nome do centro · web viewas páxinas do workbook e da sección word games 4u!, reducidas, coas...

117
Nome do Centro: (*) _____________________________________________ Área de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________

Upload: trantruc

Post on 08-Feb-2019

212 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Nome do Centro: (*) _____________________________________________

Área de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________

Page 2: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

ÍNDICE DE CONTIDOS

ENGLISH FOR YOU! ESO 2

1. Descrición da identidade do centro (*)

2. Introdución e metodoloxía

3. Competencias básicas

4. Secuencia dos Obxectivos Xerais de Área

5. Contidos xerais do segundo curso da ESO

6. Secuencia de contidos das unidades

7. Atención á diversidade

8. Avaliación e promoción (*)

9. Actividades complementarias e extraescolares (*)

10. Materiais e recursos didácticos (*)

(*) Puntos que deben completar os profesores/as cos datos necesarios

2

Page 3: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

1. DESCRICIÓN DA IDENTIDADE DO CENTRO (*)

a) Variábel sociocultural (*) - O barrio amplo - O contorno próximo

b) Características do centro (*) - Emprazamento - Funcionalidade - Integración - O alumnado

c) Variábel idade (*)

d) Composición do departamento didáctico (*)

e) Número de grupos (*)

f) Reunións de departamento (*)

3

Page 4: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

2. Introdución e metodoloxía

Descrición do curso

English for You! ESO 2 ofrécelles aos alumnos/as un xeito ameno e gradual de aprenderen inglés en contextos familiares e recoñecíbeis, e a través de contidos claramente estruturados que lles facilitarán a adquisición das competencias básicas que recolle a LOE. A súa estrutura e a súa claridade facilitan a comprensión, e as explicacións na lingua propia, para aclarar aspectos de especial dificultade e supoñen unha axuda adicional que aumentará a capacidade dos alumnos/as para entenderen o material.

O Workbook inclúe a sección Word Games 4U! e vai acompañado do CD-ROM interactivo English for You! ESO 2 como un apoio máis para a aprendizaxe dos alumnos/as. Word Games 4U! céntrase no vocabulario de cada unidade do Student’s Book e trátao dun xeito divertido co fin de consolidalo. O CD-ROM contén xogos de vocabulario e de gramática, así como as gravacións dos textos, as cancións e os diálogos do Student’s Book, proporcionándolles práctica complementaria para que traballen na casa.

English for You! ESO 2 ofrécelle ao profesor/a unha ampla variedade de material que inclúe un Teacher’s Manual coas páxinas do Student’s Book intercaladas, os Class Audio CDs, o Test Factory CD, un xogo de cinco pósteres e actividades a toda cor para traballar o vocabulario, un DVD sobre aspectos culturais con páxinas de traballo e o Teacher’s All-in-One Pack, que contén material extra para os alumnos/as de todos os niveis de capacidade. Xuntos, todos estes compoñentes constitúen un material coidadosamente graduado que permite atender á diversidade e ofrece moitas posibilidades para practicar os novos coñecementos e capacidades adquiridas, sendo unha grande axuda, tanto para o profesor/a, coma para o alumno/a á hora de avaliar o seu progreso.

English for You! ESO 2 segue un enfoque paso a paso para facilitar o labor do profesor/a e a aprendizaxe dos alumnos/as, que dispoñen dunha variada selección de temas e de actividades motivadoras ao mesmo tempo que aprenden inglés de xeito significativo.

Compoñentes

Student’s Book Unha unidade de introdución para repasar o vocabulario básico e a linguaxe

da clase. Nove unidades didácticas sobre temas interesantes para o alumnado, con

historias dialogadas e ilustradas con fotografías. Tres unidades de repaso con exercicios de vocabulario e de gramática, e

ademais, cunha canción e un proxecto en cada unha para variar o ritmo da clase.

Completos cadros de gramática en lingua propia que fan fincapé en aspectos de especial dificultade.

O apéndice Grammar Round Up con explicacións gramaticais en lingua propia, práctica adicional e exercicios para os alumnos/as de máis nivel nos apartados Extra 4U!

4

Page 5: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Un glosario coas palabras traducidas en contexto, agrupadas por unidades, en orde alfabética.

Presentación gradual das estratexias de escritura dentro das unidades, para que o alumnado poida organizar as súas ideas antes de empezar a escribir.

Unha Writing Guide con explicacións máis detalladas das regras ortográficas e das estratexias de escritura, e con exercicios prácticos adicionais.

Un texto sobre aspectos culturais ou interdisciplinarios en cada unidade. Unha lista de verbos irregulares coa súa tradución.

Workbook Nove unidades para practicar a gramática e o vocabulario, textos de lectura

con exercicios de comprensión, diálogos para completar e actividades de escritura.

A sección Self-Evaluation, que inclúe o apartado Now Prove It para que os alumnos/as comproben o seu progreso.

Instrucións dos exercicios en lingua propia para fomentar a autonomía do alumno/a.

As páxinas Check Your Progress. Exercicios de corrección de erros e de tradución. O apéndice Grammar Round Up con explicacións gramaticais en lingua

propia. Un glosario coas palabras traducidas en contexto e agrupadas por unidades,

en orde alfabética. Unha Writing Guide con explicacións máis detalladas das regras ortográficas

e das estratexias de escritura. Unha lista de verbos irregulares coa súa tradución. Páxinas sobre os proxectos presentados nas unidades de repaso do

Student’s Book, para planificalos paso a paso, que inclúen unhas fichas (cue cards) para facilitarlles a súa presentación na clase.

Word Games 4U! (pequeno caderno a toda cor ao final do Workbook) Xogos e divertidas actividades para consolidar o vocabulario. Datos interesantes sobre personaxes famosos. Unha ficha persoal que irán completando os alumnos/as ao remate de cada

unidade. Un glosario dividido por unidades e temas, en orde alfabética. Instrucións dos exercicios en lingua propia.

Interactive CD-ROM (gratis co Workbook) Dous xogos interactivos por unidade para practicar o vocabulario e un para a

gramática, todos eles en dous niveis de dificultade. Os textos, cancións e diálogos do Student’s Book, tanto escritos coma

gravados, cun glosario. Posibilidade de cambiar o idioma das instrucións para facilitarlles aos

alumnos/as a comprensión da actividade. Compatíbel con Linux.

Teacher’s Manual (encadernado en espiral) Unha presentación do curso e dos seus compoñentes. Unha sección de avaliación con cadros fotocopiábeis. Claras notas didácticas, coas páxinas do Student’s Book intercaladas, nas

que se destacan, sobre un fondo de cor, as referencias a outros compoñentes ou seccións do Student’s Book, para facilitar a preparación das clases.

A clave de respostas aos exercicios do Student’s Book.

5

Page 6: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Actividades de reforzo e de ampliación opcionais. Ditados opcionais para reforzar o vocabulario da unidade. Versión ampliada e fotocopiábel dalgúns cadros do Student’s Book que deben

cubrir os alumnos/as, para facilitar a marcha da clase. Transcrición de todos os listenings do Student’s Book. Pistas dos Class Audio CDs. As páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas

respostas sobreimpresas en cor.

Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións seguintes:

1. Tests Un test de diagnóstico e exercicios de repaso. Un test por unidade con tres niveis de dificultade. Tres tests trimestrais con tres niveis de dificultade. Dous exames finais tamén con tres niveis de dificultade. Un test de comprensión e de expresión oral por unidade, outro por cada

trimestre e outro final.

2. Answers A clave de respostas a todos os tests.

3. Reinforcement (low-level) Unha páxina por unidade con exercicios sobre o vocabulario e a gramática

básica presentada no Student’s Book.

4. Extra Practice (course-level) Unha páxina por unidade con máis práctica do vocabulario e da gramática do

Student’s Book.

5. Extension (high-level) Unha páxina por unidade, cada unha cun texto e con exercicios extra, para

que os alumnos/as practiquen e amplíen as competencias adquiridas.

6. Answers A clave de respostas ás páxinas Reinforcement, Extra Practice e Extension,

fotocopiábel, para repartila entre os alumnos/as co fin de que se autocorrixan.

7. Festivals and Speaking Activities Dúas follas de traballo fotocopiábeis sobre as festividades de Three Kings´

Day, Rio de Janeiro Carnival e Easter. Unha actividade extra de expresión oral por trimestre.

As páxinas das festividades están pensadas para seren traballadas antes da súa celebración e tratan aspectos culturais do Reino Unido e do mundo anglosaxón. O seu obxectivo é enriquecer os coñecementos culturais dos alumnos/as á vez que aumentan o seu vocabulario e melloran as súas capacidades de lectura e de escritura.

As actividades de expresión oral pretenden ofrecerlles aos alumnos/as outra posibilidade máis de usaren o inglés de forma natural.

6

Page 7: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

8. Answers A clave de respostas ás páxinas sobre as festividades e as actividades de

expresión oral, fotocopiábel, para repartila entre os alumnos/as co fin de que se autocorrixan.

Class Audio CDs As gravacións dos textos de lectura e os listenings que se traballan no

Student’s Book. As actividades de pronuncia do Student’s Book. Os listenings dos tests. As cancións. A lista de verbos irregulares.

Test Factory CD Todos os exames recollidos na sección Tests do Teacher’s All-in-One Pack,

en formato editábel, e as súas respostas.

Poster Pack Cinco pósteres atractivos e funcionais para traballar o vocabulario na clase.

- Animals (unidade 3)- Our World (unidades 2, 4 e 6)- Describing People (unidades 3, 5 e 7)- The household (unidades 4 e 8)- The Community (unidades 2, 7 e 9)

Notas didácticas con suxestións de actividades para traballar co alumnado. As primeiras actividades céntranse no vocabulario específico do póster correspondente, mentres que as seguintes repasan o vocabulario dos pósteres anteriores.

Welcome to Britain DVD Pack Un DVD en nove capítulos cun atractivo argumento, ambientado no Reino

Unido e de gran riqueza cultural, que se centra no vocabulario, no coñecemento da lingua e na adquisición de competencias lingüísticas.

Un pequeno caderno coas instrucións para usar o DVD, os textos das gravacións e tres follas de traballo fotocopiábeis por cada capítulo: dúas delas conteñen actividades para realizar antes, durante e despois de cada un. A terceira páxina, de contido cultural, está relacionada co tema do capítulo (inclúen xogos, exercicios de expresión oral, actividades en parellas e grupos e actividades de expresión escrita).

Está gravado no Reino Unido e amosa as experiencias duns adolescentes británicos nun contexto natural. Serve para traballar a comprensión oral, a linguaxe funcional e a gramática.

Descrición de English for You!

7

Page 8: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

English for You! ESO 2 céntrase fundamentalmente nas capacidades básicas. Cada unha das nove unidades didácticas comeza coa presentación do vocabulario dunha mesma familia léxica, e máis adiante na unidade preséntase unha segunda familia léxica. Ao longo da unidade, os alumnos/as traballarán coas palabras novas a través dos textos, dos exercicios de gramática, das actividades de expresión oral e das tarefas de comprensión oral e de expresión escrita. A continuación preséntase unha historia ilustrada con fotografías e interpretada por adolescentes reais aos que non é necesario recordar máis tarde, xa que cada historia é independente. Todas rematan cun toque humorístico que as fai máis atractivas. Na sección English 4U! saliéntanse as palabras e as expresións cotiás do inglés que aparecen nelas.

Ademais, cada unidade consta de dous textos breves. Un deles céntrase en aspectos culturais ou interdisciplinarios. A extensión dos mesmos aumenta gradualmente ao longo do Student’s Book. As actividades de lectura, gramática, comprensión e expresión oral e pronuncia amplían o tema de cada unidade. A gramática preséntase en cadros claros e explícanse algúns aspectos de especial dificultade para facilitar a comprensión dos puntos gramaticais presentados. Despois, os alumnos/as deberanos practicar en exercicios coidadosamente graduados. Ao final das seccións de gramática hai referencias ao Grammar Round Up, onde atoparán explicacións máis detalladas, en lingua propia, exercicios adicionais e o apartado Check Yourself!; finalmente, nas páxinas do Workbook os alumnos/as atoparán exercicios complementarios.

A expresión oral practícase varias veces en cada unidade dun xeito sinxelo e a través de exercicios controlados. A expresión escrita trabállase paso a paso practicando estratexias básicas e permite que o alumno/a se planifique antes de empezar a escribir. A Writing Guide retoma sempre os puntos vistos con anterioridade e inclúe exercicios prácticos adicionais. Esta guía é de grande utilidade como recordatorio dos aspectos importantes que os alumnos/as han de ter en conta para detectaren os seus propios erros no que redactan.

O Workbook inclúe exercicios graduados, coidadosamente deseñados como repaso do estudado no Student’s Book. Isto é un incentivo para superarse xa que se pode empezar polos exercicios máis sinxelos ata facelos satisfactoriamente e despois pasar a outros de maior dificultade. Unha vez finalizada a unidade do Student’s Book, poden avaliar o seu progreso e prepararse para o test utilizando a sección Check Your Progress do Workbook. Cando o teñan feito, poden realizar o apartado Self-Evaluation que hai ao final de cada unidade e despois as tarefas que se lles piden en Now Prove It para comprobar o seu progreso. Este último apartado está pensado para facilitarlles a avaliación do seu traballo de forma realista, mediante uns criterios concretos. Ademais, o Workbook contén páxinas con instrucións para que poidan facer os proxectos suxeridos nas unidades de repaso do Student’s Book, e presentalos oralmente.

A sección Word Games 4U! presenta actividades e xogos para repasar as familias léxicas vistas nas unidades do Student’s Book. Cada páxina inclúe tamén un dato sobre algún personaxe famoso que servirá de modelo para ir completando a súa ficha persoal sobre aspectos tratados no curso.

O alumno/a pode utilizar o seu CD-ROM en calquera momento, porque atopará nel todos os textos, diálogos, cancións e as gravacións correspondentes. Pode utilizalos para practicar a lectura dos textos e axudarse co glosario en pantalla para ver o significado das palabras que non recorde. Tamén pode ir ás seccións de xogos, de vocabulario e de gramática para practicar máis intensamente todo o que estudou no libro.

8

Page 9: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

As tres unidades de repaso do Student’s Book traballan a gramática e o vocabulario vistos en cada trimestre, e inclúen tamén unha canción e un proxecto. Os alumnos/as deben ser remitidos ás páxinas do proxecto no Workbook e, unha vez elaborado, animalos a que o presenten oralmente con axuda da cue card.

Avaliación do alumnado de 2º da ESO e o marco común europeo

Aprender unha nova lingua é probabelmente un dos retos máis ambiciosos aos que se teñan que enfrontar os estudantes ao longo da súa vida académica, sobre todo porque supón mergullarse de forma activa nunha materia, cultura e visión da vida completamente diferentes das súas. Nesta liña, o obxectivo primordial de English for You! é favorecer o proceso de aprendizaxe e servir de ponte para que os alumnos/as coñezan, por unha banda, os lugares nos que se fala inglés, e por outra, a forma en que se expresa a xuventude nativa da súa idade.

Durante o proceso de adquisición da lingua inglesa é habitual que os estudantes mostren claras preferencias por determinadas áreas da aprendizaxe. Por exemplo, quizais lles interese máis aprender o inglés que fala hoxe en día a xuventude nativa que as regras gramaticais, ou poida que teñan maior facilidade para unhas capacidades da aprendizaxe de linguas que para outras.

Por estas razóns, o método English for You! ofrécelles un amplo abano de actividades para desenvolveren os seus intereses e consolidaren os seus puntos fortes, á vez que practican en profundidade todas as áreas da aprendizaxe das linguas. Dada a diversidade dos estudantes con que ha de traballar normalmente o profesorado, é de vital importancia coñecer as preferencias e os puntos fortes e débiles de cada quen o antes posíbel. As follas fotocopiábeis ofrecidas por este método son moi útiles para preparar un perfil de cada alumno/a e rexistrar a avaliación continua do seu progreso, así como a avaliación sumativa ou final.

Preparación dos “portfolios” de traballo e avaliación individual do alumnado

Actualmente hai unha tendencia cada vez máis puxante a fomentar que os alumnos/as -coa axuda dos seus profesores/as- preparen un cartafol dos seus traballos que inclúa referencias aos seus estilos de aprendizaxe, obxectivos de mellora, mostras dos seus progresos e un rexistro dos contactos mantidos con falantes nativos da lingua inglesa ou dos intercambios culturais con comunidades de fala inglesa. Quizais o exemplo máis ambicioso deste tipo de cartafoles sexa o chamado Portfolio Europeo das Linguas (European Languages Portfolio - ELP) descrito polo Marco Común Europeo, que ten por finalidade animar a aprender máis linguas e a continuar aprendéndoas ao longo de toda a vida, facilitar a mobilidade en Europa e favorecer o entendemento e a tolerancia entre as cidades europeas. O ELP componse de tres elementos básicos:

- Un Pasaporte de linguas no que o alumno/a rexistra as cualificacións que obtén e o seu progreso na lingua, mediante unha escala de autoavaliación recoñecida internacionalmente.

- Unha Biografía lingüística na que reflexiona sobre o que sabe facer na lingua que está aprendendo e na que pode avaliar o seu progreso de forma realista.

9

Page 10: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

- Un Dossier que contén exemplos de traballos realizados no centro educativo, en varios formatos -gravacións de audio/vídeo, tarefas escritas e informes de visitas-, ademais da documentación que acredite a información contida no Pasaporte e na Biografía.

Esta iniciativa emana da convicción de que o estudante de linguas debe ser responsábel da súa aprendizaxe e adoptar unha actitude o máis activa posíbel no proceso de estabelecer obxectivos e de traballar para alcanzalos. As follas de avaliación ofrecidas por English 4U! no Teacher´s Manual para que o alumno/a as complete, así como as do apartado Self-Evaluation ao final das unidades do Workbook, están baseadas nesta convicción e bríndanlle unha oportunidade idónea de falar sobre os seus contactos coa lingua inglesa, de describir os seus logros e de fixar obxectivos personalizados para o curso entrante. Este último punto é probabelmente o máis importante, xa que lle esixe un esforzo de selección e de aplicación das estratexias idóneas para mellorar. Moitos criterios de autoavaliación incluídos nestas follas son moi similares aos do Portfolio Europeo das Linguas e permiten que profesores/as e alumnos/as preparen doadamente cartafoles desta natureza.

Os alumnos/as deberían gardar todas as follas de autoavaliación e algunhas mostras dos traballos que vaian facendo nun cartafol á parte e entregarllo ao profesor/a en calquera momento do curso escolar. Recoméndase dedicar unha parte do tempo da clase, de cando en vez, a que os alumnos/as cubran esas follas de autoavaliación e reflexionen sobre a súa propia aprendizaxe. Tamén se recomenda facer o apartado Self-Evaluation que hai ao final das unidades do Workbook, ao rematar a unidade correspondente.

Os alumnos/as tamén poderían incluír nos seus cartafoles os proxectos que elaboraron e que se atopan nas unidades de repaso, e o cadro My Persoal Profile que hai en Word Games 4U! ao final do Workbook.

Perfil individual do estudante que entra en 2º da ESO

Moitos profesores de Secundaria pensan que este segundo curso é o máis difícil -profesionalmente falando- debido ás diferenzas que hai entre as habilidades e as actitudes do alumnado ante a aprendizaxe do inglés. Calquera mala experiencia que tivesen recentemente con algunha parte da materia afectaralle á súa motivación, pero tamén repercutirá adversamente nela o descoñecemento do que deben facer para mellorar a súa aprendizaxe. Atópanse ademais nun momento difícil da súa educación e da súa evolución cara á madurez. Por iso nesta etapa é importante que teñan claridade de obxectivos e conciencia do seu propio progreso xa que, deste xeito, terán máis control sobre os seus estudos e sentiranse máis seguros de si mesmos.

Para ofrecerlles aos alumnos/as a maior información posíbel sobre as súas necesidades e os seus progresos na lingua, incluímos unhas follas moi útiles no apartado “Avaliación e promoción” deste proxecto, ademais dun test de diagnóstico na páxina 2 do Teacher´s All-in-One Pack. Con elas intentamos incitalos á reflexión sobre o seu coñecemento da materia, sobre o que lles parece fácil ou difícil en inglés e o que poden facer durante o ano para melloraren a súa aprendizaxe. Os profesores/as tamén se beneficiarán destas follas fotocopiábeis, xa que ao leren as súas respostas, poderán responder mellor ás súas necesidades e preocupacións.

10

Page 11: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Ademais inclúense rexistros dos resultados na avaliación formativa e sumativa para observar a evolución de cada alumno/a, por separado ou en grupo.

A avaliación formativa e sumativa

A folla de avaliación continua ou formativa (Formative Record Sheet) deste proxecto permite que o profesorado anote as cualificacións obtidas polos alumnos/as nas diferentes áreas tratadas na unidade, ademais de reflectir as actitudes que cada un deles mostra ante a lingua. Recoméndase contrastar o resultado desta folla cos da autoavaliación levada a cabo polos propios alumnos/as na folla English and Me, antes de calcular a puntuación final na folla Summative Evaluation, que é a que describe o progreso global do curso. A razón de facer isto é evitar as posíbeis discrepancias entre o que os alumnos/as fixeron baixo a presión das probas e o que son capaces de facer en situacións normais e distendidas da clase.

De todos os xeitos, o factor máis importante para medir o desenvolvemento dos alumnos/as é o progreso individual que realicen desde o inicio do curso ata o final de cada trimestre. A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado nesta nova etapa é continua e a decisión do profesor/a para promover ao alumno/a será adoptada atendendo á consecución das competencias básicas e aos obxectivos da etapa.

11

Page 12: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

3. Competencias básicas

Son aquelas competencias que debe desenvolver un alumno ou unha alumna ao finalizar o ensino obrigatorio, para poder lograr a súa realización persoal, exercer a cidadanía activa, incorporarse á vida adulta de xeito satisfactorio e ser capaz de desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida.

Finalidades

1- Integrar as diferentes aprendizaxes, tanto as formais, incorporadas ás diferentes áreas ou materias, coma as informais e non formais.

2- Permitir a todos os estudantes integrar as súas aprendizaxes. 3- Orientar o ensino, ao permitir identificar os contidos e os criterios de

avaliación que teñen carácter imprescindíbel.

Non existe relación entre o ensino de determinadas áreas ou materias e o desenvolvemento de certas competencias. Cada unha das áreas contribúe ao desenvolvemento de diferentes competencias e, á súa vez, cada unha das competencias básicas alcanzarase como consecuencia do traballo en varias áreas ou materias.

No marco da proposta realizada pola Unión Europea identificáronse oito competencias básicas:

1. Competencia en comunicación lingüística 2. Competencia matemática 3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico 4. Tratamento da información e competencia dixital 5. Competencia social e cidadá 6. Competencia cultural e artística 7. Competencia para aprender a aprender 8. Autonomía e iniciativa persoal

En cada materia inclúense referencias explícitas acerca da súa contribución ás competencias básicas, ás que se orienta en maior medida. Doutra banda, tanto os obxectivos coma a propia selección dos contidos buscan asegurar o desenvolvemento de todas elas. Os criterios de avaliación, serven de referencia para valorar o progresivo grao de adquisición.

1. Competencia en comunicación lingüística Esta competencia refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento e de organización e autorregulación do pensamento, das emocións e da conduta.

Con distinto nivel de dominio e formalización -especialmente en lingua escrita- esta competencia significa, no caso das linguas estranxeiras, poderse comunicar nalgunhas delas e, con iso, enriquecer as relacións sociais e desenvolverse en contextos distintos ao propio. Así mesmo, favorécese o acceso a diversas fontes de información, comunicación e aprendizaxe.

En síntese, o desenvolvemento da competencia lingüística ao final da educación obrigatoria comporta o dominio da lingua oral e escrita en múltiples contextos, e o uso funcional de, polo menos, unha lingua estranxeira.

12

Page 13: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

2. Competencia matemática Esta competencia supón aplicar as destrezas e actitudes que permiten razoar matematicamente, comprender unha argumentación matemática e expresarse e comunicarse na linguaxe matemática, utilizando as ferramentas de apoio adecuadas e integrando o coñecemento matemático con outros tipos de coñecemento para dar unha mellor resposta ás situacións da vida de distinto nivel de complexidade.

3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico Esta competencia supón o desenvolvemento e a aplicación do pensamento científico-técnico para interpretar a información que se recibe e para predicir e tomar decisións con iniciativa e autonomía persoal nun mundo no que os avances que se van producindo nos ámbitos científico e tecnolóxico teñen unha influencia decisiva na vida persoal, na sociedade e no mundo natural. Así mesmo, implica a diferenciación e a valoración do coñecemento científico, ademais doutras formas de coñecemento, e a utilización de valores e criterios éticos asociados á ciencia e ao desenvolvemento tecnolóxico.

En coherencia coas habilidades e destrezas relacionadas ata aquí, son parte desta competencia básica o uso responsábel dos recursos naturais, o coidado do medio ambiente, o consumo racional e responsábel e a protección da saúde individual e colectiva como elementos clave da calidade de vida das persoas.

4. Tratamento da información e competencia dixital Esta competencia implica ser unha persoa autónoma, eficaz, responsábel, crítica e reflexiva ao seleccionar, tratar e utilizar a información e as súas fontes, así como as distintas ferramentas tecnolóxicas. Tamén implica ter unha actitude critica e reflexiva na valoración da información dispoñíbel, contrastándoa cando é necesario, e respectar as normas de conduta acordadas socialmente para regular o uso da información e das súas fontes nos distintos soportes.

5. Competencia social e cidadá Esta competencia supón comprender a realidade social en que se vive, afrontar a convivencia e os conflitos empregando o xuízo ético, baseado nos valores e nas prácticas democráticas, e exercer a cidadanía actuando con criterio propio, contribuíndo á construción da paz e da democracia e mantendo unha actitude construtiva, solidaria e responsábel ante o cumprimento dos dereitos e das obrigacións cívicas.

6. Competencia cultural e artística O conxunto de destrezas que configuran esta competencia refírese tanto á habilidade para apreciar e gozar coa arte e outras manifestacións culturais coma a aquelas relacionadas co emprego dalgúns recursos da expresión artística para realizar creacións propias; implica un coñecemento básico das distintas manifestacións culturais e artísticas, a aplicación de habilidades de pensamento diverxente e de traballo colaborativo, unha actitude aberta, respectuosa e crítica ante a diversidade de expresións artísticas e culturais, o desexo e a vontade de cultivar a propia capacidade estética e creadora, e o interese por participar na vida cultural e por contribuír á conservación do patrimonio cultural e artístico tanto da propia comunidade coma doutras comunidades.

7. Competencia para aprender a aprender Aprender a aprender implica a conciencia, xestión e control das propias capacidades e coñecementos desde un sentimento de competencia ou eficacia persoal, e inclúe tanto o pensamento estratéxico, coma a capacidade de cooperar, de se autoavaliar,

13

Page 14: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

e o manexo eficiente dun conxunto de recursos e técnicas de traballo intelectual que se realizan a través de experiencias de aprendizaxe conscientes e gratificantes, tanto individuais coma colectivas.

8. Autonomía e iniciativa persoal Esta competencia supón ser capaz de imaxinar, emprender, desenvolver e avaliar accións ou proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico.

Contribución da materia de Lingua Estranxeira á adquisición das competencias básicas

A aprendizaxe dunha lingua estranxeira contribúe á adquisición das seguintes competencias, todas elas traballadas en cada unidade de English 4U! ESO 2:

Competencia en comunicación lingüística ao completar, enriquecer e buscar novos matices comprensivos e expresivos nesta capacidade comunicativa xeral. Unha aprendizaxe da lingua estranxeira baseada no desenvolvemento de habilidades comunicativas contribuirá ao desenvolvemento desta competencia básica no mesmo sentido que o fai a primeira lingua. A contribución da lingua estranxeira ao desenvolvemento desta competencia é primordial no discurso oral ao adquirir as habilidades de escoitar, falar e conversar. Así mesmo, a aprendizaxe da lingua estranxeira mellora a competencia comunicativa xeral ao potenciar a habilidade de se expresar oralmente e por escrito.

Competencia para aprender a aprender ao facilitar ou completar a capacidade do alumnado para interpretar ou representar a realidade e así construír coñecementos, formular hipóteses e opinións, expresar e analizar sentimentos e emocións. Doutra banda, a competencia para aprender a aprender rendibilízase enormemente se se inclúen contidos directamente relacionados coa reflexión sobre a propia aprendizaxe. Esa é a razón da inclusión no currículo dun apartado específico de reflexión sobre a mesma. O desenvolvemento de estratexias diversas de aprender a aprender prepara o alumnado de forma progresiva para a toma de decisións que favorecen a autonomía, co fin de utilizar e de seguir aprendendo a lingua estranxeira ao longo da vida.

Competencia social e cidadá ao favorecer o respecto, o interese e a comunicación con falantes doutras linguas e o recoñecemento e a aceptación de diferenzas culturais e de comportamento. O intercambio de información persoal axuda a reforzar a identidade dos interlocutores. Doutra banda, en lingua estranxeira é especialmente relevante o traballo en grupo e en parellas. A través destas interaccións, apréndese a participar, a expresar as ideas propias e a escoitar as alleas, poténciase a habilidade para construír diálogos, negociar significados, tomar decisións valorando as achegas dos compañeiros, conseguir acordos, e, en definitiva, favorécese a aprendizaxe dos demais e cos demais.

Competencia en tratamento da información e competencia dixital ao acceder de xeito sinxelo e inmediato á información que se pode atopar nesta lingua, á vez que ofrece a posibilidade de comunicármonos utilizándoa. Ademais, facilita a comunicación persoal a través do correo electrónico en intercambios coa xuventude doutros lugares e, o que é máis importante, crea contextos reais e funcionais de comunicación. Este uso cotián contribúe directamente ao desenvolvemento desta competencia.

14

Page 15: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Competencia artística e cultural ao incluír un achegamento a manifestacións culturais propias da lingua e dos países onde se fala e propiciar unha aproximación a obras ou autores que contribuíron á creación artística. Así mesmo, a área contribúe ao desenvolvemento desta competencia cando se facilita a expresión de opinións, gustos e emocións que producen diversas manifestacións culturais e artísticas e cando se favorecen os traballos creativos individuais e en grupo, como poden ser a realización e a representación de simulacións e narracións.

Competencia autonomía e iniciativa persoal ao fomentar o traballo cooperativo na aula, o manexo de recursos persoais e de habilidades sociais de colaboración e de negociación, o que supón poñer en funcionamento determinados procedementos que permiten a realización de iniciativas e a toma de decisións na planificación, organización e xestión do traballo, propiciando así a autonomía e a iniciativa persoal.

15

Page 16: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

4. Secuencia dos Obxectivos Xerais de Área

Os dez Obxectivos Xerais de Área para English for You! ESO 2 concrétanse nas capacidades que se detallan debaixo de cada un deles:

1º- Escoitar e comprender información xeral e específica de textos orais en situacións comunicativas variadas, adoptando unha actitude respectuosa e de cooperación.

Capacidades:

Negociar co profesor/a e cos compañeiros/as a organización da clase e as actividades (instrucións, obxectivos, criterios de avaliación, regras) respectando todos os puntos de vista.

Comprender a información global e algúns datos relevantes de mensaxes orais gravadas e de material semiauténtico e facer tarefas significativas graduadas ao seu nivel (textos sobre a invitación a unha festa, unha foto de Mozambique, a entrevista a un veterinario dun zoo, unha tormenta de neve, dúas historias divertidas, unha idea para un concurso de televisión, a película Shrek 2, unha obra de teatro nun colexio, distintas profesións, etc).

Comprender a información global e a específica de mensaxes orais emitidas directamente polo profesor/a e polos compañeiros/as relativas a situacións habituais de comunicación, tales como instrucións para a realización de actividades na aula, e aos temas incluídos neste nivel.

Estruturar ou poñer en orde a información emitida na mensaxe oral.

Identificar significados apoiándose en claves non lingüísticas (o ton de voz, as ilustracións, os coñecementos previos sobre o tema, o contexto, etc.).

2º- Expresarse e interactuar oralmente en situacións habituais de comunicación de forma comprensíbel, adecuada e con certo nivel de autonomía.

Capacidades:

Interaccionar significativamente, de modo bastante controlado, cos compañeiros/as e co profesor/a para saudar, presentarse de xeito formal e informal, expresar gustos e preferencias, falar de rutinas diarias, comprar un billete, describir accións en curso, falar do tempo atmosférico, falar de feitos pasados, expresar habilidade, obriga e prohibición, pedir e dar permiso e consello, etc., e sobre os temas incluídos neste nivel..

Practicar patróns fonolóxicos para mellorar a pronuncia (das terminacións verbais en presente e pasado, de sons consonánticos e vocálicos difíciles, das formas contraídas e dalgunhas formas débiles), o ritmo, a entoación e a acentuación de palabras.

16

Page 17: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Identificar estratexias lingüísticas e non lingüísticas (expresarse e demostrar comprensión por medio de actos non verbais, pedir que repitan, pedir aclaracións, etc.) para evitar que se interrompa a comunicación.

Identificar a funcionalidade da mensaxe oral (expresar gustos e preferencias, falar de rutinas diarias, comprar un billete, describir accións en curso, falar do tempo atmosférico, falar de feitos pasados, expresar habilidade, obriga e prohibición, pedir e dar permiso e consello, dar opinións, describir persoas, facer plans, facer suxestións, describir lugares e cousas, facer predicións, expresar condicións, etc.).

Verificar afirmacións sobre a mensaxe oral e o seu contido.

Organizar a mensaxe oral de xeito coherente a través das tarefas e da reflexión (a orde suxeito-verbo, o lugar dos adxectivos na oración, as conxuncións).

Producir mensaxes orais en relación directa co profesor/a e cos compañeiros/as, expresando a intencionalidade comunicativa que requira a situación, referentes ao funcionamento da clase, saúdos e presentacións, intercambio de información persoal, gustos e preferencias, descricións de persoas, expresión de hábitos, habilidades, obrigas e prohibicións, o tempo atmosférico, o pasado, plans futuros, etc.

Utilizar o vocabulario e as estruturas adecuadas á intención comunicativa das mensaxes orais (os pronomes persoais suxeito, to be en presente, as partículas interrogativas, have got, os plurais irregulares, o Present Simple, as expresións temporais, os adverbios de frecuencia, o Present Continuous, os artigos e os cuantificadores, o Past Simple, there was / there were, o Past Continuous, os modais: can, could, must e should, o comparativo e o superlativo dos adxectivos, be going to, will, o Present Continuous con valor de futuro e o primeiro condicional).

Participar en actividades de grupo e en parellas respectando os compañeiros/as e colaborando con todos os integrantes da clase.

3º- Ler e comprender textos diversos dun nivel adecuado ás capacidades e intereses do alumnado co fin de extraer información xeral e específica, e utilizar a lectura como fonte de pracer e de enriquecemento persoal.

Capacidades:

Comprender a información global e a específica de mensaxes escritas en inglés, relativas a situacións habituais de comunicación: historias ilustradas con fotografías, diálogos, un diario, unha historieta en forma de cómic, unha crítica de cine, un anuncio, artigos de revistas e de xornais, unha postal, letras de cancións, e textos breves sobre distintos temas.

Inferir polo contexto, o apoio visual e os coñecementos culturais, o significado das palabras de textos sobre temas e situacións de comunicación familiares.

Asociar información con imaxes e/ou personaxes.

Desenvolver estratexias adecuadas de lectura extensiva e intensiva:

17

Page 18: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

- Identificar palabras e informacións relevantes a través da reflexión, para utilizar o dicionario de forma correcta e non abusiva.

- Predicir información e significados a partir do contexto, do apoio visual, dos títulos e dos coñecementos culturais previos que se teñan sobre o tema, para facilitar a comprensión lectora.

- Recorrer a fontes de información: dicionarios, glosarios, enciclopedias, explicacións gramaticais.

- Identificar a funcionalidade e a intencionalidade do texto escrito. - Identificar información específica facendo unha lectura selectiva (scanning). - Identificar a idea principal do texto sen necesidade de lelo completo. - Identificar o tema dun texto coa axuda das ilustracións que o acompañan.

Relacionar o tema da lectura con outras disciplinas, coas experiencias persoais e coa propia cultura.

Obter información específica da lectura seguindo unha tarefa determinada.

Mostrar unha actitude positiva e de curiosidade cara á lectura.

Reflexionar de xeito crítico sobre o tema da lectura.

4º- Escribir textos sinxelos con finalidades diversas sobre distintos temas, utilizando recursos adecuados de cohesión e de coherencia.

Capacidades:

Identificar a funcionalidade da mensaxe escrita (dar información persoal sobre os seus hábitos, narrar unha historia, expresar o que fixeron a semana pasada, describir o que teñen pensado facer, describir uns actores famosos, anunciar o que lles gustaría facer nun futuro, etc.).

Organizar a mensaxe escrita de xeito coherente a través das tarefas e da reflexión (o uso das maiúsculas, os signos de puntuación, a orde suxeito-verbo, as conxuncións, os conectores de secuencia, o lugar dos adxectivos na oración e os pronomes).

Utilizar o vocabulario e as estruturas adecuadas á intención comunicativa das mensaxes escritas (os pronomes persoais suxeito, to be en presente, as partículas interrogativas, have got, os plurais irregulares, o Present Simple, as expresións temporais, os adverbios de frecuencia, o Present Continuous, os artigos e os cuantificadores, o Past Simple, there was / there were, o Past Continuous, os modais: can, could, must e should, o comparativo e o superlativo dos adxectivos, be going to, will, o Present Continuous con valor de futuro e o primeiro condicional.

