cristobitas - apego.galapego.gal/wp-content/uploads/2016/12/titiriberia_programa.pdf · redcloud...

2
Exposición Onde foi Barriga Verde? A mostra retrotráenos ao comezo das investigacións actuais sobre Barriga Verde, salientando a escaseza de material existente sobre a figura e amosando o proceso de esquecemento da mesma. As co- nexións europeas da obra do personaxe, a situación actual deste le- gado ou o mundo das feiras e a súa evolución son temas que tamén se abordan nunha linguaxe sinxela e complementados con ilustracións, mapas e fotograf ías. Auditorio Constante Liste Obradoiro - Acto escolar Monicreques en igualdade A partir dunha peza de títeres de cachaporra (técnica empregada no espectáculo de marionetas de Barriga Verde), preséntase unha situa- ción de desigualdade e un conflito que se resolve de xeito violento. Os/as participantes deberán reflexionar sobre as posibles solucións non violentas para dito conflito. As solucións quedarán plasmadas en pequenas pezas escritas que serán representadas cos monicre- ques que os propios/as rapaces/as constrúan con materias de refu- gallo moi sinxelos. IES de Cacheiras Monicreques - Funcións para escolares Pinocho, el niño de madera de “Titelles Vergés” Adaptación para títeres do famoso contó protagonizada polo clási- co títere guiñol catalán. Ocasión única para desfrutar dunha nova versión de Pinocho creada sobre a tradición e frescura dos putxinel. lis, onde os cativos e as cativas animan constantemente os seus per- sonaxes e os gritos e as risas mestúranse cos sorrisos dos adultos, nun espectáculo participativo que se desenvolve a un ritmo moi alto. CRA de Teo E.I e 1º Ciclo de E.P do CEIP da Ramallosa Auditorio Constante Liste Monicreques Perico sin miedo de “Titelles Vergés” A cargo da histórica Titelles Vergés tamén desfrutaremos da versión de Xan sen medo con títeres clásicos de cachaporra e na que o públi- co volve ser protagonista. Entrada Libre - Todos os públicos (+ 3 anos) Auditorio Constante Liste Charla Introdución ao títere catalán Sebastià Vergés representa a terceira xeración da compañía Titelles Vergés que seu avó creara fai máis de 100 anos. Este titiriteiro reno- vador e continuador da tradición que aprendeu na casa, da man do seu avó, do seu pai e do seu tío, aproximaramos á morfoloxía, his- toria, manipulación e rutinas de Pericu, o títere tradicional catalán. Todos os públicos - Entrada Libre Auditorio Constante Liste Proxeción e coloquio Morreu o demo, acabouse a peseta O documental Morreu o Demo, acabouse a peseta, dirixido por Pe- dro Solla e producido por Tintimán Audiovisual, amosa o proceso de recuperación da barraca de Barriga Verde por parte dos membros da compañía Viravolta. A seguir, membros do equipo do documental e da AC Morreu o Demo desenvolverán un debate cos asistentes sobre a película e a situación dos títeres e doutros elementos da sociedade tradicional na actualidade. Todos os públicos - Entrada Libre Mediateca do Grilo Obradoiro Marionetas de papel Nestes obradoiro cada un dos participantes elaborará unha mario- neta de luva, con material tan sinxelo como é o papel. A dinámica do obradoiro será a dun taller aberto, é dicir, durante os 90 minutos que dura a actividade os/as nenos/as poderán achegarse libremente a facer a súa marioneta. Os/as monitores/as apoiarán o traballo dos nenos/as, guiándoos nos aspectos técnicos pero respectando a crea- tividade de cada participante. + 5 anos, acompañados por un adulto. Auditorio Constante Liste Monicreques Cristobitas Títeres desde Abajo “Cristobitas” é o nome polo que se coñecen os títeres de luva en An- dalucía. Baixo este título Títeres desde Abajo presenta un formato versátil no que teñen cabida diferentes propostas: pezas breves que van xurdindo polos camiños, fragmentos doutras obras da compañía, clásicos dos grandes mestres titiriteiros e colaboracións de amigos e compañeiros do oficio. Un espectáculo promiscuo, de rúa e popular, suxeito á improvisación. Público: +3 anos Auditorio Constante Liste Monicreques Pulchinellis Siesta Teatro Punchinelis é un espectáculo que continúa mediante títeres de luva a tradición dos guiñois de cachaporra. Por séculos Puncha, a fera, o policía, a morte e o demo correron e esquivaron os golpes da estaca, a provocar a risa e os berros do público, caeron mortos e resucitaron ao momento para continuar coas súas piadas e bailes. Público: +4 anos Auditorio Constante Liste Charla La tradición ibérica Adolfo Ayuso Un dos principais investigadores do teatro popular a nivel ibérico, Adolfo Ayuso, explica as orixes, evolución e características da familia de títeres peninsular. Desde a chegada de Polichinela, procedente de Italia, e a súa fusión paulatina cos tipos preexistentes no teatro de marionetas da península, Ayuso percorrerá as peripecias do perso- naxe até converterse en Don Cristóbal e acabar perdendo o “Don” nos tipos populares coñecidos como “cristobitas” en Andalucía ou os “cristovos” galegos, manexados polos cegos monifateiros nas ro- marías até principios do século XX. Todos os públicos. Biblioteca dos Tilos Mesa redonda A vixencia da cachaporra: Violencia nos títeres tradicionais? A recente detención dos membros da compañía Títeres desde Abajo puxo sobre a mesa a cuestión de como se perciben as montaxes de títeres tradicionais. Coa participación de varios titiriteiros, investigadores e membros da comunidade educativa exploraremos as diferentes visións sobre a violencia entre bonecos no escenario e as vías para resolver esta controvertida cuestión. Modera Comba Campoy. Público: todos os públicos. Biblioteca dos Tilos 30 11:00 7 12:30 18:30 09:35 19:30 21:00 11:30 12:00 18:30 20:00 21:00 8

