instituto de enseÑanza secundaria - edu.xunta.gal · vivimos nunha sociedade altamente desenvolta...

33
Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre” 1 INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA “CASTRO ALOBRE” VILAGARCÍA DE AROUSA TECNOLOXÍA INDUSTRIAL (TII2) 2º BACHARELATO Curso 2018-2019 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA Xefa de Departamento: Dª Begoña Solla Fontán

Upload: trandang

Post on 08-Feb-2019

214 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

1

INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA

“CASTRO ALOBRE”

VILAGARCÍA DE AROUSA

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL (TII2) 2º BACHARELATO

Curso 2018-2019

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA

Xefa de Departamento: Dª Begoña Solla Fontán

Page 2: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

2

Índice

1. Introdución e contextualización ........................................................................................................................................................................................ 3

2. Contribución ao desenvolvemento das competencias clave. ............................................................................................................................................. 6

3. Obxectivos xerais ........................................................................................................................................................................................................... 10

4. Estándares de aprendizaxe: temporalización, grao mínimo de consecución e procedementos e instrumentos de avaliación ........................................ 12

5. Concrecións metodolóxicas ............................................................................................................................................................................................. 19

6. Materiais e recursos didácticos ........................................................................................................................................................................................ 21

7. Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado ............................................................................................................................ 21

8. Indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente ................................................................................................................... 24

9. Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes ................................................................................. 27

10. Organización dos procedementos que lle permitan ao alumnado acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias ...................... 28

11. Avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas a adoptar. ........................................................................................................................... 28

12. Medidas de atención á diversidade ........................................................................................................................................................................... 29

13. Elementos transversais .............................................................................................................................................................................................. 30

14. Actividades complementarias e extraescolares ......................................................................................................................................................... 31

15. Mecanismos de revisión, avaliación e modificación da programación .................................................................................................................... 31

16. Actividades do Plan Lector ...................................................................................................................................................................................... 32

17. Actividades do Plan TIC .......................................................................................................................................................................................... 33

18. Información ó alumnado .......................................................................................................................................................................................... 33

Page 3: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

3

1. Introdución e contextualización

Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, na que cada vez máis a tecnoloxía xoga un papel fundamental nela, tanto local

como globalmente. Por iso, é necesario proporcionar un conxunto de coñecementos e de técnicas que permitan satisfacer as necesidades

individuais e colectivas dos estudantes, futuros profesionais da sociedade tecnolóxica en que vivimos para integrarse plenamente na mesma.

Neste sentido, a materia de Tecnoloxía Industrial resposta ao saber de como facemos as cousas e o por que o facemos, o que conxuga a

Ciencia e Técnica. Achégalle ao currículo a capacidade de analizar e redeseñar a relación entre dispositivos tecnolóxicos e necesidades sociais,

ámbito no que a innovación e a condición de inmediata que lle son propias dotan esta materia dunha grande relevancia educativa. Na resolución de

problemas tecnolóxicos conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo ou o carácter emprendedor, que son

imprescindibles para formar unha cidadanía autónoma e competente. Ademais, o coñecemento da tecnoloxía proporciona unha imprescindible

perspectiva científico-tecnolóxica sobre a necesidade de construír unha sociedade sustentable, formada por unha cidadanía crítica con respecto ao

que acontece arredor dela.

Polo tanto, pretende fomentalo aprendizaxe e desenvolver capacidades que permitan, tanto a compresión dos obxectos técnicos, como os

principios de funcionamento e a súa utilización e ademais debe capacitar ao alumno tanto para a incorporación ao mundo laboral, como para

proseguir ou con estudos de Formación Profesional de Grao Superior ou con estudos universitarios de Enxeñería, Tecnoloxías Información e da

Comunicación e Arquitectura.

A materia de Tecnoloxía Industrial trata de lograr estes fins abordando, ao longo dos dous cursos de bacharelato, un amplo conxunto de temas.

Deste xeito, para segundo, abórdanse os seguintes bloques de contidos: Materiais, Principios de máquinas, Sistemas automáticos, Circuitos e

sistemas lóxicos e Control e programación de sistemas automáticos.

O bloque de "Materiais" trata as propiedades características dos materiais, en relación coa súa estrutura interna, e os ensaios para a súa

determinación, así como as técnicas para modificar e mellorar as súas propiedades e as técnicas utilizadas no proceso de fabricación dun produto.

Page 4: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

4

No bloque chamado "Principios de máquinas" afóndase nos conceptos fundamentais das máquinas e nos seus principios de funcionamento,.

No bloque de "Sistemas automáticos" trátase a automatización das máquinas, e os circuítos e sistemas tecnolóxicos asociados, así como a súa

estrutura e o seu funcionamento. A electrónica dixital estúdase no bloque "Circuítos e sistemas lóxicos", que se centra nos circuítos

combinacionais, e tamén no denominado "Control e programación de sistemas automáticos", que afonda nos circuítos secuenciais e nas súas

aplicacións.

No conxunto dos bloques desta materia, en resumo, intégranse coñecementos de carácter matemático e científico, polo que un enfoque

interdisciplinar favorecerá a conexión con outras materias e mesmo con diversos temas de actualidade.

O Instituto de Educación Secundaria Castro Alobre atópase situado en Vilagarcía. Neste centro impártese Educación Secundaria Obrigatoria,

Bacharelato, un Ciclo Formativo de Grado Medio e dous Programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento en 2º ESO e en 3ª ESO.

O departamento ten como materias optativas:

Programación en 2º ESO,

Tecnoloxías da Información e da Comunicación en 4º ESO.

