outro anaco de sabedoría

124

Upload: biblioteca-publica-de-brion

Post on 08-Mar-2016

286 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

Unha escolma adiviñas, cantigas, refráns, receitas, oracións, remedios caseiros e narracións recollidos ou creados polos participantes nos Obradoiros de Maiores do Concello de Brión 2012. Continuación do libro 'Un anaco de sabedoría'

TRANSCRIPT

Page 1: Outro anaco de sabedoría
Page 2: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

2

Obradoiros de maioresConcello de Brión

Visita ao Museo do Pobo Galego

Coordinación: Elena Remesar MarqueDeseño e maquetación: A. Patiño Nimo

Page 3: Outro anaco de sabedoría

Con este segundo libro re-matamos outro ano de novas experiencias, diversión e tra-ballo xuntos. Un curso no que estivemos especialmente ilu-sionados e motivados polo re-coñecemento que tivo o libro do ano pasado.

O que máis nos alegrou foi a boa acollida que tivo entre a xente de todas as idades, prin-cipalmente entre as nosas fa-milias e amigos. Isto fíxonos pensar que o que temos que dicir aínda importa; temos

moitas cousas gardadas que poden ser interesantes e útiles.

Ao abrir o caixón das nosas lembranzas, saen cousas que parecían xa esquecidas, pero entre todos os compañeiros, traballando sempre en grupo, puidemos recuperalas.

O primeiro libro fixémolo con “timidez” e un pouco de medo, pero neste xa fomos máis atre-vidos e ás veces un pouco pi-llos. Esperamos que vos guste.

Outroanacosabedoría

de

Page 4: Outro anaco de sabedoría

AdiviñasEsta selección de adiviñas, foi feita buscando as máis cu-riosas e inxeniosas. Póden-se usar como un xogo entre os maiores e os máis novos, no que as risas están aseguradas.

Page 5: Outro anaco de sabedoría

b

5

A miña nai é tartamudao meu pai é cantador

teño branco o meu vestidoe amarelo o corazón (O ovo)

CHONCHA

Alto me vexo naquel lugarexo

que chova que nevedaquí non me apexo. (A campá)

MANUEL BLANCO

Fala e non ten bocaanda e non ten pés

qué cousa é? (A carta)MANUEL BLANCO

Alto pompínredondo polete

que chova, que neveque non se derrete. (O sol)

CHONCHA

Anda e non ten péscome e non ten bocacanta comida lle dan

toda lle parece pouca. (O muíño)MANUEL BLANCO

Page 6: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

6

Que cousiña cousa seráque cando vai pro monte,

vai engruñadoe cando ven para casa,

ven estarricado. (O adival)CHONCHA

Que é una cousiña, cousaque os ricos gardan

e os pobres tiran. (Os mocos)ISOLINO

Son moi bonito por diantee moi feo por detrás

cambeo a cara a cada instantee arremedo ós demais. (O espello)

JOSE

Zancarrandullo andaba na festano medio hinchaba

no rabo roncaba, tiña orellas e zangoneaba. (A gaita)

MANUEL BLANCO

Que cousa é, que nace na devesa

e come cos señores á mesa. (A mosca)ISOLINO

Page 7: Outro anaco de sabedoría

b

7

Sube sempre chea, baixa baldeira,

se non me dou presa a sopa está fría. (A culler)

ISOLINO

Chapín sobre chapín, chapín enchapinado, si non cho digo eu,

non o acertas en todo o ano. (A cebola)PILAR

Nace no monte, bebe na fonte,

métese na casa, e baila como unha rapaza. (O sol)

MANUELA

Brazos teñoson desiguaisco meu ritmo

movo os mortais. (O reloxio)ROSA

Branca sonnegra tamén

e son doce como a mel. (A uva)ROSA

Page 8: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

8

Ten os dentes afiadose deixa os terreos ben alisados. (O peine)

ROSA

Unha dama no verde campocun vestido todo bordado. (A serpe)

ROSA

Unha señora alta e delgadapasa pola auga sin ser mollada. (A sombra)

JOSE

Vence ó tigrevence ó león

vence ó touro, a os homes e o rei

e todos caen os seus pés. (O sono)JOSE

Cinco irmáns sone van todos en disminución. (Os dedos dos pés)

JOSE

Que será será que nada pide

e todo dá. (A nai)ROSA

Page 9: Outro anaco de sabedoría

b

9

Branco como o leitee negro como o carbónson doce como o mel

e agrio como o limón. (O amor)ROSA

Entre dous texenentre dous repican

uns non chegan a nadae outros multiplícanse. (O matrimonio)

ROSA

Derrumbo carballosderrumbo tellados

a min non me parannin silveiras nin valados. (O aire)

JOSE

Redondo, redondonon ten tapa nin fondo. (O anel)

FLORA

Moitas monxiñas nun convento

van de flor en flore fan dulce dentro. (A colmena)

FLORA

Page 10: Outro anaco de sabedoría

CantigasCantigas sabemos a moreas, ne-las están representadas as no-sas vivencias e a nosa historia, con ese ton de ironía que tanta graza nos fai. Cada unha tráe-nos lembranzas de momentos vividos, ou de cando as canta-bamos na celebración de festas ou para dicir cousas que dou-tro xeito non nos atreveriamos.

Page 11: Outro anaco de sabedoría

b

11

A CANDELARIA

Cando a Candelaria chorao inverno vai fóra,si a Candelaria rí

o inverno está por vir.Chore ou ría , ou deixe de chorar

a metade do inverno está por pasar. (MANUEL BLANCO)

Chora, ría ou faga ventonon está fóra nin dentro.

(MARINA)

Page 12: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

12

CANTIGAS CURTAS

O muíño do porteloeu ben lle sei o temperocando está alto baixalo

canto está baixo erguelo. (ESTHER)

María si vas á feiracómprame un porco rabeloque si mo compras con rabo

non me colle no cortello. (ESPERANZA)

As horas son camiñoscando esperamos saber

e séculos cando sabemoso que se pode aprender.

(ESPERANZA)

Unha vella díxolle a outrapolo burato da portati goberna a túa vida

que a miña non che importa. (DIGNA)

Page 13: Outro anaco de sabedoría

b

13

Pelitreques non ten barbasque llas comeu a morriña

e Xan das Carqueixasdoulle unhas vellas que tiña.

(ISOLINO)

Miña sogra quéreme malporque lle ando co fillocando eu non o queiraque o meta no bolsillo.

(CARMEN)

Aparta loureiro verdedeixa clarear a lúa

que estou no medio de montenon vexo cousa ningunha.

(MARUJA)

Esta aldea de Chavemoi bonita pode ser,

ten un loureiro no medioque alumea sen arder.

(PURA)

Page 14: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

14

Adiós Chave de Carballoa espalda voute virando

a despedida é boaa volta sabe Deus cando.

(Esta cantábana os mozos cando ían á guerra)(PURA)

Eu cantar cantaba bena gracia non era moita

quedoume no lavadoirocando fun lavar a roupa.

(PURA)

Anda! vaite polo mundoque o mundo dáche o pago,

o mundo tamén arreglao que anda desarreglado.

(MANUEL BELLO)

De domingo a domingovéñote a ver,

cando será domingomeu amor, para volver.

(MANUEL BELLO)

Page 15: Outro anaco de sabedoría

b

15

A semana de Ramos lava os teus panos,que para a Pasión lavarálos ou non.

(PILAR)

Namorei de ti nenao ver que cantabas ben,

agora morro de penao teu cantar non me mantén.

(ERMITAS)

Rosiña andaba descalzaRosiña porque quería

a casa do zapateiro Rosiña ben a sabía.

(PURA)

Nos tempos nos que vivimostodo se volven tabernas

por iso moitos dos homesandan as catro pernas.

(MANUELA)

Page 16: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

16

Xulián da pucha brancaten un galo que ben cantaunha muller que ben fía,e Xulián que máis quería.

(MANUEL BELLO)

Teño unha herba na hortaque lle chaman correola

para ti falar comigofáltache un ano de escola.

(PURA)

Anque che son moreniñaéche do polbo da eira

xa me verás o domingonin a rosa da roseira.

(PURA)

Teño lanchas teño remosteño sardiñas no mar

teño unha nena bonitaxa non quero traballar. (MANUEL BELLO)

Page 17: Outro anaco de sabedoría

b

17

Meu amor é pequenotamén eu son pequeneira

heino de aprender a xastretamén eu son costureira.

(PURA)

Anque che son pequeniñoentre os carballiños tortos

vexo nacer as herbaspor debaixo dos meus zocos.

(MANUELA)

Moito te quero vidiñae túa nai non me quer,

ese demo desa vellaen todo se hai de meter.

(MANUELA)

Miña nai e maila túaquedan na porta berrandopor culpa de unha galiñaque ten amistade co galo.

(ERMITAS)

Page 18: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

18

Paxariño gorrióndime onde tes o niñonas Torres de Altmira

naquel mesmo buratiño. (PILAR)

María fía na rocamete ovillo no mandil

fía María fíaque eu termo do candil.

