percorrido pola paisaxe poética de manuel maría

15
Percorrido pola paisaxe poética de Manuel María Saída didáctica do Departamento de Lingua Galega e Litertura do IES Pintor Colmeiro de Silleda

Upload: asferreiras

Post on 10-Jul-2016

124 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Co obxectivo de levar a cabo unha viaxe á Casa Museo de Manuel María e á Terra Chá, elaborouse esta unidade didáctica que serviría de guía ao alumnado do IES Pintor Colmeiro nesta viaxe organizada polo Departamento de Galego e realizada o 12/05/16

TRANSCRIPT

Page 1: Percorrido pola paisaxe poética de Manuel María

Percorrido pola paisaxe

poética de Manuel

María

Saída didáctica do Departamento de Lingua Galega e Litertura do IES Pintor Colmeiro de Silleda

Page 2: Percorrido pola paisaxe poética de Manuel María

Eu son Manuel María Nacín o 29, o 6 de Outono,

en Outeiro de Rei da Terra Chá.

Son dunha caste rexa de labregos

fieles á súa terra e ao seu Deus.

Agora son un namorado.

Eu son Manuel María,

cantor da Terra Chá que algunhos din.

Cantor da terra chá que leva un

Clavadas nas entrañas, penso eu.

Eu son Manuel María,

labrego con algo de poeta.

Por eso gardo as albas

no fondo dos meus ollos

e ando de vagar o meu camiño,

e pídolles ás cousas a súa tenrura

e aos homes pídolles verdade.

Non teño máis tarefa:

son unha humilde folla que salaia

Na noite escura movida polo vento.

Eu son Manuel Máría,

un son tan só, lonxano e feble.

Documentos persoais, 1958

Tarxeta de visita Manuel María, -xa o sabedes- é o meu nome

feble, corto, esguío e tan desamparado

que sempre o usei sen apelidos.

Un nome humilde como a brisa que fai

Ondear as centeeiras, unha folerpiña

de neve –un salouco só que o ar desfai-

que non pode chegar ao chao sen derreterse.

Un home como tantos, sinxelo e do pobo.

Polos Hortas apelídome Fernández

vella casta xunguida á terra dende sempre

no meu Outeiro de Rei da Tera Chá.

Por parte de nai son Teixeiro, familia

de labregos, que aínda vive no vello

casal de Vilanova, perto a Lugo,

Na parroquia que din de Sanamede.

De neno prendeume o Miño coa súa música

e puxo no meu corazón vellos cantares.

Teño xa moitísimos anos repartidos

en alegrías, tristuras e fracasos.

Publiquei algúns libros. Son casado.

Publiquei algúns libros. Son casado.

Levo barba entrecana para tapar o medo

que, como un verme, roi o meu sosego.

Procurador de oficio. Góñome a vida

-e tamén o noxo e a desesperanza-

coa miña profesión e outras tristezas.

Agora vivo en Monforte para o que gusten,

coidando o amor, a comprensión, a fe

nos homes, na Terra e mais na fala.

Carezo de títulos importantes. Non

teño vocación para arquivar diplomas

que son febles papeis –fume da nada-

que sempre rematan no faiado

Irremisiblemente roídos polos ratos.

Toda a miña ilusión é ir tirando.

E se falo de min é para dicir

que aínda estou vivo, sano e salvo.

Remol, 1970

Page 3: Percorrido pola paisaxe poética de Manuel María

A longa noite de pedra Bando Prohíbese, por orde da Alcaldía,

que medren porque si

as rosas do xardín municipal.

Dende agora as pombas teñen

que pedir licencia para voar.

Prohíbeselle á lúa

andar ceiba de noite polo ceo.

A lúa é unha tola que anda espida

dando mal exemplo ás nenas castas

e aos fillos de familia.

Pagarán trabucos os poetas.

Prohíbese soñar de 10 a 11.

Prohíbese tamén derramar bágoas.