En bacharelato : Tecnoloxía Industrial I, Tecnoloxía Industrial II, Afondamento en Tecnoloxía Industrial I, Electrotecnia e as Tecnoloxías da

Información e da Comunicación I e II.

Page 5: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

5

O Departamento imparte docencia nas seguintes materias:

Profesor/a Materia Curso/s

Begoña Solla

Tecnoloxía 2º ESO-A

Tecnoloxía 2º ESO-B

Tecnoloxía 4º ESO-A-C-D

Ámbito Científico 3º PMAR 3º ESO-PMAR

Anxo Mellid Gándara

Tecnoloxía 3º ESO-A

Tecnoloxía 3º ESO-B

Tecnoloxía Industrial I 1º BACH A-B

Tecnoloxía Industrial II 2º BACH A

Electrotecnia 2º BACH A-B

Tecnoloxías da información e comunicación 4º ESO-C

Tecnoloxías da información e comunicación I 1º BACH-B-C

Page 6: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

6

2. Contribución ao desenvolvemento das competencias clave.

O Decreto 86/2015 establece as seguintes competencias clave do currículo:

Comunicación lingüística (CCL)

Desenvolverase na medida en que o alumnado adquira e utilice adecuadamente vocabulario tecnolóxico, elabore informes técnicos, explique

conceptos, ou elabore e expoña información.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT)

Marta García Fernández

Programación 2º ESO-A-B

Tecnoloxía 2º ESO-C

Tecnoloxía 2º ESO-E

Tecnoloxías da información e comunicación 4º ESO-A-B

Tecnoloxías da información e comunicación I 1º BACH-A

Tecnoloxías da información e comunicación II 2º BACH-A

Susana Oubiña Falcón

Programación 2º ESO-C-E

Programación 2º ESO-B-D

Tecnoloxía 2º ESO-D

Tecnoloxía 3º ESO-A+PMAR

Tecnoloxía 3º ESO-C

Tecnoloxía 3º ESO-D

Tecnoloxías da información e comunicación 4º ESO-B+D

Tecnoloxías da información e comunicación I 1º BACH-B-D

Tecnoloxías da información e comunicación II 2º BACH A-C-D

Page 7: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

7

Son as principais competencias que se desenvolven nesta materia. Poden alcanzarse calculando magnitudes e parámetros, e aplicando

técnicas de medición e de análise gráfica no contexto do proceso de resolución técnica de problemas, ou construíndo obxectos e verificando

o seu funcionamento, competencias que tamén se favorecen utilizando ferramentas e máquinas, analizando procesos e sistemas

tecnolóxicos, ou mediante a análise e a valoración das repercusións ambientais da actividade tecnolóxica

Competencia dixital (CD)

Desenvolverase co emprego constante das tecnoloxías da información e da comunicación para procurar e almacenar información, para obter

e presentar datos e para simular circuítos, sistemas e procesos tecnolóxicos, ou para controlar e programar sistemas automáticos.

Aprender a aprender (CAA)

Para que o alumnado poida aprender a aprender, as actividades deben permitir que tome decisións cun certo grao de autonomía, que

organice o proceso da propia aprendizaxe e que aplique o aprendido a situacións cotiás das que poida avaliar os resultados.

Competencias sociais e cívicas (CSC)

Alcanzaranse procurando que o alumnado traballe en equipo, interactúe con outras persoas e grupos de forma democrática, e respecte a

diversidade e as normas, e tamén mediante a análise da interacción entre o desenvolvemento tecnolóxico e os cambios socioeconómicos e

culturais que produce.

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE)

O sentido de iniciativa e espírito emprendedor conséguese nesta materia a través do deseño, da planificación e da xestión de proxectos

tecnolóxicos, ao transformar as ideas propias en dispositivos, circuítos ou sistemas.

Conciencia e expresións culturais (CCEC)

A conciencia e as expresións culturais reflíctense na análise da influencia dos fitos tecnolóxicos en distintas culturas, e no seu

desenvolvemento e progreso.

Page 8: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

8

En función da vixencia e da utilidade dos aspectos que trata a Tecnoloxía Industrial, esta materia ofrece, sen dúbida, un inmenso potencial

para axudar a comprender o contorno social e tecnolóxico, e para desenvolver un conxunto de competencias relacionadas tanto co contexto

profesional como coa participación cidadá e co desenvolvemento persoal.

A contribución da materia ao desenvolvemento de cada unha das competencias clave pode entenderse a través da relación entre estas e os

estándares de aprendizaxe avaliables, tal e como se recolle na seguinte táboa:

BLOQUE ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE AVALIABLE CCL CMCCT CD CAA CSC CSIEE CCEC

Bloque 1.

Materiais

▪ TI2B1.1.1. Explica como se poden modificar as propiedades dos materiais, tendo

en conta a súa estrutura interna. x x

▪ TI2B1.1.2. Selecciona o material máis axeitado para unha aplicación concreta,

obtendo información por medio das tecnoloxías da información e da comunicación. x x x

Bloque 2.

Principios de máquinas

▪ TI2B2.1.1. Debuxa esbozos de máquinas empregando programas de deseño

CAD, e explica a función de cada un no conxunto. x x x

▪ TI2B2.1.2. Define as características e a función dos elementos dunha máquina,

interpretando planos de máquinas dadas. x x

▪ TI2B2.2.1. Calcula rendementos de máquinas tendo en conta as enerxías

implicadas no seu funcionamento. x

Page 9: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

9

▪ TI2B2.2.2. Describe o funcionamento e as partes dos motores térmicos e

eléctricos. x x

Bloque 3.

