orde dog xoves, 3 de novembro de 2011igvs.xunta.gal/normativa/4_ordes/o 19-10-11.pdf · soal (boe...

12
DOG Núm. 210 Xoves, 3 de novembro de 2011 Páx. 32165 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS ORDE do 19 de outubro de 2011 pola que se regulan determinados ficheiros de datos de carácter personal existentes no Instituto Galego da Vivenda e Solo. A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter per- soal (BOE n.º 298, do 14 de decembro), regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos, que os faga susceptibles de tratamento, así como toda modalidade de uso posterior destes datos polos sectores público e privado. A finalidade desta regulación é garantir e protexer as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente a súa honra e intimidade persoal e familiar. No artigo 20 da dita lei disponse que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderá facer por medio de disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente, e establece no seu punto segundo as indicacións concretas que deben constar nas disposicións de creación e modificación daqueles. En consecuencia, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6.º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, DISPOÑO: Artigo 1. Obxecto. Mediante esta orde créanse e suprímense os ficheiros de carácter persoal existentes no Instituto Galego da Vivenda e Solo que se especifican nos anexos I e II. Artigo 2. Contido. A información exixida no artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e no artigo 54 do seu regulamento asociado, apro- bado polo Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, para as disposicións de creación, modificación e supresión de ficheiros, está contida nos anexos I e II desta orde. CVE-DOG: ihdtgri17-pxx8-qqb3-vxqco7n0zt+7

Upload: dinhphuc

Post on 24-May-2019

223 views

Category:

Documents

0 download

TRANSCRIPT

DOG Núm. 210 Xoves, 3 de novembro de 2011 Páx. 32165

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ORDE do 19 de outubro de 2011 pola que se regulan determinados ficheiros de datos de carácter personal existentes no Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter per-

soal (BOE n.º 298, do 14 de decembro), regula o tratamento de datos de carácter persoal

rexistrados en soportes físicos, que os faga susceptibles de tratamento, así como toda

modalidade de uso posterior destes datos polos sectores público e privado. A finalidade

desta regulación é garantir e protexer as liberdades públicas e os dereitos fundamentais

das persoas físicas, e especialmente a súa honra e intimidade persoal e familiar.

No artigo 20 da dita lei disponse que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros

das administracións públicas só se poderá facer por medio de disposición xeral publicada

no BOE ou diario oficial correspondente, e establece no seu punto segundo as indicacións

concretas que deben constar nas disposicións de creación e modificación daqueles.

En consecuencia, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6.º da Lei 1/1983,

do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada parcialmente pola

Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto.

Mediante esta orde créanse e suprímense os ficheiros de carácter persoal existentes no

Instituto Galego da Vivenda e Solo que se especifican nos anexos I e II.

Artigo 2. Contido.

A información exixida no artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de

protección de datos de carácter persoal, e no artigo 54 do seu regulamento asociado, apro-

bado polo Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, para as disposicións de creación,

modificación e supresión de ficheiros, está contida nos anexos I e II desta orde.

CV

E-D

OG

: ihd

tgri

17-p

xx8-

qqb3

-vxq

co7n

0zt+

7

DOG Núm. 210 Xoves, 3 de novembro de 2011 Páx. 32166

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Artigo 3. Finalidade e uso dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal incluídos nos ficheiros do Instituto Galego da Vivenda e Solo regulados por esta orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos e declarados no anexo I e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4. Cesión de datos.

Os datos só serán cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei e nos decla-rados no anexo I. No suposto de cesión de datos ás administracións públicas, haberá que aterse ao disposto na normativa vixente respecto a esta materia.

Artigo 5. Órgano responsable dos ficheiros.

A responsabilidade sobre os ficheiros regulados por esta orde correspóndelle ao Ins-tituto Galego da Vivenda e Solo, organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

No anexo I detállase a unidade ante a cal se exercerán os dereitos de acceso, rectifica-ción, cancelación e oposición dos datos que constan nos ficheiros.

