programa de man 8-10-2020

10
25 Aniversario TEMPORADA DE ABONO 2020 2021 Emocións naturais Natureza, vida e amor REAL FILHARMONÍA DE GALICIA XOVES 8 OUTUBRO 2020 Auditorio de Galicia, 20.30 h ALÉN Paul Daniel, director

Upload: others

Post on 20-Jul-2022

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROGRAMA DE MAN 8-10-2020

25 AniversarioTEMPORADA DE ABONO2020 2021

Emocións naturaisNatureza, vida e amor

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

XOVES 8 OUTUBRO 2020Auditorio de Galicia, 20.30 h

ALÉNPaul Daniel, director

OUTUBRO 2020, 20.30 h

Page 2: PROGRAMA DE MAN 8-10-2020

22

PROGRAMA

JEAN SIBELIUS (1865-1957)Pelléas e Mélisande, op. 46 (selección) Á beira do marPastoralEntreacto

EDUARDO SOUTULLO (1968)Alén*

EDVARD GRIEG (1843-1907)Peer Gynt (selección) Suite núm. 1. op. 46 e Suite núm. 2 op. 55Secuestro da noiva e Lamento de Ingrid (Suite núm. 2)Na gruta do rei das montañas (I dovregubbens hall) (Suite núm. 1)A mañá (Morgenstemning) (Suite núm. 1)Danza árabe (Arabisk dans) (Suite núm. 2)Danza Anitr (Anitras dans) (Suite núm. 1)O regreso a casa de Peer Gynt (Peer Gynts hjemfart) (Suite núm. 2)Canción de Solveig (Solveigs sang) (Suite núm. 2) (versión orixinal)

JEAN SIBELIUS (1865-1957)Finlandia, op. 26

* Estrea absoluta. Obra gañadora do Premio de Composición BBVA-AEOS 2019

Duración aproximada do concerto: 50 minutos (sen pausa)Pregámoslle ao público que non faga fotografías e que desconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc.

Page 3: PROGRAMA DE MAN 8-10-2020

33

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Director artístico titularPaul Daniel

* principal | ** coprincipal | *** EAEM (Curso Avanzado de Especialización Orquestral) | (R) reforzo

Principal director invitadoJoana Carneiro

Director asociadoMaximino Zumalave

A Real Filharmonía de Galicia créase no ano 1996 en Santiago de Compostela, e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia, na cidade de Santiago de Compostela. Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes. Paul Daniel é, dende 2013, o seu director titular e artístico; Maximino Zumalave o seu director asociado e Joana Carneiro a principal directora invitada. Coa orquestra colaboran os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas de todo o mundo.A RFG está comprometida en achegar a música clásica a todo o territorio galego, aos públicos máis novos e destaca, ademais, o seu compromiso co patrimonio musical galego. Xestionada polo Consorcio de Santiago, a RFG é fi nanciada pola Administración Xeral do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.

VIOLÍNS IJames Dahlgren (concertino)Adriana Winkler (axuda de concertino)Anca Smeu **Claudio GuridiAnna AlexandrovaMichal RyczelIlya FisherYulia PetrushevskayaVictoria JurovDaniel KordubayloIldikó Oltai

VIOLÍNS IIGrigori Nedobora *Nikolay Velikov **Kiyoko OhashiIrina GruiaEnrique RocaHelena Sengelow Elina ViksneSamira AjkicGyula Vadaszi

VIOLASTilmann Kircher *Natalia Madison **Anne SchlossmacherOxana Bakulina Ionela Ciobotaru Timur SadykovTeresa Cardoso (R)

VIOLONCELLOSPlamen Velev *Barbara Switalska **Millán AbeledoÁlex Llano (R)Carlos GarcíaThomas Piel

CONTRABAIXOSCarlos Méndez *Alfonso Morán **Mario Rodrigues (R)

FRAUTASLaurent Blaiteau *Luis Soto **Marta Gómez (R)

ÓBOESChristina Dominik *Esther Viúdez **

CLARINETESBeatriz López *Vicente López **

FAGOTESJuan Carlos Otero *Manuel Veiga **

TROMPASJordi Ortega *Alfredo Varela *Xavier Ramón **Simon Lewis (R)

TROMPETASJavier Simó *Ramón Llátser **Rodrigo Iglesias (R)

TROMBÓNSEsteban Méndez (R)Iago Ríos (R)Faustino Núñez (R)

TUBAGuillermo Collazo (R)

TIMBALJosé Vicente Faus *

PERCUSIÓNRoberto Bao (R)Roberto Oliveira (R)

