normas de organizaciÓn e funcionamento introduciÓn www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du...

27
Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa Rúa Entrante n o 7 36600 Vilagarcía de Arousa Telfs: 986 566 440 Fax: 986 566 450 www.eoivga.org [email protected] NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN Este documento recolle a descrición da estrutura organizativa e funcional da EOI de Vilagarcía de Arousa. Nel pretendemos establecer as condutas, tarefas e actividades da escola necesarias para alcanzar os obxectivos previstos, observando o establecido na normativa de aplicación referente aos dereitos e deberes do alumnado do centro. O contido deste documento porase en coñecemento do Claustro e será enviado ao Consello Escolar para a súa aprobación antes de ser incorporado ao proxecto educativo da escola. Atendendo aos recursos de que dispón o noso centro, ocuparémonos dos seguintes aspectos: - organización e reparto de responsabilidades non definidas na normativa vixente; - organización práctica da participación de todos os membros da comunidade educativa; - normas que favorezan as relacións entre os distintos membros da comunidade educativa; - as canles de colaboración entre os distintos órganos de goberno e de coordinación docente; - a organización dos espazos e instalacións da escola e as normas para o correcto uso. Os procedementos que recolle este documento poderán ser modificados segundo propostas de calquera membro ou sector da comunidade educativa, sendo aprobadas polo mesmo procedemento para a aprobación deste documento, entrarán en vigor no curso académico seguinte ao da súa aprobación e incluiranse no proxecto educativo e na programación xeral anual. Polo que tralas achegas e propostas feitas e recollidas ao longo do curso académico 2016/17 proponse a seguinte redacción do documento que terá que seren aprobada o vindeiro 30 de xuño 2017 polo Claustro e Consello Escolar do centro para a súa implantación no curso 2017/18, antes de incorporarse ó proxecto educativo de centro en elaboración. Presentación do centro.

Upload: others

Post on 15-Oct-2019

11 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

INTRODUCIÓN

Este documento recolle a descrición da estrutura organizativa e funcional da EOI de

Vilagarcía de Arousa. Nel pretendemos establecer as condutas, tarefas e actividades da escola

necesarias para alcanzar os obxectivos previstos, observando o establecido na normativa de

aplicación referente aos dereitos e deberes do alumnado do centro.

O contido deste documento porase en coñecemento do Claustro e será enviado ao Consello

Escolar para a súa aprobación antes de ser incorporado ao proxecto educativo da escola.

Atendendo aos recursos de que dispón o noso centro, ocuparémonos dos seguintes

aspectos:

- organización e reparto de responsabilidades non definidas na normativa vixente;

- organización práctica da participación de todos os membros da comunidade educativa;

- normas que favorezan as relacións entre os distintos membros da comunidade educativa;

- as canles de colaboración entre os distintos órganos de goberno e de coordinación docente;

- a organización dos espazos e instalacións da escola e as normas para o correcto uso.

Os procedementos que recolle este documento poderán ser modificados segundo propostas

de calquera membro ou sector da comunidade educativa, sendo aprobadas polo mesmo

procedemento para a aprobación deste documento, entrarán en vigor no curso académico

seguinte ao da súa aprobación e incluiranse no proxecto educativo e na programación xeral anual.

Polo que tralas achegas e propostas feitas e recollidas ao longo do curso académico 2016/17

proponse a seguinte redacción do documento que terá que seren aprobada o vindeiro 30 de xuño

2017 polo Claustro e Consello Escolar do centro para a súa implantación no curso 2017/18, antes

de incorporarse ó proxecto educativo de centro en elaboración.

Presentación do centro.

Page 2: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

A Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa é un centro integrado no medio urbano

que conta no presente curso escolar cun alumnado composto por 1285 matrículas oficiais

presenciais, amais do alumnado dos cursos CALC e dos cursos a distancia That's English! que se

imparten no centro. O claustro está formado por 22 profesores/as e, por último, o PAS intégrano 5

membros: 2 de persoal de limpeza, 2 de persoal subalterno e 1 persoal administrativo.

Page 3: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

CAPÍTULO I. MARCO LEXISLATIVO

Referencias lexislativas nas que se enmarcan as seguintes NOF (Normas de organización e

funcionamento) e ás que pretende servir de apoio e complemento: NORMATIVA DE IDIOMAS DE ÁMBITO AUTONÓMICO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2014 pola que se modifica a Resolución do 10 de maio de 2012 pola que se ditan instrucións

para a elaboración e administración das probas de certificación e de clasificación das ensinanzas de idiomas de réxime special na

Comunidade Autónoma de Galicia. DOG do 8 de xaneiro de 2015.

INSTRUCIÓNS da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para a realización das probas dos

cursos de linguaxe administrativa galega que se imparten nas escolas oficiais de idiomas.

CORRECCIÓN DE ERROS.- ORDE do 20 de agosto de 2014 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe

administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados del lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e

en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

DOG do 8 de setembro de 2014.

CIRCULAR 8/2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre a organización dos niveis

básico e intermedio das ensinanzas de inglés de réxime especial na modalidade de educación a distancia, mediante o programa

That’s English! para o curso 2014-2015.

ORDE do 20 de agosto de 2014 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos

preparatorios para os certificados del lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de

idiomas de Galicia. DOG do 27 de agosto de2014.

CIRCULAR 4/2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se ditan instrucións

para a preinscrición, admisión e matrícula nas escolas oficiais de idiomas de Galicia para o curso 2014-2015.

CIRCULAR 2/2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se regulan para o curso

2013-2014 as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial reguladas polo Decreto 191/2007, do 20 de

setembro e o Decreto 239/2008, do 25 de

setembro, así como a proba libre de certificación do nivel C1 de inglés regulada pola Orde do 8 de outubro de 2012.

ORDE do 1 de agosto de 2013 pola que se fai pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma

de Galicia a partir do curso escolar 2013-2014. DOG do 12 de agosto de 2013.

RESOLUCIÓN pola que se modifica a Circular 1/2013 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación

Educativa pola que se regulan para o curso 2012-2013 as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial

reguladas polo Decreto 191/2007, do 20 de setembro e o

Decreto 239/2008, do 25 de setembro, así como a proba libre de certificación do nivel C1 de inglés regulada pola Orde de 8 de

outubro de 2012.

DECRETO 89/2013, do 13 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos

títulos oficiais nas ensinanzas de música e artes escénicas, de idiomas, deportivas, de conservación e restauración de bens culturais

e nos estudos superiores de deseño. DOG 17 de xuño de 2013.

ORDE do 8 de outubro de 2012 pola que se establece o procedemento para a implantación, avaliación e certificación de cursos

especializados para o perfeccionamento de idiomas de nivel C nas escolas oficiais de idiomas de Galicia. DOG do 11 de outubro de

2012.

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2012 pola que se ditan instrucións para a elaboración e administración das probas de certificación

e de clasificación das

ensinanzas de idiomas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG do 28 de maio de 2012. (MODIFICADA POLA

RESOLUCIÓN DO 17 DE DECEMBRO DE 2014).

ORDE do 19 de abril de 2012 pola que se modifica a Orde do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación

do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3

de maio, de educación. DOG do 30 de abril de 2012.

ORDE do 4 de xaneiro de 2012 pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para

as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2012. DOG do 9

de xaneiro de 2012.

DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da

Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de

educación. DOG 21 de decembro de 2011.

Page 4: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

CORRECCIÓN DE ERROS.- ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas.

DOG do 22 de novembro de 2011.

ORDE do 5 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o

Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula a organización e o acceso ás

ensinanzas de idiomas de réxime especial. DOG do 18 de agosto de 2011.

ORDE do 13 xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas. DOG do 24 de xuño de

2011.

DECRETO 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da

Comunidade Autónoma de Galicia. DOG do 19 de novembro de 2010.

INSTRUCIÓN CONXUNTA do 4 de xuño de 2010 da Dirección Xeral de Tributos e da Dirección Xeral de Educación, Formación

Profesional e Innovación Educativa sobre a aplicación de prezos públicos nas ensinanzas de réxime especial.

