n 2014 Órgano de comunicación do s. n. de cc · soal do fogasa é moi similar ao ... ción,...

9
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 49 - febreiro de 2014 O 8 de marzo celébrase o Día Internacional das Mulleres. En Gali- cia haberá multitude de actos reivindicativos, dos que aparecerá a oportuna información na páxina web do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia. Entre os máis destacados cabe sina- lar a manifestación que terá lugar só un día despois, o 9 de marzo, en defensa do de- reito ao aborto. A marcha partirá ás 12 h da estación do tren de Santiago. / PÁX. 9

Upload: vutu

Post on 08-Aug-2018

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: N 2014 Órgano de comunicación do S. N. de CC · soal do FOGASA é moi similar ao ... ción, flexibilidade interna, despe - dimentos e, especialmente, a ne - gociación colectiva

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 49 - febreiro de 2014

O8 de marzo celébraseo Día Internacionaldas Mulleres. En Gali-

cia haberá multitude deactos reivindicativos, dosque aparecerá a oportunainformación na páxina web

do Sindicato Nacional deCCOO de Galicia. Entre os

máis destacados cabe sina-lar a manifestación que terálugar só un día despois, o 9de marzo, en defensa do de-reito ao aborto. A marchapartirá ás 12 h da estacióndo tren de Santiago. / PÁX. 9

Page 2: N 2014 Órgano de comunicación do S. N. de CC · soal do FOGASA é moi similar ao ... ción, flexibilidade interna, despe - dimentos e, especialmente, a ne - gociación colectiva

GALiCiA SiNdiCAL Número 49 - febreiro de 2014

2

www.galicia.ccoo.es

EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / Secretaría de Comunicación / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de Normaliza-ción Lingüística / COLABORARON NESTE NÚMERO: Benxamín Rocha (O Retrovisor), X. Rodríguez (opinión), Xesús Castro, Violeta Esteban, Manuel M. Barreiro,Mabel Pérez, Xerardo Uz (análise), Cristóbal G. Triñanes, Yolanda Quintiá e B. Rocha (fotos) / CONTACTO: [email protected] / PECHE: 28/2/2014

Odramaturgo francés JeanAnouilh recreou en 1944 omito grego de Antígona

durante a ocupación de Franciapolos alemáns, no que a protago-nista se rebela contra a orde in-xusta do seu tío Creonte, rei deTebas, de non dar sepultura a Po-linices so pena de morte. Nun úl-timo intento por salvala, Creontesuplícalle á sobriña que reconsi-dere a súa postura «porque asleis están feitas para favorecer osfillos dos reis!». Mais ela man-tense firme ata o dramático final.Hoxe, de Alemaña, de instan-

cias financeiras non veñen pan-zers nin junkers para nosocuparen, pero si directrices queafogan as persoas sinxelas nanecesidade e na miseria. Porén,unha minoría poderosa –«os fi-llos dos reis» que di Anouilh– tenas cancelas abertas para se enri-quecer sen límite ata o punto deresultar unha ameaza para unsistema de convivencia demo-crático: ten secuestrado o poderpolítico e manipula ao seu anto-

O RETROVISOR · por Benxamín Rocha

llo as regras do xogo económico.Malia a crise, nestes últimos

anos a riqueza concéntrase cadavez máis en menos mans e, polacontra, agrándanse na poboacióna exclusión e a pobreza. Un malque é global, pero que a nós nostoca de cheo: España está á ca-beza dos países con maior de-sigualdade, unha situación de in-xustiza que se está a incrementarexponencialmente ao aplicar oGoberno políticas de recortes nosservizos e nos investimentos pú-blicos, desregular as relacións la-borais, baixar os impostos aosricos e subírllelos aos cidadáns ecidadás de a pé, mirar para outrolado na persecución da fraude edos paraísos fiscais.Aproxímanse as datas para

unha cita electoral europea ecómprenos decidir que quere-mos. Mentres tanto, digo quenon todos os políticos son co-rruptos nin as políticas quepropoñen son as mesmas. Haioutras alternativas. Nas mansda cidadanía está a solución.

