curso 2009-2010 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos...

72
1 CURSO 2009-2010

Upload: trinhdien

Post on 19-Nov-2018

216 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

1

CURSO 2009-2010

2

INDICE

INTRODUCCIÓN…………………………………………..3

ACTIVIDADES POR GRUPOS DE IDADE……………….5

CLASES O A 1……………….5

Introducción

Actividades

Conclusión

CLASES 1 A 2………………32

Introducción

Actividades

Conclusión

CLASES 2 A 3………………35

Introducción

Actividades

Conclusión

3

1.- INTRODUCCIÓN

A Escola Infantil Municipal “ O BOSQUE “ está situada na estrada que vai

de Bertamiráns a Negreira , moi preto do centro urbán ( Av. da Peregrina , nº

28- BEERTAMIRANS) .Pódese acceder a ela tanto a pé coma en coche.

Neste curso matriculáronse 121 nen@s distribuídos nas seguintes

unidades:

Dúas unidades de 0 a 1 ( 16 nen@s)

Tres unidades de 1 a 2 ( 42 nen@s)

Tres unidades de 2 a 3 (63 nen@s)

Ademais das aulas cos seus correspondentes aseos , a escola dispón

doutras dependencias, dedicada aos nen@s ou a servizos xerais, que

numeradas son as seguintes:

Sa de berces

Patio exterior e interior

Comedor e cociña

Lavandería e almacén

Aseos persoal

Sala para titorías

Aula de psicomotricidade

………….

A idade mínima de ingreso na escola é de 3 meses e poden

permanecer nela ata os 3 anos sempre que o nen@ os cumpra despois do 31

de decembro.

Das 5 prazas reservadas para emerxencia social cubríronse só 2quedando

valeira unha no grupo de 1 a 2anos e as dúas de 2 a 3 anos.

O horario da escola é de 7:45 a 20:15, aínda que os nenos/as non poden

permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos

meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

Os horarios de comedor durante este curso foron:

-Almorzo: de 7:30 a 9:00

-Xantar: de 12:00 a 13:15 en dúas quendas

-Merenda : de 16:30 a 17:15

4

Cubríronse todas as prazas de comedor en todos os grupos de idade tanto

para o almorzo como para a merenda, e fíxose dende o concello o esforzo de

contratar a unha PSX a media xornada para poder atender algunha solicitude

mais de comedor atendendo así toda a demanda deste servizo

5

2.-ACTIVIDADES POR GRUPOS DE IDADES

CLASES 0 - 1 ANOS

Chegamos o remate do curso 2009-2010 e imos facer memoria do

que aconteceu o longo destes meses.

Para empezar

diremos que en setembro

acollemos na nosa clase a

uns bebés con poucos meses

de vida e uns papás moi

preocupados por deixar o que

máis querían nas nosas mans

o longo da xornada. Estes

bebés medraron moi rápido,

foron madurando en tódolos

aspectos e espero que as

súas familias estean máis

tranquilas vendo como van cada día evolucionando e sorprendéndonos de

tódalas cousiñas que son capaces de facer.

Neste documento imos facer balance do noso traballo para avaliarnos

e poder mellorar no próximo curso.

PRIMEIRO TRIMESTRE

SETEMBRO

PERIODO DE ADAPTACIÓN

Empezámolo curso o 1 de setembro e temos a clase preparada para recibir

aos nosos nenos. Son nenos de idades de 5 a 9 meses e case todos empezan

os primeiros días do mes.

Temos 4 nen@s de 5 meses

4 nen@s de 6 meses

5 nen@s de 7 meses

6

2 nen@s de 8 meses

Uns días máis tarde empeza un neno de 4 meses.

Chegan a partir das 9 da mañá e están 1 h. a primeira semana. Logo imos

alargando o tempo de permanencia no centro. Na terceira semana xa comen

algúns e o remate do mes facemos un horario regular normal.

O longo deste mes tratamos de cubrir

tódalas necesidades básicas dos nosos

nenos proporcionándolle un ambiente rico

en estímulos, acolledor e cargado de

paciencia para que a incorporación a escola

deixe neles un bo recordo.

Pegamos no chan da clase moitas caras

de nenos e eles miran e intentan tocar.

Ademais facemos actividades que lles axudan o seu desenvolvemento e tamén

observámolo nivel de maduración no que se atopan para poder adaptar a nosa

programación a cada caso particular.

Pretendemos establecer unhas rutinas a hora do descanso para que se

acostumen a durmir nos seus berces, sen estar o adulto presente.

Permanecen moito tempo en mantas de actividades, nos bumbos, facendo

xogos nas colchonetas e nas hamacas. Axudámoslle a dala volta, a movelos

seus braciños, pernas, agarralos xoguetes, algúns xa se arrastran para

alcanzalos xoguetes, rinse moito, responden os estímulos, toman moi ben o

bibe pero cústalle quedar durmidos.

MANUALIDADE

Como recordo da entrada por primeira vez na

escola estampámolo peíño nunha cartolina e

poñémoslle cordel no borde para poder

colgalo.

7

OUTUBRO

Acostumámonos moi ben a este novo entorno e xa todos nos coñecemos e

facemos os horarios establecidos.

CESTO DOS TESOUROS

Preparamos un cesto grande con moitas cousiñas dentro, de moitas cores e de

uso da vida cotián e tamén naturais: coadores, embudes, pinzas da roupa,

brochas de afeitar, pinceis de varios tipos, cepillos, guantes de toalla, trapiños,

culler de pau, morteiro, plumas, tubos de cartón… Por medio da manipulación

destes obxectos imos percibindo sensacións e desenvolvendo os nosos

sentidos. Este e un gran laboratorio onde se experimenta cas cores, texturas,

tamaños, ulidos, sabores, pesos e mesmo nos metemos dentro.

MASAXES

Utilizámola masaxe como técnica

de desenvolvemento sensorial e

de relación afectiva.

Os nen@s pequeniños gústanos

moito o contacto e o

acercamento ao adulto.

Reláxanos, tranquilízanos e

mesmo din os entendidos que

axuda o sistema inmunitario. Na

nosa clase non podemos facelo

todo o completo que tiñamos previsto porque necesitamos tempo e as profes

parécelles que nos arrefiamos dado que estamos no outono. Escollemos

estas datas para facer esta actividade porque a idade e a máis apropiada pola

predisposición que mostran para

estes exercicios.

BALÓN GRANDE

Os balanceos neste balón son

interesantes aínda que as primeiras

veces impresiónanos a sensación de

profundidade. Pasámolo moi ben,

tanto de costas coma ca barriga para

8

abaixo.

O LIBRO DO PRIMEIRO ANO

Esta experiencia realizámola ca axuda das familias. O

longo do curso deixamos constancia neste libro

dalgúns momentos importantes da vida do nen@.

Pegamos fotos e facemos comentarios que lles

quedan como recordo: o seu 1º baño, a chegada a

escola, os seus amiguiños e profes, investigando entre

as follas, disfrazados no outono, o 1º aniversario…

PLÁSTICOS DE BURBULLAS

O longo do curso xogamos moito con estes plásticos. As profes fan ruído con

eles, tapan a cabeza, fan cu-cú, estamos deitados enriba e dámola volta…Nos

rímonos moito.

NOVEMBRO

No chan da clase pegamos follas porque

estamos preparados para a entrada do outono.

No cesto dos tesouros aparecen moitas piñas,

castañas, abelás, noces, granadas, espigas de

millo, cabazas grandes e pequenas, uvas,

landras… O cesto quédanos pequeno e as

profes traen outros para metelo todo.

Queremos tocalo todo, e mesmo metelo na

boca. Estas cousiñas rascan e non saben a nada. As profes din que temos que

conformarnos con tocar e esperar a medrar para poder probar.

MANUALIDADE DO OUTONO

Investigamos con pintura con sal e pintamos unha landra

para levar a casiña de recordo. Colocamos alí a nosa foto.

9

MAGOSTO

Somos moi pequeniños pero gústanos participar en tódalas actividades que se

fan na escola.

As profes encheron unha piscina de follas secas e

verdes, amarelas, laranxas, verdes, marróns,

vermellas e metéronnos dentro. Cheiraban raro,

rascaban pero salvo algún amiguiño que non lle

gustaba, pasámolo pipa.

Saímos o patio grande a mirar como os compañeiros maiores comían os doces

que fixeron nas súas clases. Coma sempre, nos non podemos.

DECEMBRO

Cambiamos a decoración da aula

porque chega o Nadal. Poñemos

moitas cousas de cores, brillantes,

bolas, campás, estrelas, algodón coma

si fose neve, cintas, a Papá Noel, unha

árbore…

Escoitamos e cantamos panxoliñas e

sacamos moitas fotos co traxe e gorro

de Papá Noel.

MANUALIDADE DE NADAL

Pintamos unha bola de porexpan e as profes

pegan alí a nosa foto. Levámola a casa para

colgala na árbore.

VISITA DOS PAXES

Veñen a visitarnos os paxes e entregámoslle unha carta pedíndolle paz e alegría

para tódalas familias.

10

FESTIVAL DE NADAL

Participamos no Festival de Nadal. Como non podía ser doutra maneira o bebé

protagonista do conto de Nadal era unha compañeira da nosa clase. Cira

estivo todo tempo moi contenta e quietiña mentres os nenos maiores facían a

representación.

PROBAMOS FROITAS

Agora xa nos deixan probar algúns

alimentos: mazá, pera, laranxa, limón,

mandarina, plátano. Están ricos estes

alimentos aínda que uns máis que outros.

BOTELLAS RUIDOSAS

As profes meten dentro de botellas de plástico

transparentes fabas, garavanzos, arroz, lentellas e

axúdannos a facer ruído con elas. Con estas botellas

e os instrumentos facemos unha orquestra.

SEGUNDO TRIMESTRE

XANEIRO

Xa cambiamos moito e non somos tan bebés.

Algúns xa camiñan e outros arrástranse a toda

velocidade pola clase.

O que máis nos costa e quedar a durmir nos

berces. Este ano protestamos bastante pero as

profes teñen paciencia e gañan elas.

11

Sacamos do chan as cousas brillantes que tiñamos pegadas. Isto facémolo

bastante ben, pois imos levantando unha esquiniña e pouco a pouco

conseguímolo. Agora son as profes as que pegan paraugas, choiva, neve…

Estamos no inverno.

BOTELLAS DE AUGA DE CORES

Enchemos botellas de auga e botámoslle pintura de cor vermello, azul, verde,

amarelo. Xogamos moito a facelas rodar pola clase.

ANIVERSARIOS

Xa empezamos a cumprir o noso

primeiro aniño e cando nos toca

poñemos unha coroa, un biscoito con

unha candea e tódolos amiguiñas

arredor sacamos unha foto. Nos aínda

non sabemos soprar pero encárganse

as profes de facelo. O que cumpre ese

día leva a casa un marcapáxinas

cunha foto. Nel estamparon as

pegadiñas tódolos amiguiños. O peor e que coma sempre non nos deixan

probalo biscoito.

AZUCRE E SAL

Hoxe deixáronnos tocar e probar o que

había na bandexa. Era algo branco. O

primeiro estaba riquísimo pero o que

botaron despois facía estremecer.

PATIO GRANDE

Xa se nota que imos medrando porque

agora xa nos levan o patio grande. Iso de

saír pola porta e moi interesante,

arrastrámonos, tratamos de subir as

motos, entrar na casiña, abrilas fiestras e

mesmo pillalos dedos. Xa somos coma os

12

maiores.

FARIÑA DE MILLO

Estas profes traen cousas moi raras.

Metémolas mans na fariña de millo e

tamén na bandexa con masa. Algún

levou algún susto porque a bandexa

dou a volta pero en canto o limparon

xa volveu a intentalo.

VESTIDOS DE INVERNO

Fixemos moitas fotos vestido con roupas do

inverno: chuvasqueiros, bufandas, luvas,

bufandas, gorros, paraugas. Na clase non fai

falta todo isto pero as profes traen todas estas

cousas e nos deixámoslle que nolas poñan.

Mirámonos o espello e rímonos. Algún tamén

chora.

Cambiamos tesouros do cesto e poñemos

guantes con fariña, arroz, lentellas e azucre dentro, bolsas de plástico un pouco

infladas, botes de lata, estropallos, papel de lixa... Cando tocamos isto resulta

raro pero logo metémoslle o dente e así sabemos o que hai dentro.

DÍA DA PAZ

O longo do mes preparamos unha

pomba moi grande e estampamos as

nosas mans con pintura branca. Tamén

facemos unha manualidade para levar a

casiña deixando as pegadiñas dos nosos

dedos dentro dunha pomba pequeniña.

As profes inflan moitos globos brancos,

xogamos con eles e levámolos a casa

13

atados dunha man.

FEBREIRO

ANTROIDO

Temos moito traballo estes días porque

temos que preparar o disfrace. Este ano

imos de PELEGRÍNS.

Preparamos as bolsas, pintámola cruz e a

cuncha do gorro.

Disfrazámonos cas

roupiñas que temos

na escola e maquillámonos. Sacáronnos moitas fotos.

O que menos nos gusta e levar cousas na cabeza.

GALLETA

Xa sabemos onde temos que sentarnos para tomala galleta e a auga a media

mañá. Algún neno aínda non pode

tomala pero pensamos que lle gustaría.

Aproveitamos tamén este lugar e

momento para conversar, ler algún

contiño, miralas fotos. Isto de estar un

ratiño quietos sen arrastrarnos pola

clase e complicado.

MARZO

PSICOMOTRICIDADE

Empezamos a ir a clase de psicomotricidade a facela ximnasia, subir polas

escaleiras, baixar pola rampla, xogar cas pelotas, cos aros, nos acolchados,

14

pasar pola ponte, xogar ca saba de cores… O primeiro día choramos algúns

porque alí nunca estiveramos pero logo pasámolo moi ben.

MANUALIDADE DO DÍA DO PAI

Están seguido facéndonos traballar. Agora temos que meter de novo as mans

en pintura para facer un regaliño para papá. E un

tapete de tea pintado e logo metémolo nun sobre

para que sexa máis sorpresa. Agora xa nos gusta

metelas mans en pintura e logo en auga quentiña

con moita escuma.

CAIXAS DE CARTÓN

Xogamos moito a meternos en caixas de cartón. As

profes arrástrannos coma si fosemos en coches,

agachámonos e cerrámola tapadeira, facemos un túnel e

pasamos dun lado ao outro.

MANUALIDADE DE PASCUA

Facemos un traballiño para levar a

casa na Pascua. E unha galiña que

leva uns oviños na barriga.

Pintámola barriga con amarelo,

laranxa e marrón. Nos ovos

poñemos pegadiñas amarelas, a

crista pintámola de vermello, na

gorxa poñemos plumas. Dentro

dos ovos leva unha moeda de

chocolate.

15

TERCEIRO TRIMESTRE

ABRIL

XOGOS DIVERTIDOS

Nos pensamos que os espaguettis eran para

comer pero agora as profes din que podemos

xogar con eles.

Tamén traen xeo e auga quentiña. O xeo escapa

das mans e pouco a pouco desaparece.

Outro día facemos camiñiños co pan relado.

Metémolo na boca pero non está bo.

Mural con témperas de moitas cores. Cando seca usámolo como soporte para

colocalas fotos na entrada.

CORTINA

Este e un lugar privado onde nos agachamos, rímonos moito, facemos cu-cú e

mesmo aproveitamos para chantalo dente.

POMPAS DE XABÓN

Chámanos moito atención esta actividade. Intentamos collelas pompas pero

sempre escapan.

DÍA DO LIBRO

Pedímoslle as familias que traian da

casa algún contiño que nos guste os

nen@s. O longo da semana mirámolos

e as profes léennolos. O día 23

xuntámonos no patio grande tódolos

nenos da escola e alí levamos tódolos

libros coma si fose a Feira do Libro.

Sentadiños nunha alfombra grande mirámolos ca axuda das profes.

16

MAIO

DIA DA NAI

Desde fai uns días vimos traballando nun

regaliño para mamá. E un cubrebandexas.

Por un lado decorámolo cas nosas manciñas

e polo outro pegámoslle a foto onde estamos

cada un traballando. Despois metémola nun

sobre e levámola a casa.

PATIO DE FORA

Empezamos a ir algún día o patio

de fora pero pouco tempo porque

fai moita calor. Non queremos

estar a sombra e as profes non

queren que esteamos o sol.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

O longo deste mes visitáronnos

moitos papás e mamás e xogaron

con nos un ratiño pola mañá.

Trouxeron moitas sorpresas, fixeron

experiencias, cantamos e

divertímonos moito.

Regalámoslle un portarretatos ca

foto realizando a experiencia, para

que teñan un recordo do paso pola

escola.

17

SEMANA DA ARTE

Este ano dedicamos esta última semana do mes a PICASSO. Dentro da

programación desta semana traballamos o esquema corporal, as emocións

entre outros contidos. Nos participamos facendo algunhas actividades coma

por exemplo:

Imitalos xestos que fan as profes: cara de

sorpresa, rir, chorar, durmir, contentos,

tristes…

Nomeamos as principais partes do corpo

e buscámolas nos compañeiros e en nos

mesmos.

Mirámonos no espello e facemos xestos.

Xogamos cos bonecos e

buscámoslle o pelo, ollos,

nariz, orellas…

Estampámola man e o pé no

“Libro do 1º ano”

Aproveitámola visita da

mamá de Uxía (Xornadas de

portas abertas) e pintamos

coma Picasso un mural con

moitas cores.

Facemos un mural grande

entre todos. E un fondo azul e sobre el unha pomba branca.

Picasso conta nun libro que perdeu unha pomba e nos atopámola.

CAIXA DAS TEXTURAS

Pedímola participación das familias para confeccionar unhas láminas poñendo

materiais segundo a textura que nos toque. As profes prepararon unha lámina

para cada familia e levámola para casa e os papás e mamás devolvérona con

moitas curiosidades.

18

No próximo mes levamos a casa a caixa, onde gardamos as láminas que

fixemos todos, para que as familias as vexan .

XUÑO

NATA MONTADA

Despois de tantas experiencias xa non protestamos para tocar calquera cousa.

Agora tócalle a nata. Está un pouco pingosa e desfaise nas mans. Probamos e

está doce. Deberon poñerlle azucre.

GARABATOS

Colocamos un papel moi grande no

chan e collemos unha cera cada un

para pintar. Facemos moitos

garabatos. Cansámonos moi pronto

pero logo pasámolo pipa xogando co

papel a facer vento e rachalo, facer

bolas etc.. Por último recollemos e

metémolo no lixo.

MESA DE AUGA CON ESCUMA

Gústanos moito remexer na auga e

moito máis si se pode facer escuma.

As profes prepararon a mesa de

auga con moita escuma e nos

salpicamos un bo rato.

19

LIBRO DO 1º ANO

Fixemos os primeiros garabatos cas ceras no noso libro. Apetécenos moito

metelas na boca.

Colocamos as fotos que nos faltaban para levalo a casa e ensinarllo aos papás.

FOTOS CAS PROFES E AMIGUIÑIOS

Sacamos fotos cos amiguiños e as

profes e poñémola nun cadro na

entrada da escola.

ORLA

Como regalo de fin de curso

levamos unha orla que fixeron

as nosas profes. Nos

estampamos na cartolina os

nosos dediños. Despois

pegaron a nosa foto e tamén a

delas. Alí aparecemos todos os

que estivemos este ano na

clase de 0-1 ano.

20

CACHO

Para poder celebrar o Cacho precisamos da colaboración dos nosos papás e

mamás. As profes pedíronlle que

buscaran as herbas típicas do San

Xoán e tamén auga de 7 fontes.

Levámolas a escola e entre todos

metémolas nun barreño moi

grande. Sacámolo o patio e

deixamos que lle dera o orballo

desa noite tan máxica. O día 25

enchemos botellas e levamos

unha cada un a casa.

XOGOS NA AREA

Saímos o patio de fora e xogamos no areeiro . Sacamos os zapatos e ó

metelos peíños, facíanos moitas cóxegas. Logo nos acostumamos e pasámolo

pipa xogando cos caldeiros e pas.

Estas actividades que realizamos o longo do curso axúdannos a comprender o

entorno , tomar contacto cos materiais tanto artificiais coma naturais…

Ademais realizamos outras moitas que nos fan tomar conciencia do paso do

tempo, do espazo, adquirir autonomía e ir medrando en capacidades.

Manipulamos moitos materiais, xoguetes que temos na clase: coches, animais,

pelotas, construcións, instrumentos musicais, monicreques…

Escoitamos música, cantamos, fixemos moita ximnasia e tamén algunha que

outra travesura.

CONCLUSIONS

Despois de 10 meses traballando cos nosos bebés aprendemos moitas cousas

deles e temos que dicir que e un traballo moi satisfactorio dado que empezan

con nos cando a maioría aínda non son capaces de manterse sentados e agora

corren polo patio.

Teñen idades comprendidas entre os 13 e 18 meses e os logros acadados son

moitos. Comprenden moi ben o que lles dicimos, anticípanse a moitas rutinas

como por exemplo a hora da galleta ou de ir o patio, piden auga, localizan

obxectos na clase, prestan moita atención as actividades e gústalle participar

21

nas experiencias, saben protestar cando algo non vai ben, recoñecen os

compañeiros e profes , gústalles observar o que fan os maiores, comen moi

ben e dormen estupendamente , rinse moitísimo cando as profes fan monadas,

escoitan atentos os contiños e as fotos, axudan a recoller os xoguetes, algún

xa emite algunhas palabras pero tamén fan as súas travesuras, pelexan polos

xoguetes, morden a veces os compañeiros, gústalles tiralos xoguetes pola

fiestra, metelos no cubo da roupa sucia, escapar si atopan unha porta aberta…

Facendo avaliación deste período de tempo e ca programación presente

pensamos que conseguimos gran parte dos obxectivos propostos e os que

non se conseguiron totalmente están en proceso.

Temos a sorte de que moitos dos nosos nenos continuarán para o ano con nos

na clase de 1-2 anos e polo tanto no mes de setembro coñecemos a moitos e

sabemos de onde partimos.

Por último queremos agradecer unha vez máis as familias a colaboración

prestada para realizar moitas das actividades programadas e tamén por confiar

en nos para axudar na educación dos seus fillos.

¡FELICES VACACIÓNS. !

22

CLASES 1-2 ANOS

O longo deste curso realizamos cos

cativ@s unha morea de actividades que imos

detallar a continuación. Debemos destacar a

boa actitude e participación de todos e cada

un dos cativ@s en todas as actividades

realizadas.

Educadoras e mestra

atopámonos moi ledas posto que

acadamos un obxectivo moi importante

para a evolución e desenrolo dos nen@s:

desprenderse completamente do chupete

nas aulas de 1 a 2 B e C. Ó remate do

curso, practicamente ningún dos 21 nen@s

que dormen na escola, precisan do chupete para nada absolutamente: nin

durante a xornada escolar, nin durante a sesta, nin nas súas casas.

Referente ó obxectivo de controlar os

esfínteres, no mes de xuño comezaron co

proceso tres nen@s, e nos meses seguintes

temos coñecemento da intención de varias

familias de comezar a probar na casa.

Respecto á comida, durante o curso

foron pasando case todos os nen@s de papa a

garfo, quedando no mes de xuño soamente cinco nen@s comendo aínda de

papa.

Debemos destacar de forma moi positiva a gran participación dos

pais e nais dos ne@s en todas aquelas actividades nas que demandábamos a

súa axuda e colaboración.

23

SETEMBRO.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

O período de adaptación non resultou especialmente complicado para

os nenos/as de 1a 2 anos. As familias respectaron os horarios establecidos

durante as dúas primeiras semanas de setembro e os nenos e nenas "novos"

adaptáronse sen maior problema tanto á escola como á mestra e educadoras.

Durante este mes os nen@s pintaron os seus primeiros garabatos con

ceras de cores, xogaron con construcións, con bonecas, con

comidiñas...Cantamos cancións, contamos

contos...

A manualidade que levaron para a

casa foi unha tarxeta de cartolina na que

levaban estampados os pés de cada un dos

nen@s e na que poñía: "Con estes pés comezo

a miña andaina nas clases de 1 a 2 anos".

Os nen@s da clase 1 a 2 A comezan a celebrar os seus cumpreanos.

Tod@s cumpren o seu primeiro aniño entre os

meses de setembro e decembro. Para celebrar

cada cumpreanos, os nen@s pintan con pintura

de dedos o seu gorro de cumple, e o xoves que

haxa cumpre, entre todos os nen@s da clase,

axúdanlle ao festexado a soprar a vela e as

educadoras cántanlle "cumpreanos feliz". Como

remate da festa, levan para casa de recordo

unha postal de Renata coa foto da celebración do cumpreanos.

OUTUBRO

Este mes coñecemos á nosa mascota "A GATA

RENATA". Con ela descubrimos as distintas dependencias

da escola: o comedor, a cociña, a clase dos bebés, as

clases dos maiores de 2 a 3, a clase de psicomotricidade...

e o noso horto que se atopa no patio exterior da escola.

24

As actividades máis destacables foron:

plantamos os bulbos dos crocus no noso horto.

Fixemos un mural estampando as mans de todos os nen@s.

Comezamos as sesións semanais de Psicomotricidade, de Xogo

Heurístico e de Cine.

Realizamos a manualidade do mes: A Gata Renata. Pintamos coas mans

rulos de papel hixiénico cas cores amarelo, laranxa, branco...e despois

pegámoslle a cabeza e as patas. Quedounos unha gatiña moi bonita.

Fixemos algúns traballiños como: a nosa primeira ficha de garabatos,

pegamos algodóns dentro de nubes, pintamos a Renata con ceras...

Celebramos o "SAMAÍN" o 30 de outubro. Entre as tres clases

decoramos unha cabaza coma se foxe Renata co colmillo incluído, claro.

1 a 2 A pintoulle o nariz con pintura vermella.

1 a 2 B pegoulle papeis nas orellas.

1 a 2 C pintaron coas súas mans as mans de Renata de cor

laranxa.

O venres pola mañá

xuntámonos as tres clases no patio

grande da escola. As educadoras e a

mestra disfrazámonos de bruxas e

contámoslles o conto dos

"MONSTRUOS DIVERTIDOS" e tamén

lles cantamos unha canción. Despois

tomamos gusanitos e aproveitamos

para xogar no patio grande.

NOVEMBRO

Este mes realizamos as seguintes actividades:

Decoramos a clase cun debuxo de Renata pintado polos nen@s.

Nunha cartolina branca os nen@s pintaron con pinceis e témperas as

cores do outono: amarelo, laranxa, marrón e verde. Despois as

educadoras pintámoslles por enriba as siluetas de follas de outono. Con

estas follas decoramos a Renata.

Con pintura de dedos pintámoslles ollos e

bocas ás follas secas que aportaron as

familias dos nen@s, despois plastificámolas e

fixemos móbiles cos que rematamos de

decorar a clase.

A nosa manualidade do mes foi unha

"ESPIGA DE MILLO" de polispán na que os

25

nen@s estamparon as súas pegadas en pintura amarela e laranxa. Para

rematala decorámola con papel pinocho amarelo.

Coidamos caracois dándolle de comer e cantándolles a canción:

"Caracol, col, col..."

Observamos e manipulamos produtos típicos do outono que trouxeron as

familias dos nen@s: espigas de millo, landras, castañas, noces, cabazas,

ourizos...Temos que

destacar a gran

participación das familias

nas actividades nas que

solicitamos a súa

colaboración, Moitas

grazas!!!

Facemos algúns

traballiños: pintamos con

rodillos en papel

continuo, pintamos con

ceras, pintamos unha

castaña...

FESTA DO MAGOSTO. O venres 13 de novembro celebramos no patio

da escola unha gran festa na que os alumnos de 1 a 2 participamos

facendo os seguintes postres:

1 a 2 A: Batido de froitas.

1 a 2 B: Castañas asadas.

1 a 2 C: Galletas de Hallowen.

Na festa as profes de 2 a 3 representaron o conto "A Bruxa e o

dente" e despois comemos todos os postres feitos polos nen@s da escola,

bailamos, rompemos as piñatas...

DECEMBRO

Toda a escola se decora para

celebrar o Nadal. Os nen@s de 1

a 2 visitamos o Portal de Belén

da entrada da escola e

observamos a árbore de Nadal

que acabou decorada coas

tarxetas de felicitación que

mandaron algunhas familias.

As nosas clases tamén as

decoramos entre todos nen@s e educadoras. Fixemos estrelas, unha

árbore de Nadal...e abrigamos a Renata cun gorro pintado de vermello e

decorado con algodón, parecía a axudante de Papá Noel!!!.

26

A manualidade deste mes foi un bonito PORTAVELAS. Pedímoslle as

familias que trouxeran un vaso de

cristal de iogur e os nen@s

decorárono pegándolle gomets de

cores. Despois as educadoras

puxémoslle dentro unha vela

vermella e decorámolos cunha cinta

vermella na que ía unha tarxetiña na

que poñía "Bo Nadal".

Fixemos a carta para os Reis

Magos recortando de revistas de

xoguetes aqueles que nos gustaban máis.

O martes 15 de decembro tivemos a visita dos PAXES REAIS.

Recibímolos con sorpresa e ledicia e fixémoslle entrega da nosa carta

para que lla den ós Reis Magos.

Fixemos algúns traballiños que as educadoras encadernaron e levamos

para casa posto que remataba o trimestre.

FESTIVAL DE NADAL. O venres 19 de decembro toda a escola participou

no festival de Nadal que se celebrou na Casa da Cultura ás 16:30 horas.

Os nen@s de 1 a 2 tiveron coma representantes das súas clases a : Alba

Piñeiro, Alba Picón e Andrea Moroño. Foron disfrazadas de

CASTAÑEIRAS e participaron na actuación que fixeron os nen@s de 2 a 3.

As tres cativas portáronse coma nenas maiores estando moi tranquilas e

atentas a todo o que acontecía o seu arredor. O resto dos nen@s de 1 a 2

participaron do festival na compañía dos seus pais e o final subiron a

darlle un bico ós Reis Magos, que lles deron unha bolsiña con

chucherías. Todos o pasamos moi ben!!!

XANEIRO

Coma xuntamos moitos papeis de

agasallo porque fomos moi bós,

pedímoslle as familias que nos traian

algún dos que teñen na casa. Os nen@s

disfrutan rachándoo, enrugándoo,

empaquetando algún xoguete...

Falamos da importancia de coidar os

xoguetes e de compartilos cos

compañeir@s...

Coma fai moito frío, decidimos abrigar a Renata, o debuxo da nosa

mascota que decora as nosas clases. Os nen@s de cada clase decóranlle

o gorro, a bufanda, as manoplas...

Este mes os nen@s comezan a levar a Renata para as súas casas durante

27

un fin de semana. Todas a levan con moitísima ilusión e son moi

responsables porque a trouxeron de volta sá e en perfecto estado.

Aproveitamos as visitas de Renata para pedirlles ás familias que lle

saquen fotos e que nolas traian cando as teñan posto que imos facer un

libro moi especial.

Facemos o Mural dos Xoguetes, no que os nen@s pegan as fotos dos

xoguetes que lles trouxeron os Reis Magos.

Xogamos a abrigarnos e facemos fotos porque estamos moi guapos!!!

Celebramos o "DÍA DA PAZ". O

longo de toda a semana do 25

ó 29 de xaneiro realizamos

actividades relacionadas coa

Paz:

Explicámoslles ós nen@s o

significado da palabra

"Paz":non pegar,

compartir xoguetes, non

berrar...

Realizamos unha

manualidade entre os tres

grupos de 1 a 2: unha pomba de porispán na que cada nen@

estampou unha man e que tiña as ás cheas de papeis de seda

branco pegadas tamén polos nen@s. Esta pomba expuxémola na

entrada da escola o Día da Paz e a semana seguinte, e despois

estivo colgada no patio interior da escola o resto do curso.

O día 29 , os tres grupos de 1 a 2, xuntámonos no patio grande a

observar o bonita que nos quedou a Pomba , cantamos cancións

sobre a Paz, tomamos gusanitos...e o pasamos moi ben.

Cada nen@ levou para a súa casa a súa "Pomba da Paz". Nela

estamparon as súas pegadas en laranxa e amarelo e pegáronlle

papeliños nas ás.

Comezamos a celebrar os cumpreanos dos nen@s das clases B e C, que

xa cumpren dous aniños.

FEBREIRO

Este mes dedicámolo a celebrar o Entroido:

Disfrazamos a Renata de Peregrina e colgamos polo aula serpentinas que

anunciaban festa.

Ensinámoslles fotos de peregrinos, da Catedral de Santiago... e

explicámoslles o que fan: camiñar, camiñar e camiñar e facer amigos

28

durante o camiño.

Todos os nen@s da escola se

disfrazaron de PEREGRINOS.

Os de 1 a 2 colaboraron

facendo o seu disfraz da

seguinte maneira: pintaron con

pinceis e témpera vermella a

cruz de peregrino e pegaron

anacos de xornal na cuncha

que levarán no seu sombreiro.

As familias colaboraron

aportando cada unha, unha

cuncha de vieira , que levarían os nen@s colgada do pescozo. Todos

estaban moi guapos!!!

FESTIVAL DE ENTROIDO. O 11 de febreiro celebramos na escola o noso

festival de entroido. Todo o persoal

da escola disfrazámonos de PIRATAS

e recibimos con ledicia a todos os

nen@s e as súas familias que viñan

disfrazados de moitas cousas

diferentes, pero todos estaban moi

guapos e o pasamos moi ben. Na

festa bailamos , merendamos...

Nas clases disfrazámonos de

policias, bailarinas, médicos...pintamos as nosas caras, mirámonos no

espello o guapos que estamos...

No patio de 1 a 2 as educadoras representan o conto de "Dona Melosa"

disfrazándose unha delas de velliña, igual que a protagonista do conto.

Experimentamos con PASTA

crúa e cocida para identificar

duro e brando. É evidente que

a crúa gustounos máis porque

a comemos case toda!!!

Identificamos os sabores

doce/salgado probando na

clase gusanitos, sal, chocolate

e azucre. Gustounos todo!!!

Saímos ao noso horto a ver

como medraron os nosos

crocus.

29

MARZO

O noso centro de interese o longo deste mes foron os animais.

Pedímoslles ás familias que nos trouxeran

as súas mascotas un ratiño ás nosas

aulas para coñecelas. Coma sempre, a

participación foi excelente. As mascotas

paseáronse por todas as clases de 1 a 2

para que todos os nen@s puideran

disfrutar delas. Tivemos tartarugas, unha

cobaia, paxariños, cans...

Tamén aproveitamos para decorar

as clases con debuxos de

diferentes animais.

Observamos fotos e debuxos de animais domésticos e salvaxes

aprendendo os seus nomes e os seus sons.

En psicomotricidade aproveitamos o tema para imitar os movementos de

diferentes animais: gateamos coma os gatos, arrastrámonos coma as

serpes, trotamos coma os cabalos, saltamos coma os coellos...

Aprendemos a canción do POLO PEPE.

Pintamos animais utilizando distintas técnicas plásticas: con estampamos

con esponxas, pintamos con pinceis dando "golpiños" con eles, pintamos

coas mans...

Celebramos o DÍA DO PAI. Cada nen@ fíxolle un CADRO para o seu

papá. O cadro era

de polispán branco.

En primeiro lugar

pintaron con

esponxas molladas

en pintura branca,

azul e purpurina. Así

fixeron o fondo do

mar. Despois, cada

nen@ estampou a

súa man mollada en

pintura vermella ou

laranxa facendo así

o corpo dun peixe. Para rematar, estamparon as súas pegadas de cores

facendo o marco do cadro e as burbullas do peixe. Quedou un agasallo

moi orixinal.

30

Manualidade de PASCUA:

COELLO DE PASCUA. Os nen@s

pintan coas súas mans a cara do

coello de cor rosa clariño. Cando

seca a pintura, péganlle gomets

nos ollos e as educadoras

poñémoslle por detrás unha

chocolatina e un par de palliñas

para que o poidan agarrar coa

man. Lévana o 26 de marzo.

ABRIL

Este é un mes moi especial

posto que o dedicamos a celebrar as

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS.

Aproveitamos que é o mes

dedicado ás familias para decorar as

clases coas fotos que elas nos enviaron.

Os nen@s disfrutan vendo as fotos e

ensinándollas aos compañeiros. Todos

aprenden os nomes dos membros de

cada familia.

A participación das familias foi

desigual nas clases, posto que na clase A participaron moi pouquiños pais e

nais, e, en cambio nas clases B e C a participación foi moi alta. Todos:

pais, nais, docentes e nen@s quedamos moi satisfeitos do desenvolvemento

das xornadas.

Tamén traballamos outros contidos:

Seguimos celebrando os

cumpreanos.

Decoramos a clase con motivos

primaverais: flores, bolboretas,

xoaniñas...

Continuamos levando a Renata ás

nosas casas o fin de semana que

nos toca.

Celebramos a SEMANA DO LIBRO

desde o 19 ata o 23 de Abril (Día do

Libro). Ó longo desta semana os nen@s puideron disfrutar dos contos que

todos trouxeron das súas casas o luns. As profes cada día cóntanlle

dous ou tres e despois eles pódenos ver e manipular con liberdade

31

(sempre con coidado de non estragalos). O luns 19 tivemos a visita da

CONTACONTOS do concello que nos fixo pasar un ratiño moi entretido a

todos os nen@s da escola. O venres 23, Día do Libro, fixemos no patio

grande un mercadillo no que todos os nen@s podían ollar os contos dos

nen@s das outras clases. As docentes de 1 a 2 escenificaron o conto dos

CARACOIS . Todos o pasamos moi ben.

Celebramos o DÍA DA NAI. Na ultima semana do mes dedicamos o noso

tempo a transformar unhas simples

caixas de queixiños nuns preciosos

xoeiros para agasallar a todas as

mamás. As educadoras fixeron a

primeira parte do agasallo: cubrir as

caixas de papel de cociña para que

non se noten as letras nin os debuxos.

Despois os nen@s encargáronse de

pintalas, pola parte de fora, coas súas

mans molladas en pintura de cor

violeta. O interior e a parte inferior das caixas foron decoradas con

pegadas de cores variados. E para rematalas, pegámoslles na parte

superior unha bola feita con papel de cociña, que facía as veces dunha

asa. Pintámola de rosa. Quedounos un agasallo moi bonito.

MAIO

Este mes dedicámolo á primavera e as súas características: miramos

fotos de flores e aprendemos os seus nomes, coñecemos as bolboretas, ás

xoaniñas, fai mais calor...E aproveitamos para traballar no noso horto. As

actividades máis destacables do mes foron as seguintes:

Despois de observar fotos de chícharos, de debullar algunhas vainas e de

ter nas nosas mans as sementes, fomos ó noso horto e entre todos

plantamos CHÍCHAROS. Os nen@s disfrutaron con esta actividade.

Aproveitamos as saídas ao patio exterior para regar, algunha vez cada

clase, os amorodos.

Facemos un mural da primavera. Primeiro os nen@s pintan con rodillos o

campo de cor verde. Despois cada nen@ decora unha flor pegándolle

papeis de cores e pintándoas. Rematamos o mural pegando as flores no

campo. Quedounos un mural moi alegre e primaveral.

Estampamos flores nunha ficha.

Enfiamos pezas de madeira con cordóns.

Xogamos con encaixables.

32

Toda a escola celebramos A SEMANA DO ARTE dedicada este ano a

PICASSO. O longo da semana

do 24 ó 28 de maio, todas as

actividades estiveron

relacionadas con Pablo Picasso

e ca súa obra.

Introducimos a figura do

pintor contando o conto de

"PICASSO Y

SILVETTE".Neste conto

Picasso fai unha escultura

da súa musa Silvette, e

nós decidimos facer outra

e así repasamos cos nen@s

o esquema corporal.

A nosa escultura está

formada por tubos de

cartón groso, e por caixas

de distintos tamaños.

Cada clase encargouse de

pintar unha parte do corpo de cor gris:

Clase A: pintaron o corpo, a chave e o bolso.

Clase B: pintaron os brazos e a cara formada por

unha caixa de zapatos e catro caixiñas mais pequenas que serían os ollos, a

boca e o nariz.

Clase C: pintaron as pernas e os pes (dous tubos e

dúas caixas de zapatos).

Xogamos a pintar como facía Picasso: en zapatillas e con gorros na

cabeza.

Fixemos un mural imitando a Picasso, que pintaba con diferentes

cores dependendo do estado de ánimo: Nós pintamos de cores

alegres (amarelo, laranxa, verde...) si estábamos ledos, de cores

escuros(azul, marrón..) si estábamos tristes e con cores tamén

escuros pero pegándolle ó papel co pincel si estábamos

enfadados. Rematamos expoñendo nas portas da escola, a parte

que mais nos gustou de cada mural feito en cada clase de 1 a 2.

Contamos o conto "El sueño de Picasso".

XUÑO

Para rematar o curso de forma orixinal e novedosa, os cativos de 1 a 2

realizamos a nosa primeira excursión en autobús. Fomos de EXCURSIÓN

33

Á PLAZA DE CHAVIÁN. Alí xogamos con palas e cubos na area,

xogamos nos columpios...

comemos gusanitos,

bebemos auga e pasámolo

pipa!!!

Cada clase preparou o seu Libro

de Renata coas fotos que

mandaran as familias das visitas

de Renata ás casas dos nen@s.