DECRETO 239/2008, do 25 de setembro, polo que se establece o currículo de nivel avanzado das ensinanzas de réxime especial de

idiomas. DOG do 29 de outubro de 2008.

CORRECCIÓN DE ERROS.- ORDE do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa

as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

DOG do 23 de outubro de 2008.

ORDE do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas

especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. DOG do 26 de

setembro de 2008.

DECRETO 191/2007, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os

currículos dos niveis básico e intermedio. DOG do 9 de outubro de 2007.

DECRETO 147/2006, do 31 de agosto, polo que se modifica o Decreto 156/2002, do 18 de abril, polo que se establecen os prezos

públicos dos conservatorios de música, centros autorizados de música, conservatorios de danza, centros autorizados de danza,

escolas oficiais de idiomas e Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. DOG do 8 de setembro

de 2006.

INSTRUCIÓNS para a certificación das actividades complementarias.

DECRETO 156/2002, do 18 de abril, polo que se establecen os prezos públicos dos conservatorios de música, centros autorizados

de música, conservatorios de danza, centros autorizados de danza, escolas oficiais de idiomas e Escola Superior de Conservación e

Restauración de Bens Culturais de Galicia. DOG do 3 de maio de 2002.

NORMATIVA DE IDIOMAS DE ÁMBITO ESTATAL

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2014, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que

se convocan bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España, destinadas a

estudantes de Bacharelato, de Grao Medio de

Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinanzas Deportivas, de Ensinanzas Profesionais de Música e Danza e de

Idiomas de Nivel

Intermedio e Avanzado. BOE do 10 de marzo de 2014.

ORDE ECD/1211/2014, do 8 de xullo, pola que se regulan as características e se establecen a estrutura, o currículo e as probas

correspondentes ao nivel básico e ao nivel avanzado das ensinanzas de réxime especial de inglés, adaptadas á modalidade de

educación a distancia no ámbito territorial de xestión do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. BOE 14 de xullo de 2014.

LEI ORGÁNICA 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE). BOE do 10 de decembro de 2013.

REAL DECRETO 426/2013, do 14 de xuño, polo que se modifica o Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, polo que se fixan

os aspectos básicos do currículo das ensinanzas de idiomas de réxime especial para a inclusión do idioma coreano. BOE 5 de xullo

de 2013.

REAL DECRETO 999/2012, do 29 de xuño, polo que se modifica o Real Decreto 1629/2006, do 29 de decembro, polo que se fixan

os aspectos básicos do currículo das ensinanzas de idiomas de réxime especial reguladas pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de

Educación. BOE 14 de xullo de 2012.

ORDE ESD/1742/2008, do 17 de xuño, pola que se regulan as características e se establecen a estrutura, o currículo e as probas

correspondentes ao nivel básico e ao nivel intermedio das ensinanzas de réxime especial de Inglés adaptadas á modalidade de

educación a distancia. BOE 19 de xuño de 2008.

REAL DECRETO 1629/2006, do 29 de decembro, polo que se fixan os aspectos básicos do currículo das ensinanzas de idiomas de

réxime especial reguladas pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. BOE 4 de xaneiro de 2007.

CORRECCIÓN DE ERROS.- REAL DECRETO 806/2006, do 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova

ordenación do sistema educativo, establecida pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. BOE 14 de setembro de 2006.

Page 5: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

REAL DECRETO 806/2006, do 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema

educativo, establecida pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. BOE 14 de xullo de 2006.

LEI ORGÁNICA 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE). BOE do 4 de maio de 2006. (MODIFICADA POLA LEI ORGÁNICA 8/2013,

DO 9 DE DECEMBRO).

No vindeiro curso preténdese engadir a estas Normas un capítulo que recolla as instrucións e

mecanismos descritos no recentemente publicado Decreto 8/2015 do 8 de xaneiro (DOG) polo que

se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade

educativa en materia de convivencia escolar.

Page 6: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

CAPITULO II: PERSOAL DOCENTE

Os datos do profesorado gárdanse nunha carpeta desde o momento da súa incorporación ao

centro na que se recolle todo o material relativo a nomeamentos, permisos e servizos.

Aínda que xa están recollidos na legislación vixente (lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e

participación da comunidade educativa), consideramos oportuno subliñar os seguintes aspectos

dos dereitos e obrigas do profesorado.

A. Dereitos:

1. Impartir os seus cursos con autonomía e liberdade de acordo coa programación e coordinación

dos distintos departamentos.

2. Utilizar as instalacións, equipamento e materiais didácticos existentes no Centro, respetando as

normas de uso.

3. Seren informados con prontitude sobre calquera incidencia con respecto

ao seu alumnado, se as houber.

4. Incluír o uso de dispositivos móbiles na aula, sempre dende un punto de vista pedagóxico-

didáctico, para favorecer o proceso de ensino-aprendizaxe.

5. Seren tratados con respeto como autoridade educativa por parte de calquera membro da

comunidade educativa, incluído o alumnado, establecendo mecanismos de reprobación/sanción

de non ser así.

6. Participar/Facilitar no intercambio de coñecemento metodolóxico-didáctico cos compañeiros de

departamento e/ou demais compañeiros.

7. Colaborar no desenvolvemento do plan europeo de centro, con posible mobilidade a través de

proxectos europeos.

8. Seren formados/informados por parte do servizo de recursos no uso dos distintos recursos e

sistemas de xestión existentes na escola.

9. Participar no plan de formación de centro e observación de aula a desenvolver ó longo dos

vindeiros 3 anos.

10. Colaborar na elaboración de materias didácticos para o departamento correspondente,

deixando sempre copia do mesmo seguindo as instruccións da xefatura de departamento.

B. Obrigas:

1. Realizar as tarefas correspondentes de seguimento do proceso de aprendizaxe e de control de

asistencia do alumnado (diariamente en Centrosnet e recollendo as sinaturas do alumnado para

entregar á Xefatura de Estudos cada mes seguindo as instrucións da Inspección Educativa).

2. Informar ao alumnado do discurrir do curso e as novas que lle transmita a Dirección ou demais

cargos do centro.

3. Ler as notificacións da Dirección e convocatorias de reunións en xeral que se lle facilitarán

enviándollas por correo electrónico.

4. Colaborar na redacción da programación docente do departamento e da memoria final do curso

Page 7: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

co Xefe do departamento e coordinadores.

5. Colaborar na elaboración das probas de avaliación necesarias ao longo do curso.

6. Administrar e cualificar as probas de avaliación que se lle encomenden, axustándose

estrictamente ás guías de administración e aplicar o protocolo establecido.

7. Atender as reclamacións xunto co resto do departamento.

8. Publicar en Centrosnet os resultados das probas dentro dos prazos establecidos pola Xefatura

de estudos.

9. Permanecer no centro aínda no caso de que o alumnado dun dos seus grupos non acuda á clase.

10. Comunicarlle á Dirección ou á Xefatura de recursos calquera anomalía ou desaparición de

material audiovisual das súas aulas.

11. Cumprir os prazos establecidos para a entrega dos documentos requiridos.

12. Participar no protocolo de evacuación e formación para o plan de emerxencias do centro.

13. Colaborar de xeito activo no funcionamento do centro, propiciando o intercambio de

coñecemento didáctico-metodolóxico entre compañeiros e facendo achegas de mellora en xeral.

14. Colaborar na elaboración de materias didácticos para o departamento correspondente,

deixando sempre copia do mesmo seguindo as instrucións da xefatura de departamento.

XXX

Protocolo de comunicación de ausencias, permisos e licenzas.

Os permisos e licenzas do persoal docente están recollidos na Orde do 29 de xaneiro de 2016,

publicada no DOG do luns, 15 de febreiro de 2016.

