terras de compostela · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. outro acerto...

55
Marilar Aleixandre TERRAS DE COMPOSTELA

Upload: others

Post on 01-Aug-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

Marilar Aleixandre

TERRAS DE COMPOSTELA

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 3

Page 2: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

Unha iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Polas características técnicas de esta edición:© Polo texto: Marilar Aleixandre© Polo texto: Paco Vilabarros© Promocións Culturais Galegas, S.A. Impresión e acabamento: Norprint Artes Gráficas, S. A. 4780-583 Santo TirsoI.S.B.N.: 978-84-8341-328-9Depósito legal: VG 329-2009

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 2

Page 3: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

Limiar 7

Bonaval: O movemento da tripla escaleira de caracol 11

Tellados, chemineas e o valente Xoán Tuorum 13

Leiras, leiroas e paredes; Belvís 15

Da rúa dos músicos ás sete portas da cidade 23

Pódese abrir o paraugas en todas as rúas? De Salsepodes ás Casas Reais 29

Da praza de Cervantes ao antigo Rego de Auga 33

Do caos de Praterías, á Quintana e ao Pórtico da Gloria 39

Do Obradoiro ás rúas do Vilar e Nova 47

Da carballeira de Santa Susana ao Sar de Rosalía 55

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 6

Page 4: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

LLiimmiiaarr

Viaxeira, viaxeiro, ao entrar en Santiago deCompostela estás pisando o territorio daimaxinación. Talvez non haxa cidade que,como esta, deba a súa existencia á invenciónhumana. Non está fronte ao mar nin na beiradun grande río e o único cruzamento que sedeu nela foi o das ideas e ambicións que tu-rraron para aquí de Iago, o pescador, a bordodunha barca de pedra. Se é el ou non quenestá soterrado na catedral, baixo unha lápidaque levaba inscrita unha invocación aos deu-ses manes, é difícil aseguralo. Noutro lugarapuntei que o corpo debía ser o do bispo he-rético Prisciliano, decapitado no século IV.Quen sabe? Se á fin o que somos depende decomo nos inventamos a nós mesmos, tantoten que a historia sexa verídica se foi ben

7

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 7

Page 5: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

contada. A de Compostela é unha fermosanarración que é posíbel escoitar con sóatender o que di cada pedra. Para guiarnos através do territorio inventado de Composte-la, seguindo a traxectoria leste-oeste que pa-rece seguir o sol: quen mellor que o inventore arquitecto Domingo de Andrade?

O noso itinerario comeza no que noutrotempo foi o mosteiro de San Domingos de

TERRAS DE COMPOSTELA

Porta do CamiñoATerr s

8

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 8

Page 6: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

Bonaval, hoxe sede do Museo do Pobo Gale-go. Entramos na cidade pola Porta do Cami-ño, así chamada pois nela desemboca a rúa deSan Pedro, último tramo do máis frecuenta-do de todos os camiños de Santiago, o Fran-cés. Entramos seguindo as pegadas dosmilleiros de peregrinos que desde hai onceséculos procuran Compostela e, como sechegásemos tan cedo que estando aínda asportas fechadas temos que agardar extra mu-ros, buscamos acougo en Bonaval.

Marilar Aleixandre

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 9

Page 7: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

Tripla escaleira de caracol de Bonaval

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 10

Page 8: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

BBoonnaavvaall:: OO mmoovveemmeennttoo ddaa ttrriippllaa eessccaalleeiirraa ddeeccaarraaccooll

Hai arquitectos que elaboran a súa obra nontanto con pedra ou madeira senón con luz esombra, e Domingo de Andrade é un deles.Este arquitecto barroco foi inventor, autor depropostas para atravesar un río baixo a augasen ser visto. Deses documentos que quizaisanticipaban os submarinos só nos chegaronfragmentos. O que si fica del son obras mag-níficas como a tripla escaleira de caracol doMuseo do Pobo Galego, a Torre do Reloxo nacatedral ou a Casa da Parra na Quintana.

Como moitos habitantes de Santiago, An-drade non naceu aquí, senón en Cee, na Costada Morte, en 1639. Talvez cando deseñou atripla escaleira de caracol estaba influído,consciente ou inconscientemente, polo

11

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 11

Page 9: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

tríscele, o símbolo celta da tripla espiral ins-crito nas laxes. O certo é que a escaleira queestamos subindo (para coñecela non bastacon vela ou fotografala, debemos percorrela)é unha construción extraordinaria. Aíndaque no mundo existen escaleiras de hélicedobre, a do Vaticano ou a do castelo deChambord, deseñada por Leonardo da Vinci,a de Bonaval é a única tripla. É así mesmo unresumo do barroco, estilo do que encontrare-mos en Santiago destacados exemplos. Aesencia do barroco (palabra que procede entodas as linguas do portugués) é o move-mento, a representación que chega a ser tea-tral. A escaleira na que nos encontramos émovemento en estado puro e mesmo des-pois de saír dela para visitar outros recantosde Bonaval, como o claustro, a tumba de Ro-salía ou o antigo cemiterio transformado enparque, as súas espirais seguen xirando nanosa cabeza.

