

e S

an

tia

go

de C

om

po

stela

Programa de m

an dixital

Page 4: Programa de Man dixital OUSC Gala Lírica 2017 · Gregori Nedobora interpretou o concerto do violinista galego Manuel Quiroga. Na tempada 2014-15 interpretou xunto ao coro Vigués

Os homenaxeados.

Ricardo Jiménez, Tenor.

Nado en Pontevedra o 29 de outubro de 1937. Aos tres anos trasladouse a Madrid para iniciar os seus estudos nas Escolas Pías da capital, alí coñeceu dende os seus inicios a música a través do coro que existía en dito centro. Os seus estudos de solfexo comezarón aos 12 anos no Real Conservatorio de Música y Declamación, e aos 17 comezou a estudar canto con Carlota Dahmen, ata os 23 años. Un tanto desilusionado pola pouca atención alí acaecida decidiu abandoar os seus estudos e marchar a Alemaña, onde efectuou varios recitais con extraordinario éxito de prensa e público. Ao seu regreso reemprendeu os estudos musicais con Marimí del Pozo, foi logo cando xurde a oportunidade. En 1972 deuse a coñecer en España a través da pequena pantalla, no programa-concurso “A gran ocasión”, o cal, e tras reñida competición con grandes cantantes, resultou vencedor absoluto. Inmediatamente Juan José Seoane, director da Compañía Lírica Isaac Albéniz ofrecelle contacto como solista; debuta en escena en 1973, en Puertollano, como “Jorge” en MARINA. Ese mismo año afrontou por vez primeira un papel operístico: o “Duque de Mantua” en RIGOLETT.

Os éxitos dos primeiros anos, na maioría en teatros españois, fan que sexa reclamado polo teatro Madrileño de la Zarzuela para debutar en 1978 con Dona Francisquita. Máis tarde, el cantou en moitas producións deste teatro como primeiro tenor: JUGAR CON FUEGO, LA BRUJA, EL HUÉSPED DEL SEVILLANO, LA LEYENDA DEL BESO, LA MEIGA o EL BARBERILLO DE LAVAPIÉS. En 1981 participou na estrea absoluta de FUENTEOVEJUNA, de Manuel Moreno Buendía, no mesmo escenario.

O "cabaleiro Des Grieux" de Massenet, foi o personaxe que encarna na súa presentación italiana na tempada 1980-1981 no Teatro Regio de Parma. En 1982 José Tamayo chamouno para unirse á súa antoloxía da Zarzuela, coa que estreou no Teatro Monumental de Madrid, coa que interveu en diversos teatros americanos en Cuba, Venezuela, Panamá, Costa Rica, Ecuador, Santo Domingo e Colombia. Máis tarde, en 1983, fixo a súa estrea con este espectáculo no Châtelet, en París. Ese mesmo ano a súa estrea en Wiesbaden, Colonia e Frankfurt, con Lucia di Lammermoor, La Traviata e Rigoletto.

Ten participado en moitos festivais de ópera en todo o territorio nacional, salientando o Teatro Campoamor, en Oviedo con Lucia di Lammermoor e Rigoletto, e na Praza de Santander en 1981 con Rigoletto igualmente. Tamén cantou obras como Madama Butterfly Macbeth e Miserere, de Hilarión Eslava, Sevilla e Cádiz en 1984.

Grabaciones de zarzuela de Ricardo Jiménez:

Programa de m

an dixitalGal

a Lí

rica

Or

qu

estr

a d

a U

niv

er

sid

ad

e d

e S

an

tia

go

de C

om

po

stela

Ricardo Jiménez en Youtube.