O profesorado comunicaralle, dentro dos prazos establecidos, á Xefatura de estudos e á

conserxería a súa falta de asistencia ou atraso, tanto ás actividades lectivas como ás

complementarias fixas. Avisarase á Xefatura de estudos. Só no caso de non estar a Xefatura de

estudos presente no centro nese día, avisarase a calquera do equipo directivo que estea nese

momento. No caso de non haber ningún membro do equipo directivo, o profesorado deixará

recado na conserxería e o persoal de conserxería terá a obriga de comunicalo ao equipo directivo

tan pronto como chegue á escola.

No mesmo momento no que se informa da ausencia de profesor/a, o persoal de conserxería

colgará a información nas portas das aulas.

No caso de tratarse dunha baixa por enfermidade, o profesor/a faralle chegar a baixa e o impreso

correspondente á Xefatura de estudos, dentro dos prazos establecidos.

O profesorado que estea de baixa deixaralle, sempre que sexa posible, información á Xefatura de

departamento acerca da evolución dos seus grupos co fin de orientar e facilitarlle o labor ao

profesor/a substituto.

Cando se trate dunha ausencia prevista, o profesorado deixará no casilleiro da Xefatura de estudos

en conserxería o parte/impreso coa solicitude antes de producirse a ausencia e cando volva ao

centro achegará a xustificación correspondente; cando sexa unha ausencia imprevista, o

profesorado cubrirá o parte cando se incorpore ao centro.

Page 8: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

No caso improbable, de que non acuda ningún alumnado ás aulas, o/a profesor/a terá que avisar

sobre este feito a calquera membro do equipo directivo e como mínimo deixar recado na

conserxería do centro que transmitirá a información á dirección do centro.

Acollida do persoal docente novo.

O Equipo directivo encargarase da toma de posesión do novo profesorado e tras poñelo en

contacto co Xefe de departamento será este quen se encargue de ofrecerlle o material e

información necesarios para a realización da labor docente.

O Coordinador da Biblioteca facilitaralle a formación necesaria en caso de ter horas de garda de

biblioteca no seu horario.

O Coordinador TIC axudaralle a manexar a páxina web do centro, programas informáticos

necesarios e computadores do departamento no caso de ter horas TIC no seu horario e por

suposto formalo no funcionamento da aula.

Pasados uns días da súa incorporación ao centro pediráselle que complete unha enquisa

redactada co obxectivo de valorar a capacidade de acollida do profesorado de recente

incorporación e a efectividade dos mecanismos que se puxeron en marcha para este fin:

Dirección/ Secretaría

Facer a toma de posesión na aplicación centros

No momento de facer a toma de posesión…

Dar copia do horario do profesor/a (sen os seus datos persoais)

Dar para cubrir o impreso de “Datos do profesorado”

Informar sobre os horarios de apertura e peche do centro

Informar sobre o manual do profesorado (onde o pode atopar)

Facilitar acceso a Centrosnet (usuario e contrasinal)

Facilitar información asistencia do alumnado

Gravar na axenda “Claustro” do correo da escola o email do/a profesor/a novo/a

Facilitar nome completo e teléfono na conserxería

Informar onde e cando pode atopar ao xefe de departamento (presentar, se é

posible)

Informar onde e cando pode atopar ao xefe de recursos (presentar, se é posible)

Conserxería Dar chaves de departamento e aula e bolsa de rotuladores

Xefatura de estudos Enviar a toma de posesión á Delegación por correo electrónico

Arquivar no centro a documentación da baixa, ausencia, permiso, etc., toma de

posesión e o impreso “Datos do profesorado”

Administración Enviar a toma de posesión á Delegación por correo ordinario

Xefatura de

departamento

Informar sobre os seus cursos, funcionamento departamento, libros, e outras

indicacións, etc.

Explicar qué ten que facer na hora de coordinación de TIC (de tela no seu horario)

Explicar qué ten que facer na hora de coordinación de curso (de tela no seu

horario)

Page 9: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

Xef. Biblioteca e

recursos Ensinar o funcionamento da biblioteca

Ensinar a fichar libros (de ter que facelo)

Ensinar cómo funcionan os recursos da aula (de ser necesario)

Ensinar cómo subir información ao apartado do departamento na web (de ter que

facelo)

Informar sobre a existencia doutros recursos do centro (laboratorios, etc.)

Vicedirección Explicar qué ten que facer na hora de coordinación de culturais (de tela no seu

horario)

Favorecer a integración no centro, tanto a nivel didáctico como persoal.

Enviar a ligazón para cubrir a enquisa de recibimento (despois de 2 semana no

centro)

AUXILIARES DE CONVERSA.

Acollida de asistentes lingüísticos

O Equipo directivo encargarase de dar a benvida en canto coñeza a adxudicación dun asistente

lingüístico para o centro, así como de poñelo en contacto co Xefe de departamento; será este

último quen se encargue de ofrecerlle o material e información necesarios para a realización da

labor docente. O xefe de departamento en calidade de titor, se non se decide o contrario

axudaralle a buscar aloxamento e realizar os trámites burocráticos pertinentes. O asistente

lingüístico acudirá á xornada de formación inicial acompañado do Xefe de departamento ou do

seu titor.

ÓRGANOS DE GOBERNO E DE COORDINACIÓN DOCENTE.

Órganos de goberno unipersoais: Dirección, Vicedirección, Xefatura de estudos e Secretario/a.

As competencias dos órganos de goberno unipersoais son as reguladas no Decreto 189/2010 que

establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto de 2011

que desenvolve o Decreto 189/2010.

As persoas responsables da Dirección, Vicedirección, Xefatura de estudos e Secretaría poderán

reducir dous grupos ordinarios ou oferta educativa equivalente por contar a nosa escola cun

número de docentes entre 20 e 59.

As competencias da dirección son:

1. De representación.

a) Ter e exercer a representación oficial da escola.

b) Representar oficialmente na escola a consellería competente en materia de educación, sen prexuízo das atribucións das demais

autoridades educativas, e facerlle chegar a esta as propostas, aspiracións e necesidades da comunidade educativa.

2. De dirección e coordinación.

a) Cumprir e garantir o cumprimento da normativa vixente.

b) Exercer a xefatura de todo o persoal adscrito á escola e exercer as súas atribucións en materia disciplinaria ao alumnado de

acordo coas disposicións aplicables.

Page 10: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

c) Elaborar e redactar xunto co resto do equipo directivo, e vistas as propostas do claustro e do consello escolar, os distintos

documentos de autonomía pedagóxica e de xestión da escola, e dar traslado, cando corresponda, á consellería competente en

materia de educación.

d) Dirixir e coordinar todas as actividades da escola, sen prexuízo das competencias atribuídas ao claustro de profesores e

profesoras e ao consello escolar, cara á consecución e desenvolvemento do proxecto educativo e da programación xeral anual,

establecendo medidas para garantir a igualdade entre mulleres e homes.

e) Convocar e presidir os actos académicos, así como as reunións dos órganos de goberno e de coordinación docente.

f) Garantir a execución dos acordos dos órganos colexiados no ámbito da súa competencia.

g) Propoñer á consellería competente en materia de educación o nomeamento e cesamento dos restantes membros do equipo

directivo, do que debe informar ao claustro e ao consello escolar.

h) Nomear as xefaturas dos departamentos de idiomas, así como os responsables das distintas coordinacións docentes, de acordo

co establecido neste regulamento.

i) Designar, cando cumpra, profesorado de apoio ao desenvolvemento e administración das probas que se realicen na escola.

j) Redistribuír temporalmente, por causa motivada, as funcións dos diferentes membros do equipo directivo co fin de acadar unha

maior eficacia na xestión da escola.

3. De información e avaliación.

a) Garantir o coñecemento e dispoñibilidade da información aos diferentes sectores da comunidade educativa sobre os seus

dereitos e deberes, así como daqueloutra que permita ao alumnado o coñecemento da organización da escola e a súa participación

activa na vida académica e cultural desta.

b) Promover e impulsar a avaliación interna da escola e os plans de innovación educativa, así como colaborar coa consellería

competente en materia de educación nas avaliacións externas e na avaliación da función pública docente.

