orde avaliación diagnóstica 2010

2

Click here to load reader

Upload: ceip-refoxos

Post on 05-Mar-2016

220 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Dog do 15 de outubro

TRANSCRIPT

Page 1: Orde Avaliación Diagnóstica 2010

17.202 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 199 � Venres, 15 de outubro de 2010

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓNE ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Orde do 6 de outubro de 2010 pola que seregula o desenvolvemento da avaliaciónde diagnóstico na Comunidade Autónomade Galicia.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educa-ción, prevé nos seus artigos 21 e 29 a realizacióndunha avaliación de diagnóstico de carácter censualque se deberá levar a cabo en todos os centros edu-cativos. Pola súa parte, o Decreto 130/2007, do 28de xuño, polo que se establece o currículo da educa-ción primaria na Comunidade Autónoma de Galicia,e o Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que seregulan as ensinanzas da educación secundaria obri-gatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, deter-minan nos artigos 17 e 19, respectivamente, a reali-zación deste proceso avaliativo. A dita avaliaciónversará sobre as competencias básicas do alumnadoe deberá dar lugar a compromisos de revisión emellora a partir dos resultados que dela se obteñan.

A avaliación diagnóstica posúe carácter formativoe orientador para os centros e informativo para asfamilias e para o conxunto da comunidade educati-va. A súa finalidade última é contribuír á mellora dacalidade e da equidade da educación, a través docoñecemento da adquisición das competencias bási-cas dos estudantes. A súa realización pretende sus-citar a reflexión sobre a práctica educativa e orien-tar procesos de transformación e mellora. En ningúncaso substitúe a avaliación do proceso de ensino eaprendizaxe que comunmente se desenvolve noscentros educativos, senón que complementa o coñe-cemento que aquela proporciona, e promove que atoma de decisións posterior sexa máis axustada árealidade de cada centro.

Nesta liña, as citadas normas establecen que corres-ponde ás administracións educativas desenvolver econtrolar as avaliacións de diagnóstico e determinanque estas proporcionen modelos e apoios co obxectode que se poidan desenvolver de modo adecuado.

En virtude do exposto, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Obxecto e finalidade.

1. Esta orde ten por obxecto regular as condicións eo procedemento de realización da proba de avaliaciónde diagnóstico na Comunidade Autónoma galega.

2. A finalidade da avaliación de diagnóstico é con-tribuír a determinar o nivel de desenvolvemento dascompetencias básicas do alumnado, de cara a pro-mover accións de mellora do sistema educativo. Enconsecuencia, será formativa e orientadora para oscentros e informativa para as familias e o conxuntoda comunidade educativa. Así mesmo, carecerá deefectos académicos para o alumnado.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

1. Esta proba realizarase en todos os centros edu-cativos da comunidade autónoma que impartan ensi-nanzas correspondentes a cuarto curso de educaciónprimaria e/ou segundo curso de educación secunda-ria obrigatoria.

2. Deberá ser realizada por todo o alumnado dosniveis referidos no punto anterior, agás naquelescasos que sinale a Dirección Xeral de Educación,Formación Profesional e Innovación Educativa.

Artigo 3º.-Competencias básicas obxecto de avalia-ción.

1. As probas versarán sobre as competencias bási-cas establecidas nos decretos 130/2007, do 28 dexuño e 133/2007, do 5 de xullo, polos que se esta-blecen, respectivamente, os currículos de educaciónprimaria e educación secundaria obrigatoria.

2. As probas realizaranse en consonancia co mar-co teórico establecido para a avaliación xeral diag-nóstica e conxugarán as normas legais dos preceptoseducativos coas correspondentes ao dereito á intimi-dade, honra e protección de datos.

3. A información que se obteña destas probas serátida en conta polos centros para organizar as medi-das necesarias para mellorar a atención do alumna-do. Así mesmo, será tida en conta, xunto cos demaisdatos obtidos na avaliación do proceso de ensino eaprendizaxe, para analizar, valorar e reorientar, seprocede, as actuacións encamiñadas ao desenvolve-mento do currículo da etapa.

4. A Dirección Xeral de Educación, FormaciónProfesional e Innovación Educativa determinará encada curso escolar cales serán as competencias bási-cas obxecto de avaliación.

Artigo 4º.-Datas de realización das probas.

A Dirección Xeral de Educación, Formación Pro-fesional e Innovación Educativa determinará encada curso as datas en que se realizarán as probas.

Artigo 5º.-Comisión de coordinación da avaliaciónde diagnóstico nos centros educativos.

1. Nos centros educativos que impartan as ensi-nanzas referidas no artigo 2º.1 constituirase unhacomisión de coordinación da avaliación de diagnós-tico, formada polas seguintes persoas:

a) Director ou directora do centro, que a presidirá.

b) Xefe ou xefa de estudos.

c) Xefe ou xefa do departamento de orientación, deser o caso.

d) Un titor ou titora de cada un dos niveis que seavalían, nomeados pola dirección do centro.

2. A súas funcións serán as seguintes:

a) Informar a comunidade educativa sobre o senti-do e a finalidade da avaliación de diagnóstico.

b) Coordinar o proceso desta avaliación no centro.

c) Colaborar coa Administración educativa e cosservizos de inspección naqueles aspectos do proce-so para os cales sexa requirida.

Page 2: Orde Avaliación Diagnóstica 2010

Nº 199 � Venres, 15 de outubro de 2010 17.203DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Os servizos de saúde teñen como finalidade a pres-tación de servizos sanitarios á poboación, tanto detipo preventivo como asistencial e rehabilitador, asícomo a atención sociosanitaria, que ten unha espe-cial relevancia debido ao aumento da esperanza devida, a cronicidade dos procesos e a presenza dedependencia e as discapacidades.

O Servizo Galego de Saúde dispón dunha organiza-ción por niveis para a prestación da asistencia sanita-ria que ten encomendada. Porén, para asegurar unhamellora continua da calidade é importante seguiravanzando na coordinación e a capacidade de respos-

CONSELLERÍA DE SANIDADE

Decreto 168/2010, do 7 de outubro, poloque se regula a estrutura organizativa dexestión integrada do Servizo Galego deSaúde.

3. Esta comisión constituirase ao comezo de cadacurso escolar e a súa composición reflectirase nacorrespondente programación xeral anual.

Artigo 6º.-Elaboración, aplicación e corrección dasprobas.

1. A elaboración das probas correrá a cargo dunequipo de traballo formado por profesionais especia-lizados no coñecemento das diferentes competenciasbásicas. As probas estarán constituídas por cadernospara cada unha das competencias e cuestionarios decontexto dirixidos ao profesorado, á dirección do cen-tro, ao alumnado e, eventualmente, ás súas familias.

2. A Dirección Xeral de Educación, FormaciónProfesional e Innovación Educativa ditará instru-cións cada curso escolar sobre o procedemento deaplicación e corrección das probas.

3. No desenvolvemento do proceso desta avalia-ción, os centros educativos contarán co apoio da pla-taforma informática avaldia, habilitada para este fin.

Artigo 7º.-Emisión de informes dos centros educati-vos.

1. Os centros educativos obterán un informe de resul-tados en que se achegará información sobre o nivel dedesenvolvemento das competencias no seu centro.

2. Os centros educativos, con base na informacióncontida nos informes, serán os encargados de infor-mar as familias do resultado destas probas.

Artigo 8º.-Corrección de contraste.

Unha vez rematada a avaliación de diagnóstico, aDirección Xeral de Educación, Formación Profesio-nal e Innovación Educativa requirirá, dunha mostrasignificativa de centros, os seus exemplares, co finde realizar unha segunda corrección que contribúaao control da calidade do proceso.

Artigo 9º.-Confidencialidade das probas.

1. No uso da información derivada desta avalia-ción terase en conta o establecido na Lei orgáni-ca 15/1999, do 13 de decembro, de protección dedatos de carácter persoal. En consecuencia, só seránrecollidos aqueles datos que se consideren pertinen-tes para a finalidade desta.

2. Co obxecto de preservar esta confidencialidade,establecerase un sistema restrinxido de acceso áinformación da plataforma informática a través dadefinición de perfís de usuario, de tal xeito que oacceso aos datos de cada centro quede reservado áAdministración educativa e ao propio centro.

3. A dirección do centro educativo responsabiliza-rase da custodia dos cadernos e cuestionarios das pro-bas, que deberán ser conservados mentres a Adminis-tración educativa non ordene a súa destrución.

Artigo 10º.-Análise dos resultados nos centros edu-cativos.

Como consecuencia da avaliación de diagnóstico, oscentros, a través dos seus órganos colexiados de gober-no, realizarán unha reflexión interna tras a cal se esta-blecerán as accións de mellora pertinentes, que seránincorporadas á súa programación xeral anual.

Artigo 11º.-Seguimento da inspección educativa.

Os servizos de inspección provincial velarán polocorrecto desenvolvemento da avaliación de diagnósticonos centros educativos e colaborarán en todo o procesorelativo ao seu seguimento. Así mesmo, participarán nacorrección de contraste e asesorarán os centros na tomade decisións posterior á realización da proba, encami-ñada ao establecemento de accións de mellora.

Artigo 12º.-Informe xeral.

A Consellería de Educación e Ordenación Univer-sitaria, a través dun informe técnico, detallará osresultados xerais do proceso de avaliación de diag-nóstico realizada.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 16 de febreiro de 2009(DOG do 23 de febreiro) pola que se regula o desen-volvemento da avaliación diagnóstica na Comunida-de Autónoma de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Contra esta orde cabe interpoñer recur-so contencioso-administrativo perante o TribunalSuperior de Xustiza de Galicia.

Segunda.-Facúltase a Dirección Xeral de Educa-ción, Formación Profesional e Innovación Educativapara ditar cantas resolucións sexan necesarias parao desenvolvemento desta orde.

Terceira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinteao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2010.

Jesús Vázquez AbadConselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria