plantilla revista galego 131 - cogami novembro.pdfxullo agos set out total santiago 22 20 26 27 19...

14

Upload: others

Post on 29-Jan-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

    COGAMI - CRD-FINGOI

    Índice

    O Artigo

    Deportes

    Recuncho Literario

    O Noticiero

    Carteleira

    Enlaces de interese

    Poesía

    Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

    COGAMI - CRD-FINGOI

    Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI

    3

    4

    8

    10

    12

    13

    13

    3

    7

    9

    11

    12

    13

    13

    Edita:

    COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.

    Consejo de Dirección:

    Directora:

    Rosa M. Pías Salgado

    Coordinadora:

    Purificación Salvador Rebolo

    Maquetación:

    Enrique Sanmartín

    Redactores de sección:

    Juan Antonio García

    José Manuel Ramil

    José Luis Vázquez

    Luis Fernández Trinidad

    Enrique Sanmartín

    Ana Varela

    Jose Rodiño

    Roberto Camba

    Manuel Paz

    Francisco Gullón

    Ricardo Lamazares

    Nieves Gayoso

    Antonio Fernández

    Ana Cristina Piñeiro

    Manuel Rosón

    Óscar Vigo

    Jose Luis López

    José Carlos Vázquez

    Luis Alberto García

    Ramón Veiga

    Miguel Regueiro

    Arturo Fojón

    Francisco J. Solana

    Gustavo Latorre

    Manuel Álvarez

    José Manuel Ulla

    Juan Antonio Jiménez

    Ana Novo

    Colaboración Externa:

    José Ángel Vázquez

  • 3 ARTIGOA inserción laboral das persoas con discapacidade a través de COGAMI mantense estable por primeira vez desde o comezo da crise

    O Servizo de Intermediación Laboral da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) rexistrou unha contratación de

    1.789 persoas con discapacidade dentro da comunidade galega. Desde que iniciou a crise, é durante este ano 2013 cando rexistramos

    uns datos de insercións máis estables comparándoos cos anos anteriores. Se aínda en 2013 existe unha baixa dun 2% na contratación,

    esta cifra está moi por debaixo do 20% que se estivo dando durante estes anos anteriores. A continuación, se amosa unha táboa coas

    insercións laborais realizadas en cada unha das sete oficinas que ten abertas COGAMI nas principais cidades.

    Durante este período de 2013, incorporáronse como novos demandantes de emprego 1.411 persoas, co que incrementa o número de

    persoas inscritas na base de datos que manexa COGAMI ata 26.309 persoas.

    Estes novos demandantes de emprego acceden a esta bolsa normalmente tras concertar unha entrevista de orientación laboral cos e coas

    profesionais que forman parte do SIL. Durante 2013 realizáronse 2.358 entrevistas de orientación, accións que serven para coñecer o

    perfil, intereses, capacidades e formación que ten a persoa que por primeira vez chega a este servizo, co fin de poder facilitarlle o acceso á

    incorporación laboral. A gran maioría destes novos usuarios chegan derivados do Servizo Público de Emprego, sendo outras vías de

    primeiro contacto as traballadoras sociais dos concellos, a través doutras entidades do terceiro sector, por familiares ou amizades que

    coñecen o SIL, etc.

    Un dos obxectivos do SIL é realizar visitas a empresas para presentarlles e ofrecerlles os seus servizos como axencia de colocación.

    Realizáronse este ano 527 visitas a empresas galegas e 140 visitas a entidades. Destas xuntanzas mantidas, captáronse 1.117 ofertas

    de traballo.

    Ante esta situación laboral inestable, é preciso estar ao día nos últimos adiantos. Isto é o que se pretende dende o SIL, que aposta polo

    Videocurriculum como carta de presentación das persoas que forman parte da bolsa de emprego e que vai permitir que o empresariado

    poida apreciar as capacidades das persoas, como se desenvolve cando se expresa, sendo esta unha información complementaria ao

    curriculum tradicional.

    CIDADES

    XAN

    FEB

    MARZ

    ABRIL

    MAIO

    XUÑO

    XULLO

    AGOS

    SET

    OUT TOTAL

    SANTIAGO

    22

    20

    26

    27

    19

    35

    45

    20

    60

    32

    306

    A CORUÑA

    39

    23

    14

    31

    22

    37

    35

    28

    45

    34

    308

    FERROL

    23

    11

    13

    21

    21

    12

    24

    17

    27

    29

    198

    LUGO

    22

    22

    11

    31

    18

    13

    26

    5

    27

    18

    193

    OURENSE

    25

    8

    16

    14

    11

    18

    38

    7

    42

    31

    210

    PONTEVEDRA

    25

    29

    16

    15

    16

    20

    28

    15

    43

    24

    231

    VIGO

    45

    31

    18

    20

    35

    26

    47

    33

    31

    57

    343

    TOTAL 2013

    201

    144

    114

    159

    142

    161

    243

    125

    275

    225

    1.789

    Nieves Gayoso

  • 4 NOTICIEIROA Organización de Profesionais e Autónomos e a Obra Social "la Caixa"