Artigo 6. Nivel de protección e medidas de seguridade.

Os ficheiros creados por esta orde atópanse clasificados atendendo ao disposto no artigo 80 e seguintes do regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, aprobado polo Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro. No anexo I aparece a clasificación (nivel básico, medio ou alto) dos ficheiros creados baixo esta orde.

O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas técnicas, de xes-tión e organización que sexan necesarias para asegurar a confidencialidade e integridade dos datos, así como as conducentes a facer efectivas as garantías, obrigas e dereitos re-coñecidos na Lei orgánica 15/1999 e nas súas normas de desenvolvemento.

Artigo 7. Supresión de ficheiros.

No anexo II desta orde relaciónanse aqueles ficheiros para os cales será solicitada a súa supresión ao Rexistro da Axencia de Protección de Datos. O órgano responsable des-

CV

E-D

OG

: ihd

tgri

17-p

xx8-

qqb3

-vxq

co7n

0zt+

7

DOG Núm. 210 Xoves, 3 de novembro de 2011 Páx. 32167

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

tes ficheiros establece no anexo II o destino que se lles vai dar aos datos ou, de ser o caso, as previsións que se adopten para a súa destrución.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2011.

Agustín Hernández Fernández de Rojas Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO I Ficheiros de nova creación

Denominación do ficheiro Relacións informativas coa cidadanía e con entidades

Descrición da súa finalidade e usos previstos Xestión de publicacións, procedementos administrativos que teñan como finalidade informar a cidadanía, xestión de queixas e suxestións

Colectivos sobre os cales se pretende obter da-tos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentesPropietarios ou arrendatariosSolicitantes

Procedemento de recollida de datos Formularios papel, formularios web

Procedencia dos datos O propio interesado ou o seu representante legal

Estrutura básica do ficheiroTipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: NIF/DNI, nome e apelidos, enderezo, teléfonoOutros datos de carácter identificativo: correo electrónico, usuario acceso webDatos de características persoais: data de nacemento

Sistema de tratamento Tratamento mixto

Comunicacións ou cesións de datos Non se atopan previstas comunicacións ou cesións de datos

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas transferencias internacionais de datos a países terceiros

Órgano responsable do ficheiro Instituto Galego de Vivenda e Solo

Servizos ou unidades ante os cales poden exer-cer os dereitos de acceso, rectificación, cancela-ción e oposición

Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central s/n, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro Básico

Denominación do ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades

Descrición da súa finalidade e usos previstos Procedemento administrativo, xestión sancionadora, concesión de axudas e subvencións

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentesPropietarios ou arrendatariosRepresentantes legaisSolicitantesBeneficiariosOutros colectivos: adxudicatarios de vivendas de promoción pública, promotores de vivenda

CV

E-D

OG

: ihd

tgri

17-p

xx8-

qqb3

-vxq

co7n

0zt+

7

DOG Núm. 210 Xoves, 3 de novembro de 2011 Páx. 32168

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Procedemento de recollida de datos Formularios papel, formularios web

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legalOutras persoas físicasRexistros públicosAdministracións públicas