Sistemas Automáticos

▪ TI2B3.1.1. Define as características e a función dos elementos dun sistema

automático, interpretando planos e esquemas destes. x x x

▪ TI2B3.1.2. Diferencia entre sistemas de control de lazo aberto e pechado, e

propón exemplos razoados. x x

▪ TI2B3.2.1. Deseña mediante bloques xenéricos sistemas de control para

aplicacións concretas, describe a función de cada bloque no conxunto e xustifica a

tecnoloxía empregada.

x x x x

▪ TI2B3.3.1. Verifica mediante simuladores os sinais de entrada e saída dun sistema

automático. x x

▪ TI2B3.4.1. Monta fisicamente circuítos simples, interpretando esquemas e

realizando gráficos dos sinais nos puntos significativos. x x

Bloque 4.

Circuítos e sistemas

lóxicos

▪ TI2B4.1.1. Realiza táboas de verdade de sistemas combinacionais, identificando

as condicións de entrada e a súa relación coas saídas solicitadas. x

▪ TI2B4.1.2. Deseña circuítos lóxicos combinacionais con portas lóxicas a partir de

especificacións concretas, aplicando técnicas de simplificación de funcións, e

propón o posible esquema do circuíto.

x x x x

▪ TI2B4.1.3. Deseña circuítos lóxicos combinacionais con bloques integrados,

partindo de especificacións concretas, e propón o posible esquema do circuíto. x x x x

Page 10: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

10

▪ TI2B4.1.4. Visualiza sinais en circuítos dixitais mediante equipamentos reais ou

simulados, e verifica a súa forma. x x

Bloque 5.

Control e programación de

sistemas automáticos

▪ TI2B5.1.1. Explica o funcionamento dos biestables, indicando os tipos e as súas

táboas de verdade asociadas. x x

▪ TI2B5.1.2. Debuxa o cronograma dun contador e explica os cambios que se

producen nos sinais. x

▪ TI2B5.2.1. Obtén sinais de circuítos secuenciais típicos empregando software de

simulación. x x

▪ TI2B5.2.2. Debuxa cronogramas de circuítos secuenciais partindo dos esquemas

destes e das características dos elementos que o compoñen. x

▪ TI2B5.3.1. Deseña circuítos lóxicos secuenciais sinxelos con biestables a partir de

especificacións concretas e elaborando o esquema do circuíto. x x x

▪ TI2B5.4.1. Identifica os principais elementos que compoñen un microprocesador

tipo e compárao con algún microprocesador comercial. x x x

3. Obxectivos xerais

O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato, contribuirá a acadar nos alumnos e nas alumnas os seguintes obxectivos da etapa do

Bacharelato:

Page 11: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

11

a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da

Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción

dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade.

b) Consolidar unha madureza persoal e social que lle permita actuar de forma responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser

quen de prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.

c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades e

discriminacións existentes e, en particular, a violencia contra a muller, e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas por calquera

condición ou circunstancia persoal ou social, con atención especial ás persoas con discapacidade.

d) Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para o eficaz aproveitamento da aprendizaxe e como medio de

desenvolvemento persoal.

e) Dominar, tanto na súa expresión oral como na escrita, a lingua galega e a lingua castelá.

f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras.

g) Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación.

h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa

evolución. Participar de xeito solidario no desenvolvemento e na mellora do seu contorno social.

i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais, e dominar as habilidades básicas propias da modalidade elixida.

l) Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a

contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao medio ambiente e

a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego.

m) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido

Page 12: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

12

crítico.

n) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural.

o) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social, e impulsar condutas e hábitos saudables.

p) Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria.

q) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, e contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo

globalizado.

4. Estándares de aprendizaxe: temporalización, grao mínimo de consecución e

procedementos e instrumentos de avaliación

BLOQUE ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE

AVALIABLE TEMPORALIZACIÓN GRAO MÍNIMO DE CONSECUCIÓN

PESO

CUALIF/

TRIMESTR.

PROCEDEMENTOS

E INSTRUMENTOS

DE AVALIACIÓN

PESO

INSTRUMENTO

Bloque 1.

TI2B1.1.1. Explica como se

poden modificar as propiedades

dos materiais, tendo en conta a

1ª Avaliación

Explica cales son as propiedades dos

materiais, tendo en conta a súa

estrutura interna.

85%

Probas escritas

Realización de

exercicos

Probas 70%

Exercicios 15%

Page 13: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

13

Materiais

súa estrutura interna. Explica os métodos de realización

dos diferentes ensaios de medida

das propiedades dos materiais,

calculando o resultado en ensaios

concretos.

Rexistro na ficha

persoal.

Explica técnicas de modificación das

propiedades.

Coñece diferentes modos de

valorización de residuos materiais.

TI2B1.1.2. Selecciona o material

máis axeitado para unha

aplicación concreta, obtendo

información por medio das

tecnoloxías da información e da

comunicación.

Elabora un traballo en grupo e expón

públicamente información, sobre un

material ou tratamento concreto,

obtendo información por medio das

TIC.

15 %

Rúbrica

Traballo en

grupo

Rexistro na ficha

persoal

Rúbrica 15 %

Bloque 2.

Principios de

máquinas

TI2B2.1.1. Debuxa esbozos de

máquinas empregando

programas de deseño CAD, e

explica a función de cada un no

conxunto.

2ª Avaliación Empregar programas CAD para

realizar esbozos de máquinas. 5%

Realización de

exercicios.