SEN COMENTARIOS

Page 3: N 2014 Órgano de comunicación do S. N. de CC · soal do FOGASA é moi similar ao ... ción, flexibilidade interna, despe - dimentos e, especialmente, a ne - gociación colectiva

3

www.galicia.ccoo.es

GALiCiA SiNdiCALNúmero 49 - febreiro de 2014

Alén das cifras –que,aínda sendo interpreta-bles, só debuxan un pa-

norama desolador para quenmáis padece a crise–, cómprepór por riba de todo as situa-cións de necesidade dun nú-mero crecente de persoas efamilias que non se poden fiarda suposta mellora da situa-ción económica.O número de persoas sen

emprego é insostible, pero onúmero de fogares sen ingre-sos é dramático. Desde logo,non hai solución inmediata,pero xa se perdeu moitotempo en acometer unhasaída social á crise, e as me-didas que se toman, máis casandar as feridas, botan salenriba delas.Non se crea emprego nin se

activa a economía, e o Go-berno do PP «ilumina» o finaldo túnel da crise con empregosen dereitos e salarios máisbaixos, malia á suba do IPC.

Redución do consumoAínda que o IPC só suba

unhas décimas, non é o casodo recibo da luz, nin dostransportes públicos nin dosalimentos, que soben núme-ros enteiros! A cidadanía nonpode afrontar o aumento dosprezos cuns salarios mingua-dos –no caso de quen con-serve un posto de traballo– ouse esgotou as prestacións so-ciais, e entón reduce o con-sumo e o gasto. O resultadodisto é máis destrución de em-prego nas empresas que per-den vendas.Os copagamentos en trata-

mentos sanitarios obrigan a

moitos doentes a deixar demedicarse e aturar dor por-que non poden pagar osmedicamentos. Ademais, osrecortes orzamentarios nasanidade pública provocantamén unha peor calidadena asistencia.O ensino público, en todas

as súas etapas, tamén pa-dece os recortes, mentresque o privado se ve favore-cido con máis concertos eaxudas, nomeadamente oscentros que defenden a con-fesión católica. A universi-dade estase a converter, ámantenta, no couto privadode quen a pode pagar; regre-samos a épocas en que es-taba reservada ás eliteseconómicas e sociais. Ade-mais, quen dá rematado osestudos atópase con que aúnica saída é emigrar…tamén coma outrora.

Permanente denunciaEstas situacións motivan o

estado permanente de mobi-lización e denuncia por partede todos os sectores afecta-dos. Aínda así, non se conse-gue frear as medidas derecorte nin activar políticasde creación de empregodigno con dereitos. Por estemotivo, quizais sexa conve-niente revisar o desenvolve-mento das mobilizacións,evitando atomizacións secto-riais e corporativismos. Aesta necesidade responde acreación da Alianza SocialGalega, esta foi a principalrazón: concentrar os esfor-zos en grandes mobilizaciónsunitarias.

Despois de moito tempo, aAlianza Social Galega reacti-vouse e convén que se man-teña activa e se articule portoda Galicia, sumando a todasas organizacións e movemen-tos que loitan por unha saídasocial da crise. A excepcionalsituación actual esixe todos osesforzos necesarios.