Estrutura básica do ficheiroTipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Outros datos especialmente protexidos: orixe racial/étnica incluída na documentación e en informes sociais solicitados e que poden achegar os afectados, saúde (datos e certificación de discapacidade e outro tipo de datos de saúde incidentalmente incluídos na documentación, en informes sociais solicitados e en informes relativos a vítima de violencia de xénero que poden achegar os afectados)Datos relativos á comisión de infraccións: infraccións penais (inciden-talmente incluídos na documentación e informes relativos a vítima de violencia de xénero e sobre desafiuzamento xudicial que poden achegar os afectados), infraccións administrativasDatos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo, teléfono, sinatura/pegada, tarxeta sanitariaOutros datos de carácter identificativo: correo electrónico, n.º de expe-diente, certificado de empadroamento e os que poidan vir incluídos nos diferentes expedientes, nas denuncias, queixas ou reclamaciónsDatos de características persoais: datos de estado civil, datos familia-res, data de nacemento, nacionalidadeDatos de circunstancias sociais: características vivenda/aloxamento, propiedades/posesións, licenzas/permisos, así como outros que poi-dan vir incluídos nos diferentes expedientes, nas denuncias, queixas ou reclamaciónsDatos académicos e profesionais: formación/titulación, historial do estudanteDatos de información comercial: actividades e negociosDatos de detalles de emprego: posto de traballo, historial de traballo, así como outros que poidan vir incluídos nas copias de contratos de traballo que acheguen os afectadosDatos económicos, financeiros e de seguros: ingresos/rendas, bens patrimoniais, créditos/préstamos/avais, datos bancarios, plans de pensións/xubilación, datos deducións impositivas/impostos, seguros, hipotecas, subsidios/beneficiosDatos de transaccións de bens e servizos: bens e servizos subminis-trados polo afectado (contratos de compra/venda de vivenda, contratos de alugamento de vivenda), bens e servizos recibidos polo afectado (ingreso taxas, depósito fianzas, recibos de consumo de auga/electri-cidade, contratos de compra/venda de vivenda, contratos de aluga-mento), transaccións financeiras (ingreso axudas), compensacións/indemnizaciónsOutro tipo de datos: vítima de violencia de xénero, vítima de terroris-mo, certificado de defunción, certificado de estar ao día das obrigas tributarias e pagamentos ante a Seguridade Social, Facenda e a Xunta de Galicia, datos relacionados coa inspección (data/hora, motivo, n.º de acta, conclusións da inspección), datos de desafiuzamento (n.º desafiuzamento, tipo, proposta, resolución)

Sistema de tratamento Tratamento mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Órganos xudiciaisFacenda pública e Administración tributariaOutros órganos da Administración do Estado (Ministerio de Vivenda)Bancos, caixas de aforro e caixas ruraisOutros órganos da Administración local (servizos sociais, protección animal)Outros órganos da Administración autonómica (servizos sociais, servi-zo menor, protección animal)Forzas e corpos de seguridade (Policía local)

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas transferencias internacionais de datos a países terceiros

Órgano responsable do ficheiro Instituto Galego da Vivenda e Solo

CV

E-D

OG

: ihd

tgri

17-p

xx8-

qqb3

-vxq

co7n

0zt+

7

DOG Núm. 210 Xoves, 3 de novembro de 2011 Páx. 32169

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central s/n, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro Alto

Denominación do ficheiro Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, con entidades e persoas terceiras

Descrición da súa finalidade e usos previstos Xestión contable, fiscal e administrativa, contratación

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

EmpregadosProvedoresPropietarios ou arrendatariosRepresentantes legaisPersoas de contactoBeneficiariosOutros colectivos: apoderados, notarios, persoal funcionario e laboral adscrito aos servizos da entidade

Procedemento de recollida de datos Formularios papel, formularios web

Procedencia dos datos

O propio interesado ou seu representante legalOutras persoas físicasEntidade privadaAdministracións públicas

Estrutura básica do ficheiroTipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo, teléfono, sinatura/pegadaOutros datos de carácter identificativo: correo electrónicoDatos de características persoais: diferentes datos incidentalmente incluídos na documentación que poden achegar os afectadosDatos de circunstancias sociais: características de aloxamento/vivenda, propiedades/posesiónsDatos de información comercial: diferentes datos incidentalmente incluí-dos na documentación que poden achegar os afectadosDatos económicos, financeiros e de seguros: créditos/préstamos/avais, datos bancarios, datos económicos de nómina dos empregadosDatos de transaccións de bens e servizos: bens e servizos subministra-dos polo afectado, bens e servizos recibidos polo afectado, transaccións financeiras (ingreso/depósito da fianza, devolución da fianza)Outro tipo de datos: certificación acreditativa de cumprir coas obrigas tributarias e da Seguridade Social e non ter débedas de natureza tribu-taria coa Administración pública

Sistema de tratamento Tratamento mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Facenda pública e Administración tributariaTribunal de Contas ou equivalente autonómicoOutros órganos da comunidade autónomaBancos, caixas de aforro e caixas rurais (devolución da fianza)

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas transferencias internacionais de datos a paí-ses terceiros

Órgano responsable do ficheiro Instituto Galego da Vivenda e SoloServizos ou unidades ante os cales poden exer-cer os dereitos de acceso, rectificación, cancela-ción e oposición

Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central s/n, Polígono das Fon-tiñas, 15707 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro Básico

Denominación do ficheiro Recursos humanos

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Recursos humanos (xestión do persoal, formación do persoal, acción social a favor do persoal das administracións públicas, promoción e selección de persoal, oposicións e concursos, control horario, control de incompatibilidades, control de patrimonio de altos cargos), xestión nómina, prevención de riscos laborais, indemnización por razón de servizo

CV

E-D

OG

: ihd

tgri

17-p

xx8-

qqb3

-vxq

co7n

0zt+

7

DOG Núm. 210 Xoves, 3 de novembro de 2011 Páx. 32170

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Colectivos sobre os cales se pretende obter da-tos ou que resulten obrigados a subministralos

EmpregadosOutros colectivos: persoal funcionario e laboral adscrito aos servizos da entidade

Procedemento de recollida de datos Formularios papel

Procedencia dos datos O propio interesado ou o seu representante legal

Estrutura básica do ficheiroTipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, n.º SS/mutualidade, n.º rexis-tro persoal, nome e apelidos, enderezo, teléfonoDatos de características persoais: datos de estado civil, data de nace-mento, idade, sexoDatos académicos e profesionais: formación/titulacións, experiencia profesionalDatos de detalles de emprego: corpo/escala, categoría/grao, posto de traballo, datos non económicos de nómina, historial do traballadorDatos económicos, financeiros e de seguros: datos bancarios, plan de pensións/xubilación, datos económicos de nómina, datos de dedu-cións impositivas/impostosDatos de transaccións de bens e servizos: transaccións financeiras (pagamento de nómina)Outros datos: datos de discapacidade (tramitación de nómina)

Sistema de tratamento Tratamento mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Organismos da Seguridade SocialFacenda pública e Administración tributariaTribunal de Contas ou equivalente autonómicoOutros órganos da comunidade autónomaBancos, caixas de aforro e caixas rurais (pagamento de nómina)Sindicatos e xuntas de persoalEntidades aseguradoras

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas transferencias internacionais de datos a países terceiros

Órgano responsable do ficheiro Instituto Galego da Vivenda e Solo

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central s/n, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro Básico

Denominación do ficheiro Actividades dirixidas á cidadanía

Descrición da súa finalidade e usos previstos Educación e cultura, formación, servizos sociais, outras finalidades

Colectivos sobre os cales se pretende obter da-tos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns ou residentesPropietarios e arrendatariosSolicitantesBeneficiarios

Procedemento de recollida de datos Formularios papel

Procedencia dos datos O propio interesado ou o seu representante legalOutras persoas físicas

Estrutura básica do ficheiro.Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo, teléfono, sinatura/pegadaDatos de características persoaisDatos de circunstancias sociais

Sistema de tratamento Tratamento mixto

Comunicacións ou cesións de datos Non se atopan previstas comunicacións ou cesións de datos

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas transferencias internacionais de datos a países terceiros

Órgano responsable do ficheiro Instituto Galego da Vivenda e Solo

CV

E-D

OG

: ihd

tgri

17-p

xx8-

qqb3

-vxq

co7n

0zt+

7

DOG Núm. 210 Xoves, 3 de novembro de 2011 Páx. 32171

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Servizos ou unidades ante os cales poden exer-cer os dereitos de acceso, rectificación, cancela-ción e oposición

Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central s/n, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro Básico

Denominación do ficheiro Rexistros

Descrición da súa finalidade e usos previstos Procedemento administrativo, fins históricos, estatísticos ou científi-cos, outras finalidades

Colectivos sobre os cales se pretende obter da-tos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns ou residentesProvedoresPropietarios e arrendatariosPersoas de contactoSolicitantesBeneficiariosOutros colectivos: profesionais da construción e das actividades de promoción da vivenda, profesionais vinculados aos contratos implica-dos na promoción pública de vivendas, adxudicatarios de vivendas de promoción pública, técnicos de vivenda

Procedemento de recollida de datos Formularios papel

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legalOutras persoas físicasFontes accesibles ao públicoEntidade privadaAdministracións públicas

Estrutura básica do ficheiroTipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo, teléfono, sinatura/pegadaOutros datos de carácter identificativo: correo electrónico, fax, n.º de expediente (expediente de excepcionalidade)Datos de características persoais: datos de familiaDatos de circunstancias sociais: características de vivenda/aloxamentoDatos académicos e profesionais: titulacións/formación, experiencia profesionalDatos de detalle de emprego: posto de traballoDatos de información comercial: actividades e negocios, licenzas comerciaisEconómicos, financeiros e de seguros: ingresos/rendas, datos banca-rios, datos deducións impositivas/impostosTransaccións de bens e servizos: bens e servizos subministrados polo afectado, transaccións financeiras (pagamentos realizados)Outro tipo de datos: datos relativos á entrada e saída de documentos, certificación acreditativa de cumprir coas obrigas tributarias e da Segu-ridade Social e non ter débedas de natureza tributaria coa Administra-ción pública

Sistema de tratamento Tratamento mixtoComunicacións ou cesións de datos Facenda pública e Administración tributariaTransferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas transferencias internacionais de datos a países terceiros

Órgano responsable do ficheiro Instituto Galego da Vivenda e SoloServizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central s/n, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro Básico

Denominación do ficheiro Seguridade e control de acceso físico

Descrición da súa finalidade e usos previstos Seguridade e control de acceso a edificios ou centros de traballo, videovixilancia, outras finalidades

CV

E-D

OG

: ihd

tgri

17-p

xx8-

qqb3

-vxq

co7n

0zt+

7

DOG Núm. 210 Xoves, 3 de novembro de 2011 Páx. 32172

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Colectivos sobre os cales se pretende obter da-tos ou que resulten obrigados a subministralos

EmpregadosCidadáns ou residentesOutros colectivos: persoal funcionario e laboral adscrito aos servizos da entidade

Procedemento de recollida de datos Formularios webCámaras de seguridade

Procedencia dos datos O propio interesado ou o seu representante legal

Estrutura básica do ficheiroTipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: NIF/DNI, nome e apelidos, imaxe

Sistema de tratamento Tratamento automatizado

Comunicacións ou cesións de datos Órganos xudiciaisForzas e corpos de seguridade

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas transferencias internacionais de datos a países terceiros

Órgano responsable do ficheiro Instituto Galego da Vivenda e Solo

Servizos ou unidades ante os cales poden exer-cer os dereitos de acceso, rectificación, cancela-ción e oposición

Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central s/n, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro Básico

ANEXO II

Ficheiros que se van suprimir

Denominación do ficheiro RHPERSON

Descrición da súa finalidade e usos previstos Ficheiro de persoal do IGVS. Ordenamento de forma automatizada da xestión de persoal, así como relacionar os postos de traballo e orzalos

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos Empregados

Orde de creación/modificación do ficheiroOrde do 27 de xullo de 1994 pola que se regulan os ficheiros auto-matizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución Inclusión no ficheiro Recursos humanos regulado por esta orde

Denominación do ficheiro GUBENEFI

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Ficheiro de datos do sistema económico-financeiro da aplicación de facturación e que ten por finalidade listar os adxudicatarios de vivenda de promoción pública incluíndo os valores das vivendas e os paga-mentos que se produzan nelas

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

BeneficiariosOutros colectivos: adxudicatarios de vivenda de promoción pública

Orde de creación/modificación do ficheiroOrde do 27 de xullo de 1994 pola que se regulan os ficheiros auto-matizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión nos ficheiros Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades e Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, con entidades e con persoas terceiras regulados por esta orde

CV

E-D

OG

: ihd

tgri

17-p

xx8-

qqb3

-vxq

co7n

0zt+

7

DOG Núm. 210 Xoves, 3 de novembro de 2011 Páx. 32173

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Denominación do ficheiro XPAFECT

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Ficheiro de datos sobre expedientes de solo que conteñen os datos estritamente necesarios para a identificación dos suxeitos en expe-dientes expropiatorios e de alleamento e adquisición de inmobles polo IGVS

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos Propietarios ou arrendatarios

Orde de creación/modificación do ficheiroOrde do 27 de xullo de 1994 pola que se regulan os ficheiros auto-matizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulado por esta orde

Denominación do ficheiro Plan Cuadrienal de Vivenda

Descrición da súa finalidade e usos previstosXestión e tramitación dos expedientes relativos a concesións de axudas e financiamento cualificado formuladas ao abeiro dos plans de vivenda

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos Solicitantes

Orde de creación/modificación do ficheiro Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulado por esta orde

Denominación do ficheiro Ficheiro de rehabilitación rural

Descrición da súa finalidade e usos previstos Xestionar a concesión de subvencións e a rehabilitación rural

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos Solicitantes

Orde de creación/modificación do ficheiro Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulado por esta orde

Denominación do ficheiro Infravivenda

Descrición da súa finalidade e usos previstos Xestionar a concesión de axudas á erradicación de infravivenda

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

SolicitantesBeneficiarios

Orde de creación/modificación do ficheiro Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulado por esta orde

Denominación do ficheiro Ficheiro de conxuntos históricos

Descrición da súa finalidade e usos previstos Xestionar a concesión de subvencións á rehabilitación en conxuntos históricos

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos Solicitantes

CV

E-D

OG

: ihd

tgri

17-p

xx8-

qqb3

-vxq

co7n

0zt+

7

DOG Núm. 210 Xoves, 3 de novembro de 2011 Páx. 32174

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Orde de creación/modificación do ficheiro Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulado por esta orde

Denominación do ficheiro Ficheiro de reconstrución rural

Descrición da súa finalidade e usos previstos Xestionar a concesión de subvencións á reconstrución rural

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos Solicitantes

Orde de creación/modificación do ficheiro Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulado por esta orde

Denominación do ficheiro Axudas a mozos

Descrición da súa finalidade e usos previstos Xestionar a concesión de subvencións aos mozos adquirentes de vivendas de protección pública

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos Solicitantes

Orde de creación/modificación do ficheiro Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulado por esta orde

Denominación do ficheiro Axudas a familias numerosas

Descrición da súa finalidade e usos previstos Xestionar a concesión de subvencións ás familias numerosas adqui-rentes de vivendas

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos Solicitantes

Orde de creación/modificación do ficheiro Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulado por esta orde

Denominación do ficheiro Inspección

Descrición da súa finalidade e usos previstos Control das actividades realizadas polo Servizo de Inspección do IGVS

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

BeneficiariosOutros colectivos: adxudicatarios de vivenda de promoción pública

Orde de creación/modificación do ficheiro Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulado por esta orde

Denominación do ficheiro Vivendas de promoción pública

Descrición da súa finalidade e usos previstos Adxudicación, recadación e xestión administrativa das vivendas de promoción pública

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

BeneficiariosOutros colectivos: adxudicatarios de vivenda de promoción pública

CV

E-D

OG

: ihd

tgri

17-p

xx8-

qqb3

-vxq

co7n

0zt+

7

DOG Núm. 210 Xoves, 3 de novembro de 2011 Páx. 32175

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Orde de creación/modificación do ficheiro Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión nos ficheiros Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades e rexistros regulados por esta orde

Denominación do ficheiro Construcións

Descrición da súa finalidade e usos previstos Control e xestión da promoción pública de vivendas: contratos e informes técnicos

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

ProvedoresRepresentantes legaisPersoas de contactoOutros colectivos: empresas e profesionais vinculados aos contratos implicados na promoción pública de vivendas

Orde de creación/modificación do ficheiro Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión nos ficheiros Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades e Rexistros regulados por esta orde

Denominación do ficheiro Facturas de notarios e rexistradoresDescrición da súa finalidade e usos previstos Control e xestión das facturas emitidas por notarios e rexistradores

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

ProvedoresOutros colectivos: rexistradores e notarios que emiten facturas ao IGVS

Orde de creación/modificación do ficheiro Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións económicas e comerciais coa cidada-nía, con entidades e con persoas terceiras regulado por esta orde

Denominación do ficheiro Propietarios

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Incorporación de vivenda en alugamento de acordo co establecido na normativa que o regula. Ofrécense aos seus titulares os servizos e incentivos establecidos nel, concedéndolles, se for o caso, as sub-vencións de rehabilitación precisas, co obxecto de proceder co seu arrendamento no programa

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos Propietarios ou arrendatarios

Orde de creación/modificación do ficheiroOrde do 14 de setembro de 2007 pola que se crean ficheiros que con-teñen datos de carácter persoal existentes na Consellería de Vivenda e Solo

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión nos ficheiros Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulados por esta orde

Denominación do ficheiro Arrendatarios

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Tramitar as solicitudes de incorporación ao programa e, de ser o caso, as solicitudes de subvención ao arrendamento establecidas neste e presentadas conforme o establecido na súa normativa, coa finalida-de de axudar familias e unidades de convivencia con dificultades de acceso á vivenda

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos Solicitantes

Orde de creación/modificación do ficheiroOrde do 14 de setembro de 2007 pola que se crean ficheiros que con-teñen datos de carácter persoal existentes na Consellería de Vivenda e Solo

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión nos ficheiros Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulados por esta orde

CV

E-D

OG

: ihd

tgri

17-p

xx8-

qqb3

-vxq

co7n

0zt+

7

DOG Núm. 210 Xoves, 3 de novembro de 2011 Páx. 32176

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Denominación do ficheiro Ficheiro de renda básica de emancipación: arrendadores

Descrición da súa finalidade e usos previstos Controlar que a información e os datos que facilitan os arrendatarios é veraz, co fin de poderlles conceder as correspondentes subvencións

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

SolicitantesBeneficiariosOutros colectivos: arrendadores de vivendas cuxos inquilinos soliciten as subvencións

Orde de creación/modificación do ficheiroOrde do 8 de outubro de 2008 pola que se crean ficheiros que conte-ñen datos de carácter persoal existentes na Consellería de Vivenda e Solo, no eido da renda básica de emancipación dos mozos de Galicia

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión nos ficheiros Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulados por esta orde

Denominación do ficheiro Ficheiro de renda básica de emancipación: arrendatarios

Descrición da súa finalidade e usos previstosTramitar e resolver as solicitudes de subvencións e favorecer o arren-damento, facilitando, pola súa vez, a emancipación da mocidade

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos Propietarios ou arrendatarios

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 8 de outubro de 2008 pola que se crean ficheiros que conte-ñen datos de carácter persoal existentes na Consellería de Vivenda e Solo, no eido da renda básica de emancipación dos mozos de Galicia