La Roca Fria del Calvario La Dolorosa

Una furtiva lágrima

Fiel espada triunfadora

Page 5: Programa de Man dixital OUSC Gala Lírica 2017 · Gregori Nedobora interpretou o concerto do violinista galego Manuel Quiroga. Na tempada 2014-15 interpretou xunto ao coro Vigués

“El triunfador del concurso de TVE”: La pícara molinera, El trust de los tenorios, La meiga, Valencia (La bien amada). Ed.: Philips (1972). “Diez joyas de la zarzuela”: La Dolorosa, El huésped del sevillano (Canción y romanza), Los de Aragón, El último romántico, Doña Francisquita, El caserío, La alegría del batallón, Alma de Dios, Luisa Fernanda. Ed.: Philips (1974). “Grandes romanzas de zarzuela”: La picarona, El trust de los tenorios, El último romántico, Marina (Brindis y Dúo 1er. acto, con Antonio Lagar), El milagro de la Virgen, Doña Francisquita, El huésped del sevillano, La villana, La pícara molinera. Ed.: Dial-Diapasón (1981). “Antología de la Zarzuela”. Grabación en directo desde el Teatro Monumental de Madrid. Ed.: Victoria (1983).

Xosé Castro Chané, Compositor.

Nado en Santiago de Compostela en 1856, José Castro González é coñecido baixo o alcume de Chané.

Chané foi un músico instrumentista e virtuoso da guitarra e a cíatara. Compositor e director do Orfeón Coruñés e máis tarde da Coral Polifónica El Eco coa que foi galardoado en Pontevedra, Madrid, Barcelona, Santander e París.

Xosé Castro Chané foi catedrático de Belas Artes na Coruña, co tempo a catedra foi suprimida e é polo que emigra a Cuba en 1893.

Foi profesor de música do Centro Galego da Habana, pero en xullo de 1895, durante os exames realizados nesta institución, mantivo un enfrontamento con Vicente Fraiz Andón, presidente do tribunal, que motivou a súa saída do plantel do Centro Gallego.

Na Habana participou en entidades galegas como a Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia ou a Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, da que foi secretario, sendo con posterioridade académico electo da Real Academia Galega.

Regresaría á Coruña en 1907, sendo obsequiado pola intelectualidade galega baixo algúns nomes moi salientables da época, presidido por Emilia Pardo Bazán, que contou coa asistencia de Ramón Armada Teixeiro, Manuel Lugrís Freire, José Martínez Fontenla (que fora alcalde da cidade), Xoán Neira Cancela e distintos directivos de orfeóns galegos.

Regresou á Habana, onde seguiu compoñendo e tocando.

Finou en xaneiro de 1917, e os seus restos foron trasladados á Coruña, onde chegaron o 4 de marzo, para ser soterrado no camposanto da cidade.

Gal

a Lí

rica

Or

qu

estr

a d

a U

niv

er

sid

ad

e d

e S

an

tia

go

de C

om

po

stela

Programa de m

an dixital

Page 6: Programa de Man dixital OUSC Gala Lírica 2017 · Gregori Nedobora interpretou o concerto do violinista galego Manuel Quiroga. Na tempada 2014-15 interpretou xunto ao coro Vigués

Programa de ConcertoOrquestra da Universidade de Santiago de Compostela

La Traviata G. VerdiPreludio

El barberillo de Lavapies L. M. de Larra & F. A. BarbieriComo nací en la calle de La Paloma