Page 4: N 2014 Órgano de comunicación do S. N. de CC · soal do FOGASA é moi similar ao ... ción, flexibilidade interna, despe - dimentos e, especialmente, a ne - gociación colectiva

GALiCiA SiNdiCAL Número 49 - febreiro de 2014

4

www.galicia.ccoo.es

Resulta tan tentador comatriste referirse nestes ter-mos a un organismo pú-

blico, pero sería tamén moi apro-piado: «FOGASA, paga o quedebes». E é que o Fondo de Ga-rantía Salarial (FOGASA) acumulaun inusitado atraso na xestióndos expedientes pois, ao rematedo pasado mes de decembro,eran máis de 180.000 en todo oEstado e 13.000 en Galicia.A linguaxe administrativa pode

ser fría ás veces, pero nós nonpodemos esquecer que por trasde cada expediente pendente haiunha persoa que está sen cobrarun diñeiro polo que traballou e aoque ten dereito. Lembremos quea misión fundamental do FO-GASA é aboarlles aos traballado-res e traballadoras por conta alleaparte dos créditos salariais e in-demnizacións pendentes de pa-gamento, tanto por declaraciónde insolvencia como por con-curso de acredores.A crise incrementou o recurso

a este fondo, que entre o 2007 eo 2013 case multiplicou por catroo número de expedientes resol-tos, superando os 150.000.Porén, como dicía, na actualidadeten máis de 180.000 que, exce-dido o prazo máximo de tresmeses, continúan sen resolución.No caso galego, case todos osatrasos (97,8 %, concretamente)constátanse nas provincias máispoboadas: 7.128 na de Ponteve-dra e 5.608 na da Coruña.Para solucionar o problema, o

Ministerio de Emprego e Seguri-dade Social externalizou parte da

xestión dos expedientes á em-presa TRAGSATEC, que per-tence ao grupo TRAGSA. Lonxede dar resposta, a medida –se-gundo denuncia CCOO– provo-cou situacións de inxustiza ediscriminación ás persoas quedeberían percibir os pagamen-tos, polo que se agravou a si-tuación.

Cómpren soluciónsPrecisamente, o pasado 13 de

febreiro, CCOO, xunto coa UGT,convocou concentracións diantedas oficinas provinciais do FO-GASA para esixir solucións. Aesta acción sumáronse os traba-lladores do organismo en Galicia,

conscientes de que parte do pro-blema se debe á deterioracióndos servizos públicos, que nocaso do FOGASA se pon de re-levo nunha insuficiente dotaciónde recursos humanos.A situación en Galicia é un fiel

reflexo do que acontece no restodo Estado, xa que o cadro de per-soal do FOGASA é moi similar aode hai dez anos (487 persoasfronte ás 471 do 2004), pero paralle facer fronte a unha tripla cargade traballo. No caso de Galicia, endecembro do 2013, o FOGASAtiña 21 persoas en nómina e coaseguinte distribución: oito para aprovincia de Pontevedra, seispara a da Coruña, catro paraLugo e tres para Ourense. Cabesinalar o paradoxo de que asprovincias que acumulan o 97,8% dos atrasos non contan cunhadotación de persoal moito maior

ca aquelas que case non teñen.Os sindicatos maioritarios xa

se reuniron co Ministerio de Em-prego e Seguridade Social paralle exporen a situación e proporun plan de choque cuxo primeiroeixe de actuación é o reforza-mento do cadro de persoal doFOGASA para axilizar a tramita-ción dos expedientes e facerefectivos os pagamentos, dán-dolles prioridade aos que acu-mulan maior atraso –nalgúncaso, ata dous anos–. Porén,malia a contundencia dos datos,o Goberno non atendeu estasreivindicacións e, polo que pa-rece, mostrouse insensible á re-alidade de que cada expedientesen resolver é un drama persoal.Cada día que pasa sen que seadopten medidas ao respecto éunha proba máis de que o Exe-cutivo central mente cada vezque asegura que lle importan aspersoas e que defende os servi-zos públicos.

n Externalizar a xestión dos expedientes non solucionou o problema

Concentración na Coruña para lle esixir ao FOGASA a tramitación

dos expedientes atrasados / Foto: Cristóbal G. Triñanes

Page 5: N 2014 Órgano de comunicación do S. N. de CC · soal do FOGASA é moi similar ao ... ción, flexibilidade interna, despe - dimentos e, especialmente, a ne - gociación colectiva

5

www.galicia.ccoo.es

GALiCiA SiNdiCALNúmero 49 - febreiro de 2014

As reformas laborais impos-tas unilateralmente nosanos 2010, 2011 e 2012

supuxeron un retroceso signifi-cativo no modelo democrático derelacións laborais, pois modifica-ron os mecanismos de contrata-

ción, flexibilidade interna, despe-dimentos e, especialmente, a ne-gociación colectiva.Neste contexto, a negociación

colectiva viuse substancialmentealterada en aspectos centraiscomo a estrutura e articulación

dos convenios, a vixencia e ul-traactividade e a cobertura nego-ciadora e de contidos.Os datos do 2013 poñen de

manifesto a deterioración da ne-gociación colectiva: redución sa-larial, aumento da xornada epreocupante atraso no asina-mento dos convenios, sobre todona súa revisión. Ademais, un dosfactores que debemos remarcaré a drástica redución que experi-mentou a taxa de cobertura danegociación colectiva.

ObxectivosPor iso, reforzar a actuación

do sindicato nas empresas parafacer fronte ás reformas e á pre-cariedade laborais é un dos prin-cipais obxectivos do SindicatoNacional de CCOO de Galicia nanegociación colectiva de 2014,xunto coa mellora do emprego ea recuperación do poder adqui-sitivo dos salarios.O que está ameazado é o pro-

pio dereito á negociación colec-

tiva e os convenios, polo que anosa primeira preocupación serádefender os seus elementos es-truturais. Daquela, centraremosa nosa actuación en mellorar acalidade do emprego e a súa es-tabilidade, garantindo os dereitoslaborais e sociais; recuperar opoder adquisitivo dos salarios;evitar que a empresa impoñaunilateralmente a distribución daxornada ou a modificación dascondicións laborais; evitar asdesvinculacións inxustificadasou fraudulentas e reforzar osconvenios sectoriais e acordosmarco, así como a actuación sin-dical na empresa.Outro dato que se ha ter en

conta é o dos procesos de non--aplicación de convenios, aosque habería que engadir aque-loutros, non menos numerosos,de acordos informais. Parece,como mínimo, hipócrita un sis-tema en que se subscriben con-venios e se poñen en marcha osprocedementos para evitar a súaaplicación… E agora, danlleoutra volta a esta reforma coadesregulación do tempo parcial,co cambio das regras de cotiza-ción á seguridade social e cunhasegunda reforma da negociacióncolectiva que queren acometer eque, tememos, seguirá na súaliña habitual de debilitación dedereitos.

Page 6: N 2014 Órgano de comunicación do S. N. de CC · soal do FOGASA é moi similar ao ... ción, flexibilidade interna, despe - dimentos e, especialmente, a ne - gociación colectiva

GALiCiA SiNdiCAL Número 49 - febreiro de 2014

6

www.galicia.ccoo.es

Éunha realidade que a fondacrise que sofren a cidadaníae as traballadoras e traballa-

dores deste país desde hai unsanos supuxo ao tempo unhaoportunidade de negocio e unmundo novo de experiencias einnovacións para outros, espe-cialmente no que atangue aomercado de traballo e ao eido dasrelacións laborais. Novos modelos de contra-

tación, facilidades de despe-dimento, reducións salariais,incumprimento de acordosconsensuados nos ámbitosda empresa, dispoñibilidadesá carta a cambio de condi-cións draconianas, etc., sonos novos indicadores do tipode emprego que xerou o Go-berno do PP e que, por des-graza, empezan a ser máis cahabituais. Do modelo liberalcapitalista americano ao mo-delo empresarial asiático se-páranos só un paso.Dentro dunha clara estratexia

do Goberno do PP que ponentre o eixe e a roda os mode-

los de protección e sostén danosa sociedade, evidénciase oataque sistemático aos servi-zos públicos de calidade destepaís, non só mundialmente re-coñecidos polo seu funciona-mento (servizos públicos desaúde), senón tamén polo seuamplo espectro de protección(Sistema Público Nacional deSeguridade Social). Por outrolado, a defensa implacabledestes servizos desde as or-ganizacións sindicais e so-ciais, e especialmente desdeCCOO, foi sempre unha prio-ridade e cuestión fundamen-tal como piar de cohesión eavance social.Neste contexto, o antepro-