    fomentarán a contratación de persoas en risco de exclusión

    Aválanlles moitos anos de experiencia, e tamén, a confianza dos seus socios que son conscientes da importancia do asociacionismo para o sector. Desde OPA, considérase fundamental que o autónomo conte con esta conciencia de colectivo, esencial para reivindicar os dereitos sociais, económicos e xurídicos que necesitan.

    Neste sentido, a intensa actividade da organización serviu para trasladar á Administración a importancia económica e social dos profesionais por conta propia, obtendo xa o recoñecemento dalgunhas propostas plantexadas en material fiscal, tributaria, de seguridade social e emprego.

    Manuel Paz

    O pasado 6 de novembro en Lugo, o Presidente da Organización de Profesionais e Autónomos (OPA) de Galicia, Antonio José Lage; o Director da área de negocio de "la Caixa" en Lugo, José Manuel López; en representación de COGAMI Lugo, José Luis Lolo, Carlos Rosón, como Director de Igaxes3 e en representación do Grupo Incorpora Galicia, asinaron un acordo que ten como obxectivo fomentar a integración laboral de persoas con especiais dificultades para acceder a un posto de traballo e promover accións de responsabilidade social empresarial no marco do programa de integración laboral da Obra Social “la Caixa”.

    Desde o ano 2006, a Obra Social "la Caixa" fomenta co programa Incorpora a inserción ao mundo laboral de colectivos desfavorecidos, como persoas con discapacidade, maiores de 45 anos, parados de longa duración, xuventude en situación de vulnerabilidade, inmigrantes e vítimas de violencia de xénero. Un dos eixos desta iniciativa é poñer ao servizo do tecido empresarial un programa de responsabilidade social corporativa e favorecer a integración laboral.

    A Organización de Profesionais e Autónomos de Galicia colaborará con Incorpora mediante o fomento da contratación e formación de persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos e a través da organización de accioóns e actividades concretas no ámbito da responsabilidade social empresarial.

    Pola súa parte, Incorpora prestará información e asesoramento especializado a esta asociación de empresarios sobre subvencións e axudas á contratación e á creación de emprego para persoas con especiais dificultades de inserción.

    Pese á crise, Incorpora facilitou 20 postos de traballo na provincia de Lugo entre xaneiro e xuño deste ano, grazas ao compromiso de 19 empresas lucenses neste proxecto de responsabilidade social corporativa. COGAMI, Feafes Galicia, Igaxes3 e Cruz Vermella Lugo son as entidades sociais encargadas de desenvolver Incorpora na provincia.

    Apoio aos autónomos

    Ser autónomo no século XXI é complexo. Están suxeitos a moita competitividade e á necesidade constante de modernizarse. Por iso, en OPA lévase a cabo un constante proceso de renovación que permita funcionar acorde aos novos retos que se presentan. E, o que é máis importante, impulsa a mobilizar aos autónomos e a ofrecerlles un servizo completo e eficaz.

    O seu día a día oriéntase a cubrir as necesidades e preferencias de cada un dos seus asociados, así como a facerse eco das súas demandas e reivindicacións para trasladaras aos lexisladores para que poidan mellorar a situación do colectivo.

  • 5 NOTICIEIRO

    Televisión accesible para persoas con discapacidade visualSae ao mercado a primeira televisión para persoas con

    discapacidade visual severa. Este modelo “Smart Vise” de

    Panasonic, dispón de funcións específicas como a guía de

    voz, síntese de voz de alta calidade que verbaliza o contido

    dos principais menús de navegación do televisor.

    Co “Smart Vise” as persoas sen resto visual funcional

    poderán coñecer na canle que se atopan, que se emite no

    mesmo, cal é a programación prevista, e ata programar

    unha grabación desde a EPG (Guía Electrónica de

    Programación).

    Esta gama de televisores aínda non pode ser considerada como completamente accesible para as persoas con discapacidade visual,

    pero supón un avance en canto a mellóras de accesibilidade.

    Con este proxecto dase un paso moi importante no que se refire á accesibilidade da TV Digital, ao ser a primeira vez que sae ao

    mercado un televisor con síntese de voz incorporada desde a orixe.

