pedras máxicas en galicia

14
dras máxicas de Galic Galicia é unha terra onde as pedras se asocian con prodixios e milagres

Upload: sacaideas

Post on 28-Jun-2015

289 views

Category:

Education


7 download

TRANSCRIPT

Page 1: Pedras máxicas en galicia

Pedras máxicas de Galicia

Galicia é unha terra onde as pedras se asocian con prodixios e milagres

Page 2: Pedras máxicas en galicia

ACIBECHEO acibeche é unha variedade de lignito,negra e brillante.A súa extracción sempre foiartesanal. Está considerado o talismán do peregrino durante o Camiño de Santiago,ademais empregábase contra o mal de ollo,un efecto negativo sobre a saúde das persoasou os animais.O que mais se empregaba contar o mal de ollo era a figa,unha figura dunhaman.

Sara Pérez Taboada

Page 3: Pedras máxicas en galicia

O Portalén do Monte Seixo, situado no municipio de Cerdedo na provincia de Pontevedra.

Este conxunto pétreo era considerado como una porta que poder cruzar, sempre de norte a sur no mes de tódolos Santos (novembro) para falar e escoitar aos defuntos.

O PORTALÉN

Edgar

Page 4: Pedras máxicas en galicia

A PEDRA DOS CADRÍS

Punta da Barca no concello de MuxíaA pedra dos Cadrís que segundo a lenda cristiá simbolizaría a vela da embarcación na que apareceu a virxe , ten forma de ril . Atribúenselle propiedades curativas para doenzas dos cadrís , reuma etc . Para que estas doenzas curen e preciso pasar nove veces por debaixo dela .

Page 5: Pedras máxicas en galicia

No parteluz,da catedral de Santiago de Conpostela, encontrase unha figura deSantiago apostolo cun bastón de peregrino, como patrón da basilica.No pé da columna esta a figura do mestre mateo,a esta imaxe coñecese popularmente O SANTO DOS CROQUES ,pola antiga tradición dos estudantes de golpear a súa cabeza contra a figura para recibir sabedoría .Esta tradición foi adoptada , posteriormente polos peregrinos

Alba María

O SANTO DOS CROQUES

Page 6: Pedras máxicas en galicia

En toda Galicia rendeuse culto á serpe, que foi símbolo da terra, como noutras rexións do mundo. Numerosos restos arqueolóxicos e obxectos da época castrexa confirman a presencia significativa da

serpe na cultura do noroeste peninsular. Moitos monumentos cristiáns foron levantados sobre pedras cunha serpe gravada. Quizais para simbolizar que o pecado —serpe— era vencido pola fe cristiá.

Segundo a Xénese, a serpe —demo— introduciu o pecado no mundo. En ocasións convive o paganismo co cristianismo en cruceiros coa serpe esculpida. Para algúns historiadores, a serpe é un animal que

evolucionou, outros pensan que é un xenio protector da casa e dos seus habitantes, máis todos confirman a existencia dun culto antigo á serpe, se ben non é exclusivo da etnografía galega.

LUCAS GONZÁLEZ DOMÍNGUEZ

A PEDRA DA SERPE

Page 7: Pedras máxicas en galicia

A Pedra dos Cadrís (Muxia - A Coruña)Atribúenselle propiedades curativas para doenzas dos cadrís, reuma, etc. Para que estas doenzas curen é preciso pasar nove veces por debaixo dela.

Daniel Sousa Rodríguez

Page 8: Pedras máxicas en galicia

O Tangaraño é una rocha mói grande que se sitúa en parada de Piñor no concello de barbadas(OURENSE).Hoxe en dia só se sube para contemplar o paisaxe mirar a rocha o meterse na “mini” cova que ten.Ademais esta rocha tamén ten unha lenda que di que os nenos enfermos de raquitismo denudábanse,ataban a ropa nunha arbore que abia a o lado unha vez feito eso pasaban pola “mini”cova e curarase a enfermidade

Nicolás Blanco Mayorgas

Page 9: Pedras máxicas en galicia

O Tangaraño de Barbadás

No Monte de San Bieito da Cova do Lobo, en San Lourenzo de Piñor, concello de Barbadás (Ourense) hai un penedo denominado O Tangaraño, Penedo Vigón e tamén O Enganido, que serve como excepcional mirador sobre a cidade de Ourense, e é moi visitado durante a romería do San Bieito da Cova do Lobo por milleiros de peregrinos. O santuario como sempre fixo, soubo aproveitar moi ben este enclave adxudicándolle os beneficios que podía aportar a milagres que facía o Noso Señor.O Tangaraño é un xigantesco penedo, un típico bolo granítico de moitos metros de diámetro asentado enriba doutros penedos, de maneira que se pode pasar por debaixo del agachado. Dentro, nun curruncho hai unha pequena cavidade na rocha que sempre, sexa verán ou inverno, está chea de auga. Este lugar é, sen dúbida, un deses nos que a enerxía telúrica sae á luz, un lugar máxico, curativo, repoñedor. Dende sempre os habitantes dos arredores adxudícanlle propiedades curativas, sobre todo para enfermidades da pel, en especial as verrugas, tumores, bocio, feridas e especialmente para o raquitismo dos nenos, enfermidade coñecida como tangaraño.pasando o neno por riba da poza de auga.Logo visten ao neno con roupa nova, abandonando alí as que levaba postas.Este penedo quixérono romper uns canteiros pero non houbo maneira, non entraban na pedra nin cuñeiros nin punteiros.

O nome de San Bieito da Cova do Lobo venlle da crenza de que o mesmo San Bieito andaba fuxindo de algo por aqueles montes e foise agachar nunha cova de lobo.A romería principal celébrase o 11 de xullo, aínda que o día 21 de marzo ten lugar o chamado San Bieito do Inverno.

Iván Carril Fernández

Page 10: Pedras máxicas en galicia

CRUCEIRO DE LAMEIROEste monumento está situado no concello do Lameiro (Lugo) e ten orixe prehistórica.

Para as antigas civilizacións eran obxectos moi preciados.

• o cruceiro é unha cruz de pedra de granito, varias imaxes elevadas sobre unha columna e unha plataforma que está situada nos lugares públicos, cruces de camiños, ermitas e entradas a ceminterios…

• Constrúense nos lugares sagrados como símbolo de protección onde a xente pedía rogando por unha persoa, polo campo, pola curación dunha enfermidade.

Page 11: Pedras máxicas en galicia
Page 12: Pedras máxicas en galicia

PEDRA DOS CADRÍS

A"Pedra dos Cadrís", que según a lenda cristiana simbolizaría a vela da embarcación na que apareceu a Virxen, ten forma de ril ou óso ilíaco, segundo se mire, e a ela se lle atribuen propiedades curativas para dores de rils, reuma, etc. Para que estas enfermidades curen é preciso pasar nove veces por debaixo de ela.

Elena Alonso Fernández

Page 13: Pedras máxicas en galicia

O TANGARAÑO DE BARBADÁS  No Monte de San Bieito da Cova do Lobo, en San Lourenzo de Piñor, concello de Barbadás

(Ourense) hai un penedo denominado O Tangaraño, Penedo Vigón e tamén O Enganido

O Tangaraño é un xigantesco penedo, un típico bolo granítico de moitos metros de diámetro

asentado enriba doutros penedos, de maneira que se pode pasar por debaixo del agachado. Dentro, nun curruncho hai unha poza que sempre, sexa verán ou inverno, está chea de auga.

• Este lugar é, sen dúbida, un deses nos que a enerxía telúrica sae á luz, un lugar máxico, curativo, repoñedor. De sempre os habitantes dos arredores adxudícanlle propiedades curativas, sobre todo para enfermidades da pel, en especial as verrugas, tumores, bocio, feridas e especialmente para o raquitismo dos nenos, enfermidade coñecida como tangaraño

• Aos nenos entangarañados teñen que pasalos tres mulleres polo burato da Pedra do

Tangaraño ou Penedo Vigón, dicindo a que o pasa:• - Ei María, aí che vai o tangaraño.• respondendo a seguinte:• - Devólvocho san e salvo. Tamén se logra a curación facéndolle uns nós a unha xesta e pasando o neno por riba da

poza de auga.Logo visten ao neno con roupa nova, abandonando alí as que levaba postas.

Este penedo quixérono romper uns canteiros pero non houbo maneira, non entraban na

pedra nin os punteiros. O nome de San Bieito da Cova do Lobo venlle da crenza de que o mesmo San Bieito andaba

fuxindo de algo por aqueles montes e foise agachar nunha cova de lobo.

Page 14: Pedras máxicas en galicia

PEDRAS MAXICAS

PETROGLIFO DO LABERINTO

ALEX Nº1