xecto de lei de mutuas –que oGoberno planea aprobar comomoi tarde antes do mes dexullo– non é máis ca outrochanzo de todo este proceso.As patronais das mutuas,

que disque lle aforrarán á Se-guridade Social miles de mi-llóns de euros, representan aquen adoita ocultar a verda-

deira dimensión do número deenfermidades profesionais exis-tentes neste país e, ademais,sistematicamente, desvían es-tes casos encubertos comoenfermidades comúns paraque os atenda sanitariamenteo mesmo sistema público desaúde ao que seica axudan aaforrar.Desde o ano 2006, esta orga-

nización demostra con datosque a propia Seguridade So-cial, a través das comunidadesautónomas, podería aforrar in-vestigando as causas das en-fermidades laborais e creandoun equipo de control eficazpara detectar a fraude na xes-tión destas mutuas con res-pecto ao organismo público.No canto de avanzar polo ca-

miño máis fácil e barato, esteanteproxecto de lei recolle unprocedemento que posibilitaque as mutuas recoñezan napráctica altas médicas noscasos de incapacidade tempo-ral por enfermidade común.Poderán propor a alta aos mé-dicos de atención primaria querecoñeceron a baixa por enfer-midade, dando un prazo má-ximo para contestar de cincodías hábiles. Se non houbercontestación por parte do ser-vizo público de saúde, enten-derase que a alta ten plenosefectos e o traballador ou tra-balladora deberá reincorpo-rarse ao seu posto de traballo,coa agravante de que non pa-sará unha revisión médica queavale esa alta. Outra cuestiónfundamental é que na propialei non se prevé un procede-mento de comunicación coapersoa enferma, co que a in-defensión do paciente serátotal á hora de formular cal-quera tipo de alegación.Non hai que ser moi perspi-

caz, chegado este punto, para«descubrir» a propia perver-sión que encerra este pro-xecto de lei, xa que ostempos de resposta das ins-pecciones médicas nas dife-rentes comunidades autóno-mas superan en diferentemedida ese prazo de respostaexcesivo e calculadamentecurto. Téñase en conta, ade-mais, unha particularidademoi importante: actualmente,o feito de o facultativo noninformar unha proposta dealta débese a que, en moitoscasos, se entende que a inca-pacidade temporal está per-fectamente fundamentada.A aprobación deste proxecto

coas novas competencias paraas mutuas pode xerar, ade-mais, problemas de gran ca-lado. Á parte de controlar oabsentismo mediante a pre-sión e o maltrato ao enfermo,é moi posible que se produzaun colapso tanto no servizomédico de atención prima-ria como na propia Inspecciónmédica, xa que se verán des-bordados e posiblementerenunciarán a realizar con-trainformes de resposta aoscriterios das mutuas. Doutrabanda, é ben coñecido e reco-ñecido, mesmo polos propiosprofesionais das mutuas, quenon dispoñen de especialistasen moitas patoloxías, algunhasde gran prevalencia.A CEOE, a CEPYME, as mu-

tuas, os responsables políticosencargados da xestión e a de-fensa dos nosos servizos públi-cos sábeno. O seu obxectivo éfacer negocio mediante a máisgroseira privatización do sis-tema, avanzando de paso caraa unha manifesta dualidade dosistema asistencial.Cómpre unha pronta e contun-

dente resposta desde todos osámbitos sociais, sindicais –espe-cialmente no da propia em-presa– e profesionais parafrear a deriva cara a un sistemaclaramente lesivo e antidemo-crático para a cidadanía.