Rexistro na ficha

persoal

Exercicios 10%

Page 14: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

14

TI2B2.1.2. Define as

características e a función dos

elementos dunha máquina,

interpretando planos de

máquinas dadas.

Análise das condicións nominais

dunha máquinas sinxela,

distinguindo e relacionando as súas

partes no conxunto empregando as

TIC.

5%

Rúbrica do

traballo

individual

Rexistro na ficha

persoal

Rúbrica 10%

TI2B2.2.1. Calcula rendementos

de máquinas tendo en conta as

enerxías implicadas no seu

funcionamento.

Realiza cálculos das magnitudes

eléctricas ou termodinámicas dun

motor eléctrico de corrente contínua

ou dun motor térmico,

respectivamente, a partir doutras

magnitudes dadas

30%

Probas escritas

Realización de

exercicios

Dúas probas

70%

Exercicos 10%

TI2B2.2.2. Describe o

funcionamento e as partes dos

motores térmicos e eléctricos.

Explica os principios de

funcionamento e as partes das

máquinas térmicas e eléctricas.

60%

Bloque 3.

Sistemas

automáticos

TI2B3.1.1. Define as

características e a función dos

elementos dun sistema

automático, interpretando planos

e esquemas destes.

3ª Avaliación

Analiza un sistema automático,

distinguindo claramente os

elementos de mando, control e

potencia e a súa relación.

2,5%

Rúbrica do

traballo grupo

Rexistro na ficha

personal.

Rúbrica 2,5 %

TI2B3.1.2. Diferencia entre

sistemas de control de lazo

aberto e pechado, e propón

exemplos razoados.

Diferenciar, en exemplos reais,

sistemas de control de lazo aberto ou

pechado.

11,125%

Proba

Proba 20%

Page 15: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

15

Bloque 3.

Sistemas

automáticos

TI2B3.2.1. Deseña mediante

bloques xenéricos sistemas de

control para aplicacións

concretas, describe a función de

cada bloque no conxunto e

xustifica a tecnoloxía

empregada.

3ª Avaliación

Empregar os diagramas de bloques

para deseñar e simplificar un sistema

tecnolóxico.

11,125%

escrita

Realización

de

exercicios

Exercicios

2,5%

TI2B3.3.1. Verifica mediante

simuladores os sinais de entrada

e saída dun sistema automático.

Empregar simuladores para a

representación de sinais de entrada e

saída dun sitema automático.

5%

Observación

directa

Observación

1,25%

TI2B3.4.1. Monta fisicamente

circuítos simples, interpretando

esquemas e realizando gráficos

dos sinais nos puntos

significativos.

Implementar circuítos pneumáticos

ou eléctricos a partir de esquemas.

Rúbrica do

traballo en

grupo

Rexistro na ficha

persoal

Rúbrica 3,75%

Bloque 4.

TI2B4.1.1. Realiza táboas de

verdade de sistemas

combinacionais, identificando as

condicións de entrada e a súa

relación coas saídas solicitadas.

Realizar táboas de verdade de

sistemas combinacionais. 7,5%

Proba escrita.

Realización de

exercicios

Proba 25%

Exercicios 2,5 %

Page 16: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

16

Circuítos e

sistemas

lóxicos

Bloque 4.

Circuítos e

sistemas

lóxicos

TI2B4.1.2. Deseña circuítos

lóxicos combinacionais con

portas lóxicas a partir de

especificacións concretas,

aplicando técnicas de

simplificación de funcións, e

propón o posible esquema do

circuíto.

3ª Avaliación

Empregar portas lóxicas para

deseñar circuítos automáticos, e o

seu esquema, aplicando as técnicas

de simplificación de funcións

10%

TI2B4.1.3. Deseña circuítos

lóxicos combinacionais con

bloques integrados, partindo de

especificacións concretas, e

propón o posible esquema do

circuíto.

Deseñar circuítos combinacionais

empregando bloques combinacionais

integrados no deseño, e no esquema,

de especificacións concretas.

10%

TI2B4.1.4. Visualiza sinais en

circuítos dixitais mediante

equipamentos reais ou

simulados, e verifica a súa

forma.

Realizar montaxes de circuítos

combinacionais verificando e

interpretando os sinais.

2,5%

Rúbrica traballo

en grupo

Rexistro na ficha

persoal.

Rúbrica 2,5%

TI2B5.1.1. Explica o

funcionamento dos biestables,

indicando os tipos e as súas

táboas de verdade asociadas.

Explicar o funcionamento dos

distintos tipos de biestables

empregando as súas táboas de

verdade.

10%

Page 17: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

17

Bloque 5.

Control e

programación

de sistemas

automáticos

Bloque 5.

Control e

programación

de sistemas

automáticos

TI2B5.1.2. Debuxa o cronograma

dun contador e explica os

cambios que se producen nos

sinais.

3ª Avaliación

Debuxar cronogramas de diferentes

contadores e analizar as

modificacións nos sinais.

5%

Proba

escrita

Realización

de

exercicios

Rúbrica das

prácticas

Rexistro na

ficha

persoal

Proba 25 %

Exercicios

5%

Rúbrica 5%

TI2B5.2.1. Obtén sinais de

circuítos secuenciais típicos

empregando software de

simulación.

Visualizar os sinais de saída de

circuítos secuenciais 5 %

TI2B5.2.2. Debuxa cronogramas

de circuítos secuenciais partindo

dos esquemas destes e das

características dos elementos

que o compoñen.