    Para levar ha cabo este proxecto contouse co asesoramento da Fundación ONCE. José M. Ulla

    Antonio Fernández

    Huellas solidarias, terapia con animais A fundación Solidariedade Carrefour, en colaboración coa

    Fundación Bocalán, lidera unha iniciativa da cal beneficiaranse

    máis de trescentos nenos/as e cuxo obxectivo é mellorar a súa

    calidade de vida. Para iso, empréganse terapias nas cales

    interveñen animais, concretamente cans de asistencia, ademais de

    utilizar outros programas. Para o financiamento deste proxecto

    puxéronse á venda, en toda España, perritos de peluche nos

    hipermercados e supermercados Carrefour o que permitiu

    recaudar 178.912 euros.

    Do mesmo xeito, a fundación Bocalán recibiu un total de once cans

    de asistencia adiestrados para facilitar a autonomía e calidade de

    vida de nenos que padecen enfermidades raras. Estes cachorros

    foron acollidos por traballadores de Carrefour, durante unha

    tempada nos seus fogares, antes de ser entregados a once familias, previamente seleccionadas pola Federación Española de

    Enfermidades Raras (Feder) en función das súas necesidades. Estes cans fomentan a comunicación e motivación dos nenos, facilitan a

    súa aceptación do medio e melloran a súa integración na sociedade. Así mesmo, realizan pequenas accións que serven de axuda a

    persoas con algún tipo de discapacidad: recoller cousas do chan; apagar ou acender luces; abrir e pechar caixóns; tocar unha campanilla;

    entre outras.

    Para rematar, indicar que este proxecto favoreceu a programación de terapias individuais, destinadas a nenos con autismo, e grupales

    cuxos beneficiarios son nenos/as con outros tipos de discapacidad. As terapias de carácter grupal, pola súa banda, foron desenvolvidas en

    colexios de educación especial e en centros terapéuticos e educativos, e dirixíronse a nenos que padecen síndrome de Down. Cabo

    indicar que a eficacia de ambas iniciativas foi contrastada mediante diversas investigacións e o seu efecto é moi especial.

    Carlos Vázquez

  • 6 NOTICIEIRO

    COGAMI e o Concello de O Porriño asinaron o convenio de transporte adaptado para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade

    A Casa do Concello do Porriño acolleu a

    firma de convenio entre a Confederación

    Galega de Persoas con Discapacidade

    (COGAMI) e o municipio porriñés.

    O Presidente de COGAMI, Anxo

    Queiruga, e o Alcalde do Porriño, Nelson

    Santos Argibay, asinaron un convenio de

    colaboración para mellorar o servizo de

    transporte adaptado, tanto das e dos

    veciños do concello do Porriño que teñen

    mobilidade reducida, como de persoas

    usuarias dos centros de recursos que

    COGAMI ten na zona.

    Na firma tamén estiveron presentes a

    Concellería de Cultura e Servizos

    Sociais, Mª Teresa Veloso, o Presidente

    da Federación COGAMI-Pontevedra,

    Anxo Holguera, e o Coordinador do

    centro de recursos de COGAMI en Mos,

    Celso Álvarez.

    Alejandro Csrballeira

    Miguel Regueiro

    Este servizo de transporte adaptado permitiralles máis independencia ás persoas usuarias e,

    polo tanto, unha mellora na súa inserción social e laboral.

    COGAMI leva máis de 20 anos prestando servizo de transporte adaptado ao colectivo que

    representa, o das persoas con discapacidade. Actualmente son 160 persoas usuarias dos

    centros que ten COGAMI por toda a comunidade as que se benefician diariamente deste

    servizo. Ademais, tamén se realizan viaxes de grupos que o necesitan de xeito puntual e

    colabora co 065 na zona de Ferrol.

    Persoas con discapacidade intelectual guías turísticosdun Congreso Nacional

    No IX Encontro Nacional de Voluntariado en Fundacións Tutelares que tivo

    lugar na Universidade Pública de Navarra entre o 18 e o 20 de Outubro, un

    grupo de persoas con discapacidade intelectual fixeron de guías turísticos

    dirixidos pola Asociación Española de Fundacións Tutelares e en colaboración

    coa Oficina de Turismo Reino de Navarra de Pamplona. Oito persoas con

    discapacidade intelectual, acompañadas todas elas por un voluntario,

    protagonizaron visitas guíadas, ensinando Pamplona aos congresistas.

    Os participantes ó encontró foron distribuidos en 8 grupos. Os guías tiveron que explicar os visitantes a historia dos tres Burgos de

    Pamplona, o Privilexio da Unión, a historia da fachada da Casa Consistorial, do chupinazo, do encerro e o Camiño de Santiago. Os

    grupos tamén se dirixiron a Catedral e a plaza do Castillo, paseo de Sarasate, San Nicolás e San Lorenzo, onde se lles agasallaron

    cun pano de San Fermín.

    Para preparar a estas persoas elaborouse información de lectura fácil e ensaiouse a exposición con cada un deles. Tamén se redactou

    un glosario para explicar alguns términos non habituais con palabras sinxelas, segundo informou o Goberno foral nunha nota.

    Buscouse con este Encontro Nacional desenrvolvido en Pamplona organizado pola Asociación Española de Fundaciones Tutelares

    permitir que cada persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemeto mellore a súa calidade de vida, permitindo a súa

    inclusión como cidadáns con plenos dereitos nunha sociedade solidaria é mais xusta.

  • 7 NOTICIEIRO

    Co gallo do Día Internacional da Non violencia contra as mulleres

    A xornada, que contou coa participación da Secretaria Xeral de Igualdade e co Presidente de COGAMI, reuniu a 60 mulleres galegas con discapacidade.

    Encontro Autonómico: Descubre a nosa realidade! é o lema que a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) propuxo para realizar en Santiago de Compostela unha xornada enmarcada nos actos que durante esta semana se estiveron organizando con motivo do Día internacional da non violencia contra as mulleres.

    Durante a apertura da xornada, a Presidenta de ACADAR, Mónica Álvarez San Primitivo, estivo acompañada pola Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o Presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Anxo Queiruga. Explicou a Presidenta de ACADAR que “Descubre a nosa realidade! é un Programa que naceu hai tres anos co obxectivo de visibilizar a realidade das mulleres con discapacidade. Asemade, no ámbito da violencia, a realidade é aínda máis descoñecida xa que non aparecemos nas estatísticas e os recursos non están adaptados para dar unha atención en igualdade de oportunidades”.

    Durante a intervención, a Secretaria Xeral de Igualdade incidiu en que “para erradicar a violencia é importante denunciar, que calquera que coñeza situacións de violencia que as denuncie ás autoridades” e tamén afirmou que “é necesario formar aos profesionais para que saiban detectar de forma máis rápida posible situacións de violencia entre as mulleres con discapacidade e, deste xeito, para que poidan actuar de maneira máis eficaz no seu tratamento”.

    A Presidenta de ACADAR procedeu á lectura dun manifesto no que a entidade advirte da existencia de formas específicas de violencia contra a muller con discapacidade, dándose situacións de invisibilidade que non son tidas en consideración na planificación das políticas para erradicar a violencia nas mulleres e nenas nin visto pola poboación en xeral como un problema social ao que hai que dar resposta.

    Durante a xornada, que congregou a 60 mulleres con discapacidade procedentes de toda Galicia, a Psicóloga de ACADAR, Hadriana Ordóñez, levou a cabo a presentación inédita duns materiais audiovisuais e fotográficos pioneiros na nosa comunidade, promovidos pola entidade en materia de violencia e muller con discapacidade.

    Outra das intervencións realizadas durante o encontro autonómico foi a cargo da locutora do programa Convivir en Igualdade da Radio Galega, Clara de Saa, quen fixo unha reflexión sobre o tratamento que os medios de comunicación lle dan á muller con discapacidade.

    Outra das ponencias da xornada foi a que relatou a Vicepresidenta de ACADAR, Juana Tubío, quen falou sobre o empoderamento como prevención da violencia e a capacitación das propias mulleres á hora de exercer os seus dereitos e as súas obrigas como cidadás activas na sociedade.

    A última intervención da mañá foi sobre nomear para coñecer: a pertinencia dos indicadores de xénero, impartida pola formadora e consultora en igualdade, Marina Lorenzo e que incidiu na importancia de ter ferramentas como son os indicadores como medio de incidencia nas políticas públicas.

    O Encontro Autonómico: Descubre a nosa realidade! estendeuse ata as 19:00 horas. Nesta xornada tamén se desenvolveron obradoiros interactivos na abordaxe da violencia no que fixo uso do material presentado no Encontro.

    A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) organiza un encontro en Santiago

    Francisco Gullón

  • 8 DEPORTES

    A cerimonia de entrega dos diferentes galardoados da Real Orde ao Mérito Deportivo do ano 2013, tivo lugar no Teatro Cofidis Alcázar de Madrid. Estivo presidida por S.A.R. a Infanta Dona Elena, acompañada polo Ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert.

    Unha trintena de deportistas paralímpicos que ingresaron nesta ocasión na Real Orde do Mérito Deportivo, ademais dos compoñentes da selección española de fútbol 5 de cegos, sete deportistas foron distinguidos coa medalla de Ouro, 12 coa medalla de prata e oito coa Medalla de Bronce, en tanto que o equipo foi recoñecido coa Placa de Bronce.

    José M.Ramil

    Os Xogos de Londres 2012 e os seus resultados foron o trampolín dos premiados. Deste modo, as Medallas de Ouro foron para os campións paralímpicos David Casinos, José Antonio Expósito e Alberto Suárez (atletismo); Alfonso Cabello e o tándem formado por Christian Venge e David Llauradó (ciclismo) e Michelle Alonso (natación).

    As medallas de Plata, pola súa banda, corresponderon aos subcampions paralímpicos na capital británica. É dicir, os tándem compostos por José Enrique Porto e José Antonio Villanueva, por un lado, e Josefa Benítez e Mayalen Noriega (ciclismo), por outro; Enrique Floriano, Sarai Gascón e Miguel Luque (natación); Abderrahman Ait e Elena Congost (atletismo), Álvaro Varela e Jordi Morales (tenis de mesa) e Juan Antonio Saavedra (tiro olímpico).

    E as medallas de Bronce recaeron nos deportistas paralímpicos que subiron ao terceiro chanzo do podio en Londres 2012: o tándem formado por Miguel Ángel Clemente e Diego Javier Muñoz, e Maurice Eckhard (ciclismo); José Manuel Ruiz e Jorge Cardona (tenis de mesa), Deborah Font e José Antonio Marí (natación), e Mónica Merenciano (judo).

    Pola súa banda, o terceiro posto obtido pola selección española de fútbol 5 para cegos en Londres 2012 foi recoñecido coa Placa de Bronce da Real Orde ao Mérito Deportivo.

    O secretario de Estado para o Deporte, Miguel Cardenal, mencionou no seu discurso o bo papel dos deportistas paralímpicos na sociedade e destacou que, en breve, se lle outorgará a Teresa Perales a Gran Cruz ao Mérito Deportivo, que lle concedeu o Consello de Ministros ao seu regreso dos Xogos Paralímpicos de Londres a finais do ano pasado.

    As distincións da Real Orde do Mérito Deportivo nas súas diferentes categorías, Placas e Medallas de Ouro, Prata e Bronce, concédense a persoas ou entidades en recoñecemento aos seus éxitos deportivos ou á súa achega ao desenvolvemento do deporte español.

    Reciben as medallas da Real Orde ao Mérito Deportivounha treintena de deportistas Paralímpicos

  • 9 DEPORTESNo Campionato de Europa de Goalballde Turquía, España consegue a prata

    Os xogadores españois disputaron unha apretadísima final ante Lituania, que está considerada unha das mellores seleccións do mundo nesta disciplina deportiva, pois conta con dous campionatos mundiais, e é o vigente subcampeón paralímpico, e conquistou nesta edición o seu terceiro título.

    O equipo español masculino de goalball disputou un brillante Campionato de Europa no que xogou sete encontros, con cinco triunfos e dúas derrotas. Os catro primeiros, correspondentes á primeira fase, saldáronse con tres vitorias e unha soa derrota. España venceu a Suecia (6-1) e a Ucrania (6-2) na primeira xornada de competición, e á campioa final do torneo, Lituania (7-1), na segunda, e caeu pola mínima ante Alemania (7-8) nun encontro que os españois disputaron cos seus xogadores menos habituais. No choque de cuartos de final, a selección española obtivo unha nova vitoria ante Bélxica (4-3) e en semifinais, venceu á escuadra anfitriona de Turquía (6-2).

    No equipo competiron Jesús Santana (Canarias Cludeón), Javier Serrato (Valencia), Román Martínez (Aragón), José Daniel Fernández (Chamartín) e Félix Vargas (Barcelona).

    Neste Campionato de Europa competiron as dez mellores seleccións masculinas e femininas segundo o ranking continental europeo. Os sete primeiros equipos clasificados na competición conservaron a categoría, mentres que os tres últimos descenderon á categoría B, cuxo campionato continental disputarase en 2014.

    No que se refire á selección feminina española, que tamén participou, terminou o campionato en sétima posición. Na escuadra feminina competiron Laura Belle (Aragón), Lidia Baños (Murcia), Arantxa Sorribles (Sevilla), Cristina Laso (Tetuán) e Miriam Montes (Valencia).

    Ademais, neste Europeo puxéronse en xogo varias prazas de clasificación para o Mundial de Finlandia, que xa posúen os conxuntos masculinos de Finlandia e Turquía e os femininos de Suecia e Finlandia. Dous delas foron a parar a España e Lituania, como finalistas masculinos desta competición, que aseguraron a súa presenza no Campionato do Mundo 2014 na cidade finlandesa de Espoo.

    A localidade turca de Konya, foi o escenario onde se disputou o Campionato de Europa de Goalball. O equipo masculino español fíxose coa prata, tras perder na tanda de penaltis nunha igualada final ante a potente selección de Lituania. Con esta segunda praza, a escuadra española xa conta co billete directo para o próximo Campionato do Mundo, que se celebrará entre o 26 de xuño e o 6 de xullo de 2014 na cidade finlandesa de Espoo.

    Na final non conseguiu marcar ningún dos finalistas, tendo que chegar á prórroga e posteriormente á tanda de penaltis, na que a fortuna non sorriu ao equipo español e na que os lituanos terminaron impoñéndose por 1-3. Malia iso, o público asistente a esta final terminou recoñecendo cunha gran ovación o labor tanto do campión do torneo como dunha selección española que deu un paso de xigante e que presenta así a súa candidatura entre os mellores equipos do continente.

    Carlos Vázquez

  • 10 CARTELEIRA

    Argumento: Nos anos previos á Guerra Civil de Estados Unidos, Solomon Northup, un home negro libre que vive en Nova York, é secuestrado e vendido como escravo.

    Solomon deberá loitar non só por continuar vivo senón tamén por preservar a súa dignidade fronte á crueldade do seu amo.

    A súa esperanza, alimentada por inesperados xestos de amabilidad e axuda, non lle abandonará ao longo da súa odisea de doce anos. A oportunidade de Solomon de coñecer a un abolicionista canadiense cambiará a súa vida para sempre.

    Ficha TécnicaDirector: Steve McQueenReparto: Chiwetel Ejiofor, Michael Fassbender, Benedict Cumberbatch, Paul Dano, Garret Dillahunt, Paul Giamatti, Scoot McNairy, Sarah Paulson, Brad Pitt

    12 ANOS DE ESCRAVITUDE

    Arturo Fojón

    Argumento: Cando a Princesa Diana voou a Pakistán en maio de 1997, foi coñecer á familia do Dr. Hasnat Khan, o home co que quería casarse.

    Unha das mulleres máis famosas e belas do mundo, esperaba persuadir á nai do Dr. Khan facéndolle ver que sería a muller adecuada para o seu fillo. De haber tido éxito, os acontecementos daquel verán poderían ser moi distintos…

    Unha historia de amor sobre a familia, a amizade e as calamidades da fama

    Ficha TécnicaDirector: Oliver HirschbiegelReparto: Naomi Watts, Naveen Andrews, Douglas Hodge, Geraldine James, Charles Edwards, Cas Anvar, Juliet Stevenson, Michael Byrne.

    DIANA

    Fran Solana

    Argumento: 3 vodas de máis" narra as peripecias dunha solteira á que tres dos seus ex noivos a invitan ás súas respectivas vodas en tan só un mes.

    Hai algo peor que o teu ex noivo se case con outra e se invíte á súa voda? Si, que che pase tres veces nun mes, non saber dicir que non e que o único ao que consigas convencer para que che acompañe sexa o teu novo becario.

    Un alérgico ao compromiso, un surfista pasado de rosca e un transexual convertido en pibón... Tres ex noivos para tres vodas. Un cóctel explosivo para Ruth, que terá que enfrontarse ao seu pasado e decidir con quen quere compartir o seu futuro.

    e

    TRES VODAS DE MAIS

    Ficha TécnicaDirector:Javier Ruiz CalderaReparto: Inma Cuesta, Martiño Rivas, Quim Gutiérrez, Paco León, Rossy de Palma, María Botto, Laura Sánchez, Berto Romero, Joaquín Reyes

    Ricardo Lamazares

  • 11 CARTELEIRA

    Argumento: O Hobbit: a desolación de Smaug, a segunda parte dunha triloxía que adapta a popular obra mestra de J.R.R. Tolkien, O Hobbit. O Hobbit: a desolación de Smaug narra a continuación da aventura de Bilbo Baggins no seu periplo xunto ao mago Gandalf e trece Enanos liderados por Thorin “Escudo de Roble”, nunha épica procura para recuperar a Montaña Solitaria e o Reino Enano de Erebor.

    Tras sobrevivir ao comezo da súa inesperada viaxe, a Compañía segue cara ao leste e atópase polo camiño con Beorn, o cambiador de pel, e cun enxambre de Arañas xigantes no perigoso monte Mirkwood. Tras evitar que os Elfos do Bosque os capturen, os Enanos proseguen a súa viaxe cara a Cidade do Lago, e finalmente chegan á Montaña Solitaria, onde teñen que enfrontarse ao maior dos perigos, unha criatura máis terrorífica que calquera outra que poñerá a proba non só o profundo da súa valentía senón tamén os límites da súa amizade e a sabedoría da viaxe: o dragón Smaug.

    Argumento: Ismael Tchou, 10 anos e de nai africana, colle o AVE en Atocha rumbo a Barcelona. Fuxiu da súa casa porque quere atopar a Félix Ambrós, o seu pai, ao que nunca coñeceu. A súa única pista é unha dirección dun apartamento na Cidade Condal, escrita no remite dunha carta dirixida á súa nai Alika. Unha vez alí consegue atopar o edificio, pero no apartamento só atopa a Nora, unha elegante muller duns 50 anos que resulta ser a nai de Félix Ambrós, é dicir, a súa descoñecida avoa.

    Félix nunca lle dixo a Nora nada sobre a existencia dese neno, pero axiña que ela o localiza por teléfono, non nega o seu paternidade.Logo de avisar á nai do neno, Nora decide levalo a coñecer ao seu pai. Avoa e neto emprenden unha viaxe cara a un pobo de Girona onde Félix vive desde fai tempo. Ao mesmo tempo, Alika e o seu marido Eduardo viaxan desde Madrid cara Girona en busca do rapaz.

    O encontro que desencadea Ismael co desexo de coñecer ao seu pai biolóxico, fará que todos os personaxes traten de saldar as súas contas co pasado.

    Ficha TécnicaDirector: Marcelo PiñeiroReparto: Mario Casas, Belén Rueda, Sergi López, Juan Diego Botto

    ISMAEL

    Ficha TécnicaDirector: Peter JacksonReparto: Orlando Bloom, Martin Freeman, Ian McKellen, Cate Blanchett, Andy Serkis, Elijah Wood, Graham McTavish, James Nesbitt, Ian Holm

    O HOBBIT: A DESOLACIÓN DE SMAUG

    Luis Fernández

    Argumento: Walter Mitty: Unha persoa corrente dada a ensoñacións cheas de aventuras que superan moitísimo á vida real.

    Este Walter Mitty é a versión moderna de alguén que soña esperto, o editor fotográfico normal e corrente dunha revista que, con regularidad, se tóma unhas vacacións mentais e se evade da súa aburrida existencia desaparecendo nun mundo de fantasías iluminado por un gallardo heroísmo, amores apaixonados e constantes triunfos sobre o perigo.

    Mais cando Mitty e a súa compañeira de traballo, á que adora en segredo, vense en auténtico perigo de perder os seus empregos, Walter debe facer o inimaxinable: pasar de verdade á acción embarcándose nunha viaxe ao redor do mundo máis extraordinario que calquera cousa que el puidese inventar.

    Ficha TécnicaDirector: Ben StillerReparto:Ben Stiller, Kristen Wiig, Shirley MacLaine, Adam Scott, Sean Penn, Patton Oswalt, Kathryn Hahn

    A VIDA SECRETA DE WALTER MITTY

    Ricardo Lamazares

  • 12 RINCÓN LITERARIOO Último Tramo- Capítulo 38

    Deron a volta para coller a autopista A-6 e logo dun longo intre conducindo, metéronse no aparcamento dun restaurante para poder falar con máis tranquilidade. Enrique escoitaba atentamente o que José Luís lle contaba sobre a organización secreta e a súa recente incorporación á mesma. A Enrique caeulle ben José Luís, o seu directo modo de dicir as cousas e a típica rudeza do home criado nas rúas que subxacía nos seus modais de executivo. Si o Taboleiro Cadrado era un grupo tan selecto como José Luís o pintaba, facíaselle costa arriba imaxinalo a él en semellante clan.

    Dúas cousas chamáronlle poderosamente a atención a Enrique. En primeiro lugar, a escasa información que lle daban a José Luís sobre os outros cabaleiros. Soaba máis a guerra sucia para conseguir os seus obxectivos do goberno que a clan de patéticos e conchabados executivos. En segundo lugar, a actitude de José Luís parecíalle desconcertante, estaba claro que a José Luís lle apenaba o que lles ocorreu a Vitoria e a Ricardo. Con todo, aquela noite atopábase moito máis tranquilo e relaxado que cando falo con el por teléfono. Tiñan na súa mente un plan para suicidarse pasase o que pasase.

    -Polo que se refire a Vitoria- dixo José Luís- deitábame con ela e cheguei a estar unha boa tempada namorado dela, pero nunca llo puiden dicir e imaxínome o que puido suceder, descubriron que era xornalista e que estaba facendo un artigo para poder desenmascarar a toda esta xentuza, entre os que me inclúo por crer que eran persoas normais.

    -Non se preocupe por iso - comento Enrique -, vostede parece un home legal e atrevido. Tamén lle podo asegurar que Vitoria non estaba facendo un artigo sobre esa organización, atopábase escribindo un libro e ademais preparaba unha serie de reportaxes para televisión e algúns xornais sobre o poder do sexo na política e nos negocios.