Page 7: N 2014 Órgano de comunicación do S. N. de CC · soal do FOGASA é moi similar ao ... ción, flexibilidade interna, despe - dimentos e, especialmente, a ne - gociación colectiva

7

www.galicia.ccoo.es

GALiCiA SiNdiCALNúmero 49 - febreiro de 2014

No seu libro Poder y comu-nicación, Manuel Castellsdá por sentado que os

medios de comunicación nonson «o cuarto poder», senón oprimeiro. Vivimos nun Princi-pado Mediático onde, para ocu-par o poder e conservalo, sonimprescindibles a prensa e a te-levisión, tamén a radio, Internete as redes sociais. «Todo o pe-riodismo pertence á política»,gustáballe dicir ao xornalistamexicano Manuel Buendía. Tiñarazón: os mass media son unescenario e un instrumento de-terminante na construción dahexemonía política e cultural.Hai quen fala de democracia

mediática pero non existe seme-llante réxime. En ningures haiigualdade de oportunidades noacceso aos media. Nin nos priva-dos nin nos públicos. En Galiciacertificamos cada día esa reali-

dade. Hai moitas cabeceiras xor-nalísticas pero unha escasa plu-ralidade; case todas son variantesda mesma cepa ideolóxica: haimedios conservadores e mediosconservaduros.Na crise que esborralla as em-

presas de comunicación mestú-ranse cambios tecnolóxicos (airrupción de Internet), mudanzasnos consumos (coa exaltación dacultura do todo gratis), unhacreba do negocio publicitario eunha notable perda de credibili-dade da prensa que, en moitoscasos, se instituíu como celosavixiante da orde dominante. Amansedume ordena a axendamediática. Os medios amigosengraxan a hexemonía conserva-dora, fixan cales son as políti-cas posibles e desexables, ago-chan a protesta, naturalizan adesigualdade e, como sinalouRyszard Kapucinski, teiman en

que «a loita non dá resultados». A independencia xornalística é

un desexo que se disolve na con-tabilidade financeira. Moitosgrandes medios diríxense desdeos consellos de administracióndos bancos e dos fondos de in-vestimento que son donos dassúas débedas. A maioría necesitados ingresos da publicidade ins-titucional para mellorar os seusbalances negativos. A lealdade aoPoder cotiza á alza na medida enque caen as vendas.O xornalismo en lingua gale-

ga tivo o seu bienio negro en2010-2011: desapareceu A NosaTerra, publicación histórica donacionalismo; Vieiros, co que seiniciou o xornalismo dixital enGalicia, deixou de estar na Rede;A Peneira, medio precursor daprensa comarcal, crebou; Xornalde Galicia, que saíu a finais de2008, non chegou a celebrar oseu terceiro aniversario. O únicodiario impreso integramente engalego, Galicia-Hoxe, desapare-ceu dos quioscos. As redaccións dos grandes

medios foron decimadas e esten-deuse a precariedade laboral. Asempresas de comunicación,xunto coas industrias culturais,cartografáronse axiña como zonacero da crise. O sistema de me-dios en galego achegouse á súaextinción. Sobreviviron as publi-cacións mensuais Tempos Novose Novas da Galiza, o dixital GaliciaConfidencial e o diario gratuíto DeLuns a Venres que, co tempo,pasou a ser semanal.Non hai un padrón único que

explique a deleiba dos medios engalego, aínda que a fraqueza em-presarial dos proxectos, a falta deapoio da Xunta e a debilidade dassúas comunidades lectoras son

factores determinantes na súadesaparición. Con todo, a partirde 2012 xurdiron novos proxec-tos de información crítica en lin-gua galega. Novos medioscomprometidos co cambio polí-tico e social e esteados economi-camente nas achegas dos seuslectores e, en moita menor me-dida, nos ingresos publicitarios eas subvencións gobernamentais.Con esta orientación creamos