Tamén levaba fotos de diferentes

actividades dos nen@s na escola

ó longo de todo o curso. Durante este mes, cada nen@ leva o Libro de "A

NOSA RENATA" durante un día para compartilo coa súa familia. Na clase

A, participaron moi poucas familias aportando fotografías da casa con

Renata , pero nas clases B e C a participación foi masiva. Aínda así, os

tres libros de Renata quedaron moi entrañables e ás familias dos nen@s

mostraron a súa ledicia por poder compartilos con nós.

Probamos os amorodos do noso horto. Mmm, que bos están!!!

Falamos da importancia de

alimentarnos correctamente para

estar sans e fortes. Observamos os

utensilios necesarios para comer e

dicimos os seus nomes.

Probamos na clase froitas de

temporada e estampamos con elas

con pinturas de moitas cores.

Repasamos as partes do corpo e

facemos as siluetas, a tamaño real,

dun neno e unha nena de cada clase.

Despois vestímolos pegándolles

gomets, papeis de

cores...Poñémoslles ollos, nariz e

boca...

Cantamos cancións.

Contamos contos.

34

Xogamos coa plastilina.

Facemos "O CACHO DE SAN

XOÁN". Uns días antes de

San Xoán, pedímoslles as

familias que nos trouxeran

herbas aromáticas, flores do

campo, auga das fontes...e o

día 23 entre as tres clases

fixemos "o cacho" que

deixamos á intemperie toda a

noite de San Xoán.O día seguinte, lavamos as nosas caras para ter moita

sorte durante todo o ano.

Os nen@s levan os traballiños do Terceiro

Trimestre para a casa.

A manualidade deste mes foi un "PAI-PAI"

aproveitando a calor que estamos

padecendo. Cada nen@ estampa as súas

mans, cada unha dunha cor, nos dous

lados do pai-pai. Despois poñémoslle paos

de pinchos morunos para que os poidan

agarrar e... a espantar a calor!!!

Durante este curso ,todas as educadoras e a mestra o pasamos moi ben,

disfrutando en cada unha das actividades que realizamos cos nen@s. Confiamos

en que eles tamén estiveron a gusto e que a asistencia á escola lles resultase

enriquecedora en todos os aspectos.

Foi un pracer coidarvos, xogar con vós e compartir con vós e coas vosas

familias tantos momentos alegres e tenros que vós esqueceredes porque sodes

moi pequenos, pero nós, que xa somos mais maiores ,non esqueceremos

nunca.

Moitas grazas e ata o curso que ven!!!

35

CLASES 2-3 ANOS

O grupo de idade de 2 a 3 anos na Escola

Infantil Municipal “ O Bosque” estivo dividido ó

longo deste curso en tres clases distribuídos

por orde alfabética:

A clase “A”: rematou o curso con

22 nen@s,dos que 8 estiveron a media

xornada e 14 a xornada completa.

A clase “B”: rematou o curso con

22 nen@s,dos que 7 estiveron a

media xornada e 15 a xornada

completa.

A clase “C”: rematou o curso

con 20 nen@s, dos que 5

estiveron a media xornada e 15 a

xornada completa.

Sempre que comeza o curso partimos

dunha programación anual onde imos

deixar clara a nosa proposta de traballo a

seguir ó longo do ano. Despois cada

trimestre facemos outra programación

trimestral na que se concreta e especifica

máis claramente obxectivos, contidos e

actividades a realizar neses meses. E

despois cada semana as educadoras de

cada clase farán unha programación semanal na que adaptarán a proposta

feita na trimestral as características particulares dos seus alumn@s.

Este curso seguimos como guia para desenvolver a nosa proposta de traballo,

ó igual que o curso pasado, “ O canciño Panchiño” da editorial

Casals.Panchiño foi a nosa mascota, é un canciño pequerrechiño de peluche

que nos acompaña nas actividades da clase, conversa con nós,celebra os

aniversarios, vense de excursión , á clase de psicomotricidade,á de informática,

ó vídeo

Á hora de facer un resumo das actividades que realizamos ó longo do curso

distribuirémolas do seguinte xeito:

36

ACTIVIDADES DE GRAN GRUPO: Magosto, Antroido, Nadal, Semana da

Arte…

ACTIVIDADES DAS CLASES DE 2 A 3 ANOS: Excursións, A horta, Dia

da Nai, día do Pai,Festival de Fin de Curso

ACTIVIDADES DE GRAN GRUPO:

Son todas aquelas actividades que preparamos cada clase individualmente,

pero que logo poñemos en común toda a escola.Ó longo deste curso

realizamos as seguintes:

MAGOSTO:

Na festa do Magosto celebramos á chegada do Outono e antes de celebrala

festa falamos sobre esta estación,sobre os produtos típicos destas datas…e

uns días antes as clases de 2 a 3 pedimos a colaboración das familias para que

nos traian receitas de cociña nas que algúns dos ingredientes foran froitos

típicos do outono. Despois de ter unha chea delas,xa que todos se animaron a

colaborar, cada clase escolleu unha e preparouse a véspera do día da

celebración .

A clase A preparou “Brochetas de

froita para fondeu de cho-

colate”

A clase B preparou “ Boliñas de

améndoas””.

A clase C preparou “ Biscoito de

noces”.

Ó día seguinte (venres 13) xuntámonos toda a escola no patio interior para

celebrala Festa do Magosto. Antes de probar as deliciosas receitas que fixemos

as clases de 2 a 3 e tamén as de 1 a 2, as educadoras das clases de 2 a 3

escenificaron a adaptación do conto “ A bruxa do dente” de Marta Rivera

Ferner . Unha vez que rematamos de escenificar o conto para toda a escola xa

puidemos degustar as receitas que cada clase fixera e a verdade e que todas

estaban boísimas e non quedou nada.Despois coa barriga chea xogamos,

bailamos e pasámolo moi ben celabrando a chegada do outono.

Este día os nen@s levaron para a casa a manualidade do outono, que foi

unha nena/o que fixeron aproveitando as follas que apañamos na saída ó Pazo

da Peregrina.Con elas encheron unhas bolsas pequeniñas que nos serviron

para facer o corpo do nen@ e logo os brazos , as pernas e a cabeza, feitas e

37

recortadas polas profes, pintáronas con

témpera.Quedounos unha manualidade

moi orixinal e divertida .

Decoramos tamén a entrada da escola

entre as mestras e as educadoras con

froitos e animais que hai nesta época do

ano.

NADAL:

No Nadal , como cada ano,na escola recibímola visita dos Paxes Reais, así

que uns días antes cada clase deixámoslle ós nen@s que manipulasen

catálogos de xoguetes e nos foran dicindo que xoguetes lle querian pedir ós

Reis e así nós poder ir recortándoos e pegándoos nunha cartolina coa que

fixemos unha carta moi grande que cada clase lle entregou ós Paxes cando

chegou o día de que nos visitaran e lla poidesen levar ós Reis para que ningún

dos nosos nen@s quedase sen o

seu xoguete preferido.Unha vez

que rematou a sua visita

agasallaron a tódolos nen@s con

unha bolsa de gusanitos e

despedíronse para poder seguir co

seu traballo.

Tamén , igual que todos os anos

anteriores, preparamos o Festival

de Nadal, na escola.Celebrámolo

na Casa de Cultura o día 18 de

decembro.

As clases de 2 a 3 representamos un conto titulado “ Noite de Nadal ”, no

que tamén participaron tres nenas das clases de 1 a 2 e unha nena da clase

dos bebés . No conto narrábase unha historia que acontecía nunha noite de

Nadal na que nacía unha meniña moi fermosa e polo que toda a aldea se poñía

moi contenta.

Os nen@s da clase “A” ían disfrazados de campás azuis, os da clase “B” de

campás vermellas e os de “C” de estrelas douradas e prateadas. Unha vez

rematado o conto todos xuntos cantaron unha panxoliña: “Polo Nadal”.

38

Entre as mestras e educadoras da

escola representamos o conto “O

pastor e a folla “ unha adaptación do

conto “ O señor mago e a folla” de Toño

Núñez Edit. Everst da colección

Montaña Encantada e

escenificamos a canción “ Unha vella

tiña un can” de Mamá Cabra na que

tamén participaron nais dos nen@s da

escola.

Ó rematar recibimos a visita , tan

esparada por todos os nen@s, de Melchor, Gaspar e Baltasar, os Reis Magos

chegados de Oriente

que repartiron agasallos entre todos os presentes.

Como manualidade de clase

realizaron unha estrela feita con

depresores e que logo levarían

para colgar na árbore de Nadal

das suas casas. Pintaron os

depresores con témpera de cor

vermella e espolvoreáronlle

purpurina e logo as profes

montárona formando unha

estrela e no medio dela

colocamos unha foto de cada

nen@ vestidos para a ocasión

cun gorro de Papá Noel.

DIA DA PAZ:

Ó longo de toda a semana do 30 de xaneiro

estivemos conversando cos nen@s a cerca do

significado da palabra Paz, concepto bastante

abstracto para eles, pero que simplificamos para

que puideran entender. Significa: ser bos, non

pegar ós compañeiros, quererse e darse bicos e

abrazos, non pelexar, obedecer ós papás e as

profes…

Este ano para celebrar o Día da Paz decidimos

facer unha mesma manualidade a nivel de escola:

39

unha pomba que pegamos nunha cartolina e á que logo lle pegamos un

depresor para que cada nen@ a puidese coller e levala para a casa. Según o

grupo de idade decorouse cunha técnica distinta axeitada a idade dos nen@s

cos que se está a traballar. En concreto os nosos pegáronlle por todo o corpo

anaquiños de papel de seda brancos e nas alas pegáronlle papel que arrugaron

en forma de boliñas e tamén lle pintaron o pico e as patas de témpera de cor

laranxa.

Entre as tres clases tamén fixemos un mural para expoñer as fotos na

entrada, que consistiu en decorar as tres letras que forman a palabra PAZ.

A clase “A” traballou na letra P: pintárona de negro e despois estamparon

pombas brancas por toda a

letra.

A clase “B” traballou na letra

A: pintárona de negro e

encheron toda a letra de

boliñas de porexpan.

A clase “C” traballaron na

letra Z: pintárona de negro e

estámparon as mans con

témpera branca por toda a

letra.

Unha vez que estiveron rematadas as tres letras compuxemos a palabra PAZ

pegámolas no cristal da entrada acompañada de distintas caras de nen@s da

distintas razas, simbolizando a paz en todo o mundo e serviunos de fondo para

acompañar a fotos nas que se via ós nen@s traballando sobre este tema.

O ENTROIDO:

Este curso o Entroido caeu a

principios do mes de febreiro, polo

que case nada máis saír do Nadal xa

tivemos que poñernos a traballar

para confeccionar o noso disfrace.

Aproveitando que este ano é ano

santo, decidimos disfrazarnos toda a

escola de peregrinos e para

confeccionar o disfrace empregamos

unha bolsa do lixo de cor marrón e na

que os nen@s lle pintaron unha cruz de cor vermella para pegala no medio e

40

para levar na cabeza fixemos un gorro de cor marrón no que lle pegamos unha

cuncha que os nen@s recubriron con papel de xornal e cada un trouxo da sua

casa unha cuncha de vieira que colgamos no pescozo cun cordel de cor

vermello.E xa que todos tiñamos o disfraz de peregrino decidimos facer unha

pequena peregrinación ata a igrexa de Bertamirans, pois a catedral quédanos

un pouco lonxe e así poder gañar o noso xubileo particular.Fixémolo o venres

día 12 pola mañá vestímonos todos e fomos saindo de clase en clase cada

media hora para facelo un pouco máis levadeiro, pois as tres clases xuntas

eramos moitos xuntos. A clase “A” saiu as 9:30 e despois foron as duas

seguintes cada media hora, fomos camiñando amodo e ó chegar á igrexa

entramos pola porta principal á igrexa e saimos pola porta pequena e saimos

de volta para a escola.A verdade é que todos os nen@s se portaron moi ben e

fixeron o camiño tranquilamente, aínda que algún xa viña algo canso de volta

para a escola.

O xoves 11, como cada ano fixemos a

merenda de Entroido na escola a que

estaban convidados todos os nen@s e

os seus familiares, aínda que fixo boa

tarde fixo moitísimo frio ,polo que non

saimos ó patio de fóra e xa quedamos

no de dentro. Este ano as profes

disfrazámonos de piratas, pero

tampouco faltaron anxiños,

demos,tartarugas ninja, mexicanos,

médicos, chinos, sevillanas…

Foi unha festa moi divertida na que merendamos productos típicos destas

datas.

DIA DO LIBRO:

Como cada ano o 23 de abril

celebrámolo Día do Libro e este curso

pedímoslle a todos os nen@s que

trouxeran á clase o libro que tiveran

nas sua casa que máis lles gustase

para poder compartilo durante toda a

semana con todos e así cada día

fomos contando un .

O luns día 19 veu á escola unha

contacontos que nos contou dous

contos, un dunha ran e outro dunha

41

rata.Foi moi entretido e os nen@s disfrutaron moito.

O día 23 conmemoramos o Día do Libro celebrando toda a escola unha feira

na que compartimos os contos que trouxeran das suas casas, así que

xuntámonos tod@s no patio de dentro para observar, manipular e ler todos os

contos cos que nos xuntamos.Ademais as educadoras de 1 a 2 contáronnos

un conto de dous caracois titulado “ Que susto”.

SEMANA DA ARTE:

Na última semana do mes de maio ( do 24 ó 28 ) celebramos, como xa

vimos a facer durante anos atrás, a Semana da Arte, este ano dedicada a

Pablo Picasso e as soas extraordinarias obras de arte.Aproveitando que lle

gustaba retratar a persoas e que o facía de formas moi diversas e con moito

colorido traballamos tendo en conta tres obxectivos:

A cor.

As formas: redondo,cadrado e triángulo.

Esquema corporal.

Partindo deles plantexámonos as seguintes actividades:

Coñecemos a figura de Picasso a través de:

Láminas dos seus cadros.

Unha pequena biografia.

Fotos do pintor: de pequeño e de maior.

Dos contos:

“ Picasso e Silvette “

“El sueño de Picasso”.

Traballamos os tres

obxectivos propostos a

través das láminas dos

seus cadros:

observándoas, dicindo o

seu título,que colores

podemos apreciar, que

formas distinguimos,que

vemos representado nelas

Facemos un mural entre as

tres clases sobre un cadro

do pintor: “Muller cunha flor”,empregando distintas técnicas plásticas,

42

que logo expoñeremos na entrada da escola para que todos os pais e

nais poidan ver canto traballamos.

Facemos unha manualidade que cada nen@ levará para a súa casa.Cada

un pintará, centrándose nas formas

xeométricas, un cadro abstracto

como os que pintaba Picasso.Ó

rematar expoñémolos na entrada a

modo de exposición.

Facemos un puzzle sobre o cadro “A

nena e a pomba”. Dividimos o cadro

en tres partes ( cabeza, corpo e

extremidades) e logo cada nen@ terá

que recompoñelo. A través desta actividade ademais de coñecela obra

do autor tamén traballamos o esquema corporal.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS:

Durante todo o mes de abril

todos os pais e nais que o

desexaron pudieron acudir as

nosas clases e compartir con

nós unha parte da xornada da

mañán, na que nos pudieron

contar cal era a sua profesión

e o que facian no seu traballo.A

verdade é que este ano esta

proposta que xa vimos

plantexando fai un par de anos

tivo moita aceptación e

visitáronnos moitos pais e nais

que nos foron contando como eran profesións como as de: policia,

programador informático,buzo, dependenta de supermercado ,médico,

pasteleiro.Foi unha experiencia moi bonita e enriquecedora para os nen@s,

porque ademais de poder compartir cos seus papás unha mañá na aula

aprenderon moitas cousas novas.

43

ACTIVIDADES DAS CLASES DE 2 A 3 ANOS:

Dentro das actividades que facemos na escola, algunhas delas

desenvólvense exclusivamente nas clases de 2 a 3 anos, atendendo a

programación que facemos trimestralmente. As que fixemos ó longo deste

curso foron as seguintes:

EXCURSIÓNS:

Ó longo do curso facemos tres saídas, unha en cada trimestre:

Primeiro trimestre:

A primeiros de Novembro tiñamos pensado ir ó Pazo da Peregrina, pero

este ano este mes foi moi chuvioso, polo que tivemos que facelas cada clase

nunha semana distinta, pois o tempo nin sequera nos deu tres días seguidos

de bo tempo.

Aproveitamos para levar con nós a

Panchiño e recollemos follas, landras,

castañas e vimos cogumelos de

distintas formas e tamaños e tamén

aproveitamos para ir observando como

está a paisaxe no outono.Ó chegar a

escola estendemos a secar as follas

que apañáramos para que secasen,

pois aproveitariámolas para logo

facer a manualidade do Outono.

Segundo trimestre:

Aproveitando que no mes de

marzo estivemos a traballar a

unidade dos animais,tiñamos

previsto que a finais deste mes

fixéramos unha saída á granxa de

Tapia, pero tivemos que

pospoñela para principios do mes

44

de abril, xa que choveu moito durante todo o trimestre .Na primeira semana do

mes de abril e coincidindo coa entrada da primavera o tempo xa mellorou e

decidimos saír de excursión á granxa o día 9.Todos os nen@s acolleron a idea

con moito entusiasmo, xa que solo polo feito de ir en autobús era para eles

unha nova aventura.Ó chegar estivemos vendo as vacas e incluso algún se

animou a tocarlle, logo fomos a outras dependencias onde estaban os

cuchiños ( todos fillos/as das vacas que viramos antes), despois leváronnos a

ver as naves onde dentro de poucos días estarían 27.000 pitiños, a verdade e

que foi unha pena que este ano non nos coincidira a visita coa chegada dos

pitos, pero aínda así axudáronlle os encargados a prepararlle todo para cando

chegasen: estendéronlle con rastrillos a viruta polo chan, explicáronlle onde ían

comer e beber,puideron andar nunha carretilla… e puideron subir nun tractor

que tiñan na nave tod@s que quixeron, logo de visitar a nave na que estarían os

poliños fomos de novo onde estaban as vacas e aproveitando que estaban

comendo, puideron botarlle de comer e tocarlle .Para rematar a mañá tan

emocionante que acababan de disfrutar mentres esperábamos polo autobús

sentámonos a tomar unhas galletas e voltamos de novo á escola cunha

experiencia nova que contarlle ós papás.

Terceiro trimestre:

Xa para rematar este curso fixemos outra saída e foi a Trasmonte, que estaba

prevista para primeiros

de mes onde

celebramos o Día do

Medioambiente, pero

que tivemos que

pospoñer para finais

polo mal tempo da

primeira semana e na

que aproveitamos para

levar os carballos que

plantáramos a primeiros

do curso e

trasplantámolos nunha

leira que ten o Concello

alí en Trasmonte.

Acompañounos Patricia

que traballa en medioambiente no Concello e explicoulles ós nen@s como os

tiñamos que plantar, entre tod@s cavamos un rego e fómolos plantando un a

un. Tivemos que facer un rego moi longo pois este ano naceron moitos.Tod@s

se animaron, tanto a cavar coa legoña como a poñer na terra o Carballo. Foi

unha experiencia moi divertida e disfrutaron moito facéndoa.

45

Despois de traballar tanto na leira collemos de novo o autobús e levounos ó

campo da festa de Trasmonte, alí nada máis chegar, como xa víñamos cansos

tomamos unha bolsa de gusanitos e un zume e aproveitamos para descansar

un pouquiño.Despois de repoñer forzas xogamos coas pelotas, cos aros, a

facer carreiras…e despois de pasar unha mañá moi divertida ás 12 voltamos á

escola de novo para comer. Foi unha saída na que disfrutaron moito e na que

puideron repetir a experiencia de ir de novo en autobús.

SAMAÍN:

Este curso celebrámola festa do Samaín programando actividades na clase

como:

Falarlles un pouco sobre esta festa de orixe celta.

Trouxemos á clase cabazas de distintos tamaños,cores e formas e

decorámolas e baleirámolas.

Despois fixemos unha festa todos

xuntos , reunímonos nunha clase

que decoramos para ocasión con

todas as cabazas que decoráramos

e fixemos o “conxuro da queimada” ,

para facelo invitamos a dúas bruxas

que nos fixeron unha queimada con

zume de laranxa .Unha vez rematado

o conxuro e feita a queimada

puidemos probala todos con unha

música de fondo axeitada para a

ocasión ( “Mostros e demais” de

Mamá Cabra ).A nosa queimada particular estaba boísima e case todos

repetiron .

HORTA:

Este curso, igual que o pasado,

decidimos repetir a experiencia da

plantación e no primeiro trimestre, no

mes de outubro pedímoslle ós pais a

súa colaboración para que cada

nen@ trouxera un bulbo de francesilla.

46

Mentres ían chegando aproveitamos para irlle falando de cómo os iamos a

plantar,como irían medrando e finalmente como irían saíndo as flores…,e para

ilustralo fómoslle ensinando fotos de cómo serian ó final do proceso as

flores.Na semana do 19 saímos cada día unha clase ó patio de fóra a plantalos

bulbos no noso pequeno horto, e ó longo do trimestre fomos coidándoos:

saímos a arrancarlle as herbas malas,a regalos…Pero este curso este primeiro

trimestre foi moi chuvioso e frío , e aínda que logramos que floreceran algunhas

das plantas, non o fixeron todas as que plantáramos.

Tamén este curso decidimos continuar coa plantación de landras e na última

semana do mes de outubro tamén saímos a plantalas. Igual que o curso

pasado a finais de curso no Día do Medioambiente fixemos unha saída a

Trasmonte a unha leira que ten alí o Concello e transplantamos os carballos,

que este ano foron moitos xa que nos chegan para facer unha pequena

carballeira.

DIA DO PAI:

Este ano decidimos agasallar a papá cun chaveiro para que puidese levar as

chaves do coche, da casa, do garaxe…e para

facelo utilizamos barro, primeiro deixamos que

cada nen@ amasara un pouco unha bola para

ir abrandándoa para logo aplastala cun rodillo

e unha vez que a tiveron ben plana cada un

elixiu dentro dunha serie de moldes para darlle

forma ó chaveiro: coches, osos ,árbores,

barcos…logo deixámolos secar durante un día

ou dous e despois cada nen@ elixiu a cor no

que o quería pintar e logo de que secara as

profes barnizárono para que quedase máis

bonito.Unha vez que estivo feito e pintado as

profes puxéronlle un cordel sintético e unha

argola para poder enganchar as chaves, e

para rematar envolvémolo con papel celofán

de distintas cores. A verdade e que nos quedou un regaliño moi bonito e

orixinal e esperamos que a papá lle gustase .

47

DIA DA NAI:

O agasallo que este curso decidimos

facerlle ás mamás foi un salvamanteis,

que confeccionamos con blondas que

cada nen@ trouxo da súa casa. Cada

un pintou a blonda cos dedos con

témpera de distintas cores e unha vez

que xa estivo seca as profes

plastificárona e quedou feito un orixinal

e práctico salvamanteis, que cada

mamá poderá utilizar na sua casa á

hora da comida.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO:

Como todos os anos coa chegada do mes de xuño as clases de 2 a 3

fixemos o Festival de Fin de Curso para todos os nosos nen@s que se van da

escola. Celebrámolo o día 18 e comezámolo coa actuación dos nosos nen@s

que representaron a canción de Trasnos Máxicos “Imos á praia”.

Ambientamos o escenario con escenas

propias destas datas nas que nos imos ir

de vacacións e a primeira clase en saír foi

“A” que ían vestidos cun pantalón curto

vaquelo e unha camiseta de cor vermella

e cunha gorra e que ocuparon a parte do

escenario na que había unha terraza. A

seguinte en saír foi “B” vestida cun

pantalón curto vaquelo, con camiseta

verde e cun caldeiro e unha pala e que

ocuparon a parte do escenario na que

había un areeiro. A terceira foi “C”

vestidos cun pantalón curto vaquero, con

camiseta azul e con manguitos e

ocuparon a parte do escenario na que se

ambientaba a praia. Mentres íamos

saíndo Emilia lía un texto alusivo ó noso

paso pola escola este curso e que agora

xa remataba cunha música de fondo das olas do mar.Unha vez todos no

escenario escenificamos a canción de Trasnos Máxicos que falaba de todas as

48

cousas divertidas que imos facer nas vacacións.

Unha vez rematada a actuación sentámonos todos nas butacas e

disfrutamos da proxección dun video das actividades que levamos a cabo ó

longo de todo o curso.Despois o coro de Bertamiráns cantounos dúas

cancións moi divertidas e unha vez remataron as profes entregámoslle os

diplomas de Graduados no 1º ciclo da E.I na escola Infantil “O Bosque” a todos

os nen@s e o alcalde un agasallo de parte do Concello. E para rematar

merendamos todos xuntos.

O CACHO:

Xa chega a noite de San Xoán e

na escola celebrámolo cacho. Di a

tradición que na noite de San Xoán

as plantas acadan o mellor das súas

propiedades máxicas, por iso as

recollemos e poñémolas nun

caldeiro con auga de sete fontes e

deixámolas ó orballo da noite do

mércores 23 e o venres pola mañá

lavamos a cara con esa auga e así

poder ter sorte o resto do ano.

Cada nen@ trouxo da súa casa as

herbas e prantas que puido e tamén auga das fontes e entre todos metémolas

nun barreño e botámoslle a auga e despois deixámolo barreño fóra e o venres ó

chegar pola mañá todos quixeron lavala cara coa auga para poder ter sorte e

espantalas meigas.

ANIVERSARIOS:

O día no que celebramos os

aniversarios na escola é os xoves,

polo que o xoves de cada semana

celébranse os aniversarios de todos

os nen@s que cumpren anos nesa

semana.

Gelucha, a nosa cociñeira, fainos

un biscoito, que nos serve para

49

celebrar unha pequena festa e no que colocamos as velas. Ó protagonista

poñémoslle unha coroa e unha vez que rematamos de cantar “Parabéns”

sopra as velas e sacámoslle unhas fotos que logo levará para a casa nunha

postal ,na que firmamos todos coa pegada dos nosos dedos , como recordo

deste día.Tamén levará a coroa e un globo decorado para á casa.

O LIBRO DE PANCHIÑO:

Panchiño é a nosa mascota.É un canciño de peluche que nos acompaña nas

actividades da clase: conversa cos nós,celebra os

aniversarios, vai a psicomotricidade.ó video…

Cada mércores acompaña a un nen@ á súa casa

para coñecela sua familia. E cada venres vai con outro

nen@ a pasar a fin de semana e leva consigo un

pequeno libro no que lle pedimos as familias que

colaboren poñendo unha foto e un pequeno

comentario no que nos contan o que fixo Panchiño e o

nen@ ó longo da fin de semana. No libro as mestras

tamén cubrimos algunha das follas con actividades que realizamos ó longo do

curso: saídas, magosto,clase de psicomotricidade, informática.Ó rematar o

curso no mes de xuño Panchiño e o seu libro voltarán a casa de cada nen@

para que as familias o poidan ver rematado.

PSICOMOTRICIDADE:

Un día á semana tócanos

disfrutar da sala de

psicomotricidade. Cando

chegamos sacámolos zapatos e

xogamos a subir polas escaleiras

e baixar pola rampla, saltar

dentro e fora dos aros, meternos

polo túnel,pasar polas pezas

rugosas sen pisar o chan,xogar

cos churros… e moitas outras

actividades que preparan as

mestras e educadoras.

50

SALA DE ORDENADORES.

Na escola temos unha sala na que hai dous ordenadores e a partir do

segundo trimestre podemos ir un día por semana. Imos unha de nos con catro

nen@s e tratamos de que se vaian

familiarizando coas novas

tecnoloxías.

Temos varios xogos adaptados

para estas idades, un deles,feito na

escola, contén as caras de todos os

nen@s da clase e sérvelles para

identificar polos seus nomes a

tódolos compañeiros da clase.

VIDEO:

Tamén un día por semana podemos ir a ver unha película ó video. Intentamos

que teña relación cos temas que estamos a tratar na clase.

O LIBRO DAS CORES:

E unha experiencia que realizamos ó longo de todo o curso,e que consiste

en ir plasmando nun pequeno libro as cores e relacionándoas coas diferentes

técnicas da plástica e algúns dos conceptos que estamos a traballar.

Neste libro facemos distintas actividades relacionando as cores con

formas,conceptos, a través de diferentes técnicas…:

Pintamos con ceras.

Enrugamos papeis e pegámolos.

Pintamos con esponxas,con pinceis coas mans

Pegamos papeliños, plastilina, cartóns….

Mesturamos pinturas con outros materiais…

Todas estas actividades recóllense nun libro e ó rematar o curso cada nen@

leva o seu para a casa.

51

A experiencia consiste en catro libros que se corresponden cas catro cores

traballadas.

1º trimestre: libro da cor amarela.

2º trimestre: libro da cor vermella e azul.

3º trimestre: libro da cor verde.

MOMENTO DO CONTO.

Todos os días dedicamos un momentiño

para contar un conto,comentar unhas láminas

ou fotos, observar e falar sobre un mural, ver

contos ou revistas…momento que

aproveitamos para traballar a linguaxe e no

que os nen@s se poden expresar libremente e

no que intentamos fomentar o diálogo e a

comunicación.

XOGO LIBRE:

Ó longo do día non todo son actividades dirixidas, xa que tamén temos

momentos nos que os nen@s poden xogar libremente, baixo a vixiancia das

educadoras : con pezas de construción, coa cociña e os cacharriños, cos

coches e os garaxes, coas bonecas,cos Instrumentos, coa roupa….

SAÍDA Ó PATIO:

Despois de traballar un pouco na clase e de tomar unha galleta e auga, a

media mañá saímos ó patio, se o tempo o permite saímos ó de fóra e se non

imos o patio de dentro. Se podemos saír a fóra aproveitamos para xogar coa

area,cos caldeiros ,cas palas, no tobogán, na casiña…e se temos que quedar

dentro tamén temos moitos xoguetes como as motos, os coches, as bicis,

pelotas…

HORA DA COMIDA, CEPILLADO DE DENTES E SESTA:

Estas tres actividades entran dentro das rutinas diarias da escola, e a medida

que foi pasando o tempo xa as ían interiorizando e tendo, máis ou menos

claro,como debían comportarse en cada situación.

52

Cando chega a hora da comida

colócanse todos os que lles toca comer

nun tren e van cara o comedor

cantando a canción do tren, ó chegar

séntanse e poñémosllos os babeiros e

xa se poñen a comer. Intentamos que

coman soiños, aínda que este ano, non

estiveron moito pola labor, e houbo que

axudarlle á maioría. Dicir tamén que ó

longo do curso xa case todos pasaron a

comer de garfo.

Unha vez rematada a comida e despois de lavala cara, saian ó patio e íanse a

unha clase con unha educadora ata que rematan todos de comer, unha vez

que xa estábamos todos cada educadora levaba s seus nen@s para a súa

clase tocaba cepillar os dentes , aínda que este curso debido ó protocolo de

actuación nos centros escolares ante a gripe A a Consellería de Educación e

Ordenación Universitaria recomendaba “ eliminar temporalmente a rutina do

lavado dos dentes”,polo que a nosa escola tamén se ativo a esta medida e non

se cepillaron os dentes .

Ó rematar de comer e

xa cada un na súa clase

tocaba a hora da sesta,

para todos aqueles que

durmiran na escola,

sacaban o mandilón e os

zapatos e deixábanos na

percha de cada un e

despois ían ó baño a

facer pis e a poñer o

cueiro todo aquel que o

necesitase para

durmir,logo saiamos da

clase nun tren caladiños

para ir á clase onde se durme.Ó entrar cada un ía dereito á súa cama e

tapábase coa sua manta e durmían con música relaxante , acompañados por

dúas educadoras.

Aparte destas actividades que realizamos mais a nivel grupal, tamén

realizamos outras en función das unidades didácticas que contemplamos nas

nosas programacións trimestrais e van distribuídas por meses:

53

PRIMEIRO TRIMESTRE:

SETEMBRO:

Empezamos o curso co mes de setembro e dedicámosllo integramente ó

período de adaptación.

Como outros anos este resulta o mes mais “ duro “, tanto para os nen@s

coma para as educadoras, xa que para algúns esta é a primeira experiencia

coa escola, e polo tanto é a primeira vez que se separan das suas familias para

pasar unhas horas nun contorno descoñecido para eles.E para os que xa

estiveron a ano pasado con nós , tamén lle supón cambios, pois estarán

noutras clases e ó mellor con outras educadoras, polo que tamén necesitan un

período para ir adaptándose á nova situación.

Ó longo deste primeiro mes do curso dedicámonos a facer actividades

encamiñadas á coñecernos entre nós, a entreter, á diversión,ó xogo…polo que

non foron actividades moi estructuradas e a programación foi moi flexible e

fómola modificando según as circunstancias.

O noso obxectivo fundamental foi a satisfacción das necesidades básicas:

alimentación, hixiene, saúde, descanso e afectividade. Ademais de todo isto

pretendemos motivar ós nen@s no desnvolvemento de tódalas súas

capacidades.

Algunha das actividades que realizamos foron:

Presentamos á nosa mascota o canciño Panchiño que nos acompañou

en todas as actividades que fixemos ó longo deste curso.

Deixamos que os nen@s se movan libremente para que poidan entrar en

contacto cos distintos espazos,

materiais, xoguetes…

Sentámonos no chan en asamblea

para ir coñecendo os nomes dos

compañeir@s e das educadoras.

Fomos ó patio de fóra sempre que

se poida, e alí xogamos ó aire libre

coas carretillas, cos caldeiros, coas

54

palas, coa area…

Intentamos identificar a nosa foto na percha e irnos familiarizando co seu

sitio, pois alí gardamos as nosas pertenzas durante todo o curso.

Escoitamos música, cantamos e bailamos o seu ritmo.

Pintamos con distintos materiais: ceras, temperas, pincel…, xa sexa en

folio ou nun papel grande.

Facemos encaixables.

Xogamos no patio de dentro cos

coches, na casiña, no tobogán, nas

bicis, nas motos…

Fixemos unha “excursión” por toda

a escola, para coñecer os outros

compañeiros mais pequenos, as

educadoras, a cociñeira..e todas as

dependencias que forman a nosa

escola.

Empezamos a sentarnos no pupitre e a facer distintas actividades como

pintar,ver contos, facer encaixables…

Unha vez que rematemos de xogar axudamos a recoller os xoguetes.

Contamos contos.

Tratamos de ir adaptándonos as rutinas de alimentación, hixiene,

descanso e xogo que teremos na escola.

Intentamos crear en todo aquelo

que fagamos un clima de

seguridade, de afecto, de cariño…,

potenciando sempre o contacto

físico a través de abrazos, bicos…

Ó rematar este período fixemos

dúas manualidades moi sinxeliñas

que nos serviron para ir coñecendo

mellor á nosa mascota Panchiño:

55

Unha manopla onde aparecía a imaxe de Panchiño, na que os

nen@s lle puxeron gomets para decorala un pouco.

Un marco coa foto de Panchiño con cada nen@, o que cada un

decorou coa pegada dos seus dedos .

OUTUBRO / NOVEMBRO:

Aínda que o mes de setembro é mes dedicado ó período de adaptación,

durante o de outubro aínda houbo algúns que outro nen@ que lle resultaba

difícil adaptarse e mostrábase triste, polo que tramos de ser flexibles.Ó longo

do mes de outubro e primeira quincena de novembro traballamos a unidade “

a escola”, desenrolando as seguintes actividades:

Ambientámola clase en función da unidade que estamos a tratar para que

resulte motivadora.

Empezamos co establecemento de rutinas diarias e tódolos días ó chegar

sentámonos no recuncho das conversas: saudámonos, nomeamos os

nen@s que non están,conversamos sobre o tempo e colocamos o

distintivo que o represente…

Presentamos a nosa mascota Panchiño e contaremos o conto “As

cousas de Panchiño”.

Conversamos sobre o poster: A escola.

Conversamos sobre a escola e as súas dependencias.

Facemos unha visita polas dependencias da escola: outras clases, patio,

clase de psicomotricidade, sala dos ordenadores, cociña… e falamos do

que se fai nelas e coñecemos outras educadoras e compañeir@s.

Xogamos a encontrar na clase cousas duras e brandas, saltaremos nun

colchón brando e despois no chan,miraremos que partes do noso corpo

son duras e brandas.

Empezamos a identificar a cor amarela.

Preparamos o “ recanto da cor amarela”.Pediremos as familias que nos

traian cousas desta cor e nos tamén as buscamos no material que temos

na clase e poñerémolas todas neste recanto.

Empezamos co Libro da Cor Amarela.Este libro fixémolo ó longo deste

trimestre.

Traballamos a discriminación e o recoñecemento do círculo:debuxamos

circulos con xiz no chan e no encerado, modelamos plastilina facendo

churros e formando logo círculos,facemos círculos con fíos de la,

xogamos con aros…

Buscamos círculos entre todos os bloques lóxicos.

Debuxamos distintas formas no chan da clase e pedirémoslle ós

56

nen@s que se metan dentro dos círculos.

Traballamos sobre os distintos tamaños dos obxectos: grande-pequeno:

buscaremos cousas na clase que sexan grandes e pequenas,agruparemos

obxectos (botóns, pedras) según o seu tamaño,damos pasos grandes

coma os elefantes e pequenos coma as formigas

Facemos actividades diversas para estimular a expresión libre do trazo:

trazamos coa man movementos no espazo, garabateamos sobre

area,serrín,fariña,debuxamos libremente no encerado.

Ensartamos pezas.

Pintamos con esponxas, ben en folio ou en papel continuo.

Escoitamos a canción “Imos para a escola”. Tocamos a pandeireta forte ou

frouxo segundo indique a educadora.

Traballamos sobre elementos iguais e diferentes: buscamos na clase,

sacamos obxectos de dentro dunha caixa, colocamos varios obxetos

dentro dun círculo e vemos cales son iguais

Traballamos sobre a noción espacial: dentro-fóra.Exploramos o noso corpo

con algunha actividade de psicomotricidade (meterse dentro dun

barreño…),metemos e sacamos determinados obxectos nunca caixa…

Falamos sobre cando empezamos a andar, escoitámola canción “Agora xa

ando” e aprendémola.

Traballamos co libro “A miña historia” e conversamos sobre cando os

nen@s empezaron a andar.

Contaramos o conto “Riciños de ouro” e traballamos sobre el.Despois

poderano levar para a casa.

Observamos a lámina de arte “A Avoa e a nen@ nun banco do parque” e

falamos sobre ela.

Falamos sobre o corpo e as partes da cara a boca, as meixelas, o pelo…e

facemos os traballiños correspondentes.

Traballamos o Libro das Emocións os termos triste e contento.

Realizamos movementos libres a partir da canción “Os fantasmas”.

Participamos en xogos colectivos como “As estatuas”.

Imos á clase de psicomotricidade e seguimos as ideas que nos da a guia

do método para tratar distintos temas.

Experimentamos con pinturas , pintando en papel continuo ou en folio.

Recoñecemos a foto na percha donde gardaremos as nosas pertenzas.

Escoitamos diversos sons e logo en silencio relaxámonos.Introduciremos

fragmentos de música clásica.

Celebramos o Samaín.

Celebramos os aniversarios .

Imos ó vídeo unha vez á semana.

Panchiño acompañará a cada nen@ á

sua casa unha fin de semana.Xunto

57

con Panchiño enviaremos o Libro de Panchiño no que pediremos ás

familias a sua colaboración para que vaian cubrindo a páxina que se lles

indica,contándonos como resultou a experiencia.

Facemos a nosa plantación particular: plantaremos un bulbo de francesilla

e tamén landras ( trasplantaremos os carballos o Día do Medio Ambiente) .

NOVEMBRO/DECEMBRO:

Coa chegada do mes de Xaneiro empezamos o segundo trimestre, despois das

festas de Nadal os nen@s chegan á escola con moito que contar: os xoguetes

que lle trouxeron os Reis e Papá Noel,o colorido que viron nas rúas,a

decoración que puxeron nas suas casas para estas festas…, polo que

aproveitaremos esta circunstancia para traballar sobre os xoguetes: as suas

calidades (cor, forma, material, texturas…),os hábitos que implican

(coidalos,ordenalos,compartilos…)

Xa nos atopamos en pleno outono, o que conleva uns cambios no noso

contorno, polo que durante o que queda deste mes de novembro e parte do de

decembro traballamos na unidade do outono. E xa coa chegada do mes de

decembro traballamos sobre unha festa tan esperada polos cativos como é o

Nadal.

As actividades que realizamos relativas a estes dous centros de ínterés foron:

Decorámola clase de acordo co tema que estamos a tratar.

Seguimos insistindo no establecemento das rutinas: saúdo ó

entrar,despedida á saída,conversa, facemos actividades, tomámola

galleta,imos ó retrete, saímos ó patio, relaxámonos escoitando

música,xogo libre nos recunchos, cambio de cueiros quen o precise,

preparámonos para a comida, imos ó comedor, cepillamos os dentes,

durmímola sesta…

Celebrámola festa do Magosto.

Facemos unha/as receitas de cociña para aportar á festa.

Empezamos a preparar a saída ó Pazo da Peregrina e aproveitaremos

esta saída para ir

facendo comentarios

sobre a Seguridade

Vial.

Saímos de excursión ó

Pazo da Peregrina e

aproveitamos para

observar os cambios

que se dan na paisaxe

coa chegada do

58

outono: recollemos follas que caeron e xogamos con elas, observamos

as árbores espidas…

Traemos á escola entre todos froitos típicos do outono:mazás,granadas,

uvas, noces,castañas…e aproveitaremos para tocalas, pelalas e probalas

Traemos espigas de millo e debullámolas.