Realizar cronogramas de circuítos

secuencias. 5 %

TI2B5.3.1. Deseña circuítos

lóxicos secuenciais sinxelos con

biestables a partir de

especificacións concretas e

elaborando o esquema do

circuíto. Deseñar circuítos lóxicos

secuenciais sinxelos. 10%

Page 18: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

18

TI2B5.4.1. Identifica os

principiais elementos que

compoñen un microprocesador

tipo compárao con algún

microprocesador comercial.

Comparar os distintos

microprocesadores de computadores

de uso doméstico, procurando e

xerando información empregando as

TIC.

5%

Rúbrica do

traballo

individual

Rexistro na ficha

persoal

Rúbrica 5%

Durante o curso académico 2018-2019 impartiranse as unidades didácticas seguintes coa seguinte distribución:

BLOQUE TEMÁTICO Unidade Didáctica Avaliación

Bloque 1. Materiais

I Ensaio e medida das propiedades dos materiais

II Modificación das propiedades dos metais

III Diagramas de equilibrio en materiais metálicos

IV Tratamento térmico dos aceiros

V Reutilización dos materiais

Bloque 2. Principios de máquinas VI Máquinas. Conceptos fundamentais

VII Principios da Termodinámica

Page 19: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

19

VIII Motores térmicos

IX Circuíto frigorífico. Bomba de calor

X Máquinas eléctricas. Principios xerais

XI Motores eléctricos

Bloque 3. Sistemas automáticos

XII Sistemas automáticos de control e os seus elementos

XIII Automatismos pneumáticos

Bloque 4. Circuítos e sistemas lóxicos

XIV Circuítos dixitais

XV Circuítos combinacionais

Bloque 5. Control e programación de

sistemas automáticos

XVI Circuítos secuenciais

XVII Circuítos de control programado

5. Concrecións metodolóxicas

Se habitualmente os contidos viñeron a ser o referente fundamental na programación docente do proceso de ensinanza-aprendizaxe,

actualmente, deberían ser os medios que o docente empregará para conseguir os obxectivos e os criterios de avaliación, co seu desglose cos novos

estándares de aprendizaxe.

O desenvolvemento eficaz deste currículo precisa un enfoque metodolóxico que facilite o deseño e a organización de situacións reais de

Page 20: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

20

aprendizaxe. O coñecemento construirase a través da apropiación de conceptos que permiten interpretar o mundo tecnolóxico, así como mediante o

acercamento a determinados rasgos característicos do pensamento científico. Favorecerase o desenvolvemento de actividades encamiñadas a que

o alumno aprenda por si mesmo, traballe en equipo e empregue os métodos de investigación apropiados.

Aínda que a materia ten un rol marcadamente expositivo, tenderase a diminuílo e, favorecerase que os alumnos realicen actividades prácticas,

resolución de problemas tecnolóxicos e análise de obxectos co fin de potenciar e reforzar os contidos traballados. Todo elo empregando programas

de simulación, de recursos informáticos e da rede para as exposicións, elaboracións de memorias, traballos, difusión e publicación de contidos.

O ensino desta materia require que se traballe en equipo, para resolver problemas tecnolóxicos que permitan explorar o deseño, a produción, a

avaliación ou a mellora de produtos relevantes desde o punto de vista tecnolóxico e social. Trátase de aprender a identificar e a seleccionar

solucións aos problemas técnicos, a realizar cálculos e estimacións ou a planificar a realización de actividades de deseño e de montaxe, contextos

de aprendizaxe nos que son importantes a iniciativa, a colaboración e o respecto polas normas de seguridade, e nos que as tecnoloxías da

información e da comunicación son ferramentas imprescindibles para a procura de información, para a elaboración de documentos ou de planos,

para a realización de simulacións e de cálculos técnicos e económicos, e para a presentación ou a publicación de resultados.

No ensino da tecnoloxía resulta adecuado reflexionar e traballar en grupo procurando solucións a problemas nos que se poidan aplicar os

coñecementos adquiridos, e buscar información adicional, se se require, para fomentar o espírito emprendedor.

Esta estratexia implica que a materia se impartirá, preferentemente, planeando a resolución de problemas ou análise de obxectos técnicos que

vertebren a aprendizaxe e estean ao alcance do alumnado, tendo en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado e as súas

características individuais e/ou estilos de aprendizaxe, co fin de conseguir que todo o alumnado alcance o máximo desenvolvemento das súas

capacidades.

Así mesmo, estas metodoloxías deberán favorecer a capacidade do alumnado para que o alumnado realice valoracións críticas da tecnoloxía no

contexto social actual, así como a que o alumnado observe a breve historia desta tecnoloxía e realice un exercicio de anticipación para aplicar

consideracións sociais, económicas, éticas, etc., e reflexionar acerca das funcións da tecnoloxía.

A metodoloxía que se utilice no bacharelato favorecerá o traballo individual e en grupo, o pensamento autónomo, crítico e rigoroso, o uso de

técnicas e hábitos de investigación, análise e traballo na solución de problemas.

Page 21: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

21

As tecnoloxías da información e da comunicación serán unha ferramenta necesaria para a aprendizaxe, tanto polo seu carácter imprescindible na

educación superior como pola súa utilidade e relevancia para a vida cotiá e a inserción laboral.

6. Materiais e recursos didácticos

O Departamento tomou a decisión de recomendar un libro de texto, da editorial Paraninfo, e tamén traballará con materiais de elaboración

propia e/ou de libre uso que se atopen dispoñibles na rede.

A docencia desta materia impártese en dúas aulas, aula taller de bacharelato e a aula de informática coa distribución horaria de 3h semanais.

As dúas aulas teñen canon e nunha delas hai un encerado dixital.