o xornal dixital praza.com. Pou-cos meses despois nacía SermosGaliza. Multiplicáronse os dixitaiscomarcais e, a mediados de2013, iniciaron a súa andaina–con programas de debate e en-trevistas– a televisión comuni-taria Galiza Ano Cero e Irman-dade TV. Malia crueza da crise,reconstruíuse o espazo galego decomunicación alternativa, peroqueda aínda moito por facer paragarantir a sustentabilidade eco-nómica e ampliar a audiencia, re-cursos e incidencia política esocial dos novos medios. A ofensiva neoliberal para

transferir os custos da crise aosmáis débiles non vai remitir. Poriso é necesaria unha sólida alian-za dos medios de información al-ternativos cos movementossociais, as organizacións sindi-cais e os partidos que desexan ocambio político. Para defender-mos os nosos dereitos sociais eliberdades e poñermos o nosoautogoberno ao servizo da igual-dade e dunha economía solidaria,son necesarios medios de comu-nicación que empoderen os que(aínda) non teñen poder, quedean voz aos que non teñen voze que visualicen que hai loitasque teñen consecuencias espe-ranzadoras para a inmensa maio-ría dos cidadáns.

Page 8: N 2014 Órgano de comunicación do S. N. de CC · soal do FOGASA é moi similar ao ... ción, flexibilidade interna, despe - dimentos e, especialmente, a ne - gociación colectiva

8

www.galicia.ccoo.es

GALiCiA SiNdiCAL Número 49 - febreiro de 2014

OConsello de Ministros doGoberno do Partido Popu-lar aprobou, a finais de de-

cembro de 2013, o Anteproxectode lei orgánica para a protecciónda vida do concibido e dos derei-tos da muller embarazada e, coaescusa de cumprir o seu pro-grama electoral, presenta unhanova lexislación para a regulaciónda interrupción voluntaria do em-barazo que elimina a capacidadede decisión das mulleres nun as-pecto tan importante e persoalcomo é o dereito a decidir sobrea súa maternidade.Esta radical modificación da lei

actual vai da man da ideoloxíaneoliberal que nos goberna noeido económico, laboral, so-cial ou ecolóxico, no seu em-peño de que vivamos nesemodelo de sociedade que elesqueren e representan. A novalei afondará na exclusión e nasdesigualdades estruturais destesistema patriarcal e capitalista, áque se suman as inxerencias da

Igrexa católica para impor aoconxunto da poboación as súasconviccións e a súa moralidade.O control da sexualidade e a re-

produción das mulleres preten-dido polo sistema patriarcal é undos instrumentos máis podero-sos para dominar as mulleres.Precisamente, o acceso a medi-das anticonceptivas e de controldo embarazo foi unha auténticarevolución para a liberación dasmulleres.Máis de cen mil mulleres abor-

taron o ano pasado no Estado es-pañol por un embarazo nondesexado ou non previsto. Frontea esta realidade, o Goberno pre-senta un anteproxecto de lei para,en palabras do ministro de Xus-tiza, «protexer o dereito das mu-lleres, por excelencia, á mater-nidade»; o que na súa linguaxesignifica negar o dereito ao abor-to. No marco da crise, e aliadoao integrismo económico e re-lixioso, debúxanos un novo/vellomodelo de ser muller, un pro-

xecto normativo de vida para asmulleres en total conflito coa súaautonomía e liberdade.A Lei orgánica 2/2010, do 3 de

marzo, de saúde sexual e repro-dutiva e da interrupción volunta-ria do embarazo, a chamada «leide prazos», a vixente, adoptadapola maioría dos países da nosaárea, é unha norma xurídica quepermite á muller embarazada,nun prazo determinado, inte-rromper o embarazo dentro dosistema público de saúde, de ma-neira gratuíta e sen quedar supe-ditada na súa actuación á opiniónou ditame doutras persoas.O PP asegura que a súa pro-

posta significa volver á lexislacióndo ano 1985, pero non é certo. ALei orgánica 9/1985 despenali-zaba a interrupción voluntaria doembarazo só en tres supostos: seexistía risco grave para a saúdefísica ou psíquica da muller em-barazada; nos casos de violacióne nos casos de malformacións fí-sicas ou psíquicas no feto. Porén,o anteproxecto do Goberno limitaos supostos aos dous primeirose endurece as condicións de con-trol médico, psiquiátrico e xudi-cial; un retroceso a unha situa-ción anterior á lei de 1985.