Metemos os grans en botes e escoitamos o ruído que fan.

Unha vez que debullámolo millo aproveitamos os carozos para facer

construcións.Tamén os clasificaremos según o seu tamaño, botámolos

dentro dunha caixa ou poñémolos fóra…

Traemos piñas e pintámolas de distintas cores e despois servirannos para

decorar a clase.

Observaremos como segue o noso horto: se xa van saíndo os bulbos,se

teñen falta de regar, de sacarlle as herbas malas…

Faremos comentarios sobre láminas onde aparecen roupas de abrigo

que poñemos cando chega o frío.

Pegamos materiais de distintas texturas de cor amarela nunca cartolina e

poñémola no recanto da cor amarela.

Escollemos follas na rúa que sexan de cor amarela e pegámolas nun folio.

Buscamos por toda a clase cousas desta cor.

Seguimos facendo o libro da cor amarela.

Facemos actividades para distinguir dentro-fóra.

Falamos de cómo imos medrando: xa camiñamos soiños,comemos co

garfo,bebemos polo vaso, non usamos o chupete…e comparémonos

cos bebés e un día imos a visitalos á sua clase para ver o diferentes que

somos.

Facemos os traballiños que hai no método relacionados co outono.

Escoitamos as cancións relacionadas co outono.

Seguimos facendo actividades nas que teñamos que clasificar obxetos

segundo sexan grandes ou pequenos.

Pintámolas nosas mans con pintura de cor amarela e estampámolas nun

cacho de papel continuo.

Xogamos con papeis de xornal:rachámolos e escoitamos o ruído que

fan,arrúgamolos,facemos un camiño na clase e imos por el sen pisar

fóra,facemos bolas e xogamos con elas a metelas dentro dunha

caixa,tapámonos con eles…

Buscamos por toda a clase e clasificamos o material que temos segundo

sexa duro ou brando.

Collemos botellas valeiras de auga e botámoslle auga mesturada

Poñemos gomets de cor amarela nunha man e doutras cores na outra e

os nen@s deberán levantala man na que teñan o gomet amarelo.

Collemos a caixa dos instrumentos e facemos sonidos fortes e débiles

Seguimos indo á clase de psicomotricidade unha vez á semana, e tamén

59

ó video e á sala de ordenadores.

Pintamos no encerado con ceras de distintas cores.

Mirámonos no espello e recoñecemos elementos da cara: ollos,meixelas,

boca cabelo…

Xogamos con plastilina da cor amarela.

Ensartamos pezas de distintas formas nun cordel.

Seguimos disfrutando de Panchiño na casa de cada un.

Celebrámolos aniversarios cunha pequena festa.

Comentamos murais,

láminas,fotos…sobre

o Nadal. Preparamos

a nosa “actuación”

para o Festival de

Nadal.

Escoitamos e

cantamos panxoliñas.

Conversamos sobre a

celebración destas

festas: todo o noso

contorno énchese de

luz e colorido,hai

árbores de Nadal por

todas partes,hai un ambiente festivo ó noso arredor…

Facemos os traballiños que temos no método relacionados con esta

temática.

Facemos unha manualidade para o Nadal.

Conversamos sobre a costume de facer agasallos no Nadal e a de

felicitar as festas.

Falamos sobre as nosas familias con quen imos pasar estas Festas e

comparámola coa familia de Panchiño, xa que os animais tamén teñen

familia.

Traemos á clase doces típicos do Nadal e manipulámolos e probámolos.

Utilizámolos instrumentos musicais e facemos énfase nos que son típicos

destas datas:a pandeireta.

Rematamos o libro da cor amarela.

Conversamos sobre o inverno e traemos á clase distintas fotos

debuxos…onde aparezan paisaxes típicos desta estación.

Falamos da roupa que poñemos para abrigarnos nos días de frio.

Obedecemos á hora de facer os recados que nos mande a profe: traer

cousas pequenas,grandes, redondas, de cor amarelo…

Facemos sons co corpo: aplaudimos, damos golpes cos pes no

chan,asubiamos, gritamos…

60

SEGUNDO TRIMESTRE:

XANEIRO/FEBREIRO:

Coa chegada do mes de Xaneiro empezamos o segundo trimestre, despois das

festas de Nadal os nen@s chegan á escola con moito que contar: os xoguetes

que lle trouxeron os Reis e Papá Noel,o colorido que viron nas rúas,a

decoración que puxeron nas súas casas para estas festas…, polo que

aproveitaremos esta circunstancia para traballar sobre os xoguetes: as súas

calidades (cor, forma, material, texturas…),os hábitos que implican

(coidalos,ordenalos,compartilos…).

Unha vez rematada esta unidade e xa no mes de febreiro e coincidindo co

Entroido, aproveitamos para falar e traballar sobre esta festa, na que os nen@s

disfrutan tanto.E para traballar sobre estes dous temas realizamos as seguintes

actividades:

Retiramos todos os adornos do Nadal e decoramos a clase con motivos

alusivos ó inverno, estación que comezou a finais do mes pasado.

Conversamos sobre a lámina desta unidade. Os xoguetes.

Contamos o conto “Panchiño é moi brincador” e ó rematar a unidade

cada nen@ levará o seu para a casa.

Xogamos a identificar texturas: sentarémonos en círculo e no medio

poñeremos varios xoguetes de diferentes materiais , irán collendo un a un

e falaremos sobre o material do que está feito.

Traballamos coas láminas de hábitos, concretamente coa de ordenar

xoguetes e reflexionaremos sobre ela. Acompañamos esta tarefa de

recoller os xoguetes coa canción“Eu teño un xoguete ”.

Escoitamos o conto “ O parrulo feo” e responderemos a diversas

preguntas sobre el.

Introducimos a cor vermella.

Empezamos o libro da cor vermella.

Preparamos o recanto da cor vermella, para o que pediremos a

colaboración dos pais para que nos traian obxetos para a clase desta cor.

Clasificamos obxectos que encontremos pola clase segundo sexan de

color amarelo ou vermello.

Traballamos a forma cadrada, a través de actividades previas de

manipulación observación e exploración.

Xogamos a diferenciar obxectos de forma redonda que poidamos

encontrar pola clase dos que sexan cadrados.

Comparamos obxectos e diferenciámolos segundo a sua

61

lonxitude.Introducimos o concepto de longo/curto.

Introducimos o trazo de liñas verticais a través de distintas

actividades:realizamos o movemento de arriba abaixo coa

man,poñeremos na parede un cacho de papel continuo e trazaremos

liñas con xiz de colores que despois os nen@s deberán repasar…

Escoitamos a canción “Eu teño unha boneca” e intentaremos memorizala

para despois cantala todos xuntos.

Aproveitando que estamos a falar dos xoguetes, intentaremos que

memoricen os versos da rima tradicional “Arre cabaliño”.

Traballamos a expresión plástica pintando con diversos utensilios: coas

mans, con cepillos de dentes, con esponxa…

Traballamos o concepto igual/diferente a través de distintas actividades.

Traballamos sobre as nocións espaciais enriba/debaixo con diversas

actividades corporais para que os nen@s experimenten estas nocións co

seu corpo e despois pedirémoslles que as apliquen a outros obxetos.

Traballamos sobre unha parte do noso corpo en concreto: as mans.

Conversamos a cerca das cousas que podemos facer coas mans: tocar

,coller, fregar…e deixaremos que se expresen libremente e

aproveitaremos para escoitar a canción “Frega as túas mans” do CD.

Traballamos a lámina de hábitos de autonomía persoal sobre lavarse as

mans.Intentaremos inculcarlle o costume de lavar as mans sempre que

as teñamos porcas.

Escoitamos a canción “As mans baixo a billa” que atoparemos no CD.

Seguimos co Libro da Miña Historia nas páxinas referentes ó tema de

estar sucio (pax. 5 e 6).

Facemos as fichas referentes as mans que temos no libro do corpo (pax

7, 8 e 9).

Traballamos sobre o libro das emocións o concepto de estar triste.

Comentamos a lámina de arte: can, paxaro,coche con bebé , xoguetes

deseñados por Alexander Calder.

Empezamos durante este mes a ir á sala de ordenadores, na que

poderán experimentar coas novas tecnoloxías: tomar contacto co

monitor, co teclado, co rato...

Seguimos indo unha vez por semana á clase de psicomotricidade e

seguiremos as indicacións que se nos dan na guia do método.

Imos tamén ó video e intentaremos ver películas relacionadas co tema

que estamos a tratar.

Dedicamos todos os días un tempo importante ó xogo libre, vixiado polas

profes para acostumalos a compartir, a esperar,a non pelexar,a

desensenvolvela imaxinación co xogo simbólico…

Celebámolo Día da Paz o 30 de Xaneiro.

62

Presentamos o tema do Entroido explicándolle ós nen@s que facemos

nestas festas: pintámonos a cara, poñemos roupas distintas as que

poñemos o resto do

ano…

Presentamos murais e

fotos nas que aparece

xente disfrazada e

pintada.

Traemos á clase os

disfraces e animamos a

todos os nen@s a que se

disfracen.Intentaremos

que eles poñan e saquen

as roupas coas que

queren disfrazarse.

Unha vez que estamos

disfrazados e pintados mirámonos ó espello para ver o guapos que

estamos.

Probamos alimentos típicos destas datas: Filloas, orellas…

Traballamos na confección do noso disfraz.

Celebramos unha merenda de Entroido xunto coas nosas familias na que

vimos todos disfrazados ( papás, mamás, irmáns,profes…) e na que o

pasamos moi ben.

Traemos á clase confeti,globos,serpentinas e xogamos todos xuntos con

eles.

Probamos alimentos doces e salgados.

Para distinguir texturas diferentes manipulamos obxectos rugosos, lisos,

frios, quentes, suaves, ásperos…

Escoitamos música típica destas festas e bailamos ó seu ritmo.

Agrupamos obxectos e xoguetes atendendo ó seu tamaño: grande,

mediano e pequeño.

Facemos xogos de ensartar,enroscar…

Imos visitar o noso horto e coidamos que as prantiñas medren bonitas.

Facemos xogos nos que teñamos que discriminar as cores vermella e

amarela: vexo vexo ¿Qué ves?.

Imos ó recuncho da cor vermella e nomeamos todos os obxectos que

cada nen@ trouxo da súa casa.Serviramos para traballar a cor e para

tocar e nomear distintas texturas.

Facemos xogos na clase nos que discriminemos entre a forma cadrada e

a redonda.

Pintamos no chan un cadrado e un círculo e pedirémoslle ós nen@s que

se metan dentro do cadrado, fóra do círculo…

Pintamos nun folio cadrados e círculos amarelos e vermellos.

63

MARZO:

O tema que traballamos ó longo deste mes de marzo foi o dos animais, un

tema que esperta nos nen@s moita curiosidade, xa que é un elemento do

contorno moi atractivo para eles e do que falamos ó longo de todo o curso,

pero no que faremos máis fincapé e o que prestaremos maior atención ó longo

deste mes.

Ó longo destes días aprenderemos moitas cousas sobre os animais: cómo

viven,qué comen,cómo dormen e todo o que teña relación con eles. Ademais

de introducir a forma do triángulo e a cor azul.

Para traballar este tema realizamos as seguintes actividades:

Decorámola clase para traballalo tema dos animais.

Conversamos sobre a lámina: “ Os animais “.

Contamos o conto “ Os amigos de Panchiño “, no que Panchiño vai

atopando animais que son amigos seus.

Pegamos por a clase láminas de animais e aproveitaremos para xogar ó

xogo do “ vexo, vexo..” e aproveitaremos para repasar as cores que

vimos ata o de agora.

Pedímoslle a colaboración dos pais para que cada neno traia á escola a

foto dun animal e facemos un pequeno libro sobre eles.

Rasgamos papeis de xornais e de revistas en anacos pequenos.

Traballamos sobre a lámina de hábitos sociais: saber formar unha fila.A

canción “ O tren” ( pista 29 do CD) axudaranos.

Introducimos a cor azul.

Facemos o “ recanto da cor azul” con obxectos que traerán os nen@s

das súas casas.

Deixamos que os nen@s manipulen e observen diferentes fotografías de

animais e que despois nos expliquen algunha característica sobre eles.

Podemos traer á clase algún animal que teñan na casa de mascota e que

poidan observar e coidar sen ningún tipo de perigo: un paxaro,un

hamster, un peixe…

Introducimos a forma triangular e repasamos a circular e a cadrada.

Deixamos que os nen@s manipulen obxectos de forma triangular:pezas,

bloques lóxicos,o triángulo musical,triángulos feitos en cartolina…

Facemos un triángulo grande e deixarémolo colgado na clase mentres

traballemos esta forma.

Trazamos triángulos no encerado, no chan,en fariña, en area…

Facemos triángulos con tres paos,con lapis, escarvadentes…

Xogamos cos bloques lóxicos e distinguiremos entre circulos, cadrados e

64

triángulos.

Facemos no chan un ou varios triángulos.

Traballamos a medida alto/baixo mediante as pezas de contrucción

facendo torres altas e baixas.

Aproveitamos a lámina dos animais que temos colgada na clase para

comentar as diferenzas de altura que vemos.

Faremos distintas actividades para introducir o trazo de liñas

verticais:repasarán as liñas pintadas no encerado,trazaremos camiños

horizontais en area, fariña, serradura…,poñeremos un papel de envolver

na parede e marcaremos o punto de inicio para que practiquen o trazo

horizontal…

Escoitamos a canción “ O elefante “ (pista 5 do CD) e aprenderémola.

Traballamos sobre as relacións lóxicas: a mesma dirección.Xogaremos ó

xogo da araña,xogaremos con coches que vaian na mesma

dirección,miraremos todos na mesma dirección, observaremos a lámina

dos animais e diremos os que van na mesma dirección…

Memorizamos o poema “ A fala dos animais”.

Traballamos a noción espacial. diante/detrás con distintas actividades.

