plantas carnívoras

33
PLANTAS PLANTAS CARNÍVORAS CARNÍVORAS

Upload: monadela

Post on 13-Jun-2015

199 views

Category:

Education


11 download

TRANSCRIPT

Page 1: Plantas carnívoras

PLANTASPLANTAS

CARNÍVORASCARNÍVORAS

Page 2: Plantas carnívoras

Son plantas que obteñen parte ou a maioría do seu alimento mediante a captura de pequenos animais (xeralmente insectos, arañas e anfibios), protozoos... Para asimilar os nutrintes producen enzimas dixestivas que disolven as presas ou axúdanse de bacterias.

Page 3: Plantas carnívoras

Adoitan vivir en lugares co solo pobre en nitróxeno como as brañas e turbeiras ou sobre as rochas.Coñécense 637 especies de plantas carnívoras e 300 de plantas protocarnívoras (que amosan parte das características).

Page 4: Plantas carnívoras

Atraen ás súas presas polo olor, pola cor ou polo néctar que producen, e empregan distintos sistemas para atrapalas:-trampas móbiles-superficies pegañentas-formas que facilitan a entrada e dificultan a saída: con pelos, espiñas, superficies lisas e esbaradizas...

Page 5: Plantas carnívoras

PLANTAS CARNÍVORAS CON TRAMPAS MÓBILESResponden ao contacto coa presa

Page 6: Plantas carnívoras

VENUS ATRAPAMOSCAS (Dionaea muscipula)As presas, atraídas por un néctar dóce, rozan uns peliños que fan que a folla se peche. As espiñas das beiras impiden que escapen. Unha vez dixerida a presa, a folla cae e nace outra nova.Orixinaria de Carolina (EE.UU).

Page 7: Plantas carnívoras
Page 8: Plantas carnívoras

Aldrovanda vesiculosa Vive en charcas de auguas ácidas. Mide de 15 a 20 cm de lonxitude. Ten unhas vexigas para aboiar na auga.A trampa está formada por dous lóbulos con dentes nas beiras.É unha planta rara que se pode atopar en Europa, Asia, África e Australia.

Page 9: Plantas carnívoras

PLANTAS CARNÍVORAS CON VESÍCULAScapturan ás presas por succión

Page 10: Plantas carnívoras

UTRICULARIASViven en lagos e brañas. Capturan pequenos animais que succionan cunhas vexigas cando estes contactan cos peliños da entrada. Coñécense 215 especies e viven en case todo o mundo.En Galicia aparecen Utricularia australis e Utricularia minor.

Utricularia aurea

Page 11: Plantas carnívoras

Utricularia australis

Page 12: Plantas carnívoras

PLANTAS CARNÍVORAS CON TRAMPAS PEGAÑENTAS

as presas quedan apegadas en secrecións visguentas

Page 13: Plantas carnívoras

RORELAS ou ORBALLIÑAS (Droseras)Capturan e dixiren as presas empregando unhas glándulas da superficie das súas follas que segregan unha substancia pegañenta. Coñécense 194 especies, distribuídas por todo o mundo.

Page 14: Plantas carnívoras

RORELA (Drosera rotundifolia)Atópase en turbeiras por toda Galicia, especialmente en zonas altas.

Page 15: Plantas carnívoras

RORELA (Drosera intermedia)Atópase en turbeiras por toda Galicia.

Page 16: Plantas carnívoras

Drosera derbyensis

Page 17: Plantas carnívoras

Byblis... Coñécense seis especies que se atopan en Australia, Nova Guinea e Indonesia.

Page 18: Plantas carnívoras

Drosophyllum lusitanica As follas teñen dúas clases de glándulas; unhas que producen substancias pegañentas e outras dixestivas.Atópase en Portugal, no sur de Andalucía e en Marrocos.

Page 19: Plantas carnívoras
Page 20: Plantas carnívoras

PINGUICOLASCapturan as presas coas substancias pegañentas que segregan uns pequenos pelos das follas e logo fabrican enzimas para dixerilos. Coñécense 80 especies.En Galicia hai tres especies: P. lusitanica, P. grandiflora e P. vulgaris.

Pinguicola gigantea

Page 21: Plantas carnívoras

Pinguicula Pinguicula grandiflora

Page 22: Plantas carnívoras

PLANTAS CON RECIPIENTES DE CAPTURATeñen un receptáculo onde caen as presas, que non poden saír porque chocan cuns pelos inclinados cara abaixo ou chocan contra manchas traslúcidas que que confunden con saídas.

Page 23: Plantas carnívoras

Sarracenia As follas forman un recipiente con forma de tompeta onde quedan atrapadas as presas que son atraídas por unha combinación de olores e cores.Son orixinarias de Norteamérica. Coñécense nove especies.

Page 24: Plantas carnívoras
Page 25: Plantas carnívoras

Darlingtonia californica (lirio cobra)Almacena auga no interior das súas follas tubulares bombeándoa desde as raíces. Non produce enzimas dixestivas. Ten nas trampas células absorbentes semellantes ás da raíces e bacterias simbióticas.É orixinaria de Norteamérica.

Page 26: Plantas carnívoras

Heliamphora Teñen follas tubulares que enchen con auga para capturar insectos. Algunhas producen enzimas dixestivas e outras empregan bacterias simbióticas.Viven nas áreas pantanosas de América do Sur. Coñécense 18 especies.

Page 27: Plantas carnívoras
Page 28: Plantas carnívoras

Nepenthes (xerras, copas de mono)Teñen trampas en forma de xerra con tapa, cun fluído no seu interior producido pola propia planta, que atrae e dixire ás presas. As paredes lisas do interior e a forma da boca impide a saída das presas.Son orixinarias das áreas tropicais. Coñécense 116 especies.

Page 29: Plantas carnívoras
Page 30: Plantas carnívoras
Page 31: Plantas carnívoras

CephalotusTen follas en forma de xerro que atrapan pequenos animais.Orixinaria de Australia. Coñécese unha única especie.

Page 32: Plantas carnívoras

CURIOSIDADES.Charles Darwin escribiu o primeiro tratado sobre as plantas carnívoras en 1875.

Page 33: Plantas carnívoras

MONTAXE: Adela Leiro Mon Daporta

FOTOS: Adela Leiro, Wikipedia.

Xuño 2012