4. De réxime económico e administrativo.

Visar as certificacións e os documentos oficiais da escola, realizar as contratacións de obras, servizos e subministracións, e facer o

seu seguimento, así como autorizar e supervisar os gastos e ordenar os pagamentos de acordo co orzamento asignado e as

disposicións vixentes.

5. Calquera outra encomendada pola consellería competente en materia de educación no ámbito das súa competencias.

Sección segunda

Vicedirección, Xefatura de estudos e Secretaría

Artigo 8º.-Nomeamento e competencias da vicedirección.

1. A dirección, logo de informar o claustro e o consello escolar, proporá a persoa que vai ocupar a vicedirección á xefatura

territorial da consellería competente en materia de educación a fin de que sexa nomeada por esta. O nomeamento e toma de

posesión realizaranse con efectos do 1 de xullo seguinte á celebración do proceso de selección, por un período de catro anos.

2. Non poderá ser proposto para a vicedirección o profesorado que, por calquera causa, non vaia prestar servizo na escola no curso

académico inmediatamente seguinte ao que tomaría posesión deste cargo.

3. Nas escolas de nova creación, a vicedirección será ocupada por unha persoa designada e nomeada pola xefatura territorial da

consellería competente en materia de educación.

4. É competencia da vicedirección:

a) Substituír a dirección en caso de ausencia ou enfermidade desta.

b) Por delegación da dirección, organizar e supervisar a xestión da información xeral aos diferentes sectores da comunidade

educativa, en especial, ao profesorado e ao alumnado.

c) Por delegación da dirección, establecer mecanismos de xestión do sitio web da escola.

d) Por delegación da dirección, promover e organizar os plans de avaliación interna da escola, e colaborar, cando cumpra, na

avaliación externa e da función pública docente.

Page 11: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

e) Coordinar o equipo de recursos das tecnoloxías da información e da comunicación e biblioteca, e de actividades culturais e de

promoción de idiomas.

f) Impulsar e organizar a participación do alumnado na actividade cultural da escola.

g) Impulsar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación e os espazos de autoaprendizaxe.

h) Responsabilizarse do desenvolvemento dos plans de innovación e investigación educativa, así como dos proxectos europeos.

i) Coordinar as actividades de formación para o profesorado da escola, propoñendo e impulsando a súa participación nun plan de

formación.

j) Asistir ás reunións da comisión de coordinación pedagóxica.

k) Calquera outra función encomendada pola dirección no ámbito da súa competencia.

Artigo 9º.-Nomeamento e competencias da xefatura de estudos.

1. A dirección, logo de informar o claustro e o consello escolar, proporá a persoa que vai a ocupar a xefatura de estudos á xefatura

territorial da consellería competente en materia de educación a fin de que sexa nomeada por esta. O nomeamento e toma de

posesión realizaranse con efectos do 1 de xullo seguinte á celebración do proceso de selección, por un período de catro anos.

2. Non poderá ser proposto para a xefatura de estudos o profesorado que, por calquera causa, non vaia prestar servizo na escola

no curso académico inmediatamente seguinte ao que tomaría posesión deste cargo.

3. Nas escolas de nova creación a xefatura de estudos será ocupada por unha persoa designada e nomeada pola xefatura territorial

da consellería competente en materia de educación.

4. É competencia da xefatura de estudos:

a) Cando non exista vicedirección, asumir as funcións establecidas para ese órgano unipersoal.

b) Por delegación da dirección, exercer a xefatura do profesorado e do alumnado en relación ao réxime académico e disciplinario.

c) Organizar, coordinar e supervisar o exercicio da función docente do profesorado e a actividade académica do alumnado.

d) Coordinar as actividades das xefaturas de departamento, das titorías e das distintas coordinacións que se desenvolvan na escola.

e) Elaborar, co resto do equipo directivo, o horario académico do alumnado e do profesorado, garantindo a aplicación dos criterios

pedagóxicos e organizativos establecidos polo claustro e que respondan exclusivamente ás necesidades de formación do

alumnado.

f) Organizar, coordinar e supervisar todas as actividades e probas de avaliación.

g) Cando a escola teña seccións adscritas, supervisar a súa organización e funcionamento xunto coa xefatura de estudos ou, se é o

caso, coa coordinación da sección.

h) Establecer medidas para atender calquera eventualidade que incida no normal funcionamento da escola.

i) Calquera outra función encomendada pola dirección no ámbito das súas competencias.

Artigo 10º.-Nomeamento e competencias da secretaría.

1. A dirección, logo de informar o claustro e o consello escolar, proporá a persoa que vai a ocupar a secretaría á xefatura territorial

da consellería competente en materia de educación a fin de que sexa nomeada por esta. O nomeamento e toma de posesión

realizaranse con efectos do 1 de xullo seguinte á celebración do proceso de selección, por un período de catro anos.

2. Non poderá ser proposto para a secretaría o profesorado que, por calquera causa, non vaia prestar servizo na escola no curso

académico inmediatamente seguinte ao que tomaría posesión deste cargo.

3. Nas escolas de nova creación a secretaría será ocupada por unha persoa designada e nomeada pola xefatura territorial da

consellería competente en materia de educación.

4. É competencia da secretaría:

a) Ordenar o réxime administrativo da escola, de conformidade coas instrucións da dirección.

b) Por delegación da dirección, organizar e supervisar a actividade e funcionamento do persoal de administración e servizos.

c) Actuar como secretario dos órganos colexiados de goberno, levantar acta das sesións e dar fe dos acordos co visto e prace da

dirección.

Page 12: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

d) Expedir as certificacións que se soliciten.

e) Elaborar o anteproxecto de orzamento da escola de acordo coas directrices do consello escolar e oída a comisión económica.

f) Realizar a contabilidade e presentar contas ante o consello escolar e as autoridades correspondentes.

g) Elaborar e actualizar o inventario xeral da escola coa colaboración das xefaturas de departamento e as coordinacións que

corresponda.

h) Custodiar e supervisar a conservación do equipamento e material didáctico da escola en colaboración coas xefaturas de

departamento e coas coordinacións que corresponda.

i) Custodiar os libros, arquivos e bases de datos da escola.

j) Supervisar a conservación, mantemento, limpeza e vixilancia do edificio da escola.

k) Dar a coñecer e difundir a información sobre normativa, disposicións legais e asuntos de interese profesional e académico de

relevancia para a toda a comunidade educativa.

l) Por delegación da dirección, establecer mecanismos de xestión da correspondencia electrónica da escola, derivando a súa

resposta a quen corresponda.

m) Presidir, se é o caso, e, por delegación da dirección, a comisión económica.

n) Calquera outra función que lle poida encomendar a dirección no ámbito das súas competencias.

Sección terceira

Equipo directivo

Artigo 11º.-Substitución e cesamento.

1. Co fin de permitir o adecuado funcionamento da escola, no suposto de ausencia prolongada dalgún membro do equipo directivo,

a dirección poderá designar, para levar a cabo as funcións directivas, unha persoa que sexa, preferentemente, do mesmo

departamento que a titular do cargo. En tal caso, a persoa substituta realizará as funcións docentes do membro do departamento

designado. Este extremo precisará a autorización expresa da inspección educativa.

2. A vicedirección, a xefatura de estudos e a secretaría cesarán nas súas funcións ao remate do seu mandato e nos seguintes

supostos:

a) Cando cese a dirección que propuxo o seu nomeamento.

b) Por renuncia motivada aceptada pola dirección e ratificada pola xefatura territorial.

c) Por incapacidade física ou psíquica.

d) Por proposta motivada da dirección, informados o claustro e o consello escolar e logo da audiencia ao interesado.

e) Traslado temporal ou definitivo, voluntario ou forzoso, paso a situación de servizos especiais, xubilación e excedencia voluntaria

ou forzosa de acordo co disposto na lexislación vixente.

3. Cando se produza o cesamento dun membro do equipo directivo, a consellería competente en materia de educación nomeará

polo resto do mandato outro docente por proposta da dirección, quen informará o claustro e o consello escolar.

Órganos colexiados de goberno.

O Consello Escolar.

Pode estar formado por formado polos seguintes integrantes: membros do persoal docente (entre

eles Dirección, Secretaría e Xefatura de estudos como membros natos), membros do persoal non

docente, representantes de alumno/as, representantes de pais e representantes do Concello.

Reunións mínimas??

Page 13: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

O Claustro.

Reunirase como mínimo ao principio de curso, unha vez ao trimestre e para pechar o ano

académico. Fixarase un calendario de posibles reunións xa nos primeiros días do curso para ser

posto en coñecemento do profesorado.

Os acordos necesarios tomaranse polo voto favorable da maioría dos asistentes, sendo necesario

un número mínimo de asistentes para a constitución do claustro e toma de decisións. Esta cifra

consistirá na metade máis 1 profesor/a. A oposición particular de dalquera membro do claustro

que se opoña á decisión tomada pola maioría poderá ser reflectida na acta.

Órganos de coordinación docente.

Departamentos didácticos.

A xefatura de departamento terán unha redución dun grupo ordinario ou oferta educativa

equivalente, agás naqueles departamentos formados por un/unha ou dous/dúas docentes.

Os departamentos deberán facer o seguimento da programación de departamento e velar polo

cumprimento da secuenciación de curso. Cando se observe un retraso de máis de 6 sesións nos

grupos ordinarios, e máis de 3 nos grupos intensivos e de dous días de clase os contidos e

obxectivos deberán ser reprogramados seguindo as directrices da CCP e da Xefatura de Estudos.

Competencias da xefatura de departamento:

a) Representar o departamento na comisión de coordinación pedagóxica e cando sexa convocada no ámbito das súas

competencias, e informar dos acordos acadados os membros do departamento.

b) Convocar e presidir as reunións do departamento e levantar a acta correspondente.

c) Elaborar a previsión da oferta educativa do departamento e colaborar coa dirección na planificación desta e de actividades

culturais e de promoción do idioma.

d) Dirixir e coordinar as actividades académicas que o departamento teña encomendadas.

e) Coordinar a elaboración da programación didáctica da oferta educativa do departamento e responsabilizarse da súa redacción

cos restantes membros do departamento.

f) Garantir a impartición do currículo do idioma correspondente a través do seguimento mensual, cando menos, da programación

didáctica, que se realizará mediante protocolos establecidos para tal fin. No caso de incumprimento, deberá elevar informe á

dirección no cal se incorporarán os motivos que corresponda e que quedará á disposición da inspección educativa.

g) Redactar a memoria do departamento ao remate do curso académico.

h) Garantir que o alumnado dispoña da información relativa á programación, con especial referencia aos obxectivos, criterios de

avaliación, corrección, cualificación e mínimos exixibles, así como ás características das distintas probas e da cualificación destas.

i) Responsabilizarse das convocatorias, cando corresponda, baixo a supervisión da xefatura de estudos, das probas programadas na

oferta educativa da escola oficial de idiomas e presidir a súa administración, corrección e avaliación en colaboración cos membros

dos departamentos.

j) Garantir a adecuación das probas e da súa avaliación aos estándares establecidos.

k) Resolver as reclamacións de final de curso que afecten o seu departamento, de acordo coas deliberacións dos seus membros, e

elaborar o informe motivado pertinente.

l) Custodiar as probas e documentos de avaliación do alumnado durante un ano desde a finalización do curso académico, e

responsabilizarse de que a organización de toda a documentación do departamento permita a súa dispoñibilidade cando cumpra.

m) Coordinar coa xefatura de estudos a organización de espazos e instalacións da escola e velar pola correcta conservación do

equipamento específico do departamento e das aulas, cando estas estean asignadas ao departamento.

Page 14: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

n) Responsabilizarse da xestión do orzamento do departamento didáctico e administralo segundo as instrucións da dirección.

ñ) Asesorar o profesorado de nova incorporación no ámbito das súas funcións.

o) Facilitar a información sobre a actividade académica do departamento que lle soliciten os distintos sectores da comunidade

educativa.

p) Dinamizar a actividade profesional dos membros do departamento, promover a investigación educativa no ámbito do ensino do

idioma que lle corresponda e propoñer á vicedirección actividades de perfeccionamento.

q) Propoñer á dirección as distintas coordinacións que o departamento precise, oídos os membros do departamento.

r) Calquera outra actividade que no ámbito das súas competencia a dirección ou a consellería competente en materia de educación

lle poida encomendar.

Equipo de dinamización da lingua galega.

A coordinación do equipo de dinamización da lingua galega terá unha redución de 1 grupo

ordinario ou oferta educativa equivalente.

O coordinador do EDL redactará o programa e a memoria do equipo para cada curso.

O coordinador do EDL, xunto cos membros do mesmo, encargaranse de elaborar o proxecto para

solicitar as axudas de fomento do uso do galego nos centros educativos e presentalo no prazo

establecido, asi como de recopilar o material necesario para presentar a memoria xustificativa

correspondente.

Funcións do equipo:

● Potenciar o coñecemento dos dereitos lingüísticos dos membros da comunidade escolar da

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía.

● Propiciar a reflexión lingüística e sociolingüística no centro.

● Promover unha visión da lingua galega que acabe con prexuízos, reforce a súa estima e

aumente a súa demanda.

● Impulsar de xeito efectivo que o EDL se converta nun órgano visíbel nos diferentes eidos do

centro.

● Intercambiar informacións e experiencias con outros EDL de Galicia.

● Incidir na obriga en relación ao uso da língua galega na atención ao público.

● Artellar actividades para fornecer a expresión oral.

● Acrecentar o número de materiais e recursos en lingua galega presentes no centro, e dalos

a coñecer á comunidade educativa.

● Activar un plan de formación interna para os membros do grupo e aqueles outros

membros do profesorado, do EDL ou persoal non docente que o desexen.

● Fomentar a valoración das contribucións individuais e colectivas na dignificación e

normalización da lingua galega.

● Deseñar un repertorio de actividades de dinamización lingüística, sempre tendo en conta

os recursos materiais e humanos con que contamos e a realidade que nos rodea de xeito

que fornezan a colaboración interdepartamental e a implicación activa do profesorado e

do alumnado.

● Proporcionar información sobre as actividades do grupo e doutros actos de institucións

Page 15: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

relacionados coa cultura galega.

Comisión de Coordinación Pedagóxica.

Esta comisión non terá a facultade de lexislar, a súa función non é tomar acordos senón a de

propoñer e coordinar, entre o Equipo Directivo e os departamentos, a organización do curso.

Forman parte desta comisión o Director, Vicedirector, Xefatura de estudos, Xefes de

departamento, Coordinador do Equipo de Dinamización e Coordinador de Recursos e Biblioteca.

Reúnese con carácter mensual, seguindo un calendario fixado a principio de curso e poderán ser

parte da orde do día, entre outros, os seguintes puntos a tratar:

Seguimento das programacións didácticas.

Sesións de avaliación: Organización e resultados

Actividades culturais.

Horarios lectivos.

Page 16: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

CAPÍTULO III: PERSOAL DE ADMINISTRACION E SERVIZOS

Tanto os horarios coma os permisos ou vacacións do persoal non docente réxese pola Lei 2/2015,

DOGA nº 82 do 4 de maio do 2015 (comprobar no papel de permisos do persoal non docente) Os

datos do persoal non docente gárdanse nunha carpeta desde o momento da súa incorporación ao

centro na que se recolle todo o material relativo a nomeamentos, permisos e servizos. Tamén se

incluirá no DOC de cada curso.

Parécevos o apropiado?

