operacions diversas e dereitos de cobro

2
I.E.S. DE ARZÚA C.S. DE ADMINSTRACIÓN E FINANZAS MÓDULO DE CONTABILIDADE E FISCALIDADE EXERCICIOS DE CONTABILIDADE DE REPASO OPERACIÓNS DIVERSAS E DEREITOS DE COBRO Facer todos os asentos que se derivan das situacións que se describen en cada punto, apuntando a data que corresponde a cada un deles. Exercicio para resolver no Libro Diario, non sendo necesario que fagas o Libro Maior, a non ser que o necesites para teu organización. Os datos indicados a continuación son sen IVE a non ser que se ofreza algún dato que indique o contrario. 1. O 15 de maio nos informan que o grupo musical OS CACHOS que nos debía 3.000 € dunhas guitarras eléctricas que nos compraron fai uns meses, acaba de disolverse e que os seus integrantes están todos en paro, non habendo forma de cobralos. Non tiñamos letra aceptada, nin tivemos ningunha noticia antes destes problemas. 2. LEITE RICA, S.A. é unha empresa distribuidora de leite a restaurantes, hoteis e pequenas tendas de barrio en envases de vidro, ofrecendo a posibilidade de que devolvan a botella ou que a compren para eles ou os seus clientes. Fai unha venda de 2.000 €, as botellas neste caso non son retornables, senón que son comprados de forma definitiva e están incluídos en factura estando valorados por 200 €. A crédito. (Atención ao IVE correspondente a esta factura) 3. No proceso de regularización fan un reconto físico de existencias que cotexado coas fichas de almacén dan 400 €. (Sábese que a conta correspondente aos envases 327 ten un valor de 500 €) 4. LEITE RICA, S.A. fai outra venda por valor de 1.800 € con 180 € de envases que poden ser devoltos. A crédito 5. Días despois recibe de volta 130 € dos 180 anteriores. O resto non se poden devolver porque quedaron deteriorados. 6. LEITE RICA, S.A. fai outra venda coas seguintes características: Venda de leite 3.000 €, desconto por ser unha promoción de leite especial con calcio 100 €, e 300 e de envases que poden ser retornables. Estes últimos non se inclúen en factura porque se espera a ver cantos son devoltos e cantos non. Operación a crédito. 1

Upload: oki-doce

Post on 17-Mar-2016

227 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

Exercicio para resolver no Libro Diario, non sendo necesario que fagas o Libro Maior, a non ser que o necesites para teu organización. Facer todos os asentos que se derivan das situacións que se describen en cada punto, apuntando a data que corresponde a cada un deles. 1. O 15 de maio nos informan que o grupo musical OS CACHOS que nos debía I.E.S. DE ARZÚA C.S. DE ADMINSTRACIÓN E FINANZAS MÓDULO DE CONTABILIDADE E FISCALIDADE 1

TRANSCRIPT

Page 1: OPERACIONS DIVERSAS E DEREITOS DE COBRO

I.E.S. DE ARZÚAC.S. DE ADMINSTRACIÓN E FINANZAS

MÓDULO DE CONTABILIDADE E FISCALIDADE

EXERCICIOS DE CONTABILIDADE DE REPASOOPERACIÓNS DIVERSAS E DEREITOS DE COBRO

Facer todos os asentos que se derivan das situacións que se describen en cada punto, apuntando a data que corresponde a cada un deles.

Exercicio para resolver no Libro Diario, non sendo necesario que fagas o Libro Maior, a non ser que o necesites para teu organización.

Os datos indicados a continuación son sen IVE a non ser que se ofreza algún dato que indique o contrario.

1. O 15 de maio nos informan que o grupo musical OS CACHOS que nos debía 3.000 € dunhas guitarras eléctricas que nos compraron fai uns meses, acaba de disolverse e que os seus integrantes están todos en paro, non habendo forma de cobralos. Non tiñamos letra aceptada, nin tivemos ningunha noticia antes destes problemas.

2. LEITE RICA, S.A. é unha empresa distribuidora de leite a restaurantes, hoteis e pequenas tendas de barrio en envases de vidro, ofrecendo a posibilidade de que devolvan a botella ou que a compren para eles ou os seus clientes. Fai unha venda de 2.000 €, as botellas neste caso non son retornables, senón que son comprados de forma definitiva e están incluídos en factura estando valorados por 200 €. A crédito.(Atención ao IVE correspondente a esta factura)

3. No proceso de regularización fan un reconto físico de existencias que cotexado coas fichas de almacén dan 400 €. (Sábese que a conta correspondente aos envases 327 ten un valor de 500 €)

4. LEITE RICA, S.A. fai outra venda por valor de 1.800 € con 180 € de envases que poden ser devoltos. A crédito

5. Días despois recibe de volta 130 € dos 180 anteriores. O resto non se poden devolver porque quedaron deteriorados.

6. LEITE RICA, S.A. fai outra venda coas seguintes características: Venda de leite 3.000 €, desconto por ser unha promoción de leite especial con calcio 100 €, e 300 e de envases que poden ser retornables. Estes últimos non se inclúen en factura porque se espera a ver cantos son devoltos e cantos non. Operación a crédito.

7. Pasados uns días son devoltos 250 € e entonces procede a facturarse o importe correspondente.

1