mil formas de contar un conto - a galiña azul | … · Ángeles 6 de xuño tito el paiaso...
TRANSCRIPT
MIL FORMAS DE CONTAR UN CONTO
INTRODUCIÓNFinalidade
A idea nace da observación sistemática das nenas e nenos ante os contos, o seu
interese, atención, emocións claras nos seus rostros,...; faise imprescindible na escola
coidar, mimar, preparar o escenario, o lugar dos contos.
Na nosa escola os espazos están distribuídos en seis aulas, unha sala de usos múltiples,
unha sala de xuntas, un corredoiro amplo pero non o suficiente para acoller os libros, e
a entrada, que como zona de paso, tampouco parece sitio axeitado para unha
biblioteca de escola, polo que temos que optar por enfocar o noso traballo nos espazos
dos contos dentro de cada aula e estreitar a nosa colaboración e participación coa
biblioteca municipal que está moi preto do centro.
Que entendemos por conto?
O conto é para nós unha ferramenta para traballar as emocións. A través deles
poderemos xerar e sentir ilusión, sorpresa, tensión, medo, alegría, entusiasmo,
intriga, curiosidade, pracer,...
Que tipo de contos habitan nos recunchos des contos?
Contos para escoitar, contos para ver, para cantar, para tocar, para comer,....
contos artesáns (feitos en distintos formatos...), contos con música, contos
comestibles, contos xigantes, contos con xogos, con crebacabezas, contos de
secuencias das nenas e nenos da escola como protagonistas, cómics, revistas
temáticas, láminas de arte, pósters de ilusións ópticas, contos inacabados,
interactivos,... contos para contar: CONTOS PARA GOZAR!
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui
tlf: 986 60 71 49 /638299553
MIL FORMAS DE CONTAR UN CONTO
2. OBXECTIVOS
• Mirar, escoitar, compartir, tocar,... sentir e vivir os contos.
• Ofrecer información á comunidade educativa para satisfacer as necesidades
curriculares e culturais.
3. NECESIDADES DETECTADAS
En relación aos recursos materiais:
• Mobiliario: mobles para o almacenamento de libros, alfombra, banco, cortina ou
similar para separar ambientes, coxíns, caixa de almacenaxe dos coxíns,
papeleira,...
• Selección de contos.
En relación aos recursos humanos:
• Profesionais da escola.
• Familias.
• Outros axentes do contorno; estudantes de maxisterio ou do ciclo, persoal de
prácticas, alumn@s do instituto, persoas maiores do centro cívico, contacontos
profesionais, editoriais, librarías, músicos,...
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui
tlf: 986 60 71 49 /638299553
MIL FORMAS DE CONTAR UN CONTO
4. ORGANIZACIÓN
ESPAZOS DOS CONTOS
Xerar un espazo agradable, cómodo, tranquilo, tanto para as nenas e nenos coma para
os adultos que os acompañan.
O ambiente ha de ser atractivo, ordenado e estimulante, propicio para o uso autónomo
das crianzas, é dicir, material visible e accesible para permitir a toma de decisións na
súa selección por parte de nenas e nenos.
ACTIVIDADES
Tendo en conta os obxectivos deseñados para este curso escolar 2013-14, a proposta
de actividades, aberta ás achegas do resto da comunidade de educativa, é a seguinte:
De cara as crianzas:
• Mirar, escoitar e tocar contos e imaxes nos espazos dos contos habilitados en
cada aula.
• Venres de conto: cada venres temos sesión de contacontos a carga dalgunha profesional da escola; poden ser con monicreques, con sombras chinesas, con fanelogramas, con música... Trátase de ampliar as posibilidades narrativas e cativar coa maxia dos contos a pequenas e pequenos.
• Pegadas dos contos: actividades plásticas relacionadas cos contos contados e
que estimulen a creatividade de nenas e nenos (pintar o noso propio conto ou o
conto escoitado, crear un collage despois dunha narración, xogar a
disfrazarse,...)
• Contos sorpresa: cada nena e neno ten o seu conto preferido, conto que non cansa de escoitar unha e outra vez antes de ir durmir,... Esta actividade consiste en que as familias veñan á escola contar o conto preferido da súa nena ou neno.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui
tlf: 986 60 71 49 /638299553
MIL FORMAS DE CONTAR UN CONTO
• “O conto viaxeiro”: unha nena ou neno de cada aula (medianos e maiores) levará todos os venres a “mochila viaxeira”, con varios dos contos da aula para contar na fin de semana na casa. O luns a mochila deberá volver á escola, e a pequena ou pequeno contaranos ao resto do grupo quen lle contou o conto, cando, cal lle gustou máis,...
• Sesión de contacontos, convidaremos a un profesional na arte de contar relatos a que veña a entusiasmarnos coa maxia dos contos.
• Visita á biblioteca: as nenas e nenos maiores (2-3) farán unha visita á
biblioteca pública, cuxo obxectivo é familiarizar á nena e ó neno con este
espazo adicado á literatura infantil.
De cara ás familias:
• Contos sorpresa: cada nena e neno ten o seu conto preferido, conto que non
cansa de escoitar unha e outra vez antes de ir durmir,... Esta actividade
consiste en que as familias veñan á escola a contar o conto preferido da súa
nena ou neno.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui
tlf: 986 60 71 49 /638299553
MIL FORMAS DE CONTAR UN CONTO
• Visita á biblioteca: as nenas e nenos maiores (2-3) farán unha visita á
biblioteca pública, cuxo obxectivo é familiarizar á nena e ó neno con este
espazo adicado á literatura infantil.
• Sesión de contacontos: convidaremos a un profesional na arte de contar
relatos a que veña a entusiasmarnos coa maxia dos contos. É unha actividade
pensada para que nenas e nenos a gocen acompañados de nais e pais.
De cara aos profesionais:
• Venres de conto: cada venres temos sesión de contacontos a carga dalgunha
profesional da escola. Poden ser con monicreques, con sombras chinesas, con
fanelogramas, con música... Trátase de ampliar as posibilidades narrativas e
cativar coa maxia dos contos a pequenas e pequenos.
VENRES DE CONTO
DATA CONTO TÉCNICA
LAURA 21 de marzo A granxa de Ramón
Monicreque
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui
tlf: 986 60 71 49 /638299553
MIL FORMAS DE CONTAR UN CONTO
SOL 28 de marzo Unha eiruga moi larpeira
Fanelograma
CARMEN 4 de abril Paxariña de papel Contos enlatados
NEREA 11 de abril A lúa ladroa Teatro de sombra
LIDIA,NEREA, LAURA E CARMEN
25 de abril Os tres porquiños
Teatro
ISABEL 2 de maio Pedro e o Lobo Conto xigante
SONIA 9 de maio A que sabe a lúa Fanelograma
VIQUI 16 de maio Cinco Contos enlatados
INÉS 23 de maio David e Laura van a casa da súa avoa
Soporte de imaxes
XIMENA 30 de maio Os chibos chibóns Teatro de sombra
ÁNGELES 6 de xuño Tito el paiaso malabarista
Monicreques
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui
tlf: 986 60 71 49 /638299553
MIL FORMAS DE CONTAR UN CONTO
CRISTINA 13 de xuño A araña e máis eu Conto comestible
LIDIA 20 de xuño O polo pepe Conto cantado
MARIA 27 de xuño Croco Monicreques
• Elaboración de soportes para narrar os contos.
• Proxecto de traballo coa biblioteca municipal.
TEMPORALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES
TEMPOS ESPAZOS GRUPOS
Escoitar,mirar,
tocar contosDiaria. En cada aula. Todos os grupos.
Venres de conto Todos os venres. Alternancia das aulas.
Cada venres un grupo. Alternancia dos mesmos.
Contos sorpresa Ao longo da semana. Na aula da familia narradora do conto.
No grupo onde está a nena ou neno da familia narradora.
O conto viaxeiroAo longo do curso desde o mes de abril.
Escola-casa. Grupos de 1-2 e 2-3.
Sesión de
contacontosAbril. Usos múltiples. Todos os grupos e
as súas familias.
Visita á biblioteca Maio. Biblioteca municipal. Grupos de 2-3.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui
tlf: 986 60 71 49 /638299553
MIL FORMAS DE CONTAR UN CONTO
3.4. RECURSOS HUMANOS
As persoas responsables da dinamización e xestión dos espazos dos contos para este
curso escolar son:
Lidia María Gallas Otero
María González Misa
Laura Novoa León
Iria Núñez González
Nerea Parente Mariño
Entre outras, as súas funcións serán as seguintes:
• Dinamizar o proxecto
• Coordinar as actividades
• Coordinar os soportes dos contos
• Facer proposta de contos
• Manter en bo estado os contos
MATERIAIS
Para a selección dos contos téñense en conta os seguintes criterios:
.- contos atractivos, estéticos e seguros.
.- contos relacionados co que rodea á nena e neno, a súa vida cotiá.
.- libros para oír, mirar, descubrir, escoitar,...
.- contos en formatos pequenos, fáciles de manexar e con diferentes texturas.
.- libros con xoguetes, sons e movementos para poder interactuar co conto.
.- contos de tramas sinxelas, acumulativos, con repeticións,..., nas que as crianzas
poidan participar.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui
tlf: 986 60 71 49 /638299553
MIL FORMAS DE CONTAR UN CONTO
Para a selección de mobiliario e material didáctico tense en conta o material
propio de cada aula:
• tapiz de chan.
• moble almacenamento de libro.
• moble-tenda.
• Saba.
• Coxíns grandes.
4. CRITERIOS COMPARTIOS
Os espazos dos contos de cada aula deben manter os seguintes criterios de uso
compartidos:
.- Ao espazo vai a nena e o neno que teña ganas de mirar, escoitar, tocar,..., un conto.
.- Despois de miralos, tocalos, gozalos,... deben volver ao seu lugar; cada quen tendo
en conta a súa autonomía deberá devolver o conto ao seu lugar (moble, caixa, cesto,...).
.- É un espazo para estar en silencio: nenas, nenos e adultos deben modular a súa voz.
.- É un espazo para estar tranquilos: nenas, nenos e adultos deben moverse con
tranquilidade.
5. AVALIACIÓN
• O espazo responde ás necesidades de nenas e nenos e adultos?
• A selección dos contos é a axeitada para as crianzas?
• Permítese que as crianzas sexan as responsables de elixir o conto que lles
apetece?
• Teñen acceso as crianzas aos contos? Poden manipulalos?
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui
tlf: 986 60 71 49 /638299553
MIL FORMAS DE CONTAR UN CONTO
• Faise uso do espazo dos contos nos parámetros recollidos no proxecto por parte
dos profesionais da escola?
• É coñecido e visitado o espazo dos contos de cada aula polas familias?
• É un espazo de acceso voluntario?
• Gozan nenas e nenos nos espazos dos contos?
Estes criterios serán avaliados cada dous meses polos profesionais da escola para ter
en conta as necesidades e propostas de mellora.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui
tlf: 986 60 71 49 /638299553