(ROSA)

Na parroquia de Brióntemos unha capilliña

onde veñen os romeirosa rezarlle a Santa Minia.

Santa Minia milagrosaSanta Minia milagrosa

no campo de Santa Miniahei de plantar unha rosa.

(AURORA)

Page 19: Outro anaco de sabedoría

b

19

As mozas de Bastavaleshai que boa festa fan,o outro día de Reises

día de San Xulián.

Hai ruada no pallotehai ruada no pallotepra que vaian bailar

os mociños con bigote.(AURORA)

Ano Novo con ben veñas,como o sol por entre as tellas,

os cabritos coas cabras,e os año cas ovellas.(MANUEL BELLO)

O caravel cando nace,de pequeniño arrecende,

non hai cousa máis fermosaque un amor cando se pretende.

(DIGNA)

Page 20: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

20

Anque canto, canto rabiaso que as oe, as comprendedeume Deus a habilidade

de comprar a quen me vende. (DIGNA)

Perguiza queres pan,si señora si mo dan,vai buscar o coitelo,

non señora non o quero. (ROSA LAMAS)

Moreniña é máis ben,moreniña é máis ben,

tamén o trigo é morenoe o molete sabe ben.

(ROSA LAMAS)

Page 21: Outro anaco de sabedoría

b

21

MARQUISO

Era unha noite de choiva e de fríoa que pasei no muíño do río.

Toda contenta empecei a cantarpra non ter medo e a noite pasar.

Petan a porta saín a correrera Marquiso que viña moer.

Entrou para dentro a porta cerroue un bo desengano o pobre levou.

Viña cun conto levado dos demoscousa que as mozas non sempre queremos.

O pillo dicíame eu quero moerno muíño do río hoxe ten que ser.

Hai Marquisiño que risa me dasno meu muíño ti non moerás.

No meu muíño non manda ninguéntodos queren moer porque moe moi ben.

Pois se ti queres pra min moeráe se non queres xa che pesará.

Page 22: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

22

Pois se me pesa hei de pousarpero por ti non penso chamar.

Os homes cativos eu nos os podo vere todos que veñen marchan sen moer.

Desta vez digo que negra me vinpra me defender deste galupín.

Como eu teño xenio logo me enfadeie co lubiadoiro no lombo lle dei.

Pero Marquiso como un caraduraveuse arrimando e agarroume a cintura.

Boteino fóra cerreille a portaporque pensei que lle dera unha volta.

Pero Marquiso que mal lle saleulevou na chepa e máis no moeu.

Cántiga con son de muiñeira, recollida por ROSA BARBAZÁN, coa axuda da xente maior de Luaña.

Cantábana as mozas de Vexo, na parroquia de Luaña (no ano 52 ou 54) en tempo de Antroido.

Cando chegaba o Antroido, recorrían as aldeas gaiteiros e pan-dereteiras. As máscaras bailaban vestidas de galegas

con traxes antigos.

Page 23: Outro anaco de sabedoría

b

23

NOITE DE SAN XOÁN

Por ser noite de San Xoánnoite de encantos e bruxaspor ser noite de San Xoán

téñoche medo Maruxa.

San Xoán pideulle a Cristoque non o atormentase

para ver bailar o solo día da súa romaxe.

Madrugada de San Xoánmadrugada moi garrida

que baila o sol cando nacee rí cando morre o día.

Hei de brincar o lumena noite de San Xoán

hei de poñer a flor na augapara lavar a cara mañán.

Sálvame, sálvamelume de San Xoán

que non me morda nuncanin cadela nin can.

(ERMITAS)

Page 24: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

24

NOITE DE SAN XOÁN

Na noite de San Xoánnon vaias á fonte como vas

que che poden saír as meigasdisfrazadas de rapás.

Na noite de San Xoánprenderás a cacharela

para saltar o lumenon podes caer nela.

Asade as sardiñastomade un bo viño

e despois de toda a noitedurmirás un pouquiño.

Nesta noite máxicaalá pola madrugadasaen as meigas todasa facer as trapalladas.

Arrancan as portelasbotan petardos ao aire

corren polas rúas coma unhas condenadas.

Page 25: Outro anaco de sabedoría

b

25

Alá pola madrugadase non queres sorpresas

non durmas na camasae a rúa coma elas.

Na noite de San Xoánpon un ovo na ventanaantes de meterse o sol

e mírao de madrugada.

Na noite de San Xoánse sorte queres ter

apaña chopos máis herbaspara no teu tellado poñer.

Na noite de San Xoánpon flores en augade noite a rociar

para o outro día a cara lavar. (ROSA BARBAZÁN)

Page 26: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

26

O ANTROIDO(Regueifa entre os protagonistas do antroido na mesa)

O máis bonito ben se veo máis valente tamén,

se queres loitar comigonon teño medo a ninguén.

Anque botes e rebotese deixes de rebotar

anque botes e rebotespor debaixo has de quedar.

Eu son a dona da mesa,diga que non o que queira,

teño orellas e fuciñoscomede… son a caheiraaa.

Cala ti cara de porcopresumida e falangueira,

que onde estamos os chourizosxuntarase… a vila enteira.

Facede o favor de calarreeeteñámola festa en paz,

xa que é hora de xantardeixemos de… parrafeareee.

Page 27: Outro anaco de sabedoría

b

27

Veña vindo a cacholaaa,veñan vindo os chourizos,

queremos telo antroidomáis farteiro e máis feitizooo.

Eu son o máis farteiro,eu son o máis bonito,

e non hai no mundo enteiroquen poida… comigo.

Aquí estamos as filloasmoi amigas do antroido,el sin nós non fai festa

nós sin él non temos donooo.

Non acabedes a festa,estirade axiña o coiro,aquí estamos as orellas

para rematare o antroidooo.

Vinde, vinde meus señores,veña toda a comparsa,

pros gaiteiros hai filloase mel para… ama de casa.

Page 28: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

28

Vinde á festa de antroidovinde á festa antroidana,

de hoxe nun ano esteamosxuntos nesta foliada.

Adeus festa do antroidoadeus meu amiguiñooo,ata domingo de Pascua

non comerei máis touciño. (ROSA BARBAZÁN)

Page 29: Outro anaco de sabedoría

b

29

O BURRO DO ANTROIDO

Que pases bos carnavaiseu así cho desexoe leva este burriño

cando vaias de paseo.

Mándoche este burronon che parecerá mal

quero que te rías un poucono tempo de carnaval.

Se queres saber quen sonpronto cho direi

o martes de carnavalen Brión estarei.

Non rompas a cabezanin penses que eu sonporque nunca saberás

quen este burro che mandou.

E se algún día o sabesnon che parecerá mal

todo se perdoae máis sendo en carnaval.

Page 30: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

30

Adeus meu amiguiñoadeus meu ben

que levas este burriñosen saber de quen.

A miña dirección:Rúa Zapato

Número BotaPiso de suela

o resto non che importa. (ROSA BARBAZÁN)

Os mozos\as mandábanse “o burro” (en forma de tarxeta ou carta)normalmente para citarse; pero tamén podía ser un vacile.

Page 31: Outro anaco de sabedoría

b

31

O MATRIMONIO

O primeiro ano bico con bicoo segundo cu con cu

e o terceiroque tes ti que tes tu.

(CHONCHA)

Solteiriña non te casesaproveita a boa vida

que eu ben sei dunha casadaque chora de arrepentida.

(MANUEL BLANCO)

Ser solteiro e boa cousae ser casado tamén,

deixarei para cando morrapensar que me convén. (MANUEL BLANCO)

Deus me de pacenciacon esta miña muller

nin ela fai o que eu digonin eu fago o que ela quer.

(CHONCHA)

Page 32: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

32

Es alto como un pinodelgado como unha varaeu non me caso contigo

que non me caves na cama. (ERMITAS)

Miña nai por me casarprometeume bois e vacas

agora que me caseidoume un pote de papas.

(ERMITAS)

Miña nai por me casarofreceume o cu dun pote

e agora que me caseidoume con el no cocote.

(ROSA)

Non te case con oleirosque os hai na miña terraos oleiros son de barro

de barro fainos calquera.(ROSA)

Page 33: Outro anaco de sabedoría

b

33

v v vv v v

v v v

Page 34: Outro anaco de sabedoría

RefránsOs refráns son e serán sem-pre unha fonte inesgotable de sabedoría, que nos axudan a comprender porqué suceden as cousas, que tempo vai fa-cer en cada época do ano, can-do temos que sementar e can-do recoller, e ata nos din a roupa que temos que poñer.

Page 35: Outro anaco de sabedoría

b

35

“A auga de maio, non molla o saio”(MARINA)

“A muller de bo recado, enche a casa ata o tellado”(CONCHA)

“En abril queima a moza o mandil”(LOURDES)

“A muller de bo aliño, cría, fía, debande e vende o liño”(CONCHA)

“Moza namorada, chora, rí, canta e cala”(CARMEN)

“O home pon, a muller dispón”(MARUJA)

“En xaneiro, bufanda, abrigo e sombreiro”(FLORA)

“En abril os espárragos para min, e en maio para ti”(ERMITAS)

“Si o cuco non cuca en marzo ou abril, pobre de min”(ERMITAS)

Page 36: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

36

“Xuño é o mes de San Xoán, que as once con día dan”(BLANDINA)

“Polo Santiago esconde o coello o rabo,e polo San Miguel vólvese a ver”

(ERMITAS)

“En setembro, polo San Miguel, están as uvas o mesmo co mel”(BLANDINA)

“En febreiro, corre a auga polo regueiro”(FLORA)

“Cando canta o cuco, ven o pan o suco”(DIGNA)

“Mentres a formiga traballa, a chicharra canta” (MANUEL BELLO)

“Can rabelo, arrenegado como o demo”(ROSA)

“Cando en marzo canta a rá, en maio xa calará”(ROSA)

“A confianza é a nai dos perdidos”(MARUJA)

Page 37: Outro anaco de sabedoría

b

37

“A cabra cega, o monte é largo”(MANUEL BELLO)

“A lúa de xaneiro é a máis clara do ano enteiro”(LOURDES)

“Quen neste mundo quere andar, ten que oir, ver e calar”(ESTHER)

“A verdade é coxa, pero chega”(ERMITAS)

“Moitos son amigos, e poucos os escollidos”(PILAR)

“O que visita na voda e non na enfermidade,non é amigo de verdade”

(ERMITAS)

“Faite o parvo, está calado, e terás moito logrado”(CARMEN)

“Fíate en deus e non corras, e verás que pelo botas”(PILAR)

“Fillos criados, traballos dobrados”(JOSE)

Page 38: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

38

“Xuventude e leña verde, todo é fume” (ISOLINO)

“Folla de millo, para durmir é boa; frouma do pino,déixaa para túa sogra”

(PILAR)

“Galo que non canta en xaneiro, sirve para calquera poleiro”(MANUEL BELLO)

“Lúa ó mondigo, baixamar no río; lúa posta, baixamar na costa”(MANUEL BLANCO)

“Maio turbado e San Xoán craro, fan un ano temperado”(LOURDES)

“Meu santiño San Andrés, eu como foi non sei… fumos dous e viñemos tres”

(PILAR)

“Moito e ben, non o fai ninguén”(DIGNA)

“Morra a marta, morra farta”(MARUJA)

“Na semana da Ascensión, tres días de carne e tres días de non”(PILAR)

Page 39: Outro anaco de sabedoría

b

39

“Na terra dos lobos, hai que ouvear coma todos”(MANUELA)

“Nabo, nabiza e grelo, trindade do bo galego”(FLORA)

“Gárdate do can que non ladra, e do home que non fala”(ROSA)

“Gato escaldado, a auga fría tenlle medo”(ESTHER)

“Ata San Pedro bota o millo o as fabas sen medo”(ROSA)

“Home que o erguer di “upa”, e ó sentar día “ai”,non sirve para a filla fa miña nai”

(CHONCHA)

“Labrador sen carro, can sen amo, curro sen balado e nena sen amor, sonche a cousa peor”

(ISOLINO)

“Non sirvas a quen serviu, nin pidas a quen pediu” (FLORA)

“Nos meses sin “r”, marisco non comas, nin marisco merques” (JOSE)

Page 40: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

40

“Nunca faltou un roto para un descosido”(MARINA)

“O barato de balde é caro”(LOURDES)

“O home é lume, a muller estopa, chega o demo… e sopra”(PILAR)

“O pan con ollos, o queixo sen ollos e o viño que salte ós ollos”(ISOLINO)

“Ovella que bea, bocado que perde”(FLORA)

“Febreiro, catro capas e un sombreiro”(BLANDINA)

“Febreiro, como o tres todo o mes”(CARMEN)

“Can fraco, todas son pulgas”(PILAR)

“Sabe máis o demo por vello, que por demo” (CARMEN)

Page 41: Outro anaco de sabedoría

b

41

“Quen ben te quere, farate chorar”(MARINA)

“Non as fagas, non as temas”(MANUELA)

“Tanto lle quere o demo a súa nai, que lle quita os ollos”(ERMITAS)

“Santa Lucía saca na noite e mete no día”(ENCARNA)

“O que come na tixola, perde a memoria” (MANUELA)

“Tres cousas hai que sempre frías están: barriga do home,cu da muller e fociño do can”

(PEPE)

“O que nunca tivo un porco e agora ten un porquiño,anda todo o día quiniño, quiniño”

(PEPE)

“Cando os cartos falan, os demais calan”(PEPE)

Page 42: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

42

“A galiña que canta como o galo,quere ver o seu amo enterrado”

(LOURDES)

“Non compres a quen comprou, compra a quen o herdou,que non sabe o que custou”

(ROSA LAMAS)

“Non busques a túa moza o día da romaría,busca pola semana ca roupa de cada día”

(ROSA LAMAS)

Page 43: Outro anaco de sabedoría

b

43

v v vv v v

v v v

Page 44: Outro anaco de sabedoría

Expresiónspopulares

Recollemos expresións ou frases, que se utilizaban moito antes, e que están a perderse. Esta xeito de falar, refl exa a riqueza lin-güística e poética do noso pobo.

Page 45: Outro anaco de sabedoría

b

45

“Barres por onde pasea a noiva” (Barrer só por onde se ve)ESTHER LAGO

“O que so queira estar, que so se vexa” MARUJA

“Deus castiga sen pau e sen pedra” LOURDES

“Son pa un cesto” (Cando estas falando e non che fan caso)ESTHER

“Non chuspas para arriba…” (O que che parece que nunca che vai pasar, moitas veces acábache pasando)

PILAR

“Que estas sexan as balas que me atravesen” (Brindando) ELENA

“Chega o sábado a noite, María colle a roca e ponse a fiar”(Cando se fan as cousas tarde, mal e arrastro)

MARUJA

“Non se oe nada Sr. abade” (Cando te fas o xordo)CARMEN

“Es bruta coma un arado vello”MANUELA

Page 46: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

46

“Eu non comulgo con rodas de muíño.(Significa que non cres o que che están dicindo)

LOURDES

“Tés cara de leite fervida”(Cando estás pálido e tés mala cara) MARUJA

“O que ten cu, ten medo”MANOLO BELLO

“A vergonza era verde, e comeuna unha cabra”(Cando alguén di: “dáme vergoña”)

ESTHER

“Está San Pedro revolvendo as patacas” (Cando trona)CHEMA

“O carrizo da chinchola, un pouco rí e outro pouco chora” (Cando os nenos pequenos non saben si rir ou chorar)

ESTHER

“Non hai soberbia que non caia, senón a que non se bota”MANUELA

“San Silvestre, meigas fora” (Cando che caen as cousas)MANUELA

Page 47: Outro anaco de sabedoría

b

47

“Padrica meu frade, por un oído me entra e por outro me sae” (Cando che botan unha reprimenda,

pero non che interesa o che din)MANUELA

“Arre negado sexa o demo, en algunha romaríaxa parecen os homes a borra da cascarilla”

(Dicíase cando ías a unha festa e os homes eran moi cativos)DIGNA

“Xacomín era gaiteiro, e non quero máis tamborileiro”(Cando che ofrecen algo, e dis:” non que xa comín”)

DIGNA

“Xuntouse a fame coa gaña de comer”(Cando se xuntan dous que son parecidos)

MARUJA

“Falas máis que unha matrácula” ROSA BARBAZÁN

“Ten queda” (Significa: queda quieta)ROSA

“Hai roupa ó sol”(Cando había nenos diante,e non se podía falar dalgúns temas )

LOURDES CAMPAÑA

Page 48: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

48

“Moito lle da a tinxideira” (Para dicir que é moi falador)PILAR

“Pareces un arpeu” (Cando unha persoa ía mal arranxada)PILAR

“Ir á trapa” ou “Ir ó común” (Ir ó baño)MARINA

“Andar sempre atrás, como a ravela do arado”MANUELA

“Nunca choveu que non escampase”(Xa virán tempos mellores)

ESTHER

“Está o galiñeiro alborotado”PILAR

“Trastes vellos, o faiado”(Cando non teñen en conta os maiores)

PILAR

“Díxolle o pote ó caldeiro, chégate alá que me luxas”(Cando unha persoa se da moita importancia)

PILAR

Page 49: Outro anaco de sabedoría

b

49

“Auga pasada non move muíños”(Para que non se teñan en conta as cousas pasadas)

BLANDINA

“Hai que gardar das risas para as choras”(Cando che vai ben, aforrar por si veñen tempos peores)

MARUJA

“Non estires o pé máis do que da a manta”(Non levar unha vida por encima das túas posibilidades)