5º- Utilizar con corrección os compoñentes fonéticos, léxicos, estruturais e funcionais básicos da lingua estranxeira en contextos reais de comunicación.

Capacidades:

Identificar estratexias comunicativas lingüísticas e non lingüísticas (uso do apoio visual e dos coñecementos culturais para expresar e inferir significados, repetición de patróns sintácticos e fonolóxicos, etc.) para evitar que se

18

Page 19: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

interrompa a comunicación, reflexionando a través das diversas tarefas e contrastando coa propia lingua materna.

Practicar patróns fonolóxicos para mellorar a pronuncia e a entoación.

Recoñecer os esquemas de entoación correspondentes ás distintas funcións comunicativas e intentar utilizar os específicos das situacións de comunicación incluídas no apartado de contidos correspondentes a este nivel.

6º- Desenvolver a autonomía na aprendizaxe, reflexionar sobre os propios procesos de aprendizaxe, e transferir á lingua estranxeira coñecementos e estratexias de comunicación adquiridas noutras linguas.

Capacidades:

Planificar o tempo dedicado á materia fóra da clase.

Avaliar se o tempo dedicado foi suficiente e frutífero.

Organizar o seu propio caderno da materia incluíndo partes ben diferenciadas de: tarefas, vocabulario, autoavaliación, etc.

Completar o apartado Check Yourself! na sección Grammar Round Up ao final do Student’s Book e a sección Self-Evaluation do Workbook, e reflexionar sobre os propios logros e fracasos.

Identificar os contrastes entre a L1 e a L2 (en aspectos como as regras de puntuación, o uso das maiúsculas, os nomes contábeis e non contábeis, a colocación das palabras na oración, os tempos verbais e demais puntos gramaticais pertencentes a este nivel) e reflexionar sobre os mesmos para convertelos en estratexias de aprendizaxe autónoma.

7º- Utilizar estratexias de aprendizaxe e todos os medios ao seu alcance, incluídas as tecnoloxías da información e da comunicación, para obter, seleccionar e presentar información oralmente e por escrito.

Capacidades:

Organizar o vocabulario construíndo redes léxicas e mapas semánticos ou utilizando estratexias propias, sempre que sexan produtivas para a aprendizaxe: clasificacións léxicas, sintácticas e fonolóxicas; percepcións subxectivas; palabras que habitualmente van xuntas (adxectivos e nomes, preposicións e nomes, etc.).

Desenvolver as seguintes estratexias de aprendizaxe autónoma: - Utilizar os coñecementos previos. - Utilizar o apoio visual para mellorar a comprensión e a expresión oral e escrita.

- Utilizar o contexto para inferir significados e intencións comunicativas. - Utilizar correctamente o dicionario. - Seguir o proceso adecuado na realización da audición. - Atención selectiva para obter información específica dun texto oral ou escrito.

19

Page 20: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

- Recorrer ás fontes de información adecuadas: dicionarios, enciclopedias, explicacións gramaticais, glosarios, Internet, etc.

- Crear asociacións funcionais. - Transferir conceptos de comprensión oral a expresión oral e viceversa. - Deducir e inducir regras. - Repetición de sons, palabras e oracións. - Repetición significativa de discursos contextualizados preestabelecidos. - Transferir conceptos de comprensión escrita a expresión escrita e viceversa. - Transferir os contidos estudados ás producións propias. - Utilizar e organizar os recursos e os materiais didácticos para mellorar a produción propia (caderno, resumos, agrupacións léxicas, tests, etc.).

- Utilizar a autocorrección. - Utilizar a autoavaliación para recoñecer a fase de aprendizaxe do momento e planificar as necesidades de mellora.

- Interrelacionar os coñecementos propios doutras áreas nas prácticas de aprendizaxe do idioma.

8º- Apreciar a lingua estranxeira como instrumento de acceso á información e como ferramenta de aprendizaxe de contidos diversos.

Capacidades:

Recoñecer estruturas e tipos de texto para poder transferilos ás producións propias (estruturas gramaticais e funcionais, descricións, correos electrónicos, eixes cronolóxicos, etc.).

Identificar as categorías gramaticais e os seus trazos lingüísticos para facilitar a comprensión dos textos: os determinantes e os cuantificadores; o nome (contábeis e non contábeis, os plurais irregulares); o adxectivo (o seu lugar na oración, o comparativo e o superlativo); o pronome (persoais suxeito e interrogativos); o verbo (to be, have got, o Present Simple, o Present Continuous, o Past Simple, o Past Continuous, be going to, will e o Present Continuous con valor de futuro, os verbos modais (can / can’t, could / couldn´t, should / shouldn´t, must / musn’t); as preposicións de tempo, a conxunción (copulativas, adversativas, causais e consecutivas) e os conectores de secuencia.

Aplicar técnicas para inferir significados e tempos verbais adecuados a través do contexto, do apoio visual e dos coñecementos culturais.

9º- Valorar a lingua estranxeira e as linguas en xeral, como medio de comunicación e de entendemento entre persoas de procedencias, linguas e culturas diversas, evitando calquera tipo de discriminación e de estereotipos lingüísticos e culturais.

Capacidades:

Reflexionar sobre a capacidade persoal de relacionarse con persoas de distintos países grazas ao inglés.

Identificar estilos de vida de diferentes países e valorar a riqueza cultural que supoñen.

20

Page 21: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Mostrar unha actitude de respecto ante a cultura anglosaxona.

Identificar as normas de cortesía propias da comunicación en inglés.

Valorar e respectar culturas e formas de vida diferentes á propia, favorecendo a tolerancia e a convivencia.

Recoñecer a influencia dunhas linguas sobre outras: herdanzas lingüísticas, préstamos, a linguaxe científica, etc.

10º- Manifestar unha actitude receptiva e de autoconfianza na capacidade de aprendizaxe e no uso da lingua estranxeira.

Capacidades:

Reflexionar sobre a finalidade da aprendizaxe do inglés.

Fixar obxectivos persoais para a adquisición da lingua.

Mostrar unha actitude positiva ante a aprendizaxe.

21

Page 22: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

5. Contidos do segundo curso da ESO

Segundo a lexislación vixente, e para favorecer unha maior claridade ao ler este proxecto curricular, presentamos de forma individualizada os contidos de English for You! ESO 2, á parte da secuencia dos obxectivos xerais de área, que incluímos no apartado 4, e dos criterios de avaliación especificados en cada unidade.

Os contidos preséntanse agrupados en bloques, en relación a tres eixes que posúen características e necesidades específicas en canto ao proceso de ensino e de aprendizaxe:

. as habilidades lingüísticas bloque 1: Escoitar, falar e conversar bloque 2: Ler e escribir

. os elementos constitutivos do sistema lingüístico, o seu funcionamento e relacións bloque 3: Coñecemento da lingua

. a dimensión social e cultural da lingua estranxeira bloque 4: Aspectos socioculturais e conciencia intercultural

Bloque 1: Escoitar, falar e conversar

Nesta etapa dáselle unha importancia relevante á comunicación oral, por iso o primeiro bloque céntrase en potenciar no alumnado a capacidade para interactuar nestas situacións, e incídese na importancia de que o modelo lingüístico de referencia oral proveña dun variado número de falantes, co fin de recoller as variacións e os matices. De aí a forte presenza no currículo do uso dos medios audiovisuais convencionais e das tecnoloxías da información e da comunicación.

Bloque 2: Ler e escribir

Este bloque incorpora tamén os procedementos necesarios para desenvolver a competencia discursiva no uso escrito.

Bloque 3: Coñecemento da lingua

Permite a elaboración dun sistema conceptual cada vez máis complexo acerca do funcionamento da lingua, a través da observación das manifestacións orais e escritas da lingua que se está aprendendo e do seu uso en situacións de comunicación. O punto de partida serán as situacións de uso que favorezan a inferencia de regras de funcionamento da lingua que lle permitan ao alumno/a estabelecer cales elementos da lingua estranxeira se comportan coma nas linguas que coñece e que estratexias lle servirán para progresar na súa aprendizaxe, co fin de adquirir confianza nas súas propias capacidades.

Bloque 4: Aspectos socioculturais e conciencia intercultural

Os contidos deste bloque contribúen a que o alumnado coñeza costumes, formas de relación social, trazos e particularidades dos países nos que se fala a lingua estranxeira.

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

22

Page 23: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

- Audición e comprensión de mensaxes emitidas dentro da aula, relacionadas coas actividades habituais: instrucións, preguntas, comentarios, diálogos.

- Obtención de información xeral e específica de textos orais sobre a invitación a unha festa, unha foto de Mozambique, a entrevista a un veterinario dun zoo, unha tormenta de neve, dúas historias divertidas, unha idea para un concurso de televisión, a película Shrek 2, unha obra de teatro nun colexio, distintas profesións, etc., con apoio de elementos verbais e non verbais.

- Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación; identificación de palabras clave.

- Produción de textos orais breves e coherentes sobre temas de interese persoal, cunha pronuncia adecuada.

- Participación en conversacións e simulacións dentro da aula, relacionadas coa intencionalidade comunicativa que requira a situación, referentes a: o funcionamento da clase, as actividades de tempo libre que prefiren, as súas rutinas, a descrición das situacións dadas, os animais que prefiren, o que fixeron onte e a semana pasada, a descrición de fotografías, os seus programas de humor favoritos, as súas habilidades, a súa opinión sobre distintas profesións, a comparación de persoas e de cousas, o que lles dá medo, os seus plans, soños e aspiracións, etc., empregando unha pronuncia e entoación adecuadas para lograr a comunicación.

- Emprego de respostas adecuadas en situacións de comunicación na aula. - Aplicación de estratexias de comunicación para superar as interrupcións na

comunicación e para iniciar e concluír intercambios comunicativos.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

- Anticipación do contido antes e durante a lectura de textos sinxelos. - Comprensión da información xeral e específica en diferentes textos, en soporte

papel e dixital, auténticos e adaptados, sobre a rutina dun rapaz inglés, a novela Os tres mosqueteiros, os medios de transporte para ir ao colexio en distintos países, os internados, os animais e a súa contribución ao servizo da espionaxe, desastres naturais, experiencias cómicas e embarazosas, programas de televisión, as escaladas ao Everest, o pintor Leonardo Da Vinci e a súa obra máis famosa, a moda ao longo da historia, os parques temáticos, monstros, soños e aspiracións, a tecnoloxía aplicada aos soños, etc.

- Iniciativa para ler de forma autónoma textos de certa extensión, tales como historias ilustradas con fotografías, diálogos, un diario, unha historieta en forma de cómic, unha crítica de cine, un anuncio, artigos de revistas e de xornais, unha postal, letras de cancións, etc.

- Uso de estratexias de comprensión lectora: identificación do tema dun texto, con axuda de elementos textuais e non textuais; utilización dos coñecementos previos sobre o tema; inferencia de significados polo contexto, por elementos visuais, por comparación de palabras ou de frases similares nas linguas que coñecen.

- Recoñecemento e iniciación no uso dalgunhas fórmulas que diferencian a linguaxe formal e informal nas comunicacións escritas.

- Composición de distintos textos, con axuda de modelos, dando información persoal e sobre outras persoas, escribindo unha historia a partir dunhas ilustracións, expresando o que fixeron a semana pasada, indicando plans, describindo dúas persoas, expresando o que lles gustaría facer no futuro, etc. Utilizaranse elementos básicos de cohesión e estratexias elementais no proceso de composición escrita (planificación, textualización e revisión).

23

Page 24: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

- Comunicación persoal con falantes da lingua estranxeira a través de correspondencia postal ou utilizando medios informáticos.

- Uso das maiúsculas, os signos de puntuación, a orde suxeito-verbo, o lugar dos adxectivos na oración, as conxuncións, os conectores de secuencia, os pronomes, o repaso dos textos redactados, e valoración da súa importancia nas comunicacións escritas.

- Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos - Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua:

verb, affirmative, negative, interrogative, short answers, ordinal numbers, irregular plurals, classroom language, Present Simple, spelling rules, adverbs of frecuency, time expressions, question words, capital letters, Present Continuous, articles, quantifiers, punctuation, Past Simple, subject, verb, word order, Past Simple, linking words, modal verbs, connectors of sequence, comparative adjectives, long adjectives, short adjectives, irregular adjectives, be going to, Present Continuous with future meaning, pronouns, future, first conditional.

Léxico / Vocabulario - Relacionado cos temas tratados: : as preposicións de lugar, a familia, os móbeis,

os números ordinais, actividades de tempo libre, medios de transporte, o tempo atmosférico, animais, adxectivos cualificativos, desastres naturais, medios de comunicación, o humor, partes do corpo, espazos naturais, verbos relacionados coa supervivencia, as profesións, o medo, cousas da casa e predicións, etc.

- Fórmulas e expresións correspondentes ás funcións e aos temas tratados no curso.

- Palabras e expresións útiles e equivalencia na súa propia lingua.

Estrutura e funcións da lingua - Saúdos e presentacións formais e informais. A linguaxe da clase. To be; have got; os plurais irregulares; there is / there are (unidade de introdución). - Intercambio de información persoal. Expresión de gustos. Fórmulas para falar

das súas rutinas diarias. O Present Simple e as expresións temporais que o acompañan; os adverbios de frecuencia; as partículas interrogativas; as maiúsculas (unidade 1).

- Fórmulas para comprar un billete. Descrición de accións en curso. O Present Continuous e as expresións temporais que o acompañan; os artigos e os cuantificadores; o uso dos signos de puntuación (unidade 2).

- Expresión do pasado. O Past Simple en afirmativa e as expresións temporais que o acompañan; there was / there were; a orde do suxeito e do verbo na oración (unidade 3).

- Indicación do tempo atmosférico. Narración de feitos pasados. O Past Simple en negativa e interrogativa; as conxuncións and, but e because (unidade 4).

- Expresión de feitos pasados e de preferencias. O Past Continuous e as expresións temporais que o acompañan; a conxunción so (unidade 5).

- Expresión de habilidade. Fórmulas para pedir e dar permiso. Expresión de obriga e prohibición. Fórmulas para dar consello. Os modais: can / can’t, could /

24

Page 25: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

couldn’t, must / mustn’t e should / shouldn’t; os conectores de secuencia: first, then, next, after that, finally (unidade 6).

- Expresión de opinións. Descrición de persoas. O comparativo; a orde dos adxectivos na oración (unidade 7).

- Indicación de plans. Fórmulas para facer suxestións. Descrición de lugares e de cousas. O futuro con be going to, o Present Continuous con valor de futuro e as expresións temporais que o acompañan; o uso dos pronomes e dos adxectivos posesivos (unidade 8).

- Expresión de predicións e condicións; o futuro con will; repaso do escrito para detectar erros (unidade 9).

- Aceptación dos erros propios como algo natural sobre o que reflexionar para avanzar no proceso de aprendizaxe, a través de todas as actividades de autocorrección do texto (comprobacións mediante actividades de audición) e dos cadros Check Yourself! na sección Grammar Round Up de cada unidade do Student’s Book e da sección Self-Evaluation ao final de cada unidade no Workbook.

Fonética - Pronuncia de sons vocálicos e consonánticos de especial dificultade: (unidades

1, 2, 3 e 4). - Pronuncia das formas débiles de was e were (unidade 5). - Pronuncia das formas contraídas can’t, couldn’t, mustn’t e shouldn’t

(unidade 6). - Pronuncia da forma débil de can (unidade 6). - A entoación de oracións simples (unidades 6 e 8). - A acentuación das palabras (unidade 7). - O ritmo (unidade 8). - Pronuncia das formas contraídas ‘ll e won’t (unidade 9). - A entoación de oracións compostas (unidade 9).

Reflexión sobre a aprendizaxe: - Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico. - Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta,

bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. - Reflexión sobre o uso e o significado das formas gramaticais adecuadas a

distintas intencións comunicativas. - Participación en actividades de avaliación compartida, na avaliación da propia

aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección a través da sección Check Yourself! do Student´s Book e Self-Evaluation no Workbook.

- Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. - Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da

aula e fóra dela. - Participación activa en tarefas e traballos de grupo. - Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

- Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación internacional.

Cada lingua leva aparellados uns patróns de comportamento culturais e lingüísticos e nós incluímolos de forma implícita en cada situación de

25

Page 26: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

comunicación tanto oral coma escrita. Deste xeito os patróns que o alumnado ha de producir seguirán os modelos que foron presentados.

- Identificación e respecto ante os costumes e trazos da vida cotiá propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira.

Potenciamos no alumnado a capacidade de recoñecer os costumes e os trazos da vida cotiá presentados de forma explícita ou implícita nos textos, tales como as presentacións e os saúdos, a marca de chocolate preferida entre os estadounidenses, o uso da tecnoloxía entre a xuventude, modos de chegar aos colexios na India e en Alaska, internados británicos, a relación das persoas coas súas mascotas, os furacáns en EE.UU., comedias famosas, o papel dos pallasos nos hospitais, a reciclaxe e o coidado do medio ambiente, as normas dalgúns lugares públicos, experiencias dalgunhas persoas ao subir ao Everest, a evolución da moda ao longo dos anos, un parque temático en París e dous museos famosos en Londres, as funcións escolares, etc.

Nos cadros fact 4U! involucramos continuamente ao alumnado en situacións de comunicación significativas, tanto orais coma escritas, nas que a reflexión sobre diversos aspectos socioculturais é continua.

- Ampliación de fórmulas de cortesía adecuadas nos intercambios sociais.

Nas mensaxes orais e escritas diferéncianse estes dous usos ao incluír neles vocabulario e expresións que usa a xuventude de hoxe en día.

A través dos contidos socioculturais preténdese potenciar no alumnado a capacidade de usar rexistros, variedades, fórmulas e estilos adecuados en consonancia coas seguintes situacións de comunicación e funcións lingüísticas: presentarse de xeito formal e informal, expresar gustos e preferencias, falar de rutinas diarias, comprar un billete, describir accións en curso, falar do tempo atmosférico, falar de feitos pasados, expresar habilidade, obriga e prohibición, pedir e dar permiso e consello, dar opinións, describir persoas, facer plans, facer suxestións, describir lugares e cousas, facer predicións, expresar condicións, etc.

- Coñecemento de acontecementos culturais diversos de tipo histórico, aspectos xeográficos ou literarios, obtendo a información por diferentes medios, entre eles Internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación.

Trabállanse trazos históricos e xeográficos de países de fala inglesa, tales como información sobre os distintos internados do Reino Unido; datos interesantes sobre a India; a evolución da moda ao longo da historia; os desastres naturais, entre eles o furacán Katrina; animais en Australia; museos en Londres, etc.

