plan municipal de igualdade e de prevención da violencia de ... piom_concello...máis altos de...

48
1 Concello da Estrada Plan Municipal de Igualdade e de Prevención da violencia de xénero Concello da Estrada

Upload: others

Post on 24-Sep-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

1

Concello da Estrada

Plan Municipal de

Igualdade e de

Prevención da

violencia de xénero

Concello da Estrada

PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE E DE

PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

(2019-2022)

EDITA: CONCELLO DA ESTRADA

FINANCIA: PACTO DE ESTADO

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. MINISTERIO DE LA

PRESIDENCIA, RELACIONES CON LAS CORTES E IGUALDAD

REDACCIÓN E DESEÑO: EDESGA

Concello da Estrada

3

PRESENTACIÓN PRESENTACIÓN

As políticas de igualdade de oportunidades son as medidas postas en marcha desde as institucións públicas co fin de paliar e resolver as situacións de desigualdade social entre mulleres e homes. O principio de contribuír á redución da desigualdade existente, é sen dúbida, un dos piares de toda sociedade democrática que persegue a liberdade individual, e como Alcalde da Estrada quero mostrar en nome de toda a corporación municipal o noso compromiso formal de considerar a igualdade entre mulleres e homes como un obxectivo horizontal no desenvolvemento de todas as nosas políticas. Este compromiso vense mostrando ó longo dos anos coa posta en marcha dos tres plans de igualdade municipais anteriores. Neste momento queremos dar un paso máis e avanzar na materialización dese compromiso coa posta en marcha deste novo Plan Municipal de Igualdade e de Prevención da violencia de xénero do Concello da Estrada que teño o pracer de presentar. Somos plenamente conscientes de que o ámbito municipal, pola súa proximidade á cidadanía e polo coñecemento da situación específica da súa poboación, resulta o idóneo para o desenvolvemento de accións tendentes a garantir tanto a igualdade entre mulleres e homes, coma a prevención e a erradicación da violencia de xénero. Desgraciadamente, coñecemos as consecuencias que derivan do problema da violencia de xénero, polo que asumimos a nosa responsabilidade pública e sumámonos ao desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero aprobado en 2017 e

4

PRESENTACIÓN PRESENTACIÓN

materializado no Real decreto-ley 9/2018, de 3 de agosto, de medida urgentes para el desarrollo del Pacto de Estado contra la violencia de género, publicado no BOE o 4 de agosto de 2018.

Desde o Concello da Estrada poñemos en marcha este novo Plan ca idea de que se acaden todos os seus obxectivos e que toda a poboación se beneficie. Para elo poñeremos en marcha todos os medios que como alcalde estean na miña man e na de toda a corporación municipal.

José C. López Campos

Alcalde do Concello da Estrada

5

PRESENTACIÓN PRESENTACIÓN

Como Concelleira de Igualdade resulta unha satisfacción a presentación deste Plan Municipal de Igualdade e de Prevención da violencia de xénero do Concello da Estrada, porque se trata dun compromiso participativo froito das avaliacións realizadas aos tres plans de igualdade anteriores unido aos novos avances lexislativos postos en marcha co Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Encontrámonos pois cun novo respaldo legal sumado ao xa existente ata o momento, a Constitución española, nos seus artigos 9.2 e 14, xunto coa Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia, que xa recoñecían a responsabilidade dos poderes públicos á hora de promover as condicións para que a igualdade do individuo e das agrupacións en que se integra sexan reais e efectivas. De igual xeito que deben remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación das galegas e dos galegos na vida política, económica, cultural e social.

Tendo en conta as características socias, culturais e económicas do Concello da Estrada, deseñamos un plan adaptado a esta realidade e cuns obxectivos claros de mellora que repercutan nunha actuación conxunta que permita reforzar, coordinar e intensificar a promoción da igualdade entre mulleres e homes, e a loita contra a violencia de xénero no ámbito local.

Concretamente, con este Plan daremos desenvolvemento a varias das medidas recollidas no eixe 2 do Pacto de Estado contra a violencia de xénero:

6

PRESENTACIÓN PRESENTACIÓN

- MELLORA DA RESPOSTA INSTITUCIONAL: COORDINACIÓN

E TRABALLO EN REDE, principalmente dar a máxima

relevancia na estrutura institucional ás políticas contra a

violencia de xénero, facendo fincapé na sensibilización e na

prevención, na visualización e na atención a outras formas

de violencia contra as mulleres.

Por cuestións organizativas, o departamento de igualdade a través do Centro de Información ás Mulleres será quen poña en marcha e supervise as accións aquí propostas, pero quero recalcar novamente o noso firme compromiso coa aplicación das políticas de igualdade dun xeito transversal, a través da posta en marcha deste Plan e coa implicación de todos os departamentos municipais e o seu respectivo persoal.

Amalia Goldar Cora Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación

7

PRESENTACIÓN CONTIDOS

INTRODUCIÓN ........................................................................ 9

DIAGNOSE .............................................................................. 11

EIDOS DE INTERVENCIÓN ..................................................... 19

1-PREVENCIÓN E ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO ........ 21 2-EDUCANDO EN IGUALDADE .................................................. 25 3-EMPREGO, CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE ..............29 4-EMPODERAMENTO E BENESTAR SOCIAL ................................ 33 5-CONCIENCIACIÓN MUNICIPAL .............................................. 35

SEGUIMENTO, VALORACIÓN E IMPACTO DO PLAN ........... 39

APUNTES PARA UNHA LINGUAXE INCLUSIVA .................... 43

9

PRESENTACIÓN INTRODUCIÓN

Este Plan Contra a Violencia de Xénero e Para o Fomento da Igualdade atopa a súa orixe no impulso que fai o Concello da Estrada pola igualdade e que foi iniciado fai máis de dez anos, co primeiro PIOM, e ven renovándose dende entón a través do traballo conxunto de toda a veciñanza da Estrada. Este longo camiño percorrido continúase a través das medidas recollidas neste documento e coas que se busca erradicar a violencia machista e lograr unha igualdade real entre as mulleres e os homes. Tendo en conta este obxectivo, articuláronse unha serie de accións a levar a cabo nos vindeiros anos, e que están dividas en función de grandes áreas ou bloques nos que é preciso intervir. Estas accións ou medidas están pensadas para traballar dende tódolos eidos (educación, eido laboral, asociacionismo, etc.) o fomento da igualdade e, polo tanto, a prevención da violencia machista exercida sobre as mulleres polo feito de ser mulleres.

10

PRESENTACIÓN INTRODUCIÓN

Este plan de traballo que tocará levar a cabo nos vindeiros anos foi deseñado especificamente para a Estrada e para a súa poboación. Así, achégase unha análise sociodemográfica do municipio, dando unha valiosa información dos puntos fortes pero tamén dos febles cos que conta. Esta revisión permite establecer accións adaptadas ó eido local e as súas necesidades. Os Plans de Igualdade realizados e avaliados dos que dispón a Estrada proporcionan unha boa folla de ruta para saber en que dirección é preciso traballar, as cuestións máis necesarias ou aquelas xa afianzadas e que deben manterse pola súa efectividade e resultados. Toda esta información desemboca nas actividades e obxectivos recollidos neste Plan e que han de ser levados a cabo entre os anos 2019 a 2022.

11

PRESENTACIÓN DIAGNOSE

Fonte: IGE (Padrón Municipal de Habitantes)

9.000

11.000

13.000

15.000

17.000

19.000

21.000

23.000

2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Evolución recente da poboación da Estrada por sexo (2008-2017)

Poboa. Total Homes Mulleres

A Estrada está a perder poboación dunha forma continuada dende o ano 2012, momento no que deu comezo un aumento do saldo migratorio negativo, especialmente entre a poboación en idade activa (25 a 44 anos). A situación de baixa natalidade sumada a unha mortalidade crecente e constante, configuran unha pirámide poboacional de tipo regresivo, representativa das poboacións avellentadas de Galicia, nas que non se está garantido o reemprazo poboacional.

12

PRESENTACIÓN DIAGNOSE

Fonte: Elaboración propia a partires do IGE (Padrón Municipal de Habitantes)

A pirámide poboacional da Estrada presenta un volume moito maior de mulleres en idades potencialmente dependentes (a partires dos 70 anos), e unha situación demográfica complexa, de baixa natalidade e alta lonxevidade, na que as xeracións vindeiras deberán afrontar unha situación difícil en termos de dependencia e sostén do sistema de pensións.

-10% -8% -6% -4% -2% 0% 2% 4% 6% 8% 10%

0-4

5-9

10-14

15-19

20-24

25-29

30-34

35-39

40-44

45-49

50-54

55-59

60-64

65-69

70-74

75-79

80-84

85 e máis

Pirámide de poboación do Concello da Estrada % (2017)

Mulleres

Homes

13

PRESENTACIÓN DIAGNOSE

Fonte: Elaboración propia a partires do IGE (Movementos migratorios)

Se ben o movemento natural da poboación explica en boa medida o momento recesivo da demografía do Concello, unha parte importante da perda recente de poboación da Estrada ven explicada polo saldo migratorio negativo entre os anos 2011-2013. Estes valores negativos están a recuperarse dende o ano 2014, aínda que só no último ano se obtivo un saldo migratorio positivo.

-180

-130

-80

-30

20

70

120

170

2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Saldo migratorio (2007-2017)

14

PRESENTACIÓN DIAGNOSE

Fonte: Elaboración propia a partires do IGE (Estatística de contratos)

A estacionalidade condiciona a entrada e saída do emprego, o que supón unha situación de precariedade laboral e inseguridade na contratación. Os homes manteñen un volume superior e crecente de contratos iniciais, aínda que tamén moi afectados pola estacionalidade, mentres que as mulleres acadan un volume menor e constante, que non chega a igualar ó dos homes.

0

200

400

600

800

1000

2015

/Xa

ne

iro

2015

/Fe

bre

iro

2015

/Ma

rzo

2015

/Ab

ril

2015

/Ma

io

2015

/Xu

ño

2015

/Xu

llo

2015

/Ag

ost

o

2015

/Se

tem

bro

2015

/Ou

tub

ro

2015

/No

vem

bro

2015

/De

cem

bro

2016

/Xa

ne

iro

2016

/Fe

bre

iro

2016

/Ma

rzo

2016

/Ab

ril

2016

/Ma

io

2016

/Xu

ño

2016

/Xu

llo

2016

/Ag

ost

o

2016

/Se

tem

bro

2016

/Ou

tub

ro

2016

/No

vem

bro

2016

/De

cem

bro

2017

/Xan

eir

o

2017

/Fe

bre

iro

2017

/Mar

zo

2017

/Ab

ril

2017

/Mai

o

2017

/Xu

ño

2017

/Xu

llo

2017

/Ag

ost

o

2017

/Se

tem

bro

2017

/Ou

tub

ro

2017

/No

vem

bro

2017

/De

cem

bro

2018

/Xa

ne

iro

2018

/Fe

bre

iro

2018

/Mar

zo

2018

/Ab

ril

2018

/Mai

o

2018

/Xu

ño

2018

/Xu

llo

2018

/Ag

ost

o

2018

/Se

tem

bro

2018

/Ou

tub

ro

Contratos iniciais por sexo (2015-2018)

Homes Mulleres

15

PRESENTACIÓN DIAGNOSE

Fonte: Elaboración propia a partires do IGE (Demandas de emprego e colocacións)

Esta precariedade laboral asociada á estacionalidade impacta con maior intensidade no sector servizos, no que as mulleres sofren moito máis o paro que os homes por tratarse dun sector claramente feminizado. Aínda nesta situación de precariedade, os homes incorpóranse con maior facilidade ao emprego, mentres que as mulleres están, de media, máis tempo en situación de desemprego,

mesmo no caso do paro de longa duración.

1,64,8

10,3

19,9

2,31,5

5,7

0,7

46,7

6,5

0

5

10

15

20

25

30

35

40

45

50

Agricultura/Pesca Industria Construción Servizos Sen empregoanterior

Paro rexistrado segundo sexo e sector de actividade (Outubro 2018)

Homes Mulleres

16

PRESENTACIÓN DIAGNOSE

Fonte: Elaboración propia a partires do IGE (Paro rexistrado)

Estas diferenzas no acceso ao emprego confírmanse tamén ao examinar a evolución do paro rexistrado nos últimos tres anos, xa que, se ben o paro está a descender, a incorporación ao emprego é máis favorable para os homes, mentres que as mulleres teñen unha maior dificultade para atopar traballo.

300

400

500

600

700

800

900

1000

1100

1200

Evolución do paro rexistrado segundo sexo (2015-2018)

Homes Mulleres

17

PRESENTACIÓN DIAGNOSE

Fonte: Elaboración propia a partires do IGE (Pensións e outras prestacións)

A desigualdade económica que supón este acceso diferenciado ao emprego tradúcese nas diferenzas na contía media das pensións de xubilación: os homes cobran máis de 100€ de media en comparación cas mulleres. Isto supón un risco económico para esa maioría de mulleres nos tramos máis altos de idade, xa que aumentan as posibilidades de atoparse nunha situación de pauperización e de desamparo.

719,09

829,97

606,12

660,89

500

550

600

650

700

750

800

850

2011 2013 2014 2015 2016 2017

Evolución da contía media da pensión xubilatoria (en €)

Homes Importe medio Mulleres Importe medio

18

PRESENTACIÓN DIAGNOSE

Fonte: Elaboración propia a partires dos datos do Poder Xudicial

O informe do Poder Xudicial do ano 2017 rexistra, para o Partido da Estrada, ata 25 delitos de violencia de xénero, 18 deles tipificados baixo o art. 153 do CP, que derivan de denuncias por malos tratos puntuais a persoas do ámbito familiar. En termos de violencia de xénero, os últimos dous anos pode observarse unha importante e favorable redución no volume total dos delitos ingresados, mais aínda queda un longo camiño por percorrer. Estas cifras mostran un descenso no número de delitos denunciados, pero non na comisión destes delitos, xa que está demostrado que a crise económica vivida nos últimos anos foi determinante para as mulleres á hora de non denunciar, porque a dependencia económica das vítimas lles impide poñer fin á situación.

0

10

20

30

40

50

2012 2013 2014 2015 2016 2017

Evolución dos delitos ingresados no Partido Xudicial Da Estrada

19

PRESENTACIÓN EIDOS DE

INTERVENCIÓN

O Plan contra a Violencia de Xénero e para o fomento da Igualdade do Concello da Estrada conta con cinco áreas, nas que se recollen 42 actuacións para lograr os obxectivos fixados ata o ano 2022.

1. Prevención e Erradicación da Violencia de Xénero

10 medidas para afondar na loita contra a violencia machista

2. Educando en Igualdade

8 medidas para promover valores en igualdade e para

eliminar condutas violentas e estereotipos

3. Emprego, Conciliación e Corresponsabilidade

11 medidas para mellorar a inserción das mulleres no eido

laboral e fomentar un reparto xusto das tarefas

4. Empoderamento e Benestar Social

6 medidas para lograr unha sociedade máis cohesionada e

cunha mellor calidade de vida

5. Concienciación Municipal

7 medidas para integrar a perspectiva de xénero no Concello

da Estrada

21

PRESENTACIÓN 1. Prevención e Erradicación

da Violencia de xénero

Proseguir coas iniciativas de sensibilización vinculadas ao Día

Internacional contra a Violencia de Xénero (25N) levando a cabo medidas que impliquen a participación da veciñanza, a través de actos de conmemoración, diversas actividades nos centros educativos, exposicións nos centros cívicos e sociais, etc.

Reorientar o concurso de Cartaces Contra as Violencias Machistas

cara ás redes sociais, por exemplo, mediante un concurso de curtametraxes en Youtube, ou plataformas similares. Pódese buscar a colaboración doutros CIM para fomentar a colaboración e lograr un proxecto máis amplo.

Levar a cabo obradoiros de prevención da violencia machista, nos

que queden identificados os diferentes factores de risco e as estratexias e ferramentas para saír dunha situación de violencia ou para axudar a amigas, familiares ou veciñas que sufran maltrato de xénero.

Obxectivo: Loitar pola erradicación integral da

violencia machista a través da sensibilización, da

educación e da protección ás vítimas.

22

PRESENTACIÓN 1. Prevención e Erradicación

da Violencia de xénero

Deseñar, en colaboración coa área de Emprego, unha campaña de

rexeitamento do acoso laboral e dos micromachismos no ámbito de traballo e difundila a través da web e das RRSS municipais.

Organizar un curso de defensa persoal e autoprotección,

destinado principalmente ás rapazas adolescentes, no que se aborde tamén a importancia da denuncia temperá e a non tolerancia co maltrato físico e psicolóxico.

Elaborar e difundir un cartel ou folleto coa información básica en

materia de violencia de xénero, facendo fincapé na importancia da denuncia temperá e dos servizos de atención integral as vítimas coma o 016.

Levar a cabo unha campaña de denuncia e rexeitamento do acoso

nos bares, festas locais, concertos ou celebracións multitudinarias, implicando á poboación máis nova e tentando sensibilizar acerca das agresións sexuais sufridas polas mozas de forma habitual nestes ámbitos e espazos.

23

PRESENTACIÓN 1. Prevención e Erradicación

da Violencia de xénero

Manter unha colaboración continuada coas campañas contra a

violencia de xénero que se realicen a nivel estatal, autonómico e provincial, incorporando os seus obxectivos aos do CIM e do Concello.

Fortalecer a atención integral ás usuarias do CIM e dos Servizos

Sociais a través de iniciativas como talleres de autoestima ou saídas conxuntas para realizar actividades de reforzo da integración social e da prevención da exclusión.

Seguir coordinando a Mesa Local contra a Violencia de Xénero, e

revisar o protocolo de actuación para actualizalo ante as novas formas de violencia de xénero xurdidas a través de internet e das redes sociais (ciberacoso, ameazas, humillacións, etc.).

25

PRESENTACIÓN 2. Educando en Igualdade

Deseñar actividades formativas sobre violencia de xénero,

condutas sexistas e acoso para o alumnado dos diferentes IES da Estrada, orientadas cara á detección temperá e a prevención da violencia. Compre traballar cuestións como os micromachismos, os estereotipos, as relacións de parella, etc.

Continuar coa conmemoración do Día da Muller Traballadora (8M)

e do Día contra a Violencia de Xénero (25N) en colaboración cos centros educativos do Concello, desenvolvendo estratexias ou actividades conxuntas de actuación que impliquen directamente á poboación escolar e as súas familias.

Establecer, con motivo do día do libro, un apartado de obras

(cómics, libros, series, etc.) con temática de xénero na Biblioteca Municipal. Difundir tamén estas listas de obras nos blogs das bibliotecas dos centros educativos así como nas redes sociais municipais.

Obxectivo: Promover valores e actitudes baseados na

igualdade e no rexeitamento da violencia e dos

comportamentos machistas.

26

PRESENTACIÓN 2. Educando en Igualdade

Organizar obradoiros nos IES sobre o uso responsable das redes

sociais, nos que se aborden temas como o acoso, o bullying e a seguridade persoal en internet. De forma práctica, o alumnado podería crear unha mensaxe viral en contra da violencia machista, de forma que quede patente a velocidade e o alcance que poden chegar a ter os contidos compartidos nas redes sociais.

Deseñar en colaboración co alumnado dos CEIP un calendario no

que cada mes se inclúa a algunha muller destacada, especialmente naqueles ámbitos maioritariamente asociados aos homes (historia, ciencia, deportes). Este calendario pode ser difundido a través das redes sociais municipais e escolares, entre as asociacións e nos espazos públicos da Estrada.

Levar a cabo charlas-talleres dirixidas ás nais e pais co fin de

axudarlles a xestionar conflitos, expoñer as vantaxes da disciplina positiva, etc., abordando cuestións que afecten ás diferentes etapas educativas das rapazas e rapaces. Estas iniciativas poden sentar as bases dunha Escola de Nais e Pais pola Igualdade.

27

PRESENTACIÓN 2. Educando en Igualdade

Programar, en colaboración co persoal das bibliotecas dos centros

educativos do Concello, unha semana de cine temática coincidindo coa Semana do Orgullo LGTBIQ e co fin de traballar coa mocidade a necesidade de previr a homofobia, a lesbofobia e transfobia.

Manter unha difusión actualizada nas redes sociais do Concello e

do CIM das actividades realizadas para favorecer a participación da poboación e o coñecemento sobre o CIM e sobre a súa labor. Difundir nos mesmos medios fotos ou vídeos das actuacións organizadas poden axudar a lograr un maior alcance e a fomentar a participación da cidadanía en próximas iniciativas.

29

PRESENTACIÓN 3. Emprego, Conciliación e

Corresponsabilidade

Incorporar contidos de xénero vencellados ao mercado de

traballo nas accións e actividades de formación ofrecidas ou coordinadas polo CIM, así coma estratexias temperás de prevención e loita contra a desigualdade laboral e a exclusión.

Continuar coa celebración do Premio Honorífico ó labor das

mulleres da Estrada, aproveitando os actos para insistir na necesidade de rexeitar todo tipo de situación de acoso no lugar de traballo, así como na importancia da corresponsabilidade para acadar unha igualdade real entre as mulleres e os homes no ámbito laboral.

Organizar xornadas de orientación vocacional nos IES, nas que se

trate a cuestión dos estereotipos profesionais de xénero, a desigualdade no eido laboral e o teito de cristal, entre outros conceptos.

Obxectivo: Favorecer ó acceso das mulleres ao

mercado laboral en igualdade de condicións,

facilitando a formación e a conciliación dos tempos.

30

PRESENTACIÓN 3. Emprego, Conciliación e

Corresponsabilidade

Presentar, no marco do DepoEmprende, unha charla sobre a

desigualdade de xénero no mercado de traballo, aproveitando para compartir diversas estratexias na loita efectiva contra a exclusión laboral das mulleres.

Levar a cabo algún obradoiro sobre o emprendemento e o

autoemprego, abordando as súas vantaxes e dificultades, invitando a mulleres que optasen por estas vías para que relaten a súa experiencia e incluíndo unha visita ao Viveiro de empresas para coñecer as ferramentas dispoñibles á hora de crear unha pequena empresa.

Colaborar coa área de Emprego para organizar un obradoiro

dirixido ás mulleres que precisen ou queiran adquirir as habilidades informáticas básicas para mellorar a súa inserción laboral. Ademais, motivarase ás asistentes a presentarse ao exame de Competencias Dixitais da Xunta (CoDix).

Proseguir a colaboración entre CIM e axentes e programas de

emprego , facilitando que as usuarias poidan planificar un recorrido de mellora da súa empregabilidade e optimizar o seu percorrido de entrada ou reentrada ao mercado laboral.

31

PRESENTACIÓN 3. Emprego, Conciliación e

Corresponsabilidade

Fomentar a realización das distintas actividades organizadas polo

Concello en horarios que favorezan a conciliación da vida familiar, laboral e persoal.

Colaborar co persoal responsable dos campamentos urbanos para

incluír na súa programación actividades que promovan os valores igualitarios e o rexeitamento dos roles esterotipados por mor do xénero, as condutas violencias, a violencia contra as mulleres, etc.

Impulsar, xunto coa área de Servizos Sociais, a creación de

espazos de respiro para persoas coidadoras de dependentes. Achegar e divulgar información sobre as axudas dispoñibles tanto a nivel municipal como autonómico.

Deseñar e levar a cabo iniciativas que promovan a

corresponsabilidade, sobre todo entre a poboación adolescente. A través de talleres de intercambio de roles ou de obradoiros de teatro pode visibilizarse o impacto do reparto tradicional das tarefas do eido doméstico e do coidado e os beneficios de asumir entre todos/as estas responsabilidades.

33

PRESENTACIÓN 4. Empoderamento e

Benestar Social

Reforzar a colaboración co tecido asociativo para levar a cabo

accións conxuntas contra a violencia de xénero e para o fomento da igualdade, de forma que se convertan nun activo máis á hora de acadar os obxectivos do CIM.

Seguir realizando obradoiros de risoterapia, autoestima,

sexualidade, etc. para fomentar a participación das mulleres e mellorar a súa calidade de vida. Promocionar dunha forma axeitada este tipo de iniciativas será vital para que cada máis mulleres participen deles.

Impulsar e promocionar os beneficios do envellecemento activo e

a necesidade de realizar actividades deportivas, de lecer e de aprendizaxe. Disciplinas como o ioga, pilates, tai chi ou organizar pequenas saídas para camiñar poden ser boas opcións para fomentar a participación.

Obxectivo: Fomentar o empoderamento e a

participación social das mulleres, e mellorar o benestar

da poboación da Estrada.

34

PRESENTACIÓN 4. Empoderamento e

Benestar Social

Programar algunha charla ou obradoiro para abordar a cuestión

da diversidade funcional, derrubando mitos e estereotipos asociados e para previr as situacións de exclusión social que aínda seguen a sufrir estas persoas, especialmente no caso das mulleres. Pódese buscar a colaboración de asociacións, centros eduativos, anpas, etc.

Organizar, polo día 8M, un partido de exhibición coa implicación

dos equipos femininos locais (Futsal A Estrada, As Irmandiñas ou o Atlético Estrada Feminino) e doutros municipios. Trátase de poñer en valor a integración das mulleres en eidos masculinizados e dar a coñecer a súa existencia para impulsar a participación e motivar as mulleres para que practiquen deporte.

Manter unha colaboración activa entre o CIM, o persoal da área de

Sanidade e o SERGAS para coordinar accións ou actividades orientadas á concienciación sobre os beneficios da actividade física, da alimentación sa e da prevención de enfermidades con maior incidencia nas mulleres, coma o cancro de mama, a osteoporose, a fibromialxia, a endometriose, etc.

35

PRESENTACIÓN 5. Concienciación Municipal

Crear unha páxina de Facebook e un perfil de Twitter do CIM para

poder difundir periodicamente as diversas actividades e accións levadas a cabo, así como as convocatorias de axudas e as diferentes campañas contra a violencia machista postas en marcha dende tódolos niveis da administración.

Realizar un acto en colaboración coa alcaldía do Concello para dar

a coñecer á veciñanza as próximas actuacións en materia de prevención da violencia machista e para fomentar a igualdade, entre elas as novas redes sociais do CIM.

Levar a cabo estratexias de coordinación entre as distintas

concellarías para organizar accións e iniciativas que aborden todas as formas de violencia de xénero e o fomento da igualdade. Lograr a implicación de todo o Concello repercutirá nun maior alcance deste fin e nun aforro de recursos materiais e persoais.

Obxectivo: Promover a igualdade de oportunidades e

a erradicación da violencia de xénero, a través de

iniciativas coordinadas e da sensibilización.

36

PRESENTACIÓN 5. Concienciación Municipal

Establecer, en colaboración coas áreas municipais necesarias, a

recollida da variable sexo en tódalas estatísticas municipais, de forma que se visibilice ás mulleres e ás súas necesidades e se poidan deseñar políticas e iniciativas máis axustadas á realidade.

Deseñar unha guía de linguaxe non sexista e difundila a través das

redes sociais así como distribuíla entre os departamentos municipais, centros educativos, etc. para contribuír a un uso inclusivo da linguaxe.

Promover unha xuntanza entre asociacións de mulleres e

colectivos feministas da comarca para deseñar estratexias e actividades conxuntas que promovan a igualdade e rexeiten as violencias machistas.

Seguir incrementado o nivel de formación en materia de xénero,

especialmente entre o persoal do CIM, de Servizos Sociais, Sanidade, Emprego, Cultura e Deportes, e en cuestións en constante cambio, como a lexislación sobre atención a menores, a vítimas de violencia, etc.

37

PRESENTACIÓN 5. Concienciación Municipal

Continuar coa programación de actos e iniciativas con motivo do

Día Internacional da Muller Traballadora (8M) e do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero (25N). Por exemplo a través de:

Actividades culturais (concursos entre a mocidade, premios a entidades ou mulleres destacadas, debates ...)

Accións formativas destinadas a tódolos niveis sociais e educativos.

Campañas de sensibilización e de prevención do maltrato.

39

PRESENTACIÓN SEGUIMENTO, VALORACIÓN E

IMPACTO DO PLAN

Tanto o CIM como as áreas implicadas recolleran todos os datos posibles sobre as actividades postas en marcha co fin de contar con información actualizada sobre o grado de execución deste Plan. Este seguimento pode realizarse aproveitando as propias dinámicas de control coas que xa conta o CIM, desagregadas en dúas ferramentas principais:

Fichas de actividades que recollan as accións levadas a cabo, a data de realización, o número de participantes desagregados por xénero e unha valoración do resultado da actividade.

As avaliacións anuais que recollen a labor desenvolta, as consultas atendidas, unha valoración global das actividades e as suxestións recollidas.

A aplicación destas ferramentas permitirá contar cun Plan de traballo adaptado á realidade da Estrada así como ás necesidades cambiantes da sociedade, polo que será máis preciso e efectivo para optimizar a consecución dos dous obxectivos principais que son a promoción da igualdade de xénero e a loita contra calquera manifestación de violencia contra as mulleres.

40

PRESENTACIÓN SEGUIMENTO, VALORACIÓN E

IMPACTO DO PLAN

Valoración do programa: dificultades e propostas Tamén é preciso valorar as principais dificultades á hora de desenvolver todo o contido reflectido neste. En primeiro lugar, cómpre ter presente os recursos materiais e humanos dispoñibles e os que van sen necesarios para dar alcance ós obxectivos fixados. Se ben o deseño de cada medida se realizou tendo en conta as características do Concello da Estrada, as súas infraestruturas e os seus recursos, sempre é dificultoso poñer en marcha accións e actividades que, en moitos casos, requiren coordinación de diversos axentes ou institucións, execucións conxuntas, etc. Por outro lado, moitas das medidas propostas precisan da participación da poboación local, cuestión que en moitas ocasións é complexa e supón unha gran labor de contactación e de difusión por parte das Administracións impulsoras do Plan. Neste caso, procurarase contar tanto co persoal como coa financiación necesaria para abordar os obxectivos marcados, contando coa total implicación do corpo político e técnico municipal. A coordinación entre institucións será vital, por tanto, para a execución óptima deste Plan Municipal de Igualdade e de Prevención da violencia de xénero do Concello da Estrada.

41

PRESENTACIÓN SEGUIMENTO, VALORACIÓN E

IMPACTO DO PLAN

Impacto do desenvolvemento do programa na poboación Estudar e valorar o impacto e a repercusión que terá a execución do Plan entre a poboación municipal é crucial para adaptar, modificar e planificar as accións na dirección que sexa necesaria. Neste sentido, o CIM, como organismo responsable do Plan, levará a cabo memorias anuais nas que se recollerán todas as actividades desenvoltas ó abeiro deste documento, reflectindo o contido abordado, o número de persoas participantes (recollendo tamén a súa idade e sexo), posibles incidencias e as observacións pertinentes. Deste xeito, contarase cunha ferramenta moi valiosa para planificar as accións e lograr un maior impacto. Tamén se levarán a cabo entrevistas periódicas a axentes sociais vinculados ó Plan, como poidan ser os centros educativos, asociacións, etc. Así mesmo, en moitas das actividades realizadas, como talleres ou charlas, pasarase un pequeno cuestionario ás persoas participantes para que valoren distintos aspectos e dean a súa opinión ó respecto. En definitiva, buscarase que as medidas aquí recollidas e os obxectivos propostos alcanzan á maior parte posible da poboación, a fin de erradicar a violencia de xénero, impulsar a igualdade e, polo tanto, mellorar a calidade de vida das mulleres e dos homes da Estrada.

43

PRESENTACIÓN APUNTES PARA UNHA

LINGUAXE INCLUSIVA A linguaxe igualitaria, tamén denominada inclusiva, non sexista ou de xénero, é unha forma de visibilizar a existencia dos sexos e de garantir a representación do colectivo feminino, habitualmente esquecido pola extensión do uso dos xenéricos masculinos. En definitiva, é unha forma de recoñecer que as nosas costumes na fala adoitan esquecer ou ocultar a presenza das mulleres, mais tamén é unha forma de transformar as nosas sociedades dende aquelo que máis nos caracteriza, a linguaxe. Para mudar esta situación contamos cunha serie de estratexias e normas que debemos seguir para construír unha linguaxe non sexista, igualitaria e integradora para:

Dar VISIBILIDADE A TODA A SOCIEDADE,

independentemente do seu sexo.

Resolver moitos PROBLEMAS DE IMPRECISIÓN E

AMBIGÜIDADES na nosa comunicación escrita.

Esta transformación da nosa linguaxe é especialmente importante no nivel das comunicacións oficiais de tódolos ámbitos do Concello, posto que deben garantir unha representación igualitaria e non sexista da súa veciñanza.

44

PRESENTACIÓN APUNTES PARA UNHA

LINGUAXE INCLUSIVA

No que sigue recollemos algunhas estratexias que poden resultar útiles como guía rápida de resolución de dúbidas na redacción das diversas comunicacións por parte de administracións públicas, centros escolares, empresas, etc.

A. Uso dos xenéricos

A utilización abusiva do xenérico colectivo masculino evita a representativade das mulleres na nosa fala. Co fin de evitar usos sexistas da linguaxe, e mesmo de reducir ambigüidades, téñense que empregar termos colectivos ou xenéricos ou reformular a construción da frase. Algúns exemplos...

Mal uso dun falso xenérico

Os veciños da Estrada Os mozos

Os alumnos O demandante

Incorrecto Os funcionarios do Concello

Os usuarios da piscina

Bo uso dun xenérico

A veciñanza da Estrada A mocidade O alumnado

A persoa demandante

Correcto O funcionariado do Concello

As persoas usuarias da piscina

45

PRESENTACIÓN APUNTES PARA UNHA

LINGUAXE INCLUSIVA

B. Uso dos desdobramentos

Na lingua escrita, sempre hai que valorar o dobre emprego de substantivos con forma feminina ou masculina. Esta opción é moi recomendable, posto que estaremos facendo unha mención explícita a ambos os sexos.

Incorrecto

Os nenos

Os xogadores

Colexio Oficial de Arquitectos

Correcto

As nenas e os nenos

Os xogadores e as

xogadoras

Colexio Oficial de

Arquitectas e Arquitectos

46

PRESENTACIÓN APUNTES PARA UNHA

LINGUAXE INCLUSIVA

C. Feminización das profesións

Unha mostra moi habitual dun uso sexista da linguaxe é o non recoñecemento dunha actividade profesional que é desempeñada por mulleres e homes. As máis das veces acontece que determinadas profesións son masculinizadas (médico, notario, alcalde…). Este incorrecto e sexista uso da lingua hai que mudalo empregando e coñecendo os substantivos femininos correspondentes.

Feminino

Arquitecta

Xuíza

Fontaneira

Condutora

Masculino

Arquitecto

Xuíz

Fontaneiro

Condutor

CIM da Estrada

Pza. da Constitución, 1-Baixo

A Estrada-Pontevedra

Telf. 986.590.151