No CAPÍTULO IV da Lei enriba mencionada define as funcións do persoal administrativo e auxiliar

nos seguintes termos:

b) O corpo administrativo. Intégrase neste corpo o persoal funcionario seleccionado para ocupar

postos que teñan atribuídas as funcións de colaboración, preparatorias ou derivadas das propias

do corpo superior e do corpo de xestión, a proposta de resolución de procedementos

normalizados que non correspondan ao corpo superior ou ao corpo de xestión, a comprobación,

xestión, actualización e tramitación de documentación e a preparación daquela que, en función da

súa complexidade, non sexa propia do corpo superior ou do corpo de xestión, a elaboración e

administración de datos, a inventariación de bens e materiais, e tarefas ofimáticas, manuais, de

información e despacho e atención ao público.

d) O corpo auxiliar. Intégrase neste corpo o persoal funcionario seleccionado para ocupar postos

que teñan atribuídas as funcións de carácter complementario ou instrumental nas áreas de

actividade administrativa, así como tarefas ofimáticas e de despacho de correspondencia,

transcrición e tramitación de documentos, arquivamento, clasificación e rexistro, ficheiros,

atención ao público, manexo de máquinas reprodutoras e traslado de documentos ou similares.

Horario do persoal de administración.

A única funcionaria que temos en administración ten turno de mañán 3 días á semán e 2 días de

tarde durante o curso e integramente de mañán en periodos de matrícula.

Horario do persoal de conserxería.

Os dous subalternos do noso centro rotan semanalmente as súas quendas para cubrir o servicio de

mañán e tarde.

Protocolo de peche apertura do centro.

QUENDA DE MAÑÁ: apertura

Abrir portas.

Desconectar alarma.

Encender a fotocopiadora e mirar se hai papel na máquina.

Abrir portas de emerxencia (norte no 1º piso e sur na planta baixa).

Abrir biblioteca e subir persianas.

Encender as luces, dependendo da claridade do día.

Comprobar correo postal no buzón, anotar entrega e distribui-lo correo nos casilleiros de

Page 17: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

conserxería antes de pechar.

Retirar os carteis dos marcos autoadhesivos ao lado das aulas coas ausencias do día anterior.

Os mércores e venres lévase o correo saínte á oficina de correos a primeria hora da mañá

QUENDA DE TARDE: Peche

Apagar fotocopiadora e os venres quitar o papel da máquina para que non se humedeza.

Revisar as aulas e baixar persianas de todas as plantas

(Moitas as baixan os profesores)

Pechar portas de emerxencia, a norte do 1º piso despois de que saian todos os alumnos.

Pechar os baños da planta baixa con chave e a biblioteca.

Apagar luces no cuadro de mandos, apagar todas excepto a do porche de entrada que se apaga só

os venres.

Conectar a alarma.

Pechar portas principais.

Revisar que non quede ninguén dentro.

OUTRA INFORMACIÓN IMPORTANTE

O tóner está na estantería que está pegada á fotocopiadora.

As grapas para a fotocopiadora están no casilleiro dos rotuladores.

Cando quede só un paquete de recambios de rotuladores, avisar á Secretaria para pedir máis.

O material funxible está no almacén. O profesorado ten que pedilo á Secretaria.

O papel está no almacén. E recomendable traer varias caixas, 3 ou 4 de cada vez para que se seque

e non atasque a fotocopiadora.

Non cargar papel o venres pola tarde, deixalo para a quenda do luns pola mañá.

Abrir e pechar a porta de administración cando a administrativa teña horario de atención ao

público.

Comunicar as ausencias do profesorado a algún membro do equipo directivo e poñer os carteis

nas portas das aulas e retiralos cando xa non sexan necesarios.

As fotocopias da quenda fanse na quenda.

Horario do persoal de limpeza.

O persoal de limpeza do noso centro traballa unicamente en quenda de mañán.

Adxudicación das quendas: A adxudicación das quendas efectuarase prioritariamente con carácter

voluntario e, ante a falta de acordo, por rotación. Neste caso as quendas serán establecidas polo

Equipo directivo. A rotación das quendas farase con carácter anual, ao comezo de cada curso

académico.

Page 18: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

CAPITULO IV. ALUMNADO

Na actualidade a tipoloxía do alumnado divídese nas seguintes modalidades: alumnado oficial que

segue o curso e que se pode presentar a todas as convocatorias, alumnado libre que se presenta á

convocatoria de xuño das probas de Certificación ou á proba de Clasificación, alumnado a

distancia (programa That’s English!) e alumnado de cursos específicos de formación do

profesorado (CALC).

A. Dereitos

Adaptaranse ó establecido no título II do R.D. 732/1995, do 5 de maio B.O.E.do

2 de xuño de 1995) e á L.O. 8/1985, do 3 de xullo (B.O.E. do 4 de xullo de 1985)

1.- Ser informado polo seu profesor/a dos contidos, procedementos e obxectivos do seu curso e

ter acceso á programación do departamento e á bibliografía necesaria para o curso.

2.-Ser avaliado obxectivamente de todas as destrezas.

3.-Ser informado das datas de avaliación, do día e lugar da publicación de notas, así como das

datas da revisión e reclamación de exames.

4.- O alumnado oficial ten dereito a unha hora de titoría á semana.

5.- Ser informado da ausencia do profesorado a través dos espazos habilitados para iso,

normalmente a porta da aula, e a través da páxina web.

6.- Ter dereito ao uso da biblioteca da EOI nas condicións e horarios que estableza a escola.

7.-Poderá solicitar o cambio de grupo unha vez finalice o proceso de matricula sempre que haxa

prazas libres.

8.- Darse de baixa antes do 30 de abril.

9.- Elixir os seus delegados/as así como representantes no Consello escolar.

10. O alumnado con necesidades educativas específicas terá dereito á adaptación das probas

segundo a normativa de aplicación. De acordo coa disposición adicional cuarta do Decreto

191/2007, polo que se establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os

currículos dos niveis básico e intermedio, as escolas oficiais de idiomas deberán adoptar as

medidas oportunas para a adaptación do currículo e das probas de certificación ás necesidades do

alumnado con necesidades educativas específicas. Estas adaptacións deberán respectar no

esencial os obxectivos fixados no citado decreto, ademais do que dispoña para cada caso a

Xefatura territorial correspondente, a través do seu equipo de orientación específica.

11. Participar en tódalas actividades culturais e ou complementarias do centro e dos

departamentos (independentemente da lingua de estudo).

12. Empregar dispositivos móbiles na aula cunha finalidade pedagóxico-didáctica para favorecer o

proceso de ensino-aprendizaxe.

B. Obrigas

1. Cumprir e respectar os horarios aprobados para as actividades do centro.

2. Seguir as orientacións do profesorado respecto á súa aprendizaxe, así como mostrar o debido

Page 19: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

respecto e consideración e respectar o exercicio do dereito ao

estudo dos seus compañeiros.

3. Estar ao corrente do funcionamento académico da escola conforme a información que recibe a

principio de curso do profesorado, ou a través da páxina web do centro.

4. Presentar un documento legal de identificación ou o carné da escola sempre que llo demande o

seu profesor/a e, sobre todo, no momento dos exames.

5. Os pais/nais ou titores/as do alumnado oficial menor de idade deberán asinar

un documento no momento da matrícula no que se comprometen a comprobar ás faltas de

asistencia a través da aplicación centros.net.

6. O alumnado oficial presencial dos cursos non terminais de nivel deberá consultar a través de

centros.net as súas faltas de asistencia co obxecto de comprobar a súa perda da avaliación

continua.

7. O alumnado deberá consultar a convocatoria dos exames e as súas notas no sistema (taboleiros

e/ou páxina web) establecido para tal fin pola Xefatura de estudos.

8. O alumnado con necesidades educativas específicas deberá presentar a documentación

pertinente no momento da matrícula para ter dereito á adaptación.

9. Tratar con respecto a tódolos membros da comunidade educativa. De non ser o caso a dirección

poderá adoitar medidas sancionadoras, dependendo da gravidade dos feitos, que se concretarán

na comisión de convivencia do curso.