Upload: others

Post on 03-Oct-2020

8 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Cristobitas - Apego.galapego.gal/wp-content/uploads/2016/12/TITIRIBERIA_Programa.pdf · RedCloud Teatro de Marionetas Todos os públicos Mediateca do Grilo Monicreques Vida, crimes

ExposiciónOnde foi Barriga Verde?A mostra retrotráenos ao comezo das investigacións actuais sobre Barriga Verde, salientando a escaseza de material existente sobre a figura e amosando o proceso de esquecemento da mesma. As co-nexións europeas da obra do personaxe, a situación actual deste le-gado ou o mundo das feiras e a súa evolución son temas que tamén se abordan nunha linguaxe sinxela e complementados con ilustracións, mapas e fotograf ías.Auditorio Constante Liste

Obradoiro - Acto escolarMonicreques en igualdade A partir dunha peza de títeres de cachaporra (técnica empregada no espectáculo de marionetas de Barriga Verde), preséntase unha situa-ción de desigualdade e un conflito que se resolve de xeito violento. Os/as participantes deberán reflexionar sobre as posibles solucións non violentas para dito conflito. As solucións quedarán plasmadas en pequenas pezas escritas que serán representadas cos monicre-ques que os propios/as rapaces/as constrúan con materias de refu-gallo moi sinxelos.IES de Cacheiras

Monicreques - Funcións para escolaresPinocho, el niño de madera de “Titelles Vergés”Adaptación para títeres do famoso contó protagonizada polo clási-co títere guiñol catalán. Ocasión única para desfrutar dunha nova versión de Pinocho creada sobre a tradición e frescura dos putxinel.lis, onde os cativos e as cativas animan constantemente os seus per-sonaxes e os gritos e as risas mestúranse cos sorrisos dos adultos, nun espectáculo participativo que se desenvolve a un ritmo moi alto.CRA de Teo E.I e 1º Ciclo de E.P do CEIP da RamallosaAuditorio Constante Liste

MonicrequesPerico sin miedode “Titelles Vergés”A cargo da histórica Titelles Vergés tamén desfrutaremos da versión de Xan sen medo con títeres clásicos de cachaporra e na que o públi-co volve ser protagonista.Entrada Libre - Todos os públicos (+ 3 anos)Auditorio Constante Liste

CharlaIntrodución ao títere catalánSebastià Vergés representa a terceira xeración da compañía Titelles Vergés que seu avó creara fai máis de 100 anos. Este titiriteiro reno-vador e continuador da tradición que aprendeu na casa, da man do seu avó, do seu pai e do seu tío, aproximaramos á morfoloxía, his-toria, manipulación e rutinas de Pericu, o títere tradicional catalán.Todos os públicos - Entrada LibreAuditorio Constante Liste

Proxeción e coloquioMorreu o demo, acabouse a pesetaO documental Morreu o Demo, acabouse a peseta, dirixido por Pe-dro Solla e producido por Tintimán Audiovisual, amosa o proceso de recuperación da barraca de Barriga Verde por parte dos membros da compañía Viravolta. A seguir, membros do equipo do documental e da AC Morreu o Demo desenvolverán un debate cos asistentes sobre a película e a situación dos títeres e doutros elementos da sociedade tradicional na actualidade.Todos os públicos - Entrada LibreMediateca do Grilo

ObradoiroMarionetas de papelNestes obradoiro cada un dos participantes elaborará unha mario-neta de luva, con material tan sinxelo como é o papel. A dinámica do obradoiro será a dun taller aberto, é dicir, durante os 90 minutos que dura a actividade os/as nenos/as poderán achegarse libremente a facer a súa marioneta. Os/as monitores/as apoiarán o traballo dos nenos/as, guiándoos nos aspectos técnicos pero respectando a crea-tividade de cada participante.+ 5 anos, acompañados por un adulto.Auditorio Constante Liste