Solista: Teresa Novoa

Del cabello más sútil F. J. ObradorsOrquestración: Mario Diz

Solista: Manuel Pedreira

Don Giovanni K.527 W.A. MozartDúo: La ci darem la mano

Solistas: Susana de Lorenzo & Manuel Pedreira

La Favorita G. DonizettiO mio Fernando

Solista: Eliza Anna Kisielińska

Adeús Mariquiña X. Castro (Chané)Orquestración: Juan Durán

Solista: Manuel Pedreira

La Tempranica G. GiménezSierras de Granada

Solista: Eliza Anna Kisielińska

La Meiga J. GuridiYo te ví pasar

Solista: Javier Alonso Keke-Resalt

La Meiga J. GuridiAy, Rosiña, flor de mayo

Solista: Teresa Novoa & Javier Alonso Keke-Resalt

L'onesta negli amora A. ScarlattiGia sole dal gange

Solista: Manuel Pedreira

Dido e Eneas Z.626 H. PurcellLamento de Dido

Solista: Susana de Lorenzo

14 Romanzas Op.34 S. RachmaninoffVocalise

Solista: Teresa Novoa

Rusalka Op. 114 A. DvorakOh lúa de prata

Solista: Teresa Novoa

Os teus Ollos X. Castro (Chané)Orquestración: Mario Diz

Solista: Susana de Lorenzo

Programa de m

an dixitalG

ala

Líric

a O

rq

uestr

a d

a U

niv

er

sid

ad

e d

e S

an

tia

go

de C

om

po

stela

Gal

a Lí

rica

Or

qu

estr

a d

a U

niv

er

sid

ad

e d

e S

an

tia

go

de C

om

po

stela

Page 7: Programa de Man dixital OUSC Gala Lírica 2017 · Gregori Nedobora interpretou o concerto do violinista galego Manuel Quiroga. Na tempada 2014-15 interpretou xunto ao coro Vigués

A Orquestra.

Programa de m

an dixitalG

ala

Líric

a O

rq

uestr

a d

a U

niv

er

sid

ad

e d

e S

an

tia

go

de C

om

po

stela

TrompetasAbel Gañete

Esteban Lemos

TrombónsPaula López Lodeiro

Ricardo Rodiño

TubaFrancisco González

PercusiónArtur Vazquez

Juan Pérez

Nicolás Varela

Clave / TeclasErea Blanco

Violíns IBrais Palmeiro

Carmen Jorge

Gonzalo Muiños

Ilduara Vicente

Sabela Fernández

Sara Miñán

Carlos Hervés

Laura García

Violíns IICatuxa Sara Prieto

Denís Fernández

José María Trigo

Mª del Carmen Estévez

María Seoane

Martiño Loureiro

Tania Viqueira

ViolasAitana Martinez

Camila Rey

Sabela Rodríguez

Rocío Vázquez

ViolonchelosAntía López

Helena Patiño

Manuel Fernández

Mateo Fernández

ContrabaixosAda Iglesias

Ángel Vidal

FrautasNoelia Ramos

Rocío Rodríguez

ÓboeMariña Palacio

Sergio Rodríguez

Katia Pereira

ClarineteÉrica Santiago

Laura Martinez

FagoteNerea Villamayor

Noa Calvo

TrompasAlba Fernández

Álvaro Crego Deán

Dario Neira

Maritza Ruan

Page 8: Programa de Man dixital OUSC Gala Lírica 2017 · Gregori Nedobora interpretou o concerto do violinista galego Manuel Quiroga. Na tempada 2014-15 interpretou xunto ao coro Vigués

Profesores participantes:

Violíns I Roberto Santamarina

Violín II Antía García

Viola Anne Schlossmacher

Violonchelo Millán Abeledo

Ventos Iago Lariño

Harpa Reyes Gómez

Programa de m

an dixitalG

ala

Líric

a O

rq

uestr

a d

a U

niv

er

sid

ad

e d

e S

an

tia

go

de C

om

po

stela

Mario Diz, director.

Mario Diz es un músico que desarrolla su carrera profesional ligada a diversos proyectos; director de la OUSC (Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela) la cual dirige desde el año 2010, como discipulo del maestro Antón García Abril, ejerce en los últimos años una intensa actividad compositiva para diferentes agrupaciones profesionales y didácticas, entre las que, recientemente, caben destacar estrenos absolutos en los dos últimos ciclos de las Jornadas de Música Contemporánea organizadas por el CNDM y el encargo de Tres Piezas Para Banda por parte de la Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.

Compuso diferentes piezas para distintas agrupaciones de cámara en las que tiene una mención especial el estreno y grabación por parte de la laureada mezzosoprano Nuria Lorenzo con la suite de nanas Todos los Niños Sueñan para la formación de Mezzo, Viola y Arpa.

De 2008 a 2016 fue miembro del equipo directivo de la Escuela Municipal de Música de Santiago de Compostela donde actualmente ejerce como profesor de violín y viola, su pasión por la didáctica de estos instrumentos se refleja en su reciente publicación del libro Mi Primer Violín para la iniciación en edades tempranas, que incluye más de 20 piezas compuestas expresamente para este objetivo; tambien en numerosos estudios comparados sobre las diferentes metodologías de enseñanza de la cuerda frotada.

www.mariodiz.com

Mira e escoita á Orquestra na Rede.