LOURDES

“Non hai pouco que non chegue, nin moito que non se acabe.” BLANDINA

“O home fai os cartos, pero os cartos non fan ó home.” MARINA

“Na casa dun, ata o cu descansa.” MARINA

“Cada un na súa casa é un rei.” JOSE

“Amiguiño si, pero a vaquiña polo que vale”(Nos negocios non hai amigos)

ERMITAS

Page 50: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

50

“Dígoche filla, enténdeme nora”(Falar ca filla diante da nora, algo que non

te atreves a dicirlle directamente a ela)MARUJA

“Ese é un castigo de Deus.” CARMEN

“É máis feo que pegarlle a un pai.”CARMEN

“Non sabe o raposo cando as galiñas dormen fóra”PILAR

“Este non di máis que pataqueiradas”LOURDES

“A ti aínda non che xiou na cabeza.”“Ti aínda non lle viches o cu a curuxa”

(Significa que debes madurar) ISOLINO

“Non está o alcacén pra gaitas”(Cando andan as cousas revoltas, e non hai gañas de leria)

CARMEN

Page 51: Outro anaco de sabedoría

b

51

v v vv v v

v v v

Page 52: Outro anaco de sabedoría

NarraciónsNesta recompilación de narra-cións, amósanse as diferentes personalidades dos autores deste libro. A maioría delas son froi-to de vivencias persoais, nas que contan tradicións xa esquecidas ou lembranzas de días moi sina-lados. Tamén nos falan de luga-res moi importantes para eles, que queren compartir con nós.

Page 53: Outro anaco de sabedoría

b

53

A ALAMEDA DE SANTIAGO

Na alameda de Santiagoestán as dúas Maríasperegrinos e galegosquítanlle fotografías.

A alameda de Santiagoten árbores , florese un bonito paseo,

para ver os teus amores.

Nun banquiño redondosentan os namorados,

mirando para a catedralsoñando con acabar casados.

DOLORES OTERO

Page 54: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

54

A MATA DO PORCO

Agora mátase o porco en calquera tempo, ou xa non se mata; pero o tempo de matar o porco era polo Sanmartiño.Era un día de moito traballo pero tamén de festa e ledicia, porque se comían cousas que non se probaban o resto do ano, como o raxo ou os miolos. Todos os da familia viñan a axudar, polo que a diversión estaba asegurada. A casa enchíase de chei-ros, que eran moi peculiares, uns bos e outros malos.Deste animal aproveitase todo, ata o sangue e as tripas gordas; co que se fan as morcillas. Botáselle, ademais do sangue, pan esmiuzado (mellor duro), pasas, piñóns, figos, azucre, especias para morcillas e faise un rustrido con graxa e cebola. Énchense as tripas e cócense, despois sácanse e cólganse a secar. Cómense fritas na tixola, cortadas en toros.Outra cousa que se fai sempre, son os chourizos, que se fan con carne picada, pemento doce e picante, allos moi picadiños e sal. Revólvese todo e deixase en maceración uns días, despois métese esa mesturase nas tripas delgadas, átanse e póñense a afumar.

ERMITAS

Cando se mataban os porcosera festa familiar,

o gran día dos rinchónsque non podían faltar.

BLANDINA

Page 55: Outro anaco de sabedoría

b

55

A MULLER DO AGRO

Muller,fouce, agulla, leira, monte,

seiva de vida na casa,sofrida, xeitosa, forte,

ledicia, axuda, compaña,espiga sen debullar.

Formiga traballadoraalma e ollos sempre expertos,

espilida e humildosaxornaleira en lar alleo,obradoira no seu lar.

Tecelana da montañaartesana das mariñas

sempre abondosa e runfleiracoma as frondas das sombrizas

no fondo do piñeiral.

Labradora ou mariñeirapomba , raíña no pombalque agadoupa pola vida

invernos nas leiras o rente do ríoe choros e prantos na beira do mar.

Page 56: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

56

Muller,eu che rindo homenaxe arestora,

e non sei ó dicir o teu nomesi rir ou chorar.

Este precioso poema, trouxo CARMEN, sacouno da “Revista Betanzos” (1942) e o seu autor é: Obdilio Vaquero Galindo.

Page 57: Outro anaco de sabedoría

b

57

ALUMEAR O PAN

Facíase sempre o 30 de Abril, para que o centeo medrase ben e san.

Tíñamos que ter un varal ou vara grande, e que estivese seco, porque si estaba verde pesaba máis. Quitábamos a palla de cen-teo do palleiro, iámola poñendo no chan, e ó ter o mesmo lon-go que de varal, poñiamos outra fila por riba. Logo facíamos unhas corres de palla, que había que retorcer moi ben para que non rompesen. Atábase toda a palla coas corres, empezando por riba e deixando un cacho sen atar, que era onde se ía poñer o lume.

Así que viña a noitiña, saiamos todos os da aldea en fila para a veiga, que era onde estaba o centeo, ao chegar alí prendíamos lume nos fachicos, e ollo! moi importante era acadar a maior altura posible co fachico, ademais de alumear mellor.Era un día moi esperado, porque o pasábamos moi ben. Facían-se competicións e ata pelexas coas varas, e sempre había troula.

LOURDES

Page 58: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

58

Cantábase: Alumear o pan

no día de San Xuliáncada espiguiña de trigoo seu ferradiño de pan.

MARUJA

Alumea o pancada espiga o seu cribán.

MANUELA

Page 59: Outro anaco de sabedoría

b

59

AS NOSAS QUERIDAS NAIS

O 1º domingo de Maioé un día moi especial,

no que debemos lembraras nosas queridas nais,

que nos deron de mamar.

Algúns xa non as temosporque Deus así o quixopero aos que as teñades

non as tiredes o lixo.

Nai hai unha soae tédela que coidar,

porque unha vez que os faltede menos a ides botar,

porque neste mundo non haicomo os biquiños e caricias

dunha querida nai.

Agora veume a memoriaun verso que así dicía:“Vin unha nai rezandoaos pés da Virxe María

era unha santa escoitandoo que outra santa dicía”.

Page 60: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

60

Vamos darlle un aplausoporque creo que o merecene elas como son bueniñas

seguro que nolo agradecen. ISOLINO

Page 61: Outro anaco de sabedoría

b

61

ASÍ É A MIÑA VILA AGORA

A parroquia é Vicesoaldea de Vilar

un sitio moi bonitopara poder visitar.

Ten un novo alumeadoe beira rúas para pasear,podedes traer o coche

porque tendes onde aparcar,é a envexa de todos

que pasan polo lugar.

Recóllennos o lixounha vez por semanalévano para Lousame e non para Sogama.

Temos unha liña de transportepois iso é o primeiro

de Luaña para Santiagopasa Modesto Riveiro.

Hai dúas granxas gandeiraspero están modernizadas

non están de calquer maneira,

Page 62: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

62

tamén temos un ferreiroe unha costureira,

non acaba aquí a listapois tamén temos na aldea

un médico dentista.

Para que vexadesque é unha aldea moderna,

non temos restaurantepero si unha taberna.

E se temos todo o que dixenque máis podemos pedir

saúde ao noso Señorpara moitos anos vivir.

ISOLINO

Page 63: Outro anaco de sabedoría

b

63

ASÍ PENSABAN OS HOMES DAS MULLERESHAI 60 ANOS

As mulleres do século presentexa queren ao home en todo igualar

fuman negro, montan en vespae cortan o pelo ao ras.

Guían coche ao mesmo ca un chofernon lles asusta ningún tropezón

en bares discuten e bebena algunhas exhiben un bo pantalón.

Xa non queren saber nadade bordados, guisos nin coser

e aquel que pretendan por maridoestas cousas terá que aprender.

E se chega a vir un bebéai! que festa que será

non saberá quen épapá ou mamá.

ISOLINO

Page 64: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

64

CONTRA A VIOLENCIA CARA ÁS MULLERES

As mulleres deste mundopara poder malvivir,ademais de traballar

tamén teñen que parir.

Isto é unha cousaque así dispuxo Dios;

porque se non fora por elas,ai! se tiveramos que parir nós.

Elas coidan dos seus fillos,de pequenos e maiores,

non lles importa o traballopois fano de mil amores.

Queren a igualdadee teñen toda a razón,

porque hai moitas que traballansen gañar un patacón.

A violencia hai que cortalae facelo urxentemente,

para que o home e a mullerse respecten mutuamente.

Page 65: Outro anaco de sabedoría

b

65

Para que isto sexa así,eles téñense que entender

porque na vida é bonito gañarpero tamén hai que saber perder.

Está visto e comprobadoe ninguén o pode dudar,

que as mulleres hoxe en díanon teñen porque aguantar,que as insulten gravementeou que lles queiran pegar,

porque teñen o dereitopara poder denunciar.

Pobre daquel homeque teña tal intención,

pois acabará os díasmetido nunha prisión.

A violencia hai que cortalae facelo urxentemente,

para que o home e a mullerse respecten mutuamente.

Page 66: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

66

Nalgunha parte do mundoa muller non vale nada,

cómprana como unha mercancíapara logo ser explotada,

traballando como escravae despois ser violada.

E para que isto nunca pasenin na terra nin en Marte,

temos que poñer todosalgo da nosa parte.

Isto eu remataríaocun verso pequeniño:

“que o home trate a mullercon máis tenrura e cariño,pero tamén é importante

que Deus nos de sentidiño”.ISOLINO

Page 67: Outro anaco de sabedoría

b

67

MUÍÑOS

Os muíños do Muiñeirolevan moito millo moído

para todo Bastavalese tamén para Bugallido.

Viñan aquelas mullerescos saquiños na cabeza

e os homes cos sacos ó lombopa despois levar fariñae facer masa na artesa

para cocer broa no forno.

Quen compuñeu os muíñosera Hipólito Fontáns

que para compoñelos muíñostíñache moi boas mans.

A aldea do Muiñeirotiña dous ou tres veciños

visitada as vinte catro horas do díapolos que viñan ós muíños.

Page 68: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

68

Agora a aldea do Muiñeiroten só dúas casas

que están moi ben construídaspero están pouco visitadas.

COUSAS DE CASTRO VELLO

Page 69: Outro anaco de sabedoría

b

69

O SANTO ARANDEL

O campo do Santo Arandelten unhas árbores que dan sombra

para comer debaixo delassardiñas, cachelos e broa.

E tamén lle fixeron lareiras e mesiñas de pedra

para facer as fogatase xuntarse as familias o día da romaría.

O campo do Santo Arandelnon ten silvas nin ten toxos

e está moi preparadopara que bailen os mozos.

Os que veñan a esta festahan de marchar satisfeitos

van comer broa, cachelos e sardiñase máis viño do ribeiro.

Veño do Santo Arandeldo Santo Arandel eu veñoveño de comer sardiñas,

broa e máis cachelos.

Page 70: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

70

E con isto dixen todonon teño máis que dicirqueira Deus para o anopoidades volver a vir.

COUSAS DE CASTRO VELLO

Page 71: Outro anaco de sabedoría

b

71

OS MONTES DE GALICIA

Galicia todo é beleza,mirada por onde queiras

e todo natureza;que bonitos son os montesteñen un verde exemplar,teñen pedras misteriosas

os ríos saen ao mar.

Porque queiman os montes?que nos van arruinar

non saben o mal que fanmoitos tiñan que pagar.

Os paxariños escapanos que poden escapar,

porque no medio do lumemorre todo o que alí hai.

Que pena nos dan os montesfican as pedras ao sol,respiramos a borralla

que nos tinxe o corazón.

Page 72: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

72

Cando miro para o monteteño ganas de chorar,

non hai pinos nin carballos,non hai leña para o lar.

Por iso a vida é curtae nos temos que aprender,

que vivir o día a díae o que temos que facer.

BLANDINA

Page 73: Outro anaco de sabedoría

b

73

OS QUINTOS DO 57

Quintos do 57, xa vos podedes preparar,

porque no mes de febreiro vos tendes que incorporar.

Xa vai chegando a hora de preparar a maleta,que a mili vos espera,

con diana e con retreta.

Todos marchan aflixidos, tristes e desconsolados,

pensando nas noivas que lles quedan esperando.

Para ti xa se acabaron as festas e diversións, agora só che quedan dereitas e variacións.

Preocupados por facer ben a instruciónporque como a fagas mal,

pasarás o pelotón.

Page 74: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

74

A boca óleche a rancho, as mans a fusil

a espalda a macuto e o oído a cornetín.

Deixaranche o machete e o fusil,

correaxe e municións, e unha manta de durmir.

Tamén che deixarán a “seriana”, a gorra e ata o gorro,

que che queda máis mili que o soldado de “cascorro”.

MARUJA(Recordo do seu marido cando fixo o servizo militar)

Page 75: Outro anaco de sabedoría

b

75

PRIMEIRO DÍA DE ESCOLA DUNHA NENA HAI SESENTA ANOS

Despois de tantos anos, e lémbrase claramente dese día, un día moi importante.Era un luns de setembro, as nove da maná, e díxolle a súa nai:-Arriba preguiceira, que tés que ir á escola.A nena brincou da cama e o casulo ruxeo, a súa irmá protestou.A súa nai lavoulle a cara con auga moi fría, cousa que non lle gustaba nada, e atoulle o pelo con dous lazos brancos. Púxolle na man: o silabario, a “pizarra” e o “pizarrillo” e deulle un bico.Non a levou ninguén a escola, foi soíña; o día antes, seu pai xa lle ensinara onde era.Chegando a escola, bateu no chan e rompeu o “pizarrillo”, que era moi delicado. Cando chegou, xa estaban dentro, e non se atrevía a entrar. Pa-seou por diante da porta dúas ou tres veces, e a mestra saíu a fóra e preguntoulle como se chamaba, díxolle o seu nome e tamén os de todos os da súa casa, incluído o can.A mestra sentouna o lado dunha nena loura; aquela nena era gordiña e tiña envexa dela, pensaba: “A esta seguro que lle dan moito leite, rosquillas e ovos”, o que máis lle gustaba a ela, pero deso vía pouco.O mediodía, cando foi para casa, fixéronlle moitas preguntas, ela sentíase moi importante porque aprenderá moitísimo. Xa

Page 76: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

76

falaba castelán, nunca o oíra falar ata ese día. Tamén aprendeu a ser valente: “Eu non chorei” díxolle a todos. Aprendeu a compartir as cousas, a nena loura que era máis ve-lla que ela, pediulle o anaco máis grande do “pizarrillo” e tivo que darllo, alí mandaba a nena loura. O que máis lle custaba era estar queda, catro horas eran unha eternidade para unha “bule-bule” coma era ela.A mestra ademais de ser mestra tamén era “doña”, e tiña as mans brancas, finas e con uñas longas; nunca tal vira…En fin, solo tiña seis anos, e este primeiro día para ela signifi-cou moitísimo. Para o día seguinte xa quedaba menos.

CARMEN

Page 77: Outro anaco de sabedoría

b

77

RETRATO DA AULA DE MEMORIA DA TARDE

Está Ermitas ó meu ladofalamos e falamos

cordialmente e sen enfado

Rosa é a bibliotecariagarda todo na casa

e tamén na memoria.

De profesora temos a Elenaintelixente e moi alegrecon ela non hai pena.

Estou mirando a Pilarmoi traballadora, dálle por falar

e sempre ten ganas de cantar.

En fronte teño a Lourdesmodelo de exemplo e esforzo

está aí, sempre cumpre.

Tamén teño diante a Lourdiñasparticipa en todo, traballadora

e moi boa rapaciña.

Blandina é moi doce e tranquilasae para adiante

e sempre espabila.

Page 78: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

78

Marina pon moita atenciónde signo libra

fai as cousas con corazón.

O José vai por diantee como está moi atento

sempre lle sobra o tempo.

Tamén temos a Isolinoo poeta de Brión

sácalle chiste a todocon el rimos un montón.

Doutro lado teño a Floraaplícase moito, non perde o tempo

e aproveita moi ben a hora.

O final estou eumuller de pouca memorianon podo tomalo a coña

se non me fixo ben dou vergoña.

Si vos fixen mal retratopídovos perdón

apréciovos a todosfíxeno de corazón.

CARMEN

Page 79: Outro anaco de sabedoría

b

79

UN PASEO POR BRIÓNUn grupo de veciños de Brión, organizamos unha excursión polo Concello, porque hai moitos recunchos que aínda non co-ñecemos. Quedamos na Carballeira de Santa Minia, un lugar máxico cun encanto moi especial. O día non nos acompaña, porque está moi anubrado, pero aínda así dispoñémonos a gozar deste pa-seo, equipados con paraugas e chuvasqueiros pero moi ilusio-nados polo que vamos ver. Dende aquí un bus lévanos ata Ons. Ca mochila ó lombo iniciamos o noso recorrido dende o cen-tro de piragüismo. Polo camiño a paisaxe é preciosa, vémonos rodeados de pinos, eucaliptos, carballos, castiñeiros… e de plantas como as brotas, toxos e loureiros, entre outros. A na-tureza móstranos todo o seu esplendor. Imos bordeando o río Tambre, e detémonos para observar os topónimos que definen distintos paraxes, como O Gandarón, Saniña, A Dorna, Vile-la, A Gamallosa, Alvares, Sucanal, Pesquiera de Pasos, Peana da Copa, Covas de Pachón, Salaño, Coto dos Barbudos e Pías. Pasamos polas aldeas de Pazo e Fonteparedes, e chegamos á igrexa de Ons, unha magnífica construción de arte Neoclásica, onde se venera a Santa Eufemia e a Santa Rita; dende este lugar temos unhas magníficas vistas.Facemos unha parada para xantar, e imos ata Bastavales. Alí visitamos O Santo Arandel, cerca da aldea de Beca, onde ato-pamos unha carballeira con mesas e bancos de pedra e un al-tar, onde se celebra a misa o día da romaría do santo, o último domingo de Agosto. Ademais de homenaxear o santo, a xente

Page 80: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

80

reúnese para comer sardiñas con cachelos e broa, regado con viño do país.Deixamos atrás a carballeira, e a man esquerda tomamos o ca-miño que nos leva o Castro Lupario, o camiño está cheo de vexetación, pero finalmente chegamos as ruínas da muralla do castro, datado no ano 500 a.C., está ben conservada, e tamén vemos a “Eira dos Mouros”; os mouros son personaxes mitoló-xicos da cultura celta.Baixando do castro, dirección Francos atopamos unha ponte e parte dunha calzada romana, sobre o río Tinto. O nome desta ponte é “Ponte dos Mouros”. Cerca do camiño, baixando cara ó río, entre as matogueiras hai un burato, que din conduce a un túnel, que sae á “Eira dos Mouros” no Castro Lupario.Pasamos por Cabanelas, moi importante porque alí atopouse a talla do Santo Arandel, que data do século IX. Atopouse nun regueiro ó lado do lavadoiro da aldea, e na actualidade está no Museo do Pobo Galego .Chegamos á aldea de Francos, famosa pola romaría de San Martiño, que se celebra o 11 de novembro, nesta festa celébra-se a feira cabalar, de gran interese na comarca. Aquí tamén se atopa un cruceiro do século VIII e a Capela do Espírito Santo.Abandonamos a aldea de Francos e volvemos a pasar pola Pon-te dos Mouros en dirección a Angueira do Castro. Bordeando o Río Tinto a paisaxe e moi fermosa, deixamos a nosa esquerda o Pazo de Faramello.Pasamos por Angueira do Castro, unha aldea preciosa, ten un pazo e casas de pedra, algunhas restauradas.

Page 81: Outro anaco de sabedoría

b

81

Chegamos ó final do noso paseo, porque xa estamos cansos. Aínda nos queda moito que recorrer, pero temos que deixalo pra outro día.

LOLI VARELA

Page 82: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

82

XIRINELDO

Xirineldo, Xirineldopaxe do rei máis querido,quen me dera, Xirineldo,

pasar a noite contigo!-Como son o seu criado,

señora, burla comigo,-Non me burlo, Xirineldo,porque de veras cho digo.

-A que hora hei de vir, señora?A que hora hei vir ó castillo?

-Alá pola media noite, que estará o meu pai durmindo.

Inda non deran as doce,Xirineldo no postigo.

Espertou o rei dun sono,dun sono moi pensativo,colleu a espada na mane foi rondar o castillo;

chegou o cuarto da infantae os dous viu durmindo.

Page 83: Outro anaco de sabedoría

b

83

-Qué farei eiquí, meu Deus?Qué farei eiquí Dios mío?Si é que mato a Xirineldo,

é o meu paxe máis querido;si é que mato a miña infanta,queda o meu reino perdido.

Porei a espada no mediopara que sirva de testigo.

Espertou Xirineldo,dun sono espavorecido;

foille dar os días ó reimal calzado e mal vestido.-De onde ves ti Xirineldo,tan triste e descolorido?

-Veño de cortar rosase de rondar o castillo.

-Dime a verdade Xirineldo,que eu de corazón cho pido.

-Máteme, máteme agora,que llo teño merecido.

-Si te quixera matarmoito tempo teño tido;casaraste coa infanta,gobernarás o castillo.

CHONCHA

Page 84: Outro anaco de sabedoría

Rezos e panxoliñas

Non pode faltar un apartado dedicado ás pregarias, porque neste pobo somos xente moi de-vota, principalmente da nosa santiña: Santa Minia. Tamén lembramos algunhas panxoli-ñas que se cantaban en tempo de Nadal, os máis novos ían po-las aldeas, a pedir o aguinaldo.

Page 85: Outro anaco de sabedoría

b

85

ALÁ VAI NOSA SEÑORA

Alá vai Nosa Señorado Exipto pra Belén,

leva o seu fillo no coloque lle parece moi ben,e no medio do camiño

pediralle de comer,-Qué che darei eu, meu fillo,qué che darei eu, meu ben?

O pan ten moita area,e a auga lixosa ven.

Encontrará unha maceiraque moi ricas mazáns ten;o ceguiño que as gardaba

non llas podía coller.-Dame unha mazán , ceguiño

para este Neno comer.-Entre, Señora, na hortae colla das que quixer;

escolla das máis pequenasque son de millor comer.Come o Neno a mazáne o cego empeza a ver.

-Quén che deu a vista, cego.cego quén che deu tal ben?-Pois doumo Nosa Señora

e Xesús de Nazarét.(CHONCHA)

Page 86: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

86

HIMNO DE SANTA MINIA

Gala deste chan galegoMinia! santiña avogosaválenos nena fermosati que vives xa no ceo.

En Roma fuches nacidae mártir os quince anos

foi asombro dos paganosa ofrenda da túa vida.

Coa fe en Deusco ánimo aceso

de Cristo cual fiel esposati que vives xa no ceo.

ESTHER

Page 87: Outro anaco de sabedoría

b

87

O NACEMENTO DO MESÍAS

A noite de Nadalé noite de gran alegría,

camiñando vai Xosé e máis a Virxen María.

Camiñan para Belénpara chegar con día,

cando a Belén chegarontoda a xente durmía.

Abre as portas porteiroa Xosé e a María,

as portas non se abrenata que chegue o día.

María estaba cansadaMaría xa non podía,

encontraron un portalque alí seica había,

para gardarse da noitee do frío que facía.

Alá pola media noitepariu a Virxe María,nun pobre pesebre

onde a mula e o boi comían.

Page 88: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

88

Deitou ao neno nas pallasque no pesebre había,

a mula e o boico alento calor darían.

María estaba tan pobreque un farrapo non tiña,

sacou o velo brancoque o seu cabelo cubría,

fixo catro anacose ao neno envolvía.

Baixou un anxo do ceo,ricos panos traía,

uns eran fina panaoutros de lana fina.

Outros de seda bordadospara a Virxe María,

o anxo viña cantandoBendita sexas María.

Cando se enterou o pobode que alí acontecía,

foron a adorar o nenoe ricas cousas traían.

Page 89: Outro anaco de sabedoría

b

89

Chegaron dende Orienteos tres reis Magos,

guiados por unha estrelaante o neno se postraron.

Adoraron ao neno,uns agasallos traían,nun cofre de prata

ouro, incenso e mirra.

De volta a Orientecolleron outro camiño,

para despistar a Herodesque non soubera do meniño.

Xesús naceu pobre e humilde,pola nosa salvación,

os trinta anos morreu na cruz,pola nosa redención.

Agora vive no ceoao lado do seu pai,e dende onde está,

téndenos a todos a súa man.(ROSA BARBAZÁN)

Page 90: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

90

ORACIÓNS DEDICADAS A VARIOS SANTOS

Santa Bárbara benditaque no ceo estás escrita

garda o pan e garda o viñogarda a xente que vai polo camiño.

ESTHER

Miña santa Margarida,miña Margarida santa,tedes a casa no monteonde o paxariño canta.

LOURDES

Adeus, Virxen do Cristal,suspiriños que me levas!

se che foran graus de millosementarían moitas terras.

FLORA

Á Señora da Saletao meu dengue lle hei de darpara que se me case a filla

co máis rico do lugar.CARMEN MARQUE

Page 91: Outro anaco de sabedoría

b

91

Tamén vai Nosa Señoraentre as que pra sega van, fouciño de ouro no brazo

e o Neniño pola man.MARUJA

Nosa Señora da Barcaten o tellado de pedra,

ben o podía ter de ouro,miña Virxe, se quixera.

CHONCHA

San Francisco é moi probiño,ten remendado o saial,

val máis saial con remendos,que val un manto real.MANOLO BLANCO

Page 92: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

92

PADRE NUESTRO MAIOR

Padre nuestro maiorsangue do noso señor, ánxeles van polo ceo, todos en procesión.

San Pedro leva a cruz,San Xoán o pendón,

entre eles todosvai Xesús cravado,

atado de pés e mans, aberto polo costado.

O sangue que del caía,caía nun cáliz sagrado,e o home que o beba

neste mundo será reinado,e no outro rei coronado.

O que esta oración dixere,todos os venres do ano,

quita unha almiña da penae a súa do gran pecado.

ROSA BARBAZÁN

Page 93: Outro anaco de sabedoría

b

93

PANXOLIÑA DE NOITEBOA

Cun sombreiro de pallaun galego a un portal foi;mentras adoraba ó Neno,

comeulle o sombreiro o boi.

Falade ben baixo,petade pouquiño

pra que non esperteo noso Neniño,

que é moi pequeno,moi pequerrechiño.

Vinde axiña, compañeiros.vinde e correde bene veredes ó Mesías

nun pesebre sendo Rei.

Vinde axiña, compañeiros,´que xa todos van alá,

que eu tamén lle levo un queixo,que é pro Neno e máis pra Nai.

MANOLO BLANCO

Page 94: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

94

PANXOLIÑA DE REIS

Cantámosche os reisesorellas de burro,

cantámosche os reisesfixécheste mudo.

Cantámosche os reisescanelas de cabra,

cantámosche os reisesnon nos deches nada.CARMEN REMESAR

Page 95: Outro anaco de sabedoría

b

95

SEÑOR MÍO PEQUENIÑO

Señor mío pequeniñoalá fun, alá cheguei

tres Marías encontreipreguntando por Xesús.

Xesús estaba na cruzcos peíños a sangrar

chamando por Magdalenaque llos viñera limpar.

Tente Magdalena tentenon llos veñas estimar

estas son as cinco llagasque por ti han de pasar.

Rudiei e rudieicen leguas de monte andei

encontrei nosa Señoracun ramalliño de oliva.

Eu pedinlle unha folliñaela doume o seu cordónSan Silvestre, San Simónbendíceme este cordón

que mo dou Nosa Señorada raíz do corazón.

AURORA

Page 96: Outro anaco de sabedoría

ReceitasCoa riqueza gastronómica da nosa terra, e co que nos gusta comer, tiñamos que incluír un apartado de receitas. Quixemos recoller receitas case esqueci-das, de comidas que hai moitos anos que non facemos, pero que nos gustaban moito; ademais de receitas actuais que son fá-ciles de facer e están boísimas.

Page 97: Outro anaco de sabedoría

b

97

-6 dentes de allo-2 pementos verdes-1 pemento vermello-2 culleradas de pemento doce-400 grs. de bacallau

-1 cunquiña de arroz porpersoa-Chícharos

ARROZ CON BACALLAU

PREPARACIÓN:1º) Dourar os allos en aceite de oliva2º) Retirar os allos e fritir os pementos cortadiños.3º) Engadir o pemento doce e o bacallau escorrido.4º) Botar o arroz e os chícharos, pasalos un pouco.5º) Engadir 3 cunquiñas de auga por cada unha de arroz.Cociñar de 12 á 18 min., segundo gusto.

LOLI

Page 98: Outro anaco de sabedoría

O���� ����� �� S��������- obradoiros de memoria -

98

-Fariña de millo-Centeo-Sal

BOLOS DO POTE

PREPARACIÓN:Facemos un bo caldo cuns osiños de costela e de lom-belo, e un cacho de touciño da barriga.A masa dos bolos leva: tres partes de fariña de millo, unha de centeo, e auga férvida con sal.Mesturamos todo isto, facendo unha masa que deixare-mos repousar un pouco. A esta masa dámoslle forma de bolos do tamaño de pe-lotiñas de tenis.Nunha pota anchiña, botamos a auga do caldo que fi xe-mos e cocemos os bolos durante unha hora. Cómense coa carne do caldo.Se sobran facémolos en lonchiñas e quéntanse na tixo-la.

LOURDES

Page 99: Outro anaco de sabedoría

b

99

-1 cunca de fabas frescas-1 cunca de arroz (mellor do redondo)-1 cenoria picada-1 pemento vermello picado

-1 cebola picada-1 allo picado

CALDO DE VIXILIA

PREPARACIÓN:1º) Remollar as fabas.2º) Botalas a cocer en auga fría (6 cuncas de auga)3º) Cando empece a ferver , botar o arroz e cocer todo a lume lento 20 min.4º) Facer un rustrido ca cenoria, o pemento, a cebola e o allo; rustrilo ben cunhas areas de sal e engadirlle pe-mento doce e comiños. Botalo na pota do arroz cando ferva.Deixalo repousar antes de servir, pero aínda está máis rico ó día seguinte.

ESTHER

Page 100: Outro anaco de sabedoría

O���� ����� �� S��������- obradoiros de memoria -

100

-1 cebola mediana-300 grs. de broa-1 cullerada de graxa de porco

FARANGULLAS DE BROA

PREPARACIÓN:1º) Rustrir a cebola, moi picadiña.2º) Engádeselle a broa esmiuzada, teñen que quedar se-cas e ben cocidas.Pódeselle engadir medio chourizo ou unhas liscas de touciño (sempre que non teñas colesterol)

CARMEN

Page 101: Outro anaco de sabedoría

b

101

- 1 Kg. de lombo de porco- Aceite, sal,pementa e pirixel.

Para a salsa de noces:-1 puñado de noces-1 cunquiña de pan raiado-1 cunquiña de leite- Salsa do lombo

LOMBO DE PORCO CON SALSA DE NOCES

PREPARACIÓN:1º) Salgar e pementar o lombo. Pasámolo pola tixola para selalo e que non perda os xugos e quede máis tenra.2º) Colocamos a peza de lombo nunha placa de forno cun chorro de aceite, unha culler de auga e un pouco de pirixel. 3º) Cocémolo durante 30 min. a 180º.4º) Sacámolo e colocámolo nunha fonte para servir, torá-molo sen chegar a cortalo de todo.5º) Para facer a salsa: poñemos un cazo ó lume con parte dos xugos que soltou o lombo, engadimos as noces pica-das, o pan raiado e o leite. Deixámolo ferver sen deixar de remexer para que non se corte, hasta que espese un pouco.6º) Botámoslle a salsa por riba da carne e servímolo con guarnición de verduras. Podémolos acompañar con puré de patacas.

LOLI VARELA

Page 102: Outro anaco de sabedoría

O���� ����� �� S��������- obradoiros de memoria -

102

-4 ovos-250 grs. de azucre e un pouco de azucre avainillado-150 grs. de aceite de xirasol-120 grs. de leite

-350 grs. de fariña de trigo-2 sobres dobres de gasifi ca-dor (especial madalenas)-A reladura dun limón-Optativo: noces picadas, pe-bidas de chocolate, arandos…

MADALENAS DE PABLO

PREPARACIÓN:1º) Separar as claras das xemas2º) Mesturar as xemas co azucre, remexer ben e engadirlle o leite e o aceite, seguir a remexer.3º) Mesturar moi ben a fariña co gasifi cador e fi ltrala (cun coador). Engadila á mestura pouco a pouco.4º)Engadir a reladura do limón e as claras a punto de neve, con coidado e movementos envolventes.5º) Deixar repousar a masa na neveira 30 min. 6º) Poñer na bandexa do forno os moldes de silicona, ou fl aneras, cos papeis das madalenas dentro, botar a masa sen encher os moldes (3/4 partes) e botarlle un chisquiño de azucre por riba.7º) Cocer a 200º, co forno por enriba e por debaixo, apro-ximadamente 15 min.

PABLO

Page 103: Outro anaco de sabedoría

b

103

- Caldo galego- Fariña

PAPA LA VERZA

PREPARACIÓN:Faise un caldo galego, como todos coñecemos.O primeiro día cómese o mellor, ó fi nal cando queda auga sola, bótase fariña, reméxese ata facer papas. Chámase papa la verza porque sempre quedan restos de verzas.

BLANDINA

Page 104: Outro anaco de sabedoría

O���� ����� �� S��������- obradoiros de memoria -

104

- Restos de carne do cocido- Cebola-Patacas ou garavanzos

ROUPA VELLA (cos restos do cocido)

RECEITAS DE ENTROIDO

PREPARACIÓN:1º) Pícase a carne que nos sobrou do cocido.2º) Picar cebola, rustrila e mesturarlle a carne. Revolver uns 5 min. para que se mesturen os sabores.Servir con patacas fritidas (en cadrados) ou con gara-vanzos.

ESTHER

Page 105: Outro anaco de sabedoría

b

105

-1 litro de leite-1 litro de auga-12 ovos-1 Kg de fariña de trigo(mellor da casa)

-1 culleriña de sal

FILLOAS

RECEITAS DE ENTROIDO

PREPARACIÓN:1º) Mesturar todo, primeiro o líquido e ir engadindo a fariña que admita.2º) Batelo moi ben, e deixar repousar un mínimo de media hora.3º) Untar a tixola ou a fi lloeira cun anaco de touciño, e facelas fi niñas.Comelas cando estean mornas.

ESTHER

Page 106: Outro anaco de sabedoría

O���� ����� �� S��������- obradoiros de memoria -

106

-Tripas de porco (calleiro é o estómago do animal)-Pan-Leite-Pasas, piñóns…

-Ovos (bastantes)-Azucre (bastante)

CALLEIRO

RECEITAS DE ENTROIDO

PREPARACIÓN:1º) Limpar moi ben as tripas e salgalas (3 meses aproxima-damente)2º) Desalgar moi ben as tripas, 3 ou 4 días, cambiándolles a auga.3º) Amasar o pan e o leite, e deixar repousar.4º) Engadirlle os ovos, as pasas e o azucre. Faise unha masa lixeira.5º) Encher as tripas, atalas e cocelas no forno . A media cocedura pinchar as tripas, para que non reben-ten.6º) Cando arrefríen, cortar en toros e fritir na tixola. Ta-mén se pode comer frío.

ROSA

Page 107: Outro anaco de sabedoría

b

107

- O zume de tres laranxas- 6 xemas de ovos- 3 culleradas de aceite-50 grs. de azucre-1 copa de coñac

-1 sobre de fermento- Fariña, a que admita

ROSQUILLAS DE LARANXA

PREPARACIÓN:1º) Nun cunca poñemos as xemas, o azucre , zume das laranxas, o coñac e o aceite. Bátese ata que quede espu-moso.2º) Engadímoslle a fariña mesturada co fermento, ama-sando moi ben.3º) Deixamos repousar.4º) Colocamos a masa sobre unha mesa de mármore enfariñada, e facemos as rosquillas.5º) Fritímolas en abundante aceite, moi quente, deixán-doas dourar. Espolvoriñar con azucre.

LOLI VARELA

Page 108: Outro anaco de sabedoría

O���� ����� �� S��������- obradoiros de memoria -

108

-500 grs. de améndoas moídas-500 grs. de azucre-8 ovos-Un pouco de canela(optativo)

TARTA DE AMÉNDOA DA AVOA

PREPARACIÓN:1º) Bater as claras a punto de neve.2º) Engadirlle as xemas, o azucre e a améndoa.3º) Botalo nun molde enfariñado e engraxado.4º) Metelo no forno a temperatura media ata que estea dourada.

JOSE

Page 109: Outro anaco de sabedoría

b

109

-250 grs. de fariña de trigo-150 grs. de fariña de millo-100 grs. de manteiga-100 grs. de azucre-1 sobre de fermento

-1 vaso de leite-4 ovos

TARTA DE MILLO

PREPARACIÓN:1º) Mesturar todos os ingredientes, primeiro os líqui-dos cos ovos e o azucre, e despois a fariña e o fermento (fi ltrados).2º) Botar nun molde engraxado e enfariñado, e meter o forno a lume moderado, durante aproximadamente 30 minutos.

JOSE

v v v

Page 110: Outro anaco de sabedoría

Remedioscaseiros

Dende a nosa experiencia, que-remos compartir remedios ca-seiros pero efi caces, probados por nós. Moitas veces en épo-cas nas que non se compraba tanto como agora, usábamos cousas que tiñamos ao noso re-dor, porque xa se sabe que a necesidade agudiza o enxeño.

Page 111: Outro anaco de sabedoría

b

111

-Para que os zapatos novos non aperten: botarlles crema hidra-tante por dentro. Tamén funciona, metelos no conxelador con periódicos húmidos dentro.

MANUELA

-Para quitar os brillos da roupa: botar auga con vinagre nun cepillo da roupa e cepillar, despois pasar o ferro cun pano hú-mido.

ESTHER

-Para que o ferro non se pegue a roupa: pulir o ferro con pasta de dentes, pasarlle un pano mollado con sal humedecida.

ESTHER

-Para sacarlle as escamas ó peixe: usar unha cuncha de vieira; non salpicarás escamas por toda a cociña.

ESTHER

-Para desalgar o bacallau máis rápido: poñelo en toros en leite.BLANDINA

-Para cortar a cebola sen lágrimas: pasar o coitelo (que debe estar ben afiado) por un limón, unta tamén as mans con zume de limón.

BLANDINA

-Para que as patacas peladas con antelación non escurezan: deixalas en auga con zume de limón.

BLANDINA

Page 112: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

112

-Antes de gardar os filetes no frigorífico: úntaos con aceite, conservaranse mellor e non colleran olores.

BLANDINA

-Para que as xudías che queden máis brandas: cóceas en leite.BLANDINA

-Para limpar os cubertos: lavala con auga de cocer as patacas, quedarán relucentes.

BLANDINA

-Para que o aceite da fritura quede limpo: engade unha clara de ovo cando fritas, esta absorberá todas as materias indesexables.

BLANDINA

-Grans infectados: poñer pelica de unto quente e tapala.MANUELA

-Para que non saian “padrastros”(esas peles ó redor das uña): cortar as uñas en días sen “R”(luns,xoves, sábado ou domingo).

AVOA DE ELENA

-Para os “uñeiros”(infeccións ó redor das uñas): meter o dedo en auga o máis quente posible, varias veces.

MANUEL BELLO

-Para as feridas e rozaduras nos pés: cocer follas de eucalipto máis follas de pexegueiro, lavar ben a ferida.

MANUELA e PURA

Page 113: Outro anaco de sabedoría

b

113

-Remedio para a tose: facer unha infusión con auga e ourego, cocelo ben, e tomalo con mel e limón.

MONCHA

-Pedra de alume: ademais de ser un desodorizante natural, por-que elimina as bacterias que dan mal olor, é moi eficaz para aliviar todo tipo de irritacións (despois do afeitado, picaduras de insectos).

ELENA

-Para eliminar as toupas: meterlle pedras de carburo nas gale-rías.

ISOLINO

v v v

Page 114: Outro anaco de sabedoría

Un poucode humor

Para nós o humor está sempre presente, rímonos ata de nós mesmos, isto queda reprodu-cido en todo o libro. Para esta parte gardamos unhas simpáti-cas frases e unhas cantigas que de seguro vos van facer sorrir.

Page 115: Outro anaco de sabedoría

b

115

CANTIGAS

Por la señal, da Santa Carnalcomín touciño e fíxome mal,

boteino no prato e comeuno o gatoe boteino no pozo e comeuno o raposo.

MARUJA

Vino venitatis tatisque saes das verdes matas

que os homes máis valentesos fas andar a gatas.Corres como a lebrevoas como o miñato

sóbeste a cabezae fas burro o teu amo.

JOSÉ QUINTANO

Page 116: Outro anaco de sabedoría

Outro anaco de Sabedoría- obradoiros de memoria -

116

Divino San Caietánfeito de pau de cerdeiralíbrame santo bendito

dunha muller cabrixeira.MANUELA

Padre Nuestroque ven o maestro

santificadoco pau levantado.

ISOLINO

Page 117: Outro anaco de sabedoría

b

117

FRASES

O que é capaz de sorrir cando todo lle está saíndo mal,é por-que xa ten pensado a quen botarlle a culpa.

JUSTAA tontería é a máis estraña das enfermidades. O enfermo non

a sufre, senón os que están ó seu redor.PEPE

O que nace pobre e feo, ten moitas posibilidades de que o me-drar se desenvolvan ambas as dúas condicións.

PEPEAlguén dixo que o traballo nunca matou a ninguén, pero para

que imos a arriscarnos.JUSTA

A verdadeira felicidade está nas pequenas cousas: un pequeno iate, unha pequena mansión.

JUSTA

v v v

Page 118: Outro anaco de sabedoría

ParticipantesEste libro púidose facer grazas ao esforzo e á memoria dunha morea de compañeiros e compa-ñeiras, sempre dispostos e animo-sos. A maioría dos participantes asisten aos Obradoiros de Maio-res, que se imparten no Centro Social, aínda que hai colabora-cións de familiares e amigos, que espontaneamente achegaron o seu “gran de area”. Tamén que-remos agradecer o apoio do Con-cello de Brión a este proxecto. Grazas ao seu patrocinio pode-mos gozar dun libriño que entre todos fi xemos con moito cariño.

Page 119: Outro anaco de sabedoría

b

119

José Manuel Blanco VidalConcepción Blanco VidalDolores Varela Sánchez

M. Antonio Bello BermúdezDigna Villaverde López

Pura Romero BlancoEsther Lago Liñares

Encarna Lago LiñaresMaría Lago Liñares

Mª Concepción Tojo FernándezManuela Díaz Rivas

Justa Álvarez AmadorAurora Lamas Juncal

Lourdes Núñez GarcíaBlandina Túñez Casal

José Fernández AsensioMarina Montero Fariña

Mª Josefa Campaña LandeiraPilar Turnes Turnes

Ermitas Castro PereiraRosa Lamas Juncal

Flora Caamaño VilasMª Carmen Fernández Aido

Rosa Barbazán NeoIsolino Cantelar Pais

Ramona Maceira BarcoCarmen Marque López

Carmen Remesar OcampoJosé Mª Forján Blanco

José QuintanoEsperanza Souto

José CastroDolores Otero Brea

Pablo Becerra SuárezJosé Blanco García, PepeElena Remesar Marque

Page 120: Outro anaco de sabedoría

Índice

Page 121: Outro anaco de sabedoría

Presentación 3Adiviñas 4Cantigas 10Refráns 34Expresións populares 44Narracións 52Rezos e panxoliñas 84Receitas 96Remedios caseiros 110Un pouco de humor 114Participantes 118

Page 122: Outro anaco de sabedoría
Page 123: Outro anaco de sabedoría
Page 124: Outro anaco de sabedoría