    Enrique tamén lle falou sobre o que descubriu, coa súa muller e irmá, no apartamento de Vitoria. Naqueles mesmos instantes, Enrique recibiu unha chamada ao seu móbil, tratábase de Jesús, coméntolle que Alberto falecera de forma moi sospeitosa. Enrique non lle dixo nada a José Luís, tiña medo que se viñese abaixo por unha cousa así.

    -Pois polo visto, o Taboleiro Cadrado non o creu así. Eu estiven presente cando se tratou o tema. Ninguén fixo a menor insinuación de que tivesen intención de matala. Con todo, agora non me cabe dúbida de que o fixeron. Non teño nin idea de quen puido ser o asasino ou asasinos, pero deduzo que tivo que ser o mesmo que elimina aos enfermos terminais, asegurados por nós, que nos saen demasiado caros.

    Enrique optou por saber algo máis de José Luís, e dos seus motivacións para colaborar con el. Enrique non acababa de ver clara a posición de José Luís. Non estaba seguro de que non se calase algo importante.

    -Dígame José Luís, por que decidiu comentalo? Porque si o Taboleiro Cadradose afunden, o lóxico é pensar que vai saír vostede prexudicado.

    -Por varias razóns, e unha delas é que non me gusta que asasinen a persoas inocentes, por máis terminais que sexan e por máis que lle custen ás nosas compañías. Propóñome poñer probas en mans da fiscalía e chegar a un acordo co fiscal.... é dicir, si consigo as probas. Pero non se equivoque, non son ningún anxo nin moito menos. Faría sen pestenexar, moitas das cousas que o Taboleiro Cadrado espera de min.

    -Non lle entendo, cando me di que non pode conseguir as probas.

    -É que non deixamos constancia de nada por escrito. Aínda que Alberto é o único que pode secundarme, e así poder desenmascarar ao Taboleiro Cadrado, aínda que me temo que os avogados dos meus colegas nos faran picadillo, pero dáme igual e supoño que a Alberto tamén.

    -Hai que ter moito coidado, moito valor para facer o que vostede fai. Cando decida poñelo en mans da fiscalía irei con vostede. Moitas grazas, a súa axuda vaime a ser moi necesaria.

    -Verá, José Luís- dixo Enrique - sorrinte-, ocórreseme algo distinto que pode resultar. Podería repetirme os criterios da selección de enfermos terminais que figuran no informe de Alberto?

    -Podo facer algo máis práctico - repuxo José Luís, que lle entregou unha copia do proxecto que expuxera o rei negro nunha das reunións mantidas no Taboleiro Cadrado. Cantas compañías están implicadas? - preguntou Enrique. Probablemente sete, ademais do Estado. Hai dúas das que teño constancia, a inglesa Comprehensive Heait e a Española a Trinidad Sur.

    -O meu plan seria, ingresar a un paciente da Seguridade Social, no meu hospital, cun diagnóstico de enfermidade terminal que inclúa os criterios do estado para liquidalo.

    -Podería vostede facelo?

    -Sei de alguén que estaría encantado de facelo.

    Usuarios Aula Ocupacional CRD Fingoi - Lugo

  • 13 POESÍA

    EN INTERNET

    - Blog DISINCREIBLES de Fingoi:

    - Proyecto Retadis:

    - Polibea Turismo: e-mail:

    Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): e-mail:

    - Canal Discapacidade:

    - Información Discapacidade:

    - Portal Solidario:

    - Blog Amica:

    - Cogami:

    - Cocemfe:

    - Cermi:

    - Sin Barreras:

    - Socialia:

    - Lugo Accesible:

    - Voluntariado Galego:

    http://www.disincreibles blogspot.com

    http://www.retadis.es

    http://www.polibea.com [email protected]

    http://www.fedop.org [email protected]

    http://www.risolidaria.org

    http://www.discapnet.es

    http://www.portalsolidario.net

    http://www.sotileision.blogspot.com

    http://www.cogami.es

    http://www.cocemfe.es

    http://www.cermi.es

    http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/

    http://www.socialia.org

    http://www.lugoaccesible.net

    http://www.voluntariadogalego.org/web/

    -

    (Único portal gallego dirigido específicamente al 3° sector.)

    Enrique Sanmartín

    Naceu o amor

    O meu amor por ela,

    naceu

    outra vez dentro do

    meu corazón,

    e iso faime sentir outra

    vez ilusionado e

    vivo, aínda que o meu

    amor sexa tan

    só un soño,

    sempre o terei

    dentro dos meus

    pensamentos, porque

    algún día se pode convertir en real,

    cando teña

    o atrevemento de dicirllo..

  • PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013

    COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA

    CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR- SECRETARIA XERAL DE POLITICA SOCIAL E IMPARTIDO POR COGAMI A PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    Página 1Página 2Página 3Página 4Página 5Página 6Página 7Página 8Página 9Página 10Página 11Página 12Página 13Página 14