25 Aniversario

Page 4: PROGRAMA DE MAN 8-10-2020

44

PAUL DANIELDIRECTOR

É o director titular e artístico da RFG dende 2013 e tamén se encarga da dirección musical da Orquestra Nacional de Burdeos. Entre 2009 e 2013 foi o principal director e conselleiro artístico da West Australian Symphony Orchestra de Perth e foi director musical da English National Opera e da Ópera de North, ademais de principal director da Opera Factory. Foi director invitado das máis destacadas orquestras e compañías de ópera por todo o mundo. Dirixiu no Royal Opera House Convent Garden, en La Monnaie en Bruxelas, na Ópera Estatal de Baviera en Múnic, na Ópera Semper de Dresde ou no Metropolitan Opera de Nova York.

Recentes e futuros compromisos operísticos inclúen Lucrecia Borgia e As vodas de Fígaro coa English National Opera, un novo encargo de Judith Weir para o Festival de Bregenz e o Covent Garden, Gloriana no Covent Garden, Lulú en La Monnaie, un dobre cartel con L’Enfant et les Sortilleges e Der Zwerg coa Ópera Nacional de París; Os troianos coa Ópera de Berlín, Hansel e Gretel en Zúric, A Village Romeo and Juliet coa

Ópera de Frankfurt, Werther no Novo Teatro Nacional de Tokio, a estrea mundial de The Thirteenth Child de Ruders en Santa Fe; e Elektra, Tristán e Isolda e A valquiria en Burdeos.

Ademais dos seus concertos coa Orquestra Nacional de Burdeos e a Real Filharmonía de Galicia, dirixirá a Orquestra Sinfónica da Radio de Baviera, Filharmónica da BBC, Royal Philharmonic, Sinfónica de Hamburgo, Orquestra da Radio de Múnic, Australian National Academy of Music, a Xove Orquestra Nacional de Gran Bretaña e participará no Festival de Bregenz (Austria).

Entre as súas numerosas gravacións destaca o éxito alcanzado polo CD coa Sinfonía núm. 3 de Elgar para Naxos e o DVD da gravación de Lulú en La Monnaie coa soprano Barbara Hannigan. Coa Orquestra Nacional de Burdeos gravou obras de Wagner, Mahler e Chaikovski. En 1998 recibiu un Premio Olivier pola súa dedicación á ópera e nos New Year’s Honours de 2000 foi condecorado coa Cruz do Imperio Británico.

Page 5: PROGRAMA DE MAN 8-10-2020

55

Eduardo Soutullo (1968)

A Real Filharmonía de Galicia inaugura este ciclo de abono 2020/21, como fi xo na temporada 2015/16, coa estrea absoluta da obra dun dos novos valores da música española, Eduardo Soutullo, quen estudiou en Compostela e Madrid e foi profesor dos conservatorios de Vigo e Ourense. A RFG, ademais da Overture (From an unfi nished opera) en 2015, estreou But in vain…, a Suite Sinfónica núm. 1 nas Xornadas de Música Contemporánea e interpretou outras pezas como Jobs and Gates at Dawn. Alén é a obra gañadora da X edición do Premio de Composición AEOS-Fundación BBVA e foi seleccionada entre 54 partituras que concorreron ao premio, a cifra máis alta rexistrada na historia do certame. A peza está estruturada nun só movemento e ten unha duración aproximada de 12 minutos. «Alén está inspirada no monumento megalítico da Porta do Alén, pero que ninguén espere derivacións folclóricas, nada que ver, porque non pretende ser unha obra descritiva», relata Soutullo, que incide en que a recreación é puramente poética. «É unha homenaxe a unha xoia que temos no monte de O Seixo, en Cerdedo, entre os vales do río Verdugo e Lérez, que segundo a lenda,

se se cruza de norte a sur, accedes a outra dimensión e incluso podes falar cos mortos. Ao traducir ese paso á música seguín un proceso bastante libre que me permitiu achegarme ás técnicas de composición que veño aplicando nos últimos vinte anos. Estou seguro de que o público que segue a miña obra recoñecerá ese estilo cando a escoite en concerto». O xurado que lle concedeu o galardón, a través do seu presidente Baldur Brönimann, dixo sobre a obra: “O que nos impresionou desta partitura é como trata o son orquestral ao achegarse a un sitio de culto celta que se pensaba que era a porta ao alén. Eduardo transforma en son esta ponte entre a nosa realidade e o alén, dunha maneira moi sutil, con sonoridades que ás veces están entre o ruído e a nota, utilizando técnicas estendidas, microtóns… e no que claramente é a procura dunha linguaxe propia. Fai gala dunha gran fantasía e tenta ir un pouco máis aló no que se pode facer cunha orquestra; procura a súa propia maneira de escribir para un formato ás veces tan tradicional como a orquestra sinfónica. Alén é un exemplo claro dunha obra tecnicamente moi boa na transformación da idea, cun gran fundamento musical e, á vez, que destaca pola súa orixinalidade”.