TERRAS DE COMPOSTELA

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 12

Page 10: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

TTeellllaaddooss,, cchheemmiinneeaass ee oo vvaalleennttee XXooáánnTTuuoorruumm

Para coñecer Santiago é preciso camiñar po-las súas rúas sobre as lousas que foron des-gastadas por outros, gabear ao máis alto dosmiradoiros e contemplar os tellados. Pode-riamos entrar no Centro Galego de ArteContemporánea, obra de Álvaro Siza, quedesde as súas arestas propias do século XXdialoga co barroco de Bonaval, contemplarno alto da súa terraza unha panorámica da ci-dade. Mais, da man de Domingo de Andra-de, eu tomaría unha ruta diferente, máislonga, que nos leva a través doutra actuaciónde Siza –a reforma do cemiterio de Bonavalrealizada xunto coa paisaxista Isabel Agui-rre–, a carón de nichos baleiros, integradoscomo un elemento máis xunto con árbores,

13

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 13

Page 11: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

auga e esculturas, ao cumio do parque. A ci-dade histórica esténdese aos nosos pés, es-preguizando as innumerábeis torres encompetencia coas da catedral, lavando nachuvia a pel dos seus tellados (deséxovos quecontempledes os tellados de Santiago nundía de sol, mais temos a estatística en con-tra), erguendo as chemineas que xa non cos-pen fume. Observando as chemineas máis

TERRAS DE COMPOSTELA

teLom aed

posCCentro Galego de Arte Contemporánea

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 14

Page 12: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

próximas ao parque, as da rúas de Bonaval,rúa do Medio e San Pedro, podemos pregun-tarnos como é posíbel que casas tan peque-nas tivesen unhas chemineas tan enormes,por que algunhas casas fachendean de dúas eaté tres chemineas. Cousas do barroco: aschemineas non eran só un camiño para ofume, senón tamén un signo da importanciados propietarios da casa. Case enfronte daporta de ferro do cemiterio, na rúa de Bona-val, hai unha casa con dúas grandes chemine-as que fan temer que o tellado caia baixo oseu peso. Máis que chemineas son un aturu-xo: Ollade como sobranceo!

Saíndo por esta grande porta de ferro e to-mando a rúa de Bonaval cara á dereita, en-contramos outra porta, sempre fechada, cuntímpano de pedra de estilo románico tardío,que leva unha inscrición referente a XoánTuorum, o “Home Santo”. Xoán Tuorum,ferreiro da Porta do Camiño foi, segundo atradición, un dos que participaran en 1320na rebelión dos veciños de Santiago contra oarcebispo Berenguel de Landoira, e a preten-sión da Igrexa de detentar o señorío da cida-de. Cando Landoira, logo de tomar o castelo

Marilar Aleixandre

15

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 15

Page 13: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

da Rocha Forte e pasar a coitelo aos rebel-des, entrou vitorioso na cidade, tomou vin-ganza e o ferreiro foi preso baixo a acusaciónde dar morte a un familiar do arcebispo. Noséculo XIV pouca defensa había fronte ospoderosos, e Xoán Tuorum foi condenado áforca. Conta a lenda que, camiño dela, pasan-do por diante da imaxe da Virxe, invocouna

TERRAS DE COMPOSTELA

Rúa de Bonaval

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 16

Page 14: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

chamando: “Ven e váleme!”. Ao momentocaeu fulminado no chan, no que todos en-tenderon como un milagre que o salvaba daignominia da forca. Foi enterrado nese lugar,baixo un cruceiro denominado o do HomeSanto. Diríase que os composteláns desetempo identificaban santidade coa defensados dereitos dos veciños.

Voltamos á porta de ferro, para cruzar des-de ela a rúa de Bonaval e tomar as escaleirasque baixan, a través da rúa do Medio, á de SanPedro. Observemos que estas rúas son daspoucas de Santiago nas que o piso de laxes dexisto non foi agochado baixo o asfalto. Aíndanon cruzamos a Porta do Camiño, pois desdea rúa de San Pedro imos tomar un roteiropouco frecuentado polos turistas que nos le-vará, pola Calzada de San Pedro e a rúa deBelvís, tamén pavimentada con lastros, aomiradoiro de Belvís.

Marilar Aleixandre

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 17

Page 15: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

TERRAS DE COMPOSTELA

Porta coa inscrición referente a Xoán Tuorum

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 18

Page 16: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

LLeeiirraass,, lleeiirrooaass ee ppaarreeddeess:: BBeellvvííss

Aínda que o miradoiro do parque de Belvíspode ser visitado a calquera hora, a vista máisfermosa é á mañá, cando o sol do leste se re-flicte desde as nosas costas nos tellados da ci-dade histórica. Cómpre gabar neste parqueunha actuación que preserva, xunto á cidadeque existe agora, as que existiron noutrotempo. Porque en Santiago de Compostela,como noutras cidades e vilas galegas, convi-ven o mundo urbano e o rural, audaces edifi-cios da arquitectura contemporánea e leirasnas que antonte se cultivaban verzas ou pata-cas. Debemos a sucesivos gobernos munici-pais, que resistiron as presións especulativas,que sexa posíbel contemplar estas leiriñas enlugares como Belvís, a parte de atrás da rúadas Hortas, que así fai xustiza ao seu nome,

19

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 19

Page 17: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

ou as brañas do Sar. Estas poucas, pois a mei-rande parte das leiras foron asolagadas baixoo cemento e con elas os seus nomes: Agra dasPedras, Lomba da Agra, Cortiña do Pozo,Leira da Lebre, Agro da Espiñeira, Labazal,Tallo da Agra, Labradío das Moas, Eira da Pa-lleira, Leiroas, e até cento e cincuenta e catrosó nunha pequena área da Choupana. Centosou miles máis no conxunto da cidade. Noncabe laiarse por cambios inevitábeis, ninguénvolverá sementar liño nunha cortiña e hai

TERRAS DE COMPOSTELA

Miradoiro de BelvísíB SvLe

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 20

Page 18: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

moito que as lebres desapareceron de Com-postela, mais si podemos gardar a memoriadestes nomes, pequenas xoias transmitidasboca a boca por innumerábeis xeracións. Unexemplo: segundo os lingüistas, os diminu-tivos en –oa (figueiroa, eiroa) foron substitu-ídos por –iña no século XI. Isto significa queun nome como Leiroas, aplicado a unha pe-quena agra, foi teimosamente gardado porxeracións de composteláns durante dez sé-culos.

En Compostela e en toda Galicia, as leirasestán ganduxadas unhas a outras por paredi-ñas de pedra, puntadas que manteñen no seulugar a paisaxe. Confeso unha afección des-mesurada polas parediñas de pedra. Cada vezque vexo caer unha é como se me cortasen unanaco de carne. Outro acerto de Belvís é aconservación das paredes de antigas casas e aconstrución dalgunhas novas. Paredes le-vantadas con xistos (xunto co granito a ro-cha máis abundante en Santiago), nos queescintila a mica. Paredes douradas en ama-relo polo mesmo lique (de nome Xanthoriaparietina) que doura os muros da catedral.Paredes colonizadas por plantiñas como os

Marilar Aleixandre

21

S

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 21

Page 19: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

couselos, de folla case circular, a herba da an-doriña, que contén un leite amarelo utilizadopara eliminar verrugas, os alfinetes verme-llos, as pequenas flores azul-violeta dos pa-xariños. Paredes nas que pousan os paxaros,como o rabirrubio, tan abundante en Belvís.Neste parque podemos demorarnos na ob-servación de paxaros, árbores, pedras, antesde tomar pola rúa das Trompas en direcciónao que noutro tempo foi o intramuros.

TERRAS DE COMPOSTELA

Rúa das Trompas

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 22

Page 20: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

DDaa rrúúaa ddooss mmúússiiccooss ááss sseettee ppoorrttaass ddaa cciiddaaddee

Parte da memoria da cidade está nas pedras,parte nos topónimos de leiras, regos e luga-riños, parte nos nomes das rúas. Beirean oparque de Belvís polo norte a ruela da Tafo-na, onde debeu haber un forno de cocer pan,e a das Fontiñas. Ao sur, a rúa das Trompas émotivo de chanzas para quen descoñecenque a orixe deste nome está no instrumentomusical de vento. No século XVIII vivironnesta rúa dous músicos italianos, que toca-ban cadansúas trompas na Catedral, e ador-naron a fachada da súa casa cun relevorepresentándoas. Seica tamén emprenderonun negocio de curtido de peles e coiro, un detantos deste tipo que houbo na cidade e quechegaron a dar nome á rúa e ao barrio dos Pe-lamios.

23

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 23

Page 21: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

A rúa das Trompas desemboca no períme-tro do que foi a muralla da cidade medieval.Segundo o Códice Calixtino, a primeira guíade viaxes que se escribiu, ingresábase na ci-dade por sete portas: a do Camiño, xa men-cionada, a de Mazarelos pola que entraban osviños do Ulla e do Ribeiro, a da Mámoa, a Fa-xeira, pola que chegaba o peixe da beiramar, ada Trinidade, a de San Francisco e a da Pena.Das sete só queda en pé a de Mazarelos, e bai-xo o seu arco entramos no corazón da cidade.

O nome de Mazarelos vén de macellum,mercado, pois neste lugar vendíanse comes-tíbeis, sobre todo cereais, verdura e viño.Aínda que hoxe resulte difícil imaxinar unmercado galego sen peixe, este vendíasenunha casa á parte, situada nas Praterías. Napraza de Mazarelos, formando parte dos edi-ficios que pertenceran aos xesuítas, encón-trase o que foi, a partir de 1845, o primeiroinstituto de ensino secundario de Santiago,hoxe Sede da Faculdade de Filosofía.

TERRAS DE COMPOSTELA

S

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 24

Page 22: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

Desde Mazarelos, pola praza da Universi-dade e a travesa da Universidade, chégase aSan Fiz de Solovio e ao mercado de abastos.San Fiz, nun emprazamento anterior ao dapropia catedral, é unha das igrexas máis anti-gas da cidade e nela admiramos o tímpano deestilo románico (malia estar realizado no sé-culo XIV), unha adoración dos magos na queé visíbel a policromía que fai por exemploque Baltasar teña a cor negra que lle corres-ponde segundo a tradición.

25

Praza da Universidade

S FaiZN

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 25

Page 23: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

O mercado de abastos, que cómpre visitará mañá pois á tarde está fechado, é o segundolugar da cidade en número de visitas, só de-trás da catedral. O máis interesante do mer-cado non é tanto a construción, de metade doséculo XX, senón a incesante actividade dequen nel traballan, a variedade de produtosofrecidos, moitos deles procedentes de pe-quenas hortas e leiras arredor da cidade. O

TERRAS DE COMPOSTELA

Mercado de Abastos

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 26

Page 24: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

seguinte diálogo, no que participei comocompradora, dá unha idea do aprecio doscomposteláns pola produción local e a enor-me distancia imaxinaria que poden supoñerquince quilómetros:

—Estas patacas son de aquí? –comproban-do se eran galegas.

—Ai, non, filliña. Non quero enganala.Sonlle de Padrón.

Nos postos exteriores ás naves amoréansecanastros de pementos de Herbón, tomates,leitugas, verzas ou grelos (que aseguran seros máis doces do país), segundo a estación.Os xoves e os sábados é posíbel mercar mole-tes de Mesía ou de Cea cocidos en forno deleña. No interior, queixos artesáns, carne condenominación de orixe e, sobre todo, peixe.Logo de visitar moitos mercados en distintascidades do mundo, pódese afirmar que haipoucos (se hai algún) que ofrezan unha va-riedade e calidade de peixe comparábel ao deSantiago. Xigantescas chernas e abadexos,escintilantes sardiñas, xardas azuis, sanmar-tiños de ollos arregañados, e tamén vieiras,zamburiñas, bruños, nécoras... Hoxe en díapréstase atención á estética e as pescantinas

Marilar Aleixandre

27

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 27

Page 25: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

compiten na colocación dos exemplares máisfermosos. Digo pescantinas pois as vendedo-ras de peixe son mulleres, costume que vénde antigo como reflicten documentos medie-vais.

O mercado foi construído sobre o que fo-ran a finca e as hortas dos condes de Altami-ra. Por outra banda, en 2005 co gallo dasescavacións para amplialo, foron encontra-dos vestixios arqueolóxicos e partes duns es-queletos baixo a porta sur, que puideroncorresponder a unha necrópole. En Santiagotodas as pedras teñen algunha historia quecontar e, agochadas baixo elas agardan a súaoportunidade centos de historias máis.

TERRAS DE COMPOSTELA

Arco que comunica coa ruela de Oliveira

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 28

Page 26: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

PPóóddeessee aabbrriirr oo ppaarraauuggaass eenn ttooddaass aass rrúúaass?? DDeeSSaallsseeppooddeess ááss CCaassaass RReeaaiiss

En Compostela hai rúas menos estreitas,máis estreitas e angostísimas. Este tamaño amedida humana forma parte do seu encanto,mais para quen gobernaron a cidade noutrosséculos foi motivo de preocupación, levandoa derrubar os soportais que antes existían endistintas rúas e que hoxe apenas conserva-mos nas do Vilar, Nova e pouco máis. Paracoñecer un deses pequenos recantos onde osvisitantes deben circular case en fileira, saí-mos do mercado pola rúa das Ameas e SantoAgostiño cara á praza do Irmán Gómez (an-tes chamada dos Bombeiros), e atravesamoso arco que comunica a praza coa ruela da Oli-veira na que podemos contemplar como osedificios a ambos lados parecen aproximarse

29

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 29

Page 27: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

nun funil coa intención de impedirnos opaso. Camiñando pola ruela da Oliveira endirección á rúa Travesa encóntrase á esquer-da Salsepodes, unha ruela cega da que onome explica todo. Hai en Santiago rúas máisestreitas que a ruela da Oliveira? Se algunha

Entrerrúas (comunica a Rúa Nova coa do Vilar)

30

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 30

Page 28: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

pode competir con ela é Entrerrúas, que co-munica a rúa Nova coa do Vilar, na que nosdías de chuvia é imposíbel camiñar co parau-gas aberto.

Non é que as rúas e ruelas de Compostelaqueiran esmagar os camiñantes, é unha mos-tra de agarimo, de proximidade. Eses peque-nos labirintos facilitaron aos seus habitantesmoverse ás agochadas, entrar sen ser vistosna casa dunha amante, como El-rei Pedro,reunirse en xuntanzas clandestinas como osmilitantes das organizacións antifranquistasno tempo da ditadura. Saíndo da rúa Travesaá das Casas Reais e continuando por esta áman esquerda, encóntranse dous fermosospredios: no número 14, o Pazo barroco deFondevila, de mediados do século XVIII; efacendo esquina con el, a casa gótica do nú-mero 12 que, malia sufrir importantes refor-mas, conserva unha preciosa porta. Disquenesta casa é onde Pedro I (rei que perdeuunha batalla sucesoria e pasou á historia co

Marilar Aleixandre

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 31

Page 29: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

sobrenome de Cruel) se encontraba con Xoa-na de Castro, raíña por uns días, coa que ca-sou nunha cerimonia finxida, pois xa tiñaoutra muller, abandonándoa despois. Xoana,irmá de Inés de Castro, está soterrada nopanteón real da catedral. Case enfronte des-tas dúas casas, na praza de Salvador Parga,encóntrase a que foi sede da Sociedade Eco-nómica de Amigos do País, núcleo de reu-nión dos ilustrados do século XVIII.

Neste punto do percorrido, internándo-nos na cidade histórica, habería algo que dicirde cada rúa, case de cada predio. Non sendoposíbel, o itinerario proposto é un de moitose a viaxeira, o viaxeiro pode descubrir outroscamiños por Compostela.

TERRAS DE COMPOSTELA

Praza de Salvador de Parga

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 32

Page 30: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

DDaa pprraazzaa ddee CCeerrvvaanntteess aaoo aannttiiggoo RReeggoo ddeeAAuuggaa

Santiago posúe un casco histórico excepcio-nal, declarado patrimonio da humanidadepola UNESCO. Que fai tan especial a cidadehistórica? Non só a catedral, as igrexas e con-ventos, con seren moitos e fermosos. Haidúas características que son máis raras.Unha, a conservación da planta ou trazadoda cidade medieval, a pesar de que o númerode casas medievais é pequeno, sendo a mei-rande parte barrocas. Ao contemplar Santia-go nun plano estamos ollando a estrutura dacidade medieval, mesmo se as casas foronsubstituídas ao longo do tempo. En segundolugar, que segue sendo unha cidade viva, quenela hai casas habitadas por veciños, tendasde comestíbeis e pan, librarías, quioscos de

33

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 33

Page 31: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

prensa, estudantes que bulen polas rúas, baiu-cas onde tomar un viño ou escoitar música.Cómpre dicir que isto non é froito do azar,senón que vén sendo favorecido polo plane-amento urbano nas últimas décadas.

A praza de Cervantes, que antes levou osnomes de praza do Campo, Foro ou praza doPan, é a máis antiga de Compostela. Quedabafóra da primeira muralla levantada no séculoX, e ante a muralla, no “campo”, constituíu-se un lugar de reunión. Nela o pregoeiro facíapúblicos acordos ou ordenanzas, encontrá-banse os que vendían e mercaban, nunha fei-ra ou mercado. A grande casona barroca

34

Praza de Cervantes

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 34

Page 32: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

adornada cun balcón que fai esquina co Pre-guntoiro foi sede do Concello entre os séculosXVII e XIX. As casas barrocas construíronsesobre casas medievais, conservando algúnsdos seus elementos. Así, no ano 2006 duran-te as obras de reforma do número 6, para al-bergar a libraría Couceiro, encontráronserestos do antigo abastecemento de auga dacidade (que foron levados ao Museo das Pe-regrinacións), e outras conducións de pedrado interior da casa, que poden contemplarsena propia libraría. Dous números máis alá,no 8, encóntrase outra fermosa casa barroca,atribuída a Domingo de Andrade. Enfrontedela, un impoñente edificio de finais doXIX, o máis moderno da praza, foi a banca deOlimpio Pérez, un dos moitos bancos locaisque tiveron un destacado papel na economíada época. Para construíla derrubáronse al-gunhas casas medievais, entre elas a perten-cente aos Moscoso, unha das familias nobresque ao longo da idade media disputaron o

Marilar Aleixandre

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 35

Page 33: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

poder á Igrexa en repetidas ocasións.Da man de Domingo de Andrade, saíndo

de Cervantes polo Preguntoiro, xusto antesdas Cinco Rúas, chégase á praza de Feixóo,onde se encontra un pazo barroco, tamén dasúa autoría. Aínda que o pazo non se visitapor ser unha vivenda privada, si é posíbel en-trar no que foron as súas cortes de cabalos,nas que a comezos dos anos 70 foi instaladoo pub Modus Vivendi.

Desde a praza de Feixóo baixamos en di-rección á catedral pola encosta rúa que leva onome de Xelmírez, antes chamada Rego de

TERRAS DE COMPOSTELA

Praza de Feixóo

XóOeiF

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 36

Page 34: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

Auga. Ao arcebispo Xelmírez debemos engrande medida a actual configuración urbanade Compostela pois, ademais das obras em-prendidas na catedral, ordenou a apertura darúa Nova, eixo da expansión urbana, e asobras de condución de auga. Xelmírez debíacoñecer ben toda a cidade: demóstrao a for-ma en que escapou da torre das campás e dotemplo incendiado durante a revolta de1117, escalando muros e cruzando polos te-llados, episodio narrado na Historia Com-postelana (metade crónica, metade fábula).

En Compostela mestúranse realidade e in-vención. Baixando por Xelmírez encóntraseunha rúa, a da Balconada, que só existiu naimaxinación dos composteláns. Conta a len-da que un marido enganado deu morte ao ar-cebispo cando a procesión pasaba ante a casada Balconada e que, debido a este sacrilexio, oConcello mandou tapiar a rúa, paralela ás doVilar e Nova. Mais o certo é que o único espa-zo que existiu entre elas foi o das hortas, eque se neste lugar un bispo foi morto a espa-da a causa non foron os seus amoríos, senóno seu apoio a Henrique de Trastámara contraPedro I.

Marilar Aleixandre

37

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 37

Page 35: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

TERRAS DE COMPOSTELA

Rúa de Xelmírez

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 38

Page 36: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

DDoo ccaaooss ddee PPrraatteerrííaass,, áá QQuuiinnttaannaa ee aaoo PPóórrttiiccooddaa GGlloorriiaa

Que dicir de Praterías? Cómpre visitala pou-co antes do solpor, cando a luz oblicua tinxeas pedras e os liques da cor que pintan as vi-ñas no outono. Praterías, a fachada máis anti-ga da catedral, é como unha colcha defarrapos na que, xunto aos portais románi-cos, foron combinados restos da Porta do Pa-raíso e esculturas procedentes doutroslugares da catedral. Praterías é caótica e frag-mentaria, nela mestúranse as tentacións deCristo, Eva e Adán, un centauro, David to-cando a arpa. Poderiamos pasar horas en Pra-terías. Compréndese que García Lorcaquedase engaiolado coa fonte renacentistados cabalos e lle dedicase un poema. Se nosencontramos nela no intre en que vai voar o

39

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 39

Page 37: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

botafumeiro, cómpre entrar e, esquecendoos turistas, contemplar ese prodixioso ritual.En van tratariamos de falar nunhas liñas dointerior da catedral, precisaríase un libro en-teiro. Seguimos a Domingo de Andrade nunbreve percorrido polo seu exterior.

Di unha norma do urbanismo de Compos-tela (non sei se escrita ou non, en todo casocumprida) que non se pode levantar un pre-dio máis alto que as torres da catedral. Todaselas son fermosas, mais moitos somos os quepreferimos a que flanquea Praterías, a torredo Reloxo, tamén chamada a Berenguela,pois foi comezada en tempos de Berenguelde Landoira, malia non ser finalizada por Do-mingo de Andrade até tres séculos máis tar-de, en 1680. Segundo Cunqueiro candotanxía a campá da Berenguela, tamén chama-da campá de horas, melloraba o viño. Cun-queiro referíase á antiga campá de 1729, quedaba o Do grave e, probabelmente, aos viñosque servían en Santiago a mediados do sécu-lo pasado, que precisaban toda caste de mila-gres para poder ser bebidos sen risco. Estacampá, que pola beleza do seu tanxido estabaconsiderada das mellores do mundo, fendeu

TERRAS DE COMPOSTELA

40

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 40

Page 38: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

e foi retirada ao claustro, sendo substituídapor unha nova en 1990. Por fortuna a calida-de dos viños galegos é agora excelente.

Ben pode a Quintana, pola harmonía dassúas proporcións e polos predios que fechanos seus catro lados, compararse co Obradoiro.Hai quen admira a fachada leste na que, nunexercicio de reciclaxe, de tantos como ocorre-ron na catedral, foran instaladas as esculturasdo antigo coro de pedra, obra do Mestre Ma-teo. Aínda que para outros a parede de en-fronte –é dicir a do mosteiro de San Paio deAntealtares– coas súas fiestras enreixadas, é

41

Praterías

terrasdecompostela 6/7/09 10:08 Página 41

Page 39: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

TERRAS DE COMPOSTELA

Torre do Reloxo. Tamén chamada a Berenguela

terrasdecompostela 6/7/09 10:09 Página 42

Page 40: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

só un muro, o arquitecto Aldo Rossi descri-biuna como a peza de construcción máis fer-mosa de Europa. Ao norte e ao sur da prazacadansúas casas tamén debidas a Domingode Andrade, a Casa da Parra, coas súas orna-mentacións froiteiras, e a Coenga. Pero aQuintana, ou polo menos a fachada leste, es-tivo a piques de desaparecer, pois a comezosdo século XIX emprendeuse un proxecto deremodelación, similar ao da fachada norte.Unha catástrofe evitou outra: o exército deNapoleón saqueou as arcas, levando a pratarecadada para a remodelación. A Quintanade mortos foi orixinalmente cemiterio. Aín-da hai fotos de comezos do século XX quemostran as árbores plantadas nela antes deseren substituídas por laxes de pedra.

É hora de que Andrade ceda o seu lugar aoartífice da catedral, o Mestre Mateo, poisimos cara ao Pórtico da Gloria. Se o pórticonos parece belo, fechemos un intre os ollos,imaxinemos como sería cando as esculturas

Marilar Aleixandre

terrasdecompostela 6/7/09 10:09 Página 43

Page 41: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

lucían as cores con que foran pintadas. A po-licromía, mantida durante séculos, estragou-se case por completo durante a realizacióndun molde en xeso para o museo Vitoria eAlberte de Londres. Mateo asinou a súa obrano lintel, en 1188, e representouse a si mes-mo por detrás do pórtico, mirando ao inte-rior, no que algúns consideran o primeiroautorretrato dun escultor. Durante séculosos peregrinos bateron coa fronte na cabezadeste santo dos croques coa esperanza de

TERRAS DE COMPOSTELA

Quintana

44

terrasdecompostela 6/7/09 10:09 Página 44

Page 42: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

aumentar a súa intelixencia, ritual que seica ocabido quere suprimir. Claro que hai outrosque se confunden de estatua, dándose cro-ques contra a de Gilgamés, que está no ladode diante. Este rei sumerio (real ou lendario)viviu no que hoxe é Iraq. No poema de Gilga-més nárrase un mito da creación, no que seinspiran os primeiros libros da biblia. Nopórtico, Mateo resumiu o Apocalipse, repre-sentando no centro a Cristo e os evanxelis-tas, e sobre eles vinte e catro anciáns quetocan instrumentos musicais, cítaras, arpas,salterios e zanfonas, representados con tantaprecisión que hai uns anos foi posíbel re-construílos. Máis preto de nós, nas colum-nas, recoñecemos a Moisés, Xeremías e sobretodo a Daniel, un mozo que está sorrindo, ra-chando coa tradición anterior de figuras ríxi-das e hieráticas. De que ri Daniel? Hai tantashipóteses sobre o sorriso de Daniel como so-bre o da Gioconda. Dise que ao sorrir preten-de seducir a Ester, a raíña de voluptuosasformas situada enfronte del. Talvez Mateopretendeu, con ese sorriso, seducir unhamuller de carne. Como sabelo?

Ver a catedral por dentro, vela por fóra e, se

Marilar Aleixandre

45

terrasdecompostela 6/7/09 10:09 Página 45

Page 43: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

hai tempo, subir aos tellados. O paseo polostellados inclúe a visita ao pazo de Xelmírez, oexemplo máis sobranceiro de románico civilna península. Nós, botando unha derradeiraollada ao riso de Daniel, saímos ao Obradoi-ro, en dirección á rúa do Vilar.

TERRAS DE COMPOSTELA

Pórtico da Gloria

terrasdecompostela 6/7/09 10:09 Página 46

Page 44: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

DDoo OObbrraaddooiirroo ááss rrúúaass ddoo VViillaarr ee NNoovvaa

Cómpre visitar o Obradoiro de día. Cómprevisitalo tamén no luscofusco e á noite, aunha hora en que talvez te encontres a soas epoidas escoitar historias bisbadas polas pe-dras. O hostal dos Reis Católicos hoxe é ho-tel, mais foi hospital até mediados do séculoXX. Da outra banda da praza, o colexio deSan Xerome, sede do Reitorado da Universi-dade, é do século XVII, mais nel foi recupe-rada unha porta románica. Tratou alguén defacer desaparecer o Obradoiro? O cuarto pre-dio na praza, construído no século XVIII, es-tivo a piques de conseguilo. Hoxe sede doConcello, foi edificado como pazo arcebispalpor Raxoi, quen pretendía situalo no mediodo Obradoiro, deixando entre el e a catedral oespazo dunha rúa. O director do hospital,

47

terrasdecompostela 6/7/09 10:09 Página 47

Page 45: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

daquela Hospital Real, argumentou que isobloquearía o aire puro, tan necesario para sa-nar os doentes. No fondo, un pulso entre osprivilexios da Igrexa e os do rei que foi gaña-do polo segundo. Desde o extremo oeste dapraza poden verse as hortas preservadas bai-xo ela. Se da banda da catedral estaba o Para-íso, nesas rúas, Hortas, Trinidade, Carretas,fóra do recinto da muralla, encontrábase ochamado Inferniño, ou pequeno inferno, lu-gar do pecado; os bordeis, negocios que, aoparecer, dependían tamén do cabido.

48

Obradoiro

terrasdecompostela 6/7/09 10:09 Página 48

Page 46: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

Imos percorrer a rúa do Vilar, a máis antigade Santiago. As casas da rúa do Vilar, como asde toda a cidade histórica, levan aínda a mar-ca de quen foron donos da cidade durante sé-culos: ben cunchas, símbolo do cabido, benárbores (piñeiro), símbolo de San MartiñoPinario. Podemos pasear por esta rúa, deixar-nos engaiolar polo seu encanto, aproveitar ossoportais, como os renacentistas da casa dosArmada, no número 18, se temos que prote-xernos da chuvia. Camiñando por ela pode-mos recuperar a memoria das persoas queviviron e traballaron aquí noutro tempo,como Ánxel Casal, alcalde da cidade durantea República, que a partir de 1933 editou na

Marilar Aleixandre

Rúa do Vilar

terrasdecompostela 6/7/09 10:09 Página 49

Page 47: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

Imprenta Nós, no número 15 desta rúa, li-bros da editorial do mesmo nome, xornais eoutras publicacións republicanas e galeguis-tas. Ánxel Casal foi asasinado polos fascistasen agosto de 1936.

Na rúa do Vilar quedan aínda comerciosque parecen doutra época, como o de som-breiros no número 34; antigas casas medie-vais, de soportais simples, por exemplo asdos números 61 e 63 e outras barrocas, comoas dos números 62 e 64, enfronte delas. Moi-tos dos edificios históricos albergan na ac-tualidade oficinas, como a casa do Deán, donúmero 1, a de acollida dos peregrinos, ou opazo barroco de Vaamonde, as do Consorcioda cidade. Á esquerda do pazo de Vaamonde,Entrerrúas, a ruela estreita onde non é posí-bel abrir o paraugas, comunica a rúa do Vilarcoa rúa Nova.

Na rúa Nova, como na do Vilar, altérnansecasas medievais con outras barrocas e rena-centistas. Das primeiras, temos nos números

TERRAS DE COMPOSTELA

terrasdecompostela 6/7/09 10:09 Página 50

Page 48: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

Marilar Aleixandre

Imprenta Nós

óSN

terrasdecompostela 6/7/09 10:09 Página 51

Page 49: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

29 e 31 dúas das casas medievais mellor con-servadas da cidade, casas dun só piso quepola súa antigüidade parecen máis sinxelasque as construídas posteriormente, e quenos permiten imaxinar como foi esta rúa nosséculos XII ou XIII. A mestura de estilos al-canza casas e igrexas, por exemplo a románi-ca de Salomé, a nai de Santiago, a carón donúmero 31, que comezou a ser construída notempo de Xelmírez aínda que máis adianteforon engadidos outros elementos, como atorre barroca. Eu teño especial simpatía pola

52

Rúa Nova

terrasdecompostela 6/7/09 10:09 Página 52

Page 50: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

Virxe embarazada da portada e por un anxobarroco con lentes que hai no seu interior.Este anxo curto de vista, que debía ser unrato de biblioteca, resúltame máis próximoque os que branden espadas de lume. Na rúaNova hai interesantes predios barrocos,como a casa das Pomas, no número 12, obrade Domingo de Andrade, e outros posterio-res, así o pazo de Ramirás, construído no sé-culo XIX sobre as ruínas do que foi Colexiodos Irlandeses, un seminario fundado no

Marilar Aleixandre

Igrexa de Salomé

terrasdecompostela 6/7/09 10:09 Página 53

Page 51: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

XVI por exiliados que fuxían da persecuciónpolítica e relixiosa no seu país. Antes de saírdo intramuros, podemos achegarnos á portada Mámoa, e esculcar polos cristais o interiordo bar Derby, á procura da sombra do escri-tor Ramón del Valle Inclán quen, sentado namesa da esquina, adoitaba manter faladorionel.

TERRAS DE COMPOSTELA

terrasdecompostela 6/7/09 10:09 Página 54

Page 52: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

DDaa ccaarrbbaalllleeiirraa ddee SSaannttaa SSuussaannaa aaoo SSaarr ddeeRRoossaallííaa

Entraramos na cidade histórica por Mazare-los e saímos dela, atravesando a praza doToural, pola porta Faxeira, que garda no seunome a lembranza dunhas faias que xa nonexisten. Na porta Faxeira comeza a Alameda,un parque no que poñendo a orella nas árbo-res poden escoitarse ecos das numerosasconcentracións cívicas que nela tiveron lu-gar, desde as prohibidas, durante a ditadurafranquista, ás multitudinarias provocadaspola catástrofe do Prestige en 2002. A Ala-meda e a carballeira de Santa Susana, na quese continúa, seguen nisto unha antiga tradi-ción, pois foi en Santa Susana onde se consti-tuíu a Irmandade Xeral en 1465, ao comezoda revolta Irmandiña. Concentracións e feiras,

55

terrasdecompostela 6/7/09 10:09 Página 55

Page 53: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

en Santa Susana celebrábase unha importan-te feira de gando todos os xoves do ano, atéfinais do século XX no que foi trasladada aSalgueiriños.

Percorrendo a Alameda até o comezo docampus universitario chegamos á estatua deRosalía. Evoco a imaxe dun neno de oitoanos que, en 1958, atendendo a petición dedous señores vascos de cabelo branco, con-duciunos até Rosalía e leu en voz alta paraeles o poema gravado na pedra. Nese intrenon entendeu a devoción con que ollaban a

56

Praza do Toural

terrasdecompostela 6/7/09 10:09 Página 56

Page 54: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

imaxe, como se fose a dunha santa. Rosalía,pioneira en tantos eidos, ademais de ironizarsobre o que eran temas apropiados para asmulleres, escribiu un texto en defensa dunhacarballeira nas beiras do Sar. Creo que é a quehoxe está preservada no parque de Pontepe-driña que leva o nome de Eugenio Granell.

Mentres escoito a voz singular de Rosalía,outras voces e pedras fungan porque nonhoubo lugar para elas neste breve percorrido.

Marilar Aleixandre

Alameda

terrasdecompostela 6/7/09 10:09 Página 57

Page 55: TERRAS DE COMPOSTELA · que vexo caer unha é como se me cortasen un anaco de carne. Outro acerto de Belvís é a conservación das paredes de antigas casas e a construción dalgunhas

Pido desculpas ao Carme de Abaixo e reco-mendo ás viaxeiras, aos viaxeiros que nondeixen de visitar os exemplos de arquitectu-ra moderna en Compostela. Que non se des-animen polas críticas: os contemporáneos deDomingo de Andrade indignáronse candopuxo as mans en Bonaval. Merece a pena vi-sitar a pérgola de Helio Piñón en XoánXXIII, ou a praza de Pascual Veiga, onde Cé-sar Coll botou a navegar o que de día parecenbarcos e fachos de noite. Creo que a Rosalía,tan adiantada ao seu tempo, habían agradar-lle. E eu, camiño do banquete de Conxo, digoadeus.

58

TERRAS DE COMPOSTELA

terrasdecompostela 6/7/09 10:09 Página 58