En xeral os materiais didácticos empregados serán os seguintes:

Materiais e ferramentas da aula taller.

Libro de texto

Encerado e PDI.

Materiais impresos e multimedia

Recursos informáticos: ordenadores de sobremesa, canón e o software necesario.

7. Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado

A nota global de cada avaliación calcularase da seguinte maneira:

Page 22: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

22

Primeira Avaliación Segunda Avaliación Terceira avaliación

Probas escritas (2) 70%

Probas escritas (2) 70 %

Probas escritas (3) 70 %

Exercicios 15 %

Exercicios 20 %

Exercicios 10 %

Rúbrica/Traballos 15 %

Rúbrica/Traballos 10 %

Rúbrica/Traballos 18,75 %

100 % 100 % Observación directa

1,25 %

100 %

Para cada instrumento de avaliación teranse en conta os seguintes indicadores:

Instrumento de avaliación

Indicador

Exercicios /fichas/Cuestionario

aula virtual

A realización diaria de exercicios na aula.

O traballo diario realizado polo alumnado fora da aula.

Os exercicios deben estar ordenados, corrixidos e ó día no caderno do alumn@.

Page 23: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

23

Na aula de informática o alumno deberá estar utilizando a aplicación informática indicada nese momento polo

profes@r para realizar o exercicio ou tarefa proposta e non poderá ter abertas nin utilizar outras aplicacións como

xogos, chat, redes sociais, etc.

Por cada día que se incumpra un dos indicadores anteriormente citados farase un desconto proporcional á

porcentaxe establecida na táboa anterior

Entregar as fichas ou exercicios no prazo indicado polo profes@r.

Observación directa Rexistro da realización da tarefa.

Traballos Indicadores establecidos na rúbrica dos traballos

Prácticas Indicadores establecidos na rúbrica das prácticas

Nota dos probas escritas, prácticas e traballos

No caso de que se comprobase que algún alumno/a nalgunha proba obxectiva, practica ou traballo non foi el quen realizou a proba ou que

empregou medios non permitidos para realizala, plaxiou probas doutros compañeiros, empregou dispositivos electrónicos, etc, esta proba quedará

eliminada e valorada con un cero. Isto implica a non superación da avaliación e a recuperación desta parte. No caso de que fora unha cuestión ou

pregunta, anularíase esta só.

Nota global de Xuño

A nota global de Xuño será a nota media das tres avaliacións, sempre que superen o cinco en cada unha (sexa na avaliación ou na

recuperación), polo que aprobar a terceira avaliación, non implica aprobar as dúas anteriores.

Page 24: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

24

A nota final para superar a materia será dun 5.

A proba extraordinaria de setembro

Será única para todos os alumnos/as e estará constituída por un exame teórico-práctico cuxas cuestións estarán directamente relacionados co

grao mínimo de acadamento dos estándares da materia.

Superarán a proba aqueles alumnos/as que obteñan un 5.

8. Indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente

Para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente establecemos os seguintes indicadores de logro:

a) Avaliación do proceso de ensino:

Realizar a avaliación inicial a fin de tomar as medidas individuais ou colectivas necesarias.

Analizar os procesos e os resultados das probas, prácticas, exposicións orais, e actividades en xeral.

Establecer con claridade os criterios de avaliación e de puntuación e informar ó alumnado dos mesmos.

Informar ao alumnado dos resultados obtidos.

Coordinación entre os profesores, do Departamento, que dan nun mesmo nivel e en xeral entre todos os membros do mesmo.

Coordinación na medida do posible co profesorado doutros departamentos.

Describir as medidas para atender tanto aos alumnos con ritmo más lento de aprendizaxe como aos que presentan un ritmo máis rápido.

Empregar materiais variados en canto a soporte (impreso, audiovisual, informático) .

Page 25: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

25

Favorecer a participación activa do alumno, para estimular a implicación na construcción dos seus propios aprendizaxes.

Fomentar a educación en valores

Enfrontar ao alumnado á resolución de problemas da vida cotiá que esixan aplicar de forma conxunta os coñecementos adquiridos.

b)Avaliación da práctica docente:

b.1 Planificación da práctica docente:

Planificar a práctica docente tendo en conta os estándares de aprendizaxe.

Realizar a temporalización das unidades tendo en conta as horas asignadas á materia e a duración dunha sesión de

traballo.

Seleccionar e secuenciar os contidos de maneira progresiva e tendo en conta os aspectos particulares de cada grupo..

Seleccionar e elaborar os materiais e recursos didácticos para desenvolver a práctica docente na aula de informática.

Preparar o material e guións das prácticas que se desenvolverán na aula de informática.

Coordinarse co profesorado do propio departamento.

Supervisar de forma continua a resolución de prácticas e realización de tarefas que se desenvolven durante as sesións

de traballo.

Facer posible a realimentación na entrega e avaliación de prácticas, exposicións orais e traballos indicando os aspectos

nos que o alumnado pode e debe introducir melloras.

Planificar as clases de maneira aberta e flexible.

Page 26: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

26

Establecer criterios, procedementos e instrumentos de avaliación correlacionados cos estándares de aprendizaxe.

b.2 Traballo na aula :

Resumir e repasar ao comezo de cada sesión os contidos básicos xa traballados en sesións anteriores.

Utilizar exemplos na introdución de novos contidos.

Resolver as dúbidas do alumnado dentro e fóra das sesións de traballo se fose necesario.

Utilizar diferentes soportes durante as sesións de traballo.

Seleccionar prácticas e actividades en xeral que permitan alcanzar os estándares de aprendizaxe e a adquisición das

competencias clave.

Emprega a aprendizaxe cooperativa

b.3 Motivación do alumnado:

Proporcionar ao alumnado o apoio necesario durante o proceso de ensino-aprendizaxe.

Proporciona un plan de traballo ao principio de cada unidade.

Desenvolver actividades de diversos tipos e características.

Fomentar un bo ambiente na aula de informática.

Promover a participación activa do alumnado.

Organizar a aula-taller para que o alumnado dispoña de espazo e recursos na realización de prácticas e proxectos.

Page 27: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

27

Dar a coñecer a planificación do traballo na aula proporcionando unha visión de conxunto ao comezo de cada bloque

de contidos e de cada sesión de traballo.

Proporcionar ao alumnado o apoio necesario durante o proceso de ensino-aprendizaxe.

Desenvolver actividades de diversos tipos e características.

Facer posible a realimentación na entrega de prácticas e traballos.

Relacionar os contidos, os proxectos e as actividades ,na medida do posible, cos intereses do alumnado.

9. Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das

materias pendentes

Como Tecnoloxía Industrial II é final de etapa, non hai alumnos/as con esta materia pendente.

Os alumnos que non alcanzasen os obxectivos didácticos ao longo do curso anterior entregarémoslles exercicios de repaso da materia pendente

(Tecnoloxía Industrial I). Estes exercicios estarán distribuídos en tres bloques un por cada trimestre. Os alumnos terán unha data para entregalos

trimestralmente e avaliarase a correcta realización dos mesmos.

Ó inicio do curso realizarase unha reunión con todos os alumnos que teñen a materia pendente para informalos dos traballos a facer, data do

exame e criterios de cualificación.

Os profesores do departamento de tecnoloxía estaremos a súa disposición para resolver calquera tipo de dúbida ou inquietude que poida xurdir;

así como para prestar material de apoio se o precisan. O material para levar a cabo o Plan de traballo anual (actividades de avaliación) atópase na

Conserxería do Instituto á disposición do alumnado.

Page 28: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

28

a) Criterios de cualificación

Ao final de curso realizarase unha proba escrita que será no mes de maio.

A porcentaxe de avaliación será a seguinte:

Traballos 40%

Exames 60%

a) Grao mínimo de consecución dos estándares

Coinciden cos sinalados na programación do Departamento para Tecnoloxía Industrial I.

10. Organización dos procedementos que lle permitan ao alumnado acreditar os

coñecementos necesarios en determinadas materias

Cando un alumno/a teña que acreditar os coñecementos necesarios na materia de Tecnoloxía Industrial I por non cursala en primeiro de

bacharelato, deberá someterse a mesma proba que o alumnado que se presenta a proba extraordinaria de setembro.

Os criterios de cualificación serán os mesmos que os establecidos para a proba extraordinaria de setembro.

11. Avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas a adoptar.

O deseño da avaliación inicial está dirixido a detectar ao alumnado que precisa da aplicación de medidas, tanto a nivel individual como a nivel

colectivo.

Page 29: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

29

Ao inicio do curso realizarase unha pequena proba práctica para detectar se algún alumno/a precisa algún tipo de medida a tomar.

Tamén apoiados no informe individual do alumno do curso anterior podemos detectar posibles dificultades que presente algún alumno en

concreto.

Unha vez detectadas as necesidades educativas específicas, estableceranse as medidas apropiadas:

Subministración de material de apoio na aula

Actividades de reforzo

Actividades de ampliación

Ampliación de tempo na realización de probas

Titorías durante os recreos

Atención individual intensiva na realización de prácticas

Así mesmo a observación do desenvolvemento das diferentes actividades (exposicións orais, prácticas,..), durante as que se manterá unha

relación e comunicación continua cos alumnos/as permitiranos readaptar continuamente o proceso para acadar os estándares marcados.

12. Medidas de atención á diversidade

Tras a realización da avaliación inicial e despois de desenrolar as primeiras sesións de clase poderemos detectar necesidades educativas

especiais (dificultades para entender os contidos, falta de interese e motivación, dificultade na expresión oral e escrita, dificultades na comunicación

profesor-grupo, mala actitude e pouca colaboración nas tarefas) polo que se establecerán as medidas apropiadas tanto a nivel individual coma

grupal: seleccionar os contidos mínimos e aproximalos a realidade do alumno, simplificando a linguaxe e información gráfica, fomentar o interese e

motivación con actividades e tarefas máis próximas a realidade do alumno, propoñer tarefas que melloren a expresión oral e escrita do alumno,

propoñer estratexias que melloren a comunicación profesor-grupo e propoñer actividades de grupo onde os alumnos con mala actitude e pouca

colaboración nas tarefas asuman responsabilidades e protagonismo.

Por outra banda para aqueles alumnos que estean especialmente avantaxados, o profesor aumentará o grado de dificultade das actividades co

Page 30: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

30

fin de manter a súa motivación. En calquera caso traballarase con especial interese o desenvolvemento da autoestima e a confianza na propia

capacidade do alumno para resolver problemas.

13. Elementos transversais

Nas unidades didácticas a desenvolver ao longo do curso traballaranse os seguintes elementos transversais:

Comprensión lectora: o alumnado enfrontarase a diferentes tipos de textos que deberá comprender para a finalización correcta dunha

actividade ou tarefa..

Expresión oral: a participación nas actividades da aula, o traballo por grupos e a presentación oral dos traballos son, entre outros,

momentos a través dos cales os alumnos deberán ir consolidando as súas destrezas comunicativas.

Expresión escrita: a elaboración de traballos e memorias fomentará o uso da expresión escrita.

Comunicación audiovisual e TIC: o uso das tecnoloxías da información e a comunicación está presente en tódalas unidades: ao utilizar

programas de simulación, ó buscar información na rede, na realización de traballos, vídeos e exposicións orais , ó realizar actividades

interactivas, etc.

Educación en valores: o traballo en grupo permitiranos fomentar o respeto aos demais, practicar a tolerancia, a cooperación e a

solidaridade, así como a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes. Neste sentido, fomentaremos o rexeitamento da

discriminación das persoas por razón de sexo o por calquera outra condición o circunstancia persoal ou social.

Evitaremos nas aulas os comportamentos e os contidos sexistas e os estereotipos que supoñan discriminación por razón da orientación

sexual ou da identidade de xénero, favorecendo a visibilidade das distintas orientacións sexuais.

Tamén se fomentará a crítica dos hábitos socias e o consumo, así como o fomento do coidado dos seres vivos e o medio ambiente,

contribuíndo a su conservación e mellora.

Emprendemento: Coa realización de proxectos fomentaremos o traballo consensuado, a toma de decisións en común, a valoración e o

respeto das opinións dos demais. Así como a autonomía de criterio e a autoconfianza.

Educación e seguridade viaria: promoveranse accións para a mellora da convivencia e a prevención dos accidentes de tráfico, coa

Page 31: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

31

finalidade de que os/as alumnos/as coñezan os seus dereitos e deberes como usuarios/as das vías, en calidade de peóns, viaxeiros/as e

condutores/as de bicicletas ou vehículos a motor, respecten as normas e os sinais, e se favoreza a convivencia, a tolerancia, a prudencia,

o autocontrol, o diálogo e a empatía con actuacións adecuadas tendentes a evitar os accidentes de tráfico e as súas secuelas.

14. Actividades complementarias e extraescolares

Neste curso prográmanse realizar as actividades que se detallan a continuación. Está pendente a confirmación da data proposta a empresa

Endesa para visitar as instalacións da Central térmica das Pontes de García Rodríguez.

Visita a Fundicións Rey (19 de decembro)

Visita a Central térmica das Pontes (segundo trimestre)

15. Mecanismos de revisión, avaliación e modificación da programación

A avaliación da programación será continua ao longo do curso. É preciso reflexionar periodicamente sobre o funcionamento e desenvolvemento

da programación.

No proceso de avaliación revisaranse:

A liñas metodolóxicas.

A aplicación dos criterios de cualificación.

A adecuación da secuencia e distribución temporal das unidades didácticas.

A idoneidade dos materiais e recursos didácticos utilizados.

A avaliación do tratamento dos elementos transversais

A avaliación dos indicadores de logro do proceso de ensinanza.

Page 32: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

32

A pertinencia das medidas de atención á diversidade adoptadas.

Os indicadores a ter en conta para a avaliación da Programación serán:

Opinión e grao de satisfacción do profesorado.

Porcentaxe de éxito do alumnado en función dos resultados académicos.

Recursos utilizados e aproveitamento dos espazos.

Participación do alumnado nas visitas didácticas e aproveitamento das mesmas.

Todos estes indicadores poderán ser analizados e valorados a través de resultados académicos e a observación por parte do profesorado no

desenvolvemento normal das clases e das visitas didácticas, etc.

A revisión, a avaliación e a modificación da programación serán recollidas na memoria de fin de curso do Departamento.

16. Actividades do Plan Lector

Elaboración de resumos, mapas conceptuais e esquemas.

Resolución de cuestións relacionadas cos contidos teóricos que faciliten a compresión e asimilación dos mesmos.

Utilización da lectura en voz alta como instrumento para mellorar a compresión lectora.

Recomendación ao alumnado da utilización de libros de consulta cando se detecte que non teñen os coñecementos previos necesarios

para poder acadar os obxectivos marcados na programación.

Fomento do uso e consulta dos dicionarios e de libros de carácter técnico.

Realización de traballos de documentación antes e despois dunha actividade complementaria e extraescolar.

Busca de información en xornais e revistas de temas de actualidade relacionados coa Tecnoloxía.

Busca de información en internet e redes sociais de temas de actualidade relacionados coa Tecnoloxía .

Page 33: INSTITUTO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA - edu.xunta.gal · Vivimos nunha sociedade altamente desenvolta e industrializada, ... O ensino da Tecnoloxía Industrial II no Bacharelato,

Departamento de Tecnoloxía “IES Castro Alobre”

33

Fomento do uso das dúas Bibliotecas das Aulas Taller para obter a información necesaria para realizar os proxectos de tecnoloxía.

Fomento da utilización da biblioteca do centro

17. Actividades do Plan TIC

Exposición de traballos coa axuda dos medios audiovisuais e das TIC utilizando un programa informático ou o retroproxector.

Fomento da participación na mellora e dinamización da páxina web do instituto.

Utilización de programas simulación de circuítos eléctricos

Fomento do uso da rede Internet como ferramenta para obter, interpretar e avaliar información para realizar proxectos tecnolóxicos ou

traballos relacionados cos contidos da materia.

Promoción da utilización dos servizos de Internet: consulta de páxinas web, correo electrónico, chats, grupos de noticias, foros e

transferencias

18. Información ó alumnado

Ó inicio do curso académico cada profesor informará ao alumnado de cales son as unidades didácticas a traballar neste curso. Tamén se

explicarán os criterios de avaliación e de cualificación.

Ademais os profesores estaremos a disposición dos titores para facilitar a información necesaria sobre o alumnado para a súa comunicación ás

familias.