Page 6: PROGRAMA DE MAN 8-10-2020

6

Jean Sibelius (1865-1957)

Defensor apaixonado da súa patria e fillo do Romanticismo alemán, Jean Sibelius escribiu a maior parte da súa obra entre 1880 e 1920. O seu estilo vai desde os seus primeiros traballos da escola vienesa clásica ata o inicio do nacionalismo romántico, pasando por unha especie de neoclasicismo e unha etapa expresionista-impresionista, que leva a unha renovación do pensamento sinfónico entendible, principalmente, na actualidade. As súas primeiras composicións sinfónicas datan da década dos oitenta, anos en que Finlandia estaba baixo o dominio ruso e as políticas do Zar Nicolás II espertaron un ascendente movemento nacionalista finés no que se implicaron artistas e intelectuais.

Sibelius profundou no folclore e as lendas do seu país e compuxo, sen recorrer á imitación folclórica, varios poemas sinfónicos inspirados na súa literatura, como Finlandia op. 26 (1899). Considerado como un segundo himno patrio, case heroico, foi escrito nunha primeira versión para unha música incidental como preludio do cadro

final da Música para as Celebración da Prensa, unha peza para acompañar un conxunto de ‘cadros históricos’ que se representaron como parte dun acto de protesta do mundo cultural pola limitación da liberdade de expresión e de reunión e a prohibición da prensa, impostas polas autoridades rusas no ano do Manifesto de febreiro, o que supoñía a supresión da autonomía finesa e un intento de rusificación moi rexeitado.

A versión final de Finlandia presenta, sobre o orixinal, leves cambios nas indicacións dinámicas e unha nova coda, serena e apracible, baseada na melodía do himno fronte á inicial, construída sobre o motivo de fanfarra. Musicalmente, a partitura está formada por dúas partes ben diferenciadas, una introdución lenta Andante e un Allegro, cun breve fragmento de transición. O Allegro tamén presenta dous temas particulares, un heroico e outro, o coñecido himno. A grande unidade da peza vén dada pola presenza constante dun motivo xerminal e unha liña tonal moi sinxela case desde o comezo.

Page 7: PROGRAMA DE MAN 8-10-2020

7

No catálogo de parellas recoñecidas ao longo da historia da literatura, Peleas e Melisande é unha delas. Sobre o amor prohibido e maldito dos personaxes creados polo dramaturgo belga e principal expoñente do teatro simbolista, Maurice Maeterlinck, foron moitos os compositores que realizaron as súas versións musicais e así, tras Fauré, Debussy e Schoenberg, Sibelius compuxo en 1905 para o Teatro Sueco de Helsinqui, o seu Pelleas et Melisande, op. 46. Inicialmente, foron dez pezas como música incidental do texto, incluíndo sete interludios (un deles a abertura) e unha canción. Co tempo, arranxou a partitura nunha suite de concerto con só nove movementos, todas as partes orixinais menos unha, dando un nome a cada un. Nos fragmentos que se interpretan neste concerto destacan, en Á beira do mar, as densas sonoridades do material melódico interpretadas polas cordas e os baixos representando as fondas correntes submarinas. O Pastorale, tamén orquestrado para instrumentos de vento madeira sobre unha figura de pizzicato nos violoncellos, ostenta a sutileza da música de cámara. Un Entreacto, vivaz e elegante, podería servir como final sinfónico previo á conmovedora Morte de Melisande.

Edvard Grieg (1843 - 1907)

O noruegués Edvard Grieg é considerado un dos pais culturais da súa patria á altura de Edvard Munch ou Henryk Ibsen. A súa categoría para os seus compatriotas vén da súa calidade artística, pero asociada a un sentimento nacional ben arraigado pois, a pesar de ter estado unida en diferentes etapas a Dinamarca, Suecia ou ambas, e incluso a Inglaterra en tempos de Canuto o Grande, Noruega nunca deixou de ser un reino de fronteiras ben definidas. En realidade, tratábase dun xeito de confederación na que cada reino conservaba a súa soberanía compartindo política exterior e defensa. A separación final de Suecia chegou en 1905. Neste contexto histórico, Grieg constitúe un exemplo paradigmático de compositor nacionalista como foi Sibelius.