O dereito a decidirO dereito a decidir das mulleres

asenta nun principio ético e polí-tico: o recoñecemento das mulle-res como suxeitos, con capa-cidade moral para emitiren xuízospropios e tomaren decisiónssobre os dilemas que se poidanpresentar na vida; entre eles, amaternidade é particularmenterelevante.Entronca co dereito á autono-

mía das mulleres como seressexuais e á maternidade como

unha opción, co dereito á intimi-dade, á súa seguridade e integri-dade. Xusto o contrario daconcepción e consideración queas persoas que negan o abortoteñen das mulleres como seressen capacidade e necesitadas depermanente tutela.O dereito a decidir significa que

o Estado ten unha obriga: garan-tir, mediante os recursos e servi-zos precisos, a universalidadedese dereito. A restrición do de-reito ao aborto é, pois, unha vio-lación dos dereitos humanos:cando un embarazo non é de-sexado e a lei obriga a que a mu-ller o continúe, esta situaciónpode constituír unha intrusióngobernamental no corpo da mu-ller. O Comité de Dereitos Huma-nos da ONU indicou que «asrestricións de acceso ao abortolegal e seguro poden levar a si-tuacións que constitúen un tratocruel, inhumano ou degradante».Mentres o aborto estea no Có-

digo penal, o dereito a decidirserá negado e estará subordi-nado á xudicatura; mentres abor-tar sexa delito, haberá unhainseguridade xurídica para asmulleres e profesionais que oleven á práctica; só a despenali-zación e un aborto libre e na sa-nidade pública, gratuíto, apoia alibre decisión das mulleres.

Page 9: N 2014 Órgano de comunicación do S. N. de CC · soal do FOGASA é moi similar ao ... ción, flexibilidade interna, despe - dimentos e, especialmente, a ne - gociación colectiva

Número 49 - febreiro de 2014

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

As imaxes do acontecido o6 de febreiro en Ceuta,cando máis dunha ducia

de inmigrantes faleceron dian-te dun equipo antidisturbios daGarda Civil, pasarán á historiapor varios motivos. O primeiro,polos feitos obxectivos dungrupo de seres humanos pere-cendo ante a impasibilidade dequen os debería auxiliar, nonasustar. O segundo, porque sógrazas ás imaxes se logroudesmontar a falaz versión dosfeitos que se nos deu no pri-meiro momento.Sen esas gravacións queda-

riamos só coa versión oficial.Porén, coa chamada Lei de se-guridade cidadá, elaborada porun antigo responsable de uni-dades antidisturbios, todo istopode pasar á historia. Non merefiro á traxedia humana, non,senón a que poidan existir do-cumentos audiovisuais quedesmonten mentiras deste ca-libre. Porque unha das premi-sas desta norma –aínda enproxecto– é que os axentes daorde pública non poidan sergravados no exercicio das súasfuncións. Unha lei, polo tanto,feita á medida dalgúns ele-mentos nada democráticos.Vivimos tempos en que a de-

mocracia ten pouca saúde. Re-formouse a Constitución parapagar unha débeda ilexítimasen que a cidadanía o ratifica-se nun referendo. Aprobouseunha reforma laboral que tom-ba trinta anos de conquistassociais no mundo do traballo. Alei Wert liquida a igualdade deoportunidades no ensino, a re-forma da lei do aborto priva asmulleres de decidiren sobre osseus corpos e a súa propia ma-ternidade… e a lei de insegu-ridade cidadá converterasenunha arma para silenciar acontestación social.

O PUNTO XE

sindicato nacional de ccoo de galicia