guias de lectura: atopandose co outro

2
ANNE AQUÍ, SELIMA ALLÍ Emarie Féraud Alfaguara O día que comeza as súas clases no instituto, Sélima decide chamarse Anne. Non desexa que os seus compañeiros a marxinen pola súa condición de inmigrante alxerina. SUEÑOS EN EL UMBRAL Fátima Mernissi El Aleph Unha ponte tendida entre dúas culturas: a europea e a magrebí. Unha nena vese obrigada a navegar entre fronteiras para salvagardar a súa futura integridade de muller. EL VIAJE DE KALILU Kalilu Jammed Plataforma Editorial Jammeh é un gambiano que, como moitos outros africanos, soña co paraíso europeo. Consegue reunir o diñeiro suficiente e inicia un penoso e extenuante viaxe que durará dous anos. ÉBANO Ryszard Kapunscinski Anagrama O corazón de África agocha misterios que permanecen alleos ao ollo estranxeiro, historias entretecidas cuxa tradición remóntase máis alá da memoria e que misturan por igual a vida e a morte, a alegría e a dor. EMIGRANTES Shaun Tan Bárbara Fiore Editorial Novela gráfica, sen palabras, que percorre, a través dunha serie de imaxes conectadas, a historia dun emigrante anónimo que deixa o seu país, cruza un océano e aprende a vivir nunha nova cidade. MARIANELA Benito Pérez Galdós Anaya Novela clásica onde se nos presenta o mundo visto a través dos ollos dunha persoa que non ve. O autor manifesta tamén a hipocrisía das persoas respecto da idea de beleza. Unha obra moi fácil de ler. PEDRO Y YO Judd Winick Astiberri Esta novela gráfica comeza en 1993, nun programa de televisión tipo Gran Hermano. Alí, o protagonista fai amizade con Pedro Zamora, un mozo homosexual, que utiliza o programa para sensibilizar aos espectadores na prevención e na loita contra a sida. EL SEÑOR DE LAS MOSCAS William Golding Alianza Editorial Impresionante novela que conta a aventura dun grupo de nenos perdidos nunha illa deserta na que teñen de todo. Só teñen que divertirse mentres agardan que os rescaten. Pero teñen a idea de organizarse coma os maiores e a partir de aí... todo cambia. EL CHICO QUE QUERÍA CONVERTIRSE EN SER HUMANO Jorn Riel Salamandra Leiv, un mozo viquingo, sálvase dun naufraxio grazas a dous irmáns inuit que o acollen no seu poboado. Con eles aprenderá os valores da tolerancia, o respecto e a liberdade. Marabillosa novela sobre a vida dos esquimós. A CLASE François Bégaudeau Xerais Crónica, escrita de forma discontinua, da vida dun profesor nun colexio das aforas de París. Nela póñense de manifesto as tensións e as dificultades que xorden entre alumnos e profesores. Fíxose unha adaptación desta novela para o cine, tamén de moita sona. CPI CPI Don Aurelio Don Aurelio Cuntis Cuntis Guía de lectura Guía de lectura para mozos e mozas para mozos e mozas Atopándose...no cine Atopándose...no cine MIS AMIGOS Pilar Ramos Editorial Parramón Somos nenas e nenos, chamámonos e falamos diferente, vivimos en cidades ou pobos… Pero o importante é que todos somos veciños do mesmo mundo, e podemos chegar a ser todos amigos. EL PEZ ARCO IRIS Marcus Pfíster Editorial Beascoa O Peixe Arcoiris non entende porqué ninguén lle fala e pregúntase porqué non o queren, quizais o segredo se atope nas súas brillantes escamas. ELMER David McKee Editorial Beascoa Elmer non é un elefante gris coma o resto da manada, pero é o máis alegre, optimista e sobre todo bromista. Elmer amósanos como todos somos iguais aínda que sexamos moi diferentes. BLAS Y LÚA Carmelo Salmerón Everest É imposible que un morcego axude a un rato! Con todo, Lúa, unha pequena morcega, ensina a Blas a mirar o ceo, cos seus paxaros e estrelas e Blas ensina a Lúa a mirar a terra, chea de flores e animais. EL GRAN LIBRO DE LOS CUENTOS CON VALORES Editorial Parramón Un gran libro que recompila 26 contos clásicos e de orixes diversas, con ilustracións que che sorprenderán pola súa gran creatividade ARTURO Y CLEMENTINA Adela Turín e Nella Bosnia Lumen Cando casou, Clementina soñaba cunha vida chea de aventuras. Arturo proporcionoulle unha vida tranquila e sen sorpresas. Clementina ten todo, pero abúrrese. Ata que un día decide vivir como quere, elixir por si mesma. Arturo, cando atopa a casa baldeira, non entende nada. GRANDULLÓN, O XIGANTE ABUSÓN Calo Iglesias Seminario Galego de Educación para a Paz Porque, como na República da Lingua, os conflitos pódense solucionar pola vía da Palabra. E estas dez peciñas de teatro lúdico son unha boa contribución. CHARLIE PUERCOESPÍN Lien Liekens e Kris Nauwelearts Editorial Sieteleguas Charlie ten un problema, as súas espiñas pinchan a todo o mundo e aos seus amigos tamén, polo que ninguén lle fala nin quere estar con el. Daniel, un novo amigo, axúdalle para que as súas espiñas non pinchen e poida ir a unha festa. ¡BASTA DE PELEAS! Karine M. Abiot e Marie Quentrec Timun Mas Infantil Colección na que cada historia mostra cómo un grupo de amigos, formado por unha grande variedade de simpáticos animais, supera as súas pelexas e aprenden a convivir. CPI CPI Don Aurelio Don Aurelio Cuntis Cuntis Atopándose...no cine Atopándose...no cine Guía de lectura Guía de lectura para nenos e nenas para nenos e nenas

Upload: fernandez-manso

Post on 18-Feb-2016

234 views

Category:

Documents


9 download

DESCRIPTION

Guias de lectura para nenas e nenos, e mozas e mozos, que incluen tamen unha proposta de filmes que axudan a convivir, a coñecer ao 'outro'

TRANSCRIPT

Page 1: Guias de lectura: atopandose co outro

ANNE AQUÍ, SELIMA ALLÍEmarie Féraud AlfaguaraO día que comeza as súas clases no instituto, Sélima decide chamarse Anne. Non desexa que os seus compañeiros a marxinen pola súa condición de inmigrante alxerina.

SUEÑOS EN EL UMBRALFátima Mernissi El AlephUnha ponte tendida entre dúas culturas: a europea e a magrebí. Unha nena vese obrigada a navegar entre fronteiras para salvagardar a súa futura integridade de muller.

EL VIAJE DE KALILUKalilu Jammed Plataforma EditorialJammeh é un gambiano que, como moitos outros africanos, soña co paraíso europeo. Consegue reunir o diñeiro suficiente e inicia un penoso e extenuante viaxe que durará dous anos.

ÉBANORyszard Kapunscinski AnagramaO corazón de África agocha misterios que permanecen alleos ao ollo estranxeiro, historias entretecidas cuxa tradición remóntase máis alá da memoria e que misturan por igual a vida e a morte, a alegría e a dor.

EMIGRANTESShaun Tan Bárbara Fiore EditorialNovela gráfica, sen palabras, que percorre, a través dunha serie de imaxes conectadas, a historia dun emigrante anónimo que deixa o seu país, cruza un océano e aprende a vivir nunha nova cidade.

MARIANELABenito Pérez Galdós AnayaNovela clásica onde se nos presenta o mundo visto a través dos ollos dunha persoa que non ve. O autor manifesta tamén a hipocrisía das persoas respecto da idea de beleza. Unha obra moi fácil de ler.

PEDRO Y YOJudd Winick AstiberriEsta novela gráfica comeza en 1993, nun programa de televisión tipo Gran Hermano. Alí, o protagonista fai amizade con Pedro Zamora, un mozo homosexual, que utiliza o programa para sensibilizar aos espectadores na prevención e na loita contra a sida.

EL SEÑOR DE LAS MOSCASWilliam Golding Alianza EditorialImpresionante novela que conta a aventura dun grupo de nenos perdidos nunha illa deserta na que teñen de todo. Só teñen que divertirse mentres agardan que os rescaten. Pero teñen a idea de organizarse coma os maiores e a partir de aí... todo cambia.

EL CHICO QUE QUERÍA CONVERTIRSE EN SER HUMANO

Jorn Riel SalamandraLeiv, un mozo viquingo, sálvase dun naufraxio grazas a dous irmáns inuit que o acollen no seu poboado. Con eles aprenderá os valores da tolerancia, o respecto e a liberdade. Marabillosa novela sobre a vida dos esquimós.

A CLASEFrançois Bégaudeau XeraisCrónica, escrita de forma discontinua, da vida dun profesor nun colexio das aforas de París. Nela póñense de manifesto as tensións e as dificultades que xorden entre alumnos e profesores. Fíxose unha adaptación desta novela para o cine, tamén de moita sona.

CPICPI Don Aurelio Don Aurelio CuntisCuntis

Guía de lecturaGuía de lecturapara mozos e mozaspara mozos e mozas

Atopándose...no cineAtopándose...no cine

MIS AMIGOSPilar Ramos Editorial ParramónSomos nenas e nenos, chamámonos e falamos diferente, vivimos en cidades ou pobos… Pero o importante é que todos somos veciños do mesmo mundo, e podemos chegar a ser todos amigos.

EL PEZ ARCO IRISMarcus Pfíster Editorial BeascoaO Peixe Arcoiris non entende porqué ninguén lle fala e pregúntase porqué non o queren, quizais o segredo se atope nas súas brillantes escamas.

ELMERDavid McKee Editorial BeascoaElmer non é un elefante gris coma o resto da manada, pero é o máis alegre, optimista e sobre todo bromista. Elmer amósanos como todos somos iguais aínda que sexamos moi diferentes.

BLAS Y LÚACarmelo Salmerón EverestÉ imposible que un morcego axude a un rato! Con todo, Lúa, unha pequena morcega, ensina a Blas a mirar o ceo, cos seus paxaros e estrelas e Blas ensina a Lúa a mirar a terra, chea de flores e animais.

EL GRAN LIBRO DE LOS CUENTOS CON VALORES Editorial ParramónUn gran libro que recompila 26 contos clásicos e de orixes diversas, con ilustracións que che sorprenderán pola súa gran creatividade

ARTURO Y CLEMENTINAAdela Turín e Nella Bosnia LumenCando casou, Clementina soñaba cunha vida chea de aventuras. Arturo proporcionoulle unha vida tranquila e sen sorpresas. Clementina ten todo, pero abúrrese. Ata que un día decide vivir como quere, elixir por si mesma. Arturo, cando atopa a casa baldeira, non entende nada.

GRANDULLÓN, O XIGANTE ABUSÓNCalo Iglesias Seminario Galego de Educación para a PazPorque, como na República da Lingua, os conflitos pódense solucionar pola vía da Palabra. E estas dez peciñas de teatro lúdico son unha boa contribución.

CHARLIE PUERCOESPÍNLien Liekens e Kris Nauwelearts Editorial SieteleguasCharlie ten un problema, as súas espiñas pinchan a todo o mundo e aos seus amigos tamén, polo que ninguén lle fala nin quere estar con el. Daniel, un novo amigo, axúdalle para que as súas espiñas non pinchen e poida ir a unha festa.

¡BASTA DE PELEAS!Karine M. Abiot e Marie Quentrec Timun Mas InfantilColección na que cada historia mostra cómo un grupo de amigos, formado por unha grande variedade de simpáticos animais, supera as súas pelexas e aprenden a convivir.

CPICPI Don Aurelio Don Aurelio CuntisCuntis

Atopándose...no cineAtopándose...no cine

Guía de lecturaGuía de lecturapara nenos e nenaspara nenos e nenas

Page 2: Guias de lectura: atopandose co outro

SEMPRE HAUSAXoán Babarro GalaxiaA historia dun rapaz novo obrigado a cambiar de mundo e que a pesar de todo non deixa de ser el mesmo. Abduhali é un rapaz nacido en África. Dos soños, dos medos, da ansia de superación e do amor ás raíces fala esta historia.

AS VACACIÓNS DE SAIDAEva Peydró GalaxiaSaida aterra no aeroporto para pasar unhas semanas de vacacións que non esquecerá. A súa presenza na casa vai servir para coñecer a fondo outra maneira de vivir. E para descubrir que, alén das fronteiras dos pobos, debe primar a patria común da amizade

A CASIÑA AZULSandra Comino GalaxiaCintia non é feliz. Pero a avoa Pina, a amizade especial de Bruno e os libros conseguen mitigar a súa sensación de soidade e desamparo.

HORARIO DE CLASEChristine Nöstlinger GalaxiaUnha novela que amosa sen melindres nin florituras a vida cotiá dun grupo de adolescentes, estudantes de Instituto.

MARÍA Y YOMaría e Miguel Gallardo AstiberriBanda deseñada emocionante, na que Miguel Gallardo nos presenta a María, a súa filla autista, sen sentimentalismos nin cursilerías . María é ‘única, como todas as demais’. Fíxose tamén un documental baseado no cómic.

O DERRADEIRO IRMÁNNathacha Appanah XeraisUnha novela conmovedora, que posúe a sonoridade dunha canción triste, onde cada frase pode chegar a emocionar

VALADOSAgustín Fernández Paz Xerais

Un libro sobre a amizade por riba de todas fronteiras. Un libro sobre a fraternidade por riba de muros e valados. Un libro sobre a igualdade e liberdade como dereitos primeiros de todos os seres humanos.

LÚA DO SENEGALAgustín Fernández Paz XeraisKhoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa de Casamence, unha rexión ao sur do Senegal, para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai xa leva varios anos emigrado.

A BANDA SEN FUTUROMarilar Aleixandre XeraisNon é doado facer amigos nun novo instituto ós dezaseis anos, e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente un ídem á esquerda. Nestes meses Carlota descubrirá o amor e o desamor, e intentará pillar o ceo cos pés.

UNHA ESTRELA NO VENTOLedicia Costas Xerais

A historia de Miguel Foz, un estudante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Atopará no seu curmán Abel, que padece unha minusvalía física, e en Reina, unha moza xitana que vende rosas, o que é a solidariedade e o amor.

LIXOXavier López Xerais

Aborda con realismo e gran crueza a situación de exclusión na que viven algunhas persoas mozas das nosas cidades.

CARTAS DE AMORFran Alonso Xerais

Quen escriben as cartas son mulleres que viven circunstancias vitais moi difíciles, ás que se enfrontan con valentía. Este é un libro contundente pero tenro, un canto á vida e á dignidade.

A CIDADE EN CHAMASAriel e Joaquín Dorfman XeraisO adolescente Heller traballa ao servizo da empresa Noticias Suaves onde é o encargado de entregar as malas noticias. E faino de forma tan amable e considerada que os destinatarios das súas entregas, a maior parte emigrantes rusos, indios ou chilenos, o recoñecen como un mensaxeiro da esperanza.

A CABEZA DA MEDUSAMarilar Aleixandre Xerais

Unha festa de disfraces dos alumnos do instituto remata coa violación de Sofía e Lupe. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse?

O XABARIL BRANCOTucho Calvo Ir Indo

As aventuras e o amor mestúranse na viaxe dun neno dos Ancares que emigra a Arxentina, onde presenciará a dureza da conquista das terras dos indios araucanos.

O BONECOMichael Alzeal Faktoría KEste álbum sen palabras invita a reflexionar sobre as relacións entre xeracións: avós, fillos e netos creceron en ‘mundos’ diferentes e baixo circunstancias cambiantes.

O SEÑOR IBRAHIM E AS FLORES DO CORÁN

Eric Emmanuel Schimt Faktoría KMáis que unha novela, tratase dun texto iniciático que apela ao multiculturalismo, a tolerancia e o entendemento entre iguais. A súa lectura fortalece a confianza na humanidade. Baseada neste libro, fíxose unha fermosa película.

ARRUGASPaco Roca AstiberriCómic que foi Premio Nacional no 2008. Nel trátanse con gran sensibilidade e coñecemento temas poucos habituais, coma o Alzheimer e a demencia senil. Imprescindible.

PERSÉPOLISMarjane Satriapi NormaBanda deseñada autobiográfica na que a autora percorre a súa infancia, adolescencia e xuventude en Irán e Austria. Unha gran obra que constitúe unha denuncia rotunda do fundamentalismo do réxime iraniano, pero tamén do consumismo e a frivolidade occidentais. A autora fixo unha película homónima, tamén excelente.

DE CAMINO A LA ESCUELAVarios autores SMUnha volta arredor do mundo en imaxes na procura de escolares de tódolos continentes. Para descubrir outras formas de ir á escola, outras razóns para aprender, outros soños e outras esperanzas.

DAME A MANSeve Calleja Xerais

Todo é novo para Eméno: os bicos, os olores, o idioma. Ninguén a comprende, máis pouco a pouco faise amiga de Ana e xuntas comezan a descubrir o mundo dos sentimentos, a tolerancia e a amizade.

PALABRAS DE CARAMELO Gonzalo Moure Xerais

Kori é un neno xordo, vive nun campo de refuxiados saharauis, gústanlle os camelos e ir á escola para aprender a ler e escribir.

KALIAmparo Gómez Ir Indo

Nunha mestura fantástica de mito e realidade desenvólvese esta historia chea de misterio e intriga. Nela cóntase o que lle pasou a Kali, unha nena xitana.

AS ÁS DE XENOVEVAUxía Casal Galaxia

A galiña Xenoveva, despois de rexeitar o seu destino na granxa, decide coñecer o mundo que se atopa fóra dos límites do seu galiñeiro.

A VENDEDORA DE MISTOSDolores Hermida Kalandraka

Adaptación do texto clásico de H.C. Andersen na que unha rapaza que vendía mistos pola rúa a noite de Noiteboa, descalza e con frío, como non vendeu nada, non se atreveu a volver á casa. Triste, lembraba o tempo fermoso no que a súa avoa vivía.

CHAN A PANTASMAMariasun Landa Galaxia

Chan está tristeiro. Agarda sobre unha farola a que a súa amiga Menchu saia da Mansión da Xente Rara, onde a meteron.

MILA VAI Á ESCOLATeresa Durán Galaxia

Mila séntese moi frustrada cando pide leite no seu idioma e ninguén a entende. A súa integración non será difícil grazas ao cariño da profesora e os compañeiros porque “ ás veces, unha palabra abonda para facerse amigos”.

EU NON FUN!Christian Voltz Kalandraka

Nin vaca nin burro, nin pito nin mosquito…

E de quen foi a culpa?

ESPANTALLO AMIGOXosé Neira Vilas Galaxia

Esta é a historia dun espantallo que en vez de espantar os melros, faise amigo dos animais e dos rapaces.

AVÓSChema Heras Kalandraka

Chema Heras relata en “Avós” a tenra historia de dous velliños, Manuel e Manuela, que aceptan con naturalidade as marcas dos anos. Manuela é coqueta coma unha rapariga e a Manuel encántalle bailar con ela.

LAURA E COMPAÑÍACarmina del Río e Laura López Baía EdiciónsOs entrañábeis personaxes destes contos traen, para os máis pequenos, unha morea de amigos e historias sinxelas: “O valor da amizade”, “María non é de aquí”, “Mellor falar que pelexar”, etc.

AIKOÁnxeles Ferrer Everest GaliciaO pai de Aiko ten que emigrar. Antes de marchar faille a Aiko unha promesa: cando chegue a primavera e a cerdeira bote flores, el voltará.

LATCHO DROMAbraham Carreiro A Nosa TerraConto popular xitano protagonizado por unha familia que ten que marchar da India nun carro tirado por un cabalo na procura dun lugar onde vivir mellor.

A LONGA VIAXE DE CARAMBOLIÑA POLAR

Ana Mª Fernández AlfaguaraA folerpa Carambeliña emprende unha longa viaxe para atopar as súas irmás Pingoletiña e Gasosa, no que vivirá moitas aventuras.

NICOLASIÑORenné Goscinny AlfaguaraNicolás, no colexio, vai coñecer novos compañeiros cos que pasalo bomba, aínda que de contado van xurdir problemas coas notas.

OS DOUS CORCOVADOSRaquel Méndez Kalandraka

Xan e Perillán eran dous irmáns corcovados. O máis novo decidiu marchar polo mundo probar fortuna. Ao chegar ao bosque tivo medo do sacaúntos e subiuse a unha árbore...

A QUE SABE A LÚA?Michael Grejinec Kalandraka

Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeno. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala. Daquela, a tartaruga tivo unha xenial idea: “Quizais entre todos poidamos alcanzala”

CAIXA DE CARTÓNTxabi Arnal e Hassan A mekan OQO

O autor aborda con tenrura a dobre traxedia de milleiros de inmigrantes que tras riscaren as súas vidas, atopan rexeitamento e intolerancia no país de acollida.