Estes coñecementos desenvólvense a través dos diferentes tipos de mensaxes escritas tales como historias ilustradas con fotografías, diálogos, un diario, unha historieta en forma de cómic, unha crítica de cine, un anuncio, artigos de revistas e de xornais, unha postal, letras de cancións, etc.

Neste punto pretendemos que o alumnado desenvolva a capacidade de utilizar Internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta de aprendizaxe en calquera contexto, dentro e fóra da aula, para ampliar os seus coñecementos sobre os países de fala de inglesa.

26

Page 27: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

- Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes ou aprendices da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais.

Este interese fomentámolo a través de actividades guiadas, tanto orais coma escritas, co fin de lograr que o alumnado poida alcanzar certa autonomía para comunicarse con outras persoas en inglés, tanto dentro coma fóra da aula.

- Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Neste punto preténdese que desenvolvan a capacidade de: mostrar aprecio polas visións culturais distintas á propia presentadas nas unidades; mostrar respecto polos valores e comportamentos dos que se ten noticia a través da lectura e da audición.

O contacto con adolescentes doutras culturas como a inglesa, -os seus diferentes hábitos, os colexios onde estudan, o uso que lle dan aos seus móbiles, a súa relación cos animais, etc.-, enriquece a visión que o noso alumnado ten do mundo que os rodea, e permítelles ampliar fronteiras comparando as súas propias experiencias coas da mocidade noutros países.

27

Page 28: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Obxectivos xerais da área de inglés

Os dez obxectivos da área de inglés desenvolvéronse en todas as unidades, e vense reflectidos nos contidos e nos criterios de avaliación descritos a continuación.

UNIDADE DE INTRODUCIÓN: Nice to Meet You!

Obxectivos de aprendizaxe

Ler de forma comprensiva e autónoma varias presentacións. Presentarse a si mesmos e aos demais. Utilizar correctamente os verbos to be e have got en presente, os plurais

irregulares e as formas there is / there are. Familiarizarse coa linguaxe que se utiliza na clase. Pronunciar correctamente os números ordinais. Escoitar de forma comprensiva varias frases. Escribir na súa propia lingua as instrucións de exercicios.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

Audición e comprensión de mensaxes emitidas dentro da aula, relacionadas coas actividades habituais.

Audición e comprensión de frases útiles para a clase de inglés. Obtención de información xeral e específica de textos orais sobre presentacións

formais e informais e sobre a linguaxe da clase, con apoio de elementos verbais e non verbais.

Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave.

Participación en conversacións con varios compañeiros/as facendo presentacións formais e informais a partir dun modelo, cambiando as palabras coloreadas, con pronuncia e entoación adecuadas para lograr a comunicación.

Emprego de respostas adecuadas en situacións de comunicación na aula. Aplicación de estratexias de comunicación para superar as interrupcións na

comunicación e para iniciar e concluír intercambios comunicativos.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

Anticipación do contido antes e durante a lectura de textos sinxelos. Comprensión da información xeral e específica de varias frases útiles para

empregar na clase, co fin de relacionalas coas ilustracións correspondentes e de traducilas á súa lingua.

Uso de estratexias de comprensión lectora: identificación do tema dun texto, con axuda de elementos textuais e non textuais; utilización dos coñecementos previos sobre o tema; inferencia de significados polo contexto, por elementos visuais e por comparación de palabras ou frases similares nas linguas que coñecen.

28

Page 29: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Recoñecemento e iniciación no uso dalgunhas fórmulas que diferencian a linguaxe formal e a informal nas comunicacións escritas e orais.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: verb, affirmative, negative, interrogative, short answers, ordinal numbers, irregular plurals, classroom language.

Léxico / Vocabulario As preposicións de lugar. A familia. O mobiliario. Os números ordinais. A linguaxe da clase. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe autónoma

adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua Presentarse formal e informalmente. Pedir e dar información persoal: to be e

have got (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves). Describir cousas e lugares: os plurais irregulares e as formas there is / there

are (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves). Inducir regras gramaticais a partir da observación. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos.

Fonética A pronuncia dos números ordinais.

Reflexión sobre a aprendizaxe:

Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico. Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta,

bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. Reflexión sobre o uso e o significado das formas gramaticais adecuadas a

distintas intencións comunicativas. Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na

aprendizaxe. Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto

da aula e fóra dela. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Identificación e respecto ante os costumes e trazos da vida cotiá, que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira:

- As presentacións, formais e informais, e os saúdos. Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de

comunicación internacional. Ampliación de fórmulas de cortesía adecuadas nos intercambios sociais.

29

Page 30: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e informacións específicas de textos orais sobre uns adolescentes que se presentan e se saúdan.

2. Participar con progresiva autonomía en conversacións e simulacións relativas ás presentacións e aos saúdos, empregando estruturas sinxelas, as expresións máis usuais de relación social e unha pronuncia adecuada para lograr a comunicación.

3. Comprender a información xeral e a específica dalgunhas frases, demostrando a comprensión a través dunha actividade específica.

5. Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, tales como o uso do verbo to be, have got, os plurais irregulares, as estruturas there is / there are e a pronuncia dos números ordinais, en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas.

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente algunhas estratexias básicas utilizadas para progresar na aprendizaxe, tales como as formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico, etc.

8. Identificar aspectos sociais propios dos países onde se fala a lingua estranxeira no referente ás presentacións e aos saúdos, mostrando interese por coñecelos.

Competencias básicas (temas transversais) Competencia en comunicación lingüística:

Uso da lingua inglesa: - Saudar e presentarse. - Comprender instrucións.

Competencia social e cidadá (educación moral e cívica): - Interese por coñecer outros mozos da súa idade. - Coñecemento das formas de presentación, formal e informal, e de saúdo en inglés para utilizar en situacións de comunicación adecuadas.

- Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula.

Autonomía e iniciativa persoal (educación para a paz): - Respecto das quendas para tomar a palabra e das rutinas da clase. - Importancia dunha actitude respectuosa co profesor/a e cos compañeiros/as da clase.

- Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios

30

Page 31: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Lingua e literatura: - Os verbos to be e have got en afirmativa, negativa e interrogativa. - Os plurais irregulares. - As estruturas there is / there are en afirmativa, negativa e interrogativa.

Matemáticas: - Os números ordinais.

Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - As relacións humanas.

31

Page 32: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

UNIDADE 1: Free Time

Obxectivos de aprendizaxe

Ler de forma comprensiva e autónoma unha historia ilustrada con fotografías, un texto breve sobre dous amigos e unha historieta baseada nunha obra literaria famosa.

Intercambiar información persoal, expresar gustos e preferencias e falar sobre rutinas diarias.

Utilizar correctamente o Present Simple e as partículas interrogativas. Identificar e pronunciar correctamente a terminación dos verbos na 3ª persoa do

singular do presente. Escoitar de forma comprensiva unha conversación entre tres rapaces. Escribir un parágrafo sobre as súas rutinas diarias, prestando atención ao uso

das maiúsculas.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

Audición e comprensión de mensaxes emitidas dentro da aula, relacionadas coas actividades habituais.

Obtención de información xeral e específica dunha conversación entre un mozo e unha moza sobre a invitación a unha festa, para contestar unha pregunta de comprensión e elixir as respostas correctas, con apoio de elementos verbais e non verbais.

Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave.

Produción de textos orais curtos sobre as actividades que realizan cos seus amigos/as no seu tempo libre, empregando unha pronuncia adecuada.

Participación en conversacións co compañeiro/a para intercambiar información persoal ao presentarse e falar dos seus hábitos e dos doutra xente, con pronuncia e entoación adecuadas para lograr a comunicación.

Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade para relacionalo coas ilustracións correspondentes.

Uso do modelo de diálogo proposto para interactuar co compañeiro/a e crear un novo modelo, cambiando as palabras coloreadas e empregando unha pronuncia adecuada.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

Anticipación do contido, antes e durante a lectura, dunha historia ilustrada con fotografías.

Comprensión da información xeral e específica de textos escritos, ou audición dos mesmos, para contestar preguntas de comprensión.

Iniciativa para ler de forma autónoma textos de certa extensión. Uso de estratexias de comprensión lectora: identificación do tema dun texto,

con axuda de elementos textuais e non textuais; utilización dos coñecementos previos sobre o tema; inferencia de significados polo contexto, por elementos visuais e por comparación de frases similares nas linguas que coñecen.

32

Page 33: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Composición dun texto breve sobre as súas rutinas a partir dun modelo e seguindo o esquema elaborado.

Uso das maiúsculas para corrixir as frases dadas e valoración da súa importancia nas comunicacións escritas.

Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital.

No Workbook e en Word Games 4U!: Un ditado para consolidar o vocabulario da unidade. Práctica e consolidación da gramática nun exercicio de corrección de erros (Be

the Teacher!). Tradución escrita á lingua propia dunhas frases en inglés. Obtención de información específica sobre o actor Orlando Bloom, para

contestar unha pregunta e completar unha ficha persoal (Star Fact 4U). A sección Self-Evaluation. As páxinas Check Your Progress.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: Present Simple,

affirmative, negative, interrogative, short answers, spelling rules, adverbs of frequency, time expressions, question words, capital letters.

Léxico / Vocabulario Actividades habituais e afeccións. Palabras e expresións útiles e a equivalencia na súa propia lingua. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe autónoma

adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua Pedir e dar información persoal sobre os seus hábitos e rutinas: o Present

Simple (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); os adverbios de frecuencia; as expresións temporais; as partículas interrogativas (Why?, What?, Where?, When?, Who? e How often?)

Expresar gustos e preferencias: love, like, don’t mind, dislike, hate. Reflexionar sobre o uso das maiúsculas. Inducir regras gramaticais a partir da observación. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos.

Fonética A pronuncia dos sons /s/, /z/ e /iz/.

Reflexión sobre a aprendizaxe:

Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico. Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta,

bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. Participación en actividades de avaliación compartida, na avaliación da propia

aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección. Participación activa en actividades e traballos de grupo. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito.

33

Page 34: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Identificación e respecto ante os costumes e trazos da vida cotiá, que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira:

- As rutinas e as actividades de lecer. - Os gustos e preferencias. - A marca de chocolate preferida entre os estadounidenses. - O uso das tecnoloxías de comunicación entre a xuventude.

Coñecemento de acontecementos culturais franceses de tipo histórico literario, obtendo a información a través da novela Os tres mosqueteiros.

Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación internacional.

Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes ou aprendices da lingua estranxeira, utilizando os correos electrónicos, chamadas telefónicas, mensaxes curtas, etc.

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e informacións específicas dun texto oral sobre uns mozos que van asistir a unha festa.

2. Participar con progresiva autonomía en conversacións e simulacións relativas ás afeccións e actividades habituais, empregando estruturas sinxelas, as expresións máis usuais de relación social e unha pronuncia adecuada para lograr a comunicación.

3. Comprender a información xeral e a específica de diferentes textos escritos sobre as actividades de tempo libre e os hábitos dalgúns rapaces, e sobre as aventuras que ocorren na novela Os tres mosqueteiros, demostrando a comprensión a través dunha actividade específica.

4. Redactar de forma guiada un texto breve con información persoal sobre as súas rutinas, prestando atención ao uso das maiúsculas e mantendo unha presentación clara, limpa e ordenada.

5. Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, tales como o uso do Present Simple e das partículas interrogativas, en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas.

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente algunhas estratexias básicas utilizadas para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar os seus progresos, a reflexión sobre a propia aprendizaxe, a participación na avaliación da propia aprendizaxe, o uso dalgúns mecanismos de autocorrección, o uso correcto do dicionario, etc.

7. Usar de forma guiada as tecnoloxías da información e da comunicación (Internet, teléfonos móbiles) para estabelecer relacións persoais, mostrando interese polo seu uso.

34

Page 35: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

8. Identificar aspectos sociais, culturais, históricos e literarios propios doutros países no referente ás actividades de tempo libre dos adolescentes, a unha novela francesa e a un produto de chocolate de EEUU, mostrando interese por coñecelos.

Competencias básicas (temas transversais) Competencia en comunicación lingüística:

Uso da lingua inglesa: - Pedir e dar información. - Expresar gustos e preferencias.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico (educación para a saúde):

- A importancia de facer exercicio físico. - Os sabores da barra de chocolate 3 Musketeers.

Competencia social e cidadá (educación moral e cívica, educación sobre Europa, Educación para a paz ):

- Respecto polos gustos dos demais. - Interese por saber que actividades realiza a xente. - A época do rei francés Luís XIII e dos mosqueteiros. - Curiosidade e respecto polas opinións doutros adolescentes. - Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula.

Competencia no tratamento da información e da comunicación dixital: - O uso das tecnoloxías da comunicación no ámbito escolar e laboral.

Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e ser consciente das propias capacidades e coñecementos a través das seccións Be the Teacher!, Check Your Progress e Self-Evaluation, no Workbook .

Autonomía e iniciativa persoal: - Uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais, a partir de modelos dados.

- Capacidade organizativa á hora de presentar un traballo escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios Educación física:

- As actividades recreativas ou deportivas para conseguir un maior benestar.

- Os ximnasios, un lugar para facer exercicio e coñecer xente.

Lingua e literatura: - Verbos que expresan gustos e preferencias. - O Present Simple en afirmativa, negativa e interrogativa. - As expresións temporais. - Os adverbios de frecuencia. - As partículas interrogativas. - O uso das maiúsculas. - Unha historieta baseada no libro Os tres mosqueteiros.

35

Page 36: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

- Tradución inglés-lingua propia (no Workbook ).

Ciencias sociais, xeografía e historia: - Referencias aos gardiáns da corte do rei Luís XIII.

Tecnoloxías: - As mensaxes de texto a través dos móbiles e de Internet (chats) como medios de comunicación habituais entre a mocidade.

- O uso do ordenador nos postos de traballo.

Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - As relacións interpersoais no ámbito escolar. - Sensibilización dos alumnos/as para que axuden á integración de novos compañeiros/as.

36

Page 37: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

UNIDADE 2: Getting There

Obxectivos de aprendizaxe

Ler de forma comprensiva e autónoma unha historia ilustrada con fotografías e textos breves sobre adolescentes de dous países diferentes e sobre Harry Potter.

Comprar un billete. Describir accións que teñen lugar no momento de falar. Utilizar correctamente o Present Continuous, e os artigos e cuantificadores. Identificar e pronunciar correctamente os sons /b/ e /v/. Escoitar de forma comprensiva a descrición dunha foto. Escribir un parágrafo sobre a vida dun mozo, prestando atención aos signos de

puntuación.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

Audición e comprensión de mensaxes emitidas dentro da aula, relacionadas coas actividades habituais.

Obtención de información xeral e específica da descrición dunha foto de Mozambique, para contestar unha pregunta de comprensión e identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas, con apoio de elementos verbais e non verbais.

Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave.

Participación en conversacións co compañeiro/a para falar do transporte que utilizan normalmente para ir ao colexio, para simular que compran un billete de autobús e para describir accións en progreso que están tendo lugar na súa clase e nun debuxo, con pronuncia e entoación adecuadas para lograr a comunicación.

Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade para relacionalo coas fotografías correspondentes, e para clasificalo correctamente.

Uso do modelo de diálogo proposto para interactuar co compañeiro/a e crear un novo modelo, cambiando as palabras coloreadas e empregando unha pronuncia adecuada.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

Anticipación do contido, antes e durante a lectura, dunha historia ilustrada con fotografías.

Comprensión da información xeral e específica de textos escritos, ou audición dos mesmos, para identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas e corrixir estas últimas, contestar preguntas de comprensión e completar unhas frases.

Uso de estratexias de comprensión lectora: identificación do tema dun texto, con axuda de elementos textuais e non textuais; utilización dos coñecementos previos sobre o tema; inferencia de significados polo contexto, por elementos visuais e por comparación de frases similares nas linguas que coñecen.

37

Page 38: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Composición dun texto breve sobre un mozo que vive no deserto, a partir dun modelo e seguindo o esquema elaborado.

Uso das normas de puntuación para corrixir as frases dadas e valoración da súa importancia nas comunicacións escritas.

Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital.

No Workbook e en Word Games 4U!: Un ditado para consolidar o vocabulario da unidade. Práctica e consolidación da gramática nun exercicio de corrección de erros (Be

the Teacher!). Tradución escrita á lingua propia dunhas frases en inglés. Obtención de información específica sobre o corredor de Fórmula 1, Fernando

Alonso, para contestar unha pregunta e completar unha ficha persoal (Star Fact 4U).

A sección Self-Evaluation. As páxinas Check Your Progress.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: Present

Continuous, affirmative, negative, interrogative, short answers, time expressions, spelling rules, articles, quantifiers, punctuation.

Léxico / Vocabulario Os medios de transporte. O tempo atmosférico. Palabras e expresións útiles e a equivalencia na súa propia lingua. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe autónoma

adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua Comprar un billete. Describir accións en progreso: o Present Continuous (afirmativa, negativa e

interrogativa, e as respostas breves); as expresións temporais. Expresar cantidade: os determinantes e os cuantificadores (a, an, the, some,

any); how much/ how many Reflexionar sobre o uso de: o punto, a coma, o signo de interrogación e o de

exclamación. Inducir regras gramaticais a partir da observación. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos.

C. Fonética A pronuncia dos sons /b/ e /v/.

Reflexión sobre a aprendizaxe:

Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico. Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta,

bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación.

38

Page 39: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Reflexión sobre o uso e o significado das formas gramaticais adecuadas a distintas intencións comunicativas.

Participación en actividades de avaliación compartida, na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección.

Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.

Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Identificación e respecto ante os costumes e trazos da vida cotiá, que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira:

- A vida de dous adolescentes que viven na India e en Alaska e os medios de transporte que utilizan para iren ao colexio.

- Dous prestixiosos internados británicos (Eton e Cheltenham Ladies’College).

Ampliación de fórmulas de cortesía adecuadas nos intercambios sociais á hora de comprar un billete de autobús.

Coñecemento da vida dun internado a través das novelas de ficción de Harry Potter.

Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e informacións específicas dun texto oral sobre a situación das clases en Mozambique.

2. Participar con progresiva autonomía en conversacións e simulacións relativas aos medios de transporte que adoita utilizar para ir ao colexio, á compra dun billete de autobús e á descrición do que está ocorrendo no momento presente, empregando estruturas sinxelas, as expresións máis usuais de relación social e unha pronuncia adecuada para lograr a comunicación.

3. Comprender a información xeral e a específica de diferentes textos escritos sobre o modo que teñen dous estudantes para iren ao colexio, sobre a vida dun mozo da India e dunha moza de Alaska e sobre a influencia das novelas de Harry Potter en canto á visión dos internados no Reino Unido, demostrando a comprensión a través dunha actividade específica.

4. Redactar de forma guiada un texto breve sobre a vida dun adolescente que vive no deserto, prestando atención ao uso dos signos de puntuación e mantendo unha presentación clara, limpa e ordenada.

5. Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, tales como o uso do Present Continuous, dos artigos e dos cuantificadores, en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas.

39

Page 40: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente algunhas estratexias básicas utilizadas para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar os seus progresos, a reflexión sobre a propia aprendizaxe, a participación na avaliación da propia aprendizaxe, o uso dalgúns mecanismos de autocorrección, a utilización de formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico, etc.

8. Identificar aspectos sociais, culturais e literarios propios doutros países no referente aos diferentes medios de transporte que utiliza a mocidade para desprazarse ao colexio, aos internados británicos e á influencia das novelas de Harry Potter, mostrando interese por coñecelos.

Competencias básicas (temas transversais) Competencia en comunicación lingüística:

Uso da lingua inglesa: - Describir accións en curso. - Expresar cantidade. - Comprar un billete de autobús.

Competencia social e cidadá (educación sobre Europa, educación para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e educación moral e cívica ):

- Dous internados do Reino Unido, Eton e Cheltenham Ladie’s College, e datos sobre xente famosa que estudou neles.

- Preséntanse na unidade tanto mozos coma mozas utilizando distintos medios de transporte.

- Reflexión sobre os medios de transporte que utiliza a mocidade doutros países para ir dun sitio a outro.

- Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico (educación viaria e educación ambiental):

- O xeito máis adecuado para desprazarse, de acordo coas características e a climatoloxía de cada país.

- Distintos tipos de medios de transporte. - O tempo atmosférico e as consecuencias dun temporal de choiva e neve.

- O uso da bicicleta como medio de transporte non contaminante.

Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e ser consciente das propias capacidades e coñecementos a través das seccións Be the Teacher!, Check Your Progress e Self-Evaluation, no Workbook .

Autonomía e iniciativa persoal: - Uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais, a partir de modelos dados.

- Capacidade organizativa á hora de presentar un traballo escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios Ciencias sociais, xeografía e historia:

40

Page 41: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

- Datos sobre o Reino Unido, a India, Alaska e a vida no deserto.

Ciencias da natureza: - O tempo atmosférico.

Lingua e literatura: - O Present Continuous en afirmativa, negativa e interrogativa. - As expresións temporais. - Os artigos e os cuantificadores. - Os signos de puntuación. - Os libros de Harry Potter e a repercusión que teñen na nosa sociedade. - Tradución inglés-lingua propia (no Workbook ).

41

Page 42: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

UNIDADE 3: Amazing Animals

Obxectivos de aprendizaxe

Ler de forma comprensiva e autónoma unha historia ilustrada con fotografías e textos breves sobre un canguro e un robot orixinal.

Falar sobre o pasado. Utilizar correctamente o Past Simple dos verbos regulares e irregulares en

afirmativa, e as formas there was / there were. Identificar e pronunciar correctamente a terminación ed dos verbos regulares en

pasado. Escoitar de forma comprensiva unha entrevista. Escribir unha historia baseada nunhas ilustracións, prestando atención á orde

do suxeito e do verbo na oración.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

Audición e comprensión de mensaxes emitidas dentro da aula, relacionadas coas actividades habituais.

Obtención de información xeral e específica dunha entrevista a un veterinario dun zoo sobre algúns animais, para contestar unha pregunta de comprensión e elixir as respostas correctas, con apoio de elementos verbais e non verbais.

Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave.

Produción de textos orais curtos sobre o que fixeron no pasado, cunha estrutura adecuada.

Participación en conversacións co compañeiro/a para falar dos animais que lles gustan, e do que fixeron a noite anterior, a semana pasada e o martes pasado, con pronuncia e entoación adecuadas para lograr a comunicación.

Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade para relacionalo coas fotografías correspondentes, e para seleccionar o que fai referencia a un canguro.

Uso do modelo de diálogo proposto para interactuar co compañeiro/a e crear un novo modelo, cambiando as palabras coloreadas e empregando unha pronuncia adecuada.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

Anticipación do contido, antes e durante a lectura, dunha historia ilustrada con fotografías.

Comprensión da información xeral e específica de textos escritos, ou audición dos mesmos, para elixir as respostas correctas, identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas e contestar preguntas de comprensión.

Uso de estratexias de comprensión lectora: identificación do tema dun texto, con axuda de elementos textuais e non textuais; utilización dos coñecementos previos sobre o tema; inferencia de significados polo contexto, por elementos visuais e por comparación de frases similares nas linguas que coñecen.

Composición dunha historia breve baseada en seis viñetas e a partir dunhas frases anteriores.

42

Page 43: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Observación da orde do suxeito e do verbo na oración, para ordenar unhas palabras e formar frases correctas, e valoración da súa importancia nas comunicacións escritas.

Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital.

No Workbook e en Word Games 4U!: Un ditado para consolidar o vocabulario da unidade. Práctica e consolidación da gramática nun exercicio de corrección de erros (Be

the Teacher!). Tradución escrita á lingua propia dunhas frases en inglés. Obtención de información específica sobre o actor Matt Damon, para contestar

unha pregunta e completar unha ficha persoal (Star Fact 4U). A sección Self-Evaluation. As páxinas Check Your Progress.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: Past Simple ,

affirmative, negative, interrogative, time expressions, subject, verb, word order.

Léxico / Vocabulario Os animais. Algúns adxectivos cualificativos. Palabras e expresións útiles e a equivalencia na súa propia lingua. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe autónoma

adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua Expresar e describir accións pasadas: o Past Simple en afirmativa; there was /

there were; as expresións temporais. Reflexionar sobre o uso dos pronomes it, he e she referidos a animais e

mascotas, e sobre a orde do suxeito e do verbo na oración. Inducir regras gramaticais a partir da observación. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos.

Fonética A pronuncia dos sons /d/, /t/ e /id/.

Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico. Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta,

bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. Participación en actividades de avaliación compartida, na avaliación da propia

aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección. Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto

da aula e fóra dela. Participación activa en actividades e traballos de grupo. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito.

43

Page 44: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Identificación e respecto ante os costumes e trazos da vida cotiá, que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira:

- As experiencias pasadas. - As mascotas.

Coñecemento de aspectos culturais sobre animais de diferentes países e características dalgúns deles; a súa contribución ao ámbito familiar e tecnolóxico.

Coñecemento de aspectos históricos referentes á aparición dalgúns inventos (a fotografía, a televisión, os CDs, etc.).

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e informacións específicas dun texto oral sobre unha entrevista que lle fai unha xornalista a un veterinario, sobre os animais dun zoo.

2. Participar con progresiva autonomía en conversacións e simulacións relativas aos animais que lles gustan, e ao que fixeron a noite anterior, a semana pasada e o martes pasado, empregando estruturas sinxelas, expresións máis usuais de relación social e unha pronuncia adecuada para lograr a comunicación.

3. Comprender a información xeral e a específica de diferentes textos escritos sobre unha visita ao zoo, sobre un valente canguro que lle axudou a un home apuros e sobre unha cascuda robot que serve para espiar e obter información importante, demostrando a comprensión a través dunha tarefa específica.

4. Redactar de forma guiada un texto breve baseado nunhas ilustracións, prestando atención á orde do suxeito e do verbo e mantendo unha presentación clara, limpa e ordenada.

5. Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, tales como o uso do Past Simple en afirmativa, as estruturas there was / there were e a pronuncia dos sons /t/, d/ e /id/, en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas.

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente algunhas estratexias básicas utilizadas para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar os seus progresos, a reflexión sobre a propia aprendizaxe, o uso de listas de verbos, a participación na avaliación da propia aprendizaxe, o uso dalgúns mecanismos de autocorrección, a utilización de formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico, etc.

8. Identificar aspectos sociais, culturais e históricos propios doutros países no referente ás mascotas e aos inventos, mostrando interese por coñecelos.

44

Page 45: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Competencias básicas (temas transversais) Competencia en comunicación lingüística:

Uso da lingua inglesa: - Describir accións pasadas.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico (educación ambiental e educación moral e cívica):

- Actitude de coidado e respecto polos animais. - Interese por coñecer a forza das cascudas. - Reflexión sobre a axuda que lle poden proporcionar os animais ao home.

Tratamento da información e competencia dixital (educación do consumidor): - Os inventos ao longo da historia e os avances tecnolóxicos.

Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e ser consciente das propias capacidades e coñecementos a través das seccións Be the Teacher!, Check Your Progress e Self-Evaluation, no Workbook .

Autonomía e iniciativa persoal: - Uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais, a partir de modelos dados.

- Capacidade organizativa á hora de presentar un traballo escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios Ciencias da natureza:

- Os hábitos alimenticios dalgúns animais. - Os canguros.

Tecnoloxías: - O uso das cámaras e dos micrófonos nas actividades de espionaxe. - Algúns inventos tecnolóxicos no mundo da comunicación, dos transportes, etc.

Ciencias sociais, xeografía e historia: - Australia e Xapón.

Lingua e literatura: - O Past Simple en afirmativa. - As estruturas there was / there were en afirmativa, negativa e interrogativa.

- A orde do suxeito e do verbo na oración. - Tradución inglés-lingua propia (no Workbook ).

45

Page 46: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

UNIDADE 4: Disaster!

Obxectivos de aprendizaxe

Ler de forma comprensiva e autónoma unha historia ilustrada con fotografías e textos breves sobre unha película e sobre os furacáns.

Falar de accións pasadas e do tempo atmosférico. Repasar o pasado do verbo to be. Utilizar correctamente o Past Simple en negativa e interrogativa. Identificar e pronunciar correctamente os sons /i:/, /i/ e // Escoitar de forma comprensiva a narración duns feitos. Escribir un parágrafo sobre o que fixeron a semana pasada, prestando atención

ao uso das conxuncións.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

Audición e comprensión de mensaxes emitidas dentro da aula, relacionadas coas actividades habituais.

Obtención de información xeral e específica dun texto oral sobre a experiencia de alguén que sufriu unha tormenta de neve, para contestar unha pregunta de comprensión e completar unhas frases, con apoio de elementos verbais e non verbais.

Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave.

Produción de textos orais curtos sobre o que fixo unha familia logo de sufrir unha tormenta de neve, utilizando uns debuxos como axuda e empregando unha pronuncia adecuada.

Participación en conversacións co compañeiro/a para identificar fenómenos naturais, e falar de algo que lles ocorreu a semana pasada e do que eles e outras persoas fixeron nun momento concreto do pasado, con pronuncia e entoación adecuadas para lograr a comunicación.

Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade, para relacionalo coas fotografías correspondentes, e para identificar o que lles resulta máis familiar.

Uso do modelo de diálogo proposto para interactuar co compañeiro/a e crear un novo modelo, cambiando as palabras coloreadas e empregando unha pronuncia adecuada.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

Anticipación do contido, antes e durante a lectura, dunha historia ilustrada con fotografías.

Comprensión da información xeral e específica de textos escritos, ou audición dos mesmos, para contestar preguntas de comprensión, formar frases correctas relacionando o principio e o final das mesmas e elixir as respostas adecuadas.

Uso de estratexias de comprensión lectora: identificación do tema dun texto, con axuda de elementos textuais e non textuais; utilización dos coñecementos previos sobre o tema; inferencia de significados polo contexto, por elementos visuais e por comparación de frases similares nas linguas que coñecen.

46

Page 47: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Recoñecemento e iniciación no uso dalgunhas fórmulas que diferencian a linguaxe formal (artigo dun xornal) e informal (un diario) nas comunicacións escritas.

Composición dun texto breve sobre o que fixeron a semana pasada, a partir dunhas frases e seguindo o esquema elaborado.

Uso das conxuncións para completar unhas frases, e valoración da súa importancia nas comunicacións escritas.

Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital.

No Workbook e en Word Games 4U!: Un ditado para consolidar o vocabulario da unidade. Práctica e consolidación da gramática nun exercicio de corrección de erros (Be

the Teacher!). Tradución escrita á lingua propia dunhas frases en inglés. Obtención de información específica sobre o cantante Ricky Martin, para

contestar unha pregunta e completar unha ficha persoal (Star Fact 4U). A sección Self-Evaluation. As páxinas Check Your Progress.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: Past Simple ,

negative, interrogative, short answers, linking words.

Léxico / Vocabulario Os desastres naturais. Os medios de comunicación. Palabras e expresións útiles e a equivalencia na súa propia lingua. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe autónoma

adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua Falar sobre o tempo atmosférico: o pasado do verbo to be. Expresar feitos pasados: o Past Simple (negativa e interrogativa, e as

respostas breves); as expresións temporais. Reflexionar sobre o uso das conxuncións and, but e because. Inducir regras gramaticais a partir da observación. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos.

Fonética A pronuncia dos sons: / i:/, /i/ e //.

Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico. Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta,

bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. Reflexión sobre o uso e o significado das formas gramaticais adecuadas a

distintas intencións gramaticais.

47

Page 48: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Participación en actividades de avaliación compartida, na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección.

Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.

Participación activa en actividades e traballos de grupo.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Identificación e respecto ante os costumes e trazos da vida cotiá, que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira:

- O efecto dos furacáns en EE. UU. e as súas características; modo en que repercuten na vida diaria das súas vítimas.

- As actividades pasadas. Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de

comunicación internacional. Coñecemento do cambio climático a través do argumento da película O día

despois, presentado nun artigo de xornal, das tormentas de neve a través dun programa de radio, así como da axuda que ofrecen algunhas persoas en países onde tivo lugar un desastre natural.

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e informacións específicas dun texto oral sobre unha experiencia persoal no medio dunha tormenta de neve.

2. Participar con progresiva autonomía en conversacións e simulacións relativas aos fenómenos naturais ilustrados e ao que eles ou outras persoas fixeron nun momento concreto do pasado, empregando estruturas sinxelas, as expresións máis usuais de relación social e unha pronuncia adecuada para lograr a comunicación.

3. Comprender a información xeral e a específica de diferentes textos escritos sobre un pequeno tornado, sobre a película O día despois, que trata das catástrofes naturais, e sobre os furacáns en EE. UU., demostrando a comprensión a través dunha actividade específica.

4. Redactar de forma guiada un texto breve con información persoal sobre o que fixeron a semana pasada, prestando atención ao uso das conxuncións and, but e because e mantendo unha presentación clara, limpa e ordenada.

5. Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, tales como o uso do Past Simple en negativa e interrogativa e a pronuncia dos sons / i:/, /i/ e //, en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas.

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente algunhas estratexias básicas utilizadas para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar os seus progresos, a reflexión sobre a propia aprendizaxe, o uso de listas de verbos, a participación na avaliación da propia aprendizaxe, o uso dalgúns mecanismos

48

Page 49: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

de autocorrección, a utilización de formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico, etc.

8. Identificar fenómenos naturais tales como os tornados, as tormentas de neve e os furacáns en diferentes lugares xeográficos, mostrando interese por coñecelos.

Competencias básicas (temas transversais) Competencia en comunicación lingüística:

Uso da lingua inglesa: - Falar sobre o tempo atmosférico. - Expresar feitos pasados.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico (educación ambiental):

- Os desastres naturais. - Valoración do prognóstico do tempo para previr danos. - A velocidade á que vai un furacán.

Competencia social e cidadá (educación moral e cívica): - Interese por coñecer o que fixo a xente no pasado. - Respecto ante o traballo que fai a xente para axudar tras unha catástrofe.

- Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula.

Tratamento da información e competencia dixital (educación do consumidor): - Recoñecemento e valoración do papel que xogan os medios de comunicación na nosa cultura actual.

Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e ser consciente das propias capacidades e coñecementos a través das seccións Be the Teacher!, Check Your Progress e Self-Evaluation, no Workbook .

Autonomía e iniciativa persoal: - Uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais, a partir de modelos dados.

- Capacidade organizativa á hora de presentar un traballo escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios Ciencias sociais, xeografía e historia:

- O desastre do “Katrina” que arrasou Nova Orleans en 2005.

Ciencias da natureza: - Reflexión sobre as consecuencias das catástrofes naturais. - A película O día despois, que amosa aspectos do cambio climático.

Tecnoloxías: - Os distintos medios de comunicación.

49

Page 50: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Lingua e literatura: - A linguaxe xornalística nunha crítica dunha película. - O Past Simple en negativa e interrogativa. - As conxuncións copulativas, adversativas e causais. - Tradución inglés-lingua propia (no Workbook ).

50

Page 51: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

UNIDADE 5: What Makes You Laugh?

Obxectivos de aprendizaxe

Ler de forma comprensiva e autónoma unha historia ilustrada con fotografías e textos breves sobre unha situación embarazosa e sobre unha película.

Falar sobre feitos pasados. Expresar preferencias. Utilizar correctamente o Past Continuous. Repasar as preposicións de tempo on, at e in. Identificar e pronunciar correctamente as formas débiles de was e were. Escoitar de forma comprensiva dúas historias divertidas. Escribir unha pequena historia prestando atención ao uso do conector so.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

Audición e comprensión de mensaxes emitidas dentro da aula, relacionadas coas actividades habituais.

Obtención de información xeral e específica de dúas historias divertidas, para relacionalas cos debuxos correspondentes e identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas, con apoio de elementos verbais e non verbais.

Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave.

Participación en conversacións co compañeiro/a para falar da súa comedia e cómico/a favorito, para contar chistes e falar do que estaban facendo o día anterior a unha hora determinada, con pronuncia e entoación adecuadas para lograr a comunicación.

Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade para relacionalo coas ilustracións correspondentes.

Uso do modelo de diálogo proposto para interactuar co compañeiro/a e crear un novo modelo, cambiando as palabras coloreadas e adoptando unha pronuncia adecuada.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

Anticipación do contido, antes e durante a lectura, dunha historia ilustrada con fotografías.

Comprensión da información xeral e específica de textos escritos, ou audición dos mesmos, para completar unhas frases, contestar preguntas de comprensión e identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas.

Uso de estratexias de comprensión lectora: identificación do tema dun texto, con axuda de elementos textuais e non textuais; utilización dos coñecementos previos sobre o tema; inferencia de significados polo contexto, por elementos visuais e por comparación de frases similares nas linguas que coñecen, etc.

Composición dunha historia baseada nunhas ilustracións seguindo o esquema elaborado e utilizando unhas frases anteriores como axuda.

Uso do conector so para relacionar frases correctamente, e valoración da súa importancia nas comunicacións escritas.

51

Page 52: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital.

No Workbook e en Word Games 4U!: Un ditado para consolidar o vocabulario da unidade. Práctica e consolidación da gramática nun exercicio de corrección de erros (Be

the Teacher!). Tradución escrita á lingua propia dunhas frases en inglés. Obtención de información específica sobre a actriz Jennifer Aniston, para

contestar unha pregunta e completar unha ficha persoal (Star Fact 4U). A sección Self-Evaluation. As páxinas Check Your Progress.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: Past Continuous,

affirmative, negative, interrogative, short answers, linking words.