Pódese chorar só cando hai sequía

Para que non fiquen baleiros os pan-tanos.

Un só se pode emocionar

Os xoves e os domingos

cando toca

a banda do Concello no quiosco.

Están fóra da Lei

as estrelas, a primavera

as flores e os paxaros.

Dáse este bando en tal e cal

para que se cumpra

De orde do Alcalde.

Asinado, carimbado e rubricado.

Documentos persoais, 1958

Page 4: Percorrido pola paisaxe poética de Manuel María

Terra Chá A Terra Chá somentes é:

un pobo aquí, outro acolá,

mil arbres, monte raso,

un ceo chumbo e tráxico

no que andan as aves a voar.

O resto é soedá.

Terra Chá, 1954

Terras da Terra Chá Terras onde nacín, gárdovos lei.

Paixón e soidade de Galiza:

¡Castro, Rábade, Outeiro de Rei,

Cospeito, Vilalba e Pastoriza…!

Terras miñas, boas e fermosas!

¡Terras amantes! ¡Terras de verdá!

¡Cos vosos ríos, agros e camposas

vós sodes a flor da Terra Chá!

(…)

Terra Chá, 1954

Povo Vinte, trinta casas. Aí están

Cunha feitura xusta e aldeán.

A terra é moura. Dorme con desgana

Sen a curva feminina da montana.

Us prados, a mazaira e a cerdeira.

Os palleiros ocupan media eira.

Os cás, entre as casas, a folgar,

ladrando por ladrar.

Terra Chá, 1954

Page 5: Percorrido pola paisaxe poética de Manuel María

Poemiña ás Penas de Rodas En Gaioso, ollando a Chá,

hai dúas penedas ergueitas.

¡Semellan non ser verdá

redondeces tan ben feitas!

As Penas de Rodas son

dous ollos alucinados

que espían con atención

os eidos máis alonxados.

Se ambas penas se desfán

Arde, co mundo un tesouro:

¡unha pena é de alquitrán,

a outra unha trabe de ouro!

Non sodes, non, cantería,

ouh penas de encantamento.

¡Temo que calquera día

Vos poida levar o vento.

Terra Chá, 1954

Estas moles son o resultado dunha erosión diferencial e en torno a elas o pobo creou numerosas lendas. A máis estendida é aquela que afirma que no interior dunha das pedras hai ouro, que se-ría para o primeiro que lograra rompela. Pero a outra roca está chea de alcatrán, e se rompe brotará este en tal cantidade que inundará o mundo. Ó non poder identificar cal é a roca do te-souro, salváronse as dúas.

Page 6: Percorrido pola paisaxe poética de Manuel María

Ti sabes, Outeiro, que eu son Hortas

e recoñécesme por teu, aínda que

non me ames e me trates como alleo.

A miña caste ten os seus ancestros

no teu chao e torneada foi

coa terra túa, moura e xenerosa.

Feito son da laxe coa que os avós

ergueron a casa en que nacín.

Proclámome irmao dos castiñeiros,

das xestas, dos toxos, dos camelios,

das abidueiras, teixos e carballos,

pois alumounos a mesma luz grisenta,

Iguales choivas nos luíron

e un idéntico vento conferiunos

o alto don da vida e o da palabra.

Ritual para unha tribo capital do concello, 1986)

Eu nacín nunha casa moi fermosa

e nela, deixei o meu pasado,

o tempo da nenez, o soño ousado

e a miña adolescencia tormentosa

Sonetos á Casa de Hortas, 1997

A casa erguida con xisto e cantería,

por obra dos avós, era fermosa.

Aí está: forte, firme, fachendosa

chea de beleza, prestancia e harmonía.

Toda ela é unha lección de xeometría,

unha doce tenrura pudorosa,

unha lareira tépeda, amorosa

E un deslumbrante sol ao mediodía.

Sonetos á Casa de Hortas, 1997

Na Casa de Hortas naceu Manuel María o 6 de outubro de 1929

Page 7: Percorrido pola paisaxe poética de Manuel María

Poema da infancia perdida

A infancia é a miña patria

verdadeira.

O meu paraíso perdido.

Lembro a pureza dos meus soños.

O pasmo que me causaban

as estrelas.

As paisaxes que quedaron nos meus ollos.

Os contos do avó.

A doce voz de miña nai.

As verbas de meu pai.

Os xogos compartidos

cos irmaos.

E tantas cousas fondas

que forman parte inseparábel

de min mesmo.

Aquela pureza xa non é

e teño soedade

daquel neno sinxelo

que antes fun.

¡Deixádeme ser triste

ou senón

voltádeme outra vez

a miña infancia!

Mar maior, 1963

O cuarto do reloxio era o santuario,

a estancia de respecto, a máis coidada,

a máis grande tamén e a máis amada

onde acontecía só o extraordinario.

Era o lugar da festa e do velorio,

o espazo da mágoa e da alegría,

o lugar reservado para un día,

unión do permanente e o transitorio.

Cunhos tictac seguros e profundos

aquel vello reloxio imperturbábel

marcaba vidas, séculos, segundos...

habitado de enigmas, grave e serio,

inquedante, cumprido, impenetrábel:

o cuarto do reloxio era o misterio.

Sonetos á Casa de Hortas, 1997

Page 8: Percorrido pola paisaxe poética de Manuel María

Cando Saleta entrou por vez primeira

na casa petrucial dos vellos Hortas

abríronse, por si, todas as portas

e emocionáronse o cedro e a nogueira.

E, con Saleta, chegou a Primaveira

e deulle nova vida ás seivas mortas

que rebentaron, pasmadas e absortas,

enchendo de luz e neve a horta enteira.

E toda a casa sorriu agradecida.

Semellaba unha flor a súa sorrisa:

a rosa máis ruborosa e acendida.

Saleta, silenciosa e conmovida,

sentiu no corazón a mao da brisa

e como entraba a casa na súa vida

Sonetos á Casa de Hortas, 1997

Arcadia Durante toda a miña vida andei

a soñar, longa e fondamente,

coa Arcadia marabillosa, lonxana

e lexendaria.

Viaxei á Grecia

e, con ollos atentos e avarentos,

contemplei a Arcadia: é unha

paisaxe de oliveiras e penedos,

gris e brava, onde hai un pobo,

pequeno e miserento, chamado

Paradisus, nada menos.

Todo

era árido, pobre e desolado.

entón fechei os ollos cara afora

e abrinos cara adentro.

E puiden

ollar a Arcadia feliz e verdadeira.

Oráculos para cavaliños do demo, 1986

O poema Un poema é un ser vivo que anda,

respira, soña, chora, salouca,

ama, berra, cintila e escurece,

cala, aborrece a mentira,

sinte odio e tenrura, desángrase,

fala de intimidade a intimidade

coas cousas e coa xente, suxire

mundos posíbeis e imposíbeis,

súa, cansa, sofre sede e fame,

adoece, agoniza.

E nunca morre.

A luz resucitada, 1984

A terra faise en ti,

Saleta, sutileza,

Chamada apaixonada

E transparente,

Levidade de neve,

Torrente e forza

De seiva poderosa,

Música de vento

Entre abelairas,

Raio máxico de lúa,

Murmurio de regueiro,

Flor de cerdeira

Ou pinga de orballo

Emocionada, tremento

Sobre o pálido rubor

Da rosa namorada.

Os lonxes do solpor, 2012

Page 9: Percorrido pola paisaxe poética de Manuel María

A fala O idioma é a chave

Coa que abrimos o mundo:

O salouco máis feble,

O pesar máis profundo.

O idioma é a vida,

O coitelo da dor,

O murmurio do vento,

A palabra de amor.

O idioma é o tempo,

É a voz dos avós

E ese breve ronsel

Que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,

Patrimonio do pobo,

Maxicamente vello,

Eternamente novo.

O idioma é a patria,

A esencia máis nosa,

A creación común meirande e pode-rosa.

O idioma é a forza

Que nos xungue e sostén.

¡Se perdemos a fala

Non seremos ninguén!

O idioma é o amor,

O latexo, a verdade,

A fonte da que agroma

A máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma

É ser mudo e morrer.

¡Precisamos a lingua

Se queremos vencer!

As rúas do vento ceibe, 1979

Galiza Galiza outonal da decadencia,

fogueira da chama amortecida,

estraña lembranza desvaída,

mar ilimitado de paciencia.

Galiza vella, pobre herencia,

patria asoballada e ofendida,

mágoa arrepiante, sometida

a séculos de dor e impotencia.

Chanta, no fondo, boa semente,

impón o dereito de vivir

e ergue a túa voz iradamente.

Olla con firmeza o teu porvir.

¡Berra pola luz e pola xente

E comeza, sen máis, a combatir!

Poemas ao outono, 1977

Cheguei a Gali-za... “Galiza somos nós:

a xente e mais a fala.

¡Si buscas a Galiza

en ti tes que atopala!

Page 10: Percorrido pola paisaxe poética de Manuel María

Rondó do eterno retorno Eu sei que son unha árbore:

cecais un carballo

ou un castiñeiro poderoso

ou aínda unha abidueira

que o vento cimbrea e non

arrinca.

Escoito a voz

da terra que, amorosa e

urxente, me reclama.

Déitome no chao como un

penedo: deixo que o humus

me ensuma no seu seo.

Pro sei que agromarei

en folla verde e tenra

aló na Primavera.

E agardo ilusionado que

o outono me muche para ser

terra de novo, unha vez máis.

Compendio de orvallos e incertezas, 1991

Non lle preguntes ao río

A onde vai, de onde vén.

¡O río pasa correndo!

¡o río non se entretén!

Andando a terra… “Intuímos que un mundo se fecha

ás nosas costas e que

un grande enigma se abre

diante de nós. Nada sabemos,”

Os lonxes do solpor, 2012

Page 11: Percorrido pola paisaxe poética de Manuel María

Carballeira de Santa Isabel

Carballos ¡Carballos rexos, potentes,

calados ou musicales

que loitais como valentes

coas xistras e os vendavales!

¡Duros carballos verdeados,

petrucios e sedentarios!

¡Estades na Chá chantados

solemnes e centenarios!

¡Como amo a vosa beleza

da máis baril sobriedade!

¡Que sensación de forteza

Oolando prá eternidade.

Terra Chá, 1954

Page 12: Percorrido pola paisaxe poética de Manuel María

Cantiga da romaxe de Santa Isabel Madre, en romaxe a Santa Isabel irei;

a Santa Isabel de Outeiro de Rei

que eu estou moi soio

e de amor non sei.

Madre, a Santa Isabel hei de ir

e todas as coitas verei fuxir.

nesta romería

que eu ben cantaría.

E bailarei, madre, sú a abidueira;

E bailarei, madre, á miña maneira

nesta romería

que eu ben cantaría.

Irei, ¡ai madre!, a Santa Isabel

A buscar amiga como un caravel

Nesta romería

Que eu ben cantaría.

Amiga fremosa de ceo e de liño

Buscarei, mi madre, xunto ó río Miño

nesta romería

que eu ben cantaría.

¡Madre, mi madre, que me namorei

na Santa Isabel de Outeiro de Rei

E de amor xa sei

Nesta romería

Que eu ben cantarei!

Terra Chá, 1954

Page 13: Percorrido pola paisaxe poética de Manuel María

Os ríos Miño e Landra

O río O río pasa correndo,

non se para con ninguén.

O río canta prás cousas

e canta para min tamén.

¡O río canta prás albres

paxareiras da ribeira!

¡O río canta prós prados

e prás nubes viaxeiras!

A todos di seu cantar

con escuro e claro son.

¡A todos di seu cantar

anque llo escoiten ou non!

Non lle preguntes ao río

a onde vai, de onde vén.

¡O río pasa correndo!

¡O río non se entretén!

O río pasa correndo,

nunca deixa de pasar.

¡Vai dicindo a súa canción

e non se pode parar!

Os soños na gaiola, 1972

O Miño O Miño é vello e é tristeiro:

sempre vai mudo e vai senlleiro.

No inverno semella que murmura

un segredo con forte voz escura.

Un escoita, atento e esperanzado,

e o vello Miño sempre vai calado

Terra Chá, 1954

I

Como as ondas do Miño, o río maior,

así, miña amiga, é o meu amor

lonxe de ti.

Como as ondas do Miño, o río caudal,

así, miña amiga, meu amor é leal

lonxe de ti.

Como as ondas do Miño, de paso de boi,

así o meu amor, que veu e non se foi

lonxe de ti.

Como as ondas do Miño, o río belido,

Así, miña amiga, así vou ferido

lonxe de ti.

II

As augas do Ladra, que baixan cantoras,

non poden, amiga, contar miñas horas.

Eu en Outeiro a penar.

As augas do Ladra que baixan caudales,

non poden amiga, levar os meus males.

Eu en Outeiro a penar.

As augas do Ladra, que no miño morren,

¡xa non me escoitan e non me socorren!

Eu en Outeiro a penar.

Escolma de poetas de Outeiro de Rei, 1982

(Xohán de Gaudioso, séc. XII)

Page 14: Percorrido pola paisaxe poética de Manuel María

O Miño canle de luz e néboa (1996) Esta néboa que nace no corazón do río

e sube ao azul como unha oferenda:

¿será cecais corpo de canción,

palabra de amor irreprimíbel

que a auga lle di ao universo...?

¿Ou poderá ser o mesmo río

saíndo de si mesmo para darse

ao mundo que está no seu entorno

facéndose suspiro,

confundíndose

co azul transparente e rematando

sendo un leve tremor emocionado

perceptíbel somentes para aqueles

que só abren os ollos ás lembranzas?

Esta néboa miñota, auga e ensoño,

materia que formou ao mesmo río,

carne invisibel e fuxidia,

universo dos peixes e das oucas,

monótona e teimuda ladaiña

a penas salmodiada nas ribeiras:

espella árbores, nubes, espadanas.

As aves recollen esta música,

arpexo sutil do misterioso,

lúcida canción, máxico chío

que volve á néboa orixinaria

coa súa voz mensaxeira para sempre.

¿Quen tan ousado para poder ollar

a inexplicábel néboa cara a cara

e sentir o seu corpo fuxidio

Page 15: Percorrido pola paisaxe poética de Manuel María

O muíño

O muíño que está ao pé do Miño,

enorme como un monte, seguro

e lento como o tempo, garda

un segredo nunca revelado:

non son os seus rodicios

os que fan cantar á auga escura

E prisioneira do caneiro.

A canción da auga é quen

Move aos rodicios e lles dá

Un prodixioso ritmo máxico:

medida e número do mundo,

harmonía e cómputo dos astros.

Ritual para unha tribo capital do concello, 1986

O muíño O muíño roula, roula.

o muíño é roulador:

¡Volta as augas do regato

en murmurio cantador!

O muíño, roula roula

e non deixa de roular

¡ e coas augas do regato

ao rodicio fai cantar!

O muíño é cantador.

O muíño é cantareiro:

¡volta notas musicais

ás ondiñas do regueiro!

O muíño moe e moe;

nunca deixa de moer:

¡que as ondiñas do regato

Con cancións o fan mover!

Os soños na gaiola, 1972