MonicrequesCristobitasTíteres desde Abajo

“Cristobitas” é o nome polo que se coñecen os títeres de luva en An-dalucía. Baixo este título Títeres desde Abajo presenta un formato versátil no que teñen cabida diferentes propostas: pezas breves que van xurdindo polos camiños, fragmentos doutras obras da compañía, clásicos dos grandes mestres titiriteiros e colaboracións de amigos e compañeiros do oficio. Un espectáculo promiscuo, de rúa e popular, suxeito á improvisación. Público: +3 anosAuditorio Constante Liste

MonicrequesPulchinellisSiesta TeatroPunchinelis é un espectáculo que continúa mediante títeres de luva a tradición dos guiñois de cachaporra. Por séculos Puncha, a fera, o policía, a morte e o demo correron e esquivaron os golpes da estaca, a provocar a risa e os berros do público, caeron mortos e resucitaron ao momento para continuar coas súas piadas e bailes. Público: +4 anosAuditorio Constante Liste

CharlaLa tradición ibéricaAdolfo AyusoUn dos principais investigadores do teatro popular a nivel ibérico, Adolfo Ayuso, explica as orixes, evolución e características da familia de títeres peninsular. Desde a chegada de Polichinela, procedente de Italia, e a súa fusión paulatina cos tipos preexistentes no teatro de marionetas da península, Ayuso percorrerá as peripecias do perso-naxe até converterse en Don Cristóbal e acabar perdendo o “Don” nos tipos populares coñecidos como “cristobitas” en Andalucía ou os “cristovos” galegos, manexados polos cegos monifateiros nas ro-marías até principios do século XX. Todos os públicos.Biblioteca dos Tilos

Mesa redondaA vixencia da cachaporra:Violencia nos títeres tradicionais?A recente detención dos membros da compañía Títeres desde Abajo puxo sobre a mesa a cuestión de como se perciben as montaxes de títeres tradicionais.Coa participación de varios titiriteiros, investigadores e membros da comunidade educativa exploraremos as diferentes visións sobre a violencia entre bonecos no escenario e as vías para resolver esta controvertida cuestión. Modera Comba Campoy.Público: todos os públicos.Biblioteca dos Tilos

30

11:00

7

12:30

18:30

09:35

19:30

21:00

11:30

12:00

18:30

20:00

21:00

8

Page 2: Cristobitas - Apego.galapego.gal/wp-content/uploads/2016/12/TITIRIBERIA_Programa.pdf · RedCloud Teatro de Marionetas Todos os públicos Mediateca do Grilo Monicreques Vida, crimes

Monicreques - función escolarTeatro Dom Roberto RedCloud Teatro de MarionetasVersión de Dom Roberto, protagonista do teatro popular de fanto-ches portugueses a partir do século XVIII, considerado hoxe en día como Património Imaterial Português. Sara Henriques recupera nes-te espectáculo dúas pezas do repertorio clásico de Dom Roberto “A Tourada” e o “O Barbeiro”, este último seguindo a versión que creara nos anos 80 J. Paulo Seara Cardoso e na que Dom Roberto se conver-te no heroe inmortal do pobo! Dom Roberto mata a propia morte!Público: 1º da ESOIES de Cacheiras

Monicreques Teatro Dom Roberto RedCloud Teatro de MarionetasTodos os públicosMediateca do Grilo

Monicreques Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón Viravolta títeresRecreación con formas do teatro popular, onde se contan as andan-zas que lle deron sona a Mamede Casanova “Toribio de Mañón”, fa-moso bandoleiro galego de principios do século XX, e que levaron os seus ósos ao cárcere. Nestas andanzas inspirouse Valle-Inclán para escribir “Las galas del difunto”.Público: todos os públicos.Mediateca do Grilo

Monicreques Barriga Verde ataca de novo Títeres AlakránTíteres Alakrán reinterpreta a obra clásica de Barriga Verde cun único manipulador que ademais recupera o tradicional emprego da palleta para lle pór voz aos personaxes. Poderemos desfrutar dos números máis famosos, dende a tourada, o militar, o enterro e por suposto a sempre elegante aparición do demo.Todos os públicos.Mediateca do Grilo

ColoquioLembranzas de Barriga VerdeA seguir da función de Títeres Alakrán artellarase un coloquio co pú-blico animándoos a que compartan os seus recordos sobre o xeito no que se celebraban antano as feiras e celebracións locais, e o papel que nelas xogaban os títeres. O acto terá o formato dunha merenda, para facilitar a conversa distendida e a participación do público asistente, e gravarase para a súa posterior difusión.Todos os públicos.Mediateca do Grilo

Concerto - Peche do festivalCaxadeConcerto de presentación de Isto é o amor, o segundo disco de estu-dio da banda de “Folp-Pok de Banda de Música” liderada por Alonso Caxade.Auditorio Constante Liste

13:35

17:30

18:15

19:15

20:00

21:00

9

O L L A D A S S O B R E O S C R I S T O V O S

TEO | 7, 8 e 9 | decembro 2016

CONCELLODE TEO

ORGANIZA COLABORAN