10. Colaborar activamente no bo funcionamento e conservación do centro.

C. Asociacións de alumnado e exalumnado

A asociacións poderá ter asignado un espazo dependendo das necesidades de aulas e espazos de

cada curso. Tamén se lle facilitará o uso doutros espazos do centro previa solicitude coa súa

correspondente argumentación ao Director, sempre que sexa posible. A asociación informará a

Dirección da escola das actividades programadas no centro, clubs de conversa, representacións,

charlas informativas, reunión periódicas, para poderen facer uso das instalación.

D. Enquisas de avaliación á disposición do alumnado

Cadrando coa finalización do primeiro cuadrimestre e sempre antes da publicación das

cualificacións, o profesorado realizará unha enquisa nas súas clases relativa a aspectos didácticos e

organizativos dentro da aula, co gallo de mellorar a labor docente e a relación cos alumno/as.

(anexo ¿?)

Ademáis, no mes de febreiro, realizarase unha enquisa electrónica á que os alumno/as poden

acceder a través da páxina web do centro, que inclúe, xunto cos anteriores puntos a relación dos

alumno/as co centro en xeral e o desenvolvemento na aula en particular, aproveitamento das

canles de comunicación e utillización dos recursos do centro.

Page 20: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

CAPITULO V. NORMAS XERAIS DE CONVIVENCIA.

En asuntos disciplinarios, o profesorado e o persoal non docente están suxeitos

aos correspondentes réximes disciplinarios establecidos, ben nas leis aplicables ao funcionariado

da comunidade galega, ben nos convenios colectivos do persoal laboral.

O alumnado estará suxeito ao disposto na lei 4/2011 do 30 de Xuño do DOG 15 de xullo do 2011

sobre dereitos e deberes do alumnado e aprobado nestas NOF.

No caso de xurdir condutas prexudiciais para a convivencia recollidas na Lei 4/2011, do 30 de

xuño, de Convivencia e participación da comunidade educativa aplicaranse as correccións

necesarias, sempre cun carácter educativo e procurando a mellora da convivencia no centro.

Segundo a normativa vixente, está prohibido fumar en todo o recinto do centro educativo.

Os teléfonos móbiles e outros aparellos eléctricos, de non seren empregados con fins

pedagóxicos-didácticos para favorecer o proceso de aprendizaxe-ensino, deberán apagarse antes

de entrar na aula para evitar interrupcións e molestias para o normal desenvolvemento da clase e

especialmente durante os exames.

En época de exames os alumno/as non esperarán nos corredores, escaleiras ou diante das aulas,

senón nas aulas de espera sinaladas para non molestar ao alumnado que está a facer exames.

Ademáis das papeleiras en cada aula e espazos comúns, existen no centro contenedores de pilas

usadas e diante da escola un colector de papel e cartón.

Como base para respectar os espazos comúns, profesores e alumnos debemos deixar as aulas

como as atopamos, limpas (isto inclúe borrar os encerados antes da seguinte sesión), en orde sen

descolocar substancialmente a colocación de mesas e cadeiras, non alterar o volume dos

altofalantes, e lembrarse de pechar fiestras e persianas á última hora.

O trato será sempre de respecto e cordialidade entre tódolos membros da comunidad educativa.

De non ser así establecerase un protocolo de posibles sancións dependendo da gravidade do feito,

a concretar polo comisión de convivencia.

Page 21: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

CAPITULO VI. XESTIÓN DOS ESPAZOS E RECURSOS

A BIBLIOTECA.

Horario

O horario da biblioteca poderá variar dun curso a outro, atendendo ao horario a disposición do

profesorado e/ou voluntariado de garda pero intentando garantir o servizo de préstamo na faixas

horarias máis demandadas, polo que o Coodinador de biblioteca e a Xefatura de estudos

traballarán conxuntamente para acadar a mellor solución posible.

Usuarios.

Todos os alumno/as da escola, de matrícula oficial, a distancia ou dos cursos CALC poden solicitar

o carnet da biblioteca, que será o mesmo carnet da escola cun número de usuario da biblioteca. A

renovación deste carnet será necesario facela cada curso dirixíndose ao persoal de garda da

biblioteca no horario de gardas. Tamén pode obter a condición da usuario quen teña carnet da

Biblioteca Municipal de Vilagarcía de Arousa.

O préstamo formalizarase durante o horario de atención pero a devolución pode efectuarse

tamén durante este horario ou utilizando o buzón habilitado para tal fin xunto á entrada da

biblioteca.

Normas para os usuarios.

O horario de empréstito restrínxese exclusivamente ao que figura na porta de entrada. Cando

acabe este horario o alumnado deberalle devolver o libro ao profesor/a ou voluntario que alí

estea, aínda que a biblioteca continúe aberta máis tempo. Ou entregado a través da caixa de

devolucións que se encontra na biblioteca.

Non se emprestan a domicilio libros de consulta como dicionarios, enciclopedias e gramáticas ou

exemplares únicos, por raros ou antigos. Estes só están dispoñíbeis para lectura en sala. Os libros

que non se poden emprestar a domicilio terán unha marca azul no lombo para distinguilos dos

demais.

Ningún/a usuario/a da biblioteca pode retirar ou realizar o empréstito dun libro, material

audiovisual, etc., sen que este quede anotado, para isto deberán presentar o carné da EOI de

Vilagarcía de Arousa ou documento identificativo da Asociación de alumnos ou da Biblioteca

Municipal de Vilagarcía, nestes dous últimos casos acompañado do DNI ao profesor/a que estea

atendendo a biblioteca. (O carné é persoal e intransferible. En caso de perda, solicite un duplicado

na administración.)

O período inicial de empréstitos a domicilio será de dúas semanas, podéndose pedir unha

prórroga sempre que se solicite antes de que expire o prazo. Poderanse pedir tres obras como

máximo. Para a renovación do período de empréstito o/a usuario/a terá que presentar a obra ou

obras en cuestión e o cartón de lector/a.

Page 22: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

O/a usuario/a que non devolva a obra emprestada no período indicado quedará excluído/a do

servizo de empréstito até que non devolva dita obra.

O atraso na devolución das obras será sancionado:

- Por atraso de ata 7 días, amoestación verbal, prohibición de levar material un número de días

equivalente aos días de demora.

- A partir do oitavo día de atraso na devolución de material suspensión por un mes do dereito de

empréstito.

- A partir dun mes de atraso na devolución de material suspensión polo resto do ano académico.

- O incumprimento reiterado desta normas poderá supor a retirada definitiva do empréstimo

nesta biblioteca.

Amais, tendo en conta que nos períodos de vacacións non hai servizo de empréstito, e que nalgún

outro día se pode suspender o servizo por causas alleas á vontade dos usuarios, os libros

emprestados ou renovados, no seu caso, non terán que devolverse ata o primeiro día con servizo

de empréstito, cando a data da súa devolución coincida cun destes días sen servizo.

No espazo da biblioteca queda prohibido comer e beber.

AS AULAS

Nas aulas poderán empregarse tódolos recursos dos que dispoñen. Porén non se poderá pegar nas

paredes nin na porta da entrada con ningún adhesivo, para o que se poderá empregar os

taboleiros existentes nas aulas.

PUBLICACIÓN DA INFORMACIÓN

Horarios de atención ao público.

As horas de atención do profesorado, das xefaturas de departamento e do equipo directivo serán

publicadas nos taboleiros correspondentes e na páxina web ao inicio de cada curso.

Horario da administración.

As horas de atención da administración serán publicadas na entrada da Secretaría e na páxina web

ao inicio de cada curso.

Taboleiros de anuncios.

No centro existen varios taboleiros de información ao público:

Dos Departamentos, na planta baixa, a carón do salón de actos.

Da Xefatura de estudos, na planta baixa, a carón do salón de actos.

Do Equipo de Dinamización, na planta baixa, a carón do salón de actos.

Da xunta de representantes, na planta baixa, a carón da biblioteca.

Da asociación de alumno/as, na planta baixa, a carón da biblioteca.

De anuncios diversos da comunidade educativa, a carón do salón de actos.

As persoas responsables de cada un dos taboleiros manterán actualizada a súa información. O

taboleiro de anuncios diversos da comunidade educativa limparase periodicamente. Non se

poderán por carteis sen autorización do centro. Non se aceptarán os relativos á venda de animais.

ACCESO ÁS INSTALACIÓNS

Page 23: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

Durante o horario lectivo, debidamente sinalizado na entrada principal, as dúas cancelas

permanecerán abertas, podendo accederse ao edificio unicamente pola entrada principal, nunca

polas portas de emerxencia, que tampouco se usarán para saír da escola. A entrada da cafetería é

independente e abrirase entón segundo o horario da cafetería.

Está prohibida a entrada de animais en todo o recinto escolar, coa excepción dos cans guía e de

acompañamento.

USO DOS ASCENSORES

A escola dispón dun ascensor que pode ser utilizado polo persoal de limpeza, membros do Equipo

directivo e persoas con mobilidade reducida que así o soliciten, aos que se lle entregará unha

chave que terán que devolver ao final de curso.

CHAVES

Cada profesor/a recibirá un xogo de 2 chaves ao incorporarse ao centro que terá que devolver

cando remate o ano académico ou o período de substitución polo que fora nomeado. A primeira

abre o seu departamento e a segunda as aulas, salón de actos, sala de recursos e sala de

profesores. As chaves deberanse devolver ao centro ao remate do curso ou en caso de baixa

prolongada.

O Equipo Directivo e o persoal de conserxería dispoñen dun xogo de chaves dos accesos principias

da escola. Existen ademáis dous inventarios de chaves, na conserxería e no almacén de

administración, de todo o centro e dos distintos accesos.

O material inventariable da biblioteca atópase baixo chave, tendo os alumno/as que solicitarlla ao

persoal de garda, que se encargará de devolvelas oa seu sitio ao finalizar o préstamo.

FOTOCOPIAS E IMPRESORAS.

Na conserxería da escola e na sala de recursos contamos na actualidade unha fotocopiadora e

impresora láser en cada espazo. Os profesor/aes desde os departamentos e desde as aulas poden

dar a orde de fotocopias que se imprimirán directamente na conserxería. Ademais, na conserxería

tamén contamos con outra impresora/fotocopiadora a cores. O uso da mesma está supeditado á

autorización da vicedirección, quen se encargará de establecer o protocolo para o seu uso.

Durante os períodos de preinscrición e matrícula, na biblioteca habilítase un espazo para situar

unha impresora para que os alumno/as poidan imprimir os correspondentes resgardos.

Non se poderán realizar fotocopias de libros, polo que en cada departamento hai un escáner para

poder escanear e imprimir as follas de bibliografía necesaria para o seu uso na aula.

Tamén está dotados de impresoras e escáneres a Secretaría e os despachos de Dirección.

USO DO TELÉFONO E DO FAX

Os departamentos, os despachos de Dirección, a sala de recursos, a administración e a conserxaría

están dotados de linea telefónica, podendo efectuar e recibir chamadas desde calquera deles

excepto dende os departamentos e da sala de recursos, onde só se poden recibir.

Page 24: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

Hai un fax á disposición do persoal docente e non docente na conserxería da escola.

GRAVADORAS, CÁMARAS DE VIDEO E FOTOS.

Para a gravación das probas de produción oral, cada departamento conta con varias gravadoras,

unha por cada dous docentes.

O centro ten unha cámara de fotos e vídeo custodiada pola Dirección, que pode ser empregada

polos departamentos previa solicitude da mesma.

CAFETERÍA

Ademais de ser un lugar de encontro entre profesorado e alumnado, nela realízanse tamén

distintas actividades dos departamentos ou de toda a comunidade educativa, tales como as

xornadas gastronómicas, exposicións fotográficas, etc. Existe un compromiso da persoa

responsable da cafetería de permitir, facilitar e colaborar na realización destas actividades

conxuntas, sempre e cando sexa avisado coa suficiente antelación e informado das actividades

correspondentes.

Page 25: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

CAPITULO VII. ACTIVIDADES CULTURAIS.

Cada Xefatura de departamento, en colaboración co profesorado do departamento que tivera

horas asignadas para tal fin, elaborará a programación de actividades culturais e de promoción de

idiomas que se incluirá na programación anual do departamento e despois na Programación Xeral

Anual da escola. As actividades que non se incluíran nesta programación anual deberán contar

coa aprobación do departamento correspondente e do Consello Escolar.

Durante o curso encargarase da secuenciación destas actividades atendendo ás necesidades do

departamento e á demanda dos alumno/as, ocupándose da repartición orzamentaria que a

Secretaría do centro lle asignara, previo solicitude de autorización con quince días de antelación á

Secretaría cos datos que se solicitan no formulario para tal fin e indicando tódolos datos relativos

ó gasto.

Por mor dunha mellor organización de centro e evitar que diferentes actividades de interés se

solapen os xefes de departamento compartirán coa Vicedirección una google calendar por

departamento con tódalas datas tanto das actividades como das reunións de coordinación e ou

departamento prevista.

Os departamentos informarán á Vicedirección do seguemento destas actividades, con quen

organizarán a publicidade das mesmas (páxina web, prensa, carteis publicitarios…) e medios

necesarios para poñelas en marcha. A reserva de espazos farase a través da aplicación yoshare

que se implementou neste curso 2016/2017.

Na execución destas actividades colaborarán os coordinadores TIC cando sexa necesario

(proxeccións, grabacións…).

Corresponderalle tamén á Xefatura de departamento a redacción da memoria final deste

apartado.

A Vicedirección encargarase directamente da organización das actividades xerais dirixidas a toda a

comunidade educativa e contorna: as distintas conmemoracións que se decidan ao principio de

cada curso, exposicións nas instalación da escola, xornadas de portas abertas, visitas en grupo,

presentacións ou conferencias de temática variada. Contará para este fin coa axuda do

profesorado que teña horas dedicadas ás actividades culturais e de promoción de idiomas e cos

Xefes de departamento.

No caso das viaxes de estudos e sempre con 15 días de antelación á data da viaxe elexida, os

departamentos que as propoñan farán unha programación da saída (cun listado de participantes:

alumnos e profesorado) e dos obxectivos que se pretendan acadar con esta actividade que será

enviada ao servizo de Inspección Educativa para a súa aprobación. O número mínimo de alumnos

da escola participantes na viaxe non poderá ser inferior a 15 por profesor participante.

Actividades no centro. O uso dos distintos espazos (Salón de actos, aula multimedia, biblioteca e

aulas) para a realización destas actividades será xestionado pola Vicedirección, para o que se

empregará a aplicación yoshare, poidendo tamén facer reservas durante o curso, dentro do

discurrir normal das programacións.

Procurarase que as actividades de distintos departamentos non coincidan no día e hora de

Page 26: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

realización, polo que os Xefes de departamento deberán empezar a organización destas

actividades por comunicarllo á Vicedirección a través do propio google calendar, cunha antelación

minima de 15 días.

Actividades fóra do centro en horario lectivo. Este tipo de activiades tamén se debe incluir na

Programación. No caso contrario deberán ser aprobadas polo Consello Escolar e a Inspección

Educativa coa antelación necesaria ao seu desenvolvemento.

A cesión de espazos a organizacións externas á escola cando asi o soliciten estará suxeita á

aprobación do Consello Escolar, sempre que a actividade que a xustifique teña relación coa

finalidade educativa ou a promoción de idiomas.

Page 27: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTRODUCIÓN www. e oi vga .o rg e oi . vil ag arc ia @e du .xu n t a. es CORRECCIÓN DE ERROS. - ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa

Rúa Entrante no7 36600 Vilagarcía de Arousa

Telfs: 986 566 440 – Fax: 986 566 450

w w w . e o i v g a . o r g e o i . v i l a g a r c i a @ e d u . x u n t a . e s

ANEXOS

Formulario de emendas

Texto actual:

Capítulo: Apartado: Páxina:

Proposta de Modificación:

Profesor:

Departamento:

Data: