un pequeno percorrido virtual pola toponimia do … · → "mogor" ten máis ben orixe...

27
TOPONIMIA DO NORDÉS Un pequeno percorrido virtual pola O Barqueiro (Mañón), 11 de Febreiro de 2017

Upload: vohuong

Post on 20-Sep-2018

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

TOPONIMIA DO NORDÉS

Un pequeno percorrido virtual pola

O Barqueiro (Mañón), 11 de Febreiro de 2017

Page 2: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

2 | Toponimia do Nordés

CONTIDO

1. Patrimonio toponímico galego

2. Toponimia do Nordés

3. Apelidos oriúndos da comarca

Page 3: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

3 | Toponimia do Nordés

O RICO PATRIMONIO TOPONÍMICO GALEGO

SITUACIÓN ACTUAL E RISCOS

Galiza ten unha enorme riqueza

toponímica.

En cantidade:

3 ou 4 millóns de topónimos

máis que en Portugal enteiro

40% de todos os españois

En importancia histórica e

lingüística

Prerromanos, latinos, suevos,

.. e algún árabe.

Algúns poderían levar en uso

4000 anos

Conforman unha

importantísima axuda para os

estudos históricos e

lingüísticos (entre outros)

Posta en valor (autovaloración)

Os topónimos teñen vida

soamente mentres se usan

gran parte da toponimia galega

non está recollida

documentalmente, e sobrevive

apenas na memoria da xente

A memoria desaparece - A

sociedade que os necesitaba

está a desaparecer

A administración parou a

actividade de documentación

da toponimia hai varios anos

Oportunidade Cultural

Actuar

Patrimonio en Risco

Calquera cuns mínimos

coñecementos podería

contribuír neste labor de

documentación dos

topónimos.

Exemplos de recollida:

Microtopónimos:

fontes, penas, regatos,

leiras, montes, penas,

…..

Talasonimia

Page 4: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

4 | Toponimia do Nordés

MOITOS TOPÓNIMOS ATESTADOS DESDE ANTIGO

PAGOS Á GUERRA DE GRANADA EN 1488

Igrexa Mor. (€)

Santa Maria de Cabanas 1.000

San Panteón 1.000

San Payo de Riobarba 1.500

San Pedro de Mosende 1.200

San Romaao do Vale 6.000

Santa Maria de Soeuos 4.200

Santo Esteuao do Vale 4.000

San Miguel das Negradas 1.500

Sant Cristouao das Ribeyras 8.000

Santa Maria de Maanon 14.000

Santa Maria de Vares 12.000

Sayoan de Loyba 10.000

• Bases de datos: CODOLGA, TEMILGA

Page 5: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

5 | Toponimia do Nordés

DA PREHISTORIA

RIOBARBA • < Río Barba : topónimo “fosilizado”, xa non

referencia a un río

• Xa “fosilizado” en 1488, doazón de “San Payo

de Riobarba" para a Guerra de Granada.

• Orixe de "barba" : tema hidronímico *barb- <

raíz indoeuropea *bher- 'ferver, bulir,

manancial’. • aínda vivo en 1792: "bervia": corrente de río -

dicionario de Sobreira.

Outros:

• Lugo: "fonte de Barbas" (Foz), Rego de Barbadelo (Sarria), Reibarba (Folgoso do Courel),

• A Coruña: Río das Barbelas (Cerdido, Moeche), Barbos (< Barboos), Rio Barboso (Laracha),

Ponte da Barbela (A Capela), O Barbanza, Barbaín, Barbazán, As Barbelas, Prado da

Barburiña.

• Ourense: Barbantes, A Regada da Bárbora.

• Pontevedra: Río Barbeira.

Page 6: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

6 | Toponimia do Nordés

DA PREHISTORIA

MOGOR

• 912: " .. ecclesiam sancte Marie de Monacorum et uillas que in giro sunt .."

• 1156: "et cautum de Moogorum et de Uaris “ • evolución usual: Monachorum (=“dos monxes“) > Moagor > Mogor

Encaixaría, perda do –n- intervocálico, PERO:

1. Os 3 Mogor na costa, moita casualidade?

2. Dous deles en sitios improbables para un

convento ou irrelevantes para seren

referidos como propiedade dun convento

"O Mogor de Fóra" e "O Mogor de Terra"

en Valdoviño – dous cantís.

3. Existe a "Punta de Mogor" en Pontevedra.

4. raro que apenas se preserve en“Mogor” a

orixe nun xenitivo plural latino -orum .

Xa que logo, parece que:

• "Mogor" ten pouco que ver cos monxes, o escriba latinizou o termo para

"Monachorum" erroneamente, o mesmo que ocorre en outros múltiples casos.

→ "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con

elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe na forma indoeuropea

*men- ‘elevarse’, presente en linguas celtas.

Page 7: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

7 | Toponimia do Nordés

DA PREHISTORIA

CAIÓN (MAÑÓN)

→ Talvez de orixe céltica, relacionado co galo cagio 'sebe, campo cercado’. • A terminación -ón en moitos casos en topónimos de orixe céltica.

• Matasovic : protocéltico *kagyo- 'curral, cercado'.

• O “Campo da Feira” ten todo o senso de ter sido chamado “curral, cercado”.

• varios Caión en Galiza, Cayón en Asturias e Cantabria

RUÑO (O VICEDO)

→ hidrónimo prerromano *Runyo, "regato", "corrente de auga".

• tema hidronímico *ur-, da raíz indoeuropea *re- 'moverse, fluír' E. Bascuas - "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega”

• "Montes da Ruña" (A Coruña), "Ruñeiro" (O Grove)

TROIA (RIOBARBA)

→ E. Bascuas : "construción de madeira".

• de *Trobia, orixe paleoeuropea, raíz ind. *ter- "fregar, perforar".

• raíz común co galego "trobo" ("tronco oco, colmea", < *trobano).

• Os Troios no Corgo e en Palas de Rei

• As Troias en Lobios e en Vilalba

Page 8: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

8 | Toponimia do Nordés

DA PREHISTORIA

MAÑÓN • Ata mediados do S. XX foi Maañón

• Tamén en Portugal existe Manhão e o apelido Maanhão

• Orixe máis probable: forma prerromana Malanione (Malanio / Malanione),

• < tema prerromano *mal-, relacionada con ríos, costas, elevacións

< raíz indoeuropea *mel- 'saír, elevación, curvatura, ribeira‘ (F. Villar. E

Bascuas: hidrónimo)

• Orixe na mesma forma *mal- :

• Malaño, Malagón (< Malaco), Málaga (< Malaca),

• Mos (<Malones), Magoi, os ríos Malo e Mao

• Na comarca: Malagón (Viveiro), e talvez Maladas (Riobarba, Covas),

Os Malates (As Negradas)

• Da mesma exacta orixe: • Porto de Malañón (preto de El Escorial)

• Malañón na provincia de Málaga

• Nome persoal Malanius na Italia

Mañón (< Maañón < Malanione) faría referencia á ribeira do río Sor

Page 9: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

9 | Toponimia do Nordés

DA PREHISTORIA

BARES

• Atestado hai 1100 anos como Uaris ano 916, documento de Ordoño II "...regali mee dictioni obedire striti sunt et aliam uillam

nomine Uaris cum familia sibi pertinenti per

terminum de aqua de ectario.“

• Uaris => probable orixe na hidronimia paleoeuropea (=pre-celta), da raíz

indoeuropea *awer- 'auga, mollar, chover, fluxo '.

=> Topónimo da “familia” de Baraza, Baroña, Baralla.

• descartable orixe na raíz indoeuropea *bhar– ‘proxección, punta’, ou nun

elemento *bar- ‘altura, depresión’ : "Uaris" no 916 cando non había confusión na pronuncia do "v"

fronte á do "b", menos aínda no comezo de palabra.

debería restituírse "Vares“ ??

Page 10: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

10 | Toponimia do Nordés

DA PREHISTORIA

PUNTA DO PREGUNTOIRO (SAN FIZ)

• Punta trazada polos meandros do Sor. Un antigo castro.

• topónimo frecuente en Galiza, moitas veces en "promontorios”:

• Talvez de “Promontoiro” ? < lat. promontorium. Improbable tantos

promontorio > “Preguntoiro", xa na Idade Media.

• “Preguntoño” en Arzúa, cun sufixo "-oño“ => Talvez orixe prerromana

• Especulación: *per-kant-aurio < raíz indoeuropea *per- ‘diante de, por riba de,

saliente', máis o elemento *kant- 'saliente, canto, curruncho', e finalmente o

elemento -aurio (< *awr-yo), relativo a correntes de auga, da raíz indoeuropea *awr-.

Preguntoiro = saliente que se mete na auga

• En S. Miguel de Reinante

• En Sanxenxo, tamén nunha pequena

península.

• "O Preguntouro“: península en Bueu.

• "A Chan do Preguntouro“ (Cangas).

rechán á beira dun promontorio mariño

• Praia de Preguntoiro (Vilaxoán).

• Rúa do Preguntoiro (Santiago).

• Os Preguntoiros, encosta (A Capela).

• En 1261 un "Preguntoyro" doado ao

bispado de Mondoñedo, o de Reinante?.

Page 11: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

11 | Toponimia do Nordés

DOS ROMANOS (?)

O MANXOFRÍO (CABANAS)

→ Do latín mansio frigidus, unha pousada na estrada.

• paso dunha antiga vía romana ?? Os romanos distinguían a pousadas das

estradas entre mansiones 'albergues', mutationes 'mudas, postas' e stationes

'estacións‘.

• Atestado en 1305 "... in Cabanas in Freixeiro in Maiofrio in Sisto in

Peradela et in Mallados ..."

• No censo de 1527 "Majofrio“, e en 1847, no "Dicionario" de Madoz".

Outros

• Meixonfrío en Couzadoiro (Ortigueira), en Taboada, en Carballedo, en

Coirós, en Lousame, en Ordes.

• En Portugal Albergue de Mejamfrio

Page 12: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

12 | Toponimia do Nordés

ETNOGRAFÍA

AS GRAÑAS → Do latín granum ‘gran’ > Uilla granea = granxa,

graneiro”

• Moitas das “grañas” eran de monxes.

AS VIÑAS (AS NEGRADAS, SAN ROMÁN, SUEGOS)

• produción de viño en 1818 : 80 arrobas en Suegos, 95 no

Vicedo, 30 en San Román e 210 nas Negradas.

• En 1852-1854 a praga do oidium, acabou coa

colleita de viño na comarca, e comezaron a

arrincar as viñas

O BAZALAR (AS RIBEIRAS DO SOR)

→ Bacelar = "lugar plantado de bacelos" (vides novas).

A DEVESA (BARES, MOGOR)

→ Do latín “(terra) defensa” = terra resgardada, vedada.

• Terras do rei ou nobres, bosque para cazar ou para explotación das árbores

A PALLAZA (SUEGOS) AS PALLOZAS (MAÑÓN)

→ casa pallaza ou palloza = con teito de palla

• cando se comezou a chamar así, o teito de palla xa non era o máis común.

Page 13: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

13 | Toponimia do Nordés

ETNOGRAFÍA

O COÍDO DA ATALAIA (BARES)

→ "atalaia" = lugar de vixilancia, para

avistamento de baleas e similares.

• Atalaia < aṭ-ṭalā’iʕ="os sentinelas";

atalaieiro = vixiante, outeador de baleas.

• Xa en 1291 documentada actividade baleeira en Bares e San Cibrao. • Entre os séculos XIII e XV, a actividade baleeira nas costas galegas era desenvolvida

maiormente por pescadores vascos.

• A finais do século XVI, os galegos tiñan desprazado totalmente os baleeiros vascos.

A PENA DA VELA (AS GRAÑAS DO SOR, SUEGOS), A VELA (RIOBARBA)

→ "vela” ="vixía, sentinela", indicando posto de vixilancia.

O FACHO (BARES)

→ Facho = onde acendían unha fogueira, para guiar os mariñeiros.

• Sarmiento : “eminencias en donde, para avisar de la venida de los enemigos, se encienden

hogueras; .... Si en ellas hay farol continuo para guiar a los marineros, se llaman "faros", y si sólo

para hogueras "fachos".

Page 14: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

14 | Toponimia do Nordés

DAS RUÍNAS

MAMUELAS (BARES)

• "mamoelas“ = diminutivo de "mámoas“

→ túmulo prerromano.

OS MUIMENTOS (AS GRAÑAS DO SOR)

→ monumentos mortuorios, túmulos.

O MARCO (AS GRAÑAS DO SOR, AS RIBEIRAS DO SOR, MAÑÓN)

→ Puido ser marco medieval, miliario romano, ou pedrafita ou menhir.

O SARTEGO (AS GRAÑAS DO SOR)

→ Sartego = sepulcro de pedra, sarcófago

Puido haber un sepulcro antigo, ou metaforicamente relativo á orografía.

→ Ou talvez relacionado con “Sartán” : Rivas constatou a acepción de

“pedregoso, malo para o cultivo” (Valadouro).

Page 15: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

15 | Toponimia do Nordés

OROGRAFÍA

CHELO (AS NEGRADAS)

→ latín vulgar *planellu, diminutivo de planus 'chan'.

• documentado como Chenlo no S. XVII, pertencente ao Priorado de S. Miguel

das Negradas

A FORQUETA (RIOBARBA) AS FORCADAS (AS GRÁÑAS DO SOR, BARES)

→ Forqueta, forcada = "bifurcación", de río, de camiño, de cordal.

• Na Forqueta conflúen o rego dos Muíños e o da Pardiñeira

A INSUA (RIOBARBA), AS INSUAS (AS RIBEIRAS), MONTE DE INSUA (AS NEGRADAS)

→ latín insula 'illa'. En portugués e galego, "insua" xeralmente refire a illa ou

península nun río, ou "terreo situado entre dous ríos".

• A Insua de Riobarba: situado entre o rego dos Muíños e o da Pardiñeira,

preto de onde se xuntan

• Monte de Insua: península formada polo río Sor.

• As Insuas : unha península, rodeada polo rego de Mogor.

Page 16: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

16 | Toponimia do Nordés

OROGRAFÍA

MONTEMEAO (RIOBARBA)

→ "Monte Meao". Meao = forma medieval por "mediano, do medio“

SUAVILA (SAN ROMÁN), SUACASA, SUASVIÑAS, SUCAMIÑOS

VALDESUSO (O VICEDO), VILASUSO (O VICEDO)

→ latín sursum = de riba, no alto

A CROA (MAÑÓN)

→ croa = de "coroa", metáfora de "cima de monte redondeada“. Castro?

A CONGOSTRA (AS GRAÑAS DO SOR, MAÑÓN, AS NEGRADAS)

→ latín congusta, "estreita".

• camiño angosto, entre valados ou ribazos. Corgo, córrego.

O NAVALLO (MAÑÓN), OS NAVALLOS (RIOBARBA)

→ derivado de "nava" = chaeira rodeada de montes.

O VISO (MAÑÓN, LOIBA)

→ viso = lugar no alto, sitio elevado.

Page 17: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

17 | Toponimia do Nordés

“INMIGRANTES”

CÉLTIGOS

SUEGOS

• Sancta Maria de Sueuos no S. XII

→ poboamento suevo.

• Séc. V - Reino Suevo da Gallaecia :

1º tras a caída do Imperio Romano.

• Suegos foi un concello separado.

• Outro “Suegos” en Pol, "Suevos“ en Ames, Arteixo, A Baña, Mazaricos

FRANCOS (AS NEGRADAS)

→ “francos” eran os poboadores con privilexios e exencións, ás veces xente

de alén dos Pirineos. • documentado no S. XVII como parte do Priorado de S. Miguel das Negradas

MALADAS (RIOBARBA)

→ De “(terras) maladas”, alugadas a “malados“ = colonos, servos.

• Atestado en 1305, como Mallados

• Explicación alternativa: orixe prerromana, da raíz indoeuropea *mel- 'saír,

elevación, curvatura, ribeira', indicando unha 'ribeira, costa'.

Page 18: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

18 | Toponimia do Nordés

NOMES DE POSESORES MEDIEVAIS (I)

ABEZÁN (RIOBARBA)

→ De *(uilla) Auezani, forma en xenitivo de Auezanus, o nome do antigo

propietario da uilla (explotación agrícola, casal, granxa).

BARONCELLE (MAÑÓN)

→ De *(uilla) Baronzelli = granxa de Baronzellus

BETOI (BARES)

→ de *(agru/uilla) Uittoi = pertencente a *Uittoi,

• Alternativamente de *(agru/uilla) Uittoni, de *Uittone.

• documentado en Portugal o nome Bettoy no S. XI

CASAL DE SANDE (AS RIBEIRAS DO SOR)

• "casal“ (lat. casalem) = na Idade Media, “propiedade no campo, granxa”.

→ Sande < Sandi/Sande = xenitivo de Sando ou Sanda

CRECIDE (AS NEGRADAS)

→ de *(uilla) Cresciti, xenitivo de Crescitus, nome de orixe latino-romance.

Page 19: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

19 | Toponimia do Nordés

NOMES DE POSESORES MEDIEVAIS (II)

CREXIMIL (AS NEGRADAS)

→ de *(uilla) Wistimiri = granxa de Wistimirus Wistrimiri ˃ Guistrimir > Gristimir > Crisimil > Creximil.

• interpretación tradicional : *(uilla) Crescemiri, de Crescemirus

• Ollo: nome de orixe xermánica, pero NON eran xermánicos: de moda

• coa mesma orixe: Castramil en Boimente

CHORENTE (MAÑÓN)

→ De (uilla) Florentii = granxa de Florentius.

FROUFE (SAN ROMÁN)

→ De *(uilla) Fradulfi = granxa de Fradulfus (orixe xermánica)

FUXÍN (MAÑÓN)

→ De (uilla) Fugini, = granxa de Fuginus

GUEIMONDE (AS GRAÑAS DO SOR)

→ de (uilla) Goimundi = granxa de Goimundo (orixe xermánica)

Page 20: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

20 | Toponimia do Nordés

NOMES DE POSESORES MEDIEVAIS (III)

LUGAR DE MARCOS (AS NEGRADAS)

→ Lugar de Marcos Paz, un dos peritos do Catastro de Ensenada (1752) para

As Negradas.

MOSENDE (MOSENDE)

→ de (uilla) Manosindi = granxa de Manosindus

MUNÍN (RIBEIRAS DO SOR)

→ de (uilla) Monnini = granxa de Monninus.

NOCHE (AS NEGRADAS)

→ de (uilla) Nausti(i) = granxa de Naustus ou Naustius

• igual ca Moeche < (uilla) Modesti

• Atestado no Séc. XVII, pertencente ao Priorado de S. Miguel das Negradas

PENA XEÁN (BARES)

→ “Pinnam Iuliani” no 916, en que Ordoño II dona Mogor e Bares ao bispo de

Mondoñedo.

• Iuliani =xenitivo de Iulianus

• A grafía correcta sería “Pena Xián”

Page 21: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

21 | Toponimia do Nordés

NOMES DE POSESORES MEDIEVAIS (IV)

REDIZ (AS GRAÑAS DO SOR)

de (uilla) Retici = granxa de Reticus

SEGADE (MAÑÓN)

de (uilla) Sagati = granxa de Sagatus

SIÓN (AS RIBEIRAS DO SOR)

de (uilla) Siloni = granxa de Silonius.

TROITÍN (MAÑÓN)

de (uilla) Tructini = granxa de Tructinus

VILAGUDÍN (SAN ROMÁN)

de Uilla Gotini = granxa de Gotinus

XILLOI (O VICEDO)

de (uilla) Silioni = granxa de Silius

Page 22: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

22 | Toponimia do Nordés

FITOTOPÓNIMOS

O FEAL (MAÑÓN)

→ feal = herbal, terreo que produce "feo”

O ESVEDRAL (AS RIBEIRAS DO SOR, O VICEDO)

→ onde abundan os esvedros (cast. madroño).

O GRUÑIDO (MAÑÓN)

→ "abruñido", onde abundan os "abruños".

LESTIDO (AS GRAÑAS DO SOR), LASTIGUEIRA (CABANAS)

→ onde abundan as "lestas“. En 1717 Sarmiento atesta a existencia desta planta nesta zona da Galiza:

" hacia S. Andrés de Teixido, junto al cabo de Ortegal, tiene la hoja 4 dedos

de ancho, y allí está poblado de esa lesta olorosa el monte da Capelada".

O SANGUIÑAL (MAÑÓN)

→ onde abundan os sanguiños (planta).

O XURBAL (AS NEGRADAS)

→ onde abundan as sorbeiras. Surbalem > Surbal > Xurbal • Outro "Xurbal" no concello de Vilalba, "El Jurbial“ en Zamora e en León

Page 23: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

23 | Toponimia do Nordés

FITOTOPÓNIMOS

O ABELAEDO (SAN ROMÁN)

→ onde abundan as abeleiras.

FOLGOSO (AS RIBEIRAS DO SOR), O FOLGUEIRO (SUEGOS), AS FILGUEIRAS (AS

GRAÑAS DO SOR, MAÑÓN), AS FILGUEIROSAS (MAÑÓN -LUGAR DO OUTEIRO)

→ onde abundan os felgos".

PRADAEDO (SAN ROMÁN)

→ onde abundan os "pradairos",

SACIDO (O VICEDO, COVAS)

→ onde abundan os salgueiros • documentado no século XVII,

pertencente ao Priorado de San Miguel das Negradas

SALGUEIROS (AS NEGRADAS)

→ de "lugar dos Alugueiros“ (orixe recollida oralmente)

Page 24: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

24 | Toponimia do Nordés

POTENCIALMENTE MOURISCOS

A ARRUFANA (AS GRAÑAS DO SOR)

• Talvez do verbo arrufar => alcume "fachendosa", "persoa con ira".

• Xa Sobreira no S. XVIII arrufaynado ="o que anda garifo, alegre".

• Alternativamente, "arrufana" e "arrifana" < árabe ar-rayhan, planta da familia do

mirto.

• Partindo da existencia deste topónimo, hipótese de inmigración ou

repoboación mourisca.

• tamén Arrufana en Marín e en Mos (Pontevedra), e Arrifana en Ramirás

(Ourense).

A ALCAIA (AS GRAÑAS DO SOR), ALCAIRA (AS GRAÑAS DO SOR)

• Tamén de posible orixe árabe

OUTROS NA COMARCA

MOURISCOS en Fazouro (Foz)

O MOURISCÓN en Ambosores (Muras)

A MOURISCA en S. Román de Vilestrofe (Cervo)

Falta un estudo amplo sobre a repoboación mourisca en Galiza.

Page 25: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

25 | Toponimia do Nordés

ALGÚNS APELIDOS CON POSIBLE ORIXE EN MAÑÓN (?)

• Bares

• Berdeal Tamén en Viveiro: de “Terra verdeal”

• Cardelle de (uilla) Cardelli, forma en xenitivo de Cardellus, nome do

antigo posesor da uilla ("explotación agrícola"). J. Piel: á súa vez derivado

de Gardila, raíz gótica *gards 'quinta, casa'.

• Galdo

• Mariña

• Rego

• Rivera Tamén en Ourol

• Timiraos no nome Teodomirus > "Tuimiro" (daí Tuimil < Teodomiri), partir

do cal o etnónimo *Tuimiranos ("descendentes de Teodomiro") > Tumiraos

>Timiraos

Page 26: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

26 | Toponimia do Nordés

ALGÚNS APELIDOS CON POSIBLE ORIXE NO VICEDO (?)

Trasancos - Xentilicio. Ver: E Bascuas: “La diosa Reve y los Trasancos” in “Estudios

Mindonienses”

Vale, Dovale - topónimo histórico das parroquias do Vicedo e de S. Román

Insua - un dos núcleos, outro en Fisterra e outro en Noia.

Infante Orixinario de Sevilla?

Lamelas Outro núcleo en Montedorramo

Baltar - de (uilla) *Baltarii, forma en xenitivo de Baltarius, nome de orixe

xermánica

Vilasuso – Lugar do Vicedo

Riveira

Fanego

Rolle orixinado nun topónimo Rolle, talvez existiu un lugar Rolle no concello do Vicedo,

ou talvez oriúndos do existente en Bacoi (Alfoz),

De (uilla) Rullii, forma en xenitivo de Rullius, nome do antigo posesor.

Alternativamente, de (uilla) Rudili, analogamente de Rudilus, nome de orixe

xermánica.

Pigueiras

Parapar – oriúndo do lugar de Parapar en Muras ?

Vizoso – “Forte” - Núcleo occidental, hai outro máximo no gradiente en Alfoz.

Page 27: Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe

[email protected]

moitas grazas!