Traballamos os hábitos de autonomía persoal: ¡ A vestirse!, conversamos

sobre a lámina e deixamos que practiquen.Escoitamos a canción “ Ao

saír da casa “ (pista 24 do CD).

Contamos o conto “ O caracol” e despois compoñeremos as catro

viñetas e poderano levar para a casa.

Comentamos a lámina de Arte: “ O neno e o año”.

Desprazámonos como o farían os distintos animais e tamén camiñaremos

como o faría unha formiga ou un elefante.

Traballamos o corpo : de cara e de costas.

Traballamos o libro das emocións: axudar, cooperar e compartir.

Escoitamos a audición “ O lago dos cisnes “ de Tchaikovsky.

Xogamos ó xogo do rato e o gato,escoitamos a canción (pista 46 do CD

).

Falamos da nosa mascota Panchiño sobre: que animal é, que son fai, de

que color é,como é…

Celabámolo Día do Pai e facémoslle un regaliño:un chaveiro de barro.

Preparamos a saída a granxa de Tapia.

ABRIL/MAIO:

Ó longo do mes de abril e primeiros de maio traballamos a unidade dos

alimentos : que comemos, onde os compramos, cómo comemos…, este tema

tamén nos permitiu realizar algunhas experiencias sensoriais como distinguir

entre frio/quente, doce/ salgado…

65

Insistimos no hábito de comer de xeito autónomo: que utilicen os

cubertos,que coman sentados na cadeira sen levantarse, que mastiquen ben

antes de tragar…E como hábito social valoramos o silencio

As actividades que realizamos foron as seguintes:

Ambientámola clase de

acordo co tema que imos

traballar.

Este mes levamos a cabo

as Xornadas de portas

Abertas, nas que

poderán participar todos

os pais/nais ou familiares

que así o desexen e

dedicarémolas as

profesións.Se fose

necesario poderiamos

prolongar a actividade durante a primeira semana do mes de maio.

Colgamos na clase a lámina correspondente ós alimentos e deixarémola

mentres traballemos a unidade.

Observamos a lámina e conversamos cos nen@s sobre o tema que nos

propón.

Contamos o conto de “Panchiño ten fame”. E logo cada nen@ leva o seu

para a casa, para que seus pais llo poidan contar.

Distinguimos entre os sabores doce e salgado, levamos á clase un prato

con azucre e outro con sal e deixamos que os proben.Tamén levamos

alimentos doces e salgados. Conversarmos sobre cales prefiren.

Ensinamos fotografías sobre distintos alimentos para que os recoñezan e

os identifiquen.

Pedirémoslle a cada nen@ que traia fotografías ou recortes de distintos

alimentos e despois faremos un mural nos que os dividiremos nos

distintos grupos: lácteos, verduras, froitas, carnes, pescados…e

colgarémolo na clase.

66

Traemos á clase

distintos tipos de

alimentos:

galletas, froita,

chocolate, pan,

iogurt,

leite…,cos ollos

pechados

identificaranos e

despois

poderanos

probar.

Conversamos

sobre as catro

comidas

principais que

facemos ó longo do día: almorzo,comida,merenda e cea, e falaremos

sobre o que podemos comer en cada unha.

Podemos facer unha receita moi sinxeliña cos nen@s e despois

probámola.

Traballamos o hábito de saber estar en silencio, para poder traballalo

pediremos ós nen@s que estén calados para poder escoitar os sons que

nos rodean: o timbre, os nen@s no patio, o teléfono…

Seguimos afianzando o recoñecemento do triángulo, que introducimos na

unidade anterior.

Traballamos as diferentes magnitudes cuantitativas dos obxetos:

moitos/poucos, mediante distintas experiencias.

Traballamos o trazo horizontal.

Pintamos con iogurt de distintas “cores”: chocolate, amorodo e limón e

pintaremos sobre cartolinas brancas de forma libre e coas mans.

Escoitamos a canción “Comemos de todo” de Toneti na pista 6 do CD.

Facemos encaixables e relacionaremos a imaxe coa sua sombra.

Traballamos as nocións espaciais: aberto/pechado, con distintos

obxectos que podamos abrir e pechar (portas, ventás,botellas,caixas…).

Pintamos con pintura doce.

Traballamos sobre os hábitos de autonomía persoal e conversamos sobre

a lámina “xa como só” e escoitamos a canción “Abro a boca” que

atopamos na pista 25 do CD.

Seguimos completando o “Libro da miña historia”nas páxinas 9 e 10

relativas a o tema da comida.

Contamos o conto popular “Os sete cabritiños e o lobo” e

mostrarémoslles as láminas das ilustracións.Despois confeccionámoslle o

conto coas catro viñetas e poderano levar para a casa.

67

Conversamos sobre a lámina de arte “Neno comendo uvas” de Joaquin

Soraya.

Escoitamos a canción “Sons do corpo” na pista 38 do CD e pedímoslles

que intenten facer sons coas diferentes partes do corpo que se nomean.

Traballamos a páxina 13 ,14 e 15 do Libro das emocións das habilidades

sociais e o medo.

A mediados de mes trasplantamos os bulbos dos

tulipáns para poder plantar chicharos e leitugas.

Seguimos co Libro da cor azul.

Celebrámolo Día do libro.

Falamos sobre a Pascua e faremos unha

manualidade.

Seguimos indo ó video ,a psicomotricidade e á

sala de ordenadores unha vez por semana.

MAIO/XUÑO:

Durante este mes maio e primeiros de xuño imos traballar a unidade do

xardín , xa que acaba de empezar a primavera e aproveitamos esta

circunstancia para observar os cambios no tipo de animais, de flores,de olores,

de sons…que podemos atopar no xardín.

Aproveitamos o comezo do verán para observar o noso contorno e

trataremos de percibir os cambios climáticos que se dan coa chegada desta

nova estación e tamén as rutinas temporais, a maneira de vestirnos, as

costumes á hora de aproveitar o tempo libre….

Conversamos sobre as vacacións e os medios de transporte que se poden

usar en función do lugar que elixamos para irnos de vacacións.

Utilizamos tamén este mes para afianzar conceptos adquiridos en meses

anteriores ou incluso rematar algúns dos traballos que nos queden pendentes.

Realizamos as seguintes actividades:

Ambientámola clase para a chegada da primavera

Colocamos na clase a lámina relativa á unidade que nos ocupa e

conversaremos sobre ela.

A primeiros do mes de maio é o Dia da Nai polo que lle faremos un

pequeno agasallo.

Contamos o conto de “Panchiño e as flores” e logo poderano levar para a

68

súa casa para que os seus pais llo volvan a ler.

Experimentamos cos olores,falando concretamente dos que solemos

encontrar no xardín, pero tamén uliremos os correspondentes a café,

chocolate, colonia…

Estampamos nun papel con cortiza ou con cenoria cortada en toros.

Traballamos o hábito social de pedir perdón e de resolver pequenos

conflitos con palabras ou xestos.

Introducimos a cor verde.

Preparamos o recuncho da cor verde con obxectos que deberán de traer

os nen@s das súas casas..

Saímos ó patio un dia que faga bo día e buscaremos polo xardín cousas

que sexan de cor verde.

Escoitamos no CD os sons da natureza e pedirémoslles que os

identifiquen.

Traballamos o concepto de medida máis/menos e moitos/poucos con

distintas actividades.

Traballamos o xesto da pinza apredéndolles a facer pinza en anaquiños

de plastilina e tamén dándolle pinzas da roupa para que practiquen a

abrilas e pechalas facendo este movemento.

Escoitamos a canción “Teño un xardín” de Taboada na pista 4 do CD.

Traballamos as asociacións conversando sobre o lugar onde realizamos

determinadas accións.

Traballamos as nocións espaciais arriba/abaixo.

Traballamos hábitos de autonomía persoal, concretamente o de facer pis

e utilizamos o libro A miña historia ( pax. 7 e 8 ) e para ilustrar o tema e

tamén facemos a ficha nº 12 do caderno O meu corpo.

Escoitamos e aprendemos a canción “Eu teño un pis” na pista 23 do CD.

Contamos o conto popular de “Os tres porquiños” utilizando as láminas

das ilustracións e compoñeremos con catro viñetas o conto para que o

poidan levar para a casa.

Comentamos a lámina de arte “Flores” de Andy Warhol.

Traballamos o esquema corporal, centrándonos nas pernas e nos brazos

e escoitaremos acanción “Unha mosca moi molesta” na pista 34 do CD.

Escoitamos a canción “Nun cabaliño gris” e realizaremos cos nen@s o

xogo de regazo.

Traballamos no libro das emocións triste/contento (pax. 8 e 9).

69

Adicamos unha semana

deste mes á Semana da Arte

este ano adicada a

PICASSO.

Conmemoramos o Dia das

Letras Galegas este ano

adicadas a Uxio Novoneyra .

Ó longo Do mes de xuño

cada nen@ levará o Libro de

Panchiño para a sua casa

para que o poidan ver

rematado .

Conversamos sobre o remate do curso, o Festival que imos a celebrar, as

vacacións, a entrada no cole de maiores…

Preparamos a excursión, e levaremos para transplantar os carballos que

plantamos en setembro, se é que algún saiu arriba.

Preparamos o Festival de Fin de Curso e envolvemos o diploma que lle

imos dar aos nosos nenos e nenas

Identificamos mediante fotos, murais, libros…lugares de ocio onde

podemos pasar as nosas vacacións:mar, piscina, campo…

Recoñecemos medios de transporte relacionados coas viaxes.

Repasamos as cores que vimos ó longo do curso: amarela, vermella, azul

e verde.

Recordamos as formas redonda, cadrada e triangular.

Rematamos o Libro da cor verde.

Distinguimos cousas frias e quentes.

Fomentamos o uso do baño de forma autónoma por parte de tod@s, xa

que todos deberíamos estar sen cueiros.

Asociamos prendas de vestir coa estación que na que estamos.

Probamos os xeados, alimentos típicos do verán.

Seguimos recordando o esquema corporal,cada vez de forma máis

fragmentaria: nocellos, xeonllos, ombros, cóbados, gorxa…

Traemos á clase froitos típicos do verán e tocámolos,

ulímolos,probámolos

Xogamos coa mesa de auga no patio de fóra e observamos como se

funden ou flotan os obxectos, facemos escuma, refrescámonos…

Levamos rematado para a casa o Libro das Cores.

Saímos ó patio de fóra sempre que esté bo tempo e disfrutamos

xogando coa area, as carretillas,na herba…

CONCLUSIÓNS:

70

Unha vez que remata o curso e xa pasamos xuntos nove meses e hora de

facer unha avaliación, pois é unha parte moi importante do proceso

educativo.Debemos polo tanto reflexionar sobre o que pretendíamos facer

cando comezamos no mes de setembro e o que conseguimos agora que xa

nos atopamos no mes de xuño e xa os nosos nen@s se teñen que marchar

para o “cole dos maiores”.

Se miramos cara atrás o período máis difícil que vivimos neste curso é o

período de adaptación,tanto para os nen@s como para as profes, aínda que en

xeral non tivemos grandes problemas sempre nos atopamos algún que outro

caso no que lles costa máis a separación do ambiente familiar.

Cada curso plantexámonos facer programacións que non sexan moi densas,

pero case sempre caemos e seguimos facéndoas bastante amplas, pois

queremos abarcar moitos conceptos e experiencias.Aínda que nos fixamos

moitos obxectivos somos conscientes de que moitos deles están en proceso,

pero son unha boa base para iniciar o segundo ciclo da Educación Infantil.Xa

que nestas idades os nen@s teñen unha gran plasticidade cerebral o que lle

permite absorber todo como unha esponxa.

Ó longo do curso conseguimos alcanzar moitos logros como:

Todos medraron moito en todos os niveis: móvense con moita habilidade

e manipulan tanto xoguetes como puzles, encaixables, pezas,tablas de

cosido…como as bicis, coches, motos…e sortean obstáculos sen

problemas.

A hora de controlar esfínteres case todos van ó baño e son bastante

autónomos, sempre que a roupa que traen posta llo permita, por iso

insistimos tanto ás familias que non lles traian petos, cintos…Moitos

incluso xa non poñen o cueiro para durmir a sesta, aínda que sempre

temos algún “escape”, pois están moi entretidos e cando se acordan xa

non lles da tempo.

Á hora da comida intentan comer sos, aínda que este curso temos que

dicir que algúns están feitos uns vagos e temos que axudarlles nós.

Case todos participan con entusiasmo nas actividades propostas e fanas

con gusto e incluso eles propoñen algunhas.

A maioría exprésase bastante ben e ó longo do curso foron adquirindo

moitos conceptos que fomos introducindo a modo de xogo.

71

As rutinas diarias que fomos asimilando dende o primeiro de curso

cumprenas e téñenas interiorizadas , o que nos permite ter unha boa

organización e poder levar a cabo os obxectivos marcados.

A experiencia con Panchiño, a nosa mascota, foi ben acollida e a todos

lles gusta moito levalo para a casa e despois velas fotos que cada un pon

no libro.

As excursións que fixemos ó longo dos trimestre foron un éxito, sobre

todo as que fixemos á granxa de Tapia e a Trasmonte, pois gustoulles

moito ir en autobús.

Todos se relacionan cos demais compañeiros sen problemas , aínda que

sempre teñen algún amiguiño especial co que comparten os seus xogos

preferidos.

Gustoulles moito a experiencia de Portas abertas, pois para eles e unha

novidade moi grande poder ver dentro da súa clase ós seus pais

compartindo con eles unhas experiencias distintas ás que podemos facer

nós con eles.

Pero temos que ser realistas e recoñecer que hai moitas cousas que lles

costa facer como: compartir, recoller, escoitar as profes cando lles corrixen

algún comportamento,obedecer a certas órdenes…e agora xa ó remate do

curso están todos moi cansos e todo lles costa máis.De todas formas estes

son obxectivos a cumprir a longo prazo, así que teñen aínda moito tempo para

conseguilos.

Antes de rematar esta memoria queremos dar as grazas a todas as familias

que colaboraron con nós sempre que os necesitamos para levar a cabo

calquer actividade.

72