Léxico / Vocabulario O humor. As partes do corpo. Palabras e expresións útiles e a equivalencia na súa propia lingua. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe autónoma

adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estruturas e funcións da lingua Expresar acontecementos pasados: o Past Continuous (afirmativa, negativa e

interrogativa, e as respostas breves); as expresións temporais. Expresar preferencias: prefer. Reflexionar sobre o uso das preposicións de tempo on, at e in, e do conector

so. Inducir regras gramaticais a partir da observación. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos.

Fonética A pronuncia das formas débiles de was e were.

Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico. Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta,

bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. Reflexión sobre o uso e o significado das formas gramaticais adecuadas a

distintas intencións comunicativas. Participación en actividades de avaliación compartida, na avaliación da propia

aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección. Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto

da aula e fóra dela. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito.

52

Page 53: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Identificación e respecto ante os costumes e trazos da vida cotiá, que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira:

- Feitos pasados. - Comedias famosas (Friends, O príncipe de Bel-Air). - Os clubs da comedia. - O papel dos pallasos e do persoal sanitario nos hospitais.

Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación internacional.

Coñecemento das vantaxes que ten a risa e o bo humor transmitido aos enfermos, a través da película Patch Adams.

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e informacións específicas dun texto oral sobre dúas historias divertidas.

2. Participar con progresiva autonomía en conversacións e simulacións expresando as comedias e cómicos/as favoritos e o que estiveron facendo nun momento concreto do pasado, empregando estruturas sinxelas, expresións máis usuais de relación social e unha pronuncia adecuada para lograr a comunicación.

3. Comprender a información xeral e a específica de diferentes textos escritos sobre uns mozos/as contando chistes, unha situación embarazosa para unha rapaza ao caer na rúa e sobre a importancia que lle concede ao humor a película Patch Adams, demostrando a comprensión a través dunha tarefa específica.

4. Redactar de forma guiada unha historia breve baseada en dúas ilustracións, prestando atención ao uso do conector so e mantendo unha presentación clara, limpa e ordenada.

5. Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, tales como o uso do Past Continuous e a pronuncia das formas débiles de was e were, en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas.

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente algunhas estratexias básicas utilizadas para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar os seus progresos, a reflexión sobre a propia aprendizaxe, a participación na avaliación da propia aprendizaxe, o uso dalgúns mecanismos de autocorrección, a utilización de formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico, etc.

53

Page 54: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

8. Identificar aspectos sociais e culturais propios doutros países no referente aos clubs da comedia, ás terapias da risa e ao papel que teñen os pallasos nos hospitais, mostrando interese por coñecelos.

Competencias básicas (temas transversais) Competencia en comunicación lingüística:

Uso da lingua inglesa: - Expresar acontecementos pasados. - Expresar preferencias.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico (educación para a saúde):

- A risa e o bo humor como aspectos saudábeis. - A importancia de transmitir ánimo e optimismo aos enfermos/as.

Competencia social e cidadá (educación para a paz): - Tolerancia e respecto polas preferencias da xente e o seu sentido do humor.

- A aparición dos primeiros pallasos. - Valoración das películas que mostran uns valores a seguir na nosa sociedade (Patch Adams).

- Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula.

Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e ser consciente das propias capacidades e coñecementos a través das seccións Be the Teacher!, Check Your Progress e Self-Evaluation, no Workbook .

Autonomía e iniciativa persoal: - Uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais, a partir de modelos dados.

- Capacidade organizativa á hora de presentar un traballo escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula. - Valoración da importancia de ofrecer e recibir axuda ante un problema.

Temas interdisciplinarios Lingua e literatura:

- O Past Continuous en afirmativa, negativa e interrogativa. - As expresións temporais. - As preposicións de tempo. - As conxuncións consecutivas. - Tradución inglés-lingua propia (no Workbook ).

Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - Reflexión sobre o labor do persoal sanitario e dos pallasos nos hospitais.

54

Page 55: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

UNIDADE 6: The Great Outdoors

Obxectivos de aprendizaxe

Ler de forma comprensiva e autónoma unha historia ilustrada con fotografías e textos breves sobre un programa de televisión e sobre o Everest.

Expresar habilidade, obriga e prohibición. Pedir e dar permiso e consello. Utilizar correctamente os verbos modais can, can’t, could, couldn’t, must,

mustn’t, should e shouldn’t. Identificar e pronunciar a forma débil de can. Identificar e producir a entoación de frases. Escoitar de forma comprensiva unha conversación entre dous adolescentes. Escribir un correo electrónico, prestando atención aos conectores de secuencia.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

Audición e comprensión de mensaxes emitidas dentro da aula, relacionadas coas actividades habituais.

Obtención de información xeral e específica dunha conversación entre unha moza e un mozo, sobre o programa que este último ideou, para contestar unha pregunta de comprensión e elixir as respostas correctas, con apoio de elementos verbais e non verbais.

Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave.

Participación en conversacións co compañeiro/a para mostrar de que son capaces, pedir e dar permiso para facer algo e aconsellar ou expresar obriga ou prohibición, empregando a pronuncia e a entoación adecuadas para lograr a comunicación.

Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade para relacionalo coas fotografías correspondentes e formar parellas de contrarios.

Uso do modelo de diálogo proposto para interactuar co compañeiro/a e crear un novo modelo, cambiando as palabras coloreadas e empregando unha pronuncia adecuada.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

Anticipación do contido, antes e durante a lectura, dunha historia ilustrada con fotografías.

Comprensión da información xeral e específica de textos escritos, ou audición dos mesmos, para identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas, completar unhas frases e elixir as respostas correctas.

Uso de estratexias de comprensión lectora: identificación do tema dun texto, con axuda de elementos textuais e non textuais; utilización dos coñecementos previos sobre o tema; inferencia de significados polo contexto, por elementos visuais e por comparación de frases similares nas linguas que coñecen.

Recoñecemento e iniciación no uso dalgunhas fórmulas que diferencian a linguaxe formal e informal (un correo electrónico) nas comunicacións escritas.

55

Page 56: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Composición dun correo electrónico sobre os seus plans para facer unha comida no campo, seguindo uns debuxos e utilizando un texto anterior como axuda.

Uso dos conectores de secuencia first, then, next, after that e finally, para completar un parágrafo correctamente, e valoración da súa importancia nas comunicacións escritas.

Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital.

No Workbook e en Word Games 4U!: Un ditado para consolidar o vocabulario da unidade. Práctica e consolidación da gramática nun exercicio de corrección de erros (Be

the Teacher!). Tradución escrita á lingua propia dunhas frases en inglés. Obtención de información específica sobre a actriz Penélope Cruz, para

contestar unha pregunta e completar unha ficha persoal (Star Fact 4U). A sección Self-Evaluation. As páxinas Check Your Progress.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: modal verbs,

affirmative, negative, interrogative, short answers, connectors of sequence.

Léxico / Vocabulario A natureza. Verbos relacionados coa supervivencia en situacións extremas. Palabras e expresións útiles e a equivalencia na súa propia lingua. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe autónoma

adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua Falar sobre habilidades. Pedir e conceder permiso: can, could. Dar consellos: should. Expresar obriga e prohibición: must, mustn’t. Reflexionar sobre o uso dos conectores de secuencia: first, next, then, after

that e finally. Inducir regras gramaticais a partir da observación. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos.

Fonética A pronuncia da forma débil de can. A entoación das frases.

Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico. Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta,

bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación.

56

Page 57: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Participación en actividades de avaliación compartida, na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección.

Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.

Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Identificación e respecto ante os costumes e trazos da vida cotiá, que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira:

- A reciclaxe e o coidado do medio ambiente. - As obrigas nalgúns lugares. - Un programa de televisión no que os concursantes teñen que sobrevivir ante certas dificultades e facer probas variadas.

Coñecemento de persoas que soben ao Everest: esforzo e superación. Coñecemento de aspectos xeográficos relacionados co Everest.

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e informacións específicas en conversacións dun texto oral sobre dous mozos falando dun posíbel programa de telerrealidade.

2. Participar con progresiva autonomía en conversacións e simulacións relativas aos seus coñecementos sobre a natureza e a xeografía, ás súas habilidades e ao que deberían e non deberían facer no colexio, empregando estruturas sinxelas, expresións máis usuais de relación social e unha pronuncia adecuada para lograr a comunicación.

3. Comprender a información xeral e a específica de diferentes textos escritos sobre unha excursión polo bosque, sobre un programa concurso de supervivencia e sobre un mozo que alcanzou moi novo a cima do Everest, demostrando a comprensión a través dunha tarefa específica.

4. Redactar de forma guiada un correo electrónico sobre os seus plans para ir comer ao campo, prestando atención aos conectores de secuencia e mantendo unha presentación clara, limpa e ordenada.

5. Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, tales como o uso dos modais can, could, must e should, a pronuncia da forma débil de can e a entoación de frases, en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas.

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente algunhas estratexias básicas utilizadas para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar os seus progresos, a reflexión sobre a propia aprendizaxe, a participación na avaliación da propia aprendizaxe, o uso dalgúns mecanismos de autocorrección, a utilización de formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico, etc.

57

Page 58: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

7. Usar o correo electrónico para estabelecer relacións persoais expresando os seus plans para ir ao campo, mostrando interese polo seu uso.

8. Identificar aspectos sociais, culturais e xeográficos propios doutros países no referente a: distintos accidentes xeográficos do mundo (o océano Atlántico, o Everest, etc.), a natureza, un programa concurso de supervivencia e algúns deportes de risco coma o alpinismo, mostrando interese por coñecelos.

Competencias básicas (temas transversais) Competencia en comunicación lingüística:

Uso da lingua inglesa: - Expresar habilidade, obriga e prohibición. - Pedir e dar permiso. - Dar consellos.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico (educación ambiental):

- O contacto do home coa natureza. - Recoñecemento da necesidade de coidar o contorno natural. - Normas básicas de precaución, protección e seguridade á hora de realizar actividades ao aire libre.

- O uso de mapas para orientarse en espazos abertos. - Condicións climáticas no Everest.

Competencia social e cidadá (educación moral e cívica): - Respecto pola natureza. - Importancia da precaución para evitar perigos. - Análise e valoración crítica dos concursos de televisión. - Valoración do esforzo por sobrevivir en situacións límite. - Aceptación do reto que supón competir con outros, sen que iso supoña actividades de rivalidade, entendendo a oposición como unha estratexia de xogo e non como unha actitude fronte aos demais.

- Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula.

Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e ser consciente das propias capacidades e coñecementos a través das seccións Be the Teacher!, Check Your Progress e Self-Evaluation, no Workbook .

Autonomía e iniciativa persoal: - Uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais, a partir de modelos dados.

- Capacidade organizativa á hora de presentar un traballo escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios Ciencias da natureza:

- Distintos espazos naturais do planeta.

Lingua e literatura:

58

Page 59: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

- Os verbos modais para indicar habilidade, obriga e prohibición. - Fórmulas para pedir e dar permiso, e consello. - Os conectores de secuencia. - Tradución inglés-lingua propia (no Workbook ).

Ciencias sociais, xeografía e historia: - O Everest e a persoa máis nova en chegar á cima en 2001.

Educación física: - O alpinismo como deporte de superación e de risco. - Recursos e lugares para a práctica de actividades.

59

Page 60: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

UNIDADE 7: Looking Good

Obxectivos de aprendizaxe da Unidade 7

Ler de forma comprensiva e autónoma unha historia ilustrada con fotografías e textos breves sobre dous retratos e sobre os piercings e as tatuaxes.

Dar opinións e describir persoas. Utilizar correctamente o comparativo dos adxectivos. Identificar e producir a acentuación de palabras. Escoitar de forma comprensiva unha conversación sobre unha película. Escribir unha descrición comparando dous actores e prestando atención á orde

correcta dos adxectivos.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

Audición e comprensión de mensaxes emitidas dentro da aula, relacionadas coas actividades habituais.

Obtención de información xeral e específica dunha conversación sobre unha película famosa, para contestar unha pregunta de comprensión e identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas, con apoio de elementos verbais e non verbais.

Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave.

Produción de frases comparando diferentes cousas, empregando unha pronuncia adecuada.

Participación en conversacións co compañeiro/a para opinar sobre algunhas profesións, describir persoas e cousas, e comparalas, adoptando unha pronuncia e entoación adecuadas para lograr a comunicación.

Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade para relacionalo coas fotografías correspondentes e para formar parellas de contrarios.

Uso do modelo de diálogo proposto para interactuar co compañeiro/a e crear un novo modelo, cambiando as palabras coloreadas e empregando unha pronuncia adecuada.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

Anticipación do contido, antes e durante a lectura, dunha historia ilustrada con fotografías.

Comprensión da información xeral e específica de textos escritos, ou audición dos mesmos, para completar unhas frases e un cadro, e para relacionar as ilustracións cos períodos dun eixe cronolóxico.

Uso de estratexias de comprensión lectora: identificación do tema dun texto, con axuda de elementos textuais e non textuais; utilización dos coñecementos previos sobre o tema; inferencia de significados polo contexto, por elementos visuais e por comparación de frases similares nas linguas que coñecen, etc.

Composición dun texto breve para comparar dous actores famosos, Eliajah Wood e Will Smith, seguindo o esquema elaborado como axuda.

Observación da orde dos adxectivos na oración para formar frases correctas, e valoración da súa importancia nas comunicacións escritas.

60

Page 61: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital.

No Workbook e en Word Games 4U!: Un ditado para consolidar o vocabulario da unidade. Práctica e consolidación da gramática nun exercicio de corrección de erros (Be

the Teacher!). Tradución escrita á lingua propia dunhas frases en inglés. Obtención de información específica sobre o actor Javier Bardem, para

contestar unha pregunta e completar unha ficha persoal (Star Fact 4U). A sección Self-Evaluation. As páxinas Check Your Progress.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: comparative

adjectives, long adjectives, short adjectives, irregular adjectives, spelling rules, word order.

Léxico / Vocabulario As profesións. O aspecto físico. Palabras e expresións útiles e a equivalencia na súa propia lingua. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe autónoma

adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua Dar opinións: I think, I agree, I disagree Describir persoas e cousas: os adxectivos en grao comparativo. Observar que en inglés os adxectivos non teñen plural. Reflexionar sobre os adxectivos cualificativos e a súa orde na oración. Inducir regras gramaticais a partir da observación. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos.

Fonética A acentuación das palabras.

Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico. Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta,

bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. Reflexión sobre o uso e o significado das formas gramaticais adecuadas a

distintas intencións comunicativas. Participación en actividades de avaliación compartida, na avaliación da propia

aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

61

Page 62: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Identificación e respecto ante os costumes e trazos da vida cotiá, que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira:

- Os piercings e as tatuaxes. Coñecemento da evolución do aspecto da xente ao longo da historia, da teoría

dun experto estadounidense a través do cadro A Mona Lisa e do retrato de Leonardo da Vinci, así como do valor da beleza interior no argumento da película Shrek 2.

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e informacións específicas dun texto oral sobre unha conversación entre dous adolescentes falando dos personaxes da película Shrek 2.

2. Participar con progresiva autonomía en conversacións e simulacións relativas á súa opinión sobre distintas profesións relacionadas co coidado do físico, e á descrición e comparación de persoas e cousas, empregando estruturas sinxelas, expresións máis usuais de relación social e unha pronuncia adecuada para lograr a comunicación.

3. Comprender a información xeral e a específica de diferentes textos escritos sobre unha selección de modelos, a teoría que relaciona o cadro A Mona Lisa e o retrato de Leonardo da Vinci, e sobre a orixe e a historia das tatuaxes e dos piercings, demostrando a comprensión a través dunha tarefa específica.

4. Redactar de forma guiada un texto breve comparando dous actores, prestando atención á orde dos adxectivos na oración e mantendo unha presentación clara, limpa e ordenada.

5. Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, tales como o uso do comparativo e do superlativo dos adxectivos e da acentuación das palabras, en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas.

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente algunhas estratexias básicas utilizadas para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar os seus progresos, a reflexión sobre a propia aprendizaxe, a participación na avaliación da propia aprendizaxe, o uso dalgúns mecanismos de autocorrección, a utilización de formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico, etc.

8. Identificar aspectos sociais, culturais e históricos propios doutros países no referente á idea de beleza, ao concepto dos piercings e das tatuaxes ao longo da historia e de cadros famosos, e ás profesións relacionadas co aspecto físico, mostrando interese por coñecelos.

Competencias básicas (temas transversais) Competencia en comunicación lingüística:

Uso da lingua inglesa: - Dar opinións. - Describir persoas e cousas.

62

Page 63: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Competencia social e cidadá (educación para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, educación para a paz):

- As profesións relacionadas co coidado do aspecto físico e coa moda, desempeñadas por homes e mulleres indistintamente.

- Tolerancia e respecto polas diferenzas individuais que teñen a súa orixe en características corporais como as tatuaxes, piercings, gordura, idade, talla, etc.

- Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula.

Competencia cultural e artística (educación sobre Europa): - A presenza de piercings 300 anos A.C. entre os soldados romanos e de tatuaxes na Inglaterra do século XIX.

- O cadro A Mona Lisa e o misterio acerca da identidade do personaxe.

Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e ser consciente das propias capacidades e coñecementos a través das seccións Be the Teacher!, Check Your Progress e Self-Evaluation, no Workbook .

Autonomía e iniciativa persoal: - Uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais, a partir de modelos dados.

- Capacidade organizativa á hora de presentar un traballo escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios Ciencias sociais, xeografía e historia:

- A orixe das tatuaxes e dos piercings, e a súa presenza en distintas partes do mundo ao longo dos tempos.

Lingua e literatura: - O comparativo dos adxectivos. - A ausencia de plural nos adxectivos ingleses. - A orde dos adxectivos cualificativos na oración. - Tradución inglés-lingua propia (no Workbook ).

Educación plástica e visual: - O cadro A Mona Lisa do pintor italiano Leonardo da Vinci.

63

Page 64: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

UNIDADE 8: Fears

Obxectivos de aprendizaxe

Ler de forma comprensiva e autónoma unha historia ilustrada con fotografías e textos breves sobre Disneyland París e sobre tres monstros.

Expresar plans futuros. Facer suxestións. Describir lugares e cousas. Utilizar correctamente be going to e o Present Continuous con valor de futuro. Identificar e producir a entoación e o ritmo de frases. Escoitar de forma comprensiva os plans para facer unha obra de teatro. Escribir un parágrafo sobre unha viaxe especial, prestando atención ao uso dos

pronomes persoais suxeito.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

Audición e comprensión de mensaxes emitidas dentro da aula, relacionadas coas actividades habituais.

Obtención de información xeral e específica dun texto oral sobre os plans previstos para unha obra de teatro no instituto, para contestar unha pregunta de comprensión e completar unhas frases, con apoio de elementos verbais e non verbais.

Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave.

Produción de textos orais curtos sobre como imaxinan a súa propia casa, empregando unha pronuncia adecuada.

Participación en conversacións co compañeiro/a para falar do que lles dá medo e do que van facer nas vacacións, con pronuncia e entoación adecuadas para lograr a comunicación.

Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade para relacionalo coas ilustracións correspondentes.

Uso do modelo de diálogo proposto para interactuar co compañeiro/a e crear un novo modelo, cambiando as palabras coloreadas e empregando unha pronuncia adecuada.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

Anticipación do contido, antes e durante a lectura, dunha historia ilustrada con fotografías.

Comprensión da información xeral e específica de textos escritos, ou audición dos mesmos, para identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas -corrixindo estas últimas- contestar preguntas de comprensión, relacionar as descricións coas fotografías e completar un cadro.

Uso de estratexias de comprensión lectora: identificación do tema dun texto, con axuda de elementos textuais e non textuais; utilización dos coñecementos previos sobre o tema; inferencia de significados polo contexto, por elementos visuais e por comparación de frases similares nas linguas que coñecen.

64

Page 65: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Composición dun parágrafo sobre os seus plans para facer unha viaxe a un sitio especial, seguindo o esquema elaborado e utilizando un texto anterior como axuda.

Uso dos pronomes persoais suxeito para substituír algúns nomes dun parágrafo, e valoración da súa importancia nas comunicacións escritas.

Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital.

No Workbook e en Word Games 4U!: Un ditado para consolidar o vocabulario da unidade. Práctica e consolidación da gramática nun exercicio de corrección de erros (Be

the Teacher!). Tradución escrita á lingua propia dunhas frases en inglés. Obtención de información específica sobre o director de cine Alejandro

Amenábar, para contestar unha pregunta e completar unha ficha persoal (Star Fact 4U).

A sección Self-Evaluation. As páxinas Check Your Progress.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: be going to,

affirmative, negative, interrogative, short answers, Present Continuous with future meaning, pronouns.

Léxico / Vocabulario O medo e o terror. Mobiliario e partes da casa. Palabras e expresións útiles e a equivalencia na súa propia lingua. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe autónoma

adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua Expresar acontecementos futuros. Describir lugares e cousas: be going to e o

Present Continuous con valor de futuro (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); as expresións temporais.

Facer suxestións: What about …?, Why don’t we …? Utilizar correctamente os pronomes persoais suxeito. Inducir regras gramaticais a partir da observación. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos.

Fonética A entoación e o ritmo das oracións.

Reflexión sobre a aprendizaxe:

Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico. Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta,

bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación.

65

Page 66: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Reflexión sobre o uso e o significado das formas gramaticais adecuadas a distintas intencións comunicativas.

Participación en actividades de avaliación compartida, na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección.

Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.

Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Identificación e respecto ante os costumes e trazos da vida cotiá propios doutros países e culturas que se traballan na unidade:

- Os plans futuros que ten a xente. - Os parques temáticos e outros lugares de atracción en París e Londres: Disneyland París, o museo de cera londiniense e o London Dungeon.

Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación internacional.

Coñecemento de aspectos culturais sobre elementos reais ou de ficción, a través de tres famosos monstros asociados a distintas partes do mundo como Bigfoot (EE.UU.), Godzilla (Xapón), e Drácula (Transilvania), e sobre a primeira versión de Drácula.

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e informacións específicas dun texto oral sobre os plans que ten un rapaz para organizar unha obra de teatro no colexio.

2. Participar con progresiva autonomía en conversacións e simulacións relativas ás cousas e situacións que lles dan medo, o que van facer nas súas vacacións e como sería a súa casa se lles tocase a lotería, empregando estruturas sinxelas, expresións máis usuais de relación social e unha pronuncia adecuada para lograr a comunicación.

3. Comprender a información xeral e a específica de diferentes textos escritos sobre a visita a un parque de atraccións e a Phantom Manor (en Disneyland París), e tamén sobre Bigfoot, Godzilla e Drácula, demostrando a comprensión a través dunha tarefa específica.

4. Redactar de forma guiada un texto breve sobre os plans para facer unha viaxe a un lugar especial, prestando atención ao uso dos pronomes e mantendo unha presentación clara, limpa e ordenada.

5. Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, tales como o uso de be going to e do Present Continuous con valor de futuro, e a entoación e o ritmo das frases, en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas.

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente algunhas estratexias básicas utilizadas para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar os seus progresos, a reflexión sobre a propia aprendizaxe, a participación na avaliación da propia aprendizaxe, o uso dalgúns mecanismos de autocorrección, a utilización de formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico, etc.

66

Page 67: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

8. Identificar aspectos sociais, culturais, históricos e xeográficos propios doutros países no referente ao medo, aos monstros e aos personaxes de terror famosos a nivel internacional, mostrando interese por coñecelos.

Competencias básicas (temas transversais) Competencia en comunicación lingüística:

Uso da lingua inglesa: - Expresar plans futuros. - Describir lugares e cousas. - Facer suxestións.

Competencia social e cidadá (educación moral e cívica): - Tolerancia e respecto polas intencións e os plans de futuro das persoas. - Respecto ante as fobias ou os medios psicolóxicos que teñen as persoas e valoración da axuda que se lles pode prestar para superalas.

- Respecto polo xeito de divertirse da xuventude, nas distintas atraccións de medo nos parques temáticos e noutros sitios de interese.

- Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula.

Competencia cultural e artística (educación sobre Europa): - Referencias ao parque temático Disneyland París en Francia e a un monstro de Transilvania en Romanía.

- Referencias á Torre de Londres, ao museo de cera Madame Tussaud e ao London Dungeon.

Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e ser consciente das propias capacidades e coñecementos a través das seccións Be the Teacher!, Check Your Progress e Self-Evaluation, no Workbook .

Autonomía e iniciativa persoal: - Uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais, a partir de modelos dados.

- Capacidade organizativa á hora de presentar un traballo escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios Lingua e literatura:

- A forma be going to. - O Present Continuous con valor de futuro. - As expresións temporais. - Fórmulas para facer suxestións. - Os pronomes persoais suxeito, para evitar a repetición abusiva de nomes.

- A novela Dracula do escritor irlandés Bram Stoker, e a primeira adaptación ao cine.

- Tradución inglés-lingua propia (no Workbook ).

Ciencias sociais, xeografía e historia:

67

Page 68: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

- EEUU, Europa e Xapón como escenarios asociados aos personaxes de Bigfoot, Drácula e Godzilla.

- Lugares de interese en París e Londres.

UNIDADE 9: Dreams

Obxectivos de aprendizaxe

Ler de forma comprensiva e autónoma unha historia ilustrada con fotografías e textos breves sobre as aspiracións de tres adolescentes e sobre unha máquina.

Facer predicións. Expresar condicións. Utilizar correctamente o futuro con will e o primeiro condicional. Identificar e pronunciar as formas contraídas ‘ll e won’t. Identificar e producir a entoación de frases. Escoitar de forma comprensiva unha conversación entre dous amigos sobre

profesións. Escribir un parágrafo sobre os seus soños futuros, prestando atención ás regras

e estratexias de escritura vistas en unidades anteriores.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

Audición e comprensión de mensaxes emitidas dentro da aula, relacionadas coas actividades habituais.

Obtención de información xeral e específica dunha conversación entre dous adolescentes sobre o que lles gustaría ser de maiores, para contestar unha pregunta de comprensión e elixir as respostas correctas, con apoio de elementos verbais e non verbais.

Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave.

Participación en conversacións co compañeiro/a para falar dos seus soños e para facer predicións segundo unhas situacións dadas e unhas ilustracións, con pronuncia e entoación adecuadas para lograr a comunicación.

Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade para relacionalo coas fotografías correspondentes.

Uso do modelo de diálogo proposto para interactuar co compañeiro/a e crear un novo modelo, cambiando as palabras coloreadas e empregando unha pronuncia adecuada.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

Anticipación do contido, antes e durante a lectura, dunha historia ilustrada con fotografías.

Comprensión da información xeral e específica de textos escritos, ou audición dos mesmos, para formar frases correctas, relacionando o principio e o final das mesmas, contestar preguntas de comprensión e identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas.

Uso de estratexias de comprensión lectora: identificación do tema dun texto, con axuda de elementos textuais e non textuais; utilización dos coñecementos

68

Page 69: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

previos sobre o tema; inferencia de significados polo contexto, por elementos visuais e por comparación de frases similares nas linguas que coñecen.

Composición dun texto breve sobre os seus soños futuros seguindo o esquema elaborado e utilizando un texto anterior como axuda.

Repaso das regras e estratexias de escritura para corrixir un parágrafo, e valoración da súa importancia nas comunicacións escritas.

Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital.

No Workbook e en Word Games 4U!: Un ditado para consolidar o vocabulario da unidade. Práctica e consolidación da gramática nun exercicio de corrección de erros (Be

the Teacher!). Tradución escrita á lingua propia dunhas frases en inglés. Obtención de información específica sobre o cantante Sting, para contestar

unha pregunta e completar unha ficha persoal (Star Fact 4U). A sección Self-Evaluation. As páxinas Check Your Progress.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: future, affirmative,

negative, interrogative, short answers, time expressions, first conditional.

Léxico / Vocabulario Situacións futuras. As profesións. Palabras e expresións útiles e a equivalencia na súa propia lingua. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe autónoma

adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua Facer predicións: will (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas

breves). Expresar condicións e promesas co primeiro condicional. Reflexionar sobre as regras e estratexias de escritura que aprenderon ao longo

do curso. Inducir regras gramaticais a partir da observación. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos.

Fonética A pronuncia das formas contraídas ‘ll e won’t, e a entoación das oracións.

Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico. Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta,

bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. Reflexión sobre o uso e o significado das formas gramaticais adecuadas a

distintas intencións comunicativas.

69

Page 70: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Participación en actividades de avaliación compartida, na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección.

Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.

Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Identificación e respecto ante os costumes e trazos da vida cotiá propios doutros países e culturas que se traballan na unidade:

- Os soños da xente. - As funcións escolares ao final do curso.

Ampliación de fórmulas de cortesía adecuadas nos intercambios sociais. Coñecemento dun invento xaponés a través do que podemos soñar co que nós

queiramos, así como da velocidade á que se esquecen os soños.

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e informacións específicas dun texto oral sobre as profesións que lles gustaría ter a dous amigos.

2. Participar con progresiva autonomía en conversacións e simulacións, indicando as cousas coas que soñan e facendo predicións segundo unhas situacións en concreto e unhas ilustracións, empregando estruturas sinxelas, expresións máis usuais de relación social e unha pronuncia adecuada para lograr a comunicación.

3. Comprender a información xeral e a específica de diferentes textos escritos sobre a interpretación dalgúns soños, sobre as aspiracións profesionais de tres rapaces e sobre unha máquina que controla os soños, demostrando a comprensión a través dunha tarefa específica.

4. Redactar de forma guiada un parágrafo sobre os seus soños para o futuro, prestando atención ás regras e estratexias de escritura de unidades anteriores, e mantendo unha presentación clara, limpa e ordenada.

5. Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, tales como o uso de will e do primeiro condicional, a pronuncia das formas contraídas ´ll e won´t e a entoación das frases, en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas.

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente algunhas estratexias básicas utilizadas para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar os seus progresos, a reflexión sobre a propia aprendizaxe, a participación na avaliación da propia aprendizaxe, o uso dalgúns mecanismos de autocorrección, a utilización de formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico, apéndices gramaticais, etc.

8. Identificar aspectos sociais propios doutros países no referente aos soños e aos desexos e aspiracións dos personaxes presentados na unidade, mostrando interese por coñecelos.

70

Page 71: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Competencias básicas (temas transversais) Competencia en comunicación lingüística:

Uso da lingua inglesa: - Facer predicións. - Expresar condicións e promesas.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico (educación para a saúde):

- A importancia do descanso a través dun soño reparador.

Competencia social e cidadá (educación para a paz e educación moral e cívica): - Valoración do labor realizado en cada profesión. - Respecto polos desexos e as preferencias dos demais en canto ao seu futuro persoal e profesional.

- Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula.

Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e ser consciente das propias capacidades e coñecementos a través das seccións Be the Teacher!, Check Your Progress e Self-Evaluation, no Workbook .

Autonomía e iniciativa persoal: - Uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais, a partir de modelos dados.

- Capacidade organizativa á hora de presentar un traballo escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios Lingua e literatura:

- O futuro con will. - O primeiro condicional. - Fórmulas para facer predicións. - Repaso das regras e estratexias de escritura para escribir un parágrafo correctamente.

- Tradución inglés-lingua propia (no Workbook ).

Tecnoloxías: - O funcionamento e a utilidade dunha “máquina dos soños” patentada por unha empresa xaponesa.

Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - Incorporación da muller a profesións tradicionalmente desempeñadas por homes.

71

Page 72: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Vocabulary, Grammar, Song e Project

English for You! ESO 2 inclúe tres unidades de repaso nas que se presentan exercicios de vocabulario e de gramática, unha canción e un proxecto.

Foron deseñadas para seren realizadas ao final de cada trimestre do curso escolar, pero pódense relacionar con calquera das unidades estudadas, segundo o criterio do profesor/a. Por outra banda, trabállanse de forma sistemática os contidos e os obxectivos de aprendizaxe expostos nas nove unidades programadas.

Os exercicios de vocabulario e de gramática incluídos nelas son moi variados e ofrecen práctica adicional do estudado nas unidades anteriores.

As cancións reproducen tres temas apropiados á idade e aos intereses do alumnado de 2º da ESO. Son:

- Perfect Day (Hoku) - Sk8er Boi [Skater Boy] (Avril Lavigne) - Reflection (Christina Aguilera).

Ademais de reproducir as letras no Student’s Book, e para permitir unha completa explotación na clase, as cancións tamén están gravadas no CD-ROM interactivo, que acompaña o Workbook , co fin de que o alumnado as poida cantar para familiarizarse, deste xeito, coa pronuncia das palabras.

Os proxectos son actividades nas que os alumnos/as practican dun xeito divertido todos os coñecementos gramaticais e o vocabulario estudado ata o momento. Os proxectos remiten ás páxinas do Workbook , onde atoparán instrucións paso a paso que lles permiten potenciar a súa capacidade de traballo autónomo, e ás cue cards, para facilitarlles a presentación oral dos mesmos na clase.

- No proxecto 1 (Profile) concrétanse os obxectivos e os contidos vistos nas unidades 1, 2 e 3.

- No proxecto 2 (Postcard) concrétanse os obxectivos e os contidos vistos nas unidades 4, 5 e 6.

- No proxecto 3 (Advert) concrétanse os obxectivos e os contidos vistos nas unidades 7, 8 e 9.

Estes proxectos poden ser utilizados como ferramentas de avaliación, tendo en conta os criterios de avaliación descritos para as unidades respectivas.

72

Page 73: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

7. Atención á diversidade

English for You! ESO 2 ten unha metodoloxía ecléctica, xa que se esperan varios estilos de aprendizaxe por parte do alumnado e, así mesmo, diversos estilos de ensino por parte dos profesores/as. Por iso, estes materiais dedícanlle máis atención á diversidade.

Como punto de partida tivemos en conta catro ámbitos de diversidade:

A capacidade para aprender a aprender

Cada alumno/a ten a súa propia capacidade para aprender cousas e para retelas, sen que iso sexa sinónimo da súa capacidade intelectual, e todo o alumnado pode alcanzar un nivel mínimo, independentemente do ritmo de traballo que poida ter cada quen. Tales son os aspectos que consideramos na investigación inicial e en todo o desenvolvemento do curso.

Así o reflicten as actividades do Student’s Book e do Workbook, xa que, a través dunha reciclaxe continua de estruturas e de vocabulario, por unha banda ofrecen amplas oportunidades de reforzo para os alumnos/as con menos capacidade e por outra facilitan a ampliación da materia para os que teñen máis nivel.

A motivación para aprender

A motivación do alumno/a para aprender é moi complexa, sobre todo tratándose dun idioma, xa que depende de varios factores: por unha banda, do historial de éxito ou de fracaso que teña ata ese momento e, por outra banda, do proceso de aprendizaxe seguido. Isto influirá notabelmente, tanto no nivel de motivacións individuais, coma na forma máis lóxica e funcional de presentarlles todos os contidos.

Para levar a cabo a selección dos temas incluídos neste curso realizamos unha ampla investigación, abarcando o punto de vista do profesor/a a través de cuestionarios, pero tamén o do alumnado, para así adaptalos ás súas idades, experiencias e contorno.

Os estilos de aprendizaxe

Existen moitos tipos de investigacións sobre os diversos estilos de aprendizaxe á hora de estudar un idioma.

Como é ben sabido, o alumnado pode ser impulsivo ou reflexivo cando se enfronta ás súas tarefas escolares. Algúns alumnos/as poden reaccionar moi rapidamente e non obstante necesitar varios intentos para asimilaren unha idea, mentres que outros poden traballar máis a conciencia e aprender máis amodo, conseguindo o mesmo resultado. Este factor foi tido en conta dun modo sistemático. Por exemplo, á hora de ensinar as estruturas gramaticais incluíronse exercicios e táboas para aprender e repasar o presentado punto por punto, e tamén unha ampla repetición e práctica en distintas situacións para aqueles alumnos/as que non usen tanto o estilo analítico cando aprenden.

73

Page 74: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Tamén se prestou unha atención especial á “modalidade sensorial preferente” do alumnado (visual, auditiva ou quinesiolóxica), é dicir, ás posíbeis formas de levar á práctica o aprendido.

Xa que logo, á hora de presentar as estruturas e as funcións, tivéronse en conta os distintos estilos de aprendizaxe, ofrecéndolles aos alumnos/as máis analíticos numerosas oportunidades: táboas, preguntas de comprensión, esquemas e exercicios, e moita e moi variada práctica. Ademais, ao final das unidades de repaso do Student’s Book poden facer proxectos guiados para practicaren o vocabulario e as estruturas aprendidas, coas instrucións detalladas no Workbook e o material de apoio necesario para realizaren presentacións orais na clase.

Os intereses do alumnado

O esforzo por aprender un idioma varía moito duns alumnos/as a outros dependendo do seu interese e/ou necesidade de facelo. Por iso incluímos unha gran variedade de temas, intentando que sexan de interese para a maioría, e ofrecemos materiais para atender aos distintos niveis de coñecemento e estilos de aprendizaxe. Hai actividades graduadas de menor a maior dificultade e de maior a menor control, tanto no Student’s Book coma no Workbook. E ao final do Student’s Book incluímos un apéndice en lingua propia, Grammar Round Up, no que se presentan explicacións máis detalladas dos puntos gramaticais estudados na unidade (este apéndice tamén vai incluído ao final do Workbook), práctica adicional e exercicios para o alumnado de máis nivel nos apartados Extra 4U!

No Workbook inclúese unha gran variedade de exercicios graduados para practicar máis a gramática e o vocabulario, xunto con actividades complementarias de comprensión e de expresión escrita. Ao final deste compoñente atópase o pequeno caderno Word Games 4U! que proporciona xogos e divertidas actividades para consolidar o vocabulario, así como datos curiosos sobre personaxes famosos, e que servirán de axuda para contestar unha pregunta e completar unha ficha persoal. O CD-ROM interactivo que o acompaña, -con xogos de vocabulario (dous por unidade, en dous niveis de dificultade) e de gramática (un por unidade, en dous niveis de dificultade), as gravacións dos textos, os diálogos e as cancións do Student’s Book-, pretende ser unha axuda para que o alumnado poida reforzar os contidos na casa. Con este compoñente, os alumnos/as tamén poderán practicar a lectura dos textos axudándose do glosario que terán na pantalla, para ver o significado das palabras que non recorden.

O Teacher’s Manual ofrece tamén actividades opcionais e continuas suxestións para o profesor/a, sobre como dividir a súa axuda segundo as distintas necesidades da clase. Neste compoñente tamén hai suxestións para facer un ditado, baseado nalgunhas das palabras que aprenderon en cada unidade e que aparecen no cadro Spelling 4U! en cada unidade do Workbook.

O Teacher’s All-in-One Pack ofrece un test de diagnóstico que se recomenda facer ao inicio do curso para ver o nivel do alumnado, así como exercicios de repaso para que revisen os puntos nos que atoparon maior dificultade. Este compoñente ofrece nove exames -(un por unidade), tres trimestrais e dous finais, todos eles en tres niveis de dificultade-, para poder elixir o máis adecuado segundo a capacidade de cada alumno/a. Foron divididos do seguinte modo:

- Reinforcement (abrangue o vocabulario máis significativo e os puntos gramaticais máis importantes da unidade)

74

Page 75: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

- Extra Practice (proporciona práctica adicional co mesmo nivel que o presentado na unidade)

- Extension (enfocado para que os alumnos/as máis avanzados poidan ampliar os coñecementos adquiridos dunha forma máis significativa e motivadora)

Ademais, tamén se proporciona unha folla de traballo con actividades de comprensión e de expresión oral, por unidade e trimestre e dous test finais, todo nun mesmo nivel de dificultade.

Por último, incorporamos unhas páxinas de festividades co fin de enriquecer os coñecementos culturais do alumnado e, ao mesmo tempo, aumentar o seu vocabulario e mellorar as súas destrezas de lectura e de escritura. Estas páxinas tamén contan con actividades de expresión oral que lles ofrecen aos alumnos/as outra posibilidade máis de usaren o inglés de forma natural.Todos os tests deste compoñente están dispoñíbeis en formato word no Test Factory CD, co fin de poder editalos e modificalos, atendendo ás necesidades da aula.

75

Page 76: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

8. Avaliación e promoción

A avaliación será continua e diferenciada segundo as distintas materias do currículo. Os criterios de avaliación das materias serán referente fundamental para valorar, tanto o grao de adquisición das competencias básicas, coma o de consecución dos obxectivos. Pasarase ao curso seguinte cando se superen os obxectivos das materias cursadas ou se teña avaliación negativa en dúas materias como máximo e repetirase curso con avaliación negativa en tres ou máis materias. Co fin de facilitarlle ao alumnado a recuperación das materias con avaliación negativa, organizaranse probas extraordinarias en cada un dos cursos. O alumno poderá repetir o mesmo curso unha soa vez, e dúas veces como máximo dentro da etapa.

a) Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e informacións específicas de textos orais emitidos por un interlocutor, ou procedentes de distintos medios de comunicación, sobre temas coñecidos. Este criterio quere valorar a capacidade para comprender a idea xeral e detalles específicos de exposicións breves e conversacións sobre temas familiares. Medirase a capacidade para comprender a idea xeral de textos orais procedentes dos medios de comunicación con pronuncia estándar.

2. Participar con progresiva autonomía en conversacións e simulacións relativas ás experiencias persoais, plans e proxectos, empregando estruturas sinxelas, as expresións máis usuais de relación social, e unha pronuncia adecuada para lograr a comunicación. Este criterio avalía a capacidade para desenvolverse en situacións interactivas que supoñen a integración da comprensión e da expresión. As conversacións daranse en situacións habituais da clase e nas creadas polo docente. As mensaxes poden ser aínda titubeantes e conter erros morfosintácticos e léxico reducido, sempre que a mensaxe sexa comprensíbel.

3. Comprender a información xeral e a específica de diferentes textos escritos, adaptados e auténticos, de extensión variada, e adecuados á idade, demostrando a comprensión a través dunha actividade específica. A través deste criterio avalíase a capacidade para comprender textos escritos de carácter interpersoal como instrucións, correspondencia, descricións e narracións breves, mensaxes, pósteres, etc., aplicando estratexias de lectura como a inferencia de significados polo contexto, ou os coñecementos transferidos das linguas que coñece ou vinculados a outras materias do currículo.

Tamén se avalía a capacidade de ler textos, en soporte papel ou dixital, dunha certa extensión, botando man do dicionario de forma espontánea cando sexa preciso, e demostrando a súa comprensión a través de actividades lingüísticas e non lingüísticas.

4. Redactar de forma guiada textos diversos en diferentes soportes, utilizando estruturas, conectores sinxelos e léxico adecuados, coidando os aspectos formais e respectando as regras elementais de ortografía e de puntuación, de modo que sexan comprensíbeis para o lector e presenten unha corrección aceptábel.

76

Page 77: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Este criterio avalía a capacidade para expresar por escrito, en soporte papel ou dixital, de forma comprensíbel para o lector, mensaxes curtas de texto, descricións, correspondencia postal ou electrónica, etc., de forma guiada. Valorarase tamén a presentación clara, limpa e ordenada, en soporte papel ou dixital.

5. Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas. Este criterio avalía a capacidade para aplicar os seus coñecementos sobre o sistema lingüístico e reflexionar sobre a necesidade da corrección formal que fai posíbel a comprensión tanto das súas propias producións coma das alleas.

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente algunhas estratexias básicas utilizadas para progresar na aprendizaxe. Este criterio pretende avaliar se se utilizan as estratexias que favorecen o proceso de aprendizaxe: como a capacidade de valorar os seus progresos, a reflexión sobre a propia aprendizaxe; a utilización de formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico; o uso correcto do dicionario para identificar a acepción adecuada ao contexto; o uso de recursos bibliográficos, informáticos e dixitais co fin de solicitar información, ampliar ou revisar aspectos traballados na aula, a participación na avaliación da propia aprendizaxe, e o uso dalgúns mecanismos de autocorrección.

7. Usar de forma guiada as tecnoloxías da información e da comunicación para buscar información, producir textos a partir de modelos e para estabelecer relacións persoais mostrando interese polo seu uso. Trátase de valorar con este criterio a capacidade de utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta de comunicación e de aprendizaxe, en actividades habituais da aula e para estabelecer relacións persoais. As comunicacións que se estabelezan versarán sobre temas familiares previamente traballados. Tamén se terá en conta se se valora a diversidade lingüística como elemento enriquecedor, a actitude cara á lingua estranxeira e os intentos por utilizala.

8. Identificar e poñer exemplos dalgúns aspectos sociais, culturais, históricos, xeográficos ou literarios propios dos países onde se fala a lingua estranxeira e mostrar interese por coñecelos. Este criterio pretende comprobar que se coñecen os trazos máis importantes e característicos da sociedade, cultura, historia, xeografía e literatura dos países onde se fala a lingua estranxeira. Avaliarase se os alumnos/as mostran respecto ante os valores e comportamentos doutros pobos, superando deste xeito algúns estereotipos.

b) Procedementos e sistemas de avaliación

- Procedementos (*)

- Sistemas de avaliación

77

Page 78: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

É preciso levar a cabo varios tipos de avaliación: individual, continua, final, autoavaliación, etc.; esta é a finalidade que teñen as follas fotocopiábeis que hai ao final desta sección.

A avaliación individual permite pescudar os coñecementos de inglés que teñen os alumnos/as. Faise un test de diagnóstico ao comezo do curso e utilízanse as follas de autoavaliación para seguir o progreso de cada quen na lingua, o modo en que aprendeu, a súa experiencia anterior, etc.

Se se teñen demasiados alumnos/as, no canto de recoller as follas English and Me e de lelas unha por unha, pódeselles pedir que comparen as súas respostas en pequenos grupos, para posteriormente preguntar por elas a man alzada. Deste xeito poderemos ter unha visión xeral da clase.

A avaliación dos coñecementos previos pódese realizar antes de comezar cada unidade pedíndolle ao alumnado que adiviñe o tema que tratan, a partir do título e mirando os obxectivos primordiais detallados no cadro In This Unit ao comezo de cada unidade, e aos que deben ser remitidos os alumnos cando vaian repasar para un exameTamén se debe avaliar o progreso do alumnado nun período de tempo, é dicir, facer unha avaliación formativa. Se un alumno/a que ten un nivel baixo ve como progresa e que o seu esforzo é tido en conta a pesar de non chegar ao aprobado, sentirase máis motivado a continuar traballando para tratar de conseguilo. Isto faise aínda máis patente nas clases heteroxéneas onde os alumnos/as de máis baixo nivel sempre obteñen notas baixas, especialmente se son constantemente comparados con alumnos/as máis avantaxados. Se a nota final inclúe un compoñente de progreso, será un factor especialmente motivador.

As ferramentas de avaliación formativa poden ser as tarefas, o comportamento e a actitude en xeral, o traballo en parellas e en grupos, o caderno, o progreso en listening, speaking, reading e writing. Recoméndase comparar os resultados da avaliación formativa cos da autoavaliación que os alumnos/as fixeron nas follas de English and Me, antes de cubrir a folla de avaliación sumativa de cada un, para rexistrar como foron progresando durante o ano.

Tamén se poden utilizar os tests de cada unidade (incluídos no Teacher´s All-in-One Pack) para observar como progresan entre unha unidade e a seguinte e tamén para avaliar a súa actitude ante a lingua. Sempre se lles debe dicir canto e de que xeito vai contar nas súas notas cada criterio de avaliación.

Para recoller as notas que obteñen en cada unidade e ademais avaliar a súa actitude ante a lingua, e así ver a súa evolución, pódese utilizar a folla de avaliación formativa, ao final desta sección.

A autoavaliación

A autoavaliación é un bo modo de que o alumno/a sexa consciente tanto do seu progreso coma das súas carencias ou necesidades, contribuíndo así a desenvolver a súa autonomía e a responsabilidade da súa aprendizaxe. En English for You! ESO 2 incluímos os cadros “Check yourself!” na sección Grammar Round Up, ao final do Student’s Book, para que poñan en práctica a gramática da unidade. No Workbook incluímos as páxinas Check Your Progress e a sección Self-Evaluation, para que

78

Page 79: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

poñan en práctica o vocabulario, a gramática, as destrezas de escritura, e de tradución dunhas frases á lingua propia, co fin de poder avaliar o seu progreso Tamén é aconsellábel que se autoavalíen noutros aspectos importantes da súa aprendizaxe como son os proxectos, as actividades de listening, o seu grao de cumprimento das normas e calquera outro aspecto que se considere importante.

Con alumnos/as desta idade, as follas de avaliación deben ser planificadas con coidado e discutidas na clase antes de seren cubertas, xa que deben saber por que e como facelo de forma correcta, é dicir que trataremos de que sexan responsábeis e sinceros. Tamén hai que tratar de evitar darlles follas de autoavaliación con excesiva frecuencia ou que sexan demasiado longas, senón os alumnos/as cansarán rapidamente.

O seu interese pola autoavaliación decaerá se non lle ven utilidade. É necesario que aprendan a reflexionar e que saquen conclusións da súa propia valoración, pero non a realizarán seriamente se o profesor/a non a ten en conta. O profesor ten a última palabra sobre a nota, pero pode pactar cos alumnos unha forma de incluír a súa propia valoración na avaliación global. Se conseguimos que a tomen en serio, a autoavaliación pode ser un elemento moi motivador.

Hoxe en día téndese cada vez máis a animar ao alumnado a que prepare un “portfolio” do seu traballo, un documento no que se recolle o seu estilo de aprendizaxe, os seus obxectivos para mellorar, as probas dos seus progresos e un rexistro dos seus contactos con falantes nativos ou os seus intercambios culturais. Con este fin, o noso proxecto tomou como referencia un documento promovido polo Consello de Europa chamado Portfolio Europeo das Linguas (European Language Portfolio, ELP), no que os alumnos/as poden rexistrar as súas experiencias de aprendizaxe da lingua e da cultura inglesa e reflexionar sobre as mesmas. O marco de referencia europeo proporciona unha base común para a aprendizaxe, o ensino e a avaliación de linguas en toda Europa, e sobre todo mellorará a capacidade de autoavaliación do alumnado.

O alumno/a, de forma autónoma, poderá non só repasar ou reforzar os coñecementos que vaia adquirindo en cada unidade a través do CD-ROM interactivo de English for You! 2, senón tamén mellorar a súa comprensión oral cos textos, diálogos e cancións incluídos no mesmo, así como practicar a expresión oral. Con iso tamén se pretende que teña a posibilidade de estar en contacto coa lingua inglesa en calquera momento e que non se vexa limitado ás horas escolares para a súa aprendizaxe.

Os proxectos incluídos nas tres unidades de repaso, que hai despois das unidades 3, 6 e 9, están pensados para que os alumnos/as poñan en práctica os contidos e as estruturas gramaticais que aprenderon ata ese momento. No Workbook atoparán unha detallada explicación dos pasos a seguir e material de apoio. Así e todo, o profesorado pode optar por non encomendarlles estes proxectos sen que por iso se produza ningún desequilibrio na adquisición dos contidos programados para este nivel.

Finalmente, os alumnos/as poderán ampliar os aspectos socioculturais coa sección Our World, ao remate de cada unidade, que contén un texto e actividades, e cos cadros fun 4U! e fact 4U!, que hai ao final das unidades do Student´s Book. O propósito desta sección é fomentar o seu interese por coñecer aspectos socioculturais dos países de fala inglesa e doutras linguas, e de contrastalos cos do seu propio país.

79

Page 80: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Name ________________________________________Class ________________________________________School Year ___________________________________

My English Learning Biography

ATSCHOOL

I started learning English in: (year)

In ESO 1, my book was (write the title of the book used):

Things I liked studying in ESO 1:

My mark last year was:

OUTSIDESCHOOL

Tick the sentences that are true for you.

1. I go to classes in a language school.

2. I listen and try to understand the words in English songs.

3. I write e-mails or join in Internet chats in English.

4. I have been to an English-speaking country. Where?

My Marks in 2nd of ESOMy Marks Pre-test Term 1 Term 2 Term 3 Final Mark

Listening

Speaking

Reading

Writing

Grammar

Vocabulary

Teacher’s observations

80

My English ExperienceKeep this record.You may want to

Page 81: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

81

Page 82: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Use this scale: 1 2 3 4 5with OK easily

difficulty

Things I can do in English:

Ter

m 1

Ter

m 2

Ter

m 3

ListeningI can understand my teacher’s instructions and expressions in English.

I can understand everyday expressions in English.

I can understand the recording when I listen carefully.

I can understand conversations in English, or English people when they speak in films or on the video / DVD in my English lesson.

ReadingI can understand the reading texts in my English book.

I can understand the instructions in my English book.

I can understand simple messages (letters, e-mails) or signs in English.

I can read and understand comics and short texts.

SpeakingI can speak to my friends or the teacher in English using dialogues from my book.

I can give information, ask questions about personal details and express preferences and opinions.

I can do simple role-plays / acting in English using expressions in my book.

I can use some of the expressions in my book. I can talk about personal information and describe people, places and things.I can respond when people speak to me in English and I can use simple phrases.

I can talk about the present, the past and the future.

WritingI can complete simple charts, writing information about myself in English.

I can write short notes and send messages to friends in English (on a mobile phone / e-mail, etc.).

I can write short sentences about myself / my family.

I can write short texts about my activities and preferences.

I can write a paragraph using linking words.

82

English and Me

Page 83: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Which language area do you need to improve? Prioritise the following language areas for you to improve.Use this scale:

1 2 3 4 5

Ter

m 1

Ter

m 2

Ter

m 3more less

important important

SpeakingListeningReadingWritingLanguage (Grammar / Vocabulary)

Choose strategies to improve the language area that is most important to you. Tick the strategies you want to use.You can also add ideas of your own:

Speaking I will try to speak to my teacher in English. I will try to speak only English in speaking activities in class. I will try to present my project work orally in class.Listening I will read the questions carefully and imagine the answers before I listen. I will listen to the whole text and try to understand as much as I can. I will listen to songs in English and follow the words.Reading I will read the questions carefully so I can find the answers in the text. I will try to guess unknown words. I will use the title, headings and pictures in the text to help me understand. I will use my Interactive CD-ROM to practise reading texts.Writing I will write a list of useful words and expressions before I start. I will write a draft and correct it before I write a neat version. I will use the Writing Guide in my book to check my writing for mistakes.Language (Grammar / Vocabulary) I will do the Grammar Round Up in my book and try to remember grammar rules. I will try to memorise the list of words in the Word Games 4U! glossary for each unit. I will make and keep a vocabulary notebook. I will use my interactice CD-ROM to practise my English at home.

Over the year, check if your strategies are working. If not, try something else!

Are my strategies working?

Term 1 Term 2 Term 3

83

My Strategies for Progress

Page 84: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Name ________________________________________Class ________________________________________School Year ___________________________________

Score: 1 – 101 = Insufficient5 = Sufficient10 = Outstanding

Uni

t 1

Uni

t 2

Uni

t 3

Uni

t 4

Uni

t 5

Uni

t 6

Uni

t 7

Uni

t 8

Uni

t 9

DateCommunicationSkills

ReadingWritingListeningSpeaking

LanguageSkills

GrammarVocabularyPronunciationFunctional Language

Attitude

Use of English in classHomeworkBehaviourProjects

Observations

84

Formative Record Sheet

Photo ofstudent

to go here

Page 85: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

Name ________________________________________Class ________________________________________School Year ___________________________________

Diagnostic

Test Term 1 Term 2 Term 3 Final Mark

(circle level) (circle level) (circle level)

Reading

Speaking

Listening

Grammar

Vocabulary

Writing

Observations

85

Summative Evaluation

Page 86: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

c) Criterios de promoción (*)

86

Page 87: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

9. Actividades complementarias e extraescolares (*)

87

Page 88: Nome do Centro · Web viewAs páxinas do Workbook e da sección Word Games 4U!, reducidas, coas respostas sobreimpresas en cor. Teacher’s All-in-One Pack Consta das oito seccións

10. Materiais e recursos didácticos (*)

88