Tras rematar no conservatorio, instalouse en Copenhague atraído polo seu ambiente intelectual e alí estableceu amizade con Hans Christian Andersen e Henryk Ibsen quen, en 1876, lle encarga a música

Page 8: PROGRAMA DE MAN 8-10-2020

8

incidental para a súa proposta teatral Peer Gynt. O compositor envioulle máis de vinte pezas que resaltaban diversas escenas do drama, pero sen moita confianza na súa partitura, pois atenazábao a responsabilidade desmedida de traballar para unha celebridade, ademais de atoparse cun texto de enorme complexidade, co seu propio ritmo poético, variacións métricas e situacións e escenarios moi variados. Orixinalmente, a música constaba de 22 partes, incluíndo un preludio, entreactos, danzas e cancións. En 1888, Grieg escolleu catro desas pezas para convertelas nunha suite, publicada como op. 46, e en 1891 elixiu outras catro para unha segunda suite, a No. 2 op. 55. O impetuoso e excéntrico Peer Gynt é un pícaro que ansía ser rico e poderoso. Acode a unha voda onde namora dunha rapaza chamada Solveig e, ante o seu rexeitamento, decide fuxir ás montañas con Ingrid, a noiva. Canso dela, seduce á filla do rei da montaña, con quen é obrigado a casar. Escapa a África para desfacerse do compromiso e alí consegue enriquecerse grazas ao tráfico de escravos e onde o amor de Anitra levarao á loucura e á ruína.

O Lamento de Ingrid abre a segunda suite, cando Peer e Ingrid foxen da voda cara ás montañas, onde ela será abandonada coa conseguinte vergoña. Por iso a furia vén representada polos violentos acordes dominados pola percusión, para dar paso a un triste andante que se apaga reaparecendo a colérica pasaxe inicial coa aldraxada Ingrid. Na gruta do rei das montañas, trompas, contrabaixos e fagot comezan unha melodía na que é fácil imaxinar o sixilo de Peer Gynt, cuxa fuxida é descuberta polos trolls e interpretada por un poderoso crescendo. A mañá é unha peza de tal expresividade que podería parecer música figurativa na que frauta e óboe, co apoio das cordas, recordan os trilos, a brisa das follas ou incluso o zoar dalgún insecto ou o amencer asomando no horizonte. Un coro de hurís, que recibe a Peer en África, chega como unha peza vivaz a modo de danza, Danza árabe, protagonizada pola percusión nunha atractiva pasaxe a modo de marcha triunfal; as cordas inician un tema que se vai transformando nunha danza, para volver á melodía festiva de marcha inicial. A Danza de Anitra é unha peza sinxela que describe

Page 9: PROGRAMA DE MAN 8-10-2020

9

un dos momentos máis cómicos da obra de Ibsen, un ritmo alegre e bailable interpretado polas cordas, cun destacado uso do pizzicato e o triángulo. Fortes acordes representan o mar embravecido que zarandea o barco no que Peer Gynt volve a casa ata que unha nova melodía da man das cordas representa a Peer aferrado a un madeiro, deixándose levar pola marea cando amaina a tormenta. Concibida para voz de soprano, a Canción de Solveig comeza cun nostálxico tema que narra a promesa de Solveig de agardar por Peer Gynt, segue unha melodía alegre e vivaz que fai pensar na lembranza dos bos tempos vividos con el e, de novo, o primeiro tema e a melancolía, e o segundo tema para recuperar a alegría contida e a esperanza.

Page 10: PROGRAMA DE MAN 8-10-2020

Xoves 15 de outubro, 20.30 hINACABADAREAL FILHARMONÍA DE GALICIAMaximino Zumalave, directorEllinor D’Melon, violínM. Bruch, Concerto para violín, núm. 1 en Sol menor, op. 26F. Schubert, Sinfonía D. 759, en simenor “Inacabada”

Xoves 22 de outubro, 20.30 hSÓ MOZARTREAL FILHARMONÍA DE GALICIAJan Willem, directorW. A. Mozart, Abertura de Lucio Silla, Kv. 135W. A. Mozart, Thamos, Rei de Exipto, Kv. 345 (Selección da música instrumental)W. A. Mozart, Sinfonía núm. 40 en solmenor, Kv. 550

PRÓXIMOS CONCERTOS

AUDITORIO DE GALICIA

Avda. Burgo das Nacións s/n

15705 Santiago de Compostela

DESPACHO DE BILLETES

T 981 571 026 | T 981 573 979 (Auditorio)

T 981 542 349 (Teatro Principal)

OFICINAS

T 981 552 290 | T 981 574 152

www.rfgalicia.org

www.compostelacultura.gal

RealFilharmoniadeGalicia

CompostelaCultura

@rfgalicia

@CCultura