USC TV - Buono Chiodi

USC TV - Tchaicovsqui

Mediateca OUSC web

Page 9: Programa de Man dixital OUSC Gala Lírica 2017 · Gregori Nedobora interpretou o concerto do violinista galego Manuel Quiroga. Na tempada 2014-15 interpretou xunto ao coro Vigués

Os Solistas Teresa Novoa

Realiza os estudos superiores de canto no Real Conservatorio de Madrid, baixo a cátedra de Pedro Lavirgen coas máximas distincións. Perfecciona estudos con Montserrat Caballé, Jaime Aragall, Ángeles Gulín, Ileana Cotrubas, Ian Baar, Feliz Lavilla, Miguel Zanetti entre outros.

Estre ás súas actuacións máis salientables cabe destacar a primeira grabación mundial de Cantos de amor y guerra de J. Rodrigo coa Orquestra Sinfónica da RTVE dirixida polo Mestre García Asensio no Teatro Monumental de Madrid; actuación grabada en directo para o CD “homenaxe a Joaquin Rodrigo” que acada o Premio de la Música 2001. A Frauta Máxica no Teatro de la Zarzuela e a Misa en Do menor de Mozart dirixida por Peter Maag no festival Mozart de Madrid e posteriormente en Coruña coa OSG pola batuta de Victor Pablo Pérez. A opera española La Dolores de Bretón en (Xerez, Ovieu, Santander, Malaga, A Coruña, entre outros) La Bruja de Chapí (Bilbao, Las Palmas, Jerez, Santander…) En Madrid e Málaga interpreta Me llaman la Presumida e a Calesera do Mestre Alonso co que graba un CD de obras coa Filarmonica de Malaga con Juan de Udaeta ao frente. Actúa nos teatros y auditorios máis importantes de España: Auditorio Nacional ,Teatro Real e Teato de la Zarzuela, Arriaga ,Campoamor, Villamarta, Palau de la música de Valencia ,Tenerife, Las Palmas, etc. Interpreta Parsifal e as Walkirias afamadas óperas de R. Wagner en Santiago de Compostela.

Realiza durante varios anos xiras de zarzuela e clásicos de Nadal coa cadena COPE por toda España.

Actúa en homenaxes tan relevantes como os adicados a grandes figuras como Manuel Ausensi (Madrid), Ángeles Gulín (A Coruña), Pedro Lavirgen (Barcelona) e o Mestre Francisco Alonso (Madrid e Málaga).

Tamén estrena en versión concierto a ópera O Mariscal de R.Losada- en Vigo e A Coruña coa OSG dirixida por Xoan Trillo. Estrena asemade a obra de Xoan Trillo Grandes são os desertos poema de Fernando Pessoa coa Real Filharmonia de Galicia baixo a batuta de Paul Daniel. Recentemente estrenou a ópera galega A Raiña Lupa de F. V. Arias no Teatro Colón de A Coruña.

Das súas actuaciçons no extranxeiro cabe salientar o concerto inaugural do festival Don Quichotte de París na Vingtieme Theatre e no Auditorio Gabriel Fauré. A Bienal de Música de Toulouse e en Colomiers co espectáculo Hispanias Míticas. En Cuba no Teatro Amadeo Roldan e Teatro Lírico de La Habana; Brasil (Auditorio O.Pousada), etc.

Foi profesora de canto na Escola Superior de Canto de Madrid e na actualidade exerce a súa labor docente no CSMU de Vigo que compaxina coa actividade artística.

Escoita a Teresa Novoa

Chotis La Gran Vía

Gal

a Lí

rica

Or

qu

estr

a d

a U

niv

er

sid

ad

e d

e S

an

tia

go

de C

om

po

stela

Programa de m

an dixital

Page 10: Programa de Man dixital OUSC Gala Lírica 2017 · Gregori Nedobora interpretou o concerto do violinista galego Manuel Quiroga. Na tempada 2014-15 interpretou xunto ao coro Vigués

Susana de Lorenzo

Susana de Lorenzo é unha músico que compaxina a súa adicación á música e ao canto coa tarefa docente como profesora de Latín e Grego.

Cultiva diversos xéneros musicais: Ópera, Lied, Musical, Zarzuela, Repertorio Sacro, Música Folk e Rock... interpretando a compositores como Haendel, Bach, Mozart, Beethoven, Rossini, Dvorak, Fauré, Chapí, Gershwin, Bernstein, e sen dúbida o repertoiro galego... Cantou coa Orquestra Sinfónica de Galicia, coa Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, coa Filharmonía de Santiago, coa Orquestra Sinfónica de Melide, con Mondello Quartet, coa Orquestra de Cámara Galega, coa Banda Municipal de Coruña; e baixo a dirección de James Ross, Curt Cacciopo, J.C. Peña, Melani Crompton, David Ethéve, Fernando Vázquez Arias, Maximino Zumalave, Sardelli e Enrique Rodríguez.

Tocou asi mesmo con recoñecidos pianistas como Rupert Twine, Javier Vázquez Grela, Alejo Amoedo, Ludmila Orlova, Beatriz López-Suevos, Javier Ares, Vera Paulova entre outros.

Forma parte da Compañía Lirica de Galicia ademáis de participar asiduamente en Galas Solidarias.

É invitada asiduamente a eventos, tales como a homenaxe a Isaac Díaz Pardo, a Fernández del Riego, aos Premios da Cultura Galega ademáis de outros.

Co grupo DOA gravou "A fronda dos cervos", centrado na Lírica Medieval Galaico-Portuguesa, galardoado como mellor disco de música folk de Galiza do 2011 entre os numerosos premios e recoñecementos que recibiu.

Forma o grupo de Músicas do Mundo DEUSA TOLA que recrea os sons atlánticos dende a súa perspectiva.

Recupera a vida e obra da compositora compostelana da Belle Époque, Egenia Osterberger, en colaboración coas investigadoras Rosario Martinez e Beatriz López-Suevos. O libro disco acaba de ser editado pola editorial Ouvirmos.

Participa na homenaxe a Cántigas da Terra nun concerto coa Banda Municipal de A Coruña no Pazo da Ópera de ACoruña.

Inminente é a publicación do disco "Cantos á Natureza", cos derradeiros poemas que Xosé Neira Vilas escribiu para ser cantados xunto co tenor Cesáreo Torres e o pianista Alejo Amoedo e musicados por Juan Durán, Juan Comesaña, María Mendoza, Paulino Pereiro e Margarita Viso.

Gal

a Lí

rica

Or

qu

estr

a d

a U

niv

er

sid

ad

e d

e S

an

tia

go

de C

om

po

stela

Programa de m

an dixital

Page 11: Programa de Man dixital OUSC Gala Lírica 2017 · Gregori Nedobora interpretou o concerto do violinista galego Manuel Quiroga. Na tempada 2014-15 interpretou xunto ao coro Vigués

Escoita a Keke Resalt

E lucevan le stelle

Programa de m

an dixitalG

ala

Líric

a O

rq

uestr

a d

a U

niv

er

sid

ad

e d

e S

an

tia

go

de C

om

po

stela

Page 12: Programa de Man dixital OUSC Gala Lírica 2017 · Gregori Nedobora interpretou o concerto do violinista galego Manuel Quiroga. Na tempada 2014-15 interpretou xunto ao coro Vigués

Nado en Calataiud (Zaragoza) Comeza os estudos musicais en 1994 e vacais coa soprano Ángeles Gulín, ingresando ese mesmo ano na Escola Superior de Canto de Madrid, onde inicia a súa preparación có barítono Antonio Blancas e posteriormente co Tenor Julián Molina.

No Festival de Opera de A Coruña participou con Bastiá e Bastiana de Mozart e o rol de Celemín da ópera La Dolores de T. Bretón.

No Teatro Nacional da Zarzuela canta nas Tonadillas Escénicas realizadas baixo a dirección escénica de Emilio Sagi e musical de Pedro Halfter e en El mal de amores do Maestro Serrano coa dirección musical de Miguel Roa e escénica de Francisco Nieva.

No Teatro Real de Madrid canta en Celos aun del aire matan baixo a dirección musical de Jean Claude Malgoire e escena de Pier Luiggi Pizzi e novamenteo personaxe de Celemín de la ópera La Dolores, dirixida esta vez musicalmente polo Director Antoni Ros Marbá e escénicamente por José Carlos Plaza.

No Teatro do Liceo de Barcelona interviene en Lady Macbeth de Msenk de Shostakovitch con dirección musical de Alexander Anissimov e escena a cargo de Stein Winge.

Coa Orquesta Sinfónica de Albacete canta a Misa da Coroación de Mozart dirixida por Carlos Riazuelo e o Oratorio de Nadal de Saint-Saëns dirixido polo Director Cristóbal Soler.

Na igrexa Iglesia dos Jerónimos de Madrid canta o Réquiem e a Misa da Coroación de Mozart coa orquesta e o coro da UNED dirixidos por Adrián Cobo.

No auditorio de Caja España de León particípa con Das Lied von der Erde de Mahler.

No auditorio de Sagunto a Paixón según San Mateo de Bach.

Foi tercer premio no II concurso internacional de Zarzuela Ana María Iriarte.

Coa Orquesta filarmonía e dirixido por Pascual Osa repite o Requiem de Mozart, ademáis da Novena sinfonía de Beethoven, e diversos concertos de Ópera , Zarzuela así como una escolma dos máis salientables músicais todo elo no Auditorio Nacional de España.

Forma parte do grupo o Gramophono de la abuela no que en todas as súas actuacións son adicadas a obra social. Cantando boleros, folclore sudamericano e un repertorio bastante extenso.

Na actualidade atópase na producción do seu disco 12 princesas con música de seu.

Eliza Anna Kisielinska

Médico, violinista e cantante Polaca. Nada en 1990 en Siedlce e licenciada en mediciña pola Universidade Médica de Varsovia no 2014, actualmente

Gal

a Lí

rica

Or

qu

estr

a d

a U

niv

er

sid

ad

e d

e S

an

tia

go

de C

om

po

stela

Page 13: Programa de Man dixital OUSC Gala Lírica 2017 · Gregori Nedobora interpretou o concerto do violinista galego Manuel Quiroga. Na tempada 2014-15 interpretou xunto ao coro Vigués

traballa como medico psiquiatra residente no servizo de Psiquiatria do hospital de Siedlce, Polonia. Con 5 anos comeza os seus estudos musicais de piano, e dous anos máis tarde, na Escola Estatal de Música con violín como instrumento principal.

No ano 2008 gradúase con distinción, obtendo o título de músico instrumentalista na devandita especialidade de violín.

Dentro da súa experiencia forma parte da Orquesta de Cámara da Universidade Médica de Varsovia, Orquesta Sinfónica “Camerata Viva” en Polonia, Orquestra do Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela (actual Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela), Orquesta Sinfónica Xuvenil de Copenhague DUSIKA (Dinamarca).

En 2007/2008 recibe a Beca do Primeiro Ministro por Logros Escolares, en 2012/2013 e 2013/2014 foi becaria LLP-Erasmus. Durante os seus estudos descubriu a súa paixón polo canto e forma parte do Coro da Universidade Médica de Varsovia.

Actualmente leva máis de dous anos formándose vocalmente como alumna da profesora Izabella Jaszczułt-Kraszewska.

Manuel Pedreira

Gran afecionado á música e con adicación ao canto dende a súa mocidade de man do seu tío-avó Arístides González Oliete, barítono da Coral Polifónica de Bazán (Ferrol). Manuel Pedreira afonda no canto a través de coñecidos profesores coma Xabier Mendez e Fernando Bañó entre outros e en base autodidacta. Cun gran sentido da proxección e unha voz con corpo asume repertorio de tenor de coloratura.

Pedreira está ligado á Universidade de Santiago de Compostela como profesor titular de Geometría Algebraica na facultade de Matemáticas desta Universidade.

Programa de m

an dixital